web guia docente practicas tuteladas gal 2016- 17 · grado en farmacia. 5º curso. usc guía...

24
1   FACULTADE  DE FARMACIA         Grao en Farmacia 5 º Curso  GUÍA DOCENTE     PRÁCTICAS TUTELADAS        Curso 201617     

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

1

  

FACULTADE  DE FARMACIA         

Grao en Farmacia 

5º Curso  GUÍA DOCENTE 

 

   

PRÁCTICAS TUTELADAS     

   

Curso 2016‐17    

 

Page 2: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

2

1. Datos descritivos da materia. 

Nome: Prácticas Tuteladas  

Carácter: Obrigatoria (OB) 

Convocatoria: Segundo semestre de quinto curso. 

Créditos:  24 ECTS 

Coordinador/a: Isabel Sández Macho 

Profesorado: Titores Académicos: 

‐Beatriz Alberte Castiñeiras(COF Ourense) Profesora Asociada/LOU. 

‐José Antonio Fornos Pérez (COF Pontevedra) Profesor Asociado/LOU. 

‐Santiago Torres Labandeira (COF Lugo). Profesor Asociado/LOU. 

‐Belén Pereza Marcos (COF Coruña). Profesora Asociada/LOU. 

‐Miguel González Barcia. Asociado de Ciencias da Saúde. 

A metodoloxía  empregada  nas  Prácticas  Tuteladas  é  eminentemente  práctica,  ben  na 

Oficina  de  Farmacia  ou  ben  no  Servizo  de  Farmacia  Hospitalaria,  sempre  baixo  a 

supervisión dun Titor Profesional e Profesor Asociado. 

Idioma no que se imparte: Galego, Castelán. 

 

2. Situación, significado e importancia da materia na titulación. 

2.1. Módulo  ao  que  pertence  a  materia  no  Plan  de  Estudos. 

Materias coas que se relaciona 

Módulo de Prácticas Tuteladas e Traballo de Fin de Grao. 

 

2.2. Papel que xoga este curso nese bloque formativo e no conxunto 

do Plan de Estudos: Marco Legal  

O título de Grao en Farmacia está regulamentado pola Orde CIN/2137/2008,  pola 

Page 3: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

3

que  se  establecen  os  requisitos  para  a  verificación  dos  Títulos  Universitarios 

Oficiais  que  habiliten  para  o  exercicio  da  profesión  de  Farmacéutico  (B.O.E. 

20/11/2008). 

A dita orde establece un Plan de Estudos cunha duración de cinco anos e 300 ECTS, 

onde deberá incluír, como mínimo, un módulo de 30 créditos dedicados á materia 

de Prácticas Tuteladas e Traballo de Fin de Grao. 

Estas  prácticas  poderán  realizarse  nunha  Oficina  de  Farmacia  (OF)  aberta  ao 

público  e/ou  nun Hospital  baixo  a  supervisión  do  Servizo  Farmacéutico  do  dito 

Hospital (Directiva  85/432/CEE;  directiva  2005/36/CE;  directiva 2013/55/UE). 

A Lei 16/1997 (BOE 26/04/1997), recolle a regulación dos Servizos das Oficinas de 

Farmacia, establecendo que, entre os  servizos básicos que o  farmacéutico debe 

prestar  á poboación,  se  atopa no punto 10  “A  colaboración na docencia para  a 

obtención do título en Farmacia consonte o previsto nas directivas comunitarias e 

a normativa estatal e as universidades polas que se establecen os correspondentes 

planes de estudo en cada unha delas”. 

 

2.3. Requisitos para cursar a materia. 

Para poder  cursar e  superar a materia é obrigatorio que os alumnos  superaran, 

como mínimo,  243  ECTS,  dos  que,  polo menos  237  teñen  que  corresponder  a 

materias de formación básica e obrigatorias. 

Resulta  aconsellable,  tamén, que  saiban desenvolverse  con medios ofimáticos  e 

internet a nivel de usuario, así como ter coñecemento de inglés para o manexo de 

esquemas, vídeos ou artigos. 

 

3. Competencias a acadar polo estudante coa materia 

3.1.‐Básicas e Xerais 

Identificar,  deseñar,  obter,  analizar,  controlar  e   producir  fármacos  e  

medicamentos,  así  como  outros produtos e materias primas de interese sanitario de 

Page 4: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

4

uso humano ou veterinario. 

Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica. 

Saber  aplicar  o método  científico  e  adquirir  habilidades  no manexo  da  lexislación, 

fontes de  información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que 

se  consideren necesarios para o deseño e avaliación  crítica de ensaios preclínicos e  

clínicos. 

Deseñar,  preparar,  subministrar  e  dispensar  medicamentos  e  outros  produtos  de 

interese sanitario. 

Prestar  consello  terapéutico  en  farmacoterapia  e  dietoterapia,  así  como  no  eido 

nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos. 

Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así como adquirir 

coñecementos  básicos  en  xestión  clínica,  economía  da  saúde  e  uso  eficiente  dos 

recursos sanitarios. 

Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, 

así como participar nas actividades de farmacovixiancia. 

Desenvolver as actividades de  farmacia  clínica e  social,  seguindo o  ciclo de atención 

farmacéutica. 

Intervir  nas  actividades  de  promoción  da  saúde,  prevención  da  enfermidade,  na 

entorna individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do 

proceso saúde‐enfermidade. 

Deseñar,  aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo 

os  fundamentos  básicos  das  análises  clínicas  e  as  características  e  contidos  dos 

ditames de diagnose de laboratorio.  

Avaliar os efectos toxicolóxicos de substancias e deseñar e aplicar as probas e análises 

correspondentes. 

Desenvolver  análises  hixiénico‐sanitarios,  especialmente  os  relacionados  cos 

alimentos e medioambiente. 

Desenvolver habilidades de  comunicación  e  información,  tanto  orais  como  escritas, 

Page 5: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

5

para  tratar  con  pacientes  e  usuarios  do  centro  onde  desempeñe a  súa actividade 

profesional. 

Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia 

profesional,  dando  especial  importancia  ao  aprendizaxe  de  novos  coñecementos 

baseándose na evidencia científica dispoñible. 

Posuír  e  comprender  coñecementos  nunha  área  de  estudo  que  parte  da  base  da 

educación secundaria xeral, a que se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en 

libros de texto avanzados,  inclúe tamén algúns aspectos que  implican coñecementos 

procedentes da vangarda do seu campo de estudo. 

Saber  aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional 

e que posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e 

defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. 

Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa 

área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes 

de índole social, científico ou ético. 

Ser capaces de  transmitir a  información,  ideas,  problemas e  solucións a un público 

tanto especializado como non especializado. 

Desenvolver  aquelas  habilidades  de  aprendizaxe  necesarias  para  emprender 

estudos posteriores cun alto grao de autonomía. 

Coñecer e comprender a estrutura do corpo humano, así como os mecanismos xerais 

da  enfermidade,  alteracións  moleculares  e  funcionais,  expresión  sindrómica  e 

ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.  

Desenvolver  habilidades  de  comunicación  e  información  con  outros  profesionais 

sanitarios ou pacientes. 

Coñecer  os  principios  éticos  e   deontolóxicos consonte as disposicións lexislativas, 

regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional. 

Recoñecer  as  propias  limitacións  e  a  necesidade  de  manter  e  actualizar  a  súa 

competencia profesional. 

Page 6: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

6

3.2. Competencias específicas. 

Ser capaz de xestionar o  funcionamento dunha OF  (Oficina de Farmacia) e/ou 

dun SFH  (Servizo  de  Farmacia  de Hospital)  e,  no   seu   caso,   poder   realizar   a  

facturación  dunha  OF. 

Xestionar  os  medicamentos:  selección,  adquisición,  distribución,  conservación, 

custodia e dispensación dos medicamentos e outros produtos farmacéuticos na OF 

e/ou SFH. 

Deseñar,  optimizar  e  elaborar  fórmulas  maxistrais  e  preparados  oficinais, 

garantindo a súa calidade. 

Proporcionar  atención  farmacéutica e aplicar protocolos de actuación de atención 

farmacéutica aos pacientes ingresados no hospital ou aos que acoden a unha OF.  

Ofrecer  e  realizar  un  seguimento farmacoterapéutico. 

Realizar farmacovixiancia.  

Aplicar  os  protocolos  de  notificación  de  reaccións  adversas  producidas  por 

medicamentos. 

 

3.3. Competencias transversais. 

Habilidades do manexo da  información. 

Resolución de problemas de saúde. 

Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas. 

Page 7: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

7

4. Contidos  do  curso  para  alumnos  que  realizan  prácticas  en 

Oficina de Farmacia 

Programa de Prácticas Tuteladas en  Oficina de Farmacia. 

 

I. Organización da Farmacia Comunitaria 

OBXECTIVOS 

Realizar  un  conxunto de prácticas na Farmacia que permitan poñer en contacto 

ao alumno cos problemas reais da xestión dunha Farmacia. 

Conseguir que o alumno adquira os coñecementos mínimos para poder realizar a 

xestión diaria da Farmacia. 

COÑECEMENTOS  A  ADQUIRIR 

Proceso do traballo en equipo. 

Lexislación  e  normativa. 

Proceso  de  decisión na compra e venta de medicamentos e produtos sanitarios. 

Utilización das tecnoloxías aplicadas á xestión dunha empresa. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de: 

Traballar en equipo. 

Xestionar  a  adquisición,  almacenamento  e  dispensación  de  medicamentos  e 

produtos sanitarios. 

CONTIDO 

a.‐ Lexislación/ normativas. 

Libros oficiais: 

Recetarios.   

Estupefacientes.   

Page 8: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

8

Farmacopeas. 

Lexislación sanitaria vixente 

Responsabilidades dos farmacéuticos 

Concerto autonómico 

b.‐ Administración e xestión 

Estrutura física, dotación, organización da Farmacia Comunitaria 

Adquisición  de  medicamentos  e  produtos  sanitarios:  provedores,  tipos  de 

pedimentos, albaráns, facturas. 

Adquisición de medicamentos estranxeiros, estupefacientes, outros. 

Recepción de pedimentos: comprobación e causas de erro. 

Devolución de medicamentos: caducidade, error, etc. 

Almacenamento  de medicamentos,  produtos  sanitarios,  etc. E xestión de stocks 

(Rotación, análises ABC, etc...) 

Conservación e custodia de medicamentos: condicións xerais de almacenamento. 

Condicionantes específicas de almacenamento: medicamentos termolábiles. 

Medicamentos estranxeiros: normativa, petición.   

Medicamentos  estupefacientes:  custodia,  existencias mínimas,  control,  informes 

a organismos oficiais, devolucións 

Clasificación das especialidades  farmacéuticas: ATC,  tipo de  financiamentos  (EFP, 

OTC, xenéricos...). Símbolos de cartonaxe en especialidades farmacéuticas. 

Facturación de receitas de diferentes organismos 

c.‐ As novas tecnoloxías na oficina de farmacia. TIC 

Programas informáticos de xestión. 

Dispensación electrónica: e‐receita. 

Aula virtual 

Page 9: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

9

O farmacéutico 2.0 

Outros TIC 

 

II. Funcións da Farmacia Asistencial orientada ao paciente 

OBXECTIVO 

Coñecer  e  resolver  de  maneira  xeral  problemas  de  saúde  coa  aplicación  dos 

medicamentos no paciente. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR  

Elaboración e  implantación de protocolos de AF. 

Elaboración  e implantación de protocolos de fármaco‐vixiancia. 

Elaboración  e  implantación  de  protocolos  en  calquera  actividade  relacionada  co 

medicamento no paciente. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de: 

Colaborar  co  paciente  e  outros  profesionais  sanitarios  en  conseguir  que  os 

medicamentos NECESARIOS sexan EFECTIVOS e SEGUROS. 

CONTIDOS 

a.‐ Atención farmacéutica: 

Conceptos  e  xeneralidades:  PRM,  RNM,  problemas  de  saúde,  intervención 

farmacéutica, etc. 

Consulta e indicación farmacéutica: Protocolos e casos clínicos. 

Dispensación de medicamentos: Protocolos e  casos clínicos 

Receita  médica: tipos, requisitos mínimos, normativa, achega  

Receita médica de estupefacientes. 

Receita  veterinaria. 

Page 10: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

10

Requisitos  esixidos  para  receitas  de  medicamentos  especiais:  DH  (diagnóstico 

hospitalario),  ECM  (especial  control  médico),  vacinas,  efectos  e   accesorios, 

ortopedia. 

Causas de devolución de receitas. 

Medicamentos sen  receita: EFP, OTC. 

Dispensación de especialidades  excluídas da  seguridade  social. 

Xenéricos e prezos de referencia. 

Substitución  de medicamentos:  normativa  legal  e   criterios  de  actuación. 

Dispensación de doses unitarias. 

Comprobación, clasificación e facturación de receitas a diferentes organismos. 

Preparación e  dispensación de SPD. 

Receita  electrónica. 

Seguimento  farmacoterapéutico: Protocolo e   casos  clínicos. 

b.‐ Farmacovixiancia 

Detección e comunicación espontánea de reacciones adversas a medicamentos. 

Tarxeta amarela. 

Programas de Farmacovixiancia. 

Especialidades sometidas a especial control médico. 

Normativa para Inmobilización de especialidades: notificación oficial,  rexistro de 

medicamentos. Lotes:  seguimento da trazabilidade dun preparado. 

c.‐ Formulación maxistral en oficina de farmacia 

Prescrición de fórmulas maxistrais. 

Elaboración  e   rexistro  de  fórmulas  maxistrais e preparados oficinais. Normas 

de correcta elaboración e control de calidade. Documentación. 

Obtención,  rexistro e almacenamento de p.a., materiais de acondicionamento e 

fórmulas maxistrais. 

Page 11: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

11

Metodoloxía,  locais  e  ferramentas  para  a  elaboración  de  fórmulas  maxistrais: 

preparación, envasado, etiquetado, dispensación. 

Niveis de formulación. Formulación a terceiros. 

Valoración  de  fórmulas maxistrais:  honorarios  profesionais  (factor  p),  prezo  da 

materia prima, envase, IVE. 

Fontes de información en formulación maxistral. 

d.‐  Información de medicamentos ao paciente e outros profesionais sanitarios. 

Métodos e estratexias na busca da información de medicamentos. 

Bibliografía básica. 

Fontes  bibliográficas  de  información  de  medicamentos:  fontes  terciarias, 

secundarias e primarias. 

Internet e información de medicamentos. 

Centros de información de medicamentos: obxectivos e funcionamento. 

Lectura crítica de artigos científicos. 

O farmacéutico como informador de medicamentos. 

A comunicación co paciente e cos profesionais sanitarios. 

e.‐ Educación  sanitaria 

Educación sanitaria individualizada. 

Educación sanitaria grupal. 

Educación farmacoterapéutica en xeral e a colectivos específicos. 

Campañas institucionais. 

Page 12: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

12

III.  Outras actividades na FC   

OBXECTIVO 

Coñecer,  de maneira  xeral,  as  actividades  de  atención  aos  pacientes/usuarios  que  non 

estean directamente relacionadas cos medicamentos. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Coñecementos  xerais  sobre  todas  as  seccións  existentes  nunha  Farmacia 

Comunitaria. 

Coñecemento e aplicación dos produtos sanitarios. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXJE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de: 

Dispensar e aconsellar sobre os produtos sanitarios. 

Resolver problemas de saúde relacionados coas distintas seccións. 

CONTIDOS 

Alimentación e dietética 

Análises Clínicos   

Dermofarmacia   

Fitoterapia 

Óptica Ortopedia 

 

5.‐ Actividades formativas 

Metodoloxía docente e avaliación das Prácticas Tuteladas en O.F 

I. Actividades prácticas de  avaliación  continua 

Ao  longo  do  período  da  realización  das  prácticas,  a  través  da  plataforma  virtual,  os 

alumnos deberán presentar os seguintes documentos: 

a. Unha  folla  resumo mensual  onde  aparezan  sinaladas  as  partes  do  programa 

Page 13: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

13

abordados  durante  ese  período.  A  dita  folla  mensual  de  memoria  deberá 

acompañarse do documento de compromiso de formación escaneado cada mes, 

que  deberá  estar  asinado  polo  titor.  Estes  documentos  deberán  subirse  a 

plataforma na primeira semana do mes seguinte. 

b. Dous CASOS DE XESTIÓN, que serán propostos na plataforma virtual da materia ao 

longo dos dous primeiros meses. Unha vez resoltos deben de entregarse a través 

da dita plataforma entre os días 16 e 30/31 do mes. É obrigatorio resolver todos os 

casos propostos para poder superar a materia. 

c. Resolución  de  4  diferentes  CASOS  DE  INDICACIÓN,  que  se  proporán  na 

plataforma virtual da materia e se terán que enviar a través da dita plataforma nas 

datas que se indiquen. É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder 

superar a materia. 

d. Resolución  de  4  diferentes  CASOS  DE  DISPENSACIÓN,  que  se  proporán  na 

plataforma virtual da materia e se terán que enviar a través da dita plataforma nas 

datas que se indiquen. É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder 

superar a materia. 

II. Actividades complementarias. 

Para  completar  a  formación  do  alumno  está  prevista  a  realización  de  actividades 

complementarias programadas a base de conferencias, coloquios, etc, que se procurarán 

concentrar nunha semana ao final do período de realización das estadías ao longo das PT. 

A asistencia dos alumnos a estas actividades é obrigatoria, polo que durante o período de 

realización  das mesmas,  os  alumnos  estarán  liberados  das  súas  obrigas  na  oficina  de 

farmacia. 

Avaliación 

Para  superar  a materia é  imprescindible ter realizado todas as actividades programadas 

na aula virtual e no tempo establecido. A non realización e entrega de algunha delas (p.e. 

un caso de indicación), automaticamente lle IMPIDE SUPERAR A MATERIA. 

As porcentaxes de cada actividade na nota total son: 

Casos de Xestión: 5% 

Casos de  Indicación: 15%. 

Page 14: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

14

Casos de dispensación: 15% 

Memoria:  15%: 

Actividades realizadas durante cada mes e  avaladas/ asinadas polo titor. 

Exame:  40% 

Informe de t itor: 10%.   

Distribución de traballo do alumnado 

  1º mes  2ºmes  3ºmes  4ºmes  5ºmes  6ºmes 

Casos de Xestión    

Casos de indicación             

Casos de dispensación             

Memoria    1ª semana 1ª semana 1ª semana  1ª semana  1ª semana

 

6.‐ Contidos do curso para alumnos que realizan prácticas en  Farmacia 

Hospitalaria 

Programa de Prácticas Tuteladas en  Farmacia Hospitalaria. 

O programa componse de 8 apartados, sendo de obrigado cumprimento os 7 primeiros, e 

o oitavo optativo dependendo do hospital onde se realicen as prácticas. 

 

I. ORGANIZACIÓN DUN SERVIZO DE FARMACIA HOSPITALARIA 

OBXECTIVO 

Coñecer,  de  maneira  xeral,  o  escenario  onde  vai  desenvolver  as  actividades  de 

aprendizaxe o alumno. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Funcionamento  xeral,  integración e  relación  con outros  servizos do  hospital e a 

súa  área  sanitaria,  comisións  clínicas,  comisión  de  farmacia  e  terapéutica  en 

estruturas de atención primaria. 

Informatización de actividades. 

Page 15: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

15

Docencia e investigación. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de:  

Elaborar  un  procedemento de traballo sinxelo dunha determinada actividade do 

Servizo de Farmacia. 

Determinar algún tipo de indicador de actividade ou calidade. 

 

II. SELECCIÓN DE MEDICAMENTOS 

OBXECTIVO 

Asumir  a  importancia  da  selección  de medicamentos  como  base  para  promover  a  súa 

axeitada utilización, así como a  importancia do seguimento do dito proceso, mediante o 

desenvolvemento das seguintes actividades básicas: 

Comprender  a  importancia  da  Comisión  de  Farmacia  e  Terapéutica  como 

instrumento multidisciplinar: indispensable na selección de medicamentos. 

Ser consciente de que a selección é un proceso permanente, destinado a promover 

unha axeitada utilización dos medicamentos e produtos sanitarios. 

Manter  un  espírito  crítico  baseado  na  información  científica  e  na  entorna 

asistencial. 

Comprender a necesidade de ter argumentos sólidos para xustificar e convencer a 

outros  profesionais  sanitarios  da  conveniencia  dos  procesos  de  selección  de 

medicamentos. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Oferta de medicamentos: catálogo de especialidades farmacéuticas. 

Métodos e criterios de selección de medicamentos e produtos sanitarios. Comisión 

de Farmacia e Terapéutica. 

Guía Farmacoterapéutica. Obxectivos, contido, elaboración e actualización. 

Page 16: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

16

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de participar en:  

‐ A  elaboración  dun  informe  técnico  e  económico  sobre  a  selección  dun 

medicamento. 

‐ O establecemento dun protocolo de utilización dun medicamento. 

‐ A análise das pautas de utilización dun medicamento. 

 

III. XESTIÓN DE MEDICAMENTOS E PRODUTOS SANITARIOS 

OBXECTIVO 

Asumir  a  importancia  dunha  correcta  xestión  de  stocks,  e  do  control  da  recepción, 

almacenamento e conservación dos medicamentos e produtos sanitarios en relación á súa 

utilización terapéutica, así como as súas implicacións legais. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Conservación e almacenamentos de medicamentos termolábiles, estupefacientes, 

psicótropos, mostras de ensaios clínicos. 

Control de caducidades. 

Organización de almacéns. 

Xestión de stock de medicamentos: conceptos básicos. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de: 

Desenvolver o control da recepción, condicións de almacenamento e caducidade de 

diferentes especialidades farmacéuticas ou produtos sanitarios. 

Realizar un  informe en  relación ás condicións de conservación dirixido ao persoal 

implicado na súa utilización ou ao usuario. 

Page 17: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

17

 

IV. DISPENSACIÓN DE MEDICAMENTOS 

OBXECTIVO 

Asumir a dispensación de medicamentos  como unha  responsabilidade básica da 

labor  asistencial  do  farmacéutico,  de  xeito  que  esta  garanta  a  validación  das 

prescricións  médicas  e  proporcione  ao  paciente  o  medicamento  na  forma 

farmacéutica, dose e vía de administración axeitadas. 

Coñecer  a  achega  da monitorización  farmacoterapéutica  orientada  a mellorar  a 

calidade dos tratamentos farmacolóxicos. 

Ser  consciente  da importancia da atención farmacéutica aos pacientes. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Normativa relativa á prescrición médica. 

1. Tipos de medicamentos para a súa dispensación (H,  DH, Receita, especiais: 

estupefacientes, psicótropos, ECM. ) 

2. Documentación utilizada. 

Substitución  de  medicamentos  polo farmacéutico: criterios, bases legais e 

técnicas. Programa de equivalentes terapéuticos. 

Dispensación de medicamentos no hospital: 

1. Pacientes hospitalizados: 

o Atención farmacéutica ao paciente ingresado a través do sistema de 

dispensación en doses unitarias e outros sistemas de dispensación 

automatizados. Identificación e seguimento dos problemas relacionados 

cos medicamentos (PRM). Intervención farmacéutica. 

o Dispensación ao alta en tratamentos agudos 

2. Pacientes externos: 

o Atención farmacéutica ao paciente externo: 

Programas  especiais  (VIH,  nutrición,  domiciliaria,  hepatite  C, 

Page 18: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

18

esclerose múltiple, etc) 

o Seguimento e detección de PRMs en pacientes polimedicados na consulta 

externa. 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe, o alumno deberá ser capaz de: 

Interpretar a prescrición médica de cada paciente. 

Confeccionar unha historia farmacoterapéutica estruturada,  recollendo datos que 

poidan  ser  útiles  para  detectar  e  resolver  posibles  problemas  relacionados  coa 

medicación, actuais ou futuros. 

Identificar problemas  relacionados  co  tratamento  farmacolóxico dos pacientes e 

aplicar procedementos para a súa resolución. 

Coñecer  a  sistemática  do  rexistro  (procedemento  de  intervención  e  análise  da 

aceptación) dos PRMs. 

Dar  resposta a aspectos relacionados coa dispensación, distribución e control dos 

medicamentos  que  presenten  unhas  esixencias  especiais,  consonte  a  lexislación 

vixente. 

 

V. INFORMACIÓN  FARMACOTERAPÉUTICA  AO  PACIENTE  E  AOS 

PROFESIONAIS SANITARIOS 

OBXECTIVO 

Apreciar a  importancia da  información  farmacoterapéutica como base para a resolución 

dos problemas relacionados cos medicamentos e  promover a súa correcta utilización. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Coñecemento das fontes bibliográficas básicas. 

Selección e utilización da información de medicamentos. 

Coñecemento dos diferentes problemas  relacionados cos medicamentos. 

Page 19: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

19

Información farmacoterapéutica: 

1. Ao paciente (oral e escrita): 

Ao alta. 

Ao paciente externo. 

2. Ao persoal sanitario (médicos, enfermeiras). 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de: 

Seleccionar  fontes  bibliográficas  e  realizar  buscas,  como  consecuencia  dunha 

demanda de  información. Avaliar a  información de maneira obxectiva e no prazo 

de tempo axeitado. 

Elaborar  notas  informativas  normalizadas  ou  individualizadas  dirixidas  ao 

profesional sanitario. 

Desenvolver a información ao paciente: información oral e reforzo escrito. 

Establecer un sistema de recuperación da información. 

 

VI. FARMACOVIXIANCIA 

OBXECTIVO 

Ser  consciente da  importancia de  colaborar e participar en programas que  teñan  como 

obxectivo  a  detección,  comunicación  e  prevención  das  reaccións  adversas  a 

medicamentos. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

Alertas farmacéuticas. Tipos: seguridade, calidade. 

Programa  nacional  de  farmacovixiancia.  Detección  e   comunicación  de  reaccións 

adversas. 

Tarxeta amarela. 

Page 20: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

20

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o período de aprendizaxe o alumno será capaz de: 

Desenvolver un proceso de comunicación e seguimento dunha alerta farmacéutica 

no Hospital 

Detectar e comunicar, polo menos, unha reacción adversa mediante o sistema de 

notificación voluntaria. 

 

VII. ELABORACIÓN E CONTROL DE FORMAS FARMACEUTICAS. 

OBXECTIVO 

Ser  consciente  da  súa  responsabilidade  na  elaboración  e  control  das  formas 

farmacéuticas,  garantindo  que  as  formulacións  elaboradas  sexan  seguras  e  eficaces, 

seguindo normas de correcta fabricación. 

COÑECEMENTOS A ADQUIRIR 

1. Fontes de información máis usuais en relación á farmacotécnia. 

2. Formas farmacéuticas non estériles. 

Prescrición e rexistro de fórmulas maxistrais. 

Metodoloxía e ferramentas para a súa elaboración, materias primas, 

excipientes, espazos para a preparación. 

Normativa legal 

Elaboración de  fórmulas normalizadas no hospital. Criterios. Control de 

calidade. Identificación, conservación, caducidade. 

Dosificación individualizada. Metodoloxía. 

3. Formas  farmacéuticas  estériles.  Tipos. Nocións básicas:  técnica  de preparación, 

esterilidade, estabilidade. 

Elaboración de mesturas  intravenosas.   

Metodoloxía.   

Page 21: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

21

Material sanitario  relacionado coa administración ao paciente (infusores, 

analxesia  controlada por paciente...). 

ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE 

Ao finalizar o seu período de aprendizaxe, o alumno será capaz de: 

Establecer  un  protocolo  de  elaboración  e   control  dunha fórmula maxistral sólida e 

unha líquida por vía oral. 

Establecer un protocolo de elaboración e control dunha fórmula maxistral por vía tópica. 

VIII. OUTRAS ACTIVIDADES 

Actividades  optativas  a  desenvolver  en  función  do  hospital  onde  se  realicen  as 

prácticas  tuteladas  orientadas  a  incrementar  a  formación  no  campo  da  atención 

farmacéutica: 

Nutrición  artificial.  Valoración  do  estado  nutricional.  Deseño  e   preparación de 

dietas de nutrición parenteral e enteral. Seguimento de  pacientes. 

Reconstitución e dosificación de citostáticos. Centralización. 

Farmacocinética clínica. Tipos de medicamentos a monitorizar. 

Atención   farmacéutica   ao paciente   xeriátrico   nunha  residencia  sociosanitaria. 

Ensaios  Clínicos.  Participación  do Servizo de Farmacia. Normativa  legal. 

Atención farmacéutica ao paciente pediátrico. 

Atención farmacéutica ao paciente crítico (UCI, reanimación, transplantes...). 

 Atención farmacéutica ao paciente con patoloxía psiquiátrica. 

 

7. Actividades formativas. Farmacia Hospitalaria 

7.1. Calendario de actividades que van a realizar os alumnos ao  largo da realización de 

Prácticas Tuteladas. Farmacia Hospitalaria 

A materia se desenvolverá segundo o calendario polo Decanato da Facultade que  figura 

nas páxinas web:   

Page 22: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

22

http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/practicas_tuteladas.html. 

O exame final da materia celebrarase na data e hora que figura na páxina web:

http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/practicas_tuteladas.html  dentro  de Calendario. 

Ao longo do período da realización das prácticas, os tempos de rotación polas diferentes 

áreas dependerá do hospital onde o alumno realice as prácticas tuteladas, pero a titulo 

orientativo, este podería ser un exemplo: 

Selección e información de medicamentos: 2  meses 

Dispensación: 1,5 meses 

Elaboración e control de f. farmacéuticas: 1.5  mes   

Organización e xestión: 1 semana   

Farmacovixiancia: 0,5 meses 

Actividades electivas:  0.5 meses 

AVALIACIÓN  DAS  PRÁCTICAS  TUTELADAS  REALIZADAS  EN  FARMACIA 

HOSPITALARIA 

Ao  longo do período da realización das prácticas, a  t r avé s  d a  plataforma  virtual, os 

alumnos deberán  presentar  os  seguintes documentos: 

a. Unha FOLLA RESUMO CADA VEZ QUE FINALICEN UNHA DAS ROTACIÓNS. Na  dita 

folla debe  recoller  a/s parte/s do  programa  abordado/s durante  ese período. O 

dito  informe de memoria deberá acompañarse do docuemtno de comrpomiso de 

fromación escaneado cada mes, que deberá estar asinado polo titor. 

Estes documentos deberán  subirse  á   plataforma.  A suma de todos eles constituirá a 

memoria, que terá un peso na nota final dun 15% 

b. RESOLUCIÓN  DE  DIFERENTES  CASOS  que  se  proporán na plataforma virtual da 

materia  e  se  terán  que  enviar  a  través  da  dita  plataforma  nas  datas  que  se 

indiquen. 

É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder superar a materia. 

Actividades co m p l em en t a r i a s . 

Page 23: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

23

Para  completar  a   formación  do  alumno,  está  prevista  a  realización  de  actividades 

complementarias programadas a base de conferencias, coloquios, etc, que se procurarán 

concentrar nunha semana ao principio ou ao final do período de realización das estadías. 

A asistencia dos alumnos a estas actividades é obrigatoria, polo que durante o período de 

realización das mesmas, os alumnos estarán liberados das súas obrigas no hospital. 

Tamén se efectuará unha visita ao Hospital Rof Codina de Lugo, sempre que se dispoña 

dos recursos necesarios 

Avaliación 

Para superar a materia é  imprescindible ter realizadas todas as actividades programadas 

na aula virtual e no tempo establecido. 

A  non  realización  e  entrega  de  algunha  delas  (p.e.  un  caso  de  indicación), 

automaticamente lle IMPIDE SUPERAR LA MATERIA. 

 

As porcentaxes de cada actividade na nota total son: 

Memoria:  15%: 

Actividades realizadas durante cada mes e  avaladas/asinadas polo titor. 

Resolución dos casos propostos: 35%. 

Exame:  40% 

Informe do titor: 10%. 

Page 24: Web Guia Docente Practicas Tuteladas gal 2016- 17 · Grado en Farmacia. 5º curso. USC Guía docente de Prácticas Tuteladas 3 que se establecen os requisitos para a verificación

Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC

24

Bibliografía 

Normativas de prácticas tuteladas dos centros docentes que  imparten o Grao de 

Farmacia en España. 

Orde CIN/2137/2008, de 3  de xullo, pola que se establecen los requisitos  para  a 

verificación  dos  títulos  universitarios  oficiais  que  habiliten para o exercicio da 

profesión de Farmacéutico. 

Lei 16/1997 de 25 de abril, de  regulación de  servizos das  oficinas de  farmacia. 

BOE de 26 de Abril de 1997. 

Directiva 85/432/CEE, de 16 de setembro de 1985,  relativa á coordinación das 

disposicións  regulamentarias  e  administrativas  para  certas  actividades 

farmacéuticas. DOCE  nº  L 253/34, de 24 de setembro de 1985. 

Directiva  2005/36/CE  do  Parlamento  europeo  e   do  Consello  de  7    de 

setembro de 2005 relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais. DOCE 

nº L255/22, de 30 de  setembro de 2005. 

Directiva  2013/55/UE  do  Parlamento  Europeo  e   do  Consello  de  20  de 

novembro  de  2013  pola  que  se  modifica a  Directiva  2005/36/CE  relativa ao 

recoñecemento  de  cualificacións  profesionais  e  o   Regulamento  (UE)  nº 

1024/2012  relativo  á   cooperación  administrativa  a  través  do  Sistema  de 

Información  do Mercado  Interior  («Regulamento  IMI»).  DOCE  nº  354/132,  de 

28  de decembro de  2013. 

Real  Decreto  592/2014,  de  11  de  Xullo,  polo  el  que  se  regulan  as  prácticas 

académicas  externas  dos  estudantes  universitarios.  (BOE  184, 30 de xullo de 

2014).