seminario anual en torno Ó saxofÓn 2018/19

4

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SEMINARIO ANUAL EN TORNO Ó SAXOFÓN 2018/19
Page 2: SEMINARIO ANUAL EN TORNO Ó SAXOFÓN 2018/19

SEMINARIO ANUAL EN TORNO Ó SAXOFÓN 2018/19 VIGO

O obxecto principal deste proxecto é desenvolver un programa de aprendizaxe actualizado mediante unha metodoloxía activa e participativa.

As actividades propostas están orientadas a desenvolver competencias e mecanismos nece-sarios para o desenvolvemento dos futuros saxofonistas a través dunha aprendizaxe plural e múltiple nas diferentes propostas e variedades estilísticas do mundo clásico, contemporáneo e jazzístico inherente ao saxofón como instrumento musical.

As actividades programadas neste seminario están propostas como máster class individuais e de cámara, análise de partituras, improvisación, electrónica e electroacústica.

OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN

¿A QUÉN VAI DIRIXIDO?

Saxofonistas dun nivel equivalente ao grao profesional e superior.

NÚMERO DE PRAZAS: 8

FORMATO:Seminario estructurado en oito encontros distribuidos do seguinte xeito

PLAN DE ACTIVIDADES 2018/19 (datas orientativas distribuidas en 1h por sesión e por saxofonista)I Cuadrimestre II Cuadrimestre

LUGARMES DIA HORARIO MES DIA HORARIO

Outubro 27 9-14/16-21 Febreiro 16 9-14/16-21

Ateneo Musical de Bembrive

(Vigo)

Novembro 24 9-14/16-21 Marzo 16 9-14/16-21

Decembro 22 9-14/16-21 Abril 13 9-14/16-21

Xaneiro 26 9-14/16-21 Maio 18 9-14/16-21

CONTIDOS DO SEMINARIO

Técnica de base. Saxofón clásico, contemporáneo, improvisación, estudos e repertorio para saxofóns de diferentes estéticas e estilos. A familia de saxofóns. Metodoloxía e técnicas de estudo. Música de cámara. Audición pública. Análise de partituras para saxofón. Electrónica e electroacústica, repertorio con electrónica.

Page 3: SEMINARIO ANUAL EN TORNO Ó SAXOFÓN 2018/19

INFORMACIÓN/INSCRICIÓN Para máis informaciónpoden dirixirse ao correo electrónico: [email protected], ou no teléfono 619 21 28 42, para contactar por WhatsApp.

COMO CHEGAR O Ateneo Musical de Bembrive ten a súa sede na planta baixa do Centro Cultural Helios de Bembrive (Alameda do Torreiro s/nº Bembrive-Vigo) LocalizaciónLiñas autobús: L6 BEADE – PZA. ESPAÑAL14 CHANS – GRAN VÍA

O PROFESORADO*

RAFAEL YEBRA. saxofón

Despois de estudar nos Conservatorios de Ourense e A Coruña co profesor Narciso Pillo asiste a cursos e seminarios con Andrés Gomis, Jean-Marie Londeix e Marie-Bernadette Charrier. Participa como saxofonista nas gravacións de Miniatura Mantis da compositora María García-Mendoza, Locus Amoenus de Antonio Rocha para o ciclo XV da Asociación Galega de Compositores, e na primeria gravación mundial de Guitar para orquestra de Frank Martin xunto a Real Filarmonía de Galicia e baixo a dirección de Oliver Díaz. No ano 2009 presenta MULTIPLENSEMBLE en colaboración co Goethe Institut de Madrid e o colectivo Al-ga nun programa adicado a K. Stockhausen no Festival ARE MORE de Vigo, e no ano 2012 presenta con esta esta agruapación o espectáculo multidisciplinar Visións Sonoras sobre o Lérez baixo o patrocinio do Concello de Pontevedra.Rafael Yebra foi vicedirector e director no Conservatorio Superior de Música de Vigo, é pro-fesor catedrático de saxofón en dito centro e impartiu máster-class dentro do programa de mobilidades Erasmus en conservatorios superiores de música e universidades europeas en Roma, Viena, Bruselas, Thesalonica, Lisboa ou Berlín, entre outras. Na súa aposta pola música actual estrea obras de Jacobo Gaspar, Luis Carro, Pablo Beltrán, Jesús González, Fernando Buide, María García- Mendoza, Eduardo Soutullo, Eckart Beinke, José Luís Campana, Helmut Oehring o Christophe Havel.Realiza concertos como solista, con Múltiplensemble, co Ensemble de saxofóns S@x 21, Tall-er Atlántico Contemporáneo, Orquestra Sinfónica Vigo 430, Real Filarmonía de Galicia, ou a Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra, entre outros.

PREZOS DO SEMINARIO POR ENCONTRO

ACTIVO OIENTE•30€ Grao Profesional/40€ Grao Superior por encontro. •25€ Membros do AM Bembrvive

•20€ todos os niveis por encontro•10€ Membros do AM Bembrvive

Page 4: SEMINARIO ANUAL EN TORNO Ó SAXOFÓN 2018/19

XOSÉ MIGUÉLEZ. Improvisación

Miguélez está considerado como un dos saxofonistas de jazz máis destacados da puxante nova xeración de músicos galegos. Na actualidade está a gravar, en Estados Unidos, o seu novo proxecto como lider baixo o título de “Shelter”, que será editado no outono de 2018.Acadou un master en jazz performance na “Guildhall school of music” de Londres e Licen-ciouse en jazz pola “Esmae” de Oporto. Complementou a súa formación estudando con Jean-Michel Pilc, Matt Otto e Jean Toussaint. É artista das marcas “Paul Mauriat - Paris” e “Jody-jazz Usa”.

PABLO BELTRÁN. Análise de partituras de saxofón. Electroacústica.

Profesor de Solfeo, teoría, transposición e acompañamento, Piano, Música de Cámara e Com-posición e Orquestación. Estudiou Composición con Carlos Cambeiro Alís e Joam Trillo Pérez. Estudiou jazz e outras músicas co compositor e pianista Alberto Conde, e música popular co mestre Jorge Foscaldo. Colabora como profesor de análisis no ciclo Saxornadas, no ciclo xe-ración 2000 + 7, xeración 2000 + 8. En 2011 a Orquestra Real Filarmonía de Galicia encárgalle unha obra libre para orquestra a través da Fundación Autor da SGAE e a Fundación Aeos. Dende 1998, é profesor Superior de Armonía, Contrapunto, Composición e Electroacústica no CSM de Vigo.

* Ademais do profesorado proposto contémplase a posibilidade de invitar outros profesoressegundo o desenvolvemento do seminario.