proxecto 2º de asi i.e.s muralla romana

33
Módulo profesional de proxecto Proposta de traballo para o módulo de proxecto Datos do ciclo formativo Ciclo formativo Administración de Sistemas Informáticos en Rede Familia profesional Informática Grao Superior Datos do centro Nome I.E.S Muralla Romana Enderezo Rúa Ángelo Colocci s/n 27003. Lugo. Teléfono de contacto 982212010 Datos da persoa ou persoas que elaboran a proposta Nome Lucas Montero Mauriz Departamento Informática Teléfono de contacto 664772693 Correo electrónico [email protected]

Upload: lucas-montero

Post on 09-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Proxecto Integrado de 2º de ASI por Lucas Montero Mauriz para el I.E.S Muralla Romana

TRANSCRIPT

Módulo profesional de proxecto

Proposta de traballo para o módulo de proxecto

Datos do ciclo formativo

Ciclo formativo Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Familia profesional Informática

Grao Superior

Datos do centro

Nome I.E.S Muralla Romana

Enderezo Rúa Ángelo Colocci s/n 27003. Lugo.

Teléfono de contacto 982212010

Datos da persoa ou persoas que elaboran a proposta

Nome Lucas Montero Mauriz

Departamento Informática

Teléfono de contacto 664772693

Correo electrónico [email protected]

Índice

1. Especificación do traballo a realizar................................................................31.1 Fase 1. Identificación das necesidades do sector produtivo...............................31.2 Fase 2. Deseño do proxecto...............................................................................41.3 Fase 3. Planificación da execución do proxecto..................................................41.4 Fase 4. Definición dos procedementos para o seguimento.................................51.5 Fase 5. Elaboración e exposición do informe do proxecto realizado...................5

2. Datas e prazos para as actividades de titoría, seguimento e entrega de traballos..........................................................................................................6

3. Criterios de avaliación.......................................................................................6

1. Especificación do traballo a realizarEnunciado

PROTOFESTIVALS S.L. é un proxecto empresarial que nace da iniciativa emprendedora de Lucas Montero Mauriz que ten formación específica do sector de actividade no que se vai desenvolver a futura empresa que agora proxectamos.

A empresa, polo tanto, está promovida e constituída por unha persoa e a forma xurídica adoptada é a dunha Sociedade Limitada, contando cun capital inicial de 12.000 € procedentes de recursos financeiros propios.

1.1 Fase 1. Identificación das necesidades do sector produtivo.

A situación actual da comunidade galega con respecto aos eventos musicais é de un amplo crecemento promovido a través de importantes festivais musicais como poden ser o Resurrection Fest de Viveiro que no 2011 atraeu a unha media de 25.000 persoas á localidade ou o FIV de Vilalba con grandes grupos alternativos a nivel nacional.

O promotor deste proxecto sempre tivo, un interese considerable pola prestación dun servizo de calidade. En xeral, consideramos que a clientela obxectivo do sector demanda solucións inmediatas e áxiles xa que se trata de produtos normalmente dun prezo elevado, e cunhas prestacións especiais.

Os produtos que vanse ofertar van dende a venda de todo tipo de accesorios musicais (CD's, camisetas, suadoiros, posters...), ata un amplo abano de entradas para eventos musicais.

A nosa oferta comercial vai dirixida a unha ampla clientela potencial, clientes dunhas idades comprendidas entre os 15 e os 60 anos, de ambos os dous sexo, e dun nivel adquisitivo medio.

O espírito emprendedor e innovador, a realización persoal e profesional nun ámbito que coñecemos ben, a obtención de beneficios e a necesidade dunha xestión propia da empresa, así como a constancia, seriedade e o sacrificio persoal e profesional contrastado, son algunhas

das calidades que estamos seguros de asumir e, á súa vez, de ofertar os nosos clientes.

Os nosos produtos físicos serán de máxima garantía e fiabilidade intentando dar unha relación calidade-prezo boa. Tendo uns provedores que nos abastezan de bos produtos nun breve espazo de tempo.

En canto ás entradas, o método de compra será totalmente vía web e non fará falta ter unha entrada física, xa que con que o cliente ensine o DNI no despacho do evento Hoxe en día estamos inmersos na Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías. A evolución neste campo realízase a bruscas velocidades, isto fai que a información sobre este tipo de eventos chegue a unhas distancias insospeitadas podendo atraer xente de ata todo o continente, e tendo en conta que a afluencia a este tipo de eventos crece exponencialmente cada ano. Polo tanto, podería dicirse que o marco onde imos desenvolver a nosa actividade é moi propicio e incentivado pola administración pública.

A.1 Clasificar as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

Ao tratarse dun proxecto vía web conta cunha gran cantidade de competidores a nivel global na venda de produtos musicais. En ao venda de entradas para eventos musicais compite directamente con dúas empresas, pero ningunha destas empresas está especializada no mundo musical.

1. Identificación: LaBoleteria S.L. Tamaño da empresa: Medio. Ubicación: Doctor Darío Durán 1 5ºB (Vigo) Nivel de prezos: Competitivos. Características dos seus servizos (vantaxes competitivas): Súa vantaxe competitiva reside nuns prezos baixos con respecto a competencia.

2. Identificación: Live Nation Entertaiment S.A. Tamaño da empresa: Grande Ubicación: Non especificado. Nivel de prezos: Elevados. Características dos seus servizos (vantaxes competitivas): É a empresa máis grande do sector a nivel mundial cun gran asentamento no mercado.

A.2 Caracterizar as empresas tipo indicando a estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

As empresas tipo deste sector están divididas en seis departamentos que tratamos a continuación:

Recursos humans: O seu traballo consta de dúas partes, por unha parte e o encargado de que a empresa conte con a xente necesaria tanto en forma cuantitativa coma en forma cualitativa, tamén é o departamento encargado de facer que o traballador síntase gratificado, valorado e seguro no seu posto de traballo.

Dirección técnica y tecnolóxica: É o departamento encargado do desenrolo dos seus sistemas informáticos e das melloras da súa web. Este departamento e o que sustenta a empresa xa que sobre el levántanse os piares básicos da susodita

Mantemento: moi ligado a dirección técnica e tecnolóxica, aunque a súa actividade non é o desenrolo senón que o traballo que a empresa realice funcione perfectamente todo o tempo.

Ventas: Departamento encargado de manterse en contacto cos organizadores dos eventos e administrar as ventas das dúas entradas. É obrigación súa conseguir unha boa carteira de clientes e unha consecución de obxectivos correcta.

Marketing: É a area encargada de dar unha imaxe externa a empresa. A súa misión é moi importante xa que é o que o cliente pode ver da súa marca e conseguir que o mesmo confíe nela.

Administración-Dirección: Encargase da xestión presupostaria da empresa, é dicir, da xestión de facturas, pagos, impostos, acordos económicos.

A.3 Identificar as necesidades máis demandadas ás empresas.

- Fiabilidade en canto ao método de adquisición de entradas.

- Rapidez na entrega de produtos.- Un método de pago fiable.- Gran aporte de información sobre o produto.

A.4 Valorar as oportunidades de negocio previsibles no sector.

Aunque neste sector haxa grandes paxinas como Live Nation, que ten máis de 26 millóns de visitantes o mes, ou outras empresas máis pequenas é de carácter máis localizado, non hai ningunha que este especicializada especificamente no entorno musical, e a única competidora directa en entorno galego sería La Boletería. Polo tanto, tendo en conta o crecemento exponencial da importancia dos festivais locais tanto no entorno nacional como europeo , lévanos a pensar que este segmento de mercado acarea unha gran oportunidade para o asentamento da nosa empresa.

A.5 Identificar o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

Protofestivals, é unha empresa que quere diferenciarse das demais empresas do sector de dúas formas. Por unha parte busca unha especialización no sector musical, o que supón que teñen que aportar unha gran cantidade de recursos a bosquexa de un gran número de eventos cos que traballar. Para iso, estableceranse contactos con tódolos eventos posibles a nivel autonómico e intentarase levar a cabo tamén algúns nas comunidades limítrofes durante o primeiro ano.

Por outra parte, a outra característica diferenciadora das demais empresas do sector será a aproximación ao cliente. Protofestivals estará presente en tódolos eventos cos que traballe en canto adquira o suficiente capital para levalo a cabo, isto quere dicir, que a empresa dedicarase a montar stands, organizar concursos e repartir regalos durante a realización dos eventos musicais. Tamén manteñeremos unha actitude totalmente cerca a través das diferentes redes sociais e formas de contacto.

Con isto, esperamos que a clientela adquira unha imaxe nosa de diversión e confianza que leve a mostrar unha lealdade cara os nosos produtos.

Con respecto a parte a parte tecnolóxica, Protofestivals e unha empresa que funciona de maneira completa vía web, o que supón a incorporación

dun material informático acorde coas nosas necesidades. Tanto así coma o equipo, e igual de necesario a creación dunha paxina web de calidade, moderna e funcional.

A.6 Determinar as características específicas requiridas aoproxecto.

Protofestivals está formada por dous apartados principais. O primeiro apartado supón un espazo de venta de entradas para os diferentes eventos musicais cos que teñamos firmados contratos, é dicir, un espazo onde a clientela poida ver a cantidade de eventos vixentes e poder comprar entradas de calquera de eles.

O segundo apartado supón un espazo de ventas de merchandaising, é dicir, un espazo para a venta vía web de roupa, CD's, accesorios, posters... que teñan relación co mundo musical.

Por outra parte, tamén cabe comentar as características dos stands situados nos eventos. Estes stans estarán formados por unha serie de mobiliario que permitiranos asistir ao público en todo o que teña relación con nós, ademais de facer diferentes concursos e regalos coma camisetas con deseños exclusivos, distinto material firmado...

A.7 Determinar as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

Forma xurídica: Sociedade de Responsabilidade Limitada.

Obrigas Contables: Contabilidade axustada ao Plan Xeral de Contabilidade e resto de normativa contable. Duración do exercicio económico: anual, con peche contable e formulación de Contas Anuais a 31 de decembro de cada ano.

Obrigas Fiscais:

- Imposto sobre o Beneficio: IMPOSTO SOCIEDADES. Declaracións e liquidacións do imposto do beneficio de cada ano, en xullo do seguinte ano. Pagamentos fraccionados durante o ano, no seu caso.

- Retencións IRPF: Declaracións trimestrais e pagamento das retencións que está obrigada a realizar a empresa, segundo a normativa do Imposto da Renda das Persoas Físicas (traballadores, profesionais, etc.). Cada trimestre liquídase no mes seguinte á súa finalización (exemplo: Xaneiro, Febreiro e Marzo, en Abril; ...). Declaración Resumo Anual (preséntase en Xaneiro do seguinte ano, xunto coa liquidación do 4º trimestre do ano anterior).

- IVE: Réxime Xeral. Tipo aplicable aos nosos produtos: 18%. Declaracións - liquidacións trimestrais do IVE a pagar a Facenda. (Preséntanse no mes seguinte ao final de cada trimestre). Se o resultado dalgunha liquidación trimestral sae a noso favor, compensarémolo con seguintes liquidacións nas que teñamos que pagar, non solicitando, en principio, devolucións. Declaración Anual Resumo de IVE (preséntase en Xaneiro do seguinte ano, xunto coa liquidación do 4o trimestre do ano anterior).

- IBI (Imposto de Bens Inmobles): Non hai obriga, xa que o local é en aluguer.

- IAE (Imposto de Actividades Económicas): Exenta (a empresa non alcanza a cifra de volume de operacións que obrigaría a pagar este imposto).

- IMPOSTOS DE VEHÍCULOS: A empresa non ten vehículo da súa propiedade polo tanto non temos que pagar este imposto.

- OUTROS TRIBUTOS, TAXAS ESPECIAIS E PREZOS PUBLICOS:

- Licenzas necesarias (no seu caso)

- Cota Cámara de Comercio. A empresa deberá pagar, cando lle chegue, o recibo que emítese en función da cota a pagar no Imposto de Sociedades. Isto realízano as Cámaras dous anos despois a aquel a que se refire a declaración do imposto de sociedades, segundo os datos que lles facilita Facenda. (por exemplo, se no ano 2005 tivésemos beneficios e sáenos a pagar no imposto de sociedades, no 2007 nos chegará un recibo da Cámara de Comercio).

OBRIGAS COA SEGURIDADE SOCIAL: As cotizacións polos traballadores de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, calcularanse en función dos seus nóminas mensuais e pagaranse no mes seguinte (tanto a achega do traballador como a correspondente á empresa por ter eses traballadores.

A.8 Identificar posibles axudas ou subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

1. Programa Emprendemos (Instituto de Fomento)Prevé subvencións para emprendedores que, con a modalidade de anticipo, teñen efecto de financiamento. Son subvencións a fondo perdido de inversión e gastos nos que se incorra durante os dous primeiros anos de vida. Cobren un máximo do 50% da inversión e un 75% do gasto, cun tope de 40.000 euros para o primeiro ano e 30.000 euros para o segundo ano. Esíxelle ao emprendedor que presente un plan de negocio viable turorizado (teñen un plus, se está tutorizado por algún dos 45 organismos do Plan Emprendemos); é imprescindible que cree emprego (teñen un plus, se o emprego é feminino e se é emplrego xoven). Neste caso, pódese solicitar un anticipo de hasta o 60%.

2. Programa de creación e consolidación de EBTs

Trátase de subvencións en condicións similais ao Programa Emprendedores (mesmos porcentaxes, pero con topes maiores). Está pensado para apoiar empresas de base tecnolóxica (EBT) de carácter innovador. Esíxese unha maior precisión no plan de negocio.

3. Undemur, SGR

Axuda ao emprendedor que non dispoña de garantías suficientes para solicitar un financiamento tradicional (axuda a obtención de avais para conseguir financiamento).

4. Convenio INFO–Enisa

Permite o financiamento de proxectos de innovación a través de préstamos participativos para calquera tipo de empresa de nova creación (é como unha aportación de recursos propios). Financiar a adquisición de activos fixos o activo circulante necesario para o desenrolo da actividade da empresa.

A.9 Elaborar o guión de traballo para a elaboración do proxecto.

Actividades TraballoIndividual

/grupo

RealizaciónPresencial

/distancia

Realización dos trámites para a creación da empresa

Individual Presencial

Acondicionamento do local Grupo Presencial

Instalación da rede e configuración dos equipos

Individual Presencial

Deseño da páxina web Individual A distancia

Probas sobre o funcionamento dos servidores

Individual A distancia

Apertura da web Individual Presencial

Comezo das accións de Marketing

Grupo A distancia

1.2 Fase 2. Deseño do proxecto.

A.1 Compilar información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

Para a realización do proxecto, realizaranse unha serie de fases destinadas ao coñecemento da súa dificultade e viabilidade. Para iso, procederemos a facer un estudo da viabilidade técnica que amosaranos as posibilidades de levar a cabo o proxecto nun entorno físico, identificar as distintas fases do proxecto para unha máis doada realización, establecer un obxectivos con respecto ao noso proxecto, previr os recursos e material necesarios para a posta en marcha do noso proxecto, realizar un presuposto que nos amose a cantidade de capital necesario para a súa posta en marcha, identificar as necesidades de financiamento dadas para a súa realización, elaborar unha documentación relacionada co seu deseño e identificar os aspectos para garantir a calidade do proxecto.

A.2 Realizar o estudo da súa viabilidade técnica.

Para a realización do noso proxecto, necesitaremos un local que teñerá que ser alugado e acondicionado, saíndonos o acondicionamento en torno a 2000 euros, a compra dos equipos informáticos que supón un cose de 3500 euros, a compra de existencias que supón un gasto de outros 2000 euros, e diferentes pagos de constitución, que supoñen un gasto de 600 euros.

En canto o software, utilizaremos soamente software libre polo que resultara gratuíto.

A.3 Identificar as fases ou partes do proxecto, así como o seu contido.

-Preproxecto: Neste apartado, analizamos o proxecto a realizar, tanto así como o mercado ao que vai a ir dirixido, a forma xurídica que vai a adoptar, e os primeiros pasos para a creación da empresa.

-Deseño: Neste apartado, crearase a páxina web, as bases de datos, configúranse os servidores e acondicionarase o local, tanto así coma, a elaboración das obrigas fiscais e as probas necesarias

-Posta en marcha: Abrimos o noso proxecto o mercado, analizamos a captación de clientes que produce tanto coma un estudio dos beneficios a longo prazo supoñendo que a empresa siga a mesma directoria. Tamén emprenderemos plans de marketing para publicitar e dar a coñecer a nosa empresa.

-Seguimento: A partir de aquí, analizaremos o crecemento da empresa, e se pode ser orientada cara novos mercados.

A.4 Establecer os obxectivos e identificar o seu alcance.

O principal obxectivo deste proxecto e a realización dunha web que ofreza como servizo a venta de entradas a nivel nacional para distintos eventos musicais. Este obxectivo e alcanzable xa que moitos eventos están respaldados por empresas non especializadas ou, na maioría dos casos, non dispoñen de ningún método para a venta de entradas vía web.Como obxectivos secundarios, podemos resaltar os seguintes puntos:

-Un maior acercamento o público asistente. Isto tradúcese en estar presente no festival e facernos resaltar coa clientela mediante un trato máis cercan, que se traduza no futuro coma unha aposta de lealdade da clientela coa nosa empresa. O seu alcance sería posible cando a empresa teña un marxe de beneficios suficiente.

-Promocionar e informar sobre eventos musicais a nivel nacional. O seu alcance e inmediato unha vez aberta a páxina web ao público.

-Promocionar sobre todo, os eventos musicais locais. Isto tradúcese en darlle unha maior promoción aos festivais galegos, xa que nesta zona localizarase o groso da nosa clientela e favorécenos que o sector creza especialmente nesta zona.

A.5 Previr os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

Para a realización do proxecto, necesitaremos o seguinte material:

-Dos servidores por valor de 1.298 euros.

-Unha estación de traballo por valor de 636 euros.

-Dous SAIS por valor de 161, 87 euros.

-Un Swicht por valor de 33 euros.

-Un Router por valor de 216 euros.

-Bobina de cable por valor de 38 euros.

-Conectores RJ-45 por valor de 11,95 euros.

-Placa de parede RJ-45 por valor de 24,94 euros.

-Aire acondicionado por valor de 477 euros.

En canto a contratación de persoal, non necesitaremos persoal fixo inicialmente.

A.6 Realizar o orzamento correspondente.

Concepto Coste / euros

Edificios, locais e terreos 0€

Maquinaria 0€

Gastos do Primeiro establecemento (reforma)

2000 €

Elementos de transporte 0€

Ferramentas 0€

Equipos informáticos 3.535,15 €

Mobiliario e enseres 0€

Dereitos de Traspaso/Patentes e Marcas 0€

Depósitos e fianzas (2 meses de aluguer) 1.300 €

Gastos de constitución (ITP e AJD, notaría,inscrición no Rexistro Mercantil...)

620 €

Existencias 2000 €

Outros gastos 0€

Previsión de fondos 2584.85

Total 12.000 €

En canto a man de obra:

Horas Traballadas 320h

Prezo por hora 7,00 €

Total 2.240,00 €

A.7 Identificar as necesidades de financiamento para a súa posta en marcha.

O financiamento da empresa será propio aportando 12.000 € para a súa constitución.

A.8 Definir e elaborar a documentación necesaria para o seu deseño.

Para o seu deseño, e necesario elaborar documentación referida a analizar a competitividade da empresa , como son balances, plans de financiamento, previsións de ingresos e gastos, contas de perdidas e ganancias, amortizacións sobre o inmobilizado , previsións de tesourería... ademais de un análisis de mercado.

A.9 Identificar os aspectos que cumpra controlar para garantir a calidade do proxecto.

Para garantir a calidade do proxecto, necesitamos unha web competitiva tanto coma eventos importantes cos que traballar. Ademais, debemos contar con grandes provedores a nivel internacional que nos aseguren un produto de unha alta calidade, e traballar con unha profesionalidade acorde a este nivel de calidade que queremos aportar.

1.3 Fase 3. Planificación da execución do proxecto.

A.1 Establecer a secuencia das actividades en función das necesidades de posta en práctica.

Actividades TraballoIndividual/grupo

RealizaciónPresencial/distancia

Realización dos trámites para a creación da empresa

Individual Presencial

Adquisición do hardware necesario Individual A distancia

Aluguer do local Individual Presencial

Traslado de Hardware ao local Grupo Presencial

Montaxe da sala de servidores Grupo Presencial

Montaxe da rede e equipos Individual Presencial

Instalación dos Sistemas operativos nos servidores.

Individual Presencial

Instalación da configuración necesaria nos servidores

Individual Presencial

Instalación dun xestor de base de datos

Individual Presencial

Instalación dun servidor web Individual Presencial

Deseño da paxina web en Joomla Individual A distancia

Probas sobre a páxina web e os servidores

Individual Presencial

Compra de mercadorías Individual A distancia

Apertura da web Individual Presencial

Comezo das accións de Marketing Grupo A distancia

A.2 Determinar os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

Actividades Realización(Propia/Externa)

Coste(Material)

Coste(Man de obra)

Realización dos trámites para a creación da empresa

Propia 620,00€ -

Adquisición do hardware necesario

Propia 3.535,15 €

-

Aluguer do local Propia 650,00 € -

Traslado de Hardware ao local Propia 20,00 € 7,00 €

Montaxe da sala de servidores Externa 650,00 € 1.000,00 €

Montaxe da rede e equipos Propia 50,00 € 150,00 €

Instalación dos Sistemas operativos nos servidores.

Propia - 49,00 €

Instalación da configuración

necesaria nos servidoresPropia - 400,00 €

Instalación dun xestor de base de datos

Propia - 49,00 €

Instalación dun servidor web Propia - 49,00 €

Deseño da páxina web en Joomla

Propia - 1.000,00 €

Probas sobre a páxina web e os servidores

Propia - 100,00 €

Compra de mercadorías Propia 2.000,00 €

-

Apertura da web Propia - -

Comezo das accións de Marketing

Externa 1.300,00 €

-

A.3 Identificar as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

O proceso de apertura da páxina web non conleva ningún tipo de trámite, nin leva intrinsecamente aplicada unha taxa de impostos. Para a súa posta en marcha non fai falla ningún tipo de solicitude.

Por outra parte, ao ofrecer a venta de produtos a través da web, si é necesario declarar o IVE e proceder ao rexistro na cámara de comercio e outros organismos.

A.4 Determinar os procedementos de actuación ou execución das actividades.

Actividades Procedemento

Realización dos trámites pertinentes para a creación da empresa

Realizaranse os trámites tanto de forma presencial como a distancia

Adquisición do hardware necesario Mercarase o equipamento informático, buscando nos sitios que o ofrezan a un prezo menor

Adquisición do local que se empregará para aloxar os servidores

Alugarase un local que cumpra as características para aloxar servidores

Adquisición do nome de dominio da web Rexistrarase o nome do dominio vía internet

Acondicionamento do local Realizarase unha limpeza e amoblamento do local, así como a instalación da rede, aire acondicionado, etc.

Montaxe dos equipos Montaranse os equipos no rack comprobarase que funcionan correctamente

Instalación e configuración da rede Conectaranse os equipos ó switch central seguindo o esquema da rede. Configurarase a rede para que poidan saír a Internet

Instalación de sistemas operativos e programas básicos nos servidores

Instalaranse os sistemas operativos dos servidores, así como programas básicos gratuítos

Instalación, configuración e testeo da base de datos

Instalarase a base de datos MySQL nun servidor e realizaranse probas.

Instalación, configuración e testeo do servidor web

Instalarase o servidor web Apache no outro servidor e realizaranse probas

Deseño da páxina web con Joomla Crearase e deseñarase a páxina web mediante o xestor de contidos Joomla

Compra das mercadorías Poñerémonos en contacto con as grandes provedores para que nos subministren o material e ter garantizada unha alta calidade.

Apertura da web ó publico Abrirase o acceso público á web

Comezo das accións de márketing Publicitarase a web

polas redes sociais e contratarase a unha empresa externa para que realice accións de márketing adicionais

Expansión da web Se o número de usuarios é grande, establaranse relacións cos grandes festivais a nivel local para iniciar labores de negociación.

A.5 Identificar os riscos inherentes á execución, e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

Os principais riscos laborais derivados dunha actividade relacionada coa informática son os trastornos musculoesqueléticos por adoptar unha posición incorrecta no posto de traballo e a electrocución debido o manexo de aparellos eléctricos. Para evitalos seguiranse as seguintes medidas:

-A mesa de traballo debe ser o suficientemente ampla e espazosa para que se poidan depositar comodamente todos los utensilios necesarios nela.

-A silla debe ser axustable en altura do asento e en inclinación e altura do respaldo. Debe ser xiratoria con 5 puntos de apoio e rodas que permitan o seu desprazamento facilmente. Recoméndase que teña repousabrazos.

-O monitor debe estar a uns 40 cm e a parte superior da pantalla á altura dos ollos.

-O rato debe ter unha forma adaptable á palma da man. Débese traballar coa man apoiada sobre o rato, o pulso recto e o cóbado apoiado sobre a mesa formando un ángulo de 90°. Os botóns deben ser sensibles e de tacto agradable.

-Realizar exercicio físico aproveitando as pausas da xornada.

-Establecer pausas planificadas, que terán unha duración diferente dependendo dos requisitos de cada tarea.

-Comprobar que a Instalación eléctrica é regulamentaria.

-Instalación de proteccións magnetotérmicas, diferenciais e toma de terra. -Evitar sobrecarga-los enchufes con ladróns.

-Utilizar tensións de seguridade para os elementos portátiles.

-As ferramentas eléctricas deben levar o etiquetado CE.

-Realizar un mantemento periódico das instalacións por un instalador autorizado. -Non utilizar aparellos eléctricos coas mans húmidas.

-Separar o canleado das fontes de calor.

-As tapas dos cadros eléctricos deben permanecer cerradas e sinalando o perigo eléctrico.

A.6 Planificar a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

Actividades Realización (propia/ empresa externa)

Custo Custo (Man de

Obra)

Horas

Realización dos trámites pertinentes para a creación da empresa

Propia 600,00 € 0€ 8h

Adquisición do hardware necesario

Propia 3.535,15 €

0€ 5h

Adquisición do local que se empregará para aloxar os servidores

Propia 650 € / mes

0€ 8h

Adquisición do nome de dominio da web

Propia 8€/ano 0€ 1h

Acondicionamento do local Propia/Emp. Ext. 720,00 € 1157 €€ 4h

Instalación de sistemas operativos e programas básicos nos servidores

Propia 0€ 400,00 € 6h

Instalación, configuración e testeo da base de datos

Propia 0€ 49,00 € 6h

Instalación, configuración e testeo do servidor web

Propia 0€ 49,00 € 6h

Deseño da páxina web con Joomla

Propia 0€ 1.000,00 €

90h

Comezo das accións de márketing

Empresa Externa 1300€/ano

0€ 10h(*)

Apertura da web ó publico Propia 0€ 0€ 1h

Expansión da web Propia/Emp. Ext. Variable Variable Variable

A.7 Facer a valoración económica que dea resposta ás condicións de execución

Para a creación da empresa, partimos dun capital inicial de 12.000 € que proveñen de financiamento propio. En primeiro lugar teremos que afrontar un gastos de 9415,15 € para lograr a apertura da páxina, quedándonos un capital de reserva dun total de 2584,85 €.

O principal factor que xenerará capital da nosa páxina web e a venta de entradas para eventos musicais. Tendo en conta que a zona onde opera a nosa empresa conta con grandes festivais con unha gran afluencia de público, pódense estimar, se a empresa logra colocarse no mercado, unha cota de venta de entradas que poderían variar entre as 5.000-10.000 para grandes eventos e sobre o dobre para eventos máis pequenos.

Ademais deste factor, a nosa empresa tamén dedicarase a venta de todo tipo de material relacionado coa música, que Segundo os nosos cálculos, suporá entorno o 35% dos nosos ingresos.

A.8 Definir e elaborar a documentación necesaria para a execución.

Completada a fase de deseño, encargaremos de ultimar os pasos para o aluguer do noso local. Feito isto e realizar os trámites necesarios para a creación da empresa. Unha vez acabado isto, procederemos a compra do hardware necesario para o aloxamento da nos páxina web.O seguinte paso a tratar ao terminar os pasos anteriores será o acondicionamento do local, para seguidamente poder trasladar o hardware e adquirir o nome de dominio para a nosa páxina.Cando isto estea levado a cabo, procederase ao traslado dos equipos e a súa posterior montaxe e configuración. Instalaranse sistemas operativos Linux en ambos servidores, e posteriormente un servidor web nun e un servidor SQL en outro. A configuración contará con unha seguridade básica que permitirá acceder ao servidor web dende o exterior pero non ao servidor de bases de datos.Unha vez que os servidores funcionen correctamente, empezaremos o deseño da páxina web utilizando un Xestor de conteñidos Joomla, que, cando estea rematada comprobaremos que funciona correctamente.Unha vez que a web este finalizada procederemos a súa apertura e a posteriores accións de marketing coma colocar publicidade en webs e revistas especializadas.

1.4 Fase 4. Definición dos procedementos para o seguimento.

A.1 Definir o procedemento de avaliación das actividades ou das intervencións.

Para a avaliar as actividades realizaremos un estudio que amosaranos a rentabilidade da actividade un período de tempo amplo, permitíndonos así observar de unha maneira feaciente a importancia desa actividade no contorno da empresa.

Para avaliar as intervencións, utilizaremos un método similar o primeiro, tendo o estudo da actividade, se procedemos a unha intervención, realizarase un novo estudo sobre dita intervención amosándonos unha comparativa entre a actividade 1 e a actividade 2 e así poder decidir cal e máis viable cara a empresa,

A.2 Definir os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

-O deseño da web será superior a ampla maioría de webs actuais no mercado tanto graficamente coma funcionalmente.

-A web será accesible o 99,9% do tempo

-A web tratará de maneira inmediata todas as dubidas dos clientes a través das redes sociais.

-A web poderá ser accesible dende varios idiomas.

-Poderase acceder a páxina de forma segura mediante https://

-Tódolos produtos proveñeran de empresas distribuidora sobresaíntes pola súa calidade.

-Será totalmente operativa dende calquer navegador.

-Calquer fallo ocorrido na páxina web desencanedará nunha prioridade inmediata para o seu arranxo.

A.3 Definir o procedemento para a avaliación das incidencias que poidan presentarse durante a realización das actividades e a súa posible solución e rexistro.

Para a avaliación das incidencias e o seu rexistro, documentaranse todas as incidencias tanto en formato físico coma en dixital e facendo copias de seguridade do formato dixital para evitar perder a información. A partir disto, realizarase un estudio buscando a resolución desta incidencia e as súas posibles solucións documentando todos estes pasos. Entre as posibles solucións dadas, escollerase a que pareza máis adecuada e levarase a cabo.

Para a elaboración de dito estudio, realizarase unha división das incidencias segundo a súa gravidade dende leve hasta moi grave, segundo este nivel, determinarase o método de procedemento para arranxar, que presentamos seguidamente:

-Incidencias leves: A súa prioridade será baixa, cun límite de tempo para o seu arranxo será de sete días, e o aporte de capital será o mínimo.

-Incidencias moderadas: A súa prioridade será media, cun límite de tempo para o seu arranxo será de cinco días, e o aporte de capital será o

mínimo.

-Incidencias graves: A súa prioridade será alta, cun límite de tempo de dous días, e o aporte de capital será o necesario para a seu máis pronto arranxo.

-Incidencias moi graves: A súa prioridade será moi alta, cun límite de tempo de 1 día, onde o aporte de capital será o necesario para o seu máis pronto arranxo e se fai falla, contarase coa experiencia dunha empresa externa.

A.4 Definir o procedemento para xestionar os posibles cambios nos recursos e nas actividades incluíndo o sistema para o seu rexistro.

Para xestionar posibles cambios nos recursos e nas actividades, dedicarase una pequena parte do capital de reserva a este fin, e tomárase cunha alta prioridade a súa materialización, obtendo así, cambios rápidos se fose necesario.

O seu rexistro, será similar ao de incidencias, documentando estes cambios e realizando a convenientes copias de seguridade. Xestionaranse estes cambios a través dunha lista que os calcificará entre cambios importantes, cambios ordinarios e cambios leves.

Cambios importantes- Serán aqueles cambios que trastornen a estrutura da empresa e a súa forma de actuar. Exemplo: Cambiar de provedor.

Cambios ordinarios- Serán aqueles cambios que sean necesarios para o correcto funcionamento da empresa. Exemplo: Cambiar un servidor que queda obsoleto.

Cambios leves- Serán aqueles cambios que apenas inflúen no funcionamento da empresa. Exemplo: Cambiar o escritorio de traballo.

A.5 Definir e elaborar a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

Para avaliar as actividades e o proxecto, realizarase unha serie de documentacións relacionadas con unha serie de puntos que nos darán

unha serie de datos que permitiranos avaliar estes parámetros. Os puntos que nos serviran de guía para a elaboración de documentos que permítannos avaliar estes parámetros son:

-A facilidade para o desenrolo tanto das actividades coma do proxecto.

-A cantidade de capital necesario para a realización de ditos parámetros

-As garantías de que o proxecto teña posibilidades de saír adiante.

-O impacto que ten o desenrolo desas actividades na poboación.

A.6 Establecer o procedemento para a participación na avaliación dos usuarios ou clientes e elaborar os documentos específicos.

Para tratar a avaliación que darían os nosos clientes ao noso proxecto, procederemos a realizar distintas actividades que ofreceranos unha visión instantánea da opinión da clientela con respecto a nosa empresa.

-A empresa estará en todo momento vinculada as redes sociais que permitiranos establecer comunicación coa clientela en tempo real.

-Na páxina web, haberá tanto un apartado de contacto, que permitirá aos usuarios enviarnos emails con respecto as súas dúbidas..

-Tamén haberá un apartado que mediante enquisas poidamos saber a opinión que teñen respecto a empresa.

-Por último, durante a realización dos eventos musicais, no recinto onde se realicen haberá un stand onde a clientela poderá acercarse a expoñer as súas dubidas ante xente especializada.

A.7 Establecer un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

Para garantir o cumplimentos dos pregos de condicións do proxecto, elaboraranse unha serie de medidas que teñen como fin previr no máximo posible, as incidencias que poidan darse durante a súa execución. Estás medidas consisten nos seguintes puntos:

-Ter varios locais de reposto localizados co fin de que houbera algún tipo de problema co local principal.

-Ter localizadas varias tendas onde poidamos comprar un hardware similar ao principal en caso de que houbera problemas coa compra.

-Contactar con outros profesionais que accedan a darnos un servizo rápido en caso de que os principais fallaran.

-Facer copias de seguridade da páxina web e as bases de datos nun edificio aparte do local en caso de que ocurrira algún tipo de incidente.

-Ter acordos con todos os provedores para que nos subministren o primeiro envío suficiente en caso de que fallase algún.

-Ter localizadas varias empresas de marketing que poidan darnos un servizo rápido en caso de que houbera un problema co principal.

1.5 Fase 5. Elaboración e exposición do informe do proxecto realizado

A.1 Enunciar os obxectivos do proxecto

Os obxectivos do proxecto son:

-A realización dunha web que ofreza como servizo a venta de entradas a nivel nacional para distintos eventos musicais.

-Un maior acercamento o público asistente.

-Promocionar e informar sobre eventos musicais a nivel nacional.

-Promocionar especialmente os eventos musicais locais.

A.2 Describir o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector

Para identificar as necesidades das empresas do sector, e necesario saber o seu funcionamento interno. Estas empresas necesitan ter un amplo equipo informático de calidade que permítalle ter a súa páxina web online o 99.9% do tempo nun ano, tamén necesitan establecer contactos con un gran número de eventos musicais que aseguren a súa subsistencia así coma establecer contratos con bos provedores que poidan abastecernos de gran cantidade de material de gran calidade.

A.3 Describir a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

A solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño é aplicar todos os pasos citados nela, é dicir, aluguer dun local por 650€/mes, compra do material informático pertinente, instalacións nos distintos equipos e comezo da execución do proxecto Segundo o previsto.

A.4 Describir as actividades en que se divide a execución do proxecto.

Realización dos trámites para a creación da empresa: Elaboración dos procesos fiscais obrigatorios para a creación da empresa como é a adopción da sociedade xurídica da empresa, a dada de alta da empresa na cámara de comercio...

Adquisición do hardware necesario: Compra do hardware destinado a ofrecer os servizos da nos empresa (servidores, equipos, canleado, equipos de rede...)

Aluguer do local: Contactar con arrendatario do local e tramitar un contrato de aluguer con el.

Traslado de hardware ao local: Transporte do material anteriormente comprado cara o novo local.

Montaxe da sala de servidores: Acondicionamento da sala, instalación do sistema de refrixeración e montaxe primario do canleado.

Montaxe da rede e os equipos: Montaxe do canleado de rede e colocación dos equipos informáticos nos seus respectivos lugares.

Instalación dos S.O nos servidores: Instalación de sistemas operativos Linux nos servidores.

Instalación e configuración necesaria nos servidores: Instalación de distintos servizos nos servidores (Kerberos, LDAP, Samba, ACL's...)

Instalación dun xestor de base de datos: Instalación dun Xestor de Base de datos MySQL.

Instalación dun servidor web: Instalación dun servidor web APACHE

Deseño da páxina web en Joomla: Realización dunha páxina web moderna e funcional no xestor de contenidos Joomla.

Probas sobre a páxina web e os servidores: Realización de distintas probas sobre a páxina web e os servidores para garantizar que todo funciona correctamente.

Compra de mercadorías: Compra das mercadorías a os distintos provedores cos que realizamos contratos.

Apertura da web: Apertura da páxina web ao público

Comezo das accións de marketing: Pago a empresa de marketing para posicionar a nosa web e publicitala.

A.5 Xustificar as decisións tomadas na planificación e execución do proxecto

Adquiriuse un hardware específico para a nosa empresa por que é o qeu mellor se adapta as súas funcións.

Prefiríuse o aluguer dun local a súa compra por que creo, que para dar comezo a empresa, e unha opción máis acertada e segura, que non comprometerse cunha hipoteca.

Finalmente, a instalación dos dous servidores será en linux, xa que ademais de disminuir os costes non varía en absoluto o funcionamento da empresa.

A páxina web desenrolarase baixo Joomla, por que asegúranos unha boa estética e funcionamento da mesma.

Seleccionamos coma provedores as anteriormente citadas empresas xa que asegunrannos unha alta calidade.

Seleccionamos a empresa de marketing que mellor prezo tiña en relación accións/prezo.

A.6 Xustificar as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

Para o seguimento da empresa precedimos a selección de dous métodos de evaliación, un mediante estudos de rentabilidade e outro mediante o cal a clientela amosabanos a súa visión da empresa.

Estudos de rentabilidade: Estos estudos permitennos coñecer dunha maneira fiable e precisa o crecemento das nosas actividades e a forma da cal repercuen sobre o capital da empresa. Estes estudos permítennos comparar entre duas actividades para ver a cal deberíamos ofrecerlle unha maior preferencía, cal deberíamos incentivar, cal deberíamos deixar de lado...

Por outra parte, a clientela é o motor de calquer empresa, por ese motivo, non saber a opinión dela pode acarrear un suicidio empresarial. Para que esto non poida ocurrir na nosa empresa, tomamos unha serie de medidas que manteñenos comunicados co público 24h o día, cousa que conleva a que o público teña unha imaxe máis cercana e persoal coa nosa empresa.

A.7 Formular as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo

Coma conclusión do proxecto, temos a certeza de que a empresa cobre con todas as necesidades do sector, e colocase entre as mellores en relación coa sua funcionalidade e deseño. Esperamos así, que a empresa teña unha boa acoxida entre o público e os organizadores, e que o seu crecemento sea amplio.

A.8 Formular, de ser o caso, propostas de mellora.

-Establecemento, no futuro, dunha rede social na que os distintos usuarios da páxina podan poñerse en contacto para organizar viaxes para ir aos eventos musicais, facer amigos, compartir opinións sobre os festivais...

-Expansión da empresa cara un maior número de eventos fora de Galicia, e intentar establecer contactos en Portugal e Francia.

-Creación dun pequeno festival propio.

A.9 Empregar ferramentas informáticas para a presentación dos resultados

As ferramentas empregadas para a presentación dos resultados son:

A aplicación via web de realización de presentacións prezi.com

O expositor de documentos via web issuu.com

2. Datas e prazos para as actividades de titoría, seguimento e entrega de traballos.

Fase Data proposta Data resolución

Fase 1. Identificación das necesidades do sector produtivo.

25/04/2012 02/05/2012

Fase 2. Deseño do proxecto. 02/05/2012 09/05/2012

Fase 3. Planificación da execución do proxecto. 09/05/2012 16/05/2012

Fase 4. Definición dos procedementos para o seguimento.

16/05/2012 23/05/2012

Fase 5. Elaboración e exposición do informe do proxecto realizado.

23/05/2012 30/05/2012

Revisión do proxecto 6/05/201213/05/2012

3. Criterios de avaliación

Fase 1. Identificación das necesidades do sector produtivo.

Criterios de Avaliación Instrumentos de avaliación

Mínimos esixibles

(S/N)

Peso na cualificación

Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

Proxecto escrito Exposición

S 01/09/12

Caracterizáronse as empresas tipo indicando a estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

S 1/9

Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

S 1/9

Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

S 1/9

Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

S 1/9

Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

S 1/9

Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

S 1/9

Identificáronse posibles axudas ou subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

S 1/9

Elaborouse o guión de traballo para a elaboración do proxecto.

S 01/09/12

Fase 2. Deseño do proxecto.

Criterios de Avaliación Instrumentos de avaliación

Mínimos esixibles (S/N)

Peso na cualificación

Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

Proxecto escrito

Exposición

S 1/9

Realizouse o estudo da súa viabilidade técnica. S 01/09/12

Identificáronse as fases ou partes do proxecto,

así como o seu contido. S 1/9

Establecéronse os obxectivos e identificouse o seu alcance.

S 1/9

Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

S 1/9

Realizouse o orzamento correspondente. S 1/9

Identificáronse as necesidades de financiamento para a súa posta en marcha.

S 1/9

Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

S 1/9

Identificáronse os aspectos que cumpra controlar para garantir a calidade do proxecto.

S 1/9

Fase 3. Planificación da execución do proxecto.

Criterios de Avaliación Instrumentos de avaliación

Mínimos esixibles

(S/N)

Peso na cualificación

Estableceuse a secuencia das actividades en función das necesidades de posta en práctica.

Proxecto escrito Exposición

S 1/8

Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade

S 1/8

Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

S 1/8

Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

S 1/8

Identificáronse os riscos inherentes á execución, e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

S 1/8

Planificáronse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

S 1/8

Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da execución.

S 1/8

Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a execución.

S 1/8

Fase 4. Definición dos procedementos para o seguimento.

Criterios de Avaliación Instrumentos de avaliación

Mínimos esixibles

(S/N)

Peso na cualificación

Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou das intervencións.

Proxecto escrito

Exposición

S 1/7

Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

S 1/7

Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que poidan presentarse durante a realización das actividades a súa posible solución e o seu rexistro.

S 1/7

Definiuse o procedemento para xestionar os posibles cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

S 1/7

Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

S 1/7

Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación dos usuarios ou clientes e elaboráronse os documentos específicos.

S 1/7

Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

S 1/7

Fase 5. Elaboración e exposición do informe do proxecto realizado.

Criterios de Avaliación Instrumentos de avaliación

Mínimos esixibles

(S/N)

Peso na cualificación

Enunciáronse os obxectivos do proxecto. Proxecto escrito

Exposición

S 1/10

Describíronse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

S 1/10

Describíronse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

S 1/10

Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

S 1/10

Xustificáronse as decisións tomadas de

planificación da execución do proxecto. S 1/10

Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

S 1/10

Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

S 1/10

Formuláronse de ser o caso, propostas de mellora. S 1/10

Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

S 1/10

Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

S 1/10