xoaquÍn lorenzo fernÁndez e o cantigueiro popular · villancicos, diálogos, romances, cuentos y...

17
75 ~ INTRODUCIÓN F ins didácticos ou lexicográficos guían as pri- meiras compilacións de literatura popular gale- ga. A copla popular é considerada como para- digma do idioma, instrumento divertido e prático para o seu coñecemento e aprendizaxe. O Coloquio de 24 rústicos gallegos (1201 coplas) de frei Martín Sarmiento é unha das primeiras colectáneas galegas, que fornece información sobre as formas, o estilo e o proceso de creación e difusión das cantigas do sécu- lo XVIII. Son moitos os testemuños que se fan eco da popularidade que atinxen estas manifestacións na sociedade agraria da época. Os poetas cultos da primeira metade do XIX come- zan a valorizar e aproveitar a literatura popular, que se consolida no Rexurdimento literario. O movemen- to romántico vén potenciar o gusto por este tipo de creación, cualificada como poesía “natural”, musical, expresiva, próxima e viva. Rosalía de Castro escribe Cantares gallegos (1863) impregnada por esta atmosfera de descuberta e exaltación do popular; o seu compromiso co pobo reforza poderosamente o recoñecemento da tradición literaria oral. Cantigas satíricas que o escritor e xornalista Valentín Lamas Carvajal dá a coñecer na publicación O tío Marcos da Portela popularízanse de tal maneira que pasan a integrarse no patrimonio popular. Poesía popular e culta interpenétranse desde moito tempo atrás, desde as orixes, nos extraordinarios can- cioneiros trobadorescos, especialmente nas exquisi- tas cantigas de amigo.Almeida Garret, que reafirma o seu amor polo folclore tras a lectura de autores ingle- ses e alemáns, considera que as fontes xenuínas son os textos literarios medievais e a literatura popular. Manuel Murguía será un dos seus máis entusiastas valedores, nomeadamente nas páxinas de La Ilustración Gallega y Asturiana. O primeiro semana- XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR Delfín Caseiro Nogueiras DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO

Upload: others

Post on 07-Aug-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

75~

INTRODUCIÓN

Fins didácticos ou lexicográficos guían as pri-meiras compilacións de literatura popular gale-ga. A copla popular é considerada como para-

digma do idioma, instrumento divertido e práticopara o seu coñecemento e aprendizaxe. O Coloquiode 24 rústicos gallegos (1201 coplas) de frei MartínSarmiento é unha das primeiras colectáneas galegas,que fornece información sobre as formas, o estilo e oproceso de creación e difusión das cantigas do sécu-lo XVIII. Son moitos os testemuños que se fan eco dapopularidade que atinxen estas manifestacións nasociedade agraria da época.

Os poetas cultos da primeira metade do XIX come-zan a valorizar e aproveitar a literatura popular, quese consolida no Rexurdimento literario. O movemen-to romántico vén potenciar o gusto por este tipo decreación, cualificada como poesía “natural”, musical,

expresiva, próxima e viva. Rosalía de Castro escribeCantares gallegos (1863) impregnada por estaatmosfera de descuberta e exaltación do popular; oseu compromiso co pobo reforza poderosamente orecoñecemento da tradición literaria oral. Cantigassatíricas que o escritor e xornalista Valentín LamasCarvajal dá a coñecer na publicación O tío Marcosda Portela popularízanse de tal maneira que pasan aintegrarse no patrimonio popular.

Poesía popular e culta interpenétranse desde moitotempo atrás,desde as orixes,nos extraordinarios can-cioneiros trobadorescos, especialmente nas exquisi-tas cantigas de amigo.Almeida Garret, que reafirma oseu amor polo folclore tras a lectura de autores ingle-ses e alemáns, considera que as fontes xenuínas sonos textos literarios medievais e a literatura popular.Manuel Murguía será un dos seus máis entusiastasvaledores, nomeadamente nas páxinas de LaIlustración Gallega y Asturiana.O primeiro semana-

XOAQUÍN LORENZOFERNÁNDEZ

E O CANTIGUEIROPOPULAR

Delfín Caseiro Nogueiras

D I A D A S L E T R A S G A L E G A SX A Q U Í N L O R E N Z O

Page 2: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

76~

rio que contribúe á difusión da literatura popular é ElHeraldo Gallego, dirixido por Valentín LamasCarvajal. Na Coruña, Emilia Pardo Bazán preside aSociedad de Folklore Gallego (1883), que se dedica arecoller todo o saber popular: contos, romances,xogos, esconxuros, costumes, festas populares, cren-zas, supersticións, cantigas, etc. Dous anos antes,Antonio Machado y Álvarez fundaba a sociedade “ElFolklore Andaluz”.

O termo “folklore” (< “folk” = pobo; “lore” = saber)fora empregado por primeira vez polo investigadoringlés William Thoms no ano 1846.

O cancioneiro popular galego vai ser obxecto demúltiplas recolleitas e suscitará o interese de estudo-sos aquén e alén das nosas fronteiras: Milá yFontanals, Antonio Machado Álvarez, Teófilo Braga,Leite de Vasconcelos, ... Son moitos os investigadoresportugueses que teñen estudado as afinidades ecorrespondencias entre o cancioneiro galego e o lusi-tano. O etnólogo Bouza Brey deixa constancia distono estudo “Analogías gallego-portuguesas en el can-cionero popular”(1982: 255):

Entre los cancioneros de Galicia y dePortugal –que aunque tengamos que contem-plarlos bajo un punto de vista geográficocomo separados, no son sino dos aspectos deun mismo y grande Cancionero– se dan afi-nidades de concepto e identidades de dicción.Ambos términos son fácilmente comprensi-bles y tienen como origen común una causaremota de parentesco que estrecha y vinculade firme manera a gallegos y portugueses ymás perticularmente a los situados al nortedel río Duero.

O gramático Saco y Arce acomete o estudo máis sis-temático e a compilación máis representativa da lite-ratura popular galega do XIX (máis de 1300 pezas dediversa índole), publicadas parcialmente no Boletínde la Comisión de Monumentos de Orense:Literatura popular de Galicia. Colección de coplas,villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranesgallegos.

O Cancionero popular gallego (1885-86) de JoséPérez Ballesteros, con grande repercusión no interiore no exterior, agrupa 2600 cantigas e supón o froitomáis destacado da Sociedad de Folklore Gallego. Noprólogo, que leva como título “Sobre a poesía popu-lar da Galliza”, o insigne folclorista Teófilo Braga

subliña:“...a Galiza é a provincia máis duramente sub-metida á unidade política e mais sacrificada polo cen-tralismo administrativo; ella resiste pela sua tradiçaolyrica...”

O labor de compilación e análise da literatura de tra-dición oral acrecéntase ao longo do século XX coapublicación de numerosos traballos divulgativos emoitos Cancioneiros populares, resultado fructíferode rigorosas investigacións promovidas desde oSeminario de Estudos Galegos e divulgadas en diver-sas publicacións, como a excepcional revista Nós(Cotarelo Valledor, Ramón Cabanillas, FilgueiraValverde, Bouza-Brey,Antonio Fraguas,Vicente Risco,Florentino L. Cuevillas, Xoaquín Lorenzo, TaboadaChivite, Fernández Oxea, etc.).

A primeira colectánea que consigna tamén a nota-ción musical é o Cancioneiro musical de Galicia, deCasto Sampedro y Folgar, en edición preparada porFilgueira Valverde no ano 1942.Algún tempo despois,no 1973, Martínez Torner e Bal y Gay publican o seuCancionero Gallego. En Ourense, Daniel GonzálezRodríguez, director da Coral De Ruada, saca á luz no1963 Así canta Galicia (Cancionero PopularGallego), no que reúne unha serie de orixinaisEstampas corais (cantigas escenificadas).

Entre o 1984 e o 1995 sae á luz a obra máis comple-ta da tradición musical galega, o Cancioneiro popu-lar galego, monumental traballo dos investigadoresDorothé Schubarth e Antón Santamarina, que reúneuns 4400 textos de cantigas e 900 melodías, recolli-dos directamente de informantes do territorio galegoe dos concellos lindantes con Galiza. Esta magnacompilación organízase en sete volumes, con estestítulos: Oficios e labores; Romances tradicionais;Romances novos; Cantos narrativos, sucesos ecoplas locais; Cantos dialogados; Coplas diversas,cantos enumerativos e estróficos; Táboas sinópti-cas, índices.

No 1992, Domingo Blanco publica A Poesía PopularGalega (1745-1885), unha compilación moi sistemá-tica da poesía popular galega dos séculos XVIII e XIXprecedida dun amplo e rigoroso estudo.

A Escola Provincial de Danzas.Agrupación Castro Floxopublica os dous primeiros volumes –no 1997 e 2002respectivamente– do Cancioneiro popular da provin-cia de Ourense,que inclúe textos,melodías e pautas debaile. Nos respectivos actos de presentación, aAgrupación Castro Floxo preparou un espectáculo conresonancias daquelas célebres Estampas corais.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 3: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

O estudoso Calixto Albán Laxe pro-pón un achegamento integral, mul-tidisciplinar, acorde coa significa-ción primixenia do termo e conatención ao traxe e os tecidos, aosbailes e danzas, aos cantos, ás reu-nións festivas, á morfoloxía e tipo-loxía dos instrumentos e ao voca-bulario, na obra O saber popular.Enciclopedia do traxe, danza emúsica tradicionais (2003).

Verbo dos romances, estes come-zan a ser recollidos e analizadosde forma sistemática en data bas-tante tardía. Manuel Murguía sosti-ña que non existían verdadeirosromances galegos, opinión quemodificaría máis tarde. Saco y Arce apunta a posibili-dade de que existisen romances históricos galegos,que se terían perdido por non seren rexistrados porescrito.

A primeira publicación global de romances galegosfoi o Romanceiro popular galego de tradizón oral,feita en Portugal no 1959 por Lois Carré Alvarellos.

Ana Valenciano publica no 1998 Os romances tradi-cionais de Galicia, en edición patrocinada poloCentro Ramón Piñeiro e a Fundación RamónMenéndez Pidal. No mesmo ano, os músicos Xosé

77~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Emilia Pardo Bazán, presidenta da Sociedade “El Folklore Gallego”, caricaturi-zada por Castelao.

Na Coruña, Emilia Pardo Bazán

preside a Sociedad de Folklore

Gallego (1883), que se dedica

a recoller todo o saber

popular: contos, romances,

xogos, esconxuros, costumes,

festas populares, crenzas,

supersticións, cantigas, etc.

Luís Rivas Cruz (“Mini”) e Baldomero IglesiasDobarrio (“Mero”) dan a coñecer o traballo Cantos,Coplas e Romaces de Cego, textos e melodías de 81cantares de cego da provincia de Lugo, con dous dis-cos que recollen gravacións orixinais de 54 das com-posicións.

Os estudosos Xosé Ramón Mariño Ferro e CarlosLópez Bernárdez sacan á luz o Romanceiro en lin-gua galega, que reúne e analiza todas as versiónscoñecidas dos romances tradicionais galegos. A res-pecto da lingua empregada nos poemas, sinalan(2002: 20):

Page 4: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

O romanceiro en Galicia, tal como chegouaos nosos días, exprésase maioritariamentenunha lingua de base castelá, fortementeinfluída polo galego. Aínda así, hai un consi-derable número de romances nos que a baselingüística é o galego, tamén notablementeinfluído polo castelán.

Os romances tradicionais coñecen grande difusiónao longo do século XIX, aínda que moitos son doXVIII. A eles viñéronse sumar algúns poemasnovos, do tipo dos romances de cego ou cantaresarromanzados, creacións do XX, que manteñen afunción narrativa, mais que presentan unha estru-tura irregular.

A CONTRIBUCIÓN DE XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZAO CANTIGUEIRO POPULAR GALEGO

No ano 1932, nos números 98, 99 e 100 da revis-ta Nós, Xaquín Lourenzo Fernándes(sic) publicao estudo “A muller no cancioeiro galego” (182cantigas, case todas coplas), dedicado á súa nai erealizado a partir de varias compilacións, unhaseditadas e outras inéditas. Entre elas, a publica-ción Vila de Calvos de Randín. Notas etnográfi-cas e folklóricas (1930), de Florentino LópezCuevillas e o propio autor, en edición doSeminario de Estudos Galegos, que recolle 139pezas (contos, parrafeos, adiviñas, ditos e canti-gas), e os traballos inéditos, Cancioeiro deLobeira, realizado en colaboración co seu irmánXurxo, e Cancioeiro de Belle, recollido porFlorentino López Cuevillas, Vicente HermidaFernández e Xaquín Lourenzo.

O traballo comeza con palabras sinceras e fervorosas(1932:26):

Sempre foi a muller, tanto no cancioeiro gale-go como nos de outros sitios, a fonte en quecon máis frecuencia beberon os vates popu-lares. E a muller, correspondendo á estadevoción soupo inspirar fermosas cantigasque reflexan en algúns sitios un culto á elascasi idolátrico.

Non semella haber medo ningún ás dificultades nin ámesma morte, a teor destas dúas cantigas compiladas(terceto e copla), en que aparece explícita a forza fas-cinadora do amor:

Queridiña por te verpasei o río a nadoa pique de me perder.

Morrer nos teus brazos, nena,será morte con regaloporque é tanto o que che queroque hastra â morte me allano.

Xoaquín Lorenzo contáxiase do entusiasmo e paixónque desperta o noso folclore e outros moitos aspec-tos da cultura popular, da que será infatigábel e xene-roso investigador e propagador.

Vénse sumar, así, a outros moitos folcloristas coetáne-os: Fermín Bouza Brey (Cantigas populares de

78~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

O Cancionero popular gallego (1885-86)

de José Pérez Ballesteros,

con grande repercusión no interior

e no exterior, agrupa 2600 cantigas

e supón o froito máis destacado

da Sociedad de Folklore Gallego.

Page 5: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

79~

Arousa; Cancioneiro das ribeiras do Tea);ArmandoCotarelo Valledor (Cancioneiro da agulla enxerga-do con doas do Pobo);Antonio Fraguas Fraguas ( “Dofolklore de Armeses –Listanco”.); etc.

A súa primeira colaboración na revista Nós apareceuns anos atrás,no nº 42 (15 de Xuño de 1927),na sec-ción “Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza”; sondous contos populares recollidos en terras de Lobeirae Lovios:“Os tres irmaus” e “Os labregos e o xuez”.

Na mesma sección, na que aparecerán varias colabo-racións máis da súa autoría, dá a coñecer “Do can-cioeiro de Borneiro (Cabana)” (Nós, nº 108, 15 deDecembro de 1932).Trátase da súa compilación máisreducida: 29 cantigas, todas elas coplas.

No ano 1933 presenta a comunicación “Notas etno-gráficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá”, publicadanos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos no1934. Neste fermoso traballo recolle moitas cantigasrelacionadas con tales materiais e a súa manufactura,tan importantes na economía campesiña tradicional.

No ano 1936, o Seminario de Estudos Galegos aíndadá editado o magnífico libro Parroquia de Velle, rea-lizado por Florentino López Cuevillas, VicenteFernández Hermida e Xoaquín Lorenzo Fernández.Aobra inclúe unha ampla sección sobre a literaturapopular, con refráns e ditos, adiviñas, brincadeiras,contos, parrafeos, desafíos, cantos de Reis e aguinal-do, romances (12 composicións) e cantigas (448pezas, clasificadas tematicamente).

O estudoso Xaquín Vales, no traballo “XaquínLorenzo e De Ruada. Noticia da evocación históricaCamino de Santiago”, publicado no BoletínAuriense (tomo XXX, 2000), infórmanos da colabo-ración do etnólogo de Lobeira coa Coral De Ruada,para a que escribe os textos da Estampa Camino deSantiago, representada no Coliseo Xesteira deOurense no 1948, con motivo do Ano Santo Xubilarde Compostela. O texto presenta esta estrutura:“Limiar”; “I. Castilla”; “II. El Cebreiro”; “III. LasPlaterías”; “IV. La basílica”; “V. Muiñeira”. E conclúecon estas fervorosas palabras: “Ojalá que tambiénen nuestros corazones se encienda una estrella deplata que no se apague jamás.”Estas escenificaciónsinspiraríanse, segundo Xaquín Vales, nas actuaciónsde compañías rusas moi populares na época, comoo Teatro Korobok, que trouxera o seu espectáculo aOurense.

No 1974, na Revista de Dialectología yTradiciones Populares, publica o estudo “El carroen el folklore gallego”, o cuarto traballo dedicadoa un tema que o apaixona (o seu discurso deingreso no Seminario de Estudos Galegos no 1926foi “O carro galego; anos máis tarde, colabora cocineasta Antonio Román no guión e realizacióndo magnífico documental “O home e o carro”,feito nas terras de Lobeira no 1940). O ensaio, edi-tado en versión galega polo Museo do PoboGalego no 2003, inclúe referencias de escritoresrelevantes, cantigas, adiviñas, refráns, lendas etopónimos relacionados co carro, orgullo da casalabrega.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

No ano 1936, o Seminario de Estudos Galegos

aínda dá editado o magnífico libro Parroquia

de Velle, realizado por Florentino López

Cuevillas, Vicente Fernández Hermida e

Xoaquín Lorenzo Fernández. A obra inclúe

unha ampla sección sobre a literatura popular,

con refráns e ditos, adiviñas, brincadeiras,

contos, parrafeos, desafíos, cantos de Reis e

aguinaldo, romances e cantigas.

Page 6: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

80~

Na publicación A Nosa Señora do Viso (1983) recolle14 cantigas que teñen a Virxe como protagonista;algun-has presentan a Señora como unha campesiña máis:

Miña Virxiña do Visosete anos foi muiñeira;tiña a palanquiña de ouroe a vasoira de oliveira.

CANTIGUEIRO POPULAR DA LIMIA BAIXA

É a súa obra magna neste ámbito, a máis importantecontribución ao estudo do cancioneiro popular e tra-dicional de transmisión oral. Publicada por Galaxiano ano 1973, reúne 2586 composicións, seguidas deestenso e completísimo apartado de “notas”explicati-vas –867– que inclúen perto de 700 pezas máis(variantes galegas e correspondencias portuguesas e

españolas), ampla relación bibliográfica e índicetoponímico. As composicións distribúense destamaneira: 2547 cantigas, 9 composicións, 5 desafíos e11 parrafeos –de extensión moi desigual–, 7 brevesoracións e 4 romances.

No texto introdutorio, o autor manifesta que se res-pectan as vacilacións lingüísticas por fidelidade aosinformantes ou compiladores, con predominio dasvariedades dialectais da zona.

Todas as cantigas foron recollidas antes do ano 1932;difundidas, polo tanto, de forma natural e tradicional,antes das perturbacións provocadas polas emisiónsradiofónicas ou televisivas. Ademais das compiladaspolo propio autor –entre elas, seguramente, as queintegran o inédito “Cancioeiro de Lobeira” , feito coseu irmán Xurxo–, as que Benito Fernández Alonsopublicara na Biblioteca de Tradiciones PopularesEspañolas, as que Juan Antonio Saco y Arce dera acoñecer no Boletín de la Comisión de Monumentosde Orense e as que o propio etnógrafo e FlorentinoLópez Cuevillas incorporaran á publicación Vila deCalvos de Randín.

No capítulo dos agradecementos, fai esta sentidadeclaración (1973: 8):

Veleiquí os que con máis xusticia teñen queseren lembrados:En primeiro lugar, o meu irmán Xurxo, queco seu curazón de poeta, cheo do agarimo daTerra, soubo ir deprendendo as cantigaspopulares como quen vai collendo as froriñasda nosa campía. E logo, miña nai; co seuamor ás xentes do noso campo, que sempreatoparon nela consolo e agarimo, foi ouvin-do e transcribindo as inxénuas composiciónsque lle recitaba a tía Margarida, que aos seus90 anos presumía de enfiar as agullas sen tra-ballo; a tía Balbina, namentras lle contaba assúas doenzas; a tía Avelina, vella fiandeira,que lembraba os seus anos mozos namentrespetiscaba nalgunha lamberetada...

Protagonismo da muller no proceso de custodia dopatrimonio foclórico; o seu recoñecemento únese álembranza de sonados fistores ou rapsodas, estima-dos e agardados con expectación nas romarías e nascelebracións sociais: Manxor das Quintas, Cipigueirade Gaiás, Gaiato do Riocaldo, O Palmela, ...

O folclorista Calixto Albán Laxe, na súa obra O saberdo pobo (2003: 135), apunta: “O pobo galego é un

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Miña Virxiña do Viso

sete anos foi muiñeira;

tiña a palanquiña de ouro

e a vasoira de oliveira.

Imaxe da Virxe do Viso

Page 7: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

81~

pobo que, a pesar de ter fama de ser un pobo tristu-rento, morriñento, é un pobo que cantaba en tódalasocasións.”

O escritor Emilio Pita, no capítulo “Música e danza”(Historia de Galiza(1962), dirixida por RamónOtero Pedrayo), significa (1979: 769):

Ó son da gaita e da zanfona, do pandeiro edas ferreñas, do chascarraschás das cunchase do tambor do tamborileiro, canta e baila opobo galego. Xa no mundo matinal dosnosos antergos atopamos, na súa gracia pris-tina e virxinal, o culto ó canto e o culto ádanza.

O propio Xoaquín Lorenzo manifesta(1973: 10):

O galego nasce antre cantigas, vive cantandoe, despóis do seu pasamento, a súa lembran-za mantense antre cantigas.Tódolos intres do seu vivir teñen cantigasadoitadas; cada angueira do campoaxúdase con determiñadas cantigas;as súas dores teñen cantigas comalenitivo e as súas horas ledastamén con cantigas se fan paten-tes.

O folclore musical, a máis xenuínamanifestación da realidade socio-lingüística e cultural, proporcionaelementos de xuízo moi fidedig-nos e valiosos,pola súa carga teste-muñal e expresiva, para profundarno coñecemento das particularida-des temperamentais dun pobo, dostrazos anímicos do seu celme colecti-vo, dos seus costumes e a súa enxebreza, da actitudeperante a vida e a morte, do seu modo de ser e sentir.

Creacións e recreacións anónimas cedidas xenerosa-mente ao patrimonio cultural común,os cantares sontestemuños dun tempo e modo de vida pretéritos,cando os camiños eran ríos de xente que levabanledicia a campos e aldeas en que a precariedade seadozaba co mel da expectativa feita realidade nopaseo, na ruada, na foliada, no fiadeiro, na esfolla, naespadela, na romaría, ...

Tempos de maior espontaneidade, tolerancia, desor-de e certa despreocupación polas formas. Fermosotratado da vida campesiña, que estimula a resisten-cia contra as feroces agresións da globalización e

uniformización culturais. O intérprete das cantigasapréndeas de ouvido; por iso as transforma, segun-do a capacidade da súa memoria, o seu gusto estéti-co ou o seu talento creativo. A existencia de ver-sións ou variantes dunha mesma peza –letra oumelodía– é inherente a calquera manifestación dacultura popular de tradición oral, que se contextua-liza e actualiza constantemente. Os cantares combi-nan perpetuación e invención, cárganse de vitalida-de e funcionalidade, nun anovamento permanenteda tradición.

Os cantares son levados de aquí para alá por perso-as que andan a gañar a vida; con frecuencia un cego,ameno transmisor de coplas e romances que inter-preta en feiras e festas, acompañándose con violínou zanfona, para matar a fame vella.As esmolas e avenda de cantares –“pregos de cordel”– fornecen osustento.Acompañado dun rapaz ou familiar –“moi-nante”– que leva a “maltraña” (cartaz ilustrador dahistoria interpretada) e que se encarga da adminis-tración.

O mestre Vicente Risco, no seu impoñente estudo“Etnografía: cultura espritual” (Historia de Galiza(1962)dirixida por Ramón Otero Pedrayo), fala asíverbo das cancións popolares (1979: 718):

Hainas pra soster coa música o ritmo do tra-ballo (espadelas; cántigas de arada, pra ani-mar ós bois; de arrieiro, pra facer o camiñomáis levadeiro; incluso tense querido facerderivar a muiñeira dunha imitanza do ritmodo movemento da moa e da caneta); praadormentar ós neniños coa súa melopeamonótona as de arrolo; e logo hai as quepodemos chamar cremoniales, prás festas ecelebraciós relixiosas ou profáns (vilancetes,Aninovo, Reises, Entroido, Semán Santa,

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Non me alumees, candil,

nin tampouco tu, luceiro,

que me aluman os ollos

de unha meniña que eu quero.

Page 8: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

82~

Maios, bodas, felicitaciós dos Santos, etc.) oupra celebrar o remate dos traballos de reco-lleita (seitura, malla, vendima, etc.). Da orixelitúrxica (ceremonial) do canto e da músicatense falado moito. Non estará de máisobservar que as verbas “ritmo” e “rito” téñen-se feito derivar da mesma raíz indo-europea,que no sánscrito védico dá ritam e pódesececáis relacionar coa raíz rc, “cantar”, sinmeternos arestora en máis fonduras.

A respecto da clasificación, resultan moi clarexadorasas palabras do investigador Domingo Blanco (1992:90): “Porque non debemos esquecer que as cantigaspopulares non poden ser valoradas illadamente senónen series, en conxuntos intencionais, tal como foronformuladas, feito que case nunca se reflecte cando setrasladan á escritura das coleccións”.A funcionalidadeconstitúe o verdadeiro motivo que rexe o proceso cre-ativo das composicións. O Cantigueiro Popular deXoaquín Lorenzo recolle toda a riqueza do repertoriotemático e estilístico do cancioneiro xeral galego.

Como xa acontecía nos prodixiosos cancioneirosmedievais, os temas dominantes son o amor, a devo-ción relixiosa e o humor (sátira); a vida do pobo–vida de traballos,na familia e na veciñanza–,en equi-librada harmonía coa fermosa natureza. O lirismopopular fala coa linguaxe dos sentidos: ledicia, tristu-ra, amor, ilusión, saudade, paixón, xenreira, ...Sentimento e imaxinación son os trazos fundamen-tais do ser popular. Vivencias e lembranzas. Vivir élembrar. Maneiras de ser, de vivir, de soñar, condicio-nadas polo tempo e o contexto. Facemos nosas aspalabras da estudosa Zaluar Nunes, quen o expresade forma precisa e maxistral (1978: 95-96):“As com-posiçoes do nosso cancioneiro popular sao entreteci-das de veemência sentimental, de delicadezas amoro-sas a contrastar com atitudes de sensualidade, deexpansoes eufóricas ou, mais frequentemente, dedolorida melancolia, de manifestaçoes en que domi-na a graça simples a par de chistes grosseiros, de fan-tasia e sonhos mesclando-se a cada passo com argu-tas observaçoes da realidade.”

O lirismo maniféstase en versos de preciosa delicade-za.O amor, fráxil como o cristal,provoca sentimentosde profunda melancolía cando a situación non é pro-picia.

Queridiña, donche os ollos,tamén me a min don os meus;ímolos lavar ao ríoonde a troita lava os seus. (nº 2049)

A poesía amorosa ten unha presenza predominante eincontestábel nas producións da tradición oral popu-lar.Algunhas composicións revelan profundo coñece-mento dos estados anímicos. Nada pode facer onamorado contra o feitizo amoroso:

Eu no sei o que me dechesque non te podo olvidar:de día no pensamentoe de noite no soñar. (nº 987)

As cantigas amorosas (“Viva quen anda en amores, /viva quen en amores anda”;“Viva quen sabe querer”)convidan ledas ao canto e ao baile –“bailadas”dos can-cioneiros trobadorescos– e proban o dominio derecursos repetitivos como a anáfora ou o paralelismo.

Bailla coela, bailla coela,bailla coela, que ela é túa;éche ben feita de corpo,delgadiña da cintura. (nº 430)

Testemuñan, así mesmo, a habilidade dos poetas anó-nimos para a creación de suxestivas metáforas (sim-boloxía sexual) e a reprodución de situacións carga-das de encanto.

Esta noite e maila outrae maila outra pasadaabalei unha pereiraque nunca fora abalada. (nº 893)

Déixame ir, que vou de presa,que vou abrir unha poza;teño trigo sementadono curazón de unha moza. (nº 729)

A contemplación da persoa amada propicia felicida-de e sosego (forza expresivo-emotiva do diminutivo).

Rosiña, miña Rosiña,miña troita do remanso;cando te vexo, Rosiña,cando te vexo, descanso. (nº 2077)

O magnetismo dos ollos (= luceiros, estrelas) e a fas-cinación do ollar son motivos recorrentes na literatu-ra universal. Os ollos son espellos do estado deánimo.

Non me alumees, candil,nin tampouco tu, luceiro,que me aluman os ollosde unha meniña que eu quero. (nº 1510)

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 9: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

Os teus ollos son alegrese tristiños son os meus;chégate a min, queridiña,dalle contento cos teus. (nº 1832)

Análise psicolóxica e acertada observación dasmudanzas provocadas polo sentimento amoroso,que percorre as estancias da paixón, da dúbida, dafelicidade, da melancolía, da ternura, do desprezo,do desacougo; sucesión de dores e alegrías. A vidaestá feita de amor, odio, traballo e morte. Hai cua-dras que perpetúan símbolos e asociacións ances-trais, presentes nas creacións literarias desde ainfancia do mundo.

O mar anda que desanda,anda que desaparece;quen ten amores non dorme,quen nonos ten, adoece. (nº 1700)

Nelas toman asento o galanteo e o eloxio, as confi-dencias e os encontros na fonte, no muíño, na igrexa,no camiño, na carballeira, na eira, no turreiro (terrei-ro), na noite, na distancia dunha fiestra iluminada,...Lugares onde manda o corazón.

A laranxa foi á fonte,tanto tarda que non ven;ou quebrou a cantariñaou se namorou de alguén. (nº 120)

Ai, roxiña, roxiña de pelo,ven comigo mallalo centeo;o centeo, o centeo, a cebada,ven, roxiña, miña namorada. (nº 99)

Discreción e humildade deben ser dúas das calidadesque adornen a muller.

A moza que é caladiñae non di mal de ninguén,canto máis baixiño miratantos máis amores ten. (nº 175)

O canon de beleza feminina no mundo rural é elabo-rado polo propio folclorista a partir da escolma reali-zada para o seu traballo “A muller no cancioeiro gale-go”(1932: 69):

O primeiro que sai â vista é a sua côr: a mozagalega debe ser loira. Non é preciso que teñaloiro o cabelo: bástalle tel-o tipo. A cara,redonda e colorada, anque tamén pode tel-a

branca; os ollos, castaños ou cecáis taménazús.Non debe ser alta, antes ben, prefírese baixae non precisamente delgadas; supóñensedonairosas, cousas máis difíciles de conseguirpra elas que prâs que son delgadas e altas.

83~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Na casa de un labrador

traballos todo se volve;

que condanada é a vida,

a vida toda de un probe!

Page 10: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

84~

Muíño e forno son lugares visitados frecuentementepola maxia (lugares de encontro dos namorados,mentres agardan a conclusión da tarefa, que se reali-za, a miúdo, pola noite).

Esta noite no muíño ha de haber o que ha de haber:as telliñas do telladohan de ir ó río beber. (nº 897)

O fiadeiro é outro foro popular que propicia a xun-tanza da mocidade nas longas e intensas noites doinverno, mentres se desenvolve a dura e sacrificadatarefa da fiada. No sinalado estudo sobre o liño e a la,Xoaquín Lorenzo facía alusión á nobre tradición datarefa de fiar (1934: 28-29):

As grandes señoras non desdeñaban adicarseá tarefa do liño. A nobre doncela acadaba aoseu namorado fiando na roca e fiando matabaa raiña as súas horas de tristeza cortesán. (...)Ao se ocuparen do liño as outas donas domeioevo, crearonlle unha tradición de nobre-za que persistiu a través do tempo.

Un esgutío (aturuxo) anuncia a chegada de mozosrexoubeiros, que andan de ruada que traen coplase cantares novos para engaiolar, inspirados desafí-os, portadores de atrevidas mofas, para rivalizar. Amúsica faise con pandeiros, pandeiretas, cunchas,latas, ferriños, garrafas, culleres,... Ás veces vén agaita ou o acordeón. O candil está máis tempo apa-gado que aceso.

Así o deescribe propio Xoaquín Lorenzo no seu libroOs oficios (1983: 242):

Polo mes de Nadal comezan os fiadeiros.E nós, imos asistir a un.Veleí que xa uns días antes andan asmozas a faguel-os preparativos; precuranunha cazola, tixola nova mercada coísteobxeto, unha lata vella das do gas ou,mellor, un pandeiro, tres culleres de paude buxo, e, se pode ser, uns pares de cun-chas. Logo, a escote, mercan o gas pra alu-meal-a festa; o candil tén obriga doemprestar o dono da casa.E chega o intre do fiadeiro. Polas 9 danoite, cada moza colle a roca, o fuso, unhacarabela co co liño ou a lá, e un banquiñono que caiban, polo menos, dúas persoassentadas: a moza e o seguro ou problemáti-co galán.

A expectativa do encontro pon luz nas olladas.

Cando chegan ó fiadeiroos mociños de esta terrabrílanlle os ollos ás mozasque parecen as estrelas. (nº 491)

A ruada –designada tamén cos termos “ronda”,“paseo”, etc– é celebración nocturna polas rúas,camiño da romaría, con música de gaita de foles ouinstrumentos de percusión, con cantos e bailes. Ofolión (foliada) é conmemoración da véspera da festaou romaría; e o serán (serao) é reunión da mocidadeda aldea á noitiña para se divertir, cantar e bailar. Enocasións, unhas e outras poden identificarse.

Ai, ruada,vinde mozos e mozasá foliada. (nº 101)

O que non canta nin baillaqué vai facer ao serau?Deprender catro mentiraspara contar pola vrau. (nº 1752)

A observación da natureza e o cosmos, sempre fer-mosos e omnipresentes, constitúen motivo habitualde cantigas dicotómicas, que funcionan como unhaespecie de símil dos outros dous, en que se fai explí-cito o sentimento.

A raíz do toxo verde é moi mala de arrigar;os amoriños pirmeirosson moi malos de olvidar. (nº 294)

Outra veces, os elementos da natureza, depositariosdo encanto e a melancolía que tinxen a lembranza doparaíso perdido da infancia, son discretos confidentesdo desamor,da saudade,da coita amorosa;ou son con-fidentes das queixas do corazón por teren eles propi-ciado o amor e, consecuentemente, o sufrimento.

Arrimeime a un pino verdepor ver se me consolabai o pino, como era verde,ó verme chorar, choraba. (nº 310)

A perda dun obxecto persoal , indicador do encontroamoroso, combínase coa devoción á Virxe e a fe nasúa protección:

Á entrada do Xurésperdín o meu cadeado;

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 11: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

85~

Nosa Señora benditateno no seo gardado. (nº 53)

Creacións finísimas, tributo á discreción, e creaciónseróticas, que nacen da ousadía do amor ardente, coacomplicidade das tebras, e desbordan sensualidade.Fecundo exercicio de seducción e inspiración,asentadoen comparacións e metáforas ben contextualizadas.Espléndidas coplas paralelísticas, en que o dicir suxerea realidade sen facela explícita ou bebe en fermosas aso-ciacións simbólicas vinculadas á fecundidade da terra.

Agora que foi e foi,nena, non teñas pesare;agora que foi e foiDiolo ha de remediare. (nº 61)

Non te acordas, queridiña,de aquela noite de vrau?Tú contábalas estrelasi eu as areas do chau. (nº 1545)

Ai, que noite de luar!Ai, que noite de placer!Ai, que noite de luar,de sementar e coller! (nº 86)

A separación dos namorados antes de romper o día–salvagarda da honra da amada–, asunto das preciosasalbas trobadorescas, alaga de emoción a atmosfera.

–Cantan os galos ó día, érguete, meu ben, e vaite.–Como me hei de ir, queridiña,como me hei de ir e deixarte?

Mais, mágoa irresistíbel é a da saudade pola separaciónprolongada dos que aman (emigración, milicia, etc.),con lugar para pertinentes hipérboles,que nos fai reme-morar as coitadas amigas dos cancioneiros medievais.

Airiños da miña terra,vinde por min e levaime,que os aires da terra alleaxa non fan senón matarme. (nº 98)

A vehemencia do sentimento amoroso correspondi-do reside na mesma morada que a traizón,o esquece-mento, os ciúmes e enfados que provocan desafogos,reproches, imprecacións, sarcasmos e insultos, nonexentos de hábiles xogos verbais (antíteses, contras-tes). Entramos, así, nos dominios da sátira (ironía) oudo humor.Algunhas pezas combinan maxistralmenteafecto e ironía, valéndose de expresiva metáfora.

Adiós, rapaciña, adiós,eu para ti xa non era,anque máis altos navíosnavegan con menos vela. (nº 45)

A acritude de carácter (“curazón alimonado”) podeestar provocada polo desamor.

–Curazón alimonado, dime quén te alimonou.–Unha nena de quince anosque a dazaséis non chegou. (nº 687)

O casamento é obxectivo prioritario para a mocida-de namorada (o célibe estaba mal visto na sociedadeagraria tradicional); mais a dura realidade logo mata ailusión e da boca da muller nacen agora queixas, des-ilusións, resignación.

Eu queríame casar, miña nai dime que é cedo;ela , como está casada,non sabe a falta que teño. (nº 1007)

Casadiña de tres díasnon se cansa de chorarpola vida de solteiraque non ha de recobrar. (nº 580)

O cancioneiro popular retrata fielmente o univer-so campesiño, cos seus traballos, hábitos, costu-mes. O canto estimula o traballo e alivia o esforzo.Hai lugar destacado para o pan –referente de bon-dade e honestidade– e o viño –expresión da ale-gría de vivir– O traballo é fonte de orgullo e satis-facción; o labor outorga honra, iguala homes emulleres en tarefas compartidas. O espírito comu-nitario preside as actividades agrícolas.As cantigasfanse expresión de amor á terra, salientan a activi-dade do campo e manteñen viva a memoria de ofi-cios tradicionais (costureiras, xastres, carpinteiros,tecedeiras, cesteiros, seitureiros, muiñeiros, cantei-ros, arrieiros, ...).

Hei de ir á túa seitura,hei de ir á túa segada,hei de ir á túa seitura,que a miña vai acabada. (nº 1104)

Ás veces, imponse a dura realidade.Na casa de un labradortraballos todo se volve;que condanada é a vida,a vida toda de un probe! (nº 1444)

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 12: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

86~

Se queres que o carro cantemóllalle o eixe no río,verás como ben molladocanta como un asubío. (nº 2194)

A relixiosidade popular maniféstase na devoción fer-vorosa e moi popular á Virxe (da Peneda,do Xurés,daSubreira, do Viso, ...), a Xesús e aos santos avogosos(Santo Antonio, San Bieito, Santa Eufemia, San Roque,San Isidro, ...), aos que se acode en demanda deaxuda para resolver situacións comprometidas. Afronteira política non é ningún impedimento, comonolo fai notar o propio autor na no estudo introduto-rio (1973: 20):

Son moitas as xentes limiás que acoden deco-te a certas romaxes e festas de Portugal, espe-cialmente á Nosa Señora da Peneda, ao BomXesús de Braga, ás festas da Vila da Barca,Lindoso, etc., do mesmo xeito que veñen osportugueses á Nosa Señora da Clamadoira, áVirxe do Xurés ou ás festas de Entrimo eLovios.

Miña Virxiña do Visoalá vai pola Bemposta;de cansadiña que vainon pode subila costa. (nº 1392)

San Benitiño glorioso,feito de pau amieiro,é irmáu das miñas chancas,criado no meu lameiro. (nº 2096)

A filosofía da vida dá leccións en forma de conse-llos proveitosos para as xeracións novas, que nontardarán en percibir que a perda dun ben provocaprofunda amargura que fai esbagoar. A fugacidadeda vida reflíctese en sentidos lamentos ou reflexi-vas consideracións; non falta a recomendación deaproveitar o presente (topico do “carpe diem”).Versos feitos de saber e emoción convidan ao gozo,á alegría de vivir.

Zapatiño de unha solalogo lle cai a biqueira;gárdate, miña meniña da caidiña primeira. (nº 2544)

Anque tocan as campanas,non tocan polos que morren;tocan polos que están vivospra que diles se acorden. (nº 225)

Cantai e beillai, meniñas,e deixai falala xente,que o tempo da mocidadenon vos ha de durar sempre. (nº 527)

A sátira-humor ten tamén presenza moi relevante nasociedade labrega.A miúdo, procura o riso e o diver-timento, antídoto contra a dureza da existencia; epode ser mordaz, directa, irónica, encuberta, pícara.Coitelo verbal, fórmula liberadora da presión aními-ca. O humorismo faise refuxio para os que padecen;a ironía tórnase, ás veces, dolorosa.

Hai severas composicións contra a hipocrisía e afa-chenda, contra a inxustiza social.Ataques á avareza, ápreguiza, á falta de honestidade, á traizón, ao adulte-rio,...

Bugallos nun castiñeirofoi cousa que nunca vin;gabácheste que te quixeni eu nunca te pretendín. (nº 463)

O pai que ten unha fillapensa que ten un reinado;ten un cortizo de abellasque por baixo está minado. (nº 1738)

Ás veces, soan voces grosas, procaces. O máis frecuen-te é xogar coa carga polisémica ou plurisignificación eco simbolismo de certos termos,co fin de burlar a cen-sura eclesiástica ou respectar o decoro social.As posi-bilidades expresivas que ofrece o xogo polisémico sonben aproveitadas polo creador anónimo.

Ábrete, boca,estírate, rabo,que o coarto do mediovai acomodado. (nº 9)

Ó muíño do meu sogroeu ben lle sei o tempero:se está erguido, hai que baixalo,e se está baixo, hai que erguelo. (nº 1724)

Choven chufas para os amores serodios e os casa-mentos desiguais ou a destempo.A sogra –nai afecti-va desde a perspectiva dos fillos– é a persoa da fami-lia que recibe máis ironías, provenientes da antipatíaderivada dun conflicto de intereses.

A unha vella moito vella,máis vella que o meu chapeu,

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 13: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

87~

tratáronlle o casamento,levantou as maus ao ceu. (nº 418)

A miña sogra sanoui en troques morreume a vaca;tras de un probe xempre a morteanda coa fouce amolada. (nº 160)

Os cregos, como xa ocorría nas cantigas de escarnioe maldicer do Medievo, son vítimas da ira popular,por non resistiren as tentacións da carne e nonseren, así, modelos de conduta tal como postulan nassúas prédicas.

Andas abaixo i arriba,pensas que ninguén cho sabe;sábecho Dios, todo o mundoe tamén o can do abade. (nº 189)

A sátira pode ser agresiva ao xerar cantares soeces elicenciosos.A insensibilidade humana chega a burlar-

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Foto: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Anque tocan as campanas,

non tocan polos que morren;

tocan polos que están vivos

pra que diles se acorden.

se dos defectos físicos ou psíquicos. Dela nacentamén os alcumes, tan populares no ámbito campesi-ño. Con todo, o decoro verbal impón restricións quenon impiden a picardía.

A rivalidade entre sexos maniféstase nas chufasmútuas, esencia dos divertidos desafíos ou regueifas–celebradas desputas poéticas en que os contenden-tes dan probas da súa habilidade versificadora e dosseus dotes para a improvisación; a “regueifa” era orixi-nariamente unha torta de pan que se daba ao máis ins-pirado regueifeiro do certame que se celebraba nocurso dunha voda–,os cortexos de carácter amoroso eos parrafeos de brincadeira verbal. Designados taméncomo cantares de pandeiro, por seren executados coacompañamento deste instrumento de percusión.Sarcásticas ou irónicas, sempre incisivas, exercicios derivalidade amorosa, brincadeira e sensualidade, soncreacións nas que brilla a improvisación. Son frecuen-tes expresións como “caras de caracandil”, “cara deborrallo quente”,“mozos de caras borradas”, etc.

Page 14: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

88~

–Se quérelo desafío,ven eiquí, cara lavada,que tu non has de fuxirsen levar unha escaldada.–Eu chámoche cara porcapor tu chamarme lavada;dime quén é merecente de levar unha escaldada.–Cálate, vaite calando,cara de cinta amarela,que te teño retratadano cu da miña cadela.–Cálate, vaite calando,fuciño de porco chino,que non serves pra falarde diante do señorío.(...) (nº 2559)

Nos parrafeos, xogos dialécticos de carácter amo-roso, o ataque satírico deixa paso á espresión iró-nica.

–Á túa porta me tescoma un feixe de leñaagardando a respostaque da túa boca veña.–A resposta téñoa dada,mociño, tu a dixeches:se non sábelo camiño,torna por onde viñeches.(...) (nº 2565)

As críticas que son inxustas provocan indignación.Moitos cantares censuran con dureza a maledicencia,a murmuración que lixa a honra.

O río cando vai cheoleva carballos e follas;tamén podía levaras lengoas marmuradoras. (nº 1763)

No longo capítulo das cantigas inclúense algunhaspezas que pertenceron a desafíos ou parrafeos e outrasque formaban parte dos responsos ou testamentos doburro (composicións satíricas e paródicas).

Ehí vai Luísa de Guinio,corre como unha cadela,buscalos dentes do burropra faguer unha peineta. (nº 828)

Hai tamén algunha cantiga de berce –expresividadedo diminutivo afectivo–, con monótono son queadormece.

Este meniñoé o meu filliño,por eso lle doutantos biquiños;vai a dormireo meu pequeniñoe coile estántodolos anxiños. (nº 908)

O ritmo da cantiga axústase á tarefa que se estárealizando: o cantar de seitura ten o ritmo vivode quen sega; o cantar do arrieiro ten o ritmopausado dos machos cargados que fan longascamiñadas.

As melodías van da tristura á ledicia explosiva.O alalá(canto diatónico, enxebre gregoriano, segundoXaime Quintanilla) é quizais a nosa máis antiga mani-festación musical; cantar íntimo e melancólico; cantoá saudade; canto da inmensidade, que semella nonacabar nunca. O canto de pandeiro é tamén un doscantares máis vellos.Moi popular é, así mesmo a folia-da, canción propia das xuntanzas nocturnas. A mui-ñeira, cantar moi xenuíno, é a máis viva expresión dogozo.A ribeirana, a carballesa, a xota, etc. son outrosaires do repertorio musical.

A investigadora helvética Dorothé Schubarth, no volu-me I (Oficios e labores), tomo I (Melodías) da súamnumental obra sobre o cancioneiro galego realizadoen colaboración co profesor Antón Santamarina, esta-blece estas particularidades (1986: XXV):

Muiñeira e “Jota” son dúas pezas antípodas: amuiñeira é rápida, monótona,ríspeta; a jota émáis pausada, máis doce, máis melódica emáis variada, porque ten punto e volta.Estas diferencias na velocidade maniféstansepolo metro musical que na muiñeira é bina-rio e na jota é ternario...

Canto á forma, a estrofa dominante é a copla oucuadra (catro versos octosilábicos con rima aso-nante nos pares); moitas resultan da reelaboraciónde tercetos mediante a repetición dun verso(paralelismo). Ramón Cabanillas dedícalle fermo-sas palabras de gabanza (1976: 9):“recendo místi-co de Galicia, arcaz que garda nosos degaros,relembros e querencias”. É a estrutura métricaque mellor se acomoda ao canto e favorece aimprovisación. Fórmula emblemáticado idioma, acuadra conservounos as verbas máis belidas e osxiros máis expresivos: ditos de profundo lirismo;sátiras mordaces e ferintes; fórmulas irónicas car-

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Page 15: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

gadas de retranca.As coplas que nacen da saudadeson equilibrada combinación de delicadeza emelancolía. Hai algúns tercetos; poucas sextillas eoitavas. O verso dominante é o octosílabo; haitamén pentasílabos, hexasílabos, heptasílabos,eneasílabos, hendecasílabos. Algunhas estrofascombinan versos de diferente medida.

O recurso formal máis empregado é a repetición(anáfora, paralelismo, leixaprén).

Vaite lavar, moreniña,vaite lavar, Conceición,vaite lavar, coitadiña,vaite lavar, curazón. (nº 2457)

Nas cantigas é relativamente frecuente a utilizacióndun patrón ou modelo (verso ou versos polivalentesque inician a estrofa). Os máis recorrentes son “Teñounha erba na horta” ou “As tellas do teu tellado /botan (ou deitan ou teñen ...)”.

Procedemento repetitivo é tamén unha variante deleixaprén: nos desafíos ou parrafeos, o últimoverso dunha estrofa repítese como o primeiro daseguinte.

Baixo o epígrafe “Romances” agrúpanse catro canta-res arromanzados ou cantares de cego, con predomi-nio dos de ton humorístico.Tres deles –“A Rufina”,“Aboda de Xan Guindán” e “O casamento da pulga e opiollo”– aparecen tamén no libro Parroquia de Velle(1936); dous –“O conde Alberto” e “Casamento dapulga e o piollo– foran recollidos por Saco y Arce costítulos “O cego” e “O casamento” respectivamente.

“Coplas do tío Laranxo”reúne tres cantares de diferen-te temática; o primeiro satirza o casamento dun vellocon avultada chepa; o segundo é un cantar relixiosomoi fragmentario; o terceiro é un cantar acumulativoou repetitivo que relata a voda da pulga e o piollo.

“O conde Alberto” (do tipo dos romances noveles-cos:“romance de Silvana”): versión fragmentaria querelata como o conde Alberto se presenta ante a súanamorada disfrazado de cego.

“Rufina”: romance pastoril que conta a historiadunha pastora que é probada pola seu propio irmán(perpetuación e recreación da pastorela medieval).

“Xan Guindán”: cantar humorístico ou burlesco, quenarra a historia do parvo ou pobre do lugar que nonencontra con quen casar.

89~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

CONCLUSIÓN

A Galiza rural e a súa fecunda cultura, case desapare-cidas na actualizade, perduran na apaixonada, xene-rosa e rigorosa obra de Xoaquín Lorenzo Fernández,que dedicou boa parte da súa existencia ao seu estu-do e exaltación.

No Limiar do seu espléndido e monumental traballo“Etnografía. Cultura material”, o segundo volume daHistoria de Galiza (1962) dirixida por Ramón OteroPedrayo, o investigador inclúe proféticas palabras(1979: 7):

A Galiza atópase hoxe nun intre de transfor-mación e o conxunto da súa cultura queeiquí recollemos perderase aixiña, sustituidopolos aparellos da nova técnica que fan xaacto de presencia antre nós e que orixinaránunha transformación total na vida das nosasxentes, desvencellándose da terra e xunguín-doas, en troques, á insensibilidade do artilu-xio mecánico.

Militante da Irmandade da Fala de Ourense, membrodo Partido Nazonalista Republicano e do PartidoGaleguista, socio do Seminario de Estudos Galegos,colaborador da revista Nós e do Museo ArqueolóxicoProvincial “Marcelo Macías”, promotor e presidentedo Museo do Pobo Galego, ...o noso infatigábel etnó-logo e arqueólogo sente que o folclore constitúe ele-mento fundamental na configuración da identidadegalega.

¿Onde andará o espírito que Xoaquín Lorenzo pro-cura e cre achar no seu fermoso e delicado ensaio“O esprito da mes en Lobeira (Ourense)”, publica-do nos Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVIII,cando os mallos probaban aínda a destreza e forta-leza dos malladores? Así nolo conta el mesmo(1973: 346):

O mallar ben é unha arte. O bo malladorcoñécese en que cumpre tres condicións.En primeiras, debe saber empinar o mallo,é decer, faguer que ao ter iste erguido amangueira e o pírtigo estíen formandounha liña vertical, sen que o pírtigo sedesvíe cara ningún lado. Logo, ten que serun bo boureador, isto é, lograr que o seumallo faga un bruido xordo e forte aobater na més; pra elo non abonda confaguelo cair con forza, senon que é preci-so que o pírtigo caia sobor da palla ben

Page 16: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

90~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

horizontal, batendo todo il ao mesmotempo. En derradeiras, e isto non dependesomentes de il, ten que gardar un ritmoperfecto cos seus compañeiros pra que oseu mallo se mova xustamente no espazoque lle corresponde, sen tropezar cosdemáis e batendo con perfecta sincronía;esí conséguese que as mallas fagan o brui-do longo e grave que se coñece coa vozonomatopéica de bourear.

Nesta extraordinaria lección sobre a arte dos malla-dores, o investigador fai referencia a un feixepequeno e “fusiforme”, chamado a raposa –figura-ción animal do espírito–, feito cos últimos restos depalla miúda e grans que fican na eira tras a malla,que se abre na sementeira e se mestura co gran queservirá como nova semente.

Conservamos o valioso tesourodo cantigueiro popular de tra-dición oral grazas á perso-as como don XoaquínLorenzo Fernández,lección permanentede exquisita sensi-bilidade, de traba-llo rigoroso e infa-tigábel, de pro-fundo saber, dis-creto e xenero-so.

O Cantigueiro popular da Limia Baixa

é a obra magna de Xaquín Lorenzo

no ámbito da literatura popular,

a máis importante

contribución

ao estudo do

cancioneiro

popular e

tradicional

de transmi-

sión oral.

Estudio de Xosé Cid para peza conmemorativa.

Page 17: XOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ E O CANTIGUEIRO POPULAR · villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. O Cancionero popular gallego(1885-86) de José Pérez Ballesteros,con

91~

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

BIBLIOGRAFÍA

ALBÁN LAXE, C. (2003): O saber dopobo. Enciclopedia do traxe, danza emúsica tradicionais. Vigo: Xerais.BLANCO, Domingo (1992): A PoesíaPopular en Galicia (1745-1885). Vigo:Xerais.BRAGA, Teófilo (1979): “Sobre a poesiapopular da Galliza”, Cancionero populargallego de José Pérez Ballesteros. Madrid:Akal.BOUZA BREY, F. (1982): “Analogíasgallego-portuguesas en el cancioneropopular”, Etnografía y Folklore deGalicia, vol. II, pp. 253-282. Vigo:Xerais.CABANILLAS, Ramón (1976):Cancioneiro popular galego. Vigo:Galaxia.CUEVILLAS, F. L., HERMIDA, V. F. eLORENZO, X. (1936): Parroquia de Velle.Compostela: Seminario de EstudosGalegos.CUEVILLAS, F. L. e LORENZO, X. (1930):Vila de Calvos de Randín. Notas etnográ-ficas e folklóricas. Compostela: Seminariode Estudos Galegos.

FERNÁNDEZ SENRA, M. e X. (Dir.)(1997. 2003): Cancioneiro popular daprovincia de Ourense (vols. I e II).Ourense: Deputación Provincial.GONZÁLEZ, Daniel (1963): Así cantaGalicia. Ourense.GONZÁLEZ PÉREZ, C. (2003): XaquínLorenzo Fernández, “Xocas”. A Coruña:Toxosoutos. LORENZO FERNÁNDEZ, X. (1932): “Amuller no cancioeiro galego”, Nós, nº 98,99 e 100._________ (1934): “Notas etnográficasda terra de Lobeira: o liño e a lá”,Arquivos do Seminario de EstudosGalegos, VI, pp. 25-84._________ (1973): “O esprito da mes enLobeira (Ourense), Cuadernos de EstudiosGallegos, XXVIII, pp. 345-351._________ (1973): Cantigueiro popular.Vigo: Galaxia_________ (1979): “Etnografía. Culturamaterial”, Historia de Galiza (1962) diri-xida por Ramón Otero Pedrayo. Madrid:Akal._________ (1983): Os oficios. Vigo:Galaxia._________ (2003): O carro no folclore de

Galicia. Santiago: Museo do PoboGalego.MARIÑO FERRO, J. R. e L. BERNÁRDEZ,C. (2002): Romanceiro en lingua galega.Vigo: Xerais.MINI e MERO (1999): Cantos, Coplas eRomances de Cego. Lugo: Ophiusa.PITA, Emilio (1979): “Música e danza”,Historia de Galiza, vol. I, dirixida porRamón Otero Pedrayo. Madrid: Akal.RISCO, Vicente (1979): “Etnografía:Cultura espiritual”, Historia de Galiza,vol. I, dirixida por Ramón Otero Pedrayo.Madrid: Akal.SACO Y ARCE, J. A. (1987): Literaturapopular de Galicia. Ourense: DeputaciónProvincial.SCHUBARTH, D. e SANTAMRINA, A.(1984): Cancioneiro popular galego, vol.I. A Coruña: Fundación Barrié.VALES, Xaquín (2000): “Xaquín Lorenzo eDe Ruada. Noticia da evocación históricaCamino de Santiago”, Boletín Auriense,XXX, pp. 315-337.ZALUAR NUNES, Mª Arminda (1978): Ocancioneiro popular em Portugal. Institutoda Cultura Portuguesa.