tecnologías de la comunicación

37
TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN A comunicación é a transmisión de información dunha persoa a outra. Necesitamos un emisor, un medio para transmitir a mensaxe e un receptor.

Upload: tecnoloxiajorge

Post on 13-Jun-2015

3.039 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Presentación de la evolución y principales características de las telecomunicaciones, para alumn@s de 3º eso.

TRANSCRIPT

Page 1: Tecnologías de la comunicación

TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN

A comunicación é a transmisión de información dunha persoa a outra.

Necesitamos un emisor, un medio para transmitir a mensaxe e un receptor.

Page 2: Tecnologías de la comunicación

Telecomunicacións

As primeiras comunicacións a longas distancias fixeronse sempre por sistemas de símbolos (bandeiras, fume, …) ou ben usando o correo, que non era en tempo real.

Cando o home puido sustituir o sinal sonoro ou visual por un sinal eléctrico naceu a era das telecomunicacións.

O primeiro sistema de comunicación en tempo real, onde non é necesario que emisor e receptor teñan contacto visual é o telégrafo (1837).

Page 3: Tecnologías de la comunicación

Telecomunicacións

En 1895 é o nacemento da comunicación sen fios (inalámbricas).

O seguinte gran avance foi o descubrimento do transistor (1947).

Por último, a dixitalización é a que esta revolucinando as comunicación actuais.

Na actualidade pódese establecer unha comunicación desde calquera parte do mundo, e incluso desde fóra do planeta Terra en tempo real tanto de son, imaxe ou datos.

Page 4: Tecnologías de la comunicación

Evolución histórica da comunicacióntelégrafo, teléfono, radio, tv, …

• 1819: Hans C. Oersted demostrou que unha corrente eléctrica era capaz de desviar unha agulla imantada (electromagnetismo).

• 1837: primeira patente telégrafo eléctrico.• 1876: Alexander Graham Bell, inventou o teléfono. Formado por un

receptor (altofalante) que recolle a voz, e un emisor (micrófono) que a transmite.

• 1887: O alemán Heinrich Hertz demostrou a existencia dun tipo de ondas capaces de transmitir enerxía.

• 1895: Guillermo Marconi realiza a primeira transmisión sen fíos de radiotelegrafía en Inglaterra.

• 1924: John Logie Baird, físico escocés, desenvolveu un sistema de televisión baseado nun tubo de neon que varía o brillo en función do sinal eléctrico que recibe do emisor.

Page 5: Tecnologías de la comunicación

Evolución histórica da comunicacióntelégrafo, teléfono, radio, tv, …

• 1947: Invéntase o transistor nos laboratorios Bell, que substitúe as válvulas de baleiro. O chip aparece unha década máis tarde.

• 1953: En Estados Unidos adóptase o sistema NTSC para TV en color.

• 1954: Empézanse a vender os primeiros aparellos de radio de transistores.

• 1962: O láser (nova utilización da luz) invéntase nos laboratorios Bell.

• 1966: Proponse utilizar a fibra óptica, aínda que non é ata 10 anos máis tarde cando se fan as primeiras instalacións comerciais.

• 1969: En España adoptase o sistema PAL de televisión en color (TVE).

• 2000: Comenza a TDT e radio dixital (DAB).

Page 6: Tecnologías de la comunicación

Evolución histórica da comunicaciónsatélites, cables submarinos, datos, redes

• 1866: Conséguese tender con éxito o primeiro cable submarino entre Europa e América.

• 1935: Constrúese en Inglaterra o primeiro sistema útil de radar.• 1955: Establécense as primeiras chamadas telefónicas por cable

transatlántico.• 1957: Comeza a era espacial co lanzamento do primeiro satélite

espacial Sputnik, en Rusia.• 1961: A NASA, en Estados Unidos, lanza o Telstar I para

comunicación vía satélite.• 1964: Transmítense os Xogos Olímpicos de Tokío en tempo real.• 1966: Xerox comercializa o Telecopier, unha máquina de fax.

Page 7: Tecnologías de la comunicación

Evolución histórica da comunicaciónsatélites, cables submarinos, datos, redes

• 1969: Iníciase o proxecto ARPAnet (Advanced Research Projects Agency) orixe do que sería anos máis tarde a rede Internet.

• 1979: Aparece o sistema AMPS, considerado a primeira xeración de sistemas de comunicacións móbiles celulares.

• 1981: Aparece o Ordenador Persoal (PC) de IBM.• 1982: As redes locais (Ethernet) comezan a utilizarse nas

empresas.• 1992: Primeira páxina web publicada en Internet.• 1999: Aparece a primeira versión (release 99) do Sistema

Universal de Telecomunicacións Móbiles (UTMS).

Page 8: Tecnologías de la comunicación

Sistemas comunicación

• Sistema de símbolos: TELÉGRAFO

• Sistema para son: TELÉFONO e RADIO

• Sistema para imaxe: TELEVISIÓN

• Sistemas son + imaxe + datos: INTERNET

Page 9: Tecnologías de la comunicación

Telégrafo: uso do código Morse

Page 10: Tecnologías de la comunicación

O sonO son prodúcese cando os corpos vibran no interior do aire, da auga ou de calquera outro material.

As vibracións propáganse a través do medio e prodúcese un movemento ondulatorio, é dicir, unha onda. A onda xerada é unha onda mecánica.

Os sons diferéncianse entre si pola intensidade ( sons débiles ou fortes), o ton (agudos ou graves) e o timbre (diferentes focos).

Page 11: Tecnologías de la comunicación

Transmisión do son

• Transmisión por fíos (alámbrica)

Fío metálico

Fibra óptica• Transmisión por ondas electromagnéticas (inalámbrica)

Directa

Vía Satélite

Para transmitir o son, primeiramente convértese a onda de son nun sinal eléctrico, logo procésase e amplifícase este sinal eléctrico para que chegue a grandes distancias e, xa nas proximidades do receptor, convértese o sinal eléctrico en onda de son para que poida o oído interpretar a mensaxe

Page 12: Tecnologías de la comunicación

Transmisión por fíos metálicos Teléfono: permite comunicación simultánea emisor- receptor (Micrófono + altofalante)

Page 13: Tecnologías de la comunicación

A frecuencia é o número de ondas que pasan por un determinado punto cada segundo. Se mide en hercios (Hz).

A voz humana non soe baixar de 85 Hz nin subir de 6.000 Hz, estando a maior potencia nas frecuencias que van de 300 Hz a 3.400 Hz.

Para aforrar espacio nas liñas telefónicas, por onde viaxan miles de comunicacións simultaneamente, unha canle de voz ten un ancho de banda de 3 KHz (300 a 3.400 Hz).

Esta é a razón pola que a nosa voz soa distinta cando falamos por teléfono.

TELÉFONO

Page 14: Tecnologías de la comunicación

Enviar simultaneamente miles de comunicacións por un mesmo camiño físico faise posible utilizando o sistema de multiplexación.,que actua de dúas maneiras diferentes:

División de frecuencia. Consiste en asignar unha frecuencia portadora diferente para cada unha das información transmitidas.

División de tempo. As diferentes informacións envíanse á canle de transmisión común en intervalos de tempo distintos.

TELÉFONO

Page 15: Tecnologías de la comunicación

Transmisión por fibra óptica

Page 16: Tecnologías de la comunicación

Transmisión por fibra ópticaVantaxes: - Son inmunes ás interferencias- Proporcionan un illamento eléctrico total entre o transmisor e o receptor.- Non radian enerxía electromagnética e, polo tanto, o sinal transmitido non pode ser captado desde o exterior.

Inconvenientes:- Na actualidade, o alto prezo de fabricación

Page 17: Tecnologías de la comunicación

A RADIO• A emisión radiofónica consiste na transmisión de son

a distancia por medio de ondas electromagnéticas que son recibidas polo receptor de radio.

• Nas ondas electromagnéticas transmítese un campo eléctrico e un campo magnético; ambos os dous viaxan xuntos e perpendiculares á dirección de propagación.A súa velocidade de propagación é de 300.000 km/s, a velocidade da luz.

Pero, ¿que é unha onda?

Page 18: Tecnologías de la comunicación

OndasChámase onda á forma que ten de propagarse unha perturbación dun lugar a outro do espacio sen que haxa transporte da materia.

As ondas transportan enerxía sen transportar materia.

A enerxía que transporta unha onda depende da súa frecuencia (Hz): canto maior sexa a frecuencia dunha

onda, tanto maior é a enerxía que transporta. As ondas diferencianse:Período é o tempo que transcorre entre a repetición dos pulsos. Lonxitude de onda é a distancia entre dous pulsos consecutivos ou, dito doutro xeito, a distancia percorrida por un pulso nun período.Frecuencia é o número de veces que a onda se repite nun segundo, é dicir, o número de ciclos por segundo (hercios: Hz)

Page 19: Tecnologías de la comunicación

OndasExisten dous tipos de ondas: ondas mecánicas e ondas non mecánicas. As ondas non mecánicas son as ondas electromagnéticas. Estas ondas non necesitan de ningún medio (aire, auga,…) para desprazarse, circulan polo vacio.

Hai moitos tipos de ondas electromagnéticas: a calor, a luz, os raios X, os raios gamma, as ondas de radio, as ondas de televisión, etc. O conxunto de todas elas chámase espectro electromagnético.

A parte do espectro electromagnético comprendida entre 3 KHz e 300 GHz recibe o nome de espectro radioeléctrico xa que é o que se usa nas comunicacións inalámbricas.

Page 20: Tecnologías de la comunicación

Espectro radioeléctrico

• Bandas de LF e VLF Propagación pola superficie terrestre.

• Bandas de MF e HF Ondas reflexadas pola ionosfera, alcanza miles de Km. Radio AM, …

• Bandas de VHF e UHFAlcance de decenas de Km a través da troposfera. Radio FM, mobiles, TV, …

• Microondas (UHF, SHF, EHF)Frecuencia maior a 1 GHz. Satélites, radar, …

Page 21: Tecnologías de la comunicación

Transmisión por ondas de radio

Page 22: Tecnologías de la comunicación

Exemplo de frecuencias de emisión: T.D.T.

Page 23: Tecnologías de la comunicación

A RADIO Para realizar esta comunicación e necesario realizar a

Modulación.Nunha modulación interveñen dous sinais:– Sinal modulador, que é o que contén a información

que se quere transmitir.– Sinal portador, que é un sinal electromagnético de

alta frecuencia que se modifica tendo en conta a información do sinal modulador.

Existen varias formas de modulación:– A modulación de amplitude (AM) modifícase a

amplitude do sinal portador. – A modulación de frecuencia (FM) modifícase a

frecuencia do sinal portador.

Page 24: Tecnologías de la comunicación

A RADIO Receptor de radio ( 3 etapas)

sintonizar: localizar frecuencia desexada

demodular: separar sinal portadora de sinal moduladora

amplificar: amplifica o sinal antes de chegar o altofalante.

Page 25: Tecnologías de la comunicación

Televisión: imaxe + son

Page 26: Tecnologías de la comunicación

A televisión• A televisión presenta imaxes fixas. A nós parécenos que se moven

porque na pantalla aparecen unha tras outra a gran velocidade. Para producir a sensación de movemento debe haber, polo menos, 25 imaxes por segundo.

• É un sistema de comunicación moito máis complexo ca radio, xa que combina o son e a imaxe, aínda que os dous viaxan coma ondas electromagnéticas.

• Os sinais de imaxe e de son van separados (son de distinta frecuencia), de maneira que un detector capta o sinal de son e outro o de imaxe.

• Para enviar a imaxe utilizanse duas informacións:

A luminosidade de cada punto da imaxe (sinal de luminancia).

A cor de cada punto (sinal de crominancia).

Page 27: Tecnologías de la comunicación

O receptor de televisión• O receptor de TV pode ser o tradicional que leva unha lámpada de

raios catódicos ou tubo de imaxe, ainda que hoxe en día estan sendo sustituidos polas denominadas pantallas planas, tipo plasma ou TFT.

• O usuario selecciona a canle desexada manipulando o mando a distancia, que actúa sobre a etapa sintonizadora. Nesta etapa sepáranse os sinais de son e de imaxe.

• O son procésase da mesma forma que se fai nun receptor de radio de modulación de frecuencia (FM).

• O sinal de imaxe amplifícase e convértese noutra de frecuencia máis baixa para iniciar o proceso de separación dos distintos sinais que forman o sinal de vídeo composto, por un lado, o sinal de luminancia e, por outro, o sinal de crominancia.

Page 28: Tecnologías de la comunicación

Comunicación multimedia:Son + imaxe + datos

comunicación dixital• Os ordenadores permiten manexar a información, facer

operacións con ela e transmitila a grande velocidade. Os ordenadores xestionan miles de chamadas telefónicas rápida e automaticamente. A vertixinosa evolución da tecnoloxía dos ordenadores, a súa extensión e abaratamento están producindo a revolución dixital.

• As actuais comunicación dixitais son:

Internet Telefonía mobil TDT

Radio dixital Redes de ordenadores

Telefonia dixital (modem, ADSL, RDSI)

Page 29: Tecnologías de la comunicación

Comunicación dixitalChámase información dixital á que nos chega en sucesións de só dous estados, estado alto e estado baixo. Esta información pódese asociar os valores lóxicos “1” (estado alto) e “0” (estado baixo).

A transmisión dixital consiste na transmisión de palabras (bytes) que son tiras de ceros e uns dunha determinada lonxitude, dependendo do número de bits do código.

Page 30: Tecnologías de la comunicación

Comunicación dixitalA información dixital é de mellor calidade, presenta maior tolerancia ao error, xa que só se poden interpretar dous estados lóxicos. “0” e “1”. A velocidade de transmisión midese en bps (bits/segundo) e denomínase ancho de banda.

Ademais na transmisión / procesado / almacenamento engádense bits de comprobación que permiten corrixir erros.

Permite aforrar no uso do espectro radioeléctrico, xa que na transmisión dixital en PCM só se usa unha frecuencia.

Permite maior confidencialidade. A transmisión dixital permite “codificar” a información, “encriptala” para que só sexa accesible pola persoa a quen se lla quere enviar e que ten o tipo de código empregado.

Permite maior capacidade, maior número de canles empregando técnicas de reutilización de frecuencia.

Page 31: Tecnologías de la comunicación

Telefonia mobilvoz + imaxe + datos

• O teléfono móbil é un aparello de radio no que, para se comunicar con outro teléfono simultaneamente, se utilizan dúas frecuencias de radio diferentes: unha para falar e outra para escoitar.

• Todo teléfono móbil está conectado a un sistema de telefonía móbil, que, á súa vez, está constituído por unha rede de estacións base de radio, cada unha das cales cobre unha determinada zona xeográfica chamada célula (telefonía celular).

• o terminal móbil está en continua comunicación coa rede celular e, polo tanto, está perfectamente localizado na rede ( dentro do radio de acción da estación base que lle da servicio) co cal pode recibir as chamadas que van destinadas a el e os operadores poden, ademáis, ofrecer os servicios baseados na localización.

Page 32: Tecnologías de la comunicación

INTERNET• Internet é unha rede de redes. É unha rede de ordenadores a nivel

mundial.• A información viaxa en paquetes que chegan o seu destino por

diferentes camiños, xuntándose de novo o chegar o seu destino.• Para enviar a información utiliza o protocolo TCP/IP. Este protocolo

combina a acción de dous protocolos independentes:• TCP (Transmision Control Protocol). Se encarga de recibir

los paquetes de red, y comprueba que estén libres de errores para poder así reconstruir la información original de forma fiable.

• IP (Internet Protocol). Se encarga de transportar los paquetes de información al Host de destino.

Page 33: Tecnologías de la comunicación

INTERNET• Cada ordenador conectado a Internet é un Host ou

Nodo de rede, polo tanto, ten unha dirección única que o identifica de cualquera outro ordenador da rede.

• As direccions de rede poden ter dous posibles formatos:• Dirección IP: É o formato real das direccions que

manexa Internet. Ex.: 193.144.52.131• Estandar:Identificador_usuario@nome_host.domi

nios_de_pertenencia.

Ex.: [email protected]

O DNS (Sistema de Nombres por Dominio) é un servicio TCP/IP que transforma os nomes de dominios en direccions IP e viceversa.

Page 34: Tecnologías de la comunicación

SERVIZOS DA INTERNETConsulta de páxinas web (World Wide Web)

Correo electrónico (e-mail)

Grupos de noticias e foros (news)

Chats (mensaxeria instantánea)

Conferencias (audioconferencias e videoconferencias)

Transferencia e intercambio de archivos (FTP ou P2P)

Blogs

Xogos en liña

Page 35: Tecnologías de la comunicación

• World Wide Web (tamén coñecido como a Web, WWW, o W3) é un sistema de información hipertexto e hipermedia creado no Centro Europeo de Física de Partículas (CERN) en Ginebra.

• Podese considerar a WWW como a colección de documentos repartidos por todo o mundo en distintos servidores Web. Cada documento é unha combinación de información de distintos tipos (multimedia).

• Os servidores Web están escritos xeneralmente nun formato multimedia, denominado HTML (HyperText Markup Language). Ademais presentan enlaces a outros documentos, que normalmente están contenidos noutros servidores os que se pode acceder de forma instantánea e automática cunha simple selección co rato.

Page 36: Tecnologías de la comunicación

• Cada unha das páxinas contidas nos servidores Web ten unha dirección única denominada URL (Uniform Resource Locators).

Ex.: tecnoloxiajorge.blogspot.com

• Para poder acceder a toda a información contida na Web é necesario obter e manexar un programa software que permita recuperala. O programa para acceder os documentos almacenados nos servidores Web coñecese co nome de browser (visor ou navegador).

Ex.: Netscape Navigator

Microsoft Internet ExplorerMozilla Firefox …

As principais páxinas web son os buscadores, con eles podemos buscar outras páxinas que teñan un determinado tipo de información. Ex.: www.google.es

Page 37: Tecnologías de la comunicación

• O manexo e xestión do correo electrónico faise co protocolo TCP/IP, que ten implementado un sub-protocolo denominado SMTP (Protocolo de Transferencia Simple deCorreo) encargado de describir o formato das mensaxes de correo electrónico e de especificar as regras para manipulalos e encaminalos pola rede.

• En moitas ocasions, utilizanse alguns Host de Internet para almacenar e centralizar o correo electrónico. Cando nos conectamos desde un Pc a ese tipo de máquinas, usamos outro protocolo, denominado POP (Post Office Protocol), para acceder o Host que manten as mensaxes de correo almacenadas e traerlas o Pc local.