o carreirón

47
Tamara Parracho Martínez 1º Bacharelato A CCMC IES Francisco Asorey ESPAZO NATURAL DE CARREIRÓN ESPAZO NATURAL O CARREIRÓN

Upload: iesasorey

Post on 18-Jul-2015

110 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Tamara Parracho Martínez 1º Bacharelato A

CCMCIES Francisco Asorey

ESPAZO NATURAL DE

CARREIRÓN

ESPAZO NATURAL

O CARREIRÓN

LOCALIZACIÓN

LOCALIZACIÓN

O Espazo Natural do Carreirón está situado na zona sur da Illa de Arousa (Pontevedra, Galicia).

E. Natural de Carreirón

EXTENSIÓN

EXTENSIÓN

Ocupa 1,3 km2, unha superficie significativa se temos en conta que a área total do concello no que se atopa, A Illa de Arousa, é de 7 km2.

E. Natural de Carreirón

PROTECCIÓN

PROTECCIÓN

Este espazo natural forma parte do Complexo Intermareal Umia – O Grove – A Lanzada – Punta Carreirón – Lagoa Bodeira.

O Carreirón, xunto co resto de espazos que compoñen o Complexo Intermareal, está protexido como:

Protección otorgada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente dentro da Lei de Patrimonio Natural e a Biodiversidade.

O Complexo Intermareal é un dos seis Espazos Naturais en Réxime de Protección Xeral de Galicia.

Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral

Mapa de Espazos Naturais en Galicia. Os puntos azuis indican os Espazos Naturais en Réxime de Protección Xeral.

Os LIC son ecosistemas protexidos co obxecto de contribuir “a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais da fauna e flora silvestres no territorio”

Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)

No 2014 foi aprobada unha lei pola que os LIC de Galicia foron declarados Zonas Especiais de Conservación (ZEC)

Concretamente, o complexo Ons – O Grove está incluído na lista de LIC da rexión bioxeográfica atlántica.

Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)

Mapa e táboa de datos sobre os LIC en Galicia

Nº LIC Superficie Terrestre (ha)

Superficie Marina (ha)

Superficie Total (ha)

% Territorio C.A.

59 345.657,14 28.307,03 373.964,17 11,65

As ZEPA son áreas protexidas catalogadas como ”zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción”.

Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)

Mazarico

Nº ZEPA Superficie Terrestre (ha)

Superficie Marina (ha)

Superficie Total (ha)

% Territorio C.A.

16 88.406,52 13.064,14 101.470,65 2,98

Mapa e táboa de datos sobre as ZEPA en Galicia.

Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)

O Convenio de Ramsar, foi firmado na cidade de Ramsar (Irán) o 18 de xaneiro de 1971. O seu principal obxectivo é “a conservación e o uso racional dos humidais”

Zona húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR)

Zona Húmida de Carreirón

Mapa dos humidais españois incluídos no Convenio Ramsar.O Complexo Intemareal Umia – O Grove – A Lanzada – Punta Carreirón – Lagoa Bodeira está sinalado co número 11.

Zona húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR)

Ademais, a Illa de Arousa (e polo tanto Carreirón) foi considerada Área Importante para a Herpetofauna Española no 2004 por ser unha área insular e posuír unha especie vulnerable e 11 especies de anfibios e réptiles autóctonas.

Área importante para a herpetofauna española

Herpetofauna: Poboación de anfibios e réptiles dunha determinada rexión ou ecosistema

Mapa das áreas importantes para a herpetofauna española.

Área importante para a herpetofauna española

ECOSISTEMAS

ECOSISTEMAS

A pesar da súa escasa extensión, esta rexión conta cunha ampla interrelación e variedade de ecosistemas, como son:

Praias e Areais

Dunas

Acumulacións de area xeradas polo vento onde se atopa a flora de maior valor ecolóxico do Espazo Natural.

Zonas Húmidas

MARISMA: Ecosistema húmido nos que habitan multitude de organismos, dende diminutas algas ata animais e plantas, destacando, no Carreirón, xuncos, salgueiros e, sobre todo, aves.

Zonas Húmidas

LAGOA: depósito natural de agua que está separado do mar e que é de menores dimensións ca un lago, podendo ser a súas augas tanto doces coma salobres.

FAUNA

HerpetofaunaNo refeterente á herpetofauna, nesta área destaca

a lagarta galega (Podarcis bocagei).

Macho Femia

A variedade insular da Illa de Arousa ten un tamaño algo maior que en terra firme, coa cabeza algo más curta e as extremidades proporcionalmente máis longas que no continente.

Porén, posúe unha coloración e un deseño dorsal semellante aos individuos do continente.

Herpetofauna

Distribución xeográfica da Podarcis bocagei

Avifauna

O Carreirón destaca pola presenza de aves limlícolas e por ser o lugar elixido por estas aves migratorias para criar e descansar no inverno durante os seus pasos migratorios.Algunhas das aves limícolas que atopamos no Carreirón son:

Avifauna

PÍLDORA CINCENTA

(Pluvialis squatarola)

Avifauna

BILURICO

(Actitis hypoleucos)

Avifauna

PILRO

(Calidris alpina)

Ademais, podemos atopar outras aves típicas de zonas costeiras.

Avifauna

CORVO MARIÑO

AvifaunaTal é a importancia das aves en Carreirón, que existen dous

observatorios na zona para o seguimento destas.

Observatorio de aves

FLORA

Piñerais

Toda a rexión está cuberta por amplos piñeirais, onde topamos a presenza de piñeiros bravos (Pinus pinaster), que se poden considerar unha especie autóctona.

Mato

Atopamos conxuntos espesos de matogueiras, onde hai plantas silvestres como o breixo, os toxos, as xestas…

Vexetación das dunasPero a flora de maior valor ecolóxico do espazo atópase nas dunas,

onde hai endemismos ibéricos e galegos como poden ser:

Vexetación das dunas

LINARIA ARENARIA

(Linaria arenaria DC)

Vexetación das dunas

HERBA DE NAMORAR

(Armeria maritima)

Vexetación das dunas

Dunas de Carreirón no mes de febreiro

XEOLOXÍA

XEOLOXÍA

Abondan as zonas rochosas, onde atopamos fundamentalmente granitos que se encontran expostos aos axentes erosivos propios da costa (vento, ondas e mareas).

Rochas erosionadas

CON DO CROCODILOnas proximidades do Carreirón, na Praia das Saíñas

Rochas erosionadas

RUTAS

RUTAS

Existe una ruta de menos de 4 km ao redor do Espazo Natural chamada “Sendeiro dos Pirlos” moi recomendable para gozar da natureza e observar a flora e a fauna características do Espazo.

RUTAS

Sendeiro dos Pirlos marcado coa liña azul

IES FRANCISCO ASOREYCCMC

ESPAZO NATURAL DE

O CARREIRÓN

TAMARA PARRACHO MARTÍNEZ1º BACHARELATO A

febreiro de 2015