tarefas e destrezas comunicativas - santillana...ficha 8. clases de oracións ortografía ficha 1. o...
TRANSCRIPT
O libro Lingua +, para terceiro curso de Primaria, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTOMaría Fernández ReiRafael Fortes OteroXosé Luís Navarro Peiró Luísa March SolerIrene Penas MuriasAfonso Toimil Castro
ILUSTRACIÓN Sandra de la Prada LópezAyesha L. RubioDavid Sierra Listón
EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro
DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIALDE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero
As actividades deste libro non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.
PRIMARIA3
Tarefas e destrezas comunicativas
Presentación
é o novo proxecto de Obradoiro/Santillana dirixido aos profesores
e profesoras que buscan un novo xeito de ensinar Lingua.
presenta un ENFOQUE FUNCIONAL da aprendizaxe, de carácter máis comunicativo, que se centra nas destrezas básicas (falar, escoitar, ler e escribir), deixando nun segundo plano os contidos de carácter conceptual. Para facilitar este enfoque, o traballo organízase en tarefas que lle permiten ao alumnado saber, en todo momento, o que está facendo e para que o está facendo.
ten, ademais, unha ORGANIZACIÓN FLEXIBLE, que lle ofrece ao profesorado a posibilidade de decidir o que quere ensinar, cando e como. Con este fin, o material estrutúrase en bloques de tarefas e en obradoiros, que se poden combinar libremente.
Os bloques de tarefas constitúen o elemento central do material, xa que traballan os aspectos esenciais da área. Distribúense do seguinte xeito:
COMUNICACIÓN ORAL
COMPETENCIA LECTORA
ESCRITURA
Estes aspectos esenciais abórdanse de maneira eminentemente práctica. Non obstante, en terceiro curso incorpóranse informacións básicas que axudan a entender mellor o sentido e o significado dalgúns dos textos do apartado de Competencia lectora.
Os obradoiros desenvólvense en fichas de traballo prácticas e sinxelas que serven de complemento ás tarefas. Neste curso ofrécense o Obradoiro de vocabulario, o Obradoiro de gramática e o Obradoiro de ortografía.
favorece unha APRENDIZAXE ACTIVA, en que a motivación e a emoción son premisas fundamentais. Por iso, Obradoiro/Santillana ofrece un material onde se mesturan o traballo oral e o escrito, o individual e o colectivo, o xogo e a creatividade…; un material que vai máis alá da lectura e da resolución de actividades: o alumnado falará en público, realizará as súas propias producións escritas (para as que contará con modelos) e poderá gardar algúns dos seus traballos nun porfolio ou carpeta persoal.
Ao longo das páxinas do libro, atoparedes dous tipos de iconas que se refiren a diversos elementos que axudarán ao desenvolvemento das tarefas:
Audio. Gravacións para a realización de actividades do bloque de Comunicación oral.
Modelos. Conteñen fichas para desenvolver de xeito eficaz determinadas tarefas dos diversos bloques.
Táboa de contidos
COMUNICACIÓN ORAL COMPETENCIA LECTORA
TAREFA 1. Pedir información
TAREFA 2. Contar unha experiencia persoal
TAREFA 3. Describir unha persoa
TAREFA 4. Explicar conceptos
TAREFA 5. Contar chistes
TAREFA 6. Iniciar unha conversa
TAREFA 7. Facer predicións
TAREFA 8. Dar indicacións
TAREFA 9. Representar un fragmento teatral
TAREFA 10. Explicar un xogo
TAREFA 11. Dar unha noticia
TAREFA 12. Expresar a opinión
TAREFA 1. Fábula: O raposo e a cegoña
TAREFA 2. Poema: Unha serea poeta • O verso e o poema
TAREFA 3. Texto descritivo: Un animal moi curiosoTAREFA 4. Conto: Un reloxo do revés
TAREFA 5. Anuncio: Usa a auga con cabeza
TAREFA 6. Conto popular: O camelo perdido
TAREFA 7. Poema: O señor merlo • A estrofa
TAREFA 8. Conto: O pitiño feo
TAREFA 9. Cómic: Unha noite movidiña
TAREFA 10. Teatro: O lobishome
TAREFA 11. Texto informativo: Unha inventora excepcional
TAREFA 12. Poema: Menú • A rima
TAREFA 13. Conto: A vila sen cores
TAREFA 14. Texto xornalístico: Premio ao compromiso coa reciclaxe
TAREFA 15. Conto: Baixo o chan
TAREFA 16. Pantalla de videoxogo: Os Viaxenios
TAREFA 17. Relato mitolóxico: Hércules e Atlas
TAREFA 18. Poema: A cabra barbuda • Os recursos literarios
TAREFA 19. Conto: Gora, unha rata de biblioteca
TAREFA 20. Conto: Tres estrelas
ESCRITURAOBRADOIROS
Vocabulario
TAREFA 1. Escribir unha nota de aviso
TAREFA 2. Escribir unha carta
TAREFA 3. Escribir unha autobiografía
TAREFA 4. Elaborar fichas de vocabulario
TAREFA 5. Elaborar un anuncio
TAREFA 6. Escribir diálogos
TAREFA 7. Inventar o final dun conto
TAREFA 8. Describir un itinerario
TAREFA 9. Elaborar un cómic
TAREFA 10. Deseñar un catálogo
TAREFA 11. Facer un resumo
TAREFA 12. Escribir unha recensión
FICHA 1. O dicionario
FICHA 2. Sinónimos e antónimos
FICHA 3. Palabras polisémicas
FICHA 4. Palabras compostas
FICHA 5. Palabras derivadas
FICHA 6. Diminutivos e aumentativos
FICHA 7. Xentilicios
FICHA 8. Familia de palabras
Gramática
FICHA 1. O substantivo
FICHA 2. O adxectivo
FICHA 3. O artigo
FICHA 4. Os pronomes persoais
FICHA 5. O verbo
FICHA 6. Os tempos verbais
FICHA 7. A oración. Suxeito e predicado
FICHA 8. Clases de oracións
Ortografía
FICHA 1. O son K
FICHA 2. O son G. A diérese
FICHA 3. O son Z
FICHA 4. O son R suave e o son R forte
FICHA 5. Palabras con b
FICHA 6. Palabras con v
FICHA 7. Palabras con h
FICHA 8. Palabras con x e con s
FICHA 9. Palabras con x e con ll
FICHA 10. As contraccións do artigo
FICHA 11. A partición de palabras
FICHA 12. Signos que pechan oracións
FICHA 13. A coma
FICHA 14. Os dous puntos
COMUNICACIÓN ORAL
1
CO
MU
NIC
ACIÓ
N O
RAL
TAREFA 1. Pedir información
1 Di en que globos se pide información.
A quen lle pedirías cada información anterior? Comenta coa clase.
policía compañeiro tendeiro
2 Que palabras se empregaron para dirixirse ao policía e ao tendeiro? Cando utilizas ti esas palabras? Comenta cun compañeiro ou compañeira.
3 Escoita e copia a opción correcta en cada caso.
• Onde ten lugar a escena?
– Nun centro cultural. – Nun polideportivo.
• Sobre que pide información a rapaza?
– Sobre os concursos que fan. – Sobre os obradoiros que fan.
• Por que actividade se interesa a rapaza?
– Informática. – Cociña. – Pintura.
– Teatro. – Robótica. – Deportes.
4 En que obradoiro che gustaría apuntarte? Comenta co resto da clase explicando a túa elección.
Perdín as chaves da casa. Pódelo crer?
A
Por favor, poderíame dicir como se chega
ao concello?
D
Mañá Uxío fai oito anos,
sabías?
C
Desculpe, a como están as mazás?
E
Sabes como se resolve este exercicio?
B
2
5 Que non coincide coa información que lle deron á rapaza no centro cultural? Localiza os erros.
Dá en voz alta a información da ficha corrixindo os erros.
6 Le e comenta coa clase.
• Con quen fala o rapaz: cunha persoa
coñecida ou descoñecida?
• Cres que será unha persoa da súa idade
ou máis vella? Por que?
• Como faría a pregunta en caso contrario?
7 Por parellas, representade unha escena en que pidades información.
• Cubride no caderno unha ficha do cine igual ao modelo que tedes na páxina 26 cos datos que queirades.
• Decidide quen vai pedir a información e quen a vai dar, e se vos trataredes de ti ou de vostede.
• Representade a escena utilizando expresións do banco de palabras e expresións da ficha.
COMPROBAMOS COMO O FIXEMOS
HORARIO: Mércores e xoves, de 6 a 7 da tarde.
LUGAR: Sala de lectura
INICIO DO OBRADOIRO: Finais de setembro
Hai catro erros!
Anotade no caderno en que aspectos
podedes mellorar.
OBRADOIRO DE ROBÓTICANIVEL
avanzado
Falade cos compañeiros e coas compañeiras sobre a vosa intervención.
CONTIDO – Eran adecuadas as preguntas para obter a información da ficha?
– Foron as respostas claras e comprensibles?
CORRECCIÓN – Mantivemos todo o tempo o tratamento de ti ou de vostede, segundo a nosa decisión inicial?
Por favor, poderíame dicir
cando pasa o autobús?
3
CO
MU
NIC
ACIÓ
N O
RAL
TAREFA 2. Contar unha experiencia persoal
1 Comenta co compañeiro ou coa compañeira.
• A quen adoitas contarlle as cousas
que che pasan?
• Contas todo o que che ocorre ou só as cousas
que consideras importantes?
• Gústache escoitar os demais cando che contan
as cousas que lles pasan? Por que?
• Como axudas a un compañeiro ou a unha compañeira
se che conta algo que lle preocupa?
2 Escoitade por parellas e dicide se son verdadeiras ou falsas estas afirmacións.
• Na escena falan Carlos e Marta.
• Carlos comeza hoxe as clases de patinaxe.
• Carlos coñece moita xente que vai ás clases de patinaxe.
• Marta rise de Carlos porque ten medo.
• Marta pensa que Carlos acabará deixando as clases de patinaxe.
Corrixide en voz alta as afirmacións falsas.
3 Que lle explica Marta a Carlos? Volve escribir o texto copiando a opción correcta en cada caso.
4 Cres que a experiencia que conta Marta axuda a Carlos? Por que? Comenta co resto da clase.
O inverno / verán pasado fun a un campamento
onde non coñecía a ninguén. Ao principio, falaba
pouco / moito porque quería chamar a atención / pasar
desapercibida. Pero o primeiro / terceiro día tocoume ser
a guía / capitá dun equipo nunha xincana / excursión.
Daquela coñecín a Roi, Cibrán e Paula / Brais, Cibrán e Uxía,
e convertémonos en inseparables.
4
5 Como se sentirá cada un? Fala coa compañeira ou co compañeiro.
Compartide as vosas conclusións co resto da clase.
6 Escolle un dos personaxes da actividade anterior e conta unha experiencia persoal que poida axudalo ou axudala.
• Pensa nalgunha situación en que te sentises de xeito semellante ao personaxe escollido e responde.
• Conta a túa experiencia persoal diante do resto da clase seguindo a orde das respostas ás preguntas anteriores.
Escribe no caderno o que fixeches moi ben e o que
necesitas mellorar. Pídelles aos demais que valoren a túa narración.
CONTIDO – Era adecuada á situación escollida a experiencia persoal que contei?
– Dei toda a información que pedían as preguntas de preparación?
ESTRUTURA – Foi clara e ordenada a narración?
ENTOACIÓN – Falei cun volume axeitado para que toda a xente me oíse?
Sempre xogamos ao mesmo.
Cando foi? Onde?Como te sentías
ao principio?
Por que?
Que pasou daquela?
Como te
sentiches
ao final?
COMPROBAMOS COMO O FIXEMOS
Hoxe actúo por primeira vez diante de público.
O meu equipo perdeu.
• aburrido • triste • preocupada • cansa
• enfadada • nervioso • emocionado • decepcionada
Banco de palabras
MODELOS PARA A COMUNICACIÓN ORAL
26
TAREFA 1
• Bo día! • Por favor... • Grazas pola información.
• Boa tarde! • Desculpe... • Necesita algo máis?
• Boa noite! • Sería tan amable de... • Foi un pracer.
• Adeus! • Deica a próxima! • Moitas grazas por todo.
Banco de palabras e expresións
TÍTULO DA PELÍCULA
Sala onde se proxecta
Horarios
Duración da película
TÍTULO DA PELÍCULA
Sala onde se proxecta
Horarios
Duración da película
PREZO DA ENTRADA
Adultos €
Menores de 10 anos €
27
CO
MU
NIC
ACIÓ
N O
RAL
TAREFA 3
FICHA PARA DESCRIBIR UNHA PERSOA
NOME
ASPECTO FÍSICO
alto / alta forte baixo / baixa delgado / delgada
Pel morena clara
Ollos negros verdes
marróns azuis
Outros trazo físicos destacables
CARÁCTER
Pelo negro liso
roxo rizo
castaño longo
rubio curto
COMPETENCIA LECTORA
1
O raposo e a cegoña
Un día, o raposo foi buscar a cegoña e, cando a atopou, díxolle moi amablemente:
–Irmá, é unha mágoa que, vivindo como vivimos tan preto un do outro, non sexamos máis amigos. Aceptarías vir mañá xantar á miña casa? Así poderiámonos coñecer un pouco mellor. Que me dis?
–Que tes toda a razón e que acepto a invitación de moi boa gana –respondeulle a cegoña contenta.
Ao día seguinte, á hora fixada, a cegoña acudiu á casa do raposo, que a recibiu con grandes mostras de alegría. A cegoña relambíase pensando no suculento banquete que, sen dúbida, a esperaba.
Despois dos saúdos, o raposo levou a súa amiga ata a mesa, onde non faltaba ningún detalle. A cegoña observou a comida: era unha crema boísima… Pero estaba servida nuns pratos chairos, moi pouco apropiados para o seu longo peteiro.
A cegoña, desconcertada, intentaba con todas as súas forzas coller a crema co peteiro. Pero éralle imposible!
O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas. Mesmo deixou o prato relucente de tanto lambelo!
TAREFA 1
O texto que vas ler a continuación é unha fábula. As fábulas son narracións protagonizadas por animais que falan e actúan coma se fosen persoas.
A fábula que vas ler nesta tarefa está protagonizada por unha cegoña e un raposo.
Antes de lela, pensa e contesta: Cres que os protagonistas se farán amigos?
CO
MPETEN
CIA
LECTO
RA • FÁ
BU
LA
2
Daquela, a cegoña comprendeu que o raposo a convidara para burlarse dela e decidiu darlle unha lección.
Así pois, unha mañá a cegoña saíu ao encontro do raposo e díxolle:
–Quero devolverche o convite. Queres vir xantar hoxe comigo?
O raposo aceptou con gusto e acompañouna á casa. O xantar era realmente apetitoso: un guiso de carne que ulía tan ben que ao raposo facíaselle auga na boca. Hummm!
Pero había un pequeno problema: estaba servido nuns recipientes que tiñan un colo moi alto e moi estreito.
Co peteiro, a cegoña chegaba facilmente aos anacos de carne. En cambio, o raposo, por máis que estiraba e estiraba a lingua, non podía conseguir aquel manxar saboroso.
Finalmente, famento e de mal humor, o raposo tivo que renunciar.
Daquela, a cegoña preguntoulle:–E logo non che gusta o meu xantar? Vexo que nin sequera o probaches.–A túa comida estaba exquisita –respondeu o raposo–. Pero só co aroma
alimenteime tanto que é imposible que dea comido un anaco.O raposo marchou da casa da cegoña enfadado e coa barriga baleira. Mentres se afastaba, a cegoña dixo:–Non che gustan as bromas, irmán? Pois así as fas, así as atoparás.
Fábula popular
Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña.
COMPLETA O CONTO
CO
MPETEN
CIA
LECTO
RA • FÁ
BU
LA
3
TAREFA 1. O raposo e a cegoña
1 Le e responde.
• Por que di o raposo que quere convidar a cear á cegoña?
• Pensas que é sincera a súa proposta?
• Que quere facer en realidade?
• Cres que a cegoña sospeita algo nese momento? Por que?
Como dirías que é o raposo? Pensa e comenta co teu compañeiro ou coa túa compañeira.
2 Que lle podería dicir a cegoña ao raposo para evitar a burla? Valora e copia a opción que máis te convenza.
Explica o porqué da túa elección e escoita o porqué das compañeiras e dos compañeiros. Despois de escoitar todas as explicacións, cambiarías a túa resposta? Por que?
bromista
amable
falso
desconsiderado
espelido
burleiro
...
Aceptarías vir mañá cear á miña casa?
Acepto de moi boa gana.
Ai, que mágoa! Non o podo comer. As cremas séntanme
moi mal.
Por favor, pódesme servir a crema nun vaso alongado? É que se non,
non a vou dar comido.
Que pretendes, raposo? Burlarte de min? Pois atente
ás consecuencias!
Síntoo moito, pero non podo quedar a xantar. Acabo de lembrar
que tiña outro compromiso.
4
3 Copia o que é verdadeiro e corrixe o que é falso.
• A cegoña convidou o raposo a xantar para facer as paces.
• Para xantar, a cegoña preparou un guiso de carn e.
• O guiso estaba servido nun recipiente de colo baixo e largo.
• O raposo marchou da casa da cegoña farto e satisfeito.
4 Que outra expresión lle podería dicir a cegoña ao raposo ao final? Comenta coa clase e escolle.
• Quen non se fía non é de fiar.
• Quen sementa ventos recolle tempestades.
• Polo froito coñécense as árbores.
• Quen non queira po que non vaia á eira.
5 Que característica das persoas podería representar cada animal nunha fábula? Elixe e relaciona.
orgullo paciencia sabedoría lealdade preguiza cacholada afecto
Comproba se coincidiches con outras compañeiras e compañeiros ou non.
6 Inventa outro título para a fábula que liches. Escríbeo con letras bonitas e coloréao.
7 Completa no caderno unha Ficha de lectura coma o modelo que tes na páxina 64 e gárdaa no porfolio.
Así as fas, así as atoparás.
2 3 4
Podes deseñar unha orla coma esta ou outra que che guste e escribir nela o título que pensaches.
1
MODELOS PARA A COMPETENCIA LECTORA
64
FICHA DE LECTURA
Título
Tipo de narración
Resumo. Que fai o raposo? Como actúa despois a cegoña?
TAREFA 1
VALORACIÓN PERSOAL
Gustouche a lectura?
Nada. Pouco. Moito. Encantoume.
Que é o que máis che gustou?
Engadirías ou cambiarías algo? Explícao.
FICHA DE LECTURA
65
VALORACIÓN PERSOAL
Gustouche a lectura?
Nada. Pouco. Moito. Encantoume.
Que é o que máis che gustou?
Engadirías ou cambiarías algo? Explícao.
Título
Nome do autor
Resumo. Por que se fixeron amigos Brais e Carla?
TAREFA 4
ESCRITURA
ESCRITU
RA
TAREFA 1. Escribir unha nota de aviso
1 Le estes textos e di cales son notas de aviso.
A Sabela: Graciñas por deixarme a gorra para a excursión. Veume de marabilla! Un biquiño.
Breixo
B Sabela: Deixeiche no armario a gorra que me prestaches para a excursión. Graciñas por todo.
Breixo
C Comunícase ao alumnado de terceiro de primaria que mañá acaba o prazo para apuntarse no obradoiro de robótica.
ANPA
D A dirección do colexio felicita o alumnado de terceiro de primaria polo éxito da súa campaña solidaria «Lecturas para todo o mundo».
Onde deixariades cada nota? Por que? Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.
Que información é necesaria nunha nota de aviso? Copia.
• O lugar desde onde se escribe. • A sinatura da persoa a quen se dirixe.
• O motivo do aviso. • A sinatura da persoa que a escribe.
• A hora en que se escribe. • O nome da persoa ou grupo a quen se dirixe.
Escribiches ou escribíronche algunha vez unha nota de aviso? Cal foi o motivo? Comenta coa clase.
2
Esqueceume dicirlle á mestra que mañá á primeira hora teño consulta coa médica. E agora que fago?… Xa o teño! Deixareille unha nota de aviso explicándollo! Axudádesme a escribila?
1
4 Como debe ser unha nota de aviso? Copia o que che pareza máis axeitado.
• Unha nota de aviso debe ser longa e debe gardarse ben para que non se perda.
• Unha nota de aviso debe ser curta e debe gardarse nun lugar ben visible.
5 Quen tería que deixar unha nota de aviso? Por que? Le e comenta coa compañeira ou co compañeiro.
6 Elixe unha destas situacións, ou outra que queiras, e escribe a nota de aviso correspondente.
SITUACIÓN 1 Sen querer, manchaches a camiseta preferida de teu irmán e metíchela na lavadora, pero ti vaste agora e non o vas ver deica mañá.
SITUACIÓN 2 Esqueciches dicirlle a túa nai que hoxe, ao saír do colexio, vas ir á festa de aniversario de Xela e que seus pais te van traer á casa ao acabar.
SITUACIÓN 3 Avisaron da Biblioteca Pública de que xa tiñan o libro que pediras. Como vai pasar por alí teu pai, dille que non esqueza traercho.
Móstralle a nota a un compañeiro ou compañeira para que a revise e che diga se está ben ou se lle falta algunha información importante.
7 Pasa a limpo a nota de aviso e gárdaa no porfolio.
A avoa quere que meu pai a chame cando el chegue á
casa, pero eu xa non estarei.
Cóllolle este libro a Roi e mañá devolvereillo.
Telefonei á casa e non hai ninguén.
Gardarei o meu estoxo
na mochila.
CIBRÁN MARIÑA
ESTER BREIXO
2
ESCRITU
RA
1 Le a carta e copia a información que corresponda.
Saúdo Despedida
Data Sinatura
Completa no caderno a partir dos datos da carta.
O día de , escribiulle unha carta a , para preguntarlle polo cambio e polas novas . El contoulle que axiña ía ter , que llo dixeran . Vítor estaba .
2 Escribiches algunha vez unha carta? A quen? Que lle contabas? Comenta coa clase.
TAREFA 2. Escribir unha carta
Mirade o que atopei na caixa do correo: unha carta dos avós! Normalmente, falamos polo móbil ou por correo electrónico. Pero, ás veces, enviámonos cartas porque nos fai ilusión. Animádesvos a escribir unha carta? Veña, que vai ser divertido!
28 de setembro de 2021Ola, Mariña :
Como estás? Imaxino que bastante preocupada aínda con todo iso do cambio de colexio . Como che vai? É s impát ica a xente do novo colexio? Espero que s i e que xa f ixeses unha chea de novas amizades .
Eu teño unha boa not ic ia para darche: axiña vou ter un irmanciño ou irmanciña! Dixéronmo onte meus pais e estou moi emocionado. Xa te irei informando dos avances .
Unha aperta!
V ítor
3
Por que a carteira non pode entregar estas cartas? Que datos faltan? Observa e comenta co compañeiro ou coa compañeira.
4 Responde no caderno como queiras.
• A quen che gustaría escribirlle unha carta?
– A algún familiar. – A un compañeiro ou compañeira.
– A un amigo ou amiga. –
• Para que lle escribirías?
– Para saber como está. – Para contarlle unha viaxe.
– Para darlle unha boa noticia. –
Que fórmulas vas utilizar na túa carta? Copia unha en cada caso.
SAÚDO
DESPEDIDA
• Benquerido / Benquerida • Unha aperta
• Estimado / Estimada • Saúdos cordiais
• Ola • Un bico
Escríbelle a carta á persoa que elixiches na actividade 4.
Ten en conta o seguinte:
• Non esquezas poñer a data, o saúdo e a despedida.
• Comproba que queda claro o motivo polo que lle escribiches.
• Escribe con boa letra, revisa a ortografía e respecta as marxes.
Comenta co resto da clase como cres que se sentiu esa persoa ao recibir a túa carta.
Mete a túa carta nun sobre e cubre os datos necesarios para que a persoa a quen lle escribiches a reciba. Despois, garda todo no teu porfolio.
3
5
6
7
Mart iñoR/ dos Oleiros , 22, pta . 5Uxía Castro Miguéns
Avda. da Carbal leira
00330 Vi lamar
4
MODELOS PARA A ESCRITURA
Apega aquí unha foto túa
A miña autobiografía
26
TAREFA 3
Apega aquí unha foto ou un debuxo
alusivo
O MEU VOCABULARIO
Apega aquí unha foto ou un debuxo
alusivo
O MEU VOCABULARIO
Apega aquí unha foto ou un debuxo
alusivo
O MEU VOCABULARIO
27
TAREFA 4
OBRADOIRO DE VOCABULARIO
OB
RAD
OIRO
DE VO
CA
BU
LARIO
1
FICHA 1. O dicionario
1 Cal destes fragmentos de páxina pertence a un dicionario? Cópiao.
árbore s. f. Calquera planta de tamaño grande, tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
arboredo s. m. Lugar poboado de árbores.
As árbores máis características dos bosques galegos son o carballo e o castiñeiro. Tamén destacan outras árbores, como o piñeiro, o bidueiro, o amieiro, o sabugueiro e o salgueiro.
2 Que nomes de instrumentos se atoparán antes no dicionario? Fíxate na primeira letra e ordénaos alfabeticamente.
frauta acordeón trompeta violín
Que libro ten que consultar o personaxe? Comenta.
O libro en que se recollen todas as palabras dunha lingua co seu significado é o dicionario.
No dicionario, as palabras ordénanse alfabeticamente, é dicir, seguindo a orde das letras do abecedario.
REFLEXIONA E APRENDE
Non sei o que significa xarope.
unha guía un dicionario un atlas
2
3 Copia as palabras de cada grupo en orde alfabética.
regra • goma • bolígrafo • lapis
vaca • parrulo • ovella • porco
barco • barcaza • veleiro • buque
airosa • aeroplano • aéreo • aerobús
4 Copia as palabras que aparecen no dicionario con esta forma.
• felices • cantaban • vasoira • esbirrar
• imposible • pé • complicadas • astuta
Escribe a forma con que buscarías o resto das palabras.
5 Busca no dicionario as seguintes palabras e elixe a imaxe que corresponde á definición.
Agora, escribe unha oración con cada palabra.
6 Escolle e completa tendo en conta a definición do dicionario de cada palabra.
apicultor
avicultor • O recolle o mel das abellas.
rebelar
revelar • Tareixa vai as fotografías da súa viaxe ao Courel.
machada remexer
Cando varias palabras comezan pola mesma letra, ordénanse alfabeticamente
pola súa segunda letra, e así sucesivamente.
OB
RAD
OIRO
DE VO
CA
BU
LARIO
3
FICHA 2. Sinónimos e antónimos
1 De que dous xeitos se pode dicir cada cousa? Copia e completa coas palabras do recadro que corresponda.
lentes • feiticeiro • soberana • coche • raíña • anteollos • bruxo • automóbil
Pódese dicir ou .
Pódese dicir ou .
Pódese dicir ou .
Pódese dicir ou .
2 Substitúe por un sinónimo a palabra destacada.
• Non te achegues moito á fogueira.
• Tes que retirar a pota do lume.
• Aquel problema foi fácil de resolver.
• Conserven o billete ata o final do traxecto.
Agora, substitúe a palabra destacada por outro sinónimo diferente. Usa o dicionario se o precisas.
Fíxate nas palabras propostas e indica se significan o mesmo ou o contrario ca contento.
• feliz • satisfeito • infeliz
• triste • descontento • alegre
• insatisfeito • apesarado • ledo
As palabras que teñen o mesmo significado ou un moi parecido son sinónimas.
As palabras que teñen significados contrarios son antónimas.
contento
REFLEXIONA E APRENDE
sacar
boleto
doado
cacharela
4
• narrar • relatar • explicar
• relato • historia • narración
Aquí tes algúns sinónimos que podes usar.
3 Copia o texto substituíndo as palabras destacadas por sinónimos.
Queres escoitar un conto?
A min gústacheme moito que me conten contos. E a ti? Onte, miña tía Carme contoume un conto sobre unha cigarra e unha formiga. Queres que cho conte? Vaiche encantar!
4 Copia a oración que di o contrario.
O meu equipo gañou.
• O meu equipo venceu.
• O meu equipo perdeu.
A tormenta achégase.
• A tormenta afástase.
• A tormenta aproxímase.
5 Forma antónimos seguindo o modelo correspondente.
• feliz infeliz • facer desfacer
• experto • atar
• tranquilo • ordenar
• capaz • obedecer
6 Localiza no cadro un sinónimo e un antónimo para cada unha das palabras da táboa.
veloz • tranquilo • fermoso • adiñeirado • pobre • axitado • feo • lento
SINÓNIMOS ANTÓNIMOS
rico
nervioso
bonito
rápido
OBRADOIRO DE GRAMÁTICA
OB
RAD
OIRO
DE G
RAM
ÁTICA
1
1 Localiza os substantivos do texto e clasifícaos segundo o que nomean.
Un debuxo de primeira
Á miña irmá encántalle debuxar. Sempre anda co lapis e co caderno de arriba para abaixo. Tanto che debuxa un cabalo coma unha bolboreta. Hoxe fixo un debuxo do can dos veciños mentres xogaba co fillo máis novo. Mira que ben lle quedou!
PERSOAS
ANIMAIS
COUSAS
2 Escribe nomes propios de persoas, animais e lugares que coñezas.
Lembra que os substantivos propios se escriben sempre con maiúscula inicial.
DEPORTISTAS
ANIMAIS
CIDADES
PAÍSES
FICHA 1. O substantivo
Copia a palabra de cada parella que nomea unha persoa, un animal ou unha cousa.
• rato / escribir • Uxío / antes
• doutora / falar • veloz / lapis
Os substantivos son as palabras que nomean persoas, animais ou cousas.
Os substantivos poden ser comúns ou propios. Os substantivos comúns nomean calquera persoa, animal ou cousa; os substantivos propios, nomean unha persoa, un animal ou unha cousa concreta.
Os substantivos teñen xénero, que pode ser masculino ou feminino. Os substantivos masculinos poden levar diante o, os, un, uns e os femininos a, as, unha, unhas.
Os substantivos teñen número, que pode ser singular ou plural. Os substantivos en singular nomean unha soa persoa, animal ou cousa. Os substantivos en plural nomean máis dunha persoa, animal ou cousa.
REFLEXIONA E APRENDE
2
3 Copia o seguinte texto cambiando os debuxos por substantivos comúns.
Unha boa veciña
Na onde vivo hai unha que case todos os días
vai ao darlles aos que alí habitan.
Adoita ir acompañada dun pequeno negro que acolleu hai uns anos.
4 Escolle a palabra que pode ir diante de cada substantivo e indica o seu xénero.
o a
bombeira unha un
ra
un unha
bufanda o a
reloxo
a o
pitiño un unha
panadeiro
5 Forma o feminino dos substantivos seguintes segundo o modelo que corresponda.
neno nena mestre mestra doutor doutora
• cliente • arquitecto • presidente • director
• varredor • alumno • administrador • sogro
• reloxeiro • autor • elefante • xefe
6 Elixe a forma do substantivo máis axeitada para cada imaxe.
Como se formaron? Fíxate nos substantivos en plural e escríbeos onde corresponda.
• flor
• flores
• baúl
• baúis
• golfiño
• golfiños
Engadiu un -s
ao singular.
Engadiu -es
ao singular.
Substituíu o -l
do singular por -is.
OB
RAD
OIRO
DE G
RAM
ÁTICA
FICHA 2. O adxectivo
Copia as palabras que nos din como é ou como está o can.
Os adxectivos son as palabras que nos din como son ou como están as persoas, os animais ou as cousas.
Os adxectivos teñen o mesmo xénero e número ca o substantivo a que se refiren.
REFLEXIONA E APRENDE
1 Localiza os adxectivos que hai neste cartel e sinala os substantivos a que se refiren.
2 Como son? Relaciona cada adxectivo co personaxe axeitado.
feroz falcatrueiros valente malvadas combativa
Inventa unha oración para cada personaxe cos adxectivos que escribiches.
un can
canso
dorme
come
pequeno
ladra
manso
Queres pasar uns días inesquecibles?
VEN CONNOSCO E GOZA DE PRAIAS PARADISÍACAS NUN CONTORNO MARABILLOSO.
A mellor viaxe para escapar da aburrida rutina.
3
4
3 Como está hoxe? Escribe sobre un dos teus compañeiros ou compañeiras da clase.
Podes comezar así: hoxe está e .
feliz nervioso cansa enfadada tranquilo
aburrido contenta aterrorizado triste preocupada
4 Completa o texto coa opción adecuada en cada caso.
Que mans!
Miña irmá Xulia é moi . Con materiais e un rotulador fai unhas bonequiñas . Gústanche?
En que xénero e número están os adxectivos que escribiches? Clasifícaos.
5 A que substantivo se refiren? Observa e escribe onde corresponda.
• A é verde e redonda.
• O é vermello e pequeno.
• O é amarelo e alongado.
• A é gris e abrigosa.
• O é verde e fino.
• A é vermella e redonda.
En parellas, localizade obxectos da aula e describídeos utilizando dous adxectivos.
pulseira botónbufanda plátanobóla lapis
SINGULAR PLURAL
MASCULINO
FEMININO
mañoso
mañosa
reciclados
reciclado
vermello
vermellos
preciosas
preciosos
OBRADOIRO DE ORTOGRAFÍA
OB
RAD
OIRO
DE O
RTOG
RAFÍA
1
FICHA 1. O son K
1 Copia e completa con c ou qu.
Unha en●isa ●uriosa
Esta tarde, ●edei no par●e ●oa miña ●ompañeira ●atuxa para facer unha en●isa. Tiñamos ●e preguntar ●al é a ●or ●e máis lle gusta á xente da lo●alidade. E sabedes ●omo ●edou a ●ousa? Pois gañou o bran●o. É ●urioso, non credes?
2 Clasifica as palabras anteriores segundo a forma en que se escriben.
CON C CON QU
3 Escribe o nome dos obxectos representados.
Le e copia os casos en que a letra destacada representa o son K.
• piscina • quirófano • cuarto
• castaña • abecedario • paquete
• cerdeira • acordeón • cesto
O son K pode representarse con c ou con qu.
– Escríbese c diante de a, o, u: casa, conto, cueiro…
– Escríbese qu diante de e, i: paquete, quilo…
COMPROBA O QUE SABES
Resolve a actividade ti só. Despois, le a información do cadro. Respondiches
correctamente?
2
4 Forma o diminutivo das palabras segundo o modelo.
butaca butaquiña
vaca foca
barca roca
5 Resolve as seguintes adiviñas.
Inventa unha oración coa solución de cada adiviña.
6 Escribe.
• Un nome de rapaz que teña qu.
• Un nome de rapaza que teña ca.
• Unha palabra que comece por qu.
• Unha palabra que comece por co.
• Unha palabra que teña dúas veces o son K.
7 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.
Vaia catarro!
A semana pasada, Carmela, a miña compañeira do colexio, unha rapaza que nunca se queixa por nada, colleu un catarro descomunal, tanto que mo contaxiou. Agora, eu non paro de espirrar, de asoar os mocos e de que me choren os ollos. Carmela está preocupada por min e a min... non me chega a hora de curar o catarro e de quitalo de enriba. Que mala sorte!
Nas calorosas noites do verán paso o tempo voando, co grande e único afán do teu sangue ir chuchando.
Entre as árbores salta un precioso animaliño, ten unha figura esvelta e un enorme rabiño.
OB
RAD
OIRO
DE O
RTOG
RAFÍA
3
FICHA 2. O son G. A diérese
Le e di como se representa o son G de gato nas seguintes palabras.
• gusto • gota
• pingüín • xoguete
• formiguiña • Sigüeiro
O son G de gato pode representarse con g ou con gu.
– Escríbese g diante de a, o, u: galiña, figo, figura…
– Escríbese gu diante de e, i. O u de gue e gui non se pronuncia: albergue, aguia…
– Escríbese diérese ( ¨ ) enriba do u dos grupos güe, güi para indicar que o u se pronuncia: lingüeta, piragüismo…
COMPROBA O QUE SABES
1 Localiza as palabras que conteñen o son G de gato e clasifícaas.
Termas e piraguas
A vila de Guillerme é famosa polas súas augas termais, descubertas na antigüidade. Sempre hai regueiros de turistas que ateigan e tinguen de cores as rúas. Pero tamén hai moita xente que vén facer piragüismo. Dáme mágoa non entendelos a todos, polo que terei que aprender moitas linguas. De momento son bilingüe, que xa é algo.
SOA O U NON SOA O U
2 Escribe, en cada caso, unha palabra da familia coa terminación -eiro ou -eira.
• cego • formiga • paraugas
• rego • pexego • ortiga
• figo • manga • pinga
Resolve a actividade ti só. Despois, le a información do cadro. Respondiches
correctamente?
4
4 Escribe estas oracións substituíndo os debuxos por palabras.
• O meu amigo ten un e unha de peluche.
• Gladis mercou unha , uns e un .
• Águeda toca moi ben a e a .
• Olga prefire usar a e non o .
5 Completa con g, gu ou gü, segundo corresponda.
• Mig●el ten unha ami●a lin●ista que coñece lin●uas moi anti●as.
• Miña nai é trilin●e: fala ●ale●o, castelán e ●alés.
• O que máis lle ●usta a ●abriela é o pira●ismo, e practícao en A●iño.
6 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.
Unhas formiguiñas ben larpeiriñas
Guido e Begoña son lingüistas, pero gústalles moito ir de pícnic. Onte foron xantar ao río Tambre, en Sigüeiro. Ao chegar, pousaron as bolsas ao pé dun salgueiro e fóronse bañar. Cando volveron para comer, vaia desgusto! Unha chea de formigas saíra do seu formigueiro e comezara a comer os espaguetes con salsa de tomate que levaran. Que mágoa de pasta!
3 Ordena as letras de cada grupo. Descubre as palabras que levan gu ou gü.
T AÜ GENL I
UA GNI UB
U OE T NN ÜG
FA OERG I U