programaci n departamento orientaci n - edu.xunta.gal³n... · este ano de novo, os titores teñen...

26
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PROGRAMACIÓN. Plano de Orientación Xeral Curso 2010-11 I.E.S. de Valga Ana de Lorenzo Aira

Upload: lenga

Post on 22-Oct-2018

224 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN

PROGRAMACIÓN. Plano de Orientación Xeral

Curso 2010-11

I.E.S. de Valga Ana de Lorenzo Aira

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

2

1.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIE NTACIÓN E CONTEXTO QUE ABRANGUE 2.- CONTEXTUALIZACIÓN: A. Datos xerais. B- Situación xeográfica C- Análise socioeconómico observados D.- Alumnado E.- Profesorado F. Colaboración do Departamento de orientación co Equipo Directivo: 3.- NECESIDADES EDUCATIVAS:

A. Alumnado B. Profesorado C. Familias D. Centro

4.- MARCO TEORICO: Funciones del Departamento 5. PLAN DE ACTUACIONES: A.- Liñas prioritarias de actuación. B.- Plano de Orientación C.- Plano de acción titorial D.- Plano de Orientación académica e profesional. 6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS A.- Criterios de actuación B.- Distribución de tarefas C- Recursos empregados D.- Temporalización. 7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

3

1.- DATOS DE IDENTIFICACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIE NTACIÓN E CONTEXTO QUE ABRANGUE Para o presente curso o Departamento de Orientación do I.E.S. de Valga estará composto polos seguintes membros: • Xefe de Departamento e Orientadora: Ana de Lorenzo Aira • Mestra de pedagoxía terapéutica: Milagros Martínez García • Profesores de ámbitos: Miguel Fernández Blanco e Baldomero Fernández Ramos • Profesora de FOL: Dolores Conde Gil O Contexto de actuación será o que se refire ao propio centro, xa que dende o curso 2006-07 non hai centros adscritos. Reunións:

• Unha reunión semanal coa Profesora de PT para a coordinación na atención ás necesidades educativas especiais do alumnado. (Luns 10,25-10,45)

• Unha reunión semanal (en cinco sesións) cos titores de curso para a planificación, seguimento e avaliación do Plano de Acción Titorial:

- Luns 12,45-13,35 - Martes 9,35-10,25 // 11,35-12,25 - Mércores 10,45-11,35 - Venres 10,45-11,35

• Unha reunión mensual do Departamento de Orientación para o seguimento e avaliación do Plano de Orientación e o cumprimento das funcións que se establecen no artigo 6º do Decreto 120/1998.

2.- CONTEXTUALIZACIÓN A- Datos xerais. Este plano de actuación diríxese a un centro que leva funcionando 12 cursos, que se adapta ás características do novo sistema educativo que se establece na L.O.E, dispoñendo de aulas suficientes aínda que escasas, ademais de laboratorios de Física e Química, laboratorio de Ciencias, aula de música, aula de tecnoloxía, aula de informática, ximnasio, patios de recreo e deportivos, biblioteca, departamento didácticos, aulas de debuxo e expresión plástica, así como todas aquelas dependencias destinadas ás funcións administrativas e de dirección do centro. B- Situación xeográfica O Instituto está situado ó norte da provincia de Pontevedra, no municipio de Valga que está delimitado polo val do río Ulla, e as estribacións dos montes Xiabre e Xesteiras. Ten 6288 habitantes aproximadamente. Configúranse en cinco parroquias, as de Campaña, Cordeiro, Setecoros, Xanza e Valga, a capital municipal.

C- Análise socioeconómico observados

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

4

Está situado nun entorno onde a industria da transformación da madeira e elaboración de productos metálicos son as predominantes. De feito, é o sector industrial o que mais postos de traballo xenera na zoa. Nel desenrolan a súa actividade o 37,1% da poboación activa. Tamén o sector servicios conta cun bo desenrolo, e constitúe na segunda fonte de veneración de emprego. Tamén rexistra un avance importante todo o relativo ó mundo da construcción.

O val do baixo Ulla caracterizase por unhas condicións climáticas extraordinarias para a agricultura e neste concello, esta cualidade combinase con terras fértiles. Son bos ingredientes para o desenrolo do sector que aínda non constitúe a principal base económica local, a súa actividade é relevante e ocupa o 8% da poboación. Os productos da horta e o viñedo son os principais cultivos da zoa.

Maioritariamente, encontrámonos cunha poboación que ten un nivel cultural medio baixo con escasa cualificación profesional. Esta situación fai que a maioría das familias se encontren interesadas na formación e educación dos seus fillos. Sen embargo existe unha desidia xeral en canto ó coñecemento de alternativas educativas, intención de apoiar ós fillos e non saber cómo facelo e, en algúns casos de inadecuación entre o que pretenden as familias e o que ós chicos lles interesa.

Dende fai varios cursos consideramos dende este Departamento que unha das prioridades u obxectivos a cumprir é o de manter unha maior apertura do centro á propia comunidade, tratando de manter un vínculo que potencie non so o fluxo de información familia-centro senón unha vía de colaboración entre os membros da Comunidade Escolar coa idea de preveno, detectar e intervir diferentes aspectos relacionados coa educación dos seus fillos: dificultades de aprendizaxe, problemas de conducta, habilidades sociais, orientación académico-profesional.... Neste curso seguiremos nesta liña posto que a consideramos prioritaria e a resposta a iniciativas encamiñadas ó cumprimento de devandito obxectivo ven sendo moi positiva.

D.- Alumnado

Os alumnos de primeiro da E.S.O. veñen maioriatariamente dos colexios de Educación Primaria das seguintes localidades: + Cordeiro: C.E.P. “Xesús Ferro Couselo” + Baño: C.E.P. “Xanza” Estas localidades encóntranse moi próximas entre si e gardan similitudes socioculturais ademais de xeográficas.

O Instituto conta este curso 2010-11 con:

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

5

E.S.O. Grupo 1º n.e.e 2º n.e.e 3º n.e.e 4º n.e.e

A 17 3 ACS

23 5 RE

24 24

B 16 7 RE

22 6 RE

22 28

C 16 7 RE

19 2 ACS

8 PDC

7 PDC

Aparte no centro impártense un Ciclo formativo de Grao Medio (Soldadura) e un Programa de Cualificación Profesional Inicial desta mesma familia. E.- Profesorado O claustro está formado por aproximadamente 52 profesores, entre os que destaca un importante número de profesores con praza definitiva. Existe un ambiente positivo e agradable de traballo, ó igual que unha importante dispoñibilidade por parte dos titores para o desenrolo das súas funcións en coordinación co Departamento de Orientación. Este ano de novo, os titores teñen unha hora de reunión semanal co Departamento de Orientación, esta hora é computable a nivel de horario, posto que se están utilizando as horas adicadas á atención á pais. Manteranse, por tanto, reunións semanais cos titores de cada curso e nivel para programar e levar a cabo o plano de acción Titorial, contando coa colaboración de Xefatura de Estudos en cada unha delas. Ó estar os titores reunidos por curso, a explicación do PAT levase a cabo de forma coordinada, por todos e cada un dos titores, xefatura de estudos e Departamento de Orientación. Para a elaboración de devandito Plano a orientadora proporá un borrador que sexa a base para a posterior discusión e aprobación polos titores de cada curso e nivel. Por outro lado, a orientadora participará directamente no desenrolo das actividades de titorías cando así se acorde mutuamente cos respectivos titores para a exposición de determinados temas puntuais que requiran a súa presenza, especialmente a parte relativa ao POAP. F. Colaboración do Departamento de orientación co Equipo Directivo: Neste curso 2010-11 cambia a Equipo Directivo con respecto o curso pasado. Cabe esperar que exista un nivel excelente de implicación e apoio ó Departamento de

Grupo 1º BCH

n.e.e 2º BCH

n.e.e

A 14 17 B 13 12

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

6

Orientación por parte da Xefatura de Estudos, que a coordinación sexa constante e fluída analizando tódolos aspectos relacionados co Plano de Actuación deste Departamento así como todas aquelas cuestións que vaian xurdindo ó longo do curso, non so no ámbito de devandito Plano, tamén en canto a Organización e Planificación de cuestións que fagan referencia ó bo funcionamento do centro en todas as súas vertentes.

3.- NECESIDADES EDUCATIVAS (Observadas)

Alumnado • Atención á diversidade. • Formación en habilidades sociais que favorezan a convivencia • Mellorar o clima de relación na aula. • Identificación co centro • Aprendizaxe de técnicas de traballo intelectual • Orientación Académica e Profesional • Mellora das técnicas instrumentais básicas de lectura, escritura, expresión e

cálculo.

Profesorado • Información sobre o novo sistema educativo (LOE) especialmente na E.S.O.

• Formación sobre aspectos psicopedagóxicos e didácticos • Formación sobre aspectos metodolóxicos • Formación sobre o sistema de avaliación. • Formación para responder á diversidade e á comprensividade educativa. • Integración e coordinación como equipo docente. • Implicarse en proxectos de formación e seminarios didácticos.

Familias • Información sobre o novo sistema educativo (LOE) • Información sobre as actividades académicas • Información sobre as saídas profesionais dos seus fillos • Formación para a colaboración no proceso de ensinanza-aprendizaxe. • Participación no proxecto educativo do centro.

Centro • Seguimento do Proxecto Educativo de Centro • Programas de información social e propaganda. • Programas de integración da comunidade educativa • Programas de formación no centro. • Oferta educativa diversificada para elevar as matrículas e o número de

alumnos atendidos. 4.- MARCO TEÓRICO-PRÁCTICO

As actuación deste Departamento estarán baseadas nos principios teórico-prácticos que inspiraron a Reforma Educativa e a Lei orgánica 1/1990 que a desenvolveu e que

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

7

proceden das teorías constructivistas de Aussubel, no que se refire á Orientación Educativa podemos resumir nos seguintes puntos:

� A Orientación e a Titoría formará parte da función docente. � As finalidades da Educación son: transmitir a cultura da sociedade, aprender a

asumir deberes e exercer dereitos, incorporarse á vida activa con garantía de éxito.

� En consecuencia co anterior se propón unha educación comprensiva ( para todos), terminal ( ten un fin en si mesma) e propedéutica ( prepara para futuros estudios)

� Garantizarase a orientación persoal, académica, psicopedagóxica e profesional dos alumnos, prestando singular atención á superación de hábitos sociais discriminatorios

� Entendemos a escola como un lugar de construcción da igualdade de oportunidades � O noso centro posibilitará que todos os alumnos desenvolvan ao máximo as súas

potencialidades e se formen como persoas para seren felices na sociedade á que pertencen.

� As actuacións do Departamento de Orientación terán en conta o contexto sociocultural e económico no que se ubica o centro e procurará implicar ao máximo de sectores nas súas actividades, dende unha perspetiva holística.

� Procurarase a colaboración entre todos os implicados no proceso educativo. � As actuación do departamento basearanse en dous modelos de intervención:

• No modelo de programas, cando sexa necesario abordar as necesidades antes de seren demandas polo suxeitos obxecto da intervención.

• No modelo de consulta, cando a demanda sexa manifestada ou requirida polos axentes implicados coa intención de establecer un contexto de colaboración para traballar co persoal docente nun programa no que se sintan todos implicados.

5.- PLANO DE ACTUACIÓN A.- Liñas prioritarias de actuación. Desenvolveranse as funcións no marco do Decreto 120/1998, do 23 de abril, e da Orde do 24 de Xullo de 1998, que o desenvolve, prestando especial atención as actuacións especificadas na Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, formación profesional e innovación educativa relacionadas con:

- Inclusión e a diversidade: PEC, programas de prevención, apoios, concrecións curriculares, programacións, re, acs…

- Acción titorial - Convivencia e educación en valores - Plano orientación profesional - Avaliación e calidade - Drdorienta - Aprendizaxe permanente e as saídas profesionais - Coordinación dos departamentos de orientación - Circular 8/2009, Atención a diversidade.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

8

B. Plano de Orientación Plano de Orientación - ALUMNADO OBXECTIVO: Prestar atención ó alumnado con necesidades educativas.

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Avaliación psicopedagóxica • Adecuación de contidos • Adecuación metodolóxica • Dotación de material específico

• Seguimento de cursos e materias onde haxa alumnos con ACIS ou reforzos

• Organización do espazo e tempo para unha mellor atención de alumnos con ne por parte da profesora PT

• Coordinación coa Xefatura de Estudios para unha mellor eficacia na atención ao alumnos con n.e.e.

• Coordinación cos titores e profesorado para o seguimento e valoración das ACIS e reforzos educativos

• Coordinación co profesorado que imparte reforzos específicos.

• Asesoramento e orientación ao profesorado que

imparta a alumnos con n.e.

• Informes psicopedagóxicos

Todo o curso Todo o curso Todo o curso Todo o curso nas reunión semanais Todo o curso nas reunión semanais Todo o curso, segundo demanda Segundo necesidades.

X D.O- PT- XE X D.O- PT- XE X.E e X.D.O-PT X.D.O.-PT e titores X.D.O.-PT e profesores específicos X.D.O.-PT e profesores X.D.O e profesorado implicado.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Comprobar en que medida se desenvolveron as ACIS e a súa valoración final • En que medida se fixeron os reforzos demandados • Como influíu a distribución no tempo e o espazo na atención á diversidade • Fixéronse cambios no tempo e espazo ao longo do curso • Fixeron os titores o seguimento e valoración das ACIS e reforzos correspondentes ao seu alumnado. • Cantas demandas de asesoramento foron solicitadas • Asesoramento solicitado ao D.O. Consecuencias positivas para os implicados no proceso • Cantos informes foron solicitados e cantos completados • Con motivo dos informes psicopedagóxicos medidas adecuadas no proceso de ensino-aprendizaxe.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

9

Plano de Orientación – ALUMNADO OBXECTIVO: Favorecer a integración e participación do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar. (Habilidades sociais- PAT)

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Formación en habilidades sociais • Formación na resolución de problemas e conflitos • Mellora do autocoñecemento e autoestima. • Mellorar as relación e o clima da aula e do centro. • Recoñecer o centro escolar como propio e como

espazo de relación social. • Resolución de conflitos e mediación escolar

• Xogos de roles • Xogos cooperativos • Dinámica de grupos • Role-plays • Exercicios de autoreflexión persoal e debates sobre

os resultados. • Exercicios de análise da propia imaxe e

personalidade e discusión en grupo. • Debates. • Traballos en grupo sobre temas de relación social. • Realizar murais sobre temas de relación. • Participar en actividades colectivas do centro:

deportivas, culturais., festivas etc. • Programar actividades de información e propaganda • Actividades de acollida de novos alumnos. • Xornadas de portas abertas para os alumnos de

primaria dos centros adscritos. • Posibilitar, programar e deseñar actividades para a

creación da aula de convivencia

Todo o curso dentro PAT 3º Trimestre O longo do curso

Titor Equipo Directivo. XDO XE, XDO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Comprobar a realización nas titorías das actividades relativas a habilidades sociais, dinámica de grupos, e xogos cooperativos. • Valorar por parte dos titores, profesorado, e D.O. as consecuencias deste tipo de actividades nas actitudes e comportamento do alumnado. • Comprobar o número traballos realizados e a súa repercusión nas actitudes e comportamentos. • Comprobar o número de actividades colectivas de centro realizadas e a participación nelas por parte da comunidade educativa. • Enumerar as actividades de información e propaganda feitas e valorar as súas repercusión no clima escolar

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

10

Plano de Orientación – ALUMNADO OBXECTIVO: Favorecer a integración e participación do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar. (Habilidades sociais- PAT)

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Formación en habilidades sociais • Formación na resolución de problemas e conflitos • Mellora do autocoñecemento e autoestima. • Mellorar as relación e o clima da aula e do centro. • Recoñecer o centro escolar como propio e como

espazo de relación social. • Resolución de conflitos e mediación escolar

• Xogos de roles • Xogos cooperativos • Dinámica de grupos • Role-plays • Exercicios de autoreflexión persoal e debates sobre

os resultados. • Exercicios de análise da propia imaxe e

personalidade e discusión en grupo. • Debates. • Traballos en grupo sobre temas de relación social. • Realizar murais sobre temas de relación. • Participar en actividades colectivas do centro:

deportivas, culturais., festivas etc. • Programar actividades de información e propaganda • Actividades de acollida de novos alumnos. • Xornadas de portas abertas para os alumnos de

primaria dos centros adscritos. • Posibilitar, programar e deseñar actividades para a

creación da aula de convivencia

Todo o curso dentro PAT 3º Trimestre O longo do curso

Titor Equipo Directivo. XDO XE, XDO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Comprobar a realización nas titorías das actividades relativas a habilidades sociais, dinámica de grupos, e xogos cooperativos. • Valorar por parte dos titores, profesorado, e D.O. as consecuencias deste tipo de actividades nas actitudes e comportamento do alumnado. • Comprobar o número traballos realizados e a súa repercusión nas actitudes e comportamentos. • Comprobar o número de actividades colectivas de centro realizadas e a participación nelas por parte da comunidade educativa. • Enumerar as actividades de información e propaganda feitas e valorar as súas repercusión no clima escolar

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

11

Plano de Orientación – ALUMNADO. OBXECTIVO: Facilitar a toma de decisión respecto ao seu futuro académico e profesional. (POAP) Contidos Actividades Temporalización Responsables • Estrutura do Sistema Educativo • Saídas educativas ao remate da ESO- Bacharelato • Saídas profesionais ao remate da ESO- Bacharelato • Itinerarios do Bacharelato. • Graos universitarios • Familias profesionais • Ofertas de traballo

• Información sobre as saídas académicas e profesionais.

• Axuda para a toma de decisións a través da orientación psicopedagóxica e da información. (ESO, Bacharelato, Ciclos)

• Informar e formar sobre os diferentes organismos administrativos que axudan na formación e procura de emprego.

• Aprender a utilizar as novas tecnoloxías para a procura de información e como medio de traballo.

• Celebrar charlas informativas para coñecer as diferentes opción de cara o seu futuro educativo e profesional.

• Visitar centros da zona para informar sobre a oferta

educativa do IES • Charlas para as familias sobre as saídas educativas e

profesionais dos seus fillos.

O longo de todo o curso.

O longo de todo o curso 3º trimestre 3º trimestre 3º trimestre 3º trimestre 3º trimestre

X.D.O. e titor X.D.O. X.D.O. e titor X.D.O. e titor X.D.O. X.D.O. X.D.O. Equipo directivo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumeración das actividades realizadas, valorando a participación do alumnado, a implicación do profesorado • Avaliación por parte do alumnado das actividades realizadas • Avaliación por parte das familias das actividades realizadas.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

12

Plano de Orientación - PROFESORADO OBXECTIVO: Informar e formar ó equipo docente sobre os aspectos didácticos, metodolóxicos e de avaliación que implica a E.S.O.

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Finalidades e características da E.S.O. • Atención á diversidade e educación comprensiva. • A avaliación e a acción titorial • Principios psicopedagóxicos da E.S.O. • Características psicosociais da adolescencia

• Información específica cando sexa requirida. • Intervención nas sesións de avaliacións.

• Coordinación, a través da CCP, para as programacións

e os criterios de avaliación.

• Apoio e axuda ós Departamentos didácticos cando sexa requirida.

• Coordinación das titorías. • Implicar ao profesorado nos informes de alumnos

demandados. • Coordinar a proceso de ensino aprendizaxe das ACIS e

reforzos, orientando nas necesidades demandadas.

• Expor na CCP aqueles aspectos que inflúan nunha

mellor calidade do ensino e na atención á diversidade.

Ao longo de todo o curso Nas sesión de avaliación Mensualmente, nas reunión da CCP O longo de todo o curso Todo o curso nas reunión semanais O longo do curso O longo do curso Mensualmente, nas reunión da CCP

X.D.O.-PT XDO- PT XDO-PT- XE XDO-PT XDO, XE, Titores XDO XDO- PT XDO- PT

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumerar as actividades realizadas, valorando a implicación do profesorado • Valorar as repercusións na aula e no proceso de ensino aprendizaxe das actividades realizadas. • Controlar as decisións tomadas nas sesión de avaliación sobre reforzos e atención á diversidade. • Analizar os resultados do proceso de ensino-aprendizaxe a través dos datos das avaliacións • Seguimento das intervencións demandas, analizando o proceso, o grao de implicación e os resultados.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

13

Plano de Orientación – PROFESORADO. OBXECTIVO: Implicar ó profesorado en tarefas de integración no centro, de formación académica , e de innovación pedagóxica.

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Proxectos de formación en centros • Seminarios permanentes. • Proxectos de innovación educativa • Elaboración do PEC • Elaboración do PCC • Elaboración de Programas • A avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe e da

institución • Proxecto común

• Participar en grupos de traballo de proxectos que teñan como obxectivo a mellora da calidade da ensinanza.

• Motivar para a elaboración ou avaliación do PEC e PCC.

• Elaborar e actualizar o Plano de Orientación Xeral do IES

• Elaborar e actualizar o Plano de Acción Titorial • Elaborar e actualizar o Plano de Orientación

Académico- Profesional. • Implicar o profesorado na realización dun proxecto

común de centro

O longo do curso

X.D.O.- PT X.D.O. X.D.O. Eq. Directivo- DO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumerar as actividades propostas e analizar o seu resultado • Valorar a participación e implicación nos proxectos iniciados. • Valorar a repercusión na comunidade educativa dos proxectos realizados ou iniciados.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

14

Plano de Orientación - FAMILIAS OBXECTIVO: Contribuír a manter relacións de cooperación e participación entre as familias e o centro Contidos Actividades Temporalización Responsables • Estrutura e funcionamento do centro • Proceso de ensino-aprendizaxe • Actividades extraescolares • Contorno socioeconómico • Curriculum oculto • Proxecto común

• Seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe a través das titorías.

• Xornadas informativas-formativas sobre conflitos, clima escolar, habilidades sociais …etc

• Información sobre os obxectivos anuais, materiais curriculares, e avaliacións.

• Organizar actividades para mostrar os resultados dos traballos académicos: certames literarios, teatro, música, deportes, etc.

• Implicar ás familias no proxecto común de centro.

Ó longo do curso O longo do curso O longo do curso O longo do curso O longo do curso

Eq. Directivo- XDO Titores XDO, Eq directivo Eq. Dir, XDO Eq. Directivo- XDO Eq. Directivo- DO- Eq profesorado

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumeración das actividades realizadas e valoración da implicación e participación das familias e do centro. • Valoración da influencia das actividades no rendemento escolar do alumnado. • Valoración das familias sobre as actividades realizadas.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

15

Plano de Orientación - FAMILIAS OBXECTIVO: Implicar ós pais nas actividades do centro como membros da comunidade educativa a través da información académica e da formación familiar

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Estrutura do Sistema Educativo • Saídas educativas ao remate da ESO- Bacharelato • Saídas profesionais ao remate da ESO- Bacharelato • Itinerarios do Bacharelato. • Graos universitarios • Familias profesionais • Ofertas de traballo • Implicación no proceso educativo do fillos e fillas.

• Charlas e debates para informar do Sistema Educativo e das saídas académicas e profesionais.

• Conversas puntuais e individuais con pais • Xornadas de portas abertas para mostrar o centro ás

familias • Xornadas de formación familiar para axudar aos

fillos no proceso de ensino-aprendizaxe.

3º Trimestre O longo do curso 3º Trimestre O longo do curso

XDO- Eq. directivo XDO Eq. Directivo- XDO XDO- XE- Persoal externo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumeración das actividades realizadas e valoración da implicación e participación das familias e do centro. • Valoración da influencia das actividades no rendemento escolar do alumnado. • Valoración das familias sobre as actividades realizadas.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

16

Plano de Orientación - CENTRO OBXECTIVO: Asesorar e orientar ao Equipo Directivo e profesorado para a definición do proxecto común de centro

Contidos Actividades Temporalización Responsables • Proxecto Educativo do Centro • Proxecto Curricular do Centro • Plano de Orientación Educativa • Plano de Convivencia • Grupos de traballo • Innovación educativa

• Formación de grupo/s de traballo para a elaboración dun anteproxecto de PEC- PCC- Plano convivencia

• Informar e motivar para a constitución e/ou consolidación de grupos de traballo

• Elaborar instrumentos para a recollida de datos da comunidade educativa que axude na elaboración do PEC-PCC

• Implicar ao Claustro na elaboración do Plano Anual de Actuación.

• Elaborar os diferentes documentos.

1º Trimestre O longo do curso

Eq. Directivo- DO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumeración das actividades realizadas e valoración da súa repercusión no clima escolar e na implicación educativa do profesorado. • Avaliación pública dos logros acadados en cada unha das actividades. • Recollida de información valorativa do claustro, departamentos e seminarios, sobre as actividades do centro

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

17

Plano de Orientación - CENTRO

OBXECTIVO: Axudar ao Equipo Directivo na súa labor de liderado pedagóxico e social. Contidos Actividades Temporalización Responsables • Información social e propaganda • Dinámica de grupos. • Formación en centro. • Relación co contorno. • Ofertas educativas. • Atención á diversidade.

• Dinamizar a CCP para elaborar un proxecto común anual.

• Acordar as ofertas educativas na ESO e nos Bacharelatos para consolidar un proxecto educativo que evite a dispersión.

• Elaborar folletos para a difusión interna e externa do Plano Anual e das ofertas educativas.

• Organizar reunión, charlas informativas e formativas para unha mellor atención á diversidade.

• Organizar reunións sobre cuestión académicas: metodoloxía, avaliación, atención á diversidade, conflitos. etc.

• Concienciar á comunidade escolar da necesidade da avaliación interna do proceso educativo e elaborar os instrumentos para o seu proceso.

1º Trimestre e o longo do curso O longo do curso 2º Trimestre O longo do curso

Eq. Directivo- DO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: • Enumeración das actividades realizadas e valoración da súa repercusión no clima escolar e na implicación educativa do profesorado. • Avaliación pública dos logros acadados en cada unha das actividades. • Recollida de información valorativa do claustro, departamentos e seminarios, sobre as actividades do centro

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

18

C.- PLANO DE ACCIÓN TITORIAL A acción titorial forma parte da función docente e é un dos piares básicos da Orientación persoal, educativa e profesional que o alumnado ten dereito para un mellor desenvolvemento das súas capacidades. Consecuentemente é necesario un Plano de Acción Titorial (P.A.T.) que oriente esta importante función docente. Polo tanto, dende o Departamento de Orientación proponse o PAT que se especifica no PCC. Neste curso as titorías planificaranse tendo como tema principal a Convivencia e educación de valores:

PLANIFICACIÓN TUTORÍAS 1º TRIMESTRE

SEMANA 1º- 2º- 3º- 4º- PCPI

17 Sp Presentación. Dossier titorías

20/24 Sp Coñecemento de alumnos (cuestionario) Ficha do titor. Sesión de titoría

27/1 Out. Normas de centro- Normas de clase

4/8 Out. Elección delegado funcións e candidatos. Acta

11/15 Out. Técnicas de estudo e organización do traballo Factores condicionantes do estudio e utilización en beneficio propio

18/22 Out. Planificación do estudo

25/29 Out. Uso das técnicas de traballo intelectual e integración de forma unitaria no proceso de aprendizaxe mediante un método persoal de traballo intelectual

2/5 Nov. Aplicación das técnicas de traballo intelectual nas distintas áreas e materias

8/12 Nov. Avaliación do uso das técnicas e aplicación estratéxica segundo os requirimentos da situación, área ou tarefa

15/19 Nov Programación libre*

22/26 Nov Resolución de conflitos Definición de conflito

29/3 Dc Valor positivo dos conflitos

13/17 Dc Estratexias para afrontar o conflito

MATERIAL APORTADO COMO APOIO Á ACCIÓN TITORIAL

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

19

Información alumnado da titoría: reunión previas ou inicio curso

Dossier Titorías: Resumo do PAT, guión recepción alumnos, guión entrevista, ficha alumnado … etc Carta destinada ás familias presentando ó titor/a e convocando á reunión de pais

Guión para cada unha das sesións de titoría así como o material preciso para levala a cabo

Guión para a reunión de pais

Guión da Avaliación inicial

Guión da Sesión da 1ª Avaliación

PLANIFICACIÓN TUTORÍAS 2º TRIMESTRE

SEMANA 1º- 2º- 3º- 4º- PCPI

10/14 Xan Fases básicas na resolución de conflitos

17/21 Xan Teño un problema, teño un conflito ¿Qué podo facer?

24/28 Xan Fomento da responsabilidade individual Teoría da autoeficacia

31/4 Feb Motivación

7/11 Feb Factores da personalidade

14/18 Feb Responsabilidade social

21/25 Feb Responsabilidade persoal

28/4 Mz Habilidades comunicativas Autoconcepto, autoestima e autoconfianza

14/18 Mz Expresarse con facilidade, convivir mellor cos demais 21/25 Mz Cómo actuar cando nos chaman a atención

28/1 Ab Aumentar a capacidade de entusiasmo

4/8 Ab Tratar situacións complicadas e difíciles

11/15 Ab Traballo en grupo.

Beneficios do traballo en grupo. A cooperación 11/15 Ab Estruturación, organización e realización de tarefas, toma de

decisións...

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

20

MATERIAL APORTADO COMO APOIO Á ACCIÓN TITORIAL

Guión para cada unha das sesións de titoría así como o material preciso para levala a cabo Guión da Sesión da 2ª Avaliación

PLANIFICACIÓN TUTORÍAS 3º TRIMESTRE

SEMANA 1º- 2º- 3º- 4º

26/29 Ab A motivación, o interese do grupo. Resolución de conflitos, formulación de críticas construtivas.

2/6 Maio A motivación, o interese do grupo. Resolución de conflitos, formulación de críticas construtivas.

9/13 Maio Programación libre*

18/20 Maio PLANO ORIENTACIÓN ACADEMICO-PROFESIONAL

23/27 Maio PLANO ORIENTACIÓN ACADEMICO-PROFESIONAL

30/3 Xuño PLANO ORIENTACIÓN ACADEMICO-PROFESIONAL

6/10 Xuño PLANO ORIENTACIÓN ACADEMICO-PROFESIONAL

13/17 Xuño Avaliación da propia marcha do grupo

MATERIAL APORTADO COMO APOIO Á ACCIÓN TITORIAL

Guión para cada unha das sesións de titoría e material preciso para levala a cabo

Guión da Sesión da 3ª Avaliación

C.- PLANO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO- PROFESIONAL No Plan de Orientación Académica e Profesional do IES Valga vanse contemplar tres liñas de actuación principais:

a) Actuacións dirixidas a que os alumnos desenvolven as capacidades implicadas no proceso de toma de decisións e a que coñezan de forma axustada as súas propias capacidades motivacións e intereses.

b) Actuacións para facilitar ó alumnado información sobre as distintas opcións educativas e profesionais relacionadas coa etapa.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

21

c) Actuacións para propicia-lo contacto do alumnado co mundo do traballo.

Actuacións específicas para 1º, 2º e 3º de ESO

Actividades que se desenvolven dentro do Plan de Acción Titorial

• As actividades de titoría incidirán nos elementos principais de todo P.O.A.P.:

- Coñecemento da estrutura do sistema educativo e das distintas opcións e itinerarios : sesións informativas sobre a estrutura do sistema educativo, a E.S.O, o bacharelato, os ciclos formativos de FP, o acceso ós estudios universitarios dende o bacharelato e os CFG. Superior.

- Coñecemento das propias posibilidades, intereses e limitacións: cuestionarios de autoanálise dos propios intereses, capacidades e valores.

- Desenrolo de habilidades para a toma de decisións: actividades para a análise das posibles consecuencias das distintas alternativas.

• Para mellorar o coñecemento dos obxectivos e contidos das materias do curso seguinte e dos distintos itinerarios, o titor/a informa ó alumnado do grupo axudándose da información que, por escrito, lle transmite o Departamento de Orientación.

• Os alumnos con poucas posibilidades de promocionar ó curso seguinte son obxecto dun seguimento máis cercano e proporcionámoslles unha información máis personalizada sobre as distintas alternativas que se presentan ó finalizar o curso.

• No mes de maio-xuño celébrase unha reunión para informar ós pais sobre as opcions ó finalizar o curso e sobre a oferta educativa do centro.

• Na sesión de avaliación final do curso a Xunta de Profesores revisa a elección provisional de materias a cursar en 3º e 4ª realizada por cada alumno/a e formulanse as orientacións pertinentes a través do titor/a.

Actividades que realiza o Departamento de Orientación

� Elaborarase e actualizarase un dossier informativo para titores e alumnos sobre as opcións ó finalizar 2º e 3º de E.S.O.

� Durante a última semana de maio principios de xuño a orientadora utilizará a sesión de titoría con cada un dos cursos para resolver dúbidas puntuais dos alumnos.

�Por outro lado, se existisen consultas específicas que non se poidan solucionar nin en titorías nin nas reunións xerais, o Departamento de Orientación estará aberto a tales consultas mediante entrevistas personais con alumnos e/ou pais. (Concertando antes cita)

� Elaboración da información para entregar ós pais nas distintas reunións que se celebren

�Recóllense e distribúense as follas informativas sobre as materias optativas

Actuacións específicas para 4º de ESO

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

22

Actividades que se desenvolven dentro do Plan de Acción Titorial

As actuacións principais neste curso van dirixidas a facilitar ó alumnado a toma de decisións ó finaliza-la etapa

• As actividades de titoría inciden nos catro elementos principais comentados anteriormente:

- Coñecemento da estructura do sistema educativo e das distintas opcións e itinerarios : sesións informativas sobre a estructura do novo sistema educativo, a E.S.O, o bacharelato, os ciclos formativos de FP, o acceso ós estudios universitarios dende o bacharelato e os CFG. Superior.

- Coñecemento do sistema productivo e laboral e dos procesos de inserción nel: sesións informativas sobre o acceso ó traballo, a búsqueda de emprego, etc.

- Coñecemento das propias posibilidades, intereses e limitacións: cuestionarios de autoanálise dos propios intereses, capacidades e valores.

- Desenvolvemento de habilidades para a toma de decisións: actividades para a análise das posibles consecuencias das distintas alternativas.

• Os alumnos con poucas posibilidades de promocionar ó curso seguinte son obxecto dun seguimento máis cercano e proporcionámoslles unha información máis personalizada sobre as distintas alternativas que se presentan ó finalizar o curso.

• No mes de maio-xuño celebrase unha reunión para informar ós pais sobre as opcions ó finalizar o curso e sobre a oferta educativa do centro.

Actividades que realiza o Departamento de Orientación

� Elaborarase e actualizarase un dossier informativo para titores e alumnos sobre as opcións ó finalizar 4º de E.S.O.

� Durante a última semana de maio principios de xuño a orientadora utilizará a sesión de titoría con cada un dos cursos para resolver dubidas puntuais dos alumnos.

�Por outro lado, si existisen consultas específicas que non se poidan solucionar nin en titorías nin nas reunións xerais, o Departamento de Orientación estará aberto a tales consultas mediante entrevistas persoais con alumnos e/ou pais. (Concertando antes cita)

� Elaboración da información a entregar ós pais nas distintas reunións que se celebren

�Recóllense e distribúense as follas informativas sobre as materias optativas

� Orientación sobre a preparación da proba de acceso a Ciclos Formativos a aqueles alumnos que vaian concorrer a ela.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

23

Actuacións específicas para BACHARELATO

Actividades dentro do Plan de Acción Titorial

• Ó comenzo do curso, tanto en 1º coma 2º, os titores facilitarán un coñecemento axeitado sobre os aspectos do réxime académico do Bacharelato: avaliación, cualificación, posibilidades de permanencia, obxectivos do proxecto curricular…

• Entre o primeiro e segundo trimestre o Departamento de Orientación desenvolverá 3/4 sesións informativas que facilitarán os alumnos un coñecemento axeitado de:

- Os itinerarios formativos do bacharelato e as opcións no segundo curso

- As PAAU: estructura, cualificación e vinculación cos estudios universitarios

- O sistema universitario: organización dos estudios, duración e titulación.

- O acceso e admisión nos C.F.G.S. e a súa conexión cos estudios universitarios.

- Características e contido dos Ciclos Formativos de interese.

- A oferta das distintas modalidades de estudios nas tres universidades galegas

- As posibilidades de acceso ó mundo laboral

- As opcións para os alumnos con poucas posibilidades de supera-lo primeiro curso: posibilidades de permanencia na etapa, condicións para o cambio de modalidade, cambio na modalidade de estudios, etc.

• Para que os alumnos poidan coñece-las características e o contido dos estudios superiores do seu interese poden, en calquera momento do curso, consultar distintos materiais do fondo documental do Departamento de Orientación .

• Os alumnos con poucas posibilidades de promocionar ó curso seguinte son obxecto dun seguimento máis cercano e proporcionámoslles unha información máis personalizada sobre as distintas alternativas que se presentan ó finalizar o curso.

• Na sesión de avaliación final do curso a Xunta de Profesores poderá revisa-la elección provisional de materias a cursar en 2ª realizada por cada alumno/a e formula-las orientacións pertinentes a través do titor/a.

Actividades que realiza o Departamento de Orientación

� Elaborarase e actualizarase un dossier informativo para titores e alumnos sobre as opcións ó finalizar 1º de Bacharelato

� Charlas informativas cos alumnos para o desenvolvemento de actividades dentro do Plan de acción Titorial

� Se existisen consultas específicas que non se poidan solucionar nin nas sesións informativas nin nas reunións xerais, o Departamento de Orientación estará aberto a tales consultas mediante entrevistas persoais con alumnos e/ou pais. (Concertando antes cita)

� Elaboración da información para entregar ós pais nas distintas reunións que se celebren

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

24

� Organización e actualización do fondo de materiais e recursos que se poñen a disposición do profesorado e alumnado (informacións diversas sobre estudios universitarios e de FP, sobre o mundo do traballo, etc.)

6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS A.- Criterios de actuación Dende o Departamento de Orientación, nas acción emprendidas, procurarase unha metodoloxía activa e participativa, que implique tanto á toda comunidade educativa coma os servicios do contorno no que se inxire, con accións globais que repercutan en todo o proceso educativo. Para conquerir esto utilizaranse os dous modelos de intervención que de seguido se expoñen.

Modelo de programas, utilizarase cando se observe unha necesidade e non se produza a demanda esperada, coa intención de adiantarse aos acontecementos e incidir no problema o máis axiña posible. A acción está encamiñada á prevención e o desenvolvemento, e seguiranse as seguinte fases:

1. Análise co contexto 2. Detectar as necesidades 3. Formular obxectivos 4. Planificar actividades 5. Realizar as actividades 6. Avaliar o programa.

O Modelo de consulta utilizarase para dar resposta ás demandas manifestadas ou requiridas, coa intención de establecer un contexto de colaboración para traballar co persoal docente nun programa no que todos se sintan implicados. Este modelo aplicarase nos informes psicopedagóxicos e nas demandas do profesorado ou titores con respecto ás necesidades individuais ou de grupo. Acción deste modelo articulara ao redor de tres elementos:

1. orientador asume o rol de consultor, que intervirá de forma indirecta co cliente a través do mediador.

2. mediador (titor, profesores, pais, etc.) interveñen directamente co cliente, a partir de propostas do orientador.

3. destinatario último recibe unha intervención directa do mediador e indirecta do orientador.

A actuación para o informe-acción deste modelo seguirá os seguintes pasos: 1. Definición da consulta a través do informe da situación aportado polo mediador 2. Avaliación de necesidades e recursos, na que colaborarán o orientador e o mediador. 3. Proposta de intervención consensuada entre o orientador e o mediador 4. Desenvolvemento do programa polo mediador 5. Avaliación do programa polo mediador e o orientador.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

25

B.- Distribución de tarefas

As tarefas para cada actividade serán distribuídas segundo os sectores e persoas implicados, segundo se especifica no plano de orientación, procurando responsabilizar a cada quen do seu labor na tarefa para unha mellor consecución dos obxectivos. A este efecto procurarase a coresponsabilidade, a cooperación, a coordinación e o traballo en grupo. C- Recursos empregados Os recursos empregados serán aqueles dos que dispoña o centro, tanto materiais como persoais e de espacio, podendo acudir a axentes externos cando así o requira a actuación demandada ou programada., procurando sempre un rendemento óptimo e o mellor aproveitamento dos recursos existentes.

RECURSOS Persoais Do contexto Materiais

Profesorado Titores Orientador Profesionais externos

INEM Concello Empresas IGPE Consellería Internet Familias

Cuestionarios Inventarios Folletos Fichas Tests Bibliografía Ordenadores

D.- Temporalización. A programación do tempo especifícase para cada actividade en cada un dos apartados do Plano de Orientación e do PAT. Nembargantes atenderanse puntualmente aquelas necesidades prioritarias que se presenten ou demanden ao longo do curso, tendo en conta sempre as prioridades educativas, persoais e de formación dos alumnos, e moi especialmente as necesidades educativas especial e a atención á diversidade. 7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN Os criterios de avaliación estarán referidos aos obxectivos especificados en cada un dos apartados deste documento. Cada obxectivo ten concretados os seus propios criterios de avaliación. Para a avaliación global seguiranse os seguintes pasos

a) Avaliación inicial : Recollida de datos e suxerencias sobre este Plano nas reunión do Departamento de Orientación, na Comisión de Coordinación Pedagóxica e das apartacións dos Seminarios e Departamentos didácticos, cando a houbese.

PLANO DE ORIENTACIÓN XERAL

Curso 2010-11

IES DE VALGA

26

b) Avaliación do proceso: Recollida de información a través das reunión

periódicas das Reunión do D.O e da CCP e das sesión de avaliación sobre as actividades realizadas. Dando a coñecer o estado de desenvolvemento do Plano de Orientación e analizando as dificultades que se presentan. Propoñendo os cambios necesarios.

c) Avaliación final: Realización dunha memoria cos datos aportados polos titores,

os Departamentos e Seminarios, así como aquel adquiridos a través de consultas, cuestionarios, entrevistas, contraste de experiencias, etc. Esta memoria incluirá:

•••• Enumeración das actividades realizadas e o seu grao de eficacia e cumprimento. •••• Unha síntese reflexiva sobre os logros acadados, •••• As dificultades atopadas, •••• Os factores que influíron nas dificultades, •••• Os aspectos que será necesario modificar e mellorar •••• As propostas de innovación necesarias.

Os resultados da avaliación quedarán plasmados na Memoria que realizará o Departamento de Orientación ao finalizar o curso escolar.

Valga a 20 de Setembro de 2010

Xefa do Departamento (Orientadora):

Asdo.: Ana de Lorenzo Aira