20º domingo toc 2016 bene pagola

12
Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música:Samuel Barber-Adagio para cuerda Prender Lume 14 agosto de 2016 20º Tempo Ordinario – C (Lucas 12, 49-53)

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 07-Jan-2017

96 views

Category:

Spiritual


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica:Samuel Barber-Adagio para cuerda

Prender Lume

14 agosto de 201620º Tempo Ordinario – C

(Lucas 12, 49-53)

Page 2: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Son bastantes os cristiáns que, profundamente arraigados nunha situación de benestar, tenden a considerar o cristianismo como unha relixión que,

invariablemente, debe preocuparse de manter a lei e a orde establecida.

Page 3: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Por iso, resulta tan estraño escoitar na boca de Xesús ditos que invitan, non ao

inmovilismo e conservadurismo,

senón á transformación

profunda e radical da sociedade:

«Vin prender lume no mundo e oxalá no mundo e oxalá estivese xa estivese xa ardendo...

Pensades que vin traer ao mundo paz? Non, senón división».

Page 4: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Non nos resulta fácil ver a Xesús

como alguén que

trae un lume

destinado a destruír tanta

mentira, violencia

e inxustiza.

Un Espírito capaz de

transformar o mundo, de maneira

radical, aínda a custa de enfrontar e dividir as persoas.

Page 5: 20º domingo toc 2016  bene pagola

O crente en Xesús non é unha persoa

fatalista que se resigna ante a

situación, buscando, por

encima de todo, tranquilidade e

falsa paz.

Page 6: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Non é un inmovilista que xustifica Non é un inmovilista que xustifica a actual orde de cousas, sen a actual orde de cousas, sen traballar con ánimo creador e traballar con ánimo creador e solidario por un mundo mellor.solidario por un mundo mellor.

Page 7: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Tampouco é un rebelde que, movido polo resentimento, bota abaixo todo para asumir el mesmo o lugar daqueles aos que derrubou.

Page 8: 20º domingo toc 2016  bene pagola

O que entendeu a Xesús actúa movido pola paixón e aspiración de colaborar nun cambio total.

O verdadeiro cristián leva a «revolución» no seu corazón. O verdadeiro cristián leva a «revolución» no seu corazón. Unha revolución que non é «golpe de estado», cambio calquera Unha revolución que non é «golpe de estado», cambio calquera de goberno, insurrección ou relevo político, senón busca dunha de goberno, insurrección ou relevo político, senón busca dunha

sociedade máis Xsociedade máis Xusta.usta.

Page 9: 20º domingo toc 2016  bene pagola

A orde que, con frecuencia, defendemos,A orde que, con frecuencia, defendemos, é aínda unha desorde.é aínda unha desorde.

Porque non temos logrado dar de comer a todos Porque non temos logrado dar de comer a todos os famentos, nin podemos garantir os seus os famentos, nin podemos garantir os seus

dereitos a toda persoa, nin sequera eliminar as dereitos a toda persoa, nin sequera eliminar as guerras ou destruír as armas nuclearesguerras ou destruír as armas nucleares.

Page 10: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Necesitamos unha revolución máis profundaNecesitamos unha revolución máis profunda que as revolucións económicas. que as revolucións económicas.

Unha revolución que transforme as concienciasUnha revolución que transforme as conciencias dos hombres e dos pobos. dos hombres e dos pobos.

H. Marcuse H. Marcuse escribía que necesitamos un mundoescribía que necesitamos un mundo «no que a competencia, a loita dos individuos uns contra «no que a competencia, a loita dos individuos uns contra

outros, o engano, a crueldade e a masacre outros, o engano, a crueldade e a masacre xa non teñan razón de ser».xa non teñan razón de ser».

Page 11: 20º domingo toc 2016  bene pagola

Quen segue a Xesús, vive buscando Quen segue a Xesús, vive buscando Ardentemente que o lume acendido por ElArdentemente que o lume acendido por El

arda cada vez máis neste mundo. arda cada vez máis neste mundo. Mais, antes que nada, esíxese a si mesmo unha transformación Mais, antes que nada, esíxese a si mesmo unha transformación

radical: radical: «só se pide aos cristiáns que sexan auténticos.

Esta é verdadeiramente a revolución» (E. Mounier).

Page 12: 20º domingo toc 2016  bene pagola

PRENDER LUME 

Son bastantes os cristiáns que, profundamente arraigados nunha situación de benestar, tenden a considerar o cristianismo como unha relixión que, invariablemente, debe preocuparse de manter a lei e a orde establecida.

Por iso, resulta tan estraño escoitar na boca de Xesús ditos que invitan, non ao inmovilismo e conservadurismo, senón á transformación profunda e radical da sociedade: «Vin prender lume no mundo e oxalá estivese xa ardendo... Pensades que vin traer ao mundo paz? Non, senón división».

Non nos resulta fácil ver a Xesús como alguén que trae un lume destinado a destruír tanta mentira, violencia e inxustiza. Un Espírito capaz de transformar o mundo, de maneira radical, aínda a custa de enfrontar e dividir as persoas.

O crente en Xesús non é unha persoa fatalista que se resigna ante a situación, buscando, por encima de todo, tranquilidade e falsa paz. Non é un inmovilista que xustifica a actual orde de cousas, sen traballar con ánimo creador e solidario por un mundo mellor. Tampouco é un rebelde que, movido polo resentimento, bota abaixo todo para asumir el mesmo o lugar daqueles aos que derrubou.

O que entendeu a Xesús actúa movido pola paixón e aspiración de colaborar nun cambio total. O verdadeiro cristián leva a «revolución» no seu corazón. Unha revolución que non é «golpe de estado», cambio calquera de goberno, insurrección ou relevo político, senón busca dunha sociedade máis xusta.

A orde que, con frecuencia, defendemos, é aínda unha desorde. Porque non temos logrado dar de comer a todos os famentos, nin podemos garantir os seus dereitos a toda persoa, ni sequera eliminar as guerras ou destruír as armas nucleares.

Necesitamos unha revolución máis profunda que as revolucións económicas. Unha revolución que transforme as conciencias dos homes e dos pobos. H. Marcuse escribía que necesitamos un mundo «no que a competencia, a loita dos individuos uns contra outros, o engano, a crueldade e a masacre xa non teñan razón de ser».

Quen segue a Xesús, vive buscando ardentemente que o lume acendido por El arda cada vez máis neste mundo. Pero, antes que nada, esíxese a si mesmo unha transformación radical: «só se pide aos cristiáns que sexan auténticos. Esta é verdadeiramente a revolución» (E. Mounier).

José Antonio Pagola