viñeta: luis dávila - foz · “ruxe ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende...

10
SAÚDO DO ALCALDE A RETRANCA, made in Galicia. Hai quen dice a retranca galega, pero iso é unha re- dundancia en sí mesma posto que de por si, a retranca xa é propiamente galega. É nosa e solo nosa, ou alguén pode crer que exista a retranca catalana, vasca ou andaluza?. Decía un periodista madrileño, falando do galegos no Diario El Pais, sobre a Retranca, “ ....con esta palabra se describe el fino humor propio de los gallegos mez- cla de sarcasmo y la ironia sana, difícil para aquellos que dispongan de poca paciencia...” E é certo, ata no humor nos costa ir ao grano, lentos, con segundas, con retroceso, retranca....entre nos non nos damos conta, pero poñedevos na pel dun foras- teiro da meseta para baixo que ven a Foz e se mete no medio dunha conversación graciosa entre pes de moletes, larpeiros, farangullas ou bonaerensis, por ci- tar algúns; pode flipar. Seguro que lle ten que resultar dificil á xente que ven a Galicia, eu percivo as veces, dixerir tanta ironía, humor de poucas palabras as veces mudo, moi inteli- xente, sutil pero desconcertante, tal cual un capitulo de oito apelidos galegos, ...que seguro que alguén xa o ten na mente. Imaxino ao protagonista cheo de Morriña, boa xen- te, sempre cun “depende” na boca, e por suposto, cheo de retranca, de humor autóctono galego, e falando en español, pode ser tremendo. Un guión cheo de humor galego coma o que dis- frutamos todos os días nas redes sociasis coas viñetas do maxistral Luis Dávila no seu blog “O Bichero” que clava o caracter galego similar ao que fan na Tvg dia- riamente os protagonistas de “...era visto”. Postos a imaxinar... , Quen sería o galego afortu- nado que nos representara e que nos fixera mexar de risa no cine, na nova versión de oito apelidos ga- legos...? É facil pensar en Manquiña ou en AntonioTouriñan das cantareiras de Ardebullo ou O noso veciño de Xove Roberto Vilar dos Tonechos facendo de autenti- co galego retranqueiro, gracioso non sabendo si sube ou si baixa, cun acento que soa cantado con grandes vocais que se abren e cerran según lle peta. Teñeno fácil os guionistas da terceira parte de oito apelidos vascos , e téñeno fácil se queren facer rir á xente, posto que ainda que esteña cheo de tòpicos o sentido do humor galego é diferente e gusta, e a nós máis, porque nos consola rirnos de nos mesmos. A Retranca é típica do entroido de Foz, onde cal- quer veciño usa a súa dote de humor galego para facer rir aos demais, pero tamén co egoismo sano do que antes falaba, para pasalo ben nosoutros, porque creo que non hai naide máis feliz que aquél que fai rir. Pois nada máis, con ese sentimento, desexarvos un entroido cheo de risas, e bo humor, e sobre todo de retranca para que non perdamos nunca a nosa propia ideosincrasia e a nosa empatía tan peculiar que fai que os galegos caiamos tan ben e sexamos sempre ben queridos aló por onde vaiamos. Unha aperta, Javier J. Castiñeira. DAMAS DE HONRA 2016 Ningunha das dúas imaxinábamos ser damas de honra do mellor Entroido da Mariña, un papel que nos da vértigo e ao mesmo tempo nos enche de alegría e entusiasmo. Acompañaremos á nosa raíña, posiblemente nun dos días máis importantes da súa vida e por iso será todo un orgullo. Aproveitamos a ocasión para darlle as grazas por pensar en nos e por elixirnos para formar parte desta inesquecible viaxe. Ambas compartimos a alegría de vivir o Entroido, e sobre todo, o Entroido de Foz. Comezamos a aventura de participar no desfile de Foz hai 6 anos, cando se estreou “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca- sas de entroidos pedindo o aguinaldo para logo ir cenar coas nosas amigas. Este ano non desfilaremos coas nosas compa- ñeiras pero farémolo acompañando á nosa Raíña e esperamos que disfrutedes todos como o vamos facer nos xa que en gañas de festa e troula non nos gaña ninguén. Aaaaahhh!! Que aínda non nos presentamos… Somos Nuria Díaz García e Alba Goás Freire, Da- mas de Honra 2016. A disfrutar carnavaleiros. 1 Entroido 2016 www.sainttropezfoz.com tas hasta do cansancio do final do desfile. Cheguei a casa cansada, mollada pola choiva que nos caera xusto ao rematar a subida, pero recordo tamen o contenta que ia, mais que iso, entusuasmada, dicin- dolle á miña nai que o ano seguinte repetía, cousa que non olvidei e fixen xunto as miñas irmás… O meu segundo recordo favorito fala de plumas bran- cas e rosas, dun vestido enorme cheo de bolboretas, pero eu non son a protagonista. Eu vivín a través da miña irmá, que foi a Raíña do entroido, o que este ano vai vivir Andrea Rouco coas súas damas… Recor- do como foi o día da coroación, o desfile, os bailes… Hai tantas imaxes que veñen á miña cabeza, to- das elas maravillosas: indo disfrazada ou vendo a xente levando disfraces imposibles. Bailando coa cara tapada, vestida de Entroido, disfrutando do meu anonimato durante unhas horas… Incluso, indo de rigurosísimo negro no Enterro da Sardiña, chorando polo fin do entroido, berrando, bailando e cantando, planeando o próximo ano… Deixo de divagar para desexarvos a todos que elixades ben o voso disfraz, que bailedes e sexa- des todo o que desexedes ser, tanto robots, coma rás ou elefantes, instrumentos musicais ou fadas… Agradecervos a todos os que participades en cada un dos actos: tanto nas coplas como o desfile ou o baile… Charangas, grupos, etc. E como non, agrade- cer a todas esas persoas que fan posible que o noso antroido sexa un dos mellores da mariña, controlan- do que nada se desmande, buscando a seguridade ou organizando paso a paso cada acto…todos sodes necesarios, todos sodes tan importantes… Para rematar, permitideme facer unha mención especial á nosa raíña do entroido, Andrea, para des- exarlle un bo reinado, para que baile, cante, sinta e disfrute dende a coroación ata o enterro enlutado da sardiña… Disfrutao, ti e as tuas damas, vivideo coma se vive aquí a Don Carnal. Silvia Blach RAÍÑA 2016 Venres, 27 de novembro de 2016, hora: 19.51, lugar: Vilaronte. Soa o telefo- no, na pantalla: “Casti alcalde”. Unha alegría inmensa percorría o meu corpo, xa sabía por que me chamaba. A chamada máis esperada en moito tempo. -Andrea? - Sí. - Son Javier Jorge Castiñeira, noraboa eres a Raíña do entroido 2016. Aí empezaba un entroido que xamais esquecería... Son Andrea Rouco, teño vinte e un anos e son a Raíña do Entroido 2016, algo que me enche de orgullo e que me fai inmensamente feliz. Dende pequeniña disfruto desta festa como a que máis xa que sempre asistín aos bailes que se realizaban no Castro en Vilaronte, ía cos meus amigos disfrazada polas casas e acudía a ver todos os desfiles da zona. Cando me enterei que se ía facer unha comparsa na miña parroquia non dubidei un solo momento en que quería formar parte dela e polo tanto dende hai seis anos saio a desfilar con Ruxe Ruxe. Este ano sairei á rúa moi ben acompañada xa que ao meu lado estarán as miñas amigas dende a infancia Nuria Díaz e Alba Goás, xuntas faremos que este Entroido sexa unha festa rachada, na que viviremos múltiples emocións e depositaremos toda a nosa alegría. Xa din moitos que con nós a festa está asegurada, pois iso faremos... Solo espero que desfrutedes con nós do gran día, que será sen dubida un dos mellores das nosas vidas. ¡¡QUE VIVA O ENTROIDO E, POR SUPOSTO, QUE VIVA E VIVA O ENTROIDO DE FOZ!! Un saúdo carnavaleiros. Andrea Rouco SAÚDO DA CONCELLEIRA DE CULTURA Todo un ano pasado ao carón de fíos, agullas, boas de plumas e abalorios. Telas de todas as cores: azuis, verdes, brancas… patróns entre fantasía e tules, apu- rando os últimos días para rematar as nosas crea- cións, pintando as carrozas, afinando os instrumentos e ensaiando coas turutas, asegurando os bailes para o desfile… outros están a planchar os seus disfraces comprados para lucilos no baile ou sair polas calles a pasear disfrutando de levar, por un día outra persona- lidade, outro traballo, dentro do traxe de un que non soemos estar moi a menudo… Chega o entroido, a gran festa da caracterización, do baile e da risa, da creación e da fantasía… A festa de Don Carnal á que o pobo de Foz e fiel, ano tras ano. Moitos somos os que recordamos a nosa infan- cia nos bailes do Bahía ou as nosas pequenas par- ticipacións no desfile. Eu quería destacar hoxe, dous recordos, de tantos que gardo con moito agarimo. O primeiro é a miña primeira participación no desfile. Recordo os nervios da saída, como vai marchando a vergoña entre a xente e aferrado o teu disfraz disfru- Viñeta: Luis Dávila

Upload: others

Post on 29-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

saúdo do alcaldeA RETRANCA, made in Galicia.

Hai quen dice a retranca galega, pero iso é unha re-dundancia en sí mesma posto que de por si, a retranca xa é propiamente galega.

É nosa e solo nosa, ou alguén pode crer que exista a retranca catalana, vasca ou andaluza?.

Decía un periodista madrileño, falando do galegos no Diario El Pais, sobre a Retranca, “....con esta palabra se describe el fino humor propio de los gallegos mez-cla de sarcasmo y la ironia sana, difícil para aquellos que dispongan de poca paciencia...”

E é certo, ata no humor nos costa ir ao grano, lentos, con segundas, con retroceso, retranca....entre nos non nos damos conta, pero poñedevos na pel dun foras-teiro da meseta para baixo que ven a Foz e se mete no medio dunha conversación graciosa entre pes de moletes, larpeiros, farangullas ou bonaerensis, por ci-tar algúns; pode flipar.

Seguro que lle ten que resultar dificil á xente que ven a Galicia, eu percivo as veces, dixerir tanta ironía, humor de poucas palabras as veces mudo, moi inteli-

xente, sutil pero desconcertante, tal cual un capitulo de oito apelidos galegos, ...que seguro que alguén xa o ten na mente.

Imaxino ao protagonista cheo de Morriña, boa xen-te, sempre cun “depende” na boca, e por suposto, cheo de retranca, de humor autóctono galego, e falando en español, pode ser tremendo.

Un guión cheo de humor galego coma o que dis-frutamos todos os días nas redes sociasis coas viñetas do maxistral Luis Dávila no seu blog “O Bichero” que clava o caracter galego similar ao que fan na Tvg dia-riamente os protagonistas de “...era visto”.

Postos a imaxinar... , Quen sería o galego afortu-nado que nos representara e que nos fixera mexar de risa no cine, na nova versión de oito apelidos ga-legos...?

É facil pensar en Manquiña ou en AntonioTouriñan das cantareiras de Ardebullo ou O noso veciño de Xove Roberto Vilar dos Tonechos facendo de autenti-co galego retranqueiro, gracioso non sabendo si sube ou si baixa, cun acento que soa cantado con grandes vocais que se abren e cerran según lle peta.

Teñeno fácil os guionistas da terceira parte de oito apelidos vascos , e téñeno fácil se queren facer rir á xente, posto que ainda que esteña cheo de tòpicos o sentido do humor galego é diferente e gusta, e a nós máis, porque nos consola rirnos de nos mesmos.

A Retranca é típica do entroido de Foz, onde cal-quer veciño usa a súa dote de humor galego para facer rir aos demais, pero tamén co egoismo sano do que antes falaba, para pasalo ben nosoutros, porque creo que non hai naide máis feliz que aquél que fai rir.

Pois nada máis, con ese sentimento, desexarvos un entroido cheo de risas, e bo humor, e sobre todo de retranca para que non perdamos nunca a nosa propia ideosincrasia e a nosa empatía tan peculiar que fai que os galegos caiamos tan ben e sexamos sempre ben queridos aló por onde vaiamos.

Unha aperta, Javier J. Castiñeira.

damas de honra 2016Ningunha das dúas imaxinábamos ser damas de honra do mellor Entroido da Mariña, un papel que nos da vértigo e ao mesmo tempo nos enche de alegría e entusiasmo. Acompañaremos á nosa raíña, posiblemente nun dos días máis importantes da súa vida e por iso será todo un orgullo. Aproveitamos a ocasión para darlle as grazas por pensar en nos e por elixirnos para formar parte desta inesquecible viaxe.

Ambas compartimos a alegría de vivir o Entroido, e sobre todo, o Entroido de Foz.Comezamos a aventura de participar no desfile de Foz hai 6 anos, cando se estreou

“Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas de entroidos pedindo o aguinaldo para logo ir cenar coas nosas amigas.

Este ano non desfilaremos coas nosas compa-ñeiras pero farémolo acompañando á nosa Raíña e esperamos que disfrutedes todos como o vamos facer nos xa que en gañas de festa e troula non nos gaña ninguén.

Aaaaahhh!! Que aínda non nos presentamos… Somos Nuria Díaz García e Alba Goás Freire, Da-mas de Honra 2016.

A disfrutar carnavaleiros.

1

FOZentroido 2016

www.sainttropezfoz.com

tas hasta do cansancio do final do desfile. Cheguei a casa cansada, mollada pola choiva que nos caera xusto ao rematar a subida, pero recordo tamen o contenta que ia, mais que iso, entusuasmada, dicin-dolle á miña nai que o ano seguinte repetía, cousa que non olvidei e fixen xunto as miñas irmás… O meu segundo recordo favorito fala de plumas bran-cas e rosas, dun vestido enorme cheo de bolboretas, pero eu non son a protagonista. Eu vivín a través da miña irmá, que foi a Raíña do entroido, o que este ano vai vivir Andrea Rouco coas súas damas… Recor-do como foi o día da coroación, o desfile, os bailes…

Hai tantas imaxes que veñen á miña cabeza, to-das elas maravillosas: indo disfrazada ou vendo a xente levando disfraces imposibles. Bailando coa cara tapada, vestida de Entroido, disfrutando do meu anonimato durante unhas horas… Incluso, indo de rigurosísimo negro no Enterro da Sardiña, chorando polo fin do entroido, berrando, bailando e cantando, planeando o próximo ano…

Deixo de divagar para desexarvos a todos que elixades ben o voso disfraz, que bailedes e sexa-des todo o que desexedes ser, tanto robots, coma rás ou elefantes, instrumentos musicais ou fadas… Agradecervos a todos os que participades en cada un dos actos: tanto nas coplas como o desfile ou o baile… Charangas, grupos, etc. E como non, agrade-cer a todas esas persoas que fan posible que o noso antroido sexa un dos mellores da mariña, controlan-do que nada se desmande, buscando a seguridade ou organizando paso a paso cada acto…todos sodes necesarios, todos sodes tan importantes…

Para rematar, permitideme facer unha mención especial á nosa raíña do entroido, Andrea, para des-exarlle un bo reinado, para que baile, cante, sinta e disfrute dende a coroación ata o enterro enlutado da sardiña… Disfrutao, ti e as tuas damas, vivideo coma se vive aquí a Don Carnal.

Silvia Blach

raÍÑa 2016Venres, 27 de novembro de 2016, hora: 19.51, lugar: Vilaronte. Soa o telefo-no, na pantalla: “Casti alcalde”. Unha alegría inmensa percorría o meu corpo, xa sabía por que me chamaba. A chamada máis esperada en moito tempo.

-Andrea?- Sí.- Son Javier Jorge Castiñeira, noraboa eres a Raíña do entroido 2016.Aí empezaba un entroido que xamais esquecería...Son Andrea Rouco, teño vinte e un anos e son a Raíña do Entroido 2016,

algo que me enche de orgullo e que me fai inmensamente feliz. Dende pequeniña disfruto desta festa como a que máis xa que sempre asistín aos bailes que se realizaban no Castro en Vilaronte, ía cos meus amigos disfrazada polas casas e acudía a ver todos os desfiles da zona. Cando me enterei que se ía facer unha comparsa na miña parroquia non dubidei un solo momento en que quería formar parte dela e polo tanto dende hai seis anos saio a desfilar con Ruxe Ruxe.

Este ano sairei á rúa moi ben acompañada xa que ao meu lado estarán as miñas amigas dende a infancia Nuria Díaz e Alba Goás, xuntas faremos que este Entroido sexa unha festa rachada, na que viviremos múltiples emocións e depositaremos toda a nosa alegría.

Xa din moitos que con nós a festa está asegurada, pois iso faremos... Solo espero que desfrutedes con nós do gran día, que será sen dubida un dos mellores das nosas vidas.¡¡QUE VIVA O ENTROIDO E, POR SUPOSTO, QUE VIVA E VIVA O ENTROIDO DE FOZ!!

Un saúdo carnavaleiros. Andrea Rouco

saúdo da concelleIrade cUlTUraTodo un ano pasado ao carón de fíos, agullas, boas de plumas e abalorios. Telas de todas as cores: azuis, verdes, brancas… patróns entre fantasía e tules, apu-rando os últimos días para rematar as nosas crea-cións, pintando as carrozas, afinando os instrumentos e ensaiando coas turutas, asegurando os bailes para o desfile… outros están a planchar os seus disfraces comprados para lucilos no baile ou sair polas calles a pasear disfrutando de levar, por un día outra persona-lidade, outro traballo, dentro do traxe de un que non soemos estar moi a menudo…

Chega o entroido, a gran festa da caracterización, do baile e da risa, da creación e da fantasía… A festa de Don Carnal á que o pobo de Foz e fiel, ano tras ano. Moitos somos os que recordamos a nosa infan-cia nos bailes do Bahía ou as nosas pequenas par-ticipacións no desfile. Eu quería destacar hoxe, dous recordos, de tantos que gardo con moito agarimo. O primeiro é a miña primeira participación no desfile. Recordo os nervios da saída, como vai marchando a vergoña entre a xente e aferrado o teu disfraz disfru-

Viñeta: Luis Dávila

Page 2: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

2

Viviendas de liquidaciones

bancarias.

Foz, Barreiros, O Vicedo,

Espasante, Cedeira.

Tel.: 982141503

Probablemente se le hará extraño a todo el mundo el leer estas palabras en castellano en lugar de en gallego, pero en este caso ha de ser así ya que es un asturiano el que escribe estas líneas, por lo que os pido disculpas ya por adelantado.

Os voy a contar lo que para mi comenzó como una forma diferente de vivir el carnaval, puesto que para mi era desconocido totalmente el mundo en el que me sumergí al formar parte de una comparsa. Siempre oyes un poco como es, pero nunca lo sabes totalmente hasta que te sumerges en profundidad, hasta que lo comienzas a vivir de verdad.

Este año será aún mas especial de lo habitual ya que nuestra comparsa ha sido nombrada pregone-ra!! Así que imaginaros cuanta alegría es para mí el ser quien represente a esas mas de 100 personas!! Se que hablo en nombre de tod@s cuando digo “Gracias por este honor”. Bueno, lo dicho, os sigo contando que me ando por las ramas.

La vida nos llevo a conocer (a mi y a un amigo, el cual también forma parte de la comparsa) a unas personas que formaban parte de Sin Xeito las cuales nos explicaron un poco lo que hacían y en que consistía. Dado que nos dedicamos al mundo de la música, nuestra curiosidad nos llevó a querer formar parte de ese maravilloso espectáculo como es el “Entroido do Foz”, por lo que junto con su ayuda fui-mos propuestos para ser miembros de dicha comparsa y posteriormente aceptados en esta gran familia que forman. Debo decir que fuimos acogidos desde el primer día con gran cariño y entusiasmo a pesar de ser unos auténticos desconocidos, por que lo que debo dar un enorme GRACIAS por ello.

Mucha gente ve el desfile ese día, sabe por amistades o familiares que lleva un trabajo detrás para que todo salga lo mejor posible y con ello conseguir que todo el mundo disfrute de tan alegres fechas como son los carnavales. Pero pocos realmente saben lo que hay detrás, salvo aquellos que forman parte directa del Carnaval.

Son muchos meses de ensayo, escoger repertorios y practicar bailes, confeccionar trajes y ultimar detalles; eso es lo que más o menos podría verse desde fuera, pero no es lo que realmente sucede dentro. En el interior se vive cada ensayo como una tarde en la que reunirse y ver a tus compañer@s de comparsa disfrutando de canciones y bailes, buscando la mejoría en cada momento entre risas y también alguna pequeña diferencia (totalmente comprensible en un grupo tan grande) llegando siempre a buen puerto.

La sensación de ver como la fecha se va acercando y que cada vez se encuentre más cercano el momento de mostrar aquello que llevamos preparando durante meses es fabulosa; los nervios y alegría se combinan abriendo paso a una grandísima ilusión que sientes como te llena por completo.

El gran día, entre pequeñas carreras y prisas llega el gran desfile, las calles se llenan, las sonrisas en cada rostro denota la gran satisfacción de una gran “familia” que te apoya en cada paso y en cada nota que salen de tu interior, haciendo del disfrute para todo el mundo el gran sueño esperado durante tantos meses!! Un día inolvidable, desde el comienzo hasta el fin, solamente empañado por la tristeza de que aun falta un año para volver a repetirlo, pero también con la ilusión de que esa espera termine y volver así a sumar otro año mas viviendo el Carnaval!!

Me siento feliz de que la vida me haya llevado a formar parte de una comparsa donde el reina el trabajo en equipo e trabajo duro, el respeto, el entendimiento y muchas cosas más..pero sobre todo me siento ORGULLOSO de que la vida haya puesto en mi camino a personas tan grandes como son las que forman parte de Sin Xeito!!

Podría decir mil palabras más, llenar de pequeñas anécdotas páginas que se han escrito para mi en tan solo unos pocos años, que espero seguir sumando durante muchos años mas ya que una vez que lo vives y lo sientes es difícil no desear repetirlo y volver a vivirlo de nuevo; pero ahora mismo después de ponerme a escribir y recordar lo que para mi significa “O Entroido” solo me salen unas pocas que espero y deseo escuchar entre todo el mundo y son….ARRIBA SIN XEITO!!!

Gracias a esas personas que me llevaron a formar parte de esta gran familia e hicieron que para mi comenzase una forma única de vivir el Carnaval, gracias a la comparsa por acogerme desde el primer día con todo el cariño como si ya fuese uno más de toda la vida, gracias a las personas que trabajan dura y desinteresadamente para que todo esto sea posible, gracias a la gente de Foz por organizar esta gran fiesta y gracias a quien lee estas líneas por tener paciencia y aguantarme, para mi es un privilegio ser quien transforme ilusión en palabras este año en el cual veremos el pregón desde el alto del escenario!!!.Con toda mi ilusión, estas son las palabras de un asturiano en Sin Xeito.

raÍÑa 2015Boas Carnavaleiros! A verdade e que me fixen máis de rogar con esta carta, xa que ceder o trono non é cousa doada, é boa verdade que todo pasa axiña, primeiro hai que traballar un motón, para facer o traxe, a carroza, axudar coa cea de coroación... por iso débolle unhas grazas infinitas a todas as persoas que remaron conmigo para que eu fixera o meu soño realidade. En especial as miñas damas Claudia e Tamara, que igual ca min, recordarán este Entroido de xeito especial.

Supoño que só se ten a honra de representar o noso gran Entroido unha vez na vida, e creo que ese é o motivo polo que se fai tan curto; tantos anos esperando... con que só a metade do pobo pense que estiven a altura confórmome. O bo e que ao noso Entroido lle quedan moitos moitos anos, canteira temos! Cuns parabéns para a raíña e as damas vindeiras, despídome. Case o esquecía, parabéns tamén á miña comparsa, a todos nos gusta varrer para á casa, e este ano temos a honra de ser pregoeiras do mellor Entroido do Mundo Mundial. Agora a bailar, cantar e desfrutar destes días do ano, que a entroideiros coma min lles chegan a pouco.

Un saúdo.Sandra

Un asTUrIano en sIn XeITo!!

Page 3: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

3

fálame sempreMoi boas a todos, aquí estamo de novo outro ano máis agradando con impaciencia a que chegue o gran día.

Estamos xestionando una nova fichaxe no mercado de inverno, o fillo dun gran amigo, a ver si é verdade e podemos desfrutar todos xuntos dun dos mellores días do ano entre amigos.

Si, xa temos plan, xa estamos artellando e xuntando os materiais para comezar a traballar nos días libres do Nadal.

Na nos aliña e na da meirade parte dos compañeiros das peñas entroideiras de Foz, ríndonos de nós mesmos e intentando facer rir ó resto.

Seguro que si, intentaremos pásalo ben e si o conseguimos o resto ven da man.Dende estas liñas queremos facer una mención especial (de nós xa está todo dito).Esa mención vai para una gran familia entroideira focega, una familia de Vilaxoane que leva parti-

cipando dende os inicios con Carlos Villarino á fronte (Carlos de Redondo ou o Zurdo) ó cal lembra-mos toda a vida participando coa súa peña “Gandallada” e xunto a el en distintos grupos e peñas, tres xeneracións máis (filla, netos/as e bisnetas) GRAN EXEMPLO!!

Seguide por moitos anos e moitas xeneracións máis.Algún dos intregrates dos “Fálame Sempre” comezou de pícaro na peña “Gandallada” e ademais

somos veciños, daí esta adictoria.Imos aló rapaces, vémonos dándoo todo o sábado de Entroido. Sempre con nós os amigos que faltan.

VIVA O ENTROIDO DE FOZ E FÁLAME SEMPRE

larpeIrosOla amigos:

Cando o desfile remata no Campo da Cabana, a frase que máis lles escoito aos meus compañeiros é a seguinte: “Este ano rematou, para o que vén, Deus dirá”

Digo esto porque, como mui sabades, este é un grupo con moitos desfiles enriba e con moitos anos ao lombo. Pero pásanos coma ao noso gran poeta Noriega Varela cando, camiño de Cesures, sentiu o ruxe ruxe da pandereta e apurou o paso para chegar á fiada. Así nos pasa a nós cando se vai achegan-do o Antroido. Sentimos un formigueo no corpo e non podemos pasar sen a nosa pequena aportación para o Carnaval de Foz.

Este ano rendímoslles honra e homenaxe ás nosas mulleres que son quen nos dan folgos e nos aguantan. Van a desfilar en Foz As Larpeiras! Polo que convido a todos os veciños de Foz, da Mariña e Occidente Asturiano a pasar un fermoso e alegre día nesta Vila tan carnavaleira.

OS LARPEIROS

faranGUllasAno número nove, estamos xa preto da década e seguimos pasándoo igual de ben ou incluso mellor que no primeiro desfile.

Ano a ano fomos aprendendo non só a mellorar en traxes ou en bailes, senón tamén a ser mellores compañeiras e formar unha gran familia co fin de pasalo ben e gozar do noso querido entroido.

Cada ano intentamos superar o anterior e adoitamos conseguilo de sobra, non só porque cada ano o pasamos mellor nós, senón porque xunto aos demais grupos, carrozas e comparsas, facemos que os que nos ven gocen e conseguimos que o entroido de Foz sexa cada vez máis grande.

Agardamos con ansia que chegue o seis de febrero para que as rúas se tingan de cores, música e sorrisos, e que esquezamos todos os nosos problemas para vivir un día tan grande.

Coa chegada do entroido, dende a cea de coroación ata o enterro da sardiña, os nosos corazóns énchense de emocións, paixóns e desacougo e sen darnos conta temos presente no noso día a día os bailes e as cancións que ensaiamos durante tantos meses e que temos tan interiorizados.

Ao rematar este día sentimos un pequeno baleiro, é dicir, como que unha pequena parte de nós se vai, aínda que sabemos que non tardará moito en volver e enchernos de emoción e alegría.

Por todo isto, desexamos que algún día todos e cada un de vós poidades chegar a sentir todas as emocións que sentimos nós ao encararnos a este día tan especial.

Non vos esquezades, o seis de febreiro te-des unha cita marcada á que non podedes fal-tar, dende as Farangullas animámosvos a vivir unha experiencia que vos aseguramos que lem-braredes para sempre.

Por último, dende as Farangullas queremos felicitar á nova raíña do entroido e ás súas da-mas, esperamos que sexa un día moi especial para elas.

VIVA O ENTROIDO DE FOZ!

FOZAv. Da Mariña, 40-42www.libreriabahia.comTels.: 982 140 434 982 885 424

Tel. 982 14 02 24Eduardo Pondal, 28FOZ

Page 4: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

4

EN FOZ, COSTA DE LUGO, OS MOLINEROS,

GRUPO INMOBILIARIO

A 100 METROSDE LA PLAYA DE ALTAR

A 500 METROSDE LA PLAYA DE LLAS

EN PRIMERA LÍNEA DE PLAYA

FELICES FIESTAS 2015

Tel.: 982.140.782www.osmolineros.com

AHORA TAMBIÉN EN VIVEIRO!: C/ Pastor Díaz 66 - Tel.: 982 826 120

A afección ó canto é unha constante nos pobos mariñeiros. As xentes do mar son soñadoras, románticas, sentimentais, e na música e nas cancións atopan o mellor medio para expresar ta-les sentimentos.

Por outra banda o mar é camiño polo que navegan tódalas culturas. E así,a través del chegan outros ritmos, outras caden-cias, outras formas de expresión que aínda que exóticas, adqui-ren carta de natureza pasando a formar parte do repertorio das cantigas populares autóctonas. Tal é o caso das habaneras que, co ritmo sensual do cálido trópico convertéronse nas preferidas das xentes do mar.

Sobre as orixes da habanera existen varias teorías. Algúns mu-sicólogos opinan que é africana,importada a Europa a través de Cuba, daí o seu nome; mentres outros estiman que é de orixe español e que foi levada a aquela illa, onde adquiriu o seu carác-ter especial para regresar novamente ó noso país coa infruencia da música negra.

Os estudosos coinciden en situar o nacemento da habanera no século XIX, da man do compositor cubano Manuel Sanvell, aínda que o que mais cultivase o xénero fose o seu compatrio-ta Ignacio Cervantes. Escribiron tamén habaneras compositores de tanto renome coma Sant-Saens, Ravel, Albéniz ou Manuel de Falla.

Pola metade do século XIX todo o litoral peninsular ten unha gran relación comercial e humana coa illa de Cuba. A medida que se achega o fin da centuria- a grande época da navegación a vela- os lazos de comunicación medran.Ós indianos e as súas familias acompáñanos no ir e vir dos veleiros un mundo aven-tureiro e soñador. Con eles chega á beiramar peninsular esta música, remota e sensual, e espállase por todo o país ata se con-verter no himno sentimental do amor e da nostalxia. Do que non hai dúbida é das fondas raíces que esta música, embriagadora e romántica á vez, botou en todo o norte da península, aínda que fose a costa mediterránea a que sacara maior partido: aí está como exemplo o prestixoso concurso de habaneras que dende hai moitos anos se ven celebrando en Torrevieja, ó que asisten as mais nomeadas corais do estado.

En Foz cantouse sempre moito e ben.É certo que dende hai anos, coma en todas partes, cántase menos, pero ata hai pouco era espectáculo case cotiá nas tacas do barrio mariñeiro atopar-se con cuadrillas entoando a coro fermosas cancións. E aínda hoxe se da con algunha frecuencia.

Lembramos que en tempos da dictadura cantábase furtiva-mente aquela “protesta gaucha”:“Soy el nuevo poblador/ del territorio argentino/ando buscando el camino/de nueva felici-dad./ Solamente la verdad/ es el canto que yo entono/ y con mi canto pregono/el son de la libertad. / Yo conocì a un doctor/ que era pobre y de repente/me lo hicieron presidente/y en cua-tro años millonario/. El pobre gaucho al contrario/siempre de mal en peor/ trabajando con fervor/ sin salir de proletario”. ..Esta era a grande novidade que no seu repertorio levaba o históri-co coro,formado por xentes do mar, que polo entroido de 1941 dirixía o laredano Bustamante, que en Foz casara con Lola do Sacristán e fora un dos doce tripulantes do Jesús Nazareno que perderan a vida no naufraxio do mesmo, ocurrido o 18 de xullo de 1945

Tamén aquel tango: “Fue cerquita del barranco/ donde una tarde la vi ;/ en la tranquera del rancho /yo el primer beso la dí; /desde entonces mi guitarra/ lleva una cinta de color/ que la prendieron sus manos/ como prenda de su amor”.

Para as serenatas, que se prodigaban nas noites de verán,as cancións tiñan unha especial dozura: “Ai, qué noitiña de lúa/ai, qué clariña che está/todo tranquiliño dorme/todo en silencio está.“Eiche cantar, miña nena/non te quero espertar/ pra que mañán os teus ollos/ teñan un doce mirar”… “Miña ruliña/ meu pensamento/ ti eres a causa/ do meu tormento…”.Óu outras como: “Despierta, dulce amor de mi vida/ despierta, si te en-cuentras dormida;/ escucha mi voz/ vibrar bajo tu ventana/ que en esta canción/ te vengo a entregar el alma…”/ perdona que interrumpo tu sueño/ pero no pude más / y esta noche te vengo a decir: .. ¡te quiero!”

Polo ano 1960, Alfredo Olavarría escribíu un Himno a Foz que musicou Andrés Piquero, entón director da Banda de Músi-ca de Avila.É un pasodoble-himno e ten na súa música motivos

de sabor galego, moi propios.A letra comeza así:“Villa de Foz,villa de Foz,del Masma orgullo/ faro que alumbra un panorama singular/ bello rincón que se adormece en el arrullo/ de su paisaje montañero y de su mar… Barcas chiquitas/ salobres brisas de nuestro mar;/ si no te veo/ ¿que veraneo puedo gozar?./ Aires marinos,/ olor a pinos en conjunción/; bellas canciones/ que me acarician el co-razón”…

No verán de 1954, Felicísimo Canoura, focego de Santo Acisclo emigrado na Arxentina,virtuoso do violín e com-positor, viaxa á terra natal; da súa amizade coa poeta Olimpia Pérez, xorde a idea de compoñer un canto ao noso pobo e nace así o “Alalá de Foz” cuxos primeiros versos din: “ Si recolles polo Masma unha pola damenei-ro/ intras follas toparás o asubío dun merlo/ no alentare dos loureiros…”.”¡ Cantai, cantai, mariñeiros/co voso meigo falar/que para min sodes xilgueiros/ que xa non podo deixar…!/ Mirai, mirai como chora/a barra se os homes van/ buscar a morte nas noites,/nas noites de tempestá “.Nos nosos anos adolescentes e xuvenís algúns nomes

resoaban no panorama lúdico local con especial énfase dadas as súas indudabeis dotes para a canción, o humor e mesmo o teatro: Chingla, Mancha, Normando,Paco da Laia, Suso Néciga, Suso da Ramallada,Moncho da Cacarela… Un persoeiro singular, moi popular, era Manolito de Castro; membro de longa estir-pe mariñeira, sempre presente en todo acontecer desta índole, cando a xuntanza acadaba o numen él interpretaba a que era súa canción preferida: “No sé como no florecen las tejas de tu tejado,/ tú que andas debajo de ellas/ primaverita de mayo. (bis) Cuando dos se quieren bien/ con los ojos se saludan(bis)/ que también los ojos hablan/ cuando la lengua está muda(bis)…”.O popular Manolito finaba afogado un día de finais de 1968 cando desde o bote pescaba ás cabras, pretiño da malfadada barra.

Javier Alonso, “Chingla II”, alcume de vellas resoancias que fa-lan dun focensismo aliado coa historia mariñeira lúdica do noso pobo; na súa cantiga “Eu quixera” Javier fai vibrar a lira co senti-mento da terra e revivir descrpcións e vivencias xa case esque-cidas. O desexo dun retroceso no tempo é parello á evocación de lugares que enmarcaron a súa existencia xuvenil:

“Eu quixera que o tempo parase/ volver vinte anos atrás;/ ca-miñar por Tupide a Ribeira/ e fumarme un pitillo no Ollo do Mar;/ correr pola rúa de Choni, camiño do porto, e poder contemplar/a beleza dun barco focense, cargado de peixe,volvendo do mar.Eu quixera sentarme cos vellos, os seus contos na rula lembrar,/ de aventuras amores e loitas, de tempos felices, que non volverán.

Eu quixera tomarme un chiquito no Machete, con Chila e con Chao/e no Siso con Braulio e Papillo, ou no Cotarelo, con Saturno e meu pai.Eu quixera, unha noite de lúa, na Pista Bahía, volver escoitar,Ós Pontinos con voz melodiosa, cantando cantigas que me fan chorar/e bailar cunha linda rapaza, ollando os seus ollos, me fan namorar;/ rematar cando está preto a alba, tomando queimada na Praia de Llás./Eu quixera escoitar as cantigas que cantaban os homes do mar,polas festas, nos bares e rúas, pará-banse as xentes para oílos cantar”.

Era o Foz mariñeiro,entrañable, solidario e soñador.Pero indefectiblemente toda xuntanza de exaltación focega

remataría entoando estes catro versos de confirmación:“O mais enxebre de Foz / é a pena da Rapadoira/ o viño da cás

Remixia/ e as nenas da Corredoira”….Foz, xaneiro de 2016.

as cancIons do Vello foZ marIÑeIroSuso Fernández Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz

O grupo vocal focego “Mar Aberto” mantén un amplo repertorio de vellas e fermosas canciós mariñeiras e populares.

Page 5: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

mo

da

lId

ad

es

e

pr

em

Ios

5

programaXXXV edición entroido 2016

Do 23 de xaneiro ata o 12 de febreiro, na sala de exposicións do CENIMA, EXPOSICIÓN DE ENTROIDO este ano adicada a PILARÍN VARELA.

SÁBADO 23 DE XANEIRO22:00 h. CEA DE COROACIóN DA RAÍñA DO ENTROIDO. Na Sala Bahía de Foz. Ameniza Dúo ECLIPSE e Disco Móvil MORAIMA e actuación “PERKUSIONA” Escola de Perkusión.

XOVES 4 DE FEBREIRO- XOVES DE COMADRES21.30 h. na Restaurante Leytón cea-baile de Comadres organizada por Affamer e Asocia-ción de Amas de Casa de Foz. Prezo: socias 13 €, non socias 16 €. Inscribirse los locais sociais. Affamer: martes de 16 a 19 h. Amas de Casa luns de 18 a 20 h.

VENRES 5 DE FEBREIRO NA SALA BAHÍA20:00 h. PREGóN DO ENTROIDO 2016. A cargo de AS SIN XEITO. 20:30 h. CONCURSO DE COPLAS. Na Sala Bahía.As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Delegación de Cultura no Con-cello de Foz ata o luns 1 de febreiro. (Tfno: 982140027 / 698133510).As categorías de participación serán as seguintes:Individual ou Parellas: 3 Premios de 30 € en vales para consumir nos bares de Foz.Grupos: 50 € en vales para consumir nos bares de Foz. (Para máis información consultar bases na Delegación de Cultura do Concello de Foz).

SÁBADO 6 DE FEBREIRO10:00 h. FOGONAZO Durante todo o día actuación de charangas polas rúas da vila con “PERKUSIONA” ESCO-LAS DE BATUKADA.17:00 h. XXXV DESFILE DO ENTROIDO 7.000 € en premios. (Pregamos a anotación anticipada para o desfile en [email protected] ou chamando á Delegación de Cultura do Concello de Foz ao 982 140 027/ 698 133 510)Saída dende a zona portuaria e remate no Campo da Cabana coa actuación de charangas. Ao remate do desfile todos/as os/as participantes poderán disfrutar dunha CHOCOLATADA en dito recinto.

23:00 h. GRAN BAILE na Sala Bahía coas orquestras: CINEMA E GRUPO TEKILA.Entrada: 6 € maiores e 3 € infantil (taquilla aberta ata as 04:00 h.)Paquete de entradas: aquelas charangas ou grupos que participen no desfile poderán adquirir paquetes de entradas. (Por cada 2 entradas, unha de agasallo. Pagan 2 e levan 3- pedir en [email protected] ou chamar a 982 140 027- Concello de Foz- Dele-gación de Cultura).01:00-01.30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO DESFILE. (Ver modalidade de premios na seguinte páxina).

DOMINGO 7 DE FEBREIRO. DÍA INFANTIL17:00 h. BAILE INFANTIL na Sala Bahía có GRUPO DE ANIMACIóN TARAVAS e Hin-chables.Entrada 3 €.Paquete de entradas: aquelas charangas ou grupos que participen no desfile poderán adquirir paquetes de entradas para os/as nenos/as que participen no desfile. (Por cada 2 entradas, unha de agasallo. Pagan 2 e levan 3 -pedir em [email protected] ou chamar a 982 140 027 / 698 144 510 - Concello de Foz - Delegación de Cultura).19:30 h. ENTREGA DOS PREMIOS INFANTÍS.21:00 h. TOUPORROUTOU. Organizado pola Asociación “Pomba do Arco”.

LUNS 8 DE FEBREIRO. DÍA DO ENTROIDO23:00 h. TRADICIONAL BAILE DE ENTROIDO na Sala Bahía con FÉNIX E DISCO MóVIL EVENTEC .GRAN BAILE DO FAROLILLO. Entrada: 3 € (Entrada gratuíta para menores de 15 anos).

MARTES 9 DE FEBREIRO17:00 h. GRAN BAILE INFANTIL na Sala Bahía organizado pola Asociación de Amas de Casa “Virxe do Carme” de Foz e amenizado polo GRUPO DE ANIMACIóN TARAVAS.

VENRES 12 DE FEBREIRO. QUEIMA DO ENTROIDO22:00 h. SAÍDA DA COMITIVA FúNEBRE dende o Campo da Cabana ata a o Peirao de Foz e Queima do Entroido, con queimada e conxuro. (pregamos aos asistentes acudan de luto riguroso).

7. Prégase aos participantes que sigan as instruccións dos/as responsables da organización para poder facer o desfile coa máxima orde posible.

• Quedarán descalificados/as e expulsados do desfile aqueles participantes que non atendan as ordes de protección civil, organización do desfile, policía municipal, etc.

8. Por ser un acto para tódolos públicos non se permitirán representacións obscenas, que poidan ferir a sensibilidade dos/as espectadores/as.9. O xurado estará formado polas persoas que a organización designe de Foz ou de outros concellos e realizará a súa puntuación ao longo de todo o percorrido.

• A deliberación do xurado será ao remate do desfile e estará facultado para deixar premios deser-tos ou descalificar se algún/algunha compoñente do desfile incumpriu as bases.

10. Os premios serán recollidos obrigatoriamente no baile o día 14 de febreiro para os adultos e no baile do 15 de febreiro para as categorías infantís.11. A organización resérvase o dereito de cambiar o horario ou de suspender o desfile por causas de forza maior ou en caso sumamente necesario.12. Quedarán descalificados/as ou expulsados do desfile todos/as aqueles concursantes que non cumpran as bases.

bases1. Inscricións:Os/as participantes poderanse inscribir e recoller o dorsal da seguinte maneira:

• Ata o venres 5 de febreiro ás 13 h. en [email protected] ou na Delegación de Cultura sita no Concello de Foz.• O mesmo día do desfile, sábado 6 de febreiro, das 12 h. ás 16 h. da tarde no porto.• Agradécese a tódolos/as participantes que pasen pola mesa de inscrición con puntualidade para evitar aglomeracións, ou ben, que faigan antes a súa inscrición en [email protected] na Delegación de Cultura sita no Concello de Foz os días anteriores.

2. O desfile sairá do peirao da vila e rematará no Pavillón Polideportivo do Campo da Cabana, deben-do os/as inscritos/as realizar todo o percorrido.3. Tódo/a participante que non leve número no dorsal non poderá entrar en concurso.4. Cada participante que se inscriba fora da súa categoría será eliminado pola organización.5. Cada participante será responsable dos danos que puidera ocasionar a terceiras persoas.6. Serán descalificados/as ou expulsados/as do desfile aqueles participantes que levando animais procedan con eles/elas con violencia ou calquer outro tipo de maltrato físico ou os ridiculicen.

CARROZAS Aprox. o 50% dos membros deberán ir enriba da carroza1º PREMIO (Doado pola ACIA de Foz) 1.000 €2º PREMIO (Doado por Comfica) 500 €3º PREMIO (Doado por San Roque) 300 €4º PREMIO 100 €

COMPARSAS Con turutas1º PREMIO (Doado por Espectáculos Pico) 700 €2º PREMIO (Doado por Estación de Servicio Foz) 400 €3º PREMIO (Doado por Activity Center) 300 €4º PREMIO (Doado por Peixería do Mexilón) 200 €5º PREMIO 150 €6º PREMIO 100 €

CHARANGAS Polo menos o 50% dos membros deberán ir con instrumentos reais1º PREMIO 500 € 2º PREMIO 250 €

GRUPOS ADULTOS1º PREMIO 500 € 4º PREMIO 100 €2º PREMIO 300 € 5º PREMIO 100 €3º PREMIO 200 € 6º PREMIO 100 €

PARELLAS ADULTOS1º PREMIO 100 € 2º PREMIO 50 €

INDIVIDUAIS ADULTOS1º PREMIO 50 € 3º PREMIO 35 €2º PREMIO 40 €

GRUPOS INFANTÍS Aprox. o 70% dos integrantes deberán ser menores de 16 anos1º PREMIO 150 € 3º PREMIO 50 €2º PREMIO 90 €

INFANTÍS PARELLAS Si 1 dos membros é maior de 16 anos deberán ir á categoría de adultos1º PREMIO 50 € 3º PREMIO 15 €2º PREMIO 20 €

INFANTÍS INDIVIDUAIS Menores de 16 anos1º PREMIO (Doado por Namarinos) 30 €2º PREMIO (Doado por Namarinos) 15 €3º PREMIO (Doado por Namarinos) 10 €

AO INXENIOGRUPOS Premio de 100 € INDIVUAL/PARELLA Premio de 30 €

AO MÁIS VELL@ Premio de 30 €

Á MELLOR INTERPRETACIóNINDIVIDUAL 30 € COLECTIVO 100 €PARELLA 30 €

AO MÁIS XOVE UN AGASALLO

Page 6: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

6

O Concello de Foz desexa expresar o máis sincero agradecemento a todas as empresas que colaboran e a todas as persoas que fan posible o Entroido en Foz.

aGradecemenTos

DECORACIONES PURA • FLORISTERÍA LA GARDENIA • XOIERÍA IRIA RODRÍGUEZ • A.C.I.A. FOZPRIMERA CALIDAD PROMOCIONES • ANA FABEIRO ARTE FLORAL • PEIXERÍA DON MEXILóN

SERVICIOS SOCIAIS SAN ROQUE • ACTIVITY CENTER • COMFICAESTACIóN DE SERVICIO FOZ • CHURRERÍA PEREIRAS

Viñeta: Luis Dávila

Page 7: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

7

rUXe rUXeCinco… catro… tres… para, para, para!! Vaite amodiño que aínda temos moito que facer e ensaiar antes de que chegues, uffff!! Xa estamos aquí outro ano máis, que ganas, que ilusión… e cantas ganas de festa temos!

- Qué? Hai que escribir o texto para a revista? Xa? Si oh… pois que o escriba Maruja… Non oh, escribídeo vosoutras… Bo, que máis che da? Pois alá vamos…

E para que non fora o típico texto de todos os anos, xuntámonos e decidimos escribir unhas frases pensando no noso querido Entroido:

- Se va el caimán se va el caimán…- En el carnaval me voy embolachal.- Por favor seriedade, este carnaval ten que ser especial.- O carnaval, un reencontro co amor.- A cuarta vai a vencida, temos Raíña, VIVAAA!!- A bailar, disfrutar e sorrir xa tan as Ruxes preparadas para ruxir.- Poderemos ser máis, poderemos ser menos, pero pasalo ben é o que queremos.- Carnaval… bridas fijo!!- No no, este ano por primeira vez, traxe SIN BRIDAS!!- Este ano vai ser especial, últimos preparativos… Non podemos esperar máis!- Veña veña, vade acabando.- Alegría, risas e ganas de bailar. As Ruxes o que nos gusta é vivir o carnaval.- FESTAAAA!!Non queríamos acabar esta carta sen facer mención a raíña deste Entroido 2016, Andrea, que de

apelido é Ruxe. Moitísimas felicidades dos teus compañeiros, amigos e irmáns, xunto con Nuria e Alba, noraboa ás tres e ao mesmo tempo grazas por facer que este Entroido sexa máis especial.

¡¡¡QUE VIVA O ENTROIDO DE FOZ E QUE VIVA PARA SEMPRE!!!

eche o qUe haIBueno, bueno, buenooo!!! Pero xa estamos en Xaneiro?? Parece que foi onte cando San Gonzalo afundía os barcos Normandos en Tupide... Con este outono tan veraniego que tivemos, case non nos damos conta e se nos pasa o Desfile do Entroido!!

Este ano non podiamos faltar, a Peña Éche O Que Hai participa por 10ª vez consecutiva no mellor desfile do Entroido da Mariña e un dos mellores de Galicia.

Son moitos anos rompendo a cabeza botando horas despóis de currar, soldando varilla, bridando cartón, elixindo pintura, sufrindo por si chegará enteira a carroza ó muelle... Moitas veces estamos a piques de tirar a toalla, pero un tira de un, un do outro, o outro do un e... aquí estamos de novo un ano máis!!

Como xa sabedes, somos algo animaliños e sempre montamos espectáculo, asique esta vez xa que é o 10° desfile intentaremos volver ao principio de todo... e ata ahí podo ler :).

Agardamos facervos pasar un bon rato e citámosvos a todos o día 6 de Febreiro no Desfile do Entroido de Foz!!!

Unha aperta e VIVA A PEñA ÉCHE O QUE HAI!!!

e TI de qUe Ves sendo??Ola a todos, nos somos E TI DE QUE VES SENDO??. Un grupo de amigos os cales lles encanta o carna-val, e xa comezamos a saír o ano pasado no desfile de Foz.

O primeiro de todo queremos darlle a mais sincera noraboa a raíña do carnaval. Tamén lle quere-mos dar as gracias a Ruxe Ruxe por acordarse de nos o ano pasado, xa que o que moitos non sabedes e que a maioría dos integrantes de este grupo somos excompoñentes da comparsa A TRANCAS E BARRANCAS. E dicir que levábamos moitos anos gozando do carnaval do noso pobo, e como non nos queríamos perder este, decidimos montar este grupo para pasalo ben e gozar do entroido.

Haberá quen se siga preguntando e quen son estes? Pois para esas persoas que non se acordan quen somos, nos o ano pasado fomos parodiando Os San Fermines, ou mellor dito non parodiamos Os San Fermines fixemos Os San Fozmines.

Este ano tamén sairemos a gozar do entroido, cunha idea a cal nos permitirá pasalo moi ben. Queredes saber cal e a nosa idea?? Bueno pois para atopar a resposta teredes que vir velo o vindeiro sábado 6 de febreiro.

Un saúdo, os vosos amigos de E TI DE QUEN VES SENDO ??

Page 8: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

8

• Caipirinhas• Mojitos• Batidas• Combinados

RESTAURANTE-ASADOR

• Especialidad en carne a la piedra (Vaca Gallega)

• Paellas• Pescados de nuestra costa• Raciones• Pollos asados• Hamburguesas de Buey• Pizzas de masa casera• Servicio Zona infantil• Servicio a domicilio

Asesoría Contable, Fiscal e Laboral.

Outros Servizos: Inmobiliaria, Administración de Fincas e Banca

RÚA EDUARDO PONDAL, 30 ENTRESOLLADO • 27780 FOZ-LUGOTELS.: 982 132 889 - 982 132 096

ATENCIÓN AO PÚBLICO EN HORARIO CONTINUOwww.bflconsulting.es

Ven a nós e acertarás segurowww.maremasma.com

Tel: 982 885 474 - Mov: 659 167 [email protected]

K qUÉsssEntroidoEste artículo trata sobre el entroido de los K Kesss???. Para otros usos no dude en acudir el 7 de Febrero del 2015 al desfile de FOZ.

E Ntretenimiento: Pasamos las tardes trabajando en la idea que hemos elegido para hacer disfrutar al público en cada momento del desfile, su sonrisa y aplausos nos hacen vibrar año a año y nos danfueras para seguir.

TRabajo: Somos un equipo y juntos conseguimos desarrollar todo lo que nos proponemos, sacar a delante nuestros objetivos con la mayor ilusión. Son tardes de duro trabajo pero la recompensa no tiene precio.

O rganización: El reparto de tareas y caracterizaciones, es fundamental para conseguir que el día del desfile todo salga a la perfección.

I deas: Desde que finalizamos el desfile cada año ya empezamos a hablar de ideas para el siguiente año, motivados por el “subidón” con el que acabamos cada año.

D iversión: Este es el auténtico sentido del entroido. Preguntamos a cada componente de nuestro grupo que defina lo que significa desfilar y hay una unanimidad en sus respuestas, DIVERSIÓN.

O riginalidad: Cada año es más difícil elegir una idea, el listón está cada vez más alto y todo gracias a todos los grupos que participan en el desfile año tras año que son unos auténticos fenómenos y que hacen que el entroido de FOZ sea uno de los mejores.

Este es nuestro VI entroido desfilando, hemos sido Cajas sorpresa, O mellor circo do mundo, Super-héroes, Tu cara me suena y Asterix y Obelix misión K Kesss, y este año queremos volver a sorprender pero sobre todo pasarlo genial y mandar muchísimo ánimo al resto de los grupos que desfilan a nuestro lado, porque hacen posible que el entroido de FOZ sea el mejor del mundo!!!!!

K KESSPEDIALa enciclopedia libre

pe do moleTeHola a todos, outro ano mais e para variar tócame escribir unas verbas para desexarvos un bo entroi-do a todos e contarvos un pouco o que signifia esta festa para nós os PE DO MOLETE.

Qué decirvos que vós non seipades deste grupo. Que empezou xa fai uns anos como 4 amigos e xa somos uns cantos, máis de 26, aínda que todos non poidamos ir este ano por motivos laboráis sabemos que en espíritu estamos presentes posto que ó final pasamos a ser como una gran familia e pasamos moitos días xuntos tanto no entroido como noutros menesteres.

Parece mentira como pouco a pouco nos fumos, jeje xa me rio, hasta “profesionalizando”nesto de honrar a Don Carnal. Xa empezamos casi 2 meses antes con ensaios e historias, bueno todo sexa por pasalo en grande e volver a dar espectáculo coma sempre, aínda que esperamos non pasar tanto frío como o ano pasado.

Bueno, non me lio máis, sólo invitarvos a todos a vir a Foz a disfrutar do entroido que non sólo e o desfile sinon moito mais.

VIVA O MELLOR ENTROIDO DO MUNDO

Tas qUe pÍasUn ano mais“As Pías” póñense a pensar,pero este ano rapidiñoque o entroido preto está.Plumas e lentejuelas, colares de cores,todo con moita ledicia,para que o público o goce.De cebras ou unicornios todos as recordan ben,e cada ano as esperan ver aparecer.

Entre adornos de nadal e agasallos,empezamos a coser,Pespuntes, puntadas, cosidas sen dedal…todas a arranxar,para poder sair un ano mais a desfilar.Este ano arrasaremos pois con esmero o facemos, e non nos disgustaremos ainda que nos poñan un cero.Pode que non teñamos baile, pero as caderas movemos,con ritmo e salero á xente gustaremos.

Page 9: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

9

bonaerensIs“O día da clase política”Miñas donas, meus cabaleiros, autoridades e forasteiros.

En pluma de Baltasar Gracián “o bo, se breve, dúas veces bo”. Do que non é tan bo, non dí nada. Polo tanto temede o peor.

Tempus fugit. ¡Como pasa o tempo! Pasou un ano e voltamos á carga este entusiasta, insustituible e xa clásico grupo o que non se lles ocorre cousa que acordarse de mi para falarvos de xeito totalmente espontáneo (ou sexa, sen apenas tempo) dunhas xa ben consolidadas festas antroideiras.

A palabra Antroido ten vairas significacións pero fundamentalmente una: festa clásica, movida e de moito colorido na que aparecen invertidos os valores tradicionais da sociedade facendose críticas para gala do noso inxenio.

A todos nos fai falla evadirnos. E iso é o Antroido. Evadirse. A grande evasión. Nestas datas hai moito detrás: ilusión, traballo, imaxinación, persoas … é algo matinado para vivir uns días máxicos antes que chegue o momento de quitarse a máscara.

Os antoidos tamén acabamos a tiro fixo. Voltamos a realidade condicionada pola nosa historia, os nosos compromisos … en definitiva por nós mesmos.

Retomando a leira inicial deste artigo recordarvos que estes son uns bos días de entrenamento e ensaio para os políticos en activo e para os que aspiran a selo algún día.

Para min estas festas deberían ser declaradas como as festas da libertade. En clave de humor al-guén suxeriu que estas festas fosen declaradas de interese nacional dedicando o martes de carnaval como “o día da clase política”, clase esta tan aficionada ó disfraz e ó transformismo por aquelos dos contantes cambios de discurso, de chaqueta e incluso de traxe completo.

Máis recorden señores políticos: O Antroido non é monopolio de esquerdas nin de dereitas. É plural. É Popular. Disfrutase en Bloque.

En Marea. Podemos criticar e rirnos de nos mesmos. E xa me dirán se isto non é serio.Eu considérome serio, e o Antroido é para que os serios podamos rir e oficiar doutro cousa. Por iso Feliz Antroido ¡Vivámolo!

fálTache pÉ oU sobraTe chancla¿Fáltache pé ou sóbrache chancla? Unha incógnita que segue vixente a día de hoxe, por máis que miramos para os nosos pés non somos capaces de determinar cal é a resposta, e mira que levamos anos dándolle voltas.

Sobran as presentacións do noso grupo, cada ano intentamos ofrecer un anaco entretido de risas aseguradas, facendo aquelo que se nos da tan ben... ¡Pintar a mona! A ilusión do primeiro día con-tinua presente, e por ende, un ano máis partiremos dende o muelle de Foz o día 6 de Febreiro para dar a nota de humor ao desfile de Entroido, donde todos riremos xuntos en familia Pais, Nais, avós, e tamén Sogras… (Caben as mencións por temor a represalias) Mouling Rouge, Full Monty, Orquestra Panorama, As Cheerleaders do CB Celtas, O tiro da corda entre outras, son algunhas das actuacións que levamos a cabo ao longo destes últimos anos, e este 2016 agardamos un ano máis, estar á altura de todas as expectativas.

Viva o entroido de Foz.

pernas do cenTIÑoPernas do Centiño levamos moitos anos participando no desfile de Foz. Podería contarvos vinte mil anécdotas pero soamente vou centrarme nunha cousa, e aproveito para que sirva de ejemplo, para os que empezan agora.

Os primeiros anos, e para apaciguar os nervios, refuxiábamonos na bebida, moito viño, moitos chu-pitos e moitos cubatas… ¡Imaxinade! Uns cegaban coas medias raxadas, outros sin zapatos, outros sin peluca, e outros non chegabamos.

Ata que, un bon día, antes do desfile, un de nós dixo:- ¡Veña chavales! ¡Adiante! Que xa está a “vella de Mondoñedo” na caixa de aforros.- ¿Qué vella? ¿Qué dis, oh? ¿De qué vella fala ese?- A señora esa de Mondoñedo que ven vernos todo-los anos. Traena a súa filla, sentada nas esca-leiras da Caixa de Aforros, e alí vota horas esperando por nós. Cando pasamos, seca as lágrimas e para ella xa acabo o desfile. Todo-los anos volve.

- ¡Hostia! ¡Nos nos contábades nada ós novos! ¡Vaia compañeiros!- Agora xa o sabedes, veña, vamos facerlle desfrutar á boa da vella.O remate do desfile… ¡O de sempre!- ¿Onde estaba a vella! Non vin nada, decía un.- ¡Eu viña! Tiña un pan o negro na cabeza e erguíamos a man chorando de risa.- Sí, tiña un paraguas.- Non, hostia, esa non era…- Eu non estoy seguro, pero pareceume vela, decía otro.Un ano que non pueden participar funmme ver o desfile para a Caixa de Aforros. Pasaron os meus

compañeiros e todos miraban de esgueira para as escaleiras, tratando de ver a nosa vella de Mondo-ñedo. Ese ano fixerono mellor ca nunca.

Poidovos asegurar que non vin á vella, pero dei que estaba alí.Eles ese ano, virona todos, pero sabían que non estaba.Este ano, querida amiga de Mondoñedo, vamos volver a verte. A ti e a todos os que xa non están,

pero, siguen véndonos.

¡ADIANTE CHAVALES, E ARRIVEDERCHI!

Avd. da Mariña, 4827780 Foz (Lugo)

Teléfono: 982 140 085www.xoyma.com C/COSTA DE CASTRO 1 ENTPLTA. A APDO CORREOS 73 - 27780 FOZ (LUGO)

Tel: 982 13 30 08 - Fax: 982 13 31 01 - www.ccjosesaa.com

PÍDANOS PRESUPUESTO SIN COMPROMISO DISPONEMOS DE OFICINA TÉCNICA ESPECIALIZADA

C/COSTA DE CASTRO 1 ENTPLTA. A APDO CORREOS 73 - 27780 FOZ (LUGO)Tel: 982 13 30 08 - Fax: 982 13 31 01 - www.ccjosesaa.com

PÍDANOS PRESUPUESTO SIN COMPROMISO DISPONEMOS DE OFICINA TÉCNICA ESPECIALIZADA

C/COSTA DE CASTRO 1 ENTPLTA. A APDO CORREOS 73 - 27780 FOZ (LUGO)Tel: 982 13 30 08 - Fax: 982 13 31 01 - www.ccjosesaa.com

PÍDANOS PRESUPUESTO SIN COMPROMISO DISPONEMOS DE OFICINA TÉCNICA ESPECIALIZADA

C/COSTA DE CASTRO 1 ENTPLTA. A APDO CORREOS 73 - 27780 FOZ (LUGO)Tel: 982 13 30 08 - Fax: 982 13 31 01 - www.ccjosesaa.com

PÍDANOS PRESUPUESTO SIN COMPROMISO DISPONEMOS DE OFICINA TÉCNICA ESPECIALIZADA

Av. da Mariña, 40982 13 30 66

deséxalles felices festas

*Ver condiciones en óptica

ALAIN AFFLELOU FOZ

Av. da Mariña, 40982 13 30 66

deséxalles felices festas

*Ver condiciones en óptica

ALAIN AFFLELOU FOZAv. da Mariña, 40

982 13 30 66

deséxalles felices festas

*Ver condiciones en óptica

ALAIN AFFLELOU FOZ

Av. da Mariña, 40982 13 30 66

deséxalles felices festas

*Ver condiciones en óptica

ALAIN AFFLELOU FOZ

AS BRASASMESÓN PARRILLADA

Tel. 982 140 381 • Illá Nova N.º 19 Foz

Page 10: Viñeta: Luis Dávila - Foz · “Ruxe Ruxe”, a comparsa á que pertencemos, pero dende pequechiñas levamos o espírito carnavaleiro dentro xa que íamos disfrazadas polas ca-sas

10

Martínez Otero n.º 3Telef. / fax 982 13 27 13 • 27780 Foz (Lugo)

www.papirofoz.es email: [email protected]

ÑasssMoi boas de novo carnavaleiras e carnavaleiros, un ano mais e xa van uns cantos a peña ñASSS tomará par-tida o 6 de febreiro no desfile de foz.

Este ano, coma todos os anos, costounos un huevo e parte do outro elexir disfraz, pero o noso amigo david sacounos do atolladero decindo o mellor disfraz do que podiamos optar…. De titanic!!! Si xente, este ano por fin imos de rose e compañía. Xa estaban ben de decilo sempre e nunca facelo. Claramente había xente que estaba en total desacordo, deben ter medo de mollarse, asi que levamolo a votacion e tal como pasou na cup esa dos catalans houbo un rarisimo caso de empate entre os a favor e os en contra…… agora que o penso. Si somos 17 na peña, xa que este ano entrou o gran capitán do c.D. Foz, oscar reigosa, mais coñecido como canario ou o fillo mais novo do fogueteiro benvido a esta nosa familia oscar!!!!! Como carallo se puido dar empate??? Malditos bifitertonica da sobremesa!!!!!!!!! Ao que ibamos, un claro empate o que se deu na votación de 17 e un bon desempate como dixemos a cargo de david potato ( esta carta en teoria escribiuna el, pero deuma en papel e ao pasala a formato word como que se veu cambiada un pouco. Jejejeje, sintoi david, as estrelas somos outros)

Pois nada, meus ben queridos amigos e amadas amigas, desexarvos dende estas verbas sentidas e requete-pensadas, feitas con esmero e a mellor das miñas ansias escritoras un dos mellores entroidos focegos dos que temos desfrutados, porque que sepades que cada ano mais e mellor!!!!!!!!!

Despidome de vos, con cariño e con moitas ganas de que o pasedes ben e non houberades sufrido moito con estas palabras mal redactadas e faltas de toda razón e sentido.

Claramente nos vos decimos quen escribe, pero si de parte de quen vai………Peña ñASSS!!!

TroUleIras de foZTrouleiros/as de Foz

Isto é Foz! Aquí hai ENTROIDO! Un ano despois, un ano esperando este momento… Por fin, por fin chega o Entroido a Foz! Este ano pódese dicir que madruga máis que nunca, xa que non será máis ca o 6 de febreiro cando as rúas do noso pobo se engalanen para recibirnos a nós, e as todas as demais comparsas, charangas, grupos e en definitiva, todas aquelas persoas que coma nós viven ao máximo esta celebración, sen dúbida algunha, a mellor do ano.

Cando aínda non acabara o verán, xa estábamos ideando o traxe de este ano, a dis-posición das persoas no desfile, o tema dos instrumentos… e tras máis de 5 meses de preparación, de ensaios, de risas, de preparacións, de bos momentos e non tan bos, por fin podemos exclamar que o día tan sinalado por fin chega!

Está será a nosa sétima participación no noso Entroido, no Entroido de Foz, e por que non dicilo, nun dos mellores entroidos de Galicia. Aínda que a maioría de nós somos per-soas de curta idade, e case ninguén supera os 20 anos, isto non é ningún impedimento para gozar como ninguén destas datas festivas.

Pois ben, lembren que o 6 de febreiro colleremos as turutas, os tambores, e sairemos a rúa para facerlles disfrutar ca nosa presenza e intentar facerlles rir e bailar (que non virá mal en pleno mes de febreiro para entrar e calor) da mellor maneira que sabemos, con ilusión e traballo.

Lembren, o 6 de febreiro, as trouleiras de Foz esperámosvos para celebrar todos xuntos o noso Entroido.

VIVA O ENTROIDO DE FOZ!! VIVA O ENTROIDO DE FOZ!!

bUrras VellasMoi boas carnavaleir@s!Despois dun ano volven os ensaios, as pequenas discusions de ou esto ou o outro, volven as risas… VOLVE O ENTROIDO DE FOZ!!!Por terceiro ano consecutivo e logo dun custoso arranque, este grupo de rapaces focenses (con algún es-tranxeiro e algunha fichaxe) estaremos presentes nas rúas intentando que este desfile de Foz siga sendo o mellor da Mariña e un dos mellores de Galicia, seguindo coa gran tradición que nos transmiten os nosos

maiores. E non vos esquezades que as risas están aseguradas!Fdo.: Os máis bailarins da volta. BV!!

ChurreríaPereiras

Viñeta: Luis Dávila

C/ Trapero Pardo, 17-bajo982133525 - 629322779

Foz