o mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

10
O mar en: Manuel Antonio De catro a catro. Follas sen data dun diario dabordo Noelia Santamaría Otero Anabel Calo Rodríguez

Upload: pascual-vidal

Post on 24-May-2015

129 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

O mar en: Manuel Antonio

De catro a catro. Follas sen data dun diario dabordo

Noelia Santamaría OteroAnabel Calo Rodríguez

Page 2: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

O poemario consta de dezanove poemas que foron escritos nos anos 1926 e 1927 cando Manuel Antonio, embarcado no pailebote Constantino Candeira, percorreu as augas do Mediterráneo .

Esta obra, subtitulada "Follas dun diario de abordo", está adicada ó ribeirense Augusto Lustres Rivas, capitán do barco "Constantino Candeira".

Page 3: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

O tema central desta obra é o mar, e ademais está concibida como o diario dunha travesía, desde o momento en que o barco se fai ao mar(o primeiro poema “intencions”) ata que retorna ao punto de partida (“adeus”, último poema). Polo medio atópanse 2 poemas (“recalada” e “navy bar”) nos que o navío arriba a un porto intermedio.

Os outros poemas son a crónica dunha viaxe marítima, monótona e reflexiva, que se pode interpretar simbólicamente como a viaxe do poeta pola vida e, por extensión, de calquera ser humano pola súa existencia.

Page 4: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

Intencions

Afastamento do mundo coñecido: en “Intencions” comeza esta viaxe, afastándose da beiramar, con sede de aventuras. O poema quere convidar á viaxe, quere facer extensiva a experiencia individual que vivirá o eu lírico empregando a primeira persoa do plural.

Page 5: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

• Encheremos as velas tempo futuro, imos embarcar e pensamos no que nos vai deparar a travesía. Nós: suxeito lírico clásico ou a tripulación do barco coa luz náufraga da madrugada a luz perdida fai aparecer, ver o barco veleiro ao romper o día. Luz náufraga: pesonificación, animismo

Pendurando en dous puntos cardinais movéndose no ceo a randeeira esguía bambán delgado, fino. O barco móvese de un lado ao outro do horizonte, balancéase sobre a auga do pailebote branco pailebote: pequena embarcación con dous/tres paos de goleta. É un veleiro branco polas velas

Page 6: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

Coas súas mans louras nova imaxe xustaposta acenan mil adeuses as estrelas personificación: as estrelas da madrugada coa súa luz loura despídense do poeta que vai partir. A imaxe do adeus, da despedida é continua no libro..

Inventaremos frustradas descubertas antítese: frustradas

descubertas a barlovento dos horizontes barlovento: o lado donde sopra o vento, vontade de avanzar, de saír para acelerar os abolidos corazóns anulados corazóns dos nosos veleiros defraudados decepcionados. Identificación do poeta, o seu corazón co barco, co veleiro

Inventaremos, logo a viaxe non é real, é imaxinada, ademais está xa frustrada antes de saír. A travesía polos horizontes marítimos debería conseguir animar o poeta, mais os veleiros están defraudados.

Page 7: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

“Adeus”, o final da travesía

No final da travesía o poeta chega a terra, mira para a baía e bota de menos o veleiro. Despídese del (o adeus, a despedida xa aparecía en moitos dos poemas do libro)

Este poema é unha despedida do mar que será visto a partir de entón de novo dende a terra.

Page 8: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

Entre a calima calima: brétema, néboa transpondo o meu ollar ocultándoseme á vista. Suxeito eu esquivouse o velame perdeuse o veleiro Deixounos a baía suxeito nós chea da súa ausencia deixounos o seu baleiro, botámolo en falta e a mañá sen perspectiva a mañá sen ilusións. Xa non é de noite como no resto do poemario á mañá estamos xa sen o barco e as súas velas

Agora en terra xa está en terra

arredado de min mesmo desdobrado e afastado de si mesmo por un océano de singraduras singradura: a travesía do barco o vento da Ría agora é o vento da Ría, non do Mar, o impulso vital da terra. Noutro poema do libro falou de Vigo (lonxe) agora dunha ría... Vigo ou Rianxo? vai virando a folla de cada emoción o que vai movendo as emocións. De novo as follas que move o vento, agora o da ríaXa en terra revive as emocións

Page 9: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

como vimos a obra comeza con “intencións” e remato con “adeus”, e ademais deses , a obra consta doutros 16 poemas intermedios, nos cales a travesía convencional parece estar negada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas recaladas(Recalada e Navy Bar) ou en certos poemas nos que aparece sensación de movemento.

Page 10: O mar en manuel antonio e álvaro cunqueiro

Finalmente, a viaxe descrita nas páxinas do poemario acaba por ser unha viaxe cara a ningures. Tal e como se se tratase dun cosmonauta perdido, aboiando na infinidade do Cosmos, así o navío de Manuel Antonio paira nun mar sen ribeiras nin horizontes e no cal todos os sinais acaban morrendo e perdéndose nesa propia soidade do "alto mar" convertido, efectivamente, nunha "illa de auga rodeada de ceo por todas partes".