programa marco de educación familiar -...

122
Programa Marco de Educación Familiar Decembro, 2009 Equipo coordinador: Eva López Soto (Dir.) Laura Cruz López Laura Fernández García Pablo Fonte Loureiro Ana María de la Iglesia González Virginia María Mariño García María Martínez Conde María Muñoz Fernández Carmen Paredes Cabral Mónica Rioboo Bonome Isabel Taboada Mougán Natalia Tierno Pérez Guadalupe del Pino Villamarín Taboada

Upload: duongdiep

Post on 06-Oct-2018

230 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Programa Marco de Educación Familiar

Decembro, 2009

Equipo coordinador:

Eva López Soto (Dir.)

Laura Cruz López

Laura Fernández García

Pablo Fonte Loureiro

Ana María de la Iglesia González

Virginia María Mariño García

María Martínez Conde

María Muñoz Fernández

Carmen Paredes Cabral

Mónica Rioboo Bonome

Isabel Taboada Mougán

Natalia Tierno Pérez

Guadalupe del Pino Villamarín Taboada

Page 2: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Ilustración da portada de María Núñez (10 de febreiro de 2005).

Page 3: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

RELACIÓN DE PROFESIONAIS PARTICIPANTES

Responsables dos programas municipais de Educación Familiar:

Demarcación da Oficina I+B de Ames:

Azucena Antelo García. Concello de Negreira.

Soraya Añón Remuiñán. Concello de Ames.

Julia Blanco Fernández. Concello de Padrón.

María Pilar Calvo Abelleira. Concello de Lousame.

Vanessa Cambeiro Pérez. Concello de Mazaricos.

Leonor Faya Angueira. Concello de Boiro.

Sandra María Ferreño García. Concello de Santiago de Compostela.

Cristina María Fontaiña García. Concello de Porto do Son.

María del Pilar García Sampedro. Concello de Ribeira.

Yolanda Gómez Bombín. Concello de Noia.

María Carmen Hermida Otero. Concello de Teo.

Lidia Martínez Fernández. Concello da Pobra.

María Pilar Martínez Vaqueiro. Concello de Brión.

Rosa María Monteagudo Rey. Concello de Muros.

Lidia Mirón Moares. Concello de Rianxo.

María Carmen Noya Iglesias. Concello de Val do Dubra.

Juana Pedrosa Leis. Concello de Outes.

María José Pereira Lareo. Concello de Boqueixón.

María Eugenia Pérez Pose. Concello de Rois.

Mª Jesús Pérez Vila. Concello de Santa Comba.

Reyes Quintela Vázquez. Concello de Carnota.

María Luz Ramallo Hermo. Concello de Ribeira.

Carmen Sabio Sanz. Concello de Vedra.

Patricia Torreira Puga. Concello da Baña.

Margarita Vázquez Teo. Concello de Santiago de Compostela.

Araceli Vázquez Vázquez. Concello de Dodro.

Demarcación da Oficina I+B de Arzúa:

Marisol Calo Lamas. Concello de Trazo.

Trudi Capelán Seoane. Concello de Aranga.

Teresa Gómez Cea. Concello de Boimorto.

Nieves González Mújico. Concello de Touro.

María Soledad Iglesias Pérez. Concellos de Toques, Sobrado e Santiso.

Begoña Lorenzo Caamaño. Concello de Ordes.

Paula Medal Martínez. Concello de Coirós.

María José Mosquera Rodríguez. Concello de Oroso.

Page 4: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Divina Pereiro Liñares. Concello de Tordoia.

Mónica Regueira Arijón. Concello de Cerceda.

María Begoña Rodríguez Gómez. Concello de Mesía.

Sandra Sánchez Núñez. Concello de Cesuras.

Iria Santamariña Pérez. Concello de Oza dos Ríos.

María Xesús Segade Conde. Concello de Melide.

Loreto Taboada Díaz. Concello de Curtis.

María Cruz Toande Ramos. Concello de O Pino.

Manuel Varela Ares. Concello de Arzúa.

María Dolores Vales Hortas. Concello de Paderne.

Ana Belén Vázquez Garea. Concello de Vilasantar.

Demarcación da Oficina I+B das Pontes:

Maria Bustabad Martínez. Concello de Cederira.

Pilar Calvo Pico. Concello de San Sadurniño.

Ana Isabel Cobo Fernández. Concello de Mugardos.

Yolanda Criado Allegue. Concello de Vilarmaior.

Ana Domínguez Artime. Concello de Miño.

Montserrat González Rivera. Concello das Pontes.

Felicidad González Tenreiro. Concello de Cabanas.

Marta Pedre Sansegundo. Concello de Ortigueira.

Lucía Regueira Martínez. Concello de Ares.

Paula Rodríguez Fornos. Concello de Pontedeume.

Celia Sabin Vázquez. Concello de Neda.

Genoveva Sayago Martínez. Concello de Fene.

Olimpia Sánchez Martínez. Concello de Pontedeume.

Maria de los Ángeles Soneira Docanto. Concello de Cariño.

Demarcación da Oficina I+B de Carballo:

Ana Aldao Corral. Concello da Laracha.

Adriana Andrade Andrade. Concello de Malpica.

María Dolores Blanco Verdía. Concello de Ponteceso.

José Canosa Diz. Concello de Muxía.

Dolores Fernández Vázquez. Concello de Carral.

Sonia González Rodríguez. Concello de Arteixo.

Teresa Guerra Férnandez. Concello de Oleiros.

Teresa López Pérez. Concello de Cambre.

Natalia Montero Rodríguez. Concello de Betanzos.

Cristina Morandeira Muíño. Concello de Cabana.

Delfina Núñez Rodríguez. Concello de Culleredo.

Montserrat Outes Velay. Concello de Cee.

Montserrat Pérez Suárez. Concello de Carballo.

Page 5: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

María Dolores Porteiro Rodríguez. Concello de Laxe.

Lourdes Salinas Buján. Concello de A Coruña.

Ana Paula Suárez Villaverde. Concello de Cambre.

Belén Taboada Fiaño. Concello de Abegondo.

María José Traba Traba. Concello de Fisterra.

Alianza Trillo Cabrejo. Concello de Camariñas.

Rosa María Varela Antelo. Concello de Vimianzo.

Yolanda Vecino Tomé. Concello de Zas.

Lucía Vázquez Vázquez. Concello de Sada.

María Luísa Vázquez Vázquez. Concello de Bergondo.

Demarcación da Oficina I+B de Begonte:

Ana María Blanco González. Concello de Vilalba.

Eva María de la Fuente Morado. Concello de Lugo.

Rocío Fanego Miragaya. Concello de Guitiriz.

María Sandra Fernández Fernández. Concello de As Nogais.

Carmen María Fernández López. Concello de Lugo.

Gema Franco Folgueira. Concello de A Pastoriza.

María del Mar Marey Rodríguez. Concello de O Corgo.

Carmen Martínez Regueiro. Concello de Outeiro de Rei.

María José Rodríguez Falcón. Concello de A Pastoriza.

Cristina Rodríguez García. Concello de Guntín de Pallares

Cristina Santiso Gallego. Concello de Monterroso.

Mª Cruz Vidal Rodríguez. Concello de Meira.

Manuela Vilaboy Romero. Concello de Xermade.

María Luisa Vilares Pérez. Concello de Baleira.

Demarcación da Oficina I+B de Mondoñedo:

Teresa Aguirre Ramos. Concello de Ourol.

María Tatiana Barreira Chao. Concello de Alfoz.

Irene Basanta Gabeiras. Concello de Viveiro.

María Carmen Bermúdez Palacios. Concello de Mondoñedo.

Orlando Carreja López. Concello de O Vicedo.

Sandra Casas Vila. Concello de Cervo.

Noelia Legaspi Rodríguez. Concello de Burela.

Fiamma Prada Lens. Concello de Ribadeo.

Angélica Casabella Quelle. Concello de Xove.

Ana Seijas Ron. Concello de O Valadouro.

Julia Vidarte López. Concello de Foz.

Dolores Villasuso Aneiros. Concello de Lourenzá.

Page 6: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Demarcación da Oficina I+B de Monforte:

María del Carmen Fernández Fernández. Concello de Ferreira de Pantón.

Ana Gay Novoa. Concello de Chantada.

María Matilde Martínez López. Concello de Sarria.

Rocío López López. Concello de O Saviñao.

María del Pilar Losada Varela. Concello de Sober.

Purificación Losada Varela. Concello de Monforte de Lemos.

Mercedes Otero Figueroa. Concello de Quiroga.

María Pérez Rodríguez. Concello de Pobra de Brollón.

Pilar Sánchez Iglesias. Concello de Taboada.

Raquel Vázquez Pérez. Concello de Carballedo.

María Nilda Vidal Rueda. Concello de Monforte de Lemos.

Demarcación da Oficina I+B de Carballiño:

Eva Álvarez González. Concello de A Bola.

María Almeida Fernández. Concello de Lobios.

Antonia Barreiro Rial. Concello de Carballeda de Avia.

Rosana Bernárdez Peña. Concello de San Cristovo de Cea.

Eva Dorado Andrade. Concello de Barbadás.

Lucas Hermida Armada. Mancomunidade Terras de Celanova.

Teresa Gómez Alonso. Concello de Avión.

Tania Pérez Rodríguez. Concello de Amoeiro.

Susana Pérez Suárez. Mancomunidade Terras de Celanova.

Ángeles Rodríguez Álvarez. Concello de Esgos.

Tania Rodríguez Canitrot. Concello de Piñor.

Luz María Rodríguez González. Concello de Nogueira de Ramuín.

Dolores Rodríguez Martínez. Concello de Muíños.

Brais Ruas Devesa. Concello de Pereiro de Aguiar.

Dolores Serrano Rodríguez. Concello de Allariz.

Montserrat Vázquez Rodríguez. Concello de Bande.

Silvia Vidal Fidalgo. Concello de Ribadavia.

Vanessa Villar Armada. Mancomunidade do Ribeiro.

Demarcación da Oficina I+B de Xinzo de Limia:

Dolores Álvarez Álvarez. Concello de Cualedro.

Concepción Blanco Blanco. Concello de Xinzo da Limia.

Maria Elisabeth Conde Méndez. Concello de Maceda.

Celsa Dacal Gómez. Concello de Sarreaus.

María Esther Fernández Paradelo. Concello da Veiga de Valdeorras.

Maía Ángeles González Villar. Concello de Verín.

Patricia Lamas Seguin. Concello da Porqueira.

Sonia López Fernández. Concello de O Barco de Valdeorras.

Page 7: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

José Losada Enríquez. Concello de Xinzo da Limia.

Olga Martínez González. Concello de Castrelo do Val.

Eva Pérez Gamote. Concello de Vilardevós.

Susana Pérez Rodríguez. Concello de Vilariño de Conso.

Vanessa Rodríguez Basteiro. Concello de Manzaneda.

Elena Rodríguez Castro. Concello de Chandrexa de Queixa.

Manuela Rodríguez Núñez. Concello de Rubiá.

Rosa Souto Silva. Concello de Monterrei.

Paula Vacharrón Cortón. Concello de Montederramo.

Carmen Vicente Obes. Concello da Gudiña.

Demarcación da Oficina I+B de Marín:

Isabel Romay Fontán. Concello de Bueu.

Alejandra Sayar. Concello de Cambados.

María Eugenia Silva Parcero. Concello de Cangas.

María Varela Papiri. Concello de Cotobade.

Mónica Peña Lage. Concello de Marín.

Ana Mª Alonso Robledo. Concello de Meaño.

Celia Frieiro Rodiño. Concello de Meis.

Marta Santomé Santiago. Concello de Moaña.

José Manuel Portero López. Concello de O Grove.

Jorge Grangel Dios. Concello de Poio.

Eva María Moldes Casal. Concello de Pontecaldelas.

María Jesús Casal Outón. Concello de Sanxenxo.

Santiago García Telmo. Concello de Ribadumia.

María Benita Crespo Piñeiro. Concello de Vilaboa.

Demarcación da Oficina I+B de Porriño:

Sandra Alonso Martínez. Concello de O Rosal.

Iria Alonso Vicente. Concello da Guarda.

Gemma Álvarez Comesaña. Secretariado Xitano Vigo.

Isabel Ayán Burillo. Concello de Tomiño.

María Elena Bastos Expósito. Concello de Mos.

Isabel Bugarín Areal. Concello de Salceda de Caselas.

Patricia Carrera Soto. Concello de Redondela.

María Dolores Castejón Otero. Concello de O Porriño.

Marta Couto García. Concello de Gondomar.

Marcia Couñago Fragueiro. Concello de Mondariz.

Paula Covelo Roma. Programa de Atención a Familias dos Centros de Día. Aldeas Infantiles Vigo.

Ana María Cuesta Jorge. Concellos das Neves e Crecente.

Ana María Domínguez Márquez. Concello de Arbo.

Mónica Fernández Gesteira. Concello de A Cañiza.

Page 8: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

María Fernández Gómez. Programa de Atención a Familias dos Centros de Día. Aldeas Infantiles Vigo.

Esteban Figueirido Woodford. Concello de Tomiño.

Olga Hermida Gurán. Concello de Tui.

Ingrid Longueira Doval. Concello de Salvaterra de Miño.

Sonia Pérez López. Concello de Vigo.

María Posada Lorenzo. Concello de O Covelo.

Arantxa Rial Lema. Concello de Baiona.

Carmen María Valtierra Villar. Concello de Nigrán.

Begoña Vázquez Lodeiro. Concello de Ponteareas.

Demarcación da Oficina I+B de Vilagarcía de Arousa:

Vanessa Autran Fernandez. Concello de Pontecesures.

María Catoira López. Concello de Vilagarcía.

Dolores Clemente Martínez. Concello de A Estrada.

Roseta Conde Osorio. Concello de Vilagarcía de Arousa.

Cristina Ferreiras Barros. Concello de Valga.

Rosa Mar Ferro Rey. Concello de Portas.

Mónica García Asorey. Concello de Vila de Cruces.

Irene García López. Concello de Agolada.

Paula García Pérez. Concello de Catoira.

Concepción López Freire. Concello de Forcarei.

Jesús Magariños Ferro. Concello de Caldas.

Amparo Pérez Ferreiro. Concello de Silleda.

Eva Prieto Rodríguez. Concello de Lalín.

Consuelo Rivadulla Rodríguez. Concello de Cuntis.

Ana Belén Rodríguez Pérez. Concello de Rodeiro.

Page 9: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Membros da Comisión Interdisciplinar:

Respresentantes dos servizos sociais especializados:

Teresa Gutiérrez Manjón Secretaría Xeral de Familia e Benestar.

Kucha Movilla Fidalgo. Fundación Meniños. Equipo de Integración Familiar.

Ángel Martínez Puente. Colectivo Galego do Menor.

Representantes de asociacións e colexios profesionais:

María Pilar Bermejo González. Asociación de Terapia Familiar Galega.

Ana María Domínguez Márquez. Asociación de Educadoras/es Familiares de Galicia.

Elena Bastos Expósito. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

María José Redondas Vallejo e Inmaculada Peleteiro Rodríguez. Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia.

Sofía Riveiro Olveira. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Representante do ámbito universitario:

María Carmen Morán de Castro. Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do ámbito social e comunitario:

Mercedes Espinosa Arévalo. Sociedade de Pediatría e Galicia (SOPEGA).

Sara Paz Combarro. Fundación Preescolar na Casa.

Sara Inés Vega Núñez. Confederación Galega de APAs de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia).

Alfonso Villares Barro. Nova Escola Galega. Grupo de Orientación Educativa.

Page 10: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 11: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÍNDICE

1. Introdución (p.13)

2. Proceso participativo de elaboración do Programa Marco (p.17)

3. Programa Marco de Educación Familiar (p.31)

4. Avaliación do proceso e resultados (p.103)

Page 12: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 13: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

1.INTRODUCIÓN

Page 14: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 15: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

No ano 2006, a Secretaría Xeral de Igualdade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia), presenta os resultados do informe elaborado por IGAXÉS-3 sobre a situación dos programas de Educación Familiar en Galicia, resaltando, entre outras, as seguintes conclusións:

- Existencia de diferentes enfoques teóricos e metodolóxicos na concepción e desenvolvemento do programa de Educación Familiar.

- Heteroxeneidade nas ferramentas e protocolos de actuación.

- Insuficiente coordinación entre os equipos municipais, os recursos e servizos da comunidade e os servizos especializados do propio sistema de protección.

- Necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na abordaxe familiar.

- Demanda de formación específica e continua.

Neste contexto xorde Tecendo redes, programa de apoio á educación familiar, en marzo de 2008, tendo como visión estratéxica unha realidade na que:

- Os programas de educación familiar (PEF) reúnen criterios de calidade, están orientados por enfoques de intervención preventiva e comunitaria, desde un marco teórico crítico e sistémico, e promoven a perspectiva de xénero.

- Os PEF son recoñecidos social e profesionalmente, garantindo a estabilidade e dignidade das/os profesionais.

- Existe unha rede de educadoras/es familiares formada, especializada no traballo socioeducativo con familias, empoderada e cunha identidade profesional compartida no que respecta ás súas funcións e competencias.

- Os servizos sociais comunitarios e especializados traballan en rede na prevención e atención ás problemáticas das familias galegas.

- Existen redes de apoio social e solidariedade, as comunidades están sensibilizadas e implicadas coas diferentes realidades das infancias e familias.

- As familias participan activamente na definición e satisfacción das súas necesidades, prestando axuda mutua.

Para acadar esta visión estratéxica, establécense as seguintes liñas de acción a curto e medio prazo:

- Unificación de criterios de intervención no marco da Educación Familiar.

- Formación e desenvolvemento profesional das/os educadoras/es familiares.

- Articulación de redes de traballo con familias.

- Sensibilización e promoción da participación das familias e comunidades.

No presente documento recóllense os produtos derivados de dúas accións contempladas na primeira liña estratéxica, e que se corresponden coa “Elaboración dun Programa Marco de Educación Familiar” e o “Deseño e difusión de protocolos unificados de intervención”. Estes produtos son:

- Documento explicativo do proceso participativo de elaboración do Programa Marco, realizado polo equipo Tecendo redes e validado pola Secretaría Xeral de Igualdade, polas redes de Educación Familiar e a Comisión Interdisciplinar.

- Programa Marco de Educación Familiar, derivado do proceso posto en marcha, no que participaron 208 educadoras e educadores familiares, 13 representantes do ámbito técnico e social integrantes da Comisión Interdisciplinar, e 13 técnicas/os do equipo Tecendo redes. Os contidos e o produto final foi consensuado e validado por todas/os as/os profesionais participantes, agás polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, un total

15

Page 16: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

233 persoas.

- Informe de avaliación do proceso participativo e do resultado final, o Programa Marco, no que se integran tanto as valoracións das redes comarcais de Educación Familiar como da Comisión Interdisciplinar.

Os tres produtos, aínda que unidos polo fío condutor da liña estratéxica, preséntanse como documentos independentes.

16

Page 17: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

2.PROCESO PARTICIPATIVO

DE ELABORACIÓN DO

PROGRAMA MARCO

Page 18: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 19: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÍNDICE

1. O por que dun proceso participativo....................................................................................................20

2. Elementos do proceso participativo.....................................................................................................20

2.1. Quen participa.........................................................................................................................20

2.2. Nivel de participación e decisión das/os participantes............................................................20

2.3. Mecanismos de participación..................................................................................................21

2.4. Sistema de información e difusión..........................................................................................22

3. Proceso de elaboración do Programa Marco.......................................................................................22

3.1. Fase de preparación ou preliminar..........................................................................................22

3.2. Deseño do Programa Marco...................................................................................................23

3.3. Avaliación do Programa Marco...............................................................................................26

3.3.1. Avaliación do programa en si mesmo...........................................................................26

3.3.2. Avaliación como proceso de mellora permanente........................................................27

4. Temporalización do proceso................................................................................................................27

5. Avaliación do proceso de elaboración do Programa Marco................................................................28

6. Certificación da participación...............................................................................................................29

7. Bibliografía...........................................................................................................................................29

Page 20: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

1. O por que dun proceso participativo

Incorporar procesos participativos atende á necesidade de obter resultados que gocen dunha maior aceptación, viabilidade e respaldo profesional e social, dando respostas máis axeitadas á complexa realidade actual da Educación Familiar. Ademais, unha metodoloxía participativa ten máis posibilidades de éxito no sentido de que aporta riqueza e transparencia ao proceso.

Entendida como proceso educativo, apóstase pola participación como práctica de transformación. Non se pretende, pois, a lexitimación das posicións, obxectivos e intereses políticos senón que se busca implicar aos distintos axentes e ás súas perspectivas para construír conxuntamente un Programa Marco consensuado.

Os obxectivos específicos que se pretenden acadar con este proceso participativo, son os seguintes:

- Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes, no deseño e implementación do Programa Marco.

- Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais.

- Favorecer a asunción do Programa Marco como propio.

- Consolidar unha estratexia de cooperación e coordinación que se manteña no desenvolvemento e avaliación do Programa Marco.

- Impulsar unha rede de Educación Familiar.

A participación convértese, entón, nun medio e nun fin en si mesmo, sendo a finalidade principal desenvolver un proceso de aprendizaxe compartida.

2. Elementos do proceso participativo

Para garantir certa calidade democrática temos que dar resposta ás seguintes cuestións: quen van ser as persoas convocadas a participar, en que grao de participación e que mecanismos imos empregar. Así mesmo, é necesario asegurar un sistema de información e comunicación transparente e bidireccional.

2.1 Quen participa

As/os profesionais que desenvolven os programas de Educación Familiar a nivel municipal son o eixe vertebrador deste proceso, xa que son as/os principais destinatarias/os do Programa Marco. É necesario contar tamén con aqueles outros axentes que están implicados directa o indirectamente no traballo socioeducativo con familias, dende os servizos sociais comunitarios e especializados, e dende os recursos da comunidade.

A lóxica que vai presidir o proceso é, entón, de abaixo a arriba, pero, ademais dos axentes técnicos, é necesario implicar dende o comezo a responsables políticos. Neste sentido, consideramos que a iniciativa debe ser liderada politicamente, xa que só desta forma o proceso participativo será lexitimado a nivel institucional. Esta condición resulta indispensable para que os resultados do proceso sexan implementados e, polo tanto, para que o proceso sexa eficaz.

2.2 Nivel de participación e decisión das/os participantes

Se ben é certo que todos os axentes antes mencionados xogan un papel importante no traballo con familias, non podemos esquecer que a finalidade deste proceso é o deseño do Programa Marco de Educación Familiar. Por isto, o nivel de participación será proporcional ao nivel de responsabilidade na execución dos programas de Educación Familiar.

20

Page 21: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Seguindo a distintos autores (Arnstein, 1969; Trilla e Novella, 2001), diferenciamos os seguintes niveis de participación: informativo, comunicativo, consultivo e proxectivo.

- Nivel informativo: proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados.

- Nivel comunicativo: proporcionar espazos para facer achegas e suxestións.

- Nivel consultivo: solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes.

- Nivel proxectivo: participar na construción e toma de decisións como axentes activos.

Aínda que os procesos baseados unicamente na información e comunicación non son realmente participativos, é necesario garantir unha información clara, útil, plural e de calidade, xa que constitúe o primeiro paso para a participación.

Todos os axentes terán garantidos os diferentes niveis de participación pero en diferente grao de representación. Nestes sentido, buscarase a participación do 100% das/os educadoras/es familiares nos niveis consultivo e proxectivo, mentres que o resto de axentes contarán cunha representación significativa. Para garantir a calidade democrática debemos asegurar que estes representantes sexan realmente portadores dun discurso colectivo. Neste sentido, contaremos con colexios profesionais, federacións e asociacións autonómicas que integren entidades de ámbito local.

2.3. Mecanismos de participación

Para asegurar a participación nos distintos niveis, definimos estruturas de traballo presencial e espazos virtuais. As estruturas presenciais son as seguintes:

1. Equipo dinamizador: constituído polas/os 12 técnicas/os e a coordinadora de Tecendo redes. A súa función é a organización, a planificación e a coordinación técnica do proceso, así como o seguimento do mesmo. Non son líderes do proceso, senón que actúan como axentes dinamizadores. Isto supón actuar dende un marco horizontal nas relacións, orientando o proceso e activando as potencialidades e facultades dos axentes chave.

2. Redes comarcais: conformadas polas redes de educadoras/es familiares establecidas en cada Oficina I+B, máis unha técnica de Tecendo redes. Concíbense como sesións participativas de análise, discusión e formulación de propostas relacionadas cos diferentes apartados do Programa Marco. Tamén lles corresponde a valoración e validación do Programa Marco unha vez elaborado. O nivel de participación para esta estrutura é, principalmente, proxectivo.

3. Comisión interdisciplinar de asesoramento e avaliación: mesa constituída por representantes do nivel político, técnico e comunitario, así como por expertas/os no ámbito da Educación Familiar. O nivel de participación desta comisión é proxectivo. Correspóndelle as seguintes funcións: validación do deseño do proceso; orientación e asesoramento sobre os enfoques, estrutura e contidos do Programa Marco; revisión e análise continua dos produtos acadados en cada fase, facendo as achegas oportunas; e validación do documento final.

En canto aos espazos virtuais, defínense dous, principalmente. Por unha banda, o Portal Web www.familiasgalegas.org permite garantir o nivel de información e comunicación a toda a cidadanía. Promoverase, neste espazo, a difusión da información relacionada co proceso e cos produtos específicos que se vaian elaborando do Programa Marco, así como a recollida de achegas e suxestións sobre os mesmos. Neste caso o nivel de participación será informativo e comunicativo.

Por outra banda, se promoverá a participación virtual, neste caso das redes de Educación Familiar e da Comisión Interdisciplinar, a través da ferramenta "grupos de traballo" integrada na intranet Portal Web (nivel informativo e proxectivo).

21

Page 22: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

2.4. Sistema de información e difusión

É imprescindible manter un sistema de información e difusión durante todo o proceso, non só para garantir a transparencia do mesmo e manter a motivación dos diferentes axentes implicados, senón sobre todo, dende un punto de vista estratéxico, para visibilizar a Educación Familiar, sensibilizar a nivel político e social sobre a pertinencia do programa, e para favorecer o traballo interdisciplinar nos servizos sociais de ámbito municipal.

As estratexias deste sistema de información serán:

- Coas/cos educadoras/es familiares: establecemento de dinámicas de feedback continuo, devolvendo os resultados do seu traballo e os produtos finais.

- Cos/coas responsables políticos e técnicos municipais: convocatoria formal ás educadoras familiares a través do seu correo electrónico e do e-mail do concello; desenvolvemento das xuntanzas das redes comarcais de forma rotatoria; convite formal á inauguración das xuntanzas das redes; envío dun resumo de accións cada tres meses.

- Coa cidadanía en xeral: a través do portal web www.familiasgalegas.org e da presencia nos medios de comunicación (notas de prensa dos encontros e dos resultados acadados, participación en programas de radio, etc.).

3. Proceso de elaboración do Programa Marco

É necesario planificar o proceso participativo identificando as súas fases e as accións que comportan, temporalizando o seu desenvolvemento, e definindo os criterios, indicadores e estratexias de avaliación para cada unha das fases. Concedemos especial relevancia á avaliación no sentido de que permitirá analizar en que medida o deseño, o desenvolvemento e o produto final do proceso participativo responde aos obxectivos establecidos, así como introducir as modificacións oportunas para acadar estes obxectivos. En xeral, planificar o proceso permite prever as dificultades, ofrecer unha maior calidade no desenvolvemento e garantir unha maior transparencia.

Secuenciamos o proceso en tres momentos:

- Preparación ou fase preliminar.

- Deseño do Programa Marco.

- Avaliación do Programa Marco.

3.1. Fase de preparación ou preliminar

Implica contextualizar a iniciativa, explorar as motivacións, demandas e intereses das/os promotoras/es e dos axentes implicados e establecer o marco de acordos iniciais para o seu desenvolvemento, nomeadamente:

- sobre o alcance e obxectivos iniciais.

- sobre o deseño xeral do proceso a seguir e as estruturas de traballo.

- sobre os recursos materiais e humanos dispoñibles.

- sobre a garantía das condicións básicas de viabilidade, lexitimidade e sustentabilidade para iniciar o proceso.

Esta fase implica as seguintes accións:

- Planificar o proceso de elaboración do Programa Marco.

- Constitución das redes comarcais e da comisión interdisciplinar de asesoramento e avaliación.

22

Page 23: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Información sobre o proceso de elaboración do Programa Marco aos axentes implicados.

- Aprobación do plan de traballo.

Criterios e indicadores de avaliación relacionados co deseño do proceso participativo:

- Consenso sobre a relevancia e pertinencia de elaborar un Programa Marco de Educación Familiar, e sobre o proceso a seguir para facelo. Referímonos á aceptación política, técnica e social.

• A nivel político: valorarase o consenso a partir da información recollida nas presentacións do Programa Tecendo Redes nos concellos.

• A nivel técnico e social: a través da información recollida nas entrevistas ás/aos educadoras/es, das xuntanzas comarcais e da reunión de constitución da comisión interdisciplinar.

- Claridade e comprensión dos obxectivos do proceso participativo.

- Viabilidade para desenvolver o proceso participativo no que respecta a temporalización, recursos humanos e económicos.

- Coherencia co enfoque participativo definido en relación a:

• Quen participa: cantidade (porcentaxe de participantes e de entidades en relación co total); diversidade (porcentaxe de diferentes grupos, perfil das organizacións, axentes relevantes); representatividade das persoas participantes (facilidade para a comunicación coas persoas representadas, análise das variables que se tiveron en conta para a selección das/os representantes); grao de apertura do proceso a toda a cidadanía: estruturas establecidas.

• Como se participa: participación no diagnóstico; capacidade de proposta; niveis de participación dos diferentes axentes nas fases do proceso (informativo, comunicativo, consultivo e proxectivo); estruturas e espazos de participación deseñados (presenciais e virtuais).

Estratexias de avaliación:

- Avaliación interna por parte do equipo Tecendo Redes.

- Validación a nivel político por parte da Secretaria Xeral de Igualdade.

- Avaliación participativa: validación a nivel técnico por parte das redes comarcais, e externa, por parte da comisión interdisciplinar.

3.2. Deseño do Programa Marco

Co obxecto de conceder un carácter educativo, de aprendizaxe compartida, ao proceso de elaboración do Programa Marco, planificamos diferentes estratexias. Por unha banda, organizamos os temas a abordar en catro bloques de contidos, secuenciando no tempo a participación dos diferentes axentes na súa definición e construción, avanzando dende os contidos xerais aos máis específicos. Os bloques son os seguintes:

1. Conceptualización: enfoques teóricos, concepto, finalidades e obxectivos, destinatarias/os e espazos da Educación Familiar.

2. Perfil profesional: formación inicial e continua, funcións, competencias, código deontolóxico.

3. Cuestións metodolóxicas: principios de actuación e criterios metodolóxicos, procesos de intervención, instrumentos da acción educativa e documentos técnicos.

23

Page 24: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

4. Coordinación e traballo en rede con diferentes axentes e recursos especializados e da comunidade.

Por outra banda, diferenciamos 5 fases no proceso de elaboración que se desenvolverán de forma independente para cada un dos bloques de contido:

1. Preparación previa.

2. Discusión virtual.

3. Discusión presencial.

4. Síntese.

5. Validación externa.

Cada unha destas fases comporta axentes, accións, tempos e indicadores de avaliación diferentes que pasamos a describir a continuación de forma pormenorizada.

1. Preparación interna:

Nesta fase os axentes principais son as e os técnicos do equipo Tecendo redes. Comporta as seguintes actuacións:

• Elaborar un dossier onde se recollan lecturas e bibliografía recomendada relacionadas con cada bloque temático, o que permitirá ampliar o coñecemento.

• Elaborar unha guía de análise e reflexión de cada bloque temático. Neste documento recollerase, por unha banda, a visión das/os educadoras/es sobre cada tema, extraida das entrevistas en profundidade, e, por outra banda, unha relación de actividades e preguntas clave para o análise e a reflexión, cuestións que guiarán o debate tanto virtual como presencial.

2. Discusión virtual:

Diríxese á formación e ao debate entre as/os educadoras/es familiares, a partir da lectura dos textos seleccionados no dossier, da resposta ás preguntas establecidas na guía de traballo e do intercambio das súas experiencias e visións. Desenvolverase de forma virtual a través dos grupos de traballo creados no Portal Web para as/os educadoras/es de cada demarcación territorial.

Consideramos que dedicar un tempo previo ás xuntanzas presenciais é fundamental, xa que nunha única sesión resulta difícil resolver cada un dos contidos a integrar no Programa Marco, discutir sobre eles e construír conxuntamente unha visión compartida.

As actuacións que comporta son:

• Compartir no apartado “documentos” do grupo de traballo o dossier de lecturas e a guía de traballo sobre cada bloque de contidos (corresponde á/ao técnica/o Tecendo redes).

• Discutir, dialogar, intercambiar pareceres e opinións no foro, a partir das cuestións propostas na guía de traballo. Nesta acción, a función de dinamización e moderación do foro por parte da/o técnica/o Tecendo redes será primordial sobre todo nos primeiros momentos xa que as persoas, polo común, non estamos acostumadas a debater de forma virtual.

• Recoller nun documento as achegas do foro para preparar a xornada presencial coas redes comarcais que se desenvolverá na seguinte fase do proceso (corresponde á/ao técnica/o Tecendo redes).

No caso das/os educadoras/es familiares que non conten con acceso a internet, enviaráselles o dossier e a guía por correo postal, destinando igualmente un tempo para a lectura e reflexión.

24

Page 25: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3. Discusión presencial:

Supón o desenvolvemento de xuntanzas presenciais coas/cos educadoras/es para debater sobre cada un dos bloques de contido, a partir das discusións xeradas de forma virtual. O obxectivo desta sesión presencial é acadar resultados concretos sobre os temas a traballar, por iso é importante dirixir o debate á toma de decisións. As actuacións que comporta esta fase son as seguintes:

• Desenvolver as xuntanzas con cada unha das redes comarcais definidas por Oficina I+B.

• Elaborar un documento onde se recollan os acordos para cada cuestión e devolvelo ás redes comarcais de Educación Familiar (corresponde ao equipo Tecendo redes).

No caso do bloque de contido de coordinación e traballo en rede, a discusión presencial terá un formato diferente ao resto dos bloques. Dado que é precisamente neste apartado no que conflúen diferentes recursos e profesionais dos servizos sociais comunitarios e especializados e mesmo da comunidade, é imprescindible implicalos no proceso de definición e toma de decisións. Por isto, desenvolveranse xuntanzas presenciais abertas a diferentes profesionais.

4. Síntese:

Despois de celebrar os encontros coas/cos educadoras/es é necesario elaborar un documento no que se sinteticen os acordos das diferentes redes, para evitar unha visión segmentada por Oficina. O reto desta fase é conxugar estas visións e elaborar un único documento para o conxunto da Comunidade Autónoma. As actuacións que comporta son as seguintes:

• Elaborar o documento de síntese a nivel autonómico (corresponde ao equipo Tecendo redes).

• Devolver o documento de síntese autonómica ás redes de Educación Familiar.

5. Validación externa:

Unha vez que temos definido un documento final para cada un dos bloques de contido é necesario que sexa validado, neste caso, pola Comisión Interdisciplinar, na que están representados profesionais e persoas expertas de distintos recursos de atención primaria e especializada e da comunidade. As actuacións que comporta esta fase son:

• De forma presencial, promover o debate sobre o documento, facendo as achegas oportunas por parte da Comisión.

• Enviar o documento validado ás/aos educadoras/es familiares, ás/aos responsables políticos a nivel municipal, e aos equipos de servizos sociais comunitarios.

Como se pode apreciar, na definición de cada unha das fases de elaboración do Programa Marco, especifícanse diferentes estratexias para promover un proceso educativo de aprendizaxe compartida:

- Compartir lecturas e referencias bibliográficas recomendadas para cada un dos bloques de contido do Programa Marco, permitindo ampliar o noso coñecemento.

- Partir dunha guía compartida para a análise e a reflexión sobre os contidos do Programa Marco.

- Debater virtual e presencialmente a partir das preguntas establecidas.

Ademais destas estratexias educativas, cremos que é necesario incardinar no proceso espazos de formación específicos, facéndoos coincidir cos momentos nos que as redes están a discutir virtualmente, como forma que ampliar as súas perspectivas e coñecementos.

25

Page 26: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Neste sentido, desenvolveranse accións formativas sobre:

- Enfoques de Educación Familiar, para fundamentar e debater arredor das perspectivas educativas.

- Metodoloxías de intervención, co obxecto de afondar nas fases de intervención, definindo estratexias específicas de avaliación, sistematización, rexistro...

- Sistemas de coordinación e traballo en rede. Ao igual que na discusión presencial, a formación sobre este último tema destinarase a diferentes recursos e profesionais de atención primaria e especializada e da comunidade.

3.3. Avaliación do Programa Marco

Unha vez rematado o proceso, o equipo Tecendo redes será o responsable da redacción final do Programa Marco de Educación Familiar que terá que ser avaliado por todos os axentes participantes no proceso.

Tomamos como referencia o modelo de avaliación de programas desenvolvido por Pérez Juste (1995) quen establece tres grandes bloques a avaliar: a avaliación do programa en si mesmo, a avaliación do programa no seu desenvolvemento, e a avaliación do programa nos seus resultados.

3.3.1. Avaliación do programa en si mesmo

Avaliar o programa en si mesmo, é dicir, o produto resultante do proceso desenvolvido, implica validar o Programa Marco por parte dos distintos axentes participantes no proceso de elaboración. As estratexias definidas para esta validación son as seguintes:

- Xuntanza presencial do equipo Tecendo redes.

- Xuntanza presencial das redes comarcais de Educación Familiar.

- Xuntanza presencial da comisión interdisciplinar.

Tamén é necesario garantir a difusión do documento final a diferentes axentes e á cidadanía, permitindo a realización de achegas. Neste caso, a estratexia será fundamentalmente virtual, a través do Portal Web www.familiasgalegas.org.

Os criterios que imos empregar para avaliar o programa son os seguintes:

1. Calidade intrínseca do Programa Marco:

• Contido do programa: coherencia entre o programa e as bases socio-psico-pedagóxicas nas que se ampara (congruencia externa), coa lexislación vixente e co IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

• Calidade técnica do programa: linguaxe precisa e clara; coherencia interna entre as partes do Programa Marco; adecuación á realidade, evitando o exceso de esixencia (falta de realismo); operatividade.

• Avaliabilidade do programa: claridade e precisión da linguaxe utilizada; explicitación dos compoñentes fundamentais do programa; definición inequívoca das variables de avaliación; claridade en relación cos criterios e referencias de avaliación; previsión na toma de decisións.

2. Adecuación ao contexto ou grao de resposta ás necesidades e expectativas das persoas ás que se destina.

• Necesidades: coherencia entre as necesidades detectadas e priorizadas e o programa

26

Page 27: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

formulado.

• Expectativas: de carácter técnico/profesional (relevancia, transcendencia, rentabilidade e eficacia); de carácter eminentemente subxectivo das/os participantes na elaboración do Programa Marco (interese, motivación, expectativas persoais e grupais).

3. Viabilidade do programa:

• Realismo nas metas do programa, froito da adecuación aos medios e recursos.

• Aproveitamento de medios e recursos mediante a súa axeitada dinamización, planificación e orde.

3.3.2 Avaliación como proceso de mellora permanente

Unha vez elaborado o Programa Marco é preciso avaliar de forma continua o seu desenvolvemento e aplicación nas realidades municipais de Educación Familiar, así como a súa adecuación ás novas realidades sociofamilares, de forma que permita facer as modificacións oportunas para a súa mellora permanente. Nesta avaliación continua atenderase aos seguintes criterios:

- Grao de adecuación dos Programas Municipais de Educación Familiar ao Programa Marco. O que supón revisar a existencia de desfases/desaxustes respecto do mesmo, fundamentalmente a través das programacións e memorias anuais.

- Grao de resposta ás necesidades sociofamiliares.

- Coexistencia con outros programas xa existentes.

- Satisfacción do persoal.

- Impacto do Programa Marco na coordinación con outros recursos e profesionais e na implicación da comunidade no traballo socioeducativo coas familias.

4. Temporalización do proceso

Presentamos a temporalización prevista para cada unha das fases do proceso. É unha planificación temporal flexible que se irá adaptando ao desenvolvemento dos diferentes bloques de contido.

- Fase preliminar:

• Deseño do proceso participativo: meses de xullo e agosto de 2008.

• Validación por parte das redes comarcais de Educación Familiar: mes de setembro de 2008.

• Constitución da Comisión Interdisciplinar e validación do proceso: mes de outubro de 2008.

- Deseño do Programa Marco:

Todas as fases da elaboración do Programa Marco (preparación interna, discusión virtual, discusión presencial, síntese e validación externa) se desenvolverán de forma independente para cada un dos bloques de contido (conceptualización, perfil profesional, metodoloxía e coordinación).

• Cronograma da elaboración dos bloques temáticos:

27

Page 28: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

FasesSet

Out08Nov

Dec08Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ

XulAgo

Set Out

Preparación interna

B.I B.II B.III B.III B.IV B.IV

Discusión virtual

B.I B.I B.II B.III B.III B.IV B.IV

Discusión presencial

B.I B.II B.III B.IV

Síntese B.I B.II B.III B.IV

Validación externa

B.I B.II B.III B.IV

Formación B.I B.III B.IV

Lenda: B.I: Conceptualización; B.II: Perfil; B.III: Metodoloxías; B.IV: Coordinación.

• Redacción do Programa Marco: mes de novembro de 2009

- Avaliación do proceso e dos resultados:

• Validación por parte do equipo Tecendo redes: mes de decembro de 2009.

• Validación por parte das redes comarcais de Educación Familiar: mes de decembro de 2009.

• Validación por parte da Comisión Interdisciplinar: mes de decembro de 2009.

5. Avaliación do proceso de elaboración do Programa Marco

Entendemos a avaliación como un proceso que debe iniciarse dende o mesmo momento en que planificamos a elaboración do Programa Marco, ata a valoración do resultado. Neste documento de planificación do proceso participativo foise incardinando a avaliación nas diferentes fases:

- Avaliación inicial: centrada na propia planificación do proceso de elaboración do Programa Marco.

- Avaliación continua: centrada na análise do proceso participativo, valorando se o seu desenvolvemento responde ao planificado e se é preciso incorporar modificacións para dar resposta aos obxectivos establecidos.

- Avaliación final: do resultado específico, neste caso o Programa Marco.

Neste momento definimos a avaliación do proceso no seu conxunto, sendo o obxecto analizar se as accións, estratexias metodolóxicas e mecanismos de participación desenvolvidos se orientaron cara a consecución dos obxectivos establecidos para o proceso participativo.

Estratexias de avaliación:

- Avaliación interna: sesións de autoavaliación ao final do proceso.

28

Page 29: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Avaliación participativa:

• Enquisa para obter percepcións e valoracións subxectivas das persoas participantes en relación ao proceso participativo e ao resultado.

• Avaliación cualitativa nunha xuntanza final: proceso de reflexión colectiva entre as persoas participantes entorno ao proceso participativo e ao resultado.

6. Certificación da participación

A participación das/os educadoras/es familiares no proceso de elaboración do Programa Marco concrétase en:

- Asistencia ás xuntanzas presenciais das redes comarcais de Educación Familiar (7 en total dunha duración aproximada de 35 horas).

- Asistencia ás xornadas formativas presenciais (3 en total, dunha duración aproximada de 45 horas).

- Lectura dos documentos e participación virtual a través do Portal Web www.familiasgalegas.org (cunha previsión aproximada de 40 horas).

Acreditarase esta participación nun único certificado de 120 horas para o que se esixirá a asistencia e participación como mínimo do 80% nas tres modalidades de accións previstas.

7. Bibliografía

• OLDP (2006). Guía práctica de evaluación de procesos participativos. Consulado de http://www.oidp.net/pdf/GuiaPracticaEvaluaciondeProcesos.pdf, con data do 8-07-09.

• Pérez, R. et al. (1995). Evaluación de programas y centros educativos. Madrid: Cincel.

• Pose, H. e Fraguela, R. (Coords) (2006). Planificación estratéxica en cultura. A Coruña: Deputación da Coruña.

• Romero, A. (2004). La participación del voluntariado en el desarrollo de la comunidad local.Colección "A fuego lento", Cuaderno nº 5. Madrid: Plataforma para la promoción del voluntariado en España.

29

Page 30: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 31: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.PROGRAMA MARCO DE EDUCACIÓN FAMILIAR

Page 32: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 33: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Preámbulo

Os Programas de Educación Familiar naceron na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1994 coa publicación da primeira Orde na que se convocaban axudas para o seu desenvolvemento nas corporacións locais do territorio autonómico. Esta Orde, de carácter anual, foi a única referencia normativa para os programas ata o momento actual, o que supuxo unha debilidade na conceptualización e regulación do seu funcionamento.

O presente documento pretende dar resposta á necesidade de crear un marco de referencia unificado para os programas de Educación Familiar das corporacións locais, no que se establezan as prioridades de actuación e os principios, criterios e directrices de organización, funcionamento e intervención socioeducativa aos que se deberán axustar.

O Programa Marco concíbese, polo tanto, como un referente básico e obrigado co que se pretende acadar os seguintes obxectivos:

- Establecer a liña base de calidade nos programas de Educación Familiar, promovendo a mellora permanente no seu desenvolvemento a fin de responder de forma efectiva ás necesidades das familias.

- Unificar criterios de actuación e avaliación entre as/os responsables da Educación Familiar.

- Servir de guía para a elaboración dos programas municipais de Educación Familiar e de instrumento que posibilite a orientación, seguimento e avaliación dos mesmos.

Como documento marco, ten unha previsión de durabilidade no tempo, polo que unicamente debe reflectir principios e criterios xerais e non aspectos suxeitos a cambios a corto prazo. Así mesmo, se concibe como un documento flexible, de forma que favoreza e permita a súa adaptación ás diversas realidades municipais; e vivo, obxecto de revisión permanente, para adaptalo aos cambios sociais e familiares.

O documento que se presenta foi promovido e coordinado polo equipo Tecendo redes -programa de apoio á Educación Familiar, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-, e resulta do consenso acadado a través dun proceso participativo no que se implicaron:

- 208 responsables dos programas municipais de Educación Familiar da nosa Comunidade Autónoma.

- 13 representantes do ámbito político, técnico e social, nomeadamente: da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, de equipos e servizos especializados, de asociacións e colexios profesionais de Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía, de recursos do ámbito educativo e sanitario.

Cómpre dicir que o proceso participativo de elaboración do Programa Marco, tal e como estaba planificado, está sen rematar -situación derivada dunha decisión política, non técnica, de non continuación de Tecendo redes a partir do 31 de decembro de 2009-, polo que, de cara a futuras revisións e modificacións do documento, apuntamos algunhas liñas de actuación sobre como continuar o traballo:

- Incorporar no proceso aos equipos profesionais dos servizos sociais comunitarios e especializados para consensuar os contidos e instrumentos de traballo compartidos.

- Elaborar e validar entre os/as diferentes profesionais implicados no traballo con familias, unha proposta articulada de coordinación e traballo en rede, que permitira unificar unha linguaxe común e clarificar competencias, responsabilidades e itinerarios na intervención profesional con familias e infancias en situación de dificultade ou risco social.

Agardamos que a vós, responsables e profesionais da Educación Familiar dos concellos galegos, este documento vos oriente e axude na vosa práctica profesional. Así o desexa o equipo de Tecendo redes.

33

Page 34: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÍNDICE

Capítulo I. Marco legal da Educación Familiar....................................................................................... 35

Capítulo II. Marco teórico e conceptual da Educación Familiar...............................................................39

2.1 Principios orientadores.............................................................................................................39

2.2 Definición e obxectivos do Programa de Educación Familiar..................................................41

2.3 Destinatarias/os do programa..................................................................................................42

2.4 Contidos da Educación Familiar...............................................................................................42

Capítulo III. Competencias e funcións do educador/a familiar.................................................................44

3.1 Competencias xerais, específicas e compartidas....................................................................44

3.2 Funcións xerais, específicas e compartidas............................................................................44

3.3 Formación inicial e continua.....................................................................................................46

3.4 Ética profesional.......................................................................................................................47

3.5 Coidado ás/aos profesionais do ámbito socioeducativo..........................................................47

Capítulo IV. Metodoloxía da acción socioeducativa con familias, grupos e comunidades......................50

4.1 Fundamentación do acompañamento educativo.....................................................................50

4.2 A intervención socioeducativa individual/familiar.....................................................................51

4.3 A intervención socioeducativa grupal.......................................................................................57

4.4 A intervención socioeducativa na comunidade........................................................................58

4.5 Instrumentos mínimos para a planificación, intervención e avaliación....................................61

Capítulo V. Coordinación e traballo en rede............................................................................................62

5.1 Conceptualización da coordinación e traballo en rede............................................................62

5.2 Axentes implicados: contidos da coordinación.........................................................................63

5.3 Niveis de coordinación e traballo en rede................................................................................67

5.4 Fases do proceso de coordinación e traballo en rede.............................................................67

Capítulo VI. Requirimentos mínimos........................................................................................................70

6.1. Recursos materiais..................................................................................................................70

6.2. Ratio de familias por profesional.............................................................................................70

Bibliografía................................................................................................................................................72

Anexos......................................................................................................................................................73

Anexo 1: Glosario...........................................................................................................................74

Anexo 2: Modelo de acordo de colaboración.................................................................................76

Anexo 3: Modelo de formulario de derivación................................................................................78

Anexo 4: Modelo de plan de traballo.............................................................................................80

Anexo 5: Modelo de informe sociofamiliar.....................................................................................96

Anexo 6: Modelo de proxecto de intervención grupal....................................................................99

34

Page 35: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo I. Marco legal da Educación Familiar

Os programas de Educación Familiar han de rexerse pola normativa vixente en materia de servizos sociais e protección ás familias e infancia. A continuación expóñense as referencias legais máis relevantes, organizadas por rango e data:

- A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (Resolución 217 da Asamblea Xeral da ONU do 10 de decembro de 1948).

- A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos da infancia (Resolución 44/25 da Asamblea Xeral da ONU de 20 de novembro de 1989).

- A Constitución Española de 1978 enumera no capítulo III do Título I, os principios reitores da política social e económica, sinalando en primeiro lugar (artigo 39) a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia e, dentro desta, con carácter singular, da infancia e da adolescencia, en canto aos dereitos que lles son recoñecidos polas normas convencionais e os acordos internacionais, presididos todos eles polas orientacións da Convención das Nacións Unidas dos dereitos do neno, de 20 de novembro de 1989, ratificada por España.

- O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado por Lei Orgánica 1/1981 do 6 de abril, establece no artigo 27 a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma en materia de asistencia social e en materia de promoción do desenvolvemento comunitario (apartados 23 e 24).

- A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que no seu artigo 25.2, letra k), outorga competencias delegadas aos concellos en materia de “prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social”. Así mesmo, no seu artigo 26.2, recoñécelles como competencia obrigatoria aos municipios de máis de 20.000 habitantes a “prestación de servizos sociais”.

- A Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, recolle no artigo 11.2 o principio reitor do mantemento do menor no seu ámbito familiar salvo que non sexa conveniente para o seu interese, así como a súa integración familiar e social. O artigo 17 regula a actuación dos poderes públicos en situación de risco dirixida a promover os factores de protección do menor e da súa familia e a diminuír os factores de risco e dificultade social que incidan na situación persoal e social na que se atopan.

- A Lei 3/1997, de 9 de xuño, da Familia, da Infancia e da Adolescencia, no artigo 2, define a familia como o “conxunto de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou de parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común”. No artigo 5,recolle a atribución de competencias aos municipios en materia de protección á familia, á infancia e á adolescencia. Estas son:

o A participación na detección das necesidades que afecten ás familias, infancia e adolescencia que residan no seu territorio.

o A provisión directa de servizos e prestacións ás familias que presenten aspectos carenciais.

o O fomento da participación das familias.

o A información e orientación acerca dos recursos destinados ás familias, infancias e adolescencias.

o A prevención, apreciación e intervención nas situacións de risco en que se podan atopar.

o A colaboración no seguimento das medidas de protección adoptadas pola xunta de Galicia.

35

Page 36: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Tamén recolle neste artigo a responsabilidade da Xunta de Galicia de prestar a asistencia técnica necesaria aos municipios para o cumprimento destas funcións.

O artigo 12, pola súa banda, regula as actuacións de prevención e apoio dirixidas ás familias, destacando entre elas:

o A creación de servizos de información e asesoramento.

o O desenvolvemento de campañas de sensibilización social sobre as necesidades das familias.

o O fomento da calidade de vida das familias mediante programas que faciliten o acceso normalizado aos recursos e servizos da comunidade co fin de promover a súa participación.

o A implicación das familias nos recursos educativos.

o O desenvolvemento de programas de axuda a domicilio.

o A xestión de plans e programas que procuren a autonomía familiar, prestando apoio ás familias menos favorecidas e desenvolvendo accións encamiñadas á conciliación.

Toda a normativa reguladora en materia de familia, infancia e adolescencia foi refundida polos Decretos 42/2000, do 7 de xaneiro; 406/2003, do 29 de outubro; e 329/2005, de 28 de xullo, que amplía e modifica os anteriores.

- A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

- A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que establecen a necesidade de integrar a perspectiva de xénero en todas as accións que se desenvolvan, neste caso, no ámbito dos servizos sociais e da Educación Familiar.

É preciso facer unha mención destacada á Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, como marco de referencia do Sistema Galego de Servizos Sociais, no que se integra a Educación Familiar. O artigo 3 recolle os obxectivos xerais deste sistema, entre os que figura explicitamente o obxectivo de "garantirlles o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas". Tamén son importantes para a Educación Familiar os seguintes: facilitar alternativas de integración social; garantir a autonomía e vida independente; previr a aparición de situacións de desigualdade ou desprotección; e proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre homes e mulleres.

Os principios reitores recollidos nesta Lei de Servizos Sociais (artigo 4), son os que orientarán as accións contempladas no Programa de Educación Familiar. Son os seguintes: universalidade, prevención, responsabilidade pública, igualdade, equidade e equilibrio territorial, solidariedade, acción integral e personalizada, autonomía persoal e vida independente, participación, integración e normalización, globalidade, descentralización, coordinación, economía, eficacia e eficiencia, planificación e avaliación.

O Capítulo I do Título I establece a nova estrutura dos servizos sociais, en forma de rede consonte a dous niveis de actuación.

a) Servizos sociais comunitarios, que comprenden, a súa vez, dúas modalidades: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos.

b) Servizos sociais especializados.

Dentro desta nova estrutura, os Programas de Educación Familiar intégranse nos servizos sociais comunitarios (artigo 9), ao compartir as características sinaladas para este nivel no novo marco lexislativo:

- Un servizo de carácter predominantemente local, referenciado a un territorio e a unha

36

Page 37: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

poboación determinados e constitúen o acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais.

- Un servizo de carácter integrador, a principal instancia do sistema para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral.

- Un servizo coordinado mediante protocolos e sistemas de derivación, información e colaboración cos servizos sociais especializados, así como con outros servizos para o benestar que operen no mesmo territorio, especialmente cos de saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións e, se é o caso, desenvolvemento rural, co fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.

En canto ao seu encadre no nivel básico ou específico, concíbese o Programa de Educación Familiar como un servizo amplo que desenvolve actuacións de ambos niveis. Estas son:

- Servizos sociais comunitarios básicos:

a) O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.

b) A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.

c) A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.

d) A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.

e) A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.

f) A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.

g) A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.

h) O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.

- Servizos sociais comunitarios específicos:

a) Programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables de características homoxéneas e facilitar a súa inserción e normalización social.

b) A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que se desenvolva a través de programas en medio aberto, en centros de carácter non residencial ou de carácter residencial temporal.

c) A xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas que posibiliten no seu ámbito o logro dos obxectivos recollidos no artigo 3º desta lei, no marco do Plan estratéxico de servizos sociais.

En relación a esta categorización, sinálase que o programa de Educación Familiar debe priorizar as

37

Page 38: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

funcións dos servizos sociais comunitarios básicos, encamiñadas preferentemente á prevención. Todo o equipo de servizos sociais comunitarios participa do Programa de Educación Familiar, pero será a/o educadora/or familiar o/a profesional responsable en maior instancia.

En relación ao catálogo de servizos (art.19, capítulo II), considérase a Educación Familiar como un servizo ou intervención de carácter técnico-profesional esencial, sendo as súas funcións concretas:

- Información, orientación, asesoramento e acompañamento ás familias.

- Valoración e diagnóstico social das demandas.

- Intervención social que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais de cara á mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e á inclusión social.

Esta lei desenvólvese a través doutras regulacións, entre as que figura a Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, e que no seu articulado tamén fai referencia específica ás actuacións de carácter psicosocial e educativo.

38

Page 39: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo II. Marco teórico e conceptual da Educación Familiar

A fundamentación teórica da Educación Familiar nútrese de teorías enmarcadas nas Ciencias Educativas e Sociais, aportando concepcións e axiomas que serven de guía para a acción socioeducativa con familias. Entre elas, destacamos as achegas do enfoque ecolóxico-sistémico, do paradigma da complexidade, das teorías do desenvolvemento comunitario, das teorías de intelixencia emocional de Coleman, dos enfoques construtivistas, da perspectiva de xénero, das teorías liberadoras de Freire, entre outras.

Tendo en conta os referentes teóricos que fundamentan cada perspectiva ou enfoque, preséntanse a continuación os principios orientadores que configuran o marco teórico da Educación Familiar.

2.1 Principios orientadores

Universalidade do programa. Enténdese que todas as familias ao longo das distintas fases do ciclo vital poden atravesar situacións de conflito que as fan vulnerables. O apoio socioeducativo deberá orientarse a facilitar ferramentas e estratexias de superación e enfrontamento positivo das distintas etapas.

Prevención. Enténdese por prevención dende unha perspectiva ampla a superación das causas que orixinan as necesidades sociais, o que implica a promoción activa de circunstancias e actuacións positivas para o desenvolvemento integral das persoas, e a optimización do contorno comunitario. Unha concepción máis restrinxida da prevención refire accións concretas de apoio familiar que eviten que as dificultades familiares e sociais deriven en situacións de risco ou desprotección máis grave. En calquera das dúas concepcións, esíxese ter en conta non só as realidades familiares, senón tamén as influenzas meso-, exo- e macrosistémicas, identificando as causas e factores que se agochan detrás das situacións de dificultade, desenvolvendo actuacións proactivas, integrais e integradoras.

Concepción complexa e sistémica da realidade. A sociedade actual tórnase cada vez máis complexa nas súas relacións e na súa organización. A factores socioeconómicos, noutra hora principais causantes das situacións de pobreza e exclusión social, súmanse na actualidade fenómenos como a diversidade cultural, a urbanización, e/ou a masificación, que impoñen situacións de incerteza social e colectiva que levan a moitas familias a experimentar vivencias de desadaptación, facéndoas máis vulnerables aos problemas sociais (desemprego, carencia de vivenda, violencia de xénero, desprotección da infancia...). Neste senso, cómpre ter en conta na intervención a relación ecolóxica e interdependente do sistema familiar cos outros sistemas sociais, nomeadamente o educativo, o sanitario, o veciñal, o xudicial, o laboral, etc.

A perspectiva da complexidade aporta a necesidade de contemplar o desorde, a imprevisibilidade, e as incertezas. A resposta a esta realidade complexa baséase na elección dunha decisión, pola conciencia da aposta e a elaboración dunha estratexia que teña en conta as complexidades inherentes ás súas finalidades, que no transcurso da acción poda modificarse en función dos riscos, informacións e cambios de contexto (Morin, 2001).

As relacións de xénero e o empoderamento como enfoque, contido e metodoloxía. Contemplarase a igualdade como un valor fundamental para a consecución da dignidade da muller e do cumprimento dos dereitos humanos. Ao abeiro deste principio fundamental, os proxectos de Educación Familiar contemplarán como obxectivo a capacitación para a toma de decisións autónoma das mulleres e a asunción da corresponsabilidade nas tarefas das persoas que conforman o núcleo familiar. Ademais, fomentarase que os proxectos de Educación Familiar conten cun impacto de xénero tal e como recomenda a Lei 7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Traballo en rede e comunitario. O territorio configúrase como o punto de partida e de chegada onde teñen lugar as intervencións socioeducativas coas familias. Tendo en conta este principio, o traballo en equipo, coordinado e en rede coas profesionais e entidades relacionadas coas familias será outro dos eixos principais. Por iso, o/a educador/a familiar deberá procurar a implicación de todos os axentes locais na Educación Familiar a través da creación de redes de traballo coas asociacións, profesionais

39

Page 40: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

de diversos ámbitos, centros educativos, e administracións. Este principio supón a necesidade de deixar de traballar en árbore para traballar en rede, conxugando esforzos e achegando posturas para deseñar accións integrais e coherentes nunha mesma liña de traballo con outras/os profesionais da comunidade, especialmente dos centros educativos e sanitarios. A colaboración debe deixar de ser puntual para converterse nun traballo en rede real, para o que é necesario establecer un proxecto común, cos necesarios mecanismos e recursos específicos. Dada a súa importancia, adícase o capítulo V íntegro a esta cuestión.

Integralidade das actuacións socioeducativas. A intervención socioeducativa debe contemplar todas as dimensións das persoas e promover o seu desenvolvemento global (biolóxico, psicolóxico, social, cultural, educativo, emocional, afectivo...), máis alá da cobertura das necesidades básicas das familias. Neste senso, o/a educador/a familiar traballará en equipo coas/cos profesionais do equipo de servizos sociais, de xeito que se garanta a abordaxe integral das situacións que atravesan as familias. Promoverá as relacións de colaboración, respecto e bo trato coas outras/os profesionais do equipo e aportando de modo igualitario pautas e solucións para as intervencións profesionais.

Normalización e inclusión. Estes principios refiren a importancia de potenciar o desenvolvemento integral a través da participación activa e do impulso de prácticas transformadoras da realidade existente, evitando intervencións que perpetúen a diferenza e dificulten a integración. A inclusión implica cambiar paulatinamente os modos de organización e de toma de decisións para conseguir aumentar a participación de todos os membros dunha comunidade. A análise dos modos que se empregan para funcionar, a identificación de rutinas, normas, formas de interacción, sistemas de intercambio de información... que estean dificultando a participación son aspectos que é preciso traballar dende a Educación Familiar para transformalos.

Implica, polo tanto, ter presente e empregar na intervención socioeducativa o abanico de posibilidades que a sociedade ofrece, demandar e promover novas prácticas para acadar o acceso e a participación activa das familias aos recurso e espazos da comunidade.

Ademais destas cuestións, a normalización e a inclusión tamén refiren a promoción das aprendizaxes necesarias para o desenvolvemento no noso medio sociocultural (pautas sociais de comunicación e interacción co entorno) para a aceptación social das persoas, e aquelas outras prácticas orientadas a evitar o rexeitamento e a estigmatización social. A inclusión implica a oportunidade de participar na toma de decisións para poder elixir formas de vida diferentes ás consideradas ordinarias e para a aceptación e igual consideración ás diferentes formas de ser familia.

Todo isto esixe da/o a/o profesional da Educación Familiar o coñecemento da comunidade, dos diferentes espazos que a integran, dos recursos e servizos que ofrece e da posibilidade de utilizalos do xeito máis óptimo e eficaz posible.

Autonomía e participación. A participación concíbese como un factor decisivo para a cohesión social e para unha convivencia democrática. Ademais, é en si mesma unha metodoloxía para a promoción da competencia persoal e social, o desenvolvemento da autonomía e da responsabilidade. Participar implica estar presente e tomar parte activa en todas as fases do proceso educativo como suxeitos responsables e protagonistas do seu propio cambio e mellora.

É preciso evitar a pseudoparticipación, contando aparentemente coa familia pero sen que participe de forma real. Neste senso, cabe ter en conta e garantir os diferentes niveis de participación, entendida como proceso: informar, escoitar, consultar, tomar decisións dialogadas, negociar consensos, compartir decisións e aceptar e respectar as decisións tomadas polas familias. A participación incorpora e fomenta a dimensión relacional do traballo socioeducativo.

As familias e a infancia como protagonistas da acción educativa. Implica que as familias son suxeitos de dereitos e, polo tanto, garantir a súa participación activa nos proxectos de Educación Familiar e comunitarios debe ser un elemento teórico e metodolóxico fundamental da acción educativa. Neste senso, débese motivar ás familias e aos seus membros para o diálogo e a implicación na resolución dos problemas que lles afectan. Así, propiciaranse fórmulas que avalíen indicadores relacionados con esta dimensión.

40

Page 41: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

As/os profesionais como persoas mediadoras e facilitadoras, e comprometidas co cambio social. As/os educadoras/es familiares desempeñarán o seu rol principal como promotoras/es do cambio e acompañarán ás familias e ás comunidades neste proceso de busca e consecución da autonomía e participación social.

Avaliación e mellora. A busca dun proceso permanente de mellora rexerá as actuacións dos programas de Educación Familiar. Neste proceso cobran importancia as técnicas e instrumentos de avaliación e planificación das accións, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo, coa intencionalidade de corrixir, orientar e redeseñar as actuacións futuras. Neste contexto, a/o profesional da EF velará pola participación das persoas destinatarias nos procesos de avaliación e planificación dos programas. Ademais, se potenciarán os procesos e estratexias de xestión, documentación e sistematización das intervencións e información xerada co obxectivo de garantir a transparencia, a profesionalidade e a calidade dos programas.

A construción da realidade como contido da intervención socioeducativa coas familias. A realidade familiar é unha construción social que se vai facendo a partir das subxectividades con que cada persoa, familia, profesional a percibe. Por iso, cómpre co-construír coa familia e coa comunidade esa realidade, a partir dos seus significados, das súas relacións, e utilizalos como contidos da intervención socioeducativa. A cultura, os valores, a lingua, conforman as identidades, os sentimentos de pertenza a partir dos cales traballar, comprender e re-construír novos significados e experiencias vitais e cotiás.

2.2 Definición e obxectivos do Programa de Educación Familiar

Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención,

intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade. Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran. Persegue a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.

Obxectivos xerais:

- Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas.

- Fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto aos seus dereitos.

- Promover o recoñecemento social das familias como principais axentes educadores.

- Promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.

Obxectivos específicos:

- Promover a adquisición de competencias (actitudes, habilidades e capacidades) nas familias para un axeitado desenvolvemento das súas funcións parenterais, educativas, de crianza e socialización.

- Reforzar, estimular e potenciar os recursos persoais das familias, as súas capacidades e potencialidades para a solución das dificultades nas que se poidan atopar nas diferentes etapas do ciclo familiar, facéndoas partícipes e protagonistas do cambio.

- Facilitar alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos ás familias.

- Facilitar o acceso a toda a información específica para as familias, así como aos recursos e servizos da sociedade (culturais, cívicos, educativos, deportivos, de lecer...).

- Promover a corresponsabilidade nas familias.

41

Page 42: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Favorecer a integración, a participación e a promoción social das familias nos ámbitos familiar, social, cultural, político e educativo.

- Promover espazos de encontro de pais e nais orientados á formación, análise e busca conxunta de mellora das situacións.

- Previr, detectar e atender situacións e familias de elevada vulnerabilidade: infancia en alto risco social, dinámicas de violencia intrafamiliar e familias en situación de exclusión social.

- Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade, igualdade e integración na sociedade galega.

- Promover o coñecemento e recoñecemento da diversidade familiar (estrutural e cultural).

2.3 Destinatarias/os do programa

Desde unha perspectiva universalista, preventiva e de igualdade, son destinatarias do programa de Educación Familiar todas as familias, en plural.

Enténdese por familias tanto o conxunto de persoas unidas por vínculos de convivencia que constitúen unha rede de relacións afectivas, de coidado e económicas, como os fogares unipersoais. A súa finalidade é proporcionar aos seus membros os vínculos necesarios para que desenvolvan os seus procesos de individualización e autonomía e participen activamente na sociedade, aportando os elementos clave para a súa socialización.

Atenderase de forma prioritaria ás familias que se atopen naquelas situacións e fases do ciclo familiar de maior vulnerabilidade, risco ou crise.

Enténdese por vulnerabilidade familiar un proceso ou situación onde predominan elementos de fraxilidade (económica, emocional, relacional...). Estas situacións comportan riscos, pero tamén unha maior receptividade de axuda profesional ou de redes sociais. Pode derivar polo tanto, nunha oportunidade de cambio e transformación familiar e de superación de situacións de exclusión.

Dentro das situacións de vulnerabilidade darase prioridade a aquelas familias integradas por:

- Infancia e adolescencia en situación de risco.

- Persoas en situación de dependencia (diversidade funcional, problemas de saúde mental, discapacidades, persoas maiores...).

Tamén é destinataria do programa de Educación Familiar a comunidade en xeral e, dentro desta, as entidades e profesionais cunha vinculación directa ou indirecta no traballo con familias (sistema sanitario, educativo, a administración local, xurídico, asociativo, laboral, servizos especializados...).

Cada concello, en función da especificidade do seu territorio e poboación, así como dos recursos dispoñibles, concretará no seu proxecto local de Educación Familiar as/os destinatarias/os do mesmo, establecendo as priorizacións pertinentes.

2.4 Contidos da Educación Familiar

Os contidos ou obxectos de coñecemento que se deben abordar a través da Educación Familiar, tanto en actuacións grupais e comunitarias como de apoio socioeducativo personalizado, son, entre outros:

Aspectos conceptuais:

- Diversidade familiar: diferentes realidades familiares.

- Os dereitos e responsabilidades das familias.

42

Page 43: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- As funcións e roles das familias: satisfacer as necesidades dos seus membros (de protección, emocionais, educativas, sociais e relacionais, cognitivas, físicas...)

- As necesidades da infancia nas diferentes etapas evolutivas.

- Contextos socioeducativos.

- Educación para a saúde.

Aspectos actitudinais (sentimentos, actitudes, valores e normas):

- Compromiso coas funcións e responsabilidades.

- Aceptación e respecto pola diferenza e pola idiosincrasia.

- Respecto dos dereitos das persoas.

- Valores de igualdade, solidariedade, corresponsabilidade.

- Apoio mutuo e acompañamento.

Aspectos procedimentais:

- Habilidades e competencias parenterais.

- Establecemento de límites e normas.

- Estratexias para a educación afectivo-sexual.

- Estratexias para a educación en igualdade.

- Relacións intrafamiliares: interaccións entre os subsistemas familiares.

- Habilidades sociais de interacción.

- Participación social

- Habilidades de comunicación.

- Habilidades de resolución de conflitos.

- Expresión dos sentimentos e emocións.

- Relacións con outros contextos.

- Hábitos saudables, consumo responsable...

- Organización da vida cotiá: tempos (horarios e rutinas), espazos, relacións, normas, experiencias básicas...

Cada proxecto comunitario, grupal ou individualizado determinará e priorizará os contidos a abordar.

43

Page 44: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo III. Competencias e funcións do/a educador/a familiar

O/a educador/a familiar é aquel/a profesional que desenvolve as actuacións educativas e psicosociais propias do Programa de Educación Familiar, formando parte dos equipos interdisciplinares dos servizos sociais comunitarios.

3.1 Competencias xerais, específicas e compartidas

A competencia xeral das/os profesionais da Educación Familiar é planificar, xestionar, desenvolver e avaliar as accións enmarcadas no programa.

De forma específica, as súas competencias refírense a avaliar, planificar e desenvolver procesos socioeducativos nos seguintes aspectos:

- A adquisición da autonomía persoal e social das familias.

- A participación das familias na comunidade.

- O desenvolvemento de metodoloxías de coordinación, con persoas, axentes da comunidade ou entidades que teñan relación directa ou indirecta coas familias.

Finalmente, son competencias compartidas cos servizos sociais comunitarios:

- Detectar e coñecer as necesidades sociais das familias.

- Xestionar, programar e avaliar proxectos e recursos que incidan no benestar das familias.

3.2 Funcións xerais, específicas e compartidas

Son funcións xerais das/os profesionais da Educación familiar, as seguintes:

- Avaliación Inicial das situacións de dificultade a nivel familiar e comunitario.

- Sensibilización e formación familiar a nivel comunitario.

- Planificación e execución das accións dirixidas a promover o desenvolvemento integral das familias e a súa participación activa na sociedade.

- Incorporación da perspectiva integrada de xénero nos procesos socieducativos dirixidos ás familias.

Preséntanse as funcións específicas do/a educador/a familiar en relación á comunidade, ás familias e a outras/os profesionais, as funcións de xestión, e aquelas compartidas dentro do propio equipo de servizos sociais comunitarios. Para un óptimo desenvolvemento da intervención, será necesario que estas funcións sexan realizadas conxuntamente polo equipo interdisciplinar de servizos sociais, coas familias, e con outros servizos e profesionais da comunidade.

44

Page 45: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

En relación coa comunidade

- Detección temperá de circunstancias comunitarias que podan deteriorar as situacións familiares.

- Xerar redes sociais de solidariedade familiar. - Traballar comunitariamente os contidos do PEF. - Intervención socioeducativa na comunidade, poñendo especial énfase na

colaboración con outros programas comunitarios que interveñan coas familias.- Seguimento e avaliación da participación das familias.

En relación coa/s familia/s

- Detección, análise e valoración das necesidades socioeducativas coas familias e toma de decisións sobre a inclusión das mesmas no PEF.

- Deseño, execución e avaliación dos proxectos individualizados de intervención socioeducativa coas familias.

- Asesoramento e orientación socioeducativa con respecto a pautas de actuación familiar.

- Intervención e apoio na resolución de conflitos familiares en calquera dos seus contextos.

- Acompañamento socioeducativo no proceso de participación das familias nos recursos da comunidade.

- Apoio emocional no proceso de intervención educativa coas familias.- Participación e valoración dos proxectos individualizados de inserción da RISGA

que inclúan o PEF como parte dos citados proxectos.- Proposta técnica en relación á solicitude de prestacións ás que podan ter dereito

as familias do PEF.- Participación na execución de medidas socioeducativas xudiciais ao abeiro da

Lei 5/2000, de 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores.- Documentación e rexistro das actuacións desenvolvidas dende o PEF.

En relación con outros servizos e profesionais

- Coordinación cos outros servizos e departamentos municipais. - Coordinación co/s equipo/s de servizos sociais comunitarios básicos e

específicos.- Coordinación cos equipos especializados. - Coordinación con outros axentes que se relacionen coas familias dende outros

ámbitos (centros escolares, sanitarios, de seguridade…)- Coordinación co persoal que presta servizos no PEF (voluntariado, SAD,…)- Derivación -informada e rexistrada- das familias a outros equipamentos ou

recursos da comunidade.- Emisión de informes sociofamiliares que reflicta datos da intervención

profesional levada a cabo coa familia, conforme ao modelo que se incorpora nos Anexos.

- Cumprimentación de informes requiridos por outros profesionais.

De organización e xestión

- Participar na procura de recursos que contribúan á mellora do programa de Educación Familiar.

- Xestión do programa de Educación Familiar.

Compartidas nos servizos sociais comunitarios

- Estudo e diagnóstico social da comunidade.- Promoción do acceso e participación das familias ás redes e recursos

comunitarios. - Dinamización entre os principais axentes comunitarios (poboación, técnicas/os,

administracións) en relación co benestar das familias. - Recepción das demandas das familias e doutros axentes da comunidade, para a

súa valoración posterior.- Xestión de programas e recursos que deriven na mellora do benestar das

familias e no exercicio dos seus dereitos.

45

Page 46: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.3 Formación inicial e continua

No que respecta á formación inicial das/os profesionais, a Orde do 11 de xuño de 2008, pola que se convocan as axudas para o desenvolvemento de programas de Educación Familiar polas corporacións locais de Galicia (DOG, 121 do 24 de xuño de 2008), no seu artigo 4, recolle no primeiro epígrafe que “o persoal técnico especializado que contrate a corporación local para desenvolver o programa para a Educación Familiar deberá ser preferentemente educador social. Tamén poderán ser contratadas persoas coas titulación de psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social, así como os diplomados/as en maxisterio que con anterioridade ao ano 2004 viñan desenvolvendo o programa”.

Ante esta diversidade de perfís, defínense as capacidades precisas e comúns que teñen que ter as/os profesionais da Educación Familiar para o desenvolvemento das súas funcións, o que determinará así mesmo a formación especializada e permanente.

Coñecementos - Coñecer os contidos das actuacións socioeducativas enmarcadas nos programas de Educación Familiar.

- Coñecer as teorías e enfoques para a intervención socioeducativa no contexto familiar.

- Coñecer os marcos normativos que posibilitan, orientan e lexitiman as accións do/a profesional da Educación Familiar (políticas familiares, educativas e sociais).

Capacidades comunicativas e relacionais

- Comprender os códigos dos diferentes contextos socioculturais e profesionais utilizando a linguaxe técnica que corresponda e expresándose de forma asertiva.

- Manexar as habilidades sociais na relación con outras persoas ou grupos.- Desenvolver actitudes e habilidades para o traballo en equipo.- Utilizar e manexar técnicas de dinámica grupal.- Crear e promover redes entre os individuos, os colectivos e as institucións.- Coñecer e manexar as tecnoloxías da información e da comunicación.

Capacidades de análise, síntese e intervención

- Dominar métodos, estratexias e técnicas de análise do medio social e educativo e, en concreto, do contexto familiar.

- Dominar técnicas de planificación, programación e deseño de programas e/ou proxectos grupais e comunitarios de carácter socioeducativo.

- Coñecer e aplicar diversas técnicas e métodos de avaliación.- Xestionar proxectos, programas, centros e recursos socioeducativos.- Elaborar e cumprimentar documentos relativos á acción socioeducativa

dende os programas de Educación Familiar: informes sociofamiliares, proxecto de intervención individualizada e outros informes socioeducativos.

Capacidades crítico-reflexivas

- Ser criticas cas propias prácticas profesionais e os efectos que producen de acordo coas finalidades e obxectivos.

- Saber interpretar a complexidade dos diferentes contextos- Adecuar os coñecementos profesionais aos escenarios onde se

desenvolve a práctica da Educación Familiar.- Reflexionar sobre o coñecemento práctico, o saber estratéxico, as

decisións que hai que tomar, e posibilitar novas realidades e significados máis acordes ás aspiracións de xustiza e equidade.

En canto á formación continua, o artigo 27 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle que esta “terá como finalidade a ampliación dos coñecementos, teóricos ou prácticos, e estará orientada ao desenvolvemento de habilidades na atención directa ás persoas usuarias e a cantas outras materias incidan na mellora da cualificación dos profesionais co fin de dar resposta ás necesidades e demandas da poboación”. Deste xeito, o deseño da formación permanente dirixida ás/aos profesionais dos servizos sociais debe dar resposta a adquisición e/ou perfeccionamento das competencias e capacidades antes sinaladas, e que son necesarias para o desenvolvemento das súas funcións, debendo garantirse dita formación dende a administración autonómica e a local.

46

Page 47: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.4 Ética profesional

A ética é consustancial a toda práctica socioeducativa. A este respecto, as diversas titulacións recoñecidas no acceso aos programas de Educación Familiar (Psicoloxía, Educación Social e Traballo social) contan con códigos deontolóxicos propios que son complementarios entre si á hora de abordar o traballo socioeducativo con familias. Por iso, a primeira referencia deontolóxica para o/a educador/a familiar debe ser o código da propia titulación.

Independentemente disto, cómpre resaltar aqueles principios que, a nivel xeral, deben servir como referencia da intervención socioeducativa con familias, en torno aos que ten que xirar a construción dunha posición ética e a solución dos conflitos que poidan xurdir no día a día.

- Profesionalidade: sentido da responsabilidade, competencia profesional e prudencia no exercicio da profesión en todas as súas fases: dende a selección e aplicación de estratexias e instrumentos para a análise e diagnóstico social, ata o desenvolvemento e conclusión das accións socioeducativas que del se deriven.

- Xustiza social.

- Interese superior da infancia1.

- Información responsable, honesta e veraz e confidencialidade: tanto das persoas destinatarias da acción socioeducativa como das persoas informantes ou visibilizadoras de posibles situacións de risco ou dificultade social.

- Respecto aos dereitos das persoas, destacadamente, o dereito a decidir sobre a súa propia vida.

- Autonomía do/a profesional e do/a usuario/a cumprindo coa coherencia institucional.

- Rigor profesional nos procesos de comunicación e adecuación das linguaxes utilizadas ás características dos diferentes interlocutores.

- Igualdade: en ningún caso producirase discriminación por razóns de raza, sexo, orientación sexual, estado civil, idade, discapacidade, ideoloxía, crenza ou calquera circunstancia de carácter social ou persoal.

- Respecto á dignidade profesional do persoal técnico que conforma os equipos de traballo.

Así mesmo, é importante lembrar a importancia da lexislación vixente como criterio legal máximo á hora de realizar calquera intervención profesional no ámbito dos Servizos sociais.

3.5 Coidado a/os profesionais do ámbito socioeducativo

Este apartado recolle os principais factores de risco que poden afectan á saúde das traballadoras e traballadores da Educación Familiar e insta, deste xeito, tanto ás administracións responsables como ás/aos propias/os profesionais, a establecer as estratexias e medidas necesarias para a súa prevención.

O punto de partida, para comezar a falar de coidado das e dos profesionais do ámbito socioeducativo é o concepto de saúde, que segundo á OMS defínese como “un estado completo de benestar físico, psicolóxico e social e non soamente coma a ausencia de enfermidade”. Hai que ter en conta que as fronteiras entre o físico, o psíquico e o social son difusas e cada un destes aspectos inflúe nos outros dous.

Especificamente a OMS tamén define o obxectivo da saúde laboral como “fomentar e manter o máis alto nivel de benestar físico, mental e social das/os traballadoras/es en todas as profesións, previr

1 Utilízase o termo infancia no seu sentido máis amplo, tal e como se recolle no artigo 1 da Convención das Na-cións Unidas sobre os Dereitos do Neno e a Nena (1989), referíndose a “todo ser humano menor de dezaoito anos de idade, salvo que, en virtude da lei que lle sexa aplicable teña alcanzado antes a maioría de idade”.

47

Page 48: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

todos os danos á saúde destas/os polas condicións do seu traballo, protexelos no seu traballo contra os riscos para a saúde e colocar e manter á/ao traballadora/or nun emprego que conveña ás súas aptitudes psicolóxicas e fisiolóxicas”.

A Lei de Prevención de Riscos laborais e a Axencia Europea da saúde, pola súa banda, inclúe no concepto de saúde laboral os riscos psicosociais, estando definidos pola primeira como “todo aspecto da concepción, organización e xestión do traballo así como do seu contexto social e ambiental que ten a potencialidade de causar danos físicos, sociais ou psicolóxicos nas/nos traballadoras/es”.

Tendo presentes as definicións anteriores e centrándonos no perfil profesional do/a educador/a familiar pódese dicir que os principais riscos laborais aos que están expostos estes/as profesionais son: o síndrome do queimado, o estrés laboral, os contaxios de enfermidades infecciosas, etc.

A Educación Familiar está encadrada dentro das denominadas profesións de servizos ás persoas ou profesións de axuda, definidas como aquelas nas que se mantén un contacto constante e directo coas persoas beneficiarias do propio traballo, e na que a relación cos destinatarios descansa ou se fundamenta na construción dun vínculo ou relación comunicativa e de confianza. Ademais, o seu traballo desenvólvese frecuentemente en contextos caracterizados por graves situacións de exclusión social, en contacto permanente con situacións de privación económica, social e cultural, de dificultade ou conflito social. Nesta intensa implicación persoal e profesional coas persoas, as/os profesionais experimentan complexos sentimentos de frustración, temor, ambivalencia, confusión ou desesperación.

A estas situacións derivadas da relación profesional de axuda únense as que proveñen do propio escenario laboral. Estas atinxen, por unha banda, ás relacións coas outras persoas profesionais do equipo de traballo, e por outra, ás precarias condicións laborais por parte da entidade contratante.

Toda esta intensidade emocional derivada da conxunción destes factores pode abocar en moitos casos a situacións de estrés laboral, síndrome do queimado, etc., que se deben prever seguindo as estratexias axeitadas.

A detección temperá de danos na saúde das/dos profesionais permite a recuperación da persoa traballadora e a aplicación de medidas preventivas no posto de traballo. Trátase de evitar o dano derivado do traballo e de promover a saúde das traballadoras/es nun sentido global. A acción preventiva actuará sobre aqueles aspectos do traballo que xeren posibles consecuencias negativas para a saúde, incluíndo, ademais dos aspectos ambientais e tecnolóxicos, as cuestións de organización do traballo.

Dado o carácter xeral da prevención hai que ter en conta os seguintes principios:

- Evitar riscos.

- Avaliar os riscos que non se poden evitar.

- Combater os riscos na súa orixe.

- Substituír os perigos polos que entrañen pouco ou ningún perigo.

- Planificar a prevención, buscando un conxunto coherente que integre a técnica, a organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais no traballo.

- Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual.

En función do seu modo de aplicación, pódense poñer en funcionamento as seguintes estratexias preventivas:

48

Page 49: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Individuais Consistentes na redución da experiencia emocional negativa a través de medidas como:- Desconectar do traballo, evitando que absorba áreas da vida persoal que

constitúen factores protectores. Autoavaliarse e cuestionarse o modo de traballar, usando novas abordaxes na intervención.

- Ser consciente dos límites propios e poñerlles límites a outros/as. - Desenvolver o sentido do humor. - Ter unha definición clara do posto, tarefas, competencias,

responsabilidades, etc. - Priorizar a realización de tarefas, limitando así o efecto de sobrecarga de

traballo.- Establecer expectativas realistas sobre a consecución dos obxectivos.- Aumentar o autocontrol, manexando as emocións, tanto propias, como das

familias coas que se traballa.- Ser capaz de pedir axuda a outros profesionais.

De equipo Centradas na busca do apoio social das/os compañeiras/os do equipo e/ou de profesión. Algunhas pautas de utilidade son: - Mellorar a comunicación do equipo. - Realizar un intercambio de experiencias con outras/os profesionais. - Establecer obxectivos claros e ben definidos para os diferentes postos. - Delimitar as responsabilidades de cada profesional para evitar a

ambigüidade e a interferencia entre a intervención propia e a intervención doutros profesionais, ademais de evitar asumir máis responsabilidades das que é posible.

- Traballar en equipo e coordinadamente.- Actuar en parella profesional, cando se prevexan situacións conflitivas.

Da organización Medidas xerais que ten que implantar a entidade u organización para paliar as fontes de estrés. As medidas que se poden desenvolver son as seguintes:- Aumentar a formación profesional continua a nivel individual e grupal:

realización de formación axeitada sobre estratexias e comportamentos que podan axudar a enfrontarse con diferentes problemáticas que se poden dar no traballo cotiá.

- Aumentar a participación das persoas traballadoras na toma de decisións, fomentando redes de apoio entre compañeiras/os, aumentando o recoñecemento da labor social que se desenvolve, etc.

- Cumprir as medidas mínimas de seguridade e hixiene no traballo. - Fomentar a colaboración en contraposición á competitividade. - Supervisión e avaliación con feedback construtivo para o/a profesional. - A participación das persoas traballadoras na identificación de riscos e

plans de prevención. - Poñer en valor á/ao profesional da Educación Familiar.- Fomentar a estabilidade laboral das/dos profesionais do social, segundo o

recollido no artigo 25 da Lei 13/2008, de Servizos Sociais de Galicia.

49

Page 50: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo IV: Metodoloxías da acción socioeducativa con familias, grupos e comunidades

4.1 Fundamentación do acompañamento socioeducativo

A acción socioeducativa do educador/a familiar inspírase, fundamentalmente, na metodoloxía do acompañamento, concibido este como proceso de apoio ás familias na súa toma de decisións e na produción das respostas aos problemas que se produzan na súa traxectoria vital (Llena e Parcerisa, 2008). Como tal proceso, comporta a idea de traxectoria, de transformación e de cambio, no que sempre hai unha intencionalidade. En tanto que acompañamento, "se apoia nas capacidades das persoas (e non nas súas discapacidades ou incapacidades, ou patoloxías ou aspectos negativos) para desenvolver as súas propias necesidades, as súas iniciativas, coa finalidade de conseguir os obxectivos que se marcaron no seu proxecto de vida” (Planella, 2008, p. 7). O obxectivo do acompañamento é, pois, facilitar o crecemento da persoa cara un proceso de mellora e optimización, establecendo unha relación profesional de escoita, soporte e apoio nun "proceso compartido de construción persoal do proxecto de vida, no que as accións do educador teñen sentido cando se discuten e se elaboran a partir dun itinerario persoal" (Mañós e Lorente, 2003, p. 226).

Os elementos do acompañamento educativo son:

- O/A educador/a-responsable do PEF. Ao ser o acompañamento un compromiso profesional co/a outro/a, as actitudes de empatía e de respecto, a bagaxe formativa e o traballo compartido no equipo serán fundamentais no establecemento da relación profesional.

- As familias. Iniciar un proceso de acompañamento supón nas familias, por unha parte, unha actitude positiva de recoñecemento expreso da necesidade de mellora nalgún/s ámbito/s de vida, pero tamén de confianza e respecto nun/s profesionais a quen se lles recoñece a capacidade de empatía e saber facer. Require en moitas ocasións un proceso de motivación para o cambio e sempre de co-construción da demanda entre a familia e as/os profesionais.

- Un espazo e un tempo no que encontrarse. Isto implica a necesidade de flexibilizar os tempos e diversificar os espazos para facilitar o encontro. Falar de tempo tamén implica ter en conta que as familias e as/os educadoras/es familiares precisan dun tempo para comprender, para valorar, para confiar, para escoitar, para reflexionar... Neste sentido, é necesario determinar os tempos que precisamos para o proceso. Por outra banda, os espazos tamén xogan un papel importante no itinerario, teñen unha intencionalidade, traducen unha información. É importante reflexionar sobre o máis axeitado en cada momento e para cada familia. En función de cada situación particular valorarase o mellor espazo a empregar nos diferentes momentos do proceso, que deberán de ser axeitados para o desenvolvemento da intervención e favorecer un clima de seguridade para as familias e as/os profesionais. Recoméndase a diversificación dos espazos, empregando os diferentes contextos nos que se desenvolve a vida cotiá das familias, que non se reducen ao seu domicilio, senón que se debe favorecer o encontro noutros espazos normalizados. É importante negociar cales serán os espazos comúns, a partir dos obxectivos a traballar, e os tempos que se utilizarán no proceso educativo. Neste sentido, só se empregará o domicilio familiar cando a familia permita a nosa presencia no mesmo e se considere o máis idóneo para a intervención. Tamén se atopa, entre os posibles espazos, o departamento de servizos sociais, que deberá contar cun espazo privado que garanta o dereito á privacidade e á confidencialidade.

- Un itinerario educativo. Acompañar é planificar itinerarios posibles (obxectivos e metas alcanzables), non accións illadas, revisalos e mantelos coa axuda e o soporte da/o profesional. Planificar itinerarios pasa tamén polo deseño de cada paso do camiño, dende onde partimos ata a meta que queremos acadar. Implica así mesmo, por parte do/a educador/a, ser consciente de que o itinerario de cada familia se ten iniciado antes da súa aparición en escena, e de que vai continuar despois.

- O eixo do acompañamento é a relación educativa intencional definida dentro dun proceso

50

Page 51: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

de cambio e baseada na horizontalidade, a confianza e o recoñecemento mutuo. É necesario, entón, testemuñar a confianza na evolución das familias, e prestar unha especial atención a aquelas accións e actitudes que axudan a crear expectativas positivas nas persoas, xa que terán unha gran influencia nas súas posibilidades de aprendizaxe.

4.2 A intervención socioeducativa individual/familiar

Ao longo de acompañamento, a familia terá en todo momento o papel fundamental, sendo parte activa e protagonista do proceso de cambio. Neste sentido, a voluntariedade da participación das familias no programa de Educación Familiar é un piar básico do mesmo, supeditándose, en todo caso, á lexislación vixente en materia de protección á infancia. Esta cuestión implica que a familia debe ter dende o primeiro momento a información relativa ao programa, aos seus dereitos, e coñecer as responsabilidades que se derivan das diferentes opcións que se lle presentan. Así mesmo, en tanto que protagonista, resulta imprescindible promover a súa implicación en cada unha das fases do proceso.

Referímonos á familia no seu conxunto, en tanto que sistema, contemplando e valorando a cada unha das persoas que a integran, e fomentando a responsabilidade compartida entre todas elas. Durante todo o proceso débese ter en conta a individualidade de cada membro da familia, os diferentes subsistemas que condicionan o seu desenvolvemento, así como os patróns culturais de xénero que condicionan o grao de autonomía das persoas. Así mesmo, aínda que nos centramos no traballo directo coas familias, debemos ter en conta que as actuacións das/os educadoras/es familiares tamén se deben dirixir a outros contextos e profesionais, incluso ás veces en maior medida, xa que a promoción da autonomía das familias, o seu desenvolvemento, integración social e o seu benestar, implica necesariamente a promoción de cambios noutros escenarios sociais e profesionais.

A participación doutras/os profesionais nas diferentes fases do proceso é igualmente un eixo fundamental. No que respecta especificamente aos servizos sociais comunitarios, entendemos que deben xogar un papel importante nas diferentes fases do proceso de acompañamento, sendo necesario promover o traballo en equipo na planificación, no seguimento e no peche das intervencións. En calquera caso, consideramos que a valoración da idoneidade do PEF é unha decisión que se deberá tomar conxuntamente polo equipo. A participación doutras/os profesionais do ámbito comunitario (centros saúde, educativos...) valorarase naquelas situacións en que se considere oportuno para facilitar unha resposta integral e integradora á realidade familiar, e de forma destacada naquelas en que houbo unha derivación previa pola súa parte. Cando a complexidade do caso o requira pode ser necesario contar coa axuda de supervisión interna e externa.

Establécense catro fases do proceso de acompañamento. Estas fases comportan unha secuencia circular, flexible e dinámica:

- Fase previa de valoración da idoneidade do programa.

- Fase inicial de construción da relación e da demanda.

- Fase de definición e desenvolvemento do proxecto de intervención familiar.

- Fase de peche da intervención e redefinición da relación.

A continuación definiremos detalladamente cada unha das fases, indicando os obxectivos, actuacións e previsión temporal.

1. Fase previa: detección, recepción e valoración de situacións de dificultade

Esta fase céntrase nas actuacións a desenvolver polo equipo de servizos sociais cando ten lugar unha nova demanda.

51

Page 52: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

A. Obxectivos:

- Detectar, de forma temperá, posibles situacións de dificultade.

- Verificar a existencia dunha situación de desprotección.

- Valorar a gravidade do risco e a necesidade de adoptar medidas de urxencia.

- Valorar a idoneidade do Programa de Educación Familiar.

B. Actuacións:

- Detección e recepción da demanda: o equipo de servizos sociais, segundo a súa organización interna, que debe salvagardar a perspectiva interprofesional, deberá determinar a forma e o procedemento de recepción das demandas no servizo. Diferéncianse cinco situacións en función da orixe da demanda:

o No propio equipo de servizos sociais.

o Por iniciativa da familia.

o Da cidadanía.

o A través de recursos da comunidade (centros educativos, centros de saúde, asociacións...).

o A través de recursos especializados de servizos sociais.

- Recollida de información:

1. Se a demanda procede da propia familia é necesario recabar e recoller por escrito a información pertinente que nos permita tomar unha decisión sobre a pertinencia do programa de Educación Familiar.

2. Se se deriva da cidadanía, se procederá do mesmo xeito que no punto anterior.

3. Se procede de recursos da comunidade, ou dos servizos sociais especializados é preciso desenvolver os seguintes pasos:

• Solicitar a demanda de derivación por escrito segundo o modelo que figura no anexo 3.

• Ampliar a información da persoa ou profesional que deriva, solicitando unha entrevista.

Tanto a cidadanía como as/os profesionais de recursos da comunidade teñen a obriga de denunciar pero tamén o dereito ao anonimato, segundo o artigo 22 da Lei 3/1997, galega da familia, da infancia e da adolescencia.

- Contacto coa familia: é importante unha boa planificación deste contacto e primeiro encontro xa que é un momento crucial que influirá na creación da relación de confianza sobre a que se asentará o proceso posterior. O equipo de servizos sociais deberá tomar as decisións sobre o mellor procedemento a seguir, tendo en conta os seguintes aspectos: a forma de contacto (teléfono, carta....), o espazo a empregar (centro de onde procede a demanda, centro de servizos sociais....), presencia doutros /as profesionais implicados, etc. En calquera caso, tratarase de crear un clima facilitador no que a familia se sinta ben acollida. Os obxectivos deste primeiro encontro son:

• Comunicar de forma clara e comprensible para a familia o motivo polo que foi citada.

• Recoller/estudar a valoración ou punto de vista da familia sobre a situación.

• Informar da función de apoio dos servizos sociais para mellorar a calidade de vida das

52

Page 53: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

persoas.

• En caso de haber unha derivación, explicitar a demanda doutro/a profesional e facilitar a aceptación da mesma.

• Comunicar a necesidade de requirir información doutros recursos, para o cal se solicitará a correspondente autorización, segundo o modelo que figura no anexo 2.

- Complementación da información: en caso de considerarse necesario, recabarase información doutras/os profesionais, membros da familia, e quen se considere en cada caso, coa finalidade de contrastar e complementar os datos que permitan determinar se existe ou non unha situación de desprotección ou dificultade. É preciso informar á familia da nosa responsabilidade como servizos sociais comunitarios para recabar aquela información que permita ter unha visión máis ampla da situación, así como dos seus dereitos e deberes. Todas as actuacións nesta liña deberán rexirse pola lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

- Valoración da idoneidade do PEF: independentemente de que a familia se dirixa directamente aos servizos sociais a solicitar axuda, ou de que haxa unha derivación dende outro recurso ou servizo, é imprescindible valorar no equipo de servizos sociais comunitarios os programas e/ou recursos máis axeitados a cada situación. En calquera caso a/o profesional responsable do PEF participará sempre na valoración da idoneidade do programa.En canto aos criterios para valorar a idoneidade do PEF, se fundamentarán nos contidos establecidos no Capítulo I do Programa Marco, na lexislación vixente para o establecemento de prioridades e no carácter educativo da intervención.

- Motivación e sensibilización da familia para a súa incorporación ao programa de educación familiar.

C. Previsión temporal

Recoméndase un espazo de tempo entre 15 días e 1 mes para recoller a información suficiente que permita facer a valoración da idoneidade do programa de Educación Familiar.

2. Fase inicial: construción da relación e da demanda

A fase inicial comeza cando a familia xa forma parte do programa, é o inicio do acompañamento. É unha fase de aproximación e toma de contacto, de exploración e de coñecemento mutuo, na que se deberá establecer as bases para a construción dunha relación de colaboración e confianza que permita desenvolver un traballo conxunto entre o/a educador/a e a familia. O rol do/a educador/a familiar céntrase na construción desta relación e o uso da empatía para traballar a motivación da familia. Outra das actuacións fundamentais desta fase será a avaliación inicial e a comprensión da realidade sociofamiliar, fomentando a colaboración da familia e a súa propia autoexploración. Neste momento, xa dentro do PEF se sentarán as bases para a posterior relación de colaboración e traballo conxunto. Esta fase remata coa definición conxunta da demanda entre a profesional e a familia, será o punto de partida para definir o plan de traballo de forma compartida.

A. Obxectivos:

- Coñecer á familia e o seu contexto vivencial, así como facilitar o autocoñecemento das familias.

- Identificar as situacións de vulnerabilidade que poidan ser obxecto dunha intervención educativa, analizando as potencialidades das familias, os factores fraxilidade, risco e protección.

- Co-construír a demanda, priorizando as actuacións.

- Potenciar e ampliar a motivación da familia polo proceso educativo: a motivación como

53

Page 54: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

resultado da interacción interpersoal e como vivencia de logros.

B. Actuacións:

- Contacto coa familia e primeiro encontro: trátase do primeiro encontro xa dentro do programa de Educación Familiar. Os obxectivos son:

• Crear un clima de confianza e seguridade.

• Informar sobre o PEF.

• Establecer un compromiso coa familia de participación no PEF.

• Informar sobre os dereitos e deberes das partes implicadas no PEF.

- Recollida de información para a avaliación inicial: ten por obxecto coñecer as capacidades e dificultades da familia e da realidade social na que se inscribe. Trátase de delimitar as circunstancias sociais, psicolóxicas e educativas nas que se encontra a familia, dende todos os ámbitos. Nesta avaliación tomaremos nota tanto dos factores de risco como dos factores de fraxilidade e de protección (ver anexo 4).

- Avaliación inicial e priorización de necesidades (expresadas, sentidas e non sentidas, aceptadas...): determinando os cambios que son necesarios para mellorar a situación sociofamiliar e a súa autonomía. Unha vez definidas as necesidades, a/o profesional ten que estimular á familia no proceso de priorización das mesmas, determinando por onde comezar a traballar, valorando os pros e contras (ver anexo 4).

- Devolución da avaliación inicial á familia: o obxectivo desta actuación é favorecer a apropiación do diagnóstico, expoñendo a situación analizada coa familia. Trátase de que a familia faga seu o diagnóstico e, polo tanto, que se sinta motivada para alcanzar os obxectivos que se constrúan conxuntamente, polo que é fundamental devolver a información recabada, empregando as estratexias oportunas en cada caso para favorecer a comprensión da mesma.

- Co-construción da demanda: Esta actuación é continua durante toda a fase inicial. Na medida en que a familia participa na avaliación inicial e se lle devolven os resultados da mesma, se vai redefinindo conxuntamente o contido da relación profesional de confianza que queremos construír coa familia, é dicir, a demanda. Nos casos nos que exista multidemanda, o/a educador/a familiar deberá priorizar aqueles contidos da demanda que son comúns, os valorados como de maior urxencia, ou co fin de construír unha demanda conxunta, así como manter informados a todos os axentes implicados no caso das actuacións que se están desenvolvendo dentro do programa.

C. Previsión temporal:

Recoméndase un tempo aproximado entre un e dous meses, o que equivale a tres ou catro encontros. En todo caso é importante dedicar o tempo necesario para o coñecemento mutuo, que permita iniciar un contexto de confianza para desenvolver o proceso educativo.

3. Deseño e desenvolvemento do proxecto de intervención familiar

A. Obxectivos:

- Definir o proxecto de acción socioeducativa entre o/a educador/a familiar e a familia.

- Delimitar os obxectivos da intervención a partir das demandas da familia.

- Desenvolver as actuacións deseñadas no proxecto de intervención.

- Acordar como se vai realizar o proceso de avaliación.

B. Actuacións:

54

Page 55: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Elaboración do proxecto de intervención sociofamiliar: entendido como un instrumento operativo que fundamenta, sistematiza e ordena a intervención socioeducativa global, e está orientado a priorizar e satisfacer as necesidades detectadas. O resultado desta planificación recollerase por escrito, tal e como figura no anexo 4.

- Implementación do proxecto de intervención: a familia, co apoio da/o profesional, e no marco dunha actuación coordinada e en rede, iniciará un proceso educativo que ten como finalidade o logro dunha maior autonomía.

- Avaliación continua (seguimento da intervención): farase unha avaliación centrada nos obxectivos do proxecto de intervención e no propio proceso. Os criterios mínimos de avaliación serán os seguintes:

• Adecuación do proxecto ás necesidades detectadas, ás demandas da familia e aos cambios que se produzan na súa traxectoria vital.

• Cumprimento dos obxectivos pactados.

• Adecuación dos tempos.

• Idoneidade das metodoloxías e estratexias planificadas.

• Cumprimento e coherencia dos compromisos e responsabilidades.

• Existencia de coordinación interprofesional e traballo en rede.

• Existencia de avaliacións externas.

C. Previsión temporal:

A temporalización da intervención vai depender da evolución da situación, dos cambios que se vaian producindo e de circunstancias sobrevidas. Recoméndase unha duración máxima da intervención entre 12 e 18 meses2.

4. Peche da intervención socioeducativa e redefinición da relación

Esta última etapa do proceso constitúe unha fase de afianzamento do cambio familiar producido e de consolidación da autonomía familiar.

A. Obxectivos:

- Avaliar a intervención socioeducativa desenvolvida, por parte do/a educador/a familiar, da familia e doutros profesionais.

- Reforzar a autonomía e preparar á familia para a finalización da intervención.

- Finalizar o proceso ou derivar a outro servizo.

- Redefinir a relación profesional.

- Reforzar as expectativas de futuro.

B. Actuacións:

O rol do/a educador/a familiar céntrase en preparar o peche ou derivación e en afianzar o crecemento persoal. Isto implica:

- Avaliación final:

2 O Informe do Valedor do Pobo (2007) fai esta mesma recomendación cando establece que os plans de traballo coas familias no momento inicial das medidas de protección han de ter obxectivos claros e avaliables nun prazo máximo de 18 meses.

55

Page 56: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

• Valoración, xunto coa familia, dos obxectivos conseguidos e do proceso.

• Avaliación dos recursos, medios, redes...

• Autoavaliación profesional.

• Autoavaliación da familia.

• Avaliación do profesional por parte da familia.

• Elaboración do informe final de avaliación.

- Derivación a outro servizo/recurso, en caso de ser necesario: ten que realizarse de forma escrita e presencial, e coa participación da familia.

- Despedida e peche: require a participación de todas/os as/os profesionais que interviñeron e de todos os membros da familia implicados, na decisión de finalizar a intervención, o que axuda a evitar distorsións e falsos peches (aínda que a decisión última corresponde ao equipo de servizos sociais comunitarios).

Entre os criterios a ter en conta para decidir a finalización dunha intervención, se atopan os seguintes:

• Ao valorarse polo equipo de profesionais o remate do proceso iniciado ou a inviabilidade do previsto. Neste caso pode precisarse a derivación a outros profesionais e/ou a redefinición do proxecto e profesional responsable.

• Cando se teñan conseguido os niveis básicos nos indicadores de referencia sinalados no proxecto.

• Cando revisado, reformulado o proxecto atendendo a unha avaliación continua, se valore profesionalmente a ineficacia desta iniciativa.

• Cando a familia decida prescindir da intervención profesional.

• Por cambio de domicilio a outro concello, prevéndose neste caso sempre que sexa posible o contacto cos equipos da zona para continuar coa intervención familiar.

• Calquera outra circunstancia que impida o desenvolvemento da intervención.

A formalización do peche pode incluír as seguintes actuacións:

• Recapitulación, síntese e afianzamento dos resultados acadados.

• Clarificación dos motivos de finalización.

• Valoración das dificultades que seguen existindo.

• Apoio á familia na adaptación aos cambios.

• Proxeccións cara o futuro, reflexión sobre as dificultades futuras segundo o ciclo vital, resaltando a capacidade da familia para resolvelas. Isto favorece a anticipación ante novas situacións de dificultade.

• Redefinición da relación profesional, posibilitándolle ás familias o seu dereito de acceso ao servizo cando o consideren preciso.

- Seguimento posterior á finalización: durante un período concreto sinalado conxuntamente coa familia.

56

Page 57: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

C. Previsión temporal:

Prevese un tempo total do acompañamento socioeducativo inferior a 24 meses para rematar un proxecto de intervención concreto. Isto non significa que se inicie outro proxecto coa mesma familia para abordar novos obxectivos non traballados ou acadados anteriormente.

4.3 A intervención socioeducativa grupal

A intervención educativa con grupos enténdese como unha actuación preventiva, de dinamización social ou de intervención. Pola súa especificidade, cómpre destacar a intervención con grupos naturais, xa que ten unha especial relevancia polas repercusión que ten a nivel preventivo. Así mesmo, é posible conformar grupos específicos en función das súas características ou problemática.

As funcións que desenvolve nestes espazos o/a educador/a son principalmente de orientación e dinamización. O/a educador/a pode acompañar o proceso de recoñecemento e uso dos recursos, de mediación, e facilitar que a persoa poida extrapolar as aprendizaxes e habilidades a outros contextos fóra do grupo. O grupo, pola súa parte, é o protagonista no desenvolvemento grupal. Do mesmo deben partir os obxectivos e as formas de relacionarse, aínda que, dependendo dos grupos que se establezan, poden estar máis ou menos dirixidos pola/o profesional.

Dentro da dinamización de grupos cobra moito interese a colaboración doutras/os profesionais, que poden asumir dous roles:

- Co-dinamizador/a: comparte a experiencia profesional coa persoa encargada da dinamización do grupo e complementa as actuacións.

- Observador/a: devolve a información das reunións do grupo, centrándose no proceso.

A. Obxectivos:

- Promover relacións interpersoais e redes de apoio.

- Dotar ao grupo de ferramentas para o seu crecemento.

- Facilitar que o grupos acaden os seus intereses e obxectivos.

- Potenciar os grupos como eixos de dinamización comunitaria.

O traballo educativo cun grupo desenvólvese dende a creación do mesmo ata o seu peche ou despedida. Na fase inicial hai unha etapa de inclusión das persoas e estruturación do grupo, na fase de proceso hai un desenvolvemento da participación e o afecto e a autoregulación do funcionamento do grupo, e na última fase prodúcese a disolución do mesmo.

B. Actuacións:

Fase inicial:

- Prospección, identificación e análise da demanda: tense que valorar quen fai a demanda, que é necesario coñecer é analizar (características do grupo, valores dominantes, comportamento, normas, roles, estatus, competencias, percepción do grupo polo entorno, factores de risco, etc.) e de que forma se pode obter a información (datos sistematizados, observación directa, etc).

- Valoración e priorización de necesidades: estudar cales son as necesidades expresadas, sentidas e aceptadas e elaborar un plan inicial de traballo.

- Análise e valoración de expectativas: ter en conta o grado de axuste entre as expectativas e as

57

Page 58: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

posibilidades e o plan de traballo elaborado.

- Informe de avaliación inicial: (conclusións do diagnóstico inicial) e devolución ao grupo.

Fase de proceso:

- Establecemento dos presupostos de traballo.

- Definición de: obxectivos, indicadores, previsión orientativa de tempos.

- Deseño e negociación do plan de traballo, co máximo de participación e aceptación por parte do grupo.

- Selección de estratexias, actividades e técnicas de traballo en grupo, que serán diferentes en función das características do grupo, do sector da poboación, etc.

- Previsión dos recursos materiais necesarios.

- Implementación e seguimento do plan de traballo: revisión e reformulación de estratexias e actividades, revisión e reformulación de obxectivos e acordos, análise da influencia do “curriculum oculto”, promoción de estratexias de regulación da acción en función deste análise, análise do contexto, etc.

- Elaboración dun informe de avaliación do proceso tanto do grupo como de cada suxeito.

Fase final ou de peche:

- A valoración dos obxectivos conseguidos, que inclúe os obxectivos alcanzados a nivel individual e grupal.

- A elaboración dun informe final de avaliación onde se recolla: o progreso e o resultado da intervención tanto do grupo como dos suxeitos, tendo en conta tamén os resultados conseguidos que non se tiñan previstos; a valoración do propio grupo e os puntos fortes e débiles da intervención.

4.4. A intervención socioeducativa na comunidade (ISC)

Segundo Ander Egg (1998: 33), "unha comunidade é unha agrupación ou conxunto de persoas que habitan un espazo xeográfico delimitado e delimitable, no que os membros teñen conciencia de pertenza ou de identificación con algún símbolo local e que interaccionan entre si máis intensamente que noutro contexto, operando en redes de comunicación, intereses e apoio mutuo, co propósito de alcanzar determinados obxectivos, satisfacer necesidades, resolver problemas ou desempeñar funcións sociais relevantes a nivel local".

Tendo en conta os elementos que configuran e dan sentido á ISC, e baseándonos nos marcos teóricos da Pedagoxía Social, Educación Popular e o Desenvolvemento Comunitario, enténdese a ISC como o conxunto de procesos de ensinanza-aprendizaxe que buscan promover cambios en favor do benestar colectivo da Comunidade e a través da participación efectiva da poboación, axentes sociais e recursos da comunidade.

Se un dos obxectivos fundamentais é o benestar da comunidade, entendemos que a propia comunidade é a que mellor coñece as súas capacidades, potencialidades e necesidades e que debe participar activamente durante todas as fases do proceso. Por iso, na Educación Familiar todos os proxectos coordinados que se poñan en marcha deben partir da importancia da participación das familias así como a promoción e incentivación das súas capacidades para a participación, sendo un dereito polo que debe velar todo o persoal que traballa nos servizos sociais comunitarios e entre eles, o persoal responsable dos PEF.

Para a posta en marcha dos proxectos de intervención comunitaria cómpre dispor, segundo a definición de áreas territoriais prevista no mapa galego de equipamentos e servizos sociais, de

58

Page 59: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

profesionais con dedicación específica a estas funcións.

En canto ao grao de participación da Comunidade no proceso de intervención comunitaria, destácanse tres niveis:

Grao de participación/empoderamento da comunidade

Orixe do proxectoParticipación durante o proxecto

Non hai participación nin proceso de cambio

Técnicos e/ou persoal político

Técnicos e/ou persoal político

Nivel de participación intermedio Técnicos e/ou persoal político

Técnicos e/ou persoal políticoA Comunidade

Nivel de participación activa dende unha posición de poder en igualdade cos outros axentes na toma de decisións

A Comunidade A ComunidadeTécnicos e/ou persoal político

Os contidos e actuacións dos proxectos de ISC relacionados coa Educación Familiar poden ser múltiples e variados. A comunidade, en colaboración cos axentes sociais, deben decidir os ámbitos da realidade comunitaria sobre os que lles gustaría incidir, priorizando as capacidades e necesidades da poboación e tendo en conta os recursos dos que dispoñen para levar a cabo os proxectos de ISC.

Tal e como se recolle no Capítulo I do Programa Marco para a Educación Familiar, entendemos que, no que respecta ao papel da/o técnica/o de EF no desenvolvemento de proxectos de ISC, os contidos poden ser:

- Dereitos e responsabilidades das familias.

- Promoción da participación comunitaria, a participación como medio e como fin.

- Promoción das capacidades educativas da Comunidade.

- Promoción da saúde.

- Promoción da igualdade.

- Promoción de redes de solidariedade e colaboración entre familias.

- Promoción de procesos de inserción sociolaboral.

- Promoción da vida cultural da Comunidade.

As actuacións do PEF en relación co traballo comunitario están principalmente enfocadas á prevención e á promoción da participación da Comunidade nos seu proceso de desenvolvemento. Serían:

- Información e sensibilización comunitaria sobre contidos que favorezan o benestar das familias e a súa autonomía: vida saudable, consumo responsable, lecer activo, prevención da violencia, bo trato á infancia, dereitos das familias, etc.

- Desenvolvemento de procesos educativos para potenciar as competencias dascomunidades sobre os contidos anteriores.

- Promoción de proxectos de Intervención Comunitaria como estratexia de prevención dentro do PEF.

- Dinamización da participación das familias na súa comunidade: coñecemento dos recursos e potenciación da participación activa no territorio, creación de redes sociais de axuda mutua, etc

59

Page 60: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Fases da elaboración de Proxectos de Intervención Socioeducativa na Comunidade:

Antes de adentrarnos nas fases que dan corpo ao proxecto de ISC queremos destacar o peso que ten neste tipo de procesos a participación da Comunidade (a través de asociacións, colectivos e grupos máis ou menos organizados) e dos diferentes axentes sociais, así como a necesidade de que sexan parte activa do proceso durante todas as súas fases. Entendemos o proxecto como o instrumento máis operativo do proceso de planificación, como un documento claro e coherente no que se sistematizan as actividades a realizar e se asignan responsabilidades para conseguir os obxectivos previstos. Debe incluír unha organización temporal, os recursos necesarios e as técnicas a empregar.

As fases do proxecto son: Diagnóstico - Planificación - Implementación - Avaliación

Avaliación inicial: é a fase previa á formulación do proxecto, na que se busca afondar sobre aspectos concretos da realidade da que formamos parte (neste caso, necesidades/capacidades socioeducativas principalmente) para adaptar o máximo posible os obxectivos e as actividades do proxecto á realidade que queremos transformar.

Esta fase implica as seguintes actuacións:

- Observación activa e participante en relación as necesidades socioeducativas das familias por parte da EF no desenvolvemento das súas funcións (Diagnóstico non planificado).

- Promover diagnósticos planificados e compartidos cos axentes comunitarios.

- Deseño, implementación e avaliación do proceso de diagnóstico.

- Elaboración do informe diagnóstico.

É fundamental a colaboración e implicación de todos os axentes dende o primeiro momento do proxecto.

Formulación do Proxecto: fase na que, en base ao diagnóstico anterior, debemos priorizar os obxectivos que queremos conseguir tendo en conta as nosas limitacións. Temos que describir de forma ordenada e coherente os pasos a seguir para dar resposta ás necesidades e/ou capacidades detectadas e reflectir nun documento escrito os elementos que configuran o proxecto. Como na fase anterior, é importante que a toma de decisións sexa compartida e participativa por todos os axentes implicados. Esta fase implica as seguintes actuacións:

- Priorizar os obxectivos a conseguir, en función do informe diagnóstico e dos recursos dispoñibles.

- Definir as actividades que nos permitan acadar os obxectivos.

- Previsión dos recursos, dos espazos e dos tempos de execución.

- Definir claramente as responsabilidades de cada un dos axentes sociais implicados no proxecto.

- Definir a estratexia e os criterios de avaliación.

- Redactar o Proxecto de Intervención.

Desenvolvemento: posta en práctica do proxecto atendendo a principios de flexibilidade e adaptabilidade. Para facilitar a posta en marcha é necesario que as actividades a realizar estean ben definidas, así como os recursos necesarios, os/as responsables da execución das tarefas e actividades, os tempos, os espazos e os indicadores de avaliación. Nesta fase de implementación é importante ter en conta a avaliación continua que nos permita reorientar o proxecto se fora necesario. Esta fase implica as seguintes actuacións:

- Poñer en marcha as actividades definidas no proxecto de intervención.

- Realizar avaliación continua durante o proceso de posta en marcha.

60

Page 61: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Avaliación: consiste na valoración das diferentes fases en función dos indicadores propostos. Polo tanto, non debe entenderse como unha actuación finalista, senón como un proceso continuo que nos acompaña durante todo o proxecto. Reflíctense no seguinte cadro os obxectivos, técnicas e produtos que se corresponden con cada fase:

FASES OBXECTIVOS TÉCNICAS PRODUTOS

Diagnóstico

- Afondar no coñecemento da realidade.

- Facilitar a adaptación das actividades as demandas da poboación.

- Técnicas de análise participativa (análise de redes, sociograma, DAFO

- Observación - Entrevista

Informe Diagnóstico

Deseño

- Priorizar os obxectivos - Definir de forma clara

e coherente os apartados do proxecto.

- Técnicas que faciliten a toma de decisións por parte do grupo

Proxecto de ISC

Desenvolvemento- Poñer en marcha as

actividades definidas no proxecto

- Técnicas de traballo en equipo

- Técnicas de programación e de preparación de proxectos

Avaliación continua

Avaliación

- Valorar o grao de consecución dos obxectivos definidos no proxecto

- Círculos comparativos- Diagramas de fluxo

Informe final

4.5 Instrumentos mínimos para a planificación, intervención e avaliación.

Os instrumentos para a planificación, intervención, sistematización e avaliación se recollen nos Anexos, e son os seguintes:

- Formulario de derivación.

- Acordo de colaboración.

- Instrumentos do plan de traballo familiar, que inclúe:

• Ficha familiar.

• Avaliación inicial.

• Proxecto de intervención.

• Avaliación continua.

• Rexistro de actuacións.

• Avaliación final.

- Informe sociofamiliar.

- Proxecto de intervención grupal.

61

Page 62: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo V. Coordinación e traballo en rede

5.1 Conceptualización da coordinación e traballo en rede

Segundo o Dicionario da RAE a coordinación significa "dispoñer as cousas metodicamente", é tamén "concertar medios, esforzos, etc... para unha acción común". Atendendo a esta definición no ámbito da acción socioeducativa con familias, a coordinación refírese ao proceso e o traballo de ordenar, acordar, pactar e convir entre varios axentes profesionais e/ou comunitarios un conxunto de esforzos, recursos, iniciativas e plans que nos conduzan á execución dunha acción común ou á consecución dun obxectivo común aceptado por todos e todas en relación aos diferentes proxectos de intervención individual, grupal e comunitaria coas familias

O traballo en rede, que comparte e inclúe os conceptos anteriores, supón un nivel superior de coordinación, entendéndose que ten como requisito imprescindible englobarse dentro dun plan de traballo conxunto, co compromiso e colaboración de todas as partes.

Polo tanto, cando falamos de coordinación e traballo en rede facemos alusión a procesos complementarios, sendo a primeira un paso previo necesario para o traballo en rede. Neste senso, concíbese a coordinación como unha metodoloxía no proceso de creación de redes, como un conxunto de relacións encamiñadas a acadar uns obxectivos comúns. É a capacidade de crear procedementos de entendemento mutuo, eficaces para desenvolver un programa e conseguir determinados fins.

É un proceso complexo e prolongado no tempo que implica a organización dun conxunto de fases e de iniciativas que serven para atoparse, desbloquearse e entenderse, requiren dunha reflexión máis aló dun encontro puntual e informal meramente informativo/consultivo e dunha linguaxe común e que “debe poder materializarse tamén nun programa ou nun plan de coordinación, pois do contrario pode verse reducida a un simple xogo de intencións pouco operativo” (Arnanz, 2003: 30).

Tanto a coordinación como o traballo en rede contribúen a achegar recursos ás familias dun xeito ordenado, evitar duplicidades, facilitar a comunicación coas familias; son imprescindibles naqueles casos en que converxen múltiples factores de risco, e son a base na que se sustenta a prevención e a detección das situacións de dificultade social de familias e infancias.

Polo que se refire á fundamentación legal da coordinación, é recoñecida como principio básico en diferentes textos normativos, así como tamén en diversos informes institucionais sobre políticas sociais. Nomeadamente, na Lei 13/2008, do 18 de decembro, de servizos sociais de Galicia, contempla, como obxecto da mesma, posibilitar a coordinación do sistema galego de servizos sociais cos demais elementos do sistema galego de benestar e coas políticas públicas sectoriais que incidan na mellora do benestar da cidadanía galega. Neste sentido, nos seus obxectivos prevé “a creación e desenvolvemento de instrumentos e mecanismos de relación interadministrativa que garantan unha actuación coordinada no eido do benestar social e da igualdade, tanto por parte dos diferentes departamentos do Goberno Galego que desenvolvan políticas públicas que incidan no benestar social, como co resto de administracións públicas e entidades integradas no sistema, sexan de carácter público ou privado" (art. 4.m). A propia estrutura dos servizos sociais en forma de rede (artigo 8), tamén incide neste principio de coordinación, para o que se establece, ademais (artigo 16): a continuidade dos niveis de actuación, seguindo criterios de complementariedade, acción coordinada e actuación conxunta; a definición dun único expediente social básico; e a incorporación de protocolos de derivación, información e colaboración, a fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.

A Lei 3/2007 galega da familia, da infancia e da adolescencia, entre os seus principios reitores tamén alude á "coordinación de actuacións con todo tipo de organismos e institucións, públicas ou privadas, que interveñan na protección, defensa e atención á familia, á infancia e á adolescencia, promovendo criterios comúns e actuacións múltiples nas ordes familiar, educativa, sanitaria, cultural e social” (art. 3.9).

A propia Orde de subvencións que regula o desenvolvemento de programas para a Educación

62

Page 63: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Familiar por parte das cooperacións locais, recolle, entre as funcións do persoal responsable do programa, a “coordinación con outros axentes que se relacionen coa familias dende outros ámbitos” (art. 5.2.h).

Os ámbitos da educación e da saúde tamén contan con normativa que empraza ao establecemento da coordinación ou, cando menos, á colaboración. Así, no Decreto 120/1998 do 23 de abril que regula a orientación educativa e profesional en Galicia e na Orde do 24 de Xullo de 1998 que desenvolve este decreto, con respecto ás funcións dos equipos de orientación específicos atribúenselles a de “colaborar con outros servizos educativos e sociais, no ámbito das súas competencias”. Pola súa banda, na Lei 8/2008 de saúde de Galicia, o artigo 136.3 refire o seguinte: “neste sentido a Consellería de Sanidade promoverá a cooperación e a coordinación co Sistema Galego de Servizos Sociais, para que a atención ás circunstancias e necesidades sociais e máis as accións de prevención e asistencia sanitaria se complementen de forma axeitada. Igualmente, fomentará actuacións integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidade, discapacidade ou outras nas que a cooperación dos dous sistemas comporte vantaxes sociais e asistenciais”.

En conformidade co articulado en ambas as dúas leis, é necesario que, tanto a Consellería de Educación como a de Sanidade, velen para que os/as seus/súas profesionais cumpran debidamente con estas funcións.

Se ben observamos unha evidente coincidencia nas distintas disposicións legais, en canto á consideración da necesidade de coordinación, e mesmo da súa obriga por parte das distintas administracións, a coordinación e o traballo en rede continúan a ser grandes retos para as entidades e os servizos presentes no territorio, existindo múltiples trabas e ameazas que dificultan a súa práctica cotiá. Así o recoñece o Valedor do Pobo no seu informe do ano 2007 cando empraza á Administración autonómica e local a que "desenvolvan dispositivos que permitan a detección precoz das situacións de risco e de desprotección, de forma que se poda levar a cabo unha pronta intervención. Isto esixe potenciar os servizos asistenciais de base dos concellos, coordinalos cos servizos especializados autonómicos, rapidez na toma de decisións, maior e mellor implicación doutros axentes sociais, educativos, sanitarios, policiais e xudiciais” (Valedor do Pobo, 2007: 41).

5.2 Axentes implicados: contidos da coordinación

Todos os axentes da comunidade e servizos especializados son importantes na prevención e promoción da protección ás familias e ás infancias, sendo imprescindible definir que actores interveñen e que competencias ten cada un antes de comezar o proceso. Neste sentido, é necesario delimitar e acordar entre as partes o sistema de coordinación, é dicir: os contidos da relación, os niveis, as estratexias e os instrumentos da coordinación e do traballo en rede.

Así mesmo, como requisito da coordinación, a relación profesional entre os diferentes axentes non debe ser arbitraria, circunstancial ou puntual; pola contra, debe enmarcarse nos códigos deontolóxicos de cada profesional, e respectar especialmente os principios de profesionalidade e información responsable, honesta, veraz e confidencial, indicados no apartado de ética profesional do bloque II. Outros requisitos que se deben cumprir para favorecer un traballo coordinado e en rede, son:

- Respecto mutuo entre as e os profesionais.

- Definición e delimitación das responsabilidades na toma de decisións entre os equipos que se coordinan.

- Formalización da relación de coordinación a través de xuntanzas periódicas.

- Equiparación profesional na toma de decisións dentro do equipo (no que respecta aos equipos de servizos sociais comunitarios).

- Existencia de expedientes familiares únicos e compartidos tanto en soporte físico como dixital (no que respecta aos equipos de servizos sociais comunitarios).

63

Page 64: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Delimitación dos obxectivos, funcións, contidos e procedementos de traballo.

Presentamos a continuación unha proposta inicial que terá que ser consensuada conxuntamente e que estará suxeita a cambios en función da aparición de novas necesidades.

A. A coordinación nos servizos sociais comunitarios básicos

Independentemente da estrutura organizativa e de coordinación que estableza cada administración titular do servizo (que pode determinar diferentes formas de acceso ao servizo e aos programas que contemple, así como diversos mecanismos e sistemas de coordinación entre os e as profesionais que desenvolven os programas básicos de actuación), esíxese na lei o seu funcionamento como equipo de traballo interdisciplinar.

O Programa de Educación Familiar é un servizo comunitario máis, polo que, aínda que exista un/unha profesional de referencia, existen responsabilidades compartidas que é necesario definir e sistemas de coordinación que é necesario consensuar para mellorar a calidade das intervencións. Así mesmo, a profesional encargada do desenvolvemento do PEF está plenamente integrada no equipo de servizos sociais comunitarios, polo que comparte as funcións definidas na Lei e relacionadas co estudo e diagnóstico social, a elaboración de plans de intervención comunitarios, a detección precoz, etc., sempre no que respecta á intervención socioeducativa con familias.

Algúns contidos sobre os que se centrará a coordinación poden ser:

- Posta en marcha de proxectos comunitarios e grupais.

- Exercicio conxunto do liderado na promoción do traballo comunitario e da participación das familias no exercicio dos seus dereitos.

- Elaboración, seguimento e valoración de plans de traballo cos diferentes membros da familia e coa familia no seu conxunto.

B. A coordinación cos servizos sociais comunitarios específicos

Os servizos sociais comunitarios específicos (Oficinas I+B, CIM, Unidades de Condutas Aditivas, entre outras) teñen como funcións principais o desenvolvemento de programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables así como a atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que se realicen en medio aberto (LO 2007, art.13). Atendendo a estas funcións os contidos da coordinación entre os servizos sociais comunitarios básicos e específicos poderían ser:

- Plans de traballo individuais e familiares:

• Detección e prevención de situacións de risco ou de exclusión social.

• Recepción e análise das demandas de persoas en situación de risco e /ou dificultade social.

• Elaboración, seguimento e avaliación do plan de traballo socioeducativo individual e familiar.

• Colaboración e mediación nas propostas de derivación parcial ou total a outros recursos e servizos especializados.

- Programas e proxectos de prevención de carácter grupal e comunitario:

• Detección temperá das necesidades educativas nas familias.

64

Page 65: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

• Análise, promoción, desenvolvemento e avaliación dos proxectos de intervención sociocomunitaria.

• Promoción da organización e dinamización da comunidade para a sensibilización, prevención e a resolución de situacións de risco ou dificultade social.

C. A coordinación cos equipos e recursos especializados

Os recursos e servizos especializados, segundo reza a Lei de servizos sociais de Galicia, están referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal. No caso das actuacións con familias estes poden ser Equipos Técnicos do Menor, Equipos ENMA, Equipos de Integración Familiar, Gabinetes de Orientación Familiar, Centros de día, Centros de protección de menores, Centros reeducativos, Equipos de Medio Aberto, Programa MENTOR, etc.

A Lei de servizos sociais de Galicia esixe tanto a continuidade e complementariedade das actuacións nos diferentes niveis, como a coordinación entre os servizos sociais especializados e os comunitarios; no caso dunha derivación de menores en situación de risco grave esta cuestión ten especial relevo ao considerar que as súas familias continúan a vivir no seu contorno, e o traballo dos servizos especializados debe estar intimamente vinculado ao dos servizos comunitarios. É importante, pois, contar con instrumentos e protocolos de coordinación para establecer abordaxes comúns. Os contidos sobre os que se pode asentar a coordinación serían:

- Contraste e valoración inicial da situación familiar entre os diferentes servizos implicados.

- Elaboración de plans de traballo conxuntos coa familia: delimitación de competencias e responsabilidades.

- Análise da evolución do plan de traballo.

- Comisións de asesoramento e seguimento conxunto.

- Distribución de responsabilidades en situacións de derivación total.

Tal e como recomenda o Informe do Valedor do Pobo (2007), a viabilidade da coordinación pasa por dotar aos equipos técnicos do menor de máis medios materiais e humanos, así como garantir a súa estabilidade, tendo en conta a mobilidade actual dos postos de traballo.

D. A coordinación cos centros educativos

Os espazos educativos son, pola súa natureza, un lugar fundamental tanto para a detección de situacións de dificultade como para a promoción de persoas comprometidas, solidarias e integradas socialmente. Son unha escola de cidadanía no seu sentido máis amplo. A coordinación entre o equipo de Servizos Sociais Comunitarios e os profesionais dos centros educativos poderá versar sobre os seguintes contidos:

- Proxectos de prevención en relación a diferentes contidos.

- Proxectos de educación en valores dirixidos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e pais e nais).

- Promoción dos dereitos da infancia.

- Proxectos que fomenten a relación familia-escola-comunidade.

- Establecemento de protocolos de detección, derivación e actuacións conxuntas ante situacións de dificultade social, violencia de xénero, etc.

65

Page 66: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Definición de plans de traballo familiares conxuntos cos servizos sociais.

- Evolución da escolaridade e abordaxe das situacións de absentismo escolar.

E. A coordinación cos centros sanitarios

Os centros sanitarios, xa sexan de atención primaria ou especializada, centros de saúde, hospitais comarcais ou provinciais, dedican o seu labor á promoción e protección da saúde, baseándose, para elo, nun modelo de saúde centrado na cidadanía, tal e como se recolle no preámbulo da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. En tanto que receptores das demandas de atención sanitaria e tendo en conta as súas funcións de prevención a través do control dos estados de saúde, son lugares privilexiados para a detección precoz de situacións que poden repercutir negativamente na saúde e no contorno dos membros dunha familia, e especialmente dos máis pequenos.

Neste senso, o traballo de prevención nos contextos familiares pode constituír un obxectivo común cos servizos sociais comunitarios. Outros posibles contidos sobre os que podería pivotar o proceso de coordinación serían:

- Proxectos de prevención en relación a diferentes contidos.

- Proxectos de promoción da saúde comunitaria.

- Promoción de competencias parenterais no coidado da saúde.

- Itinerarios de protección infantil: detección e derivación de situacións de maltrato e abandono dos/as menores de idade.

- Detección de situacións de violencia de xénero.

- Definición de plans de traballo familiares conxuntos cos servizos sociais.

- Evolución sanitaria dos membros das familias do PEF.

F. A coordinación coas entidades de iniciativa social

A iniciativa social non lucrativa xogou de sempre un papel fundamental no traballo a favor da mellora das condicións de vida e benestar das comunidades, en especial, en situacións de maior conflitividade social; deste xeito, este sector ven de contribuír e configurar unha parte importante do ámbito dos servizos sociais. Xa na Lei de Servizos Sociais se inclúe a promoción da iniciativa social, favorecendo, así, a activación da cidadanía en facer unha sociedade máis participativa e corresponsable, promovendo a cooperación social.

No contexto comunitario existen iniciativas de diversa índole que participan e colaboran coas familias, dende as ANPAs e as Asociacións de veciños, ata outras asociacións de carácter social vinculadas ao traballo social con diversos colectivos: CARITAS, Cruz Vermella, Fundación Preescolar na casa, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Meniños, por citar só algunhas das máis relevantes. Cómpre establecer unha coordinación entre todas elas e aunar esforzos e responsabilidades que permitan dar respostas profesionais, articuladas e máis eficaces, sobre todo, con aquelas coas que distintas administracións teñen establecidos convenios para o desenvolvemento de programas e servizos que son de responsabilidade pública.

Os contidos comúns sobre os que se pode traballar serían:

- Proxectos comunitarios conxuntos.

- Proxectos de intervención grupal con familias.

- Itinerarios de protección infantil: detección e derivación de situacións de maltrato e abandono dos/as menores de idade.

66

Page 67: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Plans de traballo coas familias.

- Comisións de seguimento.

5.3 Niveis de coordinación e de traballo en rede

A coordinación pódese establecer en relación aos diferentes niveis da intervención familiar: individual-familiar, grupal e comunitaria. Ademais, en cada un destes niveis existen diferentes graos de coordinación en función da súa finalidade, dos contidos e dos compromisos adquiridos por cada axente. Neste senso, distínguense varios niveis de coordinación:

- Nivel informativo: referido á comunicación que se establece entre profesionais e entidades co único obxectivo de informar dunha situación familiar.

- Nivel consultivo: neste caso, ademais de intercambiar información, os profesionais establecen mecanismos comúns de orientación e suxestións para a mellora das situacións familiares.

- Nivel proxectivo: esixe ter un proxecto de traballo conxunto que supón responsabilidades e poder na toma de decisións por parte dos diferentes axentes.

5.4 Fases do proceso de coordinación e traballo en rede

O mundo actual está exposto a continuos cambios sociais, políticos, cambios nos modelos familiares, novas necesidades e demandas, etc., aos que os diferentes profesionais deben dar resposta, ideando novas formas de traballar, orientadas cara a creación de redes de traballo interprofesionais e cidadás.

Estes novos modelos de traballo implican unha maneira diferente de entender o rol profesional e cidadá; así como superar a idea de coordinación para pasar á construción conxunta de proxectos centrados na idea de cooperación e corresponsabilidade.

Segundo Ballester, et al. (2002: 3), as condicións necesarias e os pasos que se deben dar na construción dun proceso de coordinación e traballo en rede serían:

1. “Crear unha comisión para a articulación da rede ou da coordinación, un grupo promotor.

2. Contar co apoio das organizacións.

3. Existencia de normas para garantir o funcionamento democrático.

4. Crear acordos escritos: protocolos, proxectos”.

Partindo destas condicións, sinálanse a continuación as fases que podemos ter en conta para o desenvolvemento dun proceso de coordinación e de creación de redes no traballo socioeducativo con familias.

Primeira fase: identificación e sensibilización dos axentes

Tal e como afirma Balado (2008) para iniciar un proceso de coordinación é preciso que exista un recoñecemento mutuo, unha exploración e uns acordos sobre os obxectivos que pretendemos acadar, o que pode aportar cada parte, avanzando paso a paso.

Esta primeira fase é común tanto para o inicio dun proceso de coordinación como de traballo en rede, posto que está centrada no coñecemento dos axentes cos que se desexa establecer un traballo conxunto, así como dos seus cometidos e funcións principais. É preciso, pois, identificar estes axentes no territorio e establecer as bases para promover o recoñecemento mutuo, consistente no achegamento entre as distintas partes, departamentos, profesionais, etc., entre os que se desexa iniciar o proceso.

67

Page 68: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Ademais de analizar a realidade territorial, na maioría dos casos é necesario partir dun traballo de sensibilización, a través de estratexias de información e/ou formación dos distintos axentes da comunidade. Durante a mesma se motivará sobre a necesidade da coordinación e do traballo en rede co obxectivo de facilitar o coñecemento entre os diferentes axentes e a explicitación dos compromisos de cada un para que funcione este modelo de traballo.

Segunda fase: Constitución do traballo coordinado e en rede

O segundo momento céntrase na definición dos procedementos necesarios para a coordinación e o traballo en rede, así como na explicitación dunha linguaxe común que permita que todas as partes entendan o mesmo ao empregar determinados conceptos, e que a comunicación sexa efectiva e fluída.

Os procedementos son diferentes segundo nos refiramos a coordinación ou a traballo en rede:

Coordinación:

- Celebración dunha primeira xuntanza de coordinación na que se expliciten as competencias e obxectivos de traballo entre as partes ou profesionais que se pretenden coordinar, e que facilite a utilización dunha linguaxe compartida.

- Elaboración dun acta de xuntanza onde se recollan os temas abordados e as responsabilidades de cada parte, temporalizando as tarefas e as funcións.

- Definición dos mecanismos de coordinación que poden abranguer dende contactos telefónicos periódicos ata aqueles máis definidos e estruturados en base a definición de procedementos e protocolos de actuación coordinada.

Traballo en rede:

- Creación dunha Mesa de traballo en rede que responda ás demandas dos axentes; definición das persoas integrantes da mesma, e reparto de responsabilidades, entre as que se atopa a de dinamización do proceso.

- Elaboración dun acta conxunta de constitución, na que se recollan: os organismos ou axentes que forman parte da mesa; os acordos establecidos; o para que ou finalidade da articulación da rede; e os obxectivos, para poder crear un modelo de traballo en común.

- Realización dunha análise das potencialidades e necesidades dos territorios a modo de diagnose común, na que centrar os posibles proxectos de traballo en rede. Isto require dun esforzo por parte dos/as representantes das entidades ou dos axentes, co fin de optimizar o diálogo e a exposición de ideas buscando o maior respecto polas diferenzas.

A metodoloxía de traballo que se pode utilizar para esta análise conxunta da realidade concrétase, entre outras, nas seguintes técnicas: a DAFO, os ECOMAPAS, o CIRCULO DE COMPARACIÓN (Benchmarking) e o TRABALLO EN EQUIPO. Estás técnicas permítennos analizar a realidade, os recursos e as súas relacións, e iniciar a fase produtiva do traballo en rede para dar paso a construción de protocolos e proxectos.

- Esta diagnose debe quedar recollida nun documento onde se definan as alternativas a traballar, atendendo á viabilidade das mesmas, aos recursos cos que se conta, ou ben á posibilidade de obtelos, considerando tanto as capacidades materiais e de xestión de cada unha das entidades ou axentes participantes, e sentando as bases sobre os acordos iniciais, formulando as propostas de traballo conxunto e priorizando os contidos sobre os que se vai centrar o traballo en rede.

68

Page 69: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Terceira fase: Desenvolvemento da coordinación e do traballo en rede.

Identificados os axentes, e definidos os procedementos de coordinación e traballo en rede, darase paso ao desenvolvemento da coordinación ou do traballo en redes, segundo o acordado polas partes. No caso da coordinación, as relacións establecidas entre as partes desenvolveranse só nos niveis consultivo e informativo, pero non no nivel proxectivo, mentres que no traballo en rede a coordinación enmarcarase nun proxecto colaborativo que implica o compromiso e a participación horizontal de todos os axentes e que se concreta no deseño de proxectos articulados ou conxuntos que poderán estar en relación aos diferentes niveis de intervención na Educación Familiar.

Tanto cando se fala de coordinación como de traballo en rede, se debe garantir un apoio institucional para que os acordos e a toma de decisións teñan maior consolidación e alcance, garantindo a súa permanencia no tempo e imprimíndolle un carácter formal que permita acadar resultados a curto, medio e longo prazo.

Neste terceiro momento é onde se materializa a coordinación, é o nivel máis concreto en que se dinamizan os espazos de coordinación, de execución e consecución dos proxectos coas familias ou das actuacións de cada axente pactadas nos protocolos (sexa sobre casos concretos ou noutros niveis de intervención).

As metodoloxías fundamentais son as de PROTOCOLOS de actuación coordinada para o caso do proceso de coordinación e do traballo en rede, e a metodoloxía por PROXECTOS para o caso do traballo en rede. Esta última, pola súa importancia para a Educación Familiar, recóllese expresamente no punto 4.

Avaliación continua do proceso de coordinación e traballo en rede

Como un indicador de calidade dos programas de intervención, a avaliación debe formar parte de todo o proceso; máis aínda nos procesos de creación de redes e estratexias de coordinación, pois supoñen, en base aos resultados avaliados e a consecución dos obxectivos, o poder avanzar nas sucesivas fases do proceso anteriormente exposto.

A avaliación integral da execución dun programa de coordinación debe comprender dende a valoración sobre como se desenvolveu a análise da realidade territorial e a priorización das necesidades detectadas (1ª fase do proceso), e en función das cales se deseñou o proxecto de coordinación e de traballo en rede, ata os resultados e o posible impacto do programa (cumprimento dos obxectivos da coordinación), pasando pola análise do deseño, a xestión do proceso e o seu desenvolvemento.

De forma xeral os criterios que deberán servir de marco referencial da avaliación serán os seguintes:

- Identificación de dificultades no proceso de diagnose.

- Adecuación da metodoloxía ós obxectivos previstos.

- Consecución dos obxectivos.

- Participación das persoas implicadas.

- Satisfacción das persoas implicadas.

- Idoneidade da temporalización.

- Relevancia e impacto do proceso de coordinación xerado.

69

Page 70: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Capítulo VI. REQUIRIMENTOS MÍNIMOS

Os requirimentos responden á necesidade de dar cumprimento por parte da entidade contratante e do persoal da mesma, daqueles aspectos mínimos indispensables para o desenvolvemento das actuacións específicas do posto de traballo. Diferenciamos entre recursos e ratios mínimas.

6.1 Recursos

Tecnolóxicos:

- Ordenador co software e hardware básico

- Impresora

- Conexión a Internet

- Conta de correo electrónico

- Dispoñibilidade de teléfono fixo e móbil

- Dispoñibilidade de fax

- Fotocopiadora

Materiais:

- Despacho propio que conte con mobiliario básico: cadeiras, mesa, ...etc. tamén deberá posuír as condicións mínimas de habitabilidade.

- No caso de non contar con despacho propio, ter a posibilidade de uso dalgún no cal poder realizar accións personalizadas.

- Material funxible: bolígrafos, lápices, folios...etc.

- Materiais didácticos e documentais, aplicacións informáticas e xogos educativos.

- Documento Programa municipal de Educación Familiar.

Económicos:

- Dispoñer dunha partida orzamentaria propia para realizar diversas actuacións relacionadas coa intervención socioeducativa con familias, e tamén para a compra de material específico e promoción e/ou divulgación.

- O concello deberá contemplar axudas de custo destinadas a sufragar desprazamentos relacionados co posto de traballo, tanto a nivel concreto das actuacións propias do posto, como para destinar a formación específica.

6.2 Ratio de familias por profesional

A ratio de familias dependerá da intensidade do apoio que se preste e/ou da fase en que se atope o proceso de intervención. En calquera caso, para o desenvolvemento dun proceso de calidade tal e como foi descrito, non deberá ser superior a 15 familias por educador/a familiar, contemplando que a/o profesional está contratada/o a xornada completa e con dedicación exclusiva ao programa.

Así mesmo, se deberán ter en conta os seguintes criterios á hora de concretar a ratio establecida para cada concello:

- Número de habitantes.

70

Page 71: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- Grao de dispersión da poboación.

- Grao de densidade da poboación.

- Rede de comunicacións no concello.

- Recursos dispoñibles no concello e existencia de equipos multiprofesionais.

- Realidade socioeconómica.

- Tamaño e composición das familias.

- Complexidade das situacións familiares.

A proposta de ratio máxima por educador/a familiar só se contemplará cun contrato a xornada completa e non se terá en conta a dedicación a outros programas dentro dos servizos sociais.

En canto ao volume de asesoramentos puntuais, considérase que son unha cuestión dependente da organización do servizo, debendo determinarse un número de horas á semana para os mesmos.

71

Page 72: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Bibliografía

• Ander-Egg, E. (1998): Metodología y práctica del desarrollo comunitario (Vol.1) ¿Qué es el desarrollo de la comunidad? Buenos Aires: Lumen-Humanitas.

• Arnanz, E. (2003): “Coordinación y acción voluntaria”. Colección A fuego lento, 6. Madrid: Plataforma para la promoción del voluntariado en España.

• Balado, X. e Fernández, M (2008): “A coordinación dos apoios ás crianzas. O traballo en rede”. Conferencia Internacional A detección precoz nas escolas infantís. Programa A tempo. Santiago de Compostela, 12-13 de decembro de 2008.

• Ballester, L.; Orte, C.; Oliver, J. L. e March, M. X. (2002): Metodología para el trabajo socioeducativo en red. Universidad de las Islas Baleares.

• Llena, A. e Parcerisa, A. (2008): La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona: Graó.

• Mañós, X. e Lorente, Q. (2003): “L'acompañyament i l'educador social”. En J. Planella e J. Vilar (Coord.), L'educació social: reptes, perspectives y camins. Barcelona: Pleniluni.

• Morin, E. (2001): Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Barcelona: Paidós.

• Planella, J. (2008): “Educación social, acompañamiento y vulnerabilidad”. Revista Iberoamericana de Educación, 46/5. http://www.rieoei.org/deloslectores/2358Planellav2.pdf

• Valedor do Pobo (2007): Informe Extraordinario. Menores Vulnerables: Desprotección e responsabilidade penal. A Coruña.

72

Page 73: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXOS

Page 74: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Anexo 1: Glosario

ACTITUDES PARA A COORDINACIÓN: a coordinación non se asenta só en concepcións teóricas de necesidade; é ademais unha cuestión de técnicas (ferramentas, habilidades e destrezas, métodos e sistemas de coordinación aprendidos) e de actitudes, sendo estas últimas imprescindibles para que se de a coordinación. Por iso é algo moi complexo; porque non é só unha cuestión técnica que se aprenda en sesións de formación ou en mesas de debate, senón que ten que ver co noso mundo de valores e coas nosas individualidades persoais e profesionais (coas nosas predisposicións).

AVALIACION DE NECESIDADES E RECURSOS: Determinación do nivel de competencia das/os usuarias/os (situación de partida). Debe concretarse en indicadores. En xeral, o termo indica a análise e determinación dunha situación sobre a base de informacións, datos e feitos, recollidos e ordenados sistematicamente.

AVALIACION DE RESULTADOS-EFICACIA: Avaliamos o produto e os logros, o impacto, se conseguimos ou non os obxectivos ou en que medida; en definitiva se estamos sendo eficaces. Eficacia: grao de consecución dos resultados previstos. Podemos estar facendo ben o previsto, ser eficientes, e non ser eficaces, non conseguir os obxectivos. Podemos ternos equivocado na análise...

AVALIACION DO PROCESO-EFICIENCIA: Avaliamos o como, non os resultados, se o estamos facendo ben (eficiencia): se cada axente do proxecto está realizando ben as súas tarefas, se os recursos son suficientes, se andamos ben de prazos, se funciona a coordinación,..., ou simplemente pensamos como poderiamos facelo mellor. Eficiencia: desenvolvemento das tarefas de maneira que se alcancen os resultados perseguidos co menor gasto de recursos (os indicadores custo-beneficio, ou mellor falando de acción social, custo-eficacia son unha medida da eficiencia).

AXENTES: son todos os recursos humanos que interveñen no proxecto. As/os usuarias/os tamén son axentes (dicimos que queremos que sexan protagonistas, axentes, do seu propio cambio).

CAPACIDADES: atributos das persoas, que se desenvolven pola integración e acumulación de aprendizaxes significativas.

CÓDIGO DEONTOLÓXICO: conxunto de normas e deberes dirixidos a un colectivo de profesionais para guiar o exercicio da súa profesión dende unha perspectiva ética.

COMPETENCIA PROFESIONAL: Conxunto de capacidades, habilidades e destrezas para desenvolver as funcións asignadas ao posto de traballo.

COORDINACIÓN: comprende o proceso e traballo de ordenar, acordar, pactar e convir entre varias partes un conxunto de esforzos, recursos, iniciativas e plans que nos conduzan á execución dunha acción común ou á consecución dun obxectivo aceptado por todas as partes implicadas.

CUALIFICACIÓN PROFESIONAL: conxunto de competencias profesionais con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral.

ENCARGO: Información relativa ao programa proxecto que o acouta inicialmente e dotación de recursos. A información pode concretar todos os elementos do programa ou proxecto. Habitualmente delimítase o obxecto (finalidade e destinatarias/os), o territorio, os obxectivos xerais... O encargo provén habitualmente da Administración e da propia organización.

ESTRÉS LABORAL: É o desequilibrio percibido entre a demanda e a capacidade de resposta do traballador/a. Segundo esta definición, produciríase estrés cando o traballador/a percibe que as demandas do entorno superan as súas capacidades para afrontalas, ademais, valora esta situación coma ameazante para a súa estabilidade.

FUNCIÓNS: conxunto de tarefas de carácter particular relativas ao desempeño da práctica diaria propia de servizos e equipamentos específicos.

74

Page 75: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

IMPACTO: Efectos ocasionados pola intervención, previstos ou non, desexados ou non.

NIVEIS DE COORDINACIÓN: graos diferentes de intensidade no proceso de coordinación que se poden percorrer, o paso por cada un dos niveis supón a interiorización do paso anterior sen o cal non se podería avanzar.

PERFIL PROFESIONAL: conxunto de competencias profesionais con valor e significación para un posto de traballo.

PLAN: Orientacións, estratexias e recursos a habilitar a longo prazo para desenvolver unha intervención cun colectivo numeroso (por exemplo, todo un sector de poboación), respecto dun obxectivo de gran alcance e nun territorio amplo.

PLANIFICACION: organización racional dos recursos e a información dos que dispoñemos de cara a obter os fins que nos marcamos.

PROCESO: Operacións realizadas sobre a información e os recursos para alcanzar os resultados previstos.

PROCESO DE COORDINACIÓN: conxunto de fases sucesivas de encontro, desbloqueo, organización de reunións e superación de niveis que deben ir pasando os membros dun equipo de intervención, ou as entidades que interveñen nun mesmo contorno comunitario, para ir conseguindo pouco a pouco unha maior e mellor coordinación.

PRODUTO: Actividades realizadas, informes (información), recursos xerados.

PROGRAMA: Conxunto de proxectos relacionados e coordinados entre si sobre a base da consecución dun obxectivo.

PROGRAMACION: Deseño do proxecto concreto que imos levar a cabo.

PROXECTO: Conxunto de actividades estreitamente unidas e organizadas en base á consecución duns obxectivos.

RECURSOS: Ferramentas, instrumentos, axentes, cos que contamos para levar a cabo o programa ou proxecto. Poden ser recursos humanos ou materiais (estes inclúen as tecnoloxías dispoñibles).

REQUERIMENTOS BÁSICOS OU FUNDAMENTAIS: condicións indispensables sen as cales será imposible un rendemento óptimo no posto de traballo.

RISCO: Conxunto de condicións que potencialmente poden ocasionar dano ou accidente.

SECUENCIACION E TEMPORALIZACION: son aspectos relacionados coa dimensión temporal. Cando queremos establecer o tempo que suporá o desenvolvemento dunha tarefa, unha actividade, un proxecto,..., debemos establecer primeiro a secuencia de actividades (cal é a súa orde, cal depende de cal) e despois fixar o tempo de cada tramo e o tempo total tendo en conta a dependencia entre tarefas (isto é, realizar un cronograma).

SÍNDROME DE BURN-OUT: ou síndrome de estar queimado polo traballo (SQT): resposta ao estrés laboral crónico composto por actitudes e sentimentos negativos cara as persoas coas que se traballa e cara o propio rol profesional, así como pola vivencia de atoparse emocionalmente esgotado. Esta resposta ocorre con frecuencia nos profesionais da saúde e, en xeral, en profesionais de organizacións de servizos que traballan en contacto directo coas persoas usuarias da organización.

TÉCNICAS: son actividades ou tarefas complexas que esixen un dominio (capacidades e coñecementos especializados). Falamos de técnicas de avaliación de necesidades, técnicas de dinámica de grupos, etc.

TAREFA: fase de traballo que ten un principio e un final determinados, un tempo concreto de realización, un número preciso de operacións, un método concreto de realización e supón, nalgúns casos, o uso de instrumentos e ferramentas para a súa execución.

75

Page 76: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXO 2Modelo de

Acordo de colaboración

76

Page 77: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ACORDO DE COLABORACIÓN3

(Nome e apelidos), educador/a familiar do concello de (nome do concello), e (nome e apelidos)4, adoptan conxuntamente os seguintes acordos para o desenvolvemento do proxecto de intervención familiar:

ACORDAN os seguintes compromisos e normas de relación:

Por parte do/a educador/a familiar:• Garantir a confidencialidade e privacidade sobre as actuacións que se leven a

cabo.••

Por parte da familia5

• Autorizar a/o educador/a familiar a intercambiar información cos profesionais implicados no proxecto, sobre todo no ámbito educativo e sanitario.

••

Por ambas partes6:•••

Para que así conste aos efectos oportunos

(Lugar e data)

Sinaturas7

3 Conforme   á   LOPD   15/1999   a   información   do   presente   acordo   é   confidencial   e   só   será   empregada   para   o desenvolvemento do proxecto de  intervención  familiar.  Os datos  facilitados pasarán a  formar  parte  dun  ficheiro declarado ante a Axencia Española de Protección de Datos. A persoa usuaria poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, de rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos pode realizarse mediante comunicación escrita ao seguinte enderezo postal (engadir enderezo do concello)

4 Indicar os nomes e apelidos de todos os membros da familia que participen do acordo.5 Se é oportuno, diferenciar os acordos para cada membro da familia.6 Espazos, temporalización, forma de convocatoria, forma de revisión do acordado, consecuencias de incumprimento 

por ambas partes...7 Tantas sinaturas como persoas implicadas no acordo.

77

Page 78: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXO 3Modelo de

Formulario de derivación

78

Page 79: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

FORMULARIO DE DERIVACIÓN

Dirixido a:

Entidade

Profesional

Datos da persoa informante

Entidade

Profesional

Datos de contacto

Datos da familia ou persoa á que se refire a información

Nome a apelidos

Datos de contacto Teléfono Enderezo

Motivo da notificación ou derivación

Actuacións levadas a cabo pola entidade (especificar datas)

Valoración profesional

Solicitude que se realiza e proposta de actuación

Outras cuestións a engadir

Lugar e DataSinaturas

Nota: A familia está informada desta derivación? Si Non

79

Page 80: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXO 4Modelo de

Plan de traballo

80

Page 81: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

FICHA FAMILIAR

Datos identificativos do expediente

Profesional de referencia

Familia

Nº expediente Data de inicio:

Datos de contacto Enderezo postal Teléfonos Enderezo electrónico

Datos da unidade familiar e de convivencia

Nome e apelidos Data nacemento Idade Parentesco Estado civil Nivel de estudos Ocupación

Page 82: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Xenograma

Historia familiar e institucional8

Outra información relevante

Motivo / demanda inicial9

8 Recoller se hai outros recursos e profesionais traballando coa familia. Indicar solucións intentadas (eficaces e non eficaces) pola familia e outras/os profesionais.

9 Explicitar se a familia foi derivada e, neste caso, diferenciar entre a demanda inicial de quen deriva e da familia.

82

Page 83: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

AVALIACIÓN INICIAL10

ÁMBITO FAMILIAR/CONVIVENCIAL

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Características da unidade de convivencia

Cohesión familiar (grao, existencia de vínculos afectivos, calidade...)

Comunicación e relacións intrafamiliares

Roles familiares (organización e reparto das tarefas)

Competencias no coidado de persoas menores e maiores

Apoios familiares externos (existencia, estabilidade, calidade)

Outros:

ÁMBITO RESIDENCIAL

INDICADORES VALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Vivenda (dispoñibilidade, tipo, estabilidade...)

Calidade da vivenda (habitabilidade, hixiene, seguridade, equipamentos...)

Espazo dispoñible, distribución e utilización

Emprazamento e características do espazo urbano (dispoñibilidade e accesibilidade de recursos)

Outros:

10 Ver anexo A: interpretación dos indicadores.

Page 84: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÁMBITO ECONÓMICO/LABORAL

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Ingresos (fonte, contía, regularidade...)

Apoios económicos cos que conta

Gastos e distribución dos recursos

Outros

Situación laboral (activo/a, parado/a)

Condicións laborais (horario, contrato, traballo precario...)

Satisfacción no ámbito laboral

Capacidade para buscar e manter o emprego (motivación para o emprego)

Outros:

ÁMBITO EDUCATIVO

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Escolarización e rendemento escolar

Integración escolar

Relación da familia co contexto escolar

Nivel formativo (regrado, non regrado)

Competencias cognitivas

Outros

Page 85: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÁMBITO DA SAÚDE

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Nivel de saúde física

Discapacidades, dependencias

Nivel de saúde psicoafectiva

Hábitos saudables (alimentación, hixiene, sono...)

Acceso ao sistema e recursos sanitarios (información, capacidade de acceso, relación...)

Outros:

ÁMBITO SOCIAL

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Apoios sociais formais e non formais (existencia, calidade, estabilidade...)

Participación (formal, no formal).

Competencias sociais

Grao de aceptación social

Outros

Page 86: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÁMBITO DO LECER

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Coñecemento dos recursos e alternativas de tempo libre

Ocupación do lecer (familiar, individual)

Outros

ÁMBITO ADMINISTRATIVO/XUDICIAL

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Situación administrativa e legal

Medidas xudiciais

OUTROS ÁMBITOS

INDICADORESVALORACIÓN

Potencialidades Dificultades

Page 87: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Síntese e valoración profesional11

Valoración da familia

Que cambios son precisos para que mellore a situación sociofamiliar?

Profesional Familia

11 Facer referencia ás actitudes da familia, conciencia do problema, motivación cara o cambio...

87

Page 88: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

PROXECTO DE INTERVENCIÓN

1. Obxectivos xerais e específicos

2. Metodoloxía

3. Actividades

Área 112:

Actividades Responsables Temporalización

12 Establecer o número de áreas que se considere preciso.

Page 89: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

4. Recursos

Do propio recurso Da comunidade Da familia

5. Avaliación13

Obxectivos Indicadores

Obxectivo 1 Indicador 1

Indicador 2

Obxectivo 2 Indicador 1

Indicador 2

13 Especificar o sistema de avaliación continua e final e os criterios e indicadores para a avaliación da consecución dos obxectivos.

Page 90: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

6. Avaliación continua

Data de revisión: Quen:

A. Valoración do grao de consecución dos obxectivos

Obxectivos Indicadores Conseguido En proceso Non conseguido

Obxectivo 1 Indicador 1

Indicador 2

Obxectivo 2

B. Valoración xeral do proceso:

C. Autoavaliación profesional:

D. Novos acordos derivados da avaliación14:

E. Próxima revisión:

14 Relativos aos obxectivos, á metodoloxía, temporalización, responsabilidades...

Page 91: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

REXISTRO DE ACTUACIÓNS

Data Lugar

Persoas presentes

Obxectivo/s

Actuación desenvolvida

Observacións

Valoración profesional

91

Page 92: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

AVALIACIÓN FINAL

92

Page 93: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Anexo A: Interpretación dos indicadores

Ámbito familiar/convivencial

• Características da unidade de convivencia: nº de persoas na unidade familiar e relación entre as mesmas. Indicar se existe unha situación de vulnerabilidade: familia en proceso de separación/divorcio, separada por inmigración, monoparenteral, orfandade, hospitalización, institucionalización, ausencias prolongadas, falecemento dalgún membro da unidade, embarazo non desexado, ter ao coidado persoas maiores ou dependentes...; momento do ciclo vital polo que pasa a familia.

• Cohesión familiar: grao de cohesión familiar (é unha familia unida ou dispersa?), existencia de vínculos afectivos, calidade dos vínculos, existencia de apoio entre os membros da familia...

• Comunicación e relacións intrafamiliares: tipo de relacións, son positivas? existen conflitos? hai un deterioro das relacións? como é a comunicación? Asertiva, pasiva, agresiva?... indicar para cada subsistema familiar se existen conflitos derivados de: imposibilidade ou grave dificultade para o diálogo, discusións frecuentes, falta de respecto, condutas autoritarias ou laxitude de disciplina, rexeitamento dalgún membro... As relacións de grave conflito serían derivadas dunha situación de maltrato, abandono ou abuso sexual. Existen coalicións entre os membros da familia?

• Roles familiares (organización e reparto das tarefas): conflito de roles, duplicidade de roles, os fillos asumen roles adultos que non lles corresponden, deixadez de funcións parenterais, flexibilidade na adaptación a novos roles... Como é o reparto de tarefas no fogar?

• Competencias no coidado de persoas menores e maiores: satisfacción das necesidades físicas, materiais, emocionais, educativas...

• Apoios familiares externos (existencia, estabilidade, calidade): indicar se é unha persoa ou familia cunha rede e apoio familiar continuado, se existe fraxilidade dos seus vínculos familiares, ou se carece de vínculos. Como son as relacións coa familia extensa.

Ámbito residencial

• Vivenda (dispoñibilidade, tipo, estabilidade...): neste apartado recollerase se a familia conta con vivenda en propiedade ou non, o tipo de vivenda (piso, casa, etc.), a estabilidade da vivenda (cambian cada ano...).

• Calidade da vivenda: habitabilidade, hacinamento, hixiene, seguridade, equipamentos e servizos básicos como auga, luz, calefacción ou similar.

• Espazo dispoñible, distribución e utilización: espazos cos que contan, distribución dos espazos en relación a cada membro da familia, espazos para a intimidade, para o estudo, para o descanso... Xunto coa distribución será moi importante ver a utilización dos espazos.

• Emprazamento e características do espazo urbano (dispoñibilidade e accesibilidade de recursos): xunto coas características da vivenda e moi importante coñecer onde está situada, as características do barrio, os equipamentos cos que conta, o grao de accesibilidade da familia a eses recursos.

Ámbito económico

• Ingresos (fonte, contía, regularidade...): coñecer as fontes de ingresos, de onde proceden, o grao de estabilidade dos ingresos, se existencia de débedas.

• Apoios económicos cos que conta: trátase de saber se o núcleo familiar conta con apoios económicos distintos dos ingresos que perciben, axudas da familia, da súa rede de apoio, etc.

• Gastos e distribución dos recursos: coñecer cales son os gastos fixos cos que conta a familia, cal e a distribución de recursos en función deses gastos, prioridade na distribución dos

93

Page 94: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

gastos, se hai capacidade de aforro, grao de endebedamento, impagos...

Ámbito laboral

• Situación laboral: activo/a, parado/a. Se está en situación de desemprego recoller outra información: abandono do mercado por xubilación, incapacidade temporal, paro de longa duración, situación de exclusión por distintas variables (idade, xénero, etnia...).

• Condicións laborais: horario, contrato, traballo precario, economía sumerxida...

• Satisfacción no ámbito laboral: relacións no contexto laboral...

• Capacidade para buscar e manter o emprego: grao de adecuación as esixencias do mercado laboral, nivel de adaptabilidade as condicións do mercado, dificultades de inserción laboral motivación para o emprego, tanto para desenvolver un traballo como no que se refire a formarse para atopar traballo; dificultades de adaptación no emprego.

Ámtibo educativo

• Escolarización (se existe ou non e nivel educativo no que se atopa) e rendemento escolar: rendemento normalizado, deficitario, inaxeitado, fracaso, absentismo, desescolarización, abandono prematuro, cambios de centros...

• Integración escolar: sen problemas a destacar, con dificultades ou problemas debidos a unha escolarización conflitiva (por motivos condutuais, rexeitamento ou exclusión por motivos étnicos, relixiosos, sanitarios...), dificultades da aprendizaxe, actitude negativa (do neno/a ou da familia ante o centro por desmotivación, desinterese, transgresión de normas...), desaxustes relacionais no centro (entre iguais, co profesorado, condutas disruptivas, agresións, fugas...).

• Relación da familia co contexto escolar: seguimento da evolución escolar das/os fillas/os.

• Nivel formativo (regrado, non regrado): tanto dos/as nenos/as como dos/as adultos/as. Indicar non só a formación regrada, senón tamén a non regrada. Indicar tamén se actualmente se está cursando algunha acción formativa.

• Competencias cognitivas: capacidade de comprensión e expresión, habilidades de auto observación e determinación das necesidades propias, capacidade para facer unha análise realista da súa situación, así como das súas posibilidades de mellora, capacidade para anticipar eventos e realizar previsións, destrezas para avaliar apoios e recursos dispoñibles, para coñecer e empregar os propios recursos, capacidade para unha atribución de causalidades...

Ámbito da saúde

• Nivel de saúde física (discapacidades, dependencias...): percepción de benestar físico, nivel de saúde axeitada, enfermidades físicas, discapacidades, abuso de alcol ou drogas, outros comportamentos aditivos, certificado de minusvalía, require tratamentos, dependencia/autonomía física...

• Nivel de saúde psicoafectiva: percepción de benestar psicoafectivo, enfermidade mental, existencia de desaxustes psicoafectivos relevantes (dificultades asociadas a: capacidade intelectual, deterioro cognitivo, fracaso afectivo, sexualidade e identidade sexual, trastornos de conduta alimentaria, control de impulsos, inxestión de sustancias tóxicas...), trastornos adaptativos básicos asociados ao estado de ánimo, cadro de ansiedade, depresión...

• Hábitos saudables: alimentación, hixiene, sono, exercicio físico...

• Acceso ao sistema e recursos sanitarios: información, capacidade de acceso, relación...

94

Page 95: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Ámbito social

• Apoios sociais formais e non formais (existencia, calidade, estabilidade...): existencia de relacións frecuentes e non conflitivas nos diferentes ámbitos: amigos, veciñanza, compañeiras/os de traballo...; valorar a calidade e estabilidade destas relacións; existencia de apoios formais de recursos sociais públicos ou de iniciativa social (Cruz Vermella, Cáritas...).

• Participación (formal, no formal): capacidade para participar e organizarse na vida comunitaria; participación formal en asociación de veciños, comunidade de veciños, movementos sociais, relixiosos, políticos, sindicais...; participación informal en festas, cultos, costumes populares, cuadrillas... Illamento social. Información sobre os recursos, dificultado de acceso aos recursos...

• Competencias sociais: habilidades básicas de interacción e comunicación (comunicación verbal e non verbal, capacidade para a relación social, para iniciar e manter unha conversa...), asertividade e expresión de sentimentos (desexos, opinións, dereitos ou sentimentos e captar os dos demais), habilidade no manexo de conflitos, alternativas á agresión (escoitar, formular preguntas, negociar, razoar, propoñer alternativas, autocontrol...), manexo e autocontrol de impulsos, capacidade para solicitar axuda e seguir un consello.

• Grao de aceptación social: non existen problemas de rexeitamento no seu contorno, axeitada integración social, dificultades de inserción social (indicar factores relacionados), rexeitamento...

Ámbito de Lecer

• Coñecemento dos recursos e alternativas de tempo libre:

• Ocupación do lecer (familiar, individual): capacidade para organizar o tempo libre, participación en actividades lúdicas ou deportivas, realización de actividades familiares conxuntas...

Ámbito administrativo e xudicial

• Situación administrativa e legal: permiso de residencia, permiso de traballo, medidas administrativas de protección á infancia (garda, tutela), incapacitacións, alta no rexistro civil...

• Medidas xudiciais: procesos xudiciais abertos e pechados ou medidas pendentes.

95

Page 96: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXO 5Modelo de

Informe sociofamiliar

96

Page 97: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

INFORME SOCIOFAMILIAR

Emitido por

Entidade Concello

Profesionais

Contacto

Dirixido a

Entidade

Data de emisión

97

Page 98: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Datos da unidade familiar e de convivencia

Historia familiar e institucional

Motivo/demanda inicial

Síntese da avaliación inicial

Síntese da actuacións levadas a cabo

Valoración profesional da situación actual15

Conclusión e proposta

Fontes consultadas

Sinatura

Lugar e datas

15 Pódese realizar en función dos ámbitos e indicadores presentados na avaliación inicial. 

98

Page 99: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ANEXO 6Modelo de

Proxecto de intervención grupal

99

Page 100: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

PROXECTO DE GRUPO

IDENTIFICACIÓN DO GRUPO

Grupo de16

Data de constitución

Número de participantes

Profesional responsable

ANÁLISE DO CONTEXTO17

AVALIACIÓN INICIAL DO GRUPO18

PLAN DE TRABALLO

Obxectivos (xerais e específicos19)

Contidos

16 Tipo de grupo: grupo de adolescentes, grupo de nais, grupo de persoas coidadoras, etc..17 Punto de partida, xustificación da conformación do grupo, como se constitúe o grupo, percepción da necesidade, 

expectativas do grupo...18 Avaliación da situación inicial do grupo respecto dos contidos que se van abordar.19 Os obxectivos específicos serán claros, concretos e avaliables, por exemplo “identificar situacións de estres”, ou 

“aprender estratexias de comunicación asertiva”.

100

Page 101: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Metodoloxía de traballo

Actividades

Recursos (infraestruturas, materiais20, económicos e humanos)

Responsabilidades (do/a dinamizador/a e do grupo)

Temporalización

Avaliación21

20 Material bibliográfico, audiovisual, material funxible, etc.21 Do deseño, do proceso, dos resultados, da cobertura (nº persoas participantes...) e do impacto (a longo 

prazo).

101

Page 102: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide
Page 103: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.AVALIACIÓN DO PROCESO E DOS RESULTADOS

Page 104: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

ÍNDICE

1. Avaliación do proceso participativo...................................................................................................105

1.1. Redes comarcais de Educación Familiar...................................................................................105

1.2. Comisión Interdisciplinar............................................................................................................111

2. Avaliación do resultado: o Programa Marco.....................................................................................112

2.1 Redes comarcais de Educación Familiar....................................................................................113

2.2 Comisión Interdisciplinar.............................................................................................................116

3. Anexos................................................................................................................................................117

3.1. Enquisa de avaliación do proceso redes de Educación Familiar..............................................117

3.2. Enquisa de avaliación dos resultados redes de Educación Familiar........................................119

3.3. Enquisa de avaliación do proceso e resultados Comisión Interdisciplinar................................120

104

Page 105: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

1. Avaliación do proceso participativo

Neste apartado presentamos os resultados da avaliación do proceso participativo de elaboración do Programa Marco, por parte das redes de Educación Familiar e da Comisión Interdisciplinar.

En xeral, as valoracións son moi positivas, sendo a media do total de ítems de 5,14 para as educadoras e educadores familiares, e de 5,2 para a Comisión Interdisciplinar (sobre un máximo de 6 puntos).

1.1. Redes comarcais de Educación Familiar

Aplicouse unha enquisa de 41 preguntas de escala likert organizadas en 8 bloques, a través dos que se pretendía coñecer a valoración das educadoras e educadores familiares respecto da consecución dos obxectivos sinalados para o proceso, da garantía dos niveis de participación establecidos, da adecuación dos mecanismos de particicipación, dos sistemas de comunicación e difusión, das fases do proceso, dos tempos, da certificación e do proceso no seu conxunto.

As puntuacións podían oscilar nunha escala de 6 puntos, correspondendo o 1 á máis baixa (totalmente en desacordo) e o 6 á máis alta (totalmente de acordo).

Ao final da enquisa se recollían tamén dúas preguntas abertas a través das que achegar valoracións cualitativas sobre as cuestións preguntadas e outras observacións (ver anexo 1).

En canto aos obxectivos, tal e como se mostra no cadro que se acompaña, as medias son moi elevadas. A elaboración conxunta do Programa Marco, o impulso dunha rede galega de Educación Familiar e a asunción do Programa como propio, foron os obxectivos que acadaron unha puntuación maior, preto da máxima establecida.

As puntuacións máis baixas correspóndense coa implicación das familias, unha medida que non se chegou a desenvolver, xa que estaba planificada para comezos de 2010; e das perspectivas políticas, técnicas e sociais.

Na pregunta aberta, unha educadora apuntou que “o obxectivo de corresponsabilizar aos distintos axentes no deseño do Programa Marco, se impulsou, pero que o resultado non foi o agardado”.

CUMPRIUSE A FINALIDADE E OS OBXECTIVOS MARCADOS PARA O PROCESO N Media

Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes no deseño do PM 133 4,99

Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais 132 4,7

Favorecer a asunción do programa marco como propio 134 5,44

Impulsar unha rede galega de Educación Familiar 134 5,52

Promover a participación das familias como destinatarias do programa 128 4,69

Elaborar conxuntamente o Programa Marco 134 5,58

No relativo aos niveis de participación, as educadoras e educadores familiares consideran que foron garantidos durante o proceso.

GARANTÍRONSE OS DIFERENTES NIVEIS DE PARTICIPACIÓN N Media

Informativo (proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados) 135 5,51

Comunicativo (proporcionar espazos para facer achegas e suxestións) 135 5,48

Consultivo (solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes) 134 5,49

Proxectivo (participar na construción e toma de decisións) 135 5,47

105

Page 106: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Os mecanismos de participación mellor valorados, segundo se mostra no seguinte cadro, son o equipo Tecendo redes e as redes comarcais de Educación Familiar.

MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN N Media

O equipo de Tecendo redes dinamizou axeitadamente 135 5,63

A redes comarcais foron mecanismos de participación axeitados 134 5,5

A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos e da comunidade

127 4,84

As ferramentas virtuais (grupos de traballo, chat e foro) foron mecanismos funcionais 133 5

En canto aos sistemas de difusión e comunicación, o feed-back continuo entre o equipo Tecendo redes e as educadoras/es familiares, acadou a media máis elevada, superior ao 5. Os restantes sistemas acadaron unha puntuación case un punto por debaixo. O peor valorado, pero aínda así cunha puntuación positiva, foi o envío de información ao persoal técnico dos servizos sociais municipais.

SISTEMAS DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN N Media

Houbo feed-back continuo coas educadoras familiares 135 5,48

Trasladouse información aos responsables políticos sobre o proceso e os produtos 127 4,74

Trasladouse información ao persoal técnico de servizos sociais o proceso e os produtos

127 4,51

Trasladouse información á cidadanía en xeral a través do portal web 125 4,62

As estratexias de visibilización do proceso foron axeitadas (xornadas rotatorias, convite das/os políticas/os ás xornadas, envío do documento de síntese ás/aos políticas/os, notas de prensa...)

127 4,71

Todas as fases do proceso acadaron puntuacións por enriba do 5. A máis elevada correspóndese á fase de síntese, polo que as educadoras/es consideran que os documentos de cada bloque integraron os acordos acadados nas redes. Tamén obtiveron puntuacións elevadas: a fase presencial, en relación á operatividade das xuntanzas na toma de decisións; e a fase de preparación da documentación por parte de Tecendo redes para favorecer a reflexión e o debate.

FASES DO PROCESO N Media

Preparación previa por parte do equipo Tecendo redes: as guías de análise e reflexión e os documentos borradores foron de utilidade

130 5,51

Discusión previa e/ou virtual por parte das redes de educación familiar: as actividades deseñadas, as preguntas do foro e as xuntanzas no chat foron axeitadas

131 5,01

Fase presencial: as xuntanzas das redes comarcais foron operativas para a toma de decisións

134 5,53

Fase de síntese: os documentos de síntese de cada bloque integraron os acordos das redes

133 5,58

Fase de validación externa: a labor da comisión interdisciplinar de validación dos documentos de síntese foi axeitada

126 5,05

En relación aos tempos, as educadoras e educadores familiares consideran que se adicaron os tempos suficientes. O axuste á planificación inicial acadou unha media máis baixa, o que se corresponde co feito de que se modificou a temporalización, ampliando os tempos dispoñibles para os bloques de metodoloxía e coordinación.

106

Page 107: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

TEMPOS N Media

Os tempos axustáronse á planificación inicial 132 4,34

Adicáronse tempos suficientes á reflexión e traballo de cada un dos bloques 131 5,03

Moitas das achegas das preguntas abertas teñen que ver cos tempos. As educadoras e educadores consideran que, en xeral, se axustaron ás necesidades e eran suficientes ata o momento da decisión política de non continuación de Tecendo redes no 2010. Neste sentido, entenden que é necesario continuar o proceso para rematalo tal e como estaba previsto, tal e como se recolle nas seguintes citas:

- “Os tempos, en xeral si se axustaron, aínda que o proceso de validación evidentemente non, por causas externas ao equipo de traballo”.

- “O que é completamente contraproducente é frear o proceso quedando temas e formación importante aínda pendente”.

- “A finalización do Programa Marco quedou truncada polo peche dos programas das Oficinas I+B, quedando o traballo de moitos meses sen chegar a concretarse e sen valorar, pola finalización das Oficinas I+B”.

- “Necesidade de que continúe o proceso que estaba establecido. É moi importante rematar as fases que quedaban para que poda desenvolver mellor o traballo na Educación Familiar. Queremos saber quen se vai responsabilizar das actuacións que faltan por levar a cabo”.

- “Necesidade de continuidade, promoción final do traballo desenvolvido. Favorecería o recoñecemento e acercamento á Educación Familiar”.

En canto á certificación, consideran que o número de horas se axusta á realidade. A media relativa á este elemento como fonte de motivación é inferior, de feito, nas respostas abertas fan alusión a isto:

- “A certificación non influíu na asistencia ás reunións, porque somos conscientes da necesidade dun programa, facémolo polo noso propio beneficio, non por ter o certificado”.

- “A certificación non supuxo unha motivación, posto que se considera fundamental a elaboración do Programa Marco”.

- “Aínda que o principio si axudou á miña motivación, cambiou ao longo do proceso, no sentido de que o propio traballo que se estaba realizando era moi gratificante e o de menos era a certificación”.

CERTIFICACIÓN N Media

O total de horas que se certifica (105 horas) axústase á realidade do tempo investido 130 4,99

A certificación axudou a motivar a participación 126 4,4

Se nos centramos no proceso no seu conxunto, as valoracións tamén son elevadas. A máis alta correspóndese coa consideración do proceso como participativo para as educadoras/es. De feito, volverían a validar un proceso destas características para a elaboración do Programa Marco. Dúas das achegas ao respecto nas preguntas abertas, apunta á necesidade de incrementar a participación do equipo de servizos sociais:

- “Volvería a validar a realización con outra proposta de elaboración, ou a participación de todo o equipo de servizos sociais: sobre un programa xa creado, aportando ou modificando”.

- Penso que se debería buscar máis apoio e implicación de traballadoras sociais e concelleiras

107

Page 108: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

de servizos sociais (área de benestar).

As puntuacións máis baixas teñen que ver coa visibilización política e social. Aínda que, se se seguira co proceso: “si tería repercusións positivas no futuro da educación familiar, e contribuiría a visibilización social e política, e de cara á cidadanía tamén. Visibilizando o que é a educación familiar, o que significa, o que somos, o que facemos e todo o que iso implica”.

AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO N Media

Houbo unha planificación flexible en función das nosas demandas 134 5,26

Considero que foi un proceso participativo para as educadoras/es familiares 135 5,62

Contribuíu á formación específica das/os educadoras/es familiares 134 5,48

Promoveu a creación de redes 134 5,39

Axudou a dar resposta ás necesidades de empoderamento profesional 134 5,2

Axudou a mellorar o recoñecemento profesional no equipo 134 5,04

Contribuíu á visibilización social da Educación Familiar 132 4,9

Contribuíu á visibilización política da Educación Familiar 131 4,57

Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM 127 5,37

Estou satisfeita co proceso levado a cabo 132 5,38

O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais 133 5,1

Valoro positivamente a miña implicación no proceso 134 5,2

Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF 127 4,97

Moitas achegas das preguntas abertas fan referencia ao ítem de satisfacción co proceso. En xeral, están satisfeitas/os (o que se mostra na media acadada), agás coa forma de finalizar, que non ten que ver cunha decisión técnica:

- “Non estou satisfeita co proceso levado a cabo polo xeito en que rematou, posto que as miñas expectativas iniciais eran que todo este traballo tivera unha plasmación legal e política para que tivera visibilidade, pero lonxe diso, a sensación é que non se valorou o noso traballo nin se lle deu importancia ao que se fixo, e que volvemos á situación de partida onde a nosa profesión é unha descoñecida e onde falta un marco recoñecido de traballo a nivel institucional o que dificulta a nosa labor”.

- “Non estou satisfeita do xeito co que se está a acabar o programa. Considero que o proceso podería ter boas repercusións no futuro, pero a clase política parece que o vai a impedir. En xeral o meu grado de satisfacción é positivo. Considero que as responsables de formación son moi válidas e traballaron moito por levar adiante este proceso, me parece inxusto que este programa non continúe porqué é darlle pouco valor ás profesionais e ó traballo realizado”.

Neste sentido, non se respondeu ás súas expectativas:

- “As expectativas quedaron incompletas, ao faltar a parte de coordinación, que é a máis importante”.

- “En xeral penso que o proceso foi axeitado, a pesar de que os resultados non foron, de todo, os esperados (supoño que pola forma de rematar...). Grazas por todo!”.

As valoracións positivas, teñen que ver, fundamentalmente, coa experiencia persoal e profesional para a Educación Familiar que supuxo ter participado nun proceso destas características:

- “Todo o proceso foi moi enriquecedor a nivel profesional, supuxo un antes e un despois na Educación Familiar en Galicia e debería continuar xa que nos quedaron moitas cousas por

108

Page 109: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

facer”.

- “Considero moi positiva a experiencia e penso que vai a dar moitos froitos de cara ao futuro profesional educadoras/es familiares e no traballo diario. Séntanse as bases para o afianzamento da figura do educador familiar como profesional necesario dentro dos equipos de servizos sociais”.

- “A única pena e que despois de tanto esforzo, poida caer nun saco baleiro, pero seguro que o aprendido e o vivido ninguén nolo pode arrebatar. Gracias por todo”.

- “Considero que o proceso, en xeral, foi de gran utilidade a nivel de conceptos, estratexias, interacción entre as compañeiras etc., a pena e que non vaia a ter repercusión no traballo futuro, pero considero que os que participamos neste proceso non perdemos o tempo xa que este traballo seguro que nos é moi positivo. Moitas gracias por todo”.

- “Persoalmente para min foi moi positivo o programa Tecendo Redes e espero e desexo que a elaboración deste programa teña repercusións positivas para a educación familiar”.

Outras observación sinaladas fan referencia á necesidade de que continúe o Programa Tecendo redes, a metodoloxía instaurada polo mesmo, a ferramenta de traballo virtual, etc.:

- “E agora que? Continuamos necesitando apoio!”.

- “Necesidade de continuidade e financiamento”.

- “Sinto que o Programa Tecendo Redes no continúe, xa que tiveron un enfoque acertado do PEF, aportando material para a formación teórica que tal vez deixamos de lado os profesionais do PEF, non por falta de interese, senón por falta de tempo”.

- “Debería continuar o equipo de apoio á educación familiar “Tecendo Redes”, para consolidar os resultados do traballo que efectuamos neste período. Os resultados son satisfactorios e non hai precedentes, polo que agora, senón hai continuación, perxudica aos profesionais da educación familiar de Galicia”.

- “Considero que deberiamos seguir traballando deste xeito pois é moito o que nos falta e este apoio é moi importante para nós”.

- “Necesitariamos que as redes seguisen funcionando, que se traballase cos distintos profesionais, que se nos dese un “peso específico, e necesidade de máis formación, porque quedamos sen formación específica”.

- “Manter a páxina web de educación familiar me parece fundamental para un traballo coordinado e estar informadas. Non se debería perder a formación das educadoras, para reciclarnos e ofrecer máis calidade no noso traballo ás/aos usuarias/os”.

Ante a non continuidade, as educadoras e educadores manifestan o seu malestar:

- “Este programa debería continuar. Está inacabado. É inxusto, e termina queimando aos profesionais, xa que nos sentimos utilizados e moi pouco valorados. Somos técnicos, non un instrumentos político de batalla”.

- “Sentímonos utilizadas e que se valora moi pouco a nosa profesión e o que facemos. O que levamos feito ata o de agora dá a impresión de que non valeu para nada, cando hai moita xente implicada nel”.

- “Non me parece acertado o desmantelamento de todo este proceso, e a supresión de dous programas, que na miña opinión, son básicos para o desenvolvemento dos servizos sociais”.

- “Estou en desconformidade absoluta con que o Programa Marco de Educación Familiar se acabe, xa que agora que empezabamos a ser recoñecidas polo noso traballo como, a estar apoiados, a ter unha base pola que guiarnos, para desenvolver o programa, no lo cortan. Esixo que se manteñan as coordinadoras do programa pola súa profesionalidade e boa intervención

109

Page 110: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

no PEF”.

Nas súas valoracións, tamén fan referencia ao equipo técnico responsable do programa Tecendo redes, recoñecendo a profesionalidade e o labor realizado:

- “Quero destacar o labor das técnicas do programa a todos os niveis (traballo, esforzo, trato, dispoñibilidade...). Destacar tamén a recompilación e elaboración de materiais sobre a educación familiar, que será moi útil para os profesionais”.

- “Sería moi positivo que seguise e rematase/consolidase o proceso de Tecendo Redes. Penso que é a primeira vez que se lle presta tanta atención á educación familiar. O meu apoio e solidariedade as/os traballadoras/es”.

- “Un recoñecemento especial ao bo traballo levado a cabo polo Equipo Tecendo Redes, especialmente María. A súa actitude de humildade e tacto no trato con todos nós, axudou significativamente a todo o traballo”.

- “Non é xusto que despois de case dous anos de traballo a cousa quede así estancada. Esta xente merece unha oportunidade. Felicidades polo voso traballo e moita sorte”.

- “Esta argumentación é para todas as respostas en xeral. Ata que apareceu a técnica de tecendo redes da Oficina I+B de Xinzo da Limia, a educación familiar era algo descoñecido... deixado, que parece que non tiña interese para ninguén. A raíz da primeira visita, eu como educadora, vislumbrei unha luz de esperanza. Por primeira vez vin que a educación familiar era algo importante, non só para min senón tamén para a Administración. A partir do primeiro paso, empecei a contar con mais recursos e accesibilidade a eles; por poñer un exemplo, protocolos, unha páxina web propia, etc. Neses momentos entendín que a educación familiar era “ algo como o traballo social” xa chegabamos a algo parecido, xa tiñamos nós tamén un “MATIASS”. Agora atopámonos que as técnicas de tecendo redes van a desaparecer e volvemos a ter a sensación de volver para o principio, é dicir, sen nada. O que nos queda é o traballo levado a cabo ata o de agora, máis información, máis recursos, máis coñecementos e a seguridade e a confianza de que non estamos solas/os, agora coñecemos as/os educadoras/es da comarca e máis. Para rematar dicir que o traballo da nosa técnica (Natalia) é moi valioso e fundamental, así como o de todas as persoas participantes. O programa marco é algo imprescindible”

- “Moitas gracias pola vosa labor e trato recibido”.

- “Bo traballo!!”.

- “Gracias por todo!!! Espero que isto non remate aquí e continuemos na nosa “loita”, aínda que creo que vai ser complicado sen o voso impulso, xa que as redes de educadoras non están fortalecidas e unidas”.

Pero tamén houbo críticas construtivas no que respecta ao desenvolvemento doutras funcións nas que tiñan expectativas e que non se puxeron en marcha xa que estaban planificadas para o 2010:

- “Esperaba con este equipo, que se contribuíra á valoración profesional e á equiparación profesional. Non houbo axudas en distintas situacións, como por exemplo da incorporación do programa ao plan concertado (penso que dende o equipo I+B teríase que informar as/os educadoras/es porque era e é algo importantísimo para o noso futuro).

- “Unha das tarefas que nos quedou pendente e que penso pode ser moi enriquecedora son as xornadas de supervisión de casos cun experto. Isto ten que facerse e teremos que loitar por que se faga”.

110

Page 111: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

1.2. Comisión Interdisciplinar

A Comisión Interdisciplinar tamén participou na avaliación do proceso de elaboración do Programa Marco, sobre todo no que ten que ver coas súas funcións. Aplicouse unha enquisa de 21 ítems organizados en catro bloques (ver anexo 3).

En relación ás súas funcións, as medias acadadas son elevadas, situándose arredor do 5 (sendo o 6 a puntuación máxima). A máis alta correspóndese coa función de revisión e análise continua dos produtos de cada fase e a realización de achegas aos mesmos.

CUMPRÍRONSE AS FUNCIÓNS RECOLLIDAS NO DESEÑO DO PROCESO N Media

Validación do deseño do proceso. 8 5,25

Orientación e asesoramento sobre os enfoques, estrutura e contidos do Programa Marco. 8 5,25

Revisión e análise continua dos produtos acadados en cada fase, facendo as achegas oportunas. 8 5,37

Validación do documento final. 8 5

En canto á composición da Comisión, valoran de forma máis negativa a representación política, xa que, aínda que estaba contemplada no deseño inicial, finalmente non se conseguiu a asistencia e implicación do persoal político da Secretaría Xeral de Igualdade e Benestar, nin da FEGAMP. A este respecto unha das integrantes da Comisión achegou a seguinte valoración:

- “A presenza de representación política e social podería ‘garantir’ un maior compromiso co documento”.

COMPOSICIÓN DA COMISIÓN INTERDISCIPLINAR N Media

A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos e da comunidade 8 5,13

A representación técnica foi axeitada 8 5,5

A representación social foi axeitada 8 5,25

A representación política foi axeitada 7 4

Sobre a planificación e desenvolvemento das xuntanzas, a puntuación máis positiva correspóndese coa función da coordinadora de elaboración e envío das actas e síntese das achegas. A puntuación máis baixa refírese á duración das xuntanzas, non sabemos se por exceso ou por defecto.

PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS XUNTANZAS DE TRABALLO N Media

Os documentos enviáronse con antelación suficiente para a súa lectura e reflexión previas 8 5,5

Houbo oportunidade para a reflexión conxunta e a realización de achegas aos documentos 8 4,87

A duración das xuntanzas da Comisión foi axeitada 8 4,5

A coordinadora dinamizou axeitadamente as xuntanzas 8 5,25

A coordinadora recapitulou axeitadamente os contidos abordados nas xuntanzas 8 5,5

A coordinadora enviou a acta e os documentos coas achegas nos prazos indicados 8 5,63

111

Page 112: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

En xeral, os membros da Comisión Interdisciplinar consideran que foi un proceso participativo e volverían a validalo (ítems que acadaron as medias máis altas).

AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO N Media

Houbo unha planificación flexible en función das circunstancias 8 5,43

Considero que foi un proceso participativo 8 5,88

Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM 8 5,88

Estou satisfeita/o co proceso levado a cabo 8 5,5

O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais 8 5,13

Valoro positivamente a miña implicación no proceso 8 4,75

Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF 7 4,7

A media máis baixa correspóndense coa repercusión positiva do proceso no futuro da Educación Familiar. Segundo achega unha integrante da Comisión, parte das valoracións de menor puntuación “están determinadas pola presa con que houbo que rematar o documento, o que non permitiu facer unha análise compartida da totalidade”. Outras apreciacións sobre o proceso no seu conxunto trasladadas polos membros da Comisión, son:

- “Valoro que a participación no proceso foi unha excelente oportunidade de aprendizaxe para as persoas e as institucións implicadas no proceso (tanto nas educadoras familiares como nos compoñentes da comisión)”.

- “A elaboración do documento como un proceso participativo é o primeiro paso para que as profesionais se comprometan na súa aplicación xa que é algo que lles pertence. Ao mesmo tempo, creo que contribúe á autoestima e o recoñecemento das profesionais”.

- “En hora boa polo traballo feito!!!, o proceso se está iniciando polo que é unha pena non garantir a continuidade para impulsar a implementación de acordo coas bases establecidas e acompañar ás profesionais no proceso”.

- “Aínda que a temática que foi obxecto desta lei marco non é un campo directo no que eu traballo, considero moi positivo que se incluíse a perspectiva dunha Asociación como Nova Escola e particularmente dun orientador educativo. O Traballo pola miña parte debería ter sido máis intenso pero considero que de algo servise. O que si podo dicir é que para min todo este proceso supuxo unha aprendizaxe”.

- “Profesionalmente como psicóloga e terapeuta familiar, o desenvolvemento da elaboración do Progama Marco de Educación Familiar foi unha experiencia moi positiva. É necesario que esta forma de traballo siga desenvolvéndose, xa que aporta a todos os que interviñemos nesta actividade: información sobre outros profesionais e outras institucións; formación para todos dende varias ópticas; e sobre todo valoración e visibilización do traballo que outros profesionais realizan; ademais de fomentar o traballo en rede e a coordinación de todos os profesionais implicados no traballo coas familias. Con respecto aos profesionais que a puxeron en marcha é de xusticia recoñecer o traballo excepcional que realizaron, por suposto felicitalos a todos e en especial á coordinadora do Programa, Eva López Soto”.

2. Avaliación do resultado: o Programa Marco

A avaliación do resultado céntrase no produto final derivado do proceso participativo: o Programa Marco de Educación Familiar, analizando tanto a calidade intrínseca como o grao de resposta ás necesidades e expectativas.

112

Page 113: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

A media xeral obtida nas enquisas das educadoras/es familiares ascende a 5,5. Un valor moi alto se temos en conta que o máximo é o 6. No caso da Comisión Interdisciplinar, a media xeral é de 5,10, sendo tamén moi positiva.

2.1 Redes comarcais de Educación Familiar

Como se pode apreciar no cadro, as educadoras e educadores familiares consideran que o documento final do Programa Marco de Educación Familiar reúne as condicións para falar de calidade intrínseca: o contido é coherente coa lexislación vixente, a linguaxe é clara e precisa e hai coherencia interna entre os capítulos. Nos tres ítems, as medias acadadas son moi elevadas.

CALIDADE INTRÍNSECA N Media

O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas 90 5,53

A linguaxe é clara e precisa 90 5,51

Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco 90 5,56

En canto ao grao de resposta ás necesidades e expectativas, as educadoras e educadores familiares consideran que é un programa viable, útil, operativo e aplicable, cun contido relevante e, en xeral, se adecúa ás súas expectativas técnicas e persoais. As medias acadadas en todos os ítems son moi elevadas, achegándose á puntuación máxima.

GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS N Media

O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais 90 5,43

O programa é viable, adecúase á realidade 90 5,37

O programa é útil e operativo, é aplicable. 90 5,35

O contido é relevante 90 5,62

O programa adecúase ás expectativas persoais 90 5,52

Estou satisfeita co resultado 84 5,56

Nas preguntas abertas concretaron o seu parecer sobre algunhas das cuestións avaliadadas. Consieran que é un documento útil e aplicable para o seu quefacer cotiá, aínda que é necesario implementalo para avaliar esta cuestión. En calquera caso, entenden que a utilidade tamén dependerá do recoñecemento institucional e político que se lle dé.

- “Indubidablemente, pase o que pase con este documento, a nivel do traballo no día a día vai ser moi útil. Só espero que se lle dea o recoñecemento que merece”.

- “En xeral, a priori e despois de 12 anos de experiencia, paréceme factible levalo a cabo en xeral e totalmente acertado no seu conxunto”.

- “O programa non sabemos se é útil ata que o poñamos en marcha e podamos avalialo na práctica entre todas. Faltaría a segunda parte que polo menos levaríanos outro ano”.

- “O programa é un reflexo do traballo que desenvolvemos no día a día. E operativo e útil ter unha pauta común á hora de traballar”.

O bloque de coordinación, xustamente o que non se puido traballar co afondamento pertinente, consideran que é o máis difícil de levar a cabo:

- “A parte da coordinación entre servizos especializados, é a que me parece máis difícil de levar a cabo pola propia problemática comentada”.

113

Page 114: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

O feito de ter que rematar o proceso sen finalizalo, fai descender o grao de cumprimento das expectativas e a satisfacción co resultado, aínda que a satisfacción co proceso e co equipo Tecendo redes é moi elevada:

- “En xeral o Programa é axeitado, pero tiñamos postas moitas expectativas no proxecto, que ao ter que ser cerrado desta forma tan repentina e inesperada, fixo que os últimos retoques se fixeran a correr e se deixaran cousas sen perfilar. Está claro que se traballou moito, que non había nada e agora temos un 'PROGRAMA MARCO', que algunha xente pode pensar que pode ser mellorable, pero coma todo!”.

- “Non estou satisfeita co resultado, porque me parece que todo este programa está moi ben e penso que si non hai un organismo que o coordine e o leve a cabo, vaise quedar todo no aire”.

- “Como profesional da Educación Familiar con experiencia de máis de 16 anos, considero que por 1ª vez se elaborou un marco único e compartido da Educación Familiar, e se compartiron experiencias. Tamén quero deixar constancia da miña decepción como profesional de non poder continuar con este proxecto tan importante, antepoñendo a política á formación e á profesionalidade. Desexo a continuidade do programa e coas mesmas profesionais, pola súa implicación e profesionalidade”.

- “Considero moi importante o traballo realizado, valoro que o feito de non dar por terminado todo o proxecto (debido a decisións políticas) repercute non só nas técnicos/as implicadas, senón tamén nos programas de educación familiar e sobre todo nas familias (que son as máis importantes)”.

- “Estaría máis satisfeita co resultado se puidésemos rematar ben os bloques, validalo a comisión interdisciplinar e publicalo no DOG”.

- “Estou satisfeita coas redes creadas, co apoio do equipo técnico Tecendo Redes e co traballo das educadoras, pero o resultado final non é o esperado”.

- “Este programa é un acontecemento que non conta con precedentes, e a claridade coa que se chegou aos resultados é mérito do traballo e dedicación do equipo Tecendo Redes. É necesario a continuación deste equipo para poder afianzar os resultados”.

- “Tal como se pode observar polas miñas respostas, estou totalmente satisfeita co resultado do Programa Marco. Este traballo é o resultado de moitas horas de reflexión e de adicación a unha materia que creo que á maioría nos apasiona e de aí o resultado acadado. Son bastantes os anos que levamos traballando na educación familiar e botábase moito en falta un documento deste tipo que nos axudase e nos guiase na nosa práctica profesional. En xeral, penso que a meirande parte dos/das profesionais que nos vimos implicados neste traballo o fixemos con moita ilusión e con grandes expectativas porque é algo no que creemos e que defendemos. Aínda así, e chegados a este punto, non podo deixar de pensar en que ao mellor este traballo tan ben feito e tan útil para a nosa profesión poda quedar no olvido como xa ten ocorrido noutras ocasións con outros documentos de traballo elaborados desde este mesmo ámbito profesional. Espero e desexo que aquelas persoas que teñan nas súas mans tomar a decisión de que este traballo sexa publicado e recoñecido de maneira oficial pensen na cantidade de horas de traballo que se lle adicou e non deixen que se perda un documento deste tipo”.

- “Opino que necesitaríase máis tempo para que o resultado fora mellor, porque se fixo un traballo adecuado á realidade. Necesitaríase o tempo pactado para que o documento fora traballado adecuadamente”.

Outras educadoras manifestan a súa valoración positiva e satisfacción co resultado do Programa Marco:

- “En xeral estou moi contenta co resultado do Programa Marco. Considero que vai ser un documento de gran axuda para o noso traballo diario, e que permite poñer de manifesto o traballo conxunto entre as/os educadoras/es familiares e os técnicos/as de Tecendo Redes”.

114

Page 115: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

- “Paréceme que está todo bastante ben definido, pero claro, como en todo, depende moito das zonas de cada un, e sobre todo das problemáticas de cada zona; pero isto non é fácil de solucionar. Pero en liñas xerais creo que cumpre todo o que levamos anos loitando por plasmar nun papel”.

- “Penso que este documento é fundamental para o noso desempeño profesional. Era necesario dende fai tempo, establecer con claridade e nun documento traballado e construído por diferentes profesionais, as directrices sobre as que se deben sustentar a nosa labor, sobre todo para homoxeneizar as prácticas (metodoloxía, instrumentos empregados, tempos...) e aclarar os límites da mesma, para non caer en solapamentos nin baleiros. Ademais supón un empuxe para a figura da Educación Familiar, como unha peza máis, proveitosa e enriquecedora, da intervención dende os Servizos Sociais dos Concellos”.

- “O programa marco é un mecanismo moi axeitado para unha profesión que aínda agora está algo “perdida”. A xente en moitas ocasións non sabe que existes e non acoden a ti. Este programa danos máis peso dentro dos Servizos Sociais. Por iso debería seguir adiante e ser publicado. De todas formas estou moi satisfeita co resultado obtido, e paréceme moi motivador que contasen cos educadores familiares para elaboralo, e non que o realizase xente que non coñece tan ben coma nos a realidade do día a día, as necesidades do posto de traballo en si”.

Outras observacións apuntadas polas educadoras e educadores familiares fan referencia á necesidade de recoñecemento legal e institucional do Programa Marco, xa que é resultado do consenso de moitas profesionais acadado a través dun proceso participativo:

- “Paréceme que o documento resultante despois de todo o traballo realizado no tocante ao Programa Marco, é moi positivo no relativo ao seu contido e que responde ás necesidades dos/as profesionais que traballamos na Educación Familiar. Sen embargo, creo que sería fundamental que este traballo tivese continuidade e que realmente se publicase e tivese o recoñecemento debido por parte dos organismos oficiais competentes nesta materia. Só deste xeito podería ser realmente útil o traballo realizado”.

- “E un texto necesario no que participaron todas as educadoras familiares, polo que ten que ter un recoñecemento”.

- “O Programa Marco debería ser recoñecido oficialmente e ser publicado e difundido, xa que é o resultado do proceso participativo de moitas profesionais, que o equipo Tecendo Redes puxo en marcha con eficacia e eficiencia. Moitas gracias”.

- “Sería moi importante que se recoñecera o traballo feito e que chegue a ser publicado”.

- “Coñecido este documento de vital importancia para o recoñecemento e a práctica profesional da educación familiar en Galicia, polo que sería moi importante que este tivese un recoñecemento institucional”.

- “Que se lle de rango legal ao programa marco”.

Tamén manifestan o seu recoñecemento ao equipo Tecendo redes, ao traballo desenvolvido, e o seu malestar pola finalización do programa de apoio á Educación Familiar:

- “Non me sinto moi capacitada para avaliar dado que comecei a miña labor como educadora ao tempo que o PM, pero o que non dubido é que a min valeume de moito xa que é a única ferramenta coa que puiden contar para arrancar esta andaina. Polo que graciñas a todos e todas as que colaboraron en facelo posible”.

- “É unha mágoa que quiten este programa xa que era o único apoio que tiñamos as/os educadoras/es familiares. Con isto, damos un gran retroceso nas nosas profesións e quedamos sen ningún tipo de guía dende a Xunta”.

- “Por primeira vez traballouse por e para o programa, cousa que é de agradecer se temos en conta que o programa xa ten máis dunha década. É un gran traballo, ó que moitas/os profesionais lle adicamos moito tempo e no que puxemos moitas esperanzas”.

115

Page 116: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Acabamos cunha cita positiva que traslada unha educadora familiar que anima a continuar co proceso desenvolvido:

- “Queda moito que facer e se pode facer. Isto só foi o comezo”.

2.2. Comisión Interdisciplinar

Ao igual que no caso das educadoras e educadores familiares, as valoracións da Comisión Interdisciplinar sobre a calidade intrínseca do Programa Marco acadaron medias elevadas, sobre todo en relación á coherencia do contido coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas.

CALIDADE INTRÍNSECA N Media

O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas 7 5,43

A linguaxe é clara e precisa 8 4,88

Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco 8 5,12

En canto ao grao de resposta ás necesidades e expectativas, as medias máis altas correspóndense coa relevancia do contido e a súa utilidade. As máis baixas fan referencia á adecuación ás expectativas persoais e técnico-profesionais.

GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS N Media

O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais 7 4,86

O programa é viable, adecúase á realidade 7 5

O programa é útil e operativo, é aplicable 7 5,29

O contido é relevante 7 5,43

O programa adecúase ás expectativas persoais 7 4,71

Estou satisfeita co resultado 7 5,14

Á vista da avaliación, queda validado o proceso participativo e o Programa Marco de Educación Familiar, sendo as valoracións das educadoras e educadores familiares e das persoas integrantes da Comisión Interdisciplinar moi positivas, recoñecendo, así mesmo, o traballo desenvolvido e a profesionalidade do equipo Tecendo redes.

116

Page 117: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3. Anexos

3.1. Enquisa de avaliación do proceso redes de Educación Familiar

FORMULARIO DE AVALIACIÓN DO

PROCESO PARTICIPATIVO DE ELABORACIÓN DO PROGRAMA MARCO

Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións, tendo en conta o proceso seguido ata o momento actual:

1 2 3 4 5 6 NP

Totalmente en desacordo

Desacordo Un pouco en desacordo

Un pouco de acordo

De acordo Totalmente de acordo

Non pertinente

CUMPRÍUSE A FINALIDADE E OS OBXECTIVOS MARCADOS PARA O PROCESO 1 2 3 4 5 6 NP

Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes no deseño do PM

Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais

Favorecer a asunción do programa marco como propio

Impulsar unha rede galega de educación familiar

Promover a participación das familias como destinatarias do programa

Elaborar conxuntamente o Programa Marco

GARANTÍRONSE OS DIFERENTES NIVEIS DE PARTICIPACIÓN 1 2 3 4 5 6 NP

Informativo (proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados)

Comunicativo (proporcionar espazos para facer achegas e suxestións)

Consultivo (solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes)

Proxectivo (participar na construción e toma de decisións)

MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN 1 2 3 4 5 6 NP

O equipo de Tecendo redes dinamizou axeitadamente

A redes comarcais foron mecanismos de participación axeitados

A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos e da comunidade

As ferramentas virtuais (grupos de traballo, chat e foro) foron mecanismos funcionais

SISTEMAS DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN 1 2 3 4 5 6 NP

Houbo feed-back continuo coas educadoras familiares

Trasladouse información aos responsables políticos sobre o proceso e os produtos

Trasladouse información ao persoal técnico de servizos sociais o proceso e os produtos

Trasladouse información á cidadanía en xeral a través do portal web

As estratexias de visibilización do proceso foron axeitadas (xornadas rotatorias, convite das/os políticas/os ás xornadas, envío do documento de síntese ás/aos políticas/os, notas de prensa...)

FASES DO PROCESO 1 2 3 4 5 6 NP

Preparación previa por parte do equipo Tecendo redes: as guías de análise e reflexión e os documentos borradores foron de utilidade

Discusión previa e/ou virtual por parte das redes de educación familiar: as actividades deseñadas, as preguntas do foro e as xuntanzas no chat foron axeitadas

Page 118: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

Fase presencial: as xuntanzas das redes comarcais foron operativas para a toma de decisións

Fase de síntese: os documentos de síntese de cada bloque integraron os acordos das redes

Fase de validación externa: a labor da comisión interdisciplinar de validación dos documentos de síntese foi axeitada

TEMPOS 1 2 3 4 5 6 NP

Os tempos axustáronse á planificación inicial

Adicáronse tempos suficientes á reflexión e traballo de cada un dos bloques

CERTIFICACIÓN 1 2 3 4 5 6 NP

O total de horas que se certifica (105 horas) axústase á realidade do tempo investido

A certificación axudou a motivar a participación

AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO 1 2 3 4 5 6 NP

Houbo unha planificación flexible en función das nosas demandas

Considero que foi un proceso participativo para as educadoras/es familiares

Contribuíu á formación específica das/os educadoras/es familiares

Promoveu a creación de redes

Axudou a dar resposta ás necesidades de empoderamento profesional

Axudou a mellorar o recoñecemento profesional no equipo

Contribuíu á visibilización social da Educación Familiar

Contribuíu á visibilización política da Educación Familiar

Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM

Estou satisfeita co proceso levado a cabo

O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais

Valoro positivamente a miña implicación no proceso

Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF

ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:

OUTRAS OBSERVACIÓNS:

Page 119: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.2. Enquisa de avaliación dos resultados redes de Educación Familiar

FORMULARIO DE AVALIACIÓN DO

DOCUMENTO FINAL DO PROGRAMA MARCO

Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións:

1 2 3 4 5 6 NP

Totalmente en desacordo

Desacordo Un pouco en desacordo

Un pouco de acordo

De acordo Totalmente de acordo

Non pertinente

CALIDADE INTRÍNSECA 1 2 3 4 5 6 NP

O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas

A linguaxe e clara e precisa

Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco

GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS 1 2 3 4 5 6 NP

O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais

O programa é viable, adecúase á realidade

O programa é útil e operativo, é aplicable.

O contido é relevante

O programa adecúase ás expectativas persoais

Estou satisfeita co resultado

ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:

OUTRAS OBSERVACIÓNS:

Page 120: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

3.3. Enquisa de avaliación do proceso e resultados Comisión Interdisciplinar

AVALIACIÓN DO PROCESO PARTICIPATIVO

DE ELABORACIÓN DO PROGRAMA MARCO

Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións, tendo en conta o proceso seguido ata o momento actual:

1 2 3 4 5 6 NP

Totalmente en desacordo

Desacordo Un pouco en desacordo

Un pouco de acordo

De acordo Totalmente de acordo

Non pertinente

CUMPRÍRONSE AS FUNCIÓNS RECOLLIDAS NO DESEÑO DO PROCESO PARA A COMISIÓN INTERDISCIPLINAR

1 2 3 4 5 6 NP

Validación do deseño do proceso.

Orientación e asesoramento sobre os enfoques, estrutura e contidos do Programa Marco.

Revisión e análise continua dos produtos acadados en cada fase, facendo as achegas oportunas.

Validación do documento final.

SOBRE A COMPOSICIÓN DA COMISIÓN INTERDISCIPLINAR 1 2 3 4 5 6 NP

A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos e da comunidade

A representación técnica foi axeitada

A representación social foi axeitada

A representación política foi axeitada

SOBRE A PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS XUNTANZAS DE TRABALLO 1 2 3 4 5 6 NP

Os documentos enviáronse con antelación suficiente para a súa lectura e reflexión previas

Houbo oportunidade para a reflexión conxunta e a realización de achegas aos documentos

A duración das xuntanzas da Comisión foi axeitada

A coordinadora dinamizou axeitadamente as xuntanzas

A coordinadora recapitulou axeitadamente os contidos abordados nas xuntanzas

A coordinadora enviou a acta e os documentos coas achegas nos prazos indicados

AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO 1 2 3 4 5 6 NP

Houbo unha planificación flexible en función das circunstancias

Considero que foi un proceso participativo

Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM

Estou satisfeita/o co proceso levado a cabo

O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais

Valoro positivamente a miña implicación no proceso

Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF

Page 121: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide

AVALIACIÓN DOS RESULTADOS:

O PROGRAMA MARCO

CALIDADE INTRÍNSECA 1 2 3 4 5 6 NP

O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas

A linguaxe é clara e precisa

Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco

GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS 1 2 3 4 5 6 NP

O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais

O programa é viable, adecúase á realidade

O programa é útil e operativo, é aplicable

O contido é relevante

O programa adecúase ás expectativas persoais

Estou satisfeita co resultado

ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:

OUTRAS OBSERVACIÓNS:

Page 122: Programa Marco de Educación Familiar - Ceesg.orgceesg.org/files/formacion/recursos-programa-marco-ef.pdf · Concello de Oza dos Ríos. María Xesús Segade Conde. Concello de Melide