plan de autoprotección da escola técnica superior de ... · nas fins de semana e festivos, tamén...

8
Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de Enxeñaría - ETSE INSTRUCCIÓNS DE ACTUACIÓN DURANTE UNHA EMERXENCIA

Upload: others

Post on 03-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de

Enxeñaría - ETSE

INSTRUCCIÓNS DE ACTUACIÓN DURANTE UNHA EMERXENCIA

Page 2: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 2

1. EMERXENCIA. DEFINICIÓN Y CLASIFICACIÓN

Emerxencia: Calquera situación non desexada que pon en perigo a integridade das dependencias do Centro e das persoas que as ocupan, esixindo a intervención dos equipos de emerxencia do Centro, e si é necesario, (emerxencia parcial ou xeral), a evacuación rápida das persoas que o ocupan. Clasificación das Situacións de Emerxencia: As Emerxencias poden clasificarse: 1. En función do tipo de risco

Os tipos de emerxencia que se consideran posibles na ETSE, son: Riscos de Orixe Interna, a orixe do cal ten lugar no interior do recinto do establecemento. � Explosión. � Incendio. � Accidente de traballo ou enfermidade con consecuencias graves. � Derrame / Fuga

Riscos de orixe externa, a orixe do cal ten lugar no exterior das instalacións, pero cuxas consecuencias poden afectar ao propio establecemento. Entre estes atópanse: � Axentes da natureza. � Intrusión e outros actos delituosos. � Ameaza de bomba ou de sabotaxe.

2. En función da gravidade

a. Fallo técnico Situación de alerta producida, por algún detector, central de datos, máquina, equipo ou calquera elemento que posúa un dispositivo de revisión e que funcione de forma anómala ou non funcione, dando orixe polo tanto ao sinal de perigo, sendo soamente un fallo deste que se evita reparándoo ou cambiándoo.

b. Conato de emerxencia É aquela emerxencia que, polo seu inicial desenvolvemento, pode ser controlada e neutralizada cos medios dispoñibles na área onde se orixina o suceso.

c. Emerxencia parcial É aquela emerxencia que aínda revestindo certa importancia aparente, afecta a un sector determinado, pero non é previsible a súa extensión a outros sectores lindantes. Para ser dominada, require a activación do Plan de Actuación ante Emerxencias e a participación dos Equipos de Intervención, segundo sexa a emerxencia.Os efectos desta emerxencia quedarán, en principio, limitados ao propio sector, non alcanzando os lindantes nin terceiras persoas, xerando como máximo a evacuación do sector afectado.

d. Emerxencia xeral É aquela emerxencia que afecta ou pode afectar a partes importantes (en tamaño ou valor) das instalacións. Require para o seu combate a activación do Plan de Actuación ante

Page 3: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 3

Emerxencias (coa participación dos Equipos de Intervención), así como a colaboración de medios de axuda e socorro exteriores. Ademais, comportará a evacuación da ETSE.

3. En función da ocupación e medios humanos

En función da ocupación e dos medios humanos dispoñibles pódense distinguir varios períodos durante os cales a afluencia de persoal varía en función da actividade, ou do período do ano (vacacións de verán, Nadal, fins de semana, festivos, ...). Polas dispoñibilidades de medios humanos e ocupación, en base a información facilitada pola Escola, contemplanse as seguintes situacións.

a. Horario de plena actividade Considérase como período de plena actividade, o espazo de tempo comprendido entre as 09:00 e as 20:00 h. b. Horario de actividade reducida ou non habitual No horario de 8:00 a 09:00 h e de 20:00 a 22.00 h hai actividade reducida, no que pode concorrer persoal administrativo, docente e investigador. No período nocturno, comprendido entre as 22:00 e as 8:00 h horas de luns a venres, poden realizarse, con carácter extraordinario, actividades derivadas da necesidade investigadora. Neste caso, poden darse as seguintes situacións: � Presenza dun único Investigador, sempre e cando non permaneza na Escola mais de

30 minutos, coa obriga sempre de ter un acompañante virtual (outro Investigador que estará pendente del vía telefónica).

� No caso previsible de que o Investigador vaia a permanecer na Escola por un espazo de tempo superior a 30 minutos, está obrigado a ter un acompañante presencial.

Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente actividades extraacadémicas, tales como congresos, etc. Para todas estas actividades, resulta moi complicado determinar a dispoñibilidade de medios humanos, así como os horarios e duración das actividades, podendo darse os seguintes supostos:

� Presenza dun único Investigador, sempre e cando non permaneza na Escola mais de

30 minutos, coa obriga sempre de ter un acompañante virtual (outro Investigador que estará pendente del vía telefónica).

� No caso previsible de que o Investigador vaia a permanecer na Escola por un espazo

de tempo superior a 30 minutos, está obrigado a ter un acompañante presencial. � No caso de realización de actividades extraacadémicas, congresos, etc, pode haber

unha ocupación de ata 200 persoas.

Page 4: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 4

2. AVISOS DE ALARMA � Emerxencia Parcial:

� Actuar sobre o interruptor de alarma do sector afectado, que activa as sireas do sector e envía simultáneamente o sinal de alarma á central de incendios (Conserxería – Centro de Comunicación e Control ) e á Central Receptora de Alarmas (servizo 24 horas). As sireas activadas emiten sons cortos e discontinuos, de ton agudo.

� Comunicar a emerxencia persoalmente ou por extensión telefónica á Conserxería

(Centro de Comunicación e Control), e ó persoal afectado na zona da emerxencia. � Actúan os equipos de emerxencia do sector afectado. � Información: As instalacións de seguridade do Centro envían os sinais de alarma que

non se atenden na propia central, ubicada na Conserxería (Centro de Comunicación e Control), e despois de transcurrido un tempo corto e programado, a unha Central Receptora de Alarmas (CRA, servizo 24 horas). Dende a CRA se comunica por teléfono a información das alarmas ó Centro (Conserxería, Dirección, etc), e á Patrulla do Servizo de Vixilancia da USC (servizo 24 horas).

� Emerxencia Xeral

� A decreta a Dirección do Centro (Xefe de Emerxencia). Actuar sobre o interruptor de

de alarma xeral, ubicado na Conserxería (Centro de Comunicación e Control), que activa tódalas sireas do edificio. As sireas activadas emiten sons continuos, de ton agudo, que se manteñen mentres dura a emerxencia. Esixe a evacuación rápida de tódalas persoas que ocupan o Centro.

� Actuan tódolos equipos e medios de protección do establecemento e a axuda de

medios de socorro e salvamento exteriores.

3. PERSOAL E ACTUACIÓNS DURANTE UNHA EMERXENCIA

� Equipos de Autoprotección.

Acudir aos Puntos de Encontro Interiores establecidos e actuar segundo as consignas do Plan de Autoprotección.

PUNTO DE ENCONTRO ZONAS A EVACUAR Edificio ETSE Planta 3ª Planta 3ª Planta 2ª Planta 2ª Planta 1ª Planta 1ª Planta 0 Planta 0 Planta -1 Planta -1 e -2 Edificio Docencia Planta -1 Plantas 1ª, planta 0 e planta -1 Planta -2 Plantas -2 e -3

Page 5: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 5

Observacións: - Na Situación de Emerxencia Parcial soamente actuarán os equipos da planta

afectada. - Na situación de Emerxencia Xeral actuarán tódolos compoñentes dos Equipos de

Emerxencia. � Persoal docente durante a impartición de clases:

Todo o persoal docente pertence ao Equipo de Alarma e Evacuación. � Emerxencia Parcial: as sireas emiten sons cortos e discontinuos, de ton agudo.

O persoal docente que esté impartindo clase na zona na que se ativan as sereas, acudirá ao Punto de Encontro Interior que lle corresponda, actuando segundo as consignas de actuación recollidas no Plan de Autoprotección.

� Emerxencia Xeral: as sireas emiten un sons contínuos de tono agudo en todo o Centro. O persoal docente que esté impartindo clase deberá de evacuar aos alumnos o seu cargo pola saída mais próxima, guiando aos ocupantes ata o Punto de Encontro Exterior, e evitando que regresen ao Centro. Posteriormente acudirá ao Punto de Encontro Interior que lle corresponda segundo as consignas de actuación recollidas no Plan de Autoprotección.

Puntos de Encontro Interiores: PUNTO DE ENCONTRO ZONAS A EVACUAR Edificio ETSE Planta 3ª Planta 3ª Planta 2ª Planta 2ª Planta 1ª Planta 1ª Planta 0 Planta 0 Planta -1 Planta -1 e -2 Edificio Docencia Planta -1 Plantas 1ª, planta 0 e planta -1 Planta -2 Plantas -2 e -3

� Profesores e persoal sin ocupación específica no momento da alarma.

Todo o persoal do Centro forma partes dos Equipos de Emerxencia. As actuacións serán as seguintes: � Emerxencia Parcial: as sireas emiten sons cortos e discontinuos, de ton agudo. Si se

atopa na planta onde se activan as sereas, acudirá ao Punto de Encontro Interior corresponte, actuando segundo as consignas de actuación recollidas no Plan de Autoprotección.

� Emerxencia Xeral: en función de onde se atope, acudirá ao Punto de Encontro mais cercano, actuando segundo as consignas de actuación recollidas no Plan de Autoprotección.

Page 6: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 6

PUNTO DE ENCONTRO ZONAS A EVACUAR Edificio ETSE Planta 3ª Planta 3ª Planta 2ª Planta 2ª Planta 1ª Planta 1ª Planta 0 Planta 0 Planta -1 Planta -1 e -2 Edificio Docencia Planta -1 Plantas 1ª, planta 0 e planta -1 Planta -2 Plantas -2 e -3

4. PUNTO DE ENCONTRO EXTERIOR

XARDÍN DA PARTE DE ATRÁS DA CAFETERÍA

Page 7: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 7

5. NORMAS XERAIS DE ACTUACIÓN

Actuación Primaria Contra Incendios 1. ACTIVAR O INTERRUPTOR DE ALARMA MÁIS PRÓXIMO

2. AVISAR A CONSERXERÍA Ao descubrir o incendio

1. Peche a porta do local incendiado. 2. Dé a alarma rápidamente. Pulse o interruptor de alarma más próximo. Avise á Conserxería,

por teléfono, ou persoalmente.

3. Manteña a calma, non berre.

4. Siga as instruccións dadas polo persoal dos Equipos de Emerxencia.

5. Non se expoña, baixo ningunha circunstancia, a un perigo por propia iniciativa.

6. No caso de que non se atopase ninguén no edificio ( en horario de baixa ocupación de persoal), premerá o interruptor de alarma de incendios máis próximo, solicitará a intervención dos Servizos de Axuda Exterior (112), e inmediatamente comunicará a situación ao Servizo de Seguridade da USC – ILUNION (en tódolos laboratorios atópase un directorio co número de teléfono do Servizo de Seguridade, así como os de emerxencias).

Colocarase na porta do acceso principal ao edificio para esperar aos Servizos de Axuda Exterior, e para indicar ao persoal evacuado o Punto de Encontro Exterior o cal dirixirse .

7. Está prohibida a entrada ao Centro de Transformación, así como a demais zonas de instalación como salas de caldeiras, grupo electróxeno, etc, a todo o persoal alleo as instalación, ou que non dispoña de autorización.

No caso de evacaución

1. Baixo ningunha circunstancia debe expoñerse, nin vostede nin o persoal a evacuar, a un

perigo por propia iniciativa.

2. Debe manter en todo momento a calma e non fomentar situacións alarmistas (controle reaccións nerviosas), non berre e sobre todo non corra, xa que unha caída pode obstaculiza-lo camiño de evacuación, e a aglomeración e caída de outras persoas con graves consecuencias. Debe promove-la axuda mutua.

3. Apague tódolos equipos eléctricos 4. Elimine obstáculos nas portas e camiños de evacuación.

Page 8: Plan de Autoprotección da Escola Técnica Superior de ... · Nas fins de semana e festivos, tamén se poden realizar actividades derivadas da necesidade investigadora e máis esporadicamente

Página | 8

5. Deixe pechadas as portas e xanelas tras o seu paso, asegurándose de que non quede

ninguén no interior do recinto. Non peche con chave.

6. Axude a evacuar ós discapacitados que se atopen na sua área. 7. No se entreteña recollendo os seus obxectos persoais. 8. Non utilice os ascensores. 9. Nos tramos de escaleira circule polo exterior de éstas para favorece-lo acceso dos Equipos

de Emerxencia. 10. Durante a evacuación, non retroceda a buscar a outras persoas, xa que entorpecería a

evacuación. 11. Si existira fume abundante, camiñe agachado e cúbrase o nariz e a boca con un pañuelo ou

otro tipo de prenda. 12. Si se prendese a roupa, tírese ao chan e rode. Non corra, xa que si o fai activará mais o

fogo. 13. Abandonado o edificio, diríxase ao Punto de Encontro Exterior para poder detectar posibles

ausencias, informar de incidencias e facilita-lo acceso e traballo dos medios de socorro e salvamento exteriores. Non abandone o Punto de Encontro Exterior ate que se dé a orde. Espere instruccións dos Equipos de Emerxencia.

14. Si por algunha razón non podera chegar a zona segura, deberá comunicalo: � Si e posible ao Centro de Comunicación e Control (Conserxería). � Comuníquese tamén a través das ventanas.