proxecto lector

64
PROXECTO LECTOR IES “RÍO MIÑO” Rábade (Lugo) Aprobado polo Claustro de profesores o día 26-10-2009 Curso 2009-2010

Upload: biblioteca-rabade

Post on 10-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Proxecto Lector de Centro aprobado en claustro.

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto Lector

PROXECTO LECTOR

IES “RÍO MIÑO” Rábade (Lugo)

Aprobado polo Claustro de profesores o día 26-10-2009

Curso 2009-2010

Page 2: Proxecto Lector

Páxs. 0.- Índice ----------------------------------------------------------------------- 1 1.- Introdución ------------------------------------------------------------------- 2 2.- Análise da situación da lectoescritura no centro ----------------------- 4 2.1.- Prácticas lectoras e escritoras do alumnado ------------- 4 2.2.- Hábitos lectores do alumnado --------------------------------- 6 2.3.- Análise das metodoloxías empregadas ----------------------- 15 2.4.- Recursos materiais e humanos. Situación da biblioteca escolar

e outros recursos ------------------------------------------- 17 2.5.- Necesidade de formación do profesorado neste ámbito ----- 19 3.- Obxectivos, fundamentos e organización --------------------------------- 19 3.1.- Obxectivos ----------------------------------------------------- 19 3.2.- Metodoloxías máis axeitadas ---------------------------------- 21 3.3.- Organización de espazos e tempos ---------------------------------- 25 3.3.1.- Creación de ambientes lectores. Hora de ler ----------- 25 3.3.2.- Outras actividades ---------------------------------- 26 3.4.- A biblioteca escolar e os recursos culturais do entorno --------- 27 3.5.- Coordinación do proxecto e organización ------------------- ----- 27 3.6.- Participación de todo o profesorado -------------- 28 3.7.- Modo de organización ------------------------------------------- 29 3.8.- Modo de difusión e apoios necesarios ------------------------ 30 4.- Intervencións que cómpre sistematizar --------------------------------- 31 4.1.- Ensinanzas de estratexias de comprensión lectora en

todas as áreas ---------------------------------------------------- 32 4.1.1.- Outras actividades --------------------------------- 36 4.2.- Expresión escrita ---------------------------------------------------- 37 4.2.1.- Actividades relacionadas coa escritura ------------- 38 4.3.- Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas ------------- 39 4.4.- Actividades de educación documental ------------------------ 41 4.4.1.- Actividades para localizar a información -------------- 42 4.5.- Integración das TIC ------------------------------------------- 43 4.5.1.- Actividades con Internet como fonte de información 43 4.5.2.- Actividades para traballar cos medios audiovisuais -- 45 4.6.- Implicación das familias e do entorno ------------------------- 46 5.- Criterios e procedementos de avaliación ---------------------------------- 47 5.1.- Elaboración dos intrumentos e fontes de información ----- 47 6.- Anexos ------------------------------------------------------------------------- 49 6.1.- Pauta de observación da comprensión lectora --------------- 50 6.2.- Ficha de avaliación do Plan de Lectura (CCP) --------------------- 51 6.3.- Ficha de avaliación do Plan de Lectura (profesorado) ------ 52 6.4.- Ficha de avaliación dos traballos de investigación --------------- 54 6.5.- Ficha de avaliación dos traballos expostos oralmente ------------ 55 6.6.- Avaliación da expresión oral ----------------------------------- 56 6.7.- Comprensión lectora. Tipos de textos por cursos --------------- 57 6.8.- Avaliación da comprensión lectora ----------------------------------- 58 6.9.- Ficha para a avaliación da expresión escrita ---------------- 59 6.10.- Ficha de avaliación do traballo en grupo ------------------------- 60 6.11.- Ficha de avaliación da realización dun traballo --------------- 61 6.12.- Cuestionario para a autoavaliación dun alumno --------------- 62 7.- Bibliografía ------------------------------------------------------------------- 63

- 1 -

Page 3: Proxecto Lector

1.- Introdución Nome do centro: I.E.S. RÍO MIÑO Dirección: Rúa Rosalía de Castro, s. n. Localidade: Rábade Código postal: 27370 Teléfono: 982390633 Fax: 982390033 E-mail: [email protected] Web: www.iesriomino.org.es Historia:

O IES RÍO MIÑO de Rábade comezou a súa andaina no curso 1996-97

impartindo só 1º de ESO. Nos cursos posteriores fóronse implantando 2º, 3º e 4º de

ESO, rematando a implantación de toda a ESO no curso 1999-2000.

No curso 2006-07 impartíuse 1º de bacharelato, completándose a etapa no curso

seguinte 2007-08.

Igualmente, dende o curso 2000-01 impartíuse no centro un Programa de

Garantía Social na modalidade B, sendo substituido no curso 2008-09 por un Programa

de Cualificación Profesional Inicial, na modalidade C.

Alumnado:

A matrícula para o curso 2008-09 consta de 333 alumnos, dos que 246 son de

ESO, 73 de bacharelato e 14 de PCPI.

O alumnado corresponde maioritariamente ós concellos de Begonte, Outeiro de

- 2 -

Page 4: Proxecto Lector

Rei e Rábade, estando tamén escolarizados alumnos da parroquia de Pígara, do concello

de Guitiriz. Unha parte deste alumnado (aproximadamente un 60%) habita no medio

rural, residindo o resto nas zonas urbanas dos concello citados.

Profesorado:

Actualmente o claustro do IES RÍO MIÑO está composto por 43 profesores: 7

mestres definitivos, 1 mestre provisional, 24 profesores de educación secundaria

definitivos, 10 profesores de educación secundaria provisionais (un deles a media

xornada e outros dous en comisión de servicios), e 1 profesor de Relixión.

- 3 -

Page 5: Proxecto Lector

2.- Análise da situación da lecto-escritura no centro.

2.1.- Prácticas lectoras e escritoras do alumado.

No curso 2007-2008 realizouse unha enquisa individual por materia e

grupo para avaliar as prácticas lectoras e escritoras do alumnado.

Os resultados da enquisa sobre habilidades en lecto-escritura foron os

seguintes:

A. Exactitude lectora (Pedíase ó profesorado que indicase os oito erros máis

frecuentes que atopaba na lectura do seu alumnado)

Non realiza as pausas correctamente 71%

Non entoa adecuadamente 74%

Sinala co dedo: 14%

Omisión de liñas 7%

Silabeo 29%

Presenta vacilacións 69%

Realiza repeticións 38%

Realiza rectificacións 59%

Realiza substitucións 48%

Presenta adicións 28%

Realiza inversións 12%

Realiza omisións de letras ou palabras 62%

Aclaracións:

Vacilacións: O alumno/a detense máis tempo do habitual, titubea ou

vacila antes de ler.

Repeticións: O alumno/a volve ler o xa lido.

Rectificacóns: O alumno/a le equivocadamente, percibe o erro e

- 4 -

Page 6: Proxecto Lector

procede á lectura correcta.

Substitucións: O alumno/a sustitúe unha letra ou unha palabra por

outra.

Adicións: O alumno/a engade un son ou unha palabra que non

aparece escrita.

Inversións: O alumno/a le como se estivera invertida a orde da

colocación das letras.

Omisións: O alumno/a omite letras ou palabras

B. Comprensión lectora

Comprende palabras 71%

Comprende frases sinxelas 71%

Comprende frases complexas 22%

Comprende textos sinxelos 71%

Comprende textos complexos 14%

C. Erros de escritura ((Pedíase ó profesorado que indicase os oito erros máis

frecuentes que atopaba na escritura do seu alumnado)

Irregularidade no tamaño da letra 57%

Grafismo moi tembloroso 28%

Superposicións 5%

Substitucións 24%

Adicións 6%

Inversións 6%

Omisións de letras ou palabras 50%

Fragmentación dunha palabra 24%

Unións de palabras 22%

Acentuación 62%

Cambios consonánticos 59%

( v por b, d por z, ll por y,…)

Puntuación 71%

Desorde da frase 41%

Incoherencia do texto 47%

- 5 -

Page 7: Proxecto Lector

2.2.- Estudo da eficiencia lectora e dos hábitos lectores do

noso alumnado.

No curso 2006-07 comezouse a aplicar unha proba de eficiencia lectora e hábitos

lectores ó alumnado que ingresaba en 1º da ESO. Estes son os resultados obtidos nos

últimos tres cursos:

Comprensión

58%

35%

7%

Insuficiente

Medio

Bueno

Velocidade

6% 4%

57%

20%

11% 2% Ins.Tipo 0

Ins. Tipo 1

Ins. Tipo 2

Medio Tipo 3A

Medio Tipo 3B

Bueno Tipo 4

- 6 -

Page 8: Proxecto Lector

Zona de Insuficiencia Zona Media Zona de Eficiencia

Tipo 0 Tipo 1 Tipo II Tipo III-A Tipo III-B Tipo IV Tipo V

Comprensión

inferior ó

40%

Menos de

100 p/m

De 100 a

150 p/m

De 150 a

200 p/m

De 200 a

250 p/m

De 250 a

500 p/m

Máis de

500 p/m

Eficacia

92%

7% 1%

Insuficiente

Medio

Bueno

- 7 -

Page 9: Proxecto Lector

Hábitos lectores e emprego do tempo libre

- 8 -

Page 10: Proxecto Lector

- 9 -

Page 11: Proxecto Lector

- 10 -

Page 12: Proxecto Lector

- 11 -

Page 13: Proxecto Lector

- 12 -

Page 14: Proxecto Lector

- 13 -

Page 15: Proxecto Lector

- 14 -

Page 16: Proxecto Lector

Os resultados dos estudos denotan as seguintes necesidades:

As habilidades lectoras teñen un nivel baixo: é chamativo que un 29% lea

silabeando ou que un 62 % omita letras ou palabras.

Por outra banda, se só un 14% comprende textos complexos é porque

ainda que algúns adquiriron as habilidades mecánicas, teñen dificultade

para comprender o que len ou non teñen o vocabulario necesario para

entender o sentido dos textos.

Todo iso xenera unha situación de “desmotivación”: o esforzo que hai que

realizar para enfrontarse ás páxinas dun libro é excesivo, os obstáculos que

hai que vencer (técnica lectora, comprensión, vocabulario, …) son case

insalvables. Para querer ler hai que saber facelo.

Iso explica que só un 8% acade unha eficacia lectora aceptable, mentras

que un 92 % permanecen nun nivel lector insuficiente con todo o negativo

que supón a carencia neste senso

Non é difícil entender que a un 55% do alumnado lle guste pouco ler, que

só un 27% do alumnado manifeste que lle gusta moito ler e que unicamente

un 25% lea por iniciativa propia ou que un 5% dos nosos rapaces e rapazas

teñan a lectura como actividade favorita no tempo de lecer. O noso

alumnado le por recomendación dos profesores e dos pais

2.3.- Análise das metodoloxías empregadas.

A análise feita da metodoloxía empregada na práctica docente permite as seguintes

conclusións:

En xeral, os profesores e profesoras temos as seguintes ideas erróneas

sobre o acceso á información e as habilidades lecto-escritoras do noso

alumnado:

- 15 -

Page 17: Proxecto Lector

• Os alumnos teñen fácil acceso á información (bibliotecas públicas ou

persoais, Internet…)

• Todos os alumnos saben ler e, incluso, teñen hábito de lectura.

• Todos os alumnos teñen un nivel aceptable de comprensión, xa non de

textos sinxelos senón tamén de certa complexidade; saben

seleccionar a información e consiguen integrala e elaborar

documentos propios.

Por todo o anterior e por falta de tempo, pola complexidade e amplitude dos

curriculos das materias, na práctica docente acontece o seguinte:

Non hai actividades explícitas de lecto-escritura: só se contempla como

instrumento no desenvolvemento dos contidos de cada materia.

Nos poucos casos nos que se programan actividades de lecto-escritura,

detéctanse as seguintes eivas:

• Predominan as actividades de lectura sobre a escritura.

• Non se temporalizan ou, se se fai, non é con frecuencia nen

regularidade.

• Non se avalían e tampouco se cualifican nen se teñen en conta para a

cualificación global da materia.

• Non se programan actividades de reforzo.

• En ningún caso se fai unha avaliación inicial para deseñar as

actividades.

Non se programan actividades específicas para traballar o vocabulario.

Non hai coordinación entre o profesorado das diferentes materias do mesmo

grupo.

- 16 -

Page 18: Proxecto Lector

2.4.- Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca

escolar e outros recursos.

O espazo da biblioteca ten unha superficie de 100 metros cadrados, de forma

irregular, con boa luz natural e artificial, de fácil acceso dende calquera punto do centro

e do exterior. Na actualidade distinguimos nela nove seccións diferentes:

1.- Lectura informal.

2.- Traballo individual ou en pequeno grupo.

3.- Traballo en gran grupo.

4.- Audiovisuais, CDs, DVDs.

5.- Informática.

6.- Taboleiro de anuncios.

7.- Expositor de novidades.

8.- Xestión e préstamo.

9.- Ludoteca.

Todas elas están funcionando, agás a ludoteca, que o fará próximamente.

É de destacar o espazo de lectura informal pola aceptación que ten entre os rapaces,

nel sitúanse as publicacións ás que estamos subscritos, a prensa diaria e unha selección

de cómics.

• O mobiliario está constituído por andeis abertos na súa maioría, mesas e sillas

novas, todas iguais, procedentes da dotación enviada pola consellería para a

ampliación do centro, que ven de inaugurarse e que se distribúen, segundo

convén, en pequeno ou grande grupo. Estase a renovar o mobiliario para

audiovisuais, xestión e lectura informal, ata onde o permita a dotación do

PLAMBE.

• A dotación informática consiste en sete ordenadores, dos cales catro foron

adquiridos no curso 2008-09 cos fondos do PLAMBE; dous están en rede para a

xestión e os restantes están á disposición dos alumnos.

- 17 -

Page 19: Proxecto Lector

• En canto ós fondos rexistrados, uns 5800 xa están incorporados a MEIGA. Para

o préstamo estase a empregar unicamente este programa de xestión, xa que os

libros de máis mobilidade están na súa meirande parte no OPAC conforme as

normas da CDU.

Da totalidade de fondos documentais, a metade aproximadamente están en

galego, uns 350 en inglés, outros tantos en francés e os restantes en castelán; sendo uns

500 da totalidade libros de consulta de distintas áreas.

Existen ademais tres coleccións de películas de cine de diversa temática, CDs de

música, e DVDs de documentais de diversas áreas, así como coleccións de minerais e

material de laboratorio, enviados pola Consellería de Educación como material

complementario para o ensino dos alumnos de BAC.

As subscricións á prensa periódica son: un xornal local, un xornal de tirada

nacional, un de prensa deportiva, dúas revistas de música pop, unha de cine, unha de

vida sá, unha de informática, unha de viaxes, unha de divulgación científica, unha de

historia, un magazine, unha de viaxes, unha de actualidade socioeconómica galega,

unha publicación en inglés e unha revista especializada en lectura infantil e xuvenil para

profesores.

Os fondos están actualizados, ben conservados e na súa meirande parte son

idóneos para os lectores ós que están destinados. Non obstante, estase completando a

dotación con novas adquisicións con cargo ós fondos do PLAMBE. Asimesmo, todos os

fondos están sendo rexistrados para ser xestionados dende a biblioteca, aínda que algúns

están localizados noutras dependencias.

No curso 2008-2009 a biblioteca do centro foi atendida por un equipo de seis

persoas, unha das cales é a responsable da mesma; manténdose aberta un total de

23 horas en horario lectivo segundo o cadro que figura exposto na entrada e no interior

da mesma. O funcionamento está suxeito a unhas normas escritas aprobadas polo

equipo estable da mesma, que se reúne periódicamente e levanta acta de cada sesión.

As actividades que organiza sistematicamente a biblioteca, son, entre outras, as

- 18 -

Page 20: Proxecto Lector

seguintes:

• Sesións de formación de usuarios e formación documental.

• Publicación de guías de lectura e boletíns informativos para alumnos, pais e

profesores.

• Exposicións temáticas de diferentes tipos.

• Actividades programadas de dinamización e animación á lectura.

• Conmemoracións de diferentes datas ó longo do curso escolar en

colaboración con distintos departamentos.

2.5. Necesidades de formación do profesorado neste ámbito.

Na enquisa realizada no curso 2007/2008 ao profesorado do centro un 71%

considera necesaria a organización no centro de xornadas de formación sobre a lectura e

o proxecto lector.

3.- Obxectivos, fundamentos e organización.

Tendo en conta os resultados do traballo diario nas aulas e vistas as dificultades

que presentan os nosos alumnos, chégase á necesidade de establecer un plan de

actuación que posibilite corrixir as deficiencias en canto ó manexo da lectura e da

escritura como ferramenta básica para o estudo e para entender calquera mensaxe que

sexa preciso descifrar tanto nas diferentes áreas como nos contextos habituais da vida

cotiá.

3.1.- Obxectivos.

• Mellorar as habilidades lectoras (dicción, ritmo, entonación…) atendendo

tamén á corrección postural, e de escritura (redacción, puntuación,

ortografía…)

• Mellorar o vocabulario, mediante o emprego de técnicas de traballo

persoal e na aula que impliquen o uso do diccionario como fonte de

- 19 -

Page 21: Proxecto Lector

resolución de dúbidas sobre a adquisición do léxico das diferentes áreas.

• Mellorar a comprensión.

• Traballar con todo tipo de textos (literarios, expositivos, xornalísticos,

publicitarios, gráficos) e todo tipo de soportes (impresos e electrónicos).

• Incrementar a motivación cara á lectura e desenvolver o hábito lector e

gusto pola lectura, despertando a necesidade de ler como ferramenta

indispensable para mellorar a producción dos propios textos escritos.

• Crear os medios que faciliten o acceso do alumnado á lectura e á práctica

da escritura porque…

o A lectura é unha materia transversal de todas as áreas do curriculo e a

ferramenta indispensable para a aprendizaxe de todas as materias.

o O alumnado debe ler na clase, durante as horas lectivas de forma

individual e colectiva.

o A lectura debe ir ligada á escritura (expresión escrita, ortografía,

técnicas de presentación, vocabulario…) e á expresión oral.

• Establecer os fundamentos dun traballo coordinado de lecto-escritura na

aula en todas as materias.

• Implicar a todo o profesorado nas actividades, campañas e outras

experiencias que poideran programarse para potenciar o hábito lector e as

capacidades inherentes ó mesmo.

• Facer partícipe á familia da lectura porque o papel dos pais é fundamental á

hora e reforzar as tarefas lectoras que se fan no centro.

• Potenciar o papel da biblioteca do centro.

- 20 -

Page 22: Proxecto Lector

O obxectivo final que persiguen todos os anteriores é formar lectores e lectoras

competentes, isto é, que lean comprensivamente, que saiban interpretar o que len, que

sexan capaces de emitir xuizos críticos, que reformulen e transformen contidos, que

escriban para expresar e comunicar. E para conseguir iso precísase a colaboración de

todos: profesores, equipo directivo, responsable e equipo da Biblioteca, pais e

sociedade. Como dixo Álvaro Marchesi: “Sólo en la medida en que exista un

compromiso de toda la sociedad; que los profesores dediquen un tiempo a leer en su

disciplina libros de viajes, de literatura, de música, de deporte… y la familia apoye esta

dinámica, la lectura estará en el centro de aprendizaje y el conocimiento, camino

esencial para mejorar las competencias comunicativas en la escuela”. E tamén dixo:

“La biblioteca no hace lectores, pero ayuda a hacer lectores; si surge el interés

por leer, encuentran los libros en las bibliotecas”.

3.2.- Metodoloxías máis axeitadas.-

O profesorado empregará na aula os tres tipos principais de lectura, aplicables

a todo tipo de documento escrito, sexa cal sexa o formato ou soporte (enciclopedia,

álbum, libro de texto, páxina web, CD-ROM, folleto...):

• Lectura previa ou de aproximación global ó tema. Convén dar certas claves

de lectura (estrutura do tema, preguntas ás que pretende responder ó tema,

interrelacions entre conceptos e contexto...).

• Lectura lenta e minuciosa para comprender as partes do texto . A

intervención e colaboración do profesor é moi importante. É convinte ler cos

alumnos e desmenuzar os textos en clase por medio do subliñado, esquemas,

resumos, mapas conceptuais...

• Lectura de síntese ou asimilación para elaborar de forma persoal e reter

significativamente os conceptos e as súas relacións. A lectura en voz alta facilita a comprensión lectora e axuda a mellorala.

- 21 -

Page 23: Proxecto Lector

Practicarase na clase a lectura en voz alta, tanto por parte do profesor ou profesora, que

exercen de modelos, como do alumnado. Deben coidarse aspectos de dicción,

entonación, vocalización, inflexión da voz, etc. . Para conseguir unha verdadeira efectividade, non poden traballarse as

habilidades lectoescritoras de modo esporádico, senón que é preciso levar a cabo unha

programación de actividades ben deseñadas e debidamente secuenciadas.

O proceso debe ser diario e o traballo cos textos ou temas debe tocar os

seguintes puntos:

1.- Análise de coñecementos previos mediante tormenta de ideas, mapas

conceptuais…

2.- Lectura do título: a súa comprensión e relación cos outros apartados do tema.

3.- Lectura lenta e reflexiva de cada parte do texto.

4.- Subliñado individual, ou toma de notas.

5.- Elaboración dun documento obrigatorio que recolla a esencia do subliñado:

esquema, mapa conceptual, etc, dependendo da natureza da asignatura.

6.- Memorización: repaso usando o documento elaborado polo alumno.

7.- Avaliación oral ou escrita do aprendido. A lectura comprensiva debe complementarse con campos conexos como a

expresión oral, a redacción escrita fluída ... e convén proxectar ó exterior as actividades

relacionadas: disertacións para outros alumnos, artigos para a revista escolar,

exposicións, murais, programas de radio, etc.

Para conquerir resultados óptimos han de terse en conta as seguintes

consideracións:

• Na comprensión dos textos hai unha información previa que o lector

necesita ter e que se refíre a tres aspectos:

Coñecemento do tema do que trata.

- 22 -

Page 24: Proxecto Lector

Comprensión dos conceptos específicos do texto.

Comprensión da terminoloxía.

o Para traballar estes aspectos, o profesor lerá previamente o que o

alumno vai ler despois; así coñecerá os elementos centrais,

identificará as súas ideas, o vocabulario e, en resumo, a información

previa a desenvolver.

o Tamén terá en conta o que pretende que os alumnos aprendan coa

lectura do texto.

o Debe comenzarse a traballar con textos breves ou con fragmentos

de textos, para ir incorporando paulatinamente textos cada vez máis

complexos.

o Non dará nunca por suposta a comprensión das palabras usadas,

nin siquera das máis simples. Deben situarse en contextos distintos

para ver se se comprenden e se empregan axeitadamente.

o Fará preguntas ó alumnado para verificar a comprensión dos

significados dubidosos.

o Ensinará ós alumnos a buscar no dicionario en todas as materias e

facerlles saber que el mesmo fai uso del para verificar a ortografía e o

significado de termos que descoñece.

o Non obstante, non é convinte darlles grandes listados de palabras

illadas para buscar no dicionario.

o Proporá os seus alumnos a elaboración de glosarios que conteñan

unha lista cos conceptos básicos de cada área. A finalidade é que

coñezan o significado dos conceptos da materia e os manexen na

linguaxe oral e escrita.. Neles quedarán rexistrados os termos, as súas

definicións e, se é posible, exemplos ou citas significativas.

- 23 -

Page 25: Proxecto Lector

o O profesor debe ensinar outras estratexias para indagar os

significados, tales como relacionar palabras cos mesmos

constituíntes, claves contextuais (averiguar o significado mirando as

palabras ou frases que a rodean, buscando sinónimos ou antónimos

desa palabra no texto, definicións …)

o Empregará textos de todo tipo e procedencia:

- Continuos (narrativos, expositivos, argumentativos…) e

discontinuos (folletos, gráficos, infografías, tablas).

- Textos procedentes de manuais, periódicos, atlas, fontes orais,

revistas divulgativas e especializadas, obras literarias…

• Dado que o libro de texto é o material co que se traballa habitualmente,

cómpre adicar o tempo necesario para analizar a estrutura dos seus temas ou

unidades didácticas: definicións, explicacións das mesmas, resumos,

exemplos, exercicios, gráficos, actividades... Contribuirá a facilitar a

comprensión dos contidos da área.

• No referente a traballos de investigación, o profesor explicará claramente o

que se pretende con eles e o que espera do alumnado, para o cal lles

proporcionará:

- Un guión que conteña os aspectos a tratar.

- A bibliografía a consultar, tanto se se trata de documentos

impresos, como se son páxinas web.

- Unha explicación do formato no que quere que se lle presente o

resultado do traballo e as normas de presentación do mesmo.

- 24 -

Page 26: Proxecto Lector

3.3.- Organización de espazos e tempos.- 3.3.1.-Creación de ambientes lectores: Hora de ler.-

• Establecerase un tempo de media hora diaria adicada á lectura

silenciosa en todas as materias (Hora de ler), repartidas de modo

proporcional ás horas semanais que ocupa dentro do horario. Para

este fin, confeccionaranse cadros horarios por trimestres que

figurarán expostos en todas as aulas.

• Os textos empregados polos alumnos na hora de ler serán elixidos

libremente entre os existentes nos fondos da biblioteca. Os profesores

tamén adicarán este tempo á lectura.

• Para facilitar o achegamento dos libros ó alumnado, haberá unha

biblioteca de aula na que se depositarán os libros elixidos polos

alumnos para a hora de ler.

• Este tempo rexerase polas seguintes normas, que estarán expostas en

todas as aulas:

o A lectura desenvolverase durante a media hora fixada no

horario, de forma silenciosa, nun texto elixido libremente

polos alumnos/as e profesores/as, sen pedir nada a cambio.

o As lecturas serán elixidas libremente polos alumnos e

alumnas entre os fondos da biblioteca.

o Os libros pediranse en préstamo durante os recreos.

o Durante este tempo non se poderán facer deberes nin outra

cousa distinta á actividade de lectura libre e silenciosa.

o Se por calquera circunstancia fora imposible facer unha

sesión do tempo de lectura, deberase cambiar por outro día

dentro do horario da mesma área.

o Os libros da biblioteca de aula poden ser levados para a casa

- 25 -

Page 27: Proxecto Lector

durante a fin de semana ou as vacacións, se así o desexa o

alumnado; pero todos terán que ter sempre un libro na

biblioteca de aula.

o O profesor coidará de que os libros queden colocados no

lugar asignado para tal fin.

o Cando a lectura corresponda a unha materia con aula

específica, os alumnos terán que encargarse de levar o seu

libro e volvelo á aula de referencia.

o En cada aula hai un rexistro de libros lidos, que os alumnos

deben cumplimentar cada vez que empezan, cambian ou

rematan unha lectura.

o Esta actividade está suxeita ás normas de disciplina do

centro; polo tanto, calquera falta durante o seu

desenvolvemento poderá ser sancionada.

3.3.2.- Outras actividades.-

• Levaranse a cabo actividades de formación de usuarios e formación

documental (unha por trimestre e grupo como mínimo) para as cales será

necesario facer uso das aulas de informática e multimedia. Por tanto, será

necesario telo en conta á hora de confeccionar os horarios.

• Cada departamento organizará unha actividade de investigación por

curso, de dificultade progresiva, para a que será necesario facer uso das

TIC e dos fondos da biblioteca (documentos impresos, multimedia...).

Para esta actividade será necesario contar cun tempo dentro do horario de

cada materia.

• Para facer uso da biblioteca será preciso anotarse nun rexistro que

- 26 -

Page 28: Proxecto Lector

figurará exposto en conserxería.

3.4.- A biblioteca como recurso.-

Posto que a biblioteca escolar é un recurso imprescindible como factor de

compensación social e os recursos culturais do entorno son escasos, é imprescindible

potenciar a biblioteca do centro con novos fondos para consulta, equipamento,

mobiliario e literatura de ficción. Para iso é necesario contar cun orzamento específico.

Os Departamentos deberán facer a súa aportación ós fondos da biblioteca (materiais

específicos de consulta –monografías, atlas, dicionarios...-, lecturas amenas relacionadas

coas súas áreas –biografías, obras literarias, divulgativas,...).

Agora ben, unha biblioteca pode estar moi ben dotada e organizada pero se non

serve de fonte de recursos que se empreguen con asiduidade resulta inútil. O papel do

profesorado neste senso é facer da biblioteca o mellor apoio para a aprendizaxe da súa

materia. Para colaborar con esta función do profesor, dende a biblioteca farase o

seguinte:

• Facilitar o acceso ó catálogo informatizado (opac).

• Difundir periodicamente as novas incorporacións de fondos.

• Organizar debidamente os fondos aportados polos distintos

departamentos (materiais de consulta, libros para os itinerarios

lectores, obras divulgativas, etc.) en todo tipo de soportes.

3.5.- Coordinación e organización do proxecto.-

O proxecto lector confecciónase e revísase coas aportacións de todo o equipo

docente a través dos Departamentos, equipo de biblioteca, orientación e normalización

lingüística. A coordinación corresponde preferentemente á persoa responsable da

biblioteca que, entre outras funcións, terá as seguintes:

• Organizar os recursos segundo as suxerencias e necesidades das

- 27 -

Page 29: Proxecto Lector

programacións de aula.

• Colaboración cos profesores e alumnos nos procesos de uso didáctico da

biblioteca.

• Planificar as accións de dinamización da biblioteca e de formación de

usuarios.

A supervisión do Proxecto Lector é tarefa da C.C.P. Esta fará o seguimento do

Plan Anual de Lectura e a idoneidade do Proxecto.

A aprobación do Proxecto Lector compete ó Claustro de Profesores e ó Consello

Escolar.

3.6.- Participación de todo o profesorado

Para acadar uns resultados efectivos precísase da colaboración de todo o

profesorado na mesma dirección, participando nas diferentes actividades e mantendo un

nivel de esixencia semellante nos diferentes aspectos ós que se refire este proxecto. A

súa participación consistirá en:

• Facer aportacións para establecer criterios de selección de libros para os

itinerarios lectores nas reunións de departamento.

• Colaborar no seu seminario para a actualización dos fondos bibliográficos.

• Recomendar lecturas relacionadas coas áreas que imparte e comentalas na

clase.

• Propoñer traballos de investigación individuais e/ou grupais.

• Participar nas actividades da biblioteca (exposicións, conmemoracións, etc.)

- 28 -

Page 30: Proxecto Lector

• Usar o espazo da biblioteca como aula e pedir lotes de libros de consulta ou

de lectura, fondos audiovisuais, etc., para usalos na clase.

3.7.- Modo de organización

O Proxecto Lector do centro servirá de referencia para o Plan Anual de Lectura.

Este será elaborado e posto en marcha por todo o equipo docente e incluirase na

Programación Xeral Anual.

• Corresponde ó Equipo Directivo dirixir o Proxecto Lector e o Plan Anual de

Lectura.

• A Xefatura de Estudos revisará as programacións didácticas a comezo de

curso para comprobar a inclusión e temporalización de prácticas de

comprensión e fomento da lectura e da escritura conforme ó Plan lector.

• Os Xefes de Departamento, a principios de curso, organizarán sesións de

traballo cos membros integrantes para establecer nas súas programacións

didácticas as accións que desenvolverán para fomentar a lectoescritura e a

comprensión lectora, o seu seguimento e avaliación.

• A Comisión de Coordinación Pedagóxica implicarase na dinamización do

Proxecto e levará a cabo a súa supervisión: O profesorado aportará os seus

rexistros de datos, segundo as fichas de avaliación, ós respectivos,

departamentos. Estes datos serán levados polos xefes de seminario, incluído o

Equipo de Nomalización Lingüística, á CCP, na que se elaborará un informe

trimestral de seguimento do Plan. Asimesmo, a fin de curso, elaborará un

informe global cos datos de todo o ano que permita extraer conclusións e facer

previsións para o curso seguinte.

• Todo o profesorado incorporará as actividades previstas no seu departamento

ó currículo da súa materia.

- 29 -

Page 31: Proxecto Lector

• O Equipo da Biblioteca propoñerá accións coordinadas para levar a cabo as

actuacións previstas no Proxecto Lector e no Plan Anual de Lectura e a persoa

responsable da biblioteca, preferentemente, encargarase da súa coordinación.

3.8.- Modo de difusión e apoios necesarios.-

• O proxecto lector de centro incorporarase ó Proxecto Educativo de Centro e

nel basearase o Plan Anual de Lectura, que figurará na Programación Xeral

Anual.

• Será sometido á aprobación do Claustro de profesores e do Consello

Escolar, unha vez informados pormenorizadamente sobre o mesmo. Cada

ano, ademais, no claustro de comezos de curso informarase ó profesorado

que se incorpore por primeira vez no centro dos seus obxectivos e liñas

xerais.

• A través das titorías explicarase ó alumnado os seus obxectivos e as

actividades a desenvolver.

• Cada profesor dará a coñecer ós seus alumnos os obxectivos e actuacións

que se levarán a cabo na súa materia.

• Para o seu desenvolvemento, contarase cun orzamento que posibilitará a

adquisición do equipamento e a actualización dos fondos necesarios, como

se dixo máis arriba, no apartado 3.4.

• Informarase ós pais e ás nais da posta en práctica do proxecto a través dun

folleto ó inicio do curso (xunto coas normas do centro, calendario

escolar...).

• O Proxecto Lector difundirase a través da páxina web do centro, da intranet

e do blog da biblioteca escolar, e estará á disposición dos membros da

- 30 -

Page 32: Proxecto Lector

comunidade educativa que o queiran consultar.

• Entregaranse periodicamente guías de lectura recomendada para o

alumnado e pais.

• Asimesmo, faranse exposicións dos traballos elaborados polos alumnos nas

súas investigacións.

4.- Intervencións que cómpre sistematizar.-

Establecemos uns principios básicos comúns para todas as áreas que se

concretarán en cada departamento a partir das actividades determinadas que deben

figurar nas programacións didácticas correspondentes:

• Ensinar e empregar as técnicas e estratexias oportunas para mellorar a

comprensión lectora.

• Enriquecer o vocabulario específico de cada área.

• Introducir a lectura de libros, periódicos, revistas especializadas e outros

documentos como instrumento complementario de aprendizaxe en cada

materia.

• Deseñar actividades de comprensión lectora e expresión relacionadas cos

materiais de traballo.

• Ensinar ó alumnado estratexias e técnicas para resumir, analizar e reelaborar a

información contida nos distintos textos.

• Valorar a lectura dos libros propostos polos departamentos e a realización de

traballos específicos segundo os criterios fixados por eles.

- 31 -

Page 33: Proxecto Lector

• Facer propostas de actividades de fomento da lectura (día do libro...)

• Establecer itinerarios lectores.

• Inclusión das actividades desenvolvidas e a súa valoración na memoria final

do curso.

4.1.- Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en

todas as áreas.-

As actuacións que se enumeran a continuación son soamente suxerencias

que se poñen á disposición do profesorado para que lle poidan servir de referencia

en diferentes situacións docentes, se así o estiman oportuno. Non se trata de levalas

a cabo todas xuntas, nen sequera ó longo deste curso. Hai que ter presente que este

é un documento marco para o desenvolvemento dos vindeiros Plans Anuais de

Lectura.

O docente debe ter coñecementos sobre as estratexias que utiliza o lector na

comprensión, o que lle permitirá analizar as causas que dificultan a comprensión de

textos, realizar propostas de mellora, e ensinar o emprego de distintas estratexias.

As estratexias usadas no acto lector varían segundo os obxectivos da lectura, que

son múltiples. O alumno ten que saber o que se pretende coa lectura: abstraer ideas,

poñer título, encontrar datos concretos, buscar resposta a un problema, sintetizar o

texto…

Cada unha destas finalidades require a aplicación de estratexias específicas e

distintas que compre ensinar antes de esixir unha práctica correcta e que moitas veces,

erroneamente, supoñemos aprendida. Non podemos esixir ó alumno algo que non lle

ensinamos previamente.

- 32 -

Page 34: Proxecto Lector

Un lector competente utiliza múltiples estratexias, tales como:

• Clarificar os fins e esixencias da tarefa, sexan explícitas ou implícitas.

• Identificar os aspectos importantes da mensaxe e centrar a atención neles.

• Determinar ó longo da lectura se se vai entendendo ou non.

• Autocuestionarse con preguntas do tipo quen, que, cando, como, cal e por que.

• Emitir inferencias.

• Empregar imaxes e analoxías.

• Aplicar accións correctivas, como a relectura cando se detectan fallos na

comprensión.

• Recuperarse das distraccións e interrupcións.

• Elaborar esquemas.

• Utilizar organizadores previos que sitúan e contextualizan a lectura.

• Parafrasear e repasar.

Para traballar estas e outras estratexias deseñaremos actividades que poden

agruparse en tres apartados. Algunhas das que poden levarse a cabo son:

a) Antes da lectura:

• Actividades para o desenvolvemento da atención e a memoria: reter

palabras clave ou fundamentais, recordar datos para responder a

preguntas, lembrar detalles, datos illados, datos coordinados...

• Preguntas dirixidas polo profesor para incentivar os coñecementos

previos do alumno.

• Achegamento previo ó tema contido nun texto ou lección e introdución ó

contexto no que se produciu, mediante o descubrimento ou a explicación

das ideas e conceptos básicos do mesmo e a relación entre eles.

• Actividades para traballar o vocabulario, unha vez detectadas polo

profesor as palabras do texto que teñen máis dificultade e as que son

conceptos clave.

- 33 -

Page 35: Proxecto Lector

• Análise da estructura -lingüística e conceptual- da lección ou unidade

didáctica.

b) Durante a lectura

• Lectura expresiva e exemplificadora do profesor.

• Lectura individual e silenciosa do alumno antes da lectura en voz alta..

• Ler para facer predicións (consecuencias, secuencias intermedias, ideas e

argumentacións varias…).

• Formular preguntas sobre o lido.

• Aclarar posibles dúbidas acerca do texto.

• Tomar notas dun texto lido en voz alta con diversas finalidades:

completar esquemas, elaborar resumos ...

• Resumir ideas do texto e expoñelas en común.

• Identificar erros en textos.

• Completar textos con lagoas.

• Sinalar a frase “pirata” dun texto.

• Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos criterios.

• Construir unha frase coherente cuxos elementos aparecen desordenados.

• Ordenar un texto fragmentado e alterado na súa orden.

• Reconstrucción de dous textos fragmentados e mezclados.

• Búsqueda de datos concretos.

c)- Despois da lectura:

• Distinguir entre ideas principais e secundarias:

o Marcar/subliñar palabras que se repiten.

o Subliñar palabras "importantes" nun texto.

o Subliñar a frase que expresa a idea principal dun parágrafo.

o Tachar palabras innecesarias.

o Reducir ó esencial un texto breve.

- 34 -

Page 36: Proxecto Lector

o Reducir un texto a unha liña.

o Poñer título a un texto.

o Asociar unha idea cun parágrafo.

• Elaborar resumos:

o Poñer en práctica habilidades precisas (toma de notas, subliñado,

esquemas).

o Reler como medio de búsqueda de información e síntese.

o Titular parágrafos.

o Expresar o que o texto di sobre o tema.

o Buscar relacións entre as ideas aparecidas no texto: comparacións,

relacións de causación, secuenciación, etc.

o Observar bos resumos de referencia, feitos polo mesmo profesor ou

non.

• Establecer a progresión temática:

o Distinguir nun conxunto de frases as que conteñen feitos e as que

conteñen ideas.

Distinguir as ideas e os feitos que contén explicitamente.

Distinguir as ideas que implicitamente se derivan dos feitos que

narran.

Convertir ideas en feitos e viceversa.

o Diferenciar os datos das incógnitas e precisar que datos son relevantes,

contraditorios, redundantes ou inútiles.

o Determinar a estrutura dun texto

o Elaborar esquemas e mapas conceptuais ou redes semánticas para

organizar visualmente as relacións entre as ideas e conceptos de forma

xerarquizada e sintética.

• Identificar os termos que impliquen relacións (verbos, partículas, expresións...)

o Escribir frases simples para cada relación.

- 35 -

Page 37: Proxecto Lector

• Formular e responder preguntas sobre un texto:

o Preguntas de resposta literal.

o Preguntas para “pensar”, que permitan relacionar diversos aspectos para

atopar a resposta.

o Preguntas de elaboración persoal para asociar o que se sabe, se pensa ou

se ten experimentado.

• Aprender a ler criticamente:

o Determinar a finalidade do texto.

o Diferenciar o verdadeiro do falso / o real do imaxinario.

o Elixir a mellor razón.

o Seleccionar a mellor resposta.

o Xeneralizar ou matizar.

o Deducir conclusións

4.1.1.- Outras actividades

• Lectura de imaxes: fotografías, publicidade (en prensa, televisión e Internet),

cómics, carteis.....

• Traballo coa prensa (impresa ou virtual):

o Xogos cos titulares de prensa: recortar palabras dos titulares, ou sintagmas,

e elaborar novos titulares.

o Poñerlle pé de foto a unha fotografía dada.

o Realizar un debuxo para un pé de foto dado.

o Adxudicar o pé de foto á imaxe correspondente.

o Adxudicar a fotografía á noticia correspondente.

o Localizar nun atlas os lugares que aparecen no titular dunha noticia.

o Atopar nunha noticia dada a resposta ás seis cuestións:

que?, quen?, cando?, onde?, por que?, como pasou?.

o Iniciarse na redacción de noticias: elaborar xornais-murais ou pequenos

xornais fotocopiados, informatizados (un blog de noticias, unha sección

- 36 -

Page 38: Proxecto Lector

na páxina web do centro...)

4.2.- Expresión escrita

A escritura constitúe unha dimensión fundamental da lectura comprensiva e non é

esaxerado afirmar que o acto da escritura convértese, cando é consciente, no modo máis

operativo de comprender. Escribir permite o coñecemento sobre o contido temático e

sobre o propio coñecemento. Dito doutro modo, unha persoa asimila mellor algo cando

é capaz de expresar por escrito o que sabe. Tendo esto en conta, cómpre facer unha serie

de reflexións e actuacións:

• A maioría do alumnado non practica a escritura con outra intención

comunicativa que non sexa a de facer exames.

• En poucas áreas se escriben textos nos que se empreguen os

coñecementos propios dela para opinar, exponer, disuadir, argumentar ou

describir.

• Escribir é un aspecto que debería convertirse en obxectivo específico de

todas as áreas.

• Dende cada área deberían propoñerse actividades de escritura que

impliquen o uso da información adquirida ou calquera outra

intencionalidade.

Todos os departamentos deben incluir entre os seus criterios de avaliación os

referidos á corrección lingüística. O claustro adquire o compromiso común de detraer

ata un máximo dun 10% da nota de calquera produción textual (exame, actividade,

traballo…) referido a:

• Respectar as normas ortográficas: erros na escritura de letras, acentos ou

signos de puntuación.

- 37 -

Page 39: Proxecto Lector

• Escribir con corrección léxica e gramatical: vocabulario axeitado, evitar

repeticións ou muletillas, facer concordancias correctas, emprego idóneo de

formas verbais...

• Presentar correctamente os escritos: caligrafía clara, pulcritude e limpeza,

marxes, separación entre parágrafos…

• Respectar os prazos de entrega dos traballos.

A comenzos do curso facilitaranse a todo o profesorado os baremos

consensuados no claustro.

4.2.1.- Actividades relacionadas coa escritura

A continuación suxírense algunhas actividades para traballar a escritura

mediante textos:

• Textos para reparar empregando a técnica dos ocos:

o Textos para realizar substitucións léxicas, engadir palabras da mesma

familia...

o Textos mutilados nos que se teñan eliminadas palabras ou frases que o

alumno ten que incorporar.

o Textos sen conectores para completar.

• Procedementos de textualización

o Escritura de textos empregando o vocabulario aprendido nunha ou varias

leccións, pero en contextos diferentes como poden ser temas da

actualidade.

- 38 -

Page 40: Proxecto Lector

o Ordenar frases en relación cun título dado.

o Suprimir repeticións, realizar substitucións, engadir conectores...

o Simplificar ou reducir un texto complexo para que resulte un número

dado de frases sinxelas.

o Agrandar ou expandir un texto con frases simples para obter un máis

complexo.

o Escribir un texto respectando o tema, o tipo e a orde dos conectores

propostos.

• Transformación de textos lidos- seguindo unhas pautas previas- en textos

distintos e diversos, tales como tablas, gráficos de comparación, listas, mapas

conceptuais, diagramas, bandas deseñadas, publicidade, telegramas, informes,

anuncios, descripcións, organigramas, diálogos, reportaxes periodísticos,

contos, cartas, xogos de mesa, textos deportivos, noticias, cartas de empresa,

anotacións nun diario...

• Rexistrar datos a partires das súas observacións da realidade (nunha saída, ao ver

un documental...).e elaborar textos libres a partir das anotacións feitas.

4.3.- Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas.-

Entre as actividades a levar a cabo dende cada departamento suxírense as

seguintes:

• Lectura en voz alta de textos na clase, coidando a dicción, entonación, etc., para

favorecer a correcta expresión oral e unha comprensión do texto.

• Elaboración de estratexias que axuden a comprender as partes dun texto ou

dunha lección por medio do subliñado, esquemas, resumos e mapas

- 39 -

Page 41: Proxecto Lector

conceptuais.

• Achegamento previo ó tema contido nun texto ou lección, mediante o

descubrimento ou a explicación das ideas e conceptos básicos do mesmo e a

relación entre eles.

• Realización de traballos, redaccións... sobre textos dados, facilitando

previamente preguntas que impliquen a lectura de ditos textos para seren

respondidas.

• Confección do vocabulario de cada unidade ou o listado dos termos

fundamentais de cada tema e utilización dos mesmos nas actividades que se

propoñan.

• Lectura na clase de textos complementarios ós da clase: periodísticos,

divulgativos, enciclopédicos ou literarios.

• Proposta de lectura de libros ou de fragmentos dos mesmos por trimestres ou

cursos.

• Elaboración de guías de lectura, de libros de literatura, divulgativos, filosóficos,

ensaísticos, científicos... relacionados cun tema concreto que se estea

impartindo ou con efemérides.

• Búsqueda de información relacionada cun tema proposto, utilizando Internet,

enciclopedias, libros especializados... como complemento do tema que se está

estudando na clase ou para a realización de traballos.

• Recomendación para que o Centro adquira determinados libros ou se subscriba a

determinadas revistas ou publicacións que poidan ser de interese para o

alumnado.

• Realización de debates, mesas redondas sobre libros, fragmentos ou artigos

- 40 -

Page 42: Proxecto Lector

periodísticos lidos.

• Elaboración de guías con direccións de Internet onde encontrar información

precisa sobre temas dados.

4.4.- Actividades de educación documental.- En todas as áreas desenvolveranse actividades de educación documental para as

cales é preciso dominar as seguintes destrezas:

• Manexo da orde alfabética e ordenación e clasificación de datos segundo

criterios apropiados.

• Emprego de índices, sumarios, catálogos, menús despregables (en programas

informáticos, páxinas web...), hipertexto...

• Interpretación de abreviaturas, siglas, lendas de mapas e planos, gráficos e

outros símbolos.

• Elaboración de fichas de referencia, bibliografías, etc.

• Distinción entre feito e opinión.

Mediante as actividades de educación documental o alumno terá que adquirir e

reforzar as seguintes habilidades básicas:

• Revisar e avaliar a información previa que se posúe sobre o tema obxecto da

investigación.

• Recoñecer os tipos de documentos ou recursos axeitados ós datos que se

precisan.

- 41 -

Page 43: Proxecto Lector

• Obter efizcamente os datos que se necesitan sabendo enlazalos cos que xa se

teñen.

• Analizar a información recollida.

• Seleccionar, organizar e sintetizar –mediante resumos, esquemas, mapas

conceptuais...- as ideas principais.

• Reelaborar a información obtida e presentala adecuadamente.

Cada departamento planificará traballos de investigación nos que se poñerá de

manifesto a adquisición destas habilidades documentais. A tal fin o profesor

proporcionará ó alumnado as directrices a seguir:

o Tema concreto de traballo ou listado de temas.

o Guión que comprenda os aspectos a tratar.

o Bibliografía relacionada coa temática (libros, relación de páxinas web

con información fiable e actualizada e outros documentos).

o Forma de presentación (documento impreso ou manuscrito, power

point, gravación...).

o Normas de presentación segundo o acordado polo equipo docente.

o Baremo de valoración da expresión escrita, que se terá en conta á hora

de avaliar o traballo.

4.4.1.- Actividades para localizar información Entre as actividades que se suxiren para este fin, están as seguintes:

• Identificar nun libro ou fonte informativa doutro tipo estes datos: nome do

autor/ilustrador, título, editorial, colección, lugar e data de edición.

índice/sumario, outras informacións da capa/contracapa, respectando sempre

a propiedade intelectual.

- 42 -

Page 44: Proxecto Lector

• Escoller o documento en función do proxecto documental.

• Empregar os índices temáticos, sumarios, capítulos... para a obtención da

información.

o Buscar os títulos dun mesmo autor, dunha colección....

o Consultando os índices e sumarios dunha bibliografía dada, elaborar un

dossier informativo para un tema concreto.

o A partir dun conxunto de textos, ordenalos e establecer un índice.

o Atopar un capítulo determinado que achegue a información que se

precisa.

o Atopar o artigo dunha enciclopedia que contén o dato que se precisa.

o Realizar unha busca de información en Internet sobre un tema

concreto.

4.5.- Integración das TIC.-

4.5.1.- Actividades con Internet como fonte de información.

Para chegar a ser un experto en información é necesario aprender a buscar tamén

en Internet e saber atopar a mellor fonte. Para iso, o profesor debe ensinar ós seus

alumnos:

• As características da información presente en Internet:

Multiplícase e preséntase en diferentes formatos.

Non é permanente.

Non está organizada.

A maior parte da información non pasa un proceso de revisión, polo que

pode non ser fiable.

- 43 -

Page 45: Proxecto Lector

Hai que valorar o grado de credibilidade das fontes de información.

• Os tipos de fontes que contén:

Fontes de información habituais dunha biblioteca: obras de referencia (

enciclopedias, dicionarios, atlas, guías...), monografías e publicacións

periódicas electrónicas.

Novos tipos de fontes de información específicas da rede: portais

especializados, webs institucionais, webs corporativas ou comerciais,

webs persoais, webs de grupos, colectivos, asociacións...

Fontes de información secundarias: catálogos de bibliotecas, bases de

datos especializadas para atopar datos de artigos de revistas, bibliotecas

dixitais para atopar direccións de recursos web.

• As ferramentas de que dispón para buscar información:

Motores de busca ou buscadores por palabras, que buscan información

moi concreta, rastrexando na rede automaticamente e capturando toda a

información que atopan nela (Google, por exemplo).

Índices temáticos ou directorios, útiles para buscar información xeral

sobre un tema (Yahoo, por exemplo), que constrúen a información a

partir de webs indexadas e presentan a información de forma xerárquica.

• As estratexias que lle aseguren bos resultados:

Á hora de buscar información cómpre que o alumno teña claro que busca

e por que, como e onde o busca e que atopou onde buscaba.

Unha vez atopada a información, é imprescindible valorala para

seleccionala correctamente tendo en conta a relevancia, a fiabilidade e a

actualización.

- 44 -

Page 46: Proxecto Lector

Os departamentos deseñarán actividades para traballar o seguinte:

• Estratexias de búsqueda de información en internet:

o Emprego de buscadores por palabras e directorios.

o Coñecemento e uso do catálogo informatizado da biblioteca (opac).

o Elección da fonte máis axeitada de acordo cos obxectivos da búsqueda.

o Valoración sobre a idoneidade dunha fonte consultada: búsqueda da

data de actualización, a autoría, etc.

• Cita de fontes consultadas na rede segundo a normativa.

4.5.2.- Actividades para traballar cos medios audiovisuais

Cando se empreguen recursos audiovisuais ou outros, o profesor elaborará

actividades didácticas e guións para facilitar a correcta interpretación. • Antes da proxección/audición:

o Presentación por parte do profesor do medio audiovisual, contextualización

do mesmo e razóns polas que se proxecta.

o Relación dos aspectos fundamentais ós que se debe prestar máis atención.

• Durante a proxección/audición:

o Anotación por parte do alumno/a de datos, feitos, accións, explicacións e demais

asuntos esenciais.

o Indicacións de elementos non verbais (icónicos, auditivos, xestuais) que sexan

importantes para a interpretación do texto e relacións entre linguaxe verbal e non

verbal.

- 45 -

Page 47: Proxecto Lector

o Enumeración de expresións, xiros ou calquera vocablo que chame a atención

polo seu descoñecemento, para confeccionar despois un glosario ou ampliar un

xa existente.

• Despois da proxección/audición

o Análise do contido (que?, cando?, donde?, como?, por que?, intención?,

finalidade?)

o Tema principal, subtemas vinculados e relacións entre eles, aplicación á

realidade...

o Análise do discurso: estrutura, orde e claridade de ideas, influencia da imaxe e

son na comprensión, imaxes suxerentes...

o Ordenación e relación dos aspectos obxecto de estudo.

o Síntese da información contida mediante fichas, esquemas, cadros, gráficos...

4.6.- Implicación das familias e do entorno.-

Consideramos como obxectivo prioritario facer partícipe da lectura á familia

porque o papel dos pais é fundamental á hora de reforzar as tarefas lectoras que se

realizan no centro. Para acadalo faremos o seguinte:

• Propoñer a creación dun clube de lectura de pais e nais, por aquilo de “se ti les,

eles tamén len”.

• Incorporar como punto a tratar nas reunións do equipo directivo e dos titores

cos pais e nais (sería convinte na primeira) a necesidade de fomentar a

lectura na casa.

- 46 -

Page 48: Proxecto Lector

• Informar periodicamente ós pais e nais dos alumnos dos proxectos que imos

desenvolvendo e animalos a asistir e colaborar en todas as actividades de

fomento da lectura.

5.- Criterios e procedementos de avaliación.-

5.1.- Criterios de avaliación

Para a avaliación do proxecto lector terase en conta o grao de cumprimento dos

aspectos integrantes do mesmo:

• Cumprimento dos obxectivos.

• Revisión da metodoloxía.

• Organización de espazos e tempos.

• Uso e organización da biblioteca.

• Modos de difusión e apoios.

• Estratexias de comprensión lectora en todas as áreas.

• Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas (ler para disfrutar e ler

para comprender).

• Actividades de educación documental.

• Integración das TIC.

• Implicación das familias e do entorno

5.2.- Elaboración dos instrumentos de avaliación e fontes de

información.

Os instrumentos para a avaliación do proxecto lector elaboraranse tendo en conta

as dúas vertentes principais que consideramos na lectura:

Ler para comprender

Ler para disfrutar

- 47 -

Page 49: Proxecto Lector

Para este fin empregaranse as seguintes fontes de información:

• Rexistro de datos realizado polo profesorado trimestralmente a partir das

fichas de avaliación e que aportará ó seu departamento.

• Informe trimestral dos departamentos a partir dos datos aportados polo

profesorado.

• A CCP realizará un informe trimestral que recolla os datos aportados por

todos os departamentos e que se expoñerá no taboleiro de anuncios e na

intranet.

• A CCP elaborará anualmente un informe global a partir dos datos obtidos

ó longo do curso co fin de extraer conclusións e facer previsións para o

curso seguinte.

• Enquisas ó profesorado que avalíen o plan segundo os criterios antes

establecidos.

• Enquisas ó alumnado a fin de recabar información sobre a súa

participación, as súas opinións e suxerencias.

• Probas do Departamento de Orientación: avaliación inicial e final de

velocidade e eficacia lectoras, e de hábitos de lectura a comezo e final de

curso.

• Valoración nas sesións de avaliación do progreso observado no alumnado.

Estes instrumentos son susceptibles de seren revisados e modificados, se

procede, en cada Plan Anual de Lectura (nos anexos figuran algúns exemplos de

documentos deste tipo).

- 48 -

Page 50: Proxecto Lector

6.- ANEXOS

- 49 -

Page 51: Proxecto Lector

Adaptación de Comprensión lectora. El uso de la lengua como procedimiento. Mª Teresa Bofarull e outros. Barcelona: Graó, 2001

PAUTA DE OBSERVACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA CURSO GRUPO DATA Tipo de texto: ANTES DA LECTURA OBSERVACIÓNS Que actitude emocional presenta o lector ou lectora?

Ten clara a finalidade da lectura?

Activa os coñecementos previos?

Fai hipóteses e prediccións sobre o contido do texto?

DURANTE A LECTURA OBSERVACIÓNS Usa os sinais do texto para construir o significado?

Verifica as hipóteses, plantexa outras novas e, se existe algún erro, reflexiona para encontrar a súa causa?

Diante das dificultades emprega recursos para superalas? Cales?

DESPOIS DA LECTURA OBSERVACIÓNS Identifica o tema?

Identifica a idea principal? É quen de facer unha comprensión literal?

É quen de fcer unha comprensión interpretativa?

Pode facer unha comprensión profunda?

Pode facer un resumo coherente?

Pode facerse preguntas sobre o lido?

Pode explicar ou contar o que ven de ler?

A velocidade lectora é axeitada?

- 50 -

Page 52: Proxecto Lector

FICHA DE AVALIACIÓN DO PLAN DE LECTURA (A cumprimentar pola CCP trimestralmente e a fin de curso a partir dos datos obtidos cos

outros instrumentos)

CRITERIOS MAL FROUXO ACEPTA-BLE

BEN MOI BEN

Habilidades lectoras e de escritura

Vocabulario

Comprensión

Emprego de todo tipo de textos e soportes

Hábito lector

Lectura e escritura en todas as áreas

Implicación de todo o profesorado

Participación dos pais

Papel da biblioteca

Proposta de novos obxectivos: ………………………………………………………………………………………………...……………………………………………………………………………………….............................................................................................................................................. Proposta de cambios ou novas actuacións para mellorar os obxectivos ……………………………………………………………………………………………

- 51 -

Page 53: Proxecto Lector

FICHA DE AVALIACIÓN DO PLAN DE LECTURA (Profesorado)

CRITERIOS Nada Pouco Algo Bastan-

te Moito

1. DESEÑO Adecuación ó Centro Planificación

2. TEMPORALIZACIÓN

Ben secuenciada Axuste de objectivos Axuste de metodoloxía

3. METODOLOXÍA

Adecuación Resposta dos alumnos Resposta do profesorado

4. ESPAZOS E TEMPOS

Suficiente tempo Espazos axeitados Limpeza Orde Indicación

5. RESPONSABLES

Implicación Dedicación horaria Colaboración Ambiente de traballo

6. ACCIÓNS E ACTIVIDADES

Pertinencia Temporalización Adecuación Satisfacción Materiais Colaboracions Interdisciplinariedade Variedade Amenidade Orzamento

- 52 -

Page 54: Proxecto Lector

7. RESULTADOS

Implicación dos pais Implicación do profesorado Implicación do alumnado Satisfacción Desenvolvemento Colaboracións PROPOSTAS DE MELLORA:

- 53 -

Page 55: Proxecto Lector

FICHA PARA A AVALIACIÓN DOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

MAL FROUXO ACEPTA-BLE

BEN MOI BEN

Fontes variadas

Selección da información

Síntese e relación de contidos

Redacción

Puntuación e ortografía

Contén todos os apartados do guión

Contén todas as partes

O documento ten as características esixidas

Cumpriu os prazos

Cualificación media

0-2: mal 3-4: frouxo 5-6: aceptable 7-8: ben 9-10: moi

- 54 -

Page 56: Proxecto Lector

FICHA DE AVALIACIÓN DE TRABALLOS EXPOSTOS

ORALMENTE

ESCALA DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS EXPOSTOS

BAREMOS Mal

1 Frouxo

2 Aceptab

3 Ben

4 M.B.

5 ALUMNOS

CRITERIOS DE VALORACIÓN 1 2 3 4 5 6 7 Aspecto externo: Da sensación de tranquilidade e naturalidade. Sorrí

Dirixe a súa mirada hacia varios puntos

Voz: Ritmo adecuado: nin moi rápido nin lento

Enténdese o que di

Despertan o interese e a atención do público: O tema é interesante

Emprega material de apoio

Trata os puntos obrigatorios

Exposición: Ideas fáciles de entender

Independencia respecto das súas notas

Extrae conclusións

Orixinalidade. Calidade.

TOTAL

Page 57: Proxecto Lector

56

AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN ORAL

VALORACIÓN DA EXPRESIÓN ORAL

Criterios de valoración

ESCALA DE BAREMACIÓN

30%

Fluidez e capacidade

comunicativa (1 a 3 puntos)

3

Exprésase con poucas vacilacións, dun xeito coherente e apropiado á situación comunicativa. Exprésase con claridade

2

Exprésase con algunhas vacilacións, con bastante claridade, pero cun discurso ás veces inconexo, ou que dificulta a comunicación

1

Duda casi sempre. A menudo permanece calado a causa de lagoas lingüísticas.

20% Corrección lingüística

(1 a 3 puntos) 3

As estructuras morfosintácticas son adecuadas para permitir a comprensión. Son variadas e adecuadas ó nivel e non hai apenas erros significativos de gramática ou sintaxe. Bo nivel de vocabulario.

2

Utiliza de modo limitado as estructuras da lingua, con certos erros significativos de gramática ou sintase. Nivel común de vocabulario.

1

Moi difícil de comprender, con frecuentes malentendidos Uso moi limitado das estructuras da lingua. Erros frecuentes e graves. Vocabulario pobre e inadecuado.

10%

Presentación ante o

auditorio (0 a 2 puntos)

2

Interacciona adecuadamente co interlocutor e utiliza as estratexias oportunas. Bo nivel cinésico e proxémico.

1

Aínda que interacciona adecuadamente co interlocutor, non sabe empregar as estratexias adecuadas. Expresión corporal e proxémica insegura.

0,5

Móstrase moi nervoso e inseguro. Non sabe conectar ben co auditorio.

10%

Elementos para-

lingüísticos (0 a 2 puntos)

2

Voz alta, clara e comprensible. Volume axeitado. Vocalización e entoación apropiadas. Ritmo convinte.

1

Voz comprensible. Volume adecuado. Vocalización e ritmo inadecuados.

0,5

Voz e volume pouco comprensibles. Volume adecuado. Vocalización e ritmo inadecuados

Page 58: Proxecto Lector

57

COMPRENSIÓN LECTORA

TIPOS DE TEXTOS POR C URSOS CURSOS TIPO DE

TEXTOS

CONTIDO PREGUNTAS

Comprensión lectora 1º ESO continuos

• Extracción de información.

• Desenvolvemento dunha comprensión xeral amplia.

Comprensión lectora 2º ESO Discontinuos

• Extracción de información.

• Desenvolvemento dunha comprensión xeral amplia.

3º/4º ESO Todo tipo de

textos.

Probas

diagnósticas e

PISA

• Extracción de información.

• Reflexión sobre a forma do texto e valoración.

• Desenvolvemento dunha interpretación.

• Reflexión sobre o contido e valoración.

Page 59: Proxecto Lector

58

AVALIACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA

Fichas de comprensión lectora:

ESCALA DE BAREMACIÓN

Recoñece a idea principal

MAL FROU-XO

ACEP-TABLE

BEN MOI BEN

Identifica a finalidade comunicativa do texto

Extrae as ideas secundarias

COMPRENSIÓN DO TEXTO

Dintingue as intencións implícitas

Valora o significado do texto

Interpreta con sentido crítico

VALORACIÓN/ INTERPRETACIÓN

Aporta argumentos razoables

Localiza as palabras clave

Sabe poñer título

Sabe resumir

Sabe esquematizar

Emprega marcadores de parágrafos

HABILIDADES INTELECTUAIS

Trata ben a información (non copia)

Coñece os tipos de texto

Coñece os xéneros e subxéneros literarios

Recoñece a estruc- tura do texto

TIPOLOXÍAS TEXTUAIS

Coñece os recursos propios do texto

Page 60: Proxecto Lector

59

FICHA PARA AVALIACIÓN DA EXPRESIÓN ESCRITA

CRITERIOS

0 (Aspecto desatendido)

1 (Aspecto pouco dominado)

2 (Dominio básico)

3 (Bo dominio)

PRESENTACIÓN

Título Letra Marxes e composición Revisión

GLOBAL*

CONTIDO

Axústase ó previsto Explicitación do tema Selección de elementos contemplados

Orde na exposición das ideas

GLOBAL*

REDACCIÓN

Parágrafos Oracións Nexos Vocabulario Puntuación Ortografía Revisión

GLOBAL*

OBSERVACIÓNS**

* As pautas Global poden usarse para anotar globalmente os resultados ou para aislar determinados aspectos. ** No apartado Observacións anotaremos só aspectos moi relevantes (por exemplo, non sabe como empezar a redactar, non sabe separar palabras usuais, deixa as frases sen completar ou non ten sentido o que escribe, ten unha gran imaxinación, etc.)

Page 61: Proxecto Lector

60

FICHA DE AVALIACIÓN DE TRABALLOS EN GRUPO

CRITERIOS

MAL POUCO ACEPT. BEN MOI BEN

ASPECTOS GLOBAIS

Dominio da lingua Coñecemento de termos específicos

Uso da expresión ACTIVIDADES INDIVIDUAIS

Emprego dos coñecementos anteriores

Coherencia nas propostas Imaxinación e avance nas hipóteses

Percepción das incoherencias Interés nas tarefas Planificación da actividade Revisión e control do proceso ACTIVIDADES GRUPAIS

Capacidade de organización Colaboración cos demais Planificación da actividade Dependencia dos compañeiros ESCRITURA

Interés polo proceso de redacción Capacidade de cambiar de tipo de textos

Atención á presentación Coida aspectos esenciais Coidado da expresión Comprensión global do texto OBSERVACIÓNS

Page 62: Proxecto Lector

61

FICHA DE AVALIACIÓN DA REALIZACIÓN DUN TRABALLO

CRITERIOS

MAL POUCO ACEPT. BEN MOI

BEN Planificación individual e organización da actividade

Revisión do proceso

Capacidade de consulta

Coñecementos globais

Axilidade para encontrar solucións

Coherencia nas propostas

Imaxinación nas propostas

Emprego de variedade de recursos

Identificación das partes

Coherencia do escrito

Uso de coñecementos anteriores

Coñecemento da terminoloxía específica

Riqueza léxica

Presentación do texto

OBSERVACIÓNS

Page 63: Proxecto Lector

62

CUESTIONARIO PARA AUTOAVALIACIÓN DO ALUMNO

Cal cres que é o teu nivel actual respecto a cada unha das capacidades que definimos a continuación?

Capacidade de

Dominio

Comprender mensaxes orais con diferentes intencións e estructuras

Emitir mensaxes orais con diferentes intencións e estructuras

Reconocer diferentes elementos e características de situacións comunicativas diversas

Expresarse e ler con corrección fonética, entonación, ritmo, velocidade adecuados

Expresarse con corrección sintáctica

Expresarse e ler utilizando adecuadamente os elementos non verbais

Comprender, a través da lectura, os contidos que aportan os textos

Identificar o tema e estructura dun texto

Identificar ideas principais e secundarias dun texto

Identificar a intención do autor

Memorizar comprensivamente

Planificar o traballo

Participar no traballo en grupo argumentado e defendendo con corrección e precisión as propias opinións e propostas

Participar no traballo en equipo respectando as ideas dos demais e as normas que rexen a conversación

Participar no traballo en equipo asumindo os acordos

Escala de baremación: Mal: 0/2 Frouxo: 3/4 Aceptable: 5/6

Ben: 7/8 Moi ben: 9/10

Page 64: Proxecto Lector

63

7.- Bibliografía • Averroes. Consejería de Educación de la Junta de Andalucía. [En línea].

Málaga.[Consulta: 16-06-2009]. Dispoñible en http://www.juntadeandalucia.es/educacion/nav/navegacion.jsp?lista_canales=462&vismenu=0,0,1,1,1,1,0,0,0

• Bibliotecas escolares de Galicia. Consellería de Educación da Xunta de Galicia. [En

línea]. Santiago de Compostela. [Consulta: 16-06-2009]. Dispoñible en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

• Bibliotecas escolares de Navarra. Colección Blitz. [En línea]. Pamplona. [Consulta: 15-

06-2009]. Dispoñible en http://www.pnte.cfnavarra.es/bibliotecasescolares/blitz.html • CATALÁ, G. Evaluación de la comprensión lectora, Graò, Barcelona • COLOMER, T; CAMPS. A. Enseñar a leer, enseñar a comprender. Ediciones

Celeste/MEC, Madrid, 1996 • COOPER, J.D. Cómo mejorar la comprensión lectora. Aprendizaje Visor /MEC,

Madrid, 1990 • JOLIBERT, PIPKIN, SOLÉ y otros. Comprensión lectora. Graò, Barcelona • La biblioteca Escolar como herramienta educativa. Glòria Durban. [En línea].

Barcelona. [Consulta 15-06-2009]. Dispoñible en http://www.bibliotecaescolar.info/castellano.htm

• MORENO, V. Lectores competentes. Madrid, Anaya, 2004 • SÁNCHEZ, L. Comprensión y redacción de textos. Edebé, Barcelona, 1998 • SOLÉ, I. Estrategias de lectura. Graò, Barcelona