tema 2.- a europa feudal. - edu.xunta.gal eso tema 2.pdf · 2º eso - tema 2 - páx. 1 tema 2.- a...

4
2º ESO - Tema 2 - páx. 1 Tema 2.- A Europa feudal. No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos a aparición e expansión dunha nova relixión, o Islam. Neste tema 2 imos estudar a evolución histórica de Europa ata o século XI, un longo período que foi denominado a Europa feudal. O imperio romano de Occidente desapareceu no ano 476, tras a deposición do seu último emperador (Rómulo Augústulo). Os territorios do imperio fragmentáronse en varios reinos, en cada un dos cales se instalara un pobo xermánico: en Italia asentáranse os ostrogodos e os lombardos; na Galia (actual Francia), os francos, os burgundios e os bretóns; en Hispania os suevos e os visigodos; en Britania os anglos e os saxóns... Cada reino estaba gobernado por un rei, asesorado por un consello de nobres e de guerreiros. C A sucesión de guerras, primeiro entre romanos e xermanos, e despois entre os distintos grupos xermánicos, fixo que se estendese a inseguridade. As cidades foron saqueadas e a poboación trasladouse ao campo (ruralización), onde buscou a protección dos grandes propietarios de terras. A economía pasou a basearse case exclusivamente na agricultura e a gandaría, cuxos produtos se destinaban ao consumo das familias campesiñas, polo que a artesanía e o comercio reducíronse drasticamente. A sociedade, a cultura e a arte empobrecéronse moito. C Os xermanos eran unha minoría da poboación. Ao principio, os romanos e os xermanos tiñan distintas leis, costumes e relixións. Pero os dous grupos foron mesturándose lentamente, combinaron as tradicións xermánicas e os modos de vida e goberno dos romanos, e os xermanos adoptaron o latín como lingua e o cristianismo como relixión. Así foron configurándose os elementos que caracterizaron a época medieval. N 1.- Le a introdución ao tema nas páxinas 20 e 21. Despois razoa as seguintes cuestións: a.- Describe as ilustracións. Identifica o grupo social que representa cada unha. b.- Deduce a función que desempeñaba cada grupo. 1.- O nacemento da Europa feudal. Entre os reinos xermánicos que se formaron no territorio do extinto imperio romano de Occidente destacou o dos francos, que estaban asentados no norte da Galia. Este reino alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VIII e IX baixo o goberno da dinastía carolinxia. O fundador desta dinastía foi o rei Carlomagno (768-814), que se propuxo restablecer a unidade do antigo imperio romano de Occidente. Para iso conquistou os territorios dos lombardos (no Norte de Italia), dos bávaros (no centro de Europa), e dos saxóns (no norte de Alemaña). Así, formou un imperio que abarcaba gran parte de Europa occidental. Tras estas conquistas foi proclamado emperador polo papa León III o día de Nadal do ano 800. N 2.- Le detidamente o apartado 1.1 e observa o mapa da páxina 22. Despois copia e realiza no teu caderno estas actividades: a.- Que medidas adoptou Carlomagno para gobernar as terras do seu imperio? b.- Por que durou tan pouco o imperio carolinxio? c.- Identifica os pobos que invadiron Europa occidental nos séculos IX e X (segundas invasións). Indica os lugares de orixe de cada un e as zonas por onde se expandiron. As invasións que arrasaron Europa no século IX crearon un clima de angustia e inseguridade, de terror e caos. Os reis, incapaces de protexer e de gobernar todos os territorios dos seus reinos, confiaron a súa defensa e administración a poderosos nobres locais (condes, duques, marqueses...) cos que estableceron un sistema de relacións persoais denominado vasalaxe. C A vasalaxe é un contrato que se realizaba entre o rei e os grandes nobres (laicos ou eclesiásticos), e entre estes e outros nobres de rango menor. Como todo contrato ten as súas fórmulas e obrigas recíprocas que vinculaban o señor co seu vasalo, como podes ver neste texto: O día sete dos idus de abril, xoves, foi de novo prestado homenaxe ao conde. En primeiro lugar fixeron a homenaxe da seguinte maneira: o conde preguntou se quería facerse por enteiro vasalo seu e el respondeu: "Si quero", e xuntando as súas mans o conde apertounas entre as súas e, ao mesmo tempo quedaron ligados un ao outro por medio dun bico. En segundo lugar, o que prestara vasalaxe, fixo xuramento de fidelidade nestes termos: "Eu prometo ser fiel de agora en diante ao conde Guillermo e gardarlle a miña homenaxe por enteiro e protexelo contra todos de boa fe e sen enganos". E en terceiro lugar xurou sobre as reliquias dos santos. Despois, o conde, cunha vara que tiña na man, deu as investiduras a todos os que por medio deste pacto lle prometeran protección, lle renderan homenaxe e lle prestaran xuramento. ARTOLA, Miguel: Textos fundamentais para a Historia. Alianza Editorial, Madrid, 1989. N 3.- Le o apartado 1.2 na páxina 22. Coa información que che proporciona, e coa axuda do texto, razoa estas cuestións: a.- Que partes se poden distinguir na cerimonia da vasalaxe? b.- Que obrigas contraía o vasalo co señor? c.- E o señor co vasalo? C Pola súa parte, os campesiños, indefensos ante a falta de amparo das institucións públicas, estableceron relacións de dependencia persoal cos nobres (encomendación): os campesiños entregaron as súas terras ou a súa forza de traballo a un señor, a cambio de que este lles proporcionase protección e seguridade; o señor cobráballes rendas e tiña sobre eles dereitos señoriais, como administrar xustiza e ditar as leis. Ao magnífico señor (...). Eu, (...) considerando que non teño con que alimentarme nin con que vestirme, recorrín á vosa bondade e tivestes a ben que eu poida poñerme baixo a vosa protección. (...) Vos deberedes axudarme para alimentarme e vestirme, na medida en que eu poida servirvos e merecelo de vos. E en tanto viva deberei servirvos e obedecervos e respectarvos (...) e todos os días da miña vida estarei baixo o voso poder e protección. ARTOLA, Miguel: Textos fundamentais para a Historia. Alianza Editorial, Madrid, 1989. A extensión e xeneralización destes lazos de dependencia persoal -entre señores e vasalos, e señores e campesiños- orixinaron unha sociedade estratificada e xerarquizada, a modo de pirámide, cuxa base era a masa campesiña e en cuxo cumio se situaba o rei.

Upload: others

Post on 21-Sep-2019

28 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 2.- A Europa feudal. - edu.xunta.gal ESO tema 2.pdf · 2º ESO - Tema 2 - páx. 1 Tema 2.- A Europa feudal. ‚ No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos

2º ESO - Tema 2 - páx. 1

Tema 2.- A Europa feudal.

� No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos a aparición e expansión dunha nova relixión, o Islam. Neste tema 2 imosestudar a evolución histórica de Europa ata o século XI, un longo período que foi denominado a Europa feudal.

� O imperio romano de Occidente desapareceu no ano 476, tras a deposición do seu último emperador (Rómulo Augústulo). Os territorios do imperiofragmentáronse en varios reinos, en cada un dos cales se instalara un pobo xermánico: en Italia asentáranse os ostrogodos e os lombardos; na Galia(actual Francia), os francos, os burgundios e os bretóns; en Hispania os suevos e os visigodos; en Britania os anglos e os saxóns... Cada reino estabagobernado por un rei, asesorado por un consello de nobres e de guerreiros.

C A sucesión de guerras, primeiro entre romanos e xermanos, e despois entre os distintos grupos xermánicos, fixo que se estendese a inseguridade.As cidades foron saqueadas e a poboación trasladouse ao campo (ruralización), onde buscou a protección dos grandes propietarios de terras. Aeconomía pasou a basearse case exclusivamente na agricultura e a gandaría, cuxos produtos se destinaban ao consumo das familias campesiñas,polo que a artesanía e o comercio reducíronse drasticamente. A sociedade, a cultura e a arte empobrecéronse moito.

C Os xermanos eran unha minoría da poboación. Ao principio, os romanos e os xermanos tiñan distintas leis, costumes e relixións. Pero os dous gruposforon mesturándose lentamente, combinaron as tradicións xermánicas e os modos de vida e goberno dos romanos, e os xermanos adoptaron olatín como lingua e o cristianismo como relixión. Así foron configurándose os elementos que caracterizaron a época medieval.

N 1.- Le a introdución ao tema nas páxinas 20 e 21. Despois razoa as seguintes cuestións:a.- Describe as ilustracións. Identifica o grupo social que representa cada unha.b.- Deduce a función que desempeñaba cada grupo.

1.- O nacemento da Europa feudal.

� Entre os reinos xermánicos que se formaron no territorio do extinto imperio romano de Occidente destacou o dos francos, que estaban asentadosno norte da Galia. Este reino alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VIII e IX baixo o goberno da dinastía carolinxia. O fundador destadinastía foi o rei Carlomagno (768-814), que se propuxo restablecer a unidade do antigo imperio romano de Occidente. Para iso conquistou osterritorios dos lombardos (no Norte de Italia), dos bávaros (no centro de Europa), e dos saxóns (no norte de Alemaña). Así, formou un imperio queabarcaba gran parte de Europa occidental. Tras estas conquistas foi proclamado emperador polo papa León III o día de Nadal do ano 800.

N 2.- Le detidamente o apartado 1.1 e observa o mapa da páxina 22. Despois copia e realiza no teu caderno estas actividades:a.- Que medidas adoptou Carlomagno para gobernar as terras do seu imperio?b.- Por que durou tan pouco o imperio carolinxio?c.- Identifica os pobos que invadiron Europa occidental nos séculos IX e X (segundas invasións). Indica os lugares de orixe de cada

un e as zonas por onde se expandiron.

� As invasións que arrasaron Europa no século IX crearon un clima de angustia e inseguridade, de terror e caos. Os reis, incapaces de protexer e degobernar todos os territorios dos seus reinos, confiaron a súa defensa e administración a poderosos nobres locais (condes, duques, marqueses...)cos que estableceron un sistema de relacións persoais denominado vasalaxe.

C A vasalaxe é un contrato que se realizaba entre o rei e os grandes nobres (laicos ou eclesiásticos), e entre estes e outros nobres de rango menor.Como todo contrato ten as súas fórmulas e obrigas recíprocas que vinculaban o señor co seu vasalo, como podes ver neste texto:

O día sete dos idus de abril, xoves, foi de novo prestado homenaxe ao conde. En primeiro lugar fixeron a homenaxe da seguinte maneira: o conde

preguntou se quería facerse por enteiro vasalo seu e el respondeu: "Si quero", e xuntando as súas mans o conde apertounas entre as súas e, ao

mesmo tempo quedaron ligados un ao outro por medio dun bico. En segundo lugar, o que prestara vasalaxe, fixo xuramento de fidelidade nestes

termos: "Eu prometo ser fiel de agora en diante ao conde Guillermo e gardarlle a miña homenaxe por enteiro e protexelo contra todos de boa fe e

sen enganos". E en terceiro lugar xurou sobre as reliquias dos santos. Despois, o conde, cunha vara que tiña na man, deu as investiduras a todos

os que por medio deste pacto lle prometeran protección, lle renderan homenaxe e lle prestaran xuramento.ARTOLA, Miguel: Textos fundamentais para a Historia. Alianza Editorial, Madrid, 1989.

N 3.- Le o apartado 1.2 na páxina 22. Coa información que che proporciona, e coa axuda do texto, razoa estas cuestións:a.- Que partes se poden distinguir na cerimonia da vasalaxe?b.- Que obrigas contraía o vasalo co señor?c.- E o señor co vasalo?

C Pola súa parte, os campesiños, indefensos ante a falta de amparo das institucións públicas, estableceron relacións de dependencia persoal cosnobres (encomendación): os campesiños entregaron as súas terras ou a súa forza de traballo a un señor, a cambio de que este lles proporcionaseprotección e seguridade; o señor cobráballes rendas e tiña sobre eles dereitos señoriais, como administrar xustiza e ditar as leis.

Ao magnífico señor (...). Eu, (...) considerando que non teño con que alimentarme nin con que vestirme, recorrín á vosa bondade e tivestes a ben que

eu poida poñerme baixo a vosa protección. (...) Vos deberedes axudarme para alimentarme e vestirme, na medida en que eu poida servirvos e merecelo

de vos. E en tanto viva deberei servirvos e obedecervos e respectarvos (...) e todos os días da miña vida estarei baixo o voso poder e protección.ARTOLA, Miguel: Textos fundamentais para a Historia. Alianza Editorial, Madrid, 1989.

� A extensión e xeneralización destes lazos de dependencia persoal -entre señores e vasalos, e señores e campesiños- orixinaron unha sociedadeestratificada e xerarquizada, a modo de pirámide, cuxa base era a masa campesiña e en cuxo cumio se situaba o rei.

Page 2: Tema 2.- A Europa feudal. - edu.xunta.gal ESO tema 2.pdf · 2º ESO - Tema 2 - páx. 1 Tema 2.- A Europa feudal. ‚ No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos

2º ESO - Tema 2 - páx. 2

Investiga... A sociedade estamental.

N 4.- Le detidamente a información da páxina 23. Despois, copia e responde no teu caderno estas cuestións:a.- Busca o significado do concepto estamento.b.- Indica que estamentos formaban a sociedade, e explica que función cumpría cada un deles.c.- Interpreta o debuxo: explica a organización da sociedade feudal.

2.- A monarquía e a nobreza feudal.

2.1.- Unha monarquía de dereito divino.

� En teoría, o poder do rei no mundo feudal era moi amplo: dirixía o exército formado polas tropas dos seus vasalos, lexislaba, administraba xustizae controlaba o reino ao ter baixo a súa dependencia directa á alta nobreza e ao alto clero, e indirectamente aos vasalos destes e aos campesiñosque deles dependían. Na práctica, o rei era só un gran nobre, coas súas propias terras (feudos), vasalos e campesiños dependentes, ao que os outrosnobres recoñecían como rei, pero ao que non sempre obedecían, polo que houbo frecuentes enfrontamentos.

N 5.- Le detidamente a información da páxina 24. Despois copia e responde no teu caderno estas preguntas:a.- Realiza a actividade do texto O carácter sagrado da monarquía.b.- Cres que os reis feudais posuían moito poder?c.- Que atribucións tiña o rei?d.- Explica o significado dos conceptos Curia e Corte.

2.2.- A nobreza guerreira: un grupo privilexiado.

� Os nobres distinguíanse da maioría da poboación porque non traballaban; a súa función era loitar, eran guerreiros. Cando non estaban en campañamilitar, os nobres vivían nos seus castelos, controlaban a marcha dos traballos no feudo, dedicábanse á caza e aos torneos, xogo de armas que llespermitía manter o seu adestramento e lucirse ante as súas damas.

C A nobreza non era un estamento homoxéneo; dividíase en dous grupos diferenciados pola súa riqueza e poder: a alta nobreza, formada polosvasalos directos do rei (duques, condes, marqueses...), e a baixa nobreza, composta por nobres de menor rango e cabaleiros, é dicir, persoas quepodían manter un cabalo e o armamento de guerra. Ambos grupos estaban vinculados entre si mediante relacións de vasalaxe.

N 6.- Le detidamente a información da páxina 25. Despois copia e realiza no teu caderno as seguintes actividades:a.- Lembra cal era a función da nobreza na sociedade feudal.b.- Por que se di que era un estamento privilexiado?c.- Que posición social tiñan as mulleres?

3.- Os castelos medievais.

N 7.- Le a información e observa a ilustración das páxinas 26 e 27. Despois copia e realiza no teu caderno as seguintes actividades:a.- Que funcións cumprían os castelos?b.- Describe as construcións defensivas que presenta o castelo.c.- Identifica as principais dependencias do castelo.d.- Enumera as actividades que se observan na ilustración.

4.- As terras do feudo.

� O chamado terceiro estado constituía a base da sociedade feudal: estaba formado polos campesiños, que vivían nos feudos señoriais e eran ainmensa maioría da poboación, e as clases populares urbanas (artesáns e comerciantes), que vivían nas escasas cidades que había na Europa feudal.

C A economía da época feudal estaba dominada pola actividade agraria. O traballo levábase a cabo nos feudos ou señoríos e o seu obxectivo esencialera lograr a autosuficiencia dos habitantes das aldeas. Os intercambios comerciais e a circulación da moeda eran moi escasos.

N 8.- Le a información e observa as ilustracións das páxinas 28 e 29. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Lembra o que era un feudo.b.- Explica como se organizaba a explotación das terras do feudo.c.- Completa o seguinte cadro sobre os dereitos que o señor feudal posuía nas terras do seu feudo:

Dereitos económicos (rendas señoriais) Dereitos xurisdicionais

Page 3: Tema 2.- A Europa feudal. - edu.xunta.gal ESO tema 2.pdf · 2º ESO - Tema 2 - páx. 1 Tema 2.- A Europa feudal. ‚ No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos

2º ESO - Tema 2 - páx. 3

5.- Os campesiños no mundo feudal.

N 9.- Le este apartado na páxina 30. Despois copia e responde no teu caderno estas preguntas:a.- Que categorías se podían distinguir dentro do campesiñado?b.- Explica como eran as técnicas e os instrumentos de traballo da terra.c.- Que quere dicir que a economía feudal era de subsistencia?

Investiga.- A vida dos campesiños. [le a páxina 31]

N 10.- Describe a vida dos campesiños: casa, comida, actividades...

6.- A Igrexa cristiá: os clérigos.

� O outro estamento privilexiado era o clero, os homes e mulleres dedicados á Igrexa, que desempeñaban as funcións relixiosas. O clero tampoucoera un estamento homoxéneo; dentro del podemos distinguir dous grupos en función da súa riqueza e poder social: o alto clero e o baixo clero.

C O alto clero estaba formado polas autoridades da Igrexa, e os seus membros pertencían a familias da nobreza. Os bispos nas catedrais e os abadesnos mosteiros actuaban como os nobres nos seus feudos: participaban nas guerras, exercían xustiza e esixían o pago das rendas polas terrasarrendadas aos campesiños.

C O baixo clero procedía de familias campesiñas. Os sacerdotes debían obediencia aos seus bispos, atendían as parroquias e vivían nelas xunto co restodos veciños; constituían o clero secular. Os monxes e as monxas vivían nos mosteiros, dirixidos polos abades e as abadesas, e formaban parte dunhaorde: institución relixiosa composta por un número variable de membros, que vivían en común dedicando a súa vida a Deus, de acordo con certasregras e votos establecidos polo seu fundador ou os seus reformadores; constituían o clero regular.

� Na Idade Media, época na que a maioría da poboación europea era cristiá, a Igrexa desempeñou un papel destacado en todos os ámbitos:C No terreo político, interveu nos asuntos dos reinos cristiáns, aconsellaba os reis e arbitraba nas súas disputas. Tamén freou a violencia da época,

mediante a paz de Deus (que prohibía os ataques a persoas ou lugares indefensos) e a tregua de Deus (que prohibía facer a guerra os domingos,os días de festa e en certas épocas do ano). Ademais, impulsou a unidade da Cristiandade para loitar contra os infieis (as Cruzadas).

C No terreo económico, a Igrexa era dona de grandes feudos e recadaba as rendas señoriais e o décimo ou décima parte da colleita para omantemento do clero; a Igrexa recibía tamén numerosas doazóns dos fieis a cambio de orar pola salvación da alma do doador.

C No terreo social, o clero exercía unha gran influencia na sociedade: impoñía obrigacións relixiosas, como asistir a misa, xaxuar, confesar... e vixiabao comportamento das persoas. Coas predicacións desde o púlpito, ou a través das imaxes das pinturas e relevos das igrexas, difundía o temor a unDeus xusticeiro que castiga os malos e premia os bos, e o respecto á orde social establecida, como querida por ese mesmo Deus. A relixión era unconsolo ante as dificultades da vida, pero tamén unha arma ao servizo dos poderosos. Ademais, a Igrexa asistía os pobres e os enfermos, recollíaos orfos e daba refuxio os perseguidos.

C No terreo cultural, a Igrexa organizaba o ensino e, xunto cos reis e os nobres, converteuse na principal impulsora das obras de arte.

N 11.- Le detidamente a información da páxina 32. Despois, copia e responde no teu caderno as seguintes preguntas:a.- Enumera as distintas normas que a Igrexa prescribía aos fieis cristiáns.b.- Coa axuda do gráfico, explica a organización da Igrexa.

Investiga... Que foron as Cruzadas.

N 12.- Le detidamente este apartado na páxina 33. Despois responde as preguntas que sobre el se formulan (3 a 5).

Descubre: a vida nos mosteiros.

N 13.- Le detidamente a información da páxina 34. Despois, copia e responde no teu caderno as seguintes preguntas:a.- Que eran os mosteiros? Que actividades se realizaban neles?b.- Que eran as ordes relixiosas? Cal foi a máis importante durante a Idade Media?c.- Como era o proceso de admisión na vida monástica?d.- Que é unha regra monástica? Que se establecía nela?e.- Observa o debuxo dun mosteiro medieval na páxina 35. Despois completa o seguinte cadro:

Dependencia Función

Igrexa

Biblioteca

Sala capitular

Refectorio

Cortes

Claustro

Hospedaría

Enfermaría

Page 4: Tema 2.- A Europa feudal. - edu.xunta.gal ESO tema 2.pdf · 2º ESO - Tema 2 - páx. 1 Tema 2.- A Europa feudal. ‚ No tema 1 iniciamos o estudo da Idade Media; en concreto, traballamos

2º ESO - Tema 2 - páx. 4

7.- A arte románica (I). A arquitectura.

N 14.- Le detidamente a información das páxinas 36 e 37. Despois, copia e responde no teu caderno as seguintes preguntas:a.- Por que as manifestacións artísticas do Románico son esencialmente relixiosas?b.- Cal é a principal manifestación da arte románica? Que papel xogan as demais?c.- Indica con que parte da igrexa románica se corresponde cada un dos números indicados no debuxo:

1:

2:

3:

4:

5:

6:

7:

8:

9:

10:

11:

12:

d.- Explica o significado destes conceptos:1.- Cruceiro.2.- Ciborio.3.- Ábsida [ábside].4.- Carola [Girola].5.- Contraforte.

e.- Que forma teñen os arcos das igrexas? Comoson os muros? Por que cres que as ventás sonescasas e estreitas?

8.- A arte románica (II). A pintura e a escultura románicas.

N 15.- Le detidamente a información das páxinas 38 e 39. Despois, copia e responde no teu caderno as seguintes preguntas:a.- Que función tiñan a pintura e a escultura no Románico?b.- Enumera as principais características da pintura e a escultura románicas.c.- Que motivos eran os máis utilizados?d.- Que era o Pantocrátor?e.- Observa o debuxo dunha portada románica.

Asocia as letras con estes nomes: lintel / parteluz / xambas / arquivoltas / tímpano / portas

a:

b:

c:

d:

e:

f: