relevo 03 litol

29
O relevo Dominios litolóxicos e formas de modelado

Upload: quiquehs

Post on 11-Jul-2015

2.068 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Relevo 03 litol

O relevoDominios litolóxicos e formas de modelado

Page 2: Relevo 03 litol

Os dominios litolóxicosA evolución xeolóxica da Península Ibérica determina que poidamos distinguir nela, segundo a natureza do rochedo, tres áreas ou dominios diferentes: o dominio silíceo, o dominio calcario e o dominio arxiloso. O arquipiélago canario, pola súa natureza, definiría un cuarto, o dominio volcánico.

Page 3: Relevo 03 litol

A España silíceaMateriais e localización.

• Materiais: está formada por rochas antigas (precámbricas e paleozoicas), de orixe magmática como o o granito, predominante, e/ou metamórfica (cuarcita, lousa, xisto, gneis). Trátase, polo tanto de rochas duras e ríxidas, resistentes á erosión e que, ante fortes presións tectónicas, poden fracturarse.

• Localización: correspóndese coas áreas ocupadas polo vello zócolo herciniano e os antigos macizos, isto é, co W da Península (Galicia, León, Extremadura, W da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo, Sierra Morena). Tamén se pode localizar nalgunhas áreas illadas: o Pireneo axial e sectores da Cordilleira Penibética, do Sistema Ibérico e da Cordilleira Costeira Catalana.

Page 4: Relevo 03 litol

A España silícea.As formas do modelado granítico, 1

A alteración química en profundidade do granito pola auga pode provocar a descomposición dos seus cristais e e a súa transformación en AREAS PARDOAMARELENTAS que se poden acumular en vales e zonas de escasa pendente.

Page 5: Relevo 03 litol

A España silícea.As formas do modelado granítico, 2

A acción física provocada pola auga, o xeo e o desxeo incide a través da rede de DIACLASAS. Estas fendas vanse agrandando ata provocar a fragmentación dos bloques graníticos dando lugar a formas de relevo moi variado.

Page 6: Relevo 03 litol

A España silícea.As formas do modelado granítico, 3 Nas áreas de alta montaña, os procesos de xelifracción dan orixe a CRISTAS agudas e escarpadas nos cumios e á acumulación dos fragmentos nas PEDREIRAS (pedrizas, canchales)

Page 7: Relevo 03 litol

A España silíceaAs formas do modelado granítico, 4

BOLOS:

bloques graníticos individualizados pola erosión.

TOR:

colina na que é visible a estrutura de polos bloques diaclasados

Page 8: Relevo 03 litol

A España silíceaAs formas do modelado granítico, 5

BERROCAIS:

fórmanse cando os bolos se acumulan nas vertentes.

PEDRAS CABALEIRAS:

bloques en equilibrio inestable sobre un soporte.

Page 9: Relevo 03 litol

A España silíceaAs formas do modelado granítico, 6

DOMOS:

formas redondeadas e suaves que se producen cando a auga actúa sobre as diaclasas máis superficiais, de disposición horizontal, producindo a lenta descamación do granito.

Page 10: Relevo 03 litol

A España calcariaLocalización e materiais• Localización: ocupa unha área en forma de Z invertida

que comeza no Prepireneo, Montes Vascos e o sector oriental da Cordilleira Cantábrica, continúa polo Sistema Ibérico e parte da Cordilleira Costeiro-Catalana e remata na Cordilleira Subbética.

• Materiais: predominan materiais de orixe sedimentaria do Mesozoico e comezos do Cenozoico que, como consecuencia da oroxenia alpina, se pregaron e formaron os conxuntos montañosos do leste peninsular. A rocha predominante é a calcaria, material duro e permeable que se fractura formando fendas ou diaclasas e que é moi sensible a acción química da auga e os ácidos de orixe atmosférica nela disoltos.

Page 11: Relevo 03 litol

A España calcariaAs formas do relevo cárstico

O relevo cárstico é o resultado da acción física e química da auga tanto superficial como subterránea

Page 12: Relevo 03 litol

A España calcariaAs formas do relevo cárstico, 1

LAPIÁS (lapiaz ou lenar):

Superficie sen cobertura edáfica ou vexetal sobre a que os axentes atmosféricos, singularmente a auga, formaron regos máis ou menos fondos e anchos que facilitan a súa posterior infiltración

Page 13: Relevo 03 litol

A España calcaria.As formas do relevo cárstico, 2

CANÓN, FOZ ou GARGANTA.Vales estreitos e profundos de flancos verticais excavados por un río.

Page 14: Relevo 03 litol

A España calcaria.As formas do relevo cárstico, 3

DOLINA.Pequena depresión de fondo plano, silueta ovalada e contornos sinuosos. Ao unirse varias forman unha UVALA.

Page 15: Relevo 03 litol

A España calcaria.As formas do relevo cárstico, 4

POLJÉ.Val pechado de fondo plano recorrido xeralmente por un regatoo que desaparece por un sumideiro ou PÓNOR

Page 16: Relevo 03 litol

A España calcaria.As formas do relevo cárstico, 5

PÓNOR ou SUMIDOIROAbertura estreita con forma de funil que comunica a superficie coas galerías calcarias subterráneas.

Page 17: Relevo 03 litol

A España calcaria.As formas do relevo cárstico, 7

FORMAS ENDOCÁRSTICAS:Como consecuencia da infiltración da auga dende a superficie e a circulación desta en profundidade fórmanse no interior dos macizos calcarios unha serie de formas peculiares:

• Gandes oquedades (COVAS, GRUTAS, CAVERNAS),

• Condutos verticais (SIMAS) e horizontais (GALERÍAS), que poden chegar a formar complexas redes.

• A precipitación do carbonato cálcico disolto na auga forma ESTALACTITAS (colgando do teito das cavidades) e ESTALAGMITAS (erguéndose dende o chán). Se unha estalactita e unha estalgmita chegan a unirse fórmase unha COLUMNA.

• Os puntos a través dos cales a auga sae ó exterior reciben o nome de SURXENCIAS.

Page 18: Relevo 03 litol

A España arxilosa.Localización e materiais.• Localización: esténdese polas concas

sedimentarias terciarias (depresións do Ebro e Guadalquivir, concas sedimentarias castelás) e polas chairas costeiras mediterráneas.

• Materiais: trátase de rochas pouco consistentes e impermeables como as arxilas, as margas e os xesos, de orixe sedimentario continental recente (finais do Terciario, e Cuaternario), que sofren unha rápida erosión.

Page 19: Relevo 03 litol

A España axilosa.As formas do relevo● Nos vales fluviais, a rápida erosión

das superficies horizontais xera unhas chairas lixeiramente onduladas chamadas CAMPIÑAS.

● Nas zonas áridas ou semiáridas desprovistas de vexetación con curtos perídos de choivas torrenciais, as augas desgastan as vertentes excavando barrancos de bordes vivos chamados CÁRCAVAS.

● Cando éstas se desenvolven ocupando unha ampla zona xeran unha paisaxe de BADLANDS.

Page 20: Relevo 03 litol

A erosión diferencial.

A erosión actúa de forma diferencial dependendo da orixe e resistencia da rocha e da disposición dos estratos dando orixe a distintos tipos de relevo

Page 21: Relevo 03 litol

A erosión diferencia.As formas do relevo, 1

Nas zonas onde alternan estratos duros (calizas) e brandos (arxilas, margas) de disposición horizontal, a erosión diferencial contribúe á formación dun RELEVO TABULAR. Este caracterízase pola alternancia entre o nivel de PÁRAMOS, máis elevado, e o de CAMPIÑAS, máis baixo. Se a erosión foi moi intensa, os pramos quedan reducidos a relevos residuais (cerros testemuña, outeiros) que destacan sobre o nivel das campiñas

Page 22: Relevo 03 litol

A erosión diferencial.As formas do relevo, 2

Se os estratos están inclinados, a alternancia de materiais dá orixe ós RELEVOS EN COSTA

Page 23: Relevo 03 litol

A erosión diferencial.As formas do relevo, 3

Se os estratos están pregados, a erosión diferencial orixina:

• O RELEVO APALACHENSE, sobre vellas cordilleiras (de orixe herciniana).

• O RELEVO XURÁSICO, sobre cordilleiras novas.

Page 24: Relevo 03 litol

O dominio volcánicoLocalización e materiais

• Localización: identifícase co arquipiélago canario, se ben na Península podemos atopar formas de orixe volcánica no Cabo de Gata (SE), Olot (NE), o Campo de Calatrava (A Mancha), puntos de Murcia e Valencia.

• Materiais: os volcáns expulsan magma, unha mestura que inclúe elementos sólidos ou piroclastos (bombas, lapilli , cinzas), fluídos ou lavas, e gaseosos. A diversa proporción entre estes materiais inflúe notablemente nas formas do relevo volcánico

Page 25: Relevo 03 litol

O dominio volcánicoFormas de relevo, 1

CONO VOLCÁNICO: relevo volcánico en forma de cono truncado formado pola presión do magma subterráneo e a solidificación das coladas arredor do punto de emisión dun crater.

CALDEIRA: depresións de forma circular ou elíptica orixinadas polo afundimento, explosión ou erosión dun cono volcánico.

Page 26: Relevo 03 litol

O dominio volcánicoFormas de relevo, 2

DOMO VOLCÁNICO: cono volcánico no que a lava e tan viscosa que se enfría e solidifica no mesmo cráter; ten forma de cúpula e paredes moi empinadas.

MALPAÍS: amoreamento de coladas viscosas solidificadas que dan orixe paisaxes ermos con aspecto de escombreira.

Page 27: Relevo 03 litol

O dominio volcánicoFormas de relevo, 3

PITÓNS: masas de lava aloxadas na cheminea dun volcán que aflorarn ao ser erosionado o seu cono. Se proceden de volcáns puntuais chámanse ROQUES. Se o fan de volcáns fisurais, DIQUES.

BARRANCOS VOLCÁNICOS: relevos formados polas augas de aroiada que discorren polas ladeiras inclinadas cara o mar

Page 28: Relevo 03 litol

O modelado glaciar

O glaciarismo da Era Cuaternaria cuaternario deixou unha notable pegada na paisaxe. Durante as pulsacións frías (Gunz, Mindel, Riss, Würm) deste período, afectou a amplas áreas do Macizo Galaico Leonés, a Cordilleira Cantábrica, os Pireneos, o Sistema Ibérico, o Sistema Central e Serra Nevada. Hoxendía só persisten algúns focos de glaciarimo activo en zonas puntuais dos Pireneos.

Page 29: Relevo 03 litol

O modelado glaciarFormas de relevo