os escaravellos voan Á tardiÑa

2
26 Novembro 2012 María Gripe naceu en Vaxholm, preto de Estocolmo, en 1923, e o seu pai era escritor. Estudou filosofía e tamén historia das rexións e re- lixións na Universidade de Estocolmo. Tras licenciar- se, dedicouse ao ensino. casou co pintor e ilustrador Harald Gripe, que a animou a escribir e máis tarde ilustraría moitos dos seus contos. Aínda que comezou escribindo libros de tipo tradicio- nal, xurdidos, como ela mesma di, das historias que contaba á súa filla Camila, pronto comezou a escribir outras nas que sacaba á luz o autoritarismo que se esconde na familia e na escola, o que a fai unha das representantes da tendencia antiautoritaria na litera- tura infantil. Cun estilo exquisito e unha linguaxe certeira e simple, afronta calquera tema realista, por moi perigoso que poida parecer, pero que preocupa á infancia: o fillo non desexado ou ignorado, o alcoholis- mo, o cárcere, o paro, a envexa, a inadaptación, a morte, a soidade, son feitos que forman parte da vida cotiá e cos que hai que aprender a vivir ou que hai que superar. En 1974, foille concedida a medalla Hans Christian Andersen. Morreu o 5 de abril de 2007. Para reflexionar: CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN “Os escaravellos voan á tardiña” MARIA GRIPE A AUTORA: María Gripe Gustouche a combinación de elementos fan- tásticos cos elementos realistas? É unha his- toria verosímil? Chámanche a atención as casas vellas? Cres que hai algún misterio nelas? Por que? Puxécheste a pensar nas historias que gardan? Visitaches algunha? Que sensacións experimentaches ao percorre- la? Cal é o papel da muller no século XVIII, repre- sentado no libro por Emilie?Pensas que cam- biou na actualidade? Por que cres que Anika se enfada continua- mente con David cando fala de Emilie e An- dreas? Por que a escritora lle deu ó libro este título? Pensas que os escaravellos teñen un papel im- portante na novela? Realmente “todolos seres vivos están interre- lacionados”? Pensas que os animais e as plantas teñen unha sensibilidade especial que capta as nosas in- tencións e estados de ánimo? Tes algunha ex- periencia persoal ó respecto? “Nesta profesión (xornalismo) interesa cal- quera novidade. Encántanos atopar calquera cousa que se poda vender” . Estás de acordo con esta afirmación de Hjärpe?

Upload: ies-poeta-anon

Post on 11-Mar-2016

240 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Guía de lectura do libro "Los escarabajos vuelan al atardecer"

TRANSCRIPT

Page 1: OS ESCARAVELLOS VOAN Á TARDIÑA

26 Novembro 2012

María Gripe naceu en Vaxholm, preto de Estocolmo,

en 1923, e o seu pai era escritor.

Estudou filosofía e tamén historia das rexións e re-

lixións na Universidade de Estocolmo. Tras licenciar-

se, dedicouse ao ensino. casou co pintor e ilustrador

Harald Gripe, que a animou a escribir e máis tarde

ilustraría moitos dos seus contos.

Aínda que comezou escribindo libros de tipo tradicio-

nal, xurdidos, como ela mesma di, das historias que

contaba á súa filla Camila, pronto comezou a escribir

outras nas que sacaba á luz o autoritarismo que se

esconde na familia e na escola, o que a fai unha das

representantes da tendencia antiautoritaria na litera-

tura infantil. Cun estilo exquisito e unha linguaxe

certeira e simple, afronta calquera tema realista, por

moi perigoso que poida parecer, pero que preocupa á

infancia: o fillo non desexado ou ignorado, o alcoholis-

mo, o cárcere, o paro, a envexa, a inadaptación, a

morte, a soidade, son feitos que forman parte da vida

cotiá e cos que hai que aprender a vivir ou que hai que

superar.

En 1974, foille concedida a medalla Hans Christian

Andersen. Morreu o 5 de abril de 2007.

Para reflexionar:

CLUB DE LECTURA

“Laretiñas” IES POETA AÑÓN

“Os escaravellos voan á

tardiña”

MARIA GRIPE

A AUTORA: María Gripe

Gustouche a combinación de elementos fan-tásticos cos elementos realistas? É unha his-

toria verosímil?

Chámanche a atención as casas vellas? Cres que hai algún misterio nelas?

Por que? Puxécheste a pensar nas historias que gardan? Visitaches algunha?

Que sensacións experimentaches ao percorre-la?

Cal é o papel da muller no século XVIII, repre-sentado no libro por Emilie?Pensas que cam-

biou na actualidade?

Por que cres que Anika se enfada continua-mente con David cando fala de Emilie e An-

dreas?

Por que a escritora lle deu ó libro este título? Pensas que os escaravellos teñen un papel im-

portante na novela?

Realmente “todolos seres vivos están interre-

lacionados”?

Pensas que os animais e as plantas teñen unha sensibilidade especial que capta as nosas in-tencións e estados de ánimo? Tes algunha ex-

periencia persoal ó respecto?

“Nesta profesión (xornalismo) interesa cal-quera novidade. Encántanos atopar calquera cousa que se poda vender” . Estás de acordo

con esta afirmación de Hjärpe?

Page 2: OS ESCARAVELLOS VOAN Á TARDIÑA

Na novela aparece mencionado o naturalista sue-

co Carl von Linné (1707-1778), máis coñecido

entre nós como Linneo, que deseñou no século

XVIII a denominación científica dos seres vivos.

Para iso, describiu detalladamente cada especie

animal ou vexetal e utilizou o latín para designa-

las cientificamente. Así, por exemplo, ao tigre

denomínaselle Panthera tigris.

O escaravello foi un amuleto de vida e

poder, con forma de escaravello pelote-

ro (Scarabaeus sacer exipcio), que repre-

sentaba ao Sol nacente, e era símbolo

da resurrección na mitoloxía exipcia.

En vida proporcionaba protección con-

tra o mal, visible ou invisible, dando

diariamente forza e poder. Na morte,

quen o portaba adquiría a posibilidade

de resucitar e alcanzar a vida eterna.

O escaravello estaba vinculado co deus

Jepri, forma de Ra como Sol nacente, e

era o símbolo da constante transforma-

ción da existencia.

EXIPTO no libro

Quen foi linneo?

ALGÚNS ICONOS ACTUAIS ORIXINARIOS DE

SMALAND

O ESCENARIO DA NOVELA:

SMALAND (Suecia)

SELANDRIA EGYPTICA

Escaravello exipcio no

Museo Británico (Londres)

“Eknaton fue un hombre notable. Puso fin a la hege-

monía de los sacerdotes y rompió con todo lo antiguo.

Fundó una religión nueva, con unas creencias que acer-

caban los hombres a la naturaleza y pretendían liberar-

los de la viejas y rígidas enseñanzas sacerdotales; y

adoró al Sol, condición indispensable para la vida.”

p. 204

Eknatón e Nefertiti

xogando cos seus

fillos.

“¡No menosprecies el escarabajo, Jonás1. En Egipto era

un animal sagrado. Simbolizaba la búsqueda de la luz,

el camino del hombre hacia el sol, hacia el cielo. Se creía

que procedía de la materia primigenia y que estaba real-

cionado con el origen de la vida…”. p.199