ramón piñeiro, a editorial galaxia e a real academia...

14
N o presente contributo achegámonos a un nobelo de cuestións vencelladas á singra- dura pública e intelectual de Ramón Piñeiro durante os anos centrais da ditadura fran- quista (1950-62), virando o noso foco cara a un aspecto concreto, moi importante, da súa biogra- fía e mais da historia da lingua galega: a ‘defensa e ilustración’ do idioma do país nuns tempos espe- cialmente árdigos e difíciles. Para tanto, apoiaré- monos nunha serie de estudos previos, nun feixe de valiosos epistolarios que viñeron a lume en anos recentes, e nun mangado de documentos, uns édi- tos e outros inéditos. Entre o primeiro tipo de fonte, temos que salientar o ensaio A xeración Galaxia, de Francisco Fernández del Riego (1996), o memorial Da miña acordanza, de Ramón Piñeiro e Carlos Casares (2002) e nomea- damente a exhaustiva investigación que Xesús Alonso Montero estampou co título A batalla de Montevideo (2003). Para un episodio concreto, a relación do autor en aprezo coa Academia a come- zos da década dos 60, ofrece unha valiosa informa- ción Xosé Ramón Freixeiro Mato no seu estudo Sebastián Martínez Risco na cultura galega (1994). Entre o segundo tipo de fontes, a principal é, sen dúbida, a correspondencia de Piñeiro con Fernán- dez del Riego, dada ao prelo por este último (2000). Finalmente, canto ao terceiro tipo, foron de especial utilidade o Boletín de la Real Academia Gallega e as actas da propia Academia. No que vén a seguir non imos entrar no tema do ideario lingüístico do noso autor, pois este foi abordado noutra achega que acaba de vir a lume, e que dalgún xeito pode entenderse como comple- mento da presente (Monteagudo, 2008). É obvio que a traxectoria histórica da ditadura non se tron- zou en 1962, ano ao que chegamos neste estudo, mais en 1976; e ademais Ramón Piñeiro seguiu prestando importantes servizos á cultura e a lin- gua galegas ata o seu pasamento en 1989. Se acoutamos a presente achega ata 1962 é porque estimamos que desde o ano seguinte se abre un Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia Galega (1950-1962) Estratexias de resistencia idiomática fronte ao franquismo H ENRIQUE M ONTEAGUDO novo ciclo histórico en España (o do primeiro ‘aperturismo’), e nese marco a actividade cultural de Piñeiro acada unha dimensión moi distinta á dos anos precedentes. Por sinal, a revista que Piñeiro co-dirixirá e que se vai tornar no órgano principal da expresión cultural en galego das seguintes décadas, GRIAL, comeza a publicarse desde 1963 de xeito regular. Ademais, preferimos deixar toda esta etapa fóra do presente artigo, por mor de non alongalo excesivamente. A exploración do asunto que presentamos soamente ten carácter preliminar, e non ten a pretensión de ofrecer grandes novidades, como non sexa serializar unha cadea de episodios trata- dos de xeito máis ou menos disperso en contri- butos de distinto teor, e pasar a limpo o sucinto borrador dun memorial no cal na columna de débedas figurarán os agravios do franquismo, e na de haberes os méritos de Ramón Piñeiro. Con isto, en primeiro e principal lugar, aspiramos a pór o noso gran de area no combate contra o revisio- nismo histórico, fronte os negacionistas, tancredis- tas ou exculpadores que desmenten, escusan ou quitan ferro ao carácter opresivo da ditadura fran- quista, e moi en particular á represión sobre o gale- go e sobre as outras linguas e culturas minorizadas de España. Asemade, constatando a fraxilidade da memoria histórica e alarmado polo espreitar de relecturas do noso pasado con actitudes sectarias, tendenciosas ou pouco ilustradas, pretendemos refrescar a lembranza dunha das figura máis dignas, intelectual e moralmente, da Galicia contemporá- nea, recontando os impagables servizos que prestou a Galicia, ao seu idioma e á súa cultura durante a longa noite de pedra. Primeiras tentativas de uso público do galego durante a ditadura Como é sabido, a política lingüística e cultural da ditadura franquista inspirábase nun nacionalis- mo español ferozmente autoritario e ferreamente

Upload: others

Post on 02-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

No presente contributo achegámonos a unnobelo de cuestións vencelladas á singra-dura pública e intelectual de Ramón

Piñeiro durante os anos centrais da ditadura fran-quista (1950-62), virando o noso foco cara a unaspecto concreto, moi importante, da súa biogra-fía e mais da historia da lingua galega: a ‘defensa eilustración’ do idioma do país nuns tempos espe-cialmente árdigos e difíciles. Para tanto, apoiaré-monos nunha serie de estudos previos, nun feixede valiosos epistolarios que viñeron a lume en anosrecentes, e nun mangado de documentos, uns édi-tos e outros inéditos. Entre o primeiro tipo defonte, temos que salientar o ensaio A xeraciónGalaxia, de Francisco Fernández del Riego(1996), o memorial Da miña acordanza, deRamón Piñeiro e Carlos Casares (2002) e nomea-damente a exhaustiva investigación que XesúsAlonso Montero estampou co título A batalla deMontevideo (2003). Para un episodio concreto, arelación do autor en aprezo coa Academia a come-zos da década dos 60, ofrece unha valiosa informa-ción Xosé Ramón Freixeiro Mato no seu estudoSebastián Martínez Risco na cultura galega (1994).Entre o segundo tipo de fontes, a principal é, sendúbida, a correspondencia de Piñeiro con Fernán-dez del Riego, dada ao prelo por este último(2000). Finalmente, canto ao terceiro tipo, foronde especial utilidade o Boletín de la Real AcademiaGallega e as actas da propia Academia.

No que vén a seguir non imos entrar no temado ideario lingüístico do noso autor, pois este foiabordado noutra achega que acaba de vir a lume, eque dalgún xeito pode entenderse como comple-mento da presente (Monteagudo, 2008). É obvioque a traxectoria histórica da ditadura non se tron-zou en 1962, ano ao que chegamos neste estudo,mais en 1976; e ademais Ramón Piñeiro seguiuprestando importantes servizos á cultura e a lin-gua galegas ata o seu pasamento en 1989. Seacoutamos a presente achega ata 1962 é porqueestimamos que desde o ano seguinte se abre un

Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxiae a Real Academia Galega (1950-1962)

Estratexias de resistencia idiomática fronte ao franquismo

H E N R I Q U E M O N T E A G U D O

novo ciclo histórico en España (o do primeiro‘aperturismo’), e nese marco a actividade culturalde Piñeiro acada unha dimensión moi distinta ádos anos precedentes. Por sinal, a revista quePiñeiro co-dirixirá e que se vai tornar no órganoprincipal da expresión cultural en galego dasseguintes décadas, GRIAL, comeza a publicarsedesde 1963 de xeito regular. Ademais, preferimosdeixar toda esta etapa fóra do presente artigo, pormor de non alongalo excesivamente.

A exploración do asunto que presentamossoamente ten carácter preliminar, e non ten apretensión de ofrecer grandes novidades, comonon sexa serializar unha cadea de episodios trata-dos de xeito máis ou menos disperso en contri-butos de distinto teor, e pasar a limpo o sucintoborrador dun memorial no cal na columna dedébedas figurarán os agravios do franquismo, ena de haberes os méritos de Ramón Piñeiro. Conisto, en primeiro e principal lugar, aspiramos a póro noso gran de area no combate contra o revisio-nismo histórico, fronte os negacionistas, tancredis-tas ou exculpadores que desmenten, escusan ouquitan ferro ao carácter opresivo da ditadura fran-quista, e moi en particular á represión sobre o gale-go e sobre as outras linguas e culturas minorizadasde España. Asemade, constatando a fraxilidade damemoria histórica e alarmado polo espreitar derelecturas do noso pasado con actitudes sectarias,tendenciosas ou pouco ilustradas, pretendemosrefrescar a lembranza dunha das figura máis dignas,intelectual e moralmente, da Galicia contemporá-nea, recontando os impagables servizos que prestoua Galicia, ao seu idioma e á súa cultura durante alonga noite de pedra.

Primeiras tentativas de uso público dogalego durante a ditadura

Como é sabido, a política lingüística e cultural daditadura franquista inspirábase nun nacionalis-mo español ferozmente autoritario e ferreamente

Page 2: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

uniformista. Isto implicaba non só a imposicióndo castelán como único idioma da administra-ción e do sistema educativo, mais a exclusión daslinguas ‘periféricas’ da expresión pública e unrexo control sobre o seu uso culto. Tal políticaperseguiuse mediante unha normativa legal cla-ramente restritiva, pero sobre todo mediante acoerción social, alentada e exercida polas autori-dades gobernativas, polo partido único franquis-ta (Movimiento Nacional) e polos ideólogos evoceiros do réxime (en particular, a prensa, queou estaba ao seu servizo ou estaba amordazadapola censura). Esta política viña sumarse aos bru-tais efectos da represión desatada durante a Gue-rra Civil, como consecuencia da cal a esmagadoramaioría dos individuos e dos grupos máis activosna defensa e promoción dos idiomas minorita-rios sufriran un castigo severísimo (asasinatos,cadeas, exilios, incautacións, prohibicións, diver-sas mutilacións dos dereitos cívicos), que supuxe-ra a súa liquidación efectiva, ao menos dentro deEspaña.

Como compensación, o réxime alentaba afolclorización das linguas e culturas ‘rexionais’,contemplaba o seu cultivo poético (especialmen-te en certos xéneros de poesía) e tolerabaalgunhas outras expresións culturais minorita-rias. Pola contra, estaban especialmente mal vis-tos o emprego daquelas linguas nas publicaciónsperiódicas —que por outra parte eran sometidasa controis especialmente severos, no tocante aoseu rexistro legal e á súa circulación— e mais astraducións de linguas estranxeiras directamenteao catalán ou ao galego, polo que supuñan decuestionamento da superioridade do castelán ede aspiración a un contacto directo das culturas‘rexionais’ con culturas ‘foráneas’. Dado o desafo-rado salvaxismo da represión durante a guerra ena inmediata posguerra, para manter o clima decoerción social non era preciso que a política ofi-cial se explicitase arreo e se materializase acotío,abondaba con intervencións puntuais que servi-

Henrique Monteagudo. Profesor de Filoloxía Galega na Universidade

de Santiago de Compostela. Autor da Historia social da lingua

galega (1999), secretario do Consello da Cultura Galega

e co-director de GRIAL.

Ramón Piñeiro nun retrato de Maside

O E S P E L L O D A S L E T R A S

A política lingüística e cultural

da ditadura franquista inspirábase nun

nacionalismo español ferozmente

autoritario e ferreamente uniformista

Page 3: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

estivera preso en Madrid, acusado de actividadespolíticas contra o réxime, desde abril de 1946 ataxaneiro de 1949. Era, xa que logo, un individuofortemente sospeitoso para o réxime, as súasautoridades e os seus témeros aparellos represi-vos. Iso non lle impediu involucrarse de xeitoinmediato, aínda que ao comezo fose con discre-ción, nas iniciativas galeguistas que sixilosamen-te comezan a xermolar a comezos da década dos50, orientadas cara ao activismo cultural (vistaa extrema dificultade e alto risco que presenta-ba a acción política clandestina, implacable-mente perseguida pola policía política). Estaorientación táctica dos galeguistas baixo o fran-quismo cara á acción cultural constituía a reedi-ción histórica da mesma táctica que adoptaran osseus devanceiros os nacionalistas da pre-guerradurante a ditadura de Primo de Rivera, unha tác-tica que, por certo, no seu momento producirauns resultados ben vizosos (entre outros, o Semi-nario de Estudos Galegos, a revista Nós e ascoleccións ‘Céltiga’ e ‘Lar’).

Unha das características definitorias da acciónde Piñeiro durante eses anos, coma en xeral dogrupo galeguista de Galaxia, foi o traballo enequipo. Aínda que as achegas individuais nonsempre quedaron diluídas no conxunto do traba-llo, e cada un dos integrantes do grupo mantivoo seu propio perfil intelectual e persoal ben mar-cado, o groso do labor era concibido, organizadoe realizado colectivamente. Sen dúbida, o logromáis relevante foi a fundación da propia Edito-rial Galaxia (1950), o principal órgano de expre-sión impresa da cultura galega durante ofranquismo. Neste senso, o produto máis signifi-cativo de Galaxia foi a revista GRIAL, que primei-ro tentou aparecer como colección de apariciónmáis ou menos periódica (1951-52) e, suspendi-da polas autoridades (lembremos o dito antessobre a política restritiva do franquismo verbodas publicacións periódicas), soamente puidoreaparecer de xeito ininterrompido desde 1963(aínda que con carácter obrigadamente bilingüedurante os primeiros anos). De importancia difí-cil de esaxerar foi tamén a creación da Fundacióne Biblioteca Penzol en Vigo (1963), grazas áxenerosidade de Fermín Penzol.

Aínda que Piñeiro non participou na xesta-ción do proxecto de Galaxia, ideado fundamen-talmente por Xaime Isla Couto e FranciscoFernández del Riego, axiña se incorporou aomesmo, para despois xogar un papel protagonis-ta na súa traxectoria desde a súa condición dedirector literario da editora. Na composición doConsello de Administración de Galaxia, presidi-do por Ramón Otero Pedrayo e vice-presididopor Manuel Gómez Román (último secretarioxeral do Partido Galeguista antes da guerra), e do

sen de recordatorio para esquecedizos e mantive-sen a raia aos tan afoutos como improbables disi-dentes.

Son máis ca abundantes os exemplos concre-tos do que levamos dito relativos ao idioma gale-go, pero imos lembrar algúns. Durante a GuerraCivil: clausura, incautación e saqueo da impren-ta/editora Nós (o principal vehículo de publica-ción na lingua do país nas décadas anteriores)despois do asasinato exemplarizante do seu pro-pietario, Ánxel Casal; desaparición do semanarioA Nosa Terra e da revista Nós; clausura e incau-tación do Seminario de Estudos Galegos e paraliza-ción da publicación dos seus Arquivos; aniquilacióndo Partido Galeguista e persecución dos seus prin-cipais dirixentes mediante a súa eliminación,encadeamento ou condena ao exilio, as deposi-cións e as intimidacións. Como consecuencia, nadécada dos 40 o silenciamento público do galegofoi case total.

Contra finais desa década aconteceu un feitoque ilustra outra modalidade da represión lin-güística. Co gallo da inauguración dun monu-mento público a Lamas Carvajal na cidade deOurense, o 11 de novembro de 1949, OteroPedrayo tivo o atrevemento de pronunciar undiscurso público en galego, probablemente o pri-meiro da posguerra. El mesmo relata nunha cartaao presidente da Academia cal foi a reaccióndunha parte do público ante a súa ‘ousadía’:

A la tarde hablé en gallego ante el nuevo monu-mento en El Posío. El Gobernador y el Ayunta-miento falangista tascaban el freno. Era de perrode presa con carranca la cara del pretor. Para resar-cirse, al final, inoportunamente y con sorpresa dela gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himnofalanxista] y dieron gritos. En fin, todos quedamosen lo nuestro (apud Alonso Montero 2003, p. 60).

A partir dese momento, a Otero Pedrayo prohi-bíuselle reiterada e explicitamente o emprego dogalego en público, incluso en actos corporativosda Real Academia Galega, con audiencia restrin-xida. Entre outros, Xesús Alonso Montero(2003, pp. 56-59) achega documentación sobreo veto gobernativo para o uso do galego naspalestras pronunciadas durante o acto de ingresona Academia de Manuel Gómez Román, realiza-do en Vigo o 30 de decembro de 1951.

Piñeiro en Galaxia nos primeiros tempos.Ensaio en galego

É precisamente neste ambiente no que se desen-volven as actividades de defensa e ilustración doidioma que promove ou nas que participaRamón Piñeiro. Como é sabido, o noso home

Page 4: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

equipo directivo (encabezado por Francisco Fer-nández del Riego e Xaime Isla Couto), quedabapatente o significado de Galaxia como organismoartellador do galeguismo sobrevivente en Galicia,herdeiro da lexitimidade histórica representadapolos dous primeiros (por tanto, do propio Par-tido), e proxectado cara ás novas xeracións, repre-sentadas daquela por Piñeiro, del Riego e IslaCouto, entre outros.

De todo o balume de publicacións de Galaxiadurante as décadas dos 50 e dos 60, quizais omáis característico, tanto desde o punto de vistacultural coma desde o da historia da lingua gale-ga, sexa a produción ensaística. Naturalmente,GRIAL (colección e revista) constituíu un vehícu-lo privilexiado para este xénero, pero hai quesalientar a serie de volumes colectivos dos pri-meiros tempos (7 ensayos sobre Rosalía en 1952,La saudade en 1953, Paisaxe e cultura en 1955) emais as monografías e colectáneas individuais deFrancisco Fernández del Riego, Ricardo CarballoCalero, Domingo García-Sabell, Celestino Fer-nández de la Vega ou Juan Rof Carballo, por citaralgúns dos nomes máis significativos daquelaxeración.

A sinatura de Piñeiro aparece en tres das catroprimeiras entregas da colección ‘Grial’ e nos dousprimeiros volumes de ensaio devanditos. Concre-tamente, na estrea da amentada colección —e pri-meiro título da Editorial Galaxia—, tituladaPresencia de Galicia, aparece o artigo “O significa-do metafísico da saudade. Notas para unha filoso-fía galaico-portuguesa”, que constituirá a súaprimeira incursión no ensaio filosófico, e unhadas primeiras tentativas de abordar este xénero enlingua galega. Volvería sobre o mesmo tema novolume de ensaios sobre Rosalía de 1952 (“A sau-dade en Rosalía”) e na colectánea La saudade de1953 (“Pra unha filosofía da saudade”).

Ademais do seu labor á fronte de Galaxiadesde 1951 e de GRIAL desde 1963, e das súasachegas ao cultivo do idioma galego no terreo doartigo e do ensaio aparecidas nas décadas dos 50e dos 60 (escolmadas por el mesmo na colectáneaOlladas no futuro, de 1974), en que a problemá-tica lingüística recibe unha atención sobranceira,Piñeiro rendeu outros importantes servizos á lin-gua galega naqueles durísimos anos centrais dalonga noite de pedra. Vexamos algúns.

A tradución de Heidegger e a suspensióndo primeiro GRIAL

Dixemos antes que unha das áreas sensibles cantoá difusión impresa dos idiomas minorizados naEspaña franquista era a das traducións de linguasestranxeiras. Nese eido (que a partir de 1963 íaser especialmente atendido na revista GRIAL)

Unha das características definitorias da

acción de Piñeiro durante eses anos,

coma en xeral do grupo galeguista de

Galaxia, foi o traballo en equipo.

Aínda que cada un dos integrantes do

grupo mantivo o seu propio perfil

intelectual e persoal ben marcado,

o groso do labor era concibido,

organizado e realizado colectivamente

Ramón Piñeiro (á esquerda) na prisión de Yeserías (ca. 1948)

Ramón Piñeiro (á esquerda) coa súa dona Isabel eun grupo de amigos no Cebreiro

Page 5: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

tamén se internou Piñeiro desde moi cedo,cando, en colaboración con Celestino Fernándezde la Vega, verteu do alemán ao galego a antolo-xía literaria elaborada polo estudoso JuliusPokorny, tradución que veu a lume baixo o títu-lo Cancioeiro da poesía céltiga (1952). Máisimportante resultou ser outra empresa de tradu-ción, a da conferencia Da esencia da verdade dofilósofo alemán Martin Heidegger, consideradoxa daquela un dos cumes da filosofía europeado século XX. Desta vez, a edición do texto enversión galega atopou coa firme oposición dacensura. Houbo que agardar varios anos, ata1956, para que a obra de Heidegger chegase aoprelo, e iso só despois dunha serie de feitos dosque falaremos a seguir.

Evidentemente, a Piñeiro non se lle escapabaa significación sociolingüística que, naquelas cir-cunstancias, tiña a publicación da tradución aogalego dun texto filosófico en alemán (paramáis, non previamente traducido ao castelán).Así llo expresa en carta a Fernández del Riego,en data tan temperá como o 15 de febreiro de1950: “Temos o proxecto de traducir un textofilosófico ao galego para aniquilar dunha vez atese insidiosa de Dámaso [Alonso] e outros1,segundo a cal o galego só serve pra facer poesíasou pra lles falar aos labregos, pero é inepto prafacer ciencia ou filosofía... [este proxecto] res-ponde a unha imprescindible e inapreciable‘política da lingua’ que debemos levar a cabo conrigor” (Epistolario, pp. 36-37; véxase tamén oque di o propio Piñeiro no seu artigo “Heideg-ger na cultura galega”, publicado en GRIAL 103).Tampouco ás autoridades franquistas —que en1951 ordenaran o secuestro e condenaran áfogueira toda a edición dunha escolma de poe-sía alemá contemporánea estampada en Ponte-vedra baixo o título Musa alemá— se llesescapou a significación da empresa de Piñeiro e,como dixemos, denegaron a autorización dapublicación da versión galega da conferencia deMartin Heidegger.

É que as primeiras mostras de reanimación docultivo do galego nos inicios dos anos 50 nonpasaban desapercibidas para os vixiantes cérberosdo falanxismo. Así, en 1951 Juan Aparicio, unveterano fascista director do diario Pueblo deMadrid (editado polo Movimiento Nacional)estampa un furioso alegato nese xornal en formade carta aberta ao seu vello camarada RaimundoFernández Cuesta, daquela ministro de Xustiza,unha requisitoria que constitúe un convite aber-to á represión contra os galeguistas e outros ‘sepa-ratistas’:

En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía ale-mana con ritmo de gaita... El escritor que escribe

en la colección ‘Grial’ de la Editorial Galaxia deVigo [...] porque el castellano le parece tosco, infiele inexpresivo, es un escritor que tiene faltas deortografía en su pluma y en su alma, avergonzán-dose de que se le vean tales vergüenzas al desnudo.Querido y respetado Raimundo, habría que some-terles a una cura psicoanalista o traerles a Madridpor las buenas o por las malas, para que tonifiquensu sistema moral y su sistema nervioso... (citamosapud Alonso Montero, 2003, p. 151).

Correspondendo ao seu rigor como custodio dasesencias do réxime, o autor foi nomeado Direc-tor Xeral de Prensa poucos días despois da publi-cación desta denuncia, e, posto no cargo,faltoulle tempo para suspender a Colección‘Grial’. Galaxia sufría así a amputación dun dosseus órganos máis importantes, un instrumentoque estimaba vital para a recuperación do discur-so cultural galeguista, e en galego, no medio doescoural franquista.

O papel de Piñeiro na ‘batalla de Monte-video’ (1954)

A ocasión para a resposta dos galeguistas fronte apolítica represiva do réxime, longamente acariña-da e meticulosamente artellada2, presentouse en1954, co gallo da VIII Asemblea Xeral da UNES-CO —un organismo en que o réxime de Franco,moi necesitado de recoñecemento internacional,acababa de conseguir o ingreso. Esa Asembleacelebrouse en Montevideo, e nela viron Piñeiro eo equipo directivo de Galaxia a oportunidade dedenunciar, grazas á activa complicidade de mili-tantes antifranquistas da Galicia exiliada e emi-grante, os agravios que se viñan inflixindo aogalego e ás outras linguas perseguidas na Españafranquista. Con tal finalidade, Piñeiro redactou unmanifesto, titulado Denuncia diante a UNESCOda perseguizón do idioma galego pol-o Estado Espa-ñol, que foi editado en folleto acompañando a tra-dución ao francés e ao inglés, e repartido entre osdelegados asistentes á devandita asemblea3. Nestemanifesto, coidadosamente cinxido por esixenciasda ocasión aos aspectos culturais da represión fran-quista, denúnciase en primeiro lugar o controlabafante do Estado sobre a vida cultural, o carác-ter totalitario da censura e a arbitraria índolegobernativa (de facto) e non legal (de iure) das agre-sións, para pasar a sinalar puntos concretos queatinxen as linguas perseguidas:

1) A prohibición de publicar revistas ou xor-nais culturais ou informativos nas linguas catalá,galega e vasca, e as restricións para a publicaciónde artigos ou noticias nestas linguas nos medios decomunicación.

Page 6: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

2) A prohibición de empregar a lingua galeganas conferencias e actos culturais —lémbrase o inci-dente do discurso de Otero Pedrayo cando o ingre-so na Academia de Manuel Gómez Román.

3) A prohibición de publicar traducións delinguas modernas ao catalán, ao galego e ao vasco—entre outros, ponse o exemplo do secuestro daedición da Musa alemá e a non autorización paraa edición da conferencia de Heidegger.

4) A exclusión do galego da práctica docente eda predicación eclesiástica, e a prohibición de falargalego nos seminarios.

5) A inexistencia de estudos de lingua e litera-tura galegas nos centros educativos de Galicia,incluíndo a Universidade.

4) A clausura e incautación do Seminario deEstudos Galegos e a evitación do uso do galegonas publicacións do centro que oficialmente osuplantou, o Instituto Padre Sarmiento de Estu-dios Gallegos.

Como consideración final, sinalábase:

Todo pobo ten o indeclinable dereito colectivo ausar o seu propio idioma como ferramenta de cul-tura. Fronte a isto, nós denunciamos con feitosconcretos e indesmentibles que a lingua galegaxamais sufriu, durante oito séculos da súa existen-cia literaria, o grao de abouramento que actual-mente padece. Isto sucede cando no mundo existee funciona a UNESCO. Mais nós non queremos

1 Referíase a unhas declaracións deste lingüista, recollidas no xornal com-

postelán La Noche, en que aseguraba, referíndose ao proxecto de elabora-

ción dun dicionario galego: “Los que formen ese Diccionario tendrán que

saber que el gallego es hoy una lengua por un lado rural, y por otro, poé-

tica, y nada más; tendrán que escribir ciencia o filosofía en castellano

(que lo hacen espléndidamente)” (Alonso Montero, 2003, p. 71).

2 Véxase a carta de Ramón Piñeiro a Rodolfo Prada de 23 de setembro de

1952, e resposta deste de 1 de febreiro de 1953, reproducidas (a primei-

ra en facsímile) por Alonso Montero, 2003, pp. 185-86 e 188-89.

3 O orixinal foi redactado por Piñeiro en castelán; a tradución ao gale-

go, inzada de formas arbitrarias, debeu ser realizada en Arxentina por

Rodolfo Prada, tal como asisadamente supón Alonso Montero, estudoso

deste episodio, e en quen nos esteamos no que vén a seguir.

Xuntanza do Consello de Administración de Galaxia, a comezos da década dos 60:Emilio Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla, Domingo García-Sabell, Ramón Otero Pedrayo e Xesús Ferro Couselo

Page 7: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

que suceda sen que o coñeza a UNESCO. Confia-mos en que refugará a complicidade moral dosilencio diante de feitos que tan brutalmente con-trarían os seus propios fins e ideais.

En consecuencia, solicitábase aos delegados dosdistintos países presentes na Asemblea que fixe-sen patente a súa repulsa fronte “aos métodosbrutais que o Estado Español vén aplicando áslinguas galega, catalá e vasca”, engadindo que“aos persoeiros do Estado Hespañol na UNES-CO debe informárselles con toda claridadeque o respecto e o amor ao patrimonio cultu-ral da humanidade é a lei ámaga da UNESCOe de que esta lei é incompatible con toda acti-vidade anticultural”. Rubricaban o escrito osCentros Coruñés, Ourensán, Pontevedrés, deBetanzos, de Corcubión e a Irmandade Galegade Buenos Aires.

Os cabezaleiros da delegación española naAsemblea, Joaquín Ruíz Jiménez, ministro deEducación, e Manuel Fraga Iribarne, secretarioda delegación, acusaron o golpe. Probablementeapurrado pola denuncia, ao seu regreso a Españaeste último fixo xestións que, entre outras cousas,permitiron a reapertura dunha cátedra de Linguae Literatura Galegas que viñera languidecendonos anos anteriores a 1936 na Universidade deMadrid (e que se revelou totalmente inoperante)e desbloquearon a autorización para publicar atradución de Heidegger (que por fin vén a lumeen 1956), e para a edición das Obras completas deCurros Enríquez, que se atopaba tamén retidapola censura.

Abrollos do filólogo vocacional:

proxectos para a lingua galega (1956-60)

Precisamente neste ano de 1956, por iniciativado Consello de Galiza, organismo representati-vo do exilio en América, celebrouse o Congreso daEmigración Galega en Buenos Aires, coa partici-pación dun número considerable de entidades,especialmente as radicadas na área do Río de laPlata4. A este foro presentáronse varios relatorioselaborados en Galicia, entre os cales arestora aque-ce salientar o titulado “A defensa do idioma, ven-cello espiritual de todos os galegos”, que redactouRamón Piñeiro (de feito, foi incluído no volumeOlladas no futuro, pp. 95-104), e que apareceusubscrito por Ramón Cabanillas, Ramón OteroPedrayo, Juan Rof Carballo, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, FranciscoFernández del Riego e Xaime Isla Couto. Nesteescrito proponse un plan para a elaboración dungran dicionario galego e para a creación dunPatronato da Lingua Galega que fixese viable ese

proxecto. A pretensión de fondo do relator é“transformar, mediante a defensa do idioma, aunidade sentimental do pobo galego en unidadede acción”, “converter o sentimento común envontade común, en obra común, sería a entrada nanosa maioría de idade como pobo”.

A finalidade deste Patronato, integrado porrepresentantes da emigración e da Galicia metro-politana, sería “artellar a adecuacion entre osmedios económicos e mailos medios técnicos quese precisan”. Se a proposta do tal Patronato nonestá moi concretada, en troques o plan de traba-llo para a elaboración do dicionario atópase bas-tante definido. Os materiais que integrarían esedicionario procederían de dúas fontes: as históri-co-literarias e a lingua falada. Debería comezarsepola publicación concienzuda dos materiais lexi-cográficos, nunha serie ordenada de diversos tiposde traballos: a) documentos medievais, que apare-cerían nunha escolma de varios volumes, b) obrasliterarias, especialmente medievais, c) vocabula-rios elaborados por distintos estudosos desde oséculo XVIII (Sarmiento, Sobreira, Pintos, LeirasPulpeiro etc.), e incluíndo o de Eladio Rodríguez“que constitúe unha verdadeira enciclopedia davida galega”. Canto á lingua falada, era urxente arecolla do vocabulario mariñeiro, agrícola-gan-deiro e vinícola, con monografías representativasdas distintas bisbarras galegas; non se debíaesquecer o riquísimo tesouro paremiolóxicoaínda vivo nos beizos do pobo.

A verdade é que este plan de Piñeiro para odicionario vén concretar as inquedanzas nesteterreo que se viña manifestando reiteradamentenos medios galeguistas desde a fundación deGalaxia. Así, nunha carta de 1950 a Del Riego, onoso autor xa se pronunciara (manifestando assúas razoables reservas) ante a proposta de reedi-tar o dicionario de Marcial Valladares (Epistolario,pp. 45-46), dous anos despois refírese á actitudedo patricio da emigración arxentina ManuelPuente —que viña dando apoio financeiro aogran proxecto dunha Historia de Galiza— sobreo dicionario (Epistolario, p. 62), e outras alusiónsdo mesmo ano aos de América apuntan a xestiónspara recadar fondos entre os emigrantes afortuna-dos cara á edición do tal dicionario (p. 71). Aotempo, neses anos Piñeiro e Del Riego tratan nasúa correspondencia de asuntos tales como a posi-ble redacción dun manual sobre o idioma para oCentro Gallego de Buenos Aires (1950, pp. 47-48), dun proxecto de organización dun ‘Semina-rio de Filoloxía’, enviado por Cabanillas, aoparecer por proposta de Isidoro Millán (1952, pp.62-63), da necesidade de impulsar unha campañade prestixiamento do idioma (1952, p. 63) e, pos-teriormente, da prevista publicación dun diciona-rio de Aquilino Iglesia Alvariño, por Bibliófilos

Page 8: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

4 As actas deste Congreso, publicadas en 1956, foron reimpresas polo

Consello da Cultura Galega en 2006. Sobre o propio Congreso, véxase

nesta segunda publicación o estudo introdutorio de M. Fernández Santia-

go (2006).

Gallegos (1957, pp. 126-27) que, por certo,nunca veu a lume.

Canto á edición de material lexicográfico decarácter histórico, é de salientar o empeño naedición do Onomástico etimológico de la lenguagallega, un dos escritos de asunto idiomáticomáis amplos e interesantes de Martín Sarmiento(véxase Fernández Del Riego 1996, p. 51). Polasnoticias estradas aquí e alá na correspondenciaentre Piñeiro e del Riego, sabemos que para aedición do devandito texto se contaba cun prólo-go do filólogo xermano-luso Joseph Piel (1952,Epistolario, p. 72), e tamén nos informamos damarcha dos traballos preparatorios do profesorIsidoro Millán (1953, pp. 83, 85, 88). En 1956,Piñeiro asegura: “Xa teño aquí parte do Onomás-tico. Onte estiven falando con Isidoro [Millán].Agora quer que fagamos a cousa entre os dous.Traballou enormemente, pois ten a obra comple-tamente anotada coas correccións dos distintosmanuscritos” (p. 115). Incluso en 1958, Piñeiroasegura que xa ten nas mans a “copia definitiva”do traballo de Millán (p. 139). Ignoramos asrazóns de que a obra non chegase a vir a lume, ecal é o paradoiro actual deses materiais.

Á vista de que o proxecto do dicionario, talcomo o concibía Piñeiro, esixía moito labor pre-vio (edición de textos, investigación lexicográficasobre o terreo...), desde moi pronto o equipo deGalaxia viña matinando na conveniencia de darao prelo o moi notable balume de materiais lexi-cográficos axuntados nun gran Diccionario galle-go-castellano, un manuscrito que levara décadasredactando e deixara practicamente preparadopara a estampa Eladio Rodríguez González, fina-do en 1949. O fillo deste, Julio Rodríguez Yordi(quen ingresou como membro numerario daReal Academia Galega en 1955 e que sería undos asinantes da candidatura de Piñeiro) cedeuestes materiais a Galaxia con vistas á súa edición.Trátase, sen ningunha dúbida, da máis importan-te e valiosa achega individual á lexicografía gale-ga. Unha das consecuencias máis relevantes dochamamento de Piñeiro ao Congreso da Emigra-ción Galega e as xestións subsecuentes, foi conse-guir que a Casa Galicia de Caracas se ofrecese afinanciar a edición daquela obra, que veu a lumeco título de Diccionario enciclopédico gallego-cas-tellano, en tres volumes aparecidos en 1958,1960 e 1961, precedidos dun fermosísimo prólo-go de Ramón Otero Pedrayo.

O manuscrito foi arranxado para a impresiónpor un grupo de colaboradores de Galaxia, conRamón Piñeiro á fronte: o traballo non consistiunun simple mecanografado, senón que implicouunha revisión bastante fonda da obra, con vistasa alixeirala (véxase sobre isto Álvarez de la Gran-ja e González Seoane, 2001). Tamén se decidiu

En 1956, por iniciativa do Consello

de Galiza, celebrouse o Congreso

da Emigración Galega en Buenos

Aires. A este foro presentouse

o relatorio “A defensa do idioma,

vencello espiritual de todos os galegos”,

redactado por Ramón Piñeiro.

Neste escrito proponse un plan

para a elaboración dun gran dicionario

galego e para a creación dun Patronato

da Lingua Galega

Page 9: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

corporación viña sendo rexida por unha xuntade goberno provisoria que estivo en funciónsata 1942. A comezos de 1939 había soamentedezaseis académicos de número, o que queredicir que máis da metade das cadeiras (concre-tamente, vinte e catro) ficaban baldeiras. Variosdeses académicos vivos, coma o propio Lugrís,estaban practicamente inactivos por razóns deidade ou de saúde; sobrevivían nada menos queoito académicos fundadores (seis dos cales fale-ceron entre 1940 e 1947) e algún outro, comoCastelao, tiña vedado o regreso ao país porrazóns políticas.

A pouco de rematada a guerra, o 22 de abrilde 1939 procedeuse, nunha única sesiónextraordinaria, a realizar o acto de ingreso de seisnovos académicos numerarios (aínda que cóm-pre advertir que as súas candidaturas foran apro-badas anos antes de iniciada a contenda), entreos cales o arquiveiro e paleógrafo J. DomingosFontenla (1939-42) e o mestre e poeta A. Nor-iega Varela (1939-49). De alí a pouco, a come-zos de 1940, ingresaba o vate en castelánAntonio Rey Soto (1940-66). Tendo en conta oexilio forzoso de Castelao e os pasamentos deManuel Lugrís, Marcelo Macías e algún outroacadémico naqueles anos, a comezos de 1941 aReal Academia Galega contaba novamente conmenos da metade dos seus efectivos. Nestas cir-cunstancias, que puñan en risco a continuidademesma da institución, tomouse a decisión extre-ma de realizar unha incorporación masiva denovos numerarios, ingreso que se efectuoununha única sesión celebrada o 27 de xullo de1941. Nesa data entraron simultaneamentequince novos académicos, entre os cales o paleó-grafo Atanasio López Fernández (1941-44), opedagogo Antonio Couceiro Freijomil (1941-45), o prehistoriador Florentino López Cuevillas(1941-58), o poeta Gonzalo López Abente(1941-63), o erudito e escritor Fermín Bouza-Brey (1941-73), e o polígrafo Xosé FilgueiraValverde (1941-96).

A xulgar polos asinantes das candidaturas deacadémicos recentemente ingresados, os grandesimpulsores desta operación, que de feito viñaconstituír unha refundación da corporación,foron Manuel Casás Fernández, AlejandroBarreiro Noya e Ángel del Castillo. Así foi que en1942 estes pasaron a ocupar a Xunta Directiva: oprimeiro sería electo Presidente (cargo que ocu-pou ata 1960), o segundo Secretario (no cargoata 1948) e o terceiro Tesoureiro (ata 1951). Sig-nificativamente, Ramón Cabanillas non apareceasinando ningunha das devanditas candidaturas,e Ramón Otero Pedrayo unicamente rubricou ado seu coterráneo, amigo e compañeiro de xera-ción Florentino López Cuevillas5.

amecerlle dous apéndices, un de voces galegasrecollidas por un feixe de amadores e estudosos(desde Uxío Novoneyra a Ánxel Fole, pasandopor Domingo García-Sabell, Aníbal Otero ouXosé Luís Franco Grande, e incluíndo o propioPiñeiro), e un breve vocabulario galego-castelán.O primeiro apéndice foi organizado e arranxadopor Xosé Luís Méndez Ferrín e BernardinoGraña, daquela dous dos valores máis promete-dores das letras galegas.

A historia do arranxo editorial do Diccionariode Eladio Rodríguez aínda está por escribir, pero nacorrespondencia de Piñeiro con Del Riego recó-llense algúns dos seus episodios: o deseño dunhapáxina modelo (1953, p. 84), o empeño en facerrealidade o proxecto (“o Diccionario temos que osacar adiante, seña como seña. Servirá de boa basepra desenrolar unha colección lingüística e filoló-xica”, escribe Piñeiro en 1953, p. 84), a inminen-cia da impresión do primeiro fascículo (1957, p.124), a aparición do primero prego impreso(1958, p. 137). Sería do maior interese recuperaro proceso de xestación e realización deste proxec-to na súa integridade, entre outras razóns paracolocar nun merecido lugar de honra na historiado idioma galego aos padroeiros da emigraciónvenezolana que sufragaron a edición. O que siparece claro é que Piñeiro dedicou moito do seutempo a ese labor, como testemuña tamén o seuepistolario con Ramón Lorenzo (1989, p. 136).Nunha misiva a este, comentando a saída do ter-ceiro volume, afirma:

Xa saíu o terceiro tomo do diccionario de don Ela-dio. Parece que non, pero representa un granesforzo editorial o telo sacado adiante. Dentro doseu carácter máis ben enciclopédico, é innegableque enche unha lagoa na nosa cultura, porque nontiñamos ningún. Ademais, o seu caudal léxico,paremiolóxico e informativo fai del unha obra cer-tamente útil. Non temos outro mellor. O queagora cómpre é que nos dispoñamos sistematica-mente a preparar o gran dicionario científico dogalego (30 de marzo, 1962).

A Real Academia Galega na posguerra: aestratexia de Galaxia

Des que Manuel Lugrís Freire tivera que deixara presidencia da Real Academia Galega en 1935por razóns de saúde, a crise de obsolescencia enque esta corporación levaba mergullada desdetempo atrás non fixo máis que agudizarse.Naturalmente, a Guerra Civil supuxo a súa totalparalización, de maneira que ao seu remate aAcademia se atopaba desartellada: a Presidenciaquedara vouga en 1935, a Secretaría en 1937 ea Tesouraría en 1938; de modo e maneira que a

Page 10: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

Aínda que na Academia figuraban un grupobastante nutrido de representantes do galeguis-mo de preguerra, moi poucos deles (tal Caba-nillas e Otero Pedrayo) formaban parte donúcleo ‘duro’ que permanecera leal despois dastensións divisivas provocadas pola incorpora-ción do Partido Galeguista ao Frente Popularen 1935 e, sobre todo, após o esbandallamentoprovocado polo golpe de estado militar-falan-xista e a consecuente guerra civil. Só algúns sepodían considerar máis ou menos próximos aestes (López Cuevillas, Banet Fontenla e quizaisEladio Rodríguez e López Abente), mentresque uns cantos máis (como Couceiro Freijomilou Filgueira Valverde) se aliñaran publica-mente —con diversos graos de adhesión ouentusiasmo íntimos— co novo réxime. Doutrabanda, chama poderosamente a atención opeso do elemento clerical nas novas incorpora-cións, moi acorde coa abrumadora preminenciado que despois se deu en chamar nacional-cato-licismo na Galicia da inmediata posguerra: setenovos académicos eran cregos ou frades (Atana-sio López, Samuel Eiján, Aureliano Pardo,Ramón María Aller, Paulino Pedret, JesúsCarro e Salustiano Portela).

Malia que se poden sinalar precedentes(como o ingreso de Leandro Carré Alvarellos en1945, de Victoriano Taibo en 1948 e o de Aqui-lino Iglesia Alvariño en 1949), a incorporaciónda inteligentzia galeguista, en particular a menosafecta ao franquismo, experimenta un pulo per-ceptible (pero paseniño) a partir de 1951, ano enque ingresan na Academia Manuel GómezRomán (1951-64), Xesús Ferro Couselo (1951-75), Xaquín Lorenzo Fernández (1951-89) eAntón Iglesias Vilarelle (1951-71). En 1953accede á Academia Sebastián Martínez Risco,que sería elixido presidente ao pasamento deCasás, en 1960. Varios dos devanditos estabaninvolucrados no proxecto da Editorial Galaxiadesde a súa botadura en 1950: Gómez Románfoi o primeiro vicepresidente do Consello deAdministración da editorial (presidido por OteroPedrayo), e Martínez Risco e mais Ferro Couseloeran vogais dese mesmo Consello.

Outros intelectuais pertencentes ou próximosao grupo Galaxia foron incorporándose nos finaisda década dos cincuenta e comezos da década dossesenta: o primeiro foi Ricardo Carballo Calero(1958-90), seguido por Domingo García-Sabell(1959-2003), Fernández del Riego (1960), ÁnxelFole (1963-86), Álvaro Cunqueiro (1963-81) eXosé María Álvarez Blázquez (1964-85). Serápertinente notar que Otero Pedrayo subscribiu ascandidaturas dos tres primeiros e mais a de Cun-queiro. O último desa endeita foi, precisamente,Ramón Piñeiro (1967-88). Parece claro, pois, que

5 Esta información pode obterse en parte no propio Boletín de la Real Aca-

demia, tomo XXII (1942), e en parte no sitio web oficial da corporación.

Page 11: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

o grupo Galaxia manifestou interese pola Acade-mia como parte da súa estratexia de resistenciacontra o ferreño control franquista verbo dasescasas, precarias e esmaceladas institucións cultu-rais do país. Este interese queda patente na corres-pondencia entre Piñeiro e Del Riego, coma tal:seguimento das candidaturas de Carballo (1957,pp. 120-22, 125), García-Sabell (1958, p. 142 e147), o propio Del Riego (1958, p. 147; 1960,p. 174, 179), Cunqueiro (1960, p. 174; 1961, p.185), Fole (1961, p. 183, 194), e Álvarez Bláz-quez (1961, p. 186).

O espírito de equipo con que os integrantesdo grupo Galaxia encaraban o seu labor queda demanifesto nunha carta en que Ramón Piñeirotrata de convencer a Francisco del Riego para queacepte que presenten a súa candidatura: “Agoratocouche a ti o seres instrumento da próximabatalla. O mesmo lle puido tocar a outro” (1958,p. 147). Exactamente ese é o espírito con queRicardo Carballo respondera por correo á felici-tación do segundo: “Moitas gracias pola túa fra-ternal felicitación con motivo da miñadesignación como numerario da Academia. Foieleito un de nós. Esa é a única significación dofeito” (1957; Carballo, Epistolario, p. 198).

Piñeiro e a Real Academia Galega antesdo seu ingreso: o código da escrita

A verdade é que, malia a infusión de sangue novaque supuxo a incorporación, entre outros, dosdevanditos académicos, a vida da Academia conti-nuou o seu transcurso languidecente, ao menosdurante a década dos sesenta, ata o punto de que oBoletín corporativo deixou de aparecer entre abrilde 1961 e decembro de 1968. Unha das tarefasmáis relevantes que tiña asignadas, das que o públi-co esperaba máis e na cal a súa acción viña sendofrancamente deficitaria desde sempre (a pesar defigurar entre os seus obxectivos fundacionais), era ada regulación idiomática. Á parte dun moi ansiadodicionario, a necesidade máis sentida neste terreoera a dunha gramática normativa e unhas normasortográficas (adoito se entendía que estas eran partedaquela) que servisen de guía aos usuarios do gale-go escrito, completamente desorientados e necesi-tados de vez dunhas mínimas pautas. Certo é quea inquedanza por este asunto viña sendo máis oumenos recorrente, e que non fallaban nin as inicia-tivas nin a boa vontade, pero dar pasos concretosun pouco firmes revelouse un desafío verdadeira-mente complicado. Imos fixarnos brevementeneste punto precisamente porque, como veremos,a Piñeiro lle preocupou dun xeito moi especial.

Cinxíndonos á Academia da posguerra, osprimeiros precedentes relativos á gramática deque temos noticia espreitan cando Leandro Carré

Alvarellos, autor dun ben fornido e dabondo exi-toso Diccionario galego-castelán, publicado xaantes da guerra6, presenta unha proposta paraque se constitúa unha comisión dentro da Acade-mia coa finalidade de que informe da utilidadedo manual que el mesmo tiña redactado (Librode actas, Arquivo da RAG, xuntanza do 3-IV-1955). Destarte, Paulino Pedret Casado, Sebas-tián Martínez Risco, Otero Pedrayo, FermínBouza-Brey e Xosé Filgueira Valverde son convo-cados para redactar un ditame sobre a cuestión,ditame que, caracteristicamente, non resulta con-cluínte, de maneira que a decisión sobre o asun-to queda en suspenso.

Doutra banda, Sebastián Martínez Risco, quelogo do pasamento de Manuel Casás foi elixidopara a Presidencia da Academia (1960), tiña esteasunto entre os seus obxectivos prioritarios, talcomo se recolle nunha declaración pública de1961:

Si se atiende al factor de la urgencia y a la impor-tancia que debe concederse al conocimiento y fija-ción del idioma gallego, considero de publicaciónpreferente los textos lingüísticos abreviados, perode absoluto rigor científico, tales como una gra-mática, una antología, un vocabulario. Este es elcriterio que ha determinado el acuerdo adoptadopor la Real Academia Gallega de proceder a suredacción, que ya está en marcha, y a su edición(apud Freixeiro Mato 1994, p. 158).

Efectivamente, en febreiro de 1961 constituíuseunha comisión académica para abordar as ditastarefas, inicialmente composta polos seguintesmembros: Vicente Risco, Fermín Bouza-Brey,Xosé Filgueira Valverde, Victoriano Taibo (querenunciou axiña, alegando incompetencia),Aquilino Iglesia Alvariño, Enrique Chao Espiña,Ricardo Carballo Calero, Abelardo MoralejoLaso e Manuel Rabanal Álvarez —estes dousúltimos, aínda que non eran numerarios da Aca-demia, foron designados na súa cualidade de lingüis-tas ‘profesionais’, como catedráticos universitarios deFiloloxía. Dentro desta comisión constituíueseunha subcomisión formada por Iglesia Alvariño,Filgueira, Moralejo e Rabanal, co encargo especí-fico de elaborar un relatorio de base para a gra-mática. Dado que o primeiro faleceu poucosmeses máis tarde (en agosto do mesmo ano1961), incorporouse á Comisión no seu lugarRamón Piñeiro, a pesar de que aínda non eraacadémico numerario.

As divisións de opinión no seo da comisiónnon tardaron en aflorar: algúns dos seus mem-bros (como Chao Espiña e Bouza-Brey) coidabanque a misión era urxente e había que abordala dexeito inmediato, mentres que a outros (como

Page 12: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

Rabanal e Piñeiro) lles parecía que o asuntorequiría reflexión e estudo. Chao Espiña expresá-base así:

Unha Academia ¡sen Gramática!... Unha lingua quefica nos beizos das xentes, lingua que cada un falacomo quer... Os gramáticos non fixeron a linguapero son eles os que teñen que facer a ciencia da lin-guaxe, teñen que coidar que vaia por onde debe,evitando unha anarquía, mesmo dos que falan e sonanalfabetos. No pobo está a canteira, os académicostemos que ser os artistas desa canteira. Dá vergoñaque Galiza estea no século XX sen Gramática (apudFreixeiro Mato 1994, p. 173).

De todos os xeitos, ao pouco tempo Moralejo eRabanal desmarcáronse do labor, alegando(segundo carta do primeiro ao Presidente da Aca-demia que consta no arquivo da RAG) que

se trata de un trabajo que ha de ser realizado prin-cipalmente por gallegos que sientan la lenguadesde dentro, cosa que nosotros no podemos sen-tir. Nuestra labor podría ser complementaria enciertos puntos, de explicación, selección, etc., peropuestos a elaborar una obra tal, tendríamos queatenernos a los modelos precedentes.

Pola súa parte, Piñeiro tíñase declarado sobreeste punto dun xeito indirecto nunha interesan-te nota sobre os criterios lingüísticos que acom-paña a tradución do Cancioeiro da poesía céltigade J. Pokorny, que viñera a lume en 19527:

O galego é unha lingua oral que aínda non acadouunha fixación literaria plena. A primeira etapa dasúa conversión en lingua de cultura superior debeconsistir na escolma daquela parte do seu vocabu-lario que, entremedias da riqueza de variantes pro-pia das linguas de vida exclusivamente oral, teñaposibilidades dunha meirande dignidade literaria,procurando debullalo da codia do ruralismo vul-gar. Entendemos que a nosa evolución lingüísticaaínda non pasou desta etapa de escolma a unhaetapa, necesariamente posterior, de unificación.

Á vista disto, non é de estrañar que en 1962 onoso autor expresase un punto de vista moi dife-rente ao de Chao Espiña, tal como lle expón encarta a Martínez Risco:

Confésoche que me alarma unha miga esa facilida-de con que a Academia simplificou tan complexo edelicado problema, sen dúbida movida dos mello-res e máis nobres desexos, pero, evidendemente,con conciencia pouco clara da súa verdadeira res-ponsabilidade idiomática. Deixouse levar poloaguillón das urxencias sen meditar sobre as verda-

6 A primeira edición, en dous volumes, é de 1928-31, a segunda, nun

volume e xa titulado Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-

galego, é de 1933. En 1951 aparecería a terceira edición, a cuarta en

1972 e chegaría a unha quinta en 1979.

7 Como se sabe, asinan a tradución Piñeiro e Celestino Fernández de la

Vega, pero é obvio que o rsponsable da versión ao galego é o primeiro.

Que os criterios lingüísticos aplicados nese traballo eran dabondo medi-

tados demóstrao a carta (datada o 3-VII-1952) que Piñeiro envía en res-

posta a unha consulta que lle fixeran sobre o texto dunha versión do

Ordinario da Misa, onde se pronuncia de xeito concreto sobre unha serie de

puntos de idioma e ortografía (reprodución facsimilar en López Muñoz,

189, 219).

Retrato de Ramón Piñeiro por Luís Seoane

Page 13: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

deiras posibilidades. E a Academia non debe, nonpode dar un paso en falso no problema idiomático.Estamos nun semi-caos lingüístico. Para saírmosdel necesitamos da autoridade normativa da Aca-demia. Iso obrígalle a proceder con moito tino ecoa meirande responsabilidade. Pensar que no esta-do actual dos nosos coñecementos lingüísticospode a Academia publicar a gramática académicado galego é bastante alarmante para quen teñaconsciencia da nosa realidade idiomática e dos seusintrincados, múltiples e delicados problemas (apudFreixeiro Mato 1994, pp. 171-72).

Doutra banda, nesa mesma comunicación Piñei-ro comprométese a presentar un informe ‘claro epreciso’, cun plan positivo (consultado cos ‘técni-cos’, isto é, filólogos profesionais como Moralejoe Rabanal) “para que a Academia poida levar acabo, con realismo e eficacia, a súa elevada misiónneste terreo”, pois considera que “de toda a activi-dade da Academia”, “a responsabilidade idiomáti-ca” é “a que máis me preocupa e interesa” [cursivanosa]. Esta última afirmación é especialmentereveladora, en canto serve para alumar a eleccióndo tema da súa palestra de ingreso e mais a súaimplicación na cuestión en aprezo.

Non coñecemos a literalidade deste informe,pero sabemos que foi efectivamente elaborado etemos idea do seu contido, grazas a unha carta deMartínez Risco a Antón Fraguas (xaneiro de 1962).Segundo se le nesta, o noso autor propuña abordaro problema en tres fases: 1) estudo dos feitos lin-güísticos, isto é, “da multiplicidade polimórfica dogalego”; 2) unificación selectiva; 3) redacción dagramática. A primeira tarefa debía ser encomenda-da aos lingüistas, as outras dúas recaerían na Aca-demia. O informe, que tivo como principalvaledor dentro da corporación a García-Sabell,causou impresión nos académicos, como suxirea lectura do seu libro de actas (xuntanzas de 24de xuño, o 20 de outubro e o 12 de decembro de1962), unha impresión que confirma a propiacorrespondencia de Piñeiro8. A posición deste, quese dunha banda resultaba moi asisada, doutrabanda implicaba aprazar sine die a tarefa, acabouprevalecendo, e a Academia postergou a decisión(Freixeiro Mato 1994, p. 174). Leandro Carré,que sorprendentemente non fora designado para acomisión, talvez desesperando de conseguirque a RAG adoptase como propia ou dese algúntipo de respaldo oficial á súa gramática —e proba-blemente aguilloado pola publicación da Gramáti-ca elemental del gallego común (1966) que R.Carballo compuxera por encargo de Galaxia—,daría o ao prelo a súa Gramática gallega en 1967.

Á derradeira, a Real Academia Galega nontería máis remedio que abordar a tarefa de fixa-ción dunha normativa idiomática elemental, cada

vez máis necesaria desque no curso 1965-66, daman de R. Carballo, comezara a ensinarse linguae Literatura galegas na Universidade de Santiagode Compostela, e practicamente imprescindibleunha vez que a Ley General de Educación apro-bada polas Cortes franquistas (1970) contempla-ba (con extremas cautelas) a posibilidade deaprendizado das ‘linguas vernáculas’ nos estable-cementos educativos. Piñeiro impulsou e partici-pou activamente neste proceso, que culminaríacoa publicación en 1971 das Normas ortográficas emorfolóxicas do idioma galego9.

Nesta cuestión, coma na súa propia prácticaidiomática como escritor en galego (desde a pro-pia edición do Cancioneiro da poesía céltiga),Piñeiro sitúase decididamente na corrente centraldo cultivo e elaboración do galego que se desen-volveu ao longo do século XX. En coherenciacon isto, no terreo da ortografía propugnou a ra-cionalización e a simplificación pero tamén a fle-xibilidade, mostrouse moi prudente e gradualistaá hora de abordar a tarefa da codificación norma-tiva (a ‘unificación gramatical’, nos termos daépoca), e en xeral optou por un moderado refor-mismo. A súa práctica idiomática, apoiada nuncriterio moi apurado e nun coñecemento a fondodo idioma, réxese por un acrisolado purismo e untemperado diferencialismo fronte ao castelán,con resultados sinxelamente barís.

O galego escrito de Piñeiro estéase nunhacombinación coidadosa (e ao tempo un tantoecléctica) de enxebrismo e de cultismo, na procu-ra de autenticidade idiomática e ao tempo da ele-vación propia do rexistro cultivado, á distanciaxusta verbo do falar coloquial e ordinario. O seuenxebrismo nútrese dun sólido coñecemento dovizoso peculio das falas populares e da ricaz tra-dición literaria galega; mentres que o seu cultis-mo se estea nunha apertura sen complexos caraao léxico portugués. Todas as devanditas ache-gas son rigorosamente peneiradas, co que seevita unha simple mestura ou unha xustaposi-ción meramente acumulativa de recursos. Polacontra, o resultado é unha escrita clara e sinxe-la, apta para a comunicación directa de ideas,mais ao tempo elegante e saborosa, capaz detransmitir matices subxectivos e vibraciónsemocionais10.

Sobre o seu ideal de lingua literaria e sobre asrelacións entre galego, portugués e brasileiro,Piñeiro expresaríase coa máxima claridade na“Carta a don Manuel Rodrigues Lapa”, textopublicado primeiro en GRIAL (nº 42, 1973), edespois incluído no volume Olladas no futuro(1974). A pesar do interese que ofrecen, deixare-mos estes temas no tinteiro, pois non aquecen ápresente oportunidade.

Page 14: Ramón Piñeiro, a Editorial Galaxia e a Real Academia ...webspersoais.usc.es/export9/sites/persoais/... · la gente sensata, cantaron Cara al Sol [o himno falanxista] y dieron gritos

Cabo

Nun rápido sumario de canto levamos dito, cons-tatamos que o labor de Piñeiro no tocante aoidioma galego naqueles anos desenvolveuse nosseguintes planos: a) o seu fomento e cultivo, a tra-vés fundamentalmente da Editorial Galaxia (daque era director literario), e das traducións querealizou en colaboración con C. Fernández de laVega (Cancioeiro da poesía céltica, 1952, e Daesencia da verdade, 1956); b) a defensa do seu usona vida pública e cultural, tanto nos seus artigoscanto na denuncia da represión franquista peran-te a Asemblea da UNESCO (1954); c) as propos-tas para o seu estudo, codificación e elaboración—simplificación gráfica operada nas súas propiastraducións e nas edicións de Galaxia, plans refe-rentes á edición de traballos cara á constitucióndunha filoloxía galega, intervención nos debatesda Academia de 1961-62, traballo editorial sobreo Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodrí-guez publicado en 1959-62—. O balance é real-mente impresionante, e case sen parangónnaqueles anos.

Deixamos dito ao comezo da presente achegae acabamos de sinalar nos parágrafos anterioresque a folla de servizos de Ramón Piñeiro, conatoparse ben fornida á altura de 1962, iríasecubrindo a partir desta data de méritos aíndamáis relevantes, ora en Galaxia, ora na Academia,ora noutros ámbitos. Só por referirnos ao terreolingüístico, nos anos posteriores viría o ingresona Real Academia Galega e a publicación domaxistral ensaio A lingoaxe i as língoas (1967), asúa participación na elaboración das primeirasNormas ortográficas e morfolóxicas aprobadas polaRAG (1969-71, véxase GRIAL 171), os seus deba-tes con Manuel Rodrigues Lapa sobre a identida-de do galego (1973), a publicación da colectáneaensaística Olladas no futuro (1974), a súa novaparticipación nas Normas da RAG (1982), e opulo á creación do Consello da Cultura Galega(1983) entre outras moitas realizacións. Peroestoutras actividades, enmarcadas no últimofranquismo, no proceso de transición democráti-ca e no comezos da democracia e da autonomía,son merecentes de novas aproximacións, quedeben ser abordadas no futuro inmediato �

8 Véxase, por exemplo, as cartas a Ramón Lorenzo de febreiro a abril do

mesmo ano, citadas en Lorenzo 1989, pp. 138-39.

9 Véxase sobre isto o estudo de Alonso Pintos 2006, pp. 182-191, e as

cartas do propio Piñeiro estampadas en Grial 171 (2006), pp. 57-69.

10 Para unha análise demorada deste aspecto remitimos ao noso

propio contributo: Monteagudo 2003.

BibliografíaAlonso Montero, X. (2003): A batalla de Montevideo. Os agravios

lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954. Vigo, EdiciónsXerais de Galicia.

Alonso Pintos, Serafín (2006): O proceso de codificación dogalego moderno (1950-1980). A Coruña, Fundación Barriéde la Maza.

Álvarez de la Granja, M. e González Seoane, E. (2001): “A elabo-ración do Diccionario enciclopédico gallego-castellano”, enDía das Letras Galegas 2001. Eladio Rodríguez González,Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Com-postela; pp. 25-73.

Barreiro Noya, A. (1942): “Al entrar en un nuevo período.Resumen de una gestión”, en Boletín de la Real AcademiaGallega XXII (1942), pp. 313-20.

Carballo Calero, R. (2006): Epistolario a Fernández del Riego.Vigo, Galaxia.

Fernández del Riego, F. (1996): A xeración Galaxia. Vigo, Galaxia.Fernández del Riego, F. (2000): Un epistolario de Ramón Piñeiro.

Vigo, Galaxia.Fernández Santiago, M. (2006): “Introdución” a Primeiro Congre-

so da Emigración Galega (1956), Santiago de Compostela,Consello da Cultura Galega / Arquivo da Emigración Galega,VII- XIII.

Freixeiro Mato, X. R. (1994): Sebastián Martínez Risco na culturagalega. A Coruña, Laiovento.

López Muñoz, D. (1989): O idioma da Igrexa en Galicia. Santia-go de Compostela, Consello da Cultura Galega.

Lorenzo, R. (1991): “Filólogo de vocación”, en Homenaxe aRamón Piñeiro, A Coruña, Galicia Editorial; pp. 127-41.

Monteagudo, H. (2003): “Sobre a norma léxica do galego cultoda prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia”, en M.Álvarez de la Granja e E. González Seoane: A estandarizacióndo léxico. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Gale-ga, pp. 197-253.

Monteagudo, H. (2008): “Limiar” a R. Piñeiro, A linguaxe e aslinguas. Vigo, Galaxia.

Piñeiro, R. (1989): “Heidegger na cultura galega”, Grial 103, pp.384-389.

Piñeiro, R. (2002): Da miña acordanza. Memorias. Vigo, EditorialGalaxia / Fundación Caixa Galicia.

Piñeiro, R. (2006): “Cartas de Ramón Piñeiro a Basilio Losada,1970-71. Sobre a normativa da lingua, a creación do ILG ea Academia”, Grial 171, pp. 57-69.

—“Sesión extraordinaria. Acta de la sesión celebrada por la RealAcademia Gallega en el Paraninfo de la Universidad de San-tiago el 27 de Julio de 1941”, en Boletín de la Real Acade-mia Gallega XXII (1942), pp. 320-26.