praia dos afogados-domingo villar

2
24 FEBREIRO 2014 CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN “A PRAIA DOS AFOGADOS” Domingo Villar DOMINGO VILLAR ( Vigo, 1971) Domingo Villar é un galego emigrado a Madrid onde exerceu como guionista de cine e televisión. Ligado desde neno ao mundo do viño, desde fai anos é crítico gastronómico nunha emisora de radio nacional e cola- borador habitual en diversas publicacións escritas Obtivo coa súa primeira novela “Ollos de auga”, o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sar- miento, e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards en Reino Uni- do. Ata a data foi traducido a seis idio- mas. Fonte: Ed. Siruela Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES-

Upload: ies-poeta-anon

Post on 07-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Guía do libro (CLub de Lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña)

TRANSCRIPT

Page 1: Praia dos afogados-Domingo Villar

24 FEBREIRO 2014

CLUB DE LECTURA “Laretas”

IES POETA AÑÓN

“A PRAIA DOS AFOGADOS”

Domingo Villar

DOMINGO VILLAR ( Vigo, 1971)

Domingo Villar é un galego emigrado a

Madrid onde exerceu como guionista de

cine e televisión.

Ligado desde neno ao mundo do viño,

desde fai anos é crítico gastronómico

nunha emisora de radio nacional e cola-

borador habitual en diversas publicacións

escritas

Obtivo coa súa primeira novela “Ollos de

auga”, o I Premio Sintagma, o Premio

Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sar-

miento, e foi finalista en dúas categorías

dos Crime Thiller Awards en Reino Uni-

do. Ata a data foi traducido a seis idio-

mas.

Fonte: Ed. Siruela

Club lectura

IES POETA AÑÓN-OUTES-

Page 2: Praia dos afogados-Domingo Villar

O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chama-da onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Pan-xón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida

que lle ata as mans apunta a un asasinato.

Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está rela-cionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, men-tres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un

fondo silencio sobre o sucedido.

Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman

que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro

lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na

caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións

dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñei-

ros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que

o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite

do afundimento.

O argumento algunhas referencias do libro

Para o debate

LEO CALDAS: triunfador ou fracasado?

Relación LEO CALDAS-PAI.

Relación LEO– compañeiros traballo

LEO CALDAS e o programa da radio .

LEO e as MULLERES

O personaxe de RAFAEL ESTÉVEZ (axudante de Leo)

Imaxe que se ofrece no libro de GALICIA:

Meteoroloxía

Gastronomía

Paisaxe

O mundo mariñeiro e as SUPERSTICIÓNS.

Por que cres que os capítulos están encabeza-dos por definicións de termos ?

A especulación urbanística na novela (Panxón, Aguiño…)

“ A Leo Caldas non lle doían os mortos; doíanlle os vivos”. Que quere dicir con isto o autor? Es-tás de acordo?

“O libro dos idiotas”… que sentido ten? Animarí-aste a escribir ti un?.

A novela ten banda sonora?

Película: “Capitanes Intrépidos”

1937

Película: “Una historia verdadera”

1999

“Recordou unha película que vira con

Alba no cinema. O protagonista era un

ancián que percorría centos de qilóme-

tros montado nunha máquina de cor-

tar o céspede para visitar o seu irmán

doente, co que levaba anos incomoda-

do… (p. 301)

Templo Votivo do Mar (Panxón)

“Nas primeiras décadas do s.XX, o

párroco e os fregueses de Panxón deci-

diran demoler a igrexa antiga, que

quedara pequeña, para construíren

unha dun tamaño maior. Saberdor

destas intencións, o arquitecto Palacios

viaxou ata a vila e convenceu os veci-

nos para que respectasen o arco visigó-

tico que escondía a vella capela. A

cambio, Palacios comprometeuse a

realizar os planos dun novo templo

consagrado á xente do mar. (p.198)

PRAIA DA MADORRA

Panxón