ud.5.3.o barroco en españa e galicia

12
A ARTE BARROCA EN ESPAÑA A época do Barroco coincide en España cunha época de dificultades políticas e bélicas, de perda da hexemonía e de diminución de metais preciosos procedentes das colonias americanas. Pero esta situación contrasta co extraordinario desenvolvemento cultural, de modo que o século XVII é denominado Século de Ouro. A arte Barroca española é maioritariamente relixiosa pois eran a principal clientela e está mooi influída polos principios da Contrarreforma. A ARQUITECTURA En España realizáronse fundamentalmente obras relixiosas. Construíronse con materiais pobres (ladriño ou cachotaría), reservándose os sillares de pedra para as fachadas, e utilizouse unha abundante decoración para ocultalos. Entre as intervencións urbanísticas máis destacadas están as prazas maiores, entre as que destacan Madrid (Gómez de Mora) e Salamanca.

Upload: iria-yanez-martinez

Post on 16-Jul-2016

185 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

A ARTE BARROCA EN ESPAÑA. O BARROCO COMPOSTELÁ

TRANSCRIPT

Page 1: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A ARTE BARROCA EN ESPAÑA

A época do Barroco coincide en España cunha época de dificultades políticas e bélicas, de perda

da hexemonía e de diminución de metais preciosos procedentes das colonias americanas. Pero

esta situación contrasta co extraordinario desenvolvemento cultural, de modo que o século XVII é

denominado Século de Ouro.

A arte Barroca española é maioritariamente relixiosa pois eran a principal clientela e está mooi

influída polos principios da Contrarreforma.

A ARQUITECTURA

En España realizáronse fundamentalmente obras relixiosas.

Construíronse con materiais pobres (ladriño ou cachotaría), reservándose os sillares de pedra

para as fachadas, e utilizouse unha abundante decoración para ocultalos.

Entre as intervencións urbanísticas máis destacadas están as prazas maiores, entre as que

destacan Madrid (Gómez de Mora) e Salamanca.

Page 2: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

Os arquitectos máis destacados do Barroco español foron os irmáns Churriguera. Crearon un

estilo propio, chamado churrigueresco, que se caracterizou pola decoración recargada. A eles

débeselles a praza maior de Salamanca.

Tamén destaca Pedro Ribera, autor do Hospicio de Madrid, e Fernando de Casas e Nóvoa,

autor da fachada do Obradoiro na catedral de Santiago de Compostela.

Entre os construtores de grandes palacios sobresaen arquitectos italianos como Juvara e

Sacchetti en Madrid.

Page 3: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A ESCULTURA

A escultura barroca española presenta algunhas características que a diferencian da europea.

Seguiu o camiño trazaado no Renacemento. En España realizáronse principalmente retablos e

imaxes en madeira policromada e estufada, conseguindo gran realismo no tratamento das

anatomías, para decorar os templos e para as procesións.

As figuras eran moi expresivas e de grande emotividade. Buscan mover a piedade e a

devoción nos fieis.

O movemento conseguíase co uso de liñas diagonais.

Os principais escultores do Barroco español foron Gregorio Fernández, Martínez Montañés,

Pedro de Mena e Alonso Cano.

Page 4: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A PINTURA.

O século XVII considérase o Século de Ouro da pintura española, porque neste período alcanzou

o seu maior esplendor.

A Igrexa continuaba encargando obras relixiosas, pero os monarcas e a nobreza demandaban

retratos e temas mitolóxicos.

Xunto aos efectos tenebristas, moitos pintores evolucionaron dando entra a obras máis

iluministas e de contrastes menos acentuados.

Entre os principais pintores españois do Barroco destacaron José Ribera, chamado o

Spagnoletto, Francisco de Zurbarán, Bartolomé Esteban Murillo e Diego Velázquez.Velázquez

foi sen dúbida o mellor artista do Barroco español.

Page 5: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

JOSÉ RIBERA.

Naceu en Xátiva (Vlencia) pero desenvolveu a súa carreira en Italia. Seguiu o naturalismo e o

tenebrismo de Caravaggio, aínda que utiliza un maior colorido e os seus personaxes mostran

actitudes máis serenas.

FRANCISCO DE ZURBARÁN.

Pintor extremeño, formado en Sevilla. A súa primeira etapa está moi influída polo tenebrismo de

Caravaggioo, pero despois adquire un estilo propio. É moi coñecido polos seus cadros relixiosos,

especialmente de frades, e polos seus bodegóns.

Zurbarán pintou unha serie de santas, ás que representa como damas nobres ataviadas con

elegantes vestidos da época.

Page 6: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

BARTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO.

Nacido en Sevilla, pintou sobre todo temas relixiosos, especialmente Inmaculadas. Tamén realizou

cadros costumistas, escenas da vida cotiá protagonizadas por nenos e pícaros.

Murillo representa a realidade pero con certa tenrura que é característico da súa pintura.

DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA VELÁZQUEZ

Velázquez loitou toda a súa vida para logar que se considerase a pintura como unha arte e non

como un traballo manual, e consegiuno: o rei nomeouno para diversos altos cargos e

concedeulle o ingreso na orde de Santiago, algo reservado ao máis selecto da nobreza.

Velázquez caracterízase por:

• Uso maxistral da luz e da perspectiva aérea, que xunto ao sfumato, lle permiten "pintar o

aire".

• As súas composicións son complexas, con diversos planos e focos de luz.

• Realismo das escenas e profundidade psicolóxica dos personaxes (capta a

personalidade dos retratados), que trata sempre de humanizar.

Rembrandt

Velázquez pintou temas moi variados: retratos, escenas mitolóxicas e cotiás, cadros

relixiosos ...

Naceu en Sevilla e entrou, con 11 anos, a formarse no taller do pintor Francisco Pacheco. Alí

adquiriu un estilo moi influído polo realismo e polo tenebrismo. Desta primeira etapa destaca

Vella fritindo ovos e O augador.

Page 7: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

Aos 24, o Conde Duque de Olivares, chamouno para retratar o rei e, pouco espois, foi nomeado

pintor de cámara de Felipe IV. En Madrid, fixo numerosos retratos da familia real e de moitos

personaxes da corte. O contacto coa pintura italiana da colección real fixo que transformara o

seu estilo, abandoando os tonos ocres por outros máis claros. Desta etapa destaca O triunfo de

Baco ("Os Borrachos").

En 1631 realizou a súa primera viaxe a Italia, onde afondou no estudo do nu e da pespectiva.

Aclarou a súa paleta. A fragua de Vulcano.

Page 8: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

Retornaría a Madrid e realizaría numerosos retratos da familia real, personaxes importantes

da corte e de bufóns (non se recrea en mostrar as deformidades físicas ou mentais, senón que

os retrata con toda a dignidade). Nesta etapa xa emprega unha pincelada moi solta, sen definición

dos contornos. Retratos ecuestres como o do Príncipe Baltasar Carlos ou o do Conde Duque

Olivares. Retratos de bufóns como O bufón Calabaciñas, Pablo de Valladolid, O neno de

Vallecas ou Sebastián de Morra.

Na súa segunda viaxe a Italia alcanzou a perfección técnica que plasmou nas súas obras mestras

posteriores. Desta etapa destaca o retrato do papa Inocencio X e o do seu propio criado Juan de

Pareja. Tamén realizou a Venus do espello.

Page 9: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A súa etapa final é en Madrid. Neste período conseguiu unha pincelada máis solta, e nalgúns

puntos acumulaba a pasta acadando efectos sorprendentes. Conseguiu empregar a luz

representando de forma magnífica a perspectiva aérea. As Meninas, As fiandeiras e Mercurio e

Argos.

Page 10: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

O BARROCO COMPOSTELÁ

En Galicia, a arte barroca supuxo unha das etapas de maior esplendor artístico e comprende o

século XVII e a primeira metade do XVIII. Boa parte da arte barroca galega é relixiosa.

O centro do Barroco galego foi a cidade de Santiago de Compsotela. A arquitectura barroca

transformou a cidade, comezando pola catedral, á que se lle engadiron as torres e a fachada do

Obradoiro. O Barroco introduciu nos edificios unha abudante decoración con elementos vexetais

(froitas, follas) ao tempo que aparecen novos elementos, como columnas salomónicas,

frontóns rotos e grandes volutas.

En Santiago de Compostela destacan arquitectos como Domingo de Andrade, autor da fachada

de San Domingos de Bonaval e da torre do Reloxo da catedral, e Fernando de Casas e

Nóvoa, autor da fachada do Obradoiro.

Page 11: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

O máis destacado do Barroco compostelán do século XVIII é o barroco de placas, que se

caracteriza pola utilización dunha decoración xeométrica de grandes placas e cilindros que

aumentan os contrastes de claroscuro e a sensación de movemento nas fachadas. Destacan

as fachadas pano do mosteiro de Santa Clara, obra de Simón Rodríguez, e a casa do cabido,

na praza de Praterías, de Clemente Fernández Sarela.

Page 12: Ud.5.3.o Barroco en España e Galicia

A arquitectura civil está representada polos numerosos pazos que se construíron neste período en

Galicia. Nalgúns casos combinan a arquitectura e a natureza creando fermosos xardíns, coma no

pazo de Oca.

O Barroco supuxo tamén un urbanismo que pesna a cidade como un teatro. O mellor exemplo é

Santiago de Compostela. A falta de grandes avenidas, a praza constitúese no punto de interese.