camiño do corgo

25
I.E.S. MONELOS CURSO 2009/2010 ANO 12

Upload: tecno-monelos

Post on 17-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Revista IES Monelos

TRANSCRIPT

Page 1: Camiño do corgo

I.E.S. MONELOS

CURSO 2009/2010

ANO 12

Page 2: Camiño do corgo

ÍndiceÍndiceÍndiceÍndice

1. Presentación..................................................................................32. Disaster Day..................................................................................4-53. Reter As Palabras..........................................................................54. Meat Is Murder.............................................................................6-75. Como Peixes No Mar...................................................................76. A Normalización Do Galego, Nos Ámbitos Correctos?........87. Derradeiros Versos.......................................................................98. A Casa de Uxío..............................................................................10-119. Vivir Co Meu Pai: Bernardino Graña Villar...........................1210. You Dai – Ti Dai...........................................................................1311. A Galiza Da Aldea........................................................................1412. A Goma De Borrar.......................................................................15-1613. O Home Ferruche.........................................................................1614. Eu.....................................................................................................1715. O Porco...........................................................................................1716. Proxectos De Futuro.....................................................................1817. Teño Todo Agochadiño...............................................................1918. Goodbye Lenin..............................................................................1919. Debuxo Camiños Alternativos...................................................2020. Cúspeme Na Cara E Enténdeme................................................2021. Os Videoxogos...............................................................................2122. Farta De Falar Calada..................................................................2223. Se Eu Fose. . ...................................................................................2224. Os Pasatempos...............................................................................2325. Contraportada...............................................................................24

COORDINACIÓN: María Xosé SánchezMaría Xosé SánchezMaría Xosé SánchezMaría Xosé Sánchez

EDICIÓN E MAQUETACIÓN: Ana CastiñeiraAna CastiñeiraAna CastiñeiraAna Castiñeira

Page 3: Camiño do corgo

PresentaciónPresentaciónPresentaciónPresentación

Ola de novo, monelenses!. Un ano máis con todos vós o Camiño do CorgoCamiño do CorgoCamiño do CorgoCamiño do Corgo, que

achega nesta xeira un conxunto de creación artística, literaria e fotográfica,

realmente interesante: Un canto á amizade no medio dun transcendental partido de

fútbol, poesía e prosa poética de extraordinaria calidade, unha canción xaponesa

traída á nosa lingua, que foi premiada no certame de cancións en galego realizado

neste curso, relatos apaixonantes, defensa do vexetarianismo, preocupación pola

lingua, un mozo que ama a tradición, ciencia ficción da mellor, un rapaz cunhas

ideas moi perigosas, recomendacións de cine e como gozar dos videoxogos sen se

converter nun escravo deles.

No medio, a homenaxe a dous escritores: a Uxío Novoneira, protagonista este ano do

Día das Letras, e a Bernardino Graña, evocado polo seu fillo, alumno do noso

centro.

Ilustran o xornal fotos de Alicia Martinez Núñez

Dámos as grazas aos colaboradores e despedimos con agarimo ao alumnado de 2º

de Bacharelato: moita sorte, éxito na vida, e volvede por aquí a visitarnos.

María Xosé SánchezMaría Xosé SánchezMaría Xosé SánchezMaría Xosé Sánchez

Page 4: Camiño do corgo

Disaster DayDisaster DayDisaster DayDisaster Day

Era un sábado, pero non un sábado calquera. Este sábado non foi coma os demais, foi un sábadodistinto a calquera outro ainda que tivese o mesmo nome ("sábado").Este día perdurará na miñamemoria, na dos meus compañeiros e na dos meus amigos que me viñeran ver. Como xa dixen,este día tivo un algo, un aquilo distinto aos demais e vouvos contar o que ocorreu en dito sábadode marzo.

Eu estaba nervioso, o meu equipo e mais eu xogabamos contra o Celta de Vigo (que ía líder).Podedes pensar que é un partido coma outro calquera, pero non. Xogar contra o Celta é especialsempre, pero ademais existía o matiz de que eles xogaban o gañar a liga ante nós (un equipiñonormal e corrente sen xente escollida doutras localidades. Non coma eles, que se ficho un de aquí,outro de alí...)

Chegando xa ao campo, disposto a gañar ou polo menos a intentalo, cando me dispoñía a cruza-laporta para entrar nos vestiarios, vinos ao lonxe, baixando do seu autocar con wiffi e mesas paraxogar ás cartas, todos eles uniformados cos seus chandals, polos, mochilas abrigos... a verdade éque intimidaban, e non só pola súa vestimenta, ademais disto contaban cun corpo técnicoformado por catro profesionais experimentados.

Non pintaban nada ben para nós as cousas, pero aínda así víase, notábase no ambiente un "algo"distinto. Eu tiñao que facer o mellor posible xa que viñan os meus colegas a verme e non podíaquedar mal diante deles.

Unha vez dentro, nos vestiarios, o noso adestrador animounos e advertiunos que ía ser moi difícilgañar pero que el confiaba en nós. E, a verdade, pouca xente apostaría por nós, só nosoutrosmesmos, os nosos familiares e ELES (os meus amigos).

Despois de face-lo quecemento previo ao partido, saltamos ao campo, recibindo unha granovación do público alí presente(debía haber sobre duascentas persoas, que para un partido denenos era unha gran cantidade de xente).

Era un día caloroso, era perfecto, era o día ideal, con bo tempo, moita xente nas bancadas deElviña, un partido contra o Celta… pero os meus amigos non apareceran aínda, ou polo menos eunon os vira. E sentíame só sen eles, faltábame un algo, unha parte de min, unha motivaciónengadida.

E comezou o partido. Nós saímos enchufados, con numerosas ocasións de gol. Os xogadores doCelta non parecían aquelas incribles persoas que baibaxan do bus e que semellaban imposibles devencer. Parecía que as tornas cambiaran, que nós intimidabamos e eles eran os que tiñan medo.E de tan enchufados que saimos comezamos adiantándonos no marcardor cun gol de Santi (o seualcume era"kanuva") no minuto 15 da primeira parte. A ledicia dos afeccionados era observablena forma de narrar o gol de Santi por parte do Speaker.:

-“¡Atención, colle o balón Santiago, ollo co caneo deste xogador, vaise de un, doutro, doutro mais ,parece que se marcha do seus pares como se fosen conos postos no campo, inmóbiles diante del!Os defensas do Celta non saben como frealo, ninguén consegue roubarlle o esférico, semellalevalo pegado á bota!. Kanuva escórase cara o curruncho, amaga o centro, fai unha parede conFuentes, recolle o balón Santiago, dispara e ¡¡¡GOL GOLLL GOOOOOOOL en Elviña!!! adiántase oMontañeiros ante o Celta, boa xogada e gran definición deste xogador a ter en conta e que pideque se lle abran as portas da selección. A xente volvese tolaaa grazas a este tanto”.

Despois deste gol, o dominio do Celta incrementouse contando con numerosas ocasións, perograzas a unha boa defensa serían detidas, chegando ao descanso co resultado de 1-0 a prol deMontañeiros.

Page 5: Camiño do corgo

As cousas, tralo descanso, non pintaban nada ben para nós, e pouco a pouco o Celta sentíase agusto no campo, como dono e señor do partido. E para maior desgraza, o noso gardamallas ougardameta como queiran, cometeu dous erros que custaron dous goles, co cal o Celta remontaríao partido, 1-2. Ninguén nese momento daria un peso por nós, e tralo gol as bancadasenmudeceron. Pero nun recuncho, nunha esquiniña, atopábanse un grupo de raparigos que nondetiveron os seus cantos de ánimo para o meu equipo. Ao seren os únicos que berraban no estadiofixeime neles por un momento, e descubrín, para a miña fortuna, que eran os meus amigos os quefacían semellante estrondo (Cangado, Bruno, Diego, Iago, Xavi, Iván...). Isto, que carece deimportancia aparentemente, a min incentivoume para dar todo o que tiña, ou todo o que mequedaba debido á canseira.

E así foi, tanto me esforcei que tras un despexe nunha xogada, corrín coma un galgo, brinqueimáis ca o gardameta do Celta e conseguín rematar de cabeza marcando o gol do empate. Como"recompensa" ao gol encaixado polo gardameta, no salto deume co puño na cara, e tamén memancou no nocello, ao caer enriba del . Aínda que recibira un severo golpe , levanteime e funcorrendo cara os meus amigos, que se atopaban na grada todos alporizados , e ao atoparme acarón deles, Bruno, Diego e Cangado baixaron das bancadas ao campo a celebrar o gol comigo.Tal foi a ledicia que se botaron todos enriba miña e case quedo en cachiños, porque meesmagaban co peso.

O partido rematou 2-2 co cal o Celta perdeu o título grazas a nós, porque estaba obrigado a gañarsi ou si, se querían continuar líderes, pero non foi así e entón perderon a liga; pola culpa do meuequipo, pola miña culpa e pola NOSA culpa (os meus amigos tamén tiveron a súa parte de culpa).

Este día foi coñecido polos xogadores do Celta como...O DÍA DO DESASTRE...DISASTER DAY .

Pablo VigoPablo VigoPablo VigoPablo Vigo

Reter As PalabrasReter As PalabrasReter As PalabrasReter As Palabras

Cando falo con ela, falo amodo

Saboreo as sílabas e os sons

E mastigo docemente as súas miradas de

abraio, incredulidade e alivio.

As miñas historias cautívante, e a min cautíveme

o tempo

cando che conto as miñas historias.

E unha palabra alóngoa, amásoa nos meus beizos,

Acaríñoa e retéñoa baixo a miña lingua, e

deslízoa finalmente entre os meus dentes,

sabendo que é unha palabra menos que darche hoxe,

outro segundo ao teu carón que xa se foi.

Alicia ÚbedaAlicia ÚbedaAlicia ÚbedaAlicia Úbeda

Page 6: Camiño do corgo

Meat Is Murder Meat Is Murder Meat Is Murder Meat Is Murder

Todos repudiamos a violencia de xénero, os crimes fascitas, o escravismo, o racismo e atauromaquia.

A xente cre que é a abandeirada do respecto e do civismo. Pode que soe vaidoso, pero eu deixei deser un hipócrita coma vós hai aproximadamente un ano, cando decidín deixar de participar dosterribles crimes e asasinatos que vós demandades, dos que sodes partícipes e cos que frivolizades.

Falo do especismo, o racismo coas especies. Do atropelo á dignidade animal e da incongruencia naque vos encontrades á hora de falar de respecto e dereitos.

Todos desexamos o cese das prácticas máistorturantes da España máis casposa, como atauramoquia, que xa mencionei antes.O toureiromata pola satisfacción que iso lle produce. Do mesmoxeito, vós xustificades tallantemente que a morte dunanimal co fin de alimentarvos é correcta; máis ,noncomedes carne pola satisfacción que iso vos produce?esa carne que son anacoa de animais que deberíannacer libres e foron brutalmente asesinados nos nososAuschwitz particulares, chamados matadoiros ou“salas de despece”.

Os vexetarianos estamos cansos de escoitar osignorantes falar tan alto atrevéndose a dicir cousascomo:-‘’a comida vexetariana é pobre en

proteínas’’,cando só 250 gramos de Seitán (alimento biolóxico que é unha das bases das dietasvexetarianas) contén máis proteínas que un quilo de carne.Está demostrado que una dieta vexetariana achega tódolos nutrientes necesarios. Ademais de queuna persoa vexetariana que faga de forma debida a súa dieta controla cales son os nutrientes queconsume e coñece os trucos para conseguir absorver mellor os aminoácidos, por exemplo ,mesturándoos con proteínas.Ser vexetariano ou vegano(non comer ovos nin leite) non é respectar tódalas formas de vida, senon respectar aquelas que senten a dor e que teñen a consciencia de que queren seguir vivindo.Non é o caso das plantas, xa que non teñen sistema nervioso central.O veganismo é una forma de vida, xa que te condiciona socialmente, pois non todos comprendenque as persoas non somos os donos do mundo, se non outros seres que conviven con outrasformas de vida.Os veganos non comen ovos nin leite, pois as galiñas e as vacas son amoreadas entre reixas,privándoas do seu dereito a ser libres e a vivir nas súas condicións naturais.

Hai persoas que pretenden argumentar que o home é un animal máis da cadea alimenticia, e quepor esa condición, ten o dereito de alimentarse a base de cadáveres; máis o home non forma partedesa cadea, pois é o único animal que é capaz de rematar con tódalas especies, é o único que sabeque non é necesario comer carne, é o único que mecaniza e plastifica o proceso que hai dende oasasinato do animal ata a presenza dun dos seus anacos no prato e é o único que non se vale duninstinto depredador, pois a carne que come mércaa nun supermercado e non a caza coas súasmans na selva.

O omnivorismo, no noso caso, é simplemente a posibilidade que temos de comer gran diversidadede alimentos e elixir entre conseguir os nutrientes de distintas fontes, que poden ser vetexais, poisa nosa natureza e o noso organismo permítennolo.

Escoitei máis dunha vez que se non matásemos todos eses animais habería superpoboación e noncaberiamos todos no mundo…Que parvada!

Page 7: Camiño do corgo

Todos os animais que comedes son animais criados pola industriacárnica, non natos de forma natural, senon por técnicas deinseminación artificial. Polo tanto, se non existisen estas técnicas,non habería carne para todo o mundo.Non comprendo a xente que está de acordo cos vexetarianos e aque odia os toureiros e segue comendo carne. Cando estás deacordo con algo debes de ser partícipe dese algo, e máis nestecaso, tratándose de billóns de vidas.Sendo vexetariano non renuncias ó pracer que é o comer, todo ocontrario, abres a túa mente a alimentos e sabores novos dos quenunca antes escoitaras falar, xa que non forman parte da nosatradición.En definitiva, é moi doado pecar de hipócritas. É necesariorespectar as persoas que si defenden os valores indiscutibles queforman a nosa “evolucionada” cultura, e rexeitar calquera puntode vista que defenda a morte de animais que deben ser ceibes.Non se pode respectar a inxesta de carne.Porque ,como xa dicía Morrissey, con The Smiths, no seu tema “Meat is murder”:-“dead for noreasons is murder”(morte sen razóns é asasinato).

Adrián SeijasAdrián SeijasAdrián SeijasAdrián Seijas

Como Peixes No MarComo Peixes No MarComo Peixes No MarComo Peixes No Mar

Ás veces as persoas sentímonos como peixes no mar, sempre guiados polos aparentementemesmos instintos e costumes.

A miúdo sentímonos uns iguais aos outros, pequenos e insignificantes.

Hai moitos perigos no mar. Existen as orcas e os tiburóns. Hai pescadores, anguías e gaivotas aoaxexo.

Pero é ás veces o mar quen nos bate e nos fere. A propia auga que nos dá a vida e nos permíterespirar, é a que ás veces se revolve contra nós, afogándonos, e non sabemos que facer. Non nos permite ver a fermosura da escuma nin da beiramar, pois é a escuridade dunha onda aque nos cega.

É entón, entre o negro e a tristeza, cando son todos aqueles pequenos peixes, que, aos que comanós, consideramos insignificantes, os que nos axudan a saír de novo á superficie. Teñen a cor, aforma e o tamaño de tódolos peixes, pero son especiais porque descubrimos que podemos contarcon eles.

Ás veces as persoas sentímonos como peixes no mar, sempre guiados polos aparentementemesmos instintos e costumes.

A miúdo sentímonos uns iguais aos outros, pequenos e insignificantes.

E non nos decatamos, de que realmente,Somos únicos.

Como a escuma máis branca, ou a beiramar máis bonita…

Alicia ÚbedaAlicia ÚbedaAlicia ÚbedaAlicia Úbeda

Page 8: Camiño do corgo

A A A A Normalización Do Galego,...Nos Ámbitos Correctos?Normalización Do Galego,...Nos Ámbitos Correctos?Normalización Do Galego,...Nos Ámbitos Correctos?Normalización Do Galego,...Nos Ámbitos Correctos?

A normalización lingüística do galego é un proceso que comeza en 1983, ano no que se aproba aLei de Normalización Lingüística no Parlamento Galego, e ademais, actualmente conta conasociacións creadas polos cidadáns como son a Mesa pola Normalización Lingüística ou aPlataforma polo Galego na Informática. Porén, os avances que vemos no día a día adoitan estarrelacionados co mundo do ensino: en 2007 apróbase o decreto polo que o 50% das materiasdeben ser impartidas en galego, sen mentar o recente e polémico decreto do plurilingüismo.

Pero, é nestes ámbitos nos que hai que loitar polo uso do galego?

As recentes polémicas demostran que non todos os galegos están a favor do ensino na nosa lingua,pero non temos que deixar de ter en conta o que conleva relegar o galego a algunhas materias naescola: a relación do galego cos estudos non é un feito favorable para a lingua, convértese “nesalingua que se fala na clase” pero que non parece apta para calquera outra actividade (e non é porser a lingua que é, podemos atopar outro exemplo na nefasta preparación en idiomas estranxeiroscomo o inglés nas escolas, xa que os alumnos son escasamente capaces de extrapolar esta lingua aun ámbito diferente).

De aí o interese desigual sobre a lingua no ensino noscidadáns e a clasificación sistemática do galego comolingua de uso exclusivo na escola e similares. Penso que anormalización do galego debería centrarse no día de hoxenoutras actividades: a creación e a difusión da cultura engalego. No cine temos un exemplo que particularmenteconsidero como ideal no veciño Portugal: a retransmisiónde películas nas salas de cine en versión orixinal consubtítulos, no noso caso en galego, non só favorecería adifusión do cine en galego (tanto estranxeiro comopropio, xa que comezaría a asociarse a lingua cofenómeno cultural), senón que ademais crearía postos detraballo no campo da tradución do galego a outras linguasde grande difusión internacional, o que a súa vezpotenciaría o coñecemento profesional da nosa linguanon só en Galicia. Igualmente ocorrería se se impulsase a

tradución de obras literarias ó noso idioma: tanto os clásicos como as novas publicacións, e facerasí que o oco que ocupa a novela en galego nas librarías sexa mais amplo e non bastante menosda metade do que ocupa a novela en castelán, xa que deste xeito ofreceriamos unha selecciónmais abundante e de calidade.

En canto á produción propia, adóitase pensar na creación de novos concursos que impulsen acultura galega, especialmente nas novas xeracións, pero o certo é que de nada serve que haxamaior número se a difusión é deficiente: canles como a televisión, os xornais ou internet aíndanon son de peso na cultura galega. A televisión galega conta con poucos espectadores novos, enparte pola idea preconcibida que se ten dela, e os xornais escritos en galego non son os queadoitamos ver nas mans da xente cando len as novas polas mañás. Un punto a favor poderíaconsiderarse o crecente uso do galego na rede: páxinas como wilkipedia en galego crecendiariamente coa axuda desinteresada dos internautas, e atopamos xornais como Vieiros.com oublogues que actualizan en galego habitualmente.

En definitiva, o estudo e aprendizaxe da lingua é, por suposto, indispensable, pero temos que teren conta tamén as aplicacións prácticas do galego, para evitar a verdadeira perda cultural, e, oque é mais, impulsar a promoción do galego ó exterior.

Rebeca Pérez Torres Rebeca Pérez Torres Rebeca Pérez Torres Rebeca Pérez Torres

Page 9: Camiño do corgo

Derradeiros Versos Derradeiros Versos Derradeiros Versos Derradeiros Versos

Navegando no barcoDe brancas velas,Vou na procuraDas nosas sereas.

Busco as respostas,O tempo perdido;Aqueles momentosXa esquecidos.

Namentres tiCalado e ausente, non me respondesE eu non podo crerte.

As nosas horas,As horas dos dousQuedaron lonxe,Perdéronse nas ondas.

E agora estamos caladosSen saber como mirar,Sen saber como vivir,Sen saber como pensar.

Quero sentir os latexosDa miña alma calada,Sentir os sonsDa boca pechada.

Foto: Alicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez Núñez

Page 10: Camiño do corgo

Foto: Alicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez Núñez

Poder ver o marSentada na praia;Xunto á area,Ao vento e á auga.

Pero o que non queroÉ ver anoitecerSabendo que ti

Non volverás.

Serán os últimos versos para ti:Dinmo os teus grandes ollos,Eses luares feiticeiros,Condena desgraciada para min.

Esas meixelas túas,Que xa non son papoulasCando eu, esperanzadaConvídote a pasar as horas.

Eras o que máis quería,A miña loucura e razón.Agora somos dous estrañosTendo unha fenda no corazón.

Brenda RodríguezBrenda RodríguezBrenda RodríguezBrenda Rodríguez

A Casa De UxíoA Casa De UxíoA Casa De UxíoA Casa De UxíoUnha viaxe polo Uxío íntimoUnha viaxe polo Uxío íntimoUnha viaxe polo Uxío íntimoUnha viaxe polo Uxío íntimo

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home...

Dende a miña xanela, no val, ergo os ollos ásmontañas do Courel, onde atopo sempre a miradadun poeta. Divísase o Pía Páxaro ao lonxe, entre anéboa. Ese cume mítico que toca o ceo e se mesturacoas nubes. Grises, azuis, vermellas... No centro daserra o canto dos ríos escorregando polas ladeiras,os paxaros fuxitivos, o murmurio das follas dasárbores nas devesas. Achégome, unhas casiñaspequenas escóndense ao abrigo dos brazos damontaña. É Parada de Moreda. Miro no cantodunha mesta follaxe, e alí está: unha casa

impoñente, de pedra, no medio do souto, entre castiñeiros fortes e frondosos. Diante da casa, unbanco moi rústico, o escano de madeira onde Uxío pasaba tantas horas, tantas tardiñas de veránao fresco oíndo historias que lle voaban polo maxín ou cavilando para si. Na casa, un amplocorredor olla cara ó souto e ás devesas que se desparraman pola verdura da ladeira.É a Casa Grande de Parada. O recuncho máis amado polo poeta.

A casa de pedra e cal vella -solaina e ventás prá serra-feita fai cen anos á miña maneira!

Nesta casa pasou Uxío longas tempadas ao longo da súa vida. Primeiro, cando era nenoaprendendo sobre a terra e a vida da montaña acompañando a seus pais e veciños nas tarefascotiás. Logo, cando era mozo, para repoñerse dunha doenza. E, xa na súa vida adulta para coidarde seus pais, maiores e febles. Estas horas longas e rutineiras descríbeas moi ben neste poema d’Os

Page 11: Camiño do corgo

Eidos, o seu gran libro:

Casa grande máis grande nas tardes.Paredes lampas.Cántas veces teño quedado fóra da horaLevado por todo ou nada!

Ou nestoutro:

Da cama á solaina. As noites i os díasDa solaina á cama. Os días e as noites.Teso de Pinza E ún xa non sabeSempre didiante! cando foi onte…

A figura dos seus pais, foi clave na súa vida e na súa obra. A seu pai inmortalizouno nun dos seuspoemas máis coñecidos:

Pola LombaPolas vagoadas i os cousos da searaPola Serra do Reboloi o Carreiro do Sono Vai o José de ParadaCara Viana do Bolo e Val di OrrasRubindo e baixando costasNun sono d’idas e voltas.

E á súa nai, á que tanto coidou, nese curto poema:

Volta a labrandeira a petar no cristal.Sempre a mesma hora chama en tódalas ventanasXira en col da casa e volta á chamada…

Fai meses morreo miña mai.

Máis, tamén foron moi felices os días que pasou na casa de Parada a carón da súa muller Elva edos seus fillos Branca Petra, Arturo e Uxío. Despois de vivir en Lugo e Madrid-cidade que tivo queabandonar para mirar polos seus pais- e residir nos seus últimos anos en Compostela (Estoun enCompostela/ vendo nevar no Courel…), nunca abandonou a Casa Grande de Parada, á queacudía sempre que podía e dende logo no tempo de verán. Alí medraron os seus nenos, a carón danatureza e dos outros nenos da montaña. Para eles escribiu tres contos fermosos (O cubil doxabarín/ Gorgorín e Cabezón/ e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín).

Para a súa filla Branca Petra fixo este poema tan especial:

No bicarelo do bico do brelocanta o paxariño.No mesmiñoBicarelo do bico do brelo.

E á súa muller Elva e ao segundo fillo, Uxío, adícalles estes versos: A Elva que veu pro CourelNeva E non leva.Todo un tempo a un ora.Cai a neve a plomoComo

Page 12: Camiño do corgo

Nun ámeto pechadoCai a neve fóra.Xa non se oi o ríoVai nacer outro UxíoPra que sigua o pasado Por último recorda a todos eles, con esperanza, neste derradeiro poema:

Branca Uxío i ArturoQuedaranse no FuturoQuedaredes no FuturoPre que siga o PasadoE ti Galicia a durarAnque se funda o lousadoe caia neve no lar.Anque se funda o lousadoE se descubra o faiado.No coarto en que fun nadoE no mesmo leito a nevar. A Casa de Uxío é a nosa casa. E este ano tódolos galegos e galegas visitaremos este lugarencantado, no medio do Courel, no corazón de Galicia.

Candela Pérez TejeloCandela Pérez TejeloCandela Pérez TejeloCandela Pérez TejeloVivir Co Meu Pai: Bernardino Graña VillarVivir Co Meu Pai: Bernardino Graña VillarVivir Co Meu Pai: Bernardino Graña VillarVivir Co Meu Pai: Bernardino Graña Villar

Unha das cousas que máis destacaría de vivir co meu pai é o

feito de ter unha casa chea de libros. A xente sorpréndese

cando vén e ve todos os libros, que ocupan paredes enteiras.

Hai tantos que cando teño que ler un libro non vou nunca á

biblioteca, nin preciso ir á libraría, na casa téñoos todos!. Isto

débese ao seu oficio, é escritor, e como todo bo escritor ten que

ser tamén un bo lector. Cada oficio ten o seu aquel e no del ler

é fundamental, pois só se aprende a escribir ben cando se le

moito. Así acaba un por afacerse ao son das palabras e logo

sáenche faladas como se estiveses lendo un libro.

Un escritor, polo que vexo no meu pai, é un animal que se

alimenta de papel impreso, pero non unicamente de novelas ou

antoloxías poéticas, senón tamén de revistas, xornais, e publicacións diversas...A miña casa, deste

xeito, é un imperio de millóns de palabras que ten el na cabeza, de ler tantos libros e tamén de

falar con moita xente.

Unha das cousas que máis lle gusta escoitar son os contos, sobre todo os de mariñeiros. Criouse

con eles e ten moitos na súa memoria desde cando era neno, na taberna da súa madriña.

Page 13: Camiño do corgo

Vivir con el tamén supón vivir con alguén a quen chaman moito por teléfono, os editores, outros

escritores, xornalistas, pintores, estudosos da literatura... Coñezo a algúns, pois véxoos a miúdo.

Outros non tanto, pero tenme pasado de ir pola rúa con el e que nos paren para saudalo. Isto

pasa porque é coñecido, non como un futbolista, nin unha estrela de rock, é coñecido por aqueles

que coma a el lles gustan as palabras.

Vivir con el é vivir coa incesante presenza dun mar de palabras, por veces impetuosas,

tempestuosas, imperiosas, que saen desde as paredes, desde o chan e polas bocas.

Na miña casa, toda palabra é pouca.

Denís Graña FernándezDenís Graña FernándezDenís Graña FernándezDenís Graña Fernández

YouYouYouYou DaiDaiDaiDai---- TiTiTiTi DaiDaiDaiDai----

Anata wa ima doko de nani wo shiteimasu ka?Kono sora no tsuzuku basho ni imasuka?

Ima made watashi no kokoro woumete ita monoUshinatte hajimete kizuitaKonna ni mo watashi wo sasaetekurete ita kotoKonna ni mo egao wo kureteita koto

Ushinatte shimatta daishou wa totet-sumonaku ooki sugiteTorimodosou to hisshi ni te wonobashite mogaku keredoMaru de kaze no you ni surinuketetodokisou de todokanai

Kodoku to zetsubou ni mune wo shi-metsukerareKokoro ga kowaresou ni naru keredoOmoide ni nokoru anata no egao gaWatashi wo itsumo hagemashitekureru

Mou ichido ano koro ni modorouKondo wa kitto daijoubuItsumo soba de waratteiyouAnata no sugu soba de...

Anata wa ima doko de nani wo shiteimasu ka,Kono sora no tsuzuku basho ni imasuka?Itsumo no you ni egao de ite kuremasuka?Ima wa tada sore wo negai tsuzukeru.

Onde estades agora? Que estadesfacendo?

Estades neste interminable ceo?

Comprendín no primeiro momentoQue perdín as cousas que enchían omeu corazón ata agora.Cantos me apoiastes.Canto me fixestes sorrir.

Page 14: Camiño do corgo

O que perdera foi demasiado paraconsiderar.Aínda así, loitei tan desesperadamentepor alcanzarvos coa miña man etraervos de volta.Como o vento eles escaparon,buscando coma se me fosen localizar,pero non o fixeron.

O meu peito apretouse pola soidade ea desesperación.O meu corazón sentiuse coma se foseromper.Pero a vosa sorrinte cara permaneceuna miña memoria.

Sempre alentándome.

Volvamos a eses días unha vez máis.Sei que todo estará ben esta vez.Sempre sorrindo ó voso lado.Cerca de vós...

Onde estades agora? Que estadesfacendo?Estades neste interminable ceo?Estaredes sorrindo para min comasempre?Neste momento, é todo o que continúopedindo.

Paula Pérez TorresPaula Pérez TorresPaula Pérez TorresPaula Pérez Torres

A Galiza Da AldeaA Galiza Da AldeaA Galiza Da AldeaA Galiza Da Aldea

Eu son de Barcelona, pero dende que era pequeno viña á miña aldea en Ourense tódolos veráns. Amiña aldea chámase Rabal, pertence ao concello de Chandrexa de Queixa e está situada na Serrade Queixa, ten apenas trece habitantes no inverno, no cal ás veces queda case incomunicada polasfortes nevaradas, pero no verán podemos chegar aos cen habitantes.

Na miña aldea só se fala en galego, e eu ata creo que osmáis vellos nin sequera saben falar en castelán, poisviviron toda a súa vida na aldea. A xente nova coma minnon vivimos alí, pero cando imos xuntámonos todos, e eu,que son castelán falante, esfórzome en falar en galego,pois os da cidade que falan castelán teñen fama de ``pijos´´, un prexuízo que ten a xente da aldea, e iso que osmeus amigos de alí son de Ourense, Vigo, Barcelona,… eaínda así falamos en galego.

A xente maior tamén fala en galego entre eles, pero os da xeración dos meus pais non. Moitasveces falamos de por que a xente da cidade fala castelán, pero por máis que lles digo, elesasóciano con que os da cidade son uns ``pijos´´.

Na miña aldea a cultura tradicional está moi presente, todo se fai á maneira tradicional, tantoplantar as patacas, cun arado tirado por dúas vacas, como a matanza dos porcos, na cal se xuntatoda a aldea.

No inverno lévase a cabo a matanza, e toda a familia imos á aldea e axudamos os familiares eamigos que teñen marraos. Eu, como aínda son novo, dedícome a limpar o porco, e axudo o meutío a abrilo e a facer os chourizos. Non obstante, nótase a experiencia de cada un: o meu tío, que éo máis vello, encárgase de dirixilo todo. Lévao facendo máis de setenta anos.O mellor das matanzas é que nos xuntamos todos os da aldea, e despois de facer o traballo cómesemoito na casa do dono dos porcos, durante tres días, que é o que dura a matanza, e remata

Page 15: Camiño do corgo

colgando os chourizos para afumalos.

O ano pasado foi o mellor inverno, pois nevara moito, xa que a miña aldea está ao pé deManzaneda. Isto provoca que a xente maior se reúna a xogar ás cartas na cociña, pois soncociñas de leña. Aínda que a neve ten tamén un lado negativo, pois os que teñen gando teñengrandes dificultades para levalo a pastar. Teñen que pasar por zonas cheas de neve e xeo.

No Nadal (agora non se fai, pero sempre me contan que antes o facían) os meus pais ían de portaen porta pedindo o aguinaldo e cantando panxoliñas.

Polo tanto alí mantéñense moitos vellos costumes. As tradicións e a familia son moi importantes,xunto coa relixión, arredor da cal existen moitas lendas na miña aldea. Ir á misa tampouco édoado no inverno, pois a igrexa está a 1,5 Km e coa neve o camiño vólvese perigoso polo xeo, poisa xente, para atallar, non vai pola estrada, senón por un camiño de terra. E todo iso para 15 minde misa, e volta para a casa.

O idioma, como expliquei ao principio, tamén é moi importante, así é que eu alí falo o galego,aínda que con moitos erros, pois emprego moitos catelanismos e verbos compostos, pero non lledan importancia, pois o galego da aldea é un galego non normativizado. Só desexo que esta pequena aldea onde naceu a miña nai non se perda nunca , que cando vaianmorrendo os vellos, alguén siga vindo, aínda que só sexa nos veraos . Que sigan mantendo vivosestes costumes tan enxebres.

A.A.A.A. Luís NovoaLuís NovoaLuís NovoaLuís Novoa

A Goma De BorrarA Goma De BorrarA Goma De BorrarA Goma De Borrar

- Fai o que queiras coa túa metade. Eu lisco de aquí.O disparo resoou por todo o vello almacén. Era asegunda vez que esa pistola levaba unha vida pordiante, pero desta volta fora intencionado.Saíalle un fío de sangue polo oído. Caera de bruzos ea súa cabeza estaba xirada nun ángulo imposible,pero, a diferenza da rapaza, Brais tiña na cara unhaexpresión firme, de seguridade e determinación. Osseus ollos estaban fixos e atentos á nada, e o seuúltimo ollar vogaba polo ar dese impasible monstrode ferro. Achegouse máis ao corpo inerte e observouo orificio de entrada da bala, do que non cesaba desaír a súa vida, escura, espesa e vermella, e que caíano chan mesturándose co pó e a terra, formandounha sepultura de lixo pra Brais.Xurxo chorou dúas bágoas polo seu irmán, gardou o revólver no peto e marchou tan á présacomo as súas tremelicantes pernas llo permitiron.

Non aparecían, os cartos do demo. Preguntábanse onde os podería gardar. Foron ao dormitorio ebuscaron en todos os caixóns, andeis ou calquera lugar que se lles pasara pola cabeza. Non era ungolpe limpo, a verdade. O único lugar onde non deixaron constancia do seu paso foi na porta, quea abriron coa chave, pero dende ese intre non fixeron máis que revolver todo, movidos pola éxtasedo momento, con sorrisos de papel nos beizos, quizáis polos nervios, quizáis polo medo, ou quizáispola alegría dun futuro que, por fin, lles abría o camiño a unha velocidade vertixinosa.Demasiado. Demasiadas cousas que facer e demasiado pouco tempo. Demasiadas ansias edemasiada cobiza. Demasiado barullo. E, entre o barullo, uns xemidos, case inaudibles aoprincipio, pero que aumentaban pouco a pouco de volume. Pero eles non oían nada máis que oson dos cartos nos seus petos, e seguiron buscando. Ata que entraron nun cuarto pequeno, cheode pósters de ídolos adolescentes, de cores, de roupa ciscada na cama. Procederon como até

Page 16: Camiño do corgo

daquela: miraron nos caixóns e entre os libros. E abriron o armario. Alí estaba ela, non máis detrece anos, acochada na esquina máis oscura e afastada da porta do moble, mirando para eles ecos beizos a tremerlle.

Dende aquel momento sentía que estivera a correr todo o tempo, que escapaba do que lle tocaraser... ou quizáis foi el quen o elixiu? O corazón latexáballe forte, como buscando unha saída,unha vía de escape pra desangrarse libre."Se hai alquén que o merece ese é o Antón, tío, e nós necesitámolo.” Iso era certo, si, Antónmerecíao e si, nós necesitabámolo. Mais, ata que punto? Quedou un bo anaco máis tombado na cama. Á fin e ao cabo non tiña máis que facer, non? Si. Sique o tiña; apañou todos os cartos que deixara no caixón e meteunos na carteira. Colleu a pistola,tamén. Odiábaa. Del mesmo fora a idea de levala, cando era totalmente prescindible. Fora el quena disparara por primeira vez, e por segunda. Tendemos a odiar o que deixa á luz as nosasdebilidades. Pero, aínda así, ou precisamente por todo isto, non se podía separar dela.O que non soportaba ter eran os cartos. Eles eran a causa de todo e quería afastalos o máximoposible. Sentíase nunha gran contradicción e agora o corazón semellaba latexarlle no cerebro.[...]Quedou parado ante a porta. Seguían alí diversos rascazos que fixera en días de rabia e que ospoucos anos que pasaran non os puideran borrar, mais agora estaban camuflados entre o marcode madeira caduca.Preguntábase como debía actuar el e como ía reaccionar súa nai.Premeu o timbre, sen pensalo máis por medo a botarse atrás, e un ruído apagado ocupou aestancia. Uns pasos. A porta ábrese. A porta ábrese da man dunha muller baixa, co pelo apagado erecollido e demasiadas enrugas prá idade que ten, marcadas máis se cabe por un sorriso que se lledebuxou de súpeto nos finos beizos.Fora unha muller fermosa de nova, pero a beleza escapáraselle pouco despois de que o fixeran osseus fillos da casa, e os seus fillos marcháranselle das mans moito antes que do fogar.A Xurxo os recordos comezaron a bombardearlle a cabeza. El sempre fora máis guapo que Brais,pero iso non o satisfacía en absoluto. El, unha moza tras outra, sen xeito ningún. Brais, sen présas,con Nora. Nora, Nora. Tería que falar con ela. Pero agora estaba aquí, agora.-Ola mamá.-Que fas aquí? E Brais?- de socato soaba fría e distante. Sempre quixera máis a Brais. Supuña quenon tivera a culpa do que pasou. O que comezara a andar polo mal camiño fora Xurxo, e Brais sóo seguiu. O que comezara a abrir a porta da casa tamén foi Xurxo. Estaba marcado e agora queríaborrarse tapando as súas últimas feridas.-Estou só, mamá, estou só. Brais tivo un accidente.

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

O Home-FerruxeO Home-FerruxeO Home-FerruxeO Home-FerruxeBaseado no Baseado no Baseado no Baseado no filmfilmfilmfilm “Ironman” “Ironman” “Ironman” “Ironman”

No mes de agosto do ano pasado, estaba eu viaxando cara Oriente Medio, onde ía cerrar unimportante negocio de venda de armas e dispositivos militares . Ao pouco de chegar ao punto dereunión, o convoi no que viaxaba co meu equipo envorcou.Despertei nunha cova. Pasaran días desde o accidente e eunon recordaba nada. Ao meu lado atopábase un home alto esen apenas pelo, cun estraño acento de Europa Oriental. Oseu nome era Bangladeshnir Topp, pero pediume que ochamase Bango. Contoume todo o sucedido. Estabamosencerrados nunha cova onde se refuxiaba un grupoterrorista. Eles provocaran o accidente e secuestráranme.Pedían diñeiro e armamento e se non o recibían acabaríancoa miña vida. Aínda tiña secuelas do atentado, e unha que

Page 17: Camiño do corgo

condicionaría o resto da miña vida: no accidente o meu corazón parou e sobrevivín grazas aBango que, facendo uso dos seus coñecementos científicos e biolóxicos, creou un revolucionario“corazón” artificial que me mantiño vivo.Os días pasaban. Estaba atrapado e o tempo remataba. Bango e máis eu intentabamos buscar unhasolución, ata que fixemos un gran descubrimento. O meu corazón artificial non só podía facermefuncionar a min, senón que podía tamén facer funcionar un robot. A cova estaba chea de cousasde ferro e aceiro e de instrumental para manipulalo. A partir dese momento traballamos día enoite na idea de rodearme de ferro e converterme nunha especie de robot capaz de movermegrazas á forza do meu corazón artificial. Creamos o traxe e ideamos un plan. A fuxida foi todo unéxito para min, pero Bango pereceu.Unha vez lonxe da cova, no deserto, fun rescatado e regresei á casa. Á volta, fabriquei un novomodelo do corazón artificial que me puidese manter con vida durante moitos anos, xa que oanterior era só un recurso para un par de meses. Retornei á miña vida de antes. Comecei atraballar en proxectos de armamento, pero iso xa non me interesaba, había unha idea que nonparaba de rondar a miña cabeza: o robot. No meu taller e coa tecnoloxía da que dispoñía, poderíacrear un robot moito mellor có da cova, un invencible, que puidese voar, con resistencia ás balas econ armas incorporadas, un superhome de ferro e aceiro.Traballei na idea en secreto durante semanas, ata que conseguín rematalo. Ese mesmo día saín aprobalo á rúa e sentín a superioridade que o traxe me outorgaba sobre os demais por primeiravez. Desde entón, eu xa non son unha persoa calquera, son a arma máis poderosa xamaisimaxinada e creada, un robot invencible. Deixei de ser un home para converterme no “Home-Ferruxe”.

Diego Abalde HerreroDiego Abalde HerreroDiego Abalde HerreroDiego Abalde Herrero

EuEuEuEu

Nada de min nada había, ata que un día, nacín.Co tempo fun crecendonenos e nenas coñecendo.Simpáticos todos,algúns máis que outros.En primaria había moitosen secundaria aínda máisCariñosos e amigables todos, Sempre e cando haxa xogos.O meu conto acaba aquíXa non sei que máis dicirPor diante está o meu futuroPara iso hai un Deus tan chulo.

Xosé Manuel González DíazXosé Manuel González DíazXosé Manuel González DíazXosé Manuel González Díaz

PorcoPorcoPorcoPorco

Remexía moi quediño o colacao mentres escoitaba falar o mozo ese, tan forte de corpo comobrando de corazón. Apartou unha guedella da fronte e levantou a ollada, que tivera perdida napelexa da culler cos gromos no leitoso campo de batalla. Fíxolle graza a metáfora alimentaria que

Page 18: Camiño do corgo

ela mesmo inxeniara e coloreóuselle un sorriso na cara que foi parar dereito aos ollos do rapaz. Osangue arrexuntóuselle todo nas meixelas e ficou calado un intre. Ela mirouno. “Por que sorrís?”.Volveu mirar pra o leite. “De nena gostaba moito de recoller as landras dos carballos, desas que sóqueren os porcos, dicía sempre meu pai. Entón comecei a pensar que era unha porca, unhaporquiña de cara rosada e fociño engurrado, e canto máis me miraba no espello, máis mesemellaba a un porco. Unha noite tiven un pesadelo, deses nos que as dúbidas de se son reais sevolven tan perigosas como preguntarlle a un mentireiro se di a verdade. No soño amencíamirando prá parede. Paseniño, vireime pra poñer os pés na terra e atopei ao meu irmán fitandopra min, ollos miúdos, cara gordecha e rosa, fociño e non nariz. Saín correndo pra o baño emireime no espello. Os meus ollos estaban tan grandes como de costume, a cara gordecha, si, perocon forma humana, e non atopei o fociño por ningures. Fun daquela cara o cuarto dos meus pais.Miña nai chamou por min ao sentir a porta, saía da cama dun salto a catro patas cando entrei emeu pai tentaba rascar o lombo cun dos pezuños traseiros, aínda durmido de máis pra acertaronde lle picaba. Eu, nun último intento desesperado retorcinme pra mirar o meu cu. Non atopei o desexado rabo revirado. Decepcionada pola simplicidade da miña anatomía, saínamodiño da casa e fun pra o cortello. Antes de abrir a portiña de madeira podre xa se oía obalbordo dos porcos. E mira ti que non me sorprendeu velos sobre dúas pernas e algo avergoñadospor non levaren roupa. Apartei unha guedella da fronte, levantei a ollada que antes tivera fixa namerda ben apiladiña nun recuncho, e non puiden máis que sorrir.”O mozo sentou na cadeira á súa dereita, apoiou os cóbados na mesa, xuntou as mans, respiroufondo. “Eu tamén recollo landras.”

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

Proxectos De Futuro…Proxectos De Futuro…Proxectos De Futuro…Proxectos De Futuro…

Onte na clase de Lingua Galega, a mestra castigoume a facer unha redacción de tema libre. Estivenboa parte da tarde cavilando sobre de que podería falar e contarlle a unha muller tanapaixonante, e decanteime por facer -ou intentalo polo menos- unha redacción humorística á parque satírica. Vou falar dunha forma de traballo ou, máis ben, unha forma de vida que eu poderíalevar no futuro.Para cumprir este “soño” o primeiro que preciso son moitos cartos. Para iso terei que esperar a serun heroe nacional, ou a que os meus pais morran. Non pense que digo isto por puro sadismo,recórdolle que se trata dunha ficción onírica imposible.

Continúo: cos cartos que me desen compraría unhas terras en Meicende, cunhas extensiónssimilares ás da familia de Franco no Pazo de Meirás. Nesas terras construirei unha casiña rural eun xardín cunha poza onde teño pensado criar bogavantes ou ben bois de mar. Noutro extremodo xardín criarei mandrís e cobrarei un ou dous euros aos visitantes que queiran velos, e vivireidiso.

Agora ben, a miña ficción non remata aquí… Espero que para esasépocas a medicina estea moi desenvolvida e que acepten a clonaciónhumana. Se todo é así, presentareime como cobaia de clonación eaquí comenzará o meu plan de dominación. Cos cartos que obtivencoas visitas aos mandrís subornarei o meu médico, darame os fetosdos “pequenos Antóns” e levareinos para o meu “pazo”. Unha vezalí, chamarei o meu amigo informático Denís, músico nos seu tempolibre, e a Xaco, médico superior. Como son os meus amigostraballarán cóbado con cóbado ata realizaren un crecementoavanzado nos meus clons e obterei miles e miles de, daquela, adultosfortes e guapos coma o seu modelo.Despois raparemos a tódolos clons e poñerémoslle a cada un uncódigo de barras na fronte, para non perder a ningún. Mandarei osclons por Galicia adiante e logo por España, derrocarei o goberno de dereitas que haberá e

Page 19: Camiño do corgo

formarei un novo país co apoio do pobo, chamareino “Viana do Antón”.

Mentres ocorre todo isto, Xaco e mais Denís, coas máis avanzadas técnicas, xuntarán o ADN debogavante co de mandril e crearei os terribles “Bogandrís”, e para evitar sublevacións contra amiña persoa, ordenarei a morte dos que facían chamarse “amigos”, Xaco e Denís.

Os Bogandrís serán unha raza superior, áxiles nas augas e rápidos nas pistas de obstáculos, e coneles conquistarei a maior potencia mundial do futuro. Estados Unidos? Non creo… Canadá!

Co motor do mundo nas miñas mans poderei doadamentedominar a terra eliminando tódalas ameazas e criminais, peroiso si, o que vai mandar serei eu.

Despois (isto vai ser máis difícil) intentarei a conquista doSistema Solar. Porque, a ver, se os homes neste ano chegaron aMarte, calculo que dentro de corenta anos chegaremos comomínimo a Andrómeda, e poñereilles os nomes de Xacobe eDenís á osa maior e á menor.Se non toma esta redacción como unha burla, quizais lle poñao seu nome a unha estrela, probablemente a polar.

Antón MartinezAntón MartinezAntón MartinezAntón MartinezTeño Todo AgochadiñoTeño Todo AgochadiñoTeño Todo AgochadiñoTeño Todo Agochadiño

Teño todo acochadiño aquí dentro, todas as verbasarremuiñadas, que bailan ao son da danza do meupensamento, e vounas deixando saír como pingasescapando dunha billa, pin, pin, emigrantes da cabeza,superpoboada, reinada polo caos e a ditadura doesquecer. E marchan ao son dunha danza. E marchan.Pin, pin.

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

Goodbye LeninGoodbye LeninGoodbye LeninGoodbye Lenin

“Goodbye Lenin”, éste é o título da última pelicula que vin.Está ambientada na Alemaña do último terzo so século XX, nacaída do muro de Berlín, e con isto a apertura da Alemaña doleste (a socialista) ao capitalismo e á globalización.Trata dunha familia socialista da Alemaña do leste. O pai, deideas capitalistas, marcha ao oeste e tras este feito, a mulleradopta unha forte posicion socialista axudando a xente do paísmediante escritos, resolvendo as inxustizas, feito polo cal serárecoñecido o seu labor social. Isto tamén a axudaba asobrepoñerse da desaparición do seu marido. Pero esta felicidade esmorece cando viu como o seu fillo menorera detido nunha manifestacion. Este acontecemento provocoulle un infarto, que alevou a un coma que durou uns nove meses, nos cales tivo lugar a caída do muro deBerlín e unha transformación total da Alemaña que ela coñecía e da súa propiafamilia. A súa filla maior namórase dun mozo da Alemaña capitalista e deixa os seus

Page 20: Camiño do corgo

estudos de dereito para comezar a traballar nunha multinacional: o “BurguerKing”.O fillo menor namórase da enfermeira que coidaba da nai durante o coma etraballa poñendo antenas de televisión.Cando a nai esperta do coma, o médico di que calquera sobresalto pode provocarlleoutro infarto, o cal leva o fillo a construír todo un mundo, máis ben unhaburbulla, ao redor da súa nai, recreando unha realidade socialista como se nadativese cambiado. Para isto ten que rescatar comida e envases da Alemaña socialistade nove meses antes, desconectar a radio, recuperar os mobles da casa e gravar elmesmo, cun compañeiro de traballo, o telexornal inventando as novas.A trama da película é moi cómica xa que o rapaz ten que facer uso de todo o seuenxeño e imaxinación para buscarlle a explicación a un cartel de “Coca-Cola”, áentrada de milleiros de persoas da Alemaña capitalista e a algún outro incidente.É unha película orixinal, divertida, que dá lugar á reflexion histórica e da sociedadeactual, e cun final aberto que deixa moito á imaxinación do espectador.

Tamara Pazos CordalTamara Pazos CordalTamara Pazos CordalTamara Pazos Cordal

Debuxo Camiños AlternativosDebuxo Camiños AlternativosDebuxo Camiños AlternativosDebuxo Camiños Alternativos

Debuxo camiños alternativospra evitar toparme cos teusque ti,e máis eu,non manchamos coa mesma tinta,mais nós,os dous,desvirgamos o mesmo papel.E é cuestión de xerarquía,territorioe poder.

Doce demos branden fortedoce estacas de pracere chían, ate tornaren xordose, cegos, cravan onde non poden ver.En ti, en min.En nós.Morrer.

A Terra é unha buxainaamodiñoos nenos, a xogar nelaos vellos, a vela xirar

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

Cúspeme Na Cara E EnténdemeCúspeme Na Cara E EnténdemeCúspeme Na Cara E EnténdemeCúspeme Na Cara E Enténdeme

Cúspeme na cara e enténdemeson débile por non ter non teño nin medoasí que refrega a túa savia e que penetretodo canto dis tersinto o que pensoe penso logo de facelopor iso non podo arrepentirme do que nonpecoe non peno unha morte que non chegou aocemiterio

Page 21: Camiño do corgo

Pero ti sigue cuspindoata que sequen os teus beizose ven logo de xeonlloschorando unhas bágoas de xeofica aí quedono chancomo herba abaneada polo ventomentres eu domino aire auga e terrae avivo o lume que me abrasa por dentroquente, mollado FEROE agora cuspecúspeme na caraque por moito que me molleseu xa estou mollada

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

Os VideoxogosOs VideoxogosOs VideoxogosOs Videoxogos

O videoxogo, o novo sistema de diversión que o mundo creou, é causa de moita polémica.Podemos diferenciar dúas posicións fronte a este obxecto; a primeira está a favor del polo pracerde usalo e o divertido que resulta; a maioría dos seguidores desta posición son os mozosafeccionados aos videoxogos que se preocupan máis ben pouco do seu transfondo. A segundapostura está estreitamente relacionada coa primeira pois os seus integrantes son, na súa maioría,os pais ou titores dos rapaces que están na primeira postura; estes exaltan as connotaciónsnegativas dos videoxogos e cren que son moi prexudiciais.

Eu pretendo expoñer unha opinión sobre os videoxogos totalmente diferente a estas dúas

posturas, mostrándoo coma o que en realidade é, o froito dos avances creativos e tecnolóxicos quefomos capaces de acadar ao longo do tempo. Vou afirmar que o videoxogo é a evolución, oseguinte nivel, dos sistemas de divertimento, e que tamén é unha obra artística.

Para responder á primeira postura non é necesario argumento ningún, pois eles baséansena súa ignorancia sobre a idea que apoian. Estes mozos ven nun videoxogo unha “cousa” que llesgusta, e sen saber nada acerca del, atrévense a dicir que son bos. Acaso as drogas son boas porquelle gustan a moita xente? Para defender algo tes que coñecelo antes, non vale que soamente “cheguste”.

Os pais e titores pertencentes á segunda postura están condicionados pola ignorancia antesmencionada dos mozos, pois toman como base o mal uso que estes lles dan aos videoxogos. Elesven os seus fillos xogando durante horas coa consola e deducen que os videoxogos poden seradictivos. Sinto dicirlles que se equivocan, o videoxogo en si non leva nada que o faga ser adictivo,o que pasa é que o “neniño” non ten capacidade para darse conta de que ten cousas máisimportantes que facer, nin suficiente forza de vontade para traballar en vez de divertirse, iso noné adicción señores, é cretinismo.

Tamén se equivocan pensando que os videoxogos afectan a conduta dos rapaces: se vostedecre que o seu fillo lle vai pegar un tiro despois de ver como xoga a un videoxogo violento é que creque o seu fillo é incluso máis paifoco do que realmente é, ou é que acaso vostede prepárase paracombater a rebelión das máquinas dende que viu Terminator 3? Non se agobie e confíe unpouquiño na capacidade mental do froito do seu sangue.

Page 22: Camiño do corgo

O punto máis importante chega agora, trátase domenosprezo aos videoxogos debido á súa mala fama. Quizaisvostedes non o sabían, pero para crear un videoxogointerveñen os traballos de talentosos colaboradores do sectorinformático e artístico. A creación dun videoxogo podedividirse en dúas partes, a creativa e a técnica. A parte técnicaencárgase de aplicar a tecnoloxía máis avanzada ao servizo deque a sensación que nos dea o xogo sexa o máis realistaposible; a creativa elabora a trama do xogo (si señores, osvideoxogos son algo máis que a simulación de matanzas) naque traballan guionistas que crean marabillosas fantasíascapaces de superar calquera película, e axudados dun equipode deseño artístico fan que as súas palabras se convertan nocarismático retrato do protagonista. Unindo a creaciónartística e a técnica conséguese que a fantasia se faga real (virtualmente falando) co incentivo deser nós os que a vivimos e non o actor rico e famoso que sae pola tele.

O videoxogo dános a oportunidade de gozar da mellor creatividade xunto coa mellortecnoloxía. Creo que iso é algo máis que “un estúpido videoxogo que che fai perder o tempo”.

Carlos MariñoCarlos MariñoCarlos MariñoCarlos MariñoFarta De Falar CaladaFarta De Falar CaladaFarta De Falar CaladaFarta De Falar Calada

Farta de falar calada pra xente sen ouvidos, mirouarredor por derradeira vez e comezou a camiñar.Camiñou por rúas estreitas, ateigadas de espazo,por avenidas onde os coches non a deixaban ouviros seus pasos, por pontes e por pazos, por oficinascon caras interminábeis e por tendas de roupa. Eseguiu camiñando, e camiñou por escaleiras,escoitando cada chanzo, e camiñou por carreirospequenos, por regatos e por leiras, polos pontes epradeiras. E chegou ao río. Mirou arredor porprimeira vez e afundiu.

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

Foto: Alicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez NúñezAlicia Martínez Núñez

Se Eu Fose…Se Eu Fose…Se Eu Fose…Se Eu Fose…

Se eu fose un paxaro o meu maiorproblema sería esa nube que se aproximatan rapidamente, e non a que virá despois,nin a que veu hai un anaco. Se eu foseunha cadela preocuparíame severamentesacar a lingua a cotío. Se eu fose unha

Page 23: Camiño do corgo

mosca o meu maior problema sería non poder alcanzar esa apetecible bosta devaca. Se eu fose unha vaca seríame un problema afastar as moscas co rabo. Se eufose unha herba...se eu fose unha herba non tería problemas. Pero eu son unhapersoa, e teño problemas moito máis complicados, pero, sobre todo, moito máisestúpidos.

Sabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. LorenzoSabela R. Lorenzo

EncrucilladoEncrucilladoEncrucilladoEncrucillado

1.1.1.1. Vogal. Animal acuático mamífero2.2.2.2. Anfibio. Eu … o balón.3.3.3.3. Mil. Deus romano do viño.4.4.4.4. Ó revés contracción en+a. Vogal. Ca…o5.5.5.5. Eu deslízome pola …. Vogal.6.6.6.6. Dúas vogais. Eu bebo …7.7.7.7. Órganos reprodutores da Muller.

A.A.A.A. Onde se garda a roupaB.B.B.B. Vogal. Ó revés as aves…C.C.C.C. Consoante. Signo de ben. Mil. VogalD.D.D.D. Ó revés os mozos das rúas facíano.E.E.E.E. Ó revés hortaliza. Tres vogais.F.F.F.F. Ó revés “ Señora Terra … para facer o movemento de rotación”. Ga, Ge, Gi,…, Gu.G.G.G.G. Contracción de a+o. Por onde van os peóns.

Atopa A SaídaAtopa A SaídaAtopa A SaídaAtopa A Saída

A B C D E F G

1

2

3

4

5

6

7

Page 24: Camiño do corgo

SoluciónsSoluciónsSoluciónsSolucións

Encrucillado: Encrucillado: Encrucillado: Encrucillado: Atopa A Saída:Atopa A Saída:Atopa A Saída:Atopa A Saída: 2

Xosé Manuel González DíazXosé Manuel González DíazXosé Manuel González DíazXosé Manuel González Díaz

Courel Courel Courel Courel dos tesosdos tesosdos tesosdos tesoscumes cumes cumes cumes

que que que que ollan lonxe!ollan lonxe!ollan lonxe!ollan lonxe!

Eiquí Eiquí Eiquí Eiquí síntese síntese síntese síntese

A B C D E F G

1 A B A L E A

2 R A B O T O

3 M B A C O

4 A N E R R

5 R A M P A U

6 I O A U G A

7 O V A R I O

Page 25: Camiño do corgo

ben ben ben ben o pouco o pouco o pouco o pouco

que é que é que é que é un home!un home!un home!un home!

Uxío NovoneiraUxío NovoneiraUxío NovoneiraUxío Novoneira

Foto: Alicia Martínez NúñezFoto: Alicia Martínez NúñezFoto: Alicia Martínez NúñezFoto: Alicia Martínez Núñez