uxío novoneira (por carla noya)

20
Uxío Novoneira. Carla Noya Camiño 2ºBachB.

Upload: marlou

Post on 14-Feb-2017

85 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Uxío Novoneira.

Carla Noya Camiño 2ºBachB.

ÍNDICE.

• Contexto histórico no que se enmarca Uxío Novoneira e a súa obra.

• Importancia do autor para a Historia da Lingua Galega.• Produción literaria do autor e comentario dun poema da

mesma.

Uxío Novoneira (1930-1999).

Poeta e escritor galego,coñecido como o poeta do Courel.

Principal referente físico para os seus versos.

Poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2010.

Uxío Novoneira.

Poeta que fala da terra da paisaxe da natureza e do home fronte a ela.

Nos anos 50 será colocado na nómina dos clásicos.

Con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais.

Uxío Novoneira.

O compromiso social de Novoneira co pobo galego é froito da realidadesociocultural de Galicia que viviu o autor.

Viviu a Guerra Civil e a represióntras a ditadura.

Esta vivencia reflíctese nunha das súas máis grandesobras, a chamada Letanía de Galicia.

A década dos 50 supón un afianzamento das súas palabra contra as inxustizas sociais.

Uxío Novoneira.

Eríxese continuador da liña de denunciasocial máis localista iniciada xa no Rexurdimento.

Moi comprometido coa realidade galega:“verbo verdadeiro que fala o pueblo”,

Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensado idioma, como signo de identidade e de orgullo.

Uxío Novoneira.

Espírito innovador.

Rexeitando en todo momento a despersonalización que propoñíanas vangardas

Soubo incorporar un gran número de recursosinnovadores que floreceran nas diferentes correntes de comezosde século.

Uxío Novoneira.

Contribuidor á literaturainfantil e xuvenil con obras como:

Uxío Novoneira na literatura galega.

• Uxío Novoneira é un poeta de dicir moito coas menos palabras posibles, versos curtos, polisemánticos e cargados de suxestións.Soubo ir incorporando un gran número de recursos innovadores nos seus versos.

• As súas temáticas serán diversas:

• Poemas da terra e da paisaxe.• Poesía social.• Poesía intimista • Poesía existencial.

• Nos seus textos, Novoneira explicitou o seu compromiso nacionalista e marxista e procuraba o mellor resultado visual e sonoro.As poucas palabras empregadas pretenden evocar dun modo máxico o mundo no que o home está inmerso,tamén hai que lembrar o seu compromiso público e constante con Galicia:

É xa hora de que señas toda patria dos teus dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus e señas dona de ti e señora de falar señora de decidir e dona de se negar.

• A lingua definea como "o único sitio onde seguen vivos os antepasados, a única forma audible de supervivencia".Nunha entrevista que lle fan en 1998 comenta:

Ninguén dubida xa da nosa identidade, nin os inimigos da lingua propia, que anque non a queiran nin a falen será sempre o galego. Repito: hai cousas que non as escolle un, escolleunas a historia.

Obra.

En 1948 matriculouse na facultade de Filosofía e Letras en Madrid, onde comezou a escribir poemas en castelán.

Xesús Alonso Monteroconservou o seu primeiro libro de poemas, Abrojos.

Nos anos 1950-51 datan as coleccións de poemas Poemas de Dios e Caurel, de onde sairon Os Eidos.

En 1952, recupera o contacto con Manuel María e a finais dese mesmo ano comezou a escribir os poemas que darían lugar a Os Eidos.

Anos 50.

En 1955 publicou Os Eidos.

Comezou a publicar poesías en diarios e revistas como Vida Gallega Aturuxo, Follas Secas, Luzes de Galiza, Nordés,etc.

É incluído por vez primeira nunha antoloxía poética galega.

En 1959 aparecería de novo noutra antoloxía .

O 22 de febreiro de 1957 interviu no chamado Homenaje a la poesía gallega, celebrado en Santiago, xunto a prestixiosas firmas da literatura galega e galeguista.

Anos 60.

Comezou a traballar na radio e mais na televisión.

En 1966 publicou Elexías do Courel e outros poemas, nunha edición bilingüe en castelán e galego.

En 1967 escribiu o poema Vietnam canto.

Con este texto xorde un Novoneira máis vindicativo e politizado, menos lírico e intimista.

Anos 70.1974 foi o ano da publicación de Os Eidos II, que recolle poemas escritos nos que evidencia o compromiso político desta nova etapa.

En 1981 edítanse conxuntamente tódolos poemas que conformaban os dous tomos d´Os Eidos, nun libro titulado Os Eidos. Libro do Courel.

Este libro veu sucesivas reedicións ao longo dos anos.

En 1979 publica Poemas caligráficos, libro que combina a poesía e a peculiar caligrafía de Novoneira os textos están vinculados á vangarda pictórica.

Anos 80.

En 1982 foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

En 1984 Méndez Ferrín publicou De Pondal a Novoneyra.

En 1986 aparece Muller pra lonxe,que eran poemas xa publicados anteriormente en revistas e obras colectivas.

Anos 90.

En 1991 publicou o seu primeiro libro de narrativa, O cubil do xabaril.

En 1994 editou Poemas de doada certeza e en 1998 Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.

Xa enfermo publicou Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas.

Morre en Santiago de Compostela,o Sábado 30 de outubro de 1999.

Poema e comentario.Poema pertencence ó libro “De tempo de Elexía”, do 1991.

Escrito en primeira persoa,quen fala é o autor :“Camiño de volta fago”.

O tema deste poema é a insistencia da xente en recordar o pasado, o verdadeiramente importante é solucionar o presente e non vivir anclados no que deixamos atrás.

O poeta tamén fai referencia a Santiago como punto de encontro con Galicia.

El pensa en Galicia como o que puido ser,se non existira a dictadura.

Poema e comentario. O autor pensa como sería Galicia se fose gobernada por outras persoas ou de outra maneira: “i esa cuestión non resolta”. Quere ser optimista e deixar o pasado a un lado: “ i o presente é o urgente”.

Estructura: o poema pódese dividir en dúas partes: do verso 1 ao 4, onde fala dos pensamentos da xente.E a segunda parte, dende o verso 5 ata o final,que fala en primeira persoa do que el sente e opina.

Está formado por tres estrofas de catro versos cada unha.Os versos son regulares e a rima consonante.