vi dÍa do cientÍfico galego real academia galega de …...guido pola real academia galega de...

2
Adicado ao Padre Feijoo Pazo de San Roque Santiago de Compostela VI DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO PROGRAMA Fundada o 23 de Abril de 1977 Real Academia Galega de Ciencias REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS 19:00 h. Apertura do Acto 19:00 h. Fr. José Luis Vélez Álvarez O.S.B. Prior da Real Abadía de Samos "Semblanza persoal do Padre Feijoo" 19:30 h. Profa. Dra. Dna. Inmaculada Urzainqui Miqueleiz Catedrática de Literatura Española Investigadora e ex-Directora do Instituto Padre Feijoo Universidade de Oviedo "Seguir a ciencia europea. Feijoo e o periodismo cultural" 20:10 h. Peche do Acto Prof. Dr. D. Ernesto Viéitez Cortizo Presidente da Real Academia Galega de Ciencias GALEGO DO CIENTÍFICO 23 de Abril de 2013 VI DÍA Fundación Barrié

Upload: others

Post on 02-Feb-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Adicado ao

    Padre Feijoo

    Pazo de San RoqueSantiago de Compostela

    VI DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

    PROGRAMA

    Fundada o 23 de Abril de 1977Real Academia Galega de Ciencias

    REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

    19:00 h. Apertura do Acto

    19:00 h. Fr. José Luis Vélez Álvarez O.S.B.Prior da Real Abadía de Samos"Semblanza persoal do Padre Feijoo"

    19:30 h. Profa. Dra. Dna. Inmaculada Urzainqui MiqueleizCatedrática de Literatura EspañolaInvestigadora e ex-Directora do Instituto Padre Feijoo Universidade de Oviedo"Seguir a ciencia europea. Feijoo e o periodismo cultural"

    20:10 h. Peche do ActoProf. Dr. D. Ernesto Viéitez CortizoPresidente da Real Academia Galega de Ciencias

    GALEGO

    DO CIENTÍFICO

    23 de Abril de 2013

    VI DÍA

    Fundación Barrié

  • PADRE FEIJOO

    Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro, máis coñecido como Padre Feijoo, naceu no Pazo de Casdemiro, en Pereiro de Aguiar (Ourense), o 8 de Outu-bro de 1676, no seo dunha familia de antigos fidalgos. Realizou os seus pri-meiros estudos en Allariz e no colexio beneditino de Santo Estevo de Ribas de Sil. Aos 14 anos, tras renunciar ao morgado que lle correspondía como primoxénito, ingresou no mosteiro beneditino de San Xulián de Samos (Lu-go), onde realizou dous anos de noviciado. Xa profeso, estudou Artes no colexio de San Salvador de Lérez (Pontevedra) e logo Teoloxía nos de San Vicente de Salamanca e San Pedro de Eslonza (León). En 1702 regresou a Galicia para ensinar Artes no colexio de Lérez e logo Teoloxía no de San Xoan de Poio (Pontevedra). Finalmente, en 1709, foi destinado ao Mosteiro de San Vicente de Oviedo, cidade na que permaneceu ata o seu falecemen-to en 1764. Alí obtivo por oposición unha cátedra na Universidade, onde explicou teoloxía.Pensador e escritor, home ilustrado pertencente á chamada primeira ilus-tración, sucesor dos “novatores”, dotado dun profundo espírito crítico, culti-vou o xénero do ensaio. Coñecedor das obras dos grandes pensadores e

    científicos do momento –Galileo, Descartes, Newton, Gassendi, Pascal, Bacon...– mantívose crítico coa ciencia oficial baseada en exceso na autori-dade de Aristóteles, interpretada polos tomistas e preconizou o uso da razón, apoiada pola experiencia, como único método válido para a ciencia. Na súa obra, de carácter enciclopédico, abordou os temas máis diversos, que van dende as artes adivinatorias, ás supersticións e outras crenzas e actitudes populares, pasando por temas médicos, de filosofía, de historia, de ciencias naturais, de ensino público, de demografía, etc., ata a igualdade da muller, sempre dende un punto de vista crítico e revisionista, pero den-tro da ortodoxia da fe.Adoptou basicamente dúas formas literarias: a do discurso, na que abor-dou temas concretos, someténdoos á análise crítica e ao discurso, á luz das novas tendencias científicas e a forma epistolar, na mesma liña, aínda que máis sinxela. O Teatro crítico universal, unha das súas obras máis impor-tantes, integra 118 discursos nos 8 volumes dos que consta, converténdose así nun escenario ou visión panorámica da realidade do momento. Por outra parte, son 166 as cartas que se atopan nos 5 volumes que conforman as Cartas eruditas y curiosas, a súa segunda obra importante.Nuns momentos nos que, sobre todo en España, dominaba a ciencia oficial e imperaba a Inquisición, as publicacións do Padre Feijoo levantaron unha gran polémica, con moitos detractores e tamén defensores, como o Padre Sarmiento e o mesmo rei Fernando VI. Este carácter polémico, contribuíu sen dúbida, xunto coa súa extraordinaria valía, a darlle unha gran celebrida-de, tanto en España como no extranxeiro, de modo que as súas obras foron reeditadas varias veces e traducidas aos idiomas máis importantes como o francés, inglés, alemán e italiano, xa en pleno século XVIII. O seu pensamen-to alcanzou así unha gran proxección social e a grande efervescencia ideo-lóxica provocada polos seus ensaios sobre temas científicos de todo tipo, chegou á sociedade nunha acción divulgadora que transcendeu os ámbi-tos do saber institucionalizado e espertou una grande interese pola ciencia.Escritor e pensador galego de primeira magnitude, o Padre Feijoo é distin-guido pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico Galego para o ano 2013, polo seu espírito aberto e valente en defensa dos fundamentos do que había de ser a ciencia actual, entón incipiente, e polo seu esforzo por instruír á sociedade, tratando de clarificar unha serie de falsas crenzas e prácticas populares á luz dos devanditos principios.

    Página 1Página 2