4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · sobre o grao de desenvolvemento actual do...

620
Servizo de Asistencia Parlamentaria 4 de decembro de 2017 10.00 horas

Upload: vanhanh

Post on 28-Jan-2019

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Servizo de Asistencia Parlamentaria

4 de decembro de 2017

10.00 horas

Page 2: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

ÍNDICE 

 

 

    Páx. 

 

Convocatoria do Pleno ..................................................................................................... 1 Relación de membros da Cámara ................................................................................... 7 Listado para votación ...................................................................................................... 9 Punto 1. Textos lexislativos .............................................................................................. 12

1.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, do Proxecto de lei de portos de Galicia (doc. núm. 14376 PL-000005) Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 217, do 27.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 217, do 27.11.2017 Vid separata núm. 1 ............................... ............................................................................................................. 13

 1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da Proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética (doc. núm. 37326, 09/PPLI-000013) Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 218, do 28.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 218, do 28.11.2017 Vid separata núm. 2 ............................... ............................................................................................................. 14

Punto 2. Solicitudes de comparecencia ........................................................................... 15

2.1 18707 (10/CPP-000037) Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar do inicio do curso 2017-2018 no ensino non universitario de Galicia Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017 ............................... ............................................................................................................. 16

Punto 3. Mocións .............................................................................................................. 18

3.1 20687 (10/MOC-000058) Grupo Parlamentario de En Marea Lago Peñas, José Manuel Sobre a realización pola Xunta de Galicia das actuacións precisas para evitar o peche de Conservas Esteiro. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19022, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017) ............................... ............................................................................................................. 19

Page 3: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3.2 20701 (10/MOC-000059) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación do persoal sanitario de Servizo Galego de Saúde. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 18979, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017) ............................... ............................................................................................................. 22

3.3 20722 (10/MOC-000060) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás emerxencias. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19254, publicada no BOPG n.º 204, do 02.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017) ............................... ............................................................................................................. 25

Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno ...................................................................... 29

4.1 13974 (10/PNP-001162) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Fernández Gil, César Manuel e 6 máis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia tradicional Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017 ............................... ............................................................................................................. 30

4.2 17009 (10/PNP-001285) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións necesarias para o coñecemento da mellora na competencia lingüística do alumnado que participa nalgún dos programas plurilingües que se veñen desenvolvendo nos últimos cursos Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017 ............................... ............................................................................................................. 33

4.3 17116 (10/PNP-001292) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa baixada dos salarios e a precarización do emprego e das condicións laborais rexistrada nos últimos anos, en particular no referido á contratación das persoas mozas, así como a fenda salarial de xénero existente Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017

Page 4: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

............................... ............................................................................................................. 37 4.4 19337 (10/PNP-001427) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis Sobre a continuación polo Goberno galego coa transformación dos servizos sanitarios promovendo a súa humanización no referido á capacitación científico-técnica dos profesionais e aproximación humana ao doente, co fin de mellorar a resposta aos requirimentos e expectativas da cidadanía Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017 ............................... ............................................................................................................. 41

4.5 19688 (10/PNP-001460) Grupo Parlamentario de En Marea Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance da praga de couza guatemalteca da pataca, das medidas adoptadas e previstas para erradicala, así como das axudas concedidas para paliar os danos ocasionados Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 45

4.6 20138 (10/PNP-001501) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis Sobre o establecemento polo Goberno galego do día 1 de decembro como Día da Dignidade de Galicia, así como a regulación da organización de actividades conmemorativas con carácter anual Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 49

4.7 20317 (10/PNP-001509) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rivas Cruz, José Luis e 5 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de reapertura da explotación da mina de cobre nos concellos de Touro e do Pino presentado pola empresa Cobre San Rafael, S.L., cos residuos almacenados no espazo da mina, así como coa restauración dos solos e das augas contaminadas pola anterior actividade mineira Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 54

4.8 20338 (10/PNP-001511) Grupo Parlamentario de En Marea Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións dos representantes sindicais do persoal da Administración de xustiza Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 60

Page 5: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Punto 5. Interpelacións .................................................................................................... 65

5.1 15066 (10/INT-000544) Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón Sobre a política do Goberno galego en relación co dereito a unha vivenda digna Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017 .......... .................................................................................................................................. 66

5.2 20052 (10/INT-000661) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis Sobre o funcionamento da AP-9 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 71

5.3 20233 (10/INT-000669) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis Sobre a política do Goberno galego en materia laboral na Administración de xustiza Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 74

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta .................................. 77

6.1 20739 (10/POPX-000061) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a estratexia que vai impulsar o Goberno galego para enfrontar a incidencia das decisións do Goberno central para Galicia ............................... ............................................................................................................. 78

6.2 20763 (10/POPX-000062) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Fernández Leiceaga, Xoaquín María Sobre a avaliación do Goberno galego respecto do esforzo do Goberno central en relación co impulso das infraestruturas en Galicia ............................... ............................................................................................................. 80

6.3 20831 (10/POPX-000063) Grupo Parlamentario de En Marea Villares Naveira, Luis Sobre as razóns do resultado da política de infraestruturas de transporte da Xunta de Galicia ............................... ............................................................................................................. 82

Page 6: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Punto 7. Preguntas ao Goberno ...................................................................................... 84 7.1 18638 (10/POP-002246) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017 ............................... ............................................................................................................. 85

7.2 20175 (10/POP-002399) Grupo Parlamentario de En Marea Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula Sobre a opinión do Goberno galego en relación coas declaracións do fiscal delegado de Medio Ambiente respecto dos lumes declarados en Galicia a mediados de outubro de 2017 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 88

7.3 20750 (10/PUP-000122) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantiños, Noa e 5 máis Sobre a proposta do Goberno galego para que Galicia non saia perdendo na negociación do novo modelo de financiamento autonómico ............................... ............................................................................................................. 92

7.4 19895 (10/POP-002375) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis Sobre as previsións do Goberno galego respecto do impulso ante o Goberno central da transformación portuaria e urbanística da cidade da Coruña mediante a constitución dun consorcio público que lidere este reto Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 96

7.5 20781 (10/PUP-000123) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia diante da situación da falla de auga que está a vivir a área metropolitana de Vigo ............................... ............................................................................................................. 101

7.6 20808 (10/PUP-000124) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Trenor López, Gonzalo Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa situación de seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, indicando as medidas adoptadas ao respecto en coordinación cos concellos ............................... ............................................................................................................. 104

Page 7: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

7.7 18713 (10/POP-002254) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis Sobre a actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co barrio da Tinería, de Lugo Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017 ............................... ............................................................................................................. 107

7.8 19836 (10/POP-002364) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e 8 máis Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal do Salnés desde a entrada en funcionamento do sistema de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, EOXI Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017 ............................... ............................................................................................................. 111

7.9 20829 (10/PUP-000125) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva e 2 máis Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir o dereito á saúde dos veciños afectados pola contaminación por lindano existente no concello do Porriño ............................... ............................................................................................................. 114

7.10 19088 (10/POP-002281) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e 7 máis Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa posta en marcha do programa Reconduce como instrumento de prevención e abordaxe das situacións das persoas e familias en risco grave de desafiuzamento Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017 ............................... ............................................................................................................. 118

Page 8: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Ns\\111/4,„ PIA2L.P,MF'J91-0 0.17.

REXISTRO XFSAL. 1

2 8 NOV. 1111 I

Núm.

PARLAMENTO DE GALICIA

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 4 de decembro de 2017, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de novembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Textos lexislativos

1.1

Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 8', Pesca e Marisqueo, do Proxecto de lei de portos de Galicia (doc. núm. 14376 PL-000005) Publicación ditame da Comisión, BOPG n.° 217, do 27.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.° 217, do 27.11.2017

1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da Proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética (doc. núm. 37326, 09/PPLI-000013) Publicación ditame da Comisión, BOPG n.° 218, do 28.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.° 218, do 28.11.2017

Punto 2. Comparecencias

2.1 18707 (10/CPP-000037) Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar do inicio do curso 2017-2018 no ensino non universitario de Galicia Publicación da iniciativa, BOPG n.° 195, do 18.10.2017

Punto 3. Mocións

3.1 20687 (10/M0C-000058) Grupo Parlamentario de En Marea Lago Peñas, José Manuel Sobre a realización pola Xunta de Galicia das actuacións precisas para evitar o peche de Conservas Esteiro. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.° 19022, publicada no BOPG n.° 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)

3.2 20701 (10/M0C-000059) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Torrado Quintela, Julio Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación do persoal sanitario de Servizo Galego de Saúde. (Moción, a

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

1

Page 9: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Noi1/4,„ AdV417.1'31— C..)

FiEXISTRO XERAL SMDA

1 1 28 NOV. 211 1

_ N ú m.

PARLAMENTO DE GALICIA

consecuencia da Interpelación n.° 18979, publicada no BOPG n.° 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)

3.3 20722 (10/M0C-000060) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás emerxencias. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.° 19254, publicada no BOPG n.° 204, do 02.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)

Punto 4. Proposicións non de lei

4.1 13974 (10/PNP-001162) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Fernández Gil, César Manuel e 6 máis Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia tradicional Publicación da iniciativa, BOPG n.° 165, do 30.08.2017

4.2 17009 (10/PNP-001285) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións necesarias para o coñecemento da mellora na competencia lingüística do alumnado que participa nalgún dos programas plurilingües que se veñen desenvolvendo nos últimos cursos Publicación da iniciativa, BOPG n.° 182, do 27.09.2017

4.3 17116 (10/PNP-001292) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa baixada dos salarios e a precarización do emprego e das condicións laborais rexistrada nos últimos anos, en particular no referido á contratación das persoas mozas, así como a fenda salarial de xénero existente Publicación da iniciativa, BOPG n.° 182, do 27.09.2017

4.4 19337 (10/PNP-001427) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis Sobre a continuación polo Goberno galego coa transformación dos servizos sanitarios promovendo a súa humanización no referido á capacitación científico-técnica dos profesionais e aproximación humana ao doente, co fin de mellorar a resposta aos requirimentos e expectativas da cidadanía Publicación da iniciativa, BOPG n.°203, do 31.10.2017

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

2

Page 10: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

0\111/4„ PARLAMENTO

DE GALICIA

0..tiF•••., ti t M•

XERA.L. 5.3AEU'A

28 NOV' 2M?

NUM.

4.5 19688 (10/PNP-001460) Grupo Parlamentario de En Marea Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance da praga de couza guatemalteca da pataca, das medidas adoptadas e previstas para erradicala, así como das axudas concedidas para paliar os danos ocasionados Publicación da iniciativa, BOPG n.° 211, do 15.11.2017

4.6 20138 (10/PNP-001501) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis Sobre o establecemento polo Goberno galego do día 1 de decembro como Día da Dignidade de Galicia, así como a regulación da organización de actividades conmemorativas con carácter anual Publicación da iniciativa, BOPG n.° 215, do 22.11.2017

4.7 20317 (10/PNP-001509) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rivas Cruz, José Luis e 5 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de reapertura da explotación da mina de cobre nos concellos de Touro e do Pino presentado pola empresa Cobre San Rafael, S.L., cos residuos almacenados no espazo da mina, así como coa restauración dos solos e das augas contaminadas pola anterior actividade mineira Publicación da iniciativa, BOPG n.° 215, do 22.11.2017

4.8 20338 (10/PNP-001511) Grupo Parlamentario de En Marea Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións dos representantes sindicais do persoal da Administración de xustiza Publicación da iniciativa, BOPG n.° 215, do 22.11.2017

Punto 5. Interpelacións

5.1 15066 (10/INT-000544) Grupo Parlamentario de En Marea Sánchez García, Antón Sobre a política do Goberno galego en relación co dereito a unha vivenda digna Publicación da iniciativa, BOPG n.° 174, do 13.09.2017

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

3

Page 11: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

PEXISTRO XERAL. '=

28 N0V 21( PARLAMENTO

DE GALICIA

5.2 20052 (10/INT-000661) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis Sobre o funcionamento da AP-9 Publicación da iniciativa, BOPG n.° 211, do 15.11.2017

5.3 20233 (10/INT-000669) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis Sobre a política do Goberno galego en materia laboral na Administración de xustiza Publicación da iniciativa, BOPG n.°215, do 22.11.2017

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

6.1 20739 (10/POPX-000061) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a estratexia que vai impulsar o Goberno galego para enfrontar a incidencia das decisións do Goberno central para Galicia

6.2 20763 (10/POPX-000062) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Fernández Leiceaga, Xoaquín María Sobre a avaliación do Goberno galego respecto do esforzo do Goberno central en relación co impulso das infraestruturas en Galicia

6.3 20831 (10/POPX-000063) Grupo Parlamentario de En Marea Villares Naveira, Luis Sobre as razóns do resultado da política de infraestruturas de transporte da Xunta de Galicia

Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 18638 (10/POP-002246) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camirio de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.° 195, do 18.10.2017

7.2 20175 (10/POP-002399) Grupo Parlamentario de En Marea Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

4

Page 12: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

REXIST,W XEIRAL SAWA

I' 28 Nriv 21?

- PARLAMENTO

DE GALICIA

Sobre a opinión do Goberno galego en relación coas declaracións do fiscal delegado de Medio Ambiente respecto dos lumes declarados en Galicia a mediados de outubro de 2017 Publicación da iniciativa, BOPG n.° 215, do 22.11.2017

7.3 20750 (10/PUP-000122) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Presas Bergantifíos, Noa e 5 máis Sobre a proposta do Goberno galego para que Galicia non saia perdendo na negociación do novo modelo de financiamento autonómico

7.4 19895 (10/POP-002375) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis Sobre as previsións do Goberno galego respecto do impulso ante o Goberno central da transformación portuaria e urbanística da cidade da Coruña mediante a constitución dun consorcio público que lidere este reto Publicación da iniciativa, BOPG n°211, do 15.11.2017

7.5 20781 (10/PUP-000123) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia diante da situación da falla de auga que está a vivir a área metropolitana de Vigo

7.6 20808 (10/PUP-000124) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Trenor López, Gonzalo Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa situación de seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, indicando as medidas adoptadas ao respecto en coordinación cos concellos

7.7 18713 (10/POP-002254) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodil Fernández, Olalla e 5 máis Sobre a actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co barrio da Tinería, de Lugo Publicación da iniciativa, BOPG n.° 200, do 25.10.2017

7.8 19836 (10/POP-002364) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e 8 máis Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal do Salnés desde a entrada en funcionamento do sistema de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, EOXI Publicación da iniciativa, BOPG n.° 211, do 15.11.2017

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

5

Page 13: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

PARLAMENTO DE GALICIA

DE: PEXISTqC) SAUDA

28 NCiv, 217

Núm. 2

7.9 20829 (10/PUP-000125) Grupo Parlamentario de En Marea Solla Fernández, Eva e 2 máis Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir o dereito á saúde dos vecifíos afectados pola contaminación por lindano existente no concello do Porririo

7.10 19088 (10/POP-002281) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Rodríguez Arias, Marta e 7 máis Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa posta en marcha do programa Reconduce como instrumento de prevención e abordaxe das situacións das persoas e familias en risco grave de desafíuzamento Publicación da iniciativa, BOPG n.° 200, do 25.10.2017

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que Ile comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente

Asinado dixitalmente por: Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente na data 28/11/2017 17:23:16

Sra. deputada/ Sr. deputado do Parlamento de Galicia

6

Page 14: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

RELACIÓN DE MEMBROS DE PLENO DO PARLAMENTO

POR ORDE ALFABÉTICA

Luis Manuel Álvarez Martínez SMaría Encarnación Amigo Díaz PMaría Ángeles Antón Vilasánchez PRaquel Arias Rodríguez PSilvestre José Balseiros Guinarte PXosé Luís Bará Torres BNGMagdalena Barahona Martín EMMoisés Blanco Paradelo PNoela Blanco Rodríguez SMaría de la Concepción Burgo López SMarcos Cal Ogando EMDiego Calvo Pouso PFrancisco Casal Vidal EMJaime Castiñeira Broz PLuca Chao Pérez EMFrancisco José Conde López PMaría de los Ángeles Cuña Bóveda EMJuan Manuel Díaz Villoslada STeresa Egerique Mosquera PRaúl Fernández Fernández SCésar Manuel Fernández Gil PXoaquín María Fernández Leiceaga SMartín Fernández Prado PMaría Ángeles García Míguez PCarlos Gómez Salgado PJosé González Vázquez PJosé Manuel Lago Peñas EMCarlos Enrique López Crespo PAbel Fermín Losada Álvarez SBeatriz Mato Otero PJuan José Merlo Lorenzo EMJacobo Moreira Ferro PAntonio Mouriño Villar PMaría Guadalupe Murillo Solís PMaría Isabel Novo Fariña PMarta Nóvoa Iglesias PAurelio Alfonso Núñez Centeno PAlberto Núñez Feijóo PJosé Alberto Pazos Couñago PJosé Manuel Pérez Seco SMaría Luisa Pierres López SAna Belén Pontón Mondelo BNGMaría Montserrat Prado Cores BNGPaula Prado del Río PNoa Presas Bergantiños BNG

7

Page 15: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Pedro Puy Fraga PRosa María Quintana Carballo PPaula Quinteiro Araújo EMJosé Antonio Quiroga Díaz SJosé Manuel Rey Varela PJosé Luis Rivas Cruz BNGOlalla Rodil Fernández BNGMarta Rodríguez Arias PMaría Julia Rodríguez Barreira PDavid Rodríguez Estévez EMMoisés Rodríguez Pérez PMatilde Begoña Rodríguez Rumbo SMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez PCristina Isabel Romero Fernández PAlfonso Rueda Valenzuela PMaría Soraya Salorio Porral PAntón Sánchez García EMMiguel Ángel Santalices Vieira PCarmen Santos Queiruga EMEva Solla Fernández EMMiguel Ángel Tellado Filgueira PMaría Dolores Toja Suárez SJulio Torrado Quintela SGonzalo Trenor López PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PSandra Vázquez Domínguez PPaula Vázquez Verao EMDaniel Vega Pérez PPatricia Vilán Lorenzo SLuis Villares Naveira EM

8

Page 16: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Relación de deputadas e deputados do Parlamento de Galicia X Lexislatura

(actualizada 06 de febreiro de 2017)

Para votación por chamamento

APELIDOS E NOME GP SI NON ABST

1. Álvarez Martínez, Luís Manuel S

2. Amigo Díaz, María Encarnación P

3. Antón Vilasánchez, María Ángeles P

4. Balseiros Guinarte, Silvestre José P

5. Bará Torres, Xosé Luís BNG

6. Barahona Martín, Magdalena EM

7. Blanco Paradelo, Moisés P 8. Blanco Rodríguez, Noela S

9. Cal Ogando, Marcos EM

10. Casal Vidal, Francisco EM

11. Castiñeira Broz, Jaime P 12. Chao Pérez, Luca EM

13. Cuña Bóveda, María de los Ángeles EM

14. Díaz Villoslada, Juan Manuel S

15. Egerique Mosquera, Teresa P

16. Fernández Fernández, Raúl S

17. Fernández Gil, César Manuel P

18. Fernández Leiceaga, Xoaquín María S

19. Fernández Prado, Martín P

20. García Míguez, María Angeles P

21. Gómez Salgado, Carlos P

22. González Vázquez, José P

23. Lago Peñas, José Manuel EM

24. López Crespo, Carlos Enrique P

25. Losada Álvarez, Abel Fermín S

26. Merlo Lorenzo, Juan José EM

27. Moreira Ferro, Jacobo P

28. Mouriño Villar, Antonio P

29. Murillo Solís, Maria Guadalupe P

30. Novo Fariña, María Isabel P

99

Page 17: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

31. Nóvoa Iglesias, Marta P

32. Nuñez Centeno, Aurelio Alfonso P

33. Pazos Couñago, José Alberto P

34. Pérez Seco, José Manuel S

35. Pierres López, María Luisa S

36. Pontón Mondelo, Ana Belen BNG

37. Prado Cores, María Montserrat BNG

38. Prado del Río, Paula P

39. Presas Bergantiños, Noa Olalla BNG

40. Puy Fraga, Pedro P

41. Quinteiro Araújo, Paula EM

42. Quiroga Díaz, José Antonio S

43. Rivas Cruz, José Luis BNG

44. Rodil Fernández, Olalla BNG 45. Rodríguez Arias, Marta P

46. Rodríguez Barreira, María Julia P

47. Rodríguez Estévez, David EM

48. Rodríguez Pérez, Moisés P

49. Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña S

50. Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María P

51. Romero Fernández, Cristina Isabel P

52. Salorio Porral, María Soraya P

53. Sánchez García, Antón EM

54. Santos Queiruga, Carmen EM

55. Tellado Filgueira, Miguel Ángel P

56. Toja Suárez, María Dolores S

57. Torrado Quintela, Julio S

58. Trenor López, Gonzalo P

59. Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luís P

60. Vázquez Domínguez, Sandra P

61. Vázquez Verao, Paula EM

62. Vega Pérez, Daniel P

63. Vilán Lorenzo, Patricia S 64. Villares Naveira, Luís EM

1010

Page 18: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

DEPUTADAS E DEPUTADOS MEMBROS DA XUNTA DE GALICIA 65. Quintana Carballo, Rosa María P 66. Rey Varela, José Manuel P 67. Conde López, Francisco José P 68. Mato Otero, Beatriz P 69. Rueda Valenzuela, Alfonso P 70. Núñez Feijoo, Alberto P

DEPUTADAS E DEPUTADOS DA MESA DO PARLAMENTO 71. Burgo López, María de la Concepción S 72. Arias Rodríguez, Raquel P 73. Solla Fernández, Eva EM 74. Calvo Pouso, Diego P 75. Santalices Vieira, Miguel Ángel P

1111

Page 19: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

1. Textos lexislativos

12

Page 20: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento 

                    Día: 04.12.2017     Hora: 10.00 

 Orde do día 

1.м  Debate   e  votación  do  Ditame,  emitido  pola  Comisión  8.ª,  Pesca  e Marisqueo, do Proxecto de lei de portos de Galicia 

  14376 (10/PL‐000005)   Publicación do ditame da Comisión, BOPG n.º 217, do 27.11.2017 

Publicación emendas e votos particulares, BOPG n.º 217, do 27.11.2017 

 

 

 

 

 

Vid. Separata núm. 1

1313

Page 21: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Servizo de Asistencia Parlamentaria

4 de decembro de 2017

1.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 8ª, Pesca e

Marisqueo, do Proxecto de lei de portos de Galicia (doc. núm. 14376, 10/PL-000005)

Publicación do Ditame da Comisión, BOPG n.º 217, do 27.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 217, do

27.11.2017

Separata núm. 1

Page 22: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1. 1. Procedementos de natureza normativa1. 1. 2. Propostas de normas1. 1. 2. 1. Proxectos e proposicións de lei1. 1. 2. 1. 1. Proxectos de lei

ı Ditame emitido pola Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, sobre o Proxecto de lei de portos de Galicia64955

ı Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación co Proxecto de lei deportos de Galicia

— G. P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 20582). 65071— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 20594). 65072— G. P. de En Marea (doc. núm. 20596). 65073

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64954

Page 23: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

1. Procedementos parlamentarios

1. 1. Procedementos de natureza normativa1. 1. 2. Propostas de normas1. 1. 2. 1. Proxectos e proposicións de lei1. 1. 2. 1. 1. Proxectos de lei

Ditame emitido pola Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, sobre o Proxecto de lei de portosde Galicia

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na reunión do 23 de novembro de 2017, adoptou os seguintesacordos:

Aprobación do ditame da Comisión

- 14376 (10/PL-000005)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei de portos de GaliciaBOPG nº 165, do 30.08.2017

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na sesión do día 23 de novembro de 2017, á vista do Informeelaborado pola Ponencia sobre o Proxecto de lei de Portos de Galicia, de conformidade co dispostonos artigos 116 e seguintes do Regulamento do Parlamento de Galicia, aprobou o seguinte:

D I T A M E

Exposición de motivosI

De acordo cos artigos 148.1.6ª e 149.1.20ª da Constitución española, o Estatuto de autonomía paraGalicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.9 que á Comu-nidade Autónoma de Galicia lle corresponde, dentro do seu ámbito territorial, a competencia ex-clusiva en materia de portos non cualificados de interese xeral polo Estado, de portos de refuxio eportos deportivos, ao tempo que no seu artigo 28.6 atribúe á propia Comunidade Autónoma com-petencia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado, nos termosque esta estableza, en canto aos portos pesqueiros.

Conforme estas previsións constitucionais e estatutarias, en virtude do Real decreto 3214/1982, do24 de xullo, e do Decreto do Consello da Xunta de Galicia 167/1982, do 1 de decembro, produciusea transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do marco de competencias do Minis-terio de Obras Públicas e Urbanismo, das funcións e dos servizos relativos a todos os portos e as

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64955

Page 24: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

instalacións portuarias, suxeitos ou non a réxime de concesión, non cualificados de interese xeralpolo Estado no Real decreto 989/1982, do 14 de maio, existentes no seu ámbito territorial.

No exercicio das ditas competencias aprobáronse os decretos 19/1983, do 17 de xaneiro, e351/1986, do 2 de outubro, polos que se regulaba a estrutura e o funcionamento da Comisión dePortos de Galicia; a Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan especial de portos da Comunidade Autónomade Galicia; a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia (lei quederroga os decretos antes citados e os títulos III e IV da Lei 6/1987, do 12 de xuño); o Decreto227/1995, do 20 de xullo, que aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia; e máis re-centemente o Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos de-portivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da ComunidadeAutónoma de Galicia.

Contando coa anterior lexislación, o marco normativo baixo o que ata a data se viña xestionandoo conxunto dos portos e das instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia comple-tábase co reenvío normativo que o artigo 4 da Lei 5/1994, do 29 de novembro, efectuaba á lexisla-ción estatal vixente en materia de portos.

II

A exposición de motivos da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos deGalicia, lembra que na nosa comunidade autónoma «o funcionamento e a evolución do sistemaportuario teñen unha especial importancia, xa que as actividades relacionadas co mar representanun factor fundamental na súa estrutura socioeconómica, e non en van o 60,67 por cento da po-boación total das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reside en concellos que contan con ins-talacións portuarias, onde unha gran parte desa poboación desenvolve actividades directa ouindirectamente relacionadas co sector marítimo».

É un feito que tamén recolle esa exposición de motivos que «os portos, que comezaron como pun-tos de descarga de mercadoría e pesca, evolucionaron ata converterse nuns complexos industriaise mercantís nos cales se desenvolven numerosas actividades produtivas e administrativas, e queasí mesmo realizan unha función de desenvolvemento rexional, permitindo a localización e pro-moción doutras industrias, e social, en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de in-fluencia».

Na actualidade, nos portos de competencia da Comunidade Autónoma desenvólvense operaciónscomerciais, pesqueiras e deportivas ou recreativas; estes serven de refuxio, avituallamento, repa-ración e varada; e constitúen tamén en moitas ocasións infraestruturas básicas para que outrasadministracións, especialmente os concellos, poidan realizar e prestar determinados servizos ouactividades que polas súas características deben localizarse no ámbito portuario, e en particularno ámbito correspondente ás fachadas marítimas dos portos que lindan cos termos municipais ecoas aldeas e vilas situadas ao seu carón. Neste senso, cómpre ter en conta a necesidade de coor-dinación entre os portos e as vilas en que se sitúan, máxime tendo en conta a idiosincrasia do asen-tamento da poboación galega na costa en forma de grande imbricamento da malla urbana cosportos con incidencia na actividade económico-empresarial delas.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64956

Page 25: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Desde o punto de vista da organización, o exame da situación exposta puxo en evidencia no seumomento a necesidade de contar cun órgano específico encargado da Administración portuariadotado dunha estrutura, organización e competencias baseadas en criterios que garantan a má-xima eficacia no cumprimento das funcións asignadas, ao que se deu cumprimento coa Lei 5/1994,do 29 de novembro, que creou a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Se desde o punto de vista da organización a creación de Portos de Galicia vén cubrir as necesidadesbásicas de funcionamento, desde o punto de vista da xestión, a planificación e a explotación integraldo conxunto do noso sistema portuario, a dispersión normativa e o recurso a unha lexislación es-tatal que ten como obxecto básico regular portos de gran tamaño económico, cun modelo de xes-tión portuario do tipo porto propietario (land lord), no cal a Administración portuaria asumefuncións de regulación da actividade en réxime de competencia, están a producir distorsións nor-mativas que aconsellan dispoñer dunha lexislación propia adaptada ás peculiaridades dos nososportos e instalacións, que teña en conta as dimensións económicas e sociais, os obxectivos e asfuncións que deben cumprir, así como a súa enorme dispersión xeográfica, atomicidade e ofertamoi diseminada.

Co propósito de dar cumprimento ás necesidades expostas e ao propio mandado estatutario ela-borouse esta norma.

III

Esta lei estrutúrase nun título preliminar e en seis títulos máis, e na parte final conta con sete dis-posicións adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposi-cións derradeiras.

O título preliminar, «Disposicións xerais», dentro do estrito cumprimento da doutrina do TribunalConstitucional, regula en tres capítulos o obxecto e o ámbito de aplicación da lei, que abrangue atotalidade dos portos e das instalacións portuarias de Galicia, excluídos os cualificados de interesexeral, tal e como se determina no capítulo II, coa inclusión dos espazos pesqueiros e deportivos se-gregados dos portos de interese xeral e adscritos á Comunidade Autónoma, e mais os portos e asinstalacións fluviais e lacustres, dentro do respecto á lexislación do dominio público hidráulico; de-termina os principios xerais de xestión e actuación; e salienta como unha competencia da Admi-nistración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a de establecer os instrumentos axeitadospara garantir unha posición estratéxica na xestión entre os portos de competencia autonómica eos de interese xeral do Estado situados no territorio autonómico galego.

O título I, «Da organización portuaria de Galicia», estrutúrase sistematicamente en dous capítulos.O capítulo I recolle o estatuto orgánico da entidade pública empresarial Portos de Galicia, xa pre-visto na Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade, que agora se derroga e cuxo con-tido se insire nesta nova lei, coa necesaria adaptación aos principios da Lei 16/2010, do 17 dedecembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonó-mico de Galicia, configurada como unha entidade pública empresarial con personalidade xurídicae patrimonio de seu, así como con plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, que quedaadscrita á consellaría competente en materia de portos.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64957

Page 26: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

O capítulo II, partindo tamén da regulación xa contida na Lei 5/1994, do 29 de novembro, recadade xeito pormenorizado as competencias que en materia de portos corresponden á Administraciónautonómica.

O título II, «Planificación, ordenación, obras, ambiente e seguridade», refunde nun mesmo título ascuestións relativas á planificación física portuaria e a execución de obras, así como as cuestións rela-tivas ao planeamento territorial, e axunta igualmente os aspectos sobre o ambiente e a seguridade.

A planificación portuaria regulada no capítulo I, en liña coa diversidade e dispersión dos portos edas instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación da lei, prevé a figura de plans directores de in-fraestruturas, que poderán formularse para un porto ou para un conxunto de portos e que abran-guen os proxectos xerais de obras dos portos afectados polo plan durante un horizonte de, candomenos, cinco anos.

O capítulo II, relativo á ordenación urbanística dos portos, partindo da consideración de que a zonade servizo dun porto, tal e como avala o Tribunal Constitucional, se cualifica como sistema xeralportuario fronte a interferencias ou perturbacións na explotación portuaria procedentes dos ins-trumentos xerais de ordenación, prevé o desenvolvemento do devandito sistema xeral a travésdunha planificación sectorial representada nos plans especiais de ordenación dos portos. A trami-tación dos ditos plans delimita as competencias municipais e autonómicas sectoriais concorrentes,a ordenación territorial e a planificación urbanística, e, sen superar os límites da autonomía muni-cipal, establécense medidas de coordinación que sirvan para resolver os inevitables conflitos quese presentan permanentemente na relación porto-cidade, seguindo tamén a doutrina do TribunalConstitucional.

No capítulo III, ademais da regulación básica aplicable á execución de obras e á ampliación ou aconstrución de novos portos, tamén se regula a incidencia que sobre as ditas obras teñen os actosde control preventivo municipal, e inclúense mecanismos de coordinación aplicables a obras que,aínda que fóra das zonas de servizo dos portos, poidan afectar estas.

Finalmente, o capítulo IV, relativo ao ambiente e á seguridade, regula o desenvolvemento susten-table na planificación e construción de novos portos, así como na explotación destes, con normasrelativas á prevención e loita contra a contaminación, á recepción de refugallos e residuos, ás obrasde dragaxe e aos plans de emerxencia e seguridade.

O título III, «Do dominio público portuario», aborda unha completa e sistemática regulación da na-tureza, a extensión e os usos do dominio público portuario e da súa utilización e explotación através dos títulos clásicos de concesións e autorizacións, coa inclusión do contrato de concesiónde obras públicas portuarias.

O título comeza no seu capítulo I coa determinación do dominio público portuario de competenciada Comunidade Autónoma de Galicia e a súa natureza baixo o criterio esencial da afectación, e res-pectando as competencias da Administración do Estado en materia de adscrición opta, para a de-limitación da zona de servizo dos portos e os usos que nel se poden desenvolver, por uninstrumento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios, mais áxil e sinxelo que o instru-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64958

Page 27: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

mento de planificación portuaria denominado «plan de utilización», e enumera tanto as actividadese instalacións permitidas como o réxime de prohibicións.

O capítulo II, relativo á utilización do dominio público portuario, regula de modo sistemático encinco seccións as disposicións xerais, as autorizacións, as concesións, as disposicións comúns a au-torizacións e concesións e mais o contrato de concesión de obras públicas portuarias.

Dentro das disposicións xerais recóllese a regra xeral e clásica aplicable ao dominio público por-tuario conforme a cal na utilización para usos que teñan especiais circunstancias de exclusividade,intensidade, perigo ou rendibilidade se exixirá o outorgamento das clásicas autorización ou conce-sión, coa excepción que se prevé na figura dos convenios que se poidan subscribir con outras ad-ministracións públicas que teñan por obxecto ocupacións destinadas a obras ou instalacións deuso público ou aproveitamento xeral para executar polas ditas administracións.

A regulación que se contén nas seccións relativas a autorizacións, concesións e disposicións comúnsa ambas as dúas busca de modo consciente a creación dun acabado corpo normativo que permitaunha aplicación inmediata da lei sen necesidade de esperar a un ulterior desenvolvemento regu-lamentario; corpo normativo que, aínda partindo en boa lóxica do réxime clásico e consolidadoque aplica a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, á utilización do dominio público marítimo-te-rrestre común, contén as especificacións propias derivadas da transformación do litoral e da inten-sidade de uso que implica a utilización do dominio público portuario.

Desde o punto de vista do procedemento, o outorgamento de autorizacións e concesións poderaseiniciar por solicitude das persoas interesadas ou por concurso, coa previsión no caso das concesiónsdaqueles supostos en que resultará obrigatoria a convocatoria dun concurso previo que garantaen todo caso a publicidade e a libre concorrencia.

Tamén no tocante ao procedemento para outorgar concesións cómpre salientar a regulación com-pleta que se aplicará para tramitacións en competencia, a extensión do límite máximo de vixenciaata os cincuenta anos e mais que á regulación clásica sobre condicións de outorgamento, modifi-cacións, revisións, actos de transmisión e gravame e garantías se unen a previsión sobre a posibi-lidade de renovación da vixencia de determinadas concesións, as cesións de usos parciais e oréxime que se aplica para os terreos e as obras que os concesionarios incorporen ás concesións,que estarán exentos do aboamento das taxas de ocupación.

Dentro das disposicións comúns a autorizacións e concesións, ademais de se prever a posibilidadede exixir garantías de explotación nas autorizacións, regúlanse de xeito pormenorizado as causasde extinción e os seus efectos, e hai que destacar tamén a mención expresa á exixencia de pólizasde seguros para a cobertura dos riscos.

A derradeira sección deste título define e regula a figura clásica do contrato de concesión de obraspúblicas dentro do ámbito portuario.

A crecente demanda das persoas usuarias e o fomento dun sector que a Comunidade Autónomade Galicia vén asumindo de forma crecente nos últimos anos determinan a inclusión dun título IVdedicado aos portos deportivos e ás zonas portuarias de uso náutico-deportivo.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64959

Page 28: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Tras definir nos capítulos I e II os obxectivos nesta materia, centrados nun equilibrio entre o fo-mento da participación da iniciativa privada e coa xestión sustentable que asegure a conservacióndo litoral, o título recolle no capítulo III a figura dos regulamentos de explotación como instrumentosbásicos para regular os usos dos portos e das instalacións xestionados por medio de concesiónsadministrativas, namentres que o capítulo IV desenvolve o réxime que se aplica ás autorizaciónstemporais de uso de postos de atracada que outorga Portos de Galicia, tanto se existe concesionariocomo se non.

Neste título resulta destacable a previsión de que os títulos das concesións poidan considerar endeterminados casos e coas debidas compensacións a posibilidade, loxicamente excepcional, deque estas instalacións poidan albergar usos distintos ao deportivo.

O título V, «Réxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais,industriais ou doutra natureza nos portos», aborda unha regulación sistemática dos portos comoespazos físicos que permiten a prestación de servizos portuarios e o desenvolvemento de activi-dades comerciais e industriais axustadas aos usos permitidos na lei, nunha regulación que, partindoda titularidade pública das instalacións, non impide, senón que pola contra fomenta, a intervencióne a iniciativa privada na prestación de servizos e na realización de actividades, garantindo en todocaso a prestación dos servizos e a práctica das actividades directamente relacionadas coa activi-dade, así como a operativa dos portos cando por ausencia ou insuficiencia da iniciativa privada nonse poida garantir esa prestación.

O capítulo I establece como principio a iniciativa privada na prestación de servizos e no desenvol-vemento de actividades económicas nos portos.

No capítulo II defínense os servizos portuarios, coa distinción entre os xerais, que son aqueles ser-vizos comúns de titularidade de Portos de Galicia dos que se benefician as persoas usuarias, su-xeitos, se é o caso, ao aboamento das taxas nos supostos previstos na Lei 6/2003, do 9 dedecembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e servi-zos especiais, definidos como as actividades de prestación que contribúen e facilitan a realizaciónde operacións portuarias; servizos estes que prestan operadores privados en réxime de libre com-petencia suxeitos ás autorizacións que outorgue Portos de Galicia e ás prescricións establecidasnos pregos reguladores de cada servizo, agás naqueles supostos recollidos na lei nos que se debalimitar o número de prestadores; caso este no cal o outorgamento de autorizacións exixirá a con-vocatoria previa dun concurso público. Con respecto a estes servizos especiais, verbo dos cales,como regra xeral, as autorizacións se outorgan con carácter específico e individualizado para cadaservizo, agás no que atinxe os servizos técnico-náuticos (respecto dos que se establece a posibili-dade de acumulación para un porto ou unha área portuaria determinada) e as autorizacións parao servizo de recepción de refugallos xerados polos buques, regúlase de xeito pormenorizado o ré-xime de prestación, as obrigas de servizo público que debe cumprir todo operador, o réxime deutilización e acceso, o prazo de vixencia das autorizacións, as causas de extinción destas e o contidoque deben prever os pregos reguladores de cada servizo, así como a posibilidade da autoprestacióne integración dos servizos.

O capítulo II, relativo ás actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, limita a súa presta-ción a que se trate de usos permitidos no dominio público portuario pola lei. Para o caso de activi-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64960

Page 29: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

dades comerciais ou industriais directamente relacionadas coa actividade portuaria establéceseque Portos de Galicia poida aprobar pregos de condicións xerais, facéndose a citación dos máisfrecuentes. E considérase finalmente a posibilidade de que Portos de Galicia poida asumir a pres-tación destas mesmas actividades para cubrir as deficiencias da iniciativa privada, co cobramentoen contraprestación de tarifas que neste caso terán a consideración de prezos privados.

O título VI, «Regulamento de explotación e policía, potestades de inspección e seguridade e réximedas sancións», establece no seu primeiro capítulo a figura do Regulamento de explotación e policíacomo instrumento básico que conterá as normas xerais de funcionamento dos diferentes servizose operacións e que incluirá igualmente especificacións e gradacións ao cadro de infraccións e desancións que se recollen neste título.

O capítulo II, sobre as potestades de inspección e seguridade, atribúe á entidade pública Portos deGalicia a potestade de inspección e vixilancia verbo dos servizos e das operacións que se desen-volven nos portos e prevé todo un conxunto de medidas de policía portuaria que permiten garantiro tráfico e a operatividade así como a seguridade nos portos.

No capítulo III procédese a unha clasificación das infraccións en leves, graves e moi graves, e regú-lase tamén o réxime de prescrición e o de identificación das persoas responsables.

No capítulo IV recóllense as contías das multas en función da gravidade da infracción coa previsióndos criterios de gradación, que comprenden circunstancias agravantes e atenuantes; establéceseunha redución do importe da sanción do trinta por cento para o caso do recoñecemento de res-ponsabilidade, sempre que a sanción teña carácter pecuniario e o aboamento se realice en períodovoluntario; regúlase a prescrición e as medidas adicionais ás sancións xunto coa posibilidade deadopción de medidas provisionais; e prevense medidas de execución forzosa.

IV

A parte final divídese en sete disposicións adicionais, sete disposicións transitorias, unha disposiciónderrogatoria única e catro disposicións derradeiras.

Das disposicións adicionais cómpre destacar que a primeira mantén a posibilidade prevista na Lei5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, no senso de que a en-tidade pública empresarial poida crear sociedades mercantís públicas para «a xestión empresarialsingularizada de determinadas actividades portuarias», nas cales a entidade terá participaciónmaioritaria; e a cuarta prevé a posibilidade de que Portos de Galicia elabore unha relación dos es-pazos pesqueiros e os destinados a usos náutico-deportivos que en atención ás súas característicassexan susceptibles de ser segregados dos portos de interese xeral do Estado.

A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local,tivo entre outros obxectivos, e tal e como sinala a súa exposición de motivos, a supresión dos mo-nopolios municipais herdados do pasado e que recaían sobre sectores económicos puxantes. Nestesenso, a dita lei deu unha nova redacción ao artigo 86 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora dasbases do réxime local, pola que se suprime a referencia ás lonxas entre as actividades ou os servizos

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64961

Page 30: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

esenciais reservados a favor das entidades locais e susceptibles de execución en réxime de mono-polio. En coherencia co establecido na normativa básica estatal, na disposición adicional cuarta re-cóllese a previsión de explotación de lonxas situadas nas zonas de servizo de portos de competenciaautonómica de acordo co réxime previsto na lei en concellos nos cales viña existindo unha presta-ción en réxime de monopolio.

Cómpre subliñar tamén que na disposición adicional quinta se consagra o principio de liberdadede contratación no ámbito do servizo portuario de manipulación de mercadorías, sen prexuízo doestablecemento dun proceso transitorio que permita un tránsito ordenado naqueles portos en queviña funcionando o réxime de estibadores ou estibadoras da antiga Organización de Traballos Por-tuarios, co fin de protexer os dereitos laborais do reducido número de traballadores afectados.

Nas disposicións transitorias regúlanse, entre outras materias, o réxime aplicable ás concesións eautorizacións vixentes á entrada en vigor desta lei, así como a ampliación do prazo das concesiónsportuarias outorgadas pola Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade á entrada en vigordo Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento,a competitividade e a eficiencia.

Na disposición transitoria quinta recóllense normas urbanísticas que serán de aplicación directaen tanto non se proceda á aprobación dos plans especiais de ordenación portuaria.

A disposición derrogatoria única, ademais de derrogar cantas disposicións de igual ou inferior rangose opoñan ao establecido na lei, derroga na súa totalidade a Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan es-pecial de portos da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de crea-ción do ente público Portos de Galicia, polo que se reúne deste xeito nun só texto legal a normativaautonómica existente en materia de portos.

Nas disposicións derradeiras recóllese a cláusula de habilitación regulamentaria para o desenvol-vemento da lei.

O anteproxecto foi sometido ao preceptivo ditame do Consello Económico e Social de Galicia, doque se tomaron en consideración no texto case todas as súas observacións.

TÍTULO PRELIMINARDisposicións xerais

CAPÍTULO IObxecto e ámbito de aplicación da lei

Artigo 1. Obxecto da lei

Esta lei ten por obxecto establecer a organización portuaria de Galicia e o réxime xurídico dos portose das instalacións portuarias que son competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que com-prende a determinación, planificación, construción, xestión e utilización do dominio público por-tuario e mais a prestación de servizos nos portos, así como as medidas de policía portuaria e oréxime sancionador.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64962

Page 31: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. No ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, esta lei aplicarase aos seguin-tes espazos e infraestruturas portuarias:

a) Os portos marítimos situados na Comunidade Autónoma de Galicia que non fosen cualificadosde interese xeral.

b) As instalacións marítimas, que non constitúan instalacións menores segundo a normativa decostas, que formen parte dun porto de competencia autonómica ou que estean adscritas a el.

c) As instalacións portuarias.

d) Os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo.

e) Os espazos pesqueiros e destinados a usos náutico-deportivos situados no recinto portuario dosportos de interese xeral que fosen segregados deses portos e adscritos á Comunidade Autónoma,de conformidade co previsto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante.

f) As mariñas interiores marítimo-terrestres que se integren na zona de servizo dun porto.

2. Esta lei tamén se aplicará aos portos e ás instalacións fluviais e lacustres, en canto non se opoñaá súa propia natureza e á lexislación do dominio público hidráulico.

CAPÍTULO IIDos portos e das instalacións portuarias de Galicia

Artigo 3. Determinación dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

1. Son de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia os portos, as infraestruturas e as ins-talacións portuarias que, non sendo cualificados de interese xeral, estean situados dentro do seuterritorio, permitan a realización de operacións de tráfico portuario e presten servizos ás actividadescomerciais, pesqueiras e deportivas ou náutico-recreativas.

2. Teñen a consideración de portos e instalacións portuarias de competencia da Comunidade Au-tónoma de Galicia os que figuran no anexo desta lei e aqueles que, en desenvolvemento das com-petencias estatutarias que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, se vaianincorporando por decreto da Xunta de Galicia.

3. Deberán ser tamén obxecto de integración na relación de portos de competencia da ComunidadeAutónoma de Galicia os espazos pesqueiros e os destinados a usos náutico-deportivos que sexansegregados dos portos de interese xeral do Estado radicados en Galicia e adscritos á ComunidadeAutónoma, de conformidade co previsto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante.

4. Nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia poderanse realizar as opera-cións comerciais, industriais, pesqueiras, deportivas ou recreativas recollidas na delimitación dos

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64963

Page 32: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

espazos e dos usos portuarios, ou poderán servir de refuxio, avituallamento, reparación ou varada,segundo se estableza regulamentariamente.

5. Os elementos, as condicións, os servizos e as demais características con que deberán contar,como mínimo, os portos e as instalacións marítimas a que se refire esta lei determinaranse por víaregulamentaria.

Artigo 4. Definicións

Para os efectos desta lei, considéranse:

a) Porto marítimo: o conxunto de terreos, augas e instalacións que reúna as condicións físicas e or-ganizativas que permitan, entre outras, a realización de operacións e actividades portuarias talescomo entrada, saída, atracada, desatracada, estada e reparación no porto de buques ou outrosmedios de navegación, así como as de embarque e desembarque de persoas e bens.

b) Instalación marítima: o conxunto de obras e infraestruturas que, non tendo a consideración deporto, se destina a zona portuaria de uso pesqueiro, náutico-deportivo, transbordo de persoas oubens, embarcadoiros, varadoiros, ancoradoiros ou similares.

Considérase que forman parte dun porto cando estean integradas nel ou cando, mesmo consti-tuíndo unha realidade física descontinua, integren xunto co porto unha unidade organizativa ouestean adscritas a el.

c) Instalacións portuarias: as obras civís de infraestrutura fixas ou desmontables, as de superestru-tura e edificación, así como as instalacións mecánicas e as redes técnicas de servizo destinadas arealizar ou facilitar operacións de tráfico portuario, dentro da zona de servizo dos portos.

d) Porto deportivo: o conxunto de augas abrigadas, natural ou artificialmente, os espazos terrestrescontiguos a estas e as obras, infraestruturas e instalacións necesarias para desenvolver operaciónspropias da frota deportiva.

e) Zona portuaria de uso náutico-deportivo: a parte dun recinto portuario preexistente que se des-tina á prestación de servizos ás embarcacións deportivas e de lecer.

f) Mariña interior: o conxunto de infraestruturas, obras e instalacións necesarias para comunicarpermanentemente os terreos interiores de propiedade privada ou da administración pública, ur-banizados ou susceptibles de urbanización, co mar territorial, coas augas interiores ou coa láminade auga dos portos ou das instalacións marítimas, mediante unha rede de canles marítimo-terres-tres que se integren na zona de servizo dun porto.

f bis) Mariña seca: espazo terrestre situado dentro dun recinto portuario destinado ao depósito enterra de embarcacións e a ofrecer, entre outros, servizos de almacenamento, reparación, gardaríae posta á disposición de medios mecánicos de izada e baixada de embarcacións.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64964

Page 33: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

g) Autorizacións temporais de uso de postos de atracada: os títulos que habilitan para o uso e gozo,durante un prazo mínimo de seis meses e non superior a catro anos, dun posto de atracada desti-nado a embarcacións deportivas e de lecer.

h) Embarcacións deportivas ou de lecer con base no porto: aqueles barcos que reciben a prestacióndo servizo de atracada ou ancoraxe por un período dun ou máis semestres. Os restantes barcosserán considerados como de paso no porto.

Artigo 5. Clasificación

1. Os portos a que se refire esta lei clasifícanse, por razón da súa orixe, en naturais e artificiais.

Son portos naturais os constituídos polas augas abrigadas pola mesma disposición natural do te-rreo ou os parcialmente abrigados que se destinan á ancoraxe, ocasional ou de tempada, de buquese embarcacións comerciais, de pesca e deportivas ou de lecer.

Son portos artificiais aqueles que requiren para existir a realización de obras de abrigo.

2. Os portos e as instalacións marítimas clasifícanse, por razón do seu uso ou destino, en comerciais,industriais, pesqueiros, deportivos e mixtos, en función de se se destinan de forma exclusiva ouprincipal a unha ou a varias destas actividades.

CAPÍTULO IIIPrincipios xerais

Artigo 6. Principios xerais de xestión e actuación

1. As actividades reguladas nesta lei desenvolveranse de acordo cos principios de unidade de xes-tión, rendibilidade socioeconómica, planificación, equilibrio económico-financeiro e desenvolve-mento sustentable, co obxectivo da integración e planificación territorial, en prol de preservar olitoral galego en consonancia cos seus valores naturais, culturais, patrimoniais, paisaxísticos e am-bientais.

A xestión dos portos e das instalacións portuarias estará orientada a garantir o interese xeral, parao que se promoverá este co fomento da participación da iniciativa privada por medio de concesiónse autorizacións no deseño, a construción, o financiamento e a explotación das instalacións portua-rias e mais na prestación de servizos, nos termos establecidos nesta lei e no resto do ordenamentoxurídico.

2. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro das competencias propiasda Comunidade Autónoma, a través de accións normativas ou pactadas, establecerá os instrumen-tos axeitados para garantir unha posición estratéxica e a cooperación e colaboración na xestiónentre os portos de competencia autonómica e os portos de interese xeral do Estado situados noterritorio autonómico galego.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64965

Page 34: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

TÍTULO IDa organización portuaria de Galicia

CAPÍTULO IEntidade pública empresarial Portos de Galicia

Sección 1ª. Natureza e funcións

Artigo 7. Natureza e personalidade

1. A entidade Portos de Galicia é unha entidade pública empresarial das reguladas na sección 4ªdo capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento daAdministración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. A entidade pública empresarial Portos de Galicia, creada pola Lei 5/1994, do 29 de novembro,desenvolverá e xestionará as funcións e os servizos que en materia de portos de competencia daComunidade Autónoma lle son atribuídos por esta lei, con suxeición aos principios da Lei 16/2010,do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector públicoautonómico de Galicia.

3. A entidade pública empresarial ten personalidade xurídica, patrimonios e tesouraría de seu, asícomo plena capacidade para o cumprimento dos fins dela, sen prexuízo das relacións que nestalei se establecen coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A entidade pública empresarial quedará adscrita á consellaría competente en materia de portose terá a súa sede en Santiago de Compostela.

5. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderase identificar no desenvolvemento dasúa actividade baixo a denominación de «EPE Portos de Galicia».

Artigo 8. Obxecto

1. Á entidade pública empresarial Portos de Galicia correspóndelle o proxecto, a construción, a con-servación, a mellora, a ordenación, a administración e a explotación das obras, instalacións, servizose actividades portuarias, así como a planificación das zonas de servizo e as súas futuras ampliacións,nos termos previstos nesta lei.

Asumirá igualmente as funcións que, no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma, llepoida atribuír a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión eactuacións no dominio público marítimo-terrestre.

2. Sen prexuízo das competencias que esta lei atribúe aos órganos superiores da Administraciónxeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a entidade pública empresarial Portos de Galicia dis-poñerá das potestades reguladas nesta lei e das facultades necesarias para a realización dos seusfins.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64966

Page 35: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3. Para os efectos do desenvolvemento e o cumprimento dos devanditos fins, o ámbito territorialde cada porto será o comprendido dentro dos límites da súa zona de servizo.

Artigo 9. Funcións

1. Dentro da esfera de actividades encadradas no obxecto delimitado no artigo anterior, Portos deGalicia xestionará a explotación das instalacións portuarias e dos demais bens adscritos ao seu pa-trimonio.

2. A entidade pública empresarial asumirá o fomento global da actividade económica no ámbitodos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, das actividades industriais e co-merciais directamente relacionadas co tráfico portuario e mais da investigación e do desenvolve-mento tecnolóxico en materias relacionadas coa explotación e a construción portuarias.

Artigo 10. Réxime xurídico

1. Portos de Galicia rexerase por esta lei e mais polas disposicións que se diten no seu desenvolve-mento.

2. A súa organización e o seu réxime xurídico interno regúlanse polo dereito administrativo, e o seuréxime xurídico externo regúlase polo dereito privado, a non ser no exercicio das potestades ad-ministrativas que teña atribuídas e nos aspectos especificamente previstos en normas con rangode lei.

Sección 2ª. Estrutura administrativa, actos da entidade pública empresarial e recursos e reclamaciónscontra estes

Artigo 11. Órganos da entidade

1. Para o desempeño das súas funcións, Portos de Galicia estrutúrase nos seguintes órganos :

a) De goberno:

1º. A Presidencia.

2º. O Consello Reitor.

b) Executivo:

A Dirección.

2. No conxunto dos órganos de goberno de Portos de Galicia procurarase acadar unha composiciónequilibrada de mulleres e homes.

3. As persoas titulares da Presidencia e da Dirección cumprirán coas obrigas que a Lei 1/2016, do18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, introduce nos mecanismos de bo goberno e controlda actividade das persoas que ocupan altos cargos no sector público autonómico.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64967

Page 36: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 12. Presidencia da entidade

1. A Presidencia é o órgano unipersoal de goberno da entidade pública empresarial.

2. A Presidencia da entidade será nomeada polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da per-soa titular da consellaría competente en materia de portos.

3. Compete á Presidencia o exercicio das seguintes funcións :

a) Exercer a representación da entidade pública empresarial.

b) Desenvolver e executar as directrices que dite a Xunta de Galicia en materia da súa competencia.

c) Exercer a alta dirección do persoal da entidade.

d) Propoñer ao Consello Reitor as políticas xerais de actuación e xestión da entidade, de acordocoas directrices e cos criterios establecidos para o efecto polo Consello da Xunta de Galicia.

e) Exercer a iniciativa na elaboración dos plans directores de infraestruturas, de obras, de instala-cións dos portos e das súas ampliacións, así como dos plans especiais de ordenación portuaria.

f) Formular e remitir ao Consello da Xunta, a través da consellaría competente en materia de portose por proposta da consellaría competente en materia de facenda, os programas xerais plurianuaisde investimentos e o seu financiamento anual cos seus complementarios orzamentos de explota-ción e capital, se é o caso.

g) Acordar a realización das obras e dos investimentos, coa formalización de todos aqueles contra-tos, actos e negocios xurídicos que sexan necesarios para o desenvolvemento das funcións da en-tidade e o cumprimento dos seus fins.

h) Velar polo cumprimento dos acordos do Consello Reitor.

i) Conferir as delegacións de competencias propias que considere convenientes.

j) Outorgar as concesións de ocupación do dominio público portuario e as autorizacións de ocupa-ción do dominio público portuario cando o seu prazo de vixencia sexa superior a dous anos.

k) Outorgar as autorizacións para a prestación de servizos e a realización de actividades comerciais,industriais ou doutra natureza nos portos.

l) Exercer todas as funcións non atribuídas expresamente a outros órganos da entidade públicaempresarial.

Artigo 13. O Consello Reitor

1. O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno da entidade pública empresarial.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64968

Page 37: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. O Consello Reitor estará constituído pola Presidencia e a Dirección da entidade e mais polo nú-mero de vogais que se estableza regulamentariamente, nomeados estes pola persoa titular da con-sellaría competente en materia de portos, entre os que, en todo caso, estarán representadas aconsellaría competente en materia de facenda e as distintas consellarías que poidan ter interesesna materia por razóns da súa competencia, en especial a consellaría competente en materia depesca, así como as entidades locais, as corporacións e as entidades, organizacións e asociaciónsmáis representativas das persoas usuarias.

3. Compete ao Consello Reitor o exercicio das seguintes funcións:

a) Facer o seguimento, a supervisión e o control superiores da actuación da entidade e da xestiónda persoa titular da Dirección.

b) Aprobar un informe xeral anual da actividade desenvolvida pola entidade e cantos outros infor-mes extraordinarios considere necesarios sobre a súa xestión, coa valoración dos resultados obti-dos e a consignación das deficiencias observadas.

c) Aprobar o anteproxecto de orzamentos anuais e contraer as obrigas de carácter plurianual dentrodos límites que teña fixados.

d) Aprobar as contas anuais e, de ser o caso, a distribución do resultado do exercicio consonte a le-xislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Controlar o cumprimento das directrices aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia.

f) Aprobar as normas de réxime interior da entidade pública empresarial, así como a organizacióndos servizos administrativos e dos portos.

g) Aprobar e modificar a dotación de persoal e a proposta de relación de postos de traballo da en-tidade pública empresarial e o seu réxime de retribucións, logo do informe favorable das consella-rías competentes en materia de orzamentos e de función pública.

h) Elaborar as taxas por servizos portuarios para a súa posterior presentación ao Consello da Xunta,a través da consellaría competente en materia de facenda e por proposta da consellaría competenteen materia de portos.

i) Propoñer aos órganos competentes da Administración autonómica, a través da consellaría com-petente en materia de portos, a aprobación dos plans de obras, de instalacións de portos e dassúas ampliacións, así como dos plans especiais de ordenación portuaria.

Cando se trate de plans de obras ou instalacións portuarias e as súas ampliacións, ou de plans es-peciais de ordenación portuaria cun contido de natureza pesqueira, previamente á súa remisiónao órgano competente para a súa aprobación, pedirase informe á consellaría competente en ma-teria de pesca.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64969

Page 38: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

j) Aprobar a xestión anual e o balance, así como a conta de resultados e a memoria de cada exercicioeconómico.

k) Acordar, con suxeición ás disposicións da normativa orzamentaria, as operacións crediticias amedio e longo prazo que sexan necesarias, logo do informe da consellaría competente en materiade facenda para as operacións a medio prazo e da autorización previa da dita consellaría para asoperacións a longo prazo.

l) Acordar, con suxeición ás disposicións da normativa orzamentaria, operacións crediticias nece-sarias para paliar os desequilibrios transitorios de tesouraría.

m) Promover e exercer, dentro do ámbito da súa competencia, toda clase de pretensións, acciónse recursos perante calquera órgano da Administración do Estado, da Comunidade Autónoma e dasadministracións locais, así como perante os xulgados e os tribunais de xustiza de calquera grao exurisdición, desistir das pretensións e accións formuladas ou dos recursos interpostos e mais tran-sixir as cuestións litixiosas, conferindo para o efecto as procuracións oportunas.

n) Conferir as delegacións de competencias que xulgue oportunas.

ñ) Velar polo cumprimento desta lei e das disposicións que se diten para o seu desenvolvemento.

o) Resolver os procedementos de responsabilidade patrimonial a que se refire a lexislación básicavixente sobre o procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. O Consello Reitor designará, por proposta da persoa titular da Presidencia, un secretario ou unhasecretaria entre o persoal da entidade pública empresarial.

5. Regulamentariamente determinarase o funcionamento e o réxime de adopción dos acordos doConsello Reitor. No non previsto terase en conta o disposto na sección 3ª do capítulo I do título I daLei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e dosector público autonómico de Galicia, e pola normativa básica do réxime xurídico do sector público,así como pola normativa básica reguladora do procedemento administrativo común.

6. Así mesmo, poderase prever regulamentariamente a creación de comisións delegadas do Con-sello Reitor.

Artigo 14. Xuntas territoriais

1. Para o estudo dos problemas concretos que afectan cada fachada marítima poderanse designarxuntas de traballo, integradas por membros do Consello Reitor, que actuarán con funcións consul-tivas e informativas.

2. Os membros das anteditas xuntas, que serán representantes dos distintos órganos da adminis-tración e dos sectores das persoas usuarias, serán designados polo Consello Reitor, por propostada persoa titular da Presidencia da entidade.

3. O seu ámbito territorial de actuación fixarao o Consello Reitor.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64970

Page 39: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 15. A Dirección

1. A Dirección é o órgano executivo responsable da xestión ordinaria da entidade pública empre-sarial e exerce as competencias inherentes á dita dirección e mais as que expresamente se lle atri-búen na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xerale do sector público autonómico de Galicia, e nesta lei, así como as que lle deleguen os órganos degoberno.

2. A persoa titular da Dirección será nomeada e destituída por decreto do Consello da Xunta de Ga-licia, por proposta da persoa titular da consellaría competente en materia de portos, entre persoasque reúnan os requisitos de solvencia profesional, atendendo criterios académicos, técnicos e cien-tíficos, necesarios para o exercicio do cargo, e de acreditada experiencia.

A persoa titular da Dirección terá a consideración de alto cargo da Administración xeral da Comu-nidade Autónoma de Galicia, con rango de director ou directora xeral.

3. Corresponde á Dirección, nos termos sinalados no punto 1 anterior :

a) Dirixir a xestión ordinaria, a inspección da entidade e dos portos e mais a súa explotación.

b) Velar pola percepción, a contabilización e o control dos ingresos derivados da xestión empresa-rial, realizando os actos de xestión tributaria e de recadación en período voluntario dos ingresosde dereito público e privado que corresponden á entidade empresarial.

c) Outorgar as autorizacións de ocupación do dominio público portuario que teñan un prazo de vi-xencia non superior a dous anos.

d) Exercer cantas funcións lle sexan delegadas e, en xeral, as que resulten inherentes ao normalfuncionamento da entidade.

e) Calquera outra función que lle sexa atribuída nas normas de desenvolvemento regulamentarioda lei.

Artigo 16. Actos administrativos da entidade pública empresarial. Recursos e reclamacións

1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia ditará actos administrativos que poderán adop-tar a forma de:

a) resolucións, instrucións e ordes de servizo da Presidencia da entidade;

b) acordos do Consello Reitor;

c) resolucións e instrucións da Dirección.2. As resolucións, instrucións e ordes de servizo ditadas pola entidade pública empresarial Portosde Galicia publicaranse no Diario Oficial de Galicia cando teñan por destinatario unha pluralidade

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64971

Page 40: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

indeterminada de persoas ou cando a entidade xulgue que a notificación efectuada a unha soapersoa interesada é insuficiente para garantir a notificación a todas, así como nos demais casosprevistos na normativa en materia de procedemento administrativo común e réxime xurídico dosector público. O anterior enténdese sen prexuízo da difusión que proceda efectuar en cumpri-mento da normativa sobre transparencia.

3. As resolucións e os acordos suxeitos ao dereito administrativo ditados polo Consello Reitor epola persoa titular da Presidencia esgotarán a vía administrativa. Contra eles só se poderán inter-poñer os recursos contencioso-administrativos que resulten procedentes, sen prexuízo da inter-posición do recurso administrativo previo e potestativo de reposición.

4. Os actos suxeitos ao dereito administrativo ditados pola persoa titular da Dirección serán sus-ceptibles de recurso de alzada perante o Consello Reitor.

5. A competencia para resolver os procedementos de revisión de oficio de actos administrativosnulos ou de declaración de lesividade de actos anulables e mais de revogación de actos de gravameou desfavorables corresponderá ao órgano de goberno que ditou o acto.

Respecto destes actos ditados pola Dirección, esta competencia corresponderá á Presidencia daentidade.

6. A rectificación de erros materiais, de feito ou aritméticos corresponderá ao órgano que ditou o acto.

7. O recurso extraordinario de revisión interpoñerase de acordo co que estableza a lexislación re-guladora do procedemento administrativo común, e será competente para o resolver o propio ór-gano que ditou o acto impugnado.

8. A competencia para resolver os procedementos de responsabilidade patrimonial que se dirixancontra a entidade corresponderá ao Consello Reitor.

9. As reclamacións sobre a aplicación e a efectividade das taxas portuarias por servizos e por con-cesións e autorizacións administrativas terán carácter económico-administrativo e axustaranse aoprocedemento para as reclamacións desta clase, e poderán ser obxecto de recurso previo potesta-tivo de reposición.

Artigo 17. Actos non suxeitos ao dereito administrativo

Fronte aos actos non suxeitos ao dereito administrativo as persoas interesadas poderán acudir aosxulgados e tribunais da xurisdición competente.

Artigo 18. Representación e defensa en xuízo e asesoramento xurídico da entidade pública empresarialPortos de Galicia

A representación e a defensa en xuízo da entidade pública empresarial serán encomendadas á Ase-soría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, mediante o asinamento do oportuno acordo, sen prexuízo

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64972

Page 41: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

de que Portos de Galicia dispoña de servizos xurídicos consultivos propios, os cales deberán res-pectar as directrices e os criterios de interpretación emanados da Asesoría Xurídica Xeral da Xuntade Galicia consonte o disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica daAdministración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público.

Sección 3ª. Normas particulares de xestión e explotación

Artigo 19. Conservación, ampliación e amortización do material e das instalacións

1. Portos de Galicia adoptará as medidas axeitadas para garantir que as instalacións e infraestru-turas portuarias ou os seus servizos e actividades accesorias e complementarias, así como o ma-terial confiado á súa custodia e explotación, sexan construídos, conservados e renovados conformeas necesidades do tráfico portuario e o progreso da técnica.

2. A atribución á entidade pública empresarial da xestión das instalacións, dos servizos ou das ac-tividades a que se refire o punto anterior comprende o outorgamento implícito de todas as auto-rizacións, permisos ou licenzas administrativas de competencia da Administración xeral daComunidade Autónoma de Galicia que resulten necesarios para as obras de conservación, mante-mento e reposición das instalacións e para as demais actividades auxiliares directamente relacio-nadas coa explotación portuaria, sen prexuízo da necesidade de contar coas autorizacións ou conoutros títulos administrativos de competencia local ou estatal que resulten exixibles.

Artigo 20. Réxime de contratación

1. Os contratos que subscriba a entidade pública empresarial Portos de Galicia axustaranse ao es-tablecido na lexislación básica de contratos do sector público e, se for o caso, á normativa de de-senvolvemento aprobada pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O órgano de contratación de Portos de Galicia é a persoa titular da Presidencia, sen prexuízo dasdelegacións que poida levar a cabo na persoa titular da Dirección.

2 bis. Portos de Galicia realizará anualmente un informe, que será sometido ao Consello Reitor ese fará público, respecto dos contratos realizados no ano anterior, no cal se indicarán as súas prin-cipais características.

Artigo 21. Actividade inspectora

Portos de Galicia exercerá a inspección dos portos e do desenvolvemento das actividades comer-ciais, industriais ou doutra natureza e de prestación de servizos que se realicen neles, co propósitode garantir a súa seguridade, a súa eficacia, o cumprimento polas empresas explotadoras e polaspersoas usuarias das obrigas que lles correspondan e a observancia das normas técnicas e comer-ciais de carácter xeral a que teñan que suxeitarse a xestión e explotación dos bens, das instalaciónsou das actividades.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64973

Page 42: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Sección 4ª. Facenda e patrimonio

Artigo 22. Facenda

1. Constituirá a facenda de Portos de Galicia o conxunto dos seus bens, dereitos e obrigas.

2. Portos de Galicia financiarase preferentemente cos ingresos propios que perciba como contra-prestación polas actividades que realiza e, excepcionalmente, financiarase coas transferencias con-signadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os recursos económicos de Portos de Galicia comprenderán:

a) Os produtos, as rendas e os incrementos do seu patrimonio.

b) Os ingresos ordinarios e extraordinarios obtidos no exercicio das súas actividades.

c) Os produtos das taxas que á Comunidade Autónoma lle corresponda percibir en relación co do-minio público portuario xestionado pola entidade pública instrumental.

d) O importe das multas e indemnizacións impostas como consecuencia da aplicación do réximesancionador previsto nesta lei.

e) As dotacións ou subvencións que se consignen nos orzamentos xerais da Comunidade Autó-noma.

f) O importe das operacións crediticias que concerte, de conformidade co establecido ao respectopola consellaría competente en materia de facenda.

g) As subvencións, contribucións e doazóns de todo tipo que poida recibir.

h) O destino dunha porcentaxe dos beneficios que resulten da conta de explotación á dotación dunfondo para atender as necesidades de explotación e as de renovación, ampliación e mellora do activo.

i) Os ingresos derivados da súa participación en sociedades públicas mercantís.

j) Os demais ingresos de dereito público ou privado que se autoricen nas leis de orzamentos daComunidade Autónoma ou noutras leis do Parlamento de Galicia.

Artigo 23. Patrimonio

1. Para o desempeño das súas funcións adscríbense a Portos de Galicia os bens e os dereitos queintegran o dominio público portuario autonómico á entrada en vigor desta lei, así como os poste-riores incorporados a este por calquera título, sen prexuízo dos bens de dominio público portuarioen réxime de adscrición compartida coa consellaría competente en materia de pesca para o exer-cicio das súas facultades en acuicultura e ordenación do sector pesqueiro.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64974

Page 43: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. A adscrición implica a transferencia á entidade pública empresarial das facultades de uso, xes-tión, administración e explotación vinculadas aos fins desta, sen cambio de titularidade ou cualifi-cación xurídica dos bens e dereitos adscritos.

3. Cando os bens e os dereitos de dominio público portuario que teña adscritos deixen de ser ne-cesarios para o cumprimento dos fins propios da entidade, estes serán obxecto de desadscriciónna forma prevista nas leis sectoriais.

4. Portos de Galicia poderá realizar todo tipo de actos de xestión e aproveitamento dos bens de-maniais adscritos que estean directamente relacionados co servizo e co tráfico portuario e resultenconformes coa normativa sectorial aplicable.

5. O Consello Reitor, sen necesidade da declaración previa da desafectación do servizo, poderáacordar o desmantelamento e, se é o caso, a venda dos demais bens mobles, e aplicará o seu pro-duto ás atencións propias da entidade.

6. O Consello da Xunta ditará, logo da proposta das consellarías competentes en materia de eco-nomía e facenda e mais do informe da consellaría competente en materia de portos e da consellaríacompetente en materia de pesca, as normas para a formación e permanente actualización do In-ventario de bens e dereitos de Portos de Galicia, que se axustarán ás prescricións da Lei 5/2011,do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e do seu regulamento.

Sección 5ª. Réxime financeiro

Artigo 24. Réxime orzamentario, económico-financeiro, de contabilidade e de control

1. O réxime de control financeiro e contabilidade pública así como o orzamento de Portos de Galiciaaxustaranse ao disposto na materia polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que seaproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo dasespecialidades contidas nesta lei.

A xestión de Portos de Galicia desenvolverase de acordo co principio de equilibrio económico-fi-nanceiro da explotación.

Para tal efecto, presentará anualmente ao Consello da Xunta, a través da consellaría competenteen materia de facenda e por instancia da consellaría competente en materia de portos, logo da re-misión a esta pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor, os proxectos de orzamentos deexplotación e capital, os correspondentes programas de actuación, investimentos e financiamentoe mais a liquidación, a memoria e o balance do exercicio anterior debidamente auditados.

2. O Consello da Xunta determinará anualmente, dentro dos límites autorizados polos orzamentosda Comunidade Autónoma, o destino dunha porcentaxe dos beneficios que resulten da conta deexplotación á dotación dun fondo para atender as necesidades de explotación e as de renovación,ampliación e mellora do activo.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64975

Page 44: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3. Compensarase Portos de Galicia polos gastos inherentes ao cumprimento das obrigas de servizoimpostas pola Xunta de Galicia no exercicio das súas funcións de alta dirección institucional da en-tidade.

4. A entidade pública empresarial estará suxeita ao control externo do Consello de Contas de Galiciae do Tribunal de Contas do Estado, nos termos dispostos na normativa de aplicación.

5. A entidade pública empresarial estará suxeita ao control de eficacia no cumprimento do seuplan de actuación, que será exercido pola consellaría de adscrición. O control do cumprimentodos compromisos específicos que, de ser o caso, asuma a entidade pública empresarial nun con-venio ou contrato programa corresponderá á comisión de seguimento regulada no propio con-venio ou contrato programa, sen prexuízo dos posibles controis previstos na lexislaciónorzamentaria.

5 bis. Trimestralmente, Portos de Galicia publicará a súa execución orzamentaria e os seus estadoseconómico-financeiros na súa páxina web.

Artigo 25. Taxas portuarias e outros ingresos de explotación

1. As taxas e os demais ingresos de explotación deberán cubrir, como mínimo, os seguintes gas-tos:

a) A explotación, conservación e depreciación do material e das instalacións portuarias, así comodas infraestruturas que sirvan aos seus fins accesorios ou complementarios.

b) Os gastos xerais que se consideren para cada instalación portuaria ou para os seus servizos ouactividades accesorias ou complementarias, dentro do límite máximo que se determine en virtudedun decreto aprobado polo Consello da Xunta.

c) Os impostos exixibles.

d) As cargas autonómicas, administrativas e financeiras, incluíndo o reembolso de préstamos deri-vados da explotación e o pagamento de xuros.

2. Admítese a posibilidade, logo dos trámites legais oportunos, de bonificacións nas taxas portuariasco obxecto de promover a competitividade e a sustentabilidade económica ou ambiental da activi-dade portuaria e do sistema de transporte.

Artigo 26. Efectividade dos créditos e das sancións

A entidade pública empresarial poderá utilizar, para a efectividade dos créditos resultantes da ex-plotación e das sancións pecuniarias que impoña, e a través dos servizos da Tesourería Xeral e deRecadación da Comunidade Autónoma, o procedemento de constrinximento nos termos reguladosno Regulamento xeral de recadación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64976

Page 45: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Sección 6ª. Persoal

Artigo 27. Réxime do persoal

1. O persoal da entidade pública empresarial unicamente poderá ser funcionario ou laboral e per-soal de alta dirección.

2. Todo o persoal da entidade estará sometido ao réxime de incompatibilidades establecido paraos empregados e as empregadas do sector público.

3. O persoal laboral réxese, ademais de pola lexislación laboral e polas normas convencionalmenteaplicables, polos preceptos da lexislación estatal e autonómica reguladora do emprego público quesexan de aplicación ao persoal laboral.

4. A aprobación e modificación tanto do cadro de persoal como da proposta de relación de postosde traballo e mais a aprobación dos instrumentos polos que se regulan as condicións de traballodo persoal e o seu réxime retributivo serán acordadas polo Consello Reitor, logo do informe favo-rable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública. A con-tratación e o nomeamento do persoal corresponden á persoa titular da Presidencia da entidade.

5. A selección do persoal da entidade pública empresarial deberase realizar mediante a convoca-toria pública das correspondentes probas selectivas, que se axustarán aos principios de igualdade,mérito, capacidade e publicidade, e con carácter xeral ao disposto na Lei 16/2010, do 17 de decem-bro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico deGalicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

6. A contratación de persoal de alta dirección da entidade axustarase ao establecido na Lei 16/2010,do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector públicoautonómico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

CAPÍTULO IICompetencias da Administración autonómica

Artigo 28. Competencias do Consello da Xunta

Compete ao Consello da Xunta o exercicio das seguintes funcións:

a) Realizar a alta inspección e vixilancia do funcionamento da entidade, co ditado para estes efectosdas oportunas directrices.

b) Aprobar os plans directores de infraestruturas, os programas xerais de investimentos e o seu fi-nanciamento.

c) Levar a cabo a alta política en materia de ordenación e coordinación do tráfico e dos transportesportuarios no ámbito das súas competencias.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64977

Page 46: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

d) Designar e destituír as persoas titulares da Presidencia e da Dirección, así como fixar o seu réximeretributivo.

e) Adoptar medidas especiais en casos de emerxencia.

f) Aprobar o proxecto de orzamento de explotación e capital e o programa de actuacións, investi-mentos e financiamento, así como, se é o caso, os convenios ou contratos de programa que pro-poña a entidade.

g) Aprobar os aspectos técnicos das modificacións e revisións, de maneira singular as contías, e dastaxas polos servizos portuarios e por ocupación do dominio público portuario adscrito á Comuni-dade Autónoma.

h) Adoptar os acordos sobre o tráfico xurídico do dominio público portuario adscrito á entidade,nos casos en que esta facultade lle estea reservada pola Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patri-monio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento, e, en especial, no relativo á in-corporación ao sistema xeral portuario autonómico de novas infraestruturas portuarias.

i) Adscribir, co informe favorable da Administración xeral do Estado, as zonas de interese de cultivosmariños no dominio público portuario á consellaría competente en materia de pesca para os efec-tos do exercicio das súas competencias en materia de acuicultura, sempre que esta adscrición re-sulte compatible cos usos portuarios que se definen nesta lei, que non se prexudique globalmenteo desenvolvemento futuro dos portos e as operacións de tráfico portuario e mais que se axuste aoestablecido no planeamento urbanístico en vigor.

Enténdese, para os efectos desta lei, como zonas de interese de cultivos mariños aquelas zonasdas augas do dominio público portuario que polas súas óptimas condicións para tal actividadeaconsellen unha especial protección e así sexan declaradas polo Consello da Xunta de Galicia, porproposta da consellaría competente en materia de pesca.

j) Fixar o réxime retributivo dos membros do Consello Reitor e determinar as axudas de custo, asindemnizacións ou as compensacións económicas pola asistencia dos seus membros ás sesións exuntanzas do dito Consello Reitor.

Artigo 29. Atribucións da consellaría competente en materia de portos

Son atribucións da consellaría competente en materia de portos :

a) Desempeñar as funcións de inmediata relación de Portos de Galicia co Consello da Xunta e coaAdministración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente para os efectos de ac-tuacións polas competencias enumeradas no artigo anterior.

b) Propoñer o nomeamento e a destitución das persoas titulares da Presidencia e da Dirección, asícomo o nomeamento e a destitución dos vogais do Consello Reitor.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64978

Page 47: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

c) Emitir informe preceptivo sobre os plans, programas xerais en materia financeira e de infraes-truturas, os programas de actuacións, investimentos e financiamento, os orzamentos de explota-ción e capital e, en xeral, sobre todas as propostas, proxectos ou documentación relacionados coaentidade Portos de Galicia que se deban someter ao exame e á aprobación do Consello da Xunta.

d) Presentar ao Consello da Xunta, logo do informe das consellarías competentes en materia deeconomía e facenda e das consellarías competentes en materia de industria, de comercio e depesca, a proposta sobre política de taxas portuarias.

e) Exercer, nos termos previstos na lexislación vixente, as facultades de expropiación forzosa quesexan precisas para o cumprimento dos fins da entidade e promover a entrega dos bens expropia-dos a Portos de Galicia.

f) Propoñer a actualización da contía das taxas portuarias de acordo coa variación do custo dosservizos, producida por alteracións nos custos destes.

g) Aprobar as delimitacións dos espazos e dos usos portuarios.

h) Exercer, en xeral, o control de eficacia da entidade pública empresarial previsto na Lei 16/2010,do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector públicoautonómico de Galicia.

Artigo 30. Atribucións da consellaría competente en materia de pesca

Son atribucións da consellaría competente en materia de pesca:

a) Levar a cabo a construción de lonxas, fábricas de xeo e outras edificacións do recinto portuariodestinadas a actividades pesqueiras, acuícolas ou marisqueiras, debendo solicitar previamente aPortos de Galicia informe preceptivo e vinculante sobre a súa localización.

b) Sempre que resulte compatible cos usos portuarios que se definen nesta lei, que non se prexu-dique globalmente o desenvolvemento futuro dos portos e as operacións de tráfico portuario, eaxustándose á normativa de costas e ao establecido no planeamento urbanístico en vigor, autorizara realización de actividades de acuicultura, pesca e marisqueo que teñan lugar no dominio públicoportuario con carácter previo ao outorgamento das concesións ou autorizacións para a ocupacióndo dito dominio.

c) Emitir, con carácter preceptivo, informe sobre a relación de actuacións previstas no programade infraestrutura pesqueira do orzamento xeral de Portos de Galicia.

Artigo 31. Competencias das consellarías competentes en materia de economía ou de facenda

É competencia das consellarías competentes en materia de economía ou de facenda:

a) Realizar a alta supervisión da aplicación pola entidade dos plans e programas financeiros e dosseus orzamentos, e, en xeral, de canto concirne á orde financeira de Portos de Galicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64979

Page 48: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

b) Presentar ao Consello da Xunta os plans económicos e orzamentarios de Portos de Galicia e emi-tir informe sobre a súa aplicación e liquidación.

c) Presentar as actuacións que en materia financeira teñan que someterse ao Consello da Xunta.

d) Exercer as competencias que, respecto do dominio público portuario, lle sexan atribuídas polaLei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regu-lamento.

e) Exercer todas as demais competencias que o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poloque se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, outorga ásconsellarías competentes en materia de economía e de facenda no ámbito das entidades públicasempresariais.

f) Exercer as atribucións previstas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacciónsreguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

TÍTULO IIPlanificación, ordenación, obras, ambiente e seguridade

CAPÍTULO IPlanificación portuaria

Artigo 32. Plans directores de infraestruturas de Portos de Galicia

1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá formular para un porto ou un conxuntodeles plans directores de infraestruturas, que abranguerán os proxectos xerais de obras dos portosafectados polo plan e das súas ampliacións, durante un horizonte temporal de, cando menos, cincoanos.

2. O plan ou os plans directores que elabore Portos de Galicia someteranse, por proposta da conse-llaría competente en materia de portos, a exame e aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

Unha vez aprobado o plan director de infraestruturas non poderán executarse obras non previstasnel. Non obstante, Portos de Galicia poderá executar obras non consideradas nos plans candoteñan a consideración de obras menores ou en casos de recoñecida urxencia ou de excepcional in-terese público, debidamente apreciados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da conse-llaría competente en materia de portos.

3. A aprobación ou a modificación dun plan director de infraestruturas poderá determinar a modi-ficación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios nos termos establecidos no artigo 52.

Artigo 32 bis. Intermodalidade e áreas loxísticas

Nos procesos de planificación que se debe realizar para o sistema portuario de Galicia establece-ranse medidas co obxecto de acadar unha eficiente intermodalidade e a eficiencia entre os modos

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64980

Page 49: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

e as cadeas de transporte, así como a conexión ou a creación de áreas loxísticas, para facilitar a in-corporación de valor engadido aos procesos produtivos.

Artigo 33. Determinacións dos plans directores de infraestruturas

Os plans directores de infraestruturas conterán, polo menos, as seguintes determinacións:

a) A análise da situación actual do porto ou dos portos e a estrutura do tráfico e das actividadesportuarias.

b) A definición das necesidades de desenvolvemento do porto ou dos portos nun horizonte tem-poral de, cando menos, cinco anos.

c) A análise das relacións entre a planificación portuaria e o planeamento territorial e urbanístico.

d) A indicación das distintas alternativas de desenvolvemento, a análise de cada unha delas e a se-lección da máis óptima.

e) A declaración ambiental estratéxica no caso de que o plan deba ser sometido á avaliación am-biental estratéxica ordinaria e o informe ambiental estratéxico se o plan debe ser sometido á ava-liación ambiental estratéxica simplificada.

f) A previsión das fases de desenvolvemento dos plans, a valoración e os recursos e mais a análisefinanceira e de rendibilidade.

g) A definición dos criterios para a revisión dos plans.

Artigo 34. Documentación dos plans directores de infraestruturas

Os plans directores de infraestruturas estarán integrados polos seguintes documentos:

a) A memoria, coa información básica e os estudos necesarios, onde se analizarán as distintas al-ternativas de desenvolvemento consideradas e se xustificará a elixida.

b) A documentación gráfica, na que deberán constar os plans de información, os estudos de pla-neamento, os proxectos e os outros estudos complementarios.

c) O estudo económico-financeiro, que conterá a avaliación económica xenérica da execución dasobras.

d) O programa de actuacións para o desenvolvemento do plan, integrándose neste, cando así re-sulte preceptivo, o estudo ambiental estratéxico.

Artigo 35. Procedemento de aprobación

1. A elaboración e a aprobación dos plans directores de infraestruturas axustaranse ao seguinteprocedemento:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64981

Page 50: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) Corresponde á entidade pública empresarial Portos de Galicia a formulación do plan, que serásometido previamente ao informe das consellarías e dos concellos afectados polas actuacións, cofin de que poidan presentar as observacións e suxestións que consideren convenientes no prazode dous meses, e entenderase en senso favorable de transcorrer o dito prazo sen que se emita oinforme de forma expresa por parte das consellarías. De se constatar un conflito de atribuciónsentre diferentes consellarías afectadas no procedemento de elaboración dos plans directores deinfraestruturas, este será resolto por un acordo asinado conxuntamente polas propias persoas ti-tulares das consellarías afectadas. No caso de discrepancia, darase traslado ao Consello da Xuntade Galicia, que resolverá no prazo de dez días.

b) O plan someterase ao procedemento de avaliación ambiental que proceda nos termos previstosna normativa en materia de avaliación ambiental.

c) Darase traslado do plan ás corporacións de dereito público e entidades que representen as per-soas usuarias co fin de que, por un prazo igual de dous meses, poidan realizar as observacións quexulguen oportunas.

d) Simultaneamente aos trámites anteriores, o plan será sometido a información pública no DiarioOficial de Galicia durante un prazo non inferior a dous meses.

e) O plan someterase, antes da súa aprobación polo Consello da Xunta, a informe da Administraciónestatal consonte o disposto na normativa en materia de costas.

f) Ao se rematar a tramitación, a consellaría competente en materia de portos procederá a levar oplan ao Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación por decreto, que será publicado nosdiarios oficiais correspondentes.

2. A aprobación dun plan director de infraestruturas levará implícita a declaración de utilidade pú-blica para os efectos da expropiación dos bens e dereitos e do rescate ou a revisión das concesiónsque requira a actuación portuaria no ámbito do plan.

Artigo 36. Revisións ou modificacións dos plans directores de infraestruturas

1. Cando sexa necesaria unha revisión ou unha modificación dos plans directores de infraestruturasque teña carácter substancial, o procedemento que se deberá seguir será o mesmo que o previstopara a súa aprobación.

2. Cando a revisión ou a modificación non teña carácter substancial, será aprobada pola consellaríacompetente en materia de portos, oído o concello ou os concellos afectados, e logo do informe daAdministración xeral do Estado previsto na normativa de costas e coa tramitación ambiental estra-téxica que proceda.

Para estes efectos, terá carácter de modificación substancial a ampliación superior a un trinta porcento da superficie ocupada con obras de infraestrutura, tanto nas superficies en terra como nalámina de auga que integran a zona de servizo.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64982

Page 51: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

CAPÍTULO IIOrdenación urbanística dos portos

Artigo 37. Planeamento xeral

1. Os plans xerais de ordenación municipal e os demais instrumentos xerais de ordenación urba-nística deberán cualificar a zona de servizo dos portos como sistema xeral portuario e non poderánincluír determinacións que supoñan unha interferencia ou perturbación no exercicio das compe-tencias de explotación portuaria.

2. Dado o carácter supramunicipal do sistema portuario, a superficie do sistema xeral portuarionon computará para os efectos da determinación das dotacións, cesións de aproveitamento, re-servas e equipamentos.

3. Considérase que o porto ou a instalación marítima pode constituír unha unidade que xustifica aredacción dun plan especial.

Artigo 38. Plans especiais de ordenación dos portos

1. O sistema xeral portuario de cada porto desenvolverase mediante un plan especial, que redactaráe formulará a entidade pública empresarial Portos de Galicia e que a administración competenteen materia de urbanismo tramitará e aprobará aplicando o establecido na lexislación urbanísticaen vigor, coas particularidades que se sinalan nos seguintes puntos.

2. Con carácter previo á formulación do plan especial que ordene a zona de servizo do porto, estadeberase encontrar delimitada mediante a aprobación da delimitación dos espazos e dos usos por-tuarios no dito porto. As determinacións daquel plan non poderán estenderse máis alá da zona deservizo así delimitada.

3. Unha vez redactado o borrador do plan, Portos de Galicia remitirao, acompañado da documen-tación ambiental exixible pola lexislación sectorial aplicable, á administración competente en ma-teria de urbanismo, que dispoñerá dun prazo máximo de tres meses para enviar a ditadocumentación ao órgano ambiental competente para os efectos da tramitación ambiental estra-téxica que proceda.

4. O prazo máximo para resolver sobre a aprobación inicial dun plan especial de ordenación por-tuaria que estea sometido á avaliación ambiental estratéxica ordinaria, unha vez emitido o informeambiental estratéxico conforme a normativa ambiental aplicable, será de tres meses, contadosdesde a súa presentación por Portos de Galicia no rexistro do concello.

Ao transcorrer este prazo sen que recaese unha resolución expresa, poderase entender outorgadaa aprobación inicial do plan.

5. O prazo máximo para resolver sobre a aprobación inicial dun plan especial de ordenación por-tuaria que estea sometido á avaliación ambiental estratéxica simplificada, unha vez emitido o in-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64983

Page 52: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

forme ambiental estratéxico sobre a falta de efectos significativos deste sobre o ambiente, será detres meses, que se contará desde a súa presentación por Portos de Galicia no rexistro do concello.

Ao transcorrer este prazo sen que recaese unha resolución expresa, poderase entender outorgadaa aprobación inicial do plan.

6. Efectuada a tramitación e emitido o informe da Administración estatal de costas conforme a nor-mativa nesta materia, e antes da aprobación definitiva do plan, deberase dar traslado deste á en-tidade pública empresarial Portos de Galicia no caso de que a Administración urbanísticacompetente propuxese modificacións respecto da redacción inicialmente aprobada, para queaquela, no prazo dun mes, emita informe sobre os aspectos da súa competencia.

7. A aprobación definitiva do plan especial requirirá que o informe previo a que se refire o puntoanterior sexa favorable. No caso de ser desfavorable, deberanse levar a cabo as consultas necesa-rias en prol de chegar a un acordo entre Portos de Galicia e a Administración urbanística para asúa aprobación definitiva. Se no prazo de dous meses persiste o desacordo, informará con caráctervinculante o Consello da Xunta de Galicia sobre aqueles aspectos de competencia autonómica enmateria de portos.

8. O prazo para a aprobación definitiva por un concello do plan especial de ordenación dun portoserá de seis meses, que se contarán desde o acordo de aprobación inicial. Ao transcorrer o ditoprazo sen que se procedese á notificación da resolución, poderase entender aprobado definitiva-mente o plan, sempre que se realizase o trámite de información pública e obtivese os informespreceptivos en sentido favorable, de conformidade coa lexislación aplicable, ou, se é o caso, fosensolicitados os informes e transcorresen os prazos para emitilos.

9. Non se aplicará o silencio administrativo estimativo cando os plans conteñan determinaciónscontrarias á lei, aos plans de superior rango ou aos instrumentos de ordenación do territorio deGalicia.

10. A aprobación definitiva dos plans especiais deberá ser notificada a Portos de Galicia, cos requi-sitos establecidos na lexislación do procedemento administrativo e publicada nos diarios oficiaiscorrespondentes.

11. O plan especial incluirá entre as súas determinacións as medidas e as previsións necesariaspara garantir unha eficiente explotación do espazo portuario, o seu desenvolvemento futuro e asúa conexión cos sistemas xerais de transporte terrestre e co contorno urbano.

Artigo 39. Relacións e medidas de coordinación entre a planificación portuaria e os instrumentos de or-denación territorial e de planeamento urbanístico.

1. Os plans directores de infraestruturas e os instrumentos de delimitación dos espazos e dos usosdos portos prevalecerán e serán vinculantes sobre a ordenación urbanística en aspectos relativosá protección do dominio público portuario, á localización de infraestruturas, aos accesos a sistemasde comunicacións, á localización de radicacións e á distribución dos usos.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64984

Page 53: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. A aprobación dos plans especiais de ordenación dos portos implicará, se for o caso, a necesidadede revisión ou de modificación dos instrumentos de planeamento urbanístico municipal co fin deintegrar as determinacións do planeamento sectorial portuario no planeamento urbanístico mu-nicipal.

3. A revisión ou modificación dos instrumentos de ordenación urbanística municipal deberana efec-tuar os concellos con ocasión da primeira revisión ou modificación do instrumento de planeamentourbanístico que tramiten, e, en todo caso, no prazo máximo dun ano desde a aprobación dos ins-trumentos de planificación portuaria.

4. Nos concellos sen planeamento urbanístico xeral a aprobación dos instrumentos de planificaciónportuaria sinalados comportará a obriga de inclusión das súas determinacións nos instrumentosde planeamento urbanístico que se aproben con posterioridade.

5. Sen prexuízo de que os instrumentos de planeamento xeral deban adaptarse aos plans especiaisde ordenación dos portos, estes poderán prever o réxime de ordenación que se aplicará mentresnon se produza a adaptación.

6. Os plans especiais de ordenación dos portos poderán introducir aquelas modificacións ou mati-zacións estritamente derivadas da natureza e finalidade do plan especial e necesarias para o cum-primento dos seus fins, sen que en ningún caso este poida substituír o planeamento xeral na súafunción de instrumento de ordenación integral do territorio.

7. A aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación territorial e de planifi-cación urbanística que incidan directamente sobre os portos e as instalacións portuarias reguladasnesta lei requiren o informe a Portos de Galicia, sen prexuízo dos demais informes que deban seremitidos, de conformidade coa normativa sectorial aplicable.

8. Para os efectos de dar cumprimento ao mandato establecido no punto anterior, ao mesmotempo que o trámite de información pública, solicitarase informe a Portos de Galicia, que deberáemitirse nun prazo de tres meses, e que terá carácter vinculante no que respecta á ordenación dazona de servizo dos portos nos aspectos relacionados coa súa competencia. De non se emitir o in-forme neste prazo entenderase favorable.

CAPÍTULO IIIProxectos e obras

Artigo 40. Execución de obras e instalacións

1. As obras e as instalacións de carácter permanente que leven a cabo no dominio público portuarioa administración pública e os particulares debidamente autorizados por esta deberán adaptarseao plan especial de ordenación portuaria. Para a constatación deste requisito han someterse aoinforme da Administración urbanística competente, que se entenderá emitido en sentido favorablede transcorrer un mes desde a recepción da documentación sen que se emitise expresamente.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64985

Page 54: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. En ausencia dun plan especial aprobado con carácter definitivo, unicamente poderán realizarseobras de carácter permanente acordes cos usos portuarios e complementarios previstos no artigo54. Neste caso, o informe da Administración urbanística versará sobre a acomodación das obrasao ordenamento urbanístico municipal xeral vixente e, en última instancia, ás normas urbanísticasxerais de aplicación directa.

3. Os proxectos someteranse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental cando así oexixa a lexislación específica vixente.

4. Poderanse realizar obras de dragaxe e de recheo na zona de servizo dos portos exclusivamentecon materiais de orixe terrestre ou marítima que pola súa natureza, disposición final ou illamentoprotector non dean orixe a procesos de contaminación que superen os niveis exixibles pola nor-mativa vixente aplicable á calidade das augas marítimas.

5. As obras de dragaxe axustaranse ao previsto nesta lei. As obras de recheo e as de dragaxe nodominio público portuario requirirán a autorización da entidade pública empresarial Portos de Ga-licia.

6. As obras e as instalacións portuarias acordes cos usos portuarios que realice a Administraciónportuaria directamente non estarán sometidas aos actos de control preventivo municipal, por cons-tituíren obras públicas de interese xeral portuario.

7. As restantes obras que non se inclúan dentro das definidas no anterior punto deberán obter aoportuna licenza municipal, agás o réxime de comunicación previa.

8. As obras de interese xeral portuario que promova a Administración portuaria non poderán, enningún caso, ser suspendidas polas administracións urbanísticas competentes se se axustan aoplaneamento urbanístico e ás normas deste capítulo.

9. As obras que se executen sobre o leito do mar territorial ou nas augas interiores non estarán so-metidas aos actos de control preventivo municipal.

Artigo 41. Construción de novos portos ou instalacións marítimas

1. A construción dun novo porto ou dunha instalación marítima de competencia autonómica exixiráa aprobación previa do proxecto e os estudos complementarios pola entidade pública empresarialPortos de Galicia, que deberá observar o establecido no plan director de infraestruturas, de estaro proxecto integrado neste.

2. Os ditos proxectos someteranse á avaliación do impacto ambiental cando isto sexa exixible enaplicación da lexislación específica, así como ao informe das consellarías da Administración xeralda Comunidade Autónoma de Galicia con competencias concorrentes nos portos.

3. Pediranse os informes da Administración xeral do Estado en canto ás materias da súa compe-tencia que se poidan ver afectadas.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64986

Page 55: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4. Solicitarase da Administración xeral do Estado a oportuna adscrición de dominio público marí-timo-terrestre conforme a lexislación aplicable.

5. Con carácter previo á aprobación dos proxectos, deberase solicitar informe dos concellos afec-tados, co fin de que formulen cantas observacións consideren convenientes sobre os aspectos dasúa competencia.

6. Agás que a normativa sectorial aplicable dispoña o contrario, calquera dos informes da Adminis-tración autonómica ou da local entenderase favorable de transcorreren dous meses desde a re-cepción da documentación sen que se emitise de forma expresa.

Artigo 42. Utilidade pública e necesidade de ocupación

1. A aprobación dos proxectos levará implícita a declaración de utilidade pública e a necesidade deocupación dos bens e de adquisición dos dereitos para os efectos da ocupación temporal ou ex-propiación forzosa dos bens ou dereitos afectados polo obxecto daqueles. Para estes efectos, oproxecto comprenderá a relación completa e individualizada dos bens e dos dereitos que non for-man parte do dominio público portuario e que se considera necesario adquirir ou ocupar para oexecutar, coa descrición material deles.

2. Así mesmo, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación referiranse taménaos bens e dereitos comprendidos na implantación do proxecto e nas modificacións de obras quepoida aprobar posteriormente a autoridade competente, cos mesmos requisitos sinalados nopunto anterior.

Artigo 43. Obras que afectan a zona de servizo dos portos

1. As obras de edificación ou urbanización que se executen en superficies lindeiras coa zona deservizo dun porto ou dunha instalación marítima, que teñan incidencia directa por precisar aocupación permanente ou temporal de superficie incluída nela, non poderán ser autorizadaspolas administracións públicas competentes sen que se solicite previamente informe a Portosde Galicia.

2. Este informe ten carácter vinculante no que se refire aos aspectos relacionados coa proteccióndo dominio público portuario e coa viabilidade das actividades portuarias, e deberá ser emitido noprazo máximo dun mes. O informe entenderase favorable no caso de non se emitir no prazo antessinalado.

3. Cando a ocupación teña as circunstancias previstas no artigo 56.2, exixirase o outorgamento dacorrespondente autorización ou concesión.

4. Con carácter xeral, e agás causa xustificada apreciada por Portos de Galicia, os terreos estremei-ros coa zona de servizo dos portos e das instalacións marítimas deberán contar con acceso rodadoe peonil alleo á zona de servizo do porto ou da instalación marítima.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64987

Page 56: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

CAPÍTULO IVDo ambiente e da seguridade

Artigo 44. Desenvolvemento sustentable

1. A actividade portuaria e mais a ampliación ou modificación dos portos existentes realizaranseconforme os principios de preservación dos valores culturais, patrimoniais, paisaxísticos, ambientaise etnográficos dos espazos portuarios, coa adopción das medidas adecuadas para a protecciónambiental do dominio público portuario.

2. Dentro da explotación sustentable dos portos, promoveranse as instalacións para prestar servi-zos ou realizar actividades que incorporen tecnoloxías e sistemas sustentables como enerxías al-ternativas, sistemas de eficiencia nos consumos e de tratamento de residuos.

Artigo 45. Prevención e loita contra a contaminación no dominio público portuario

1. Prohíbese a vertedura de efluentes líquidos e a vertedura e o abandono de residuos no dominiopúblico portuario. As emisións á atmosfera realizaranse coas limitacións e cos controis establecidosna lexislación sectorial.

Os que realizasen, aínda accidentalmente, as referidas verteduras serán responsables de cantoscustos exixa a plena rexeneración das augas e a posible descontaminación dos solos que esteandentro da zona de dominio público portuario, ademais das sancións que procedan. No caso de ver-teduras non autorizadas, Portos de Galicia ordenará a quen resulte responsable a recollida e lim-peza dos terreos e das augas afectadas. No caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá áexecución subsidiaria a cargo das persoas responsables, sen prexuízo das sancións que puiderenderivar polo incumprimento da normativa ambiental.

A utilización de materiais naturais procedentes das escavacións poderá ser realizada nas condiciónsque estableza a normativa ambiental.

2. As instalacións radicadas no dominio público portuario nas que se desenvolva calquera tipo deactividades comerciais, industriais ou de servizos deberán contar con medios abondos para a pre-vención e loita contra a contaminación accidental, mariña, atmosférica e terrestre, e as persoas ti-tulares das concesións ou autorizacións executarán ao seu cargo as medidas protectoras ecorrectoras que resulten necesarias en cada momento, de acordo co establecido na normativa deaplicación, nos pregos reguladores dos servizos portuarios especiais, nos pregos de condicións xe-rais para o desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbitoportuario e, de ser o caso, nas condicións particulares que se establezan. A dispoñibilidade destesmedios será exixida pola entidade pública empresarial Portos de Galicia.

As ditas instalacións, cando o exixa a normativa de aplicación, deberán contar cun plan interior ma-rítimo de continxencias por contaminación mariña accidental, que será tido en conta pola entidadepública empresarial Portos de Galicia para a elaboración do seu propio plan interior marítimo doporto.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64988

Page 57: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Para os efectos do previsto nos parágrafos anteriores, a persoa titular da correspondente autori-zación ou concesión deberá permitir a práctica dos controis e as inspeccións que realice o órganoadministrativo competente.

3. Portos de Galicia colaborará coas administracións competentes na prevención e no control dasemerxencias por contaminación accidental na zona de servizo dos portos que xestione.

4. Todas as verteduras desde terra ao mar requirirán autorización da administración competente,sen prexuízo da autorización ou concesión de ocupación do dominio público portuario que, de sero caso, outorgará Portos de Galicia.

5. O disposto neste artigo procederá sen prexuízo da aplicación, cando se dean os supostos, do es-tablecido na Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.

Artigo 46. Recepción de refugallos e residuos procedentes de buques

1. Os refugallos xerados polos buques deberanse descargar á terra, e para tal efecto hase solicitaro servizo de recepción de refugallos xerados por buques regulado nesta lei.

2. As refinarías de petróleo, as factorías químicas e petroquímicas, as instalacións para o almace-namento e distribución de produtos químicos e petroquímicos, as instalacións para o abastece-mento de combustibles líquidos que posúan terminais de carga ou descarga de hidrocarburos enzonas portuarias, así como os estaleiros e as instalacións de reparación naval deberán dispoñer,nas proximidades das terminais e dos peiraos, de instalacións de recollida de residuos petrolíferose químicos e de augas de sentinas e de almacenamento destes residuos debidamente autorizadas,de instalacións para a limpeza de aceites, de graxas e doutros produtos contaminantes, ademaisdos medios necesarios para prever e combater os derramamentos e para a prevención e loita con-tra a contaminación accidental terrestre e mariña.

Portos de Galicia exixirá a dispoñibilidade destas instalacións e medios para autorizar o funciona-mento das instalacións portuarias incluídas no parágrafo anterior, sen prexuízo das autorizaciónsque sexan exixibles por outras administracións.

3. No suposto de buques que non teñan como destino algunha das instalacións referidas no puntoanterior, corresponderá ás empresas que efectúen as operacións de carga ou descarga do buquegarantir a recepción dos residuos de carga procedentes del, se os houber, así como dos que se en-contren nas zonas de tránsito e manobra, evitando e combatendo, se é o caso, os derramamentosaccidentais.

Artigo 47. Obras de dragaxe

1. Toda execución de obras de dragaxe ou a vertedura dos produtos de dragaxe no dominio públicoportuario suxeito ao ámbito de aplicación desta lei requirirá autorización previa de Portos de Galiciasobre a base do correspondente proxecto técnico.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64989

Page 58: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Consonte o disposto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante, cando as obras dedragaxe ou a vertedura dos produtos de dragaxe poidan afectar a seguridade da navegación nazona portuaria, particularmente nas canles de acceso e nas zonas de ancoraxe e manobra, exixiraseinforme previo e favorable da Administración marítima.

2. Os proxectos de dragaxe incluirán un estudo da xestión dos produtos da dragaxe, e en particulara localización da zona ou das zonas de vertedura e o seu tratamento.

Respecto da dragaxe portuaria, incorporarase ao proxecto, cando proceda, un estudo sobre a po-sible localización de restos arqueolóxicos, que se someterá a informe da consellaría con compe-tencias na materia.

3. As obras de dragaxe que se executen fóra do dominio público portuario para recheos portuariosrequirirán autorización da correspondente demarcación ou do servizo periférico de Costas.

Así mesmo, a vertedura fóra das augas da zona de servizo do porto dos produtos das dragaxesportuarias deberá ser autorizada pola Administración marítima, logo do informe da demarcaciónou do servizo periférico de Costas.

4. Os proxectos de dragaxe incluirán un estudo da xestión dos produtos da dragaxe, e en particulara localización da zona ou das zonas de vertedura e o seu tratamento.

Respecto da dragaxe portuaria, incorporarase ao proxecto, cando cumpra, un estudo sobre a po-sible localización de restos arqueolóxicos, que se someterá a informe da Administración compe-tente en materia de arqueoloxía.

Cando a dragaxe se execute fóra da zona I ou interior das augas portuarias, incluirase, ademais, unestudo de avaliación dos seus efectos sobre a dinámica litoral e a biosfera mariña, que se someteráa informe das administracións competentes en materia de pesca e ambiente con carácter previo ásúa autorización.

En relación coas verteduras procedentes das obras de dragaxe, deberán efectuarse os estudos ouas análises necesarias que permitan valorar os efectos da actuación sobre a sedimentoloxía litorale a biosfera submarina, así como, se é o caso, a capacidade contaminante das verteduras, e some-teranse a informe das administracións competentes en materia de ambiente e de pesca.

A autoridade portuaria remitirá á Administración marítima os datos das cantidades vertidas do ma-terial da dragaxe e a localización da zona ou das zonas de vertedura, e cando exista risco de que oposible desprazamento do material afecte a navegación marítima remitiranse a aquela os resulta-dos do seguimento da evolución do dito material vertido.

Cando o proxecto de dragaxe se someta, independentemente ou xunto con outros proxectos, aoprocedemento previsto na lexislación sobre avaliación de impacto ambiental, deberán incluírse osestudos mencionados e solicitarse así mesmo os informes da Administración marítima e das ad-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64990

Page 59: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

ministracións competentes en materia de ambiente, pesca e arqueoloxía no curso do devanditoprocedemento.

Artigo 48. Plans de emerxencia e seguridade

1. Portos de Galicia controlará no ámbito portuario o cumprimento da normativa que afecte a ad-misión, a manipulación e o almacenamento de mercadorías perigosas e da normativa que afectea protección do ambiente, así como os sistemas de seguridade, incluídos os que se refiran á pro-tección ante actos antisociais e terroristas, sen prexuízo das competencias que correspondan a ou-tros órganos das administracións públicas, en particular as que posúe a Administración xeral doEstado, a persoa titular da consellaría competente en materia de protección civil e xestión de ur-xencias e a Axencia Galega de Emerxencias, e mais das responsabilidades que nesta materia co-rrespondan ás persoas usuarias do porto.

2. Para os efectos do establecido no punto 1, Portos de Galicia elaborará plans de emerxencia in-terior de acordo co previsto na lexislación vixente aplicable nesta materia.

Así mesmo, Portos de Galicia elaborará, na medida e dentro do ámbito a que estea obrigado poraplicación da normativa sectorial ditada sobre o particular, plans relativos á protección dos buques,os pasaxeiros e as pasaxeiras e as mercadorías contra actos antisociais e terroristas que eventual-mente se poidan producir na zona de servizo dos portos que xestione.

TÍTULO IIIDo dominio público portuario

CAPÍTULO INatureza, extensión e usos do dominio público portuario

Sección 1ª. Extensión e réxime xurídico

Artigo 49. Réxime xurídico e determinación do dominio público portuario

1. Constitúen o dominio público portuario de competencia da Comunidade Autónoma de Galiciaos portos e as instalacións marítimas suxeitos ao ámbito de aplicación desta lei, que se regula polasdisposicións dela, polas disposicións da normativa estatal que resulten aplicables e polas disposi-cións que figuren nas normas regulamentarias de desenvolvemento.

2. As ampliacións dos portos e das instalacións de competencia da Comunidade Autónoma de Ga-licia terán o mesmo réxime xurídico que o porto ou a instalación orixinal, atendendo a natureza eo título dos bens que sustentan a dita ampliación.

3. Pertencen ao dominio público portuario de competencia autonómica:

a) Os terreos, as obras e as instalacións portuarias fixas afectadas ao servizo dos portos de com-petencia autonómica.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64991

Page 60: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

b) Os terreos e as instalacións adquiridos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma deGalicia ou por Portos de Galicia, ou por particulares, cando sexan debidamente afectados ao servizodos portos, e mais os terreos e as instalacións que a consellaría competente en materia de patri-monio afecte ao servizo dos portos, segundo o procedemento previsto na lexislación de patrimonioda Comunidade Autónoma.

c) As obras que a Comunidade Autónoma de Galicia realice sobre o dominio público portuario.

d) As obras construídas e os terreos incorporados polas persoas titulares dunha concesión de do-minio público portuario cando revertan a Portos de Galicia, unha vez extinguida esta de acordo coestablecido no título de outorgamento.

e) As obras e as instalacións de axudas á navegación marítima que se encontren situadas en zonasde servizo dos portos ou das instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma.

f) Os espazos de auga incluídos na zona de servizo dos portos de competencia autonómica.

Artigo 50. Adscrición de espazos do dominio público marítimo-terrestre á Comunidade Autónoma

Nos termos previstos na lexislación estatal, a Administración do Estado realizará a adscrición debens do dominio público marítimo-terrestre á Comunidade Autónoma necesarios para a constru-ción de novos portos de titularidade autonómica ou para a ampliación ou modificación dos exis-tentes. A porción de dominio público adscrita conservará tal cualificación xurídica. E á ComunidadeAutónoma corresponderalle a utilización e xestión dela, nos termos previstos pola dita lexislación.

Sección 2ª. Zona de servizo e usos portuarios

Artigo 51. Delimitación da utilización dos espazos e dos usos portuarios

1. Nos portos e nas instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma de Galiciadelimitarase unha zona de servizo portuaria que estará integrada polos espazos de terra e de auganecesarios para a execución das actividades propias dos portos e das instalacións marítimas, polosespazos destinados a usos complementarios ou non estritamente portuarios e polos espazos dereserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento ou ampliación da actividade portuaria. Adelimitación efectuarase a través da delimitación dos espazos e dos usos portuarios.

2. A superficie de auga incluída na zona de servizo comprenderá as áreas de auga onde se realicenas operacións de carga, descarga e transbordo de mercadorías, embarque e desembarque de pa-saxeiros e pasaxeiras, construción e reparación de buques, atracada e viraxe, as canles de accesoe as zonas de ancoraxe, incluíndo as marxes necesarias para a seguridade marítima, a practicaxee o avituallamento dos buques. Tamén comprenderá os espazos de reserva necesarios para a am-pliación do porto.

O espazo de auga subdividirase en dúas zonas:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64992

Page 61: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) Zona I ou interior das augas portuarias, que comprenderá os espazos de auga incluídos dentrodos diques de abrigo e as zonas necesarias para manobras de atracada e viraxe, onde non existanestes.

b) Zona II ou exterior das augas portuarias, que comprenderá o resto das augas incluídas na zonade servizo.

3. A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, aprobará adelimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto e instalación marítima, na que sedelimitará a zona de servizo correspondente, e que incluirá os usos previstos para cada unha dasdiferentes zonas do porto ou da instalación, así como a xustificación da necesidade ou convenienciade tales usos. A delimitación dos espazos e dos usos portuarios poderá ser aprobada para un sóporto ou para un conxunto de portos, aínda que estean localizados en diferentes termos munici-pais, cando razóns xeográficas, económicas, técnicas ou organizativas así o aconsellen a criterio dePortos de Galicia.

4. A entidade pública empresarial Portos de Galicia redactará e formulará a proposta de delimita-ción dos espazos e dos usos portuarios de cada porto e solicitará informes sobre as materias dasúa competencia ao concello ou aos concellos afectados por razón da súa localización e ás admi-nistracións con competencias sectoriais no ámbito portuario que resulten afectadas.

No suposto de que a delimitación dos espazos e dos usos portuarios inclúa espazos do dominiopúblico marítimo-terrestre que aínda non fosen adscritos á Comunidade Autónoma, solicitaranseos informes previstos na lexislación estatal que regula o procedemento de adscrición.

5. Simultaneamente á solicitude dos informes precedentes, Portos de Galicia someterá a informa-ción pública a delimitación elaborada por un prazo de dous meses, no cal as persoas interesadaspoderán formular alegacións.

6. Tras a conclusión dos trámites de informes e de información pública, Portos de Galicia dará res-posta razoada ás alegacións presentadas e procederá, de ser o caso, a efectuar as modificaciónsda delimitación que sexan oportunas.

7. A proposta de delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto será remitida porPortos de Galicia á consellaría competente en materia de portos para a súa aprobación. Nesta pro-posta incluirase un estudo motivado sobre as razóns da aceptación ou do rexeitamento das consi-deracións recollidas durante a fase de información pública e de informes.

8. A aprobación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto levará implícitaa declaración de utilidade pública para os efectos da expropiación dos bens e dos dereitos e maisdo rescate ou revisión das concesións que requira a actuación portuaria no ámbito da delimitación,así como a afectación ao uso portuario dos bens patrimoniais e demaniais públicos incluídos nazona de servizo que sexan de interese para o porto de acordo co previsto na lexislación aplicable.

Así mesmo, a aprobación da delimitación habilitará para a revogación sen indemnización das au-torizacións que resulten incompatibles con esta, ou ben para acordar a súa adaptación a ela.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64993

Page 62: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 52. Modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto

1. As modificacións da delimitación dos espazos e dos usos portuarios que sexan substanciais so-meteranse ao mesmo procedemento de aprobación que se determina no artigo anterior. Se a mo-dificación non ten carácter substancial será aprobada pola consellaría competente en materia deportos, por proposta de Portos de Galicia, logo da apertura dun trámite de información pública porun prazo de quince días e de informe da Administración urbanística, así como da Administraciónxeral do Estado, de afectar as súas competencias.

Entenderase por modificación non substancial:

a) Aquela producida por razóns de explotación portuaria que non supoña alteración significativadas superficies asignadas a cada uso.

b) Aquela que non implique unha alteración significativa da delimitación interna das zonas en quese divide o porto, para os efectos da asignación dos usos previstos nesta lei.

c) A ampliación dentro da zona de servizo de infraestruturas e outras instalacións portuarias queresulten complementarias das xa existentes e que non supoñan unha alteración significativa dassuperficies asignadas a cada uso.

2. Terán a consideración de alteracións significativas aquelas que supoñan unha variación illada ouacumulada superior ao quince por cento da superficie atribuída a un determinado uso, agás aque-las modificacións que afecten usos non especificamente portuarios, que terán en todo caso carácterde alteracións significativas.

3. Logo de se aprobar a modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios, publicaraseno Diario Oficial de Galicia o texto íntegro do acordo de aprobación.

Artigo 53. Efectos da delimitación dos espazos e dos usos portuarios sobre as concesións e autoriza-cións

1. As concesións e autorizacións no dominio público portuario que resulten incompatibles coas de-terminacións da delimitación dos espazos e dos usos portuarios vixente deberán adaptarse a esta.Para tal efecto, deberase proceder á revisión das súas condicións naqueles extremos que sexa pre-ciso ou, se é o caso, ao rescate da concesión segundo o establecido nesta lei.

2. Mentres non se proceda á revisión das condicións dos títulos demaniais afectados ou, de ser ocaso, ao seu rescate, estes seguirán suxeitos ás condicións de outorgamento sen que se poida con-ceder prórroga do prazo de duración, nin autorizar modificacións ou transmisións da súa titulari-dade ata que se dea cumprimento ao estipulado no punto anterior.

Artigo 54. Actividades, instalacións e construcións permitidas

1. Na zona de servizo portuaria só se poderán levar a cabo actividades, instalacións e construciónsacordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, consonte o establecido nesta lei, na nor-mativa estatal de aplicación e nas normas que a desenvolvan.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64994

Page 63: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. Para tal efecto, teñen a consideración de usos portuarios os seguintes:

a) O uso de infraestrutura básica asignado a diques e vieiros.

b) Os usos comerciais, entre os cales figuran os relacionados co intercambio entre modos de trans-porte, os relativos ao desenvolvemento de servizos portuarios e outras actividades portuarias co-merciais.

c) Os usos pesqueiros.

d) Os usos náutico-deportivos.

e) Os usos complementarios ou auxiliares dos anteriores, incluídos os relativos a actividades loxís-ticas e de almacenaxe e os que correspondan a empresas industriais ou comerciais que xustifiquena localización no porto pola súa relación co tráfico portuario, polo volume dos tráficos marítimosque xeran ou polos servizos que prestan ás persoas usuarias do porto.

e bis) Os usos necesarios para levar a cabo o transporte das persoas usuarias do transporte marí-timo competencia da Comunidade Autónoma.

3. Nos terreos da zona de servizo portuaria que non reúnan as características naturais de bens dedominio público marítimo-terrestre definidos no artigo 3 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas,poderanse admitir outros usos non estritamente portuarios, tales como equipamentos culturais,recreativos, certames feirais, exposicións e outras actividades comerciais e industriais non portua-rias, sempre que resulten compatibles cos usos antes definidos, que non se prexudique global-mente o desenvolvemento futuro do porto e das operacións de tráfico portuario e mais que seaxusten ao establecido no planeamento urbanístico en vigor, así como ao previsto na normativade costas en materia de protección do dominio público marítimo-terrestre adscrito.

Artigo 55. Réxime de prohibicións

1. Están prohibidas aquelas ocupacións e utilizacións do dominio público portuario que se destinena edificacións para residencia ou habitación, a tendido aéreo de liñas eléctricas de alta tensión e apublicidade a través de carteis ou valados, medios acústicos ou audiovisuais. Permitirase a publi-cidade nos termos establecidos na lexislación reguladora de costas.

2. Conforme a normativa de costas, excepcionalmente, e por razóns de utilidade pública debida-mente acreditadas, a consellaría competente en materia de portos, logo da proposta de Portos deGalicia, poderá solicitar do Consello de Ministros que levante a prohibición de instalacións hoteleirasnos espazos de dominio público portuario destinados a usos complementarios, para o que talesusos hoteleiros deberán acomodarse ao plan especial de ordenación do porto. As citadas instala-cións non poderán situarse nos primeiros 20 metros medidos terra adentro a partir do límite inte-rior da ribeira do mar ou do cantil do peirao.

3. Conforme a normativa de costas, cando se aprecien circunstancias excepcionais e de utilidadepública, a consellaría competente en materia de portos, logo da proposta de Portos de Galicia, po-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64995

Page 64: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

derá solicitar dos órganos da Administración xeral do Estado que posúan as competencias sobre amateria autorización para o tendido aéreo de liñas eléctricas de alta tensión.

4. Portos de Galicia poderá autorizar a publicidade exterior para actividades deportivas, sociais eculturais que ocasionalmente se desenvolvan no dominio público portuario nos termos previstosna normativa en materia de costas.

5. Agás que medie a autorización prevista no artigo 30.b), queda prohibido o desenvolvemento deactividades marisqueiras e pesqueiras nas augas interiores do porto constitutivas da zona I.

CAPÍTULO IIUtilización do dominio público portuario

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 56. Utilización do dominio público portuario

1. A utilización do dominio público portuario rexerase polo establecido nesta lei, na súa normativade desenvolvemento e na normativa estatal que resulte aplicable, e estará baseada no principiode desenvolvemento sustentable e respecto á normativa ambiental.

2. A utilización do dominio público portuario para usos que teñan especiais circunstancias de ex-clusividade, intensidade, perigo ou rendibilidade exixirá o outorgamento da correspondente auto-rización ou concesión.

3. Toda utilización do dominio público portuario deberá ser compatible coa planificación existentee congruente cos usos e fins propios deste. Portos de Galicia conserva en todo momento as facul-tades de control e de policía co fin de garantir o uso axeitado do dominio público portuario.

Para estes efectos, a persoa titular dunha autorización ou concesión de ocupación demanial oudunha autorización para o desempeño de actividades comerciais, industriais ou de servizos quedaobrigada a informar das incidencias que se produzan e a cumprir as instrucións que dite Portos deGalicia.

4. As autorizacións e concesións outorgadas ao abeiro desta lei non eximen as persoas titularesdelas de obter os permisos, as licenzas e as demais autorizacións exixidos por outras disposiciónslegais. Porén, a obtención destes con anterioridade á do título administrativo exixible conformeesta lei non presupoñerá, en ningún modo, a obtención deste último, e a súa eficacia queda demo-rada ata o outorgamento do título en cuestión.

5. Cando algún órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou calqueraorganismo ou entidade vinculada ou dependente dela requira a utilización do dominio público por-tuario, solicitará de Portos de Galicia os bens de dominio público necesarios, quen autorizará a ditautilización sempre que sexa compatible coa normal explotación do porto e durante o tempo quesexa preciso, para o que deberá subscribir o correspondente convenio, no que se establecerán as

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64996

Page 65: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

condicións da utilización e incluirán as taxas que, se é o caso, procedan e os custos que debe asumiraquel.

Cando sexa precisa a utilización do dominio público portuario por algún órgano da Administraciónxeral do Estado, polas entidades que integran a Administración local ou por calquera organismoou entidade dependente de calquera delas para a súa dedicación a un uso ou servizo da súa com-petencia, procederase de acordo co establecido no parágrafo anterior.

Sección 2ª. Autorizacións

Artigo 57. Clases de autorizacións

Estarán suxeitas á autorización da entidade pública empresarial Portos de Galicia:

a) A utilización das instalacións portuarias polos buques, a pasaxe e as mercadorías, a prestaciónde servizos portuarios e o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza noámbito portuario, que se rexerá polo establecido nesta lei, na lexislación de taxas, prezos e exac-cións reguladoras da Comunidade Autónoma, no Regulamento de explotación e policía e, de ser ocaso, nas ordenanzas portuarias.

b) A ocupación do dominio público portuario con bens mobles ou instalacións desmontables, ousen eles, por un prazo non superior a catro anos, que se outorgará de acordo co disposto nestasección.

Artigo 58. Ámbito de aplicación das autorizacións de ocupación do dominio público portuario

1. A ocupación do dominio público portuario por un prazo non superior a catro anos, incluídas asprórrogas, con bens mobles ou instalacións desmontables, ou sen eles, estará suxeita a autoriza-ción.

2. As autorizacións outórganse a título de precario, con suxeición ao correspondente prego de con-dicións xerais que aprobe Portos de Galicia e ás condicións particulares que, se é o caso, se esta-blezan.

3. As autorizacións soamente se poderán outorgar para instalacións, usos e actividades permitidasno dominio público portuario e que se adapten ás determinacións establecidas no plan especialde ordenación do porto ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios.

4. As autorizacións outorgaranse con carácter persoal e intransferible inter vivos, agás as de ocupa-ción do dominio público que constitúan soporte dunha autorización de verteduras de terra ao mar.

Artigo 59. Iniciación do procedemento de outorgamento

O procedemento para o outorgamento das autorizacións previstas nesta sección poderase iniciarpor solicitude da persoa interesada ou mediante a convocatoria do concurso en réxime de conco-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64997

Page 66: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

rrencia. Sempre que por calquera causa se encontre limitado o número de autorizacións, acudiraseá convocatoria dun concurso para o efecto.

Artigo 60. Requisitos da solicitude

1. Para que Portos de Galicia resolva sobre o outorgamento dunha autorización de ocupación dodominio público portuario, a persoa interesada deberá formular unha solicitude acompañada daseguinte documentación:

a) Os documentos que acrediten a personalidade e representación da persoa solicitante ou, de sero caso, das partícipes na comunidade ou entidade sen personalidade xurídica.

b) A descrición detallada da actividade que se vai desenvolver, incluído un estudo económico-fi-nanceiro dela, e os datos relativos á prevención de riscos exixible para a actividade de que se trata.

c) De ser o caso, a memoria técnica dos bens ou das instalacións obxecto da autorización, con pla-nos detallados das súas características.

d) A definición da extensión da zona de dominio público portuario que se solicita ocupar, con indi-cación, se é o caso, da radicación dos bens e das instalacións que se van executar. Incluiranse osplanos de conxunto e de detalle necesarios para a determinación precisa destes extremos.

e) O prazo de ocupación pretendido.

f) Os xustificantes que acrediten que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributariase da Seguridade Social.

Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa SeguridadeSocial cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica de contratos do sector pú-blico.

g) Adicionalmente, Portos de Galicia poderá solicitar calquera outro documento ou xustificaciónque considere necesario para resolver fundadamente sobre a solicitude presentada. En aplicacióndo artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das admi-nistracións públicas, as persoas interesadas non terán a obriga de achegar documentos elaboradosou que xa consten en poder da administración.

2. Non poderán ser, en ningún caso, titulares de autorizacións as persoas nas que concorra algunhadas prohibicións de contratar previstas na lexislación básica de contratos do sector público.

Cando posteriormente ao outorgamento da autorización a persoa titular incorra nalgunha das pro-hibicións de contratar producirase a extinción da autorización.

3. Non se admitirán as solicitudes que se opoñan de maneira notoria ao disposto no plan directorde infraestruturas, no plan especial de ordenación do porto, na delimitación dos espazos e dos

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64998

Page 67: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

usos portuarios ou na normativa vixente, que se arquivarán no prazo máximo de dous meses senmáis trámite que a audiencia previa á persoa solicitante.

4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos e estes son susceptibles de emenda, procederasepara isto na forma prevista na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 61. Procedemento de outorgamento

1. Portos de Galicia examinará a documentación presentada e determinará a súa adecuación e via-bilidade.

2. Solicitaranse informes doutras administracións e organismos cando estes sexan preceptivos oucando se considere conveniente.

3. Logo do informe dos servizos técnicos competentes e da audiencia da persoa interesada candoproceda, corresponde á persoa titular da Dirección de Portos de Galicia, no caso das autorizaciónscun prazo de vixencia superior a dous anos, e á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia,nos restantes casos, o outorgamento ou a denegación da autorización, con carácter discrecional esen prexuízo da oportuna motivación consistente nunha ponderación da idoneidade da solicitude.

4. O prazo máximo para resolver o expediente será de tres meses. Transcorrido este sen que se di-tase e notificase unha resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada.

Artigo 62. Concursos

1. Portos de Galicia poderá convocar concursos para o outorgamento de autorizacións de ocupacióndo dominio público portuario. Sempre que por calquera causa se encontre limitado o número deautorizacións, a convocatoria de concursos para o outorgamento de autorizacións será preceptiva.

2. Portos de Galicia aprobará o prego de bases que rexerá o concurso, que fixará os requisitos departicipación, os criterios de adxudicación e a ponderación destes, e mais o prego de condiciónspolas que ha rexerse a autorización.

3. A convocatoria do concurso publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a el poderanse presentarofertas no prazo establecido, que non pode ser inferior a vinte días naturais. Estas ofertas seránabertas en acto público consonte o establecido no prego de bases do concurso.

4. O concurso resolverao o órgano competente para o outorgamento da autorización.

5. A oferta seleccionada deberase someter á tramitación prevista no artigo anterior para o outor-gamento da correspondente autorización.

Artigo 63. Condicións do outorgamento

A autorización deberá conter, polo menos, as seguintes condicións:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

64999

Page 68: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) O obxecto da autorización.

b) As instalacións autorizadas e o prazo de execución destas.

c) O prazo da autorización.

d) A extensión e a zona de dominio público que se autoriza ocupar.

e) As condicións de protección do ambiente e de prevención de riscos que, se é o caso, procedan.

f) De ser o caso, as condicións especiais que deban establecerse nas autorizacións que se outorguennos espazos afectos a axudas á navegación, entre as cales han figurar, polo menos, aquelas quegarantan a eficacia do servizo, os accesos e as medidas de seguridade.

g) De ser o caso, o balizamento marítimo que deba establecerse.

h) As taxas pola ocupación do dominio público portuario.

i) De ser o caso, as garantías que se deben constituír de acordo co previsto no artigo 84.

j) As causas de caducidade conforme o previsto nesta lei.

k) As outras condicións que sexan pertinentes.

Artigo 64. Prórroga das autorizacións

1. As autorizacións que se outorguen por un prazo inferior a catro anos poderán ser expresamenteprorrogadas, agás que no propio título se estableza expresamente o contrario, sempre que se cum-pran os seguintes requisitos:

a) Que a suma do prazo inicial unido ao da prórroga ou das prórrogas non exceda do prazo máximode catro anos.

b) Que a persoa titular estea ao corrente no cumprimento da totalidade das obrigas derivadas daautorización.

2. O outorgamento ou a denegación da prórroga corresponderá á persoa titular da Presidencia dePortos de Galicia.

Sección 3ª. Concesións

Artigo 65. Ámbito de aplicación

1. A ocupación de bens de dominio público portuario con obras ou instalacións non desmontablesou usos por prazo superior a catro anos estará suxeita á concesión previa outorgada pola entidadepública empresarial Portos de Galicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65000

Page 69: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. As concesións só se poderán outorgar para obras, instalacións ou usos que non sexan incompa-tibles cos usos portuarios e que non se opoñan ás determinacións establecidas no plan especialde ordenación ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios e, de ser ocaso, no plan director de infraestruturas, e someteranse ao correspondente prego de condiciónsxerais para o outorgamento de concesións demaniais que aprobe Portos de Galicia e ás condiciónsparticulares que, se é o caso, se establezan.

3. Toda concesión se entende outorgada sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitospreexistentes.

4. Para o outorgamento dunha concesión será preciso que Portos de Galicia teña á súa disposiciónos terreos e espazos de auga obxecto dela, agás naqueles supostos en que, próxima a data de ex-tinción dunha concesión, se tramite o outorgamento dunha nova sobre os mesmos terreos e es-pazos de auga, ou cando sexa precisa a execución de obras por Portos de Galicia ou por outraadministración previa á posta á disposición. Nestes supostos, o termo inicial da concesión coincidirácoa data efectiva da posta á disposición dos terreos. Non obstante, agás causa xustificada, non po-derán transcorrer máis de dous anos desde o acordo de outorgamento da concesión ata a efectivaposta á disposición dos terreos.

5. As concesións de ocupación demanial que sexan soporte para o exercicio de actividades comer-ciais, industriais e de servizos incorporarán no seu título, ademais das condicións relativas á ocu-pación de dominio público portuario, as relativas á actividade comercial, industrial ou de prestacióndo servizo. Neste caso, ambas as relacións serán obxecto dun expediente único e a súa eficaciaquedará vinculada reciprocamente.

Artigo 66. Prazo das concesións

1. O prazo das concesións será o que se determine no título correspondente e non poderá ser su-perior a cincuenta anos. De conformidade coa normativa estatal en materia de costas, en todocaso, o prazo das concesións que se outorguen nos bens adscritos, incluídas as prórrogas, non po-derá ser superior ao prazo máximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesiónssobre dominio público portuario nos portos de interese xeral e estará condicionado ao mantementoda adscrición.

Para a súa fixación teranse en conta, entre outros, os seguintes criterios:

a) A vinculación do obxecto da concesión á actividade portuaria.

b) A dispoñibilidade de espazo de dominio público portuario.

c) O volume do investimento que se vai amortizar e o estudo económico-financeiro.

d) O prazo de execución das obras contidas no proxecto.

e) A adecuación da concesión á planificación e á xestión portuarias.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65002

Page 70: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

f) O interese estratéxico para o incremento da actividade que xere para o porto.

g) A vida útil do investimento que vai realizar o concesionario.

Estes criterios poderán desenvolverse e concretarse, para o caso de determinados tipos de usos,mediante normas regulamentarias.

2. O vencemento do prazo das concesións será improrrogable, agás nos seguintes supostos:

a) Cando no título de outorgamento se prevexa expresamente a posibilidade dunha ou varias pró-rrogas, caso este no que, por petición da persoa titular e a xuízo de Portos de Galicia, poderá serprorrogado, sen que o prazo inicial unido ao das prorrogas poida superar o prazo máximo de cin-cuenta anos.

b) Cando no título de outorgamento non se prevexa a posibilidade de prórroga, pero o concesio-nario leve a cabo un investimento relevante non previsto na concesión que, a xuízo de Portos deGalicia, sexa de interese para a explotación portuaria e que, en todo caso, sexa superior ao dez porcento do valor actualizado do investimento previsto no título concesional, sen que o prazo inicialunido ao das prórrogas poida superar o prazo máximo de cincuenta anos.

En calquera dos dous supostos, a suma dos prazos das prórrogas non poderá ser superior á metadedo prazo inicial, e requirirase que transcorrese, cando menos, unha terceira parte do prazo da con-cesión inicial e que o concesionario se atope ao corrente no cumprimento da totalidade das obrigasderivadas do título concesional.

3. As concesións administrativas que non se adapten á delimitación dos espazos e dos usos por-tuarios non serán prorrogables e extinguiranse cando remate o prazo inicial previsto no título ou,se é o caso, o da prórroga que estea iniciada no momento de se declarar a súa falta de adaptacióna esa delimitación.

4. Naqueles casos en que exista unha vinculación recíproca entre a concesión de ocupación e a au-torización de actividade comercial, industrial ou de prestación de servizo, o vencemento do prazoda concesión de ocupación demanial deberá coincidir co da autorización da actividade ou do ser-vizo.

5. O outorgamento da prórroga poderá determinar a modificación das condicións da concesiónadministrativa, en particular coa adaptación das taxas á normativa vixente, que deberán ser expre-samente aceptadas polo concesionario con anterioridade á resolución do outorgamento da pró-rroga, ben que non implicará a reversión das instalacións e da superficie ocupada pola concesión.

Artigo 67. Iniciación do procedemento de outorgamento de concesións

1. O procedemento de outorgamento dunha concesión poderase iniciar por solicitude da persoainteresada, incluíndo un trámite de competencia de proxectos, ou por concurso convocado para oefecto pola entidade pública empresarial Portos de Galicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65003

Page 71: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. Malia o previsto no punto anterior, Portos de Galicia poderá acordar o outorgamento directo deconcesións a unha persoa solicitante nos seguintes supostos:

a) Cando quen a solicita sexa un órgano ou unha entidade de calquera administración pública para ocumprimento dos fins da súa competencia, sempre que se trate de usos ou actividades que pola súarelación directa coa actividade portuaria deban desenvolverse necesariamente dentro dese espazo.

b) Cando fose declarado deserto o concurso convocado para o outorgamento dunha concesión oueste resultase falido como consecuencia do incumprimento das obrigas previas á formalización dooutorgamento por parte da persoa adxudicataria, sempre que non transcorrese máis dun anodesde a data da súa realización, o obxecto concesional sexa o mesmo e as condicións de outorga-mento non sexan inferiores ás anunciadas para o concurso ou daquelas nas que se producise aadxudicación. No caso de que o concurso resultase falido, cando exista máis dun licitador no con-curso que cumpra as condicións de outorgamento, a concesión outorgarase á oferta que resultemáis favorable de entre as restantes, de acordo co disposto no prego de bases do concurso. Nocaso de que o concurso fose declarado deserto, non se poderá outorgar a concesión en condiciónsmáis favorables das previstas no prego de bases do concurso.

c) Cando a superficie que vaia ocupar a concesión sexa inferior a 2.500 metros cadrados ou parainstalacións lineais, tales como tubaxes de abastecemento, saneamento, emisarios submarinos,liñas telefónicas ou eléctricas e conducións de gas, entre outras.

Artigo 68. Requisitos da solicitude

1. Para que a entidade pública empresarial Portos de Galicia resolva sobre o outorgamento dunhaconcesión de ocupación do dominio público portuario, a persoa interesada deberá formular unhasolicitude á que se xuntarán os seguintes documentos e xustificantes:

a) A documentación que acredite a personalidade ou representación da persoa solicitante ou, se éo caso, das partícipes na comunidade ou entidade sen personalidade xurídica.

b) Os comprobantes que acrediten que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributa-rias e da Seguridade Social.

Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa SeguridadeSocial cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica de contratos do sector pú-blico.

c) A documentación que acredite a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ásobrigas resultantes da concesión, de acordo co disposto na lexislación básica de contratos do sectorpúblico sobre os medios de acreditación destas solvencias.

d) O proxecto básico, que non se poderá opoñer ao plan especial de ordenación da zona de servizodo porto ou, no seu defecto, á delimitación dos espazos e dos usos portuarios. Este incluirá a des-crición das actividades que se van desenvolver, as características das obras e instalacións que se

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65004

Page 72: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

van realizar, os posibles efectos ambientais e, se é o caso, o estudo de impacto ambiental, a exten-sión da zona de dominio público portuario que se vai ocupar, o orzamento estimado total das obrase instalacións e mais aquelas outras especificacións que determine Portos de Galicia. No caso deoutorgamento da concesión, o concesionario deberá presentar, no prazo que se lle indique nascondicións da concesión, o proxecto de execución correspondente.

e) O estudio económico-financeiro da actividade que se vai desenvolver na concesión, co contidomínimo seguinte:

1º) A relación de ingresos estimados para cada ano do prazo concesional, coas tarifas que debeaboar o público e, se é o caso, a descomposición dos seus factores constitutivos como base parafuturas revisións.

2º) A relación de gastos para cada ano do prazo concesional, na cal se incluirán os de proxectos eobras e os das taxas portuarias e mais outros tributos por satisfacer, así como os de conservación,consumos enerxéticos, de persoal e restantes necesarios para a explotación.

3º) A avaliación da rendibilidade neta, antes de impostos.

f) O comprobante, de ser o caso, do cumprimento das condicións específicas para o exercicio daactividade obxecto da concesión.

g) A garantía provisional consonte o indicado no artigo 83.

En aplicación do artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativocomún das administracións públicas, as persoas interesadas non terán a obriga de achegar docu-mentos elaborados ou que xa consten en poder da administración.

2. Non poderán ser, en ningún caso, titulares de concesións as persoas nas que concorra algunhadas prohibicións de contratar previstas na lexislación básica de contratos do sector público.

Cando, posteriormente ao outorgamento da concesión, a persoa titular incorra nalgunha das pro-hibicións de contratar producirase a extinción da concesión.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos e estes son susceptibles de emenda, procederasepara isto na forma prevista na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.

4. As solicitudes que, a xuízo de Portos de Galicia, non sexan viables tecnicamente de modo mani-festo ou se opoñan de forma clara aos usos portuarios e ao disposto no plan especial, no plan di-rector, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios ou na normativa vixente, ou cando comoconsecuencia do seu outorgamento poidan orixinarse dentro do porto situacións de dominio domercado susceptibles de afectaren a libre competencia na prestación dos servizos portuarios ouna prestación de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza directamente relacionadascoa actividade portuaria, non serán admitidas e arquivaranse no prazo máximo de dous meses senmáis trámite que a audiencia previa á persoa peticionaria.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65005

Page 73: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 69. Procedemento de outorgamento

1. Ao se presentar unha solicitude de concesión, a entidade pública empresarial Portos de Galiciaprocederá á confrontación do proxecto co fin de determinar a súa adecuación e viabilidade.

2. Para continuar coa tramitación, a entidade pública empresarial Portos de Galicia abrirá trámitede información pública no Diario Oficial de Galicia durante un prazo non inferior a vinte días hábilesco fin de que se poidan presentar alegacións sobre a solicitude de concesión que se tramita. Osgastos do anuncio serán por conta da persoa solicitante.

No trámite de información pública indicarase a posibilidade de que se presente outra ou outrassolicitudes cos requisitos establecidos nesta lei para unha solicitude de concesión, que afecten omesmo espazo demanial solicitado e que, de acordo co que determine a entidade pública empre-sarial Portos de Galicia, teñan o mesmo ou distinto obxecto.

De se presentar outra ou outras solicitudes, Portos de Galicia decidirá se opta por convocar un con-curso ou por seguir a tramitación das distintas solicitudes en competencia de conformidade co pro-cedemento previsto neste artigo e ata que remate a instrución. De optar por seguir unhatramitación en competencia, abrirase un novo trámite de información pública, e os gastos destenovo anuncio correrán por conta das novas persoas solicitantes.

3. Simultaneamente ao trámite de información pública solicitaranse informes ás administraciónspúblicas competentes, e en particular aos concellos e a aqueles órganos da Administración xeraldo Estado ou da Comunidade Autónoma, en función da materia e das competencias implicadaspolo obxecto da concesión.

Poderase prescindir do trámite de información pública para concesións que teñan como obxectoa utilización total ou parcial de edificacións existentes, sempre que non se modifique a súa arqui-tectura exterior e sexa para usos autorizados no plan especial de ordenación da zona de servizodo porto ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios.

O prazo máximo para a emisión dos informes solicitados será dun mes, e respecto dos informesda Administración autonómica e municipal entenderase en sentido favorable de transcorrer o ditoprazo sen que se emitise o informe de forma expresa.

4. O trámite de información pública poderase realizar conxuntamente co concernente ao procede-mento de avaliación de impacto ambiental nos casos en que sexa preceptivo este e de acordo coestablecido na normativa ambiental.

5. Logo de se instruír o procedemento, poñerase de manifesto á persoa ou ás persoas interesadas,para os efectos de que, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince días, poidan alegare presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes.

6. Ao finalizar o anterior trámite, emitirase unha proposta de resolución, na que se analizará a pro-cedencia da solicitude ou das solicitudes de concesión e propoñerán, se é o caso, as condicións

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65006

Page 74: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

particulares que xunto coas recollidas no prego xeral van rexer a concesión. Naqueles proxectosque, de acordo coa lexislación vixente, se deban someter a algún tipo de avaliación de impacto am-biental, a proposta de resolución será posterior ao pronunciamento do órgano ambiental.

7. Cando se tramiten solicitudes en competencia, someteranse todas elas á tramitación indicadanos puntos anteriores, e neste caso a proposta de resolución efectuará unha valoración motivadadas distintas solicitudes atendendo os criterios de maior interese portuario, motivado na captaciónde novos tráficos, compatibilidade con outros usos, investimento, rendibilidade, necesidades daexplotación portuaria e outros criterios que deberán constar expresamente recollidos no anunciocorrespondente ao trámite de información pública. A proposta de resolución seleccionará unhadas solicitudes de acordo coa orde resultante da valoración. No caso de igualdade na valoracióndas solicitudes terase en conta a prioridade na presentación.

8. A proposta de resolución debidamente motivada será remitida á persoa titular da Presidenciade Portos de Galicia para a resolución que proceda.

No caso de que a proposta de resolución sexa favorable ao outorgamento da concesión, comuni-caranse á persoa solicitante as condicións en que podería serlle outorgada aquela, e a persoa in-teresada dispón dun prazo non inferior a dez días nin superior a quince días para manifestar se asacepta. De non facer ningunha manifestación en tal prazo ou non aceptar as condicións ofertadas,declararase concluído o expediente por desistencia da persoa solicitante, e procederase ao seu ar-quivo e a decretar a perda da garantía constituída.

No caso de seren aceptadas as condicións no prazo estipulado, a persoa titular da Presidencia dePortos de Galicia resolverá discrecionalmente sobre o outorgamento da concesión, coa ponderaciónda idoneidade da solicitude.

9. Se como consecuencia do trámite de aceptación das condicións previsto no punto anterior a per-soa titular da Presidencia de Portos de Galicia acorda a modificación dalgunha das condicións ofer-tadas, estas someteranse a nova aceptación nos termos previstos no punto anterior.

10. No caso de tramitación de solicitudes en competencia, se a persoa peticionaria seleccionadadesiste de continuar coa tramitación do expediente con anterioridade a que se emita a resoluciónde outorgamento, poderanse ofrecer condicións a quen figure deseguido na orde de valoracióncontida na da proposta de resolución. Neste caso a persoa peticionaria que desiste non ten o de-reito ao aboamento dos gastos que se mencionan no seguinte punto.

11. No caso de tramitación de solicitudes en competencia, a primeira persoa solicitante terá dereito,de non se lle outorgar a concesión, ao aboamento dos gastos do proxecto, que serán satisfeitospola persoa solicitante seleccionada; neste sentido é necesario constatar este aboamento con ca-rácter previo ao outorgamento do título.

No caso de discrepancia sobre os custos, procederase á súa taxación executiva por Portos de Galicia.

12. Se o concesionario impugna as cláusulas que foron aceptadas por el, a administración estaráfacultada para declarar extinguido o título, agás cando aquelas fosen declaradas ilegais.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65007

Page 75: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

13. Nun prazo non superior a trinta días, contados a partir do seguinte ao da notificación da reso-lución de outorgamento da concesión, deberase remitir ao Diario Oficial de Galicia, para a súa pu-blicación, un anuncio no que se dea conta do dito outorgamento, e que conterá, como mínimo, ainformación relativa ao obxecto, ao prazo, ao investimento que hai que realizar, ás taxas, á super-ficie concedida e á persoa titular da concesión.

14. O prazo máximo para resolver o expediente será de oito meses. Transcorrido este sen que seditase e notificase unha resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada.

Artigo 70. Concursos

1. Portos de Galicia poderá convocar concursos para o outorgamento de concesións no dominiopúblico portuario. En calquera caso, deberá convocarse concurso nos seguintes supostos:

a) Nas concesións que sexan base para a prestación de servizos portuarios especiais cando nesteúltimo caso se limite o número de prestadores.

b) Nas concesións de portos e instalacións náutico-deportivas, construídos ou non por particulares,agás cando quen o solicite sexa un club náutico ou outro deportivo sen fins lucrativos, sempre nestecaso que as condicións da concesión establezan unha limitación do vinte por cento para o númerode atracadas destinadas a embarcacións con eslora superior a 12 metros.

2. Se o concurso se convoca durante a tramitación dunha solicitude de concesión, a convocatoriasupoñerá o arquivo do expediente en tramitación que resulte afectado, e a persoa ou as persoassolicitantes terán dereito ao aboamento dos gastos do proxecto de non resultaren adxudicatariasdo concurso.

Os gastos do proxecto serán taxados nas bases do concurso e serán satisfeitos pola persoa adxu-dicataria.

Cando se estean a tramitar dúas ou máis solicitudes en competencia, só terá dereito ao aboamentodos gastos do proxecto no caso de non ser adxudicataria do concurso a primeira persoa solicitante.

3. A entidade pública empresarial Portos de Galicia aprobará o prego de bases do concurso e oprego de condicións que rexerán o desenvolvemento da concesión.

4. O prego de bases do concurso conterá, cando menos, os seguintes extremos:

a) O obxecto da concesión e os requisitos para participar no concurso.

b) Os criterios para a súa adxudicación e a ponderación destes.

c) As garantías que se deben constituír.

d) O prazo da concesión.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65008

Page 76: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

e) As taxas que hai que satisfacer.

5. A convocatoria do concurso publicarase no Diario Oficial de Galicia, e poderanse presentar ofertasno prazo establecido, que non poderá ser inferior a trinta días naturais. As ofertas serán abertasen acto público.

6. A competencia para resolver o concurso corresponde á persoa titular da Presidencia de Portosde Galicia.

7. A oferta seleccionada deberase someter á tramitación prevista no artigo anterior para o outor-gamento, se é o caso, da correspondente concesión.

8. Cando un concurso sexa declarado deserto ou este resulte falido como consecuencia do incum-primento das súas obrigas por parte do adxudicatario ou da adxudicataria, non será necesario con-vocar un novo concurso, podendo Portos de Galicia tramitar a concesión por instancia duninteresado sempre que non transcorrese máis dun ano desde a data da realización do concurso,que o obxecto concesional sexa o mesmo e que as condicións de outorgamento non sexan inferio-res ás anunciadas para o concurso ou a aquelas en que se producise a adxudicación.

Artigo 71. Condicións do outorgamento

1. Entre as condicións do outorgamento da concesión deberán figurar, polo menos, as seguintes:

a) O obxecto da concesión.

b) O prazo de vixencia e, se é o caso, a posibilidade de prórroga.

c) A extensión e a zona de dominio público que se concede, coa distinción, de ser o caso, dos dis-tintos tipos de superficie.

d) O proxecto básico das obras ou instalacións autorizadas, coas prescricións que se fixen, e coninclusión, no caso de ocupación de espazos de auga, do balizamento que deba establecerse se épreciso.

e) O prazo de inicio e remate das obras.

f) O plan de conservación das instalacións.

g) As condicións de protección do ambiente que, se é o caso, procedan, coa inclusión das necesariasmedidas correctoras e, no caso de que sexan preceptivas, das condicións ou prescricións estableci-das no correspondente pronunciamento da consellaría con competencias en materia de ambiente.

h) As condicións especiais que deban establecerse nas concesións que se outorguen nos espazosafectos ás axudas á navegación, entre as cales deberán figurar, polo menos, as que garantan a efi-cacia do servizo, a independencia de accesos e as medidas de seguridade.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65009

Page 77: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

i) As taxas que correspondan.

j) As garantías que se deben constituír.

k) As causas de extinción.

l) A actividade ou o tráfico mínimo, de ser o caso.

m) As outras condicións que a entidade pública empresarial Portos de Galicia considere procedenteincluír.

2. As obras executaranse conforme o proxecto de construción que en cada caso aprobe Portos deGalicia, que completará o proxecto básico, e que deberá presentar o concesionario no prazo quese lle indique nas condicións da concesión. Os proxectos axustaranse á normativa técnica corres-pondente vixente en cada momento.

3. Durante a vixencia da concesión, a persoa titular dela virá obrigada a facilitar a información téc-nica ou económica que lle solicite Portos de Galicia no exercicio das súas competencias, así comoa manter en bo estado o dominio público portuario, as obras e as instalacións, debendo realizarao seu cargo as reparacións que sexan necesarias. Portos de Galicia poderá inspeccionar en todomomento o estado de conservación dos bens obxecto da concesión e sinalar as reparacións quese deban levar a cabo cando estas afecten a conservación dos bens propios do título concesional.

Artigo 72. Modificación das concesións

1. Portos de Galicia, por solicitude de quen sexa titular da concesión, poderá autorizar a modifica-ción das condicións dunha concesión.

Cando a modificación sexa substancial, a solicitude deberase someter ao procedemento establecidono artigo 69 desta lei para o outorgamento de concesións. Se a modificación non é substancial, re-quirirá unicamente o informe técnico previo da persoa titular da Dirección de Portos de Galicia,que será remitido á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia para a resolución que pro-ceda.

2. Terán o carácter de modificacións substanciais as seguintes:

a) A modificación do obxecto da concesión.

b) A ampliación da superficie da concesión en máis dun quince por cento da fixada na acta de re-coñecemento.

c) A ampliación do volume ou da superficie construída ou da altura máxima en máis dun quincepor cento sobre o proxecto autorizado.

d) A modificación da radicación da concesión.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65010

Page 78: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

e) A ampliación do prazo da concesión cando o título de outorgamento non prevexa a posibilidadede prórroga, de acordo co previsto no artigo 66.2.

No cómputo dos límites establecidos teranse en conta os valores acumulados das modificaciónsanteriores.

Artigo 73. Revisión de concesións

1. Portos de Galicia, de oficio ou por solicitude da persoa interesada, poderá revisar as condiciónsdunha concesión cando se dean as seguintes circunstancias:

a) Cando se alterasen os supostos determinantes do seu outorgamento, de tal xeito que as circuns-tancias obxectivas que serviron de base para o outorgamento da concesión variasen de modo quenon sexa posible alcanzar substancialmente a finalidade da concesión.

b) No caso de forza maior.

c) Cando o exixa a súa adecuación ao plan director, ao plan especial de ordenación da zona de ser-vizo do porto ou á delimitación dos espazos e dos usos portuarios.

d) Cando o exixa a súa adecuación ás obras que se executen no porto, incluídas as obras que afec-ten a propia concesión administrativa.

Nestes dous últimos supostos, o concesionario prexudicado terá dereito á indemnización, calculadaesta de conformidade co disposto no artigo 82. No suposto de que a revisión supoña o cambio daradicación da concesión, deberán aboarse ademais os gastos que orixine o traslado.

2. Cando a revisión da concesión determine a redución da superficie outorgada, tramitarase comoun rescate parcial da concesión. Igualmente, cando a revisión da concesión determine que a con-tinuidade da súa explotación resulta antieconómica, a persoa titular poderá solicitar o rescate totalda concesión.

3. Para os efectos do establecido na alínea b) do punto 1, entenderase como casos de forza maioros previstos na lexislación básica de contratos do sector público.

4. O procedemento será o que corresponda, segundo que a modificación sexa ou non substancial.

Artigo 74. División e unificación das concesións

1. As concesións outorgadas para unha pluralidade de usos, con instalacións separables, serán, sefor o caso, divisibles, logo da autorización de Portos de Galicia e nas condicións que esta entidadedite.

2. A solicitude de división dirixiraa á entidade pública empresarial Portos de Galicia a persoa titularda concesión primitiva e, de ser o caso, tamén aquelas persoas distintas da persoa titular da con-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65011

Page 79: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

cesión administrativa que, de acordo con quen sexa titular desta, estean interesadas en acadar atitularidade das novas concesións.

3. Previamente á resolución sobre a solicitude de división, haberá oferta de condicións á persoa ouás persoas peticionarias, de quen será precisa a súa aceptación para obter a conformidade á peti-ción. O prazo das novas concesións resultantes da división non poderá ser, en ningún caso, superiorao prazo que reste da concesión primitiva.

4. Logo de aceptarse as condicións, a resolución correspondente será ditada discrecionalmentecon ponderación da idoneidade da solicitude pola persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia,co que quedarán, se é o caso, constituídas as novas concesións, que se publicarán nos diarios ofi-ciais correspondentes.

5. No caso de denegación da división, manterase a concesión primitiva nos termos en que foi ou-torgada.

6. Será admisible a unificación de dúas ou máis concesións dunha mesma persoa titular por peti-ción desta, logo da autorización de Portos de Galicia, sempre que se cumpran as seguintes condi-cións:

a) As concesións deben ser contiguas ou estar unidas por unha instalación común.

b) As concesións deben formar unha unidade de explotación.

Para estes efectos, enténdese que existe unidade de explotación cando as concesións desenvolvena mesma actividade e dispoñen de elementos comúns necesarios para a súa correcta explotación,ou cando, desenvolvendo a mesma actividade, a explotación conxunta das concesións supón unhamellora respecto da explotación independente de cada unha delas.

7. Previamente á resolución sobre a solicitude de unificación, haberá oferta de condicións á persoapeticionaria, da que será precisa a súa aceptación para obter a conformidade á petición. O prazoque reste da concesión unificada non será superior ao resultante da media aritmética dos prazospendentes de cada unha das concesións ponderada, a xuízo de Portos de Galicia, por superficie oupor volume de investimento pendente de amortización coa actualización correspondente.

8. Logo de aceptarse as condicións, a resolución correspondente será ditada discrecionalmentecon ponderación da idoneidade da solicitude de unificación pola persoa titular da Presidencia dePortos de Galicia, co que quedará, se é o caso, constituída a nova concesión.

9. No caso de denegación da unificación, manterase cada unha das concesións nos termos en queforon outorgadas.

Artigo 75. Renovación de determinadas concesións

1. Cando unha concesión para ocupación do dominio público portuario sirva de soporte para oexercicio dunha actividade extractiva mineira, enerxética, industrial ou pesqueira amparada por un

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65012

Page 80: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

título administrativo outorgado por outra administración, quen teña a súa titularidade poderá so-licitar, nos tres meses anteriores ao vencemento do prazo para o que foi concedida, que se lle ou-torgue unha nova concesión para ocupación do dominio público portuario por un prazo igual aoque reste de vixencia do referido título administrativo, sen que en ningún caso poida exceder doprazo máximo previsto no artigo 66.1.

2. Para o outorgamento da nova concesión de utilización do dominio público será condición nece-saria que se manteña a mesma actividade para a que se lle outorgou a concesión inicial, que se en-contre o concesionario ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da anterior concesióne que sexan aceptadas as condicións do novo título concesional.

3. A extinción anticipada do título de explotación mineira, enerxética, industrial ou pesqueira im-plicará igualmente a extinción da concesión de utilización do dominio público portuario.

Artigo 76. Actos de transmisión e de gravame das concesións

1. Logo da autorización de Portos de Galicia, as concesións poderán transmitirse por actos intervivos, subrogándose a nova persoa titular nos dereitos e nas obrigas derivados da concesión.

Estas transmisións deberanse formalizar en escritura pública, da que as partes remitirán unha copiaa Portos de Galicia no prazo dun mes desde o seu outorgamento.

2. Portos de Galicia poderá exercer os dereitos de tenteo e retracto no prazo de tres meses. Esteprazo computarase, no primeiro caso, desde a presentación en Portos de Galicia da solicitude detransmisión, na que deberán figurar as condicións coas que se vai proceder a transmitir a concesión,entre as cales necesariamente han reflectirse as relativas ao prezo e á forma de pagamento, e nocaso de retracto, desde que Portos de Galicia teña coñecemento da transmisión.

3. Para que Portos de Galicia autorice a transmisión dunha concesión deberanse cumprir as se-guintes condicións:

a) Que o concesionario se atope ao corrente no cumprimento de todas as obrigas derivadas daconcesión.

b) Que a nova persoa titular reúna todos os requisitos exixidos para o exercicio da actividade ou aprestación do servizo obxecto da concesión.

c) Que desde a data de outorgamento transcorrese, cando menos, un prazo de dous anos. Excep-cionalmente, Portos de Galicia poderá autorizar a transmisión antes de que transcorra o devanditoprazo, sempre que se executase como mínimo un cincuenta por cento das obras que, se é o caso,fosen aprobadas.

d) Que non se orixinen situacións de dominio de mercado susceptibles de afectar a libre compe-tencia dentro do porto na prestación dos servizos portuarios especiais ou nas actividades e nosservizos comerciais directamente relacionados coa actividade portuaria.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65013

Page 81: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4. No caso de falecemento da persoa titular, as persoas sucesoras dela, a título de herdanza ou le-gado, poderán subrogarse nos dereitos e nas obrigas daquela no prazo máximo dun ano desde ofalecemento. Ao transcorrer o dito prazo sen manifestación expresa á entidade pública empresarialPortos de Galicia, entenderase que renuncian á concesión.

A transmisión mortis causa exixirá unha resolución expresa, logo da comprobación do cumprimentopolas persoas sucesoras que pretendan subrogarse dos requisitos exixidos para a prestación doservizo ou para o exercicio da actividade obxecto da concesión. De non cumprir tales requisitos, asnovas persoas titulares da concesión deberán transmitila, no prazo dun ano, a un novo concesio-nario que, para estes efectos, non presente limitación ningunha.

5. Nos supostos de remate xudicial, administrativo ou adxudicación de bens por falla de pago decréditos hipotecarios, o novo concesionario deberá subrogarse nas obrigas derivadas da concesióndo antigo titular, e cando non reúna os requisitos para o exercicio da actividade ou prestación doservizo obxecto da concesión deberá proceder, nun prazo dun ano, á súa transmisión a unha novapersoa titular que cumpra os requisitos exixidos.

Portos de Galicia poderá exercer o dereito de retracto nun prazo de tres meses, que se contarádesde a data en que teña coñecemento expreso dos citados supostos.

6. O alleamento das accións, participacións ou cotas dunha sociedade, comunidade de bens ou ou-tros entes sen personalidade xurídica que teñan como actividade principal a explotación da conce-sión considerarase unha transmisión da concesión, para o que se exixirá a autorización previa dePortos de Galicia, sempre que o cambio de titularidade das accións ou cotas de participacións su-poña unha substitución nos socios ou accionistas membros que o fosen no intre do outorgamentoda concesión nunha porcentaxe igual ou superior ao cincuenta por cento do capital social ou dovalor total das achegas en diñeiro, bens e dereitos, no caso de comunidades de bens ou entes senpersonalidade xurídica, ou cando ese cambio poida supoñer que a persoa adquirente obteña unhaposición que lle permita influír de maneira efectiva na xestión ou no control da dita sociedade oucomunidade.

7. No suposto de que a concesión teña por obxecto a prestación dun servizo portuario en réxime decompetencia ou o desenvolvemento dunha actividade ou servizo comercial directamente relacio-nado coa actividade portuaria, a transmisión non poderá ser autorizada cando a persoa adquirentesexa titular dunha concesión co mesmo obxecto, ou teña unha participación directa ou indirectaque lle permita influír de maneira efectiva nunha sociedade ou comunidade titular dunha concesiónna que o obxecto sexa o mesmo, sempre que teña unha posición dominante na actividade obxectoda concesión dentro do porto ou cando como consecuencia da adquisición a poida adquirir.

Para os efectos desta lei, considérase posuidora dunha posición dominante nun porto ou nunhaactividade deste a persoa física ou xurídica que represente unha cota do mercado superior ao se-senta por cento.

8. Se a sociedade titular cambia de denominación social, estará obrigada a notificalo a Portos deGalicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65014

Page 82: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

9. A constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía sobre as concesións deberá ser previa-mente autorizada por Portos de Galicia.

10. En calquera dos supostos anteriores, a transmisión non será eficaz fronte á administración ataque non teña lugar o recoñecemento e a subrogación expresa por parte da nova ou das novas per-soas titulares no cumprimento das condicións establecidas na concesión.

Artigo 77. Cesión do uso parcial das concesións

1. O título concesional poderá establecer as condicións baixo as que a persoa concesionaria poidaceder a unha terceira persoa o uso parcial da concesión, logo da autorización de Portos de Galicia.

2. Para que Portos de Galicia autorice a cesión do uso parcial dunha concesión, deberanse cumpriras seguintes condicións:

a) Que a persoa concesionaria se atope ao corrente no cumprimento de todas as obrigas derivadasda concesión.

b) Que a persoa cesionaria reúna todos os requisitos exixidos para o exercicio da actividade ou aprestación do servizo para o cal se realiza a cesión.

c) Que non se orixinen situacións de dominio de mercado susceptibles de afectar a libre compe-tencia dentro do porto na prestación dos servizos portuarios especiais ou nas actividades e nosservizos comerciais directamente relacionados coa actividade portuaria.

3. En ningún caso serán autorizadas cesións da persoa cesionaria a favor de terceiras persoas.

Artigo 78. Inscrición no rexistro

As concesións poderán inscribirse no Rexistro da Propiedade. A inscrición e a cancelación da ins-crición levaranse a cabo de acordo co previsto na lexislación hipotecaria.

Artigo 79. Renuncia parcial á concesión

O concesionario poderá renunciar en calquera momento á ocupación da parte do dominio públicoportuario incluída no perímetro da concesión que non resulte necesaria para o seu obxecto, coaconformidade de Portos de Galicia.

Artigo 80. Ocupación temporal e expropiación forzosa de bens e dereitos

1. O outorgamento dunha concesión, sempre que non estea aprobada a delimitación dos espazose dos usos portuarios ou o plan director de infraestruturas no porto ou nos portos de que se trate,poderá implicar a declaración de utilidade pública pola consellaría competente en materia de portospara os efectos da ocupación temporal ou a expropiación forzosa dos bens e dereitos afectadospolo obxecto daquela.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65015

Page 83: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. A necesidade de ocupación temporal ou de expropiación forzosa de bens e dereitos afectadospolo obxecto da concesión poderá ser solicitada en forma xustificada pola persoa peticionaria desta.

3. A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, poderá asímesmo declarar, de oficio e de forma motivada, a necesidade da incorporación, temporal ou per-manente, ao dominio público obxecto da solicitude, de terreos privados estremeiros que non sexanda propiedade da persoa peticionaria.

4. Será a cargo do concesionario o aboamento total do prezo xusto pola expropiación ou a ocupa-ción necesarias para a concesión.

5. Os bens e os dereitos expropiados incorporaranse ao dominio público portuario desde a súa ocu-pación na forma prevista no título concesional, sen que o concesionario estea obrigado ao aboamentodas taxas de ocupación polos terreos expropiados á súa custa para a incorporación á concesión.

Artigo 81. Terreos e obras incorporados polos concesionarios

1. Os terreos e as obras que os concesionarios incorporen para completar a superficie dunha con-cesión de dominio público portuario quedarán vinculados e integraranse na concesión administra-tiva cando así se estableza nas cláusulas da concesión, sen que para estes efectos proceda opagamento das taxas de ocupación polos terreos e as obras que se incorporen.

2. Unha vez extinguida a concesión, a non ser que se estableza outra cousa no título da concesión,os ditos terreos e obras reverterán ao seu propietario ou propietaria sempre que resulten separa-bles das instalacións situadas dentro do dominio público portuario e que este non experimenteningún prexuízo.

Artigo 82. Rescate das concesións

1. No caso de que o dominio público portuario outorgado en concesión sexa necesario, total ouparcialmente, para a execución de obras, para a prestación de servizos portuarios ou para a exe-cución de calquera dos instrumentos aprobados de ordenación portuaria, e para realizar estas ac-tuacións sexa preciso dispoñer dos bens outorgados en concesión ou utilizar ou derruír as obrasautorizadas, non sendo posible a revisión das condicións da concesión, Portos de Galicia, logo daindemnización á persoa titular, poderá proceder ao rescate da concesión.

2. O rescate da concesión exixirá a declaración previa de utilidade pública das obras ou dos servizose o acordo da necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por aqueles.

3. A declaración de utilidade pública e o acordo de necesidade da ocupación, con declaración deurxencia da ocupación, se é o caso, corresponderá ao conselleiro ou á conselleira competente enmateria de portos, por proposta de Portos de Galicia.

4. A utilidade pública e a necesidade de ocupación entenderanse implícitas coa aprobación dosplans directores e da delimitación dos espazos e dos usos portuarios e mais coa aprobación defi-nitiva destes instrumentos.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65016

Page 84: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

5. A utilidade pública e a necesidade de ocupación entenderanse implícitas coa aprobación defini-tiva dos proxectos de obras.

6. Cando o rescate implique a necesidade de ocupación de só unha parte da concesión, de tal xeitoque como consecuencia del resulte antieconómica para o concesionario a explotación da parte nonrescatada, a persoa titular poderá solicitar de Portos de Galicia o seu rescate total.

7. Portos de Galicia e a persoa titular da concesión poderán convir o valor do rescate.

No suposto de non chegar a un acordo, o valor de rescate será fixado por Portos de Galicia de con-formidade cos criterios establecidos no punto 9 deste artigo. Esta valoración será notificada ao con-cesionario co fin de que, no prazo de dez días, presente as alegacións que xulgue oportunas.

8. No caso de oposición pola persoa titular da concesión, pedirase informe previo preceptivo doConsello Consultivo de Galicia, e finalmente resolverá o que proceda o Consello da Xunta.

9. A valoración das concesións para efectos de indemnización, no caso de rescate total ou parcial,atenderá os seguintes conceptos:

a) O valor das obras e instalacións rescatadas que fosen realizadas polo concesionario e estean es-tablecidas no título concesional, calculado sobre a base de criterios de mercado, e o valor da súadepreciación anual.

Estes valores, que serán aprobados por Portos de Galicia, permanecerán constantes durante o pe-ríodo concesional, e a eles non lles será aplicable ningún factor de actualización de custos. En cal-quera caso, non se terán en conta as obras e as instalacións realizadas polo concesionario sen aprevia autorización de Portos de Galicia, que pasarán ao dominio público portuario sen dereito aindemnización, agás que Portos de Galicia ordene o seu levantamento ou demolición á custa doconcesionario.

b) A perda de beneficios imputables ao rescate total ou parcial da concesión durante o período deconcesión restante, cun máximo de tres anualidades, debidamente xustificados coas declaraciónspresentadas para efectos fiscais. Para iso computarase o beneficio medio anual das actividades or-dinarias realizadas na concesión nos catro exercicios anteriores, ou nos dous últimos exercicios deser máis favorable para o concesionario.

10. O pagamento do valor do rescate poderase realizar en diñeiro, mediante o outorgamento dou-tra concesión ou, no caso de rescate parcial, coa modificación das condicións da concesión. Nestesdous últimos supostos requirirase a conformidade do concesionario.

Artigo 83. Garantía provisional e garantía definitiva

1. As persoas peticionarias de concesións de ocupación de dominio público portuario reguladasnesta lei acreditarán perante Portos de Galicia, ao presentaren a solicitude, a constitución dunhagarantía provisional por un importe do dous por cento do orzamento total da execución das obras

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65017

Page 85: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

e instalacións, incluídos os impostos, que pretenden realizar no dominio do que se trate, e, comomínimo, de 1.000 euros.

2. Ao outorgarse a concesión, constituirase a garantía definitiva ou de construción, equivalente aocinco por cento do orzamento total da execución das obras e instalacións, impostos incluídos, queresponderá da execución das obras e do resto das obrigas derivadas da concesión ata a constituciónda garantía de explotación prevista no artigo 84.

3. Se o concesionario non constitúe a garantía definitiva no prazo establecido no título administra-tivo, entenderase que renuncia á concesión.

4. A garantía definitiva poderase constituír, por elección do concesionario, elevando a provisionalao cinco por cento.

5. De o interesado desistir inxustificadamente, a xuízo de Portos de Galicia, da petición ou renunciarao título, perderá a garantía constituída.

6. A garantía definitiva ou de construción será devolta ao concesionario no prazo dun mes, contadodesde a aprobación do recoñecemento das obras e instalacións, agás nos casos de renuncia e ca-ducidade, coa dedución das cantidades que, de ser o caso, deban facerse efectivas en concepto depenalizacións e responsabilidades nas que incorrese o concesionario fronte a Portos de Galicia.

Previamente á devolución desta garantía deberase constituír a garantía de explotación.

Sección 4ª. Disposicións comúns a autorizacións e concesións

Artigo 84. Garantía de explotación

1. A garantía de explotación responderá de todas as obrigas derivadas da concesión, das sanciónsque por incumprimento das condicións desta se poidan impoñer á persoa titular dela e mais dosdanos e perdas que tales incumprimentos poidan ocasionar.

2. A garantía de explotación determinarase en función do importe anual das taxas que debe aboaro concesionario, non podendo ser inferior á metade nin superior ao importe anual destas, e debe-rase actualizar cada cinco anos en función do importe das taxas na data de actualización.

3. A garantía de explotación será devolta á extinción da concesión, con dedución das cantidadesque, de ser o caso, deban facerse efectivas en concepto de penalización ou responsabilidades enque puido incorrer o concesionario fronte a Portos de Galicia, agás nos casos de caducidade, noscales será incautada.

Artigo 85. Disposicións comúns ás garantías

1. As garantías a que se refire esta lei constituiranse á disposición da persoa titular da Presidenciade Portos de Galicia, serán de carácter solidario respecto do obrigado principal, coa inclusión da

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65018

Page 86: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

renuncia expresa aos beneficios de orde, división e excusión, de natureza irrevogable e de execuciónautomática ao primeiro requirimento por resolución da persoa titular da Dirección ou da Presiden-cia. Para facer efectivas estas garantías, Portos de Galicia terá a preferencia prevista na normativade aplicación.

2. Se Portos de Galicia executa total ou parcialmente a garantía definitiva ou a de explotación, oconcesionario ou a persoa titular da autorización estará obrigado a completalas ou repoñelas noprazo dun mes.

Artigo 86. Seguros

Para o outorgamento de autorizacións e concesións Portos de Galicia poderá exixir a contrataciónde pólizas de seguros de responsabilidade civil para a cobertura de riscos que garantan as respon-sabilidades de todo tipo que poidan derivar do exercicio da actividade autorizada. Os criterios paraestablecer os límites das pólizas, en función do tipo de actividade e do risco inherente a esta, apro-baraos o Consello Reitor de Portos de Galicia, por proposta da persoa titular da Presidencia.

A exixencia desta garantía deberá ser proporcionada en termos de risco asegurado, fixación dasuma asegurada ou límite da garantía.

Artigo 87. Causas de extinción das autorizacións e concesións

As autorizacións e as concesións extinguiranse por:

a) O vencemento do prazo de outorgamento.

b) A revisión de oficio, nos supostos establecidos na lexislación reguladora do procedemento ad-ministrativo común.

c) A concorrencia sobrevida na persoa titular dalgunha das prohibicións de contratar previstas nalexislación básica sobre contratación do sector público.

d) A renuncia da persoa titular, que só poderá ser aceptada por Portos de Galicia cando non causeprexuízo ao dominio público portuario, á axeitada prestación dos servizos públicos portuarios oua terceiros.

e) O mutuo acordo entre Portos de Galicia e a persoa titular.

f) A disolución ou extinción da sociedade titular, agás nos supostos de fusión ou escisión.

g) A revogación.

h) A caducidade.

i) O rescate, cando se trate de concesións.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65019

Page 87: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

j) A extinción da autorización, do permiso ou da licenza da que o título demanial sexa soporte.

k) O falecemento da persoa titular, nos supostos previstos no artigo 76, ou a incapacidade sobrevidacando se trate dun concesionario individual.

l) A desafectación do ben.

Artigo 88. Revogación das autorizacións e concesións

1. As autorizacións poderán ser revogadas unilateralmente, en calquera momento e sen dereito aindemnización, cando resulten incompatibles con obras ou plans que, aprobados con posteriori-dade, empecen a explotación portuaria ou impiden a utilización do espazo portuario para activida-des de maior interese portuario. Corresponderá a Portos de Galicia apreciar as circunstanciasanteriores mediante resolución motivada, logo da audiencia da persoa titular da autorización.

2. As concesións poden ser revogadas por Portos de Galicia, sen dereito a indemnización, cando sealterasen os feitos determinantes do seu outorgamento que impliquen a imposibilidade materialou xurídica da continuación no gozo da concesión e, nos casos de forza maior, cando en ambos ossupostos non sexa posible a revisión do título de outorgamento.

Artigo 89. Caducidade

1. Serán causa de caducidade da autorización ou concesión os seguintes incumprimentos:

a) A non-iniciación, a paralización ou o non-remate das obras por causas non xustificadas, duranteo prazo que se fixe nas condicións do título.

b) O non-pagamento de calquera das taxas xiradas por Portos de Galicia durante un prazo de seismeses no caso das autorizacións, e de doce meses no caso das concesións.

Para iniciar o expediente de caducidade abondará con que non se efectuase ningún ingreso en pe-ríodo voluntario. Así que se inicie aquel, poderase acordar o seu arquivamento, por unha soa vezno caso de autorizacións e ata un máximo de tres no caso de concesións, e para toda a vixencia dotítulo, se antes de ditar a resolución se produce o aboamento íntegro da débeda, incluídos xuros ecargas derivadas do procedemento de constrinximento, e se se constitúe a garantía que ao respectoe de maneira discrecional poida fixar Portos de Galicia.

c) A falta de actividade ou de prestación do servizo durante o período establecido no título, quenon poderá exceder de seis meses, a non ser que a xuízo de Portos de Galicia obedeza a causa xus-tificada.

d) A ocupación do dominio público en máis dun dez por cento sobre o outorgado, sen prexuízo dasanción que poida corresponder pola ocupación non autorizada.

e) O incremento da superficie, do volume ou da altura das obras ou instalacións en máis do dezpor cento sobre o proxecto autorizado.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65020

Page 88: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

f) O desenvolvemento de actividades que non figuren no obxecto do título.

g) A cesión a un terceiro do uso total da concesión.

h) A cesión a un terceiro do uso parcial da concesión ou a cesión da autorización no suposto previstono artigo 58.4, sen autorización de Portos de Galicia.

i) A transferencia do título de outorgamento sen autorización de Portos de Galicia.

j) A constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía sen autorización de Portos de Galicia.

k) A non-reposición do complemento das garantías definitivas ou de explotación, logo do requiri-mento de Portos de Galicia.

l) O incumprimento do plan de conservación das instalacións.

m) O incumprimento doutras condicións cando a súa inobservancia estea expresamente previstacomo causa de caducidade no título do outorgamento ou das determinantes para a adxudicación,se é o caso, do concurso convocado para o seu outorgamento.

2. Para declarar a caducidade seguirase o seguinte procedemento, e deberase notificar a resoluciónexpresa deste no prazo de seis meses desde o acordo de incoación:

a) Logo de constatar a existencia dalgún dos supostos referidos pola unidade instrutora correspon-dente de Portos de Galicia, incoarase o correspondente expediente de caducidade. O órgano com-petente para resolver, ou o propio instrutor no caso de urxencia, poderá adoptar as medidas decarácter provisional que se estimen convenientes para asegurar a eficacia da resolución que poidarecaer, evitar os efectos derivados da concorrencia da causa que motiva a incoación do expedientee salvagardar as exixencias derivadas dos intereses xerais. Isto poñerase en coñecemento da persoatitular, que terá un prazo de dez días para formular alegacións e achegar os documentos e as xus-tificacións que coide oportunos.

As medidas de carácter provisional poderán consistir na paralización inmediata das obras, na sus-pensión da actividade, do uso e da explotación das instalacións, mesmo co precinto en ambos oscasos, na prestación de garantías e en calquera outra medida que se estime axeitada, sempre quese axuste á intensidade, proporcionalidade e necesidade dos obxectivos que se pretendan garantiren cada suposto concreto. Para lograr a efectividade de tales medidas, Portos de Galicia demandaráda autoridade gobernativa competente, cando sexa necesario, a colaboración da forza pública.

b) Ao presentar as alegacións ou transcorrer o prazo para levalas a cabo, a unidade instrutora ditaráproposta de resolución, que con carácter previo á resolución será elevada xunto co resto do expe-diente ao Consello Consultivo de Galicia, para a emisión do ditame preceptivo no caso de que setrate de concesións e formule oposición o concesionario.

3. A declaración de caducidade supoñerá a perda das garantías constituídas, e non procederá enningún caso a rehabilitación do título.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65021

Page 89: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 90. Efectos da extinción

1. Ao se extinguir a autorización ou concesión, a persoa titular terá dereito a retirar fóra do espazoportuario os materiais, os equipos ou as instalacións desmontables que non revertan gratuitamentea Portos de Galicia en función do previsto no título, e está obrigada a facelo cando así o determinea entidade pública empresarial, quen poderá efectuar a retirada con cargo á persoa titular da au-torización ou concesión extinguida cando esta non a efectúe no momento ou prazo en que se lleindique.

2. En todos os casos de extinción dunha concesión, Portos de Galicia decidirá sobre o mantementodas obras e instalacións non desmontables, que reverterán gratuitamente e libres de cargas á en-tidade pública empresarial, ou decidirá o seu levantamento e retirada do dominio público portuariopolo concesionario e ás súas expensas.

3. Se Portos de Galicia non se pronuncia expresamente, entenderase que opta polo seu mante-mento, sen prexuízo de que, previamente á data de extinción, poida decidir o seu levantamentoou retirada.

4. No caso de que Portos de Galicia optase polo levantamento das obras e instalacións, a persoa ti-tular retirará estas no prazo fixado por aquel. Portos de Galicia poderá executar subsidiariamenteos traballos que non efectuase a persoa titular no prazo concedido.

5. Se Portos de Galicia optase polo mantemento, a persoa titular procederá á reparación das obrase instalacións no prazo e nas condicións indicadas por aquel.

6. Portos de Galicia, sen máis trámite, tomará posesión dos bens e das instalacións, podendo soli-citar ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía a suspensión da co-rrespondente subministración.

7. Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral ou económica da persoa titular daautorización ou concesión, vinculada ou non á actividade obxecto do título extinguido.

Sección 5ª. Contrato de concesión de obras públicas portuarias

Artigo 91. Contrato de concesión de obras públicas portuarias

1. O contrato de concesión de obras públicas portuarias rexerase polo disposto na lexislación básicade contratos do sector público para o contrato de concesión de obras públicas, coas especialidadesprevistas neste lei.

2. Portos de Galicia poderá promover a construción de obras públicas portuarias en réxime de con-cesión administrativa.

3. No ámbito portuario, os contratos de concesión de obras públicas portuarias terán por obxectoa construción e explotación, sempre que se encontren abertas ao uso público ou aproveitamento

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65022

Page 90: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

xeral, dun novo porto ou unha parte nova dun porto que sexa susceptible de explotación total-mente independente, ou de infraestruturas portuarias de defensa, de abrigo, de accesos marítimos,de peiraos e outras obras de atracada.

4. A construción e a explotación da obra pública portuaria obxecto da concesión efectuaranse porrisco e ventura do concesionario, quen asumirá os riscos económicos derivados da súa execucióne explotación, nos termos e co alcance previstos na lexislación xeral reguladora do contrato de con-cesión de obras públicas.

5. Malia o anterior, o contrato de concesión de obra pública portuaria recoñecerá ao concesionarioo dereito a percibir unha retribución consistente na explotación da totalidade ou de parte da obra,ou o citado dereito acompañado do de percibir un prezo ou o outorgamento dunha concesión de-manial, ou en calquera outra modalidade de financiamento das obras de acordo co previsto na le-xislación xeral reguladora do contrato de concesión de obras públicas.

6. Para estes efectos, enténdese por explotación dunha obra pública portuaria a súa posta á dis-posición a favor dos prestadores do servizo ou das persoas usuarias daquela para a súa ocupación,utilización ou aproveitamento, a cambio da correspondente retribución económica.

7. O contrato de concesión de obras públicas portuarias habilitará directamente para a ocupacióndo dominio público no que deba construírse a obra pública portuaria que constitúa o seu obxecto,sendo aplicable o disposto nesta lei sobre o réxime de utilización do dominio público portuario.

8. O contrato de concesión de obras públicas portuarias non habilita o contratista para prestar ser-vizos portuarios especiais sobre a obra que constitúe o seu obxecto. A prestación de servizos por-tuarios especiais sobre esta infraestrutura requirirá obter a correspondente autorización de acordoco previsto no título V.

9. Nos pregos de condicións dos contratos de concesións de obras públicas portuarias que vaianservir de soporte para a prestación de servizos portuarios especiais deberase sinalar expresamentese a prestación se vai realizar en réxime de competencia ou por un único prestador. No primeirocaso, a persoa adxudicataria terá a obriga de admitir a ocupación ou utilización da obra por todosos titulares de autorizacións para prestación de servizos portuarios especiais abertos ao uso xerala cambio da correspondente retribución económica. No segundo suposto, cada licitador deberá si-nalar expresamente se no caso de resultar adxudicatario ou adxudicataria vai prestar por si ou através dun terceiro tales servizos. En calquera caso, Portos de Galicia deberá garantir que a presta-ción dos servizos portuarios especiais se fará respectando o establecido no título V. Todo isto deberáestar recollido na documentación que aprobe Portos de Galicia para a licitación, na que constitúea oferta de cada licitador ou licitadora, e, finalmente, no propio contrato.

10. As concesións de construción e explotación de obras públicas portuarias outorgaranse poloprazo que se acorde no prego de cláusulas administrativas particulares de acordo co previsto nalexislación básica de contratos do sector público para o contrato de concesión de obras públicas.

O prazo calcularase en función das obras e dos servizos que constitúan o seu obxecto. Se a conce-sión supera o prazo de cinco anos, a duración máxima non poderá exceder do tempo que se calcule

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65023

Page 91: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

razoable para que o concesionario recupere os investimentos realizados para a explotación dasobras ou dos servizos, xunto cun rendemento sobre o capital investido, tendo en conta os investi-mentos necesarios para acadar os obxectivos contractuais específicos.

Os investimentos que se teñan en conta para os efectos do cálculo incluirán tanto os investimentosiniciais como os realizados durante a vixencia da concesión.

11. Os prazos fixados nos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán ser prorrogadosnos supostos previstos na lexislación básica de contratos do sector público para o contrato de con-cesión de obras públicas.

12. En todo caso, o prazo das concesións condicionarase ao mantemento da adscrición conformea Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

13. Portos de Galicia emitirá informe técnico sobre os proxectos de obras portuarias que vaian re-alizarse ao abeiro dun contrato de concesión de obras públicas portuarias.

TÍTULO IVDos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo

CAPÍTULO IDisposicións xerais

Artigo 92. Parámetros de protección, obxectivos de xestión e condicións básicas

1. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da entidade públicaempresarial Portos de Galicia, determinará, considerando as determinacións previstas nas direc-trices de ordenación do territorio de Galicia, os parámetros de protección e os obxectivos de xestiónque deberán incorporar as iniciativas de actuación sobre os portos deportivos e as zonas portuariasde uso náutico-deportivo, co obxecto de asegurar, como mínimo:

a) A xestión sustentable dos recursos.

b) A conservación do litoral e a preservación dos recursos naturais.

c) A integración axeitada das obras e instalacións coa paisaxe.

d) A compatibilidade cos sistemas xerais e coas demais determinacións urbanísticas.

2. Fomentaranse os proxectos que respondan a unha demanda real de servizos, atendendo a prio-ridade seguinte:

a) As zonas portuarias de uso náutico-deportivo en portos existentes.

b) Os portos deportivos con abrigo natural.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65024

Page 92: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

c) Os portos deportivos con abrigo artificial.

3. As condicións básicas que deberán cumprir os portos deportivos e as zonas portuarias de usonáutico-deportivo, incluídas as normas de xestión ambiental, determinaranse por vía regulamen-taria.

Artigo 93. Usos compartidos

A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá, coas compensacións que en cada caso sedeterminen nos correspondentes títulos de concesións ou ben conforme o réxime de responsabi-lidade patrimonial xeral das administracións públicas, establecer de xeito excepcional en portosdeportivos e zonas portuarias de uso náutico-deportivo liñas de atracada e zona de servizo parausos distintos ao deportivo, dentro dunha ordenación que separe debidamente os tráficos.

CAPÍTULO II Concesións

Artigo 94. Obxecto

1. De acordo co procedemento que se define nos artigos 69 e 70, Portos de Galicia poderá outorgara persoas naturais ou xurídicas, tanto públicas como privadas, a oportuna concesión de dominiopúblico para a construción ou explotación de portos deportivos ou de zonas portuarias de uso náu-tico-deportivo por un prazo superior a catro anos, que non poderá exceder dos cincuenta anos.

De conformidade coa normativa estatal en materia de costas, en todo caso, o prazo das concesiónsque se outorguen nos bens adscritos, incluídas as prórrogas, non poderá ser superior ao prazo má-ximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesións sobre dominio público por-tuario nos portos de interese xeral e estará condicionado ao mantemento da adscrición.

2. Sempre que se cumpran os requisitos que se recollen no artigo 91 e de acordo cos parámetrosprevistos nel, Portos de Galicia poderá promover en réxime de contrato de concesión de obra pú-blica portuaria a construción e explotación dun novo porto deportivo ou dunha zona portuaria deuso náutico-deportivo.

Artigo 95. Criterios de outorgamento e concursos

1. O outorgamento ou a denegación das concesións levarase a cabo de conformidade con criteriosobxectivos, que en calquera caso deberán considerar:

a) A viabilidade económica, con xustificación da demanda existente.

b) As condicións de acceso marítimo.

c) O interese público e social da proposta.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65025

Page 93: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

d) A compatibilidade cos sistemas internos de comunicación viaria do porto e cos sistemas xeraisextraportuarios.

e) A superficie de auga abrigada, se é o caso.

f) Os usos previstos.

g) A compatibilidade coas determinacións previstas nas directrices de ordenación do territorio deGalicia.

h) O compromiso de realización de actividades de carácter formativo e de fomento do turismo eda náutica deportiva sen fins lucrativos.

2. Cando en función do establecido no artigo 70 a concesión deba outorgarse por medio de con-curso, o prego de bases do concurso que elaborará Portos de Galicia incorporará ademais os se-guintes criterios de adxudicación:

a) O modelo de xestión da responsabilidade social corporativa.

b) A proposta de xestión ambiental da instalación.

c) O compromiso de realización de actividades de carácter formativo e de fomento do turismo e danáutica deportiva, así como da imaxe de Galicia sen fins lucrativos.

d) A estrutura das tarifas e as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias.

Artigo 96. Condicións do outorgamento

Entre as condicións do outorgamento da concesión deberán figurar, polo menos, as seguintes:

a) O obxecto da concesión.

b) O prazo de vixencia.

c) Os terreos, as obras e as instalacións que integran o ámbito da concesión, con indicación dosque serán obxecto de reversión.

d) No caso de concesións que impliquen a execución de obras, o proxecto básico das obras ou ins-talacións autorizadas e mais a obriga da persoa titular da concesión de reparar os danos que sepoidan causar na costa ou nas praias consonte o disposto na normativa sectorial aplicable en ma-teria de costas.

e) Os servizos de existencia obrigatoria e opcional e mais os usos e as limitacións deles.

f) A obriga da persoa titular da concesión de presentar o regulamento de explotación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65026

Page 94: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

g) As condicións de protección do ambiente que procedan, con inclusión das necesarias medidascorrectoras e, no caso de seren preceptivas, das condicións ou prescricións establecidas no corres-pondente pronunciamento do órgano competente en materia ambiental.

h) A obriga da persoa titular da concesión de presentar un plan de conservación das instalacións.

i) A obriga da persoa titular da concesión de presentar un plan de emerxencias de acordo co dis-posto na normativa sectorial aplicable.

j) A obriga por parte da persoa titular da concesión de manter a apertura de todos os elementosde aproveitamento e uso público e gratuíto que se definen no regulamento de explotación.

k) As taxas que a persoa titular da concesión debe aboar á entidade pública Portos de Galicia.

l) A estrutura das tarifas, con indicación das tarifas máximas que a persoa titular da concesión po-derá cobrar en contraprestación aos servizos prestados e mais os criterios de revisión, de proce-der.

m) As facultades de xestión que se outorgan ao concesionario.

n) As causas de extinción, singularmente as de caducidade consonte o establecido na regulaciónxeral sobre concesións contida nesta lei.

CAPÍTULO III Regulamentos de explotación dos portos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo

Artigo 97. Obxecto dos regulamentos

1. Co fin de definir e concretar o ámbito de aplicación das normas de policía e explotación e o al-cance da vixilancia e prevención de calquera infracción, os portos deportivos e as zonas portuariasde uso náutico-deportivo xestionadas en réxime de concesión de dominio público deberán dispoñerdun regulamento de explotación, que será aprobado por Portos de Galicia e que deberá regular ouso dos diferentes elementos que integran os terreos, as obras e as instalacións obxecto da con-cesión.

2. O regulamento de explotación de cada porto ou zona portuaria de uso náutico-deportivo, que éde obrigado cumprimento, debe atoparse á disposición de calquera persoa usuaria nas oficinas doporto e, se é o caso, no sitio web do concesionario.

Artigo 98. Contido mínimo dos regulamentos

1. Os regulamentos de explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo incluirán, como mínimo, a delimitación exacta da zona que é obxecto de concesión ad-ministrativa, a concreción do ámbito de aplicación, a regulación dos accesos, a identificación das

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65027

Page 95: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

zonas de uso restrinxido, a forma de utilización das instalacións portuarias, as tarifas establecidaspola prestación de servizos así como os seus criterios de revisión, un resumo do plan de emerxen-cias e do de continxencias ambientais da instalación, a relación dos dereitos e deberes que adquirenas persoas usuarias dos espazos incluídos na zona de servizo do porto e a responsabilidade que oconcesionario asuma.

2. Deberán prever o réxime de utilización e prohibicións aplicable, as facultades conferidas á enti-dade concesionaria e as obrigas das persoas usuarias das instalacións.

Artigo 99. Réxime de responsabilidades

1. Será obriga do concesionario indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiroscomo consecuencia da prestación dos servizos obxecto da concesión. Cando tales danos e perdasfosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da administración, esta seráresponsable dentro dos límites sinalados nas leis.

2. Portos de Galicia non será responsable dos danos e perdas debidos a paralizacións dos servizos,nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras. Naqueles casos de prestaciónde servizos con equipos de Portos de Galicia, a persoa usuaria destes deberá ter subscrito a co-rrespondente póliza de seguros que cubra os posibles riscos.

A exixencia desta garantía deberá ser proporcionada en termos de risco asegurado, fixación dasuma asegurada ou límite da garantía.

CAPÍTULO IV Réxime aplicable ás autorizacións temporais de uso de postos de atracada outorgadas por

Portos de Galicia

Sección 1ª. Procedemento de outorgamento e listas de espera

Artigo 100. Publicidade do proceso selectivo

1. En función dos postos vacantes, Portos de Galicia efectuará por resolución da persoa titular daPresidencia convocatorias, que serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de abrir osprazos de presentación de solicitudes de autorizacións temporais de uso de postos de atracada enbase.

2. O prego de bases da convocatoria conterá, polo menos, os seguintes extremos:

a) A identificación dos postos de atracada obxecto da convocatoria e os requisitos para participarnela.

b) As esloras, as mangas e, se é o caso, os calados máximos das embarcacións en función da tipo-loxía do posto de atracada.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65028

Page 96: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

c) Os criterios para a súa adxudicación e a ponderación deles.

Artigo 101. Solicitudes

1. No prazo que se estableza na convocatoria correspondente, que non poderá ser inferior a quincedías hábiles, as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude debidamente cuberta se-gundo o modelo normalizado que figure nas bases e acompañada da documentación que se indi-que.

2. Unha mesma persoa solicitante poderá presentar unha solicitude por embarcación para tantosportos ou zonas portuarias de uso náutico- deportivo de competencia da Comunidade Autónomade Galicia como coide oportuno, sen prexuízo do disposto no punto 4 do artigo 103.

Artigo 102. Criterios de adxudicación

1. A adxudicación das autorizacións temporais de uso dos postos de atracada en base efectuarasetendo en conta a orde cronolóxica de presentación das solicitudes debidamente cubertas e coa do-cumentación completa, sempre e cando a eslora e as mangas das embarcacións se axusten ás di-mensións máximas establecidas en función da tipoloxía da praza.

2. No caso de empate, darase preferencia ás embarcacións de maior eslora que mellor se axustenás dimensións do posto de atracada.

Artigo 103. Resolución

1. A persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia emitirá resolución motivada fundamentadanos criterios de adxudicación establecidos no artigo anterior nun prazo máximo de tres meses, quese contará desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficialde Galicia.

2. A dita resolución acordará, segundo o caso, o seguinte:

a) Conceder a autorización solicitada e determinar a taxa que hai que pagar de conformidade codisposto na normativa sobre taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma deGalicia e mais as restantes condicións básicas aplicables á autorización.

b) Denegar a dita autorización se a persoa solicitante non reúne os requisitos exixidos.

c) Declarar a inclusión da solicitude na correspondente lista de espera, coa asignación dun númerode orde naqueles supostos en que, malia reunir a solicitude todos os requisitos para o outorga-mento da autorización, non resulte seleccionada en función dos criterios de adxudicación recollidosno artigo 102. En tal caso, procederase de conformidade co establecido no artigo seguinte.

3. Non se poderá outorgar, en ningún caso, autorización para un posto de atracada a favor daquelaspersoas solicitantes que, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, resultaren

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65029

Page 97: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

non estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias con Portos de Galicia, coa Co-munidade Autónoma, coa Facenda estatal e coa Seguridade Social, ou, se é o caso, das súas obrigascos concesionarios das instalacións.

4. Non se adxudicará unha autorización de uso de posto de atracada para a mesma embarcacióná persoa titular que xa dispoña de autorización de uso dun posto de atracada en calquera dos ou-tros portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, agás no suposto deque o número de postos de amarre ofertados na concreta convocatoria sexa superior ao númerode solicitudes e non exista lista de espera no porto ou na instalación de que se trate.

5. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da persoa titular da Presidencia será de tresmeses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria noDiario Oficial de Galicia. Ao transcorrer o dito prazo sen se ditar e notificar unha resolución expresa,as solicitudes entenderanse desestimadas para os efectos do establecido na lexislación reguladorado procedemento administrativo común, sen prexuízo da obriga da administración de ditar unharesolución expresa.

Artigo 104. Listas de espera

1. Cando, reunindo a solicitude todos os requisitos, non poida outorgarse a autorización de usopor non existir un punto de amarre vacante, a solicitude incluirase na lista de espera, coa asignacióndun número de orde segundo a data de rexistro de entrada da petición debidamente cuberta ecoa documentación completa, e unha vez que a persoa titular da Presidencia de Portos de Galiciadite a resolución pola que se declara a dita inclusión.

2. Existirá unha lista de espera para cada un dos portos e das instalacións competencia da Comu-nidade Autónoma de Galicia nos que o número de solicitudes exceda do de postos de atracada dis-poñibles.

Sección 2ª. Réxime das autorizacións

Artigo 105. Carácter e prazo de vixencia das autorizacións

1. As autorizacións outorgaranse con carácter persoal e intransferible inter vivos para unha soa per-soa titular e para unha embarcación concreta, sen prexuízo de que Portos de Galicia autorizará asubstitución ou o cambio de embarcación sempre e cando se trate dunha embarcación das mesmascaracterísticas.

2. Malia o sinalado no punto 1, no suposto de falecemento da persoa titular da autorización, o seusucesor ou sucesora a título de herdanza ou de legado poderá solicitar por unha soa vez e nunprazo máximo dun ano, contado desde o falecemento, autorización para o uso do mesmo postode atracada.

Esta autorización será outorgada polo mesmo período previsto para a autorización inicial, sempree cando se trate da mesma embarcación e que a anterior persoa titular estea ao corrente no cum-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65030

Page 98: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

primento das súas obrigas tributarias con Portos de Galicia, coa Comunidade Autónoma, coa Fa-cenda estatal e coa Seguridade Social ou, se é o caso, das súas obrigas cos concesionarios das ins-talacións.

3. Portos de Galicia, directamente ou a través do concesionario, poderá modificar ou cambiar tem-poralmente de posto de atracada as embarcacións en base sempre que sexa por motivos de segu-ridade ou forza maior ou relativos á explotación e á planificación do porto.

4. O prazo de vixencia da autorización temporal será o que determine o título administrativo deautorización, e non poderá ser inferior a seis meses nin superior a catro anos.

5. Malia o disposto no punto anterior, as autorizacións correspondentes a persoas titulares que seatopen ao corrente do pagamento tanto das taxas debidas a Portos de Galicia como, se é o caso,das tarifas debidas ao concesionario, e que non incumprisen as condicións da autorización, ano-varanse automaticamente polo mesmo período ao concedido inicialmente, outorgando Portos deGalicia de oficio unha nova autorización, a non ser que cun prazo mínimo de quince días anteriorao vencemento da autorización a persoa interesada manifeste a súa decisión de non continuar couso e gozo da praza de atracada por un límite máximo de catro anos.

Artigo 106. Aboamento de taxas e outras cantidades

1. A persoa titular da autorización deberá aboar a taxa portuaria vixente en cada momento aplicableás embarcacións deportivas ou de lecer, así como as demais taxas portuarias que aplicará Portosde Galicia, e mais as tarifas ou os prezos privados aos concesionarios de servizos portuarios polasúa prestación a aquela.

2. Para as embarcacións autorizadas con carácter de base nun porto, e consonte o establecido nanormativa autonómica sobre taxas, o importe da taxa X-5 correspondente a embarcacións depor-tivas e de lecer aplicarase polo período completo autorizado, cun mínimo de seis meses, indepen-dentemente das entradas, das saídas ou dos días de ausencia da embarcación, e no caso deextinción da autorización os efectos tributarios fronte a Portos de Galicia produciranse unicamentedesde o semestre natural seguinte ao da extinción.

3. No caso de existir un concesionario, a persoa titular deberá aboar a este as tarifas por prestaciónde servizos diversos aprobadas por Portos de Galicia. As ditas tarifas deberán ser aboadas polo períodocompleto autorizado, cun mínimo de seis meses, sen que o concesionario se vexa obrigado a reintegrarningunha cantidade no caso de abandono da praza de atracada antes do tempo establecido.

4. Para o aboamento de todas as cantidades previstas neste artigo, Portos de Galicia poderá exixira domiciliación bancaria.

Sección 3ª. Extinción das autorizacións

Artigo 107. Causas de extinción

A autorización temporal extinguirase polas seguintes causas:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65031

Page 99: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) O remate do prazo de outorgamento.

b) A revisión de oficio nos supostos establecidos na lexislación reguladora do procedemento admi-nistrativo común.

c) A renuncia da persoa titular.

d) O mutuo acordo.

e) A disolución ou extinción da sociedade titular da autorización, agás nos supostos de fusión ouescisión.

f) A revogación.

g) A caducidade.

Artigo 108. Revogación das autorizacións

As autorizacións temporais de uso, ao outorgarse a título de precario, poderán ser revogadas porPortos de Galicia en calquera momento e sen dereito a indemnización cando resulten incompatiblescon obras ou plans que, aprobados con posterioridade, empecen a explotación portuaria ou impi-den a utilización do espazo portuario para actividades de maior interese portuario.

Artigo 109. Caducidade

1. Portos de Galicia, logo da audiencia da persoa titular, declarará a caducidade da autorización,entre outros supostos determinados polas leis, nos seguintes casos:

a) Polo abandono ou a falta de utilización do posto de atracada durante un período consecutivo deseis meses, agás causas xustificadas relativas a invernadas ou avarías das embarcacións.

b) Polo non pagamento dunha liquidación en concepto de taxa portuaria X-5 durante un prazo deseis meses, con independencia de que o seu aboamento o exixa de maneira directa a Administra-ción portuaria ou de que exista unha subrogación no pagamento por parte dun concesionario con-sonte o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras daComunidade Autónoma de Galicia.

Para iniciar o expediente de caducidade será dabondo con que non se efectuase o ingreso en pe-ríodo voluntario. Unha vez iniciado, poderase acordar o seu arquivamento se antes de ditar reso-lución se produce o aboamento íntegro da débeda, incluídos os xuros e as cargas derivados doprocedemento de constrinximento, e se constitúe a garantía que ao respecto e de maneira discre-cional poida fixar Portos de Galicia.

c) Polo incumprimento das obrigas impostas pola normativa de aplicación ou o incumprimento dasobrigas ou condicións esenciais definidas con tal carácter no título da autorización, cuxa inobser-vancia estea expresamente prevista como causa de caducidade.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65032

Page 100: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. O procedemento para declarar a caducidade, que preverá un trámite de audiencia á persoa titu-lar, desenvolverase por vía regulamentaria.

TÍTULO VRéxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais,

industriais ou doutra natureza nos portos

CAPÍTULO IDos servizos

Artigo 110. Servizos prestados nos portos e nas instalacións marítimas de competencia da ComunidadeAutónoma

1. A actividade portuaria desenvolverase, cando sexa posible, nun marco de libre competencia entreoperadores de servizos portuarios para o fomento da actividade portuaria, o incremento dos trá-ficos e a mellora da calidade dos servizos.

2. Nos termos establecidos nesta lei, recoñécese a iniciativa privada na prestación dos servizos eno desenvolvemento de actividades económicas nos portos.

3. A Administración portuaria autonómica promoverá as accións que favorezan a competencia nosportos, podendo adoptar medidas de regulación, ordenación, control e explotación que sirvan paratal finalidade.

4. Os servizos prestados nos portos só poderán limitarse ou denegarse nos casos en que as persoasusuarias non reúnan as condicións establecidas nesta lei ou na Lei 6/2003, do 9 de decembro, detaxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, nos pregos xerais dosservizos ou no título correspondente. A información sobre os servizos e as condicións da prestaciónrealizarase de acordo coa lexislación que protexe as persoas consumidoras e usuarias.

CAPÍTULO IIDos servizos portuarios

Artigo 111. Concepto e clases de servizos portuarios

1. Son servizos portuarios as actividades de prestación de interese xeral que se executen nos portosde competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para atender as necesidades e exixencias daexplotación portuaria en condicións de seguridade, eficacia, eficiencia, calidade, regularidade, con-tinuidade, non-discriminación e respecto ao ambiente.

2. Os servizos portuarios clasifícanse en servizos xerais do porto, dos cales a súa prestación estáreservada a Portos de Galicia, e servizos especiais, que se prestan por operadores privados baixoo principio de libre competencia, nos termos e coas limitacións establecidas nesta lei.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65033

Page 101: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 112. Concepto e enumeración dos servizos xerais

1. Son servizos portuarios xerais aqueles servizos comúns que permiten a realización de operaciónsde tráfico portuario, cuxa titularidade e prestación reserva para si Portos de Galicia e dos que sebenefician as persoas usuarias do porto sen necesidade de solicitude.

2. Terán a consideración de servizos xerais:

a) O servizo de control, ordenación e coordinación do tráfico portuario, tanto marítimo como te-rrestre.

b) O servizo de control e ordenación das operacións portuarias vinculadas aos servizos xerais, aosespecíficos ou ás restantes actividades que se desenvolvan no porto.

c) Os servizos básicos de vixilancia e policía portuaria nas zonas comúns dos portos, sen prexuízodas competencias doutras administracións.

d) Os servizos de prevención e control de emerxencias, nos termos establecidos pola normativasobre protección civil, mercadorías perigosas e demais normativa de aplicación, en colaboracióncoas administracións competentes sobre protección civil, prevención e extinción de incendios, sal-vamento e loita contra a contaminación.

e) Os servizos de sinalización, balizamento e outras axudas á navegación que sirvan de aproxima-ción e acceso do buque ao porto, así como o seu balizamento interior.

f) Os servizos de iluminación nas zonas comúns do porto.

g) Os servizos de limpeza habitual das zonas comúns de terra e auga.

h) Calquera outro servizo común que, pola súa vinculación coa seguridade portuaria, sexa declaradocomo servizo xeral por orde da persoa titular da consellaría competente en materia de portos.

Artigo 113. Prestación de servizos portuarios xerais

1. Os servizos portuarios xerais serán xestionados directamente pola entidade pública empresarialPortos de Galicia, sen prexuízo de que a súa prestación poida excepcionalmente ser encomendadaa terceiros cando non se poña en risco a seguridade, nin impliquen o exercicio de autoridade, e oprestador do servizo obtivese o correspondente título habilitante que o faculte para iso.

2. Nos espazos ou nas instalacións portuarias xestionadas en réxime de concesión administrativa,os servizos xerais poden ser prestados polo concesionario, cando así conste no título correspon-dente.

3. Portos de Galicia pode concertar convenios con outras administracións ou outras entidades pú-blicas coa finalidade de xestionar os servizos portuarios xerais.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65034

Page 102: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4. Estes servizos serán prestados de acordo coas normas e os criterios técnicos previstos no Regu-lamento de explotación e policía.

5. A prestación dos servizos portuarios xerais dará lugar á exacción da correspondente taxa por-tuaria nos supostos previstos na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións regu-ladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 114. Concepto e clases de servizos portuarios especiais

1. Son servizos portuarios especiais as actividades de prestación que contribúen e facilitan a reali-zación das operacións portuarias.

2. A prestación dos servizos portuarios especiais corresponde ao sector privado en réxime de com-petencia e require a solicitude previa da persoa interesada, agás as excepcións previstas nesta lei.

3. Os servizos portuarios especiais son os seguintes:

a) O servizo de actividades de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga,a desestiba e o transbordo de mercadorías.

b) O servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, asícomo a carga e descarga de equipaxes e vehículos en réxime de pasaxe.

c) Os servizos técnico-náuticos, e dentro destes:

1º. A practicaxe.

2º. O remolque portuario.

3º. O amarre e o desamarre de buques.

d) O servizo de recepción de refugallos xerados por buques, que comprende a recepción de refu-gallos e residuos dos anexos I, IV, V ou VI do Convenio Marpol 73/78.

e) Os outros servizos non enumerados anteriormente, sempre que se recollan nos pregos xeraisreguladores dos servizos portuarios.

Artigo 115. Prestación de servizos portuarios especiais

1. Os servizos portuarios especiais prestaranos operadores privados en réxime de libre compe-tencia.

2. Por razóns de control dos espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturasportuarias para asumiren a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, aprestación destes servizos requirirá a obtención da autorización que outorgará Portos de Galicia,

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65035

Page 103: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

que estará suxeita aos pregos xerais reguladores dos servizos que aprobará o Consello Reitor daentidade pública empresarial. Estes pregos conterán as condicións reitoras da prestación e, candoproceda, as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias dos servizos.

3. Os prestadores dos servizos deberán cumprir as obrigas de servizo público previstas nos pregosreguladores coa finalidade de garantir a súa prestación en condicións de seguridade, continuidade,regularidade, cobertura, calidade e prezo razoable, así como respecto ao ambiente.

4. As autorizacións outorgaranse con carácter específico e individualizado para cada un dos servizosque se enumeran no artigo 114.3, agás no relativo aos servizos técnico-náuticos, que se poderánacumular nunha única autorización por motivos derivados da demanda de persoas usuarias exis-tente nun porto ou nunha área portuaria determinada, e ás autorizacións para o servizo de recep-ción de refugallos xerados polos buques, que poderán outorgarse para todos ou algún dos anexosprevistos no Convenio Marpol.

5. A entidade pública empresarial Portos de Galicia deberá adoptar as medidas precisas para ga-rantir unha axeitada cobertura das necesidades de servizos especiais nos portos. Para tal fin, candoo requiran as circunstancias por ausencia ou insuficiencia da iniciativa privada, Portos de Galiciapoderá asumir directamente, logo da audiencia das persoas titulares das autorizacións vixentes, aprestación dos servizos, sen prexuízo de que poida solicitar a colaboración de terceiros na súa pres-tación por calquera procedemento previsto nas leis e sen que isto implique a extinción das autori-zacións en vigor nin impida a solicitude de novas autorizacións.

6. Portos de Galicia poderá autorizar, cando proceda, a autoprestación e a integración de variosservizos especiais nun mesmo operador. As autorizacións para a prestación de servizos portuariosespeciais en réxime de autoprestación ou de integración de servizos suxeitaranse aos pregos xeraisreguladores dos servizos, excluíndose do contido das ditas autorizacións as condicións relativas ácobertura universal, á estrutura das tarifas e ás tarifas máximas e mais as obrigas relativas á con-tinuidade e á regularidade en función da demanda do porto. Estas autorizacións establecerán, sefor o caso, as compensacións económicas que as persoas titulares deberán aboar como contribu-ción para que as obrigas de servizo público que recaen sobre as persoas titulares das autorizaciónsabertas ao uso xeral poidan ser atendidas. O valor desta compensación establecerase para cadaautorización de conformidade cos criterios obxectivos, transparentes, proporcionais, equitativos enon discriminatorios establecidos para o efecto nos pregos xerais reguladores dos servizos.

7. Cando a prestación por terceiros de servizos portuarios especiais precise o outorgamento dunhaconcesión ou autorización de ocupación do dominio público portuario, ambas as relacións seránobxecto dun expediente único, e a autorización para a prestación do servizo incorporarase á con-cesión ou autorización de ocupación, sen prexuízo da exixencia das taxas que procedan por ambosos dous conceptos.

8. A prestación por terceiros de servizos portuarios especiais poderase vincular tamén á existenciadun contrato en vigor entre a persoa titular dunha concesión administrativa e o prestador do ser-vizo, que implique unha cesión parcial da concesión, que terá que ser autorizada por Portos deGalicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65036

Page 104: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

9. Consonte os principios de obxectividade e proporcionalidade e logo da audiencia ás persoas in-teresadas, Portos de Galicia poderá modificar as condicións dunha autorización cando se modifi-quen as prescricións reguladoras do servizo.

Artigo 116. Obrigas de servizo público

1. Son obrigas de servizo público, de necesaria aceptación por todos os prestadores de servizos por-tuarios especiais nos termos en que se concreten nas súas respectivas autorizacións, as seguintes:

a) Manter a continuidade e regularidade dos servizos en función das características da demanda,agás causa de forza maior, facendo fronte ás circunstancias adversas que poidan producirse coasmedidas exixibles a un empresario ou a unha empresaria dilixente. Para garantir a continuidadeda prestación do servizo, Portos de Galicia poderá establecer servizos mínimos de carácter obriga-torio.

b) Cooperar con Portos de Galicia e coa Administración marítima e, se é o caso, con outros presta-dores de servizo nos labores de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminacióne prevención e control de emerxencias. Así mesmo, tamén deberá informar daquelas incidenciasque poidan afectar calquera destas materias ou a seguridade marítima en xeral.

c) Someterse á potestade tarifaria, cando proceda.

d) Colaborar na formación práctica na prestación do servizo, no ámbito do porto en que se desen-volva a actividade.

e) Establecer unha cobertura universal, coa obriga de atender toda demanda razoable, en condi-cións non discriminatorias.

2. Os pregos reguladores recollerán as obrigas establecidas no punto anterior, de acordo co previstonesta lei e en calquera outra norma que sexa aplicable, facéndoos acordes coa iniciativa empresariale a competencia entre servizos e coas necesidades particulares dos servizos prestados en cadaporto.

3. As obrigas de servizo público aplicaranse de forma que os seus efectos sexan neutrais en relacióncoa competencia entre prestadores dos servizos especiais.

Artigo 117. Utilización dos servizos especiais

1. Os servizos especiais prestaranse tras a solicitude das persoas usuarias aos operadores privadosque conten coa preceptiva autorización. Porén, a utilización do servizo de practicaxe será obrigatoriacando así o determine a Administración marítima conforme o previsto na normativa de aplicación.Ademais, o Regulamento de explotación e policía poderá establecer, por razóns de seguridade ma-rítima, o uso obrigatorio doutros servizos técnico-náuticos en función das condicións e caracterís-ticas das infraestruturas portuarias, do tamaño e o tipo de buque e da natureza da cargatransportada, así como das condicións océano-meteorolóxicas.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65037

Page 105: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Así mesmo, o servizo de recepción dos residuos xerados polos buques será de uso obrigatorio,agás nos supostos previstos na normativa de aplicación.

2. Portos de Galicia poderá establecer, por razóns de operatividade e de seguridade, normas com-plementarias e condicións específicas de utilización dos servizos especiais, así como o ámbito xeo-gráfico ao que se estendan.

3. Cando a utilización do servizo non sexa obrigatoria, Portos de Galicia poderá impoñer o uso dosservizos portuarios se por circunstancias extraordinarias considera que está en risco o funciona-mento, a operatividade ou a seguridade do porto.

4. Portos de Galicia, no caso de non-pagamento do servizo, poderá autorizar aos prestadores a sus-pensión temporal do servizo ata que se efectúe o pagamento ou se garanta convenientemente adébeda que xerou a suspensión.

Artigo 118. Réxime de acceso á prestación dos servizos especiais

1. Recoñécese o libre acceso á prestación dos servizos portuarios especiais en réxime de compe-tencia sen máis limitacións que as establecidas nesta lei.

2. Cando non estea limitado o número de prestadores, todas as persoas interesadas na prestacióndo servizo que reúnan os requisitos establecidos nesta lei e nos pregos reguladores poderán optará súa prestación, logo da presentación da solicitude en calquera momento e do outorgamento porPortos de Galicia con carácter regrado da correspondente autorización.

Cando estea limitado o número de prestadores, as autorizacións outorgaranse por concurso e asconvocatorias destes concursos e a súa adxudicación publicaranse, cando for exixible, no DiarioOficial da Unión Europea.

3. Poderán ser prestadoras dos servizos especiais as persoas físicas ou xurídicas españolas, doutrospaíses da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciproci-dade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial doComercio non exixan o dito requisito, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursasen causa de incompatibilidade e acrediten, nos termos previstos no prego regulador do servizo, ocumprimento dos seguintes requisitos:

a) Xustificar a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantesdo servizo que se determinen no prego regulador de cada servizo.

b) Estar ao corrente do cumprimento das obrigas de carácter fiscal, laboral e social exixidas polalexislación vixente. Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributa-rias e coa Seguridade Social cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica decontratos do sector público.

c) Cumprir as condicións específicas necesarias para a axeitada prestación do servizo, de acordoco previsto nesta lei e na demais normativa de aplicación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65038

Page 106: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4. As condicións de acceso á prestación en réxime de competencia que se fixen nos pregos deberánser transparentes, non discriminatorias, obxectivas, axeitadas, necesarias e proporcionadas, e maisgarantir os seguintes obxectivos:

a) A adecuada prestación do servizo de acordo cos requisitos técnicos, ambientais, de seguridadee calidade que se establezan.

b) O desenvolvemento da planificación portuaria.

c) O comportamento competitivo dos operadores do servizo.

d) A protección das persoas usuarias.

e) A protección dos intereses de Portos de Galicia e da seguridade pública.

5. Entre os requisitos técnicos para a prestación do servizo incluiranse medios humanos e materiaisabondos que, permitindo desenvolver as operacións unitarias habituais, tanto as máis simplescomo as máis complexas, en condicións de seguridade, calidade, continuidade e regularidade enfunción das características da demanda, non impidan ou limiten a competencia entre operadores.

6. Portos de Galicia, de oficio, poderá limitar en cada porto que xestione o número máximo de pres-tadores de cada servizo, por razóns obxectivas e motivadas derivadas da dispoñibilidade de espa-zos, da capacidade das instalacións, da seguridade, das normas ambientais, así como dos estudosrazoables derivados de necesidades da demanda existente. Nos servizos de pasaxe e de manipu-lación e transporte de mercadorías, as anteriores limitacións poderanse aplicar polo tipo de tráficoou carga.

A determinación do número de prestadores deberá obrigatoriamente realizarse considerando omaior número posible de prestadores que permitan as circunstancias concorrentes e motivaraseatendendo a identificación clara da restrición da competencia en cuestión, a xustificación da nece-sidade do establecemento da restrición de acordo co interese público e a acreditación de que nonresulta posible acudir a alternativas viables que sexan menos restritivas da competencia para con-seguir o mesmo fin de interese público.

7. O acordo de limitación, que incluirá a determinación do número máximo de prestadores, adop-tarao o Consello Reitor de Portos de Galicia e poderá afectar toda a zona de servizo do porto ouunha parte desta. O acordo de limitación publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Cando a causa de limitación sexa a seguridade marítima, Portos de Galicia solicitará un informe áDirección Xeral da Mariña Mercante.

Cando a causa de limitación sexa ambiental, Portos de Galicia solicitará un informe á Administraciónmedioambiental competente, que se entenderá en sentido favorable de transcorrer o prazo dunmes sen que sexa emitido de forma expresa, a non ser que a normativa sectorial de aplicación dis-poña outra cousa.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65039

Page 107: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

8. Na medida en que se alteren as causas que a motivaron, ou previamente á convocatoria dunnovo concurso, esta limitación será revisable total ou parcialmente polo Consello Reitor de Portosde Galicia, con sometemento aos mesmos trámites seguidos para o seu establecemento. Taménpoderá ser revisada por instancia de calquera persoa interesada, someténdose a idénticos trámitesdos seguidos para o seu establecemento.

9. Cando se limite o número de prestadores, as autorizacións outorgaranse logo da convocatoriado concurso, para o que Portos de Galicia elaborará e aprobará o prego de bases de cada concurso,que conterá, polo menos, a determinación do número máximo de prestadores, os requisitos paraparticipar no concurso, o prazo máximo da autorización, a documentación e información que debenachegar as persoas participantes e os criterios de adxudicación, que deberán ser obxectivos e nondiscriminatorios.

10. Cando o número de prestadores dun servizo estea limitado, o prazo máximo de vixencia dasautorizacións será menor que o establecido con carácter xeral para os servizos portuarios especiaissen limitación do número de prestadores, nos termos establecidos no artigo 120.

11. Sen prexuízo do previsto nos puntos anteriores, debido á singularidade e especial incidenciado servizo de practicaxe na seguridade marítima, o número de prestadores del quedará limitado aun único prestador en cada área portuaria. Para estes efectos, enténdese como área portuariaaquela que sexa susceptible de explotación totalmente independente en función dos seus límitesxeográficos, incluída a súa accesibilidade marítima. Esta limitación deberá quedar debidamentexustificada no expediente.

12. A limitación do número de prestadores dos demais servizos técnico-náuticos procederá noscasos en que así o requira o órgano estatal competente en materia de mariña mercante.

13. Na delimitación dos espazos e dos usos portuarios previstos nesta lei poderase determinar otipo de servizos especiais, así como as actividades comerciais e industriais que se poidan realizarna totalidade da zona de servizo do porto ou en parte dela, en particular o tipo de tráfico e as ca-tegorías de mercadorías que se poderán manipular no porto e a asignación de espazo ou capaci-dade de infraestrutura para tales actividades, sen que isto constitúa, de ser o caso, limitación donúmero de prestadores do servizo.

14. As autorizacións poderán ser transmitidas, logo da autorización de Portos de Galicia, sempreque se faga a favor dunha persoa física ou xurídica que cumpra os requisitos recollidos no punto3, que as persoas que realizan a transmisión e as adquirentes cumpran os requisitos establecidosnas prescricións reguladoras do servizo e que, se é o caso, se cumpran os requisitos previstos noartigo 76 cando a autorización se transmita conxuntamente coa concesión de dominio público. Atransmisión terá, respecto dos contratos de traballo do persoal ao servizo da persoa titular da au-torización, os efectos previstos na lexislación e nos convenios laborais.

Artigo 119. Contido dos pregos reguladores dos servizos portuarios especiais

1. Os pregos reguladores do servizo incluirán, entre outras cláusulas, as relativas a:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65040

Page 108: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) Os requisitos de capacidade.

b) Os requisitos de solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resul-tantes do servizo que se determinen no prego regulador de cada servizo.

c) A cobertura universal, coa obriga de atender toda demanda razoable en condicións non discri-minatorias.

d) O obxecto do servizo e ámbito xeográfico ao que se estende a prestación do servizo. Neste puntopoderase acordar a concentración da prestación de determinados servizos en portos e instalaciónsconcretas, por razón da mellor eficiencia do servizo en canto á atención ás persoas usuarias e de-mandas de operatividade da comercialización da pesca e das mercadorías descargadas nos portos,que en materia de dispoñibilidade de infraestruturas, superestruturas, servizos portuarios xerais,sistemas ambientais e de seguridade se requiran para a actividade dos operadores.

e) As obrigas de servizo público para que o servizo se preste en condicións de regularidade e con-tinuidade.

f) As obrigas de servizo público relacionadas coa colaboración en labores de salvamento.

g) As obrigas de servizo público relacionadas coa seguridade do porto e a loita contra a contami-nación.

h) As obrigas de protección do ambiente, se procede.

i) A cuantificación das cargas anuais, das obrigas de servizo público, criterios de revisión da devan-dita cuantificación, así como os criterios de distribución, obxectivos, transparentes, proporcionais,equitativos e non discriminatorios, das ditas obrigas entre os prestadores do servizo no caso deprestación en réxime de libre competencia, entre os que se tomará en consideración a cota de mer-cado de cada un deles.

j) Os medios materiais mínimos e as súas características.

k) Os medios humanos mínimos e a súa cualificación.

l) As condicións técnicas, ambientais e de seguridade de prestación do servizo e, se é o caso, dasinstalacións e do equipamento asociados a el, incluíndo niveis mínimos de produtividade, rende-mento e de calidade.

m) Cando proceda, as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias dos servizos.

n) As obrigas de proporcionar a Portos de Galicia a información que precise para garantir o funcio-namento do servizo e que lle sexa requirida para o debido cumprimento das súas funcións.

ñ) A determinación do investimento significativo.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65041

Page 109: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

o) O prazo de vixencia da autorización.

p) As garantías que aseguren o cumprimento das obrigas e responsabilidades.

q) As taxas que procedan consonte o establecido nesta lei e na Lei 6/2003, do 9 de decembro, detaxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

r) As tarifas que os prestadores poderán percibir, se é o caso, cando interveñan en servizos de emer-xencia, extinción de incendios, salvamento ou loita contra a contaminación.

s) As causas de extinción, entre as que deberán figurar as relativas ao incumprimento das obrigasde servizo público, das exixencias de seguridade para a prestación do servizo e das obrigas de pro-tección do ambiente que procedan.

2. Os pregos reguladores do servizo non conterán exixencias técnicas para a prestación dos servizosque alteren inxustificadamente as condicións de competencia nin calquera outro tipo de cláusulaque afecte a libre concorrencia no mercado.

Artigo 120. Prazo das autorizacións de prestación de servizos portuarios especiais

1. O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiaisserá de quince anos.

Cando para a prestación do servizo se prevexa un investimento significativo en equipos e materialmóbil, o prazo máximo de vixencia será de trinta anos, e cando o dito investimento significativo seproduza en equipos e materiais móbiles e en obras e infraestruturas vinculadas a unha concesiónadministrativa, o prazo máximo de vixencia será necesariamente coincidente co prazo de vixenciada concesión, establecido no artigo 66 desta lei.

2. Agás no caso do servizo de practicaxe, cando estea limitado o número de prestadores dun servizoportuario, o prazo máximo será, polo menos, un vinte e cinco por cento inferior ao que correspondasegundo o establecido nos supostos anteriores.

3. Cando non exista limitación do número de prestadores, as autorizacións poderán ser renovadaslogo da solicitude da persoa interesada realizada cunha antelación mínima de tres meses antes dovencemento da autorización, e sempre que a persoa titular cumpra cos requisitos previstos nestalei e nas prescricións vixentes de regulación do servizo.

Exceptúanse do anterior as autorizacións vinculadas a unha concesión administrativa outorgadapolo prazo máximo establecido no artigo 66 desta lei.

O prazo de vixencia das autorizacións non é renovable cando estea limitado o número de presta-dores do servizo.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65042

Page 110: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Transcorrido o prazo de tres meses desde a entrada da solicitude no rexistro do organismo com-petente para a súa tramitación sen que se notificase a resolución expresa, entenderase outorgadaa renovación. Artigo 121. Extinción das autorizacións de prestación de servizos portuarios especiais

1. As autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais extinguiranse por algunhadas seguintes causas:

a) O remate do prazo de vixencia previsto na autorización.

b) A revogación por perda ou incumprimento dos requisitos previstos para poder acceder a prestaro servizo, ou non adaptación ás prescricións reguladoras do servizo cando sexan modificadas.

c) A resolución por incumprimento das condicións do prego regulador do servizo e da autorizaciónque se definan como esenciais nos ditos documentos.

d) A extinción da autorización ou concesión, da autorización ou da ocupación do dominio públicoportuario que se precise para a prestación do servizo ou do contrato a que se refire o artigo 115.7.

e) Polas demais causas previstas nos pregos reguladores do servizo.

2. Corresponde á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia acordar a extinción das autori-zacións, logo da tramitación do procedemento, no que se lle dará audiencia á persoa interesada.

Artigo 122. Separación contable

As persoas titulares de autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais, da mesmamaneira que as persoas titulares de autorizacións para o exercicio de actividades comerciais, indus-triais ou doutra natureza que se regulan no capítulo II deste título, vinculadas ou non a unha conce-sión ou autorización de ocupación do dominio público portuario, deberán levar, para cada un dosservizos que presten, unha estrita separación contable consonte os usos e as prácticas comerciaisadmitidas, entre os ditos servizos e actividades, e aqueles que presten fóra do ámbito portuario.

CAPÍTULO II

Das actividades comerciais e industriais e doutra natureza

Artigo 123. Réxime xeral aplicable ás actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadaspor terceiros

1. Por razóns de control de espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturasportuarias para asumir a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, o exer-cicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario, sexan ou nonde carácter portuario, requirirá a obtención dunha autorización que outorgará Portos de Galicia eque se supeditará a que se trate de usos permitidos no dominio público portuario de acordo coprevisto nesta lei e na restante normativa de aplicación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65043

Page 111: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. O prazo de vixencia destas autorizacións será o que se determine nos pregos de condicións xeraisde cada actividade ou conxunto de actividades. Cando para o exercicio dunha actividade comercial,industrial ou doutra natureza se requirise a ocupación do dominio público portuario, o prazo deberáser o mesmo que o autorizado para a ocupación demanial e tramitarase un só expediente no quese outorgará un único título administrativo, no cal polo mesmo prazo se autorice a actividade e aocupación do dominio público portuario.

3. O outorgamento dunha autorización non exime a persoa titular da obtención e do mantementoen vigor das licenzas, dos permisos e das autorizacións que sexan legalmente exixibles, nin do pa-gamento dos impostos que sexan aplicables. Non obstante, cando estes se obteñan con anteriori-dade á autorización que outorga Portos de Galicia, a súa eficacia quedará demorada ata que seoutorgue esta.

4. Con carácter xeral, as actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestaranse en ré-xime de concorrencia, e no caso das actividades comerciais e industriais de carácter portuario, Por-tos de Galicia adoptará as medidas encamiñadas a promover a competencia.

5. Para os efectos desta lei, son actividades comerciais e industriais de carácter portuario as activi-dades de prestación de natureza comercial ou industrial que, non tendo a consideración de servizosportuarios, estean directamente vinculadas á actividade portuaria.

6. Para o exercicio de actividades comerciais ou industriais directamente relacionadas coa ac-tividade portuaria, a Presidencia de Portos de Galicia poderá aprobar pregos de condicións xe-rais co obxecto de garantir a súa realización de forma compatible cos usos portuarios e cofuncionamento operativo do porto en condicións de seguridade e calidade ambiental. Entre ascondicións deberanse incluír as relativas ao desenvolvemento da actividade, ao prazo, que po-derá ser indefinido agás que se vincule a un título de ocupación de dominio público, aos segu-ros, ás garantías, ás causas de extinción e ás taxas que procedan de acordo co disposto na Lei6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónomade Galicia.

7. Os pregos de condicións xerais poderán ser específicos para unha actividade determinada oureferirse a un conxunto de actividades. Entre os específicos que se poderán aprobar inclúense osde consignación de buques e mercadorías, lonxas, avituallamento de combustible, posta á dispo-sición de medios mecánicos, almacenamento e depósitos e transporte horizontal.

Artigo 124. Actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadas pola entidade pública em-presarial Portos de Galicia

Portos de Galicia poderá prestar as actividades previstas neste capítulo cando estean directamenterelacionadas coa actividade portuaria, sempre que sexa preciso para atender posibles deficienciasda iniciativa privada. En contraprestación por estes servizos exixiranse as correspondentes tarifas,que terán natureza de prezos privados.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65044

Page 112: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

TÍTULO VIRegulamento de explotación e policía, potestades de inspección e seguridade e réxime das

sancións

CAPÍTULO IRegulamento de explotación e policía de Portos de Galicia

Artigo 125. Regulamento de explotación e policía

1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborará un Regulamento de explotación epolicía dos portos e das instalacións marítimas suxeitas ao ámbito de aplicación desta lei, no quese establecerán as normas xerais de funcionamento dos diferentes servizos e operacións, que in-cluirá igualmente especificacións e gradacións ao cadro de infraccións e de sancións previstasneste título.

2. O Regulamento de explotación e policía será remitido para a súa aprobación, por proposta daconsellaría competente en materia de portos, ao Consello da Xunta de Galicia.

CAPÍTULO IIPotestades de inspección e seguridade

Artigo 126. Inspección e vixilancia

1. Sen prexuízo das competencias doutras administracións públicas, atribúese á entidade públicaempresarial Portos de Galicia a potestade de inspección e vixilancia necesaria para garantir o cum-primento desta lei con relación aos servizos, as operacións, as ocupacións e as actividades en xeral,incluída a sinalización e a circulación viaria que se desenvolva nos portos e nas instalacións maríti-mas, calquera que sexa o réxime de uso do espazo portuario ou a forma de prestación dos servi-zos.

2. As ditas funcións levaraas a cabo, na forma que determine o Regulamento de explotación e po-licía, persoal de Portos de Galicia debidamente cualificado, quen terá a consideración de axente daautoridade no exercicio das súas funcións e en actos de servizo.

3. As persoas titulares das concesións e autorizacións están obrigadas a desenvolver labores de vi-xilancia das súas instalacións, adoptando as medidas oportunas para a prevención das infracciónse presentando de xeito inmediato denuncia de se produciren estas. Prestarán asemade asistenciaa Portos de Galicia no exercicio da potestade de inspección.

Artigo 127. Abandono de barcos, vehículos e outros obxectos

1. Portos de Galicia poderá adoptar as medidas necesarias para garantir o tráfico portuario e a dis-poñibilidade dos espazos portuarios, das atracadas e dos puntos de amarre. Para tales efectos, po-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65045

Page 113: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

derá adoptar a declaración de situación de abandono dun barco, o que permitirá o seu traslado,varada, ancoraxe ou tratamento como residuo.

2. A declaración de situación de abandono exixirá a tramitación do correspondente procede-mento, no cal se acreditarán as circunstancias expresadas e se dará audiencia á persoa propie-taria e á consignataria na forma prevista na lexislación reguladora do procedementoadministrativo común.

3. Para os efectos desta lei, considéranse abandonados:

a) Os barcos que permanezan durante máis de tres meses consecutivos atracados, amarrados, an-corados ou depositados en seco no mesmo lugar dentro do porto, sen actividade apreciable exte-riormente e sen aboar as taxas correspondentes.

b) Os barcos que non teñan matrícula ou os datos abondos para a identificación da persoa titularou consignataria deles e que se atopen no porto sen autorización.

4. Corresponde a Portos de Galicia a propiedade dos buques que fosen declarados en situación deabandono de acordo con esta lei. Ao declararse o abandono do buque, Portos de Galicia acordaráo seu alleamento e aplicará o seu produto ás atencións propias da entidade, ou procederá ao afun-dimento do buque cando, polo seu estado, así o aconsellen razóns de seguridade marítima.

5. Nas situacións que requiran urxente intervención por precisalo o tráfico portuario, a navegabili-dade e a explotación do porto, como os supostos en que a ancoraxe ou localización dun barco enaugas portuarias ou na superficie en seco obstrúa o acceso á canle de navegación, impida o pasoda bocana do porto ou obstaculice os labores propios da explotación, Portos de Galicia, logo de re-quirimento á persoa propietaria ou á consignataria por calquera medio técnico que permita acre-ditar a súa realización, poderá adoptar as medidas provisionais de emerxencia que sexannecesarias, entre as que se incluirá a retirada e o traslado forzoso do barco.

6. Portos de Galicia poderá así mesmo declarar en situación de abandono os vehículos, a maqui-naria e os obxectos en xeral, no ámbito do dominio público portuario, sempre que permanezanpor un período superior a un mes no mesmo lugar e presenten condicións que permitan presumirracionalmente a situación de abandono. Cara ao tratamento residual dos vehículos, Portos de Ga-licia actúa como administración competente en materia de tráfico.

Artigo 128. Medidas para garantir a seguridade nos espazos portuarios

1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá prohibir ou limitar o tránsito de persoase vehículos nos espazos portuarios por razóns de seguridade, co obxecto de impedir accidentes,preservar o dominio público portuario ou as embarcacións.

2. As ditas limitacións estableceranse na delimitación dos espazos e dos usos portuarios, nos títulosdas concesións ou mediante resolución específica ao respecto da entidade pública empresarialPortos de Galicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65046

Page 114: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3. A entidade pública empresarial Portos de Galicia, logo do informe do órgano competente da Ad-ministración xeral do Estado, poderá ordenar a adopción inmediata das medidas necesarias paraevitar os danos que poida provocar un buque ou outra embarcación en perigo de afundimento ouen situación de causar danos a bens ou elementos portuarios ou a outras embarcacións.

A entidade pública empresarial Portos de Galicia, cando un buque presente perigo de afundimentono porto, requirirá a persoa propietaria ou a consignataria para que o dito buque abandone o porto,para que repare o buque ou para que adopte as medidas necesarias no prazo fixado para o efecto.De estas persoas non o faceren, Portos de Galicia poderá trasladalo ou proceder ao seu afundi-mento ou varada, á custa delas, nun lugar onde non se prexudique a actividade portuaria, a nave-gación ou a pesca, nin constitúa un risco grave para as persoas ou os bens, provoque un dano aoambiente ou poida converterse nun foco de contaminación.

Nos supostos de afundimento dun buque nas augas do porto, a entidade pública empresarial Por-tos de Galicia indicará aos seus titulares, armadores ou ás compañías aseguradoras onde debensituar os seus restos ou o buque unha vez reflotado, dentro do prazo que para o efecto determine,así como as garantías ou as medidas de seguridade que se deben tomar para evitar un novo afun-dimento. De se incumpriren os acordos de Portos de Galicia, esta entidade poderá utilizar para orescate do buque afundido os medios de execución forzosa previstos no ordenamento xurídico.

4. No caso de que un buque ou unha embarcación impida ou dificulte o libre tránsito dentro dasaugas do porto, ou obstaculice a actividade portuaria por se atopar ancorado sen autorización ounun lugar distinto do autorizado, poderanse adoptar, con carácter inmediato, todas as medidasque resulten precisas para restablecer a legalidade infrinxida ou a actividade portuaria afectada,podendo en particular procederse á retirada daquel buque ou embarcación a cargo da persoa in-fractora. As mesmas medidas poderanse aplicar cando se efectúen atracadas en contravención dasinstrucións recibidas ou sen autorización, particularmente en superficies outorgadas en exclusivaen virtude de concesións ou autorizacións, ou sen ter en conta as especializacións dos peiraos paraas diferentes clases de embarcacións e cargas.

Os vehículos, os efectos, as mercadorías ou os bens de calquera clase que se atopen depositadosnas explanadas dun porto sen autorización ou nun lugar distinto do autorizado e producindo alte-racións no normal funcionamento da explotación poderán tamén ser retirados a cargo da persoainfractora, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

5. Cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acorde a retención, a con-servación ou o depósito dalgún buque, Portos de Galicia poderá instar da autoridade xudicial oafundimento do buque ou o seu alleamento en pública poxa cando a estada do buque no portolles produza un perigo real ou potencial ás persoas ou aos bens ou cause grave quebranto á explo-tación do porto.

6. En todos os supostos de embargo ou retención xudicial ou administrativa de buques, como me-dida de garantía da actividade portuaria, Portos de Galicia determinará ou modificará a radicacióndo buque no porto, dando conta en todo caso disto á autoridade xudicial ou administrativa quedecretou o embargo ou a retención.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65047

Page 115: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

7. As operacións e as actividades produtivas que se desenvolvan no porto programaranse e execu-taranse con suxeición ao disposto na normativa en materia de prevención de riscos laborais.

CAPÍTULO IIIInfraccións

Artigo 129. Concepto e clasificación das infraccións

1. Constitúen infraccións administrativas as accións e omisións tipificadas e sancionadas nesta lei.

2. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Artigo 130. Infraccións leves

Son infraccións leves as accións ou omisións que, non tendo a consideración de graves ou moi gra-ves, se encontren tipificadas nalgún dos supostos seguintes:

a) O incumprimento das instrucións de réxime de servizo, inspección e vixilancia e policía do portodadas polos responsables do porto no exercicio das súas competencias, en relación co desenvol-vemento das operacións ou actividades nos portos, tanto terrestres como marítimas, realizadas noámbito do porto.

b) A atracada de embarcacións sen autorización ou en lugar distinto do autorizado.

c) A realización de operacións portuarias con perigo para as obras, as instalacións, o equipo por-tuario ou os outros buques, ou sen tomar as precaucións necesarias.

d) A utilización non autorizada, inadecuada ou sen as condicións de seguridade abondas das ins-talacións ou dos equipos portuarios, con independencia da súa titularidade.

e) A obstrución ás actuacións de inspección ou vixilancia que non deba ser cualificada como grave.

f) A omisión ou a achega defectuosa, voluntariamente ou por neglixencia inescusable, de calquerainformación que, vinculada á actividade autorizada á persoa inculpada no porto, se teña que sub-ministrar a Portos de Galicia para o desenvolvemento das competencias e potestades que ten en-comendadas, xa sexa por prescrición legal ou por requirimento desta.

g) O mero atraso no cumprimento da obriga de facilitar á Administración portuaria a informacióníntegra e no prazo a que obrigue a lei, os regulamentos ou que requira a administración, en parti-cular a necesaria para efectos estatísticos e para liquidar tarifas e taxas, e mais a relativa a embar-cacións de base e tránsito, cando tal información se facilitase íntegra e correctamente.

h) A información incorrecta facilitada aos responsables do porto sobre os tráficos de buques, asmercadorías, os pasaxeiros e as pasaxeiras e os vehículos de transporte terrestre, especialmentesobre os datos que sirvan de base para a aplicación das taxas e doutros ingresos portuarios.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65048

Page 116: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

i) Causar directamente danos ás obras, as instalacións, os equipos, as mercadorías e os medios detransporte situados na zona portuaria nunha contía que non supere os 6.000 euros.

j) Calquera acción ou omisión que cause danos ou menoscabo aos bens do dominio público por-tuario ou ao seu uso e explotación.

k) A ocupación do dominio público portuario sen o correspondente título.

l) A realización sen a debida autorización de actividades comerciais, industriais ou doutra naturezaou de prestación de servizos.

m) O incumprimento das condicións esenciais da superficie do dominio ocupada autorizada, dadefinición das obras e instalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado, da seguridadee do ambiente e mais da garantía e cobertura do servizo establecidas nos correspondentes títulosadministrativos de ocupación e das autorizacións que habiliten para a prestación de servizos ou odesenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, sen prexuízo da súacaducidade ou resolución.

n) A realización de obras ou instalacións sen o correspondente título habilitante ou o incumpri-mento das condicións esenciais da superficie do dominio ocupada autorizada, da definición dasobras e instalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado e mais da seguridade e doambiente establecidas no título outorgado, sempre que o valor da obra executada sexa inferior a6.000 euros, nos supostos en que se atenda no prazo outorgado os requirimentos de paralización.

ñ) A publicidade exterior non autorizada no espazo portuario.

o) O incumprimento da normativa ou das instrucións que en materia de seguridade marítima oude prevención e loita contra a contaminación diten os órganos competentes.

p) O incumprimento das normas ou a inobservancia das prohibicións contidas no Regulamento deservizo e policía sobre o normal desenvolvemento das actividades portuarias e sobre o uso dasobras, das instalacións e dos servizos dos portos, así como sobre o mantemento da limpeza e se-guridade das augas ou zonas comúns do porto.

q) A realización de reparacións, carenas e recollidas con risco de causar contaminación.

r) A vertedura de lixo, entullos ou calquera clase de residuos non contaminantes en terreos, insta-lacións, obras ou equipos portuarios.

s) A vertedura de substancias e residuos non contaminantes nas augas do porto.

t) O estacionamento de vehículos en lugares non autorizados sen que estean en todo momentoxunto a eles os seus condutores ou condutoras.

u) Acampar e practicar xogos, probas deportivas ou exhibicións de calquera tipo en zona portuaria,cando iso non estea expresamente autorizado.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65049

Page 117: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

v) Bañarse ou mergullarse nas augas interiores do porto e pescar desde os peiraos ou con calqueratipo de arte nas dársenas e augas portuarias, cando iso non estea expresamente autorizado.

Artigo 131. Infraccións graves

Son infraccións graves as accións ou omisións tipificadas no artigo anterior cando supoñan lesióna algunha persoa que motive baixa por incapacidade laboral non superior a sete días ou danos ouperdas superiores a 6.000 euros e non superiores a 60.000 euros; as que poñan en perigo a segu-ridade das operacións portuarias, a comisión dunha infracción leve, cando no prazo dun ano omesmo suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións leves e a resolución ou as resoluciónssancionadoras fosen firmes na vía administrativa; as que perturben o normal funcionamento dosservizos ou das actividades do porto; e, en todo caso, as seguintes:

a) As que impliquen un risco grave para a saúde ou a seguridade das vidas humanas ou a integri-dade do ambiente, sempre que non sexan constitutivas de infracción penal.

b) A vertedura de lixo, entullos ou calquera clase de residuos contaminantes en terreos, instalacións,obras ou equipos portuarios.

c) A vertedura de substancias e residuos contaminantes nas augas do porto.

d) A vertedura non autorizada desde buques ou artefactos flotantes de produtos sólidos, líquidosou gasosos na zona II, exterior das augas portuarias.

e) A obstrución, que non deba ser cualificada como leve, ao exercicio das funcións de policía, ins-pección e vixilancia que corresponda a Portos de Galicia, e en particular aos celadores e ás celadorasgardapeiraos.

f) O falseamento da información subministrada a Portos de Galicia por propia iniciativa ou por re-quirimento desta entidade.

g) Causar directamente danos ás obras, as instalacións, os equipos, as mercadorías e os medios detransporte situados na zona portuaria, nunha contía que supere os 6.000 euros.

h) A omisión polo capitán ou a capitá de solicitar os servizos que resulten obrigatorios segundo asdisposicións vixentes.

i) A ocupación do dominio público portuario sen o título correspondente, cando se desatendeseun requirimento expreso dos responsables do porto para o cesamento da súa conduta.

j) A realización de obras ou instalacións sen o correspondente título habilitante ou o incumprimentodas condicións esenciais da superficie de dominio ocupada autorizada, da definición das obras einstalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado e mais da seguridade e do ambiente,establecidas no título outorgado, sempre que o valor da obra executada sexa igual ou superior a6.000 euros, ou, con independencia do valor das obras, cando non se atendesen no prazo outor-gado os requirimentos de paralización.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65050

Page 118: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

k) A realización sen a debida autorización de actividades comerciais, industriais ou doutra naturezaou de prestación de servizos cando se desatendese un requirimento expreso dos responsables doporto para o cesamento da súa conduta.

Artigo 132. Infraccións moi graves

Son infraccións moi graves as accións ou omisións recollidas nos dous artigos anteriores candoocasionen lesión a algunha persoa que motive a súa baixa por incapacidade laboral superior a setedías, ou danos ou perdas superiores a 60.000 euros; as que poñan en grave perigo a seguridadedas operacións portuarias; a comisión dunha infracción grave, cando nun prazo dun ano o mesmosuxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións graves e a resolución ou as resolucións san-cionadoras fosen firmes na vía administrativa; e, en todo caso, as seguintes:

a) As que impliquen un risco moi grave para a saúde ou seguridade de vidas humanas ou a integri-dade do ambiente, sempre que non sexan constitutivas de infracción penal.

b) A vertedura non autorizada desde buques ou artefactos flotantes de produtos sólidos, líquidosou gasosos na zona I, interior das augas portuarias.

c) A realización, sen o debido título administrativo conforme esta lei, de calquera tipo de obras ouinstalacións no ámbito portuario, sempre que o valor da obra executada sexa superior a 60.000euros, así como o aumento da superficie ocupada ou do volume ou da altura construídos sobre osautorizados, sempre que se desatendese o requirimento expreso de Portos de Galicia para o cesa-mento da conduta abusiva ou que, ao se lle notificar a incoación do expediente sancionador, sepersistise en tal conduta.

d) O incumprimento das normas ou instrucións dadas polas autoridades competentes por razónde seguridade, custodia, manipulación, almacenamento e prevención de riscos, en relación coasoperacións portuarias que teñan por obxecto materiais explosivos ou perigosos, ou susceptiblesde ocasionar danos ao ambiente.

Artigo 133. Prescrición

1. O prazo de prescrición das infraccións será de tres anos para as moi graves, de dous anos paraas graves e dun ano para as leves. O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día en quea infracción se cometese.

2. No suposto de infraccións continuadas, o prazo de prescrición comezará a contarse desde quefinalizase a conduta infractora.

3. O transcurso dos prazos de prescrición establecidos neste artigo non impedirá a exixencia darestitución das cousas ou a súa reposición ao seu estado anterior e da obriga de indemnizar osdanos e perdas causados.

4. A prescrición interromperase por algunha das causas previstas na Lei 40/2015, do 1 de outubro,de réxime xurídico do sector público.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65051

Page 119: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 134. Responsables

1. Son responsables das infraccións administrativas as persoas físicas ou xurídicas seguintes:

a) Os autores das accións ou omisións tipificadas como infracción nesta lei. Se a infracción se co-meteu no ámbito propio das actividades da empresa coa que estes teñen unha relación de depen-dencia, a empresa será responsable solidaria.

b) No caso de incumprimento das condicións dun contrato ou dun título administrativo, a persoaadxudicataria do contrato ou a persoa titular do título administrativo, ou o terceiro cesionario. Nossupostos de omisións da autorización e inscrición da cesión, a responsabilidade será solidaria entrea persoa cedente e a cesionaria.

c) No caso de infraccións relacionadas coas embarcacións, as armadoras ou os armadores e as con-signatarias ou os consignatarios respectivos con carácter solidario, e, subsidiariamente, as capitásou os capitáns ou as patroas ou os patróns.

O anterior enténdese sen prexuízo das responsabilidades que lle poidan corresponder ao prestadordo servizo de practicaxe e ao práctico ou á práctica no exercicio da súa función, de acordo coa súaregulación específica.

d) No caso de obras, instalacións e actividades sen título suficiente, responderán solidariamente opromotor da actividade, a empresaria ou o empresario que a executa e a técnica ou o técnico di-rector desta.

2. Das sancións pecuniarias impostas a persoas xurídicas serán responsables subsidiariamente osadministradores que non realizasen os actos necesarios que fosen da súa incumbencia para o cum-primento das obrigas infrinxidas, consentisen o incumprimento por quen deles dependa ou adop-tasen acordos que fixesen posible a comisión de tales infraccións.

3. Nos supostos de comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xu-rídica, constitúan unha unidade económica ou patrimonio separado, serán responsables solidariasas persoas titulares ou as persoas que participen de forma conxunta.

4. As sancións impostas a diferentes suxeitos como consecuencia dunha mesma infracción teránentre si carácter independente.

CAPÍTULO IVSancións e outras medidas

Artigo 135. Principios xerais

1. Toda acción ou omisión que sexa constitutiva de infracción será sancionada coa multa que pro-ceda de acordo co establecido no artigo 136.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65052

Page 120: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2. Cando da comisión dunha infracción derive necesariamente a comisión doutra ou outras, debe-rase impoñer unicamente a sanción correspondente á infracción máis grave cometida.

3. Cando a infracción poida ser constitutiva de delito ou falta, darase traslado ao Ministerio Fiscal,suspendéndose o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non dite sentenzafirme ou resolución que poña fin ao proceso. Nestes casos, a continuación do expediente sancio-nador só será posible no caso de ausencia de sanción penal ou de inexistencia de identidade desuxeito, feito e fundamento, polo que o órgano administrativo queda vinculado polos feitos decla-rados probados por resolucións xudiciais penais firmes.

4. Sen prexuízo da sanción penal ou administrativa que se impoña, a persoa infractora estará obri-gada á restitución das cousas e á súa reposición ao seu estado anterior, coa indemnización dosdanos irreparables e das perdas causadas no prazo que se fixe na resolución correspondente.

5. Igualmente, a suspensión do procedemento sancionador non será óbice para que se cumpran ese executen de inmediato as medidas administrativas adoptadas para salvagardar a actividade por-tuaria, a seguridade e a ordenación do tráfico marítimo e a protección do ambiente.

6. As persoas adxudicatarias de contratos e as titulares de títulos administrativos outorgados deacordo con esta lei poderán ser sancionadas polas infraccións que nela se establecen, con inde-pendencia doutras responsabilidades que, se é o caso, sexan exixibles. Asemade iniciaranse os pro-cedementos de suspensión dos efectos e, se é o caso, revogación ou resolución dos actos, títulosadministrativos ou contratos nos cales supostamente puido ampararse a actuación ilegal.

Artigo 136. Multas

1. As infraccións reguladas por esta lei sancionaranse coas seguintes multas:

a) As infraccións leves, con multas de ata 60.000 euros.

b) As infraccións graves, con multas de 60.001 euros ata 300.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multas de 300.001 euros ata 600.000 euros.

2. Nos supostos previstos nos artigos 130.n), 131.k) e 132.c), a multa será equivalente, respectiva-mente, ao quince por cento do valor das obras e instalacións para a infracción leve, ao trinta porcento do valor das obras e instalacións para a infracción grave e ao cincuenta por cento do valordas obras e instalacións para a infracción moi grave.

3. No suposto de infraccións graves ou moi graves por comisión dunha infracción leve ou grave,cando nun prazo dun ano o mesmo suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións levesou graves, e a resolución ou as resolucións sancionadoras fosen firmes na vía administrativa, amulta obterase pola suma das establecidas para cada unha destas.

4. A contía da multa poderase reducir ata un máximo do trinta por cento mediante acordo do ór-gano competente para a súa imposición, sempre que a persoa infractora procedese a corrixir a si-

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65053

Page 121: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

tuación creada pola comisión da infracción no prazo que se sinalou no correspondente requiri-mento.

5. Cando como consecuencia da comisión da infracción a persoa infractora obteña un beneficiocuantificable, poderase superar o límite superior das multas previstas no punto anterior ata acadara contía do beneficio obtido.

Artigo 137. Recoñecemento de responsabilidade

1. Ao se iniciar un procedemento sancionador, se a persoa infractora recoñece a súa responsabili-dade, poderase resolver o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

2. Cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario ou ben caiba impoñer unha sanción pe-cuniaria e outra de carácter non pecuniario, mais xustificouse a improcedencia da segunda, o pa-gamento voluntario pola persoa presuntamente responsable, en calquera momento anterior áresolución, implicará o remate do procedemento, agás no relativo á reposición da situación alteradaou á determinación da indemnización polos danos e perdas causados pola comisión da infracción.

3. En ambos os casos, cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario, o órgano competentepara resolver o procedemento aplicará reducións de, polo menos, o trinta por cento sobre o importeda sanción proposta, sendo estes acumulables entre si. As citadas reducións deberán estar deter-minadas na notificación de iniciación do procedemento e a súa efectividade estará condicionada ádesistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Artigo 138. Medidas adicionais

1. As accións ou omisións que sexan constitutivas de infracción darán lugar, ademais da imposiciónda sanción que proceda, á adopción, de ser o caso, das seguintes medidas:

a) A imposición das obrigas de restitución, reposición e indemnización establecidas no artigo 141desta lei.

b) A caducidade do título administrativo, cando sexa procedente, por incumprimento das condi-cións.

c) A suspensión do dereito á obtención de subvencións e axudas públicas da Administración xeralda Comunidade Autónoma de Galicia en materias relacionadas co obxecto desta lei, por un prazonon superior a dous anos no caso de infraccións graves ou non superior a tres anos no caso de in-fraccións moi graves.

2. No caso das infraccións graves ou moi graves, e atendendo as circunstancias concorrentes, o ór-gano competente para impoñer a sanción correspondente poderá acordar tamén a inhabilitaciónda persoa infractora para ser titular de autorizacións ou de concesións no ámbito do porto corres-pondente ou para o desempeño de actividades portuarias. O prazo de inhabilitación non poderáser superior a un ano no caso das infraccións graves, nin a tres anos no caso das infraccións moigraves.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65054

Page 122: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3. Poderase acordar a suspensión temporal da actividade autorizada, por períodos dun, seis oudoce meses, segundo se trate, respectivamente, de infraccións leves, graves ou moi graves relacio-nadas coa dita actividade.

4. Poderase impoñer tamén, xunto coas sancións que procedan de conformidade cos artigos an-teriores, o comiso do beneficio obtido coa infracción grave ou moi grave.

Artigo 139. Criterios de gradación

1. Para determinar o importe da sanción atenderanse as circunstancias agravantes e atenuantesestablecidas neste artigo.

2. Estas circunstancias, agravantes ou atenuantes, non se apreciarán naqueles supostos en queesta lei as inclúa no tipo infractor.

3. Son circunstancias agravantes:

a) O grao de culpabilidade ou a existencia de intencionalidade.

b) A continuidade ou a persistencia na conduta infractora.

c) A natureza dos prexuízos causados.

d) A reincidencia, por comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma naturezacando así fose declarado por resolución firme en vía administrativa.

e) O emprego de violencia ou calquera outro tipo de ameaza ou coacción sobre o persoal públicoencargado de dar cumprimento á legalidade, a non ser que os feitos sexan constitutivos de ilícitopenal.

f) O incumprimento da normativa en materia de seguridade e ambiental que sexa causa de danosou risco para os bens e as persoas ou para o ambiente.

g) A obtención de beneficio derivado da comisión da infracción.

h) A relevancia externa da conduta infractora.

i) O incumprimento de requirimentos previos tendentes a poñer fin aos efectos derivados da in-fracción.

4. Son circunstancias atenuantes:

a) A ausencia de intención de causar un dano tan grave aos intereses públicos ou privados afectados.

b) A reparación voluntaria ou espontánea do dano causado.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65055

Page 123: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

c) A paralización das obras ou o cesamento da actividade ou do uso prohibido, de modo voluntario,antes do inicio do procedemento sancionador.

Artigo 140. Prescrición das sancións

1. O prazo de prescrición das sancións será de tres anos para as correspondentes a infraccións moigraves, de dous anos para as impostas por infraccións graves e dun ano para as impostas por in-fraccións leves.

2. O prazo de prescrición dunha sanción comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en quesexa executable a resolución pola que se impón a sanción ou en que transcorrese o prazo para pre-sentar recurso contra ela.

3. A prescrición das sancións interromperase conforme o previsto na Lei 40/2015, do 1 de outubro,de réxime xurídico do sector público.

Artigo 141. Restitución, reposición e indemnización

1. A imposición de sancións é independente da obriga que ten a persoa infractora de restituír osbens e de repoñer a situación alterada ao estado anterior á comisión da infracción e mais da obrigade indemnizar os danos e perdas causados, que serán reclamados por Portos de Galicia.

2. Corresponde ao mesmo órgano competente para impoñer a sanción establecer a obriga de res-tituír e de repoñer a situación alterada ao seu estado anterior e tamén fixar o importe da indemni-zación logo da instrución do correspondente expediente administrativo.

A indemnización dos danos irreparables será por contía igual ao valor dos bens destruídos ou ádeterioración causada, no prazo que se estableza.

3. Cando a restitución e a reposición non sexan posibles e, en todo caso, cando subsistan danos eperdas irreparables, a persoa ou as persoas responsables da infracción deberán aboar as indem-nizacións que procedan, fixadas de maneira executoria por Portos de Galicia.

4. Cando os danos sexan de difícil avaliación, teranse en conta os seguintes criterios:

a) O custo teórico da restitución e reposición.

b) O valor dos bens danados.

c) O custo do proxecto ou da actividade causante do dano.

d) O beneficio obtido coa actividade infractora.

5. Se a reparación do dano é urxente para garantir o bo funcionamento do porto, da bacía ou dainstalación, Portos de Galicia poderá levala a cabo de forma inmediata e á conta da persoa causantedo prexuízo, á que lle será reclamado posteriormente o custo da reparación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65056

Page 124: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 142. Procedemento

1. O procedemento administrativo sancionador tramitarase de acordo co disposto nesta lei e nasnormas reguladoras do procedemento administrativo común.

2. O exercicio da potestade sancionadora no ámbito dos portos, das bacías e das instalacións por-tuarias corresponde aos órganos competentes de acordo co que dispoñen esta lei e as súas normasde desenvolvemento.

3. O persoal e as autoridades competentes están obrigados a formular denuncias, a tramitar asque se presenten e a resolver os procedementos sancionadores da súa competencia, coa imposi-ción das sancións procedentes.

4. Os feitos constatados polo persoal de Portos de Galicia con funcións inspectoras e de policía ad-ministrativa que se formalicen en documento público, e no que, observándose os requisitos legaispertinentes, se recollen os feitos constatados por el, farán proba, agás que se acredite o contrario.

5. Ao advertir a existencia dunha posible infracción, o órgano competente, logo das dilixencias opor-tunas, incoará á persoa presuntamente infractora un expediente sancionador, sendo en calqueracaso preceptiva a notificación do prego de cargos así como da proposta de resolución do expe-diente, para os efectos de formular alegacións e presentar os documentos e as informacións quese xulguen oportunos, con carácter previo a emitirse a resolución. Na tramitación de procedemen-tos sancionadores por feitos sucedidos no ámbito das superficies suxeitas a concesión será pre-ceptiva a audiencia do concesionario.

Artigo 143. Competencia

1. A competencia para a imposición das sancións previstas nesta lei corresponderalles:

a) Á persoa titular da Dirección da entidade pública empresarial Portos de Galicia para os supostosde infraccións leves sancionadas con contías inferiores a 10.000 euros.

b) Á persoa titular da Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia para as restan-tes infraccións leves.

c) Á persoa titular da consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Ga-licia no ámbito das súas competencias, nos casos de infraccións graves.

d) Ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta de Portos de Galicia no ámbito das súas compe-tencias, nos casos de infraccións moi graves.

2. Estes límites sobre atribucións de competencia, así como a contía das multas, poderán ser ac-tualizados ou modificados polo Consello da Xunta de Galicia.

3. Corresponderalle á persoa titular da Dirección da entidade pública empresarial a incoación dosexpedientes sancionadores.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65057

Page 125: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 144. Medidas provisionais

1. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante un acordomotivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia daresolución que puidese recaer, o bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da in-fracción e preservar os intereses xerais, de acordo cos principios de proporcionalidade, efectividadee menor onerosidade.

Ao se iniciar o procedemento, cando así veña exixido por razóns de urxencia inaprazable para aprotección provisional dos intereses implicados, o órgano competente para acordar tal iniciacióndo procedemento ou o órgano instrutor antes da iniciación do procedemento poderán adoptar deforma motivada as medidas provisionais que resulten necesarias e proporcionadas, con suxeiciónao establecido en materia de medidas provisionais na lexislación reguladora do procedemento ad-ministrativo común.

2. De se tratar de obras ilegais en curso de execución, poderase ordenar a súa paralización. De setratar de instalacións en explotación ou da execución de usos e actividades indebidos, poderasedispoñer a súa suspensión.

Coa notificación da orde de paralización ou suspensión outorgarase un prazo á persoa interesadapara que solicite ante a Administración portuaria o título correspondente ou axuste as obras ou aactividade ao que teña concedido.

Logo de transcorrer ese prazo sen que a persoa interesada cumpra o que se lle prescribiu, a Admi-nistración portuaria pode ordenar a demolición das obras ou o desmantelamento das instalacións,á custa da persoa interesada, e impedirá definitivamente os usos ou as actividades non autorizadas,agás que a medida poida causar prexuízos de imposible ou difícil reparación.

3. Poderase acordar, así mesmo, o precinto das obras ou das instalacións e a retirada dos materiais,da maquinaria ou dos equipos que se utilizan nas obras ou actividades a cargo da persoa intere-sada, así como suspender os fornecementos de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía para asegu-rar a efectividade da medida que se menciona no anterior punto 2.

4. Portos de Galicia poderá ordenar a adopción inmediata das medidas necesarias para evitar acontaminación xerada por todo tipo de verteduras.

5. Portos de Galicia poderá ordenar a inmediata retención, por causa xustificada, dos buques edas embarcacións para garantir as posibles responsabilidades administrativas ou económicas dosseus propietarios ou propietarias, representantes autorizados, capitáns ou capitás ou patróns oupatroas, sen prexuízo de que esta medida poida ser substituída pola constitución dun aval sufi-ciente.

6. Para a efectividade de todas as medidas previstas neste artigo, o órgano competente demandará,cando sexa necesario, a colaboración das forzas e corpos de seguridade.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65058

Page 126: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Artigo 145. Execución forzosa

1. Para garantir o cobramento do importe das multas e das indemnizacións por danos e perdascausados, así como para lograr o restablecemento da orde xurídica vulnerada, Portos de Galiciapoderá acudir á vía de constrinximento e servirse dos demais medios de execución forzosa previs-tos na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.

2. Para estes efectos, Portos de Galicia poderá proceder, logo do apercibimento, á execución forzosados actos administrativos, agás nos supostos en que se suspenda a súa execución ou cando a Cons-titución ou a lei exixan a intervención dos tribunais.

Artigo 146. Multas coercitivas

1. Portos de Galicia poderá impoñer multas coercitivas para a execución dos actos administrativosque implican unha obriga das persoas destinatarias, de acordo co previsto na lexislación reguladorado procedemento administrativo común e cos correspondentes requirimentos e advertencias pre-vios.

2. As multas coercitivas, que poden ser reiteradas por lapsos de tempo que sexan suficientes paracumprir o ordenado, non poderán ser de contía superior a 6.000 euros cada unha.

3. Cando as multas coercitivas se impoñan para lograr o cumprimento dunha sanción, a compe-tencia para fixala será do mesmo órgano que ditou a resolución sancionadora, e o importe de cadaunha delas non poderá ser superior ao vinte por cento da contía da sanción.

Artigo 147. Desafiuzamento administrativo

1. O desafiuzamento administrativo dos que ocupen de modo indebido e sen título bastante bensdo dominio público portuario acordarase logo do requirimento previo á persoa usurpadora paraque cese na súa actuación, cun prazo de dez días para que poida presentar alegacións, e no casode resistencia activa ou pasiva ao dito requirimento.

2. Os gastos que se causen serán por conta dos ou das que sexan desafiuzadas.

3. Corresponde á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia acordar o desafiuzamento, po-dendo solicitar da autoridade gobernativa correspondente a colaboración das forzas e corpos deseguridade cando sexa necesario.

Disposición adicional primeira. Sociedades mercantís públicas dependentes de Portos de Galicia

1. O Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar a creación de sociedades mercantís públicas de-pendentes da entidade pública empresarial para a xestión empresarial singularizada de actividadesportuarias determinadas.

2. A entidade pública empresarial terá participación maioritaria no capital das sociedades referidasno punto anterior, ás que se lles aplicará o establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de or-ganización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65059

Page 127: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Disposición adicional segunda. Zona de servizo de portos xestionados en concesión

No suposto de portos de competencia da Comunidade Autónoma que se xestionen mediante con-cesión, a súa zona de servizo formará parte da do porto de competencia autonómica.

Disposición adicional terceira. Relación de espazos susceptibles de segregación

A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborará unha relación dos espazos pesqueirose destinados a usos náutico-deportivos dos portos de interese xeral que reúnan as característicasrecollidas no artigo 3.6 do Texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, apro-bado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, para promover a segregación previstano citado artigo e nos artigos 2.1, alínea e), e 3.3 desta lei.

Disposición adicional cuarta. Lonxas xestionadas en réxime de monopolio

Suprímese o monopolio local en materia de lonxas conforme o previsto na normativa básica estatal.Naqueles concellos en que o servizo de lonxa veña prestándose en réxime de monopolio, o Conselloda Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de portos, poderá acordara explotación das lonxas de peixe situadas en zonas de servizo dos portos de acordo co réximeprevisto nesta lei.

Disposición adicional quinta. Persoal da estiba portuaria

1. No ámbito do servizo portuario de manipulación de mercadorías rexerá o principio de liberdadede contratación.

2. Malia o anterior, naqueles portos onde veña funcionando o réxime de estibadores ou estibadorasda antiga Organización de Traballos Portuarios e onde presten na actualidade os seus servizos es-tibadoras e estibadores «fixos de censo», co fin de protexer os seus dereitos laborais, manterasecon carácter de «a extinguir» a estes traballadores e traballadoras ata a extinción por calquera causada súa relación laboral especial.

Disposición adicional sexta. Rexistro de prestadores de servizos

A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, constituirá unrexistro de carácter administrativo onde constarán todos os prestadores de servizos dos portos edas instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación desta lei, coa expresión dos datos destes quesexan de interese para a aplicación desta lei. O rexistro actualizarase anualmente.

Disposición adicional sétima. Perspectiva e igualdade de xénero

No exercicio das funcións establecidas nesta lei, así como no funcionamento da entidade públicaempresarial Portos de Galicia, terase en conta a perspectiva de xénero e o principio de igualdadeentre mulleres e homes, así como o cumprimento efectivo do previsto no Decreto lexislativo 2/2015,do 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65060

Page 128: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para aigualdade efectiva de mulleres e homes.

Disposición transitoria primeira. Concesións e autorizacións vixentes á entrada en vigor da lei

1. Sen prexuízo da súa posible modificación cando se dean os supostos legalmente previstos, asconcesións e autorizacións sobre bens adscritos que supoñan ocupación do dominio público por-tuario vixentes á entrada en vigor desta lei seguirán suxeitas ás mesmas condicións en que se ou-torgaron, agás no que atinxe as taxas que sexan aplicables, que se adaptarán ao disposto nesta leie na lexislación autonómica vixente en materia de taxas (que na actualidade vén constituída polaLei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónomade Galicia), e ao prazo de vixencia, que consonte o establecido nesta disposición deberá observaren todo caso o recollido na lexislación básica estatal en materia de dominio público marítimo-te-rrestre.

2. Considérase en todo caso incompatible cos criterios de ocupación do dominio público portuarioestablecidos nesta lei o mantemento de concesións outorgadas a perpetuidade, por tempo indefi-nido ou por prazo superior a trinta e cinco anos, que haberá que contar desde a entrada en vigorda Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante. En todos estescasos, as concesións vixentes entenderanse outorgadas por un prazo máximo de trinta e cincoanos, contados desde a entrada en vigor desa lei. Nos demais supostos, a revisión das cláusulasdas concesións requirirá a tramitación dun expediente con audiencia da persoa interesada.

3. Aínda que o título de outorgamento non estableza a posibilidade de prórroga, o prazo inicial dasconcesións vixentes á entrada en vigor da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado eda Mariña Mercante, cando este prazo inicial sexa inferior a trinta e cinco anos, poderá ser prorro-gado sen se suxeitar aos requisitos establecidos no artigo 66.2.b) desta lei, ben que o prazo da pró-rroga acumulado ao inicialmente outorgado non poderá exceder do límite de trinta e cinco anos.

4. Aínda que o título de outorgamento non estableza a posibilidade de prórroga, o prazo inicial dasconcesións outorgadas con posterioridade á entrada en vigor da Lei 27/1992, do 24 de novembro,de portos do Estado e da Mariña Mercante, poderá ser prorrogado por Portos de Galicia con suxei-ción ao réxime previsto para as prórrogas de concesións no artigo 66.2.b) desta lei.

5. As obras e as instalacións construídas con anterioridade á entrada en vigor desta lei sen a auto-rización ou concesión exixible de acordo coa lexislación que fose aplicable serán derruídas candonon proceda a súa legalización por razóns de interese público. No caso de que se opte pola súa le-galización deberase outorgar unha concesión firme conforme os criterios e o procedemento esta-blecidos nesta lei.

6. As persoas que estean a desenvolver actividades industriais, comerciais ou de servizos ao públicono ámbito dun porto con anterioridade á entrada en vigor desta lei poderán seguir desenvolvendoa súa actividade nas mesmas condicións anteriores, ben que deberán adaptarse ás disposiciónsque establezan os pregos xerais que regulen a súa actividade nun prazo de seis meses a partir dapublicación dos ditos pregos.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65061

Page 129: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Se a adecuación non se producise no prazo sinalado, Portos de Galicia declarará extinguida a au-torización para o desenvolvemento de actividades no ámbito portuario.

Disposición transitoria segunda. Ampliación do prazo das concesións portuarias outorgadas pola Co-munidade Autónoma de Galicia con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 dexullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia

1. O prazo inicial das concesións outorgadas pola Comunidade Autónoma de Galicia con anteriori-dade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas ur-xentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, poderá ser ampliado por petición daparte concesionaria pola Administración portuaria competente, tendo en conta o disposto no artigo49 da Lei 22/1988, do 22 de xullo, de costas, e na demais normativa de aplicación, sempre que oconcesionario se comprometa, polo menos, á realización de investimentos relevantes para o portoou o sistema portuario galego.

2. O investimento mínimo que o concesionario deberá efectuar será do cinco por cento do valordas instalacións obxecto de concesión. Enténdese este como o correspondente ao inicialmente pre-visto na concesión (orzamento de execución material).

Para a súa consideración como obras computables como investimentos relevantes, deberán reuniralgún dos seguintes requisitos:

a) Non deben estar previstas no título concesional orixinal.

b) Aqueles investimentos realizados polo concesionario que non estean incluídos no título conce-sional e que non sexan computados para os efectos de prórrogas previamente adoptadas.

c) Os investimentos novos que se vaian executar desde a ampliación do prazo da concesión.

Así mesmo, as obras que se vaian realizar deberán mellorar algún dos seguintes aspectos:

a) A produtividade.

b) A eficiencia enerxética.

c) A calidade ambiental.

d) As operacións portuarias.

e) A introdución de novas tecnoloxías.

f) Os novos procesos que incrementen a competitividade.

g) A responsabilidade social corporativa e a mellora social e da poboación.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65062

Page 130: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

As obras que se realicen deberán ser aprobadas expresamente por Portos de Galicia, con base nanormativa vixente de aplicación, segundo as características da obra proposta.

3. A ampliación ou a prórroga do prazo da concesión non poderá ser superior á metade do prazomáximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesións sobre o dominio públicoportuario nos portos de interese xeral.

A ampliación da concesión determinará a modificación das condicións desta, e nela incluiranse osnovos compromisos adquiridos e o momento da súa execución, que deberán ser aceptados poloconcesionario con anterioridade á resolución sobre o seu outorgamento.

As obras deberanse executar integramente no prazo equivalente á metade do prazo de ampliaciónou nos primeiros catro anos seguintes ao comezo da ampliación concedida ao concesionario. Co-rresponde aos servizos técnicos de Portos de Galicia verificar o cumprimento desta obriga, para ocal deberá estenderse, por solicitude do concesionario, a correspondente acta de recoñecementofinal das obras que xustificasen a ampliación.

O incumprimento da obriga de executar as obras e os investimentos no prazo establecido, así comoa execución parcial ou defectuosa, dará lugar á caducidade do título de ampliación da concesión ede modificación da concesión, se é o caso.

4. Os concesionarios interesados en exerceren a opción de prórroga ou ampliación do prazo deconcesión de acordo co establecido nesta disposición poderano facer no prazo de dous anos desdea entrada en vigor da presente disposición transitoria.

Para a ampliación do prazo, o concesionario deberá presentar unha solicitude, á que deberá achegar:

a) A identificación da concesión a que se refire a solicitude.

b) A memoria en que se expliquen detalladamente os compromisos que asume o concesionario sese lle outorga a ampliación do prazo, así como a xustificación dela.

c) A proposta dos investimentos realizados ou que se van realizar, cunha memoria descritiva e osprazos previstos para a súa execución, de ser o caso.

d) A memoria económico-financeira de viabilidade da concesión ampliada, de acordo cos compro-misos que se pretenden cumprir.

e) A declaración responsable de que os compromisos de investimento se executarán nos prazos fi-xados.

Logo de analizar a documentación presentada, os servizos técnicos de Portos de Galicia procederána verificar o cumprimento dos requisitos e das obrigas sinalados. No caso de que non estea com-pleta a documentación ou sexa insuficiente, requirirase o concesionario para que o emende noprazo de quince días.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65063

Page 131: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Ao se completar a documentación, a Dirección de Portos de Galicia emitirá o seu informe sobre asolicitude para o seu traslado ao órgano competente para acordar o procedente sobre o outorga-mento da ampliación do prazo da concesión.

A resolución da concesión e a fixación do prazo deberán motivarse tendo en conta:

a) O tempo restante de vixencia da concesión.

b) O volume de investimento realizado durante a vixencia da concesión e autorizado por Portos deGalicia, de ser o caso.

c) O volume de investimento novo comprometido.

d) A vida útil do investimento tanto realizado como novo.

e) A memoria económico-financeira da concesión no momento do seu outorgamento e no mo-mento da solicitude de ampliación de prazo.

Así mesmo, para as concesións de portos deportivos e de instalacións en zonas portuarias de usonáutico-deportivo destinadas á prestación de servizo ás embarcacións deportivas e de lecer, a fi-xación do prazo da ampliación motivarase conforme os criterios anteriores, en función do investi-mento incluído no proxecto de investimento que sirva de base para a ampliación da concesión doprazo, considerando o orzamento, incluído o IVE, que será segundo o cadro seguinte, e conside-rando a coherencia do citado investimento co exposto nas alíneas anteriores:

O outorgamento ou a denegación da ampliación ten carácter discrecional, sen prexuízo da obrigade motivar as razóns do outorgamento ou da denegación.

A resolución do outorgamento da ampliación de prazo da concesión será publicada no Diario Oficialde Galicia, e nela farase constar, polo menos, a información relativa ao obxecto, ao prazo e á persoatitular da concesión.

5. A ampliación do prazo da concesión non será tida en conta para os efectos da valoración do res-cate, da revisión da concesión ou da indemnización por calquera causa a concesionarios, e non al-terará a situación xurídica existente respecto das obras e instalacións executadas poloconcesionario que, á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentespara o crecemento, a competitividade e a eficiencia, revertan á autoridade portuaria, así como dataxa de ocupación que corresponda exixir polo seu uso. Verbo das obras e instalacións que nonrevertan, será aplicable o réxime previsto legalmente.

Investimento AnosMenos de 50.000 € 550.001-100.000 € 10

100.001-200.000 € 15200.001-400.000 € 20Máis de 400.001 € 25

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65064

Page 132: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

6. Os concesionarios que con anterioridade á entrada en vigor desta disposición presentasen unhasolicitude de ampliación que se atope en tramitación poderán optar no prazo dun ano, que se con-tará desde a entrada en vigor da presente disposición, entre a continuación do procedemento deacordo coa lexislación anterior ou a mellora voluntaria da solicitude, para os efectos de a adaptará nova regulación, conservándose os actos e os trámites cuxos contidos non se vexan alteradospola nova regulación.

Disposición transitoria terceira. Prohibicións

O réxime de prohibicións contido nesta lei será aplicable a partir do momento da súa entrada envigor. Porén, as ocupacións e utilizacións que estean amparadas por un título vixente na data dasúa entrada en vigor poderanse manter durante o período de vixencia do título, que non poderáser, en ningún caso, obxecto de prórroga, sen prexuízo do réxime de prohibicións derivado da nor-mativa en materia de dominio público marítimo-terrestre.

Disposición transitoria cuarta. Zona de servizo dos portos

En tanto non se proceda á delimitación prevista nesta lei, considérase zona de servizo dos portoso conxunto de espazos de terra incluídos na zona de servizo existente á entrada en vigor da pre-sente lei e mais as superficies de auga comprendidas nas zonas I e II delimitadas para cada portopara efectos do cobramento de tarifas. Para tales efectos, Portos de Galicia publicará a través dasúa páxina web tales delimitacións para o coñecemento xeral.

Disposición transitoria quinta. Réxime transitorio aplicable a plans de utilización dos espazos portua-rios, a delimitacións dos espazos e dos usos portuarios e a plans directores de infraestruturas

1. Os plans de utilización dos espazos portuarios e as delimitacións dos espazos e dos usos por-tuarios aprobados con anterioridade á entrada en vigor desta lei manterán a súa vixencia. Así etodo, cando se proceda á súa primeira modificación, estes plans deberán adaptarse ao dispostonos artigos 51 e 52.

2. As delimitacións dos espazos e dos usos portuarios que á entrada en vigor desta lei estean entramitación deberán axustarse ao disposto nos artigos 51 e 52.

3. Os plans directores de infraestruturas aprobados con anterioridade á entrada en vigor desta leimanterán a súa vixencia. Así mesmo, os plans directores de infraestruturas que á entrada en vigordesta lei estean en tramitación deberán adaptarse ao disposto nos artigos 32, 33, 34 e 35.

Disposición transitoria sexta. Normas urbanísticas de aplicación directa

En tanto non se proceda á aprobación dos plans especiais de ordenación portuaria, as obras pro-movidas por particulares que estean suxeitas a control preventivo municipal, así como as obrasdas administracións públicas portuarias, axustaranse, no que respecta aos parámetros urbanísticos,ás seguintes normas de aplicación directa, que terán carácter subsidiario do plan especial de orde-nación urbanística do porto e que non vinculan nin limitan a definición da estrutura xeral e os usospormenorizados no ámbito portuario que corresponden ao plan especial:

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65065

Page 133: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

a) Usos permitidos: os indicados nesta lei.

b) Normas de edificación:

1ª) Alturas: a altura máxima da cima das edificacións será de 12 metros, coa excepción desta deli-mitación daquelas instalacións singulares destinadas ao servizo do porto, tales como silos, guin-dastres, depósitos, frío, torres de iluminación e balizamento.

2ª) Superficie edificable: máximo de 1,5 m2/m2 de edificación.

3ª) Normas estéticas: as edificacións deberanse integrar esteticamente no conxunto do porto, senprovocar rupturas co contorno polo deseño, a cor ou os remates, debéndose cumprir a normativade patrimonio ditada pola dirección xeral da Administración autonómica competente en materiade patrimonio na zona onde sexa aplicable.

Disposición transitoria sétima. Regulamento de explotación e policía

Entrementres non se aprobe o Regulamento de explotación e policía ao que se refire o artigo 125seguirá en vigor o Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuñode 1976 para a Comisión Administrativa de Grupos de Portos, en todo aquilo que non se opoña aodisposto nesta lei e na restante lexislación aplicable na materia.

O dito regulamento aprobarase no prazo máximo dun ano desde a aprobación desta lei.

Disposición transitoria oitava. Persoal laboral fixo da entidade pública empresarial Portos de Galicia

1. O persoal laboral fixo da entidade pública empresarial Portos de Galicia que no momento da en-trada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese arealizar funcións de traballo de persoal funcionario en virtude de probas de selección ou promocióninterna convocadas antes da data sinalada seguirá a realizalas.

2. Para os efectos da valoración, a clasificación e a determinación das funcións de traballo do per-soal funcionario asignadas aos postos de traballo afectados por esta disposición, o cadro de persoalactualmente vixente é o aprobado polo Consello Reitor de Portos de Galicia na súa sesión do 6 dexuño de 2013.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Quedan derrogadas as disposicións seguintes:

a) A Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan especial de portos da Comunidade Autónoma de Galicia.b) A Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia.

2. Quedan así mesmo derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao es-tablecido nesta lei.

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65066

Page 134: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento regulamentario

O Consello da Xunta de Galicia poderá ditar cantas normas regulamentarias sexan necesarias parao desenvolvemento desta lei.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta lei entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Portos e instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Nº Porto

Provincia de Lugo

1 Ribadeo 2 Rinlo 3 Foz 4 Nois 5 Burela 6 San Cibrao7 Morás 8 Portocelo 9 Viveiro-Celeiro 10 O Vicedo

Provincia da Coruña

11 O Barqueiro 12 Bares 13 Espasante 14 Ortigueira 15 Cariño 16 Cedeira 17 Maniños-Barallobre 18 O Seixo 19 Mugardos 20 Ares 21 Redes 22 Pontedeume 23 Miño 24 Perbes (embarcadoiro vinculado a Miño)25 Betanzos 26 Sada-Fontán

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65067

Page 135: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Nº Porto 27 Lorbé 28 Mera 29 Santa Cruz 30 San Pedro de Visma 31 Suevos 32 Caión 33 Razo 34 Malpica 35 Barizo 36 Santa Mariña37 Corme 38 Ponteceso 39 Laxe 40 Camelle 41 Arou42 Santa Mariña de Camariñas43 Camariñas 44 Muxía 45 Fisterra 46 Sardiñeiro 47 Quenxe48 Corcubión 49 Cee 50 O Ézaro 51 O Pindo 52 Portocubelo 53 Os Muíños54 Muros 55 Esteiro 56 A Barquiña57 O Conchido58 A Barquiña59 O Freixo 60 Noia 61 Testal 62 Boa 63 Portosín 64 Porto do Son 65 Corrubedo 66 Aguiño 67 Castiñeiras 68 A Ameixida 69 Insuela70 Ribeira 71 Palmeira 72 A Pobra do Caramiñal

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65068

Page 136: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Nº Porto 73 Escarabote 74 Cabo de Cruz 75 Ancados 76 Bodión 77 Taragoña-O Porto78 Rianxo 79 Rañó

Provincia de Pontevedra

80 Pontecesures 81 Carril 82 Vilaxoán 83 As Sinas84 Vilanova de Arousa 85 San Miguel de Deiro 86 O Cabodeiro (illa de Arousa) 87 O Xufre-A Illa88 O Campo (illa de Arousa) 89 Cambados-Tragove90 A Toxa 91 O Grove 92 Meloxo 93 Pedras Negras 94 Portonovo 95 Sanxenxo 96 Raxó 97 O Covelo 98 Combarro 99 Campelo 100 Pontevedra (Club Naval)101 As Corbaceiras102 Aguete 103 Bueu 104 Beluso 105 Aldán 106 Cangas 107 Moaña 108 Meira 109 Domaio 110 San Adrián de Cobres111 Santa Cristina de Cobres112 Arcade 113 Cesantes 114 Canido 115 Panxón 116 Santa Marta de Baiona

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65069

Page 137: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017Marta Rodríguez AriasPresidenta da Comisión

Juan José Merlo LorenzoSecretario da Comisión

Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación co Proxecto delei de portos de Galicia

Ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia das emendas mantidas edos votos particulares formulados ao Ditame emitido pola Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo:

— G. P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 20582).— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 20594).— G. P. de En Marea (doc. núm. 20596).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Nº Porto 117 Baiona 118 Santa María de Oia 119 A Guarda 120 A Pasaxe 121 Goián 122 Tui

X lexislatura. Número 217. 27 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65070

Page 138: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través

da súa portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da

Cámara MANTÉN, para a súa defensa en Pleno, todas as emendas presentadas

ao Proxecto de lei de portos de Galicia [10/PL-000005 (doc. núm. 14376)], que

non foron incorporadas ao ditame da Comisión.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Asdo.: Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Pontón Mondelo na data 23/11/2017 12:14:40

65071

Page 139: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da Cámara, comunícalle

a esa Presidencia que mantén, para a súa defensa en Pleno, as emendas

presentadas ao Proxecto de lei de portos de Galicia (doc. núm. 1437), agás

as aprobadas ou transacionadas.

Pazo do Parlamento, 23 de novembro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 23/11/2017 12:59:44

65072

Page 140: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, mantén para a súa defensa en Pleno, todas as emendas

presentadas ao Proxecto de lei de portos de Galicia, doc. núm. 14376 (10/PL-

000005), que non foron incorporadas ao Ditame da Comisión.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017.

Asdo.: Luís Villares Naveira

Voceiro do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luis Villares Naveira na data 23/11/2017 13:31:55

65073

Page 141: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

1

Texto para Pleno

PROXECTO DE LEI DE PORTOS DE GALICIA

Proxecto de lei: BOPG núm. 165, do 30.07.2017 Emendas ao articulado: BOPG núm.196, fascículo 1, do 19.10.2017 Informe da Ponencia: BOPG núm. 212, fascículo 2, do 16.11.2017 Ditame da Comisión: BOPG núm. 217, fascículo 3, do 27.11.2017

Page 142: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO PRELIMINAR Disposicións xerais CAPÍTULO I Obxecto e ámbito de aplicación da lei Artigo 1. Obxecto da lei Esta lei ten por obxecto establecer a organización portuaria de Galicia e o réxime xurídico dos portos e das instalacións portuarias que son competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende a determinación, planificación, construción, xestión e utilización do dominio público portuario e mais a prestación de servizos nos portos, así como as medidas de policía portuaria e o réxime sancionador.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº1, de Supresión. Débese suprimir a verba: "construción". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº1, de Adición. Logo de: "... réxime xurídico ..." , débese engadir a seguinte expresión: "... e económico-financeiro ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº2, de Adición. No termo do parágrafo, despois de: "... portuaria e o réxime ...", débese engadir: "... de infraccións e ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº3, de Adición. Débese engadir in fine a seguinte expresión: "..., e ao transporte marítimo de competencia autonómica." __________________________________________

Page 143: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 2. Ámbito de aplicación 1. No ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, esta lei aplicarase aos seguintes espazos e infraestruturas portuarias: a) Os portos marítimos situados na Comunidade Autónoma de Galicia que non fosen cualificados de interese xeral. b) As instalacións marítimas, que non constitúan instalacións menores segundo a normativa de costas, que formen parte dun porto de competencia autonómica ou que estean adscritas a el. c) As instalacións portuarias. d) Os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo. e) Os espazos pesqueiros e destinados a usos náutico-deportivos situados no recinto portuario dos portos de interese xeral que fosen segregados deses portos e adscritos á Comunidade Autónoma, de conformidade co previsto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante. f) As mariñas interiores marítimo-terrestres que se integren na zona de servizo dun porto. 2. Esta lei tamén se aplicará aos portos e ás instalacións fluviais e lacustres, en canto non se opoña á súa propia natureza e á lexislación do dominio público hidráulico.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº2, ao apartado 2, de Supresión. Débese suprimir o punto 2. __________________________________________

Page 144: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 3. Determinación dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia 1. Son de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia os portos, as infraestruturas e as instalación portuarias que, non sendo cualificados de interese xeral, estean situados dentro do seu territorio, permitan a realización de operación de tráfico portuario e presten servizos ás actividades comerciais, pesqueiras e deportivas ou náutico-recreativas. 2. Teñen a consideración de portos e instalacións portuarias de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia os que figuran no anexo desta lei e aqueles que, en desenvolvemento das competencias estatutarias que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, se vaian incorporando por decreto da Xunta de Galicia. 3. Deberán ser tamén obxecto de integración na relación de portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia os espazos pesqueiros e os destinados a usos náutico-deportivos que sexan segregados dos portos de interese xeral do Estado radicados en Galicia e adscritos á Comunidade Autónoma, de conformidade co previsto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante. 4. Nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia poderanse realizar as operación comerciais, industriais, pesqueiras, deportivas ou recreativas recollidas na delimitación dos espazos e dos usos portuarios, ou poderán servir de refuxio, avituallamento, reparación ou varada, segundo se estableza regulamentariamente. 5. Os elementos, as condicións, os servizos e as demais características con que deberán contar, como mínimo, os portos e as instalacións marítimas a que se refire esta lei determinaranse por vía regulamentaria.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº4, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo débese engadir in fine a seguinte frase: "..., ou aqueles que de acordo coa lexislación vixente poidan ser transferidos."

Page 145: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

5

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº5, ao apartado 4, de Supresión. Débese suprimir in fine no punto 4 a seguinte frase: "..., segundo se estableza regulamentariamente." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº3, ao apartado 4, de Adición. Débese engadir no punto 4, despois da verba "industriais", a seguinte expresión: "directamente vencelladas coas operacións que realice o porto,...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº1, ao apartado 4, de Adición. Emenda de adición, apartado 4 do artigo 3: Engadir despois de: "industriais", o seguinte: "ligadas ao mar". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº6, ao apartado 5 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 5 bis, que terá o seguinte contido: "5 bis. A iniciativa para a promoción de posibles novos portos ou infraestruturas portuarias corresponde ás administracións, aínda que se pode admitir a iniciativa privada condicionada á presentación de estudos de viabilidade e á súa aprobación pola Administración portuaria coa súa inclusión no Plan de portos de Galicia definido nesta lei." __________________________________________

Page 146: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

6

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 4. Definicións Para os efectos desta lei, considéranse: a) Porto marítimo: o conxunto de terreos, augas e instalacións que reúna as condicións físicas e organizativas que permitan, entre outras, a realización de operación e actividades portuarias tales como entrada, saída, atracada, desatracada, estada e reparación no porto de buques ou outros medios de navegación, así como as de embarque e desembarque de persoas e bens. b) Instalación marítima: o conxunto de obras e infraestruturas que, non tendo a consideración de porto, se destina a zona portuaria de uso pesqueiro, náutico-deportivo, transbordo de persoas ou bens, embarcadoiros, varadoiros, ancoradorios ou similares. Considérase que forman parte dun porto cando estean integradas nel ou cando, mesmo constituíndo una realidade física descontinua, integren xunto co porto una unidade organizativa ou están adscritas a el. c) Instalacións portuarias: as obras civís de infraestrutura fixas ou desmontables, as de superestrutura e edificación, así como as instalacións mecánicas e as redes técnicas de servizo destinadas a realizar ou facilitar operación de tráfico portuario, dentro da zona de servizo dos portos. d) Porto deportivo: o conxunto de augas abrigadas, natural ou artificialmente, os espazos terrestres contiguos a estas e as obras, infraestruturas e instalacións necesarias para desenvolver operación propias da frota deportiva. e) Zona portuaria de uso náutico-deportivo: a parte dun recinto portuario preexistente que se destina á prestación de servizos ás embarcacións deportivas e de lecer. f) Mariña interior: o conxunto de infraestruturas, obras e instalacións necesarias para comunicar permanentemente os terreos interiores de propiedade privada ou da administración pública, urbanizados ou susceptibles de urbanización, co mar territorial, coas augas interiores ou coa lámina de auga dos portos ou das instalacións marítimas, mediante unha rede de

Page 147: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

7

canles marítimo-terrestres que se integren na zona de servizo dun porto. f bis) Mariña seca: espazo terrestre situado dentro dun recinto portuario destinado ao depósito en terra de embarcacións e a ofrecer, entre outros, servizos de almacenamento, reparación, gardaría e posta á disposición de medios mecánicos de izada e baixada de embarcacións. g) Autorizacións temporais de uso de postos de atracada: os títulos que habilitan para o uso e gozo, durante un prazo mínimo de seis meses e non superior a catro anos, dun posto de atracada destinado a embarcacións deportivas e de lecer. h) Embarcacións deportivas ou de lecer con base no porto: aqueles barcos que reciben a prestación do servizo de atracada ou ancoraxe por un período dun ou máis semestres. Os restantes serán considerados como de paso no porto.

NON TEN EMENDAS

Page 148: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

8

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 5. Clasificación 1. Os portos a que se refire esta lei clasifícanse, por razón da súa orixe, en naturais e artificiais. Son portos naturais os constituídos polas augas abrigadas pola mesma disposición natural do terreo ou os parcialmente abrigados que se destinan á ancoraxe, ocasional ou de tempada, de buques e embarcacións comerciais, de pesca e deportivas ou de lecer. Son portos artificiais aqueles que requiren para existir a realización de obras de abrigo. 2. Os portos e as instalacións marítimas clasifícanse, por razón do seu uso ou destino, en comerciais, industriais, pesqueiros, deportivos e mixtos, en función de se se destinan de forma exclusiva ou principal a unha ou a varias destas actividades.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 149: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

9

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO III Principios xerais Artigo 6. Principios xerais de xestión e actuación 1. As actividades reguladas nesta lei desenvolveranse de acordo cos principios de unidade de xestión, rendibilidade socioeconómica, planificación, equilibrio económico-financeiro e desenvolvemento sustentable, co obxectivo da integración e planificación territorial, en prol de preservar o litoral galego en consonancia cos seus valores naturais, culturais, patrimoniais, paisaxísticos e ambientais. A xestión dos portos e das instalacións portuarias estará orientada a garantir o interese xeral, para o que se promoverá este co fomento da participación da iniciativa privada por medio de concesións e autorizacións no deseño, a construción, o financiamento e a explotación das instalacións portuarias e mais na prestación de servizos, nos termos establecidos nesta lei e no resto do ordenamento xurídico. 2. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro das competencias propias da Comunidade Autónoma, a través de accións normativas ou pactadas, establecerá os instrumentos axeitados para garantir unha posición estratéxica e a cooperación e colaboración na xestión entre os portos de competencia autonómica e os portos de interese xeral do Estado situados no territorio autonómico galego.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº4, de Substitución. Débese substituír o texto do artigo polo seguinte: "Artigo 6. Principios xerais de xestión e ocupación 1. A xestión dos portos da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro das competencias propias da Comunidade Autónoma, como parte fundamental do desenvolvemento socioeconómico, rexerase polos principios de solidariedade, xestión integrada, accesibilidade e sustentabilidade.

Page 150: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

10

2. A xestión dos portos da Comunidade Autónoma de Galicia asume a intermodalidade como obxectivo prioritario da súa xestión. 3. A xestión dos portos atenderá a realidade socioeconómica da contorna e da desexable rendibilidade dos activos públicos, principalmente das rendabilidades de carácter social, atendendo o respecto dos principios de seguridade e saúde laboral. 4. A xestión dos portos da Comunidade Autónoma de Galicia deberá garantir a preservación do ambiente natural. 5. O respecto dos principios de protección da cidadanía usuaria dos portos deberá asegurar o acceso aos servicios portuarios especialmente das persoas con diversidade funcional e mais o respecto aos principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº2, ao apartado 1, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 1 do artigo 6: Substituír o segundo parágrafo polo seguinte texto: “A xestión dos portos e das instalacións portuarias estará orientada a garantir o interese xeral, para o que se priorizará a xestión pública, sen prexuízo da posibilidade de participación da iniciativa privada a través das concesións e autorizacións para a prestación de servizos especiais, de carácter complementario nos termos establecidos nesta lei e no resto do ordenamento xurídico”. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº8, ao apartado 1, de Modificación. No primeiro parágrafo do punto 1, onde di: " ... rendibilidade socioeconómica, ...", debe dicir: "... rendibilidade social ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº9, ao apartado 1, de Modificación. No segundo parágrafo do punto 1 deste artigo, onde di: "... promovendo este co fomento da participación ...", debe dicir: "... para o que se promoverá este coa participación ...". __________________________________________

Page 151: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

11

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº3, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 6: Engadir ao final do primeiro parágrafo: “, coa prohibición, con carácter xeral e agás casos totalmente xustificados, de novos portos e dos recheos do mar e das rías, polas graves repercusións ambientais, na pesca, no marisqueo e nas praias e a paisaxe”. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº10, ao apartado 2, de Supresión. No punto 2 deste artigo débese suprimir a expresión: "... normativas e/ou ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº4, ao apartado 2, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 2 do artigo 6: Substituír o apartado 2 do artigo 6 polo seguinte texto: “2. O Goberno e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia deseñarán políticas e levarán a cabo as xestións que permitan a transferencia dos portos de interese xeral do Estado situados en territorio galego, sen prexuízo de arbitrar accións normativas e pactadas de coordinación, mentres non se produza a transferencia”. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº11, ao apartado 2 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 2 bis, que terá o seguinte contido: "2 bis. En todo caso, o acceso aos portos galegos será libre e gratuíto, agás as limitacións que se impoñan para unha correcta xestión ou explotación dos seus servizos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº12, ao apartado 6 bis), de Adición. Débese engadir un novo artigo 6 bis, que terá o seguinte contido:

Page 152: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

12

"Artigo 6 bis. Fins da actividade administrativa portuaria A actividade administrativa na materia portuaria que constitúe o obxecto desta lei ten os seguintes fins: 1. A organización do sistema portuario de Galicia. 2. A harmonización das actuacións en materia de portos coa planificación territorial e urbanística e a preservación do litoral en consonancia cos seus valores naturais, culturais, patrimoniais, paisaxísticos e ambientais. 3. A coordinación co resto das administracións públicas e institucións en relación coas instalacións portuarias. 4. A defensa, conservación e mellora do dominio público portuario. 5. Facilitar a práctica de actividades de investigación científica e técnica e de estudo, así como a práctica de actividades culturais, docentes e deportivas mediante a provisión de infraestruturas portuarias en termos de desenvolvemento sustentable. 6. A ordenación da participación da iniciativa privada na provisión de infraestruturas e equipamentos portuarios dentro do marco e dos criterios definidos pola administración a través dos correspondentes instrumentos de planificación. 7. A organización e o funcionamento das actividades e dos servizos que se desenvolvan no seu ámbito de aplicación de acordo con criterios de eficacia, eficiencia e boa administración. 8. A calidade e a seguridade na prestación de servizos ás persoas usuarias." __________________________________________

Page 153: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

13

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO I Da organización portuaria de Galicia Artigo 7. Natureza e personalidade 1. A entidade Portos de Galicia é unha entidade pública empresarial das reguladas na sección 4ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. 2. A entidade pública empresarial Portos de Galicia, creada pola Lei 5/1994, do 29 de novembro, desenvolverá e xestionará as funcións e os servizos que en materia de portos de competencia da Comunidade Autónoma lle son atribuídos por esta lei, con suxeición aos principios da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. 3. A entidade pública empresarial ten personalidade xurídica, patrimonios e tesouraría de seu, así como plena capacidade para o cumprimento dos fins dela, sen prexuízo das relacións que nesta lei se establecen coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 4. A entidade pública empresarial quedará adscrita á consellaría competente en materia de portos e terá a súa sede en Santiago de Compostela. 5. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderase identificar no desenvolvemento da súa actividade baixo a denominación de «EPE Portos de Galicia».

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº5, de Modificación. Emenda de modificación. Artigo 7 Nos apartados 3, 4 e 5 do artigo 7, substituír: "entidade pública empresarial", por: "organismo autónomo". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº13, ao apartado 1, de Modificación.

Page 154: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

14

No punto 1 deste artigo, onde di: "... entidade pública empresarial ...", debe dicir: "... axencia pública autonómica ...". Expresión que se debe cambiar en todo o texto. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº14, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, onde di: "... na sección 4ª do capítulo II ..." debe dicir: "... na sección 3ª do capítulo II ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº6, ao apartado 1, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 1 do artigo 7. O artigo 7.1 quedaría redactado da seguinte maneira: "1. O organismo autónomo Portos de Galicia é un organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título II da Lei 16/2010..." (segue igual). __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº15, ao apartado 5, de Supresión. O punto 5 deste artigo débese suprimir. __________________________________________

Page 155: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

15

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 8. Obxecto 1. Á entidade pública empresarial Portos de Galicia correspóndelle o proxecto, a construción, a conservación, a mellora, a ordenación, a administración e a explotación das obras, instalacións, servizos e actividades portuarias, así como a planificación das zonas de servizo e as súas futuras ampliacións, nos termos previstos nesta lei. Asumirá igualmente as funcións que, no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma, lle poida atribuír a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión e actuacións no dominio público marítimo-terrestre. 2. Sen prexuízo das competencias que esta lei atribúe aos órganos superiores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a entidade pública empresarial Portos de Galicia dispoñerá das potestades reguladas nesta lei e das facultades necesarias para a realización dos seus fins. 3. Para os efectos do desenvolvemento e o cumprimento dos devanditos fins, o ámbito territorial de cada porto será o comprendido dentro dos límites da súa zona de servizo.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº5, de Substitución. Débese substituír o texto do artigo polo seguinte: "Artigo 8. Obxecto Corresponde á entidade pública empresarial Portos de Galicia: a) A planificación e a programación dos servizos portuarios, atendendo os principios de sustentabilidade ambiental, prestación de servizo público e cohesión social da Comunidade Autónoma de Galicia. b) A xestión, conservación e administración dos portos contidos no anexo desta lei. c) A prestación dos servicios portuarios atendendo os principios de equidade, progresividade na repercusión dos custos e a transparencia na xestión." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº7, de Modificación.

Page 156: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

16

Emenda de modifcación. Artigo 8. Nos apartados 1 e 2 do artigo 8, substituír: "entidade pública empresarial", por: "organismo autónomo". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº16, ao apartado 3, de Supresión. O punto 3 deste artigo débese suprimir. __________________________________________

Page 157: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

17

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 9. Funcións 1. Dentro da esfera de actividades encadradas no obxecto delimitado no artigo anterior, Portos de Galicia xestionará a explotación das instalación portuarias e dos demais bens adscritos ao seu patrimonio. 2. A entidade pública empresarial asumirá o fomento global da actividade económica no ámbito dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, das actividades industriais e comerciais directamente relacionadas co tráfico portuario e mais da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico en materias relacionadas coa explotación e a construción portuarias.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº17, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo, no inicio del, despois de: "... empresarial asumirá ...", débese engadir: "... de acordo coa planificación xeral aprobada pola Xunta de Galicia ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº18, ao apartado 2 bis), de Adición. Débese engadir un punto 2 bis, que terá o seguinte contido: "2 bis. Determinará mediante os instrumentos de ordenación portuaria os parámetros de protección e os obxectivos de xestión que deberán incorporar as iniciativas de actuación sobre os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo, co obxecto de asegurar a xestión sustentable dos recursos, a conservación do litoral, a integración e harmonización das obras e instalacións coa paisaxe e a compatibilidade cos sistemas xerais e as demais determinacións urbanísticas." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº19, ao apartado 2 ter), de Adición. Débese engadir un novo punto 2 ter, que terá o seguinte contido:

Page 158: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

18

" 2 ter. Igualmente, en coordinación co resto de institucións ou organismos administrativos competentes na materia, levará a cabo as propostas para o fomento das áreas de transporte de mercadorías con orixe/destino nas instalacións portuarias galegas." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº6, ao apartado 3, de Adición. Débese engadir un punto co seguinte texto: "3. Aprobar os plans de emerxencia interior, os plans de continxencia por contaminación mariña e os plans de protección das instalacións portuarias." __________________________________________

Page 159: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

19

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 10. Réxime Xurídico 1. Portos de Galicia rexerase pola presente lei e polas disposicións que se diten no seu desenvolvemento. 2. A súa organización e o seu réxime xurídico interno regúlanse polo dereito administrativo e o seu réxime xurídico externo regúlase polo dereito privado, a non ser no exercicio das potestades administrativas que teña atribuídas e nos aspectos específicamente previstos en normas con rango de lei.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº20, de Supresión. Débese suprimir. __________________________________________

Page 160: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

20

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 11. Órganos da entidade 1. Para o desempeño das súas funcións, Portos de Galicia estrutúrase nos seguintes órganos : a) De goberno: 1º. A Presidencia. 2º. O Consello Reitor. b) Executivo: A Dirección. 2. No conxunto dos órganos de goberno de Portos de Galicia procurarase acadar unha composición equilibrada de mulleres e homes. 3. As persoas titulares da Presidencia e da Dirección cumprirán coas obrigas que a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, introduce nos mecanismos de bo goberno e control da actividade das persoas que ocupan altos cargos no sector público autonómico.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº8, ao apartado 2, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 2 do artigo 11. Substituír o apartado 2 polo seguinte texto: "2. No conxunto dos órganos de goberno de Portos de Galicia establecerase a paridade de xénero." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº21, ao apartado 2, de Modificación. Proponse unha nova redacción para o punto 2 deste artigo, que terá o seguinte contido: "2. No conxunto dos órganos de Portos de Galicia respectarase o principio de igualdade para unha presenza equilibrada de mulleres e homes." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº9, ao apartado 3, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 3 do artigo 11.

Page 161: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

21

Substituír no comezo do apartado o seguinte: "As persoas titulares da Presidencia e da Dirección", por: "As persoas titulares dos órganos da entidade...". __________________________________________

Page 162: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

22

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 12. Presidencia da entidade 1. A Presidencia é o órgano unipersoal de goberno da entidade pública empresarial. 2. A Presidencia da entidade será nomeada polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellaría competente en materia de portos. 3. Compete á Presidencia o exercicio das seguintes funcións : a) Exercer a representación da entidade pública empresarial. b) Desenvolver e executar as directrices que dite a Xunta de Galicia en materia da súa competencia. c) Exercer a alta dirección do persoal da entidade. d) Propoñer ao Consello Reitor as políticas xerais de actuación e xestión da entidade, de acordo coas directrices e cos criterios establecidos para o efecto polo Consello da Xunta de Galicia. e) Exercer a iniciativa na elaboración dos plans directores de infraestruturas, de obras, de instalacións dos portos e das súas ampliacións, así como dos plans especiais de ordenación portuaria. f) Formular e remitir ao Consello da Xunta, a través da consellaría competente en materia de portos e por proposta da consellaría competente en materia de facenda, os programas xerais plurianuais de investimentos e o seu financiamento anual cos seus complementarios orzamentos de explotación e capital, se é o caso. g) Acordar a realización das obras e dos investimentos, coa formalización de todos aqueles contratos, actos e negocios xurídicos que sexan necesarios para o desenvolvemento das funcións da entidade e o cumprimento dos seus fins. h) Velar polo cumprimento dos acordos do Consello Reitor. i) Conferir as delegacións de competencias propias que considere convenientes. j) Outorgar as concesións de ocupación do dominio público portuario e as autorizacións de ocupación do dominio público portuario cando o seu prazo de vixencia sexa superior a dous anos. k) Outorgar as autorizacións para a prestación de servizos e a realización de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza nos portos. l) Exercer todas as funcións non atribuídas expresamente a outros órganos da entidade pública empresarial.

EMENDAS MANTIDAS:

Page 163: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

23

-Do G.P. En Marea. Emenda nº7, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "2. A Presidencia da entidade será nomeada polo Parlamento galego (por un período máximo de catro anos), e este nomeamento precisará da maioría absoluta da Cámara." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº22, ao apartado 2, de Modificación. No punto 2 deste artigo, onde di: "A Presidencia da entidade será nomeada polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa ....", debe dicir: "A Presidencia da entidade será a persoa ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº8, ao apartado 3.e), de Supresión. Débese suprimir o apartado e) do punto 3. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº9, ao apartado 3.f), de Supresión. Débese suprimir o apartado f) do punto 3. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº10, ao apartado 3.j), de Supresión. Débese suprimir o apartado j) do punto 3. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº11, ao apartado 3.k), de Supresión. Débese suprimir o apartado k) do punto 3. __________________________________________

Page 164: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

24

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 13. O Consello Reitor 1. O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno da entidade pública empresarial. 2. O Consello Reitor estará constituído pola Presidencia e a Dirección da entidade e mais polo número de vogais que se estableza regulamentariamente, nomeados estes pola persoa titular da consellaría competente en materia de portos, entre os que, en todo caso, estarán representadas a consellaría competente en materia de facenda e as distintas consellarías que poidan ter intereses na materia por razóns da súa competencia, en especial a consellaría competente en materia de pesca, así como as entidades locais, as corporacións e as entidades, organizacións e asociacións máis representativas das persoas usuarias. 3. Compete ao Consello Reitor o exercicio das seguintes funcións: a) Facer o seguimento, a supervisión e o control superiores da actuación da entidade e da xestión da persoa titular da Dirección. b) Aprobar un informe xeral anual da actividade desenvolvida pola entidade e cantos outros informes extraordinarios considere necesarios sobre a súa xestión, coa valoración dos resultados obtidos e a consignación das deficiencias observadas. c) Aprobar o anteproxecto de orzamentos anuais e contraer as obrigas de carácter plurianual dentro dos límites que teña fixados. d) Aprobar as contas anuais e, de ser o caso, a distribución do resultado do exercicio consonte a lexislación de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia. e) Controlar o cumprimento das directrices aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia. f) Aprobar as normas de réxime interior da entidade pública empresarial, así como a organización dos servizos administrativos e dos portos. g) Aprobar e modificar a dotación de persoal e a proposta de relación de postos de traballo da entidade pública empresarial e o seu réxime de retribucións, logo do informe favorable das consellarías competentes en materia de orzamentos e de función pública. h) Elaborar as taxas por servizos portuarios para a súa posterior presentación ao Consello da Xunta, a través da

Page 165: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

25

consellaría competente en materia de facenda e por proposta da consellaría competente en materia de portos. i) Propoñer aos órganos competentes da Administración autonómica, a través da consellaría competente en materia de portos, a aprobación dos plans de obras, de instalacións de portos e das súas ampliacións, así como dos plans especiais de ordenación portuaria. Cando se trate de plans de obras ou instalacións portuarias e as súas ampliacións, ou de plans especiais de ordenación portuaria cun contido de natureza pesqueira, previamente á súa remisión ao órgano competente para a súa aprobación, pedirase informe á consellaría competente en materia de pesca. j) Aprobar a xestión anual e o balance, así como a conta de resultados e a memoria de cada exercicio económico. k) Acordar, con suxeición ás disposicións da normativa orzamentaria, as operacións crediticias a medio e longo prazo que sexan necesarias, logo do informe da consellaría competente en materia de facenda para as operacións a medio prazo e da autorización previa da dita consellaría para as operacións a longo prazo. l) Acordar, con suxeición ás disposicións da normativa orzamentaria, operacións crediticias necesarias para paliar os desequilibrios transitorios de tesouraría. m) Promover e exercer, dentro do ámbito da súa competencia, toda clase de pretensións, accións e recursos perante calquera órgano da Administración do Estado, da Comunidade Autónoma e das administracións locais, así como perante os xulgados e os tribunais de xustiza de calquera grao e xurisdición, desistir das pretensións e accións formuladas ou dos recursos interpostos e mais transixir as cuestións litixiosas, conferindo para o efecto as procuracións oportunas. n) Conferir as delegacións de competencias que xulgue oportunas. ñ) Velar polo cumprimento desta lei e das disposicións que se diten para o seu desenvolvemento. o) Resolver os procedementos de responsabilidade patrimonial a que se refire a lexislación básica vixente sobre o procedemento administrativo común das administracións públicas. 4. O Consello Reitor designará, por proposta da persoa titular da Presidencia, un secretario ou unha secretaria entre o persoal da entidade pública empresarial. 5. Regulamentariamente determinarase o funcionamento e o réxime de adopción dos acordos do Consello Reitor. No non previsto terase en conta o disposto na sección 3ª do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización

Page 166: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

26

e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e pola normativa básica do réxime xurídico do sector público, así como pola normativa básica reguladora do procedemento administrativo común. 6. Así mesmo, poderase prever regulamentariamente a creación de comisións delegadas do Consello Reitor.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº12, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "2. O Consello Reitor estará constituído pola Presidencia e o número de vogais que se estableza regulamentariamente, deberá garantir a paridade de xénero e a presenza das organizacións sectoriais de pesca máis significativas, dos representantes designados polo Consello Galego de Pesca e das centrais sindicais e organizacións empresariais máis significativas." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº23, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo, despois de: "... en materia de pesca ...", débense engadir as seguintes palabras: "... de industria, deportiva e turística ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº24, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo, no termo del, despois de: "... organizacións ...", débese engadir: "... sindicais máis representativas do sector ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº10, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 13. Engadir no apartado 2 ao final: "e as organizacións sindicais e empresariais máis representativas." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº11, ao apartado 3, de Adición.

Page 167: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

27

Emenda de adición, apartado 3 do artigo 13. Engadir unha nova alínea, que será a p): "p) Aprobar unha memoria de sustentabilidade ambiental portuaria." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº25, ao apartado 3.i), de Modificación. Na letra i) do punto 3 deste artigo, onde di: "..., así como dos plans especiais ...", debe dicir: "... así como informar previamente sobre os plans especiais ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº13, ao apartado 3.p), de Adición. Débese engadir no punto 3 o seguinte apartado: "p) Exercer a iniciativa na elaboración dos plans directores de infraestruturas, de obras, de instalación dos portos e das súas ampliacións e mais dos plans especias de ordenación portuaria." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº14, ao apartado 3.q), de Adición. Débese engadir no punto 3 o seguinte apartado: "q) Formular e remitir ao Consello da Xunta, a través da consellaría competente en materia de portos e por proposta da consellaría competente en materia de facenda, os programas xerais plurianuais de investimentos e o seu financiamento anual cos seus complementarios orzamentos de explotación e capital, se é o caso." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº15, ao apartado 3.r), de Adición. Débese engadir no punto 3 o seguinte apartado: "r) Outorgar as concesións de ocupación do dominio público portuario e as autorizacións de ocupación do dominio público portuario cando o seu prazo de vixencia sexa superior a dous anos."

Page 168: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

28

__________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº16, ao apartado 3.s), de Adición. Débese engadir no punto 3 o seguinte apartado: "s) Outorgar as autorizacións para as prestacións de servizos e a realización de actividades comerciais e industriais directamente vencelladas á actividade portuaria dos portos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº26, ao apartado 6, de Supresión. Débese suprimir o punto 6 deste artigo. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº27, ao apartado 6 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 6 bis, que terá o seguinte contido: "6 bis. As reunións ordinarias do Consello Reitor terán unha periodicidade trimestral e a asistencia non será remunerada para ningún dos seus membros, agás as axudas de custo que poidan ser establecidas por desprazamento." __________________________________________

Page 169: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

29

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 14. Xuntas territoriais 1. Para o estudo dos problemas concretos que afectan cada fachada marítima poderanse designar xuntas de traballo, integradas por membros do Consello Reitor, que actuarán con funcións consultivas e informativas. 2. Os membros das anteditas xuntas, que serán representantes dos distintos órganos da administración e dos sectores das persoas usuarias, serán designados polo Consello Reitor, por proposta da persoa titular da Presidencia da entidade. 3. O seu ámbito territorial de actuación fixarao o Consello Reitor.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº28, ao apartado 1, de Modificación. Proponse una nova redacción para o punto 1 deste artigo, que quedará redactado co seguinte contido: "1. Para o estudo dos problemas concretos que afectan o porto ou un grupo de portos de características comúns e dun mesmo ámbito territorial designaranse xuntas territoriais, integradas por membros do Consello Reitor, que actuarán con funcións consultivas e informativas. En todo caso, haberá representación do concello ou dos concellos afectados." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº29, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo, débese engadir in fine o seguinte texto: "... dentro das persoas designadas para o efecto por cada unha das administracións ou entidades." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº12, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 14: Engadir despois de "administración": "central e local." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº30, ao apartado 3, de Adición.

Page 170: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

30

No punto 3 deste artigo, débese engadir in fine o seguinte texto: "..., logo do informe previo ao respecto das diversas administracións e entidades e de acordo co deseño realizado na planificación xeral aprobada." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº17, ao apartado 4, de Adición. Débese engadir un novo punto co seguinte texto: "4. As xuntas territoriais contarán entre os seus membros con representantes designados polos plenos das corporacións dos concellos afectados polos problemas concretos a que se refire o punto 1 deste artigo." __________________________________________

Page 171: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

31

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 15. A Dirección 1. A Dirección é o órgano executivo responsable da xestión ordinaria da entidade pública empresarial e exerce as competencias inherentes á dita dirección e mais as que expresamente se lle atribúen na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nesta lei, así como as que lle deleguen os órganos de goberno. 2. A persoa titular da Dirección será nomeada e destituída por decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellaría competente en materia de portos, entre persoas que reúnan os requisitos de solvencia profesional, atendendo criterios académicos, técnicos e científicos, necesarios para o exercicio do cargo, e de acreditada experiencia. A persoa titular da Dirección terá a consideración de alto cargo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, con rango de director ou directora xeral. 3. Corresponde á Dirección, nos termos sinalados no punto 1 anterior : a) Dirixir a xestión ordinaria, a inspección da entidade e dos portos e mais a súa explotación. b) Velar pola percepción, a contabilización e o control dos ingresos derivados da xestión empresarial, realizando os actos de xestión tributaria e de recadación en período voluntario dos ingresos de dereito público e privado que corresponden á entidade empresarial. c) Outorgar as autorizacións de ocupación do dominio público portuario que teñan un prazo de vixencia non superior a dous anos. d) Exercer cantas funcións lle sexan delegadas e, en xeral, as que resulten inherentes ao normal funcionamento da entidade. e) Calquera outra función que lle sexa atribuída nas normas de desenvolvemento regulamentario da lei.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº33, de Adición. Débese engadir un novo artigo 15 bis, que terá o seguinte contido:

Page 172: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

32

"Artigo 15 bis. Consello Asesor 1. Constituirase un Consello Asesor da entidade Portos de Galicia, como órgano de cooperación na consecución dos obxectivos que lle son propios, que estará integrado pola súa Presidencia e a súa Dirección e coa participación de representantes dos concellos, das confrarías de pescadores, dos sindicatos e das organizacións empresarias máis representativas e mais das asociacións de portos deportivos e clubs náutico-deportivos. 2. Serán funcións do Consello Asesor: a) Emitir informe sobre o anteproxecto de orzamentos de explotación e de capital de Portos de Galicia. b) Propoñer e informar, se é o caso, o Consello Reitor das normas relativas aos servizos portuarios. c) Emitir informe sobre os programas de actuación, de investimento e de financiamento de Portos de Galicia. d) Emitir informe sobre o balance e a memoria anual de Portos de Galicia. e) Emitir informe sobre as tarifas e os canons que aplicará Portos de Galicia. f) Emitir informe sobre a constitución de posibles entidades colaborativas. g) Emitir informe sobre as operacións de crédito concertadas pola entidade. h) Emitir informe sobre os anteproxectos da normativa que afecte Portos de Galicia. i) Emitir informe sobre o Plan sectorial de Portos de Galicia, así como das súas modificacións substantivas. j) Asesorar en todas as cuestiones relacionadas coas actividades de Portos de Galicia e emitir informe sobre calquera asunto que lle sexa consultado no ámbito das súas competencias. k) Propoñer e informar, se é o caso, con carácter previo á súa adopción, das tarifas dos servizos portuarios. l) Emitir informe sobre cantas outras cuestións lle someta a Presidencia de Portos de Galicia." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº31, ao apartado 3.d), de Adición. Na letra d) do punto 3 deste artigo, despois de: "...lle sexan delegadas ...", débese engadir o seguinte: "... pola Presidencia ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia.

Page 173: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

33

Emenda nº32, ao apartado 3.e), de Supresión. A letra e) do punto 3 deste artigo débese suprimir. __________________________________________

Page 174: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

34

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 16. Actos administrativos da entidade pública empresarial. Recursos e reclamacións 1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia ditará actos administrativos que poderán adoptar a forma de: a) resolucións, instrucións e ordes de servizo da Presidencia da entidade; b) acordos do Consello Reitor; c) resolucións e instrucións da Dirección. 2. As resolucións, instrucións e ordes de servizo ditadas pola entidade pública empresarial Portos de Galicia publicaranse no Diario Oficial de Galicia cando teñan por destinatario unha pluralidade indeterminada de persoas ou cando a entidade xulgue que a notificación efectuada a unha soa persoa interesada é insuficiente para garantir a notificación a todas, así como nos demais casos previstos na normativa en materia de procedemento administrativo común e réxime xurídico do sector público. O anterior enténdese sen prexuízo da difusión que proceda efectuar en cumprimento da normativa sobre transparencia. 3. As resolucións e os acordos suxeitos ao dereito administrativo ditados polo Consello Reitor e pola persoa titular da Presidencia esgotarán a vía administrativa. Contra eles só se poderán interpoñer os recursos contencioso-administrativos que resulten procedentes, sen prexuízo da interposición do recurso administrativo previo e potestativo de reposición. 4. Os actos suxeitos ao dereito administrativo ditados pola persoa titular da Dirección serán susceptibles de recurso de alzada perante o Consello Reitor. 5. A competencia para resolver os procedementos de revisión de oficio de actos administrativos nulos ou de declaración de lesividade de actos anulables e mais de revogación de actos de gravame ou desfavorables corresponderá ao órgano de goberno que ditou o acto. Respecto destes actos ditados pola Dirección, esta competencia corresponderá á Presidencia da entidade. 6. A rectificación de erros materiais, de feito ou aritméticos corresponderá ao órgano que ditou o acto. 7. O recurso extraordinario de revisión interpoñerase de acordo co que estableza a lexislación reguladora do procedemento administrativo común, e será competente para o resolver o propio órgano que ditou o acto impugnado.

Page 175: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

35

8. A competencia para resolver os procedementos de responsabilidade patrimonial que se dirixan contra a entidade corresponderá ao Consello Reitor. 9. As reclamacións sobre a aplicación e a efectividade das taxas portuarias por servizos e por concesións e autorizacións administrativas terán carácter económico-administrativo e axustaranse ao procedemento para as reclamacións desta clase, e poderán ser obxecto de recurso previo potestativo de reposición.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº34, ao apartado 2, de Supresión. No punto 2 deste artigo, débese suprimir dende: "... cando teñan por destinatario ...", ata: "... réxime xurídico do sector público. ...". __________________________________________

Page 176: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

36

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 17. Actos non suxeitos ao dereito administrativo Fronte aos actos non suxeitos ao dereito administrativo as persoas interesadas poderán acudir aos xulgados e tribunais da xurisdición competente.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 177: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

37

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 18. Representación e defensa en xuízo, e asesoramento xurídico da entidade pública empresarial Portos de Galicia A representación e a defensa en xuízo da entidade pública empresarial serán encomendadas á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, mediante o asinamento do oportuno acordo, sen prexuízo de que Portos de Galicia dispoña de servizos xurídicos consultivos propios, os cales deberán respectar as directrices e os criterios de interpretación emanados da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia consonte o disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 178: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

38

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 19. Conservación, ampliación e amortización do material e das instalacións 1. Portos de Galicia adoptará as medidas axeitadas para garantir que as instalacións e infraestruturas portuarias ou os seus servizos e actividades accesorias e complementarias, así como o material confiado á súa custodia e explotación, sexan construídos, conservados e renovados conforme as necesidades do tráfico portuario e o progreso da técnica. 2. A atribución á entidade pública empresarial da xestión das instalacións, dos servizos ou das actividades a que se refire o punto anterior comprende o outorgamento implícito de todas as autorizacións, permisos ou licenzas administrativas de competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que resulten necesarios para as obras de conservación, mantemento e reposición das instalacións e para as demais actividades auxiliares directamente relacionadas coa explotación portuaria, sen prexuízo da necesidade de contar coas autorizacións ou con outros títulos administrativos de competencia local ou estatal que resulten exixibles.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº13, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 14: Engadir despois de "renovados conforme": "o planeamento urbanístico local...". __________________________________________

Page 179: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

39

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 20. Réxime de contratación 1. Os contratos que subscriba a entidade pública empresarial Portos de Galicia axustaranse ao establecido na lexislación básica de contratos do sector público e, se for o caso, á normativa de desenvolvemento aprobada pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. O órgano de contratación de Portos de Galicia é a persoa titular da Presidencia, sen prexuízo das delegacións que poida levar a cabo na persoa titular da Dirección. 2 bis. Portos de Galicia realizará anualmente un informe, que será sometido ao Consello Reitor e se fará público, respecto dos contratos realizados no ano anterior, no cal se indicarán as súas principais características.

NON TEN EMENDAS

Page 180: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

40

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 21. Actividade inspectora Portos de Galicia exercerá a inspección dos portos e do desenvolvemento das actividades comerciais, industriais ou doutra natureza e de prestación de servizos que se realicen neles, co propósito de garantir a súa seguridade, a súa eficacia, o cumprimento polas empresas explotadoras e polas persoas usuarias das obrigas que lles correspondan e a observancia das normas técnicas e comerciais de carácter xeral a que teñan que suxeitarse a xestión e explotación dos bens, das instalacións ou das actividades.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 181: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

41

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 22. Facenda 1. Constituirá a facenda de Portos de Galicia o conxunto dos seus bens, dereitos e obrigas. 2. Portos de Galicia financiarase preferentemente cos ingresos propios que perciba como contraprestación polas actividades que realiza e, excepcionalmente, financiarase coas transferencias consignadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. 3. Os recursos económicos de Portos de Galicia comprenderán: a) Os produtos, as rendas e os incrementos do seu patrimonio. b) Os ingresos ordinarios e extraordinarios obtidos no exercicio das súas actividades. c) Os produtos das taxas que á Comunidade Autónoma lle corresponda percibir en relación co dominio público portuario xestionado pola entidade pública instrumental. d) O importe das multas e indemnizacións impostas como consecuencia da aplicación do réxime sancionador previsto nesta lei. e) As dotacións ou subvencións que se consignen nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. f) O importe das operacións crediticias que concerte, de conformidade co establecido ao respecto pola consellaría competente en materia de facenda. g) As subvencións, contribucións e doazóns de todo tipo que poida recibir. h) O destino dunha porcentaxe dos beneficios que resulten da conta de explotación á dotación dun fondo para atender as necesidades de explotación e as de renovación, ampliación e mellora do activo. i) Os ingresos derivados da súa participación en sociedades públicas mercantís. j) Os demais ingresos de dereito público ou privado que se autoricen nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma ou noutras leis do Parlamento de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº36, ao apartado 3.h), de Adición. Na letra h) do punto 3 deste artigo, logo de: "... porcentaxe dos beneficios ...", débese engadir: "... que será establecida pola

Page 182: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

42

Xunta de Galicia por proposta da axencia pública Portos de Galicia ...". __________________________________________

Page 183: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

43

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 23. Patrimonio 1. Para o desempeño das súas funcións adscríbense a Portos de Galicia os bens e os dereitos que integran o dominio público portuario autonómico á entrada en vigor desta lei, así como os posteriores incorporados a este por calquera título, sen prexuízo dos bens de dominio público portuario en réxime de adscrición compartida coa consellaría competente en materia de pesca para o exercicio das súas facultades en acuicultura e ordenación do sector pesqueiro. 2. A adscrición implica a transferencia á entidade pública empresarial das facultades de uso, xestión, administración e explotación vinculadas aos fins desta, sen cambio de titularidade ou cualificación xurídica dos bens e dereitos adscritos. 3. Cando os bens e os dereitos de dominio público portuario que teña adscritos deixen de ser necesarios para o cumprimento dos fins propios da entidade, estes serán obxecto de desadscrición na forma prevista nas leis sectoriais. 4. Portos de Galicia poderá realizar todo tipo de actos de xestión e aproveitamento dos bens demaniais adscritos que estean directamente relacionados co servizo e co tráfico portuario e resulten conformes coa normativa sectorial aplicable. 5. O Consello Reitor, sen necesidade da declaración previa da desafectación do servizo, poderá acordar o desmantelamento e, se é o caso, a venda dos demais bens mobles, e aplicará o seu produto ás atencións propias da entidade. 6. O Consello da Xunta ditará, logo da proposta das consellarías competentes en materia de economía e facenda e mais do informe da consellaría competente en materia de portos e da consellaría competente en materia de pesca, as normas para a formación e permanente actualización do Inventario de bens e dereitos de Portos de Galicia, que se axustarán ás prescricións da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e do seu regulamento.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 184: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

44

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 24 . Réxime orzamentario, económico-financeiro, de contabilidade e de control 1. O réxime de control financeiro e contabilidade pública así como o orzamento de Portos de Galicia axustaranse ao disposto na materia polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo das especialidades contidas nesta lei. A xestión de Portos de Galicia desenvolverase de acordo co principio de equilibrio económico-financeiro da explotación. Para tal efecto, presentará anualmente ao Consello da Xunta, a través da consellaría competente en materia de facenda e por instancia da consellaría competente en materia de portos, logo da remisión a esta pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor, os proxectos de orzamentos de explotación e capital, os correspondentes programas de actuación, investimentos e financiamento e mais a liquidación, a memoria e o balance do exercicio anterior debidamente auditados. 2. O Consello da Xunta determinará anualmente, dentro dos límites autorizados polos orzamentos da Comunidade Autónoma, o destino dunha porcentaxe dos beneficios que resulten da conta de explotación á dotación dun fondo para atender as necesidades de explotación e as de renovación, ampliación e mellora do activo. 3. Compensarase Portos de Galicia polos gastos inherentes ao cumprimento das obrigas de servizo impostas pola Xunta de Galicia no exercicio das súas funcións de alta dirección institucional da entidade. 4. A entidade pública empresarial estará suxeita ao control externo do Consello de Contas de Galicia e do Tribunal de Contas do Estado, nos termos dispostos na normativa de aplicación. 5. A entidade pública empresarial estará suxeita ao control de eficacia no cumprimento do seu plan de actuación, que será exercido pola consellaría de adscrición. O control do cumprimento dos compromisos específicos que, de ser o caso, asuma a entidade pública empresarial nun convenio ou contrato programa corresponderá á comisión de seguimento regulada no propio convenio ou contrato programa, sen prexuízo dos posibles controis previstos na lexislación orzamentaria.

Page 185: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

45

5 bis. Trimestralmente, Portos de Galicia publicará a súa execución orzamentaria e os seus estados económico-financeiros na súa páxina web.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº37, ao apartado 2, de Supresión. O punto 2 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº38, ao apartado 3, de Supresión. No punto 3 deste artigo débese suprimir na última liña a seguinte expresión: "... de alta dirección institucional da entidade." __________________________________________

Page 186: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

46

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 25. Taxas portuarias e outros ingresos de explotación 1. As taxas e os demais ingresos de explotación deberán cubrir, como mínimo, os seguintes gastos: a) A explotación, conservación e depreciación do material e das instalacións portuarias, así como das infraestruturas que sirvan aos seus fins accesorios ou complementarios. b) Os gastos xerais que se consideren para cada instalación portuaria ou para os seus servizos ou actividades accesorias ou complementarias, dentro do límite máximo que se determine en virtude dun decreto aprobado polo Consello da Xunta. c) Os impostos exixibles. d) As cargas autonómicas, administrativas e financeiras, incluíndo o reembolso de préstamos derivados da explotación e o pagamento de xuros. 2. Admítese a posibilidade, logo dos trámites legais oportunos, de bonificacións nas taxas portuarias co obxecto de promover a competitividade e a sustentabilidade económica ou ambiental da actividade portuaria e do sistema de transporte.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº18, de Substitución. Débese substituír o texto do artigo polo seguinte: "Artigo 25. Taxas portuarias No prazo de seis meses, desde a entrada en vigor desta lei, o Parlamento galego deberá aprobar o anexo II desta lei, no que se establecerá a totalidade das taxas portuarias que debe aplicar a entidade pública empresarial Portos de Galicia. As modificacións do anexo II que se aprobe no Parlamento galego deberán ser aprobadas por el. Ata a aprobación deste novo anexo II desta lei, será de aplicación a Lei 6/2003 de 9 de decembro." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº41, de Adición. Débese engadir in fine un novo parágrafo ter, que terá o seguinte contido:

Page 187: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

47

"Logo da solicitude de exención a Portos de Galicia, estarán exentos do pagamento de taxas os órganos ou as entidades das administracións públicas, as organizacións de carácter humanitario sen fins lucrativos e legalmente constituídas e mais as que sexan de interese educativo, investigador, cultural, social ou deportivo." __________________________________________

Page 188: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

48

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 26. Efectividade dos créditos e das sancións A entidade pública empresarial poderá utilizar, para a efectividade dos créditos resultantes da explotación e das sancións pecuniarias que impoña, e a través dos servizos da Tesourería Xeral e de Recadación da Comunidade Autónoma, o procedemento de constrinximento nos termos regulados no Regulamento xeral de recadación.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 189: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

49

DITAME DA COMISIÓN:

Sección 6ª. Persoal

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 190: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

50

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 27. Réxime do persoal 1. O persoal da entidade pública empresarial unicamente poderá ser funcionario ou laboral e persoal de alta dirección. 2. Todo o persoal da entidade estará sometido ao réxime de incompatibilidades establecido para os empregados e as empregadas do sector público. 3. O persoal laboral réxese, ademais de pola lexislación laboral e polas normas convencionalmente aplicables, polos preceptos da lexislación estatal e autonómica reguladora do emprego público que sexan de aplicación ao persoal laboral. 4. A aprobación e modificación tanto do cadro de persoal como da proposta de relación de postos de traballo e mais a aprobación dos instrumentos polos que se regulan as condicións de traballo do persoal e o seu réxime retributivo serán acordadas polo Consello Reitor, logo do informe favorable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública. A contratación e o nomeamento do persoal corresponden á persoa titular da Presidencia da entidade. 5. A selección do persoal da entidade pública empresarial deberase realizar mediante a convocatoria pública das correspondentes probas selectivas, que se axustarán aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e con carácter xeral ao disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. 6. A contratación de persoal de alta dirección da entidade axustarase ao establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº42, de Adición. Débese engadir un novo punto 5 bis, que terá o seguinte contido: "5 bis. O persoal estará sometido ao Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das

Page 191: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

51

disposicións legais da Comundiade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, así como a calquera outra normativa aplicable en materia de igualdade de xénero, sen prexuízo dos preceptos da lexislación sobre función pública que sexan directamente aplicables ao persoal laboral ao servizo das administracións públicas." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº14, ao apartado 3, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 3 do artigo 27. Substituír o apartado 3 polo seguinte texto: “3. O persoal laboral do ente público empresarial Portos de Galicia réxese polo convenio colectivo aplicable, polo Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e pola demais normativa que resulte aplicable ao persoal laboral ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O persoal funcionario do ente público empresarial réxese pola normativa reguladora do réxime do empregado público e polas súas normas de desenvolvemento. A representación do persoal participará na determinación das condicións de traballo das empregadas e dos empregados públicos de Portos de Galicia, incluíndo os aspectos relativos á organización, a estrutura e o marco de actuación en materia de recursos humanos e retribucións, nos termos previstos na lexislación vixente.” __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº15, ao apartado 4, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 4 do artigo 27. Suprimir o apartado 4 do artigo 27. __________________________________________

Page 192: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

52

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº16, de Adición. Emenda de adición, artigo 27 bis. Créase un novo artigo 27 bis, co seguinte texto: "27 bis. Relación de postos de traballo 1. A relación de postos de traballo de Portos de Galicia determinará a natureza, o contido e as características do desempeño e a retribución de cada posto de traballo, de acordo co disposto na normativa de emprego público. Esta relación será pública e, en todo caso, os postos de nova creación integraranse na oferta de emprego público da Xunta de Galicia ou nos sistemas de provisión de postos de traballo. 2. A proposta de aprobación e modificación da relación de postos de traballo de Portos de Galicia será acordada polo Consello Reitor, por proposta da Dirección, logo do informe favorable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública, e logo de negociación na Mesa Xeral da Función Pública. 3. A aprobación da relación de postos de traballo corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia, e a súa tramitación estará sometida á normativa xeral establecida na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia sobre estes instrumentos de planificación de persoal. 4. A aprobación e modificación do cadro de persoal e a aprobación dos instrumentos polos que se regulen as condicións de traballo do persoal e o seu réxime retributivo serán acordadas polo Consello Reitor, logo do informe favorable dos centros directivos competentes en materia de orzamentos e de función pública, e tras a negociación na Mesa Xeral da Función Pública. A contratación e o nomeamento do persoal corresponde ao Presidente da entidade." __________________________________________

Page 193: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

53

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº17, de Adición. Emenda de adición, CAPÍTULO I Bis. Creación dun novo capítulo I bis, que terá un único artigo 27 ter, co seguinte texto: "CAPÍTULO I BIS. Órgano de Coordinación Portuario Municipal Artigo 27 ter. Creación do Órgano de Coordinación Portuario Municipal Créase o Órgano de Coordinación Portuario Municipal como instrumento de participación institucional e social en materia de portos. O órgano será o encargado de articular as relación entre a Administración portuaria e as administracións municipais cuxos municipios dispoñan de porto." __________________________________________

Page 194: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

54

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO II Competencias da Administración autonómica Artigo 28. Competencias do Consello da Xunta Compete ao Consello da Xunta o exercicio das seguintes funcións: a) Realizar a alta inspección e vixilancia do funcionamento da entidade, co ditado para estes efectos das oportunas directrices. b) Aprobar os plans directores de infraestruturas, os programas xerais de investimentos e o seu financiamento. c) Levar a cabo a alta política en materia de ordenación e coordinación do tráfico e dos transportes portuarios no ámbito das súas competencias. d) Designar e destituír as persoas titulares da Presidencia e da Dirección, así como fixar o seu réxime retributivo. e) Adoptar medidas especiais en casos de emerxencia. f) Aprobar o proxecto de orzamento de explotación e capital e o programa de actuacións, investimentos e financiamento, así como, se é o caso, os convenios ou contratos de programa que propoña a entidade. g) Aprobar os aspectos técnicos das modificacións e revisións, de maneira singular as contías, e das taxas polos servizos portuarios e por ocupación do dominio público portuario adscrito á Comunidade Autónoma. h) Adoptar os acordos sobre o tráfico xurídico do dominio público portuario adscrito á entidade, nos casos en que esta facultade lle estea reservada pola Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento, e, en especial, no relativo á incorporación ao sistema xeral portuario autonómico de novas infraestruturas portuarias. i) Adscribir, co informe favorable da Administración xeral do Estado, as zonas de interese de cultivos mariños no dominio público portuario á consellaría competente en materia de pesca para os efectos do exercicio das súas competencias en materia de acuicultura, sempre que esta adscrición resulte compatible cos usos portuarios que se definen nesta lei, que non se prexudique globalmente o desenvolvemento futuro dos portos e as operacións de tráfico portuario e mais que se axuste ao establecido no planeamento urbanístico en vigor.

Page 195: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

55

Enténdese, para os efectos desta lei, como zonas de interese de cultivos mariños aquelas zonas das augas do dominio público portuario que polas súas óptimas condicións para tal actividade aconsellen unha especial protección e así sexan declaradas polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de pesca. j) Fixar o réxime retributivo dos membros do Consello Reitor e determinar as axudas de custo, as indemnizacións ou as compensacións económicas pola asistencia dos seus membros ás sesións e xuntanzas do dito Consello Reitor.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº18, de Supresión. Emenda de supresión, apartado i) do artigo 28. Débese suprimir na alínea i) o seguinte texto: "co informe favorable da Administración xeral do Estado". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº43, de Adición. Na letra b) deste artigo, despois de: "Aprobar ...", débese engadir a seguinte expresión: "... o Plan sectorial de portos de Galicia, así como ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº19, ao apartado d), de Substitución. Débese substituír o texto do apartado polo seguinte: "d) Fixar o réxime retributivo da Presidencia e da Dirección." __________________________________________

Page 196: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

56

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 29. Atribucións da consellaría competente en materia de portos Son atribucións da consellaría competente en materia de portos : a) Desempeñar as funcións de inmediata relación de Portos de Galicia co Consello da Xunta e coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente para os efectos de actuacións polas competencias enumeradas no artigo anterior. b) Propoñer o nomeamento e a destitución das persoas titulares da Presidencia e da Dirección, así como o nomeamento e a destitución dos vogais do Consello Reitor. c) Emitir informe preceptivo sobre os plans, programas xerais en materia financeira e de infraestruturas, os programas de actuacións, investimentos e financiamento, os orzamentos de explotación e capital e, en xeral, sobre todas as propostas, proxectos ou documentación relacionados coa entidade Portos de Galicia que se deban someter ao exame e á aprobación do Consello da Xunta. d) Presentar ao Consello da Xunta, logo do informe das consellarías competentes en materia de economía e facenda e das consellarías competentes en materia de industria, de comercio e de pesca, a proposta sobre política de taxas portuarias. e) Exercer, nos termos previstos na lexislación vixente, as facultades de expropiación forzosa que sexan precisas para o cumprimento dos fins da entidade e promover a entrega dos bens expropiados a Portos de Galicia. f) Propoñer a actualización da contía das taxas portuarias de acordo coa variación do custo dos servizos, producida por alteracións nos custos destes. g) Aprobar as delimitacións dos espazos e dos usos portuarios. h) Exercer, en xeral, o control de eficacia da entidade pública empresarial previsto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 197: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

57

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 30. Atribucións da consellaría competente en materia de pesca Son atribucións da consellaría competente en materia de pesca: a) Levar a cabo a construción de lonxas, fábricas de xeo e outras edificacións do recinto portuario destinadas a actividades pesqueiras, acuícolas ou marisqueiras, debendo solicitar previamente a Portos de Galicia informe preceptivo e vinculante sobre a súa localización. b) Sempre que resulte compatible cos usos portuarios que se definen nesta lei, que non se prexudique globalmente o desenvolvemento futuro dos portos e as operacións de tráfico portuario, e axustándose á normativa de costas e ao establecido no planeamento urbanístico en vigor, autorizar a realización de actividades de acuicultura, pesca e marisqueo que teñan lugar no dominio público portuario con carácter previo ao outorgamento das concesións ou autorizacións para a ocupación do dito dominio. c) Emitir, con carácter preceptivo, informe sobre a relación de actuacións previstas no programa de infraestrutura pesqueira do orzamento xeral de Portos de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº20, ao apartado a), de Substitución. Débese substituír o texto do apartado polo seguinte: "a) Levar a cabo a construción de lonxas, fábricas de xeo e outras edificacións de carácter auxiliar do recinto portuario, destinadas a actividades pesqueiras, mitícolas ou marisqueiras, debendo solicitar previamente a Portos de Galicia informe preceptivo e vinculante sobre a súa localización." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº21, ao apartado b), de Substitución. Débese substituír o texto do apartado b) polo seguinte: "b) Sempre que resulte compatible cos usos portuarios que se definen nesta lei, que non se prexudique globalmente o desenvolvemento futuro dos portos e as operacións de tráfico

Page 198: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

58

portuario, e axustándose á normativa de costas e ao establecido no planeamento urbanístico en vigor, autorizar a realización de actividades de acuicultura extensiva, miticultura, pesca e marisqueo que teñan lugar no dominio público portuario con carácter previo ao outorgamento das concesións ou autorizacións para a ocupación do dito dominio. Esta autorización deberá ser informada e conforme polas confrarías que poidan ser afectadas." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº22, ao apartado c), de Adición. Débese engadir ao remate do apartado c) o seguinte texto: ", logo da comunicación e aceptación por parte das confrarías de pescadores que poidan ser afectadas." __________________________________________

Page 199: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

59

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 31. Competencias das consellarías competentes en materia de economía ou de facenda É competencia das consellarías competentes en materia de economía ou de facenda: a) Realizar a alta supervisión da aplicación pola entidade dos plans e programas financeiros e dos seus orzamentos, e, en xeral, de canto concirne á orde financeira de Portos de Galicia. b) Presentar ao Consello da Xunta os plans económicos e orzamentarios de Portos de Galicia e emitir informe sobre a súa aplicación e liquidación. c) Presentar as actuacións que en materia financeira teñan que someterse ao Consello da Xunta. d) Exercer as competencias que, respecto do dominio público portuario, lle sexan atribuídas pola Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento. e) Exercer todas as demais competencias que o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, outorga ás consellarías competentes en materia de economía e de facenda no ámbito das entidades públicas empresariais. f) Exercer as atribucións previstas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 200: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

60

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO II Planificación, ordenación, obras, ambiente e seguridade CAPÍTULO I. Planificación portuaria

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº44, ao apartado 31 bis), de Adición. Neste capítulo, título II, débese crear un novo artigo 31 bis, que terá o seguinte contido: "Artigo 31 bis. Plan sectorial de portos de Galicia 1. A ordenación estrutural do sistema portuario realizarase mediante o Plan sectorial de portos de Galicia, que constitúe o instrumento principal da política sectorial e deberá conter as previsións, os obxectivos, as prioridades, os criterios de definición do modelo da oferta de equipamentos e servizos ao sector portuario, así como os criterios ambientais, territoriais e urbanísticos e para a ordenación das distintas instalacións e obras portuarias. 2. O Plan sectorial de portos de Galicia terá a consideración de plan sectorial dos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e tramitarase de acordo co procedemento de aprobación regulado nela e simultaneamente co procedemento de avaliación ambiental de plans e programas. 3. Previamente á súa aprobación, a Xunta de Galicia remitirá o proxecto de Plan sectorial de portos de Galicia ao Parlamento de Galicia para que o Pleno da Cámara se pronuncie sobre el. 4. A elaboración e a aprobación do Plan sectorial de Portos de Galicia estarán suxeitas á avaliación ambiental nos termos previstos na lexislación sectorial ambiental e levará aparellada a declaración de utilidade pública." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº45, ao apartado 31 ter), de Adición.

Page 201: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

61

Neste capítulo, título II, deberase crear un novo artigo 31 ter, que terá o seguinte contido: "Artigo 31 ter. O Plan sectorial de portos de Galicia conterá, como mínimo, as seguintes determinacións: - Fixación dos obxectivos e establecemento de prioridades entre eles. - Definición dos criterios aplicables ao modelo de oferta de equipamentos e servizos ao sector portuario, así como á programación, proxecto e construción dos elementos que compoñen o sistema portuario, adecuación ao ambiente, establecemento de niveis de exixencias técnicas, de deseño e de calidade dos proxectos, proporcionalidade dos investimentos durante a vixencia do plan e calquera outro que se estableza. - Descrición e análise dos portos en relación coa oferta de instalacións portuarias, co sistema portuario, co modelo territorial e coas principais variables socioeconómicas. - Análise das relacións entre a planificación portuaria e o planeamento territorial e urbanístico, así como a proposta de medidas que aseguren a coordinación entrambos os planeamentos. - Xustificación das alternativas escollidas entre as distintas opcións consideradas, tendo en conta a súa idoneidade desde o punto de vista sectorial e a súa incidencia sobre a estrutura territorial e o ambiente. - Cumprimento das exixencias en materia de ambiente, na planificación, concepción e execución temporalizada das obras incluídas no plan. - Determinación dos medios económicos necesarios para o desenvolvemento e a execución do plan. - Criterios sobre a viabilidade económico-financeira da xestión dos portos. - Requisitos que terán que cumprir as instalacións portuarias para conseguir un emprazamento óptimo. - O estudo das características do litoral galego en relación coas análises e co nivel indicativo de demanda de embarcacións e puntos de amarre, así como a previsión da súa evolución. - Definición dos criterios para a revisión do plan." __________________________________________

Page 202: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

62

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 32. Plans directores de infraestruturas de Portos de Galicia 1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá formular para un porto ou un conxunto deles plans directores de infraestruturas, que abranguerán os proxectos xerais de obras dos portos afectados polo plan e das súas ampliacións, durante un horizonte temporal de, cando menos, cinco anos. 2. O plan ou os plans directores que elabore Portos de Galicia someteranse, por proposta da consellaría competente en materia de portos, a exame e aprobación polo Consello da Xunta de Galicia. Unha vez aprobado o plan director de infraestruturas non poderán executarse obras non previstas nel. Non obstante, Portos de Galicia poderá executar obras non consideradas nos plans cando teñan a consideración de obras menores ou en casos de recoñecida urxencia ou de excepcional interese público, debidamente apreciados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de portos. 3. A aprobación ou a modificación dun plan director de infraestruturas poderá determinar a modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios nos termos establecidos no artigo 52.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº46, ao apartado 1, de Modificación. Na primeira liña, do punto 1, deste artigo, onde di: "... poderá formular ...", debe dicir: "... formulará ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº23, ao apartado 2, de Supresión. Débese suprimir ao remate do punto o seguinte texto: ", por proposta da consellaría competente en materia de portos."

Page 203: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

63

__________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº24, ao apartado 2, de Adición. Débese engadir ao remate do punto 2 un novo paragrafo co seguinte texto: "Con carácter previo á súa aprobación, o organismo competente segundo esta norma deberá poñer en coñecemento dos concellos afectados o plan director, para que emitan un informe vinculante no prazo de tres meses desde a recepción.” __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº47, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... Para estes efectos entenderanse como obras menores aquelas de sinxela técnica e escasa entidade construtiva e económica, que non supoñan alteración do volume, do uso obxectivo, das instalacións e dos servizos de uso común, nin afecten o deseño exterior, a cimentación, a estrutura ou as condicións de seguridade dos edificios e das instalacións portuarias." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº19, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 32: Engadir ao final do punto 2: "logo do informe vinculante do concello ou dos concellos afectados." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº20, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 32. Despois de "obras menores" engadir: "logo do informe vinculante do concello ou dos concellos afectados."

Page 204: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

64

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº48, ao apartado 3, de Adición. No punto 3 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... e de acordo co procedemento establecido no artigo 51." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº21, ao apartado 3, de Adición. Emenda de adición, apartado 3 do artigo 32. Engadir ao final: "sempre que conten con informe favorable emitido pola Administración local correspondente." __________________________________________

Page 205: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

65

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 32 bis. Intermodalidade e áreas loxísticas Nos procesos de planificación que se debe realizar para o sistema portuario de Galicia, deberanse establecer medidas para acadar una eficiente intermodalidade co obxecto de alcanzar a eficiencia entre os modos e as cadeas de transporte, así como a conexión ou a creación de áreas loxísticas, para facilitar a incorporación de valor engadido aos procesos produtivos

NON TEN EMENDAS

Page 206: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

66

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 33. Determinacións dos plans directores de infraestruturas Os plans directores de infraestruturas conterán, polo menos, as seguintes determinacións: a) A análise da situación actual do porto ou dos portos e a estrutura do tráfico e das actividades portuarias. b) A definición das necesidades de desenvolvemento do porto ou dos portos nun horizonte temporal de, cando menos, cinco anos. c) A análise das relacións entre a planificación portuaria e o planeamento territorial e urbanístico. d) A indicación das distintas alternativas de desenvolvemento, a análise de cada unha delas e a selección da máis óptima. e) A declaración ambiental estratéxica no caso de que o plan deba ser sometido á avaliación ambiental estratéxica ordinaria e o informe ambiental estratéxico se o plan debe ser sometido á avaliación ambiental estratéxica simplificada. f) A previsión das fases de desenvolvemento dos plans, a valoración e os recursos e mais a análise financeira e de rendibilidade. g) A definición dos criterios para a revisión dos plans.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº50, de Adición. Neste artigo débese engadir in fine un novo parágrafo que terá o seguinte contido: "Portos de Galicia establecerá as condicións para que estes plans obedezan a un deseño harmonizado e similar." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº25, ao apartado c), de Adición. Débese engadir ao remate do apartado c) o seguinte texto: ", así como a proposta de medidas que aseguren a adecuada coordinación entrambos os planeamentos." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº22, ao apartado c), de Adición.

Page 207: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

67

Emenda de adición, apartado c) do artigo 33. Ao remate do apartado c) debe engadirse: "incluso no ámbito local." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº26, ao apartado h), de Adición. Débese engadir un novo apartado co seguinte texto: "h) Explicitar os medios económicos e financeiros necesarios para a execución do plan." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº27, ao apartado i), de Supresión. Débese engadir un novo apartado co seguinte texto: "i) Fixación dos obxectivos prioritarios dos plans." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº28, ao apartado j), de Adición. Débese engadir un novo apartado co seguinte texto: "j) A definición explícita dos equipamentos e servizos previstos, da programación dos elementos construtivos que inclúa o plan, da adecuación ambiental deles, do establecemento de medidas técnicas exixibles, de deseño, calidade e protección ambiental." __________________________________________

Page 208: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

68

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 34. Documentación dos plans directores de infraestruturas Os plans directores de infraestruturas estarán integrados polos seguintes documentos: a) A memoria, coa información básica e os estudos necesarios, onde se analizarán as distintas alternativas de desenvolvemento consideradas e se xustificará a elixida. b) A documentación gráfica, na que deberán constar os plans de información, os estudos de planeamento, os proxectos e os outros estudos complementarios. c) O estudo económico-financeiro, que conterá a avaliación económica xenérica da execución das obras. d) O programa de actuacións para o desenvolvemento do plan, integrándose neste, cando así resulte preceptivo, o estudo ambiental estratéxico.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº23, de Adición. Emenda de adición, artigo 34. Engadir dous novos apartados: "e) O informe sobre a viabilidade urbanística elaborado polo concello ou polos concellos afectados. f) A ordenanza reguladora das edificacións." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº51, ao apartado c), de Adición. Na letra c) deste artigo deberase engadir in fine o seguinte texto: "... e mais o establecemento das súas previsións en contías concretas para anualidades futuras." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº52, ao apartado d), de Adición. Na letra d) deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... estableceranse as súas previsións en contías concretas para anualidades futuras."

Page 209: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

69

__________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº24, ao apartado e), de Adición. Emenda de adición, apartado e) do artigo 34. Engadir un novo apartado e) co seguinte texto: "e) Os informes e estudos relativos aos impactos sobre ecosistemas mariños." __________________________________________

Page 210: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

70

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 35. Procedemento de aprobación 1. A elaboración e a aprobación dos plans directores de infraestruturas axustaranse ao seguinte procedemento: a) Corresponde á entidade pública empresarial Portos de Galicia a formulación do plan, que será sometido previamente ao informe das consellarías e dos concellos afectados polas actuacións, co fin de que poidan presentar as observacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de dous meses, e entenderase en senso favorable de transcorrer o dito prazo sen que se emita o informe de forma expresa por parte das consellarías. De se constatar un conflito de atribucións entre diferentes consellarías afectadas no procedemento de elaboración dos plans directores de infraestruturas, este será resolto por acordo asinado conxuntamente polas propias persoas titulares das consellarías afectadas. No caso de discrepancia, darase traslado ao Consello da Xunta de Galicia, que resolverá no prazo de dez días. b) O plan someterase ao procedemento de avaliación ambiental que proceda nos termos previstos na normativa en materia de avaliación ambiental. c) Darase traslado do plan ás corporacións de dereito público e entidades que representen as persoas usuarias co fin de que, por un prazo igual de dous meses, poidan realizar as observacións que xulguen oportunas. d) Simultaneamente aos trámites anteriores, o plan será sometido a información pública no Diario Oficial de Galicia durante un prazo non inferior a dous meses. e) O plan someterase, antes da súa aprobación polo Consello da Xunta, a informe da Administración estatal consonte o disposto na normativa en materia de costas. f) Ao se rematar a tramitación, a consellaría competente en materia de portos procederá a levar o plan ao Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación por decreto, que será publicado nos diarios oficiais correspondentes. 2. A aprobación dun plan director de infraestruturas levará implícita a declaración de utilidade pública para os efectos da expropiación dos bens e dereitos e do rescate ou a revisión das concesións que requira a actuación portuaria no ámbito do plan.

EMENDAS MANTIDAS:

Page 211: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

71

-Do G.P. En Marea. Emenda nº29, ao apartado 1.a), de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "dous meses" debe dicir: "tres meses". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº56, ao apartado 1.a), de Adición. Na letra a), do punto 1, deste artigo, debese engadir in fine o seguinte texto: "... No caso de existir un informe negativo ou de se constatar un conflito entre Portos de Galicia e os concellos, este deberá ser resolto por acordo entre as partes no prazo de dous meses. No caso de persistir as discrepancias darase traslado ao Consello Asesor da entidade Portos de Galicia, que realizará unha proposta ao Consello da Xunta de Galicia, que poderá resolver. Tal acordo poderá ser en todo caso obxecto da presentación do recurso correspondente." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº30, ao apartado 1.e) bis), de Adición. Débese engadir un novo apartado co seguinte texto: "e bis) Previamente á súa aprobación, o Goberno remitirá o proxecto de plan ao Parlamento galego para que o Pleno da Cámara se pronuncie sobre el." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº58, ao apartado 2 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 2 bis, que terá o seguinte contido: "2 bis. Os plans directores de infraestruturas axustaranse e deberán estar acordes co establecido ao respecto no Plan de portos." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº25, ao apartado a), de Modificación. Emenda de modificación, artigo 35. Substituír na primeira frase desta alínea: "as observacións e suxestións", por: "alegacións".

Page 212: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

72

__________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº26, ao apartado a), de Modificación. Emenda de modificación, apartado a) do artigo 35. Na primeira frase da alínea a) modificar o prazo, que debe ser de "seis meses". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº27, ao apartado a), de Adición. Emenda de adicion, apartado a) do artigo 35. Ao final do parágrafo debe engadirse: "así mesmo, de constatar discrepancias entre o plan director e o informe elaborado pola entidade local ou polas entidades locais afectadas, prevalecerán os criterios e as condicións contidos neste último." __________________________________________

Page 213: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

73

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 36. Revisións ou modificacións dos plans directores de infraestruturas 1. Cando sexa necesaria unha revisión ou unha modificación dos plans directores de infraestruturas que teña carácter substancial, o procedemento que se deberá seguir será o mesmo que o previsto para a súa aprobación. 2. Cando a revisión ou a modificación non teña carácter substancial, será aprobada pola consellaría competente en materia de portos, oído o concello ou os concellos afectados, e logo do informe da Administración xeral do Estado previsto na normativa de costas e coa tramitación ambiental estratéxica que proceda. Para estes efectos, terá carácter de modificación substancial a ampliación superior a un trinta por cento da superficie ocupada con obras de infraestrutura, tanto nas superficies en terra como na lámina de auga que integran a zona de servizo.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº31, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "2. Cando a revisión ou a modificación teña carácter de substancial e relevante, o procedemento será o mesmo que se establece para a aprobación recollido no artigo 35 desta lei." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº60, ao apartado 2, de Modificación. No segundo parágrafo do punto 2 deste artigo, onde di: "... a un trinta por cento ...", debe dicir: "... a un quince por centro ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº28, ao apartado 2, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 2 do artigo 36. Substituír "oído o concello ou concellos afectados", por: "logo do informe vinculante do concello ou dos concellos afectados."

Page 214: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

74

__________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº29, ao apartado 2, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 2 do artigo 36. Substituír no segundo parágrafo "30 por 100", por: "dez por cento". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº59, ao apartado 2, de Adición. No primeiro parágrafo do punto 2 deste artigo, despois de: "... oído ...", débese engadir a seguinte palabra: "... previamente ...". __________________________________________

Page 215: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

75

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 37. Planeamento xeral 1. Os plans xerais de ordenación municipal e os demais instrumentos xerais de ordenación urbanística deberán cualificar a zona de servizo dos portos como sistema xeral portuario e non poderán incluír determinacións que supoñan unha interferencia ou perturbación no exercicio das competencias de explotación portuaria. 2. Dado o carácter supramunicipal do sistema portuario, a superficie do sistema xeral portuario non computará para os efectos da determinación das dotacións, cesións de aproveitamento, reservas e equipamentos. 3. Considérase que o porto ou a instalación marítima pode constituír unha unidade que xustifica a redacción dun plan especial.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº61, ao apartado 1, de Modificación. Na segunda liña do punto 1,deste artigo, onde di: "... deberán cualificar ...", debe dicir: "... recollerán a cualificación da ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº62, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, onde di: "... e non poderán incluír determinacións que supoñan unha interferencia ou perturbación no exercicio das competencias de explotación portuaria ... ", debe dicir: "... e serán obxecto de tratamento específico no caso de propoñer modificacións que poidan influír na explotación portuaria." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº30, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 37. Engadir ao final do parágrafo: "agás en zonas urbanas consolidadas, onde prevalecerá este uso." __________________________________________

Page 216: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

76

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº63, ao apartado 2, de Supresión. O punto 2 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº32, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "2. A Xunta de Galicia e os concellos deberanse axustar ao principio de recíproca coordinación nas actuacións que afecten o modelo portuario, así como atender os deberes de información e colaboración sobre os proxectos e as iniciativas que afecten os espazos compartidos." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº33, ao apartado 3, de Supresión. Débese suprimir o punto 3. __________________________________________

Page 217: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

77

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 38. Plans especiais de ordenación dos portos 1. O sistema xeral portuario de cada porto desenvolverase mediante un plan especial, que redactará e formulará a entidade pública empresarial Portos de Galicia e que a administración competente en materia de urbanismo tramitará e aprobará aplicando o establecido na lexislación urbanística en vigor, coas particularidades que se sinalan nos seguintes puntos. 2. Con carácter previo á formulación do plan especial que ordene a zona de servizo do porto, esta deberase encontrar delimitada mediante a aprobación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios no dito porto. As determinacións daquel plan non poderán estenderse máis alá da zona de servizo así delimitada. 3. Unha vez redactado o borrador do plan, Portos de Galicia remitirao, acompañado da documentación ambiental exixible pola lexislación sectorial aplicable, á administración competente en materia de urbanismo, que dispoñerá dun prazo máximo de tres meses para enviar a dita documentación ao órgano ambiental competente para os efectos da tramitación ambiental estratéxica que proceda. 4. O prazo máximo para resolver sobre a aprobación inicial dun plan especial de ordenación portuaria que estea sometido á avaliación ambiental estratéxica ordinaria, unha vez emitido o informe ambiental estratéxico conforme a normativa ambiental aplicable, será de tres meses, contados desde a súa presentación por Portos de Galicia no rexistro do concello. Ao transcorrer este prazo sen que recaese unha resolución expresa, poderase entender outorgada a aprobación inicial do plan. 5. O prazo máximo para resolver sobre a aprobación inicial dun plan especial de ordenación portuaria que estea sometido á avaliación ambiental estratéxica simplificada, unha vez emitido o informe ambiental estratéxico sobre a falta de efectos significativos deste sobre o ambiente, será de tres meses, que se contará desde a súa presentación por Portos de Galicia no rexistro do concello. Ao transcorrer este prazo sen que recaese unha resolución expresa, poderase entender outorgada a aprobación inicial do plan. 6. Efectuada a tramitación e emitido o informe da Administración estatal de costas conforme a normativa nesta

Page 218: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

78

materia, e antes da aprobación definitiva do plan, deberase dar traslado deste á entidade pública empresarial Portos de Galicia no caso de que a Administración urbanística competente propuxese modificacións respecto da redacción inicialmente aprobada, para que aquela, no prazo dun mes, emita informe sobre os aspectos da súa competencia. 7. A aprobación definitiva do plan especial requirirá que o informe previo a que se refire o punto anterior sexa favorable. No caso de ser desfavorable, deberanse levar a cabo as consultas necesarias en prol de chegar a un acordo entre Portos de Galicia e a Administración urbanística para a súa aprobación definitiva. Se no prazo de dous meses persiste o desacordo, informará con carácter vinculante o Consello da Xunta de Galicia sobre aqueles aspectos de competencia autonómica en materia de portos. 8. O prazo para a aprobación definitiva por un concello do plan especial de ordenación dun porto será de seis meses, que se contarán desde o acordo de aprobación inicial. Ao transcorrer o dito prazo sen que se procedese á notificación da resolución, poderase entender aprobado definitivamente o plan, sempre que se realizase o trámite de información pública e obtivese os informes preceptivos en sentido favorable, de conformidade coa lexislación aplicable, ou, se é o caso, fosen solicitados os informes e transcorresen os prazos para emitilos. 9. Non se aplicará o silencio administrativo estimativo cando os plans conteñan determinacións contrarias á lei, aos plans de superior rango ou aos instrumentos de ordenación do territorio de Galicia. 10. A aprobación definitiva dos plans especiais deberá ser notificada a Portos de Galicia, cos requisitos establecidos na lexislación do procedemento administrativo e publicada nos diarios oficiais correspondentes. 11. O plan especial incluirá entre as súas determinacións as medidas e as previsións necesarias para garantir unha eficiente explotación do espazo portuario, o seu desenvolvemento futuro e a súa conexión cos sistemas xerais de transporte terrestre e co contorno urbano.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº65, de Supresión. No punto 1 deste artigo, débese suprimir in fine, a seguinte expresión: "... coas particularidades que se sinalan nos seguintes puntos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia.

Page 219: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

79

Emenda nº66, ao apartado 1 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 1 bis, que terá o seguinte contido: "1 bis. Nos plans especiais de ordenación dos portos e das instalacións portuarias establecerase a delimitación das áreas e dos usos portuarios coa delimitación dos espazos de terra e de auga necesarios para o desenvolvemento dos usos portuarios, dos espazos de reserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento da actividade portuaria e daqueles que se poidan destinar a usos vinculados á interacción porto-cidade, coa súa estrutura básica e coa xustificación da súa necesidade ou conveniencia." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº67, ao apartado 2, de Supresión. O punto 2 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº68, ao apartado 3, de Supresión. O punto 3 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº34, ao apartado 4, de Supresión. Débese suprimir no punto 4 a seguinte expresión: "Ao transcorrer este prazo sen que recaese resolución expresa, poderase entender outorgada a aprobación inicial do plan." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº69, ao apartado 4, de Supresión. O punto 4 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº35, ao apartado 5, de Supresión. Débese suprimir no punto 5 a seguinte expresión: "Ao transcorrer este prazo sen que recaese resolución expresa, poderase entender outorgada a aprobación inicial do plan."

Page 220: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

80

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº70, ao apartado 5, de Supresión. O punto 5 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº71, ao apartado 6, de Supresión. O punto 6 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº72, ao apartado 7, de Supresión. O punto 7 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº74, ao apartado 7, de Supresión. No caso de non se aceptar a emenda de supresión do punto 7, débese suprimir a expresión: "... con carácter vinculante ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº36, ao apartado 8, de Supresión. Débese suprimir no punto 8 o seguinte texto: "Transcorrido o dito prazo sen que se proceda á notificación da resolución, poderase entender aprobado definitivamente o plan, sempre que se realizase o trámite de información pública e obtivese os informes preceptivos en sentido favorable, de conformidade coa lexislación aplicable, ou, se é o caso, fosen solicitados os informes e transcorresen os prazos para emitilos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº73, ao apartado 8, de Supresión. O punto 8 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº75, ao apartado 9, de Supresión. O punto 9 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº37, ao apartado 9, de Substitución.

Page 221: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

81

Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "9. Non se aplicará o silencio administrativo estimatorio en ningún caso." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº31, ao apartado 9, de Adición. Emenda de adición, apartado 9 do artigo 38. Engadir ao final do parágrafo: "e aos plans xerais de ordenación municipal afectados." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº76, ao apartado 11, de Adición. No punto 11, deste artigo, débese engadir in fine o seguinte texto: "... Neste senso, Portos de Galicia establecerá un programa anual de actuacións co obxecto de levar a cabo, en coordinación cos concellos, as obras pendentes para acadar estas conexións e obras nos contornos portuarios." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº32, ao apartado 12, de Adición. Emenda de adición, artigo 38. Engadir un novo apartado 12, co seguinte texto: "12. Os plans especiais deberán contar cos informes sectorais de patrimonio, infraestruturas e fomento, así como cos informes das empresas subministradoras de servizos." __________________________________________

Page 222: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

82

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 39. Relacións e medidas de coordinación entre a planificación portuaria e os instrumentos de ordenación territorial e de planeamento urbanístico 1. Os plans directores de infraestruturas e os instrumentos de delimitación dos espazos e dos usos dos portos prevalecerán e serán vinculantes sobre a ordenación urbanística en aspectos relativos á protección do dominio público portuario, á localización de infraestruturas, aos accesos a sistemas de comunicacións, á localización de radicacións e á distribución dos usos. 2. A aprobación dos plans especiais de ordenación dos portos implicará, se for o caso, a necesidade de revisión ou de modificación dos instrumentos de planeamento urbanístico municipal co fin de integrar as determinacións do planeamento sectorial portuario no planeamento urbanístico municipal. 3. A revisión ou modificación dos instrumentos de ordenación urbanística municipal deberana efectuar os concellos con ocasión da primeira revisión ou modificación do instrumento de planeamento urbanístico que tramiten, e, en todo caso, no prazo máximo dun ano desde a aprobación dos instrumentos de planificación portuaria. 4. Nos concellos sen planeamento urbanístico xeral a aprobación dos instrumentos de planificación portuaria sinalados comportará a obriga de inclusión das súas determinacións nos instrumentos de planeamento urbanístico que se aproben con posterioridade. 5. Sen prexuízo de que os instrumentos de planeamento xeral deban adaptarse aos plans especiais de ordenación dos portos, estes poderán prever o réxime de ordenación que se aplicará mentres non se produza a adaptación. 6. Os plans especiais de ordenación dos portos poderán introducir aquelas modificacións ou matizacións estritamente derivadas da natureza e finalidade do plan especial e necesarias para o cumprimento dos seus fins, sen que en ningún caso este poida substituír o planeamento xeral na súa función de instrumento de ordenación integral do territorio. 7. A aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación territorial e de planificación urbanística que incidan directamente sobre os portos e as instalacións portuarias reguladas nesta lei requiren o informe a Portos de Galicia, sen prexuízo dos demais informes que deban ser emitidos, de conformidade coa normativa sectorial aplicable.

Page 223: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

83

8. Para os efectos de dar cumprimento ao mandato establecido no punto anterior, ao mesmo tempo que o trámite de información pública, solicitarase informe a Portos de Galicia, que deberá emitirse nun prazo de tres meses, e que terá carácter vinculante no que respecta á ordenación da zona de servizo dos portos nos aspectos relacionados coa súa competencia. De non se emitir o informe neste prazo entenderase favorable.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº33, ao apartado 1, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 1 do artigo 39. Suprimir o apartado 1. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº77, ao apartado 1, de Modificación. Proponse un novo texto para o punto 1 deste artigo, que terá o seguinte contido: "1. Para articular a necesaria coordinación entre as administracións con competencia concorrente sobre o espazo portuario, os plans xerais e os demais instrumentos de ordenación urbanística deberán incluír entre as súas previsións as necesarias para establecer a planificación portuaria." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº78, ao apartado 2, de Supresión. O punto 2 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº34, ao apartado 2, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 2 do artigo 39. Suprimir o apartado 2. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº79, ao apartado 3, de Supresión. O punto 3 deste artigo débese suprimir.

Page 224: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

84

__________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº35, ao apartado 3, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 3 do artigo 39. Suprimir o apartado 3. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº80, ao apartado 5 , de Supresión. O punto 5 deste artigo débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº81, ao apartado 8, de Modificación. No punto 8 deste artigo, onde di: "... no prazo de tres meses,...", debe dicir: "... no prazo de dous meses, ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº82, ao apartado 8, de Modificación. No punto 8 deste artigo, onde di: ·... carácter vinculante ...", debe dicir: "... carácter determinante ...". __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº38, ao apartado 9, de Adición. Débese engadir un novo punto co seguinte texto: "9. A aprobación, a modificación ou a revisión dos instrumentos de ordenación e planificación urbanística dos portos e das instalacións portuarias requerirán informe do concello afectado en cada caso, sen prexuízo dos demais informes que deban ser emitidos. Manterase sempre o criterio de especial defensa e protección da fachada marítima." __________________________________________

Page 225: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

85

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO III Proxectos e obras Artigo 40. Execución de obras e instalacións 1. As obras e as instalacións de carácter permanente que leven a cabo no dominio público portuario a administración pública e os particulares debidamente autorizados por esta deberán adaptarse ao plan especial de ordenación portuaria. Para a constatación deste requisito han someterse ao informe da Administración urbanística competente, que se entenderá emitido en sentido favorable de transcorrer un mes desde a recepción da documentación sen que se emitise expresamente. 2. En ausencia dun plan especial aprobado con carácter definitivo, unicamente poderán realizarse obras de carácter permanente acordes cos usos portuarios e complementarios previstos no artigo 54. Neste caso, o informe da Administración urbanística versará sobre a acomodación das obras ao ordenamento urbanístico municipal xeral vixente e, en última instancia, ás normas urbanísticas xerais de aplicación directa. 3. Os proxectos someteranse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental cando así o exixa a lexislación específica vixente. 4. Poderanse realizar obras de dragaxe e de recheo na zona de servizo dos portos exclusivamente con materiais de orixe terrestre ou marítima que pola súa natureza, disposición final ou illamento protector non dean orixe a procesos de contaminación que superen os niveis exixibles pola normativa vixente aplicable á calidade das augas marítimas. 5. As obras de dragaxe axustaranse ao previsto nesta lei. As obras de recheo e as de dragaxe no dominio público portuario requirirán a autorización da entidade pública empresarial Portos de Galicia. 6. As obras e as instalacións portuarias acordes cos usos portuarios que realice a Administración portuaria directamente non estarán sometidas aos actos de control preventivo municipal, por constituíren obras públicas de interese xeral portuario. 7. As restantes obras que non se inclúan dentro das definidas no anterior punto deberán obter a oportuna licenza municipal, agás o réxime de comunicación previa. 8. As obras de interese xeral portuario que promova a Administración portuaria non poderán, en ningún caso, ser

Page 226: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

86

suspendidas polas administracións urbanísticas competentes se se axustan ao planeamento urbanístico e ás normas deste capítulo. 9. As obras que se executen sobre o leito do mar territorial ou nas augas interiores non estarán sometidas aos actos de control preventivo municipal.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº36, ao apartado 1, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 1 do artigo 40. No punto 1 substituír: "ao informe da Administración urbanística competente", por: "ao informe da Administración local correspondente". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº37, ao apartado 1, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 1 do artigo 40. Modificar o prazo de "un mes" polo de "tres meses". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº38, ao apartado 2, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 2 do artigo 40. Eliminar ao principio da primeira frase: "complementarios". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº39, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 40. Engadir ao final do apartado 2: "debendo contar coa correspondente licenza municipal." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego.

Page 227: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

87

Emenda nº40, ao apartado 3, de Adición. Emenda de adición, apartado 3 do artigo 40. Engadir ao final do apartado: "e deberán realizar a correspondente tramitación urbanística municipal." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº41, ao apartado 4, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 4 do artigo 40. Substituír a primeira frase polo seguinte texto: "Excepcionalmente, poderanse realizar obras de dragaxe e recheo na zona de servizo dos portos, debidamente xustificadas e tras a tramitación ambiental correspondente, e nunca en zonas urbanas consolidadas. Estas actuacións faranse con..." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº83, ao apartado 6, de Supresión. O punto 6 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº42, ao apartado 6, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 6 do artigo 40. Suprimir o adverbio de negación "non". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº84, ao apartado 7, de Supresión. O punto 7 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº43, ao apartado 7, de Adición. Emenda de adición, apartado 7 do artigo 40. Engadir na segunda liña despois de: "deberán obter", o seguinte: "tamén".

Page 228: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

88

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº85, ao apartado 8, de Supresión. O punto 8 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº44, ao apartado 8, de Adición. Emenda de adición, apartado 8 do artigo 40. Ao final do parágrafo, engadir: "se se axustan ao planeamento urbanístico local e ás...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº86, ao apartado 9, de Supresión. O punto 9 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº45, ao apartado 10, de Adición. Emenda de adición, apartado 10 do artigo 40. Engadir un novo apartado 10 co seguinte texto: "10. As obras teñen que ser reguladas nos seus parámetros urbanísticos máximos, cando menos, en altura, volume, ocupación etcétera. Cada porto deberá contar cun parámetro de edificabilidade máxima e alturas máximas en función das características propias de cada porto e municipio." __________________________________________

Page 229: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

89

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 41. Construción de novos portos ou instalacións marítimas 1. A construción dun novo porto ou dunha instalación marítima de competencia autonómica exixirá a aprobación previa do proxecto e os estudos complementarios pola entidade pública empresarial Portos de Galicia, que deberá observar o establecido no plan director de infraestruturas, de estar o proxecto integrado neste. 2. Os ditos proxectos someteranse á avaliación do impacto ambiental cando isto sexa exixible en aplicación da lexislación específica, así como ao informe das consellarías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con competencias concorrentes nos portos. 3. Pediranse os informes da Administración xeral do Estado en canto ás materias da súa competencia que se poidan ver afectadas. 4. Solicitarase da Administración xeral do Estado a oportuna adscrición de dominio público marítimo-terrestre conforme a lexislación aplicable. 5. Con carácter previo á aprobación dos proxectos, deberase solicitar informe dos concellos afectados, co fin de que formulen cantas observacións consideren convenientes sobre os aspectos da súa competencia. 6. Agás que a normativa sectorial aplicable dispoña o contrario, calquera dos informes da Administración autonómica ou da local entenderase favorable de transcorreren dous meses desde a recepción da documentación sen que se emitise de forma expresa.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº87, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, onde di: "... de estar o proxecto integrado neste.", debe dicir: "... debendo estar o proxecto integrado neste." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº46, ao apartado 5, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 5 do artigo 41.

Page 230: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

90

Ao final desta alínea, substituír "observacións", por: "alegacións". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº88, ao apartado 5, de Adición. No punto 5 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... de estar previsto no correspondente instrumento de ordenación urbanística municipal. De non ser así, haberá que aterse ao disposto na lexislación urbanística para proceder á súa modificación." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº47, ao apartado 5, de Adición. Emenda de adición, apartado 5 do artigo 41. Engadir despois de "informe", o adxectivo: "vinculante". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº89, ao apartado 6, de Supresión. O punto 6 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº48, ao apartado 6, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 6 do artigo 41. Substituír "dous meses", por: "seis meses". __________________________________________

Page 231: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

91

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 42. Utilidade pública e necesidade de ocupación 1. A aprobación dos proxectos levará implícita a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos para os efectos da ocupación temporal ou expropiación forzosa dos bens ou dereitos afectados polo obxecto daqueles. Para estes efectos, o proxecto comprenderá a relación completa e individualizada dos bens e dos dereitos que non forman parte do dominio público portuario e que se considera necesario adquirir ou ocupar para o executar, coa descrición material deles. 2. Así mesmo, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación referiranse tamén aos bens e dereitos comprendidos na implantación do proxecto e nas modificacións de obras que poida aprobar posteriormente a autoridade competente, cos mesmos requisitos sinalados no punto anterior.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº91, de Supresión. O punto 2 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº90, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, onde di: "... dos bens e dos dereitos que non forman parte ...", debe dicir: "... incluídos os bens e os dereitos que non formen parte ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº49, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 42. Engadir ao final do parágrafo: "logo do informe urbanístico vinculante do concello." __________________________________________

Page 232: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

92

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 43. Obras que afectan a zona de servizo dos portos 1. As obras de edificación ou urbanización que se executen en superficies lindeiras coa zona de servizo dun porto ou dunha instalación marítima, que teñan incidencia directa por precisar a ocupación permanente ou temporal de superficie incluída nela, non poderán ser autorizadas polas administracións públicas competentes sen que se solicite previamente informe a Portos de Galicia. 2. Este informe ten carácter vinculante no que se refire aos aspectos relacionados coa protección do dominio público portuario e coa viabilidade das actividades portuarias, e deberá ser emitido no prazo máximo dun mes. O informe entenderase favorable no caso de non se emitir no prazo antes sinalado. 3. Cando a ocupación teña as circunstancias previstas no artigo 56.2, exixirase o outorgamento da correspondente autorización ou concesión. 4. Con carácter xeral, e agás causa xustificada apreciada por Portos de Galicia, os terreos estremeiros coa zona de servizo dos portos e das instalacións marítimas deberán contar con acceso rodado e peonil alleo á zona de servizo do porto ou da instalación marítima.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº92, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, o texto: "..., non poderán ser autorizadas polas administracións públicas competentes sen que se solicite ..." debe ser substituido pola palabra: "... requirirán ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº50, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 43. Engadir ao final do parágrafo: "agás en zonas urbanas consolidadas." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia.

Page 233: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

93

Emenda nº93, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo, despois de: "... actividades portuarias ...", débese engadir a seguinte frase: "... que afecten a zona de servizo dos portos ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº94, ao apartado 4, de Adición. No punto 4 deste artigo, logo da expresión: "... apreciada por Portos de Galicia ...". débese engadir: "... ou polos concellos afectados ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº95, ao apartado 4, de Adición. No punto 4 deste artigo,débese engadir in fine o seguinte texto: "... Con tal finalidade e no caso de non existiren eses accesos, sendo estes necesarios ou convenientes, Portos de Galicia establecerá unha liña de axuda para poder abordar tales cuestións." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº51, ao apartado 4, de Adición. Emenda de adición, apartado 4 do artigo 43. Engadir ao final do parágrafo: "agás en zonas urbanas consolidadas." __________________________________________

Page 234: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

94

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 44. Desenvolvemento sustentable 1. A actividade portuaria e mais a ampliación ou modificación dos portos existentes realizaranse conforme os principios de preservación dos valores culturais, patrimoniais, paisaxísticos, ambientais e etnográficos dos espazos portuarios, coa adopción das medidas adecuadas para a protección ambiental do dominio público portuario. 2. Dentro da explotación sustentable dos portos, promoveranse as instalacións para prestar servizos ou realizar actividades que incorporen tecnoloxías e sistemas sustentables como enerxías alternativas, sistemas de eficiencia nos consumos e de tratamento de residuos.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº40, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír ao remate do punto 2 a seguinte expresión: Onde di: "e de tratamento de residuos.", debe dicir: "e de tratamento dos residuos orixinados na actividade marítima e portuaria con carácter exclusivo." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº96, ao apartado 2 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 2 bis, que terá o seguinte contido: "2 bis. Portos de Galicia realizará dentro de cada plan un estudo interior específico en materia ambiental para cada porto e instalación portuaria de Galicia, no que se recollerán as medidas para a prevención e a loita contra a contaminación ambiental mariña, terrestre, atmosférica ou accidental, e o que se deberá dotar de medios materiais suficientes. Os ditos plans serán coordinados co departamento da Administración autonómica competente en materia de ambiente, que procederá, de acordo coa normativa vixente, á súa valoración." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego.

Page 235: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

95

Emenda nº52, ao apartado 3, de Adición. Emenda de adición, apartado 3 do artigo 44. Engadir un novo apartado 3 co seguinte texto: "3. Con carácter xeral e agás casos limitados e debidamente xustificados de extraordinario interese xeral, que deberán contar co acordo unánime de todas as administracións e sectores económicos directamente afectados, prohibiranse novos recheos no mar.” __________________________________________

Page 236: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

96

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 45. Prevención e loita contra a contaminación no dominio público portuario 1. Prohíbese a vertedura de efluentes líquidos e a vertedura e o abandono de residuos no dominio público portuario. As emisións á atmosfera realizaranse coas limitacións e cos controis establecidos na lexislación sectorial. Os que realizasen, aínda accidentalmente, as referidas verteduras serán responsables de cantos custos exixa a plena rexeneración das augas e a posible descontaminación dos solos que estean dentro da zona de dominio público portuario, ademais das sancións que procedan. No caso de verteduras non autorizadas, Portos de Galicia ordenará a quen resulte responsable a recollida e limpeza dos terreos e das augas afectadas. No caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá á execución subsidiaria a cargo das persoas responsables, sen prexuízo das sancións que puideren derivar polo incumprimento da normativa ambiental. A utilización de materiais naturais procedentes das escavacións poderá ser realizada nas condicións que estableza a normativa ambiental. 2. As instalacións radicadas no dominio público portuario nas que se desenvolva calquera tipo de actividades comerciais, industriais ou de servizos deberán contar con medios abondos para a prevención e loita contra a contaminación accidental, mariña, atmosférica e terrestre, e as persoas titulares das concesións ou autorizacións executarán ao seu cargo as medidas protectoras e correctoras que resulten necesarias en cada momento, de acordo co establecido na normativa de aplicación, nos pregos reguladores dos servizos portuarios especiais, nos pregos de condicións xerais para o desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario e, de ser o caso, nas condicións particulares que se establezan. A dispoñibilidade destes medios será exixida pola entidade pública empresarial Portos de Galicia. As ditas instalacións, cando o exixa a normativa de aplicación, deberán contar cun plan interior marítimo de continxencias por contaminación mariña accidental, que será tido en conta pola entidade pública empresarial Portos de Galicia para a elaboración do seu propio plan interior marítimo do porto. Para os efectos do previsto nos parágrafos anteriores, a persoa titular da correspondente autorización ou concesión deberá

Page 237: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

97

permitir a práctica dos controis e as inspeccións que realice o órgano administrativo competente. 3. Portos de Galicia colaborará coas administracións competentes na prevención e no control das emerxencias por contaminación accidental na zona de servizo dos portos que xestione. 4. Todas as verteduras desde terra ao mar requirirán autorización da administración competente, sen prexuízo da autorización ou concesión de ocupación do dominio público portuario que, de ser o caso, outorgará Portos de Galicia. 5. O disposto neste artigo procederá sen prexuízo da aplicación, cando se dean os supostos, do establecido na Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº53, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 45. Engadir ao comezo do parágrafo 3 o seguinte: "Excepcionalmente,...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº97, ao apartado 2, de Supresión. No segundo parágrafo do punto 2 deste artigo débese suprimir a expresión: "..., cando o exixa a normativa de aplicación, ...". __________________________________________

Page 238: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

98

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 46. Recepción de refugallos e residuos procedentes de buques 1. Os refugallos xerados polos buques deberanse descargar á terra, e para tal efecto hase solicitar o servizo de recepción de refugallos xerados por buques regulado nesta lei. 2. As refinarías de petróleo, as factorías químicas e petroquímicas, as instalacións para o almacenamento e distribución de produtos químicos e petroquímicos, as instalacións para o abastecemento de combustibles líquidos que posúan terminais de carga ou descarga de hidrocarburos en zonas portuarias, así como os estaleiros e as instalacións de reparación naval deberán dispoñer, nas proximidades das terminais e dos peiraos, de instalacións de recollida de residuos petrolíferos e químicos e de augas de sentinas e de almacenamento destes residuos debidamente autorizadas, de instalacións para a limpeza de aceites, de graxas e doutros produtos contaminantes, ademais dos medios necesarios para prever e combater os derramamentos e para a prevención e loita contra a contaminación accidental terrestre e mariña. Portos de Galicia exixirá a dispoñibilidade destas instalacións e medios para autorizar o funcionamento das instalacións portuarias incluídas no parágrafo anterior, sen prexuízo das autorizacións que sexan exixibles por outras administracións. 3. No suposto de buques que non teñan como destino algunha das instalacións referidas no punto anterior, corresponderá ás empresas que efectúen as operacións de carga ou descarga do buque garantir a recepción dos residuos de carga procedentes del, se os houber, así como dos que se encontren nas zonas de tránsito e manobra, evitando e combatendo, se é o caso, os derramamentos accidentais.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº41, de Substitución. Débese substituír o texto do artigo polo seguinte: "Prohíbense as verteduras ou emisións contaminantes, xa sexan sólidas, líquidas ou gasosas, no dominio público portuario, procedentes de buques, de embarcacións ou de medios flotantes de calquera tipo.

Page 239: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

99

Os refugallos xerados polos buques deberanse descarga á terra, e para tal efecto deberase solicitar o servizo de recepción de refugallos xerados por buques regulado nesta lei. No caso de vertedura de materiais non autorizados, a Administración portuaria ordenará aos responsables a súa recollida e limpeza inmediata. No caso de incumprimento, a administración procederá á execución subsidiaria con cargo aos reponsables da vertedura." __________________________________________

Page 240: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

100

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 47. Obras de dragaxe 1. Toda execución de obras de dragaxe ou a vertedura dos produtos de dragaxe no dominio público portuario suxeito ao ámbito de aplicación desta lei requirirá autorización previa de Portos de Galicia sobre a base do correspondente proxecto técnico. Consonte o disposto na lexislación de portos do Estado e da Mariña Mercante, cando as obras de dragaxe ou a vertedura dos produtos de dragaxe poidan afectar a seguridade da navegación na zona portuaria, particularmente nas canles de acceso e nas zonas de ancoraxe e manobra, exixirase informe previo e favorable da Administración marítima. 2. Os proxectos de dragaxe incluirán un estudo da xestión dos produtos da dragaxe, e en particular a localización da zona ou das zonas de vertedura e o seu tratamento. Respecto da dragaxe portuaria, incorporarase ao proxecto, cando proceda, un estudo sobre a posible localización de restos arqueolóxicos, que se someterá a informe da consellaría con competencias na materia. 3. As obras de dragaxe que se executen fóra do dominio público portuario para recheos portuarios requirirán autorización da correspondente demarcación ou do servizo periférico de Costas. Así mesmo, a vertedura fóra das augas da zona de servizo do porto dos produtos das dragaxes portuarias deberá ser autorizada pola Administración marítima, logo do informe da demarcación ou do servizo periférico de Costas. 4. Os proxectos de dragaxe incluirán un estudo da xestión dos produtos da dragaxe, e en particular a localización da zona ou das zonas de vertedura e o seu tratamento. Respecto da dragaxe portuaria, incorporarase ao proxecto, cando cumpra, un estudo sobre a posible localización de restos arqueolóxicos, que se someterá a informe da Administración competente en materia de arqueoloxía. Cando a dragaxe se execute fóra da zona I ou interior das augas portuarias, incluirase, ademais, un estudo de avaliación dos seus efectos sobre a dinámica litoral e a biosfera mariña, que se someterá a informe das administracións competentes en materia de pesca e ambiente con carácter previo á súa autorización. En relación coas verteduras procedentes das obras de dragaxe, deberán efectuarse os estudos ou as análises necesarias que permitan valorar os efectos da actuación sobre

Page 241: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

101

a sedimentoloxía litoral e a biosfera submarina, así como, se é o caso, a capacidade contaminante das verteduras, e someteranse a informe das administracións competentes en materia de ambiente e de pesca. A autoridade portuaria remitirá á Administración marítima os datos das cantidades vertidas do material da dragaxe e a localización da zona ou das zonas de vertedura, e cando exista risco de que o posible desprazamento do material afecte a navegación marítima remitiranse a aquela os resultados do seguimento da evolución do dito material vertido. Cando o proxecto de dragaxe se someta, independentemente ou xunto con outros proxectos, ao procedemento previsto na lexislación sobre avaliación de impacto ambiental, deberán incluírse os estudos mencionados e solicitarse así mesmo os informes da Administración marítima e das administracións competentes en materia de ambiente, pesca e arqueoloxía no curso do devandito procedemento.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº54, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 47. Engadir ao final do parágrafo: "e da correspondente tramitación ambiental." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº55, ao apartado 3, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 3 do artigo 47. Suprimir na primeira liña: "fose". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº56, ao apartado 3, de Adición. Emenda de adición, apartado 3 do artigo 47. Engadir ao remate do segundo parágrafo: "e o de ambiente."

Page 242: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

102

__________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº57, ao apartado 4, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 4 do artigo 47. Suprimir o apartado 4 do artigo 47. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº58, ao apartado 5, de Adición. Emenda de adición, apartado 5 do artigo 47. Engadir un novo apartado 5, co seguinte texto: “5. Con carácter xeral e agás casos limitados e debidamente xustificados de extraordinario interese xeral, que deberán contar co acordo unánime de todas as administracións e sectores económicos directamente afectados, prohibiranse novos recheos no mar.” __________________________________________

Page 243: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

103

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 48. Plans de emerxencia e seguridade 1. Portos de Galicia controlará no ámbito portuario o cumprimento da normativa que afecte a admisión, a manipulación e o almacenamento de mercadorías perigosas e da normativa que afecte a protección do ambiente, así como os sistemas de seguridade, incluídos os que se refiran á protección ante actos antisociais e terroristas, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos das administracións públicas, en particular as que posúe a Administración xeral do Estado, a persoa titular da consellaría competente en materia de protección civil e xestión de urxencias e a Axencia Galega de Emerxencias, e mais das responsabilidades que nesta materia correspondan ás persoas usuarias do porto. 2. Para os efectos do establecido no punto 1, Portos de Galicia elaborará plans de emerxencia interior de acordo co previsto na lexislación vixente aplicable nesta materia. Así mesmo, Portos de Galicia elaborará, na medida e dentro do ámbito a que estea obrigado por aplicación da normativa sectorial ditada sobre o particular, plans relativos á protección dos buques, os pasaxeiros e as pasaxeiras e as mercadorías contra actos antisociais e terroristas que eventualmente se poidan producir na zona de servizo dos portos que xestione.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº98, ao apartado 1, de Supresión. No punto 1 deste artigo débese suprimir a seguinte frase: "... incluídos os que se refiran á protección ante actos antisociais e terroristas ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº99, ao apartado 2, de Supresión. No segundo parágrafo do punto 2 deste artigo,débese suprimir a seguinte expresión: "... na medida e dentro do ámbito ao que estea obrigado ...". __________________________________________

Page 244: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

104

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 49. Réxime xurídico e determinación do dominio público portuario 1. Constitúen o dominio público portuario de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia os portos e as instalacións marítimas suxeitos ao ámbito de aplicación desta lei, que se regula polas disposicións dela, polas disposicións da normativa estatal que resulten aplicables e polas disposicións que figuren nas normas regulamentarias de desenvolvemento. 2. As ampliacións dos portos e das instalacións de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia terán o mesmo réxime xurídico que o porto ou a instalación orixinal, atendendo a natureza e o título dos bens que sustentan a dita ampliación. 3. Pertencen ao dominio público portuario de competencia autonómica: a) Os terreos, as obras e as instalacións portuarias fixas afectadas ao servizo dos portos de competencia autonómica. b) Os terreos e as instalacións adquiridos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou por Portos de Galicia, ou por particulares, cando sexan debidamente afectados ao servizo dos portos, e mais os terreos e as instalacións que a consellaría competente en materia de patrimonio afecte ao servizo dos portos, segundo o procedemento previsto na lexislación de patrimonio da Comunidade Autónoma. c) As obras que a Comunidade Autónoma de Galicia realice sobre o dominio público portuario. d) As obras construídas e os terreos incorporados polas persoas titulares dunha concesión de dominio público portuario cando revertan a Portos de Galicia, unha vez extinguida esta de acordo co establecido no título de outorgamento. e) As obras e as instalacións de axudas á navegación marítima que se encontren situadas en zonas de servizo dos portos ou das instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma. f) Os espazos de auga incluídos na zona de servizo dos portos de competencia autonómica.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 245: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

105

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 50. Adscrición de espazos do dominio público marítimo-terrestre á Comunidade Autónoma Nos termos previstos na lexislación estatal, a Administración do Estado realizará a adscrición de bens do dominio público marítimo-terrestre á Comunidade Autónoma necesarios para a construción de novos portos de titularidade autonómica ou para a ampliación ou modificación dos existentes. A porción de dominio público adscrita conservará tal cualificación xurídica. E á Comunidade Autónoma corresponderalle a utilización e xestión dela, nos termos previstos pola dita lexislación.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 246: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

106

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 51. Delimitación da utilización dos espazos e dos usos portuarios 1. Nos portos e nas instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia delimitarase unha zona de servizo portuaria que estará integrada polos espazos de terra e de auga necesarios para a execución das actividades propias dos portos e das instalacións marítimas, polos espazos destinados a usos complementarios ou non estritamente portuarios e polos espazos de reserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento ou ampliación da actividade portuaria. A delimitación efectuarase a través da delimitación dos espazos e dos usos portuarios. 2. A superficie de auga incluída na zona de servizo comprenderá as áreas de auga onde se realicen as operacións de carga, descarga e transbordo de mercadorías, embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, construción e reparación de buques, atracada e viraxe, as canles de acceso e as zonas de ancoraxe, incluíndo as marxes necesarias para a seguridade marítima, a practicaxe e o avituallamento dos buques. Tamén comprenderá os espazos de reserva necesarios para a ampliación do porto. O espazo de auga subdividirase en dúas zonas: a) Zona I ou interior das augas portuarias, que comprenderá os espazos de auga incluídos dentro dos diques de abrigo e as zonas necesarias para manobras de atracada e viraxe, onde non existan estes. b) Zona II ou exterior das augas portuarias, que comprenderá o resto das augas incluídas na zona de servizo. 3. A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, aprobará a delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto e instalación marítima, na que se delimitará a zona de servizo correspondente, e que incluirá os usos previstos para cada unha das diferentes zonas do porto ou da instalación, así como a xustificación da necesidade ou conveniencia de tales usos. A delimitación dos espazos e dos usos portuarios poderá ser aprobada para un só porto ou para un conxunto de portos, aínda que estean localizados en diferentes termos municipais, cando razóns xeográficas, económicas, técnicas ou organizativas así o aconsellen a criterio de Portos de Galicia. 4. A entidade pública empresarial Portos de Galicia redactará e formulará a proposta de delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto e solicitará informes sobre as materias

Page 247: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

107

da súa competencia ao concello ou aos concellos afectados por razón da súa localización e ás administracións con competencias sectoriais no ámbito portuario que resulten afectadas. No suposto de que a delimitación dos espazos e dos usos portuarios inclúa espazos do dominio público marítimo-terrestre que aínda non fosen adscritos á Comunidade Autónoma, solicitaranse os informes previstos na lexislación estatal que regula o procedemento de adscrición. 5. Simultaneamente á solicitude dos informes precedentes, Portos de Galicia someterá a información pública a delimitación elaborada por un prazo de dous meses, no cal as persoas interesadas poderán formular alegacións. 6. Tras a conclusión dos trámites de informes e de información pública, Portos de Galicia dará resposta razoada ás alegacións presentadas e procederá, de ser o caso, a efectuar as modificacións da delimitación que sexan oportunas. 7. A proposta de delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto será remitida por Portos de Galicia á consellaría competente en materia de portos para a súa aprobación. Nesta proposta incluirase un estudo motivado sobre as razóns da aceptación ou do rexeitamento das consideracións recollidas durante a fase de información pública e de informes. 8. A aprobación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto levará implícita a declaración de utilidade pública para os efectos da expropiación dos bens e dos dereitos e mais do rescate ou revisión das concesións que requira a actuación portuaria no ámbito da delimitación, así como a afectación ao uso portuario dos bens patrimoniais e demaniais públicos incluídos na zona de servizo que sexan de interese para o porto de acordo co previsto na lexislación aplicable. Así mesmo, a aprobación da delimitación habilitará para a revogación sen indemnización das autorizacións que resulten incompatibles con esta, ou ben para acordar a súa adaptación a ela.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº59, ao apartado 1, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 1 do artigo 51.

Page 248: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

108

Suprimir a frase: "e os espazos de reserva que garantan a posibilidade de desenvolvemento ou ampliación da actividade porturaria." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº60, ao apartado 2, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 2 do artigo 51. Suprimir a frase: "Tamén comprenderá os espazos de reserva para a ampliación do porto." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº100, ao apartado 3, de Supresión. No punto 3 deste artigo débese suprimir o seguinte texto: "... . A delimitación dos espazos e dos usos portuarios poderá ser aprobada para un só porto ou para un conxunto de portos, aínda que estean localizados en diferentes termos municipais, cando razóns xeográficas, económicas, técnicas ou organizativas así o aconsellen a criterio de Portos de Galicia." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº61, ao apartado 4, de Adición. Emenda de adición, apartado 4 do artigo 51. Engadir neste punto despois de "solicitará informes" o seguinte: "vinculantes". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº62, ao apartado 4, de Adición. Emenda de adición, apartado 4 do artigo 51. Engadir ao final: "que deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº63, ao apartado 5, de Modificación.

Page 249: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

109

Emenda de modificación, apartado 5 do artigo 51. Modificar o prazo de "dous meses", por: "tres meses". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº101, ao apartado 6, de Modificación. No punto 6 deste artigo a expresión: "... Portos de Galicia ...", debe ser substituída por: "... a consellaría competente en materia de portos para a súa aprobación que ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº102, ao apartado 7, de Modificación. No punto 7 deste artigo, onde di: "... por Portos de Galicia á consellaría competente en materia de portos para a súa aprobación ...", debe dicir: "... pola consellaría competente en materia de portos ao Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación por decreto. ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº103, ao apartado 7, de Adición. No punto 7 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... Tal información aparecerá actualizada na páxina web correspondente á información relativa aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº64, ao apartado 8, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 8 do artigo 51. Suprimir no segundo parágrafo: "sen indemnización". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº104, ao apartado 8 bis), de Adición. Débese crear un novo punto 8 bis, que terá o seguinte contido: "8 bis. As modificacións da delimitación dos espazos e dos usos portuarios someteranse ao mesmo procedemento de aprobación que se determina nos puntos anteriores deste artigo."

Page 250: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

110

__________________________________________

Page 251: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

111

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 52. Modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios de cada porto 1. As modificacións da delimitación dos espazos e dos usos portuarios que sexan substanciais someteranse ao mesmo procedemento de aprobación que se determina no artigo anterior. Se a modificación non ten carácter substancial será aprobada pola consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, logo da apertura dun trámite de información pública por un prazo de quince días e de informe da Administración urbanística, así como da Administración xeral do Estado, de afectar as súas competencias. Entenderase por modificación non substancial: a) Aquela producida por razóns de explotación portuaria que non supoña alteración significativa das superficies asignadas a cada uso. b) Aquela que non implique unha alteración significativa da delimitación interna das zonas en que se divide o porto, para os efectos da asignación dos usos previstos nesta lei. c) A ampliación dentro da zona de servizo de infraestruturas e outras instalacións portuarias que resulten complementarias das xa existentes e que non supoñan unha alteración significativa das superficies asignadas a cada uso. 2. Terán a consideración de alteracións significativas aquelas que supoñan unha variación illada ou acumulada superior ao quince por cento da superficie atribuída a un determinado uso, agás aquelas modificacións que afecten usos non especificamente portuarios, que terán en todo caso carácter de alteracións significativas. 3. Logo de se aprobar a modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios, publicarase no Diario Oficial de Galicia o texto íntegro do acordo de aprobación.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº65, ao apartado 1, de Adición. Emenda de adición, apartado 1 do artigo 52. Na fin deste punto, despois de "Administración urbanística", engadir: ", incluída a local,".

Page 252: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

112

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº105, ao apartado 2, de Modificación. No punto 2 deste artigo, onde di: "... superior ao quince por cento ...", debe dicir: "... superior ao dez por cento ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº66, ao apartado 2, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 2 do artigo 52. Modificar: "superior ao quince por cento", por: "superior ao dez por cento". __________________________________________

Page 253: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

113

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 53. Efectos da delimitación dos espazos e dos usos portuarios sobre as concesións e autorizacións 1. As concesións e autorizacións no dominio público portuario que resulten incompatibles coas determinacións da delimitación dos espazos e dos usos portuarios vixente deberán adaptarse a esta. Para tal efecto, deberase proceder á revisión das súas condicións naqueles extremos que sexa preciso ou, se é o caso, ao rescate da concesión segundo o establecido nesta lei. 2. Mentres non se proceda á revisión das condicións dos títulos demaniais afectados ou, de ser o caso, ao seu rescate, estes seguirán suxeitos ás condicións de outorgamento sen que se poida conceder prórroga do prazo de duración, nin autorizar modificacións ou transmisións da súa titularidade ata que se dea cumprimento ao estipulado no punto anterior.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 254: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

114

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 54. Actividades, instalacións e construcións permitidas 1. Na zona de servizo portuaria só se poderán levar a cabo actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, consonte o establecido nesta lei, na normativa estatal de aplicación e nas normas que a desenvolvan. 2. Para tal efecto, teñen a consideración de usos portuarios os seguintes: a) O uso de infraestrutura básica asignado a diques e vieiros. b) Os usos comerciais, entre os cales figuran os relacionados co intercambio entre modos de transporte, os relativos ao desenvolvemento de servizos portuarios e outras actividades portuarias comerciais. c) Os usos pesqueiros. d) Os usos náutico-deportivos. e) Os usos complementarios ou auxiliares dos anteriores, incluídos os relativos a actividades loxísticas e de almacenaxe e os que correspondan a empresas industriais ou comerciais que xustifiquen a localización no porto pola súa relación co tráfico portuario, polo volume dos tráficos marítimos que xeran ou polos servizos que prestan ás persoas usuarias do porto. e bis) Os usos necesarios para levar a cabo o transporte das persoas usuarias do transporte marítimo competencia da Comunidade Autónoma. 3. Nos terreos da zona de servizo portuaria que non reúnan as características naturais de bens de dominio público marítimo-terrestre definidos no artigo 3 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, poderanse admitir outros usos non estritamente portuarios, tales como equipamentos culturais, recreativos, certames feirais, exposicións e outras actividades comerciais e industriais non portuarias, sempre que resulten compatibles cos usos antes definidos, que non se prexudique globalmente o desenvolvemento futuro do porto e das operacións de tráfico portuario e mais que se axusten ao establecido no planeamento urbanístico en vigor, así como ao previsto na normativa de costas en materia de protección do dominio público marítimo-terrestre adscrito.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº67, ao apartado 1, de Adición.

Page 255: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

115

Emenda de adición, apartado 1 do artigo 54. Engadir no final do texto: "Con base no anterior, a Administración portuaria, á hora de autorizar ou prohibir unha determinada actividade, deberá xustificar a compatibilidade ou non desta cos usos estrictamente portuarios." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº68, ao apartado 2.b), de Adición. Emenda de modificación, subapartado b) do apartado 2 do artigo 54. Modificar o texto do subapartado b), que queda do seguinte xeito: "comerciais directamente vencellados a actividades pesqueiras e marítimas, ou os relativos a intercambio de transportes ou desenvolvemento de servizos portuarios." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº69, ao apartado 2.e), de Supresión. Emenda de supresión, subapartado e) do apartado 2 do artigo 54. Eliminar o texto a partir de: "de almacenaxe e os que correspondan a empresas." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº70, ao apartado 2.f), de Adición. Emenda de adición, subapartado f) do apartado 2 do artigo 54. Engadir un novo subapartado f) co seguinte texto: "f) Mariñas tradicionais." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº71, ao apartado 3, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 3 do artigo 54. Eliminar o texto: "e outasa actividades comerciais e industriais non portuarias."

Page 256: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

116

__________________________________________

Page 257: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

117

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 55. Réxime de prohibicións 1. Están prohibidas aquelas ocupacións e utilizacións do dominio público portuario que se destinen a edificacións para residencia ou habitación, a tendido aéreo de liñas eléctricas de alta tensión e a publicidade a través de carteis ou valados, medios acústicos ou audiovisuais. Permitirase a publicidade nos termos establecidos na lexislación reguladora de costas. 2. Conforme a normativa de costas, excepcionalmente, e por razóns de utilidade pública debidamente acreditadas, a consellaría competente en materia de portos, logo da proposta de Portos de Galicia, poderá solicitar do Consello de Ministros que levante a prohibición de instalacións hoteleiras nos espazos de dominio público portuario destinados a usos complementarios, para o que tales usos hoteleiros deberán acomodarse ao plan especial de ordenación do porto. As citadas instalacións non poderán situarse nos primeiros 20 metros medidos terra adentro a partir do límite interior da ribeira do mar ou do cantil do peirao. 3. Conforme a normativa de costas, cando se aprecien circunstancias excepcionais e de utilidade pública, a consellaría competente en materia de portos, logo da proposta de Portos de Galicia, poderá solicitar dos órganos da Administración xeral do Estado que posúan as competencias sobre a materia autorización para o tendido aéreo de liñas eléctricas de alta tensión. 4. Portos de Galicia poderá autorizar a publicidade exterior para actividades deportivas, sociais e culturais que ocasionalmente se desenvolvan no dominio público portuario nos termos previstos na normativa en materia de costas. 5. Agás que medie a autorización prevista no artigo 30.b), queda prohibido o desenvolvemento de actividades marisqueiras e pesqueiras nas augas interiores do porto constitutivas da zona I.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº42, ao apartado 2, de Supresión. Débese suprimir o punto 2. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº107, ao apartado 2, de Supresión.

Page 258: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

118

O punto 2 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº72, ao apartado 2, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 2 do artigo 55. Eliminar o apartado 2 completo. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº73, ao apartado 3, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 3 do artigo 55. Suprimir o apartado 3 completo. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº74, ao apartado 5, de Adición. Emenda de adición, apartado 5 do artigo 55. Engadir ao final: "quedan prohibidos os usos comerciais e industriais non vinculados aos servizos portuarios." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº43, ao apartado 6, de Adición. Débese engadir un novo punto co seguinte texto: "6. Quedan prohibidas as implantacións de centros comerciais, incluso cando poida existir unha demanda pola afluencia ou o volume de turistas de pasaxe no porto." __________________________________________

Page 259: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

119

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 56. Utilización do dominio público portuario 1. A utilización do dominio público portuario rexerase polo establecido nesta lei, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa estatal que resulte aplicable, e estará baseada no principio de desenvolvemento sustentable e respecto á normativa ambiental. 2. A utilización do dominio público portuario para usos que teñan especiais circunstancias de exclusividade, intensidade, perigo ou rendibilidade exixirá o outorgamento da correspondente autorización ou concesión. 3. Toda utilización do dominio público portuario deberá ser compatible coa planificación existente e congruente cos usos e fins propios deste. Portos de Galicia conserva en todo momento as facultades de control e de policía co fin de garantir o uso axeitado do dominio público portuario. Para estes efectos, a persoa titular dunha autorización ou concesión de ocupación demanial ou dunha autorización para o desempeño de actividades comerciais, industriais ou de servizos queda obrigada a informar das incidencias que se produzan e a cumprir as instrucións que dite Portos de Galicia. 4. As autorizacións e concesións outorgadas ao abeiro desta lei non eximen as persoas titulares delas de obter os permisos, as licenzas e as demais autorizacións exixidos por outras disposicións legais. Porén, a obtención destes con anterioridade á do título administrativo exixible conforme esta lei non presupoñerá, en ningún modo, a obtención deste último, e a súa eficacia queda demorada ata o outorgamento do título en cuestión. 5. Cando algún órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou calquera organismo ou entidade vinculada ou dependente dela requira a utilización do dominio público portuario, solicitará de Portos de Galicia os bens de dominio público necesarios, quen autorizará a dita utilización sempre que sexa compatible coa normal explotación do porto e durante o tempo que sexa preciso, para o que deberá subscribir o correspondente convenio, no que se establecerán as condicións da utilización e incluirán as taxas que, se é o caso, procedan e os custos que debe asumir aquel. Cando sexa precisa a utilización do dominio público portuario por algún órgano da Administración xeral do Estado, polas entidades que integran a Administración local ou por calquera organismo ou entidade dependente de calquera delas para a

Page 260: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

120

súa dedicación a un uso ou servizo da súa competencia, procederase de acordo co establecido no parágrafo anterior.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº108, ao apartado 1, de Supresión. No punto 1 deste artigo débese suprimir a palabra: "... estatal ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº110, ao apartado 3, de Adición. No punto 3,deste artigo, logo da expresión: "... de control e de policía ...", débese engadir a seguinte palabra: "...portuaria ...". Esta emenda debe ser aplicada en todo o texto. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº109, ao apartado 5, de Supresión. O segundo parágrafo do punto 5 deste artículo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº111, ao apartado 5, de Supresión. No punto 5 deste artigo débese suprimir o seguinte texto: " ... para o que deberá subscribir o correspondente convenio, no que se etablecerán as condicións da utilización e incluirán as taxas que, se é o caso, procedan e os custos que debe asumir aquel." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº112, ao apartado 5, de Modificación. No punto 5 deste artigo, onde di: "... dependente dela ...", debe dicir: "... dependente da administración ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº75, ao apartado 5, de Adición. Emenda de adición, apartado 5 do artigo 56. Engadir ao final do parágrafo o seguinte texto: "agás o pagamento das taxas, do que estarán exonerados."

Page 261: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

121

__________________________________________

Page 262: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

122

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 57. Clases de autorizacións Estarán suxeitas á autorización da entidade pública empresarial Portos de Galicia: a) A utilización das instalacións portuarias polos buques, a pasaxe e as mercadorías, a prestación de servizos portuarios e o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario, que se rexerá polo establecido nesta lei, na lexislación de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma, no Regulamento de explotación e policía e, de ser o caso, nas ordenanzas portuarias. b) A ocupación do dominio público portuario con bens mobles ou instalacións desmontables, ou sen eles, por un prazo non superior a catro anos, que se outorgará de acordo co disposto nesta sección.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº113, de Supresión. Na primeira liña deste artigo débese suprimir a expresión: "... entidade pública empresarial ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº76, ao apartado a), de Supresión. Emenda de supresión, apartado a) do artigo 57. Suprimir nesta alínea: "comerciais, industriais". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº77, ao apartado b), de Adición. Emenda de adición, apartado b) do artigo 57. Engadir ao final do parágrafo o seguinte texto: "Poderán superar este prazo as instalacións de lecer ou similares propostas polas entidades locais."

Page 263: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

123

__________________________________________

Page 264: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

124

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 58. Ámbito de aplicación das autorizacións de ocupación do dominio público portuario 1. A ocupación do dominio público portuario por un prazo non superior a catro anos, incluídas as prórrogas, con bens mobles ou instalacións desmontables, ou sen eles, estará suxeita a autorización. 2. As autorizacións outórganse a título de precario, con suxeición ao correspondente prego de condicións xerais que aprobe Portos de Galicia e ás condicións particulares que, se é o caso, se establezan. 3. As autorizacións soamente se poderán outorgar para instalacións, usos e actividades permitidas no dominio público portuario e que se adapten ás determinacións establecidas no plan especial de ordenación do porto ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios. 4. As autorizacións outorgaranse con carácter persoal e intransferible inter vivos, agás as de ocupación do dominio público que constitúan soporte dunha autorización de verteduras de terra ao mar.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº78, ao apartado 5, de Adición. Emenda de adición, apartado 5 do artigo 58. Engadir un novo punto 5 co seguinte texto: "5. Quedan exentas destas condicións as instalacións de lecer ou similares propostas polas entidades locais." __________________________________________

Page 265: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

125

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 59. Iniciación do procedemento de outorgamento O procedemento para o outorgamento das autorizacións previstas nesta sección poderase iniciar por solicitude da persoa interesada ou mediante a convocatoria do concurso en réxime de concorrencia. Sempre que por calquera causa se encontre limitado o número de autorizacións, acudirase á convocatoria dun concurso para o efecto.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº44, de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "...por solicitude da persoa interesada...", debe dicir: "...por solicitude das cooperativas de produtores ou das confrarías con vinculación ou actividade no porto...". __________________________________________

Page 266: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

126

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 60. Requisitos da solicitude 1. Para que Portos de Galicia resolva sobre o outorgamento dunha autorización de ocupación do dominio público portuario, a persoa interesada deberá formular unha solicitude acompañada da seguinte documentación: a) Os documentos que acrediten a personalidade e representación da persoa solicitante ou, de ser o caso, das partícipes na comunidade ou entidade sen personalidade xurídica. b) A descrición detallada da actividade que se vai desenvolver, incluído un estudo económico-financeiro dela, e os datos relativos á prevención de riscos exixible para a actividade de que se trata. c) De ser o caso, a memoria técnica dos bens ou das instalacións obxecto da autorización, con planos detallados das súas características. d) A definición da extensión da zona de dominio público portuario que se solicita ocupar, con indicación, se é o caso, da radicación dos bens e das instalacións que se van executar. Incluiranse os planos de conxunto e de detalle necesarios para a determinación precisa destes extremos. e) O prazo de ocupación pretendido. f) Os xustificantes que acrediten que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social. Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica de contratos do sector público. g) Adicionalmente, Portos de Galicia poderá solicitar calquera outro documento ou xustificación que considere necesario para resolver fundadamente sobre a solicitude presentada. En aplicación do artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas non terán a obriga de achegar documentos elaborados ou que xa consten en poder da administración. 2. Non poderán ser, en ningún caso, titulares de autorizacións as persoas nas que concorra algunha das prohibicións de contratar previstas na lexislación básica de contratos do sector público. Cando posteriormente ao outorgamento da autorización a persoa titular incorra nalgunha das prohibicións de contratar producirase a extinción da autorización.

Page 267: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

127

3. Non se admitirán as solicitudes que se opoñan de maneira notoria ao disposto no plan director de infraestruturas, no plan especial de ordenación do porto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios ou na normativa vixente, que se arquivarán no prazo máximo de dous meses sen máis trámite que a audiencia previa á persoa solicitante. 4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos e estes son susceptibles de emenda, procederase para isto na forma prevista na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 268: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

128

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 61. Procedemento de outorgamento 1. Portos de Galicia examinará a documentación presentada e determinará a súa adecuación e viabilidade. 2. Solicitaranse informes doutras administracións e organismos cando estes sexan preceptivos ou cando se considere conveniente. 3. Logo do informe dos servizos técnicos competentes e da audiencia da persoa interesada cando proceda, corresponde á persoa titular da Dirección de Portos de Galicia, no caso das autorizacións cun prazo de vixencia superior a dous anos, e á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia, nos restantes casos, o outorgamento ou a denegación da autorización, con carácter discrecional e sen prexuízo da oportuna motivación consistente nunha ponderación da idoneidade da solicitude. 4. O prazo máximo para resolver o expediente será de tres meses. Transcorrido este sen que se ditase e notificase unha resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº115, ao apartado 2, de Adición. No punto 2 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... En todo caso, solicitarase informe do concello ou dos concellos nos que se pretenda realizar a actividade." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº116, ao apartado 3, de Supresión. No punto 3,deste artigo débese suprimir a expresión: " ... con carácter discrecional e ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº117, ao apartado 4, de Supresión. No punto 4 deste artigo débese suprimir o seguinte texto: "... Transcorrido este sen que se ditase e notificase resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada." __________________________________________

Page 269: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

129

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 62. Concursos 1. Portos de Galicia poderá convocar concursos para o outorgamento de autorizacións de ocupación do dominio público portuario. Sempre que por calquera causa se encontre limitado o número de autorizacións, a convocatoria de concursos para o outorgamento de autorizacións será preceptiva. 2. Portos de Galicia aprobará o prego de bases que rexerá o concurso, que fixará os requisitos de participación, os criterios de adxudicación e a ponderación destes, e mais o prego de condicións polas que ha rexerse a autorización. 3. A convocatoria do concurso publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a el poderanse presentar ofertas no prazo establecido, que non pode ser inferior a vinte días naturais. Estas ofertas serán abertas en acto público consonte o establecido no prego de bases do concurso. 4. O concurso resolverao o órgano competente para o outorgamento da autorización. 5. A oferta seleccionada deberase someter á tramitación prevista no artigo anterior para o outorgamento da correspondente autorización.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº118, ao apartado 1, de Modificación. Proponse unha nova redacción para o punto 1 deste artigo, que terá o seguinte contido: "1. O outorgamento de autorizacións de ocupación do dominio público portuario farase por Portos de Galicia mediante convocatoria de concurso." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº119, ao apartado 5, de Adición. No punto 5 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... No caso de non outorgamento por incumprimento dos requisitos ou de informe desfavorable dos servizos técnicos competentes, procederase a resolvelo de acordo á seguinte oferta con maior puntuación no concurso." __________________________________________

Page 270: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

130

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 63. Condicións do outorgamento A autorización deberá conter, polo menos, as seguintes condicións: a) O obxecto da autorización. b) As instalacións autorizadas e o prazo de execución destas. c) O prazo da autorización. d) A extensión e a zona de dominio público que se autoriza ocupar. e) As condicións de protección do ambiente e de prevención de riscos que, se é o caso, procedan. f) De ser o caso, as condicións especiais que deban establecerse nas autorizacións que se outorguen nos espazos afectos a axudas á navegación, entre as cales han figurar, polo menos, aquelas que garantan a eficacia do servizo, os accesos e as medidas de seguridade. g) De ser o caso, o balizamento marítimo que deba establecerse. h) As taxas pola ocupación do dominio público portuario. i) De ser o caso, as garantías que se deben constituír de acordo co previsto no artigo 84. j) As causas de caducidade conforme o previsto nesta lei. k) As outras condicións que sexan pertinentes.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº120, de Supresión. Na primeira frase deste artigo débese suprimir a expresión: "... , polo menos, ...". __________________________________________

Page 271: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

131

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 64. Prórroga das autorizacións 1. As autorizacións que se outorguen por un prazo inferior a catro anos poderán ser expresamente prorrogadas, agás que no propio título se estableza expresamente o contrario, sempre que se cumpran os seguintes requisitos: a) Que a suma do prazo inicial unido ao da prórroga ou das prórrogas non exceda do prazo máximo de catro anos. b) Que a persoa titular estea ao corrente no cumprimento da totalidade das obrigas derivadas da autorización. 2. O outorgamento ou a denegación da prórroga corresponderá á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 272: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

132

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº79, de Adición. Emenda de adición, artigo 64 bis. Engadir un novo artigo 64 bis, co seguinte texto: "Artigo 64 bis Ás autorizacións para instalacións de lecer e similares propostas polas entidades locais non lles serán aplicables os artigos 59, 60, 61, 62, 63 e 64." __________________________________________

Page 273: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

133

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 65. Ámbito de aplicación 1. A ocupación de bens de dominio público portuario con obras ou instalacións non desmontables ou usos por prazo superior a catro anos estará suxeita á previa concesión outorgada pola entidade pública empresarial Portos de Galicia. 2. As concesións só se poderán outorgar para obras, instalacións ou usos que non sexan incompatibles cos usos portuarios e que non se opoñan ás determinacións establecidas no plan especial de ordenación ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios e, de ser o caso, no plan director de infraestruturas, e someteranse ao correspondente prego de condicións xerais para o outorgamento de concesións demaniais que aprobe Portos de Galicia e ás condicións particulares que, se é o caso, se establezan. 3. Toda concesión se entende outorgada sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos preexistentes. 4. Para o outorgamento dunha concesión será preciso que Portos de Galicia teña á súa disposición os terreos e espazos de auga obxecto dela, agás naqueles supostos en que, próxima a data de extinción dunha concesión, se tramite o outorgamento dunha nova sobre os mesmos terreos e espazos de auga, ou cando sexa precisa a execución de obras por Portos de Galicia ou por outra administración previa á posta á disposición. Nestes supostos, o termo inicial da concesión coincidirá coa data efectiva de posta á disposición dos terreos. Non obstante, agás causa xustificada, non poderán transcorrer máis de dous anos desde o acordo de outorgamento da concesión ata a efectiva posta á disposición dos terreos. 5. As concesións de ocupación demanial que sexan soporte para o exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos incorporarán no seu título, ademais das condicións relativas á ocupación de dominio público portuario, as relativas á actividade comercial, industrial ou de prestación do servizo. Neste caso, ambas as relacións serán obxecto dun expediente único e a súa eficacia quedará vinculada reciprocamente.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº121, ao apartado 1, de Adición.

Page 274: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

134

Débese engadir un novo punto 1 bis, que terá o seguinte contido: "1 bis. En todo caso, deberase atender o establecido na Directiva 2014/23/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, relativa á adxudicación de contratos de concesións." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº80, ao apartado 2, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 2 do artigo 65. Eliminar nesta alínea 2 o seguinte texto: "na delimitación dos espazos e dos usos portuarios." __________________________________________

Page 275: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

135

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 66. Prazo das concesións 1. O prazo das concesións será o que se determine no título correspondente e non poderá ser superior a cincuenta anos. De conformidade coa normativa estatal en materia de costas, en todo caso, o prazo das concesións que se outorguen nos bens adscritos, incluídas as prórrogas, non poderá ser superior ao prazo máximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesións sobre dominio público portuario nos portos de interese xeral e estará condicionado ao mantemento da adscrición. Para a súa fixación teranse en conta, entre outros, os seguintes criterios: a) A vinculación do obxecto da concesión á actividade portuaria. b) A dispoñibilidade de espazo de dominio público portuario. c) O volume do investimento que se vai amortizar e o estudo económico-financeiro. d) O prazo de execución das obras contidas no proxecto. e) A adecuación da concesión á planificación e á xestión portuarias. f) O interese estratéxico para o incremento da actividade que xere para o porto. g) A vida útil do investimento que vai realizar o concesionario. Estes criterios poderán desenvolverse e concretarse, para o caso de determinados tipos de usos, mediante normas regulamentarias. 2. O vencemento do prazo das concesións será improrrogable, agás nos seguintes supostos: a) Cando no título de outorgamento se prevexa expresamente a posibilidade dunha ou varias prórrogas, caso este no que, por petición da persoa titular e a xuízo de Portos de Galicia, poderá ser prorrogado, sen que o prazo inicial unido ao das prorrogas poida superar o prazo máximo de cincuenta anos. b) Cando no título de outorgamento non se prevexa a posibilidade de prórroga, pero o concesionario leve a cabo un investimento relevante non previsto na concesión que, a xuízo de Portos de Galicia, sexa de interese para a explotación portuaria e que, en todo caso, sexa superior ao dez por cento do valor actualizado do investimento previsto no título concesional, sen que o prazo inicial unido ao das prórrogas poida superar o prazo máximo de cincuenta anos. En calquera dos dous supostos, a suma dos prazos das prórrogas non poderá ser superior á metade do prazo inicial, e

Page 276: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

136

requirirase que transcorrese, cando menos, unha terceira parte do prazo da concesión inicial e que o concesionario se atope ao corrente no cumprimento da totalidade das obrigas derivadas do título concesional. 3. As concesións administrativas que non se adapten á delimitación dos espazos e dos usos portuarios non serán prorrogables e extinguiranse cando remate o prazo inicial previsto no título ou, se é o caso, o da prórroga que estea iniciada no momento de se declarar a súa falta de adaptación a esa delimitación. 4. Naqueles casos en que exista unha vinculación recíproca entre a concesión de ocupación e a autorización de actividade comercial, industrial ou de prestación de servizo, o vencemento do prazo da concesión de ocupación demanial deberá coincidir co da autorización da actividade ou do servizo. 5. O outorgamento da prórroga poderá determinar a modificación das condicións da concesión administrativa, en particular coa adaptación das taxas á normativa vixente, que deberán ser expresamente aceptadas polo concesionario con anterioridade á resolución do outorgamento da prórroga, ben que non implicará a reversión das instalacións e da superficie ocupada pola concesión.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº45, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "e non poderá ser superior a cincuenta anos.", debe dicir: "e non poderá ser superior a trinta anos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº123, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, onde di: "... superior a 50 anos ...", debe dicir: "..., superior, con carácter xeral, a trinta anos. ...". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº81, ao apartado 1, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 1 do artigo 66. Modificar o prazo das concesións; así substitúese o "non poderá ser superior a cincuenta anos", por: "non poderá ser superior a trinta anos".

Page 277: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

137

__________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº122, ao apartado 1 bis), de Adición. Débese engadir un novo punto 1 bis, que terá o seguinte contido: "1 bis. Portos de Galicia poderá, en función de circunstancias excepcionais ou especiais debidamente xustificadas polo seu volume de investimento efectivo, e de acordo coa normativa europea e estatal nesta materia, solicitar ao Consello da Xunta de Galicia a ampliación do prazo concesional establecido no punto 1 deste artigo, ata un máximo de cincuenta anos." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº46, ao apartado 2.a), de Substitución. Débese substituír no apartado a) do punto, a seguinte expresión: Onde di: "...o prazo máximo de cincuenta anos." debe dicir: "o prazo máximo de trinta anos." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº47, ao apartado 2.b), de Substitución. Débese substituír no apartado b) do punto 2 a seguinte expresión: Onde di: "...o prazo máximo de cincuenta anos.", debe dicir: "o prazo máximo de trinta anos." __________________________________________

Page 278: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

138

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 67. Iniciación do procedemento de outorgamento de concesións 1. O procedemento de outorgamento dunha concesión poderase iniciar por solicitude da persoa interesada, incluíndo un trámite de competencia de proxectos, ou por concurso convocado para o efecto pola entidade pública empresarial Portos de Galicia. 2. Malia o previsto no punto anterior, Portos de Galicia poderá acordar o outorgamento directo de concesións a unha persoa solicitante nos seguintes supostos: a) Cando quen a solicita sexa un órgano ou unha entidade de calquera administración pública para o cumprimento dos fins da súa competencia, sempre que se trate de usos ou actividades que pola súa relación directa coa actividade portuaria deban desenvolverse necesariamente dentro dese espazo. b) Cando fose declarado deserto o concurso convocado para o outorgamento dunha concesión ou este resultase falido como consecuencia do incumprimento das obrigas previas á formalización do outorgamento por parte da persoa adxudicataria, sempre que non transcorrese máis dun ano desde a data da súa realización, o obxecto concesional sexa o mesmo e as condicións de outorgamento non sexan inferiores ás anunciadas para o concurso ou daquelas nas que se producise a adxudicación. No caso de que o concurso resultase falido, cando exista máis dun licitador no concurso que cumpra as condicións de outorgamento, a concesión outorgarase á oferta que resulte máis favorable de entre as restantes, de acordo co disposto no prego de bases do concurso. No caso de que o concurso fose declarado deserto, non se poderá outorgar a concesión en condicións máis favorables das previstas no prego de bases do concurso. c) Cando a superficie que vaia ocupar a concesión sexa inferior a 2.500 metros cadrados ou para instalacións lineais, tales como tubaxes de abastecemento, saneamento, emisarios submarinos, liñas telefónicas ou eléctricas e conducións de gas, entre outras.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº48, ao apartado 1, de Substitución.

Page 279: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

139

Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "...poderase iniciar por solicitude da persoa interesada,...", debe dicir: "poderase iniciar por solicitude das cooperativas de produtores ou das confrarías con vinculación ou actividade no porto,...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº124, ao apartado 2.c), de Modificación. No punto 2 deste artigo, onde di: "... inferior a 2.500 metros ...", debe dicir: "... inferior a 1.000 metros cadrados ...". __________________________________________

Page 280: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

140

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 68. Requisitos da solicitude 1. Para que a entidade pública empresarial Portos de Galicia resolva sobre o outorgamento dunha concesión de ocupación do dominio público portuario, a persoa interesada deberá formular unha solicitude á que se xuntarán os seguintes documentos e xustificantes: a) A documentación que acredite a personalidade ou representación da persoa solicitante ou, se é o caso, das partícipes na comunidade ou entidade sen personalidade xurídica. b) Os comprobantes que acrediten que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social. Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica de contratos do sector público. c) A documentación que acredite a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantes da concesión, de acordo co disposto na lexislación básica de contratos do sector público sobre os medios de acreditación destas solvencias. d) O proxecto básico, que non se poderá opoñer ao plan especial de ordenación da zona de servizo do porto ou, no seu defecto, á delimitación dos espazos e dos usos portuarios. Este incluirá a descrición das actividades que se van desenvolver, as características das obras e instalacións que se van realizar, os posibles efectos ambientais e, se é o caso, o estudo de impacto ambiental, a extensión da zona de dominio público portuario que se vai ocupar, o orzamento estimado total das obras e instalacións e mais aquelas outras especificacións que determine Portos de Galicia. No caso de outorgamento da concesión, o concesionario deberá presentar, no prazo que se lle indique nas condicións da concesión, o proxecto de execución correspondente. e) O estudio económico-financeiro da actividade que se vai desenvolver na concesión, co contido mínimo seguinte: 1º) A relación de ingresos estimados para cada ano do prazo concesional, coas tarifas que debe aboar o público e, se é o caso, a descomposición dos seus factores constitutivos como base para futuras revisións. 2º) A relación de gastos para cada ano do prazo concesional, na cal se incluirán os de proxectos e obras e os das taxas portuarias e mais outros tributos por satisfacer, así como os de

Page 281: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

141

conservación, consumos enerxéticos, de persoal e restantes necesarios para a explotación. 3º) A avaliación da rendibilidade neta, antes de impostos. f) O comprobante, de ser o caso, do cumprimento das condicións específicas para o exercicio da actividade obxecto da concesión. g) A garantía provisional consonte o indicado no artigo 83. En aplicación do artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas non terán a obriga de achegar documentos elaborados ou que xa consten en poder da administración. 2. Non poderán ser, en ningún caso, titulares de concesións as persoas nas que concorra algunha das prohibicións de contratar previstas na lexislación básica de contratos do sector público. Cando, posteriormente ao outorgamento da concesión, a persoa titular incorra nalgunha das prohibicións de contratar producirase a extinción da concesión. 3. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos e estes son susceptibles de emenda, procederase para isto na forma prevista na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. 4. As solicitudes que, a xuízo de Portos de Galicia, non sexan viables tecnicamente de modo manifesto ou se opoñan de forma clara aos usos portuarios e ao disposto no plan especial, no plan director, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios ou na normativa vixente, ou cando como consecuencia do seu outorgamento poidan orixinarse dentro do porto situacións de dominio do mercado susceptibles de afectaren a libre competencia na prestación dos servizos portuarios ou na prestación de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza directamente relacionadas coa actividade portuaria, non serán admitidas e arquivaranse no prazo máximo de dous meses sen máis trámite que a audiencia previa á persoa peticionaria.

NON TEN EMENDAS

Page 282: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

142

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 69. Procedemento de outorgamento 1. Ao se presentar unha solicitude de concesión, a entidade pública empresarial Portos de Galicia procederá á confrontación do proxecto co fin de determinar a súa adecuación e viabilidade. 2. Para continuar coa tramitación, a entidade pública empresarial Portos de Galicia abrirá trámite de información pública no Diario Oficial de Galicia durante un prazo non inferior a vinte días hábiles co fin de que se poidan presentar alegacións sobre a solicitude de concesión que se tramita. Os gastos do anuncio serán por conta da persoa solicitante. No trámite de información pública indicarase a posibilidade de que se presente outra ou outras solicitudes cos requisitos establecidos nesta lei para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo demanial solicitado e que, de acordo co que determine a entidade pública empresarial Portos de Galicia, teñan o mesmo ou distinto obxecto. De se presentar outra ou outras solicitudes, Portos de Galicia decidirá se opta por convocar un concurso ou por seguir a tramitación das distintas solicitudes en competencia de conformidade co procedemento previsto neste artigo e ata que remate a instrución. De optar por seguir unha tramitación en competencia, abrirase un novo trámite de información pública, e os gastos deste novo anuncio correrán por conta das novas persoas solicitantes. 3. Simultaneamente ao trámite de información pública solicitaranse informes ás administracións públicas competentes, e en particular aos concellos e a aqueles órganos da Administración xeral do Estado ou da Comunidade Autónoma, en función da materia e das competencias implicadas polo obxecto da concesión. Poderase prescindir do trámite de información pública para concesións que teñan como obxecto a utilización total ou parcial de edificacións existentes, sempre que non se modifique a súa arquitectura exterior e sexa para usos autorizados no plan especial de ordenación da zona de servizo do porto ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios. O prazo máximo para a emisión dos informes solicitados será dun mes, e respecto dos informes da Administración autonómica e municipal entenderase en sentido favorable de transcorrer o dito prazo sen que se emitise o informe de forma expresa.

Page 283: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

143

4. O trámite de información pública poderase realizar conxuntamente co concernente ao procedemento de avaliación de impacto ambiental nos casos en que sexa preceptivo este e de acordo co establecido na normativa ambiental. 5. Logo de se instruír o procedemento, poñerase de manifesto á persoa ou ás persoas interesadas, para os efectos de que, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. 6. Ao finalizar o anterior trámite, emitirase unha proposta de resolución, na que se analizará a procedencia da solicitude ou das solicitudes de concesión e propoñerán, se é o caso, as condicións particulares que xunto coas recollidas no prego xeral van rexer a concesión. Naqueles proxectos que, de acordo coa lexislación vixente, se deban someter a algún tipo de avaliación de impacto ambiental, a proposta de resolución será posterior ao pronunciamento do órgano ambiental. 7. Cando se tramiten solicitudes en competencia, someteranse todas elas á tramitación indicada nos puntos anteriores, e neste caso a proposta de resolución efectuará unha valoración motivada das distintas solicitudes atendendo os criterios de maior interese portuario, motivado na captación de novos tráficos, compatibilidade con outros usos, investimento, rendibilidade, necesidades da explotación portuaria e outros criterios que deberán constar expresamente recollidos no anuncio correspondente ao trámite de información pública. A proposta de resolución seleccionará unha das solicitudes de acordo coa orde resultante da valoración. No caso de igualdade na valoración das solicitudes terase en conta a prioridade na presentación. 8. A proposta de resolución debidamente motivada será remitida á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia para a resolución que proceda. No caso de que a proposta de resolución sexa favorable ao outorgamento da concesión, comunicaranse á persoa solicitante as condicións en que podería serlle outorgada aquela, e a persoa interesada dispón dun prazo non inferior a dez días nin superior a quince días para manifestear se as acepta. De non facer ningunha manifestación en tal prazo ou non aceptar as condicións ofertadas, declararase concluído o expediente por desistencia da persoa solicitante, e procederase ao seu arquivo e a decretar a perda da garantía constituída. No caso de seren aceptadas as condicións no prazo estipulado, a persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia resolverá discrecionalmente sobre o outorgamento da concesión, coa ponderación da idoneidade da solicitude.

Page 284: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

144

9. Se como consecuencia do trámite de aceptación das condicións previsto no punto anterior a persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia acorda a modificación dalgunha das condicións ofertadas, estas someteranse a nova aceptación nos termos previstos no punto anterior. 10. No caso de tramitación de solicitudes en competencia, se a persoa peticionaria seleccionada desiste de continuar coa tramitación do expediente con anterioridade a que se emita a resolución de outorgamento, poderanse ofrecer condicións a quen figure deseguido na orde de valoración contida na da proposta de resolución. Neste caso a persoa peticionaria que desiste non ten o dereito ao aboamento dos gastos que se mencionan no seguinte punto. 11. No caso de tramitación de solicitudes en competencia, a primeira persoa solicitante terá dereito, de non se lle outorgar a concesión, ao aboamento dos gastos do proxecto, que serán satisfeitos pola persoa solicitante seleccionada; neste sentido é necesario constatar este aboamento con carácter previo ao outorgamento do título. No caso de discrepancia sobre os custos, procederase á súa taxación executiva por Portos de Galicia. 12. Se o concesionario impugna as cláusulas que foron aceptadas por el, a administración estará facultada para declarar extinguido o título, agás cando aquelas fosen declaradas ilegais. 13. Nun prazo non superior a trinta días, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución de outorgamento da concesión, deberase remitir ao Diario Oficial de Galicia, para a súa publicación, un anuncio no que se dea conta do dito outorgamento, e que conterá, como mínimo, a información relativa ao obxecto, ao prazo, ao investimento que hai que realizar, ás taxas, á superficie concedida e á persoa titular da concesión. 14. O prazo máximo para resolver o expediente será de oito meses. Transcorrido este sen que se ditase e notificase unha resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº125, ao apartado 2, de Modificación. No terceiro parágrafo do punto 2 deste artigo, onde di: "... decidirá se opta por convocar un concurso ou por seguir a tramitación das distintas solicitudes en competencia de conformidade co procedemento previsto neste artigo e ata que

Page 285: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

145

remate a instrución. ...", debe dicir: "... deberá levar a cabo a convocatoria dun concurso público . ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº126, ao apartado 3, de Supresión. O segundo parágrafo do punto 3 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº83, ao apartado 3, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 3 do artigo 69. Eliminar o texto do final do apartado 3, segundo parágrafo: "ou, no seu defecto, na delimitación dos espazos e dos usos portuarios." __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº84, ao apartado 3, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 3 do artigo 69. Modificar o prazo "dun mes", por "tres meses". __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº85, ao apartado 3, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 3 do artigo 69. Substituír no terceiro parágrafo "favorable", por: "desfavorable". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº127, ao apartado 7, de Supresión. O punto 7 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº128, ao apartado 8, de Modificación. No terceiro parágrafo do punto 8 deste artigo débese substituír a palabra: "... discrecionalmente ..." pola seguinte expresión: "... en función dos informes emitidos ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia.

Page 286: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

146

Emenda nº129, ao apartado 11, de Supresión. O punto 11 deste artigo debe ser suprimido. __________________________________________

Page 287: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

147

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 70. Concursos 1. Portos de Galicia poderá convocar concursos para o outorgamento de concesións no dominio público portuario. En calquera caso, deberá convocarse concurso nos seguintes supostos: a) Nas concesións que sexan base para a prestación de servizos portuarios especiais cando neste último caso se limite o número de prestadores. b) Nas concesións de portos e instalacións náutico-deportivas, construídos ou non por particulares, agás cando quen o solicite sexa un club náutico ou outro deportivo sen fins lucrativos, sempre neste caso que as condicións da concesión establezan unha limitación do vinte por cento para o número de atracadas destinadas a embarcacións con eslora superior a 12 metros. 2. Se o concurso se convoca durante a tramitación dunha solicitude de concesión, a convocatoria supoñerá o arquivo do expediente en tramitación que resulte afectado, e a persoa ou as persoas solicitantes terán dereito ao aboamento dos gastos do proxecto de non resultaren adxudicatarias do concurso. Os gastos do proxecto serán taxados nas bases do concurso e serán satisfeitos pola persoa adxudicataria. Cando se estean a tramitar dúas ou máis solicitudes en competencia, só terá dereito ao aboamento dos gastos do proxecto no caso de non ser adxudicataria do concurso a primeira persoa solicitante. 3. A entidade pública empresarial Portos de Galicia aprobará o prego de bases do concurso e o prego de condicións que rexerán o desenvolvemento da concesión. 4. O prego de bases do concurso conterá, cando menos, os seguintes extremos: a) O obxecto da concesión e os requisitos para participar no concurso. b) Os criterios para a súa adxudicación e a ponderación destes. c) As garantías que se deben constituír. d) O prazo da concesión. e) As taxas que hai que satisfacer. 5. A convocatoria do concurso publicarase no Diario Oficial de Galicia, e poderanse presentar ofertas no prazo establecido, que non poderá ser inferior a trinta días naturais. As ofertas serán abertas en acto público. 6. A competencia para resolver o concurso corresponde á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia.

Page 288: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

148

7. A oferta seleccionada deberase someter á tramitación prevista no artigo anterior para o outorgamento, se é o caso, da correspondente concesión. 8. Cando un concurso sexa declarado deserto ou este resulte falido como consecuencia do incumprimento das súas obrigas por parte do adxudicatario ou da adxudicataria, non será necesario convocar un novo concurso, podendo Portos de Galicia tramitar a concesión por instancia dunha persoa interesada sempre que non transcorrese máis dun ano desde a data da realización do concurso, que o obxecto concesional sexa o mesmo e que as condicións de outorgamento non sexan inferiores ás anunciadas para o concurso ou a aquelas en que se producise a adxudicación.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº131, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1 deste artigo, o texto: "Portos de Galicia poderá convocar concursos para o outorgamento de concesións no dominio público portuario. ...", débese substituír polo seguinte: "Portos de Galicia convocará concursos para o outorgamento de concesións no dominio público portuario. Poderá excepcionalmente proceder ao outorgamento cando sexa por presentación única de solicitude, de acordo co establecido na tramitación do artigo 69 desta lei. ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº132, ao apartado 8, de Adición. No punto 8 deste artigo débese engadir in fine o seguinte texto: "... . No caso de que exista máis dun licitador, e que estes cumpran as condicións establecidas, a concesión outorgarase á oferta que resulte máis favorable entre as restantes." __________________________________________

Page 289: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

149

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 71. Condicións do outorgamento 1. Entre as condicións do outorgamento da concesión deberán figurar, polo menos, as seguintes: a) O obxecto da concesión. b) O prazo de vixencia e, se é o caso, a posibilidade de prórroga. c) A extensión e a zona de dominio público que se concede, coa distinción, de ser o caso, dos distintos tipos de superficie. d) O proxecto básico das obras ou instalacións autorizadas, coas prescricións que se fixen, e con inclusión, no caso de ocupación de espazos de auga, do balizamento que deba establecerse se é preciso. e) O prazo de inicio e remate das obras. f) O plan de conservación das instalacións. g) As condicións de protección do ambiente que, se é o caso, procedan, coa inclusión das necesarias medidas correctoras e, no caso de que sexan preceptivas, as condicións ou prescricións establecidas no correspondente pronunciamento da consellaría con competencias en materia de ambiente. h) As condicións especiais que deban establecerse nas concesións que se outorguen nos espazos afectos ás axudas á navegación, entre as cales deberán figurar, polo menos, as que garantan a eficacia do servizo, a independencia de accesos e as medidas de seguridade. i) As taxas que correspondan. j) As garantías que se deben constituír. k) As causas de extinción. l) A actividade ou o tráfico mínimo, de ser o caso. m) As outras condicións que a entidade pública empresarial Portos de Galicia considere procedente incluír. 2. As obras executaranse conforme o proxecto de construción que en cada caso aprobe Portos de Galicia, que completará o proxecto básico, e que deberá presentar o concesionario no prazo que se lle indique nas condicións da concesión. Os proxectos axustaranse á normativa técnica correspondente vixente en cada momento. 3. Durante a vixencia da concesión, a persoa titular dela virá obrigada a facilitar a información técnica ou económica que lle solicite Portos de Galicia no exercicio das súas competencias, así como a manter en bo estado o dominio público portuario, as obras e as instalacións, debendo realizar ao seu cargo as reparacións que sexan necesarias. Portos de Galicia poderá inspeccionar en todo momento o estado de conservación dos

Page 290: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

150

bens obxecto da concesión e sinalar as reparacións que se deban levar a cabo cando estas afecten a conservación dos bens propios do título concesional.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº86, ao apartado 1.i), de Adición. Emenda de adición, subapartado i) do apartado 1 do artigo 71. Engadir o seguinte texto: "agás as concesións solicitadas por entidades locais para uso propio." __________________________________________

Page 291: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

151

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 72. Modificación das concesións 1. Portos de Galicia, por solicitude de quen sexa titular da concesión, poderá autorizar a modificación das condicións dunha concesión. Cando a modificación sexa substancial, a solicitude deberase someter ao procedemento establecido no artigo 69 desta lei para o outorgamento de concesións. Se a modificación non é substancial, requirirá unicamente o informe técnico previo da persoa titular da Dirección de Portos de Galicia, que será remitido á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia para a resolución que proceda. 2. Terán o carácter de modificacións substanciais as seguintes: a) A modificación do obxecto da concesión. b) A ampliación da superficie da concesión en máis dun quince por cento da fixada na acta de recoñecemento. c) A ampliación do volume ou da superficie construída ou da altura máxima en máis dun quince por cento sobre o proxecto autorizado. d) A modificación da radicación da concesión. e) A ampliación do prazo da concesión cando o título de outorgamento non prevexa a posibilidade de prórroga, de acordo co previsto no artigo 66.2. No cómputo dos límites establecidos teranse en conta os valores acumulados das modificacións anteriores.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº133, ao apartado 2.b), de Adición. Na letra b) do punto 2 deste artigo, débese engadir in fine a seguinte expresión: " ... ou superior aos 1.000 metros cadrados." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº134, ao apartado 2.c), de Modificación. Na letra c) do punto 2 deste artigo, onde di: "... quince por cento sobre o proxecto autorizado.", debe dicir: "... dez por cento sobre o proxecto autorizado, e sempre que tal ampliación sexa posible en cumprimento da planificación aprobada." __________________________________________

Page 292: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

152

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 73. Revisión de concesións 1. Portos de Galicia, de oficio ou por solicitude da persoa interesada, poderá revisar as condicións dunha concesión cando se dean as seguintes circunstancias: a) Cando se alterasen os supostos determinantes do seu outorgamento, de tal xeito que as circunstancias obxectivas que serviron de base para o outorgamento da concesión variasen de modo que non sexa posible alcanzar substancialmente a finalidade da concesión. b) No caso de forza maior. c) Cando o exixa a súa adecuación ao plan director, ao plan especial de ordenación da zona de servizo do porto ou á delimitación dos espazos e dos usos portuarios. d) Cando o exixa a súa adecuación ás obras que se executen no porto, incluídas as obras que afecten a propia concesión administrativa. Nestes dous últimos supostos, o concesionario prexudicado terá dereito á indemnización, calculada esta de conformidade co disposto no artigo 82. No suposto de que a revisión supoña o cambio da radicación da concesión, deberán aboarse ademais os gastos que orixine o traslado. 2. Cando a revisión da concesión determine a redución da superficie outorgada, tramitarase como un rescate parcial da concesión. Igualmente, cando a revisión da concesión determine que a continuidade da súa explotación resulta antieconómica, a persoa titular poderá solicitar o rescate total da concesión. 3. Para os efectos do establecido na alínea b) do punto 1, entenderase como casos de forza maior os previstos na lexislación básica de contratos do sector público. 4. O procedemento será o que corresponda, segundo que a modificación sexa ou non substancial.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº87, ao apartado 1.c), de Supresión. Emenda de supresión, subapartado c) do apartado 1 do artigo 73. Eliminar a frase final: "ou á delimitación dos espazos e dos usos portuarios."

Page 293: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

153

__________________________________________

Page 294: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

154

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 74. División e unificación das concesións 1. As concesións outorgadas para unha pluralidade de usos, con instalacións separables, serán, se for o caso, divisibles, logo da autorización de Portos de Galicia e nas condicións que esta entidade dite. 2. A solicitude de división dirixiraa á entidade pública empresarial Portos de Galicia a persoa titular da concesión primitiva e, de ser o caso, tamén aquelas persoas distintas da persoa titular da concesión administrativa que, de acordo con quen sexa titular desta, estean interesadas en acadar a titularidade das novas concesións. 3. Previamente á resolución sobre a solicitude de división, haberá oferta de condicións á persoa ou ás persoas peticionarias, de quen será precisa a súa aceptación para obter a conformidade á petición. O prazo das novas concesións resultantes da división non poderá ser, en ningún caso, superior ao prazo que reste da concesión primitiva. 4. Logo de aceptarse as condicións, a resolución correspondente será ditada discrecionalmente con ponderación da idoneidade da solicitude pola persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia, co que quedarán, se é o caso, constituídas as novas concesións, que se publicarán nos diarios oficiais correspondentes. 5. No caso de denegación da división, manterase a concesión primitiva nos termos en que foi outorgada. 6. Será admisible a unificación de dúas ou máis concesións dunha mesma persoa titular por petición desta, logo da autorización de Portos de Galicia, sempre que se cumpran as seguintes condicións: a) As concesións deben ser contiguas ou estar unidas por unha instalación común. b) As concesións deben formar unha unidade de explotación. Para estes efectos, enténdese que existe unidade de explotación cando as concesións desenvolven a mesma actividade e dispoñen de elementos comúns necesarios para a súa correcta explotación, ou cando, desenvolvendo a mesma actividade, a explotación conxunta das concesións supón unha mellora respecto da explotación independente de cada unha delas. 7. Previamente á resolución sobre a solicitude de unificación, haberá oferta de condicións á persoa peticionaria, da que será precisa a súa aceptación para obter a conformidade á petición. O prazo que reste da concesión unificada non será superior ao

Page 295: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

155

resultante da media aritmética dos prazos pendentes de cada unha das concesións ponderada, a xuízo de Portos de Galicia, por superficie ou por volume de investimento pendente de amortización coa actualización correspondente. 8. Logo de aceptarse as condicións, a resolución correspondente será ditada discrecionalmente con ponderación da idoneidade da solicitude de unificación pola persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia, co que quedará, se é o caso, constituída a nova concesión. 9. No caso de denegación da unificación, manterase cada unha das concesións nos termos en que foron outorgadas.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 296: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

156

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 75. Renovación de determinadas concesións 1. Cando unha concesión para ocupación de dominio público portuario sirva de soporte para o exercicio dunha actividade extractiva mineira, enerxética, industrial ou pesqueira amparada por un título administrativo outorgado por outra administración, quen teña a súa titularidade poderá solicitar, nos tres meses anteriores ao vencemento do prazo para o que foi concedida, que se lle outorgue unha nova concesión para ocupación do dominio público portuario por un prazo igual ao que reste de vixencia do referido título administrativo, sen que en ningún caso poida exceder do prazo máximo previsto no artigo 66.1. 2. Para o outorgamento da nova concesión de utilización do dominio público será condición necesaria que se manteña a mesma actividade para a que se lle outorgou a concesión inicial, que se encontre o concesionario ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da anterior concesión e que sexan aceptadas as condicións do novo título concesional. 3. A extinción anticipada do título de explotación mineira, enerxética, industrial ou pesqueira implicará igualmente a extinción da concesión de utilización do dominio público portuario.

NON TEN EMENDAS

Page 297: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

157

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 76. Actos de transmisión e de gravame das concesións 1. Logo da autorización de Portos de Galicia, as concesións poderán transmitirse por actos inter vivos, subrogándose a nova persoa titular nos dereitos e nas obrigas derivados da concesión. Estas transmisións deberanse formalizar en escritura pública, da que as partes remitirán unha copia a Portos de Galicia no prazo dun mes desde o seu outorgamento. 2. Portos de Galicia poderá exercer os dereitos de tenteo e retracto no prazo de tres meses. Este prazo computarase, no primeiro caso, desde a presentación en Portos de Galicia da solicitude de transmisión, na que deberán figurar as condicións coas que se vai proceder a transmitir a concesión, entre as cales necesariamente han reflectirse as relativas ao prezo e á forma de pagamento, e no caso de retracto, desde que Portos de Galicia teña coñecemento da transmisión. 3. Para que Portos de Galicia autorice a transmisión dunha concesión deberanse cumprir as seguintes condicións: a) Que o concesionario se atope ao corrente no cumprimento de todas as obrigas derivadas da concesión. b) Que a nova persoa titular reúna todos os requisitos exixidos para o exercicio da actividade ou a prestación do servizo obxecto da concesión. c) Que desde a data de outorgamento transcorrese, cando menos, un prazo de dous anos. Excepcionalmente, Portos de Galicia poderá autorizar a transmisión antes de que transcorra o devandito prazo, sempre que se executase como mínimo un cincuenta por cento das obras que, se é o caso, fosen aprobadas. d) Que non se orixinen situacións de dominio de mercado susceptibles de afectar a libre competencia dentro do porto na prestación dos servizos portuarios especiais ou nas actividades e nos servizos comerciais directamente relacionados coa actividade portuaria. 4. No caso de falecemento da persoa titular, as persoas sucesoras dela, a título de herdanza ou legado, poderán subrogarse nos dereitos e nas obrigas daquela no prazo máximo dun ano desde o falecemento. Ao transcorrer o dito prazo sen manifestación expresa á entidade pública empresarial Portos de Galicia, entenderase que renuncian á concesión. A transmisión mortis causa exixirá unha resolución expresa, logo da comprobación do cumprimento polas persoas

Page 298: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

158

sucesoras que pretendan subrogarse dos requisitos exixidos para a prestación do servizo ou para o exercicio da actividade obxecto da concesión. De non cumprir tales requisitos, as novas persoas titulares da concesión deberán transmitila, no prazo dun ano, a un novo concesionario que, para estes efectos, non presente limitación ningunha. 5. Nos supostos de remate xudicial, administrativo ou adxudicación de bens por falla de pago de créditos hipotecarios, o novo concesionario deberá subrogarse nas obrigas derivadas da concesión do antigo titular, e cando non reúna os requisitos para o exercicio da actividade ou prestación do servizo obxecto da concesión deberá proceder, nun prazo dun ano, á súa transmisión a unha nova persoa titular que cumpra os requisitos exixidos. Portos de Galicia poderá exercer o dereito de retracto nun prazo de tres meses, que se contará desde a data en que teña coñecemento expreso dos citados supostos. 6. O alleamento das accións, participacións ou cotas dunha sociedade, comunidade de bens ou outros entes sen personalidade xurídica que teñan como actividade principal a explotación da concesión considerarase unha transmisión da concesión, para o que se exixirá a autorización previa de Portos de Galicia, sempre que o cambio de titularidade das accións ou cotas de participacións supoña unha substitución nos socios ou accionistas membros que o fosen no intre do outorgamento da concesión nunha porcentaxe igual ou superior ao cincuenta por cento do capital social ou do valor total das achegas en diñeiro, bens e dereitos, no caso de comunidades de bens ou entes sen personalidade xurídica, ou cando ese cambio poida supoñer que a persoa adquirente obteña unha posición que lle permita influír de maneira efectiva na xestión ou no control da dita sociedade ou comunidade. 7. No suposto de que a concesión teña por obxecto a prestación dun servizo portuario en réxime de competencia ou o desenvolvemento dunha actividade ou servizo comercial directamente relacionado coa actividade portuaria, a transmisión non poderá ser autorizada cando a persoa adquirente sexa titular dunha concesión co mesmo obxecto, ou teña unha participación directa ou indirecta que lle permita influír de maneira efectiva nunha sociedade ou comunidade titular dunha concesión na que o obxecto sexa o mesmo, sempre que teña unha posición dominante na actividade obxecto da concesión dentro do porto ou cando como consecuencia da adquisición a poida adquirir. Para os efectos desta lei, considérase posuidora dunha posición dominante nun porto ou nunha actividade deste a

Page 299: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

159

persoa física ou xurídica que represente unha cota do mercado superior ao sesenta por cento. 8. Se a sociedade titular cambia de denominación social, estará obrigada a notificalo a Portos de Galicia. 9. A constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía sobre as concesións deberá ser previamente autorizada por Portos de Galicia. 10. En calquera dos supostos anteriores, a transmisión non será eficaz fronte á administración ata que non teña lugar o recoñecemento e a subrogación expresa por parte da nova ou das novas persoas titulares no cumprimento das condicións establecidas na concesión.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 300: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

160

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 77. Cesión do uso parcial das concesións 1. O título concesional poderá establecer as condicións baixo as que a persoa concesionaria poida ceder a unha terceira persoa o uso parcial da concesión, logo da autorización de Portos de Galicia. 2. Para que Portos de Galicia autorice a cesión do uso parcial dunha concesión, deberanse cumprir as seguintes condicións: a) Que a persoa concesionaria se atope ao corrente no cumprimento de todas as obrigas derivadas da concesión. b) Que a persoa cesionaria reúna todos os requisitos exixidos para o exercicio da actividade ou a prestación do servizo para o cal se realiza a cesión. c) Que non se orixinen situacións de dominio de mercado susceptibles de afectar a libre competencia dentro do porto na prestación dos servizos portuarios especiais ou nas actividades e nos servizos comerciais directamente relacionados coa actividade portuaria. 3. En ningún caso serán autorizadas cesións da persoa cesionaria a favor de terceiras persoas.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 301: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

161

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 78. Inscrición no rexistro As concesións poderán inscribirse no Rexistro da Propiedade. A inscrición e a cancelación da inscrición levaranse a cabo de acordo co previsto na lexislación hipotecaria.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 302: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

162

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 79. Renuncia parcial á concesión O concesionario poderá renunciar en calquera momento á ocupación da parte do dominio público portuario incluída no perímetro da concesión que non resulte necesaria para o seu obxecto, coa conformidade de Portos de Galicia.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 303: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

163

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 80. Ocupación temporal e expropiación forzosa de bens e dereitos 1. O outorgamento dunha concesión, sempre que non estea aprobada a delimitación dos espazos e dos usos portuarios ou o plan director de infraestruturas no porto ou nos portos de que se trate, poderá implicar a declaración de utilidade pública pola consellaría competente en materia de portos para os efectos da ocupación temporal ou a expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados polo obxecto daquela. 2. A necesidade de ocupación temporal ou de expropiación forzosa de bens e dereitos afectados polo obxecto da concesión poderá ser solicitada en forma xustificada pola persoa peticionaria desta. 3. A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, poderá así mesmo declarar, de oficio e de forma motivada, a necesidade da incorporación, temporal ou permanente, ao dominio público obxecto da solicitude, de terreos privados estremeiros que non sexan da propiedade da persoa peticionaria. 4. Será a cargo do concesionario o aboamento total do prezo xusto pola expropiación ou a ocupación necesarias para a concesión. 5. Os bens e os dereitos expropiados incorporaranse ao dominio público portuario desde a súa ocupación na forma prevista no título concesional, sen que o concesionario estea obrigado ao aboamento das taxas de ocupación polos terreos expropiados á súa custa para a incorporación á concesión.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 304: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

164

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 81. Terreos e obras incorporados polos concesionarios 1. Os terreos e as obras que os concesionarios incorporen para completar a superficie dunha concesión de dominio público portuario quedarán vinculados e integraranse na concesión administrativa cando así se estableza nas cláusulas da concesión, sen que para estes efectos proceda o pagamento das taxas de ocupación polos terreos e as obras que se incorporen. 2. Unha vez extinguida a concesión, a non ser que se estableza outra cousa no título da concesión, os ditos terreos e obras reverterán ao seu propietario ou propietaria sempre que resulten separables das instalacións situadas dentro do dominio público portuario e que este non experimente ningún prexuízo.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 305: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

165

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 82. Rescate das concesións 1. No caso de que o dominio público portuario outorgado en concesión sexa necesario, total ou parcialmente, para a execución de obras, para a prestación de servizos portuarios ou para a execución de calquera dos instrumentos aprobados de ordenación portuaria, e para realizar estas actuacións sexa preciso dispoñer dos bens outorgados en concesión ou utilizar ou derruír as obras autorizadas, non sendo posible a revisión das condicións da concesión, Portos de Galicia, logo da indemnización á persoa titular, poderá proceder ao rescate da concesión. 2. O rescate da concesión exixirá a declaración previa de utilidade pública das obras ou dos servizos e o acordo da necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por aqueles. 3. A declaración de utilidade pública e o acordo de necesidade da ocupación, con declaración de urxencia da ocupación, se é o caso, corresponderá ao conselleiro ou á conselleira competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia. 4. A utilidade pública e a necesidade de ocupación entenderanse implícitas coa aprobación dos plans directores e da delimitación dos espazos e dos usos portuarios e mais coa aprobación definitiva destes instrumentos. 5. A utilidade pública e a necesidade de ocupación entenderanse implícitas coa aprobación definitiva dos proxectos de obras. 6. Cando o rescate implique a necesidade de ocupación de só unha parte da concesión, de tal xeito que como consecuencia del resulte antieconómica para o concesionario a explotación da parte non rescatada, a persoa titular poderá solicitar de Portos de Galicia o seu rescate total. 7. Portos de Galicia e a persoa titular da concesión poderán convir o valor do rescate. No suposto de non chegar a un acordo, o valor do rescate será fixado por Portos de Galicia de conformidade cos criterios establecidos no punto 9 deste artigo. Esta valoración será notificada ao concesionario co fin de que, no prazo de dez días, presente as alegacións que xulgue oportunas. 8. No caso de oposición pola persoa titular da concesión, pedirase informe previo preceptivo do Consello Consultivo de Galicia, e finalmente resolverá o que proceda o Consello da Xunta.

Page 306: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

166

9. A valoración das concesións para efectos de indemnización, no caso de rescate total ou parcial, atenderá os seguintes conceptos: a) O valor das obras e instalacións rescatadas que fosen realizadas polo concesionario e estean establecidas no título concesional, calculado sobre a base de criterios de mercado, e o valor da súa depreciación anual. Estes valores, que serán aprobados por Portos de Galicia, permanecerán constantes durante o período concesional, e a eles non lles será aplicable ningún factor de actualización de custos. En calquera caso, non se terán en conta as obras e as instalacións realizadas polo concesionario sen a previa autorización de Portos de Galicia, que pasarán ao dominio público portuario sen dereito a indemnización, agás que Portos de Galicia ordene o seu levantamento ou demolición á custa do concesionario. b) A perda de beneficios imputables ao rescate total ou parcial da concesión durante o período de concesión restante, cun máximo de tres anualidades, debidamente xustificados coas declaracións presentadas para efectos fiscais. Para iso computarase o beneficio medio anual das actividades ordinarias realizadas na concesión nos catro exercicios anteriores, ou nos dous últimos exercicios de ser máis favorable para o concesionario. 10. O pagamento do valor do rescate poderase realizar en diñeiro, mediante o outorgamento doutra concesión ou, no caso de rescate parcial, coa modificación das condicións da concesión. Nestes dous últimos supostos requirirase a conformidade do concesionario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 307: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

167

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 83. Garantía provisional e garantía definitiva 1. As persoas peticionarias de concesións de ocupación de dominio público portuario reguladas nesta lei acreditarán perante Portos de Galicia, ao presentaren a solicitude, a constitución dunha garantía provisional por un importe do dous por cento do orzamento total da execución das obras e instalacións, incluídos os impostos, que pretenden realizar no dominio do que se trate, e, como mínimo, de 1.000 euros. 2. Ao outorgarse a concesión, constituirase a garantía definitiva ou de construción, equivalente ao cinco por cento do orzamento total da execución das obras e instalacións, impostos incluídos, que responderá da execución das obras e do resto das obrigas derivadas da concesión ata a constitución da garantía de explotación prevista no artigo 84. 3. Se o concesionario non constitúe a garantía definitiva no prazo establecido no título administrativo, entenderase que renuncia á concesión. 4. A garantía definitiva poderase constituír, por elección do concesionario, elevando a provisional ao cinco por cento. 5. De o interesadaodesistir inxustificadamente, a xuízo de Portos de Galicia, da petición ou renunciar ao título, perderá a garantía constituída. 6. A garantía definitiva ou de construción será devolta ao concesionario no prazo dun mes, contado desde a aprobación do recoñecemento das obras e instalacións, agás nos casos de renuncia e caducidade, coa dedución das cantidades que, de ser o caso, deban facerse efectivas en concepto de penalizacións e responsabilidades nas que incorrese o concesionario fronte a Portos de Galicia. Previamente á devolución desta garantía deberase constituír a garantía de explotación.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 308: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

168

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 84. Garantía de explotación 1. A garantía de explotación responderá de todas as obrigas derivadas da concesión, das sancións que por incumprimento das condicións desta se poidan impoñer á persoa titular dela e mais dos danos e perdas que tales incumprimentos poidan ocasionar. 2. A garantía de explotación determinarase en función do importe anual das taxas que debe aboar o concesionario, non podendo ser inferior á metade nin superior ao importe anual destas, e deberase actualizar cada cinco anos en función do importe das taxas na data de actualización. 3. A garantía de explotación será devolta á extinción da concesión, con dedución das cantidades que, de ser o caso, deban facerse efectivas en concepto de penalización ou responsabilidades en que puido incorrer o concesionario fronte a Portos de Galicia, agás nos casos de caducidade, nos cales será incautada.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 309: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

169

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 85. Disposicións comúns ás garantías 1. As garantías a que se refire esta lei constituiranse á disposición da persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia, serán de carácter solidario respecto do obrigado principal, coa inclusión da renuncia expresa aos beneficios de orde, división e excusión, de natureza irrevogable e de execución automática ao primeiro requirimento por resolución da persoa titular da Dirección ou da Presidencia. Para facer efectivas estas garantías, Portos de Galicia terá a preferencia prevista na normativa de aplicación. 2. Se Portos de Galicia executa total ou parcialmente a garantía definitiva ou a de explotación, o concesionario ou a persoa titular da autorización estará obrigado a completalas ou repoñelas no prazo dun mes.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 310: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

170

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 86. Seguros Para o outorgamento de autorizacións e concesións Portos de Galicia poderá exixir a contratación de pólizas de seguros de responsabilidade civil para a cobertura de riscos que garantan as responsabilidades de todo tipo que poidan derivar do exercicio da actividade autorizada. Os criterios para establecer os límites das pólizas, en función do tipo de actividade e do risco inherente a esta, aprobaraos o Consello Reitor de Portos de Galicia, por proposta da persoa titular da Presidencia. A exixencia desta garantía deberá ser proporcionada en termos de risco asegurado, fixación da suma asegurada ou límite da garantía.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 311: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

171

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 87. Causas de extinción das autorizacións e concesións As autorizacións e as concesións extinguiranse por: a) O vencemento do prazo de outorgamento. b) A revisión de oficio, nos supostos establecidos na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. c) A concorrencia sobrevida na persoa titular dalgunha das prohibicións de contratar previstas na lexislación básica sobre contratación do sector público. d) A renuncia da persoa titular, que só poderá ser aceptada por Portos de Galicia cando non cause prexuízo ao dominio público portuario, á axeitada prestación dos servizos públicos portuarios ou a terceiros. e) O mutuo acordo entre Portos de Galicia e a persoa titular. f) A disolución ou extinción da sociedade titular, agás nos supostos de fusión ou escisión. g) A revogación. h) A caducidade. i) O rescate, cando se trate de concesións. j) A extinción da autorización, do permiso ou da licenza da que o título demanial sexa soporte. k) O falecemento da persoa titular, nos supostos previstos no artigo 76, ou a incapacidade sobrevida cando se trate dun concesionario individual. l) A desafectación do ben.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 312: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

172

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 88. Revogación das autorizacións e concesións 1. As autorizacións poderán ser revogadas unilateralmente, en calquera momento e sen dereito a indemnización, cando resulten incompatibles con obras ou plans que, aprobados con posterioridade, empecen a explotación portuaria ou impiden a utilización do espazo portuario para actividades de maior interese portuario. Corresponderá a Portos de Galicia apreciar as circunstancias anteriores mediante resolución motivada, logo da audiencia da persoa titular da autorización. 2. As concesións poden ser revogadas por Portos de Galicia, sen dereito a indemnización, cando se alterasen os feitos determinantes do seu outorgamento que impliquen a imposibilidade material ou xurídica da continuación no gozo da concesión e, nos casos de forza maior, cando en ambos os supostos non sexa posible a revisión do título de outorgamento.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº88, ao apartado 1, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 1 do artigo 88. Suprimir "unilateralmente, en calquera momento e sen dereito a indemnización." __________________________________________

Page 313: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

173

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 89. Caducidade 1. Serán causa de caducidade da autorización ou concesión os seguintes incumprimentos: a) A non-iniciación, a paralización ou o non-remate das obras por causas non xustificadas, durante o prazo que se fixe nas condicións do título. b) O non-pagamento de calquera das taxas xiradas por Portos de Galicia durante un prazo de seis meses no caso das autorizacións, e de doce meses no caso das concesións. Para iniciar o expediente de caducidade abondará con que non se efectuase ningún ingreso en período voluntario. Así que se inicie aquel, poderase acordar o seu arquivamento, por unha soa vez no caso de autorizacións e ata un máximo de tres no caso de concesións, e para toda a vixencia do título, se antes de ditar a resolución se produce o aboamento íntegro da débeda, incluídos xuros e cargas derivadas do procedemento de constrinximento, e se se constitúe a garantía que ao respecto e de maneira discrecional poida fixar Portos de Galicia. c) A falta de actividade ou de prestación do servizo durante o período establecido no título, que non poderá exceder de seis meses, a non ser que a xuízo de Portos de Galicia obedeza a causa xustificada. d) A ocupación do dominio público en máis dun dez por cento sobre o outorgado, sen prexuízo da sanción que poida corresponder pola ocupación non autorizada. e) O incremento da superficie, do volume ou da altura das obras ou instalacións en máis do dez por cento sobre o proxecto autorizado. f) O desenvolvemento de actividades que non figuren no obxecto do título. g) A cesión a un terceiro do uso total da concesión. h) A cesión a un terceiro do uso parcial da concesión ou a cesión da autorización no suposto previsto no artigo 58.4, sen autorización de Portos de Galicia. i) A transferencia do título de outorgamento sen autorización de Portos de Galicia. j) A constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía sen autorización de Portos de Galicia. k) A non-reposición do complemento das garantías definitivas ou de explotación, logo do requirimento de Portos de Galicia. l) O incumprimento do plan de conservación das instalacións.

Page 314: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

174

m) O incumprimento doutras condicións cando a súa inobservancia estea expresamente prevista como causa de caducidade no título do outorgamento ou das determinantes para a adxudicación, se é o caso, do concurso convocado para o seu outorgamento. 2. Para declarar a caducidade seguirase o seguinte procedemento, e deberase notificar a resolución expresa deste no prazo de seis meses desde o acordo de incoación: a) Logo de constatar a existencia dalgún dos supostos referidos pola unidade instrutora correspondente de Portos de Galicia, incoarase o correspondente expediente de caducidade. O órgano competente para resolver, ou o propio instrutor no caso de urxencia, poderá adoptar as medidas de carácter provisional que se estimen convenientes para asegurar a eficacia da resolución que poida recaer, evitar os efectos derivados da concorrencia da causa que motiva a incoación do expediente e salvagardar as exixencias derivadas dos intereses xerais. Isto poñerase en coñecemento da persoa titular, que terá un prazo de dez días para formular alegacións e achegar os documentos e as xustificacións que coide oportunos. As medidas de carácter provisional poderán consistir na paralización inmediata das obras, na suspensión da actividade, do uso e da explotación das instalacións, mesmo co precinto en ambos os casos, na prestación de garantías e en calquera outra medida que se estime axeitada, sempre que se axuste á intensidade, proporcionalidade e necesidade dos obxectivos que se pretendan garantir en cada suposto concreto. Para lograr a efectividade de tales medidas, Portos de Galicia demandará da autoridade gobernativa competente, cando sexa necesario, a colaboración da forza pública. b) Ao presentar as alegacións ou transcorrer o prazo para levalas a cabo, a unidade instrutora ditará proposta de resolución, que con carácter previo á resolución será elevada xunto co resto do expediente ao Consello Consultivo de Galicia, para a emisión do ditame preceptivo no caso de que se trate de concesións e formule oposición o concesionario. 3. A declaración de caducidade supoñerá a perda das garantías constituídas, e non procederá en ningún caso a rehabilitación do título.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 315: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

175

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 90. Efectos da extinción 1. Ao se extinguir a autorización ou concesión, a persoa titular terá dereito a retirar fóra do espazo portuario os materiais, os equipos ou as instalacións desmontables que non revertan gratuitamente a Portos de Galicia en función do previsto no título, e está obrigada a facelo cando así o determine a entidade pública empresarial, quen poderá efectuar a retirada con cargo á persoa titular da autorización ou concesión extinguida cando esta non a efectúe no momento ou prazo en que se lle indique. 2. En todos os casos de extinción dunha concesión, Portos de Galicia decidirá sobre o mantemento das obras e instalacións non desmontables, que reverterán gratuitamente e libres de cargas á entidade pública empresarial, ou decidirá o seu levantamento e retirada do dominio público portuario polo concesionario e ás súas expensas. 3. Se Portos de Galicia non se pronuncia expresamente, entenderase que opta polo seu mantemento, sen prexuízo de que, previamente á data de extinción, poida decidir o seu levantamento ou retirada. 4. No caso de que Portos de Galicia optase polo levantamento das obras e instalacións, a persoa titular retirará estas no prazo fixado por aquel. Portos de Galicia poderá executar subsidiariamente os traballos que non efectuase a persoa titular no prazo concedido. 5. Se Portos de Galicia optase polo mantemento, a persoa titular procederá á reparación das obras e instalacións no prazo e nas condicións indicadas por aquel. 6. Portos de Galicia, sen máis trámite, tomará posesión dos bens e das instalacións, podendo solicitar ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía a suspensión da correspondente subministración. 7. Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral ou económica da persoa titular da autorización ou concesión, vinculada ou non á actividade obxecto do título extinguido.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 316: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

176

DITAME DA COMISIÓN:

Sección 5ª. Contrato de concesión de obras públicas portuarias

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 317: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

177

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 91. Contrato de concesión de obras públicas portuarias 1. O contrato de concesión de obras públicas portuarias rexerase polo disposto na lexislación básica de contratos do sector público para o contrato de concesión de obras públicas, coas especialidades previstas neste lei. 2. Portos de Galicia poderá promover a construción de obras públicas portuarias en réxime de concesión administrativa. 3. No ámbito portuario, os contratos de concesión de obras públicas portuarias terán por obxecto a construción e explotación, sempre que se encontren abertas ao uso público ou aproveitamento xeral, dun novo porto ou unha parte nova dun porto que sexa susceptible de explotación totalmente independente, ou de infraestruturas portuarias de defensa, de abrigo, de accesos marítimos, de peiraos e outras obras de atracada. 4. A construción e a explotación da obra pública portuaria obxecto da concesión efectuaranse por risco e ventura do concesionario, quen asumirá os riscos económicos derivados da súa execución e explotación, nos termos e co alcance previstos na lexislación xeral reguladora do contrato de concesión de obras públicas. 5. Malia o anterior, o contrato de concesión de obra pública portuaria recoñecerá ao concesionario o dereito a percibir unha retribución consistente na explotación da totalidade ou de parte da obra, ou o citado dereito acompañado do de percibir un prezo ou o outorgamento dunha concesión demanial, ou en calquera outra modalidade de financiamento das obras de acordo co previsto na lexislación xeral reguladora do contrato de concesión de obras públicas. 6. Para estes efectos, enténdese por explotación dunha obra pública portuaria a súa posta á disposición a favor dos prestadores do servizo ou das persoas usuarias daquela para a súa ocupación, utilización ou aproveitamento, a cambio da correspondente retribución económica. 7. O contrato de concesión de obras públicas portuarias habilitará directamente para a ocupación do dominio público no que deba construírse a obra pública portuaria que constitúa o seu obxecto, sendo aplicable o disposto nesta lei sobre o réxime de utilización do dominio público portuario. 8. O contrato de concesión de obras públicas portuarias non habilita o contratista para prestar servizos portuarios especiais sobre a obra que constitúe o seu obxecto. A prestación de servizos portuarios especiais sobre esta infraestrutura requirirá

Page 318: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

178

obter a correspondente autorización de acordo co previsto no título V. 9. Nos pregos de condicións dos contratos de concesións de obras públicas portuarias que vaian servir de soporte para a prestación de servizos portuarios especiais deberase sinalar expresamente se a prestación se vai realizar en réxime de competencia ou por un único prestador. No primeiro caso, oa persoa adxudicataria terá a obriga de admitir a ocupación ou utilización da obra por todos os titulares de autorizacións para prestación de servizos portuarios especiais abertos ao uso xeral a cambio da correspondente retribución económica. No segundo suposto, cada licitador deberá sinalar expresamente se no caso de resultar adxudicatario ou adxudicataria vai prestar por si ou a través dun terceiro tales servizos. En calquera caso, Portos de Galicia deberá garantir que a prestación dos servizos portuarios especiais se fará respectando o establecido no título V. Todo isto deberá estar recollido na documentación que aprobe Portos de Galicia para a licitación, na que constitúe a oferta de cada licitador, ou licitadora e, finalmente, no propio contrato. 10. As concesións de construción e explotación de obras públicas portuarias outorgaranse polo prazo que se acorde no prego de cláusulas administrativas particulares de acordo co previsto na lexislación básica de contratos do sector público para o contrato de concesión de obras públicas. O prazo calcularase en función das obras e dos servizos que constitúan o seu obxecto. Se a concesión supera o prazo de cinco anos, a duración máxima non poderá exceder do tempo que se calcule razoable para que o concesionario recupere os investimentos realizados para a explotación das obras ou dos servizos, xunto cun rendemento sobre o capital investido, tendo en conta os investimentos necesarios para acadar os obxectivos contractuais específicos. Os investimentos que se teñan en conta para os efectos do cálculo incluirán tanto os investimentos iniciais como os realizados durante a vixencia da concesión. 11. Os prazos fixados nos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán ser prorrogados nos supostos previstos na lexislación básica de contratos do sector público para o contrato de concesión de obras públicas. 12. En todo caso, o prazo das concesións condicionarase ao mantemento da adscrición conforme a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. 13. Portos de Galicia emitirá informe técnico sobre os proxectos de obras portuarias que vaian realizarse ao abeiro dun contrato de concesión de obras públicas portuarias.

Page 319: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

179

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 320: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

180

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO IV Dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo Artigo 92. Parámetros de protección, obxectivos de xestión e condicións básicas 1. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da entidade pública empresarial Portos de Galicia, determinará, considerando as determinacións previstas nas directrices de ordenación do territorio de Galicia, os parámetros de protección e os obxectivos de xestión que deberán incorporar as iniciativas de actuación sobre os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo, co obxecto de asegurar, como mínimo: a) A xestión sustentable dos recursos. b) A conservación do litoral e a preservación dos recursos naturais. c) A integración axeitada das obras e instalacións coa paisaxe. d) A compatibilidade cos sistemas xerais e coas demais determinacións urbanísticas. 2. Fomentaranse os proxectos que respondan a unha demanda real de servizos, atendendo a prioridade seguinte: a) As zonas portuarias de uso náutico-deportivo en portos existentes. b) Os portos deportivos con abrigo natural. c) Os portos deportivos con abrigo artificial. 3. As condicións básicas que deberán cumprir os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo, incluídas as normas de xestión ambiental, determinaranse por vía regulamentaria.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 321: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

181

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 93. Usos compartidos A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá, coas compensacións que en cada caso se determinen nos correspondentes títulos de concesións ou ben conforme o réxime de responsabilidade patrimonial xeral das administracións públicas, establecer de xeito excepcional en portos deportivos e zonas portuarias de uso náutico-deportivo liñas de atracada e zona de servizo para usos distintos ao deportivo, dentro dunha ordenación que separe debidamente os tráficos.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 322: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

182

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 94. Obxecto 1. De acordo co procedemento que se define nos artigos 69 e 70, Portos de Galicia poderá outorgar a persoas naturais ou xurídicas, tanto públicas como privadas, a oportuna concesión de dominio público para a construción ou explotación de portos deportivos ou de zonas portuarias de uso náutico-deportivo por un prazo superior a catro anos, que non poderá exceder dos cincuenta anos. De conformidade coa normativa estatal en materia de costas, en todo caso, o prazo das concesións que se outorguen nos bens adscritos, incluídas as prórrogas, non poderá ser superior ao prazo máximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesións sobre dominio público portuario nos portos de interese xeral e estará condicionado ao mantemento da adscrición. 2. Sempre que se cumpran os requisitos que se recollen no artigo 91 e de acordo cos parámetros previstos nel, Portos de Galicia poderá promover en réxime de contrato de concesión de obra pública portuaria a construción e explotación dun novo porto deportivo ou dunha zona portuaria de uso náutico-deportivo.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº49, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "...por un prazo superior a catro anos, que non poderá exceder dos cincuenta anos." por: "por un prazo superior a catro anos, que non poderá exceder dos trinta anos." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº50, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "...dun novo porto deportivo ou dunha zona portuaria de uso náutico-deportivo.", por: "... dun novo porto deportivo ou dunha zona náutica de uso deportivo, sempre que non existan outros portos deportivos ou

Page 323: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

183

zonas naúticas razoablemente próximas que poidan acoller esa demanda, de acordo co disposto no artigo 92.2 desta lei.” __________________________________________

Page 324: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

184

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 95. Criterios de outorgamento e concursos 1. O outorgamento ou a denegación das concesións levarase a cabo de conformidade con criterios obxectivos, que en calquera caso deberán considerar: a) A viabilidade económica, con xustificación da demanda existente. b) As condicións de acceso marítimo. c) O interese público e social da proposta. d) A compatibilidade cos sistemas internos de comunicación viaria do porto e cos sistemas xerais extraportuarios. e) A superficie de auga abrigada, se é o caso. f) Os usos previstos. g) A compatibilidade coas determinacións previstas nas directrices de ordenación do territorio de Galicia. h) O compromiso de realización de actividades de carácter formativo e de fomento do turismo e da náutica deportiva sen fins lucrativos. 2. Cando en función do establecido no artigo 70 a concesión deba outorgarse por medio de concurso, o prego de bases do concurso que elaborará Portos de Galicia incorporará ademais os seguintes criterios de adxudicación: a) O modelo de xestión da responsabilidade social corporativa. b) A proposta de xestión ambiental da instalación. c) O compromiso de realización de actividades de carácter formativo e de fomento do turismo e da náutica deportiva, así como da imaxe de Galicia sen fins lucrativos. d) A estrutura das tarifas e as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº136, ao apartado 1, de Adición. Débese engadir un novo punto 1 bis, que terá o seguinte contido: "1 bis. O outorgamento ou a denegación das concesións debe resultar conforme o respecto da lexislación urbanística e municipal en que se localiza." __________________________________________

Page 325: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

185

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 96. Condicións do outorgamento Entre as condicións do outorgamento da concesión deberán figurar, polo menos, as seguintes: a) O obxecto da concesión. b) O prazo de vixencia. c) Os terreos, as obras e as instalacións que integran o ámbito da concesión, con indicación dos que serán obxecto de reversión. d) No caso de concesións que impliquen a execución de obras, o proxecto básico das obras ou instalacións autorizadas e mais a obriga da persoa titular da concesión de reparar os danos que se poidan causar na costa ou nas praias consonte o disposto na normativa sectorial aplicable en materia de costas. e) Os servizos de existencia obrigatoria e opcional e mais os usos e as limitacións deles. f) A obriga da persoa titular da concesión de presentar o regulamento de explotación. g) As condicións de protección do ambiente que procedan, con inclusión das necesarias medidas correctoras e, no caso de seren preceptivas, das condicións ou prescricións establecidas no correspondente pronunciamento do órgano competente en materia ambiental. h) A obriga da persoa titular da concesión de presentar un plan de conservación das instalacións. i) A obriga da persoa titular da concesión de presentar un plan de emerxencias de acordo co disposto na normativa sectorial aplicable. j) A obriga por parte da persoa titular da concesión de manter a apertura de todos os elementos de aproveitamento e uso público e gratuíto que se definen no regulamento de explotación. k) As taxas que a persoa titular da concesión debe aboar á entidade pública Portos de Galicia. l) A estrutura das tarifas, con indicación das tarifas máximas que a persoa titular da concesión poderá cobrar en contraprestación aos servizos prestados e mais os criterios de revisión, de proceder. m) As facultades de xestión que se outorgan ao concesionario. n) As causas de extinción, singularmente as de caducidade consonte o establecido na regulación xeral sobre concesións contida nesta lei.

EMENDAS MANTIDAS:

Page 326: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

186

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº137, de Adición. Na letra c) deste artigo, despois de: "... e as instalacións ...", débese engadir a seguinte expresión: "... e aos accesos terrestres ...". __________________________________________

Page 327: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

187

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO III Regulamentos de explotación dos portos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo Artigo 97. Obxecto dos regulamentos 1. Co fin de definir e concretar o ámbito de aplicación das normas de policía e explotación e o alcance da vixilancia e prevención de calquera infracción, os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo xestionadas en réxime de concesión de dominio público deberán dispoñer dun regulamento de explotación, que será aprobado por Portos de Galicia e que deberá regular o uso dos diferentes elementos que integran os terreos, as obras e as instalacións obxecto da concesión. 2. O regulamento de explotación de cada porto ou zona portuaria de uso náutico-deportivo, que é de obrigado cumprimento, debe atoparse á disposición de calquera persoa usuaria nas oficinas do porto e, se é o caso, no sitio web do concesionario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 328: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

188

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 98. Contido mínimo dos regulamentos 1. Os regulamentos de explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo incluirán, como mínimo, a delimitación exacta da zona que é obxecto de concesión administrativa, a concreción do ámbito de aplicación, a regulación dos accesos, a identificación das zonas de uso restrinxido, a forma de utilización das instalacións portuarias, as tarifas establecidas pola prestación de servizos así como os seus criterios de revisión, un resumo do plan de emerxencias e do de continxencias ambientais da instalación, a relación dos dereitos e deberes que adquiren as persoas usuarias dos espazos incluídos na zona de servizo do porto e a responsabilidade que o concesionario asuma. 2. Deberán prever o réxime de utilización e prohibicións aplicable, as facultades conferidas á entidade concesionaria e as obrigas das persoas usuarias das instalacións.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 329: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

189

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 99. Réxime de responsabilidades 1. Será obriga do concesionario indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da prestación dos servizos obxecto da concesión. Cando tales danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da administración, esta será responsable dentro dos límites sinalados nas leis. 2. Portos de Galicia non será responsable dos danos e perdas debidos a paralizacións dos servizos, nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras. Naqueles casos de prestación de servizos con equipos de Portos de Galicia, a persoa usuaria destes deberá ter subscrito a correspondente póliza de seguros que cubra os posibles riscos. A exixencia desta garantía deberá ser proporcionada en termos de risco asegurado, fixación da suma asegurada ou límite da garantía.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 330: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

190

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO IV Réxime aplicable ás autorizacións temporais de uso de postos de atracada outorgadas por Portos de Galicia Sección 1ª. Procedemento de outorgamento e listas de espera .

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 331: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

191

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 100. Publicidade do proceso selectivo 1. En función dos postos vacantes, Portos de Galicia efectuará por resolución da persoa titular da Presidencia convocatorias, que serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de abrir os prazos de presentación de solicitudes de autorizacións temporais de uso de postos de atracada en base. 2. O prego de bases da convocatoria conterá, polo menos, os seguintes extremos: a) A identificación dos postos de atracada obxecto da convocatoria e os requisitos para participar nela. b) As esloras, as mangas e, se é o caso, os calados máximos das embarcacións en función da tipoloxía do posto de atracada. c) Os criterios para a súa adxudicación e a ponderación deles.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 332: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

192

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 101. Solicitudes 1. No prazo que se estableza na convocatoria correspondente, que non poderá ser inferior a quince días hábiles, as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude debidamente cuberta segundo o modelo normalizado que figure nas bases e acompañada da documentación que se indique. 2. Unha mesma persoa solicitante poderá presentar unha solicitude por embarcación para tantos portos ou zonas portuarias de uso náutico- deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia como coide oportuno, sen prexuízo do disposto no punto 4 do artigo 103.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 333: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

193

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 102. Criterios de adxudicación 1. A adxudicación das autorizacións temporais de uso dos postos de atracada en base efectuarase tendo en conta a orde cronolóxica de presentación das solicitudes debidamente cubertas e coa documentación completa, sempre e cando a eslora e as mangas das embarcacións se axusten ás dimensións máximas establecidas en función da tipoloxía da praza. 2. No caso de empate, darase preferencia ás embarcacións de maior eslora que mellor se axusten ás dimensións do posto de atracada.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº138, ao apartado 1, de Modificación. No punto 1, deste artigo, onde di: "... efectuarase tendo en conta a orde cronolóxica das presentacións ...", debe dicir: "... efectuarase sobre a base de criterios obxectivos e publicados con anterioridade e tendo en conta a orde cronolóxica das presentacións ...". __________________________________________

Page 334: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

194

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 103. Resolución 1. A persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia emitirá resolución motivada fundamentada nos criterios de adxudicación establecidos no artigo anterior nun prazo máximo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. A dita resolución acordará, segundo o caso, o seguinte: a) Conceder a autorización solicitada e determinar a taxa que hai que pagar de conformidade co disposto na normativa sobre taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e mais as restantes condicións básicas aplicables á autorización. b) Denegar a dita autorización se a persoa solicitante non reúne os requisitos exixidos. c) Declarar a inclusión da solicitude na correspondente lista de espera, coa asignación dun número de orde naqueles supostos en que, malia reunir a solicitude todos os requisitos para o outorgamento da autorización, non resulte seleccionada en función dos criterios de adxudicación recollidos no artigo 102. En tal caso, procederase de conformidade co establecido no artigo seguinte. 3. Non se poderá outorgar, en ningún caso, autorización para un posto de atracada a favor daquelas persoas solicitantes que, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, resultaren non estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias con Portos de Galicia, coa Comunidade Autónoma, coa Facenda estatal e coa Seguridade Social, ou, se é o caso, das súas obrigas cos concesionarios das instalacións. 4. Non se adxudicará unha autorización de uso de posto de atracada para a mesma embarcación á persoa titular que xa dispoña de autorización de uso dun posto de atracada en calquera dos outros portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, agás no suposto de que o número de postos de amarre ofertados na concreta convocatoria sexa superior ao número de solicitudes e non exista lista de espera no porto ou na instalación de que se trate. 5. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da persoa titular da Presidencia será de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ao transcorrer o dito

Page 335: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

195

prazo sen se ditar e notificar unha resolución expresa, as solicitudes entenderanse desestimadas para os efectos do establecido na lexislación reguladora do procedemento administrativo común, sen prexuízo da obriga da administración de ditar unha resolución expresa.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº139, ao apartado 5, de Modificación. No punto 5, deste artigo, onde di: " ... será de tres meses, ...", debe dicir: "... será de corenta e cinco días ...". __________________________________________

Page 336: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

196

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 104. Listas de espera 1. Cando, reunindo a solicitude todos os requisitos, non poida outorgarse a autorización de uso por non existir un punto de amarre vacante, a solicitude incluirase na lista de espera, coa asignación dun número de orde segundo a data de rexistro de entrada da petición debidamente cuberta e coa documentación completa, e unha vez que a persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia dite a resolución pola que se declara a dita inclusión. 2. Existirá unha lista de espera para cada un dos portos e das instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia nos que o número de solicitudes exceda do de postos de atracada dispoñibles.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 337: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

197

DITAME DA COMISIÓN:

Sección 2ª. Réxime das autorizacións

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 338: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

198

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 105. Carácter e prazo de vixencia das autorizacións 1. As autorizacións outorgaranse con carácter persoal e intransferible inter vivos para unha soa persoa titular e para unha embarcación concreta, sen prexuízo de que Portos de Galicia autorizará a substitución ou o cambio de embarcación sempre e cando se trate dunha embarcación das mesmas características. 2. Malia o sinalado no punto 1, no suposto de falecemento da persoa titular da autorización, o seu sucesor ou sucesora a título de herdanza ou de legado poderá solicitar por unha soa vez e nun prazo máximo dun ano, contado desde o falecemento, autorización para o uso do mesmo posto de atracada. Esta autorización será outorgada polo mesmo período previsto para a autorización inicial, sempre e cando se trate da mesma embarcación e que a anterior persoa titular estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias con Portos de Galicia, coa Comunidade Autónoma, coa Facenda estatal e coa Seguridade Social, ou, se é o caso, das súas obrigas cos concesionarios das instalacións. 3. Portos de Galicia, directamente ou a través do concesionario, poderá modificar ou cambiar temporalmente de posto de atracada as embarcacións en base sempre que sexa por motivos de seguridade ou forza maior ou relativos á explotación e á planificación do porto. 4. O prazo de vixencia da autorización temporal será o que determine o título administrativo de autorización, e non poderá ser inferior a seis meses nin superior a catro anos. 5. Malia o disposto no punto anterior, as autorizacións correspondentes a persoas titulares que se atopen ao corrente do pagamento tanto das taxas debidas a Portos de Galicia como, se é o caso, das tarifas debidas ao concesionario, e que non incumprisen as condicións da autorización, anovaranse automaticamente polo mesmo período ao concedido inicialmente, outorgando Portos de Galicia de oficio unha nova autorización, a non ser que cun prazo mínimo de quince días anterior ao vencemento da autorización a persoa interesada manifeste a súa decisión de non continuar co uso e gozo da praza de atracada por un límite máximo de catro anos.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia.

Page 339: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

199

Emenda nº140, ao apartado 4, de Modificación. No punto 4 deste artigo, onde di: "... superior a catro anos.", debe dicir: "... superior a dous anos, prorrogable, se é o caso, por un ano máis." __________________________________________

Page 340: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

200

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 106. Aboamento de taxas e outras cantidades 1. A persoa titular da autorización deberá aboar a taxa portuaria vixente en cada momento aplicable ás embarcacións deportivas ou de lecer, así como as demais taxas portuarias que aplicará Portos de Galicia, e mais as tarifas ou os prezos privados aos concesionarios de servizos portuarios pola súa prestación a aquela. 2. Para as embarcacións autorizadas con carácter de base nun porto, e consonte o establecido na normativa autonómica sobre taxas, o importe da taxa X-5 correspondente a embarcacións deportivas e de lecer aplicarase polo período completo autorizado, cun mínimo de seis meses, independentemente das entradas, das saídas ou dos días de ausencia da embarcación, e no caso de extinción da autorización os efectos tributarios fronte a Portos de Galicia produciranse unicamente desde o semestre natural seguinte ao da extinción. 3. No caso de existir un concesionario, a persoa titular deberá aboar a este as tarifas por prestación de servizos diversos aprobadas por Portos de Galicia. As ditas tarifas deberán ser aboadas polo período completo autorizado, cun mínimo de seis meses, sen que o concesionario se vexa obrigado a reintegrar ningunha cantidade no caso de abandono da praza de atracada antes do tempo establecido. 4. Para o aboamento de todas as cantidades previstas neste artigo, Portos de Galicia poderá exixir a domiciliación bancaria.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 341: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

201

DITAME DA COMISIÓN:

Sección 3ª. Extinción das autorizacións

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 342: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

202

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 107. Causas de extinción A autorización temporal extinguirase polas seguintes causas: a) O remate do prazo de outorgamento. b) A revisión de oficio nos supostos establecidos na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. c) A renuncia da persoa titular. d) O mutuo acordo. e) A disolución ou extinción da sociedade titular da autorización, agás nos supostos de fusión ou escisión. f) A revogación. g) A caducidade.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 343: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

203

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 108. Revogación das autorizacións As autorizacións temporais de uso, ao outorgarse a título de precario, poderán ser revogadas por Portos de Galicia en calquera momento e sen dereito a indemnización cando resulten incompatibles con obras ou plans que, aprobados con posterioridade, empecen a explotación portuaria ou impiden a utilización do espazo portuario para actividades de maior interese portuario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 344: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

204

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 109. Caducidade 1. Portos de Galicia, logo da audiencia da persoa titular, declarará a caducidade da autorización, entre outros supostos determinados polas leis, nos seguintes casos: a) Polo abandono ou a falta de utilización do posto de atracada durante un período consecutivo de seis meses, agás causas xustificadas relativas a invernadas ou avarías das embarcacións. b) Polo non pagamento dunha liquidación en concepto de taxa portuaria X-5 durante un prazo de seis meses, con independencia de que o seu aboamento o exixa de maneira directa a Administración portuaria ou de que exista unha subrogación no pagamento por parte dun concesionario consonte o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Para iniciar o expediente de caducidade será dabondo con que non se efectuase o ingreso en período voluntario. Unha vez iniciado, poderase acordar o seu arquivamento se antes de ditar resolución se produce o aboamento íntegro da débeda, incluídos os xuros e as cargas derivados do procedemento de constrinximento, e se constitúe a garantía que ao respecto e de maneira discrecional poida fixar Portos de Galicia. c) Polo incumprimento das obrigas impostas pola normativa de aplicación ou o incumprimento das obrigas ou condicións esenciais definidas con tal carácter no título da autorización cuxa inobservancia estea expresamente prevista como causa de caducidade. 2. O procedemento para declarar a caducidade, que preverá un trámite de audiencia á persoa titular, desenvolverase por vía regulamentaria.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 345: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

205

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO V. Réxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza nos portos

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº89, de Supresión. Emenda de supresión, título V. Eliminar en todo o capítulo as referencias ás "actividades comerciais e industriais ou doutra natureza". __________________________________________

Page 346: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

206

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO I Dos servizos Artigo 110. Servizos prestados nos portos e nas instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma 1. A actividade portuaria desenvolverase, cando sexa posible, nun marco de libre competencia entre operadores de servizos portuarios para o fomento da actividade portuaria, o incremento dos tráficos e a mellora da calidade dos servizos. 2. Nos termos establecidos nesta lei, recoñécese a iniciativa privada na prestación dos servizos e no desenvolvemento de actividades económicas nos portos. 3. A Administración portuaria autonómica promoverá as accións que favorezan a competencia nos portos, podendo adoptar medidas de regulación, ordenación, control e explotación que sirvan para tal finalidade. 4. Os servizos prestados nos portos só poderán limitarse ou denegarse nos casos en que as persoas usuarias non reúnan as condicións establecidas nesta lei ou na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, nos pregos xerais dos servizos ou no título correspondente. A información sobre os servizos e as condicións da prestación realizarase de acordo coa lexislación que protexe as persoas consumidoras e usuarias.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº90, ao apartado 1, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 1 do artigo 110. Suprimir o apartado 1. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº91, ao apartado 2, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 2 do artigo 110. Substituír o texto do apartado 2, que pasaría a ser o 1, polo seguinte:

Page 347: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

207

"1. A actividade portuaria desenvolverase baixo a dirección e a iniciativa pública, sen prexuízo de admitirse, cando así o demande o interese xeral, a iniciativa privada, en eidos de libre competencia, para a prestación de servizos portuarios especiais e no desenvolvemento de actividades económicas relacionadas coa actividade marítima e pesqueira complementaria dos servizos portuarios xerais”. __________________________________________

Page 348: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

208

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO II Dos servizos portuarios Artigo 111. Concepto e clases de servizos portuarios 1. Son servizos portuarios as actividades de prestación de interese xeral que se executen nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para atender as necesidades e exixencias da explotación portuaria en condicións de seguridade, eficacia, eficiencia, calidade, regularidade, continuidade, non-discriminación e respecto ao ambiente. 2. Os servizos portuarios clasifícanse en servizos xerais do porto, dos cales a súa prestación está reservada a Portos de Galicia, e servizos especiais, que se prestan por operadores privados baixo o principio de libre competencia, nos termos e coas limitacións establecidas nesta lei.

NON TEN EMENDAS

Page 349: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

209

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 112. Concepto e enumeración dos servizos xerais 1. Son servizos portuarios xerais aqueles servizos comúns que permiten a realización de operacións de tráfico portuario, cuxa titularidade e prestación reserva para si Portos de Galicia e dos que se benefician as persoas usuarias do porto sen necesidade de solicitude. 2. Terán a consideración de servizos xerais: a) O servizo de control, ordenación e coordinación do tráfico portuario, tanto marítimo como terrestre. b) O servizo de control e ordenación das operacións portuarias vinculadas aos servizos xerais, aos específicos ou ás restantes actividades que se desenvolvan no porto. c) Os servizos básicos de vixilancia e policía portuaria nas zonas comúns dos portos, sen prexuízo das competencias doutras administracións. d) Os servizos de prevención e control de emerxencias, nos termos establecidos pola normativa sobre protección civil, mercadorías perigosas e demais normativa de aplicación, en colaboración coas administracións competentes sobre protección civil, prevención e extinción de incendios, salvamento e loita contra a contaminación. e) Os servizos de sinalización, balizamento e outras axudas á navegación que sirvan de aproximación e acceso do buque ao porto, así como o seu balizamento interior. f) Os servizos de iluminación nas zonas comúns do porto. g) Os servizos de limpeza habitual das zonas comúns de terra e auga. h) Calquera outro servizo común que, pola súa vinculación coa seguridade portuaria, sexa declarado como servizo xeral por orde da persoa titular da consellaría competente en materia de portos.

NON TEN EMENDAS

Page 350: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

210

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 113. Prestación de servizos portuarios xerais 1. Os servizos portuarios xerais serán xestionados directamente pola entidade pública empresarial Portos de Galicia, sen prexuízo de que a súa prestación poida excepcionalmente ser encomendada a terceiros cando non se poña en risco a seguridade, nin impliquen o exercicio de autoridade, e o prestador do servizo obtivese o correspondente título habilitante que o faculte para iso. 2. Nos espazos ou nas instalacións portuarias xestionadas en réxime de concesión administrativa, os servizos xerais poden ser prestados polo concesionario, cando así conste no título correspondente. 3. Portos de Galicia pode concertar convenios con outras administracións ou outras entidades públicas coa finalidade de xestionar os servizos portuarios xerais. 4. Estes servizos serán prestados de acordo coas normas e os criterios técnicos previstos no Regulamento de explotación e policía. 5. A prestación dos servizos portuarios xerais dará lugar á exacción da correspondente taxa portuaria nos supostos previstos na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 351: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

211

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 114. Concepto e clases de servizos portuarios especiais 1. Son servizos portuarios especiais as actividades de prestación que contribúen e facilitan a realización das operacións portuarias. 2. A prestación dos servizos portuarios especiais corresponde ao sector privado en réxime de competencia e require a solicitude previa da persoa interesada, agás as excepcións previstas nesta lei. 3. Os servizos portuarios especiais son os seguintes: a) O servizo de actividades de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías. b) O servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos en réxime de pasaxe. c) Os servizos técnico-náuticos, e dentro destes: 1º. A practicaxe. 2º. O remolque portuario. 3º. O amarre e o desamarre de buques. d) O servizo de recepción de refugallos xerados por buques, que comprende a recepción de refugallos e residuos dos anexos I, IV, V ou VI do Convenio Marpol 73/78. e) Os outros servizos non enumerados anteriormente, sempre que se recollan nos pregos xerais reguladores dos servizos portuarios.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº92, ao apartado 2, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 2 do artigo 114. Substituír o texto do apartado 2 polo seguinte: "2. A prestación de servizos portuarios especiais, que non impliquen o exercicio de autoridade, pode encomendarse ao sector privado en réxime de competencia”. __________________________________________

Page 352: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

212

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 115. Prestación de servizos portuarios especiais 1. Os servizos portuarios especiais prestaranos operadores privados en réxime de libre competencia. 2. Por razóns de control dos espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturas portuarias para asumiren a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, a prestación destes servizos requirirá a obtención da autorización que outorgará Portos de Galicia, que estará suxeita aos pregos xerais reguladores dos servizos que aprobará o Consello Reitor da entidade pública empresarial. Estes pregos conterán as condicións reitoras da prestación e, cando proceda, as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias dos servizos. 3. Os prestadores dos servizos deberán cumprir as obrigas de servizo público previstas nos pregos reguladores coa finalidade de garantir a súa prestación en condicións de seguridade, continuidade, regularidade, cobertura, calidade e prezo razoable, así como respecto ao ambiente. 4. As autorizacións outorgaranse con carácter específico e individualizado para cada un dos servizos que se enumeran no artigo 114.3, agás no relativo aos servizos técnico-náuticos, que se poderán acumular nunha única autorización por motivos derivados da demanda de persoas usuarias existente nun porto ou nunha área portuaria determinada, e ás autorizacións para o servizo de recepción de refugallos xerados polos buques, que poderán outorgarse para todos ou algún dos anexos previstos no Convenio Marpol. 5. A entidade pública empresarial Portos de Galicia deberá adoptar as medidas precisas para garantir unha axeitada cobertura das necesidades de servizos especiais nos portos. Para tal fin, cando o requiran as circunstancias por ausencia ou insuficiencia da iniciativa privada, Portos de Galicia poderá asumir directamente, logo da audiencia das persoas titulares das autorizacións vixentes, a prestación dos servizos, sen prexuízo de que poida solicitar a colaboración de terceiros na súa prestación por calquera procedemento previsto nas leis e sen que isto implique a extinción das autorizacións en vigor nin impida a solicitude de novas autorizacións. 6. Portos de Galicia poderá autorizar, cando proceda, a autoprestación e a integración de varios servizos especiais nun mesmo operador. As autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais en réxime de autoprestación ou de integración de servizos suxeitaranse aos pregos xerais

Page 353: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

213

reguladores dos servizos, excluíndose do contido das ditas autorizacións as condicións relativas á cobertura universal, á estrutura das tarifas e ás tarifas máximas e mais as obrigas relativas á continuidade e á regularidade en función da demanda do porto. Estas autorizacións establecerán, se for o caso, as compensacións económicas que as persoas titulares deberán aboar como contribución para que as obrigas de servizo público que recaen sobre as persoas titulares das autorizacións abertas ao uso xeral poidan ser atendidas. O valor desta compensación establecerase para cada autorización de conformidade cos criterios obxectivos, transparentes, proporcionais, equitativos e non discriminatorios establecidos para o efecto nos pregos xerais reguladores dos servizos. 7. Cando a prestación por terceiros de servizos portuarios especiais precise o outorgamento dunha concesión ou autorización de ocupación do dominio público portuario, ambas as relacións serán obxecto dun expediente único, e a autorización para a prestación do servizo incorporarase á concesión ou autorización de ocupación, sen prexuízo da exixencia das taxas que procedan por ambos os dous conceptos. 8. A prestación por terceiros de servizos portuarios especiais poderase vincular tamén á existencia dun contrato en vigor entre a persoa titular dunha concesión administrativa e o prestador do servizo, que implique unha cesión parcial da concesión, que terá que ser autorizada por Portos de Galicia. 9. Consonte os principios de obxectividade e proporcionalidade e logo da audiencia ás persoas interesadas, Portos de Galicia poderá modificar as condicións dunha autorización cando se modifiquen as prescricións reguladoras do servizo.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº93, ao apartado 1, de Substitución. Emenda de substitución, apartado 1 do artigo 115. Substituír o texto do apartado 1 polo seguinte: “1. Os servizos portuarios especiais, de non seren prestados polo sector público, prestaranse por operados privados en réxime de libre concorrencia.” __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº94, ao apartado 5, de Supresión.

Page 354: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

214

Emenda de supresión, apartado 5 do artigo 115. Suprimir o apartado 5 do artigo 115. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº95, ao apartado 6, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 6 do artigo 115. Suprimir o apartado 6. __________________________________________

Page 355: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

215

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 116. Obrigas de servizo público 1. Son obrigas de servizo público, de necesaria aceptación por todos os prestadores de servizos portuarios especiais nos termos en que se concreten nas súas respectivas autorizacións, as seguintes: a) Manter a continuidade e regularidade dos servizos en función das características da demanda, agás causa de forza maior, facendo fronte ás circunstancias adversas que poidan producirse coas medidas exixibles a un empresario ou a una empresaria dilixente. Para garantir a continuidade da prestación do servizo, Portos de Galicia poderá establecer servizos mínimos de carácter obrigatorio. b) Cooperar con Portos de Galicia e coa Administración marítima e, se é o caso, con outros prestadores de servizo nos labores de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminación e prevención e control de emerxencias. Así mesmo, tamén deberá informar daquelas incidencias que poidan afectar calquera destas materias ou a seguridade marítima en xeral. c) Someterse á potestade tarifaria, cando proceda. d) Colaborar na formación práctica na prestación do servizo, no ámbito do porto en que se desenvolva a actividade. e) Establecer unha cobertura universal, coa obriga de atender toda demanda razoable, en condicións non discriminatorias. 2. Os pregos reguladores recollerán as obrigas establecidas no punto anterior, de acordo co previsto nesta lei e en calquera outra norma que sexa aplicable, facéndoos acordes coa iniciativa empresarial e a competencia entre servizos e coas necesidades particulares dos servizos prestados en cada porto. 3. As obrigas de servizo público aplicaranse de forma que os seus efectos sexan neutrais en relación coa competencia entre prestadores dos servizos especiais.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 356: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

216

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 117. Utilización dos servizos especiais 1. Os servizos especiais prestaranse tras a solicitude das persoas usuarias aos operadores privados que conten coa preceptiva autorización. Porén, a utilización do servizo de practicaxe será obrigatoria cando así o determine a Administración marítima conforme o previsto na normativa de aplicación. Ademais, o Regulamento de explotación e policía poderá establecer, por razóns de seguridade marítima, o uso obrigatorio doutros servizos técnico-náuticos en función das condicións e características das infraestruturas portuarias, do tamaño e o tipo de buque e da natureza da carga transportada, así como das condicións océano-meteorolóxicas. Así mesmo, o servizo de recepción dos residuos xerados polos buques será de uso obrigatorio, agás nos supostos previstos na normativa de aplicación. 2. Portos de Galicia poderá establecer, por razóns de operatividade e de seguridade, normas complementarias e condicións específicas de utilización dos servizos especiais, así como o ámbito xeográfico ao que se estendan. 3. Cando a utilización do servizo non sexa obrigatoria, Portos de Galicia poderá impoñer o uso dos servizos portuarios se por circunstancias extraordinarias considera que está en risco o funcionamento, a operatividade ou a seguridade do porto. 4. Portos de Galicia, no caso de non-pagamento do servizo, poderá autorizar aos prestadores a suspensión temporal do servizo ata que se efectúe o pagamento ou se garanta convenientemente a débeda que xerou a suspensión.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 357: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

217

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 118. Réxime de acceso á prestación dos servizos especiais 1. Recoñécese o libre acceso á prestación dos servizos portuarios especiais en réxime de competencia sen máis limitacións que as establecidas nesta lei. 2. Cando non estea limitado o número de prestadores, todas as persoas interesadas na prestación do servizo que reúnan os requisitos establecidos nesta lei e nos pregos reguladores poderán optar á súa prestación, logo da presentación da solicitude en calquera momento e do outorgamento por Portos de Galicia con carácter regrado da correspondente autorización. Cando estea limitado o número de prestadores, as autorizacións outorgaranse por concurso e as convocatorias destes concursos e a súa adxudicación publicaranse, cando for exixible, no Diario Oficial da Unión Europea. 3. Poderán ser prestadoras dos servizos especiais as persoas físicas ou xurídicas españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o dito requisito, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en causa de incompatibilidade e acrediten, nos termos previstos no prego regulador do servizo, o cumprimento dos seguintes requisitos: a) Xustificar a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantes do servizo que se determinen no prego regulador de cada servizo. b) Estar ao corrente do cumprimento das obrigas de carácter fiscal, laboral e social exixidas pola lexislación vixente. Considérase que a persoa interesada se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social cando concorran as circunstancias previstas na lexislación básica de contratos do sector público. c) Cumprir as condicións específicas necesarias para a axeitada prestación do servizo, de acordo co previsto nesta lei e na demais normativa de aplicación. 4. As condicións de acceso á prestación en réxime de competencia que se fixen nos pregos deberán ser transparentes, non discriminatorias, obxectivas, axeitadas, necesarias e proporcionadas, e mais garantir os seguintes obxectivos:

Page 358: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

218

a) A adecuada prestación do servizo de acordo cos requisitos técnicos, ambientais, de seguridade e calidade que se establezan. b) O desenvolvemento da planificación portuaria. c) O comportamento competitivo dos operadores do servizo. d) A protección das persoas usuarias. e) A protección dos intereses de Portos de Galicia e da seguridade pública. 5. Entre os requisitos técnicos para a prestación do servizo incluiranse medios humanos e materiais abondos que, permitindo desenvolver as operacións unitarias habituais, tanto as máis simples como as máis complexas, en condicións de seguridade, calidade, continuidade e regularidade en función das características da demanda, non impidan ou limiten a competencia entre operadores. 6. Portos de Galicia, de oficio, poderá limitar en cada porto que xestione o número máximo de prestadores de cada servizo, por razóns obxectivas e motivadas derivadas da dispoñibilidade de espazos, da capacidade das instalacións, da seguridade, das normas ambientais, así como dos estudos razoables derivados de necesidades da demanda existente. Nos servizos de pasaxe e de manipulación e transporte de mercadorías, as anteriores limitacións poderanse aplicar polo tipo de tráfico ou carga. A determinación do número de prestadores deberá obrigatoriamente realizarse considerando o maior número posible de prestadores que permitan as circunstancias concorrentes e motivarase atendendo a identificación clara da restrición da competencia en cuestión, a xustificación da necesidade do establecemento da restrición de acordo co interese público e a acreditación de que non resulta posible acudir a alternativas viables que sexan menos restritivas da competencia para conseguir o mesmo fin de interese público. 7. O acordo de limitación, que incluirá a determinación do número máximo de prestadores, adoptarao o Consello Reitor de Portos de Galicia e poderá afectar toda a zona de servizo do porto ou unha parte desta. O acordo de limitación publicarase no Diario Oficial de Galicia. Cando a causa de limitación sexa a seguridade marítima, Portos de Galicia solicitará un informe á Dirección Xeral da Mariña Mercante. Cando a causa de limitación sexa ambiental, Portos de Galicia solicitará un informe á Administración medioambiental competente, que se entenderá en sentido favorable de transcorrer o prazo dun mes sen que sexa emitido de forma expresa, a non ser que a normativa sectorial de aplicación dispoña outra cousa.

Page 359: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

219

8. Na medida en que se alteren as causas que a motivaron, ou previamente á convocatoria dun novo concurso, esta limitación será revisable total ou parcialmente polo Consello Reitor de Portos de Galicia, con sometemento aos mesmos trámites seguidos para o seu establecemento. Tamén poderá ser revisada por instancia de calquera persoa interesada, someténdose a idénticos trámites dos seguidos para o seu establecemento. 9. Cando se limite o número de prestadores, as autorizacións outorgaranse logo da convocatoria do concurso, para o que Portos de Galicia elaborará e aprobará o prego de bases de cada concurso, que conterá, polo menos, a determinación do número máximo de prestadores, os requisitos para participar no concurso, o prazo máximo da autorización, a documentación e información que deben achegar as persoas participantes e os criterios de adxudicación, que deberán ser obxectivos e non discriminatorios. 10. Cando o número de prestadores dun servizo estea limitado, o prazo máximo de vixencia das autorizacións será menor que o establecido con carácter xeral para os servizos portuarios especiais sen limitación do número de prestadores, nos termos establecidos no artigo 120. 11. Sen prexuízo do previsto nos puntos anteriores, debido á singularidade e especial incidencia do servizo de practicaxe na seguridade marítima, o número de prestadores del quedará limitado a un único prestador en cada área portuaria. Para estes efectos, enténdese como área portuaria aquela que sexa susceptible de explotación totalmente independente en función dos seus límites xeográficos, incluída a súa accesibilidade marítima. Esta limitación deberá quedar debidamente xustificada no expediente. 12. A limitación do número de prestadores dos demais servizos técnico-náuticos procederá nos casos en que así o requira o órgano estatal competente en materia de mariña mercante. 13. Na delimitación dos espazos e dos usos portuarios previstos nesta lei poderase determinar o tipo de servizos especiais, así como as actividades comerciais e industriais que se poidan realizar na totalidade da zona de servizo do porto ou en parte dela, en particular o tipo de tráfico e as categorías de mercadorías que se poderán manipular no porto e a asignación de espazo ou capacidade de infraestrutura para tales actividades, sen que isto constitúa, de ser o caso, limitación do número de prestadores do servizo. 14. As autorizacións poderán ser transmitidas, logo da autorización de Portos de Galicia, sempre que se faga a favor dunha persoa física ou xurídica que cumpra os requisitos recollidos no punto 3, que as persoas que realizan a

Page 360: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

220

transmisión e as adquirentes cumpran os requisitos establecidos nas prescricións reguladoras do servizo e que, se é o caso, se cumpran os requisitos previstos no artigo 76 cando a autorización se transmita conxuntamente coa concesión de dominio público. A transmisión terá, respecto dos contratos de traballo do persoal ao servizo da persoa titular da autorización, os efectos previstos na lexislación e nos convenios laborais.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº96, de Adición. Emenda de adición, artigo 118. Engadir despois de "industriais" a expresión: "vinculados á actividade marítimo-pesqueira e portuaria." __________________________________________

Page 361: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

221

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 119. Contido dos pregos reguladores dos servizos portuarios especiais 1. Os pregos reguladores do servizo incluirán, entre outras cláusulas, as relativas a: a) Os requisitos de capacidade. b) Os requisitos de solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantes do servizo que se determinen no prego regulador de cada servizo. c) A cobertura universal, coa obriga de atender toda demanda razoable en condicións non discriminatorias. d) O obxecto do servizo e ámbito xeográfico ao que se estende a prestación do servizo. Neste punto poderase acordar a concentración da prestación de determinados servizos en portos e instalacións concretas, por razón da mellor eficiencia do servizo en canto á atención ás persoas usuarias e demandas de operatividade da comercialización da pesca e das mercadorías descargadas nos portos, que en materia de dispoñibilidade de infraestruturas, superestruturas, servizos portuarios xerais, sistemas ambientais e de seguridade se requiran para a actividade dos operadores. e) As obrigas de servizo público para que o servizo se preste en condicións de regularidade e continuidade. f) As obrigas de servizo público relacionadas coa colaboración en labores de salvamento. g) As obrigas de servizo público relacionadas coa seguridade do porto e a loita contra a contaminación. h) As obrigas de protección do ambiente, se procede. i) A cuantificación das cargas anuais, das obrigas de servizo público, criterios de revisión da devandita cuantificación, así como os criterios de distribución, obxectivos, transparentes, proporcionais, equitativos e non discriminatorios, das ditas obrigas entre os prestadores do servizo no caso de prestación en réxime de libre competencia, entre os que se tomará en consideración a cota de mercado de cada un deles. j) Os medios materiais mínimos e as súas características. k) Os medios humanos mínimos e a súa cualificación. l) As condicións técnicas, ambientais e de seguridade de prestación do servizo e, se é o caso, das instalacións e do equipamento asociados a el, incluíndo niveis mínimos de produtividade, rendemento e de calidade. m) Cando proceda, as tarifas máximas aplicables ás persoas usuarias dos servizos.

Page 362: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

222

n) As obrigas de proporcionar a Portos de Galicia a información que precise para garantir o funcionamento do servizo e que lle sexa requirida para o debido cumprimento das súas funcións. ñ) A determinación do investimento significativo. o) O prazo de vixencia da autorización. p) As garantías que aseguren o cumprimento das obrigas e responsabilidades. q) As taxas que procedan consonte o establecido nesta lei e na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. r) As tarifas que os prestadores poderán percibir, se é o caso, cando interveñan en servizos de emerxencia, extinción de incendios, salvamento ou loita contra a contaminación. s) As causas de extinción, entre as que deberán figurar as relativas ao incumprimento das obrigas de servizo público, das exixencias de seguridade para a prestación do servizo e das obrigas de protección do ambiente que procedan. 2. Os pregos reguladores do servizo non conterán exixencias técnicas para a prestación dos servizos que alteren inxustificadamente as condicións de competencia nin calquera outro tipo de cláusula que afecte a libre concorrencia no mercado.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº143, ao apartado 1, de Supresión. Débese suprimir a letra h) no punto 1 deste artigo. __________________________________________

Page 363: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

223

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 120. Prazo das autorizacións de prestación de servizos portuarios especiais 1. O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais será de quince anos. Cando para a prestación do servizo se prevexa un investimento significativo en equipos e material móbil, o prazo máximo de vixencia será de trinta anos, e cando o dito investimento significativo se produza en equipos e materiais móbiles e en obras e infraestruturas vinculadas a unha concesión administrativa, o prazo máximo de vixencia será necesariamente coincidente co prazo de vixencia da concesión, establecido no artigo 66 desta lei. 2. Agás no caso do servizo de practicaxe, cando estea limitado o número de prestadores dun servizo portuario, o prazo máximo será, polo menos, un vinte e cinco por cento inferior ao que corresponda segundo o establecido nos supostos anteriores. 3. Cando non exista limitación do número de prestadores, as autorizacións poderán ser renovadas logo da solicitude da persoa interesada realizada cunha antelación mínima de tres meses antes do vencemento da autorización, e sempre que a persoa titular cumpra cos requisitos previstos nesta lei e nas prescricións vixentes de regulación do servizo. Exceptúanse do anterior as autorizacións vinculadas a unha concesión administrativa outorgada polo prazo máximo establecido no artigo 66 desta lei. O prazo de vixencia das autorizacións non é renovable cando estea limitado o número de prestadores do servizo. Transcorrido o prazo de tres meses desde a entrada da solicitude no rexistro do organismo competente para a súa tramitación sen que se notificase a resolución expresa, entenderase outorgada a renovación.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº144, de Modificación. Proponse unha nova redacción para o segundo parágrafo do punto 1 deste artigo, que terá o seguinte contido:

Page 364: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

224

"Cando para a prestación do servizo se prevexa un investimento significativo en equipos e material móbil, o prazo máximo será de trinta anos e haberá que aterse ao establecido no artigo 66 desta lei." __________________________________________

Page 365: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

225

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 121. Extinción das autorizacións de prestación de servizos portuarios especiais 1. As autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais extinguiranse por algunha das seguintes causas: a) O remate do prazo de vixencia previsto na autorización. b) A revogación por perda ou incumprimento dos requisitos previstos para poder acceder a prestar o servizo, ou non adaptación ás prescricións reguladoras do servizo cando sexan modificadas. c) A resolución por incumprimento das condicións do prego regulador do servizo e da autorización que se definan como esenciais nos ditos documentos. d) A extinción da autorización ou concesión, da autorización ou da ocupación do dominio público portuario que se precise para a prestación do servizo ou do contrato a que se refire o artigo 115.7. e) Polas demais causas previstas nos pregos reguladores do servizo. 2. Corresponde á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia acordar a extinción das autorizacións, logo da tramitación do procedemento, no que se lle dará audiencia á persoa interesada.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 366: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

226

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 122. Separación contable As persoas titulares de autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais, da mesma maneira que as persoas titulares de autorizacións para o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza que se regulan no capítulo II deste título, vinculadas ou non a unha concesión ou autorización de ocupación do dominio público portuario, deberán levar, para cada un dos servizos que presten, unha estrita separación contable consonte os usos e as prácticas comerciais admitidas, entre os ditos servizos e actividades, e aqueles que presten fóra do ámbito portuario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 367: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

227

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 123. Réxime xeral aplicable ás actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadas por terceiros 1. Por razóns de control de espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturas portuarias para asumir a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario, sexan ou non de carácter portuario, requirirá a obtención dunha autorización que outorgará Portos de Galicia e que se supeditará a que se trate de usos permitidos no dominio público portuario de acordo co previsto nesta lei e na restante normativa de aplicación. 2. O prazo de vixencia destas autorizacións será o que se determine nos pregos de condicións xerais de cada actividade ou conxunto de actividades. Cando para o exercicio dunha actividade comercial, industrial ou doutra natureza se requirise a ocupación do dominio público portuario, o prazo deberá ser o mesmo que o autorizado para a ocupación demanial e tramitarase un só expediente no que se outorgará un único título administrativo, no cal polo mesmo prazo se autorice a actividade e a ocupación do dominio público portuario. 3. O outorgamento dunha autorización non exime a persoa titular da obtención e do mantemento en vigor das licenzas, dos permisos e das autorizacións que sexan legalmente exixibles, nin do pagamento dos impostos que sexan aplicables. Non obstante, cando estes se obteñan con anterioridade á autorización que outorga Portos de Galicia, a súa eficacia quedará demorada ata que se outorgue esta. 4. Con carácter xeral, as actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestaranse en réxime de concorrencia, e no caso das actividades comerciais e industriais de carácter portuario, Portos de Galicia adoptará as medidas encamiñadas a promover a competencia. 5. Para os efectos desta lei, son actividades comerciais e industriais de carácter portuario as actividades de prestación de natureza comercial ou industrial que, non tendo a consideración de servizos portuarios, estean directamente vinculadas á actividade portuaria. 6. Para o exercicio de actividades comerciais ou industriais directamente relacionadas coa actividade portuaria, a Presidencia de Portos de Galicia poderá aprobar pregos de condicións xerais co obxecto de garantir a súa realización de forma compatible cos usos portuarios e co funcionamento operativo do porto en condicións de seguridade e calidade

Page 368: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

228

ambiental. Entre as condicións deberanse incluír as relativas ao desenvolvemento da actividade, ao prazo, que poderá ser indefinido agás que se vincule a un título de ocupación de dominio público, aos seguros, ás garantías, ás causas de extinción e ás taxas que procedan de acordo co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. 7. Os pregos de condicións xerais poderán ser específicos para unha actividade determinada ou referirse a un conxunto de actividades. Entre os específicos que se poderán aprobar inclúense os de consignación de buques e mercadorías, lonxas, avituallamento de combustible, posta á disposición de medios mecánicos, almacenamento e depósitos e transporte horizontal.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº97, ao apartado 1, de Supresión. Emenda de supresión, apartado 1 do artigo 123. No apartado 1, que pasaría a ser o 2, suprimir a frase: "sexan ou non de carácter portuario." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº51, ao apartado 4, de Adición. Débese engadir ao remate do punto o seguinte texto: “e evitar situacións de monopolio.” __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº98, ao apartado 5, de Modificación. Emenda de modificación, apartado 5 do artigo 123. O apartado 5 debería ser o apartado 1. __________________________________________

Page 369: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

229

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 124. Actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadas pola entidade pública empresarial Portos de Galicia Portos de Galicia poderá prestar as actividades previstas neste capítulo cando estean directamente relacionadas coa actividade portuaria, sempre que sexa preciso para atender posibles deficiencias da iniciativa privada. En contraprestación por estes servizos exixiranse as correspondentes tarifas, que terán natureza de prezos privados.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº99, de Supresión. Emenda de supresión, artigo 124. Suprimir o texto: "sempre que sexa preciso para atender posibles deficiencias da iniciativa privada." __________________________________________

Page 370: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

230

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 125. Regulamento de explotación e policía 1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborará un Regulamento de explotación e policía dos portos e das instalacións marítimas suxeitas ao ámbito de aplicación desta lei, no que se establecerán as normas xerais de funcionamento dos diferentes servizos e operacións, que incluirá igualmente especificacións e gradacións ao cadro de infraccións e de sancións previstas neste título. 2. O Regulamento de explotación e policía será remitido para a súa aprobación, por proposta da consellaría competente en materia de portos, ao Consello da Xunta de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº100, ao apartado 2, de Adición. Emenda de adición, apartado 2 do artigo 125. Engadir despois de "elevado previo informe", o seguinte: "do Consello Reitor e da Mesa Xeral da Función Pública." __________________________________________

Page 371: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

231

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO II Potestades de inspección e seguridade Artigo 126. Inspección e vixilancia 1. Sen prexuízo das competencias doutras administracións públicas, atribúese á entidade pública empresarial Portos de Galicia a potestade de inspección e vixilancia necesaria para garantir o cumprimento desta lei con relación aos servizos, as operacións, as ocupacións e as actividades en xeral, incluída a sinalización e a circulación viaria que se desenvolva nos portos e nas instalacións marítimas, calquera que sexa o réxime de uso do espazo portuario ou a forma de prestación dos servizos. 2. As ditas funcións levaraas a cabo, na forma que determine o Regulamento de explotación e policía, persoal de Portos de Galicia debidamente cualificado, quen terá a consideración de axente da autoridade no exercicio das súas funcións e en actos de servizo. 3. As persoas titulares das concesións e autorizacións están obrigadas a desenvolver labores de vixilancia das súas instalacións, a adoptar as medidas oportunas para a prevención das infraccións e a presentar de xeito inmediato denuncia de se produciren estas. Prestarán asemade asistencia a Portos de Galicia no exercicio da potestade de inspección.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 372: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

232

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 127. Abandono de barcos, vehículos e outros obxectos 1. Portos de Galicia poderá adoptar as medidas necesarias para garantir o tráfico portuario e a dispoñibilidade dos espazos portuarios, das atracadas e dos puntos de amarre. Para tales efectos, poderá adoptar a declaración de situación de abandono dun barco, o que permitirá o seu traslado, varada, ancoraxe ou tratamento como residuo. 2. A declaración de situación de abandono exixirá a tramitación do correspondente procedemento, no cal se acreditarán as circunstancias expresadas e se dará audiencia á persoa propietaria e á consignataria na forma prevista na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. 3. Para os efectos desta lei, considéranse abandonados: a) Os barcos que permanezan durante máis de tres meses consecutivos atracados, amarrados, ancorados ou depositados en seco no mesmo lugar dentro do porto, sen actividade apreciable exteriormente e sen aboar as taxas correspondentes. b) Os barcos que non teñan matrícula ou os datos abondos para a identificación da persoa titular ou consignataria deles e que se atopen no porto sen autorización. 4. Corresponde a Portos de Galicia a propiedade dos buques que fosen declarados en situación de abandono de acordo con esta lei. Ao declararse o abandono do buque, Portos de Galicia acordará o seu alleamento e aplicará o seu produto ás atencións propias da entidade, ou procederá ao afundimento do buque cando, polo seu estado, así o aconsellen razóns de seguridade marítima. 5. Nas situacións que requiran urxente intervención por precisalo o tráfico portuario, a navegabilidade e a explotación do porto, como os supostos en que a ancoraxe ou localización dun barco en augas portuarias ou na superficie en seco obstrúa o acceso á canle de navegación, impida o paso da bocana do porto ou obstaculice os labores propios da explotación, Portos de Galicia, logo de requirimento á persoa propietaria ou á consignataria por calquera medio técnico que permita acreditar a súa realización, poderá adoptar as medidas provisionais de emerxencia que sexan necesarias, entre as que se incluirá a retirada e o traslado forzoso do barco. 6. Portos de Galicia poderá así mesmo declarar en situación de abandono os vehículos, a maquinaria e os obxectos en xeral, no ámbito do dominio público portuario, sempre que permanezan por un período superior a un mes no mesmo lugar

Page 373: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

233

e presenten condicións que permitan presumir racionalmente a situación de abandono. Cara ao tratamento residual dos vehículos, Portos de Galicia actúa como administración competente en materia de tráfico.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 374: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

234

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 128. Medidas para garantir a seguridade nos espazos portuarios 1. A entidade pública empresarial Portos de Galicia poderá prohibir ou limitar o tránsito de persoas e vehículos nos espazos portuarios por razóns de seguridade, co obxecto de impedir accidentes, preservar o dominio público portuario ou as embarcacións. 2. As ditas limitacións estableceranse na delimitación dos espazos e dos usos portuarios, nos títulos das concesións ou mediante resolución específica ao respecto da entidade pública empresarial Portos de Galicia. 3. A entidade pública empresarial Portos de Galicia, logo do informe do órgano competente da Administración xeral do Estado, poderá ordenar a adopción inmediata das medidas necesarias para evitar os danos que poida provocar un buque ou outra embarcación en perigo de afundimento ou en situación de causar danos a bens ou elementos portuarios ou a outras embarcacións. A entidade pública empresarial Portos de Galicia, cando un buque presente perigo de afundimento no porto, requirirá a persoa propietaria ou a consignataria para que o dito buque abandone o porto, para que repare o buque ou para que adopte as medidas necesarias no prazo fixado para o efecto. De estas persoas non o faceren, Portos de Galicia poderá trasladalo ou proceder ao seu afundimento ou varada, á custa delas, nun lugar onde non se prexudique a actividade portuaria, a navegación ou a pesca, nin constitúa un risco grave para as persoas ou os bens, provoque un dano ao ambiente ou poida converterse nun foco de contaminación. Nos supostos de afundimento dun buque nas augas do porto, a entidade pública empresarial Portos de Galicia indicará aos seus titulares, armadores ou ás compañías aseguradoras onde deben situar os seus restos ou o buque unha vez reflotado, dentro do prazo que para o efecto determine, así como as garantías ou as medidas de seguridade que se deben tomar para evitar un novo afundimento. De se incumpriren os acordos de Portos de Galicia, esta entidade poderá utilizar para o rescate do buque afundido os medios de execución forzosa previstos no ordenamento xurídico. 4. No caso de que un buque ou unha embarcación impida ou dificulte o libre tránsito dentro das augas do porto, ou obstaculice a actividade portuaria por se atopar ancorado sen autorización ou nun lugar distinto do autorizado, poderanse

Page 375: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

235

adoptar, con carácter inmediato, todas as medidas que resulten precisas para restablecer a legalidade infrinxida ou a actividade portuaria afectada, podendo en particular procederse á retirada daquel buque ou embarcación a cargo da persoa infractora. As mesmas medidas poderanse aplicar cando se efectúen atracadas en contravención das instrucións recibidas ou sen autorización, particularmente en superficies outorgadas en exclusiva en virtude de concesións ou autorizacións, ou sen ter en conta as especializacións dos peiraos para as diferentes clases de embarcacións e cargas. Os vehículos, os efectos, as mercadorías ou os bens de calquera clase que se atopen depositados nas explanadas dun porto sen autorización ou nun lugar distinto do autorizado e producindo alteracións no normal funcionamento da explotación poderán tamén ser retirados a cargo da persoa infractora, sen prexuízo das competencias doutros órganos. 5. Cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acorde a retención, a conservación ou o depósito dalgún buque, Portos de Galicia poderá instar da autoridade xudicial o afundimento do buque ou o seu alleamento en pública poxa cando a estada do buque no porto lles produza un perigo real ou potencial ás persoas ou aos bens ou cause grave quebranto á explotación do porto. 6. En todos os supostos de embargo ou retención xudicial ou administrativa de buques, como medida de garantía da actividade portuaria, Portos de Galicia determinará ou modificará a radicación do buque no porto, dando conta en todo caso disto á autoridade xudicial ou administrativa que decretou o embargo ou a retención. 7. As operacións e as actividades produtivas que se desenvolvan no porto programaranse e executaranse con suxeición ao disposto na normativa en materia de prevención de riscos laborais.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 376: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

236

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO III Infraccións Artigo 129. Concepto e clasificación das infraccións 1. Constitúen infraccións administrativas as accións e omisións tipificadas e sancionadas nesta lei. 2. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 377: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

237

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 130. Infraccións leves Son infraccións leves as accións ou omisións que, non tendo a consideración de graves ou moi graves, se encontren tipificadas nalgún dos supostos seguintes: a) O incumprimento das instrucións de réxime de servizo, inspección e vixilancia e policía do porto dadas polos responsables do porto no exercicio das súas competencias, en relación co desenvolvemento das operacións ou actividades nos portos, tanto terrestres como marítimas, realizadas no ámbito do porto. b) A atracada de embarcacións sen autorización ou en lugar distinto do autorizado. c) A realización de operacións portuarias con perigo para as obras, as instalacións, o equipo portuario ou os outros buques, ou sen tomar as precaucións necesarias. d) A utilización non autorizada, inadecuada ou sen as condicións de seguridade abondas das instalacións ou dos equipos portuarios, con independencia da súa titularidade. e) A obstrución ás actuacións de inspección ou vixilancia que non deba ser cualificada como grave. f) A omisión ou a achega defectuosa, voluntariamente ou por neglixencia inescusable, de calquera información que, vinculada á actividade autorizada á persoa inculpada no porto, se teña que subministrar a Portos de Galicia para o desenvolvemento das competencias e potestades que ten encomendadas, xa sexa por prescrición legal ou por requirimento desta. g) O mero atraso no cumprimento da obriga de facilitar á Administración portuaria a información íntegra e no prazo a que obrigue a lei, os regulamentos ou que requira a administración, en particular a necesaria para efectos estatísticos e para liquidar tarifas e taxas e mais a relativa a embarcacións de base e tránsito, cando tal información se facilitase íntegra e correctamente. h) A información incorrecta facilitada aos responsables do porto sobre os tráficos de buques, as mercadorías, os pasaxeiros e as pasaxeiras e os vehículos de transporte terrestre, especialmente sobre os datos que sirvan de base para a aplicación das taxas e doutros ingresos portuarios. i) Causar directamente danos ás obras, as instalacións, os equipos, as mercadorías e os medios de transporte situados na zona portuaria nunha contía que non supere os 6.000 euros.

Page 378: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

238

j) Calquera acción ou omisión que cause danos ou menoscabo aos bens do dominio público portuario ou ao seu uso e explotación. k) A ocupación do dominio público portuario sen o correspondente título. l) A realización sen a debida autorización de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza ou de prestación de servizos. m) O incumprimento das condicións esenciais da superficie do dominio ocupada autorizada, da definición das obras e instalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado, da seguridade e do ambiente e mais da garantía e cobertura do servizo establecidas nos correspondentes títulos administrativos de ocupación e das autorizacións que habiliten para a prestación de servizos ou o desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, sen prexuízo da súa caducidade ou resolución. n) A realización de obras ou instalacións sen o correspondente título habilitante ou o incumprimento das condicións esenciais da superficie do dominio ocupada autorizada, da definición das obras e instalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado e mais da seguridade e do ambiente establecidas no título outorgado, sempre que o valor da obra executada sexa inferior a 6.000 euros, nos supostos en que se atenda no prazo outorgado os requirimentos de paralización. ñ) A publicidade exterior non autorizada no espazo portuario. o) O incumprimento da normativa ou das instrucións que en materia de seguridade marítima ou de prevención e loita contra a contaminación diten os órganos competentes. p) O incumprimento das normas ou a inobservancia das prohibicións contidas no Regulamento de servizo e policía sobre o normal desenvolvemento das actividades portuarias e sobre o uso das obras, das instalacións e dos servizos dos portos, así como sobre o mantemento da limpeza e seguridade das augas ou zonas comúns do porto. q) A realización de reparacións, carenas e recollidas con risco de causar contaminación. r) A vertedura de lixo, entullos ou calquera clase de residuos non contaminantes en terreos, instalacións, obras ou equipos portuarios. s) A vertedura de substancias e residuos non contaminantes nas augas do porto. t) O estacionamento de vehículos en lugares non autorizados sen que estean en todo momento xunto a eles os seus condutores ou condutoras.

Page 379: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

239

u) Acampar e practicar xogos, probas deportivas ou exhibicións de calquera tipo en zona portuaria, cando iso non estea expresamente autorizado. v) Bañarse ou mergullarse nas augas interiores do porto e pescar desde os peiraos ou con calquera tipo de arte nas dársenas e augas portuarias, cando iso non estea expresamente autorizado.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº101, ao apartado u), de Supresión. Emenda de supresión, apartado u) do artigo 130. Suprimir o apartado u) do artigo 130. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº102, ao apartado v), de Supresión. Emenda de supresión, apartado v) do artigo 130. Suprimir o apartado v) do artigo 130. __________________________________________

Page 380: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

240

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 131. Infraccións graves Son infraccións graves as accións ou omisións tipificadas no artigo anterior cando supoñan lesión a algunha persoa que motive baixa por incapacidade laboral non superior a sete días ou danos ou perdas superiores a 6.000 euros e non superiores a 60.000 euros, as que poñan en perigo a seguridade das operacións portuarias, a comisión dunha infracción leve, cando no prazo dun ano o mesmo suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións leves e a resolución ou as resolucións sancionadoras fosen firmes na vía administrativa, as que perturben o normal funcionamento dos servizos ou das actividades do porto e, en todo caso, as seguintes: a) As que impliquen un risco grave para a saúde ou a seguridade das vidas humanas ou a integridade do ambiente, sempre que non sexan constitutivas de infracción penal. b) A vertedura de lixo, entullos ou calquera clase de residuos contaminantes en terreos, instalacións, obras ou equipos portuarios. c) A vertedura de substancias e residuos contaminantes nas augas do porto. d) A vertedura non autorizada desde buques ou artefactos flotantes de produtos sólidos, líquidos ou gasosos na zona II, exterior das augas portuarias. e) A obstrución, que non deba ser cualificada como leve, ao exercicio das funcións de policía, inspección e vixilancia que corresponda a Portos de Galicia, e en particular aos celadores e ás celadoras gardapeiraos. f) O falseamento da información subministrada a Portos de Galicia por propia iniciativa ou por requirimento desta entidade. g) Causar directamente danos ás obras, as instalacións, os equipos, as mercadorías e os medios de transporte situados na zona portuaria, nunha contía que supere os 6.000 euros. h) A omisión polo capitán ou a capitá de solicitar os servizos que resulten obrigatorios segundo as disposicións vixentes. i) A ocupación do dominio público portuario sen o título correspondente, cando se desatendese un requirimento expreso dos responsables do porto para o cesamento da súa conduta. j) A realización de obras ou instalacións sen o correspondente título habilitante ou o incumprimento das condicións esenciais da superficie de dominio ocupada autorizada, da definición das obras e instalacións autorizadas, do obxecto, uso e destino autorizado e mais da seguridade e do ambiente, establecidas

Page 381: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

241

no título outorgado, sempre que o valor da obra executada sexa igual ou superior a 6.000 euros, ou con independencia do valor das obras, cando non se atendesen no prazo outorgado os requirimentos de paralización. k) A realización sen a debida autorización de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza ou de prestación de servizos cando se desatendese un requirimento expreso dos responsables do porto para o cesamento da súa conduta.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 382: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

242

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 132. Infraccións moi graves Son infraccións moi graves as accións ou omisións recollidas nos dous artigos anteriores cando ocasionen lesión a algunha persoa que motive a súa baixa por incapacidade laboral superior a sete días, ou danos ou perdas superiores a 60.000 euros, as que poñan en grave perigo a seguridade das operacións portuarias, a comisión dunha infracción grave, cando nun prazo dun ano o mesmo suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións graves e a resolución ou as resolucións sancionadoras fosen firmes na vía administrativa, e, en todo caso, as seguintes: a) As que impliquen un risco moi grave para a saúde ou seguridade de vidas humanas ou a integridade do ambiente, sempre que non sexan constitutivas de infracción penal. b) A vertedura non autorizada desde buques ou artefactos flotantes de produtos sólidos, líquidos ou gasosos na zona I, interior das augas portuarias. c) A realización, sen o debido título administrativo conforme esta lei, de calquera tipo de obras ou instalacións no ámbito portuario, sempre que o valor da obra executada sexa superior a 60.000 euros, así como o aumento da superficie ocupada ou do volume ou da altura construídos sobre os autorizados, sempre que se desatendese o requirimento expreso de Portos de Galicia para o cesamento da conduta abusiva ou que, ao se lle notificar a incoación do expediente sancionador, se persistise en tal conduta. d) O incumprimento das normas ou instrucións dadas polas autoridades competentes por razón de seguridade, custodia, manipulación, almacenamento e prevención de riscos, en relación coas operacións portuarias que teñan por obxecto materiais explosivos ou perigosos, ou susceptibles de ocasionar danos ao ambiente.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 383: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

243

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 133. Prescrición 1. O prazo de prescrición das infraccións será de tres anos para as moi graves, de dous anos para as graves e dun ano para as leves. O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día en que a infracción se cometese. 2. No suposto de infraccións continuadas, o prazo de prescrición comezará a contarse desde que finalizase a conduta infractora. 3. O transcurso dos prazos de prescrición establecidos neste artigo non impedirá a exixencia da restitución das cousas ou a súa reposición ao seu estado anterior e da obriga de indemnizar os danos e perdas causados. 4. A prescrición interromperase por algunha das causas previstas na Lei 40/2015, do 2 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº52, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituír o texto do punto polo seguinte: "1. O prazo de prescrición das infraccións será de cinco anos para as moi graves, de tres anos para as graves e dous anos para as leves. O prazo de prescrición comezará a contarse desde o día en que a infracción se cometese." __________________________________________

Page 384: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

244

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 134. Responsables 1. Son responsables das infraccións administrativas as persoas físicas ou xurídicas seguintes: a) Os autores das accións ou omisións tipificadas como infracción nesta lei. Se a infracción se cometeu no ámbito propio das actividades da empresa coa que estes teñen unha relación de dependencia, a empresa será responsable solidaria. b) No caso de incumprimento das condicións dun contrato ou dun título administrativo, a persoa adxudicataria do contrato ou a persoa titular do título administrativo, ou o terceiro cesionario. Nos supostos de omisións da autorización e inscrición da cesión, a responsabilidade será solidaria entre a persoa cedente e a cesionaria. c) No caso de infraccións relacionadas coas embarcacións, as armadoras ou os armadores e as consignatarias ou os consignatarios respectivos con carácter solidario, e, subsidiariamente, as capitás ou os capitáns ou as patroas ou os patróns. O anterior enténdese sen prexuízo das responsabilidades que lle poidan corresponder ao prestador do servizo de practicaxe e ao práctico ou á práctica no exercicio da súa función, de acordo coa súa regulación específica. d) No caso de obras, instalacións e actividades sen título suficiente, responderán solidariamente o promotor da actividade, a empresaria ou o empresario que a executa e a técnica ou o técnico director desta. 2. Das sancións pecuniarias impostas a persoas xurídicas serán responsables subsidiariamente os administradores que non realizasen os actos necesarios que fosen da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas infrinxidas, consentisen o incumprimento por quen deles dependa ou adoptasen acordos que fixesen posible a comisión de tales infraccións. 3. Nos supostos de comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou patrimonio separado, serán responsables solidarias as persoas titulares ou as persoas que participen de forma conxunta. 4. As sancións impostas a diferentes suxeitos como consecuencia dunha mesma infracción terán entre si carácter independente.

Page 385: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

245

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 386: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

246

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 135. Principios xerais 1. Toda acción ou omisión que sexa constitutiva de infracción será sancionada coa multa que proceda de acordo co establecido no artigo 136. 2. Cando da comisión dunha infracción derive necesariamente a comisión doutra ou outras, deberase impoñer unicamente a sanción correspondente á infracción máis grave cometida. 3. Cando a infracción poida ser constitutiva de delito ou falta, darase traslado ao Ministerio Fiscal, suspendéndose o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non dite sentenza firme ou resolución que poña fin ao proceso. Nestes casos, a continuación do expediente sancionador só será posible no caso de ausencia de sanción penal ou de inexistencia de identidade de suxeito, feito e fundamento, polo que o órgano administrativo queda vinculado polos feitos declarados probados por resolucións xudiciais penais firmes. 4. Sen prexuízo da sanción penal ou administrativa que se impoña, a persoa infractora estará obrigada á restitución das cousas e á súa reposición ao seu estado anterior, coa indemnización dos danos irreparables e das perdas causadas no prazo que se fixe na resolución correspondente. 5. Igualmente, a suspensión do procedemento sancionador non será óbice para que se cumpran e se executen de inmediato as medidas administrativas adoptadas para salvagardar a actividade portuaria, a seguridade e a ordenación do tráfico marítimo e a protección do ambiente. 6. As persoas adxudicatarias de contratos e as persoas titulares de títulos administrativos outorgados de acordo con esta lei poderán ser sancionadas polas infraccións que nela se establecen, con independencia doutras responsabilidades que, se é o caso, sexan exixibles. Asemade iniciaranse os procedementos de suspensión dos efectos e, se é o caso, revogación ou resolución dos actos, títulos administrativos ou contratos nos que supostamente puido ampararse a actuación ilegal.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 387: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

247

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 136. Multas 1. As infraccións reguladas por esta lei sancionaranse coas seguintes multas: a) As infraccións leves, con multas de ata 60.000 euros. b) As infraccións graves, con multas de 60.001 euros ata 300.000 euros. c) As infraccións moi graves, con multas de 300.001 euros ata 600.000 euros. 2. Nos supostos previstos nos artigos 130.n), 131.k) e 132.c), a multa será equivalente, respectivamente, ao quince por cento do valor das obras e instalacións para a infracción leve, ao trinta por cento do valor das obras e instalacións para a infracción grave e ao cincuenta por cento do valor das obras e instalacións para a infracción moi grave. 3. No suposto de infraccións graves ou moi graves por comisión dunha infracción leve ou grave, cando nun prazo dun ano o mesmo suxeito fose sancionado por unha ou máis infraccións leves ou graves, e a resolución ou as resolucións sancionadoras fosen firmes na vía administrativa, a multa obterase pola suma das establecidas para cada unha destas. 4. A contía da multa poderase reducir ata un máximo do trinta por cento mediante acordo do órgano competente para a súa imposición, sempre que a persoa infractora procedese a corrixir a situación creada pola comisión da infracción no prazo que se sinalou no correspondente requirimento. 5. Cando como consecuencia da comisión da infracción a persoa infractora obteña un beneficio cuantificable, poderase superar o límite superior das multas previstas no punto anterior ata acadar a contía do beneficio obtido.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº103, ao apartado 1.a), de Modificación. Emenda de modificación, subapartado a) do apartado 1 do artigo 136. Débese substituír: "60.000", por: "15.000". __________________________________________

Page 388: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

248

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 137. Recoñecemento de responsabilidade 1. Ao se iniciar un procedemento sancionador, se a persoa infractora recoñece a súa responsabilidade, poderase resolver o procedemento coa imposición da sanción que proceda. 2. Cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario ou ben caiba impoñer unha sanción pecuniaria e outra de carácter non pecuniario, mais xustificouse a improcedencia da segunda, o pagamento voluntario pola presunta persoa responsable, en calquera momento anterior á resolución, implicará o remate do procedemento, agás no relativo á reposición da situación alterada ou á determinación da indemnización polos danos e perdas causados pola comisión da infracción. 3. En ambos os casos, cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario, o órgano competente para resolver o procedemento aplicará reducións de, polo menos, o trinta por cento sobre o importe da sanción proposta, sendo estes acumulables entre si. As citadas reducións deberán estar determinadas na notificación de iniciación do procedemento e a súa efectividade estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso en vía administrativa contra a sanción.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 389: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

249

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 138. Medidas adicionais 1. As accións ou omisións que sexan constitutivas de infracción darán lugar, ademais da imposición da sanción que proceda, á adopción, de ser o caso, das seguintes medidas: a) A imposición das obrigas de restitución, reposición e indemnización establecidas no artigo 141 desta lei. b) A caducidade do título administrativo, cando sexa procedente, por incumprimento das condicións. c) A suspensión do dereito á obtención de subvencións e axudas públicas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materias relacionadas co obxecto desta lei, por un prazo non superior a dous anos no caso de infraccións graves ou non superior a tres anos no caso de infraccións moi graves. 2. No caso das infraccións graves ou moi graves, e atendendo as circunstancias concorrentes, o órgano competente para impoñer a sanción correspondente poderá acordar tamén a inhabilitación da persoa infractora para ser titular de autorizacións ou de concesións no ámbito do porto correspondente ou para o desempeño de actividades portuarias. O prazo de inhabilitación non poderá ser superior a un ano no caso das infraccións graves, nin a tres anos no caso das infraccións moi graves. 3. Poderase acordar a suspensión temporal da actividade autorizada, por períodos dun, seis ou doce meses, segundo se trate, respectivamente, de infraccións leves, graves ou moi graves relacionadas coa dita actividade. 4. Poderase impoñer tamén, xunto coas sancións que procedan de conformidade cos artigos anteriores, o comiso do beneficio obtido coa infracción grave ou moi grave.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 390: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

250

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 139. Criterios de gradación 1. Para determinar o importe da sanción atenderanse as circunstancias agravantes e atenuantes establecidas neste artigo. 2. Estas circunstancias, agravantes ou atenuantes, non se apreciarán naqueles supostos en que esta lei as inclúa no tipo infractor. 3. Son circunstancias agravantes: a) O grao de culpabilidade ou a existencia de intencionalidade. b) A continuidade ou a persistencia na conduta infractora. c) A natureza dos prexuízos causados. d) A reincidencia, por comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma natureza cando así fose declarado por resolución firme en vía administrativa. e) O emprego de violencia ou calquera outro tipo de ameaza ou coacción sobre o persoal público encargado de dar cumprimento á legalidade, a non ser que os feitos sexan constitutivos de ilícito penal. f) O incumprimento da normativa en materia de seguridade e ambiental que sexa causa de danos ou risco para os bens e as persoas ou para o ambiente. g)) A obtención de beneficio derivado da comisión da infracción. h) A relevancia externa da conduta infractora. i) O incumprimento de requirimentos previos tendentes a poñer fin aos efectos derivados da infracción. 4. Son circunstancias atenuantes: a) A ausencia de intención de causar un dano tan grave aos intereses públicos ou privados afectados. b) A reparación voluntaria ou espontánea do dano causado. c) A paralización das obras ou o cesamento da actividade ou do uso prohibido, de modo voluntario, antes do inicio do procedemento sancionador.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 391: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

251

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 140. Prescrición das sancións 1. O prazo de prescrición das sancións será de tres anos para as correspondentes a infraccións moi graves, de dous anos para as impostas por infraccións graves e dun ano para as impostas por infraccións leves. 2. O prazo de prescrición dunha sanción comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que sexa executable a resolución pola que se impón a sanción ou en que transcorrese o prazo para presentar recurso contra ela. 3. A prescrición das sancións interromperase conforme o previsto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº53, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituír a seguinte expresión: Onde di: "...será de tres anos..." debe dicir: "será de cinco anos". __________________________________________

Page 392: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

252

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 141. Restitución, reposición e indemnización 1. A imposición de sancións é independente da obriga que ten a persoa infractora de restituír os bens e de repoñer a situación alterada ao estado anterior á comisión da infracción e mais da obriga de indemnizar os danos e perdas causados, que serán reclamados por Portos de Galicia. 2. Corresponde ao mesmo órgano competente para impoñer a sanción establecer a obriga de restituír e de repoñer a situación alterada ao seu estado anterior e tamén fixar o importe da indemnización logo da instrución do correspondente expediente administrativo. A indemnización dos danos irreparables será por contía igual ao valor dos bens destruídos ou á deterioración causada, no prazo que se estableza. 3. Cando a restitución e a reposición non sexan posibles e, en todo caso, cando subsistan danos e perdas irreparables, a persoa responsable ou as responsables da infracción deberán aboar as indemnizacións que procedan, fixadas de maneira executoria por Portos de Galicia. 4. Cando os danos sexan de difícil avaliación, teranse en conta os seguintes criterios: a) O custo teórico da restitución e reposición. b) O valor dos bens danados. c) O custo do proxecto ou da actividade causante do dano. d) O beneficio obtido coa actividade infractora. 5. Se a reparación do dano é urxente para garantir o bo funcionamento do porto, da bacía ou da instalación, Portos de Galicia poderá levala a cabo de forma inmediata e á conta da persoa causante do prexuízo, á que lle será reclamado posteriormente o custo da reparación.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 393: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

253

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 142. Procedemento 1. O procedemento administrativo sancionador tramitarase de acordo co disposto nesta lei e nas normas reguladoras do procedemento administrativo común. 2. O exercicio da potestade sancionadora no ámbito dos portos, das bacías e das instalacións portuarias corresponde aos órganos competentes de acordo co que dispoñen esta lei e as súas normas de desenvolvemento. 3. O persoal e as autoridades competentes están obrigados a formular denuncias, a tramitar as que se presenten e a resolver os procedementos sancionadores da súa competencia, coa imposición das sancións procedentes. 4. Os feitos constatados polo persoal de Portos de Galicia con funcións inspectoras e de policía administrativa que se formalicen en documento público e nos que, observándose os requisitos legais pertinentes, se recollen os feitos constatados por el farán proba destes, agás que se acredite o contrario. 5. Ao advertir a existencia dunha posible infracción, o órgano competente, logo das dilixencias oportunas, incoará á presunta persoa infractora un expediente sancionador, sendo en calquera caso preceptiva a notificación do prego de cargos así como da proposta de resolución do expediente, para os efectos de formular alegacións e presentar os documentos e as informacións que se xulguen oportunos, con carácter previo a emitirse a resolución. Na tramitación de procedementos sancionadores por feitos sucedidos no ámbito das superficies suxeitas a concesión será preceptiva a audiencia do concesionario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 394: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

254

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 143. Competencia 1. A competencia para a imposición das sancións previstas nesta lei corresponderalles: a) Á persoa titular da Dirección da entidade pública empresarial Portos de Galicia para os supostos de infraccións leves sancionadas con contías inferiores a 10.000 euros. b) Á persoa titular da Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia para as restantes infraccións leves. c) Á persoa titular da consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia no ámbito das súas competencias, nos casos de infraccións graves. d) Ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta de Portos de Galicia no ámbito das súas competencias, nos casos de infraccións moi graves. 2. Estes límites sobre atribucións de competencia, así como a contía das multas, poderán ser actualizados ou modificados polo Consello da Xunta de Galicia. 3. Corresponderalle á persoa titular da Dirección da entidade pública empresarial a incoación dos expedientes sancionadores.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº145, ao apartado 1.a), de Modificación. Na letra a) do punto 1 deste artigo, onde di: "... 10.000 euros." , debe dicir: "... 30.000 euros." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº146, ao apartado 1.b), de Adición. Na letra b) do punto 1 deste artigo, débese engadir in fine a seguinte expresión: "... e nos casos de infraccións graves." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº147, ao apartado 1.c), de Supresión. A letra c) do punto 1 débese suprimir. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº148, ao apartado 2, de Adición.

Page 395: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

255

No punto 2 deste artigo,débese engadir in fine o seguinte texto: "... anualmente a través dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia." __________________________________________

Page 396: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

256

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 144. Medidas provisionais 1. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia da resolución que puidese recaer, o bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e preservar os intereses xerais, de acordo cos principios de proporcionalidade, efectividade e menor onerosidade. Ao se iniciar o procedemento, cando así veña exixido por razóns de urxencia inaprazable para a protección provisional dos intereses implicados, o órgano competente para acordar tal iniciación do procedemento ou o órgano instrutor antes da iniciación do procedemento poderá adoptar de forma motivada as medidas provisionais que resulten necesarias e proporcionadas, con suxeición ao establecido en materia de medidas provisionais na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. 2. De se tratar de obras ilegais en curso de execución, poderase ordenar a súa paralización. De se tratar de instalacións en explotación ou da execución de usos e actividades indebidos, poderase dispoñer a súa suspensión. Coa notificación da orde de paralización ou suspensión outorgarase un prazo á persoa interesada para que solicite ante a Administración portuaria o título correspondente ou axuste as obras ou a actividade ao que teña concedido. Logo de transcorrer ese prazo sen que a persoa interesada cumpra o que se lle prescribiu, a Administración portuaria pode ordenar a demolición das obras ou o desmantelamento das instalacións, á custa da persoa interesada, e impedirá definitivamente os usos ou as actividades non autorizadas, agás que a medida poida causar prexuízos de imposible ou difícil reparación. 3. Poderase acordar, así mesmo, o precinto das obras ou das instalacións e a retirada dos materiais, da maquinaria ou dos equipos que se utilizan nas obras ou actividades a cargo da persoa interesada, así como suspender os fornecementos de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía para asegurar a efectividade da medida que se menciona no anterior punto 2. 4. Portos de Galicia poderá ordenar a adopción inmediata das medidas necesarias para evitar a contaminación xerada por todo tipo de verteduras. 5. Portos de Galicia poderá ordenar a inmediata retención, por causa xustificada, dos buques e das embarcacións para

Page 397: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

257

garantir as posibles responsabilidades administrativas ou económicas dos seus propietarios, representantes autorizados, capitáns ou patróns, sen prexuízo de que esta medida poida ser substituída pola constitución dun aval suficiente. 6. Para a efectividade de todas as medidas previstas neste artigo, o órgano competente demandará, cando sexa necesario, a colaboración das forzas e corpos de seguridade.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 398: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

258

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 145. Execución forzosa 1. Para garantir o cobramento do importe das multas e das indemnizacións por danos e perdas causados, así como para lograr o restablecemento da orde xurídica vulnerada, Portos de Galicia poderá acudir á vía de constrinximento e servirse dos demais medios de execución forzosa previstos na lexislación reguladora do procedemento administrativo común. 2. Para estes efectos, Portos de Galicia poderá proceder, logo do apercibimento, á execución forzosa dos actos administrativos, agás nos supostos en que se suspenda a súa execución ou cando a Constitución ou a lei exixan a intervención dos tribunais.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 399: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

259

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 146. Multas coercitivas 1. Portos de Galicia poderá impoñer multas coercitivas para a execución dos actos administrativos que implican unha obriga das persoas destinatarias, de acordo co previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común e cos correspondentes requirimentos e advertencias previos. 2. As multas coercitivas, que poden ser reiteradas por lapsos de tempo que sexan suficientes para cumprir o ordenado, non poderán ser de contía superior a 6.000 euros cada unha. 3. Cando as multas coercitivas se impoñan para lograr o cumprimento dunha sanción, a competencia para fixala será do mesmo órgano que ditou a resolución sancionadora, e o importe de cada unha delas non poderá ser superior ao vinte por cento da contía da sanción.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 400: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

260

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 147. Desafiuzamento administrativo 1. O desafiuzamento administrativo dos que ocupen de modo indebido e sen título bastante bens do dominio público portuario acordarase logo do requirimento previo á persoa usurpadora para que cese na súa actuación, cun prazo de dez días para que poida presentar alegacións, e no caso de resistencia activa ou pasiva ao dito requirimento. 2. Os gastos que se causen serán por conta dos ou das que sexan desafiuzados. 3. Corresponde á persoa titular da Presidencia de Portos de Galicia acordar o desafiuzamento, podendo solicitar da autoridade gobernativa correspondente a colaboración das forzas e corpos de seguridade cando sexa necesario.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 401: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

261

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional primeira. Sociedades mercantís públicas dependentes de Portos de Galicia 1. O Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar a creación de sociedades mercantís públicas dependentes da entidade pública empresarial para a xestión empresarial singularizada de actividades portuarias determinadas. 2. A entidade pública empresarial terá participación maioritaria no capital das sociedades referidas no punto anterior, ás que se lles aplicará o establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº149, de Supresión. Debe ser suprimida. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº150, ao apartado 2 bis), de Adición. No caso de non aceptarse a emenda anterior, débese engadir un novo punto 2 bis, que terá o seguinte contido: "2 bis. En todo caso, tales empresas, como entidades públicas instrumentais, deberanse crear de acordo co regulado no artigo 54.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia." __________________________________________

Page 402: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

262

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional segunda. Zona de servizo de portos xestionados en concesión No suposto de portos de competencia da Comunidade Autónoma que se xestionen mediante concesión, a súa zona de servizo formará parte da do porto de competencia autonómica.

NON TEN EMENDAS

Page 403: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

263

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional terceira. Relación de espazos susceptibles de segregación A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborará unha relación dos espazos pesqueiros e destinados a usos náutico-deportivos dos portos de interese xeral que reúnan as características recollidas no artigo 3.6 do Texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, para promover a segregación prevista no citado artigo e nos artigos 2.1, alínea e), e 3.3 desta lei.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº152, de Adición. Nesta disposición, despois da palabra: "... elaborará ...", débese engadir o seguinte: "... no prazo máximo dun ano ...". __________________________________________

Page 404: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

264

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional cuarta. Lonxas xestionadas en réxime de monopolio Suprímese o monopolio local en materia de lonxas conforme o previsto na normativa básica estatal. Naqueles concellos en que o servizo de lonxa veña prestándose en réxime de monopolio, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de portos, poderá acordar a explotación das lonxas de peixe situadas en zonas de servizo dos portos de acordo co réxime previsto nesta lei.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 405: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

265

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional quinta. Persoal da estiba portuaria 1. No ámbito do servizo portuario de manipulación de mercadorías rexerá o principio de liberdade de contratación. 2. Malia o anterior, naqueles portos onde veña funcionando o réxime de estibadores ou estibadoras da antiga Organización de Traballos Portuarios e onde presten na actualidade os seus servizos estibadoras e estibadores «fixos de censo», co fin de protexer os seus dereitos laborais, manterase con carácter de «a extinguir» a estes traballadores e traballadoras ata a extinción por calquera causa da súa relación laboral especial.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 406: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

266

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional sexta. Rexistro de prestadores de servizos A consellaría competente en materia de portos, por proposta de Portos de Galicia, constituirá un rexistro de carácter administrativo onde constarán todos os prestadores de servizos dos portos e das instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación desta lei, conaexpresión dos datos destes que sexan de interese para a aplicación desta lei. O rexistro actualizarase anualmente.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº153, de Adición. Débese engadir in fine a seguinte expresión: "..., e terá carácter público." __________________________________________

Page 407: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

267

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional sétima. Perspectiva e igualdade de xénero No exercicio das funcións establecidas nesta lei, así como no funcionamento da entidade pública empresarial Portos de Galicia, terase en conta a perspectiva de xénero e o principio de igualdade entre mulleres e homes, así como o cumprimento efectivo do previsto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 408: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

268

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº104, de Adición. Emenda de adición. Disposición adicional oitava. Créase unha disposición adicional nova, que pasa a ser a oitava, co seguinte tenor literal: "Disposición adicional oitava No prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da aprobación desta lei, a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado crearán unha comisión mixta para facer efectivo o traspaso á Xunta de Galicia da competencia, do desenvolvemento lexislativo e da execución en materia de portos de interese xeral. Este proceso deberá estar concluído nun prazo máximo de seis meses despois da aprobación desta lei." __________________________________________

Page 409: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

269

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº105, de Adición. Emenda de adición, Disposición adicional novena. "Disposición adicional novena. Fomento das embarcacións tradicionais galegas 1. Portos de Galicia desenvolverá no prazo dun ano un plan para garantir no dominio público portuario baixo a súa administración espazos para a instalación de mariñas tradicionais, de xeito que garantan o amarre, o acubillo e a exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia. 2. Portos de Galicia impulsará e participará no fomento do patrimonio material e inmaterial das embarcacións tradicionais galegas." __________________________________________

Page 410: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

270

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria primeira. Concesións e autorizacións vixentes á entrada en vigor da lei 1. Sen prexuízo da súa posible modificación cando se dean os supostos legalmente previstos, as concesións e autorizacións sobre bens adscritos que supoñan ocupación do dominio público portuario vixentes á entrada en vigor desta lei seguirán suxeitas ás mesmas condicións en que se outorgaron, agás no que atinxe as taxas que sexan aplicables, que se adaptarán ao disposto nesta lei e na lexislación autonómica vixente en materia de taxas (que na actualidade vén constituída pola Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia), e ao prazo de vixencia, que consonte o establecido nesta disposición deberá observar en todo caso o recollido na lexislación básica estatal en materia de dominio público marítimo-terrestre. 2. Considérase en todo caso incompatible cos criterios de ocupación do dominio público portuario establecidos nesta lei o mantemento de concesións outorgadas a perpetuidade, por tempo indefinido ou por prazo superior a trinta e cinco anos, que haberá que contar desde a entrada en vigor da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante. En todos estes casos, as concesións vixentes entenderanse outorgadas por un prazo máximo de trinta e cinco anos, contados desde a entrada en vigor desa lei. Nos demais supostos, a revisión das cláusulas das concesións requirirá a tramitación dun expediente con audiencia da persoa interesada. 3. Aínda que o título de outorgamento non estableza a posibilidade de prórroga, o prazo inicial das concesións vixentes á entrada en vigor da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, cando este prazo inicial sexa inferior a trinta e cinco anos, poderá ser prorrogado sen se suxeitar aos requisitos establecidos no artigo 66.2.b) desta lei, ben que o prazo da prórroga acumulado ao inicialmente outorgado non poderá exceder do límite de trinta e cinco anos. 4. Aínda que o título de outorgamento non estableza a posibilidade de prórroga, o prazo inicial das concesións outorgadas con posterioridade á entrada en vigor da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, poderá ser prorrogado por Portos de Galicia con suxeición ao réxime previsto para as prórrogas de concesións no artigo 66.2.b) desta lei.

Page 411: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

271

5. As obras e as instalacións construídas con anterioridade á entrada en vigor desta lei sen a autorización ou concesión exixible de acordo coa lexislación que fose aplicable serán derruídas cando non proceda a súa legalización por razóns de interese público. No caso de que se opte pola súa legalización deberase outorgar unha concesión firme conforme os criterios e o procedemento establecidos nesta lei. 6. As persoas que estean a desenvolver actividades industriais, comerciais ou de servizos ao público no ámbito dun porto con anterioridade á entrada en vigor desta lei poderán seguir desenvolvendo a súa actividade nas mesmas condicións anteriores, ben que deberán adaptarse ás disposicións que establezan os pregos xerais que regulen a súa actividade nun prazo de seis meses a partir da publicación dos ditos pregos. Se a adecuación non se producise no prazo sinalado, Portos de Galicia declarará extinguida a autorización para o desenvolvemento de actividades no ámbito portuario.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº154, ao apartado 4, de Supresión. O punto 4 desta disposición debe ser suprimido. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº155, ao apartado 6, de Adición. No primeiro parágrafo do punto 6 desta disposición débese engadir in fine o seguinte texto: " ... que deberá realizar Portos de Galicia, logo dos tramites normativos oportunos, no prazo máximo dun ano." __________________________________________

Page 412: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

272

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria segunda. Ampliación do prazo das concesións portuarias outorgadas pola Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia 1. O prazo inicial das concesións outorgadas pola Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, poderá ser ampliado por petición da parte concesionaria pola Administración portuaria competente, tendo en conta o disposto no artigo 49 da Lei 22/1988, do 22 de xullo, de costas, e na demais normativa de aplicación, sempre que o concesionario se comprometa, polo menos, á realización de investimentos relevantes para o porto ou o sistema portuario galego. 2. O investimento mínimo que o concesionario deberá efectuar será do cinco por cento do valor das instalacións obxecto de concesión. Enténdese este como o correspondente ao inicialmente previsto na concesión (orzamento de execución material). Para a súa consideración como obras computables como investimentos relevantes, deberán reunir algún dos seguintes requisitos: a) Non deben estar previstas no título concesional orixinal. b) Aqueles investimentos realizados polo concesionario que non estean incluídos no título concesional e que non sexan computados para os efectos de prórrogas previamente adoptadas. c) Os investimentos novos que se vaian executar desde a ampliación do prazo da concesión. Así mesmo, as obras que se vaian realizar deberán mellorar algún dos seguintes aspectos: a) A produtividade. b) A eficiencia enerxética. c) A calidade ambiental. d) As operacións portuarias. e) A introdución de novas tecnoloxías. f) Os novos procesos que incrementen a competitividade. g) A responsabilidade social corporativa e a mellora social e da poboación.

Page 413: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

273

As obras que se realicen deberán ser aprobadas expresamente por Portos de Galicia, con base na normativa vixente de aplicación, segundo as características da obra proposta. 3. A ampliación ou a prórroga do prazo da concesión non poderá ser superior á metade do prazo máximo de vixencia establecido na lexislación estatal para as concesións sobre o dominio público portuario nos portos de interese xeral. A ampliación da concesión determinará a modificación das condicións desta, e nela incluiranse os novos compromisos adquiridos e o momento da súa execución, que deberán ser aceptados polo concesionario con anterioridade á resolución sobre o seu outorgamento. As obras deberanse executar integramente no prazo equivalente á metade do prazo de ampliación ou nos primeiros catro anos seguintes ao comezo da ampliación concedida ao concesionario. Corresponde aos servizos técnicos de Portos de Galicia verificar o cumprimento desta obriga, para o cal deberá estenderse, por solicitude do concesionario, a correspondente acta de recoñecemento final das obras que xustificasen a ampliación. O incumprimento da obriga de executar as obras e os investimentos no prazo establecido, así como a execución parcial ou defectuosa, dará lugar á caducidade do título de ampliación da concesión e de modificación da concesión, se é o caso. 4. Os concesionarios interesados en exerceren a opción de prórroga ou ampliación do prazo de concesión de acordo co establecido nesta disposición poderano facer no prazo de dous anos desde a entrada en vigor da presente disposición transitoria. Para a ampliación do prazo, o concesionario deberá presentar unha solicitude, á que deberá achegar: a) A identificación da concesión a que se refire a solicitude. b) A memoria na que se expliquen detalladamente os compromisos que asume o concesionario se se lle outorga a ampliación do prazo, así como a xustificación dela. c) A proposta dos investimentos realizados ou que se van realizar, cunha memoria descritiva e os prazos previstos para a súa execución, de ser o caso. d) A memoria económico-financeira de viabilidade da concesión ampliada, de acordo cos compromisos que se pretenden cumprir. e) A declaración responsable de que os compromisos de investimento se executarán nos prazos fixados. Logo de analizar a documentación presentada, os servizos técnicos de Portos de Galicia procederán a verificar o cumprimento dos requisitos e das obrigas sinalados. No caso

Page 414: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

274

de que non estea completa a documentación ou sexa insuficiente, requirirase o concesionario para que o emende no prazo de quince días. Ao se completar a documentación, a Dirección de Portos de Galicia emitirá o seu informe sobre a solicitude para o seu traslado ao órgano competente para acordar o procedente sobre o outorgamento da ampliación do prazo da concesión. A resolución da concesión e a fixación do prazo deberán motivarse tendo en conta: a) O tempo restante de vixencia da concesión. b) O volume de investimento realizado durante a vixencia da concesión e autorizado por Portos de Galicia, de ser o caso. c) O volume de investimento novo comprometido. d) A vida útil do investimento tanto realizado como novo. e) A memoria económico-financeira da concesión no momento do seu outorgamento e no momento da solicitude de ampliación de prazo. Así mesmo, para as concesións de portos deportivos e de instalacións en zonas portuarias de uso náutico-deportivo destinadas á prestación de servizo ás embarcacións deportivas e de lecer, a fixación do prazo da ampliación motivarase conforme os criterios anteriores, en función do investimento incluído no proxecto de investimento que sirva de base para a ampliación da concesión do prazo, considerando o orzamento, incluído o IVE, que será segundo o cadro seguinte, e considerando a coherencia do citado investimento co exposto nas alíneas anteriores:

Investimento Anos

Menos 50.000 € 5

50.001-100.000 € 10

100.001-200.000 € 15

200.001-400.000 € 20

Máis de 400.001€ 25

 

Page 415: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

275

O outorgamento ou a denegación da ampliación ten carácter discrecional, sen prexuízo da obriga de motivar as razóns do outorgamento ou da denegación. A resolución do outorgamento da ampliación de prazo da concesión será publicada no Diario Oficial de Galicia, e nela farase constar, polo menos, a información relativa ao obxecto, ao prazo e á persoa titular da concesión. 5. A ampliación do prazo da concesión non será tida en conta para os efectos da valoración do rescate, da revisión da concesión ou da indemnización por calquera causa a concesionarios, e non alterará a situación xurídica existente respecto das obras e instalacións executadas polo concesionario que, á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, revertan á autoridade portuaria, así como da taxa de ocupación que corresponda exixir polo seu uso. Verbo das obras e instalacións que non revertan, será aplicable o réxime previsto legalmente. 6. Os concesionarios que con anterioridade á entrada en vigor desta disposición presentasen unha solicitude de ampliación que se atope en tramitación poderán optar no prazo dun ano, que se contará desde a entrada en vigor da presente disposición, entre a continuación do procedemento de acordo coa lexislación anterior ou a mellora voluntaria da solicitude, para os efectos de a adaptar á nova regulación, conservándose os actos e os trámites cuxos contidos non se vexan alterados pola nova regulación.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº156, de Supresión. Debe ser suprimida. __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº157, ao apartado 2, de Modificación. No caso de non se aceptar a emenda de supresión desta disposición, no punto 2, primeiro parágrafo, onde di: "... será do cinco por cento ...", debe dicir: "... será do vinte por cento ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº158, ao apartado 3, de Modificación.

Page 416: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

276

No caso de non aceptarse a emenda de supresión desta disposición, proponse unha modificación no terceiro parágrafo do punto 3, onde di: "... no prazo equivalente á metade do prazo ...", debe dicir: "... no prazo equivalente á terceira parte do prazo ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº159, ao apartado 4, de Modificación. No caso de non aceptarse a emenda de supresión desta disposición, proponse unha modificación do punto 4, onde di: "... dous anos ...", debe dicir: "... un ano ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº160, ao apartado 6, de Modificación. No caso de non aceptarse a emenda de supresión desta disposición, proponse unha modificación no punto 6, onde di: "... no prazo dun ano ...", debe dicir: "... no prazo de seis meses ...". __________________________________________

Page 417: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

277

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria terceira. Prohibicións O réxime de prohibicións contido nesta lei será aplicable a partir do momento da súa entrada en vigor. Porén, as ocupacións e utilizacións que estean amparadas por un título vixente na data da súa entrada en vigor poderanse manter durante o período de vixencia do título, que non poderá ser, en ningún caso, obxecto de prórroga, sen prexuízo do réxime de prohibicións derivado da normativa en materia de dominio público marítimo-terrestre.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 418: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

278

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria cuarta. Zona de servizo dos portos En tanto non se proceda á delimitación prevista nesta lei, considérase zona de servizo dos portos o conxunto de espazos de terra incluídos na zona de servizo existente á entrada en vigor da presente lei e mais as superficies de auga comprendidas nas zonas I e II delimitadas para cada porto para efectos do cobramento de tarifas. Para tales efectos, Portos de Galicia publicará a través da súa páxina web tales delimitacións para o coñecemento xeral.

NON TEN EMENDAS

Page 419: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

279

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria quinta. Réxime transitorio aplicable a plans de utilización dos espazos portuarios, a delimitacións dos espazos e dos usos portuarios e a plans directores de infraestruturas 1. Os plans de utilización dos espazos portuarios e as delimitacións dos espazos e dos usos portuarios aprobados con anterioridade á entrada en vigor desta lei manterán a súa vixencia. Así e todo, cando se proceda á súa primeira modificación, estes plans deberán adaptarse ao disposto nos artigos 51 e 52. 2. As delimitacións dos espazos e dos usos portuarios que á entrada en vigor desta lei estean en tramitación deberán axustarse ao disposto nos artigos 51 e 52. 3. Os plans directores de infraestruturas aprobados con anterioridade á entrada en vigor desta lei manterán a súa vixencia. Así mesmo, os plans directores de infraestruturas que á entrada en vigor desta lei estean en tramitación deberán adaptarse ao disposto nos artigos 32, 33, 34 e 35.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº162, de Adición. No punto 1 desta disposición, despois de: "... á súa primeira modificación, ...", débese engadir a seguinte expresión: "... ou no prazo máximo de dous anos ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº163, de Adición. No punto 3 desta disposición, logo das palabras: "... a súa vixencia ...", débese engadir: "... , ben que cando se proceda á súa primeira modificación no prazo máximo de dous anos deberán adaptarse ao disposto nesta lei." __________________________________________

Page 420: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

280

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria sexta. Normas urbanísticas de aplicación directa En tanto non se proceda á aprobación dos plans especiais de ordenación portuaria, as obras promovidas por particulares que estean suxeitas a control preventivo municipal, así como as obras das administracións públicas portuarias, axustaranse, no que respecta aos parámetros urbanísticos, ás seguintes normas de aplicación directa, que terán carácter subsidiario do plan especial de ordenación urbanística do porto e que non vinculan nin limitan a definición da estrutura xeral e os usos pormenorizados no ámbito portuario que corresponden ao plan especial: a) Usos permitidos: os indicados nesta lei. b) Normas de edificación: 1ª) Alturas: a altura máxima da cima das edificacións será de 12 metros, coa excepción desta delimitación daquelas instalacións singulares destinadas ao servizo do porto, tales como silos, guindastres, depósitos, frío, torres de iluminación e balizamento. 2ª) Superficie edificable: máximo de 1,5 m2/m2 de edificación. 3ª) Normas estéticas: as edificacións deberanse integrar esteticamente no conxunto do porto, sen provocar rupturas co contorno polo deseño, a cor ou os remates, debéndose cumprir a normativa de patrimonio ditada pola dirección xeral da Administración autonómica competente en materia de patrimonio na zona onde sexa aplicable.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº164, de Supresión. Debe ser suprimida. __________________________________________ -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº106, de Supresión. Emenda de supresión, Disposición transitoria sexta. Suprimir a disposición transitoria sexta. __________________________________________

Page 421: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

281

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº165, de Modificación. No caso de non se aceptar a emenda de supresión a esta disposición, proponse a seguinte modificación no primeiro parágrafo. Onde di: "... promovidas por particulares que estean suxeitas a control preventido municipal axustaranse, ...", debe dicir: "... promovidas no seu ámbito axustaranse, ...". __________________________________________

Page 422: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

282

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria sétima. Regulamento de explotación e policía Entrementres non se aprobe o Regulamento de explotación e policía ao que se refire o artigo 125 seguirá en vigor o Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976 para a Comisión Administrativa de Grupos de Portos, en todo aquilo que non se opoña ao disposto nesta lei e na restante lexislación aplicable na materia. O dito regulamento aprobarase no prazo máximo dun ano desde a aprobación desta lei.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº167, de Adición. Débese engadir unha nova disposición transitoria sétima bis, que terá o seguinte contido: "Disposición transitoria sétima bis. A Xunta de Galicia aprobará no prazo máximo dun ano, logo do informe ao respecto de Portos de Galicia, un catálogo de espazos susceptibles de serviren para usos urbanos, que se fará chegar a cada concello afectado." __________________________________________

Page 423: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

283

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición transitoria oitava. Persoal laboral fixo da entidade pública empresarial Portos de Galicia 1. O persoal laboral fixo da entidade pública empresarial Portos de Galicia que no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións de traballo de persoal funcionario en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada seguirá a realizalas. 2. Para os efectos da valoración, a clasificación e a determinación das funcións de traballo do persoal funcionario asignadas aos postos de traballo afectados por esta disposición, o cadro de persoal actualmente vixente é o aprobado polo Consello Reitor de Portos de Galicia na súa sesión do 6 de xuño do 2013.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 424: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

284

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa 1. Quedan derrogadas as disposicións seguintes: a) A Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan especial de portos da Comunidade Autónoma de Galicia. b) A Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia. 2. Quedan así mesmo derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta lei.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 425: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

285

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento regulamentario O Consello da Xunta de Galicia poderá ditar cantas normas regulamentarias sexan necesarias para o desenvolvemento desta lei.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº168, de Adición. Débese engadir in fine o seguinte texto: "... En todo caso, antes do prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor desta lei, o Consello da Xunta de Galicia deberá aprobar o regulamento de desenvolvemento coas normas de réxime interior de Portos de Galicia." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº169, de Adición. Débese engadir unha nova disposición derradeira primeira bis, que terá o seguinte contido: "Disposición derradeira primeira bis. Autorización para refundir textos No prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor desta lei, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das persoas titulares das consellarías con competencias nas materias de portos e de facenda, logo dos trámites oportunos e de acordo co Regulamento do Parlamento de Galicia, aprobará o correspondente decreto lexislativo de portos de Galicia que refunda esta lei para incluír as taxas con incidencia portuaria recollidas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. __________________________________________

Page 426: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

286

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Esta lei entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº170, de Modificación. Onde di: ... seis meses ...", debe dicir: "... dous meses ...". __________________________________________

Page 427: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

287

DITAME DA COMISIÓN:

Exposición de motivos. I De acordo cos artigos 148.1.6ª e 149.1.20ª da Constitución española, o Estatuto de autonomía para Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.9 que á Comunidade Autónoma de Galicia lle corresponde, dentro do seu ámbito territorial, a competencia exclusiva en materia de portos non cualificados de interese xeral polo Estado, de portos de refuxio e portos deportivos, ao tempo que no seu artigo 28.6 atribúe á propia Comunidade Autónoma competencia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado, nos termos que esta estableza, en canto aos portos pesqueiros. Conforme estas previsións constitucionais e estatutarias, en virtude do Real decreto 3214/1982, do 24 de xullo, e do Decreto do Consello da Xunta de Galicia 167/1982, do 1 de decembro, produciuse a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do marco de competencias do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, das funcións e dos servizos relativos a todos os portos e as instalacións portuarias, suxeitos ou non a réxime de concesión, non cualificados de interese xeral polo Estado no Real decreto 989/1982, do 14 de maio, existentes no seu ámbito territorial. No exercicio das ditas competencias aprobáronse os decretos 19/1983, do 17 de xaneiro, e 351/1986, do 2 de outubro, polos que se regulaba a estrutura e o funcionamento da Comisión de Portos de Galicia; a Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan especial de portos da Comunidade Autónoma de Galicia; a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia (lei que derroga os decretos antes citados e os títulos III e IV da Lei 6/1987, do 12 de xuño); o Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia; e máis recentemente o Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Contando coa anterior lexislación, o marco normativo baixo o que ata a data se viña xestionando o conxunto dos portos e das instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia completábase co reenvío normativo que o artigo 4 da Lei 5/1994, do 29 de novembro, efectuaba á lexislación estatal vixente en materia de portos.

Page 428: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

288

II A exposición de motivos da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, lembra que na nosa comunidade autónoma «o funcionamento e a evolución do sistema portuario teñen unha especial importancia, xa que as actividades relacionadas co mar representan un factor fundamental na súa estrutura socioeconómica, e non en van o 60,67 por cento da poboación total das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reside en concellos que contan con instalacións portuarias, onde unha gran parte desa poboación desenvolve actividades directa ou indirectamente relacionadas co sector marítimo». É un feito que tamén recolle esa exposición de motivos que «os portos, que comezaron como puntos de descarga de mercadoría e pesca, evolucionaron ata converterse nuns complexos industriais e mercantís nos cales se desenvolven numerosas actividades produtivas e administrativas, e que así mesmo realizan unha función de desenvolvemento rexional, permitindo a localización e promoción doutras industrias, e social, en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de influencia». Na actualidade, nos portos de competencia da Comunidade Autónoma desenvólvense operacións comerciais, pesqueiras e deportivas ou recreativas; estes serven de refuxio, avituallamento, reparación e varada; e constitúen tamén en moitas ocasións infraestruturas básicas para que outras administracións, especialmente os concellos, poidan realizar e prestar determinados servizos ou actividades que polas súas características deben localizarse no ámbito portuario, e en particular no ámbito correspondente ás fachadas marítimas dos portos que lindan cos termos municipais e coas aldeas e vilas situadas ao seu carón. Neste senso, cómpre ter en conta a necesidade de coordinación entre os portos e as vilas en que se sitúan, máxime tendo en conta a idiosincrasia do asentamento da poboación galega na costa en forma de grande imbricamento da malla urbana cos portos con incidencia na actividade económico-empresarial delas. Desde o punto de vista da organización, o exame da situación exposta puxo en evidencia no seu momento a necesidade de contar cun órgano específico encargado da Administración portuaria dotado dunha estrutura, organización e competencias baseadas en criterios que garantan a máxima eficacia no cumprimento das funcións asignadas, ao que se deu cumprimento coa Lei 5/1994, do 29 de novembro, que creou a entidade pública empresarial Portos de Galicia. Se desde o punto de vista da organización a creación de Portos de Galicia vén cubrir as necesidades básicas de

Page 429: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

289

funcionamento, desde o punto de vista da xestión, a planificación e a explotación integral do conxunto do noso sistema portuario, a dispersión normativa e o recurso a unha lexislación estatal que ten como obxecto básico regular portos de gran tamaño económico, cun modelo de xestión portuario tipo porto propietario (land lord), no cal a Administración portuaria asume funcións de regulación da actividade en réxime de competencia, están a producir distorsións normativas que aconsellan dispoñer dunha lexislación propia adaptada ás peculiaridades dos nosos portos e instalacións, que teña en conta as dimensións económicas e sociais, os obxectivos e as funcións que deben cumprir, así como a súa enorme dispersión xeográfica, atomicidade e oferta moi diseminada. Co propósito de dar cumprimento ás necesidades expostas e ao propio mandado estatutario elaborouse esta norma. III Esta lei estrutúrase nun título preliminar e en seis títulos máis, e na parte final conta con sete disposicións adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras. O título preliminar, «Disposicións xerais», dentro do estrito cumprimento da doutrina do Tribunal Constitucional, regula en tres capítulos o obxecto e o ámbito de aplicación da lei, que abrangue a totalidade dos portos e das instalacións portuarias de Galicia, excluídos os cualificados de interese xeral, tal e como se determina no capítulo II, coa inclusión dos espazos pesqueiros e deportivos segregados dos portos de interese xeral e adscritos á Comunidade Autónoma, e mais os portos e as instalacións fluviais e lacustres, dentro do respecto á lexislación do dominio público hidráulico; determina os principios xerais de xestión e actuación; e salienta como unha competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a de establecer os instrumentos axeitados para garantir unha posición estratéxica na xestión entre os portos de competencia autonómica e os de interese xeral do Estado situados no territorio autonómico galego. O título I, «Da organización portuaria de Galicia», estrutúrase sistematicamente en dous capítulos. O capítulo I recolle o estatuto orgánico da entidade pública empresarial Portos de Galicia, xa previsto na Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade, que agora se derroga e cuxo contido se insire nesta nova lei, coa necesaria adaptación aos principios da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, configurada como unha entidade pública empresarial con personalidade xurídica e patrimonio de

Page 430: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

290

seu, así como con plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, que queda adscrita á consellaría competente en materia de portos. O capítulo II, partindo tamén da regulación xa contida na Lei 5/1994, do 29 de novembro, recada de xeito pormenorizado as competencias que en materia de portos corresponden á Administración autonómica. O título II, «Planificación, ordenación, obras, ambiente e seguridade», refunde nun mesmo título as cuestións relativas á planificación física portuaria e a execución de obras, así como as cuestións relativas ao planeamento territorial, e axunta igualmente os aspectos sobre o ambiente e a seguridade. A planificación portuaria regulada no capítulo I, en liña coa diversidade e dispersión dos portos e das instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación da lei, prevé a figura de plans directores de infraestruturas, que poderán formularse para un porto ou para un conxunto de portos e que abranguen os proxectos xerais de obras dos portos afectados polo plan durante un horizonte de, cando menos, cinco anos. O capítulo II, relativo á ordenación urbanística dos portos, partindo da consideración de que a zona de servizo dun porto, tal e como avala o Tribunal Constitucional, se cualifica como sistema xeral portuario fronte a interferencias ou perturbacións na explotación portuaria procedentes dos instrumentos xerais de ordenación, prevé o desenvolvemento do devandito sistema xeral a través dunha planificación sectorial representada nos plans especiais de ordenación dos portos. A tramitación dos ditos plans delimita as competencias municipais e autonómicas sectoriais concorrentes, a ordenación territorial e a planificación urbanística, e, sen superar os límites da autonomía municipal, establécense medidas de coordinación que sirvan para resolver os inevitables conflitos que se presentan permanentemente na relación porto-cidade, seguindo tamén a doutrina do Tribunal Constitucional. No capítulo III, ademais da regulación básica aplicable á execución de obras e á ampliación ou a construción de novos portos, tamén se regula a incidencia que sobre as ditas obras teñen os actos de control preventivo municipal, e inclúense mecanismos de coordinación aplicables a obras que, aínda que fóra das zonas de servizo dos portos, poidan afectar estas. Finalmente, o capítulo IV, relativo ao ambiente e á seguridade, regula o desenvolvemento sustentable na planificación e construción de novos portos, así como na explotación destes, con normas relativas á prevención e loita contra a contaminación, á recepción de refugallos e residuos, ás obras de dragaxe e aos plans de emerxencia e seguridade.

Page 431: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

291

O título III, «Do dominio público portuario», aborda unha completa e sistemática regulación da natureza, a extensión e os usos do dominio público portuario e da súa utilización e explotación a través dos títulos clásicos de concesións e autorizacións, coa inclusión do contrato de concesión de obras públicas portuarias. O título comeza no seu capítulo I coa determinación do dominio público portuario de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa natureza baixo o criterio esencial da afectación, e respectando as competencias da Administración do Estado en materia de adscrición opta, para a delimitación da zona de servizo dos portos e os usos que nel se poden desenvolver, por un instrumento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios, mais áxil e sinxelo que o instrumento de planificación portuaria denominado «plan de utilización», e enumera tanto as actividades e instalacións permitidas como o réxime de prohibicións. O capítulo II, relativo á utilización do dominio público portuario, regula de modo sistemático en cinco seccións as disposicións xerais, as autorizacións, as concesións, as disposicións comúns a autorizacións e concesións e mais o contrato de concesión de obras públicas portuarias. Dentro das disposicións xerais recóllese a regra xeral e clásica aplicable ao dominio público portuario conforme a cal na utilización para usos que teñan especiais circunstancias de exclusividade, intensidade, perigo ou rendibilidade se exixirá o outorgamento das clásicas autorización ou concesión, coa excepción que se prevé na figura dos convenios que se poidan subscribir con outras administracións públicas que teñan por obxecto ocupacións destinadas a obras ou instalacións de uso público ou aproveitamento xeral para executar polas ditas administracións. A regulación que se contén nas seccións relativas a autorizacións, concesións e disposicións comúns a ambas as dúas busca de modo consciente a creación dun acabado corpo normativo que permita unha aplicación inmediata da lei sen necesidade de esperar a un ulterior desenvolvemento regulamentario; corpo normativo que, aínda partindo en boa lóxica do réxime clásico e consolidado que aplica a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, á utilización do dominio público marítimo-terrestre común, contén as especificacións propias derivadas da transformación do litoral e da intensidade de uso que implica a utilización do dominio público portuario. Desde o punto de vista do procedemento, o outorgamento de autorizacións e concesións poderase iniciar por solicitude das persoas interesadas ou por concurso, coa previsión no caso das concesións daqueles supostos en que resultará obrigatoria

Page 432: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

292

a convocatoria dun concurso previo que garanta en todo caso a publicidade e a libre concorrencia. Tamén no tocante ao procedemento para outorgar concesións cómpre salientar a regulación completa que se aplicará para tramitacións en competencia, a extensión do límite máximo de vixencia ata os cincuenta anos e mais que á regulación clásica sobre condicións de outorgamento, modificacións, revisións, actos de transmisión e gravame e garantías se unen a previsión sobre a posibilidade de renovación da vixencia de determinadas concesións, as cesións de usos parciais e o réxime que se aplica para os terreos e as obras que os concesionarios incorporen ás concesións, que estarán exentos do aboamento das taxas de ocupación. Dentro das disposicións comúns a autorizacións e concesións, ademais de se prever a posibilidade de exixir garantías de explotación nas autorizacións, regúlanse de xeito pormenorizado as causas de extinción e os seus efectos, e hai que destacar tamén a mención expresa á exixencia de pólizas de seguros para a cobertura dos riscos. A derradeira sección deste título define e regula a figura clásica do contrato de concesión de obras públicas dentro do ámbito portuario. A crecente demanda das persoas usuarias e o fomento dun sector que a Comunidade Autónoma de Galicia vén asumindo de forma crecente nos últimos anos determinan a inclusión dun título IV dedicado aos portos deportivos e ás zonas portuarias de uso náutico-deportivo. Tras definir nos capítulos I e II os obxectivos nesta materia, centrados nun equilibrio entre o fomento da participación da iniciativa privada e da xestión sustentable que asegure a conservación do litoral, o título recolle no capítulo III a figura dos regulamentos de explotación como instrumentos básicos para regular os usos dos portos e das instalacións xestionados por medio de concesións administrativas, namentres que o capítulo IV desenvolve o réxime que se aplica ás autorizacións temporais de uso de postos de atracada que outorga Portos de Galicia, tanto se existe concesionario como se non. Neste título resulta destacable a previsión de que os títulos das concesións poidan considerar en determinados casos e coas debidas compensacións a posibilidade, loxicamente excepcional, de que estas instalacións poidan albergar usos distintos ao deportivo. O título V, «Réxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza nos portos», aborda unha regulación sistemática dos portos como espazos físicos que permiten a prestación de servizos portuarios e o desenvolvemento de

Page 433: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

293

actividades comerciais e industriais axustadas aos usos permitidos na lei, nunha regulación que, partindo da titularidade pública das instalacións, non impide, senón que pola contra fomenta, a intervención e a iniciativa privada na prestación de servizos e na realización de actividades, garantindo en todo caso a prestación dos servizos e a práctica das actividades directamente relacionadas coa actividade, así como a operativa dos portos cando por ausencia ou insuficiencia da iniciativa privada non se poida garantir esa prestación. O capítulo I establece como principio a iniciativa privada na prestación de servizos e no desenvolvemento de actividades económicas nos portos. No capítulo II defínense os servizos portuarios, coa distinción entre os xerais, que son aqueles servizos comúns de titularidade de Portos de Galicia dos que se benefician as persoas usuarias, suxeitos, se é o caso, ao aboamento das taxas nos supostos previstos na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e servizos especiais, definidos como as actividades de prestación que contribúen e facilitan a realización de operacións portuarias; servizos estes que prestan operadores privados en réxime de libre competencia suxeitos ás autorizacións que outorgue Portos de Galicia e ás prescricións establecidas nos pregos reguladores de cada servizo, agás naqueles supostos recollidos na lei nos que se deba limitar o número de prestadores; caso este no cal o outorgamento de autorizacións exixirá a convocatoria previa dun concurso público. Con respecto a estes servizos especiais, verbo dos cales, como regra xeral, as autorizacións se outorgan con carácter específico e individualizado para cada servizo, agás no que atinxe os servizos técnico-náuticos (respecto dos que se establece a posibilidade de acumulación para un porto ou unha área portuaria determinada) e as autorizacións para o servizo de recepción de refugallos xerados polos buques, regúlase de xeito pormenorizado o réxime de prestación, as obrigas de servizo público que debe cumprir todo operador, o réxime de utilización e acceso, o prazo de vixencia das autorizacións, as causas de extinción destas e o contido que deben prever os pregos reguladores de cada servizo, así como a posibilidade da autoprestación e integración dos servizos. O capítulo II, relativo ás actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, limita a súa prestación a que se trate de usos permitidos no dominio público portuario pola lei. Para o caso de actividades comerciais ou industriais directamente relacionadas coa actividade portuaria establécese que Portos de Galicia poida aprobar pregos de condicións xerais, facéndose a

Page 434: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

294

citación dos máis frecuentes. E considérase finalmente a posibilidade de que Portos de Galicia poida asumir a prestación destas mesmas actividades para cubrir as deficiencias da iniciativa privada, co cobramento en contraprestación de tarifas que neste caso terán a consideración de prezos privados. O título VI, «Regulamento de explotación e policía, potestades de inspección e seguridade e réxime das sancións», establece no seu primeiro capítulo a figura do Regulamento de explotación e policía como instrumento básico que conterá as normas xerais de funcionamento dos diferentes servizos e operacións e que incluirá igualmente especificacións e gradacións ao cadro de infraccións e de sancións que se recollen neste título. O capítulo II, sobre as potestades de inspección e seguridade, atribúe á entidade pública Portos de Galicia a potestade de inspección e vixilancia verbo dos servizos e das operacións que se desenvolven nos portos e prevé todo un conxunto de medidas de policía portuaria que permiten garantir o tráfico e a operatividade así como a seguridade nos portos. No capítulo III procédese a unha clasificación das infraccións en leves, graves e moi graves, e regúlase tamén o réxime de prescrición e o de identificación das persoas responsables. No capítulo IV recóllense as contías das multas en función da gravidade da infracción coa previsión dos criterios de gradación, que comprenden circunstancias agravantes e atenuantes; establécese unha redución do importe da sanción do trinta por cento para o caso do recoñecemento de responsabilidade, sempre que a sanción teña carácter pecuniario e o aboamento se realice en período voluntario; regúlase a prescrición e as medidas adicionais ás sancións xunto coa posibilidade de adopción de medidas provisionais; e prevense medidas de execución forzosa. IV A parte final divídese en sete disposicións adicionais, sete disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria única e catro disposicións derradeiras. Das disposicións adicionais cómpre destacar que a primeira mantén a posibilidade prevista na Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, no senso de que a entidade pública empresarial poida crear sociedades mercantís públicas para «a xestión empresarial singularizada de determinadas actividades portuarias», nas cales a entidade terá participación maioritaria; e a cuarta prevé a posibilidade de que Portos de Galicia elabore unha relación dos espazos pesqueiros e os destinados a usos náutico-deportivos que en atención ás súas características

Page 435: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

295

sexan susceptibles de ser segregados dos portos de interese xeral do Estado. A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, tivo entre outros obxectivos, e tal e como sinala a súa exposición de motivos, a supresión dos monopolios municipais herdados do pasado e que recaían sobre sectores económicos puxantes. Neste senso, a dita lei deu unha nova redacción ao artigo 86 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pola que se suprime a referencia ás lonxas entre as actividades ou os servizos esenciais reservados a favor das entidades locais e susceptibles de execución en réxime de monopolio. En coherencia co establecido na normativa básica estatal, na disposición adicional cuarta recóllese a previsión de explotación de lonxas situadas nas zonas de servizo de portos de competencia autonómica de acordo co réxime previsto na lei en concellos nos cales viña existindo unha prestación en réxime de monopolio. Cómpre subliñar tamén que na disposición adicional quinta se consagra o principio de liberdade de contratación no ámbito do servizo portuario de manipulación de mercadorías, sen prexuízo do establecemento dun proceso transitorio que permita un tránsito ordenado naqueles portos en que viña funcionando o réxime de estibadores ou estibadoras da antiga Organización de Traballos Portuarios, co fin de protexer os dereitos laborais do reducido número de traballadores afectados. Nas disposicións transitorias regúlanse, entre outras materias, o réxime aplicable ás concesións e autorizacións vixentes á entrada en vigor desta lei, así como a ampliación do prazo das concesións portuarias outorgadas pola Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. Na disposición transitoria quinta recóllense normas urbanísticas que serán de aplicación directa en tanto non se proceda á aprobación dos plans especiais de ordenación portuaria. A disposición derrogatoria única, ademais de derrogar cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido na lei, derroga na súa totalidade a Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan especial de portos da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, polo que se reúne deste xeito nun só texto legal a normativa autonómica existente en materia de portos. Nas disposicións derradeiras recóllese a cláusula de habilitación regulamentaria para o desenvolvemento da lei.

Page 436: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

296

O anteproxecto foi sometido ao preceptivo ditame do Consello Económico e Social de Galicia, do que se tomaron en consideración no texto case todas as súas observacións.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº177, ao apartado IV, de Supresión. Na epígrafe IV debe ser suprimido todo o segundo parágrafo que empeza por: "Das disposicións adicionais cómpre destacar que a primeira mantén a ....". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº173, ao apartado III, de Supresión. Dentro do parágrafo sétimo desta exposición de motivos, que comeza por: "O capítulo II, relativo á ordenación urbanística ...",´debe ser suprimido o seguinte texto: "... . A tramitación dos ditos plans delimita as competencias municipais e autonómics sectoriais concorrentes, a ordenación territorial e a planificación urbanística, e, sen superar os límites da autonomía municipal, establécense medidas de coordinación que sirvan para resolver os inevitables conflitos que se presentan permanentemente na relación porto-cidade, seguindo tamén a doutrina do Tribunal Constitucional." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº171, ao apartado III, de Modificación. No terceiro parágrafo da epígrafe III, onde di: "... o estatuto orgánico da entidade pública empresarial ...", debe dicir: "... a regulación básica da axencia pública autonómica ...". __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº174, ao apartado III, de Modificación. Na epígrafe III, parágrafo dezaseis, que empeza por: "Tamén no tocante ao procedemento para outorgar ...", onde di: "... a extensión do límite máximo de vixencia ata os cincuenta anos ...", debe dicir: "...a súa duración que se establecerá de acordo coa normativa europea existente." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº172, ao apartado III, de Adición.

Page 437: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

297

Na epígrafe III, sexto parágrafo, débese engadir in fine o seguinte texto: "... Todo iso debe obedecer a unha planificación xeral previa que se aborda coa regulación do Plan sectorial de portos de Galicia, de acordo co definido nas Directrices de ordenación do territorio." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº175, ao apartado III, de Adición. Na epígrafe III da exposición de motivos, parágrafo dezanove, que empeza por: "A crecente demanda das persoas usuarias ...", débese engadir in fine o seguinte texto: "... . Aínda que tal formulación xa viña recollida en gran medida no Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº176, ao apartado III, de Adición. Noaepígrafe III, parágrafo vinte e seis, que comeza por: "O título VI, "Regulamento de explotación e policía ...", débese engadir ao inicio, logo de: "... policía ...", a palabra: "... portuaria ...". __________________________________________

Page 438: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

298

DITAME DA COMISIÓN:

ANEXO. Portos e instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Nº Porto

Provincia de Lugo

1 Ribadeo

2 Rinlo

3 Foz

4 Nois

5 Burela

6 San Cibrao

7 Morás

8 Portocelo

9 Viveiro-Celeiro

10 O Vicedo

Provincia da Coruña

Page 439: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

299

11 O Barqueiro

12 Bares

13 Espasante

14 Ortigueira

15 Cariño

16 Cedeira

17 Maniños-Barallobre

18 O Seixo

19 Mugardos

20 Ares

21 Redes

22 Pontedeume

23 Miño

24 Perbes (embarcadoiro vinculado a Miño)

25 Betanzos

26 Sada-Fontán

27 Lorbé

28 Mera

Page 440: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

300

29 Santa Cruz

30 San Pedro Visma

31 Suevos

32 Caión

33 Razo

34 Malpica

35 Barizo

36 Santa Mariña

37 Corme

38 Ponteceso

39 Laxe

40 Camelle

41 Arou

42 Santa Mariña de Camariñas

43 Camariñas

44 Muxía

45 Fisterra

46 Sardiñeiro

Page 441: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

301

47 Quenxe

48 Corcubión

49 Cee

50 O Ézaro

51 O Pindo

52 Portocubelo

53 Os Muíños

54 Muros

55 Esteiro

56 A Barquiña

57 O Conchido

58 A Barquiña

59 O Freixo

60 Noia

61 Testal

62 Boa

63 Portosín

64 Porto do Son

Page 442: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

302

65 Corrubedo

66 Aguiño

67 Castiñeiras

68 A Ameixida

69 Insuela

70 Ribeira

71 Palmeira

72 A Pobra do Caramiñal

73 Escarabote

74 Cabo de Cruz

75 Ancados

76 Bodión

77 Taragoña-O Porto

78 Rianxo

79 Rañó

Provincia de Pontevedra

80 Pontecesures

81 Carril

Page 443: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

303

82 Vilaxoán

83 As Sinas

84 Vilanova de Arousa

85 San Miguel de Deiro

86 O Cabodeiro (illa de Arousa)

87 O Xufre-A Illa

88 O Campo (illa de Arousa)

89 Cambados-Tragove

90 A Toxa

91 O Grove

92 Meloxo

93 Pedras Negras

94 Portonovo

95 Sanxenxo

96 Raxó

97 O Covelo

98 Combarro

99 Campelo

Page 444: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

304

100 Pontevedra (Club Naval)

101 As Corbaceiras

102 Aguete

103 Bueu

104 Beluso

105 Aldán

106 Cangas

107 Moaña

108 Meira

109 Domaio

110 San Adrián de Cobres

111 Santa Cristina de Cobres

112 Arcade

113 Cesantes

114 Canido

115 Panxón

116 Santa Marta de Baiona

117 Baiona

Page 445: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

305

118 Santa María de Oia

119 A Guarda

120 A Pasaxe

121 Goián

122 Tui

 

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 446: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

306

Page 447: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento 

                    Día: 04.12.2017     Hora: 10.00 

 Orde do día 

1.2  Debate  e  votación  do  Ditame,  emitido  pola  Comisión  6.ª,  Industria, Enerxía,  Comercio  e  Turismo,  da  Proposición  de  lei,  de  iniciativa popular,  de medidas  para  garantir  a  enerxía  como  servizo  público  e contra a pobreza enerxética  

  37326 (09/PPLI‐000013)   Publicación do ditame da Comisión, BOPG n.º 218, do 28.11.2017 

Publicación emendas e votos particulares, BOPG n.º 218, do 28.11.2017 

 

 

 

 

 

Vid. Separata núm. 2

1414

Page 448: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Servizo de Asistencia Parlamentaria

4 de decembro de 2017

1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria,

Enerxía, Comercio e Turismo, da Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética (doc. núm. 37326, 09/PPLI-000013)

Publicación do Ditame da Comisión, BOPG n.º 218, do 28.11.2017 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 218, do

28.11.2017

Separata núm. 2

Page 449: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular

Ditame emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre aProposición lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxíacomo servizo público e contra a pobreza enerxética

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na reunión do 23 de novembro de 2017,adoptou os seguintes acordos:

Aprobación do ditame da Comisión

- 37326 (09/PPLI-000013)Comisión PromotoraProposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizopúblico e contra a pobreza enerxéticaBOPG nº 485, do 23.06.2015

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

Ditame emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre aProposición de lei de iniciativa lexislativa popular de medidas para garantir a ener-xía como servizo público e contra a pobreza enerxética

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na sesión do día 23 de novembro de 2017,á vista do Informe elaborado pola Ponencia sobre a Proposición de lei de iniciativa lexislativa po-pular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética(09/PPLI-000013, doc. núm. 37326) de conformidade co disposto nos artigos 116 e seguintes doRegulamento do Parlamento de Galicia, aprobou o seguinte:

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65078

Page 450: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

D I T A M E

Proposición de lei de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica

Exposición de motivos

I

Galicia, do mesmo xeito que o resto de España, ten que limitar ao máximo a importante depen-dencia exterior de enerxía primaria. Isto, unido á necesidade de combater eficazmente o cambioclimático para evitar que o quecemento global alcance niveis críticos, obríganos a intensificar osnosos esforzos para mellorar os nosos niveis de eficiencia enerxética, que, sen dúbida, resultaránun medio moi valioso para superar estes retos.

A Directiva  2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, rela-tiva á eficiencia enerxética, pola que se modifican as Directivas 2009/125/CE e 2010/30/UE, e polaque se derrogan as Directivas 2004/8/CE e 2006/32/CE, establece como obxectivo xeral sobre efi-ciencia enerxética chegar a 2020 cun aforro do 20 % no consumo de enerxía primaria da Unión.Con este fin, débese crear un marco común para fomentar a eficiencia enerxética dentro da Unióne establecer accións concretas que leven á práctica as propostas incluídas no Plan de eficienciaenerxética 2011 da Comisión Europea. Actualmente, o Plan nacional de acción de eficiencia ener-xética 2017-2020, que foi remitido a Bruxelas no mes de abril de 2017, responde á exixencia do ar-tigo 24.2 da Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012,que obriga todos os Estados membros da Unión Europea á presentación destes plans, o primeiroen 2014 e, a continuación, cada tres anos.

Este plan dá continuación ao Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2014-2020 e con-figúrase como a ferramenta principal da política enerxética neste eido, cuxa execución permitiráalcanzar os obxectivos de aforro e eficiencia enerxética derivados da Directiva 2012/27/UE.

No informe de progreso de 2013 España estableceu que o obxectivo de consumo de enerxíaprimaria para 2020 sería de 121,6 Mtep, é dicir, unha redución de 41,2 Mtep con respecto á previ-sión de consumo de enerxía primaria  tendencial en 2020, o que representaba unha redución do25,3 %, superior ao 20 % que se fixou como obxectivo para a Unión Europea. Esta redución repre-sentaba o 11,2 % do obxectivo de redución de toda a Unión Europea (368 Mtep). España contribui-ría a este obxectivo con 2 puntos por riba  da porcentaxe que o consumo de enerxía primaria deEspaña ten sobre o consumo da UE-27.

No Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2014-2020, o escenario macroeconómiconovo obrigou España a revisar as previsións de consumo de enerxía primaria en 2020. Españamodificou a súa proposta e comunicou á Comisión Europea un novo obxectivo de consumo deenerxía. Con ocasión, agora, do Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2017-2020, Es-paña recupera o obxectivo marcado no informe anual de progreso de 2013, para axustar os ob-xectivos ás actuais previsións macroeconómicas.  O consumo previsto de enerxía primaria en2020 sitúase en 122,6 Mtep, o que representa unha redución do 24,7 % respecto ao escenario dereferencia ou tendencial.

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65079

Page 451: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Galicia debe conseguir un aforro de enerxía final en todos e cada un dos sectores equiparable,ou mesmo superior, ao de España, tanto no sector industrial como no transporte, residencial eequipamento, servizos públicos, agricultura e pesca. Por todo o anteriormente exposto, proponseesta lei, que terá como finalidades fundamentais as seguintes:

a) Impulsar a eficiencia enerxética en todos os sectores e actividades, con criterios de sustenta-bilidade ambiental, social e económica.

b) Establecer mecanismos de cooperación e coordinación da Administración xeral do Estado eas administracións locais no fomento do aforro e a eficiencia enerxética.

c) Establecer o liderado exemplarizante das administracións públicas e do conxunto do sectorpúblico no impulso e aplicación de políticas de fomento da eficiencia enerxética.

d) Impulsar a I+D+i nos ámbitos da eficiencia enerxética.

II

Outra das grandes preocupacións da Galicia do noso tempo é que todos os fogares dispoñanda enerxía suficiente que lles posibilite unha vida digna e de calidade. Como é ben sabido, aDirectiva 2009/72/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre nor-mas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se derroga a Directiva2003/54/CE, establece a necesidade de que os Estados membros adopten as medidas necesa-rias para protexer os consumidores vulnerables no contexto do mercado interior da electrici-dade. Así, sinala expresamente que poderán incluír medidas específicas relacionadas copagamento das facturas de electricidade ou medidas máis xerais adoptadas dentro do sistemade seguridade social.

A exposición de motivos da Lei 24/2013 comeza dicindo: «A subministración de enerxía eléctricaconstitúe un servizo de interese económico xeral, pois a actividade económica e humana non sepode entender hoxe en día sen a súa existencia.»

Como consecuencia, España ditou o Real decreto lei 7/2016, do 23 de decembro, polo que seregula o mecanismo de financiamento do custo do bono social e outras medidas de protección aoconsumidor vulnerable de enerxía eléctrica, coa finalidade de establecer un réxime común en todoo territorio para combater a denominada pobreza enerxética.

Unha vez aprobado e en vigor o desenvolvemento regulamentario da devandita normativa legal,pódese comprobar que se pretende a consecución dos seguintes obxectivos:

1. Definir o consumidor vulnerable, así como os requisitos que debe cumprir e acreditar, aten-dendo ás súas características sociais e nivel de renda.

2. Establecer as condicións e o procedemento para solicitar o bono social ao que se poderá aco-ller o consumidor que cumpra os requisitos para ser vulnerable e os prezos das tarifas de últimorecurso (TUR) que lle serán de aplicación.

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65080

Page 452: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3. Definir o mecanismo de financiamento e cálculo do bono social e do custo da subministracióndo consumidor a que fai referencia o artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do decembro, do sector eléctrico.

4. Regular as condicións nas que pode ser suspendida a subministración ao consumidor con po-tencia contratada igual ou inferior a 10 kW, e os supostos e condicións baixo os cales non poderá sersuspendida a subministración do consumidor ao que fai referencia o artigo 52.4.j) da referida lei.

Sendo esta a situación a nivel estatal, Galicia ten dúas medidas sociais claras en vigor para combatera denominada pobreza enerxética, que son as liñas de axudas que pretenden apoiar a determinadasunidades familiares que estean por debaixo duns determinados limiares de ingresos anuais e quecumpran, igualmente, determinadas circunstancias de índole familiar coa percepción dunhas axudas,para complementar o bono social e/ou facilitar o pagamento dos recibos eléctricos, é a axuda coñecidacomo tícket eléctrico social; e outra para evitar o corte de subministración por falta de pagamento.

Ante a nova realidade normativa a nivel estatal, resulta máis axeitado redefinir as devanditasmedidas sociais co obxecto de que sirvan para que a aqueles consumidores vulnerables severosque sexan recoñecidos polos servizos sociais da Xunta de Galicia en risco de exclusión social se llesaboe, cando menos, o 50 % dos seus recibos eléctricos coa finalidade de transformar as súas sub-ministracións eléctricas en esenciais e, por tanto, en ininterrompibles.

TITULO PRELIMINARDisposicións xerais

CAPÍTULO IObxecto e ámbito de aplicación da lei

Artigo 1. Obxecto e finalidade da lei

1. Esta lei ten por obxecto o fomento do aforro e a eficiencia enerxética para conseguir a redu-ción de emisións de gases de efecto invernadoiro, reducir a dependencia enerxética exterior e ase-gurar un abastecemento enerxético de calidade para toda a poboación de Galicia.

2. Establécense nesta lei medidas de actuación para a promoción do aforro e a eficiencia ener-xética e para conseguir o acceso a unha suficiencia enerxética a toda a poboación.

Artigo 1 bis. Ámbito de aplicación

A presente lei é de aplicación a todos os sectores, instalacións e procesos transformadores ouconsumidores de enerxía.

CAPÍTULO IIPrincipios xerais

A enerxia, clave para a sustentabilidade económica, social e ambiental

Artigo 2. Concepto de pobreza enerxética

Para os efectos desta lei, entenderase por «pobreza enerxética» a situación de dificultade naque se encontre un fogar da Comunidade de Galicia para facer fronte ao pagamento do seu con-

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65081

Page 453: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

sumo enerxético e que pode levar parella unha falla de acceso normalizado á subministración ener-xética;  e entenderase por «unidade de convivencia en situación de vulnerabilidade social» aquelaque se encontre en situación de pobreza enerxética.

Artigo 3. Principios xerais

Esta lei está informada polos seguintes principios:

a) Seguridade de subministración enerxética.b) Abastecemento enerxético pleno.c) Competitividade económica.d) Sustentabilidade ambiental.e) Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.f) Desenvolvemento tecnolóxico destinado á eficiencia enerxética.

TÍTULO IAforro e eficiencia enerxética

Artigo 4. Promoción do aforro e a eficiencia enerxética: instrumentos e medidas

O cumprimento desta lei en materia de aforro e eficiencia enerxética require a utilización dunhaserie de instrumentos técnicos, xurídicos, económico-financeiros, de planificación e de información.Por iso, o Goberno establecerá unha serie de instrumentos de promoción do aforro e a eficienciaenerxética, entre os cales deberán incluírse:

a) Plans de aforro e eficiencia enerxética.b) Incentivos económicos e/ou financeiros.c) Incentivos á I+D+i.d) Campañas de información e concienciación.

Artigo 5. Plans de aforro e eficiencia enerxética: obxecto e finalidade

Os plans de aforro e eficiencia enerxética son o instrumento do Goberno para a promoción doaforro e a eficiencia enerxética.

O Goberno, por proposta da consellaría competente en materia de enerxía, aprobará plans deaforro e eficiencia enerxética destinados á mellora da competitividade do tecido produtivo galegoe ao incremento do confort e da calidade de vida do sector residencial de Galicia.

Os plans de aforro e eficiencia enerxética determinarán as actuacións nesta materia e estable-cerán os prazos temporais para a execución daqueles, identificando as diferentes formas de finan-ciamento e necesidades orzamentarias.

Artigo 6. Plans de aforro e eficiencia enerxética: procedemento de elaboración

Os plans de aforro e eficiencia enerxética elaboraranse coa participación dunha comisión interde-partamental da que formarán parte todas as consellarías con competencias en políticas sectoriaisrelacionadas co consumo de enerxía.

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65082

Page 454: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

A consellaría competente en materia de enerxía, como responsable da elaboración dos plansde aforro e eficiencia enerxética, establecerá os procedementos adecuados para garantir a partici-pación das administracións locais e dos diferentes axentes económicos e sociais.

Artigo 7. Plans de aforro e eficiencia enerxética: contido

Os plans de aforro e eficiencia enerxética responderán a unha estrutura sectorial que per-mita fixar obxectivos separados para os diferentes sectores ou consumidores finais, e conteránunha relación de medidas e instrumentos para a súa execución en cada un dos sectores iden-tificados.

O devanditos plans establecerán programas de renovación de equipos por outros de alto ren-demento enerxético, que levarán a cabo de maneira periódica en todos os sectores consumidoresfinais, definindo o seu alcance e atribuíndo as responsabilidades e competencias para a súa postaen marcha ás consellarías ou organismos correspondentes da Xunta de Galicia ou ás administra-cións locais.

Artigo 8. Plans de aforro e eficiencia enerxética: financiamento

Os plans de aforro e eficiencia enerxética dotaranse adecuadamente dos medios financeirosnecesarios para a consecución dos obxectivos aprobados, xa sexa con cargo aos orzamentos pú-blicos e/ou a través doutros mecanismos de financiamento.

Artigo 9. Incentivos económicos: planificación

As actuacións de fomento da eficiencia enerxética estarán suxeitas a unha planificación anualna que se establecerán as medidas concretas que serán de aplicación para a incentivación e apoiodo aforro e a eficiencia enerxética e os indicadores axeitados para o seu seguimento.

Artigo 10. Fomento da I+D+i no ámbito do aforro e a eficiencia enerxética

Os instrumentos de fomento da I+D+i no campo do aforro e a eficiencia enerxética deberánorientarse á consecución dos seguintes obxectivos:

— Potenciar a I+D+i para conseguir a incorporación de tecnoloxías sustentables e eficientes.— Facilitar a implantación comercial de tecnoloxías que se atopen en fase de demostración e/ou

comercial.— Reducir os custos asociados ás tecnoloxías de aforro e eficiencia enerxética.

En todo caso, estes instrumentos deberán ser compatibles coas orientacións que deriven daspolíticas enerxéticas da Unión Europea.

Artigo 11. Sensibilización social: orientación

A Xunta de Galicia periodicamente lanzará campañas para sensibilizar a cidadanía sobre o con-sumo da enerxía dun xeito intelixente.

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65083

Page 455: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Este tipo de campañas de sensibilización social levaranse a cabo no marco da Directiva2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, e da súa transposi-ción a España a través do Plan de acción de eficiencia enerxética 2017-2020.

TÍTULO IIGarantia de accesibilidade á enerxía eléctrica

Artigo 12. Beneficiarios: ámbito de aplicación

O presente título resultará de aplicación a todas as unidades familiares que, conforme a regu-lación estatal, teñan a consideración de consumidor vulnerable, e que así mesmo a consellaría com-petente en política social determine que se atopan en risco de exclusión social.

Artigo 13. Finalidade: consecuencias e efectos

O obxectivo pretendido coa presente regulación é conseguir que todas as subministracións eléc-tricas aos consumidores que teñan a consideración de vulnerables severos conforme a regulaciónestatal, que sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que sexan considerados enrisco de exclusión social polos servizos sociais da Xunta de Galicia, teñan a consideración de esen-ciais, de conformidade co disposto no artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sectoreléctrico.

Artigo 14. Prestación: alcance e procedemento

A consellaría competente en materia de enerxía da Xunta de Galicia, por solicitude previa do in-teresado, aboará o 50 % da contía do recibo eléctrico resultante con anterioridade á aplicación dobono social aos consumidores que teñan a condición referida nos artigos anteriores.

Artigo 15. Obrigas das comercializadoras eléctricas de último recurso (CUR)

As comercializadoras de referencia de último recurso (CUR) estarán obrigadas a asinar os co-rrespondentes convenios de colaboración coa Xunta de Galicia para os efectos de establecer unhaplataforma telemática para comunicar aos servizos sociais e mais á consellaría competente en ma-teria de enerxía da Xunta de Galicia, cunha periodicidade mensual, os recoñecementos dos consu-midores vulnerables severos.

Unha vez aboado pola consellaría competente en materia de enerxía da Xunta de Galicia o50 % do recibo eléctrico aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social queasí o soliciten, a comercializadora de último recurso recoñecerá a devandita subministracióncomo esencial, conforme o disposto no  artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, dosector eléctrico.

Artigo 16. Procedementos de comunicación

A dirección xeral responsable da inclusión social na consellaría competente en materia de polí-tica social será o organismo encargado de recibir das comercializadoras eléctricas a listaxe dos pun-

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65084

Page 456: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

tos de subministración de electricidade aos que se iniciase o procedemento de suspensión da sub-ministración por falta de pagamento.

Recibida a devandita información, procederase a facer as seguintes verificacións:

1ª. Se se atopan na devandita listaxe consumidores vulnerables severos en risco de exclusiónsocial que non exercitasen o seu dereito a que se lles aboe o 50 % do seu recibo eléctrico, para oefecto de regularizar de inmediato a dita situación.

2ª. No suposto de que algún dos consumidores que figure na listaxe estiver á marxe da situacióndescrita no punto anterior, comprobar se concorre algunha circunstancia de natureza excepcionalque xustifique unha intervención inmediata dos servizos sociais da Xunta de Galicia co obxecto deparalizar o procedemento de suspensión da subministración.

Artigo 3 ter. Administracións locais

1. As solicitudes poderán ser presentadas a través das administracións locais, as cales as trasla-darán, cos informes que, de ser o caso, consideren convenientes, aos servizos sociais da Comuni-dade Autónoma.

2. Poderanse levar a cabo convenios de colaboración entre a Comunidade Autónoma e as ad-ministracións locais, nos cales a Xunta de Galicia garantirá o financiamento das medidas recollidasnesta lei.

3. A Xunta de Galicia e as administracións locais establecerán as canles de colaboración ecomunicación oportunas para o intercambio de información, de ser o caso, xestión de expe-dientes, así como para o resto de actuacións que leve parellas o cumprimento das disposiciónsdesta lei.

Disposición adicional. Medidas coas compañías e para a contratación de subministracións

A Xunta de Galicia levará a cabo negociacións coas compañías de subministración enerxética cofin de celebrar convenios sobre materias como a mellora nos hábitos de consumo, a eliminaciónde cortes de subministración ou a contribución ao aforro enerxético e á implantación e desenvol-vemento das medidas de eficiencia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta leiou a contradigan.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta lei entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2018.

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65085

Page 457: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Disposición derradeira única bis. Desenvolvemento regulamentario

A Xunta de Galicia ditará no prazo máximo de catro meses as normas de desenvolvemento re-gulamentario da presente lei, sen prexuízo da inmediata implementación das prestacións para pa-liar as situacións de vulnerabilidade en materia de pobreza enerxética.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017Cristina Isabel Romero FernándezPresidenta da Comisión

Noa Presas BergantiñosSecretaria da Comisión

Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposiciónde lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizopúblico e contra a pobreza enerxética

- 37326 (09/PPLI-000013)Comisión PromotoraProposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizopúblico e contra a pobreza enerxéticaBOPG nº 485, do 23.06.2015

Ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia das emendas mantidas e dos votosparticulares formulados ao Ditame emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

— G. P. de En Marea (doc. núm. 20680).— G. P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 20671).— G. P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 20692).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

X lexislatura. Número 218. 28 de novembro de 2017 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

65086

Page 458: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 119 do

Regulamento da Cámara, mantén para a súa defensa en Pleno, todas as emendas

presentadas á Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas

para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética

(doc. núm. 37326, 09/PPLI-000013), que non foron incorporadas ao Ditame da

Comisión, agás a 1 e a 2 que foron retiradas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017.

Asinado dixitalmente por:

Luis Villares Naveira na data 24/11/2017 10:31:53

Page 459: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu

portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da

Cámara, comunícalle a esa Presidencia que mantén, para a súa

defensa en Pleno, todas as emendas presentadas á Proposición de lei,

de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía

como servizo público e contra a pobreza enerxética, agás as aprobadas

ou transaccionadas.

(09/PPLI-000013, documento número 37326)

Pazo do Parlamento, 23 de novembro de 2017

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 23/11/2017 19:27:00

Page 460: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través

da súa portavoz, e ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, MANTÉN

para a súa defensa en Pleno todas as emendas presentadas á Proposición de lei,

de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo

público e contra a pobreza enerxética [09/PPLI-000013 (doc. núm. 37326)], que

non foron incorporadas ao ditame da Comisión.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

Asdo.: Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Pontón Mondelo na data 24/11/2017 12:39:38

Page 461: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

1

Texto para Pleno

PROPOSICIÓN DE LEI DE INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR DE

MEDIDAS PARA GARANTIR A ENERXÍA COMO SERVIZO PÚBLICO E

CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA

Proposición de lei: BOPG núm. 549, do 10/11/2015 Emendas: BOPG núm. 203, do 31/10/2017 Informe da Ponencia: BOPG núm. 213, do 17/11/2017 Ditame da Comisión: BOPG núm. 218, do 28/11/2017

Page 462: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

2

DITAME DA COMISIÓN:

Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica

NON TEN EMENDAS

Page 463: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

3

DITAME DA COMISIÓN:

TITULO PRELIMINAR. Disposicións xerais

NON TEN EMENDAS

Page 464: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO I . Obxecto e ámbito de aplicación da lei

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº1, de Supresión. Débese suprimir o capítulo I __________________________________________

Page 465: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

5

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 1. Obxecto e finalidade da lei 1. Esta lei ten por obxecto o fomento do aforro e a eficiencia enerxética para conseguir a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, reducir a dependencia enerxética exterior e asegurar un abastecemento enerxético de calidade para toda a poboación de Galicia. 2. Establécense nesta lei medidas de actuación para a promoción do aforro e a eficiencia enerxética e para conseguir o acceso a unha suficiencia enerxética a toda a poboación.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº2, de Supresión. Débese suprimir o artigo 1. __________________________________________

Page 466: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

6

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 1.bis). Ámbito de aplicación A presente lei é de aplicación a todos os sectores, instalacións e procesos transformadores ou consumidores de enerxía.

NON TEN EMENDAS

Page 467: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

7

DITAME DA COMISIÓN:

CAPÍTULO II. Principios xerais A enerxia, clave para a sustentabilidade económica, social e ambiental

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº3, de Supresión. Débese suprimir o capítulo II __________________________________________

Page 468: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

8

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 2. Concepto de pobreza enerxética Para os efectos desta lei, entenderase por “pobreza enerxética” a situación de dificultade na que se encontre un fogar da Comunidade de Galicia para facer fronte ao pagamento do seu consumo enerxético e que pode levar parella unha falla de acceso normalizado á subministración enerxética; e entenderase por “unidade de convivencia en situación de vulnerabilidade social” aquela que se encontre en situación de pobreza enerxética.

NON TEN EMENDAS

Page 469: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

9

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 3. Principios xerais Esta lei está informada polos seguintes principios: a) Seguridade de subministración enerxética. b) Abastecemento enerxético pleno. c) Competitividade económica. d) Sustentabilidade ambiental. e) Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. f) Desenvolvemento tecnolóxico destinado á eficiencia enerxética.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº3, ao apartado 1, de Adición. Débese engadir ao remate do apartado o seguinte texto: "nas porcentaxes previstas no artigo 6." __________________________________________ -Do G.P. En Marea. Emenda nº4, ao apartado 1 bis), de Adición. Débese engadir un apartado co seguinte texto: "1.bis) Todas as persoas consumidoras que desexen acollerse aos beneficios desta lei terán previamente que solicitar o bono social á súa compañía comercializadora de referencia. A Xunta de Galicia poñerá á súa disposición toda a información necesaria para facelo en colaboración cos servicios sociais dos concellos." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº5, ao apartado 2, de Modificación. Débese modificar no punto 2 do artigo 3 o seguinte contido. Onde di: "...interrupción da subministración de electricidade ou gas, que se faga cargo..." debe dicir: "...interrupción da subministración de electricidade, auga ou gas..." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº6, ao apartado 4, de Modificación. Débese modificar no punto 4 do artigo 3 o seguinte contido:

Page 470: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

10

Onde di: "...dos servizos de electricidade e gas os mecanismos de intercambio..." debe dicir: "...dos servizos de electricidade, auga e gas os mecanismos de intercambio..." __________________________________________

Page 471: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

11

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO I. Aforro e eficiencia enerxética Artigo 4. Promoción do aforro e a eficiencia enerxética: instrumentos e medidas O cumprimento desta lei en materia de aforro e eficiencia enerxética require a utilización dunha serie de instrumentos técnicos, xurídicos, económico-financeiros, de planificación e de información. Por iso, o Goberno establecerá unha serie de instrumentos de promoción do aforro e a eficiencia enerxética, entre os cales deberán incluírse: a) Plans de aforro e eficiencia enerxética. b) Incentivos económicos e/ou financeiros. c) Incentivos á I+D+i. d) Campañas de información e concienciación. Artigo 5. Plans de aforro e eficiencia enerxética: obxecto e finalidade Os plans de aforro e eficiencia enerxética son o instrumento do Goberno para a promoción do aforro e a eficiencia enerxética. O Goberno, por proposta da consellaría competente en materia de enerxía, aprobará plans de aforro e eficiencia enerxética destinados á mellora da competitividade do tecido produtivo galego e ao incremento do confort e da calidade de vida do sector residencial de Galicia. Os plans de aforro e eficiencia enerxética determinarán as actuacións nesta materia e establecerán os prazos temporais para a execución daqueles, identificando as diferentes formas de financiamento e necesidades orzamentarias. Artigo 6. Plans de aforro e eficiencia enerxética: procedemento de elaboración Os plans de aforro e eficiencia enerxética elaboraranse coa participación dunha comisión interdepartamental da que formarán parte todas as consellarías con competencias en políticas sectoriais relacionadas co consumo de enerxía. A consellaría competente en materia de enerxía, como responsable da elaboración dos plans de aforro e eficiencia enerxética, establecerá os procedementos adecuados para garantir a participación das administracións locais e dos diferentes axentes económicos e sociais. Artigo 7. Plans de aforro e eficiencia enerxética: contido Os plans de aforro e eficiencia enerxética responderán a unha estrutura sectorial que permita fixar obxectivos

Page 472: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

12

separados para os diferentes sectores ou consumidores finais, e conterán unha relación de medidas e instrumentos para a súa execución en cada un dos sectores identificados. O devanditos plans establecerán programas de renovación de equipos por outros de alto rendemento enerxético, que levarán a cabo de maneira periódica en todos os sectores consumidores finais, definindo o seu alcance e atribuíndo as responsabilidades e competencias para a súa posta en marcha ás consellarías ou organismos correspondentes da Xunta de Galicia ou ás administracións locais. Artigo 8. Plans de aforro e eficiencia enerxética: financiamento Os plans de aforro e eficiencia enerxética dotaranse adecuadamente dos medios financeiros necesarios para a consecución dos obxectivos aprobados, xa sexa con cargo aos orzamentos públicos e/ou a través doutros mecanismos de financiamento. Artigo 9. Incentivos económicos: planificación As actuacións de fomento da eficiencia enerxética estarán suxeitas a unha planificación anual na que se establecerán as medidas concretas que serán de aplicación para a incentivación e apoio do aforro e a eficiencia enerxética e os indicadores axeitados para o seu seguimento. Artigo 10. Fomento da I+D+i no ámbito do aforro e a eficiencia enerxética Os instrumentos de fomento da I+D+i no campo do aforro e a eficiencia enerxética deberán orientarse á consecución dos seguintes obxectivos: — Potenciar a I+D+i para conseguir a incorporación de tecnoloxías sustentables e eficientes. — Facilitar a implantación comercial de tecnoloxías que se atopen en fase de demostración e/ou comercial. — Reducir os custos asociados ás tecnoloxías de aforro e eficiencia enerxética. En todo caso, estes instrumentos deberán ser compatibles coas orientacións que deriven das políticas enerxéticas da Unión Europea. Artigo 11. Sensibilización social: orientación A Xunta de Galicia periodicamente lanzará campañas para sensibilizar a cidadanía sobre o consumo da enerxía dun xeito intelixente. Este tipo de campañas de sensibilización social levaranse a cabo no marco da Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, e da súa transposición a España a través do Plan de acción de eficiencia enerxética 2017-2020.

Page 473: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

13

. NON TEN EMENDAS

Page 474: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

14

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº5, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 6.- As porcentaxes da axuda a aplicar sobre a factura antes da aplicación do bono social a cada tipo de fogar, definido de acordo ao Real decreto 897/2017, serán os seguintes: - Nos fogares vulnerables: 25% do importe total da factura (contando o bono social, o desconto chegaría ao 50 %). - Nos fogares vulnerables severos: 35% do importe total da factura (contando o bono social, o desconto chegaría ao 75 %). - Nos fogares en risco de exclusión social: 50 % do importe total da factura, ou a porcentaxe necesaria para que despois de aplicar o bono social o importe resultante sexa cero. Desenvolveranse regulamentariamente os límites de consumo acollidos a estas axudas en función das estatísticas de consumo medio razoable dos fogares." __________________________________________

Page 475: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

15

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº7, de Adición. Débese engadir un novo artigo que quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 3 bis. Tramitación para a declaración de unidade de convivencia en situación de vulnerabilidade social 1. A competencia para declarar a situación de vulnerable será da Comunidade Autónoma. 2. A declaración que supón o recoñecemento de unidade de convivencia en situación de vulnerabilidade obterase coa solicitude previa de calquera das persoas maiores de idade que a sofren ante os servizos sociais da Xunta de Galicia, e debe quedar constancia no rexistro de documentos da súa presentación, que será a que corresponda conforme a normativa reguladora das situacións e axudas conseguintes. 3. No caso de que unha empresa de enerxía (auga, electricidade ou gas) desexe cortar a subministración por razóns de falta de pagamento, deberá comunicar a dita circunstancia aos servizos sociais da Xunta de Galicia para que estuden a situación do fogar en risco de situación de pobreza enerxética, de maneira previa ao feito de que se efectúe algún tipo de restrición ou corte na subministración. 4. Os servizos sociais da Xunta de Galicia actuarán nos termos que correspondan á situación, e para tal efecto examinarán se concorren os requisitos e emitirán informe sobre o particular. 5. O prazo máximo para que o órgano competente dite a resolución do procedemento será de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao de presentación da solicitude e dispor da documentación correspondente. Transcorrido o dito prazo sen que a resolución recaese, o silencio entenderase de carácter positivo. 6. Unha vez estimada a solicitude, a Xunta de Galicia comunicará á empresa ou empresas de subministración dos servizos comprendidos, para que sexan sabedoras da responsabilidade da administración e non efectúen cortes na subministración." __________________________________________

Page 476: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

16

DITAME DA COMISIÓN:

TÍTULO II. Garantia de accesibilidade á enerxía eléctrica Artigo 12. Beneficiarios: ámbito de aplicación O presente título resultará de aplicación a todas as unidades familiares que, conforme a regulación estatal, teñan a consideración de consumidor vulnerable, e que así mesmo a consellaría competente en política social determine que se atopan en risco de exclusión social. Artigo 13. Finalidade: consecuencias e efectos O obxectivo pretendido coa presente regulación é conseguir que todas as subministracións eléctricas aos consumidores que teñan a consideración de vulnerables severos conforme a regulación estatal, que sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que sexan considerados en risco de exclusión social polos servizos sociais da Xunta de Galicia, teñan a consideración de esenciais, de conformidade co disposto no artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Artigo 14. Prestación: alcance e procedemento A consellaría competente en materia de enerxía da Xunta de Galicia, por solicitude previa do interesado, aboará o 50 % da contía do recibo eléctrico resultante con anterioridade á aplicación do bono social aos consumidores que teñan a condición referida nos artigos anteriores. Artigo 15. Obrigas das comercializadoras eléctricas de último recurso (CUR) As comercializadoras de referencia de último recurso (CUR) estarán obrigadas a asinar os correspondentes convenios de colaboración coa Xunta de Galicia para os efectos de establecer unha plataforma telemática para comunicar aos servizos sociais e mais á consellaría competente en materia de enerxía da Xunta de Galicia, cunha periodicidade mensual, os recoñecementos dos consumidores vulnerables severos. Unha vez aboado pola consellaría competente en materia de enerxía da Xunta de Galicia o 50 % do recibo eléctrico aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social que así o soliciten, a comercializadora de último recurso recoñecerá a devandita subministración como esencial, conforme o disposto no artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Artigo 16. Procedementos de comunicación A dirección xeral responsable da inclusión social na consellaría competente en materia de política social será o

Page 477: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

17

organismo encargado de recibir das comercializadoras eléctricas a listaxe dos puntos de subministración de electricidade aos que se iniciase o procedemento de suspensión da subministración por falta de pagamento. Recibida a devandita información, procederase a facer as seguintes verificacións: 1ª. Se se atopan na devandita listaxe consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social que non exercitasen o seu dereito a que se lles aboe o 50 % do seu recibo eléctrico, para o efecto de regularizar de inmediato a dita situación. 2ª. No suposto de que algún dos consumidores que figure na listaxe estiver á marxe da situación descrita no punto anterior, comprobar se concorre algunha circunstancia de natureza excepcional que xustifique unha intervención inmediata dos servizos sociais da Xunta de Galicia co obxecto de paralizar o procedemento de suspensión da subministración.

NON TEN EMENDAS

Page 478: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

18

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº6, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 7.- Definición de consumidor vulnerable. 1. Para os efectos desta lei, terá a consideración de consumidor vulnerable o titular dun punto de subministración de electricidade ou gas: a) Cuxa renda ou, no caso de formar parte dunha unidade familiar, a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa igual ou inferior: - a 2 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familiar ou non haxa ningún menor na unidade familiar. - a 2,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar. - a 3 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar. b) Que o propio consumidor e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros desta que teñan ingresos, sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente, percibindo a contía mínima vixente en cada momento para as ditas clases de pensión, e non perciban outros ingresos. 2. Os multiplicadores de renda respecto do índice IPREM de 14 pagas establecidos no apartado 1.a) incrementaranse, en cada caso, en 0,5, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias especiais: a) Que o consumidor ou algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %. b) Que o consumidor ou algún dos membros da unidade familiar acredite a situación de violencia de xénero, conforme o establecido na lexislación vixente. 3. Cando, cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, de ser o caso, a unidade familiar á que pertenza, teñan unha

Page 479: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

19

renda anual inferior ou igual ao 70 % dos limiares establecidos no apartado 1.a), incrementados, de ser o caso, conforme o disposto no apartado 2, o consumidor será considerado vulnerable severo." __________________________________________

Page 480: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

20

DITAME DA COMISIÓN:

Artigo 3 ter. Administracións locais 1. As solicitudes poderán ser presentadas a través das administracións locais, as cales as trasladarán, cos informes que, de ser o caso, consideren convenientes, aos servizos sociais da Comunidade Autónoma. 2. Poderanse levar a cabo convenios de colaboración entre a Comunidade Autónoma e as administracións locais, nos cales a Xunta de Galicia garantirá o financiamento das medidas contempladas nesta lei. 3. A Xunta de Galicia e as administracións locais establecerán as canles de colaboración e comunicación oportunas para o intercambio de información, de ser o caso, xestión de expedientes, así como para o resto de actuacións que leve parellas o cumprimento das disposicións desta lei.

NON TEN EMENDAS

Page 481: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

21

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº7, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 8.- Definición de consumidor en risco de exclusión social. 1. Para os efectos desta lei denominarase consumidor en risco de exclusión social o consumidor que reúna os requisitos para ser vulnerable severo, segundo o establecido no artigo 7, e que sexa atendido polos servizos sociais da Xunta de Galicia ou dos concellos. 2. Todos os receptores da Risga ou das rendas sociais municipais serán considerados de maneira automática en risco de exclusión social." __________________________________________

Page 482: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

22

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº9, de Adición. Débese engadir un novo artigo que quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 3 quater. Financiamento das medidas previstas Crearase un fondo para a garantía da subministración, que se nutrirá de achegas de fondos públicos con cargo á Xunta de Galicia, que deberán consignar anualmente os respectivos orzamentos, así como das empresas de subministración de enerxía, gas e auga. Igualmente poderá recoller aportes doutras administracións ou entidades." __________________________________________

Page 483: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

23

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº8, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 9.- Declaración de fogar vulnerable e vías de entrada na axuda no pagamento da factura do consumo enerxético. A declaración que supón o recoñecemento de «fogar vulnerable» pódese obter mediante tres vías diferentes e/ou complementarias: a) Mediante solicitude dos membros de devandito fogar maiores de idade ante os servizos Ssciais ,unicipais. Unha vez comprobado por estes a documentación acreditativa de que se atopan nalgunha das situacións descritas no artigo 7 (composición do fogar, comprobante de renda de todas as persoas censadas no domicilio, facturas de consumo enerxético dos últimos 3 meses e outra documentación no caso en que sexa necesario), emitirase a declaración que o acredite como fogar vulnerable. No caso de non poder documentar algunhas situacións definidas no artigo 7, os que desexen acceder ao recoñecemento como fogar vulnerable poderán solicitar un informe dos Servizos Sociais Municipais que certifique que se atopan na pinza de renda definida como tal. b) No caso de fogares que perciban a RISGA, Renda Social Municipal ou prestación de inserción análoga, bastará que algún dos membros do fogar solicite a declaración para que, sen necesidade dun exame de documentación adicional, sexan inmediatamente considerados como consumidor en risco de exclusión social. Nestes dous supostos, unha vez entregada a documentación, os Servizos Sociais Municipais terán un prazo de 30 días hábiles para examinar se concorren os requisitos do artigo 7 e, en caso afirmativo, emitir a declaración de fogar vulnerable. Se transcorrido o devandito prazo a Administración non se pronunciou, entenderase que esa unidade familiar se atopa na citada situación de vulnerabilidade e emitirase un certificado de silencio administrativo positivo, que calquera interesado poderá solicitar. c) No caso de que unha empresa comercializadora de enerxía (auga, electricidade ou gas) queira proceder ao corte da subministración por razóns de falta de pagamento, deberá comunicar dita circunstancia aos Servizos Sociais Municipais.

Page 484: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

24

No caso de que o fogar non conte xa con declaración de fogar vulnerable, os Servizos Sociales Municipais estudarán a situación de maneira previa a que se efectúe ningún tipo de restrición ou corte na subministración. Nese suposto, os Servizos Sociais Municipais poranse en contacto con calquera dos membros maiores de idade da unidade familiar facendo uso dos datos obrantes no padrón municipal e solicitarán a documentación mencionada no apartado a) do presente artigo para poder examinar a súa situación. Durante o tempo de tramitación deste procedemento, non se poderá levar a cabo ningún corte de subministración enerxética ao fogar cuxa situación estea a ser analizada. O prazo para resolver será de 60 días naturais, desde que a empresa subministradora efectúe a comunicación aos Servizos Sociais Municipais. Se do estudo da situación os Servizos Sociais Municipais derívase que o devandito fogar se atopa dentro dalgunha das variables de fogar vulnerable consideradas no artigo 7, procederase a emitir a correspondente declaración, notificándoa á empresa comercializadora, iniciándose os trámites para a realización dos pagos correspondentes. Se pasado este prazo a Administración non se pronunciou, entenderase que esa unidade familiar se atopa en situación de vulnerabilidade e emitirase un certificado de silencio administrativo positivo. Este certificado poderá ser solicitado tanto polos membros do fogar vulnerable maiores de idade ou por algún representante da compañía de subministración, para que se inicien os oportunos trámites de pago. Tentada sen efecto en dúas ocasións a notifícación no domicilio da unidade familiar por parte dos servizos municipais, entenderase que aquela non ten interese en ser declarada como fogar vulnerable. No caso de que un fogar que conte cunha declaración de fogar vulnerable vexa modificada a súa situación económica ou reducidos os seus ingresos respecto daquela que se constatase durante a análise da súa solicitude, de modo que esta nova situación lle impida atender ao pago da subministración enerxética, poderá solicitar unha revisión da declaración de fogar vulnerable para adaptar a proporción da axuda ao pago da tarifa. Mentres se resolve a tramitación destes procedementos non se poderá producir o corte de subministración." __________________________________________

Page 485: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

25

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº10, de Adición. Débese engadir un novo artigo que quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 3 quintus. Compatabilidade das axudas previstas As axudas ás persoas da unidade de convivencia en situación de vulnerabilidade social son compatibles con outras que poidan ser outorgadas e complementarias ás prestacións económicas individualizadas, sempre que non superen as cantidades establecidas na normativa emanada da consellería competente en materia de política social, de acordo cos criterios e as valoracións realizadas polo persoal profesional dos servicios sociais." __________________________________________

Page 486: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

26

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº9, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 10.- Denegación da declaración de fogar vulnerable. No caso de que os Servizos Sociais Municipais ditaminen que o fogar obxecto de análise non é susceptible de obter a cualificación de vulnerable, quedarán expeditas as vías de recursos correspondentes." __________________________________________

Page 487: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

27

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº10, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 11.- Novas altas de subministración. No caso de que algún dos membros dun fogar vulnerable solicite a alta dunha nova liña de insumo enerxético, as compañías de subministración non poderán opor razóns de falta de pagamentos previa para negarse a dar de alta a mesma, a condición de que ningún dos membros do fogar figure, no momento da solicitude, como titular doutra liña de subministración do mesmo insumo enerxético." __________________________________________

Page 488: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

28

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº11, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 12.- Duración e renovación. A declaración como fogar vulnerable terá unha validez de dous anos desde o momento en que sexa confirmada e será renovada automaticamente se os habitantes dese fogar manteñen a súa situación ou entraron noutro dos supostos. No caso de situacións de urxencia social dependerá do tempo que esa situación se manteña segundo o informe dos Servizos Sociais Municipais. Pasado un ano desde a declaración, os fogares que melloren a situación de renda que a motivou poderán ver revisada a súa declaración para adaptala á nova situación, sendo preceptivo o informe de avaliación dos Servizos Sociais Municipais." __________________________________________

Page 489: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

29

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº12, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 13.- Incompatibilidades. 1. No caso de que o fogar declarado como vulnerable xa sexa beneficiario e/ou se atope percibindo algún outro tipo de axuda pública destinada a paliar a súa situación de pobreza enerxética, os importes enunciados no presente artigo axustaranse de modo que, restando a cantidade que o fogar xa percibe doutras administracións, non se superen os limiares definidos anteriormente. En todos os supostos exceptuarase o bono social, que se considerará complementario destas axudas. 2. En calquera caso, o membro do fogar vulnerable que presentase a solicitude deberá facer constar nela que é beneficiario ou que xa iniciou un trámite similar ante algunha outra Administración pública." __________________________________________

Page 490: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

30

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº13, de Supresión. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 14.- Plan de medidas de eficiencia enerxética para consumidores vulnerables. A Xunta de Galicia, en colaboración coas entidades locais, aprobará un Plan de medidas de eficiencia enerxética para consumidores vulnerables no que se priorizarán as actuacións en fogares con consumidores vulnerables. Estas medidas están destinadas a promover o cambio nos hábitos de consumo e, especialmente, o aforro enerxético que permitirá reducir o consumo e por tanto o custo da factura de luz, auga e gas nos fogares vulnerables. O Plan incluirá tamén accións dirixidas a estudar as posibilidades de reducir a potencia contratada dos fogares." Para a elaboración do Plan crearase un Comité de Seguimento, que traballará coas entidades locais e os seus servicios sociais, así como cos axentes sociais involucrados na protección dos dereitos dos consumidores e as empresas de subministración enerxética á hora de definir o seu alcance, deseñar os seus obxectivos e establecer unha serie de indicadores que permitan avaliar os resultados da súa implementación e deitar datos sobre a redución da pobreza enerxética en Galicia. Os fogares vulnerables nos supostos de risco de exclusión ou perceptores da Risga ou Renda Social Municipal accederán automaticamente ás intervencións de microeficiencia enerxética, cun financiamento do 100%. Os fogares vulnerables severos poderán solicitar a súa inclusión neste plan cun financiamento do 50% nas intervencións, mentres que os considerados como fogar vulnerable poderán acceder a estas intervencións cun financiamento do 25%." __________________________________________

Page 491: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

31

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº14, de Adición. Débese engadir un novo capítulo co seguinte título: "Financiamento das medidas previstas na lei." __________________________________________

Page 492: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

32

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº15, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 15.- Financiamento da axuda no pagamento da factura do consumo enerxético. O financiamento da Tarifa Social Enerxética de Galicia dependerá da Xunta de Galicia, podendo asignarse con cargo ao fondo de continxencia dos orzamentos no seu primeiro ano de aplicación. A Xunta de Galicia deberá consignar, de maneira anual nos seus orzamentos, os fondos necesarios para facer fronte ao custo que o aboamento da Tarifa Social Enerxética de Galicia pode supor entre os cidadáns da Comunidade. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia destinará os importes recadados mediante os procedementos sancionadores recollidos no artigo 19 á implementación das medidas establecidas na presente lei." __________________________________________

Page 493: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

33

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº16, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 16.- Financiamento dos plans de medidas de microeficiencia enerxética. O financiamento deste tipo de iniciativas poderá chegar desde financiamento autonómico, pero tamén mediante a obtención de fondos europeos para financiar actuacións de microeficiencia enerxética. Estes fondos poderán obterse directamente da Unión Europea ou indirectamente, a través da Administración Central e da implementación dos Programas Operativos (plurirrexionaiss e da Xunta de Galicia) dos Fondos EIE correspondentes ao período de financiamento 2014-2020 enmarcados no Acordo de Asociación asinado entre España e a Comisión Europea para o mencionado período. A Comunidade tamén explorará posibilidades de financiamento a través de fondos estatais para o financiamento das medidas de microeficiencia enerxética obxecto da presente lei, como os do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética." __________________________________________

Page 494: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

34

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº17, de Adición. Débese engadir un novo Capítulo co seguinte título: "Procedementos de tramitación e colaboración coas administracións locais." __________________________________________

Page 495: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

35

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº18, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 17.- Tramitación ante as entidades locais. As administracións locais porán aádisposición das cidadás e dos cidadáns os medios necesarios para que estes poidan solicitar a declaración de Fogar Vulnerable. Tendo en conta as dificultades coas que ás veces os membros dos fogares vulnerables se atopan á hora de poder levar a cabo trámites administrativos de maneira telemática, as administracións locais facilitarán a tramitación dos correspondentes expedientes de maneira presencial ou telématica asistida." __________________________________________

Page 496: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

36

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº19, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 18.- Colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades locais. A Xunta de Galicia e as administracións locais establecerán as canles de colaboración e comunicación oportunas para a recepción dos expedientes, a tramitación dos pagamentos e para o resto de oficios que implique o cumprimento das disposicións da presente lei. Para iso, a Xunta de Galicia habilitará os medios suficientes para que os concellos poidan dar cobertura aos trámites necesarios." __________________________________________

Page 497: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

37

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº20, de Adición. Débese engadir un novo Capítulo co seguinte título: "Réxime sancionador." __________________________________________

Page 498: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

38

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº21, de Adición. Débese engadir un novo artigo co seguinte texto: "Artigo 19.- Infraccións e sancións. 1. Constituirá infracción grave: a) O corte de subministracións ás familias que, estando acollidas aos prezos voluntarios para o pequeno consumidor, non aboasen as facturas correspondentes aos insumos debidos en tanto estea tramitándose a solicitude de declaración de fogar vulnerable. b) A non comunicación aos Servizos Sociais do corte de subministracións a que se refire o artigo 9.c). 2. Constituirá infracción moi grave a reiteración das condutas tipificadas como infracción grave no apartado anterior. 3. Serán responsables das infraccións as empresas comercializadoras. 4. Contías das sancións: a) As infraccións graves serán sancionadas con multa equivalente ao resultado de multiplicar por 50 a cantidade debida. b) As infraccións moi graves serán sancionadas con multa equivalente ao resultado de multiplicar por 100 a cantidade debida. " __________________________________________

Page 499: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

39

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº22, de Adición. Débese engadir unha Disposición adicional primeira co seguinte texto: "Disposición adicional primeira: A Xunta de Galicia controlará que as comercializadoras de referencia establecidas en Galicia cumpren o previsto no artigo 5 do Real decreto 897/2017 que regula o bono social." __________________________________________

Page 500: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

40

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición adicional (nova). Medidas coas compañías e para a contratación de subministracións A Xunta de Galicia levará a cabo negociacións coas compañías de subministración enerxética co fin de celebrar convenios sobre materias como a mellora nos hábitos de consumo, a eliminación de cortes de subministración ou a contribución ao aforro enerxético e á implantación e desenvolvemento das medidas de eficiencia.

NON TEN EMENDAS

Page 501: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

41

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº1, de Adición. Engadir una disposición adicional que sería a primeira, co seguinte texto: "Disposición adicional primeira. Explotación pública dos saltos hidroeléctricos Ao abeiro da letra a) do artigo 1 da presente lei, no prazo máximo de tres meses após a aprobación da lei, a Xunta de Galicia presentará un plan de recuperación e explotación pública directa dos saltos hidroeléctricos mediante a creación dunha empresa pública galega ante o remate do período de concesión das mesmas, contando para a elaboración do citado plan coa participación dos concellos afectados. Os beneficios obtidos reverterán nun fondo de cohesión social e territorial." __________________________________________

Page 502: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

42

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. En Marea. Emenda nº23, de Adición. Débese engadir unha Disposición adicional segunda co seguinte texto: "Disposición adicional segunda: A Xunta de Galicia creará e porá en marcha un rexistro administrativo de puntos de subministración de electricidade para os consumidores vulnerables, vulnerables severos e en risco de exclusión social. Para iso poderá solicitar a colaboración da Administración xeral do Estado para compartir os datos, de tal forma que os comercializadores de referencia poidan efectuar as consultas correspondentes nel de maneira directa." __________________________________________

Page 503: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

43

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº2, de Adición. Engadir unha nova disposición adicional que pasaría a ser a segunda, co seguinte texto: "Disposición adicional segunda. Racionalización do réxime tributario da electricidade No prazo máximo de tres meses após a aprobación da presente lei, a Xunta de Galicia establecerá contacto co Goberno central co obxectivo de racionalizar o réxime tributario da electricidade en Galicia, de xeito que lle traslade as seguintes demandas: -Que se simplifique e se reduza a carga fiscal que actualmente provoca na electricidade a existencia de tres tributos, como son o imposto da electricidade, o IVE a un tipo do 21% e o imposto sobre o valor da enerxía eléctrica. -Que se garanta que a aplicación de ningún suplemento territorial en Galicia poida provocar o incremento do prezo da electricidade." __________________________________________

Page 504: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

44

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº11, de Adición. Débese engadir una disposición transitoria nova que quedará redactada co seguinte contido: "Disposición transitoria. Plan de actuación en materia enerxética de Galicia No prazo máximo de seis meses desde a aprobación desta lei, a Xunta de Galicia, de acordo ao artigo 142 do Regulamento do Parlamento de Galicia, presentará un Plan de actuación en materia enerxética de Galicia, que reflectirá, cando menos, as seguintes cuestións: a) Posibilidades de participación da Xunta de Galicia para o aproveitamento público dos recursos enerxéticos, así como de todas as instalacións de produción, distribución e transporte existente en Galicia, con indicación dos seu custos e modalidade. b) Implantación dunha tarifa eléctrica específica para Galicia, das súas posibles vantaxes, garantías legais e vías para a súa implantación, partindo dunha redución do 30 % das peaxes do sistema eléctrico. c) A diversificación das fontes de enerxía e recuperación das primas para permitir o desenvolvemento das enerxías renovables. d) A aprobación dun plano de medidas para o fomento do aforro e de eficiencia no consumo eléctrico. e) A inclusión de Galicia no Plan do carbón. f) A creación dunha tarifa industrial estable, con variacións predicibles, á que se poidan acoller os grandes consumidores baixo o cumprimento dunha serie de requisitos de consumo, potencia contratada e dispoñibilidade do subministración se for preciso para a xestión do sistema eléctrico." __________________________________________

Page 505: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

45

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei ou a contradigan.

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 506: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

46

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derradeira única. Entrada en vigor Esta lei entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2018.

NON TEN EMENDAS

Page 507: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

47

DITAME DA COMISIÓN:

Disposición derradeira primeira bis). Desenvolvemento regulamentario A Xunta de Galicia ditará no prazo máximo de catro meses as normas de desenvolvemento regulamentario da presente lei, sen prexuízo da inmediata implementación das prestacións para paliar as situacións de vulnerabilidade en materia de pobreza enerxética.

NON TEN EMENDAS

Page 508: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

48

DITAME DA COMISIÓN:

Exposición de motivos. I Galicia, do mesmo xeito que o resto de España, ten que limitar ao máximo a importante dependencia exterior de enerxía primaria. Isto, unido á necesidade de combater eficazmente o cambio climático para evitar que o quecemento global alcance niveis críticos, obríganos a intensificar os nosos esforzos para mellorar os nosos niveis de eficiencia enerxética, que, sen dúbida, resultarán un medio moi valioso para superar estes retos. A Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, pola que se modifican as Directivas 2009/125/CE e 2010/30/UE, e pola que se derrogan as Directivas 2004/8/CE e 2006/32/CE, establece como obxectivo xeral sobre eficiencia enerxética chegar a 2020 cun aforro do 20 % no consumo de enerxía primaria da Unión. Con este fin, débese crear un marco común para fomentar a eficiencia enerxética dentro da Unión e establecer accións concretas que leven á práctica as propostas incluídas no Plan de eficiencia enerxética 2011 da Comisión Europea. Actualmente, o Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2017-2020, que foi remitido a Bruxelas no mes de abril de 2017, responde á exixencia do artigo 24.2 da Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, que obriga todos os Estados membros da Unión Europea á presentación destes plans, o primeiro en 2014 e, a continuación, cada tres anos. Este plan dá continuación ao Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2014-2020 e configúrase como a ferramenta principal da política enerxética neste eido, cuxa execución permitirá alcanzar os obxectivos de aforro e eficiencia enerxética derivados da Directiva 2012/27/UE. No informe de progreso de 2013 España estableceu que o obxectivo de consumo de enerxía primaria para 2020 sería de 121,6 Mtep, é dicir, unha redución de 41,2 Mtep con respecto á previsión de consumo de enerxía primaria tendencial en 2020, o que representaba unha redución do 25,3 %, superior ao 20 % que se fixou como obxectivo para a Unión Europea. Esta redución representaba o 11,2 % do obxectivo de redución de toda a Unión Europea (368 Mtep). España contribuiría a este obxectivo con 2 puntos por riba

Page 509: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

49

da porcentaxe que os consumos de enerxía primaria de España ten sobre o consumo da UE-27. No Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2014-2020, o escenario macroeconómico novo obrigou España a revisar as previsións de consumo de enerxía primaria en 2020. España modificou a súa proposta e comunicou á Comisión Europea un novo obxectivo de consumo de enerxía. Con ocasión, agora, do Plan nacional de acción de eficiencia enerxética 2017-2020, España recupera o obxectivo marcado no informe anual de progreso de 2013, para axustar os obxectivos ás actuais previsións macroeconómicas. O consumo previsto de enerxía primaria en 2020 sitúase en 122,6 Mtep, o que representa unha redución do 24,7 % respecto ao escenario de referencia ou tendencial. Galicia debe conseguir un aforro de enerxía final en todos e cada un dos sectores equiparable, ou mesmo superior, ao de España, tanto no sector industrial como no transporte, residencial e equipamento, servizos públicos, agricultura e pesca. Por todo o anteriormente exposto, proponse esta lei, que terá como finalidades fundamentais as seguintes: a) Impulsar a eficiencia enerxética en todos os sectores e actividades, con criterios de sustentabilidade ambiental, social e económica. b) Establecer mecanismos de cooperación e coordinación da Administración xeral do Estado e as administracións locais no fomento do aforro e a eficiencia enerxética. c) Establecer o liderado exemplarizante das administracións públicas e do conxunto do sector público no impulso e aplicación de políticas de fomento da eficiencia enerxética. d) Impulsar a I+D+i nos ámbitos da eficiencia enerxética. II Outra das grandes preocupacións da Galicia do noso tempo é que todos os fogares dispoñan da enerxía suficiente que lles posibilite unha vida digna e de calidade. Como é ben sabido, a Directiva 2009/72/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se derroga a Directiva 2003/54/CE, establece a necesidade de que os Estados membros adopten as medidas necesarias para protexer os consumidores vulnerables no contexto do mercado interior da electricidade. Así, sinala expresamente que poderán incluír medidas específicas relacionadas co pagamento das

Page 510: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

50

facturas de electricidade ou medidas máis xerais adoptadas dentro do sistema de seguridade social. A exposición de motivos da Lei 24/2013 comeza dicindo: «A subministración de enerxía eléctrica constitúe un servizo de interese económico xeral, pois a actividade económica e humana non se pode entender hoxe en día sen a súa existencia.» Como consecuencia, España ditou o Real decreto lei 7/2016, do 23 de decembro, polo que se regula o mecanismo de financiamento do custo do bono social e outras medidas de protección ao consumidor vulnerable de enerxía eléctrica, coa finalidade de establecer un réxime común en todo o territorio para combater a denominada pobreza enerxética. Unha vez aprobado e en vigor o desenvolvemento regulamentario da devandita normativa legal, pódese comprobar que se pretende a consecución dos seguintes obxectivos: 1. Definir o consumidor vulnerable, así como os requisitos que debe cumprir e acreditar, atendendo ás súas características sociais e nivel de renda. 2. Establecer as condicións e o procedemento para solicitar o bono social ao que se poderá acoller o consumidor que cumpra os requisitos para ser vulnerable e os prezos das tarifas de último recurso (TUR) que lle serán de aplicación. 3. Definir o mecanismo de financiamento e cálculo do bono social e do custo da subministración do consumidor a que fai referencia o artigo 52.4.j) da Lei 24/2013, do decembro, do sector eléctrico. 4. Regular as condicións nas que pode ser suspendida a subministración ao consumidor con potencia contratada igual ou inferior a 10 kW, e os supostos e condicións baixo os cales non poderá ser suspendida a subministración do consumidor ao que fai referencia o artigo 52.4.j) da referida lei. Sendo esta a situación a nivel estatal, Galicia ten dúas medidas sociais claras en vigor para combater a denominada pobreza enerxética, que son as liñas de axudas que pretenden apoiar a determinadas unidades familiares que estean por debaixo duns determinados limiares de ingresos anuais e que cumpran, igualmente, determinadas circunstancias de índole familiar coa percepción dunhas axudas, para complementar o bono social e/ou facilitar o pagamento dos recibos eléctricos, é a axuda coñecida como tícket eléctrico social; e outra para evitar o corte de subministración por falta de pagamento.

Page 511: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

51

Ante a nova realidade normativa a nivel estatal, resulta máis axeitado redefinir as devanditas medidas sociais co obxecto de que sirvan para que a aqueles consumidores vulnerables severos que sexan recoñecidos polos servizos sociais da Xunta de Galicia en risco de exclusión social se lles aboe, cando menos, o 50 % dos seus recibos eléctricos coa finalidade de transformar as súas subministracións eléctricas en esenciais e, por tanto, en ininterrompibles.

EMENDAS MANTIDAS:

-Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº14, de Adición. Débese engadir na exposición de motivos antes do primeiro parágrafo o seguinte contido. "O Estatuto de Autonomía para Galicia establece, entre outras, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de enerxía, regulando a disposición transitoria cuarta a transferencia de funcións a asumir neste campo, tal e como foi realizado a través do Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo. A lexislación foi reflectindo unha serie de normativa básica que no eido da enerxía corresponde ao Estado, pero dentro deste marco constitucional a lexislación autonómica pode determinar diferentes aspectos relacionados coa enerxía, sendo compatible con este por non entrar en contradición con tales leis básicas. Igualmente, a Comunidade Autónoma ten competencias exclusivas en materia de servizos sociais e na defensa das persoas consumidoras e o usuarias." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº15, de Modificación. O parágrafo quinto da exposición de motivos pasa a ser o parágrafo oitavo bis, coas seguintes modificacións: "Na Disposición transitoria establécese a obriga de presentar un Plan de actuación en materia enerxética de Galicia, como medida para clarificar e establecer, logo do seu trámite parlamentario, os compromisos de actuación por parte do executivo autonómico, dentro do marco das competencias que ten atribuídas a Comunidade Autónoma en relación coa política enerxética e a planificación necesaria, e da cal Galicia na actualidade carece. Neste sentid,o a Xunta de Galicia deberá abordar, nun prazo determinado, unha serie de cuestións clave para este sector, como a posible concreción dunha tarifa máis baixa para que

Page 512: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

52

realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español e para posibilitar o seu crecemento industrial. Así, nesta lei, no capítulo I, concrétase o desenvolvemento dunha política enerxética baseada no papel protagonista da Administración galega, na necesidade para o país de dotármonos dunha tarifa eléctrica específica, fundamentada na nosa condición excedentaria na produción eléctrica, na análise das perdas no transporte e distribución, así como nas diferentes peaxes do sistema que atenden ás singularidades de determinados territorios: extrapeninsulares, comarcas do carbón español, comunidades que son moi deficitarias na xeración eléctrica, etc. Por iso concretamos que para Galicia a tarifa debería recoller unha bonificación dun 30 % nas peaxes. A lei pretende tamén impulsar o crecemento das enerxías renovables, as medidas de aforro e eficiencia enerxética e a inclusión de Galicia no actual Plan estatal do carbón. Por último, proponse a creación dunha tarifa industrial estable e predicible que favoreza a localización e o desenvolvemento industrial. O sector empresarial galego, e nomeadamente a súa industria, precisa gañar competitividade pola vía da correcta xestión dos seus custos. Na actualidade, os custos enerxéticos representan a segunda categoría de custo máis importante despois dos correspondentes ao persoal. En 2012, o prezo da electricidade para clientes industriais era no conxunto do Estado español un 10 % superior ao custo medio da Unión Europea. Obviamente, cómpre avanzarmos nas políticas orientadas a conseguir maiores graos de eficiencia enerxética para reducir a intensidade enerxética. Porén, tamén é necesario que se actúe de maneira decidida sobre os custos enerxéticos que teñen que soportar as empresas no desenvolvemento da súa actividade." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº16, de Modificación. Débese modificar o parágrafo sexto da exposición de motivos que quedará redactado co seguinte contido. "Galicia acolle no seu territorio factorías que desenvolven procesos produtivos intensivos no uso de enerxía (aluminio, aliaxes de ferro, etc.). Por tal motivo, a continuidade destas actividades –coa conservación do emprego e a xeración de riqueza vinculados a elas– está estreitamente vinculada a disporen de electricidade a uns prezos que respondan á realidade dos custos relativos á súa produción, transporte e

Page 513: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

53

distribución. Desta medida veríanse beneficiadas non só esas factorías de referencia senón o conxunto dos sectores produtivos galegos, que lograrían un abaratamento evidente da súa factura enerxética e incrementarían así a súa competitividade. Sen a lousa dunha estrutura de prezos eléctricos artificiosamente agrandada por uns cálculos de custos de transporte e distribución realizados cunha lóxica de Estado, mais que non corresponden á realidade do noso país, incrementaríase o atractivo de Galicia como territorio para a implantación empresarial." __________________________________________ -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº17, de Modificación. Débese modificar o parágrafo oitavo da exposición de motivos que quedará redactado co seguinte contido: "Esta lei recolle unha concepción da enerxía como un dereito universal de todas as persoas. Para tal fin, concrétase a definición da pobreza enerxética e articúlanse varias medidas para a defensa das persoas consumidoras en situación de pobreza enerxética, ao ser un problema de cada vez maior importancia na sociedade galega. Moitas persoas e familias non poden pagar as facturas da subministración enerxética, eléctrica e de gas, especialmente durante os meses de inverno, nos cales, polas condicións climáticas, o seu consumo é imprescindible. Segundo datos recentes en Galicia, preto de 187.000 persoas, o 18 % do total da poboación, teñen dificultades para aboaren as súas facturas enerxéticas (gas, auga, electricidade, calefacción, etc.), situación que resulta intolerable nunha sociedade socialmente avanzada." __________________________________________

Page 514: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

54

Page 515: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

2. Comparecencias

15

Page 516: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

2.1 18707(10/CPP-000037)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Solicitude de comparecencia ante o Pleno do Sr. conselleiro

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por

petición propia, para informar do inicio do curso 2017-2018

no ensino non universitario de Galicia

Publicación da iniciativa, 195, 18.10.2017

16

Page 517: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

VICEPRE8IDENCIA E CON8wala Dirmeero—r—ink ADMINISTRACION8PUSLICAS E XUOTRA

MICOÑIDAL ~PIB E WIAISTAPAS

S

0001/0001 13/10 2017 9:33 FAX 00981541211

XUNTA DE GALIC1FI CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

- Dirección Xeral de Relaci191,«, fiáitt~RatIt~taliaa'-'"'

RESTRO (EL ENTRADA 1

13 OUT, 2017 1

Niürn

+4+

Solicítolle, consonte o disposto no artigo 144 do Regulamento da Cámara, a

comparecencia a petición propia -ante o Pleno- do conselleiro de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria para informar "do inicio do curso 2017-

18 no ensino non universitario de Galicia"

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

A directora xeral de Relacións Institucionais

Blanca García-Señoráns Álvarez

Sr. presidente do Parlamento de Galicia

17

Page 518: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

3. Mocións

18

Page 519: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

3.1 20687(10/MOC-000058)

Grupo Parlamentario de En Marea

Lago Peñas, José Manuel

Sobre a realización pola Xunta de Galicia das actuacións

precisas para evitar o peche de Conservas Esteiro (Moción a

consecuencia da Interpelación nº 19022, publicada no BOPG nº

199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do

21.11.2017)

19

Page 520: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea por iniciativa do seu deputado Manuel

Lago Peñas e a través do seu voceiro Luís Villares Naveira, ao abeiro do

disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción

para substanciar a Interpelación 19022 (10/INT-000620), debatida na sesión

plenaria do 21 de novembro, sobre a situación de Conservas Esteiro.

MOCIÓN:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar as accións oportunas

para evitar o peche de Conservas Esteiro polos dramáticos efectos que o peche

tería sobre o emprego, a economía da comarca e o conxunto do sector

conserveiro galego.”

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017.

Asdo.: Manuel Lago Peñas

Deputado do G.P. de En Marea

Luís Villares Naveira

Voceiro do G.P. de En Marea

Asinado dixitalmente por:

20

Page 521: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

José Manuel Lago Peñas na data 24/11/2017 12:18:05

Luis Villares Naveira na data 24/11/2017 12:18:19

21

Page 522: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

3.2 20701(10/MOC-000059)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Torrado Quintela, Julio

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

en relación coa situación do persoal sanitario de Servizo

Galego de Saúde (Moción a consecuencia da Interpelación nº

18979, publicada no BOPG n. 199, do 24.10.2017, e debatida na

sesión plenaria do 21.11.2017)

22

Page 523: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do

seu deputado Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte moción para substanciar a Interpelación debatida na

Sesión Plenaria celebrada o día 21 de novembro de 2017, sobre a

política da Xunta de Galicia en relación coa situación do persoal

sanitario do Sergas (10/INT-000617, documento número 18979)

Moción

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Remitir aos grupos parlamentarios un informe de datos sobre

Recursos Humanos do Sergas que inclúa:

a) O número e distribución (categoría, especialidades,

localización por EOXI) das prazas presupostadas que teñen

persoa asignada, das que se atopan sen persoa asignada e das

que foron contratadas de maneira eventual durante os anos

2015, 2016 e do transcorrido durante 2017.

b) Duración media, coste medio e salario percibido medio

dos contratos eventuais realizados polo Sergas durante os

anos 2015, 2016 e do transcorrido durante 2017, distribuídos

por categoría, especialidades e EOXI.

c) A estimación de contratos eventuais que se realizarán polo

Sergas no ano 2018, distribuídos por categoría,

especialidades e EOXI.

2. Poñer a disposición do Ministerio de Hacienda toda información

necesaria para facilitar a convocatoria máis ampla posible da

OPE.

3. Comprometer a convocatoria en 2018 dunha OPE en Sanidade de

igual ou maior cantidade que a convocatoria de 2017.

23

Page 524: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4. Comprometer a convocatoria en 2019 e 2020 de OPEs en

Sanidade que alcancen ou superen os 3000 profesionais

sanitarios conxuntamente.

5. Continuar o diálogo coas organizacións sindicais do eido

sanitario para a progresiva recuperación dos acordos sobre

dereitos e retribucións paralizados en 2010.

Pazo do Parlamento, 24 de novembro de 2017

Asdo.: Julio Torrado Quintela

Deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 24/11/2017 13:39:18

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 24/11/2017 13:39:24

24

Page 525: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

3.3 20722(10/MOC-000060)

Grupo Parlamentario de En Marea

Solla Fernández, Eva

Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás

emerxencias (Moción a consecuencia da Interpelación nº 19254,

publicada no BOPG nº 204, do 2.11.2017, e debatida na sesión

plenaria do 21.11.2017)

25

Page 526: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea por inciativa da súa deputada Eva Solla

Fernández e a través do seu voceiro Luís Villares Naveira, ao abeiro do

disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción

para substanciar a Interpelación 19254 (10/INT-000637) debatida na sesión

plenaria do 21 de novembro de 2017, sobre a política do Goberno galego en

materia de atención ás emerxencias.

MOCIÓN:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adoptar as seguinte medidas:

- Impulsar as accións necesarias para a homoxeneizar as prestacións e

condicións de traballo en todo o territorio galego dos servizos de

prevención e extinción de incendios e salvamento, así como levar a cabo a

elaboración dun regulamento do bombeiro que tamén contribúa a

homoxeneizar a súa formación.

- Iniciar os trámites necesarios para a xestión pública e directa dos parques

de bombeiros e mentres tanto non se xestione de xeito público, garantir

aos profesionais dos parques de bombeiros privatizados, as condicións

laborais semellantes ás que teñen os seus compañeiros dos parques

públicos.

- Iniciar os trámites pertinentes para a recuperación do 112 como servizo

público.

- Solucionar de xeito urxente os problemas coa plataforma de chamadas do

112.

- Dotar de persoal suficiente a central de chamas do 112 e do 061.

26

Page 527: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

- Potenciar os recursos necesarios para diminuír os tempos de resposta na

asistencia das emerxencias sanitarias, reducindo a lo menos de 40 a 30

minutos.

- Incrementar os recursos destinados ao persoal do 061.

- Constituír unha mesa de diálogo cas representantes das e dos traballadores

para negociar as condicións do traslado do 061 á Estrada.

- Dotar orzamento suficiente para poder levar a cabo o cumprimento dos

puntos anteriores.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017.

Asdo.: Eva Solla Fernández

Deputada do G.P. de En Marea

Luís Villares Naveira

Voceiro do G.P. de En Marea

27

Page 528: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 24/11/2017 14:31:50

Luis Villares Naveira na data 24/11/2017 14:31:57

28

Page 529: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4. Proposicións non de lei

29

Page 530: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.1 13974(10/PNP-001162)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Gil, César Manuel e 6 máis

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para

avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia

tradicional

Publicación da iniciativa, 165, 30.08.2017

30

Page 531: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas César Fernández Gil, María Antón Vilasánchez, Teresa Egerique Mosquera, Carlos Gómez Salgado, Carlos E. López Crespo, Antonio Mouriño Villar e Moisés Rodríguez Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei en Pleno. A toponimia é a ciencia que estuda os nomes con que identificamos determinados espazos do territorio. É, sen dúbida, un dos campos máis enriquecedores e apaixonantes para quen estude a lingua e a cultura de calquera país. Os nosos antepasados foron bautizando en diversos momentos da historia os lugares que habitaban e cultivaban. Ademais, a maior parte dos topónimos tiñan, e moitos aínda teñen, un significado axeitado á realidade xeográfica en que naceron. Co tempo, esta realidade foi mudando e hoxe en día xa hai centos e centos de topónimos opacos, é dicir, que non nos dan pistas reais sobre o que denominan. Pero, grazas ao seu estudo, podemos coñecer mellor a nosa lingua e a nosa historia. A toponimia forma parte dos elementos culturais que a Unesco denomina patrimonio inmaterial dos pobos. O carácter permanente dos topónimos fainos monumentos históricos, que se manteñen en pé a través dos séculos e que funcionan como referentes compartidos da comunidade, como sinais da identidade colectiva. Todo isto conleva que as administracións públicas deben comprometerse coa conservación e difusión da nosa toponimia coma patrimonio propio da nosa cultura e como berce da construción da nosa identidade como pobo. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular, formula a seguinte proposición non de lei en Pleno: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a avanzar na conservación e difusión da nosa toponimia tradicional, nomeadamente a través dos traballos de xeorreferenciación do nomenclator e microtoponimia, así como o desenvolvemento da aplicación colaborativa para a revisión, corrección e actualización do nomenclator de Galicia”. Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

31

Page 532: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 09/08/2017 13:52:58

César Manuel Fernández Gil na data 09/08/2017 13:53:40

Maria Antón Vilasánchez na data 09/08/2017 13:53:57

Teresa Egerique Mosquera na data 09/08/2017 13:55:15

Carlos Gómez Salgado na data 09/08/2017 13:55:28

Carlos Enrique López Crespo na data 09/08/2017 13:55:54

Antonio Mouriño Villar na data 09/08/2017 13:56:06

Moisés Rodríguez Pérez na data 09/08/2017 13:56:46

32

Page 533: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.2 17009(10/PNP-001285)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la

Concepción

Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións

necesarias para o coñecemento da mellora na competencia

lingüística do alumnado que participa nalgún dos programas

plurilingües que se veñen desenvolvendo nos últimos cursos

Publicación da iniciativa, 182, 27.09.2017

33

Page 534: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado

e da súa deputada, Luís Manuel Álvarez Martínez e María Concepción Burgo

López, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de

lei para o seu debate en Pleno.

A Xunta de Galicia anunciou, a principios do mes de xuño deste ano, a posta en

marcha da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 que parece ter como

finalidade o teórico modelo plurilingüe do que parece que temos implantado con

grande éxito en Galicia nas etapas de educación infantil e formación profesional,

ademais do ensino universitario.

Para o próximo curso, tres parecen ser as medidas innovadoras dirixidas a

distintas etapas educativas, a saber:

1. Resolución do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o

programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil),

para o curso 2017/18 (DOG do 9 de xuño de 2017).

2. Resolución do 9 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a

incorporación ao programa de dobre titulación de Bacharelato e

Baccalauréat, Bachibac, en centros educativos sostidos con fondos

públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18

(DOG do 19 de xuño de 2017).

3. Resolución do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o

anuncio da Resolución pola que se regulan os ciclos formativos

plurilingües (Estrela PluriFP), para o curso 2017/18 (DOG do 7 de xullo

de 2017).

34

Page 535: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Todas as ditas resolucións teñen como obxectivo incorporar centros ás

ensinanzas impartidas en linguas estranxeiras.

Así, no caso do programa Plurinfantil, o obxectivo é a incorporación de centros

que xa teñen a denominación de plurilingües na etapa de educación primaria para

que impartan ata un máximo dun terzo do horario nunha lingua estranxeira.

Para o programa Estrela PluriFP, é suficiente que o centro oferte algún módulo

dalgún ciclo formativo tanto no primeiro coma no segundo curso, non sendo

necesaria unha porcentaxe mínima.

Estamos a referirnos, evidentemente, só ao que ás ensinanzas en lingua

estranxeira se determina e non ao resto das condicións, nomeadamente a

capacitación do profesorado.

Os resultados da resposta acadada para estes programas pode cualificarse de moi

modesta sendo benévolos, ou de altamente decepcionante sendo obxectivos.

Así, de 261 centros que poderían ter participado no programa Plurinfantil, foron

seleccionados 81 (o 31 %); de 294 centros que poderían ter participado no

programa Bachibac, foi seleccionado 1 (o 3,4 %) e de 263 centros que poderían

ter participado no programa Estrela PluriFP foron seleccionados 7 (o 2,7 %).

Os anteriores son datos da resposta a un dos programas estrela da Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se nos atemos ás declaracións do

Sr. conselleiro do día 1 de xuño deste ano.

Ante a situación exposta, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a poñer en funcionamento de

xeito inmediato as avaliacións pertinentes que permitan coñecer a mellora na

competencia lingüística do alumnado que participa nalgún dos múltiples

programas que veñen funcionando nos últimos cursos.

35

Page 536: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Pazo do Parlamento, 19 de setembro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 20/09/2017 11:12:12

Maria de la Concepción Burgo López na data 20/09/2017 11:12:23

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 20/09/2017 11:12:37

36

Page 537: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.3 17116(10/PNP-001292)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

Goberno central en relación coa baixada dos salarios e a

precarización do emprego e das condicións laborais rexistrada

nos últimos anos, en particular no referido á contratación

das persoas mozas, así como a fenda salarial de xénero

existente

Publicación da iniciativa, 182, 27.09.2017

37

Page 538: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa

deputada e do seu deputado Noela Blanco Rodríguez e Julio Torrado

Quintela, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición

non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

Durante a etapa de goberno do PP a desigualdade salarial disparouse,

mesmo nos anos recentes de recuperación da actividade e descenso da taxa

de paro. En concreto, os salarios do 40 % da poboación con menores soldos

diminuíron, especialmente entre os traballadores e traballadoras cun

contrato temporal.

Os descensos afectaron de modo principal aos máis novos: os salarios dos

traballadores e traballadoras de entre 25 e 34 anos de idade caeron un 5,5 %

en termos reais.

Esta evolución salarial derivou nun importante aumento do fenómeno dos

traballadores e traballadoras pobres: a porcentaxe os que están en risco de

pobreza, definido como a proporción de traballadores cunha renda inferior

ao 60 % da mediana de ingresos, pasou do 10,8 % en 2012 ao 13,1 % en

2015, cociente unicamente superado por Grecia e Romanía.

Este modelo consolidouse, de modo que os novos entrantes no mercado de

traballo están a facelo cun desconto nos seus salarios do 25 % con respecto

ao resto de traballadores e traballadoras, fenda que se aumentou nos

últimos anos.

O actual modelo salarial en España está a impedir que o progreso

económico e social se estenda á maioría de españois. Ademais dos nefastos

efectos sociais que carrexa, tamén dende o punto de vista estritamente

económico o modelo actual ten cada vez menos sentido: pon en risco a

recuperación económica na medida que imposibilita a normalización do

consumo dos fogares, que aínda se atopa por baixo do nivel previo á crise.

É un feito constatado que o mantemento de niveis de consumo aceptables

38

Page 539: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

no noso país, sobre o pano de fondo de baixos salarios, está a realizarse á

conta dunha diminución da taxa de aforro das familias, que é un modo

insustentable de avance.

É, por tanto, un obxectivo prioritario para o PSdeG-PSOE romper a

dinámica instalada en España de baixos salarios, precarización e aparición

de traballadores e traballadoras pobres, e dar paso a un novo modelo de

salarios decentes no noso país, baseados nunha repartición máis xusta da

produtividade.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno

de España:

1.- Favorecer incrementos salariais anuais nos acordos entre patronal e

sindicatos, para lograr que en 2021 os salarios recuperen o peso que tiñan

na repartición da renda nacional no período previo á crise. Especificamente,

propoñer un incremento salarial entre un 2 % e un 3 % en 2018, e entre un

2,5 % e un 3,5 % nos anos sucesivos (2019, 2020 e 2021).

2.- Acordar cos sindicatos un incremento gradual do SMI ata alcanzar os

1.000 euros mensuais en 2020.

3.- Derrogar a reforma laboral co fin de poder recuperar o poder de

negociación dos traballadores e traballadoras.

4.- Reforzar o principio de causalidade como única xustificación dos

contratos temporais, xunto cun reforzo da inspección de traballo para que

devanditos contratos sexan realmente unha ferramenta transitoria e

excepcional.

5.- Equiparar a subida salarial dos empregados e empregadas públicas para

2018 co aumento da inflación, incorporando complementos adicionais que

permitan ir recuperando o poder adquisitivo perdido, así como xeneralizar a

implantación da xornada de 35 horas semanais no sector público, sen

diminución das retribucións económicas.

39

Page 540: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

6.- Poñer en marcha un plan de choque para os mozos e mozas con medidas

específicas, como a promoción do contrato de substitución e do contrato en

prácticas, así como unha nova regulación das prácticas non laborais.

7.- Tomar medidas concretas contra a fenda salarial de xénero, como a

aprobación dunha lei de igualdade laboral, que, entre outras cousas,

estableza a obrigatoriedade de que os salarios de todos os empregados e

empregadas así como a súa modalidade de contrato sexan de coñecemento

público.

8.- Tomar medidas para eliminar os fenómenos de precarización dos falsos

autónomos e todas as novas formas de súper explotación laboral.

Pazo do Parlamento, 20 de setembro de 2017

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Julio Torrado Quintela

Deputada e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodríguez na data 20/09/2017 18:01:42

Julio Torrado Quintela na data 20/09/2017 18:01:47

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 20/09/2017 18:01:52

40

Page 541: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.4 19337(10/PNP-001427)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis

Sobre a continuación polo Goberno galego coa transformación

dos servizos sanitarios promovendo a súa humanización no

referido á capacitación científico-técnica dos profesionais e

aproximación humana ao doente, co fin de mellorar a resposta

aos requirimentos e expectativas da cidadanía

Publicación da iniciativa, 203, 31.10.2017

41

Page 542: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz, e por iniciativa

dos deputados e deputadas, Aurelio Núñez Centeno, Encarna Amigo Díaz, Marián

García Míguez, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Soraya

Salorio Porral, Miguel Tellado Filgueira, Raquel Arias Rodríguez e Sandra

Vázquez Domínguez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei

para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

Nos últimos anos, os servizos de Saúde a nivel nacional e internacional comezaron a

aplicar cambios organizativos para enfrontarse a novos retos. Un destes retos é

adaptar os servizos sanitarios aos requirimentos e expectativas dos cidadáns. É unha

necesidade sentida, expresada, transmitida e reclamada po los nosos usuarios, que se

refiren á humanización na asistencia sanitaria.

Calquera acto de atención sanitaria implica, ademais do intento de curar unha

enfermidade en base ao coñecemento científico, o esforzo por coidar ao paciente e que

este se sinta coidado.

Humanizar a asistencia sanitaria significa axuntar as dúas partes inseparables dunha

boa atención: por unha banda, a capacitación científico técnica dos profesionais, e pola

outra, a aproximación humana ao paciente, como persoa que é , digna de respecto e

de consideración.

Non existe humanización sen calidade, tampouco é posible a calidade sen

humanización .

42

Page 543: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Así pois, as tarefas de analizar, avaliar e mellorar os aspectos que teñen que ver coas

dimensións cualitativas da calidade, como son a calidade da información, a

confidencialidade, o trato ou a accesibilidade aos servizos, teñen que ser campos e

aspectos a traballar e mellorar .

Así estaba recollido no programa electoral co que o Partido Popular de Galicia obtivo a

confianza maioritaria da cidadanía galega, no que figuraba un epígrafe específico sobre

“Adaptación de servizos sanitarios confortables e amables para os pacientes” que se

desenvolvía expoñendo que “Debemos seguir traballando na humanización dos

servizos sanitarios para adaptalos ás especificidades e demandas dos pacientes e

coidadores. Hospitais e centros de saúde centrados nas persoas, que ademais de

salvagardar a vida, curar e minimizar as secuelas procuren o benestar dos seus

pacientes, axudando a que a persoa e a súa familia pasen o mellor e o antes posible o

contratempo que supón a irrupción dunha enfermidade na súa vida”.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte

proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a continuar coa transformación dos

servizos sanitarios, para responder mellor aos requirimentos e expectativas da

cidadanía, promovendo a humanización dos servizos sanitarios, nas súas dúas

vertentes: a capacitación científico-técnica dos profesionais e a aproximación humana

ao paciente, digno de respecto e consideración”.

43

Page 544: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 24/10/2017 13:08:02

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 24/10/2017 13:08:25

María Encarnación Amigo Díaz na data 24/10/2017 13:08:32

María Ángeles Garcia Míguez na data 24/10/2017 13:08:39

Marta Rodriguez Arias na data 24/10/2017 13:08:45

Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 24/10/2017 13:08:53

María Soraya Salorio Porral na data 24/10/2017 13:09:02

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 24/10/2017 13:09:08

Raquel Arias Rodríguez na data 24/10/2017 13:09:16

Sandra Vázquez Dominguez na data 24/10/2017 13:09:24

44

Page 545: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.5 19688(10/PNP-001460)

Grupo Parlamentario de En Marea

Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David

Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance

da praga de couza guatemalteca da pataca, das medidas

adoptadas e previstas para erradicala, así como das axudas

concedidas para paliar os danos ocasionados

Publicación da iniciativa, 211, 15.11.2017

45

Page 546: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa dos seus deputados Paula

Quinteiro Araújo, e Davide Rodríguez Estévez, ao abeiro do disposto no

artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de

lei para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O día 20 de outubro de 2017 publicouse no DOGA a ampliación das zonas

afectadas pola praga da pataca, “tecia solanivora povolony” ou couza

guatemalteca da pataca.

No mes de febreiro do ano 2016 publicábanse os concellos afectados, 31

inicialmente e que vemos como van medrando con esta nova resolución polo que

as medidas adoptadas se tornan insuficientes para controlar e erradicar a couza

guatemalteca da que se declaraba a súa presenza oficialmente mediante a

resolución no DOGA o 3 de novembro de 2015.

As medidas fitosanitarias e de control impostas desde aquela, así como a

prohibición de plantar pataca en ditos concellos, a obriga de arrancala e as

escasas axudas fan temer o peor, e que avance cara a expansión de toda Galicia

afectando a un sector económico vinculado á pataca moi importante na nosa

comunidade e tamén que afecta á propia persoa consumidora final, posto que

unha grande parte da poboación planta pataca para consumo propio.

Por todo o exposto o Grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

46

Page 547: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1.- Informar sobre o avance da couza guatemalteca e as medidas que se van

tomar a fin de erradicala.

2.- Informar sobre as medidas establecidas ata o de agora e os seus efectos,

recollidos na resolución do 8 de marzo de 2017 que recolle as zonas infestadas e

as zonas tampón, e implementa as medidas para a erradicación e control do

organismo de corentena.

3.-Informar sobre as axudas concedidas a particulares e produtores.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017.

Asdo.: Davide Rodríguez Estévez

Paula Quinteiro Araújo

Deputados do G.P. de En Marea

Luís Villares Naveira

Voceiro do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 03/11/2017 10:41:40

47

Page 548: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Paula Quinteiro Araújo na data 03/11/2017 10:41:50

Luis Villares Naveira na data 03/11/2017 10:41:57

48

Page 549: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.6 20138(10/PNP-001501)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis

Sobre o establecemento polo Goberno galego do día 1 de

decembro como Día da Dignidade de Galicia, así como a

regulación da organización de actividades conmemorativas con

carácter anual

Publicación da iniciativa, 215, 22.11.2017

49

Page 550: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Montserrat Prado

Cores, Ana Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Olalla Rodil Fernández

e Noa Presas Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa

ao establecemento do 1 de decembro como Día da dignidade de Galiza.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 13 de novembro do ano 2002 o petroleiro Prestige cargado con 77 mil.

toneladas de fuel, sufriu un accidente a 30 millas das costas de Galiza. A falta de

liderado político, neglixencia, incompetencia dos Gobernos español e galego na

xestión deste accidente converteuno na maior catástrofe económica, ecolóxica e

social da nosa historia.

A marea negra provocada polo Prestige afectou a zonas de importantísimo

valor ecolóxico, paisaxístico e faunístico, e dunha extraordinaria riqueza de

peixes, moluscos e crustáceos de grande valor comercial.

O balance foi de 63.000 toneladas de fuel vertidas ao mar, case 3.000

quilómetros de litoral afectado, máis de 1.000 praias cheas de chapapote e unha

mortalidade animal de entre 115.000 e 200.000 aves mariñas, e un impacto

50

Page 551: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

económico inxente pola perda das rendas nas zonas afectadas, tanto dos homes e

mulleres do mar coma do resto de actividades relacionadas.

Ante uns Gobernos que non exerceron as súas responsabilidades, a

ausencia de decisión e actuación política, a práctica da mentira, a

desinformación… os galegos e galegas asumiron o protagonismo, dando un

exemplo de coraxe fronte á marea negra. O pobo galego, mariscadoras,

mariñeiros, bateeiros, e todo tipo de persoas voluntarias, foi quen de coordinarse

e cos propios medios, cos seus barcos, as súas mans, palas e capachos, sacar o

chapapote. Diante dunha actuación errática e caótica supo organizar a defensa, a

solidariedade activa do voluntariado; foi quen de plantarlle cara á traxedia e

exercer a presión política a través da creación da plataforma “Nunca Máis”.

“Nunca Máis” representa a dignidade que os galegos e as galegas

demostraron naqueles días de confusión e desesperación ante unha traxedia que

se converteu en catástrofe grazas á despreocupación e á ineficiente xestión do

Goberno galego e español que deixaron só e desprotexido a todo un pobo.

Coa acción reivindicativa de “Nunca Máis”, mostrouse o orgullo de ser

galeg@s, o orgullo de pertencer a un pobo que defende e protexe o seu. “Nunca

Máis” foi a chispa dun dos movementos sociais, culturais de loita e

reivindicación máis importantes de Galiza.

Fronte á ausencia do poder político, o pobo galego tivo un comportamento

exemplar e deu unha lección de dignidade, enfrontando os efectos máis

inmediatos do desastre do Prestige e a loita e reivindicación constantes durante

meses para reclamarlle aos responsábeis políticos do accidente xustiza para o

51

Page 552: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

noso país. Demostrou estar moi por riba dos responsábeis políticos tanto en

Galiza como en Madrid.

Diante da desolación, impotencia, indignación que sentía o pobo galego, o

1 de decembro de 2002, convocado pola plataforma “Nunca Máis” manifestouse

polas rúas de Compostela, demandando medios, solucións, coñecer a verdade,

esixindo responsabilidades. Miles de galeg@s que ateigaron as rúas da capital de

Galiza, deron unha auténtica lección de dignidade, que logo repetiría en Madrid o

24 de febreiro de 2003, converténdose en exemplo para o mundo.

Por todas as razóns expostas, o Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego presenta a seguinte proposición non de lei para debate en

Pleno:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a establecer o día 1 de

decembro como Día da dignidade de Galiza, e a regular a organización de

actividades conmemorativas cada ano.”

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

52

Page 553: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 13/11/2017 10:34:10

Noa Presas Bergantiños na data 13/11/2017 10:34:16

Xose Luis Rivas Cruz na data 13/11/2017 10:34:22

Olalla Rodil Fernández na data 13/11/2017 10:34:26

Xosé Luis Bará Torres na data 13/11/2017 10:34:30

Ana Pontón Mondelo na data 13/11/2017 10:34:33

53

Page 554: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.7 20317(10/PNP-001509)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rivas Cruz, José Luis e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co proxecto de reapertura da explotación da mina de

cobre nos concellos de Touro e do Pino presentado pola

empresa Cobre San Rafael, S.L., cos residuos almacenados no

espazo da mina, así como coa restauración dos solos e das

augas contaminadas pola anterior actividade mineira

Publicación da iniciativa, 215, 22.11.2017

54

Page 555: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores, Luis

Bará Torres, Ana Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández e Noa Presas

Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa ao rexeitamento ao

proxecto de reapertura da explotación mineira.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 25 de agosto saíu a exposición pública o proxecto de reapertura da

explotación da mina para a extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino,

presentado pola empresa Cobre San Rafael S.L. Este novo proxecto pretende seguir

explotando os mesmos xacementos abandonados do ano 1986 (nas mesmas cortas) máis

novos xacementos colindantes con estes, dentro dunha concesión máis ampla que abarca

o concello de norte a sur nunha extensión superior ás 2.000 Has.

Trátase dun proxecto de megaminería a ceo aberto que ocupará unha extensión

de 689 Ha. Dos cales só o 30% son terreos xa afectados pola explotación anterior.

Vai a afectar a case 500 Has. de terreos agrícolas e forestais que son a base

produtiva de moitas explotacións agrarias dos núcleos máis próximos á explotación.

Xunto ás catro cortas existentes vanse a escavar 6 novas cortas que dará lugar a

outras tantas zonas mineiras coa eliminación definitiva do uso destes solos para as

actuais e futuras actividades agrogandeiras ou forestais.

55

Page 556: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Trátase dun proxecto con impactos tan severos que imposibilitan, na práctica, o

mínimo respecto medioambiental requirido e que podemos resumir sinteticamente en

tres aspectos.

Impacto medioambiental. A magnitude da explotación, e pese a

tódalas medidas previstas, fai imposible a compatibilización da actividade co

mínimo respecto medioambiental: Eliminación de mananciais de captación de

auga para consumo doméstico, afectación ás augas subterráneas e superficiais,

aos ríos e ao propio Ulla, construción dun enorme depósito de residuos

altamente contaminante fronte ao núcleo de Arinteiro, impacto paisaxístico con

entulleiras a unha altitude moi superior á actual do terreo,etc.

Impacto na saúde. Os metais pesados son elementos moi perigosos

para a saúde. A contaminación das augas por estes metais característicos de toda

actividade mineira é un facto de risco moi elevado ao que estará sometida toda a

poboación do entorno. Ademais o ruído ininterrompido, as vibracións polas

voaduras e a emisión de po nas mesmas, no movemento de terras e no seu

traslado serán outros factores que incidirán negativamente na saúde da

poboación.

impacto económico: Unha actividade mineira desta envergadura

elimina explotacións gandeiras ao desaparecerlle a súa base territorial, reduce a

produción hortícola e froitícula, é un freo a moitos proxectos de investimento

que se están levando a cabo no sector agrogandeiro e é unha hipoteca para

calquera desenvolvemento das actividades de transformación relacionadas con

este sector. A minería prevista non vai crear ningún tecido produtivo na zona,

tan só unha pequena xeración de postos de traballo temporais e de baixa

cualificación que en absoluto compensan, nin de lonxe, todo o dano que, ese si,

56

Page 557: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

será para sempre. É un tipo de minería propia do século XIX consistente en

extraer un recurso para favorecer exclusivamente empresas foráneas e deixar

aquí a contaminación.

As propias alegación xunto co informe urbanístico presentados polo concello

deixan constancia da grande afectación que supón, recoñecendo implicitamente o seu

enorme impacto negativo. Posteriormente o posicionamento unánime do Pleno do

concello de Touro en contra deste proxecto dan fe do sentimento da comarca diante

deste tipo de minería expoliadora.

Estamos por tanto diante dun proxecto cun impacto ambiental inasumible, un

impacto sobre a saúde preocupante, un impacto económico negativo e un impacto social

que xera unha forte alarma e rexeitamento.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a

1. Denegar a reapertura da actividade mineira.

2. Adoptar as medidas necesarias para que o espazo da mina deixe

de ser unha lixeira de almacenamento de toda clase de residuos, lamas de

depuración, entullos..., de alto contido contaminante sen ningún tipo de control e

seguridade estipulados pola lei.

57

Page 558: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

3. Obrigar ao titular da concesión á restauración dos solos e das

augas, subterráneas e superficiais, contaminadas pola anterior actividade

mineira.”

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Xose Luis Rivas Cruz na data 16/11/2017 17:03:31

María Montserrat Prado Cores na data 16/11/2017 17:03:35

Xosé Luis Bará Torres na data 16/11/2017 17:03:40

58

Page 559: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

Olalla Rodil Fernández na data 16/11/2017 17:03:44

Noa Presas Bergantiños na data 16/11/2017 17:03:47

Ana Pontón Mondelo na data 16/11/2017 17:03:51

59

Page 560: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

4.8 20338(10/PNP-001511)

Grupo Parlamentario de En Marea

Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coas reivindicacións dos representantes sindicais do

persoal da Administración de xustiza

Publicación da iniciativa, 215, 22.11.2017

60

Page 561: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario de En Marea, por iniciativa do seu deputado Luís

Villares Naveira e da súa deputada Carme Santos Queiruga, ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os sindicatos con representación entre o persoal laboral ao servizo da

Administración de xustiza acordaron iniciar na rúa a reivindicación dos seus

dereitos.

Mediante o Real Decreto 2397/1996 realizouse o traspaso de funcións e servizos

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de

medios persoais ao servizo da Administración de xustiza. Estas foron asumidas

mediante o Decreto 438/1996.

No Real Decreto 1909/2000 fíxase o complemento de destino do persoal

funcionario dos corpos de Médicos Forenses, persoal Técnico Facultativo do

Instituto de Toxicoloxía, Oficiais, Auxiliares e Axentes da Administración de

xustiza, Técnicos especialistas, Auxiliares de laboratorio do Instituto de

Toxicoloxía e Axentes de Toxicoloxía e Axentes de laboratorio a extinguir do

Instituto de Toxicoloxía.

Mediante resolución do 8 de setembro de 2008, publicouse o acordo sobre o

importe do complemento transitorio autonómico (CAT) para o funcionariado ao

servizo da Administración de xustiza, asinado entre a Administración da

comunidade autónoma galega e as organizacións sindicais con representación

entre o persoal da Administración de xustiza. Este complemento autonómico

transitorio entre xaneiro e decembro do 2009 foi de 125 euros mensuais.

61

Page 562: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

O Real Decreto 1033/2007 por o que se determinan os postos tipo das unidades

que integran as oficinas xudiciais e outros servizos non xurisdicionais e as súas

correspondentes valoracións, a efectos do complemento xeral do posto dos

funcionarios ao servizo da Administración de xustiza veu a substituír ao R.D

1909/2000 e tivo a súa tradución nunha Orde de 19 do xaneiro de 2010, na que

se determinou o importe do complemento autonómico transitorio do persoal da

Administración de xustiza establecendo diferenzas entre os mesmos, percepción

salarial que substituía un concepto do complemento de destino que regulaba o

RD 1909/2000.

Por outra banda existe unha desigualdade no tratamento do funcionariado galego

respecto doutras comunidades sobre os complementos das prestacións

económicas en situación de IT e noutras situacións protexidas reguladas no

Decreto 169/2013. Así no artigo 4 por os primeiros 3 días de IT abónase só un

complemento económico ata o 50% das retribucións básicas como

complementarias, e por crianza a cargo de ser o caso; entre o 4 día de IT e o día

10 abónase ese complemento económico ata acadar o 75% e a partir do día 20

abónase o 100% de ditas retribucións, non existindo tal desconto para xuíces e

letrados da Administración de xustiza, co que se produce un claro prexuízo e

desigualdade entre o mesmo persoal ao servizo da Administración pública de

xustiza.

Ademais, segundo as organizacións sindicais amortizáronse 106 prazas de

persoal ao servizo da Administración de xustiza desde o ano 2012, co que a súa

función queda menoscabada. Así prodúcense situacións de exceso de traballo,

colapso, e problemas á hora da consecución dunha xustiza real e efectiva que

garanta o restablecemento dos dereitos das persoas afectadas.

Por outro lado, no caso de substitucións verticais, non se cobra o 100% das

retribucións pertencentes polo posto ocupado.

62

Page 563: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Tampouco existe unha consolidación de prazas de reforzo de máis de 3 anos tal

e como se comprometera a Dirección Xeral de Xustiza.

Estas son as principais reivindicacións das organizacións sindicais no ámbito da

xustiza e que levarán a mobilizacións se non se convoca a mesa sectorial

competente.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:

1.- Convocar a mesa sectorial e negociar coas organizacións sindicais con

representación entre o persoal de xustiza para acadar unha equiparación dos

salarios e complementos do persoal da Administración xudicial de Galicia cos

seus homólogos noutras CCAA.

2.- Negociar e acadar un acordo para que non exista discriminación salarial do

ámbito xudicial na percepción do complemento das prestacións por IT e

similares.

3.- Repoñer as prazas amortizadas desde o ano 2012, especialmente en ámbitos

de especial afectación.

4.- Equiparar salarialmente as substitucións verticais.

4.- Consolidar aquelas prazas de reforzo que leven máis de 3 anos.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017.

Asdo.: Luís Villares Naveira, Asdo.: Carmen Santos Queiruga

63

Page 564: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Voceiro do G.P. de En Marea. Deputada do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luis Villares Naveira na data 16/11/2017 18:24:42

Carmen Santos Queiruga na data 16/11/2017 18:24:49

64

Page 565: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

5. Interpelacións

65

Page 566: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

5.1 15066(10/INT-000544)

Grupo Parlamentario de En Marea

Sánchez García, Antón

Sobre a política do Goberno galego en relación co dereito a

unha vivenda digna

Publicación da iniciativa, 174, 13.09.2017

66

Page 567: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

Antón Sánchez García, deputado do Grupo Parlamentar de En Marea, ao

abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

INTERPELACIÓN.

Os datos do primeiro trimestre do 2017 mostran que o problema de exclusión do

dereito a unha vivenda digna segue a ter unha magnitude enorme.

Durante ese período producíronse 684 desafiuzamentos o que supón un

incremento dun 14% con respecto ao ano anterior.

Este drama ten raíces estruturais e ten que ver coa pobreza, co desemprego, os

salarios baixos, a insuficiencia da protección social e cunhas políticas de vivenda

que priorizaron a especulación e o negocio fronte ao dereito á vivenda.

Unha das eivas estruturais é a ausencia dun parque público de vivenda con

alugueiros de carácter social, non só como instrumento para realoxar ás persoas

con dificultades senón para equilibrar o mercado da vivenda.

A Xunta de Galiza a través do IGVS ten unha oferta de vivenda pública dunhas

3.000 vivendas, a todas luces insuficientes para ser un instrumento eficaz para

facer fronte ás dificultades de todas as persoas con dificultades para poder

desfrutar dunha vivenda en condicións dignas.

A adxudicación desas vivendas faise a través do Decreto 253/2007, do 13 de

decembro de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS,

que se basea nuns procesos administrativos nada sinxelos, podendo chegar a

producir decepción e frustración polo tempo de espera que remata en moitas

ocasións en renuncias ás vivendas por varias razóns que teñen que ver con como

está deseñado o proceso de adxudicación principalmente.

67

Page 568: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Segundo nos consta existen tempos de espera moi longos e existen moitos casos

de renuncias unha vez adxudicadas as vivendas.

Nunha fase inicial, prodúcese o sorteo coa participación de todas as persoas que

reúnen os requisitos establecidos para poder formalizar a solicitude. A Comisión

Provincial de Vivenda vai adxudicando por orde de lista entre eles, e neste

momento do proceso, e non antes, a Comisión Provincial de Vivenda pode ter en

conta as condicións familiares para adaptalas ás características da vivenda.

É posible que estas familias que quedaron seleccionadas mediante sorteo,

rexeiten a vivenda adxudicada dado que non se adapta as súas características

familiares e ao mesmo tempo, é posible que as que quedaron fóra do sorteo, si

reuniran unhas características familiares que si se adecuaban ás vivendas. Polo

tanto, podémonos atopar persoas que renunciando á vivenda por este motivo,

levan anos inscritas no Rexistro sen poder acceder a unha vivenda.

Outro instrumento posto en marcha foi o Programa de Vivendas Baleiras, cun

Convenio asinado entre o IGVS e a FEGAMP para os exercicios 2016, 2017,

2018 e 2019 cun orzamento de só 690.000 euros para as catro anualidades.

Ante a gravidade do problema dos desafiuzamentos en Galiza, é preciso avaliar a

eficacia dos instrumentos que tentan palialo, e actuar en consecuencia.

Polo anteriormente exposto o Grupo Parlamentario de En Marea presenta a

seguinte Interpelación:

1) Cantas vivendas de promoción Publica propiedade do IGVS hai baleiras en

Galiza?

2) Existen diferencias significativas entre concellos ou provincias?

3) Cales cree a Xunta de Galicia que son os motivos?

68

Page 569: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

4) Cantas renuncias se producen ao ano unha vez sorteadas as vivendas de

protección pública?

5) Por que considera que se producen ditas renuncias?

6) Cantas vivendas se están destinando ao alugueiro e cantas á compra?

7) Que criterio segue o IGUS neste caso para destinalas a unha categoría ou a

outra?

8) Considera suficiente a provisión de vivenda pública do IGVS?

9) Está a incrementarse o parque público de vivenda en aluguer?

10) De ser así, cales son as cifras?

11) Teñen pensado mudar o Decreto 253/2007 de 13 de decembro de réxime

xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda

e Solo?

12) Cantas vivendas están acollidas ao Programa de Vivendas Baleiras derivadas

do convenio IGVS-FEGAMP?

13) Cantas persoas foron aloxadas nas vivendas acollidas a dito Programa de

Vivendas Baleiras?

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017.

Asdo.: Antón Sanchez García

Deputado do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

69

Page 570: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Antón Sánchez García na data 01/09/2017 12:24:31

70

Page 571: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

5.2 20052(10/INT-000661)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis

Sobre o funcionamento da AP-9

Publicación da iniciativa, 211, 15.11.2017

71

Page 572: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Luis Bará Torres, Montserrat Prado Cores, Ana Pontón Mondelo, Olalla

Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Rivas Cruz, deputadas e

deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Interpelación.

Nunha resposta parlamentaria ao BNG no pleno do día 8 de novembro de 2017,

a conselleira de Infraestruturas e Vivenda afirmou que lle enviara o 27 de outubro unha

carta e un correo electrónico ao Ministerio de Fomento en relación co monumental

atasco que se produciu na ponte de Rande nesa mesma data como consecuencia dunha

grave falta de previsión da concesionaria.

Dada a trascendencia pública destes feitos e a preocupación social en elación co

mal funcionamento do servizo da autoestrada AP 9, formúlase a seguinte interpelación:

Que medidas prevé adoptar o goberno da Xunta para mellorar o servizo que

presta a concesionaria da AP 9 e evitar os atascos que se repiten de maneira reiterada e

inxustificada nesta infraestrutura?

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Asdo.: Luis Bará Torres

72

Page 573: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Ana Pontón Mondelo

Olalla Rodil Fernández

Noa Presas Bergantiños

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Xosé Luis Bará Torres na data 09/11/2017 17:15:52

María Montserrat Prado Cores na data 09/11/2017 17:15:58

Ana Pontón Mondelo na data 09/11/2017 17:15:59

Xose Luis Rivas Cruz na data 09/11/2017 17:16:01

Olalla Rodil Fernández na data 09/11/2017 17:16:02

Noa Presas Bergantiños na data 09/11/2017 17:16:04

73

Page 574: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

5.3 20233(10/INT-000669)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

Sobre a política do Goberno galego en materia laboral na

Administración de xustiza

Publicación da iniciativa, 215, 22.11.2017

74

Page 575: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada e Matilde

Begoña Rodríguez Rumbo, deputadas e deputado pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

Mesa a seguinte interpelación.

Representantes de todos os sindicatos con representación entre o

persoal dos edificios xudiciais de Galicia (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF,

STAJ, CIG e CCOO) veñen celebrando asembleas nos últimos tempos,

nas que teñen acordado iniciar mobilizacións ao longo dos vindeiros

meses, que ata poderían chegar a unha posible folga indefinida. O

primeiro será unha concentración ante as sedes xudiciais das 7 cidades

o día 16 de novembro, unha folga xeral os días 1 e 13 de decembro e, se

estas medidas non resultan, a posibilidade dunha folga indefinida a

finais de xaneiro. Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia,

Administracións Públicas e Xustiza non entende o significado da

palabra diálogo.

As protestas van ser secundadas por todos os e as traballadoras, salvo

xuíces e fiscais, para reclamar ao Goberno da Xunta de Galicia que

acabe coa discriminación con respecto aos e ás funcionarias do sector

noutras comunidades, en cuestións como o complemento autonómico

transitorio, descontos por incapacidade laboral ou substitucións. Como

dato, o persoal funcionario de Xustiza de Galicia, entre 2013 e 2016,

perderon de media o equivalente a 3 pagas extraordinarias.

A maiores, reclaman que a Dirección Xeral de Xustiza fixe, xunto cos

sindicatos, os órganos e as localidades onde se van consolidar as prazas

de reforzo e quéixanse da eliminación dunhas 106 prazas dende o ano

2012, o que supón maior carga de traballo, seccións das audiencias

provinciais atascadas e problemas á hora da execución das sentenzas,

entre outros.

Finalmente, todo isto incide na peor calidade do servizo da Xustiza á

cidadanía.

75

Page 576: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto anteriormente, as deputadas e o deputado que asinan

interpelan ao Goberno galego nos seguintes termos:

1. Cal é a opinión do Goberno galego respecto das reclamacións dos

sindicatos con representación entre o persoal dos edificios

xudiciais de Galicia?

2. Que vai facer o Goberno galego ante as mobilizacións anunciadas

ao longo dos vindeiros meses?

3. Vai equiparar o Goberno galego os salarios das persoas

traballadoras de Xustiza coa media do resto de comunidades

autónomas? Cando?

4. Vai consolidar o Goberno galego as prazas que responden a

necesidades estruturais? Cando?

5. Vai repoñer o Goberno todas as prazas que foron amortizadas?

Cando?

Pazo do Parlamento, 14 de novembro de 2017

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Juan Manuel Díaz Villoslada

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 14/11/2017 13:55:44

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 14/11/2017 13:55:50

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 14/11/2017 13:56:02

76

Page 577: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

77

Page 578: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

6.1 20739(10/POPX-000061)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a estratexia que vai impulsar o Goberno galego para

enfrontar a incidencia das decisións do Goberno central para

Galicia

78

Page 579: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Pontón Mondelo, Portavoz do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 152.2 do

Regulamento da Cámara e das normas supletorias do 17 de marzo de 2015,

formula a seguinte PREGUNTA dirixida ao Presidente do Goberno, para a súa

resposta oral en Pleno.

PREGUNTA AO PRESIDENTE:

Que estratexia vai impulsar a Xunta para enfrontar os agravios do Estado

con Galiza?

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Asdo.: Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Pontón Mondelo na data 27/11/2017 12:19:46

79

Page 580: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

6.2 20763(10/POPX-000062)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Fernández Leiceaga, Xoaquín María

Sobre a avaliación do Goberno galego respecto do esforzo do

Goberno central en relación co impulso das infraestruturas en

Galicia

80

Page 581: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152.2,

presenta ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Pleno, dirixida ao Sr. presidente da Xunta de Galicia.

Sr. presidente, que avaliación fai do esforzo do Goberno de

España en relación co impulso ás infraestruturas en Galicia?

Pazo do Parlamento, 27 de novembro de 2017

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 27/11/2017 13:24:30

81

Page 582: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

6.3 20831(10/POPX-000063)

Grupo Parlamentario de En Marea

Villares Naveira, Luis

Sobre as razóns do resultado da política de infraestruturas

de transporte da Xunta de Galicia

82

Page 583: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

Luís Villares Naveira, Voceiro do Grupo Parlamentar de En Marea, ao

abeiro do disposto no artigo 152.2 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte PREGUNTA, para a súa resposta oral en Pleno, dirixida ao Presidente

da Xunta de Galicia.

Como explica o Presidente o estrondoso fracaso na política de infraestruturas de

transporte da Xunta de Galicia?

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

Asdo.: Luís Villares Naveira

Voceiro do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luis Villares Naveira na data 27/11/2017 18:05:46

83

Page 584: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7. Preguntas ao Goberno

84

Page 585: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.1 18638(10/POP-002246)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis

Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do

Camiño de Santiago 2015-2021

Publicación da iniciativa, 195, 18.10.2017

85

Page 586: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Abel Fermín Losada Álvarez e José Manuel

Pérez Seco, deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Pleno.

O Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021, elaborado pola Xunta de

Galicia, contén catro obxectivos, cinco Retos e catro Eixes de desenvolvemento e

liñas estratéxicas.

O dito Plan director establece como obxectivos:

- Protexer e preservar o Camiño para garantir a pervivencia da súa

identidade e a posta en valor do seu patrimonio cultural e natural.

- Responder ás necesidades do peregrino do S.XXI, ofrecendo unha

excelente hospitalidade na acollida e favorecendo unha experiencia de

calidade durante toda a súa peregrinación.

- Fomentar a cohesión social e o equilibrio territorial.

- Seguir constituíndo a identidade universal de Galicia e de Europa “

O Plan tamén establece os eixes de desenvolvemento:

EIXO 1.GOBERNANZA

EIXO 2. XESTIÓN

EIXO 3. USO

EIXO 4. DIFUSIÓN

E, dentro de cada eixe de desenvolvemento, establécense as liñas estratéxicas co

seu plan de actuación, eixo, obxectivo, axentes implicados e accións a impulsar.

Así, os concellos aparecen como axentes implicados dentro de varias das liñas

estratéxicas do Plan, sendo uns dos actores máis importantes para o correcto

desenvolvemento deste plan.

86

Page 587: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por iso a deputada e os deputados que asinan preguntan:

Cal é o nivel de desenvolvemento do Plan director do Camiño de Santiago 2015-

2021?

Pazo do Parlamento, 10 de outubro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 10/10/2017 18:36:43

Abel Fermín Losada Álvarez na data 10/10/2017 18:36:50

Jóse Manuel Pérez Seco na data 10/10/2017 18:37:00

87

Page 588: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.2 20175(10/POP-002399)

Grupo Parlamentario de En Marea

Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula

Sobre a opinión do Goberno galego en relación coas

declaracións do fiscal delegado de Medio Ambiente respecto

dos lumes declarados en Galicia a mediados de outubro de 2017

Publicación da iniciativa, 215, 22.11.2017

88

Page 589: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

Davide Rodríguez Estévez e Paula Quinteiro Araújo, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo

155 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral en Pleno.

Coa finalidade de limpar a súa mala imaxe, o Goberno da Xunta dedicou máis de

77.000 euros de tódolos galegos e galegas a un anuncio impreso que reproducía

as declaracións de Núñez Feijóo do luns día 16. Ditas declaracións centrábanse

en responsabilizar a os “terroristas incendiarios” dos lumes que asolaron Galicia

a fin de semana do 15 de outubro. A día de hoxe, continuamos sen ter ningunha

proba da existencia de tales terroristas.

No ano 2006, a Fiscalía Superior de Galicia realizou un informe para determinar

cales foran as causas da vaga de lumes que ese ano calcinara máis de 95.000

hectáreas. O informe actualizouse nos anos 2010 e 2011. En tódolos casos, a

Fiscalía concluíu que non existía ningún tipo de organización criminal tralos

incendios. Agora, o fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz,

defende que se repiten as mesmas pautas e patróns que se produciron no pasado,

e que, polo tanto, non temos ningunha razón para mudar a nosa opinión no que

atinxe ás causas dos lumes.

O único detido ata o momento, un home que cometeu unha imprudencia mentres

asaba chourizos, tampouco permite pensar que exista ningún tipo de

intencionalidade criminal na orixe do fogo.

O sector da madeira decántase tamén pola hipótese de que o problema real dos

montes galegos é a ausencia de políticas forestais e agrarias acordes ao noso

89

Page 590: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

entorno, así como a despoboación do rural e o nulo interese institucional por

apoiar unha economía forestal sostible a longo prazo.

Temos, polo tanto, boas razóns para pensar que as declaracións de Núñez Feijóo,

impresas con cartos públicos, foron, ademais de precipitadas e oportunistas,

radicalmente falsas.

Por todo o exposto, as deputadas asinantes presentan a seguinte pregunta para a

súa resposta oral en Pleno:

Que opinión lle merece ao Goberno da Xunta as declaracións do fiscal

delegado de Medio Ambiente, contrarias á hipótese do terrorismo

incendiario defendida por Núñez Feijóo?

Santiago de Compostela a 13 de novembro de 2017

Asdo.: Davide Rodríguez Estevez,

Paula Quinteiro Araújo

Deputado e deputada do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 13/11/2017 12:37:32

90

Page 591: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Paula Quinteiro Araújo na data 13/11/2017 12:37:40

91

Page 592: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.3 20750(10/PUP-000122)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Presas Bergantiños, Noa e 5 máis

Sobre a proposta do Goberno galego para que Galicia non saia

perdendo na negociación do novo modelo de financiamento

autonómico

92

Page 593: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Noa Presas Bergantiños, Montserrat Prado Cores, Ana Pontón

Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Luis Bará Torres e Xosé Luis Rivas Cruz,

deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no artigo 155.5 do Regulamento da Cámara,

presentan a seguinte Pregunta para resposta oral en Pleno, polo trámite de

urxencia.

Xustificación da urxencia

Dentro do proceso de revisión e reforma do Sistema de Financiamento

Autonómico, as comunidades de réxime común deberán concluír no mes de

novembro a súa avaliación a respecto do citado informe do Comité de Expertos e

elaborar as súas conclusións ou informes propios e remitilas para a súa

valoración. Porén, neste momento o Parlamento Galego non ten información ao

respecto da posición de Galiza.

Diante disto, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a

través dos deputados e deputadas asinantes, formula a seguinte pregunta para a

súa resposta oral ante o Pleno, polo trámite de urxencia:

Cal é a proposta do goberno galego neste momento de negociación do

novo modelo de financiamento para que Galiza non saia perdendo?

93

Page 594: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Xosé Luis Rivas Cruz

Ana Pontón Mondelo

Olalla Rodil Fernández

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 27/11/2017 13:02:13

María Montserrat Prado Cores na data 27/11/2017 13:02:17

Ana Pontón Mondelo na data 27/11/2017 13:02:19

Xose Luis Rivas Cruz na data 27/11/2017 13:02:20

Olalla Rodil Fernández na data 27/11/2017 13:02:21

94

Page 595: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Xosé Luis Bará Torres na data 27/11/2017 13:02:23

95

Page 596: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.4 19895(10/POP-002375)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto do impulso

ante o Goberno central da transformación portuaria e

urbanística da cidade da Coruña mediante a constitución dun

consorcio público que lidere este reto

Publicación da iniciativa, 211, 15.11.2017

96

Page 597: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Juan Manuel Díaz Villoslada, Begoña Rodríguez Rumbo, María Dolores Toja

Suárez, María Luisa Pierres López e Raúl Fernández Fernández, deputados e

deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

O día 3 de decembro de 1992 o petroleiro Mar Egeo encallaba a carón da Torre

de Hércules. En poucas horas 67 mil toneladas de cru bañaban as costas

coruñesas e só o cambio de rumbo do vento evitou unha catástrofe por

intoxicación masiva na cidade. O dano biolóxico afectou a toda a costa entre a

Coruña e Ferrol. Os coruñeses viviron con angustia aqueles días, tendo na

memoria aínda a nube do Urquiola fundíndose en plena baía.

No ano 1995 a Autoridade Portuaria da Coruña inicia os estudos previos para a

construción dunha nova dársena exterior para substituír e mellorar as dotacións

do porto coruñés motivado polo crecemento dos tráficos portuarios, a intensa

actividade da refinería, os maiores requirimentos da central térmica e os

sucesivos problemas ambientais derivados de naufraxios. Facíase necesario

empezar a pensar na necesidade de afastar o groso da actividade portuaria do

corazón urbano.

O 19 de decembro de 2002 o Prestige partiuse en dous baleirando setenta e sete

mil toneladas de cru que se repartiron polas costas galegas provocando un dos

maiores desastres ecolóxicos da historia marítima, e xerando un amplo debate

sobre a necesidade e radicación de portos refuxio e as condicións de navegación

dos petroleiros.

A Coruña non só non foi allea a aqueles debates senón que se uniu coa

experiencia dos tres naufraxios recentes e, ademais, coa consciencia de ter no seu

subsolo catro barrios e seis quilómetros de canalizacións de gas e cru desde Os

Castros ata a refinería.

97

Page 598: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

É neste contexto cando se consegue a aprobación do Goberno de España o

compromiso firme de construción do Porto exterior. O 4 de febreiro de 2004

subscríbese un convenio entre o Goberno central, a Xunta, Adif e os concellos de

Arteixo e A Coruña, co que se pretendía:

- Dotar dun marco xurídico os acordos acadados entre as institucións

implicadas.

- Aprobar un cronograma provisional de traslado de actividades portuarias

do Porto interior ao exterior e a desafectación paulatina dos terreos.

- Prever os usos dos solos ocupados polo porto interior.

- Incluír os ditos solos nas previsións de financiamento do Porto exterior.

- Remitir a redacción dunha modificación do PGOM e un PERI do porto os

usos do solo, ata a data ocupado polo Porto interior.

O convenio será aprobado polo Pleno municipal en xullo dese mesmo ano.

Disponse que na Zona 1 (Batería e Calvo Sotelo), a edificabilidade asignada será,

polo menos, de 34.458 m2 edificables, para usos hoteleiro, oficinas e comercial.

Disponse que na Zona 2 (San Diego, incluída estación ferroviaria) a

edificabilidade residencia sexa de, polo menos, 344,581 m2 (275.665 m2 para

libre e 68.916 m2 para protexida) e 51.687 m2 para terciario.

O propio convenio recolle que o Ministerio estima “que a reordenación destes

terreos, unha vez tramitada a súa desafectación conforme á lexislación vixente,

debe servir para a mellora e o desenvolvemento das estruturas urbanas da

Coruña, para conseguir un peche da fachada marítima da máxima calidade

arquitectónica e para mellorar a seguridade e a calidade medioambiental da

cidade.”

O Porto exterior adxudícase o 20 de decembro dese mesmo ano. Seis anos

despois estaban finalizados os principais elementos do porto: dique, contradique,

viarios e superestrutura do peirao, se ben o acceso ferroviario segue sendo a gran

materia pendente.

Atendendo a estas disposicións, o urbanista Joan Busquets redactou un

documento de ordenación de terreos portuarios que respectaba a división zonal

prevista e que propoñía unha distribución de usos e solos acordes coas

disposicións acordadas entre as institucións asinantes.

98

Page 599: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Nestes últimos meses o debate en canto ao presente e ao futuro do Porto exterior

e da fachada portuaria interior da cidade, regresou a un primeiro plano, con

permanentes desencontros entre o Goberno municipal da Coruña, o Ministerio de

Fomento, a través de Puertos del Estado e da Autoridade portuaria da Coruña, e

mesmo coa utilización por parte do presidente da Xunta de atribucións non

competencia da súa administración sobre os usos de solos do porto, deixando en

terreo de ninguén o proxecto da cidade.

Pero non foron os únicos detonantes da necesidade de arbitrar unha solución:

- A inquedanza instalada nos sectores profesionais vinculados ao porto pola

opacidade do Goberno de España arredor da conexión ferroviaria.

- Os datos de actividade portuaria dos últimos anos non foron os desexados

por se ter instalado na Autoridade portuaria unha actitude de

conformismo, limitándose a xestionar desde a inercia os tráficos

“cautivos” dependentes das instalacións de carbón o refino e cuxa

dependencia acada xa case o 90 % dos tráficos, sen, ao parecer,

propoñerse maiores expectativas. A pesar dos leves incrementos de

tráficos totais, o certo é que as cifras do Porto está en niveis de 2005.

- Os movementos de tráficos xerais ven como diminúe o seu peso relativo

na actividade portuaria, co que isto significa de perda de operadores de

carga e de perda de posicións da dársena coruñesa respecto a outras.

Conscientes diso e tamén da importancia secular do Porto na cidade da Coruña,

tanto desde o punto de vista económico como social, os socialistas facemos un

chamamento ás institucións- Concello, Porto, Xunta, Fomento e Adif –e aos seus

responsables, a entenderse e acadar acordos nun momento crucial para a cidade e

o Porto Exterior e desenvolver os pasos necesarios para a posta en marcha dun

Consorcio Público que lidere os traballos necesarios para unha correcta

desafectación dos terreos e a súa necesaria reordenación.

Os desencontros actuais entre administracións non solo non contribúen a

mellorar o posicionamento económico da cidade e o do porto, senón que

contribúen a un debate mal intencionado e interesado que trata de desacreditar

unha infraestrutura necesaria, moderna e chamada a ser o motor económico do

norte de Galicia, ao tempo que demora a necesaria transformación da fachada

marítima da Coruña.

99

Page 600: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo os deputados e as deputadas que asinan conscientes da importancia do

Porto Exterior da Coruña e a súa natureza estratéxica respecto á economía da

cidade e da comunidade autónoma, preguntan:

Que previsións ten o Goberno galego para impulsar diante da Administración do

Estado a transformación portuaria da cidade da Coruña mediante a constitución

dun ente consorcial público que lidere este reto?

Pazo do Parlamento, 8 de novembro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 08/11/2017 11:42:51

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 08/11/2017 11:43:03

María Dolores Toja Suárez na data 08/11/2017 11:43:10

María Luisa Pierres López na data 08/11/2017 11:43:24

Raúl Fernández Fernández na data 08/11/2017 11:43:30

100

Page 601: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.5 20781(10/PUP-000123)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis

Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia diante da

situación da falla de auga que está a vivir a área

metropolitana de Vigo

101

Page 602: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández

Fernández e María Luisa Pierres López, deputados e deputadas

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 155.5 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral

urxente en Pleno.

Xustificación da urxencia

A urxencia vén dada pola alarma xerada ante a escaseza de auga

que afecta a numerosas áreas da Comunidade Autónoma; e que,

ante as previsións das próximas semanas da falla de precipitacións,

medra de maneira importante na principal aglomeración

demográfica de Galicia.

Despois de case un mes dende a declaración de alerta por seca, que

medidas pensa adoptar a Xunta de Galicia ante a situación de falla de

auga que está vivindo a área metropolitana de Vigo?

Pazo do Parlamento, 27 de novembro de 2017

Asdo.: Abel Losada Alvarez

Patricia Vilán Lorenzo

Raúl Fernández Fernández

María Luisa Pierres López

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

102

Page 603: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Abel Fermín Losada Álvarez na data 27/11/2017 14:22:49

Patricia Vilán Lorenzo na data 27/11/2017 14:22:56

Raúl Fernández Fernández na data 27/11/2017 14:23:00

María Luisa Pierres López na data 27/11/2017 14:23:06

103

Page 604: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.6 20808(10/PUP-000124)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo

Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa

situación de seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa,

indicando as medidas adoptadas ao respecto en coordinación

cos concellos

104

Page 605: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á Mesa do Parlamento

Gonzalo Trénor López, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 155.5 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno polo trámite de urxencia.

Xustificación da urxencia:

A urxencia ven motivada pola necesidade de que se dea conta canto antes sobre esta cuestión

no Parlamento de Galicia.

Exposición de motivos:

Galicia está a vivir unha situación atípica de seca prolongada, que se ben non é excepcional, conta con poucos precedentes nos últimos anos, polo que merece unha atención especial por parte do Goberno galego.

A Xunta de Galicia conta cun Plan de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado en 2013. Segundo ten informado a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no marco deste plan, e debido ás especiais características climatolóxicas que se veñen producindo nos últimos meses, estase a facer desde setembro de 2016 un seguimento continuo e exhaustivo da evolución dos recursos hídricos.

Tendo en conta estes datos, en setembro de 2016, Augas de Galicia activou o estado de prealerta hidrolóxica nos sistemas de explotación nº 1 (Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona ), nº 2 (Costa de Pontevedra) e nº 8 (Río Castro), constituíndose, así mesmo, a Oficina Técnica da Seca co fin de realizar un seguimento da evolución dos distintos índices de avaliación da situación e adoptar as medidas oportunas e procedentes en cada caso.

Á vista do seguimento realizado en todos os sistemas de explotación da demarcación, en xaneiro de 2017, ampliouse o estado de Prealerta a tódolos sistemas de explotación. E, debido á persistencias das condicións climatolóxicas, o pasado 2 de outubro activouse o estado de alerta hidrolóxica nos seis sistemas de explotación que presentaban unha situación mais desfavorable (os sistemas de explotación: 1 Río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; 2 Costa

105

Page 606: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

de Pontevedra; 7 Río Xallas; Costa de A Coruña e ría de Corcubión; 8 Río O Castro; 11 Río Mero; Arteixo e ría de A Coruña; 12 Río Mandeo e ría de Betanzos). Un mes despois, o 2 de novembro, a alerta ampliouse ao sistema do río Lérez.

Segundo ten informado a Consellería, en todo momento se lle realizou aos concellos recomendacións para a adopción de medidas que están dentro das competencias municipais e que teñen como obxectivo reducir os consumos non esenciais de auga. Tamén se lle recomendou que intensificasen as labores de mantemento da rede de abastecemento de cara a minimizar perdas de augar e realizar unha optimización do funcionamento do sistema de abastecemento.

E, ademais, instouse á cidadanía a facer un uso responsable do recurso, realizando accións de sensibilización á poboación por medio de campañas que promoven o aforro e o uso responsable da auga.

Por todo o exposto,

Que valoración fai a Xunta de Galicia da situación de seca na demarcación Galicia-Costa indicando as medidas que se teñen tomado en coordinación cos concellos?.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017 Asinado dixitalmente por:

Gonzalo Trenor López na data 27/11/2017 17:37:14

106

Page 607: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.7 18713(10/POP-002254)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodil Fernández, Olalla e 5 máis

Sobre a actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en

relación co barrio da Tinería, de Lugo

Publicación da iniciativa, 200, 25.10.2017

107

Page 608: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

Olalla Rodil Fernández, Luis Bará Torres, Ana Pontón Mondelo, Xosé Luis

Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas Bergantiños, O Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Pleno, sobre a venda de 11 inmóbeis propiedade da Xunta de Galiza no barrio da

Tinería (Lugo) e as medidas que prevé adoptar no marco do proxecto de rehabitación e

rehabilitación deste espazo.

A Xunta de Galiza anunciou que venderá os inmóbeis que foron adquiridos polo

Goberno galego no barrio da Tinería (Lugo) despois de ter desenvolvido un importante

investimento público na súa compra e recuperación.

A decisión adoptouse despois de anos de paralización do proxecto de

rehabilitación e rehabitación que se puxera en marcha desde a Consellaría de Vivenda

durante o Goberno bipartito e que tiña entre os seus obxectivos orientar o uso e

ocupación dos inmóbeis para pular por estabelecementos compatíbeis cun barrio situado

no corazón da cidade de Lugo, no seo do seu casco histórico, vertebrado alén do máis

por tres bens declarados Patrimonio da Humanidade: a Muralla, a Catedral e o Camiño

Primitivo.

Un proxecto de rehabilitación e rehabitación, cómpre lembrar, recoñecido

internacionalmente en 2008 polas Nacións Unidas (UN-Habitat) no marco do Programa

de Mellores Prácticas e Liderazgo Local conseguindo o primeiro premio no apartado de

rehabilitación de cascos históricos.

108

Page 609: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Porén o Goberno galego pretende vender 11 dos locais que posúe en propiedade

na Tinería, cun prezo de saída de 24 mil euros, e malia que valora a posibilidade de

alugalos o delegado da Xunta en Lugo asegurou que priorizarán a compra. Cómpre

sinalar que nalgúns dos inmóbeis atópanse restos arqueolóxicos como cloacas romanas.

O anuncio desta venda produciuse antes mesmo de ter lugar a primeira xuntanza

da mesa de traballo constituída para abordar as distintas problemáticas que atinxen o

barrio, na que están representadas a veciñanza, a corporación local (incluídas as forzas

da oposición), a Xunta e a Subdelegación do Goberno español en Lugo.

Alén disto, a parálise na que se atopa o proxecto de rehabilitación e rehabitación

do barrio da Tinería deixa moitas incógnitas sobre que acontecerá con outras

importantes unidades de actuación como a U17 na que se atopan os fornos romanos que

se prevían musealizar para poder visitalos; a U18 situada fronte ao Pazo de Dona Urraca

e o propio Pazo, unha xoia arquitectónica medieval aínda sen rehabilitar.

Por todo o exposto formúlase a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Pleno:

Que pensa facer a Xunta de Galiza co barrio da Tinería en Lugo?

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

Asdo.: Olalla Rodil Fernández

Luis Bará Torres

109

Page 610: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

Noa Presas Bergantiños

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Ana Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Olalla Rodil Fernández na data 13/10/2017 11:20:18

María Montserrat Prado Cores na data 13/10/2017 11:20:22

Ana Pontón Mondelo na data 13/10/2017 11:20:24

Xose Luis Rivas Cruz na data 13/10/2017 11:20:26

Noa Presas Bergantiños na data 13/10/2017 11:20:27

Xosé Luis Bará Torres na data 13/10/2017 11:20:29

110

Page 611: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.8 19836(10/POP-002364)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Arias, Marta e 8 máis

Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal do Salnés

desde a entrada en funcionamento do sistema de Estrutura

Organizativa de Xestión Integrada, EOXI

Publicación da iniciativa, 211, 15.11.2017

111

Page 612: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

A Mesa do Parlamento

Marta Rodríguez Arias, Aurelio Núñez Centeno, Encarna Amigo Díaz, Marián

García Míguez, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Soraya Salorio Porral, Miguel

Tellado Filgueira, Raquel Arias Rodríguez e Sandra Vázquez Domínguez,

deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

Desde o Grupo Parlamentario Popular de Galicia, queremos interesarnos polo

funcionamento da Estrutura de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e o Salnés, na

que se inclúe o Hospital do Salnés.

A Área Integrada de Pontevedra e o Salnés, proporciona asistencia para a mellora da

saúde da súa poboación, onde a docencia e a investigación se constitúen como

elementos inherentes ao proceso asistencial. Conta con excelentes profesionais,

medios tecnolóxicos, de información e comunicación, que utiliza con eficiencia,

efectividade, seguridade e eficacia co fin de contribuír ao benestar da sociedade.

Integra Atención Especializada, rede de Atención Primaria, outras institucións e centros

implicados coa saúde, establecendo alianzas que garanten a continuidade asistencial e

a mellora global do sistema.

Polo tanto, o obxectivo é achegar o maior número de servizos sanitarios posibles aos

cidadáns e é un exemplo máis da determinación da Xunta de potenciar o Hospital do

Salnés, dotándoo de máis servizos e converténdoo nun hospital máis moderno, co

112

Page 613: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

obxecto de achegar os servizos ao paciente para que reciba o mellor servizo o máis

próximo ao seu domicilio.

Por todo isto, os deputados asinantes, formulamos a seguintes pregunta en Pleno:

Cales son as melloras que ten experimentado o Hospital do Salnés dende a entrada en

funcionamento do sistema de Estruturas de Xestión Integrada (EOXI)?

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

Asinado dixitalmente por:

Marta Rodriguez Arias na data 07/11/2017 11:36:20

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 07/11/2017 11:36:37

María Encarnación Amigo Díaz na data 07/11/2017 11:36:43

María Ángeles Garcia Míguez na data 07/11/2017 11:36:48

Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 07/11/2017 11:36:54

María Soraya Salorio Porral na data 07/11/2017 11:37:02

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 07/11/2017 11:37:10

Raquel Arias Rodríguez na data 07/11/2017 11:37:18

Sandra Vázquez Dominguez na data 07/11/2017 11:37:26

113

Page 614: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.9 20829(10/PUP-000125)

Grupo Parlamentario de En Marea

Solla Fernández, Eva e 2 máis

Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para

garantir o dereito á saúde dos veciños afectados pola

contaminación por lindano existente no concello do Porriño

114

Page 615: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á MESA DO PARLAMENTO

Eva Solla Fernández, Luís Villares Naveira e Marcos Cal Ogando, deputada

e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario de En Marea, ao abeiro do

disposto no artigo 155.5 do Regulamento da Cámara presentan a seguinte

Pregunta urxente para a súa resposta oral en Pleno, relativa á gravidade da

contaminación por Lindano que sofre o Concello do Porriño.

Xustificación da Urxencia.

O lindano é un composto altamente tóxico que ademais presenta certas

característica que o converten en perigoso para a saúde humana, tratase dun

composto altamente persistente de lenta e difícil degradación, que se incorpora

con facilidade as graxas dos animais que o inxiren ou inhalan, bioacumulándose

nas redes tróficas. A exposición prolongada pode provocar afeccións severas

renais, hepáticas, hormonais, xinecolóxicas, sanguíneas e nerviosas.

O lindano ademais é relativamente volátil, susceptible de transportarse polo aire

ou adherido a partículas podendo afectar polo tanto a grandes áreas de

poboación. Un dos factores que incrementa a súa perigosidade é a grande

cantidade de residuos que xera na súa elaboración. A ineficiencia do proceso de

produción provoca que por cada tonelada producida se xeren entren seis e dez

toneladas de residuos que presentan as mesmas características de toxicidade que

o lindano fabricado.

115

Page 616: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

En Galicia este composto fabricouse na planta de Zeltia no Porriño dende 1947

ata 1964 , tempo no que mais de 1.000 toneladas foron verquidas polo noso

territorio. No propio terreo ocupado pola factoría e onde foron depositados

residuos contaminantes construíronse vivendas de protección oficial en 1975 sen

que a zona fose descontaminada, anos máis tarde descubriuse que existían

altísimas concentracións deste produto tanto na superficie como nas augas

subterráneas e de abastecemento, o que supuxo que a poboación estivese exposta

a altos niveis de contaminación durante anos (exposición que en moitos casos

aínda continúa a producirse), coas conseguintes consecuencias para a súa saúde,

foi este o motivo polo que en 2010 os habitantes do bloque situado sobre os

residuos foron trasladados.

A pesar de todo isto, non se adoptaron as medidas sanitarias e ecolóxicas

oportunas e a día de hoxe análises realizadas demostran que existen altísimos

valores de contaminación por Lindano en Torneiros (Porriño) e outros lugares do

propio concello e outros colindantes como Mos.

Os veciños denuncian indefensión e reclaman medidas que garantan a súa

seguridade , eliminando este problema, de forma que se actúe sobre os puntos

onde exista contaminación se proceda a súa retirada e posterior depósito de

forma segura e controlada, así como se establezan as medidas sanitarias que

permitan garantir a saúde da poboación.

Actuacións que deben ir máis alá da simple clausura dos pobos e subministros

de auga contaminados, actuando tamén sobre camiños e vivendas afectados .

É preciso realizar informas toxicolóxicos para coñecer ata onde está afectada a

poboación, e activar os protocolos de atención necesarios.

116

Page 617: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Polo anteriormente sinalado o Grupo Parlamentario de En Marea formula a

seguinte Pregunta para a súa resposta oral no Pleno, con carácter urxente:

Que medidas vai adoptar o Goberno para asegurar o dereito á sáude dos veciños

afectados?

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

Asdo.: Eva Solla Fernández

Luís Villares Naveira

Marcos Cal Ogando

Deputada e deputados do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 27/11/2017 18:20:03

Luis Villares Naveira na data 27/11/2017 18:20:12

Marcos Cal Ogando na data 27/11/2017 18:20:20

117

Page 618: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 04.12.2017 Hora: 10:00

Orde do día

7.10 19088(10/POP-002281)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Arias, Marta e 7 máis

Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa posta

en marcha do programa Reconduce como instrumento de

prevención e abordaxe das situacións das persoas e familias

en risco grave de desafiuzamento

Publicación da iniciativa, 200, 25.10.2017

118

Page 619: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Á Mesa do Parlamento Marta Rodríguez Arias, Aurelio Nuñez Centeno, Marian García Miguez,Encarna Amigo Díaz, Marta Rodriguez-Vispo Rodríguez,Diego calvo Pouso, Miguel Tellado Filgueira e Soraya Salorio Porral, deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta Oral en Pleno.

A Xunta de Galicia puxo en marcha, no ano 2013, o Programa Reconduce co obxectivo prioritario de dar resposta ás persoas e familias en risco ou en situación de desafiuzamento da súa vivenda.

Este Programa se puxo en marcha coa colaboración de cinco departamentos da Xunta de Galicia: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Consellería de Traballo e Benestar; Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Facenda.

Tamén colaboraron na súa posta en marcha os axentes sociais: FEGAMP, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Consello Xeral do Poder Xudicial e entidades financeiras.

Este programa busca reducir as situacións de vulnerabilidade económica e/ou social que padecen as persoas e familias en risco de desafiuzamento da súa vivenda habitual.

No programa electoral co que concorremos ás eleccións autonómicas do ano 2016, o Partido Popular de Galicia adquiriu o compromiso de “impulsar o Programa Reconduce, dirixido á atención de situacións persoais de risco de desafiuzamento, mellorando o acceso, a través do reforzo de novos equipos profesionais nas provincias e da ampliación das súas funcionalidades”.

Por todo isto, os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte Pregunta Oral en Pleno:

-Como valora a Xunta de Galicia o Programa Reconduce como instrumento de prevención e abordaxe das situacións das persoas e familias en risco grave de desafiuzamento?

119

Page 620: 4 de decembro de 2017 10.00 horas - parlamento.gal · Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021 Publicación da iniciativa, BOPG n.º

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2.017. Asinado dixitalmente por:

Marta Rodriguez Arias na data 19/10/2017 13:28:01

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 19/10/2017 13:28:16

María Ángeles Garcia Míguez na data 19/10/2017 13:28:25

María Encarnación Amigo Díaz na data 19/10/2017 13:28:33

Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 19/10/2017 13:28:44

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 19/10/2017 13:29:00

María Soraya Salorio Porral na data 19/10/2017 13:29:15

Diego Calvo Pouso na data 19/10/2017 13:29:25

120