power maios

10
ORIXE E DESCRICIÓN: A Festa dos Maios parece ter a súa orixe na prehistoria cando os homes primitivos observaban como trala época das chuvias e do frío, abrollaban as sementes e enchíase a natureza de variadas cores. A sociedade neolítica tiña unha total dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza, o que provocaba o culto a "deidades" do mundo vexetal . Os maios tiveron unha gran importancia na Idade Media. En Galicia ,esta festa sobrevive nos nosos días e celébrase a principios de maio. Os rituais cambian segundo os lugares : Os rapaces poñen unha árbore no medio dunha praza e adórnana con flores, cintas, etc. Colocan unha estrutura cónica ou piramidal feita con paos que se enchen con pólas de árbores, follas, flores e outros atavíos coma laranxas, ovos...Os nenos e a xente nova desfilan ó seu redor mentres cantan coplas satíricas sobre a actualidade, críticas sobre os políticos do pobo...Acompañan os cantos batendo dous paos que levan nas mans. Realízanse tamén maios figurativos, que representan calquera motivo pero sempre se recobren para darlle un aspecto vexetal. En Galicia, no primeiro de maio, póñense nas portas das casas,nos barcos ou nos coches as “enramadas”,que son ramas de xestas para atraeren a boa sorte porque É PRIMAVERA.

Upload: isabel-maceira

Post on 11-Jul-2015

1.103 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Power Maios

ORIXE E DESCRICIÓN: A Festa dos Maios parece ter a súa orixe na prehistoria cando os homes primitivos observaban como trala época das chuvias e do frío, abrollaban as sementes e enchíase a natureza de variadas cores. A sociedade neolítica tiña unha total dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza, o que provocaba o culto a "deidades" do mundo vexetal . Os maios tiveron unha gran importancia na Idade Media. En Galicia ,esta festa sobrevive nos nosos días e celébrase a principios de maio. Os rituais cambian segundo os lugares :

• Os rapaces poñen unha árbore no medio dunha praza e adórnana con flores, cintas, etc.

• Colocan unha estrutura cónica ou piramidal feita con paos que se enchen con pólas de árbores, follas, flores e outros atavíos coma laranxas, ovos...Os nenos e a xente nova desfilan ó seu redor mentres cantan coplas satíricas sobre a actualidade, críticas sobre os políticos do pobo...Acompañan os cantos batendo dous paos que levan nas mans.

• Realízanse tamén maios figurativos, que representan calquera motivo pero sempre se recobren para darlle un aspecto vexetal.

• En Galicia, no primeiro de maio, póñense nas portas das casas,nos barcos ou nos coches as “enramadas”,que son ramas de xestas para atraeren a boa sorte porque É PRIMAVERA.

Page 2: Power Maios

MAIO CÓNICO

O maio cónico realízase sobre unha armazón de madeira en forma de cono e sobre el vanse colocando todo tipo de flores,follas,froitos e ovos.Dentro do maio métese un rapaz e interprétanse a coro diversas cantigas populares,relacionadas co tema.

Page 3: Power Maios

Maio tradicional ou cónico

Dous maios artísticos da provincia de Pontevedra

Page 4: Power Maios

A finalidade destes maios era procurar a abundancia das colleitas alonxándoas do mal de ollo das meigas. Nalgunhas aldeas galegas existía o rito de “alumea-lo pan” que consistía en q1ueimar un mollo de palla e ao tempo que se pedían rogativas, bendecíanse as leiras e agrosde para que deran abondosos froitos.

Lume, lume Ve o pan

Deus che dea moito gran, Cada gran coma un bogallo

Cada pé coma un carballo. Lume ó pan

Lume ó pan Cada espiga Seu bo pan".

Page 5: Power Maios

O día 1 de maio,en moitos portos pesqueiros de Galicia,especialmente nas Rías Baixas, había a tradición de poñer unhas ramallas nas proas dos barcos para solicitar a abundancia na pesca de peixe.

Page 6: Power Maios

Este tipo de maios realizábanse sobre estruturas de madeira cónicas ou piramidais que se recubrían con todo tipo de follas,ramas,flores,ovos e laranxas.Os mozos lévanos ao lombo cantando coplas que varían de ano en ano. Estas coplas soen ser satíricas e conteñen críticas sociais contra alcaldes, gobernadores, caciques; outras ridiculizan a personaxes famosos, modas, feitos acaecidos, etc. Pero a maior parte seguen un esquema tradicional onde afloran alusións ao mes de Maio. Os cantos van acompañados con golpes de palitroques que levan nas mans.

Page 7: Power Maios

Na Serra dos Ancares, o día 1 de maio, tiñan por costume adornar as vacas con flores;era o día propio para soltar o gando polo monte.

Page 8: Power Maios

A finalidade destas manifestacións era anunciar a chegada da primavera. Os seus principais protagonistas eran os nenos e os,porque se consideraban dentro da idade do xogo e do divertimento.O día 1 de maio e posteriores facíanse “arcos de flores” e “cruces de flores”,con todo tipo de ramas,flores e cintas de cores.Realizábase tamén unha”árbore de maio”que os rapaces tiñan que roubar e despois colocar na praza principal das vilas, a continuación colgábase dela un boneco e prendíaselle lume .Nos chamados “maios-mozos “ un mozo vestíase con plantas e flores e un grupo de nenas (as maias), vestidas de branco, portaban coroas e arcos de flores para pedir polas rúas.

Page 9: Power Maios

O M A I O

Fermoso poema de Curros, musicado por Luis Emilio Batallán

Aí vén o maio de flores cuberto... Puxéronse á porta cantándome os nenos; e os puchos furados pra min extendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos, que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvo-lo pobre do pobo galego: pra min non hai maio. ¡pra min sempre é inverno! Cando eu me atopare de donos liberto e o pan non mo quiten trabucos e préstamos, e como os do abade florezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros...? Cantádeme un maio sin bruxas nin demos, un maio sin segas usuras nin preitos, sin quintas nin portas, nin foros nin cregos.

Page 10: Power Maios

P O E M A S A D I C A D O S A O M E S D E M A I O

O poeta ourensán Florentino Manuel Delgado compuxo en 1987 un fermoso poema no que lembra os tradicionais maios da súa terra. En 1910 recóllese en Ourense a seguinte copla anónima:

Maio longo…Maio longo. Todo cuberto de rosas Para algúns telas de morte Para outros telas de bodas. Maio longo…Maio longo Fuches corto para min Veu contigo a miña dicha Volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro

Aí ven o Maio pola porta do xardín. Aí ven o Maio de enterrar ao pai Abril. O Maio garrido, cansiño de chorar. Enxoitou o seu pranto con panos de luar.

Florentino M. Delgado

¡Ou Maio verdecente! Ti ére-lo pai dos probes Que de frores e froitos A nos aterra cobres.. Por iso estes teus fillos Che rogan como pai Que prodigue-los froitos Da terra, nosa nai.

Anónimo