tema 12.- o auxe da monarquía hispánica (século xvi). eso tema... · descoñecidos para eles,...

3
3º ESO - Tema 12 - páx. 1 Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI). 1.- Como se formou e gobernou o Imperio hispánico? Durante o século XVI, baixo os reinados de Carlos I (1516-1556) e do seu fillo Felipe II (1556-1598), a Coroa de España converteuse no imperio máis extenso que existira ata o momento, con posesións en Europa, América, África e Asia. Pola súa extensión e riqueza, exerceu a hexemonía política en Europa, o cal provocou a inimizade e desconfianza doutros monarcas. C Carlos I herdou un gran imperio europeo, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1519 (Carlos V) e aumentou as súas posesións coa conquista de extensos territorios en América. O seu principal obxectivo foi dirixir a Universitas Christiana ou Imperio cristián universal, que debía reunir, baixo a súa autoridade, a todos os gobernantes para defender a cristiandade contra os seus inimigos (os turcos e os protestantes). C Felipe II non herdou as posesións centroeuropeas do seu pai, nin foi emperador, pero sumou aos seus territorios as illas Filipinas (1571), e en 1580 herdou o reino de Portugal, co seu enorme imperio colonial. 1.1.- Carlos I, un imperio universal. N 1.- Le detidamente a información da páxina 244. Despois completa o seguinte cadro: Herdanzas que recibiu... O imperio de Carlos I do seu pai Felipe I da súa nai Xoana I do seu avó Fernando o Católico do seu avó Maximiliano de Habsburgo Conquistas de Carlos I 1.2.- Felipe II, un imperio hispánico. Felipe II foi o monarca máis poderoso do seu tempo. Ademais dos territorios herdados de Carlos I en 1556, Felipe II incorporou novas áreas en América e no Extremo Oriente, e en 1580 anexionou Portugal e o seu gran imperio colonial, que se estendía por África, Asia e Brasil. Foi entón cando se dicía que nos seus dominios non se poñía o sol. O rei gobernaba todas as posesións desde Madrid, onde instalou a súa Corte, porque consideraba que España era o centro da súa monarquía. Por iso se lle deu ao seu imperio o nome de Monarquía Hispánica. N 2.- Le detidamente a información da páxina 245 e observa o mapa. Despois realiza as seguintes actividades: a.- Enumera os territorios que formaban o imperio español no reinado de Felipe II. b.- Que cres que significa a expresión no imperio español nunca se puña o sol? c.- Que cambios introduciu Felipe II no goberno dos seus reinos? Explica a organización do goberno da monarquía.

Upload: haduong

Post on 28-Nov-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI). ESO tema... · descoñecidos para eles, polas brillantes armaduras e cascos e polo ruído e o fume das armas de fogo que levaban

3º ESO - Tema 12 - páx. 1

Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI).

1.- Como se formou e gobernou o Imperio hispánico?

� Durante o século XVI, baixo os reinados de Carlos I (1516-1556) e do seu fillo Felipe II (1556-1598), a Coroa de España converteuse no imperio máisextenso que existira ata o momento, con posesións en Europa, América, África e Asia. Pola súa extensión e riqueza, exerceu a hexemonía políticaen Europa, o cal provocou a inimizade e desconfianza doutros monarcas.

C Carlos I herdou un gran imperio europeo, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1519 (Carlos V) e aumentou as súasposesións coa conquista de extensos territorios en América. O seu principal obxectivo foi dirixir a Universitas Christiana ou Imperio cristián universal,que debía reunir, baixo a súa autoridade, a todos os gobernantes para defender a cristiandade contra os seus inimigos (os turcos e os protestantes).

C Felipe II non herdou as posesións centroeuropeas do seu pai, nin foi emperador, pero sumou aos seus territorios as illas Filipinas (1571), e en 1580herdou o reino de Portugal, co seu enorme imperio colonial.

1.1.- Carlos I, un imperio universal.

N 1.- Le detidamente a información da páxina 244. Despois completa o seguinte cadro:

Herdanzas que recibiu... O imperio de Carlos I

do seu pai Felipe I

da súa nai Xoana I

do seu avó Fernando o Católico

do seu avó Maximiliano de Habsburgo

Conquistas de Carlos I

1.2.- Felipe II, un imperio hispánico.

� Felipe II foi o monarca máis poderoso do seu tempo. Ademais dos territorios herdados de Carlos I en 1556, Felipe II incorporou novas áreas enAmérica e no Extremo Oriente, e en 1580 anexionou Portugal e o seu gran imperio colonial, que se estendía por África, Asia e Brasil. Foi entón candose dicía que nos seus dominios non se poñía o sol. O rei gobernaba todas as posesións desde Madrid, onde instalou a súa Corte, porque considerabaque España era o centro da súa monarquía. Por iso se lle deu ao seu imperio o nome de Monarquía Hispánica.

N 2.- Le detidamente a información da páxina 245 e observa o mapa. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Enumera os territorios que formaban o imperio español no reinado de Felipe II.b.- Que cres que significa a expresión no imperio español nunca se puña o sol?c.- Que cambios introduciu Felipe II no goberno dos seus reinos? Explica a organización do goberno da monarquía.

Page 2: Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI). ESO tema... · descoñecidos para eles, polas brillantes armaduras e cascos e polo ruído e o fume das armas de fogo que levaban

3º ESO - Tema 12 - páx. 2

2.- Reaccións ante o poder dos Austrias: os conflitos internos.

N 3.- Le detidamente a información das páxinas 246 e 247. Despois realiza as seguintes actividades.a.- Identifica e sitúa os principais conflitos internos do reinado de Carlos I.b.- En que consistiron as Xermanías?c.- Identifica e sitúa os principais conflitos internos do reinado de Felipe II.d.- Busca información e explica brevemente en que consistiu o caso de Antonio Pérez.

N 4.- Le detidamente o seguinte texto. Despois responde as preguntas que sobre el se formulan:

Que, de conformidade coas leis e ordenanzas do reino e cos antigos costumes (...) os oficios da casa real se dean a persoas nacidas e bautizadas en

Castela, e que o Rei non poida servirse mentres estea en Castela máis que de persoas nacidas en Castela (...); que o Rei revoque e quite todos os

oficios e beneficios e dignidades (...) dadas ás persoas non nacidas e bautizadas no reino, e llas dea aos naturais e nacidos nos reinos. (...)

Que o Rei non poida sacar nin dar licenza para que se saque moeda ningunha do reino (...); que cando alguén houbese de suceder no reino, antes de

que sexa recoñecido como Rei, xure gardar a todas as cidades e vilas da coroa todos os seus privilexios.

a.- Deduce o autor e a data do fragmento. De que trata?b.- A que conflito alude o texto? Cales foron as súas causas? En que lugares se desenvolveu?c.- Explica o contido do fragmento.d.- Como rematou o conflito?

N 5.- Le detidamente o seguinte texto. Despois responde as preguntas que sobre el se formulan:

O número de mouros que se alzaron en Granada multiplicouse e (...) queimaron igrexas, asasinaron sacerdotes e cristiáns vellos (...). A causa é que

lles foron retiradas algunhas prebendas [beneficios, dereitos...] que ata hoxe en día lles eran concedidas, é dicir: a lingua e mais a indumentaria

mourisca, lavarse en determinados baños, facer diversos tipos de danzas, festas e rituais propios á lei de Mahoma, cousas que a Súa Maxestade

decidiu prohibirlles xa que, realmente se ben están bautizados, en canto á fe, son máis mouros aínda que os que viven en África.Carta do Nuncio Apostólico sobre a insurrección mourisca das Alpuxarras. 1568.

a.- A que conflito alude este texto? Sitúao no espazo e no tempo.b.- Que causas expón o autor para explicalo?c.- Explica como se desenvolveu o conflito e de que modo finalizou.

3.- Os esforzos por manter o Imperio: os conflitos exteriores.

N 6.- Le as páxinas 248 e 249. Despois elabora un sinxelo esquema sobre a política exterior de Carlos I e Felipe II. Segue este modelo:

Conflito con: Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado

� As continuas guerras que mantivo a monarquía hispánica durante o século XVI supuxeron un constante e extraordinario gasto para o sostementodo exército e a administración, gasto que foi soportado sobre todo pola Coroa de Castela.

C Á morte de Felipe II (1598) o imperio hispánico seguía sendo a potencia hexemónica en Europa, pero o custo do mantemento de tan extensos ediversos territorios esgotara xa os recursos de Castela, polo que o imperio entrará en decadencia nos reinados seguintes.

4.- América, un territorio por explorar.

4.1.- As grandes conquistas e expedicións.

� As viaxes de Cristóbal Colón en busca dunha ruta para alcanzar as terras das especias, sentaron as bases do Imperio americano de España, queduraría ata principios do século XIX. A comezos do século XVI, os españois percorreran miles de quilómetros, confirmaran a existencia dun novocontinente e estaban asentados nas illas do Caribe. Pero a posesión destas illas non cumpriu coas expectativas: a produción de ouro era pequena,os españois non se adaptaban ben ao clima tropical e os cultivos europeos non arraigaban nas novas terras.

C Ante estes problemas decidiron explorar, conquistar e colonizar o continente. A maior parte das expedicións de conquista tivo lugar entre 1519 e1540, durante o reinado de Carlos I, e foi obra de fidalgos (baixa nobreza) e xente humilde que esperaba mellorar a súa fortuna no novo mundo.

C As expedicións estaban organizadas por particulares, que recibían do rei unha capitulación de conquista, é dicir, autorización para recrutar unexército e conquistar un territorio determinado. Os gastos da expedición corrían por conta do conquistador. O territorio conquistado integrábasena monarquía española; a cambio, o rei concedía aos conquistadores o título de gobernador ou capitán e unha extensa parte das terras e do botín.

� Os españois eran moi inferiores en número aos habitantes dos pobos conquistados, pero conquistaron vastos territorios en pouco tempo por:C Superioridade das armas e das tácticas militares dos conquistadores. Os indíxenas víronse sorprendidos polos cabalos e os cans de presa,

descoñecidos para eles, polas brillantes armaduras e cascos e polo ruído e o fume das armas de fogo que levaban os conquistadores.C Superioridade científica: os españois chegaron con xeógrafos, botánicos, enxeñeiros militares...C Debilidade interna dos imperios indíxenas: enfrontamentos dos aztecas cos pobos fronteirizos, guerra civil entre os incas...C Os conquistadores eran homes cun innegable afán de aventuras e de riquezas. Moitos deles botáronse á conquista das Indias movidos polas

promesas de atopar nelas ouro e prata con gran facilidade.C Influíron tamén as antigas crenzas e tradicións, que falaban da chegada dos deuses desde o océano. Os pobos indíxenas creron que os españois,

coa súa estraña indumentaria e as súas poderosas armas, eran eses deuses, polo que nalgúns casos se someteron con resignación.

Page 3: Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI). ESO tema... · descoñecidos para eles, polas brillantes armaduras e cascos e polo ruído e o fume das armas de fogo que levaban

3º ESO - Tema 12 - páx. 3

4.2.- A organización do Imperio americano.

� Ata o século XVIII, a monarquía española designou as súas posesións en América co nome de reinos de Indias, ou simplemente Indias. Despois daconquista, os españois crearon unha serie de organismos e institucións para administrar e explotar economicamente os novos dominios.

N 7.- Le detidamente a información das páxinas 250 e 251. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Identifica e sitúa as principais expedicións de conquista, e indica quen foron os seus protagonistas.b.- Que institucións se introduciron en América tras a súa incorporación á Coroa de Castela?c.- Sitúa e describe a ruta e os protagonistas da primeira volta ao mundo. Que se demostrou con esta fazaña?

5.- A colonización da América española.

� As actividades económicas principais desenvolvidas nas colonias españolas en América foron a minería, a agricultura, a gandería e o comercio.C A minería explotou os xacementos de ouro e, sobre todo, as ricas minas de prata de Zacatecas (México) e Potosí (Bolivia), mediante o sistema da

mita ou traballo forzoso asalariado dos indios.C A agricultura e a gandería deron lugar á creación de grandes propiedades agrícolas (facendas) e gandeiras (estancias), traballadas polos indíxenas

mediante o sistema da encomenda. Esta consistía no reparto dos indios entre os conquistadores, que, a cambio de cristianizalos, recibían un tributoou o seu traballo forzoso. Nas zonas con escasa poboación indíxena usáronse escravos negros africanos.

C O comercio coas Indias foi un monopolio da Coroa de Castela, exercido polo porto de Sevilla. Aquí fundouse en 1503 a Casa de Contratación,institución encargada de controlar todo o tráfico comercial entre España e América, e asegurar a recadación do quinto real (20% de todas as riquezase transaccións comerciais con América) para a Coroa. O comercio colonial organizábase en dúas expedicións anuais, as chamadas flotas de Indias,que viaxaban a América escoltadas por barcos de guerra e, tras comerciar, regresaban xuntas a España.

N 8.- Le detidamente a información das páxinas 254 e 255. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Coa axuda do debuxo da páxina 255 explica que eran as encomendas.b.- Explica como organizaron os colonizadores a explotación dos recursos mineiros.c.- Elabora un esquema sobre a organización da sociedade colonial.

N 9.- Le detidamente o seguinte texto. Despois responde as cuestións formuladas:

Desde hai máis de corenta anos que os españois están alí, non fixeron outra cousa que asasinar indios, facelos sufrir, aflixilos, atormentalos e

destruílos. Así, a illa de Cuba está hoxe practicamente despoboada. Se ben en La Española había máis de trescentos mil habitantes, hoxe non quedan

a penas douscentos. A causa pola que mataron e destruíron tantas persoas foi unicamente por ter o ouro e encherse de riquezas en moi breves días.Bartolomé DE LAS CASAS: Brevísima relación da destrución das Indias. 1552.

a.- De que trata o texto? Investiga quen foi o seu autor e que importancia tivo na conquista de América.b.- Que argumentos emprega o autor para xustificar o descenso da poboación indíxena?c.- Como reaccionou a Coroa española ante a situación denunciada?

6.- As consecuencias da conquista e colonización de América.

N 10.- Le detidamente a información das páxinas 256 e 257. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Que cambios experimentou a poboación da Coroa de España no século XVI?b.- Como afectaron eses cambios á economía?c.- Como influíu a demanda americana na economía española?d.- Que efectos tivo a chegada de metais preciosos a España? Como afectaron aos diferentes grupos sociais?

Principais consecuencias da conquista e colonización de América

Económicas

C Incremento do comercio, e intercambio de produtos:

T de América a Europa: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento, cacahuete, pavo de Indias, vainilla, ananás, aguacate, xirasol,

dalia, petunia...

T de Europa a América: trigo, arroz, cana de azucre, vide, oliveira, vaca, cabalo, ovella, porco, galiña, café, laranxa, limón, pera,

melocotón, coliflor, leituga, caravel...

C Aumento da produción artesanal europea

C Auxe das cidades e portos atlánticos

Sociais e

demográficas

C Emigración europea Y mestura de razas

C Diminución da poboación indíxena polas guerras e novas enfermidades levadas polos europeos

C Desaparición da sociedade e da cultura tradicionais das civilizacións precolombinas

C Traslado forzado de poboación negra escrava desde África cara a América

PolíticasC Formación dos imperios coloniais de España e Portugal

C Rivalidade entre os Estados europeos polo control de terras e rutas marítimas

Culturais

C Ampliación do mundo coñecido e inicio da europeización do mundo

C Confirmación da esfericidade da Terra

C Cambios nos costumes e dietas pola chegada a Europa de novos produtos

C Expansión da relixión católica