unidade didactica - mundo en tus manos · - día internacional da nena (11 de outubro) - día...

16
unidade didactica e igualdade e igualdade promovemo promovemos promovemo promovemos igualdade promovemos d igualdade i i gualdade de g igualdade igualdade gualdade e e e e g igualdade igualdade igualdade igualdade os promovemos p p p p romovemo os promovemos promovemos promovemos romovemos os os os os pr promovemos promovemos promovemos promovemos

Upload: others

Post on 13-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

unidade didactica

igualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadepromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemos

igualdadepromovemos

igualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadeigualdadepromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemospromovemos

Page 2: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

A presente unidade didáctica forma parte do proxecto “Días D”, que se enmarca dentro da

proposta pedagóxica de Entreculturas para educar na Cidadanía Global: “Un Mundo nas túas

Mans”. A través desta proposta, queremos contribuír a tarefa de formar persoas capaces de

transformar o seu entorno como parte dunha cidadanía global activa e comprometida cos retos

globais do noso tempo e o cumprimento da Axenda 2023 e os Obxectivos de Desenvolvemento

Sostible.

Os recursos educativos do proxecto “Días D” facilítannos acercarnos e aprender sobre

temáticas relacionadas cos valores propios da cidadanía global, promovendo o aprendizaxe e o

compromiso activo coa nosa contorna educativa, comunitaria e cidadá. En concreto, esta

unidade didáctica propón traballar sobre a promoción da igualdade de xénero, co

obxectivo de desenvolver coñecementos, valores e competencias sociais e cidadás para

participar como promotoras e promotores de contornas igualitarias, libres de discriminación e

violencias, nos que as nenas e mulleres poidan desenvolverse en liberdade. Para isto,

aprenderemos que a igualdade está nas nosas mans.

A unidade didáctica está composta por tres propostas didácticas adaptadas a distintas

franxas de idade, deseñadas para traballar tanto no ámbito formal como no non formal con

grupos de nenas, nenos, mozas e mozos das seguintes idades:

- Primeira franxa de idade: 5 a 8 anos.

- Segunda franxa de idade: 9 a 12 anos.

- Terceira franxa de idade: 12 a 16 años.

Cada unha das propostas didácticas inclúe os seguintes apartados:

- Obxectivos educativos.

- Materiais necesarios.

- Miramos a imaxe.

- Desenvolvemento da actividade, cunha proposta final na que o grupo realice unha

acción concreta para promover igualdade de xénero na súa contorna.

As actividades incluídas nesta unidade didáctica non están ligadas a unha única data ou

evento, senón que poden utilizarse en calquera contexto cuxo obxectivo educativo sexa

traballar con grupos a promoción da igualdade nas nosas contornas globais e locais. A

modo orientativo, suxerimos a seguinte relación de Días Internacionais, que polas temáticas

que tratan poden constituír unha boa oportunidade educativa para utilizar esta proposta

didáctica. Estes días internacionais aparecen sinalado no calendario escolar, que xunto cos

carteis e esta selección de unidades didácticas, forman parte do proxecto Días D:

- Día Internacional da Nena (11 de outubro)

- Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro)

- Día Internacional da Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina (6 de febreiro)

- Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro)

- Día dos Dereitos das Mulleres (8 de marzo)

- Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos (19 de xuño)

- Día Mundial contra a trata de persoas (30 de xullo)

Estas unidades didácticas están en liña coa promoción dunha cidadanía global comprometida

coa consecución da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Concretamente, esta unidade didáctica vincúlase co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5:

Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.

Page 3: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Reflexionar sobre a importancia da igualdade entre nenas e nenos no mundo.

Identificarnos como cidadás e cidadáns globais que promoven a igualdade.

Construír unha convivencia e unha forma de participación que defenda a

igualdade de inclusión de todas e todos.

Taboleiro ou cartolina.

Proxector con ordenador e son para vídeo.

Papel continuo.

Lapis e pinturas de cores.

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿Qué vemos?

Comezamos a sesión facendo unha chuvia de ideas co grupo sobre as seguintes preguntas:

Para vos, qué significa a igualdade entre todas as persoas?

Qué palabras, imaxes ou situación vos veñen?

Pensades que as nenas e os nenos teñen as mesmas oportunidades en todo o

mundo? Por qué?

Unha vez rematada a chuvia de ideas, proxectamos o vídeo de Estrellas y Planetas: Taller de

Coeducación1 para poñer en contexto a temática que imos traballar.

Unha vez finalizado o vídeo lanzamos as seguintes preguntas:

Qué mensaxes nos deixa este grupo de nenas e nenos para construír igualdade?

Qué desigualdades e estereotipos mencionan sobre as nenas e os nenos?

Os recoñecedes? Coñecedes algún que non apareza no vídeo?

Credes que hai situacións de desigualdade entre nenas e nenos en todo o mundo?

Qué situacións coñecemos?

Qué propostas nos contan no vídeo para transformar estas realidades de desigualdade

entre nenas e nenos?

Para continuar, sentámonos en círculo e lemos a seguinte historia, titulada “O Diario de Safía”:

“Querido diario, son Safía outra vez. Este ano entrei nunha escola nova. Debo dicir que

ao principio tiña un pouco de medo, pero quitóuseme porque as minas compañeiras e

1 “Estrellas y Planetas: Taller de Coeducación” https://www.youtube.com/watch?v=MsV4Q2HAeB0

Page 4: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

compañeiros son moi amables e a escola ten moitos espazos para xogar ao aire libre.

Na miña clase tamén está Gabriel, que é novo coma min.

Sen embargo, onte pasou algo raro: fai uns días, o profesor pediunos que todas e todos

levásemos os nosos xogos favoritos a escola para coñecernos mellor. Eu levei a pelota

de cores que me regalou a miña avoa. É a mellor pelota que teño, ¡salta ata o ceo e máis

alá! A miña amiga Lina trouxo unha corda xigante na que podiamos saltar toda a clase

ao mesmo tempo, a miña amiga Jimena unhas figuras de animais, e o meu amigo Gabriel

trouxo unha casa de xoguete con moitos bonecos e bonecas diferentes, ¡era moi

orixinal! Ese día na clase había moitos xogos cos que divertirse: pelotas, contos, cordas,

puzzles, trens, e moitos máis.

Estivemos un bo anaco xogando todas e todos, divertíndonos con todo o que había, ata

que, de repente, un compañeiro chamado Héctor, fixo un comentario que non nos

gustou a ninguén. Díxolle a Gabriel que os seus xoguetes non eran para nenos, que ter

unha casiña con bonecos e bonecas era solo para nenas. Houbo un gran silencio, e

ninguén dixo nin un chío.

Ese día pola tarde, Gabriel estivo solo no recreo. Pensei en acercarme, a dicirlle algo,

pero non puiden. Aínda me sinto un pouco rara, quizais debería facer algo, pero non sei

moi ben o qué… Espero que mañá todo volva a estar ben e Gabriel non fique triste”.

Unha vez finalizada a lectura do conto, lánzase as seguintes preguntas:

Por qué credes que Safía sentíase rara?

Cómo credes que se sentiu Gabriel?

Por qué credes que ocorren este tipo de situacións? ¿Pasan en todo o mundo, ou solo

nalgúns lugares?

Vivistes algunha situación parecida? ¿Qué fixestes?

Qué lle aconsellariades a Safía?

Tras recoller as súas ideas, lles comentaremos que as nenas e os nenos teñen o mesmo

dereito a xogar libremente aos xogos que decidan. Todas as persoas temos os mesmos

dereitos, e por tanto debemos ter as mesmas oportunidades a exercelos e gozar das

actividades e dos espazos por igual. As diferenzas que nos imaxinamos entre tipos de xogos,

xoguetes, actividades e formas de ser solo son imaxinadas, e nos limitan a probar cousas

novas sen medo a ser xulgadas ou xulgados. De feito, ao redor do mundo podemos

atoparnos deportes e xogos que se usan por igual entre nenas e nenos, e de esta forma

gozamos de moitas cousas máis. Podemos pensar nalgúns?

Tras esta reflexión pídese ao grupo que imaxinen o final da historia, e que o debuxen en

conxunto sobre un gran papel continuo. O debuxo debe de ir acompañado de unha frase que

nos chame a atención ao tratar a todas as nenas e nenos por igual, a participar e xogar

libremente, e a coidarnos e respectarnos. De esta maneira estaremos sendo creadoras de

creadores de igualdade.

Para rematar, crearemos en conxunto un conto que poida informar a outras nenas, nenos e

persoas adultas ao redor do mundo sobre o dereito a xogar en igualdade. Terá que ser un

conto que se poida entender en diferentes partes do mundo, polo que teremos que pensar en

xogos ou contextos de outros países ou rexións.

Page 5: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Pode empezar a persoa dinamizadora ou unha voluntaria escribindo o comezo do conto cunha

frase, como por exemplo “Nun lugar do mundo moi especial, había un grupo de amigas e

amigos que lles encantaba xogar e aprender…” A seguinte persoa continuará o conto cunha

segunda frase, e así seguidamente. Se prefiren, pódeno debuxar. O importante é recordar que

a mensaxe do conto debe mostrarnos que xogar e participar de maneira igualitaria entre nenas

e nenos é moito máis divertido e interesante, e que nos podemos facelo realidade

promovendo a igualdade na nosa contorna e no mundo. Como suxestión, este conto

pódese escribir en limpo con debuxos do grupo, para logo lelo e compartilo con outros grupos

da contorna educativa e comunitaria.

Page 6: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

:

Reflexionar sobre a importancia de crear espazos e relaciones que promovan a

igualdade de xénero.

Identificarnos como cidadás e cidadáns globais que promoven a igualdade.

Desenvolver unha mirada crítica ante as causas da desigualdade e adquirir

ferramentas para defender a igualdade e inclusión de todas e todos.

Taboleiro ou cartolina.

Proxector con ordenador e son para vídeo.

Papel continuo.

Ficha do xogo “Puzzle da Igualdade” (ver Anexo 1)

Ficha con definicións dos conceptos (ver Anexo 2)

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿Qué vemos?

Comezamos a sesión facendo unha chuvia de ideas co grupo sobre as seguintes preguntas:

Para vos, qué significa a igualdade entre todas as persoas?

Qué palabras, imaxes ou situación vos veñen?

Pensades que as nenas e os nenos teñen as mesmas oportunidades en todo o

mundo? Por qué?

As ideas que se vaian aportando quedarán anotadas no taboleiro ou cartolina de maneira que

poidamos lelas. Unha ver rematada a chuvia de ideas, proxectamos o vídeo do testemuño de

Divine2 para empezar a poñer en contexto ao grupo sobre a temática que imos a traballar.

Unha vez finalizado o vídeo faremos as seguintes preguntas, escribindo as respostas:

Cómo vos fai sentir o vídeo

Qué vos chama máis a atención?

Credes que esta situación vívena máis nenas no mundo? Por qué?

Qué credes que quere lograr Divine con ir a escola?

Qué mensaxe nos deixa a protagonista do vídeo?

Ocórrensenos outros exemplos de desigualdades que viven as nenas en relación aos

nenos no mundo?

2 “Testimonio de Divine | Mujeres que construyen futuro”

https://www.youtube.com/watch?v=OrW9OcQsjw8

Page 7: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Para continuar, pídese as e aos participantes que formen tres grupos coa mesma cantidade

aproximada de persoas e cada un. Explícase que imos a xogar ao “Puzzle da Igualdade”, un

xogo que consiste en descubrir e acertar definicións sobre unhas palabras determinadas. A

idea é descubrir a maior cantidade de palabras que podamos entre todas e todos!

A cada grupo entréganselle 10 fichas con conceptos clave (ver Anexo 1). Por outra parte, a

persoa dinamizadora contará con 10 fichas coas respectivas definicións dos conceptos. Unha

vez se atopen formados os grupos, léese a definición dun dos conceptos, e cada grupo terá 1

minuto para falar e intentar dar coa ficha correspondente. Unha vez rematado o tempo,

exclámase STOP, e unha persoa representante de cada grupo deberá alzar a tarxeta que

escolleron de forma colectiva para que todas e todos poidan vela.

O grupo que acerte levarase a tarxeta como punto. Así continuarase a dinámica ata que se

teñan rematado todas as fichas. Os conceptos que foron descubertos poden pegarse nalgún

lugar visible do espazo.

Ao rematar o xogo cóntanse os puntos de cada grupo e súmanse entre eles, poñendo énfase

en que o importante é descubrir a maior cantidade de conceptos entre todas e todos, como un

gran equipo que promove a igualdade.

Seguidamente lánzanse as seguintes preguntas:

Que pasou no xogo? Como vos sentistes?

Que definicións vos chamaron máis a atención? Cales xa coñeciades?

Cales resultaron máis difíciles?

Que conceptos cedes que están máis relacionados coa realidade de desigualdade que

contou Divine? E coa que viven as nenas e mulleres na nosa contorna próxima?

Tras recoller os comentarios e reflexións do grupo, proxectamos o vídeo de Estrellas y

Planetas: Taller de Coeducación3, para analizar de qué forma a desigualdade xénero

reprodúcese na nosa contorna cotiá, e cómo outras nenas e nenos están promovendo

igualdade.

Que podemos facer nós para promover igualdade na nosa contorna máis próxima e no

mundo? Para escoitar algunhas ideas máis, visualizamos o vídeo Mujeres que cambian

realidades4.

Tamén podemos repartir copias do seguinte artigo de Mujeres defensoras de derechos

humanos alrededor del mundo5, para que durante as seguintes semanas investiguen sobre

as súas historias:

Coñecías a estas mulleres?

Que podemos aprender do seu traballo para defender a igualdade na nosa contorna?

3 Estrellas y Planetas: Taller de Coeducación” https://www.youtube.com/watch?v=MsV4Q2HAeB0 4 “Mujeres que cambian realidades” https://www.youtube.com/watch?v=sKLfy_Hy7ac 5 “Mujeres defensoras de derechos humanos” https://www.redec.es/es/noticias/8m-de-mujeres-que-cambian-el-mundo-defensoras-de-derechos-humanos?fbclid=IwAR2JCWdgJ6MFiwWZGQEb8Sor7FqD86zy72PQT1AzcmoiooR3_UGGnx_toGk

Page 8: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Para finalizar cunha acción en grupo na que promovamos igualdade, mantémonos nos

mesmos grupos. Cada grupo vai elaborar un decálogo coas 10 propostas que elas e eles

consideren necesarias para construír un mundo no que os espazos e as relacións entre

persoas se manteñan libres de desigualdade e violencia de xénero, como por exemplo na

escola, nos grupos de amigos e amigas, nos deportes, etc. Deberán ser propostas que elas e

eles poidan levar acabo na súa contorna educativa e comunitaria.

Unha vez que cada grupo teña o seu decálogo elaborado, póñense en común para ver os

puntos que comparten, e comézase a crear un decálogo definitivo que agrupará 10 propostas

nas que os grupos teñan coincidido e que consideren máis importantes. Para facelo de maneira

visible, pódese debuxar una gran círculo nun papel continuo, que se irá reenchendo con cada

proposta escrita nunha parcela ou “queixiño” de cor, podendo inspirarse no círculo dos

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ver Anexo 3). Desta forma o grupo creará una

mosaico colorido que poderá compartir coa súa contorna educativa ou comunitaria a

modo de carteis que sensibiliza sobre a importancia de promover a igualdade en toda a

nosa contorna local e global.

Page 9: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Reflexionar sobre a importancia de crear espazos e relaciones que promovan a

igualdade de xénero.

Identificarnos como cidadás e cidadáns globais que promoven a igualdade.

Desenvolver unha mirada crítica ante as causas da desigualdade e adquirir

ferramentas para defender a igualdade e inclusión de todas e todos.

Taboleiro ou cartolina.

Proxector con ordenador e son para vídeo.

Papel continuo.

Celofán ou cinta de carroceiro.

Ficha do xogo “Puzzle da Igualdade” (ver Anexo 1)

Ficha con definicións dos conceptos (ver Anexo 2)

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿Qué vemos?

Comezamos a sesión facendo unha chuvia de ideas co grupo sobre as seguintes preguntas:

Para vos, que significa a igualdade entre todas as persoas?

Que palabras, imaxes ou situación vos veñen?

Pensades que as nenas e os nenos teñen as mesmas oportunidades en todo o

mundo? Por qué?

As ideas que vaian aportando quedarán anotadas no taboleiro ou cartolina de maneira que

poidamos lelas. Para continuar, proxectamos o vídeo do testemuño de Iklas6 para comezar a

poñer en contexto ao grupo sobre a temática que imos traballar.

Unha vez finalizado o vídeo faremos as seguintes preguntas, recollendo as respostas no

taboleiro ou cartolina:

Como nos fai sentir o vídeo?

Que vos chama máis a atención?

Que desigualdades vemos?

Credes que esta situación a viven máis as nenas e mulleres no mundo?

Que situacións de desigualdade viven as nenas e mulleres da nosa contorna tamén?

6 “Testimonio de Iklas | La Luz de las Niñas” https://www.youtube.com/watch?v=ud2tMpn1_CE

Page 10: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Para continuar coa actividade, pídeselle as e aos participantes que formen dous grupos coa

mesma cantidade aproximada de persoas en cada un. Explícase que imos xogar ao “Puzzle da

Igualdade”, o cal consiste en conectar palabras específicas coas súas respectivas definicións.

Para isto necesitamos contar cun espazo amplo.

A un dos grupos entréganselle 10 tarxetas con conceptos clave (ver Anexo 1) e ao outro grupo

10 tarxetas coas respectivas definicións (ver Anexo 2). Para que as tarxetas coas definicións

non teñan o concepto incluído, hai que recortalas pola liña continua como está indicado na

ficha. Cada grupo deberá repartirse as tarxetas entre si, de modo que cada persoa teña unha

tarxeta. Para comezar o xogo, a persoa facilitadora sinalará as seguintes instrucións:

“Cada definición e cada concepto teñen que encontrarse. Para isto ocuparamos o espazo na

sala para desprazarnos e buscar a nosa parella. Cando cada parella de concepto e definición

se unan, pegaremos as nosas tarxetas nalgún lugar visible do espazo. Tendes 5 minutos en

total para ir unindo as definicións. Empezamos!

Unha vez acabado o tempo invítase a todo o grupo a observar o mural de conceptos e

definicións que acaban de crear nuns minutos. No caso de que o grupo considere que algunha

das parellas non acertou coa definición do seu concepto, darase pé a un pequeno debate para

poñer en común. Para rematar a reflexión, lánzanse as seguintes preguntas:

Que asou no xogo? Como vos sentiches?

Que definicións vos chamaron máis a atención? Cales coñeciades xa?

Cales resultaron máis difíciles?

Que conceptos credes que están máis relacionados coa realidade de desigualdade que

contou Iklas? E coa que viven as nenas e mulleres na nosa contorna próxima?

Tras recoller os comentarios e reflexións do grupo, proxectamos o vídeo de Estrellas y

Planetas: Taller de Coeducación7, para analizar de qué forma a desigualdade de xénero

reprodúcese na nosa contorna cotiá, e cómo outras nenas e nenos están promovendo

igualdade.

Gustaríanos transformar esta realidade? Que podemos facer nós para promover

igualdade na nosa contorna máis próxima e no mundo? Para escoitar algunhas ideas máis,

visualizamos o vídeo Mujeres que cambian realidades8

Que mensaxe nos deixan as protagonistas do vídeo?

Queremos ser promotores e promotoras de igualdade na nosa contorna?

Tamén podemos repartir copias do seguinte artigo de Mujeres defensoras de derechos

humanos alrededor del mundo9, para que durante as seguintes semanas investiguen sobre

as súas historias:

Coñecías a estas mulleres?

Que podemos aprender do seu traballo e da súa historia para defender a igualdade na

nosa contorna?

7 “Estrellas y Planetas: Taller de Coeducación” https://www.youtube.com/watch?v=MsV4Q2HAeB0

8 “Mujeres que cambian realidades” https://www.youtube.com/watch?v=sKLfy_Hy7ac

9 “Mujeres defensoras de derechos humanos” https://www.redec.es/es/noticias/8m-de-mujeres-que-

cambian-el-mundo-defensoras-de-derechos-humanos?fbclid=IwAR2JCWdgJ6MFiwWZGQEb8Sor7FqD86zy72PQT1AzcmoiooR3_UGGnx_toGk

Page 11: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Para finalizar cunha acción en grupo na que promovamos igualdade, mantémonos nos

mesmos grupos. Cada grupo vai elaborar un decálogo coas 10 propostas que elas e eles

consideren necesarias para construír un mundo no que os espazos e as relacións entre

persoas están libres de desigualdade e violencia de xénero, como por exemplo na escola,

no grupo de amigas e amigos, nos deportes, etc. Deberán ser propostas que elas e eles poidan

levar a cabo na súa contorna educativa e comunitaria.

Unha vez que cada grupo teña o seu decálogo elaborado, póñense en común para ver os

puntos que comparten, e comézase a crear un decálogo definitivo que agrupará 10 propostas

nas que os grupos teñan coincidido e que consideren máis importantes. Para facelo de maneira

visible, pódese debuxar una gran círculo nun papel continuo, que se irá reenchendo con cada

proposta escrita nunha parcela ou “queixiño” de cor, podendo inspirarse no círculo dos

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ver Anexo 3). Desta forma o grupo creará una

mosaico colorido que poderá compartir coa súa contorna educativa ou comunitaria a

modo de carteis que sensibiliza sobre a importancia de promover a igualdade en toda a

nosa contorna local e global.

Como fonte de información para crear o seu decálogo, poden investigar sobre os datos e metas

que recolle o ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as

mulleres e as nenas10

.

10

ODS 5. Naciones Unidas. https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/gender-equality/

Page 12: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Conceptos clave para o xogo “Puzzle da Igualdade”

ROLES DE XÉNERO

MACHISMO

IGUALDADE DE XÉNERO

LINGUAXE SEXISTA

PATRIARCADO

COEDUCACIÓN

FEMINISMO

DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO

SORORIDADE

TEITO DE CRISTAL

Page 13: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Definicións dos conceptos clave para o xogo “Puzzle da Igualdade”.

ROLES DE XÉNERO

-----------------------------------------------

Actitudes, capacidades e comportamentos que se

asocian de maneira diferente a homes e mulleres,

adquiridas socialmente por medio da socialización

e a educación nunha contorna determinada.

Chegan a considerarse como naturais a pesar de

ter unha orixe sociocultural.

MACHISMO

----------------------------------------------

Conxunto de actitudes, condutas, discursos e crenzas,

arraigadas de maneira sociocultural, que xustifican e

promoven a desigualdade que discrimina as nenas e

as mulleres.

IGUALDADE DE XÉNERO

---------------------------------------------- Implica que mulleres e homes poden exercer os

mesmos dereitos, ter as mesmas oportunidades e

ser tratadas e tratados co mesmo respecto.

LINGUAXE SEXISTA

-----------------------------------------------

Uso da linguaxe que exclúe sistematicamente as

nenas e mulleres e fomenta a súa discriminación.

PATRIARCADO

-----------------------------------------------

É un sistema social e político de dominación e

opresión cara as nenas e as mulleres. É unha

visión de mundo que coloca ao home e ao

masculino no centro de todas as cousas.

COEDUCACIÓN

----------------------------------------------

Educación integral de nenas y nenos. É unha

educación en igualdade e para a igualdade que

desmonta os estereotipos e prexuízos sexistas e

promove a participación igualitaria de todas e todos.

FEMINISMO

-----------------------------------------------

Son movementos sociais e políticos que defenden

a igualdade entre mulleres e homes. Supón a

toma de conciencia da cidadanía sobre a opresión

e violencia que viven as mulleres ao redor do

mundo, o cal as move á acción pola súa

liberación. Como podemos ver, non é o contrario

a machismo.

VIOLENCIA DE XÉNERO

----------------------------------------------- En todo o mundo, as nenas e mulleres son vulnerables ante distintas formas de violencias: o matrimonio temperá, a mutilación xenital feminina, o acoso e abuso sexual, a explotación laboral, entre moitas outras. Todas elas afectan a saúde e benestar de millóns de nenas e mulleres, vulnerando os seus dereitos11.

SORORIDADE

---------------------------------------------

Apoio, coexistencia e solidariedade entre as

mulleres fronte aos problemas sociais que se

presentan na sociedade. É un valor, vinculado a

unión, respecto e amor entre o xénero feminino. É

dicir, solidariedade entre as mulleres nun contexto

de desigualdade e discriminación.

TEITO DE CRISTAL

-----------------------------------------------

Barreira invisible que se atopan as nenas e mulleres

durante o seu desenvolvemento e promoción

profesional. Isto ven dos prexuízos sobre a capacidade

das mulleres para desempeñar postos de

responsabilidade, e o dobre traballo engadido o que

realizan coidando a outras persoas.

11

Informe Rojo (2018). Niñas libres de violencia: Derecho a la educación, garantía de igualdad. Introdución, p. 13. Fundación Entreculturas. https://www.entreculturas.org/sites/default/files/ninas_libres_de_violencia_v-onlinelinks.pdf

Page 14: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Mosaico de cores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.12

12

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Nacións Unidas. https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/

Page 15: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día

Coordinación: Clara Maeztu y Veda Krüger.

Autoría: Raquel Alonso e Javiera Oñate.

Colaboración: Encarna Durán, Davinia De Ramón, Raquel Llanos, e Alberto Medina.

Dirección de Arte e Deseño Gráfico: Maribel Vázquez.

Edita: Fundación Entreculturas.

Page 16: unidade didactica - Mundo en tus manos · - Día Internacional da Nena (11 de outubro) - Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) - Día