o apalpador ou pandigueiro · 2020. 11. 26. · luguesas de loúzara, o courel e o cebreiro...

53
1 O APALPADOR OU PANDIGUEIRO Xesús Taboada Chivite fala do costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este, procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo, refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura. O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ , Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personaxe mítico do Nadal galego a rescate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns. O día 31 de decembro baixa da montaña e visita aos nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame. De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha man chea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presa de castañas. Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos que lle cantaban os pais ós seus fillos a noite que baixaba o Apalpador: Vaite logo, meu meniño (miña meniña) marcha agora para a camiña Que vai vir o Apalpador a apalparche a barriguiña Xa chegou o día grande día do noso Señor. Xa chegou o día grande e virá o Apalpador. Mañá é dia de cachela, que haberá gran nevarada e há vir o Apalpador cunha mega de castañas. Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo.

Upload: others

Post on 13-Dec-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

1

O APALPADOR OU PANDIGUEIRO

Xesús Taboada Chivite fala do costume que denomina "a noite de

apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de

fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra.

Semellantes testemuños a este, procedentes de diferentes lugares da

montaña de Lugo, refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou

"apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o

de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de

fame, senón de fartura.

O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no

Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personaxe mítico do Nadal galego a

rescate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras

luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o

Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e

remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns. O día 31 de decembro baixa da

montaña e visita aos nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver

se están cheos ou se teñen fame. De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e

déixalles unha man chea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais

tamén deixa unha presa de castañas.

Jerónimo de Vicente, desde Ourense, achéganos estes versos que lle cantaban os pais ós seus

fillos a noite que baixaba o Apalpador:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)

marcha agora para a camiña

Que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

Page 2: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

2

cachela=plancha furada para asar as castañas

mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos

cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

Recentemente, en datas previas ao Nadal de 2008 escoitamos no programa da Radio Galega

dirixido por Xurxo Souto "Aberto por reformas" o testemuño de Miguel Losada quen facía

referencia ao Pandigueiro, personaxe que na Terra de Trives acudía aos leitos dos nenos que se

tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro.

Segundo esta información os nenos tiñan que pedirlle leitiña con purgazos (castañas secas,

cocidas) ao Pandigueiro por medio dun retrouso (que xa non lembra) e este baixaba da Serra

da Cabeza Grande coas castañas e, ademais, podía levar xoguetes tallados en madeira cocida

de amieiro.

Page 3: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

3

A AVENOITEIRA

A avenoiteira cincenta (caprimulgus europaeus) é unha gran descoñecida entre as aves

galegas, aínda que non é escasa no noso territorio. Os seus hábitos nocturnos, voo silencioso e

incrible destreza para mimetizarse co contorno, converten a súa busca en todo un desafío. Nin

sequera o seu canto ,similar ao croar dunha ra, lle confire o máis mínimo afán de protagonismo.

Tal vez ese carácter misterioso faga que sexa branco de falsas crenzas, como aquela que a

acusa de chupar o leite dos ubres das cabras (velaí o seu nome en castelán, chotacabras, ou en

catalán, enganyapastors); e tal vez tamén por iso comparta, con mouchos e curuxas, o

dubidoso honor de ser «ave da morte» na mitoloxía galega, ou, o que é o mesmo, portadora

das ánimas dos defuntos cara ao máis alá.

Mais o certo é que á avenoiteira nin lle gusta o leite nin é ave rapaz, senón que segue un réxime

estrictamente insectívoro. Mostra predilección polos espazos abertos onde pace o gando, nas

proximidades dalgún piñeiral. Captura as presas ao voo, valéndose dunha boca enorme que

emprega a modo de rede, flanqueada por unhas sedas que funcionan coma órganos sensoriais.

Conta, ademais, cun fino oído e cuns ollos dotados para orientarse na escuridade.

Page 4: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

4

OS BIOSBARDOS

Os biosbardos son una figura mitolóxica existente en Galicia e coa que se gastan bastantes bromas, algunhas delas relacionadas cos nosos ríos.

Tamén se chaman cocerellos, gazafellos e cazarellos, en castelán gamusinos.

Moitas veces hai xente que invita a buscar biosbardos, normalmente pola noite, que é realmente cando saen. Cazar biosbardos, sen matalos, é apasionante. Un método bo é ir pola noite e levar un saco, para meter os biosbardos, e un pau co que se vai golpeando a maleza e o chan. Cando sae o biosbardo, o que hai que facer é metelo no saco. Convén ir con xente que coñeza o lugar e que estivera en contacto anteriormente con eles.

Son, desde logo, moi esquivos e á primeira de cambio poden ata mexar por nós...hai que ter moito coidado. En canto ó tamaño hai de todo, desde o tamaño dun pequeno coello ata o tamaño de medio dedo. Hai xente que dí que voa, ou sexa que é un paxaro.

Hai un método totalmente seguro para facer polo menos un achegamento aos biosbardos que consiste no seguinte:

Vaite a un río calquera, mellor un regato ou un río pequeno, os biosbardos gustan moito de xogar onde o río ten pasais ou poldras. Para velos hai que ir pola noite, mellor de lúa chea, xa que se non haberá que levar unha lanterna. O normal é achegarse máis ou menos á metade, estes lugares son de pouca auga; ao pararse, seguro que coa luz da lúa e mirando hacía arriba da corrente, verás unha figura, se a lúa é chea esa figura será o reflexo de ti mesmo. Nese momento, o veterano que estará ao teu carón dirache que ahí está o biosbardo e seguro que sin que te deas conta acabarás no río... Logo todos riremos a broma...

Este é un biosbardo típico, o tamaño é inferior ao dun coello e ten certo parecido a un esquío pero cun rabo completamente distinto e pezuñas como si fora un pequeno cabalo.

O da corbata é un pequeno agarimo do debuxante, dende logo os que teño visto eu non levan corbata, mais ben levan unha especie de pañoleta.

No debuxo vese un gamusino, así é como se chama en Castela ao biosbardo.

Son moi agarimosos e non morden. Se os levades para a

Page 5: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

5

casa morren rápidamente, o mellor é telos un momento e deixalos onde viven, no bosque...

A COCA

Cando en Redondela non había máis que un

grupo de casas, apareceu un monstro con

figura de réptil ou de dragón mariño que

esnaquizaba todo o que achaba no seu

camiño, e apoderábase das máis belas raparigas, ante a impotencia do veciños. As aparicións

da bicha eran inesperadas e devastadoras. Chamárona Coca, En canto á súa natureza, existen

diferentes versións; moitas sinalan que viña desde o mar, concretamente desde o golfo de

Rande tendo grandes concomitancias con outras lendas como a do monstro do Lago Ness.

As trampas que os aldeáns preparaban para a súa defensa eran inútiles e a situación chegou a

tal extremo que as doncelas de aldeas veciñas non quería casar con ningún mozo de

Redondela.

O único remedio que as xentes do pobo atoparon para eliminar esta constante ameaza foi o

ataque. Para tal empresa preparáronse forxando longas espadas de dobre fío. Con estas armas,

se juramentaron para alcanzar a vitoria e esperaron a vinda do monstro.

No transcurso do singular combate rexistráronse numerosas baixas entre as xentes do pobo,

pero finalmente o monstro foi morto por un mozo do pobo que con gran arroxo, conseguiu dar

unha estocada entre os ollos da bicha. Foi grande a festa coa que se celebrou a vitoria e nesta

os mozos bailaban facendo soar as súas espadas, mentres que as mulleres, levantaban ao

carricho ás súas fillas sen medo a que o monstro llas arrebatase.Os mozos bailan o rredor do

dragón morto.

Na procesión un monstro con forma de dragón, paséase polas rúas precedendo a comitiva e

portado por mozas que reciben o nome de céntulos. Combínanse ademais a danza das espadas

e a das penlas, nenas que bailan sobre os ombreiros de fornidas mulleres, coñecidas polo

sobrenome de “mulas”.

A orixe desta manifestación pérdese na noite dos tempos. Non cabe dúbida que renace e

esténdese tal e como chegou aos nosos días desde a Idade Media, pois non se trata máis que

dunha representación plástica do Demo, tipicamente cristiá. De feito, imita a función da

escultura e a pintura, tanto románica como gótica.

Pero a loita dun Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello,

tanto que xa existía nas relixións antigas.

A primeira denominación que temos documentada é a de \"coquetriz\" (Ourense 1437), que

non é máis que un crocodilo. Neste texto galego, esta “coquetriz” non é máis que o dragón

Page 6: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

6

que ía na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida por tanto, de que o

nome vén do latín cocatrix (crocodilo), e que xa se atopaba a mediados do século XV (1441) nun

documento de Ourense o nome tal e como se usa hoxe en día: coqa e qoqa.

OS DEMOS Seres malvados moi presentes na mitoloxía popular galega. Tamén se lles coñece como Diaños.

O Demo de Carboeiro

Preto da estrada que vai de Santiago a Ourense érguense as impoñentes ruínas do mosteiro de Carboeiro. Foi antigamente un dos máis ricos mosteiros de todo o país, pero non sempre fora así. Pois cando os monxes quixeran establecerse neste emprazamento, coñeceran moitas dificultades para construír un edificio que fose digno de devir un gran lugar de oración e de meditación. Non só era difícil atopa-los obreiros que soubesen traballa-la pedra, senón que tamén faltaba o diñeiro, e os monxes tiñan que se conformar con vivir en cabanas de pólas e celebra-los oficios en minúsculas capelas que non chegaban para acoller a todos.

Por máis que o abade pedía axuda ós habitantes do país, estes, demasiado ocupados nas súas tarefas, non se daban ningunha présa en responderlles. No tocante a dar diñeiro ós monxes, nin pensalo, porque eles mesmos eran moi pobres e vivían mal. O abade pedíalle axudas ó bispo, pero este sempre lle respondía : que tiña que facer algo. As cousas non se amañaban para os monxes que se vían na obriga de pasar un novo inverno a tremelicar de frío nas súas cabanas, ó abrigo das chuvias e da neve, case que expostos ó vento dos grandes temporais do mes de novembro.

Certo día, no decurso da súa xuntanza no que lles servía de sala capitular, dirixiuse ós monxes nestes termos:

- Irmáns, esta situación non pode continuar. Como non atopamos os medios de construír o noso mosteiro, é preferible separarnos e irmos, un a un, integrarnos noutras abadías. Éche ben triste ter que chegar a iso, pero xa non hai outra solución

Un dos monxes levantouse e solicitou humildemente a palabra.

- Fala, irmán Ramón, dixo o abade. Tes algo que nos propor?

- Certamente, -dixo o irmán Ramón- pero teño moito medo de que vos pareza mal, e non me perdoaría ser obxecto de escándalo.

-No punto no que estamos, -dixo o abade- podemos oír de todo sen quedar ofuscados. Fala pois sen medo.

- Pois ben, velaí. Non somos ricos, pero posuímos algo que non ten prezo. É o salterio de san Cibrán.

Page 7: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

7

- Efectivamente, respondeu o abade, temos o salterio de san Cibrán. Pero onde queres chegar? Desexarías vendelo? Non creo que atopemos un comprador suficientemente rico como para que nolo pague ben.

- Non se trata de vende-lo, -respondeu o irmán Ramón- Ese salterio ten unha grande virtude, sabédelo todos, porque quen o leva consigo está seguro de escorrentaro demo se este se presenta para atormentalo.

- Exactamente, pero non vexo en que podería axudarnos ese salterio. A Deus grazas, o demo déixanos en paz e non ten que facer coa nosa pobreza.

- Por iso, dixo o irmán Ramón, non está interesado en que continuemos a ser pobres. Preferiría que sexamos ricos e que descoidémo-los nosos deberes coa opulencia e a ociosidade. Entón, como o diabo ten sona de ser un bo construtor, ¿por qué non pedirlle que nos constrúa unha abadía de pedra sólida, coma as que hai por todo o país? Será tentado a face-lo, e cando veña reclama-lo debido, sempre poderemos face-lo fuxir grazas ó salterio de san Cibrán.

Houbo, entre os monxes, un grande murmurio.

- Silencio! -exclamou o abade-. A proposta do irmán Ramón non é absurda, ben ó contrario, sería xusto que o inimigo de Deus contribuíse a facer a morada do Noso Señor. E xa que o demo é construtor, fagámoslle construír o noso mosteiro. Amañarémonos para non pagarlle nada. Paréceme que ben debe iso ós pobres cristiáns.

Despois de ter deliberado, os monxes puxéronse todos de acordo en dicir que era, nas presentes circunstancias, a única saída ós seus problemas.

- Moi ben! -concluíu o abade-. E posto que es ti, irmán Ramón, quen tivo a idea, encargámosche negociar o asunto.

Naquel serán mesmo, cando escureceu, o irmán Ramón foi a un sitio onde sabía que podía achar ó demo. Na súa xuventude, vira frecuentemente ás bruxas da súa aldea invocar ao Inimigo para enfeitizar a aqueles a quen elas xuraran estragar. Sabía o que conviña facer. Foi pois directamente a un cruce de camiños pedregoso onde o Demo tiña por costume apostarse cando prevía que un home estaba disposto a concluír un pacto con el.

Foi pois a ese cruce. Colleu unha póla de acivro e fixo unha cruz que plantou ó revés no chan. Non tivo que esperar moito, o Demo presentóuselle baixo a forma dun home fraco vestido de negro e de roxo.

- Qué queres?, preguntou o Demo cunha voz fungona que se esforzaba en tornar amable.

- Que nos constrúas un mosteiro digno de nós. No país non falta a pedra, e a túa habilidade é ben coñecida. Fainos as obras que chas habemos pagar ben.

- Ah!, desde logo!, -exclamou o diabo escachando cunha risa que lle provocou un calafrío po-lo lombo ó bo do irmán Ramón-. E ti que me darás a cambio?

- Pon o prezo -respondeu o monxe.

Page 8: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

8

- Tómasme por parvo? -díxolle o demo-. Seiche moi ben que vós, os monxes de Carboeiro, posuídes o salterio de san Cibrán. Se hai algo que aborrezo, é precisamente ese salterio. Imaxino que, se fago un trato contigo, vós todos trataredes de me escorrentar brandindo ese libro. Non me deixarei agarrar na trampa, asegúrocho.

- Ponlle prezo -repetiu o irmán Ramón.

- Pois ben, acepto a túa proposta, pero coa condición de que xa non teña que volver a verte, nin a ti, nin a ningún dos teus, porque estou seguro de que me faríades fuxir con ese salterio que execro. Fagamos un arranxo, monxe, un arranxo que non se refira á vosa confraría. Hoxe é venres. Comprométome a construír o voso mosteiro de aquí ó domingo pola mañá, palabra de demo, pero esixo en contrapartida tódalas almas dos que morran o domingo, entre a misa maior e vésperas que non ides deixar de celebrar na vosa igrexa noviña.

O demo sabíache ben o que facía. Sabía ben que naquela estación eran moitos os que morrían de frío e de vellez o domingo, mentres os fillos estaban na igrexa a segui-los oficios.

- Trato concluído -respondeu o monxe.

- Non é suficiente - proseguiu o Demo-. Tés que asinar.

Sacou un rolo de papel no que estaban escritas cousas terribles. O irmán Ramón leuno atentamente, logo cortou o dedo da man, e asinou o documento co seu sangue.

- Perfecto - dixo o diaño refregando as palmas contento-. Desexo que todos vós esteades tan contentos de min coma o estarei eu de vós.

E desapareceu na noite en medio dun remuíño de vento.

O irmán Ramón regresou ó mosteiro, ou polo menos ó que facía as veces del. Foi onda o padre abade e mantivo con el unha conversa secreta. Despois marchou a durmir tranquilamente no seu xergón, nunha cabana na que entraban por todas partes as correntes de aire.

Na noite seguinte, produciuse unha grande axitación no país. As xentes dos arredores oíron uns ruídos que lles parecían moi estraños, pero non ousaron saír das casas de tan enxordecedor que era o alboroto. Éche ben certo que o Demo gastaba sen conta. Fixera vir do inferno a toda unha lexión de demiños que se ocupaban en carrexar pedras e en labralas. Logo, baixo a dirección do Demo en persoa, os demos máis experimentados puxéronse a ergue-los muros e as bóvedas da igrexa abacial e os edificios conventuais. Nunha palabra, traballaron todos tan ben que, a mañá do domingo, alí onde só había unha aldea de choupanas, erguíase un mosteiro de pedra esculpida e de aspecto magnífico.

Os monxes ficaron admirados ó ver tal esplendor e non podían crer en tanta felicidade. Pero cal non sería a sorpresa dos habitantes do país cando viron levantarse así sobre o horizonte un santuario tan bonito e tan perfecto. Pois o diabo traballa ben cando se empeña. Pero estaban lonxe de pensar que era obra do Demo, e todos pregoaban o milagre. Axiña precipitáronse na igrexa para asistir á misa maior que celebraba o padre abade.

Page 9: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

9

Nun recanto, nas pendentes da montaña, o diabo refregando as mans de contento, entusiasmado coa idea de que ía facer unha boa colleita de almas. Aproveitaría para repoboa-lo inferno que, daquela, tiña a tendencia de quedar bastante deserto, por culpa dos predicadores que andaban a espalla-la boa palabra por toda a terra.

Tan pronto como rematou a misa maior, despois de ter pronunciado o "ite missa est", o padre abade entoou con voz forte o canto das vésperas. Os fieis quedaron ben sorprendidos, pero seguíronas con tanto fervor como antes tiñan seguido a misa. E cando todo rematou, volveron ás súas casas bendicindo ó Señor. En canto ós monxes, tiveron o privilexio dunha comida de festa onde o viño correu en abundancia, o que non era de desprezar.

Non obstante, había un que non andaba demasiado contento, era o Demo. Coa rabia, rompeu as gadoupas na rocha na que se apoiaba, e aínda hoxe vémo-las súas marcas. Comprendeu que fora enganado e pasou o seu tempo a espreita-los monxes de Carboeiro. Encantaríalle destruí-lo mosteiro, pero, por unha parte, as obras do demo son difíciles de destruír po-lo sólidas que son, e, pola outra, tíñalle tanto medo ó salterio de san Cibrán que se mantiña prudentemente afastado, non querendo acometer nada que puidese prexudica-lo máis.

Pero cando, séculos máis tarde, o salterio de san Cibrán foi transferido a Toledo, o demo tomou o seu desquite. Soprou unha pavorosa tempestade sobre o mosteiro de Carboeiro e por iso hoxe só vemos alí as ruínas.

Demiños lambóns Pasou en Castro Caldelas (Ourense). Unha moza estivo posuída polos demiños e víase en que falaba o castelán correctamente cando de seu natural era incapaz. A moza posuída, a criatura segundo preferían chamarlle os demiños, tiña unha irmá de nome Carolina e se ós enredantes se lles antollaba facían que Carolina tivese que levar a irmá ás cabaliñas. A criatura negábase en redondo a pisar lugar sagrado, así que cando chegou o día da novena dos Remedios, a pesar dos moitos intentos que se fixeron , non houbo maneira de convencela para que fose.

Entón falaron os demiños e dixeron que se lles daban un chourizo e unha onza de chocolate deixaban ir a moza á novena. Déronlles as viandas, a moza foi á novena e quedou libre deles xa para sempre.

[Ilustración de Noemí López]

Demo asubiador Verdade ou lenda, alí onde o río dos Gafos se nomea río da

Estación, en Figueirido, concello de Vilaboa (Pontevedra),

acostuma escaravellar un trasno rebuldeiro, o demo

asubiador. O tal perello ten por ocupación escoller no

aninovo o parvo da aldea, un parvo por ano. O demo inviste

o seu lecer, que é moito, asubiando no ouvido do escolleito.

Page 10: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

10

A vítima pasa o ano escoitando campás e sen saber onde. Cumprido o prazo, o mítico pillabán

afánase na elección doutro coitado, e, segundo din, isto leva acontecendo dende que as orellas

penduran da cachola.

[Texto remitido por Carlos Solla. Informante: Pedro Aboi Santos, 65 anos]

AS DONAS

Personaxes femininos da mitoloxía galega asociadas cos castros e coas fontes. Hai inscripcións

prerromanas en Galicia nas que xa figuran as Matronae.

A DONA DO MONTE DAS CROAS

Na parroquia de San Martiño de Salcedo, concello de Pontevedra, onde remata o lugar do Carramal e comeza o lugar de Birrete, na beira do río do Batán e á sombra dos matos de Bouza Panda atópase o monte das Croas. O topónimo xa adianta o que nos podemos atopar alí: posiblemente o castro máis interesante e mellor conservado de cantos se localizan no concello de Pontevedra. Segundo a conclusión dos arqueólogos que fixeron catas no lugar estariamos ante o único castro prerromano de Pontevedra. Aquel que se achegue a este outeiro poderá observar como parte das murallas da croa do castro aínda se manteñen en pé, máis de 2000 anos despois da súa construción. Tamén se poden albiscar as estruturas das casa cuxos muros afloran a ras de chan. Por suposto, como non podía ser doutro xeito neste país noso, o castro do monte das Croas atópase sen escavar e carece da mínima indicación para chegar a el.

Pero o monte das Croas garda outro tesouro marabilloso, a lenda da moura do monte das Croas que recolleu D. José Casal y Lois alá polo ano 1866 e que sería publicada na obra “Galicia” de Manuel Murguía e tamén Leandro Carré Alvarellos na súa imprescindible “Las leyendas tradicionales de gallegas”. A lenda foi recollida como sigue:

No monte das Croas estaba, noutros tempos, encantada unha señora de singular beleza. Habitaba nun palacio que había no interior do monte no cal gardábase un gran tesouro, que a fama da súa riqueza chegou ata Cádiz. Moitos eran, polo tanto os que desexaban atopalo, mais non lles era posible á pesar de que a canción daba, nos seguintes versos, os sinais exactos do lugar no que estaba agochado.

Monte d’as croas, Ponte d’o batan, Fonte de clara (augua?) fria

Page 11: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

11

Monte de Samariné, Tiran c’ó ouro as ovellas E non saben ó que é.

A señora alí encantada, aparecíase á miúdo ós habitantes daqueles lugares, pero estes fuxían

dela como dunha posuída polos malos espíritos.

Unha vez, un neno que apacentaba as ovellas do seu pai achouna sentada sobre unha pedra ,

baixo a cal se ocultaban os tesouros que a señora posuía. Peiteábase co seu peite de ouro

cando o pastorciño acertou á pasar ó seu lado e entón ela chamoulle e pediulle un año.

Asustado o rapaz nada contestou, fuxindo axiña á contar ó seu pai o que lle pasara; e este

último ó oír o relato do sucedido, temendo que por negar o año á señora perdese todo o

rabaño, obrigou ó rapaz a que volvese e lle entregase o que ela quixese. Volveu o pastorciño,

pero o seu asombro non tivo límites cando viu que o rabaño desaparecera. Chorando e cheo de

medo empezou a buscar as súas ovellas, e así andou longo anaco sen que lle fose posible

achalas, ata que de súpeto se lle apareceu o rabaño conducido pola señora, quen lle dixo

avisase ó seu pai que fora por el, que tiña que dicirlle.

Tornou o rapaz a súa casa, e contou ó seu pai canto a señora lle dixera, e este dirixiuse ó

monte, aínda que cheo de medo porque tiña que atoparse cunha dama encantada. Pouco

durou o seu temor, pois ela aseguroulle que nada malo lle pasaría, antes grande ben obtería si

se ofrecía a gardar segredo e facer canto se lle ordenase.

O que a señora lle dixo ninguén o sabe, mais notaron os veciños que el e outro o seu íntimo amigo se fixeron ricos en moi pouco tempo, que os seus froitos eran os mellores do lugar e as súas prosperidades manifestas. Correu entón a voz de que ámbolos dous amigos eran os encargados de levar ó alto do monte canto a dama encantada necesitaba para a súa alimentación. Así as cousas, enfermou tan gravemente o dono do rabaño, que desafiuzado dos médicos, se desesperaba de poder salvalo. Sucedeu entón, que nun momento en que a muller do enfermo tivo que saír da casa para atender ós seus quefaceres, achou ó paso á dama, quen lle preguntou como se atopaba o seu marido. Non lle contestou palabra, e entón a enloitada desapareceu de súpeto; mais cal sería o seu asombro cando ó entrar na súa casa achou á señora ó lado do seu marido, e a este tan mellorado, que podía dicírselle xa fóra de perigo! Curiosa como verdadeira muller, preguntou ó enfermo que facía alí a señora, a que viñera e como lle achaba tan ben, pero el negouse a contestarlle. Insistiu a esposa nas súas preguntas e receos, e para sosegala houbo de contarlle canto lle dixera a dama encantada e os remedios que lle deixara para sandar. Nunca o tería feito! Ó outro día apareceu morto e todo o seu corpo cuberto de manchas negras e como producidas por paus que lle tivesen dado. A súa muller aseguraba ter sentido, durante toda a noite, ruído como de golpes e queixas.

Así que xa saben, na parroquia de Salcedo, no alto do monte das Croas, á sombra de Bouza panda agarda un fabuloso tesouro para aqueles que saben ver máis alá das riquezas materiais.

Page 12: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

12

AS LAVANDEIRAS

As Lavandeiras son espíritus que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan sábanas manchadas de sangue que nunca desaparece. Dise delas que son mulleres que morreron no parto, ou que deixaron morrer aos seus fillos sen bautizalos. Piden axuda aos vivos para escurrir as sábanas, mais estas deben

retorcerse ao contrario que a Lavandeira; se non, haberá mala sorte ou mesmo a morte.

A lavandeira das Penas da Salsa As Penas da Salsa, en Fazouro, concello de Foz (Lugo) teñen sona de ser lugar de encantos e

misterios. Unha vez foron pescar alí uns veciños da parroquia e cando pasaban a carón dunha

fonte que alí hai, ou había, Sentiron os que lles pareceron preciosos cantos de muller. Miraron e

viron que na fonte había unha muller de baixa estatura que lavaba e cantaba ao mesmo tempo.

Cando quixeron achegarse a ela para saber de quen se trataba, a muller desapareceu.

As lavandeiras do río Sil

Hai unha lenda que fala das profundas e misteriosas augas do río Sil, na Ribeira Sacra, provincia

de OURENSE, como un lugar de intrigantes covas e pasadizos, amores imposibles e seres

mitolóxicos que moran as súas profundidades.

Conta a lenda que a filla dun poderoso nobre de Quiroga gustaba de percorrer os montes dos

arredores vestida con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida entre as xentes

humildes.

Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo e lanzal, que viña de

cazar un corzo coa súa besta. A doncela, cuxa fermosura era, segundo se conta a "dunha fada",

deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga, mentres que o mancebo fíxoo como

Page 13: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

13

vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas. Así e todo, os dous mozos namoráronse nese

mesmo instante, acordando manter novos e apaixonados encontros.

Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Sil e eran tan frecuentes que chegaron a

coñecemento do poderoso pai da rapaza, Don Pedro de Quiroga. Este, que consideraba ós de

Castro Caldelas os seus adversarios e indignos de pretenderen a súa filla, prohubiulle á súa filla

que volvese ver o mozo cazador.

Así e todo, os namorados atoparon axiña o xeito se veren, pois había un pasadizo que

comunicaba o castelo de Quiroga cun túnel que pasaba por baixo do Sil e ía ata o castelo de

Castro Caldelas. Sen embargo, o pai da doncela decatouse axiña do que acontecía e enfadouse

moitísimo, polo que decidiu imporlles un castigo.

Así pois, unha vez que os amantes entraron no pasadizo para correr un ós brazos do outro, o

pai da doncela mandou ós seus homes pechar as dúas entradas do túnel cun gran número de

rochas que impedisen abrilas desde dentro.

Deste xeito, ficaron, baixo das augas do Sil, os novos amantes para sempre...

Deles tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, eses seres mitolóxicos

que a crenza sitúa nas augas profundas deste río, e das que se cre lavan e pulen as pepitas de

ouro que o Sil deposita no seu leito.

"Veño do país da chuvia eterna,

veño do fin do mundo.

Son de onde a auga cambia a eternidade en melancolía

e a melancolía convírtese en nostalxia perenne.

Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa

eternidade, puido parir.

Veño da pedra e o vento do norte, xélido e eterno.

Son do país que os homes chamaron Galicia.

Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA".

Page 14: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

14

O LOBISHOME

Un lobishome é un home que se cre convertido en lobo e se comporta como tal. Son os protagonistas

de moitas lendas populares galegas e de fóra. Tamén se denominan co termo de licántropos.

Na crenza popular as metamorfoses obedecen a diferentes motivos: a maldición do pai (as lendas da

tradición oral recollen feitos de fillos de familias quen a causa dunha maldición dos seus pais volvéronse

lobos), ao ter nado o 24 de Nadal (noite do nacemento de Cristo) ou ao ser o séptimo fillo varón

(noutras versións o noveno).

O lobishome de Cervantes

Vivía -hai moitísimo tempo- nunha aldea das montañas de Cervantes (Provincia de Lugo) un home,

arisco de carácter, que se irritaba por calquera cousa e xuraba e maldicía que daba medo.

Este home tiña un fillo que era un mozallón, bo rapaz, amigo das mozas e das festas e romaxes, aínda

cando non lle volvía as costas ao traballo. Adoitaba dicir que “cada cousa ao seu tempo”, e de acordo

con esta máxima procedía.

Pero o seu pai quería telo sempre tirando do legón e non lle gustaba que o rapaz tratase de divertirse;

porque as parrandas gastan as forzas que se precisan no traballo. Un día discutiron pai e fillo porque o

rapaz pretendía ir ás festa de Pedrafita e o vello insistía en que fose a queimar un monte para o roturar.

- Un día de festa non se traballa, que é pecado - dicía o mozo -; e a queimada se non se fai un día faise

outro; mais, a festa, pasado ou seu día pasou a romaría, e a festa perdeuse.

-O que se non fai é ire de gamberna cando hai un labor que atendere.

- Pois vaite á festa, e como vas atrás das mozas, así permita Deus que andes atrás das lobas!

Nunca tal tería dito.

Unha noite o rapaz espertou; sentíase inquedo, desasosegado, non tiña parada, e rematou poñéndose

os pantalóns e saíndo á eira. Coma se unha forza estraña o empurrase cara ao monte, botouse a

camiñar polo declive arriba. Chegou a un pequeno prado e envorcallouse sobre a herba humedecida

polo orballo da noite. Por que facía aquilo? Non o sabía. Pero aconteceu que cando intentou erguerse,

Page 15: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

15

non puido facelo; estaba a catro pés e a catro pés correu cara ao cumio do monte, ouveando como un

lobo, e tras das lobas andou como un can rabioso.

Na aldea falouse moito da desaparición do rapaz. Falouse tamén dun lobo moi grande que degolara

moitos cordeiros e ferido a varios carneiros.

O pai do rapaz desaparecido empezou a pensar no caso; recordaba a súa maldición e estremeceuse.

Aquel lobo podería ser o seu fillo?

E foise ver unha velliña, que dicían que era meiga, e contoulle o caso.

-Ai, home - díxo a vella -, a maldizón do pai é ou peor que poida haber para un fillo! Un pai non debe

amaldizoar ou seu mesmo sangue.

Pero, para tranquilizalo, dixo:

-Mais se ese lobo é o teu fillo, haiche un remedio para voltalo a vida dous humanos.

E explicoulle que, con todo, non era cousa doada, porque un dos dous podía morrer, xa que o fillo,

convertido en fera, perdera todo o sentido dos homes.

-E que hei facer daquela? - preguntou o pai.

- Ve se podes facerlle sangue; pero que non sexa cousa de morte, nen sequera de aleixamento ou

mancadura, porque se lle fixeres moito mal, ese mal quedaríalle ao recobrar o seu ser.

Saíu pensativo o vello de casa da meiga e moito cavilou, de volta cara á súa vivenda, como habería de

proceder. Pero, aínda cando se vise en perigo de morte, mellor quería morrer que saber o seu fillo

perdido daquel xeito.

Á noite seguinte decidiu ir en busca do lobo. Non quixo levar máis arma cun coitelo, para evitar un

perigo maior, pero levou consigo un cordeiro, ao cal atou ao pé dun toxal, tras o cal se ocultou el, entre

uns breixos, co coitelo na man.

A media noite viu como o cordeiro se estremecía e axitaba e supuxo que o lobo se achegaba.

Despois oíu un lixeiro golpe, como algunha cousa que caía; talvez o salto do lobo para acometer e o

patexar do animal... Arrastrándose moi devagar e caladamente, acercouse. Alí estaba o lobo! Cravaba os

dentes nas carnes brandas do cordeiro sen apercibirse da súa presenza.

Como temendo ferilo de máis, cravou no lombo a punta do coitelo, que tirou axiña ao chan. O lobo

revolveuse ensinando os dentes. O home botoulle os brazos ao colo, chamándoo: Fillo, fillo!; e pediulle

perdón, saloucando.

Entón a pel do lobo empezou a abrirse pola ferida e, coma se

fose unha pel postiza, ía desprendéndose do corpo. Unha

sacudida, un envorcallarse entre os breixos e os toxos, e o

rapaz recobraba o ser, desfalecido, pero tal como era antes

de ser maldito polo seu pai.

Page 16: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

16

AS MEIGAS

Eu non creo nas meigas,

mais habelas, hainas…

As meigas son mulleres que adoran ó demo e que mediante ritos poden lograr maleficios. Isto é unha superstición, pero as persoas que cren nas meigas fan unha serie de ritos para alonxalas: gardar unha ferradura no fogar ou tras a porta de entrada, ou levar un dente de allo, unha castaña pilonga ou outros obxectos que as libren dos feitizos.

A crenza nas meigas é moi antiga. Representan o mal, o concepto de danino ou prexudicial, todo o contrario á bondade. Así como as fadas poden ser boas ou malas, as meigas son sempre malvadas –agás algunha excepción-.

Características fundamentais da identidade das meigas son a vellez, a crueldade e o afán de venganza.

Cóntase que teñen poderes curativos e adiviñatorios. As xentes sinxelas témenas ou rexéitanas, pero tamén andan á súa procura, cando con ensalmos acoden a elas para curar algunha doenza ou para lles adiviñar o porvir.

Polo xeral, atribúenselles sortilexios, maleficios e meiguerías; críase que estaban dotadas dun poder sobrenatural, diabólico, para cabalgar de noite polos aires a carranchapernas en paus de vasoiras e dirixíndose os sábados a Sevilla ou ó areal do Coiro de Cangas, onde celebraban xuntanzas co mesmo demo. Para realizar estas excursións nocturnas polo espacio aéreo untábanse con ungüentos que agochaban na pedra da lareira, e aínda ás veces facían

Page 17: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

17

beberaxes para zugar o sangue ós rapaces (de onde lle vén o nome de meigas chuchonas, que sería o equivalente aos vampiros na mitoloxía popular).

Duramente perseguidas pola Inquisición e a Xustiza, moitas foron detidas e procesadas: mulleres que se crían meigas ou outras que eran acusadas de selo. Nos xuízos foron sometidas a tormentos e baixo esas torturas declararon auténticas meiguerías: que falaban cos defuntos; que podían desmaiar unha persoa sempre que quixesen facéndolle sinais con cruces na fronte; que curaban coas herbas dos cemiterios; que facían volver o leite ás amas por medio da ruda, o ourego e outras herbas; e moitas afirmacións deste tipo, debidas en gran parte a alucinacións.

Outra superstición curiosa é a de que o belisco dunha meiga fai que quen o recibe quede enmeigado se non llo devolve de contado; esta crenza orixinou o costume de beliscarse entre si as mozas

Na comarca de Bergantiños, hai un crómlech que se atopou no cumio da parroquia de Cances e que foi chamado "Eira das meigas". Recibe este nome porque, segundo a tradición, alí se xuntaban as meigas na véspera de San Xoán, e acomodada cada unha no seu asentadoiro, ou sexa, as pedras que forman o círculo, tomaban acordos para facer dano ós humanos. Este crómlech ou círculo lítico coñécese tamén como "Circo dos xogos".

O MEIGALLO

Chámase así o feitizo, embruxamento, encantamento de que se valen meigas e feiticeiros para acadar os seus propósitos. Hai xente en Galicia que cre que o meigallo é cousa certa, considerándoo efecto da envexa. Métese no corpo da persoa elixida, xeralmente unha moza abandonada polo noivo, ou unha muller que se cre vítima da envexa.

A persoa que padece a doenza non quere entrar na igrexa nin escoitar misa, pero os parentes ou amigos e amigas obrígana a oír a misa cantada; no momento da consagración, ela berra, bota escuma e retórcese en convulsións e cae rendida, abeirada polos que a suxeitan que mentres tanto non deixan de lle dicir, un pouco arrepiados e autoritarios: “bótao fóra!... bótao fóra!”.

MÉTODOS (CON GARANTÍA CONTRASTADA…) PARA PROTEXERSE DAS MEIGAS:

� Levar no colo un colar de ramas de acivro, allo ou cunchas. � Levar un dente de allo ou unha castaña pilonga. � Colgar nas portas de entrada das casas morcegos,

espolóns de galo, rabos de lobo ou ferraduras de cabalos. � Colocar unha vasoira do revés tras a porta de entrada na

casa. � Ter na casa terra bendita dos cemiterios ou ramas de

loureiro bendito o domingo de Ramos, ou tamén vale unha presa de sal.

� Gardar nun recipente na casa mexo de cabalo. � Pór unhas tesoiras abertas aos pés das camas.

Page 18: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

18

� Ter na casa algunha corda de aforcado. � Buscar poutas de fera, dentes de lobo, patas de ave de presa ou pedras con buratos. � Posuír colgantes con anacos de acibeche, ámbar ou outras pedras para rexeitar velenos

e encantamentos. � Saltando as fogueiras do San xoán tres veces ou múltiplo de tres, espántase ás meigas.

Segundo os seus poderes, hai diferentes tipos de meigas:

� Meigas-chuchonas: absorben o sangue dos nenos e nenas e róubanlles as graxas para facer pomadas e ungüentos.

� Asumcordas ou Bruxas da Rúa: espían á xente, vixiando quen entra e sae da casa.

� Marimanta ou Meiga do Saco: rouba nenos e nenas e fainos desaparecer.

� Feiticeira: vive preto de ríos e regatos. É unha muller anciá, nada fea, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos e nenos que se achegan ao río, facendo que se metan ata afogar.

� Lobismuller: ten que nacer en Noiteboa ou en Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que todos os fillos son mulleres.

� Vedoira: esvelta e agradable no trato, posúe facultades adivinatorias e pode contactar co “máis alá” para dicir se alguén morto está gozando eternamente no ceo ou aínda pena no Purgatorio.

� Cartuxeira: bota as cartas e sempre acerta nos seus vaticinios.

� Dama do Castro: vive debaixo dos castros milenarios ou baixo a terra nun castelo de cristal. Leva sempre un longo vestido branco de cola e atende á xente. Adoita aparecerse a persoas de condición humilde apenadas por unha situación difícil e failles algún favor.

LENDA DA MEIGA CHUCHONA

Había en San Xián de Sergude unha muller á cal lle morrían todos os fillos. A última nena que tivera levaba camiño de morrer tamén.

- Pois isto ten que ser causa dun "mal de ollo" ou da "Chuchona"- dixo a nai da muller que era anciá e, como tal, sabía destas cousas que se van aprendendo ao correr dos anos.

Entón un sábado pola noite colleron na braña tres xuncos, cortáronos a igual tamaño e marcáronos: un era a "envexa"; outro o "angarido" (mal de ollo) e o outro a "meiga Chuchona".

- Non che dicía eu?- dixo a nai- Ves como é cousa de meiguería?

- E que debemos facer? Quen pode ser a meiga?

- Xa o saberemos. Polo momento hai que poñerlle á nena unha castaña de indias, un dente de allo e unha poliña de herba de San Xoán. E non deixala soa. De noite virá unha mosca moi grande e moi negra e pousarase no berce. Esa é meiga Chuchona que vén chuparlle o sangue á túa nena. Hai que esconxurala dicindo "San Silvestre, meiga fóra!" e, ao mesmo tempo, pegarlle á mosca cunha poliña de loureiro. Dálle sen dó que se a matas non se perde nada.

Page 19: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

19

A muller e o seu home agardaron sen deitarse xunto ao berce ata que a media noite viron a mosca. A muller proferiu as palabras do esconxuro e, ao mesmo tempo, o home coa póla de loureiro golpeou á mosca.

Ao día seguinte apareceu morta na súa cama unha vella de Tabeaio. Esa era a meiga Chuchona que ía chupar o sangue dos nenos."

Así que … podemos durmir tranquilamente, pois alá finou a maldita meiga!

LENDA DA MEIGA DE VIVEIRO

Pasou en Viveiro (Lugo) un día de feira. Unha vella trataba, sen conseguilo, de poñer na cabeza un cesto de bimbio cheo de cariocas, e un home que pasaba por alí ofreceuse para levarllo ata a casa. A velliña aceptou e foi diante del indicándolle o camiño. Andaron rúas e máis rúas, o home xa cansaba pois o cesto pesaba cada vez máis. Foi entón cando o home se decatou de que estaba nun lugar para el descoñecido, unha especie de labirinto de paredes de cristal. Entón a vella subíu unhas escaleiras e para subilas ergueu a saia e deixou ver un rabo negro coma os pecados. O home tomou medo, tirou co cesto e botou a correr. A vella tamén correu tras del ata que chegaron a unha rúa coñecida e entón desapareceu.

Cando o home chegou á casa e narrou o sucedido ninguén llo quixo crer.

LENDA DA MEIGA DE REIRADO

Isto pasou na parroquia de Reirado, concello de Alfoz (Lugo):

»Estaba unha tarde unha rapaciña do Reirado alindando as vacas cando pasou por alí unha muller que tiña fama de meiga. O caso foi que cando ó anoitecer muxiron as vacas, unha delas, en lugar de leite, botou un líquido vermello coma a sangue. Este líquido botárono nun cacharro e puxérono ó lume, pero en lugar de ferver e botarse por fóra do cacharro, subía e subía como se fose espuma pero non se esparramaba nin gota.

O pai da rapaza preguntoulle a ela se pasara alguén por cabo dela cando estaba alindando. Ela díxolle que pasara “a meiga”. Entón o señor deixou aquel “sangue” nun recipeiente a carón do lume, despois valeirouno nunha pedra grande a plana no chan, colleu unha corda e pegoulle con ela uns cantos bos cordelazos. Logo sacou un tizón do

Page 20: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

20

lume e tamén o meteu naquilo unhas cantas veces coma se quixera queimalo. Ó fin con todo e non expricou nada.

Mais ó dia seguinte pola mañá chegou por alí un viciño e o dono da vaca preguntoulle:

—E … viches a meiga por aí hoxe?

—Ta, ta—contestou o viciño—e non sería vostede que lle deu unha tunda? Porque vina toda encuruxada coma se levara queimaduras pola cara e toda degolada, case non podía andar.

O dono das vacas riuse polo baixo e rosmou:

—Poidera ser! ¡Poidera ser!»

LENDA DA MEIGA DE BRÁNTEGA

Conta a lenda que en Brántega, concello de Agolada (Pontevedra), uns mozos foron a unha festa que había preto da aldea e ó voltar para a casa, ben pasadas as dez da noite, aparecéuselles unha meiga que tirou a un deles por un barranco. Os outros mozos, que quixeron reaccionar, víronse tamén sorprendidos polos poderes da muller, que os botou a outro covo. Ao parecer, un deles logrou saír do burato e foi en busca dos seus irmáns. Formado un grupo para rescatalos, encontráronos axiña, pero un dos rapaces tiña a roupa toda esganifada e o outro estaba rabuñado en brazos e cara.

Xa na casa, de madrugada e repostos do susto, as súas irmás pregutáronlles que lles pasara e eles relataron polo miúdo todo o sucedido.

Loxicamente, ninguén os creu. Mais uns días despois, uns veciños tiveron outro encontro coa misteriosa meiga e o desenlace foi exactamente o mesmo.

E é que en Brántega, habela … haina; falamos da meiga, por suposto.

LENDA DA MEIGA DOS DENTES VERDES

No castro de Rebordelos, concello de Carballo (A Coruña), vive unha meiga cos dentes verdes que se dedica a andar de noite polas corredoiras na procura de rapaces. Ós que colle, xa non se volven ver máis. Suponse que lle sirven para as súas comenencias: apócemas, filtros e unturas, ou para comelos.

Page 21: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

21

CONXURO DA QUEIMADA

Vinde, achegádevos todos, homes e mulleres,

rapazas e raparigos, nenas e velliños.

Vinde todos ó carón deste lume sacro,

e berrade conmigo:

Arco da Vella, no que se tecen bruxedos e feitizos de namorar,

ti que amparas choivas e pasos de vento,

camiño por onde veñen e van os misteriosos;

faite presente, ven cara a nos, e sérvenos para este conxuro.

Bolimartes, tordaviscos, murigantes, salamanquesas,

gatipedros de corno mouro, velagullas, corvos brancos e negros,

mouchos de sangue azul e soriscos faladores.

Sapos, bermes, coruxas, fuciño de sátiro,

fedoñentos peidos de cus do inferno,

lagartixas bigotudas, patas de cabra.

Bruxas, meigas, trasnos e menciñeiras,

caliveras das ánimas do purgatorio, espírito dos ancestros,

áurea da Santa Compaña.

Dende Fisterra ata Vilariño, Vinde todos cara eiquí

e mergulládevos no lume deste augardente,

estoupade coma fogos,

e que dese xeito se esbarezan todas as maldades do demo

e as dos seus aliados, que ata agora nos fixeron sofrir.

E o remataren este lume sacro que vos queimou,

Bebamos e berremos todos xuntos:

Estrela de rabo,

leva contigo e escorrenta de nós o mal de ollo,

facendo que se esbareza no universo,

desde o ceo cara o inferno.”

AS MOURAS E OS MOUROS

Os Mouros eran un pobo de seres paganos, os homes eran morenos e deformes e as mulleres eran fermosas feiticeiras loiras e de tez branca. Os Mouros eran os habitantes das mámoas, túmulos funerarios e en xeral de ruínas de castelos ou pazos, custodiando fabulosos tesouros.

LENDA DE VILAMARIN

Page 22: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

22

Habia unha moura limpando no castro, cando paso un home de Bainte, un pobo veciño, e quedou engaiolado con tanta riqueza e exclamou:

- "Ai, se me dese un pouco!"

A moura contestoulle

- "E o quere a puñados ou a ferrados?"

O home exclamou cantando

- "O quero a ferrados!"

A moura contestoulle

- "Pois vaia pola medida rápido"

O home correu a toda presa ata a súa casa para buscar a medida, pero cando regresou o ouro e a moura desapareceran, co cal o home apenado pola súa avaricia exclamou:

"Se dixera a puñados, podría ser que algun ouro se me dese".

A CASA DOS MOUROS DE CABANA No monte de Cabana, parroquia do concello de Palas de Rei (Lugo), onde chaman A Lavandeira, din que unha moura trouxo unha pena de máis de cinco toneladas na cabeza mentres fiaba nunha roca. Esa pena estaba enriba de dous chantos e por debaixo había como unha cova onde os nenos, de cando meu avó era pequeno, xogaban. Dende entón alí chámanlle a Casa dos Mouros.

A COVA DOS MOUROS DE ARCOS En Arcos, concello de Vilamartín de Valdeorras (Ouresne) hai unha Cova dos mouros situada mesmo enriba do camposanto de San Lourenzo. Nesta cova viviron, e se cadra aínda viven, os mouros custodiando os seus tesouros.

Este lugar aparenta ser as ruínas dun antigo lavadoiro de ouro da época romana.

A MOURA DA TAPADA DO ALMESTRO Xa hai moito tempo que andaba un mozo co gando pola Tapada do Almestro, en Sober (Lugo), cando viu saír dun penedo unha rapaza de cabelo louro que se dirixía cara o regato para coller auga cunha ola posta na cabeza.

Cando regresaba coa auga, a moza aquela dixo unhas palabras que fixeron que a pena onde aparecera se abrise e logo se pechase por encanto. O mozo quedou prendado daquela beleza pero tivo que agardar moitos días ata que a volveu a ver. Foi entón cando a moza lle dixo:

Page 23: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

23

-Levo moito tempo enfeitizada porque rexeitei as proposicións dun mago. Velaí o meu destino: metida na cova e rodeada de tanto ouro que non collería en tres cestas grandes das uvas. Só me podería librar desta fada se houbese alguén que fixese o que eu lle pedise. Entón, o mozo, xa prendado da moza moura, púxose á súa disposición. E díxolle a moura: -Atende ben. Cando a lúa chea se poña enriba do Monte do Espiño eu voume aparecer transformada en serpe. Farei moito ruído, e canto máis faga, máis ouro virá comigo. Para desfacer o encanto tes que cuspirme na cabeza. Se o fas, quedarei desencantada, poderei casar contigo e seremos felices.

E cando a lúa chea se puxo enriba do Monte do Espiño, saíu a serpe do penedo pero o ruxido era tan

forte que o rapaz, en vez de facer o que prometera, colleu medo, fuxiu e deixouno todo.

Parece que cara o rego do Bao se escoitan os laios dunha muller e cando hai lúa chea por enriba do

Monte do Espiño séntese o ruído que debeu sentir aquel mozo que fuxiu por medo.

A MOURA DE LOMBAO En Lombao, entre Alvite e Muradás, parroquia de Santa Mª de Beariz, concello de Beariz (Ourense) presentouse unha moura cunha manta chea de ouro e púxoa a asolear. Achegouse unha rapaza que estaba coas ovellas por alí e díxolle á moura:

—Ai, que tesoiras máisi bonitas tes!

—Se as queres —repuxo a moura— tes que ir á casa e traerme o mellor pano que teña a túa nai. Despois dareichas, pero ten moito coidado de non llo dicir a ninguén.

Pero a rapaza, claro, en canto chegou á casa, díxolle así á nai:

—Mamá, vin unha moura asoleando unha manta chea de ouro e ten unhas tesoiras moi bonitas. E díxome que mas daba se lle levaba o mellor pano de vostede.

—Pois lévallo, miña filla—díxolle a nai.

Cando chegou co pano cabo da moura, esta, enrabechada, quíxolle cortar a lingua e picarlle os ollos coas tesoiras por terlle contado á nai o trato que fixeran.

Afortunadamente para a nena, a moura non conseguíu facerlle dano e desapareceu. No mesmo lugar, un home viu unha moura, seguramente a mesma que se lle apareceu á nena, cunha tenda chea de ouro. E díxolle o home:

—Ai, canto ouro tes!

—Se o queres —díxolle a moura ao home— tes que traerme un xerro de leite, un cacho de pan e un ovo pra baterme na testa. Ti non teñas medo aínda que me sintas bruar coma unha serpe, logo espallareime que estou cargada de ouro, e despois caso contigo. E o home levou o que lle pediu a moura: o xerro de leite, o cacho de pan e o ovo, mais non tivo valor para escacharllo á moura na fronte.

O home colle medo e escapou. Disque se foi enterrar á Burata cabo dunha trabe de alcatrán.

A MULLER LOBO

Había alá en tempos en Galicia un pai que tiña moitas fillas e unha delas comía moita carne, canto máis daballe, máis comía.

Page 24: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

24

E un día o pai díxolle: "Aínda vaias ao monte a comer carne cos lobos". Foi palabra maldita, pois aquela mesma noite desapareceu sen deixar rastro algún. Saíu e alí preto entrou en transo e converteuse nunha fada e ás veces andaba de lobo e outras de muller. Foi andando, andando ata que chego ao Cebreiro e ás Canellas de Agras de Tosende ( Ourense ). Por estes montes andou moito tiempo de Capitán dos lobos, facendo moitos estragos nas facendas e na xente ( isto cando estaba de loba ). O seu paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e os lobos xuntábanse ao redor dela, e non deixaballes facer dano a ninguén. Unha vez que viñan os arrieros de Portugal co seu cargamento, os lobos queríanos comer pero ela os deixaba, dicíndolles: "Quietos, deixádeos pasar". Así andou moito tempo, ata que lle levantaron o feitizo. Gustáballe ir comer fariña a un muíño, pero unha vez coincidiu que o amo do muíño estaba dentro, ela quíxose meter por baixo da porta, como sempre, e ao meter unha pata, viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolla cortar, ao empezar a cortar, ela deu un berro e converteuse en muller. Así que se viu muller , tratou de volver á súa casa, preguntando de pobo en pobo ata que chegou á casa onde a recibiron os seus con moita alegría. O verán seguinte, os de Tosende foron casualmente a segar ao pobo onde ela vivía; Entón esta preguntoulles de onde eran , dixéronlle que eran de Tosende e de Aguís: " Pois eses pobos coñézoos eu ben , e coñezo o Cebreiro e as Canellas de Agra". Eles preguntáronlle que por que coñecía eses pobos. Pois tiven que andar por alí de fada facendo moitos estragos e por ningún tiven tanta pena como por un neno que me comín, e mentres o esnaquizaba, el mirábame á cara ríndose. Os segadores dixéronlle que aínda se falaba por alí desa fada e agora estaban moi a gusto desde que ela xa non estaba.

O NUBEIRO

Page 25: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

25

Personaxe de aspecto forte e corpulento, vestido con peles negras e un gran sombreiro, capaz de

provocar treboadas e dirixir os relámpagos a vontade. Asóciase, en xeral, a todo o relacionado coa

néboa, os raios, a choiva forte … Camiña dous pasos cara diante e un cara atrás, aínda que cando ten

que ir máis rápido desprázase montado nas nubes, arrastrando tras de sí unha densa néboa.

Hai un cántico que serve para alonxalo e cántase ao tocar as campás das igrexas:

Tanguen os cregos a campá, / pra escorrentar ó Nubeiro,

bem eles sudan … pra encher, / pra todo o ano o

granceiro.

NUBEIROS EN PALAS DE REI

Había unha parroquia que non lograba verse libre dos nubeiros

pois non viña día que non fixeran unha trasnada. O señor cura, que se

deu conta de que o nubeiro quería facer das súas, armouse de paciencia e comezou a ler libros en latín e

a botar bendicións cara un lado e cara o outro. Traballa que traballa, non lle quedaba parte do corpo

que non estivese suada.

Despois de dúas horas de rogativas conseguiu que o nubeiro baixase. Fíxolle poñerse de xeonllos cos

ollos mirando ao chan, e ao fin conseguiu que pedise perdón polo dano que levaba feito, ordenándolle o

crego que ata onde se oíran as campás daquela parroquia non volvería a facer das súas. E parece ser

que ata o de agora foi cumprindo a palabra.

NUBEIROS EN VILARENTE

Pasou en Vilarente, no concello de Abadín (Lugo). Había un cura que esconxuraba e dicían que cando

había tronada que se vían os nubeiros.

Un día que se armou unha treboada meu avó estaba na rectoral. O cura púxose a ler nun libro e,

mentres lía, suaba; veña ler e veña suar. Ata que dunha vez o cura chamou a meu avó e díxolle:

-Ti queres ver o que pasa aí fóra, os nubeiros eses que van ahí?.

- Eu quero.

- Pois tócame no ombro esquerdo!- Non sei se era coa man dereita, non recordo- Tócame aquí e verás!.

E nada máis tocarlle, -dixo meu avó-, viu non sei cantos homes con lanzas e cousas ameazando ó crego.

E un daqueles homes veu cara ó cura cun coitelo na man, de fronte. E entón o cura preguntoulle:

Page 26: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

26

- Que queres?.

-Quero unha espiga de trigo! -respondeulle o nubeiro-.

-Non! Non, unha espiga de trigo non cha dou, que me levas a colleita toda!-díxolle o cura.

E o cura, sen máis conversa, arreboloulle a sola dun zapato. O nubeiro marchou e descargou nunha

carreira que hai moi fonda a carón da igrexa parroquial. Descargou alí toda a malicia.

E cando se foi derretendo aquela area que deixara o nubeiro víanse unhas pedriñas coma bólas moi

lisiñas, moi bonitas.

O NUBEIRO DE CHOI

»Era nunha aira na casa do Choi [parroquia de Romariz, concello de Abadín (Lugo)], alí cerca da iglesia

[igrexa parroquial de Romariz]. E estaban mallando, téñoo oído moitas veces, e, claro, presentouse

unha tormenta mui criminal, tronar e lostregar e todo negro. E había un cura, que me parece que lle

chamaban don Mariano ou así unha cousa, hai moitos anos, e claro, dixo:

- Eh! señores, meterse todos para dentro!. E colle un libro e púxose a ler na ventá, e ao momento deuse

de desfacer a tormenta. E que deron de caer peras e peras, e peras, que se enchera a aira de peras. E

que despois o cura: — Eh, chis, non lles topar, eh, hasta que eu as bendiga.

E despois bendeciunas o cura, e despois comeron todos peras hasta encherse».

O NUBEIRO POLA CHEMINEA

»E logo, na casa do da Fonte [parroquia de Romariz, concello de Abadín (Lugo)] un día de tormenta non

caeu un nubeiro pola chimenea!. Caeu cara dentro un nubeiro cunha caiada moi grande e boina e zocas,

coma os máis homes.

E chamábano e non contestaba nada. E metérono nunha corte e deixárono cerrado e, pola mañá, cando

ían a ver se estaba o nubeiro, xa desaparecera. E as portas todas pechadas e todo. Din que saliu pola

chimenea.

- Como sabían se era nubeiro?.

-Porque non falaba... Había tormenta, había tormenta. Nin falaba nin nada; un sombreiro, un cachabo e

unhos pantalóns de..., e, ó visto, era pequeno, unha cousa moi pequena».

Page 27: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

27

O OLLÁPARO

É un xigante dun só ollo no centro da fronte que vive nas covas que hai polo monte e que se dedica a arrasar os campos e bosques alimentandose de persoas. As súas compañeiras, as olláparas, son aínda máis feroces ca eles.

PEPA A LOBA

A tradición oral conservou ata os nosos días as andanzas de Pepa

a Loba, a bandoleira máis famosa de Galicia. Un dos seus lugares

de actuación era no antigo camiño a Ponteareas, pouco antes do

Castelo de Villasobroso, nun fondal que hai próximo.

Tamén se ten constancia que en "A Hermida" (Covelo) asaltaba a

casa de Maria Paula, hoxe convertida na Casa Museo Pazo da

Cruz. Nas obras recentes na devandita casa apareceron dous

revólveres da época, que probablemente eran utilizados para

defenderse de Pepa Loba, que coa súa cuadrilla, aparecía pola casa de vez en cando, e os donos

da casa debían entregarlle 4 pans e diñeiro. Os frecuentes asaltos á casa provocaron que a

familia escondese nun monte da súa propiedade, diñeiro e xoias ante o temor de perdelo por

un dos asaltos de Pepa a Loba.

Cóntase así mesmo que Pepa a Loba morreu nun dos asaltos cando lle botaron aceite fervendo,

pero ninguén recorda nin onde, nin cando.

Capitulo I do escrito de Maximino Fernández Sendín (maio de 2005) para

www.vigometropolitano.com (As andanzas de Pepa a Loba transcorren na segunda metade do

século X I X).

A LEXENDARIA BANDOLEIRA GALEGA PEPA A LOBA

Non se sabe con certeza o lugar de nacemento, uns autores defenden que viu a luz na

parroquia de Couso en 1835 (A Estrada) outros en Amoedo, "nunha pobre casa onde non había

nada, nin cama para durmir". A súa nai, coñecida como "A Falucha", queríaa e mimaba e

Page 28: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

28

compartían o que tiñan, que era moi pouco. De pai descoñecido aínda que a vila pensaba que

era filla do irmán do tendeiro da vila.

Cando aínda era unha meniña comezou a traballar no campo e tamén coidando as ovellas da

súa tía Dorinda, e foi nesta etapa da súa vida cando gaña o sobrenome de "Pepa a Loba" xa que

nunha ocasión se enfronta a paus cun lobo que atacou o seu rabaño.

"Pepiña", que así era coñecida na aldea, enfrontouse ao lobo cun pau e o seu fiel can saíu en

defensa da meniña matando o lobo nun cruel combate. A nena quedou ferida e o nobre sabuxo

axudouna a chegar á aldea.

Neste ambiente rural transcorre a infancia de Pepa e, cando chega á xuventude, Pepa a Loba

sofre o que ía marcar o resto da súa vida. A súa nai A Falucha é violada na súa casa por un

descoñecido e queda embarazada. Pepa, que se atopaba na casa presenza a violación. Nove

meses despois a súa nai morre no parto e tamén o bebé.

Faise cargo dela a súa tía Dorinda que a obriga a mendigar por feiras e mercados ademais de

traballar no campo e coidar as súas ovellas e cabras. Despois dun tempo Dorinda métea a vivir

co tendeiro do pobo coa esperanza de que sexa a súa querida e conseguir así algún pagamento

por parte do comerciante.

Pero o tendeiro cóllelle cariño e adóptaa como filla. Contrata un estudante para que se ocupe

da súa formación. Despois sucede que os dous mozos se namoran e fanse noivos. O tendeiro

fai testamento a favor de Pepa e, ao pouco tempo, aparece asasinado cun coitelo de cociña

cravado no peito. O seu noivo resultou exculpado, pero Pepa foi encarcerada e tras o xuízo

condenada a cadea perpetua.

O pobo sospeitaba, non obstante, que o crime o cometera o irmán do tendeiro, ao que tamén

se consideraba o pai de Pepa. Este erro da xustiza fai permanecer a Pepa no cárcere de

Pontevedra durante moito tempo, convertendo esta muller nunha persoa chea de rancor e

cuns enormes desexos de vinganza. Na prisión pide o auxilio espiritual do capelán do cárcere.

Cando están sós golpéao e escápase vestida de cura.

Despois disfrázase de home e sae de Pontevedra. A súa obsesión era vingarse do Albeite, o

irmán do tendeiro e o seu suposto pai. Cunha pistola e o seu fiel can "Lueiro", dirixiuse a Couso.

Alí ameazouno e fixo que o seu can o matase. Era o primeiro crime de Pepa a Loba. Despois

marcha ao monte a vivir, onde forma unha banda de bandoleiros cos que realiza numerosos

roubos, crimes e asaltos.

A provincia de Pontevedra é, principalmente, o seu escenario de actuacións pero tamén

realizou asaltos noutras provincias galegas. Coa súa cuadrilla de bandoleiros asalta os

camiñantes, tamén os pazos, casas fortes, rectorales(casas dos curas). Entre os ricos e tamén

entre os campesiños galegos hai os que a temen e outros que a admiraban, pois se senten

identificados, en certo xeito, con ese espírito rebelde de campesiña azoutada pola miseria, a

inxustiza e a crueldade. E así comeza a forxarse unha lenda que aínda se segue trasmitiendo en

moitos dos lugares que a famosa bandoleira frecuentaba coa súa "gavela".

Page 29: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

29

O pobo forxou unha lenda sobre esta famosa bandoleira, e existe moi pouca documentación

sobre a súa vida. A maioría dos relatos débense á tradición oral que se foi trasmitindo de

xeración en xeración .

O "AIRE" E AS PÍNTEGAS

O "aire" é unha especie de envoltura máxica que posúen algunhas especies de anfibios como pode ser a píntega (Salamandra- salamandra). Na tradición oral de Galicia son moi abondosas as referencias sobre o "aire" e das súas influencias sobre o ser humano. Moitas destas lendas teñen algo de verdade e, normalmente, fallan na explicación de fenómenos que son difíciles de explicar como a do "aire". En realidade o "aire" non é un halo máxico que rodea ás píntegas. Como ben sabedes tódalas especies de anfibios galegos presentan veleno na súa pel se ben a súa perigosidade é moi limitada. Este veleno é usado como unha defensa química fronte a depredadores. A píntega (Salamandra salamandra) e outras especies próximas como a Salamandra atra e a Salamandra lanzai teñen as glándulas de veleno da pel rodeadas por músculo esquelético (aquel músculo asociado ó esqueleto e que fai que nos movamos). A contracción deste músculo que rodea ás glándulas de veleno que presentan nas costas fan posible que a píntega poida lanzar as súas secrecións tóxicas mediante un fino chorro entre unha distancia máxima de 44 centímetros ata os 2 metros Este veleno pode irritar as mucosas do depredador (ollos, boca e nariz) e ata pode causar a morte por parálise respiratoria nos depredadores de menor tamaño. Aquí podedes ver unha fotografía dunha píntega lanzando veleno ó ser molestada.

Respecto á píntega, existen na tradición popular galega multitude de lendas sobre ela,

atribuíaselle, entre outras, que facía desaparecer aquela parte do corpo que a tocara, que eran

fillas do lume ou que eran extremadamente velenosas. Malia que a algunha xente poida

desgustarlle o seu aspecto, a píntega non é velenosa nin representa ningún tipo de perigo para

as persoas, polo que non debera facerse ningún tipo de discriminación

gratuíta pisoteándoas sen máis.

Page 30: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

30

A PROCESIÓN DAS XÁS

Dentro nas crenzas galegas, existe tamén outra procesión moi semellante á Santa Compaña

pero que se diferenza desta en que non son pantasmas de mortos os que van nela, senón

pantasmas de individuos vivos. Leva o nome de "procesión das Xans" ou "procesión das Xás".

Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis á beira do cadaleito vaian os

membros das ringleiras, máis axiña morren. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou

catro anos. O encontro case sempre se dá nas encrucilladas dos camiños, onde é costume

deterse cos defuntos para que os cregos boten responsos.

Se o que a atopa é amigo dos que van na procesión, o único que fan con el é levalo polo aire

a outra parte; se é inimigo, danlle unha gran malleira e arrástrano polas silveiras. Son poucas

as persoas que ven a procesión das Xans, pois para iso precisa posuír unha destas condicións:

que o padriño de quen a ve, rezase mal o credo cando o bautizaron, ou que o crego

cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos do bautismo. Tal erro

pódese remediar bautizándose de novo.

Ó impresionante culto dos mortos ou dos devanceiros únese en Galicia a crenza das almas en

pena, da ánimas peregrinas, que integran a Santa Compaña; por iso en moitas encrucilladas

dos camiños se erguen os cruceiros e os petos de ánimas, onde se depositan as ofrendas

piadosas en tributo ós que xa están na eternidade.

Page 31: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

31

AS PUPIEIRIÑAS

Son diminutas e aliméntanse de migas de pan. Viven no bosque, preto de fontes e lagos. Son rápidas e

silenciosas. Séntese un asubío e unha sensación de ser visto cando elas andan preto. O seu traballo é

adiviñar os desexos dos nenos pequenos que aínda non falan e non poden pedir agasallos polo Nadal,

despois de coñecelos cóntanllos aos seres máxicos que levan os agasallos en cada zona do planeta.

Page 32: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

32

Din que en Galicia non temos personaxe nadaleira típica. Din que o Papa Noel non é noso, nin os Reis

Magos; din que tampouco temos un Olentzero basco, un Vello Inverno ruso ou unha Befana italiana. Iso

din. Pero eses que din iso non saben que temos as Pupieiriñas que saen no debuxo feito case por

miragre xa que son practicamente invisibles polo diminutas que son. Así que xa sabes: a fama lévana

outros e o traballo está feito por unhas galeguiñas espilidas.

Que a túa Pupieiriña atine co teu agasallo e axude a que teñas unhas boas festas.

O RABENO

É un home delgado e alto, de pel descolorida. Leva unha gorra e un traxe raído, pero o seu aspecto é elegante. Destaca o seu rabo. Protexe e coida dos animais, pero é un satiro e un salvaxe pois deambula polos pobos atacando ás mozas que atopa polos camiños. Cúlpaselle tamén de contaxiar enfermidades como a lepra.

“Sátiro. Ser fantástico o mitológico que corría los campos en busca de mujeres de las que abusaba”.

Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931

“El RABENO, según la legendaria creencia de las mozas aldeanas, recorría las CORREDOIRAS solitarias y los apartados lugares de nuestros montes y campiñas. Hay quienes describen este ser fantástico como un hombre pálido, alto y delgado; y lo único cierto es que debido a la fama de que le ha rodeado la opinión vulgar campesina, algunos viandantes a quienes el temor femenil tomó por el RABENO, se han visto en riesgo, perseguidos por los vecinos del contorno, alarmados por los gritos de socorro dados por la joven que se creyó próxima a ser víctima de los lascivos deseos el ficticio sujeto”.

Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

«Rabeno»

de Emilia Pardo Bazán

Page 33: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

33

Habiendo dejado el coche como a un kilómetro de la casa de campo, el doctor siguió su camino, a pie, casi satisfecho de que no llegase la carretera hasta el domicilio del cliente. La mañana de otoño era tan primorosa; el sol brillaba con tal dulzura, con el relucir pálido de un disco de oro acabado de bruñir; el aire tenía una elasticidad tan suave, y los matorrales estaban de tal modo engalanados con la maraña carmesí de las barbas de capuchino, que el paseíllo, lejos de molestar, era un tónico.

«Don Agustín tendrá lo de costumbre -pensaba el médico-. Su ataque de reúma, con las primeras humedades... ¡Pchs!...».

Al meterse en la senda, donde revuelve y se alza el crucero, todo recubierto de viejo liquen de oro, una mocita aldeana, muy joven, salió de una casucha, llevando en la cabeza, en equilibrio, un cesto. El chillido que exhaló al ver al doctor y el esguince de espanto fueron como de acosada alimaña que se ve ya en poder de sus enemigos, y el cesto cayó al suelo aparatosamente. Y como el doctor tratase de socorrer a la chiquilla, la vio, trémula, arrodillarse, alzando las manos.

-Pero ¿qué te pasa, rapaciña? ¡Y es bonita la condenada! ¡Arriba, que no te hago daño, tonta! ¡Válgame Dios, mujer! ¡El cesto era de huevos!

La inmensa tortilla extendíase por el sendero, tiñéndolo, mitad de oro vivo y mitad de mucosidades transparentes. Y, al perder el miedo, la moza se dio a llorar la pérdida.

-¡Ay, ay, ay! ¡Desdichadiña de mí!

-¡Ea -ordenó el doctor, entre divertido e impaciente-, a recoger los que quedaron sanos, y a consolarse!... ¿Adónde ibas tú con esos huevos, mujer?

-Perto de don Agustín... Encargómelos la cocinera aiernoche...

-Yo también voy a casa de don Agustín. Soy el médico, que no soy ningún ladrón ni un pillo, ¿entiendes? Y te acompaño. Toma para la pérdida.

Sacó del bolsillo dos pesetas y las puso en la mano pequeña y dura. La rapaza se desató en bendiciones.

-Dios le regale... Viva mil años... De aquí en cien años me dé otras...

Remediado ya el desastre, en salvo los huevos no hechos cisco, en equilibrio el aligerado cesto en la cabeza rubia, el doctor preguntó, chancero:

-¿Y por qué me tenías tanto miedo tú, rapaza?

Tardó bastante la respuesta. Al fin, ante la insistencia del médico, la rapaza confesó:

-Cuidé que era el Rabeno.

-¿El Rabeno? ¿Y eso qué es?, sepamos.

-¡Asús! Es un hombre muy malo, que mata a la gente y le saca los untos.

Page 34: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

34

Una carcajada del doctor no desconcertó a la chiquilla. Ella sabía lo que sabía, y los señores del pueblo no saben nada.

-El Rabeno, sí, señor, el Rabeno... ¡Dios nos ampare! Aún es mejor encontrar la Compaña; porque quien ve la Compaña muere en el año, pero no lo destripan, con perdón; no le abren la barriga, que es una vergüenza para las mociñas nuevas, señor...

Camino adelante, continuó el médico su indagatoria, entre bromas y veras. La rapaza, ahora, había tomado confianza, y se explicaba, en la expansión feliz que sigue al miedo violento, cuando nos convencemos de que es infundado.

-Al Rabeno, señor, lo que es verlo, lo vieron muchas familias, y hasta la pareja de la Guardia, que anda tras él para cogerlo. ¡Ay mi madre! ¿Dice vusté que no tendrá cuerpo el Rabeno? Cuerpo y más alma, como vusté y como yo, dispensando... Y la semana pasada, en Gundariz, perto de Armellas, anduvieron con él a pedradas los chiquillos, que por poco lo matan... De los mozos escapa; pero si encuentra sola a una rapariga..., ¡nos asista San Martiño!

Ya tocado de curiosidad el doctor, amplió en casa de don Agustín aquellas noticias fantásticas.

-¡Pchs! ¿Qué quiere usted que sea el Rabeno? Un pobre loco, que le da por acercarse, con cierto aire conquistador, a las mocitas. Como es tan antigua esa creencia en el maléfico Rabeno, necesitan encarnarla en alguien, y sale un Rabeno cada diez o veinte años.

-¿Y el origen?...

-Para contestarle a usted tendría yo que consultar a mi vez a los demógrafos... Sin datos algunos, pero fijándome en el nombre que le da la credulidad atávica, me figuro que el Rabeno es una nueva encarnación del sátiro pagano, del cual huían las ninfas y las dríadas.

Obligado a almorzar en casa de su cliente, y seducido por un día tan hermoso, quedose el doctor hasta las tres. Bien pasadas, emprendió el regreso hacia la taberna, donde, bajo un alpende, le aguardaba su cochero. Mientras enganchaban, sentose el doctor en un poyo; yo, a la trasera de la taberna, mirando hacia la costa. El mar era extendida tela de un azul puro, refulgente; allá a lo lejos, los montes adquirían tonos de amatista, y los escollos, que otros días tenían un negror sombrío y tétrico, eran, bajo las últimas caricias del sol, de un rojo de caoba, veteado del verde de las vegetaciones marinas. El médico, algo pensador a su modo, se embelesaba con aquel cuadro dulce y apacible, en que la vieja Naturaleza parecía sonreír con bondad a su pobre hijo torturado -el hombre-. Pensaba en la leyenda del Rabeno, en el miedo infantil de la rapaciña. El Rabeno sería de fijo un desdichado que había perdido la razón y vagaba por las aldeas, objeto de burla, de ludibrio, de odio. No tendría casa ni hogar; no encontraría donde dormir, donde tomar en paz una taza de caldo. Sus antecesores, los sátiros, corriendo ágiles con sus patas nervudas, de dura pezuña y brioso jarrete; descansando en frescas grutas y repuestos boscajes, bebiendo de los cristalinos arroyos y tumbándose para la siesta con el vientre bombeado por el hartazgo de bellotas, eran felices; pero hoy el fauno y el semicapro han de poseer su cabaña, cubrirse con ropas nuevas o haraposas, encender su fuego, no cortejar a la hembra sino cuando ella lo permite... Se acabó la vida natural, la violencia del más fuerte, la libre vagancia por la superficie de la tierra madre... Y sentía el médico piedad del Rabeno, piedad inmensa. Su primer cuidado, al otro día, avisar al gobernador, al presidente de la Diputación, para que se recogiese al mísero en una buena celda

Page 35: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

35

del asilo, mientras no hubiese lugar en el manicomio provincial, siempre atestado, y para el cual era necesario hacer memoriales. Y se regocijaba de antemano pensando en la buena obra. ¿Cómo tardaba tanto Juan en enganchar aquel dichoso cochecillo?

Comprobó con sorpresa que el cochero no estaba allí ya. Tampoco vio al tabernero ni a su mujer. La taberna, vacía; la puerta de la especie de cobertizo que servía de cuadra, de par en par igualmente. Llamó el doctor, y no respondió nadie. Salió al campo, atónito, por si veía a alguien de los que buscaba. Una especie de clamor confuso le guió en dirección a la costa. Bordeando la escollera, siguió hacia donde se oían las voces, cada vez más distintas. A una curva de la línea de peñascos apareció el grupo de gente. Serían hasta treinta, y sus exclamaciones y maldiciones sonaban horribles, profanando con brutalidad la paz sublime de la tarde hermosísima. Acercándose más, pudo ver el doctor que arrastraban algo, un cuerpo humano, tal vez inerte, semivivo tal vez. Allí estaba el cochero como espectador; allí, el tabernero y su mujer..., no como espectadores, sino como actores furiosos, excitados por su hija, la mozallona, que repetía a todo gritar:

-¡Quísome coger! ¡Agarrome del pelo!

Y los golpes, los denuestos, las injurias, los roncos aullidos de los mozos, que venían siguiendo al Rabeno desde otra parroquia, yéndole a los alcances, como alanos tras de la res, arreciaban; y en vano el doctor, suplicando, mandando, quería intervenir, interponerse para salvar al que acaso no era ya sino un cadáver... ¡En aquel mismo momento, con redoble fiereza, lo lanzaban, desgarrado en los escollos, al mar, tan azul, tan tranquilo!

Y la hija del tabernero, con una especie de histérico chillido, insistía: -¡Quísome coger ese condenado! ¡Agarrome del pelo!

O SACAÚNTOS

Personaxe grande e mal vestido, cun aspecto terrible. Tamén se lle chama “Papón”, no sentido

de que pode papar ou comer a alguén, especialmente aos nenos e nenas. Sácalles a graxa aos

nenos pequenos ata deixalos nos ósos; unha vez ten o unto, marcha ao bosque e cómeo para

coller forza ou ben véndeo aos vellos para que rexuvenezan.

Personaxes como o sacauntos eran recursos frecuentes para inflixir o medo na mente dos pequenos da Galicia antiga. Cando alguén de noite cría ver ao sacauntos (e vivía para contalo) levábaselle á praia da illa de Arousa ao mediodía e, rodeado por un pequeno circulo de seixos as mulleres rezaban a San Agustín e os mais pequenos entoaban contos arredor do círculo.

Page 36: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

36

Lenda do Sacaúntos de Allariz

"Poñan atención señores, que sen poñer nin quitar, un suceso de Galicia, aquí voulles explicar. Valor lle pido ó bo deus e á virxe soberana para contar este caso que só nomealo espanta. Na terra de Allariz un criminal sen entrañas, a tres irmás matou sen coitelo nin navalla; Criouse de malos pais sen consello nin ensinanza e pasou a mocidade vivindo en mala compaña. Andándose o tempo adiante o criminal xuntábase con Manolita García natural de Ponferrada. Ó cabo de nove meses Manolita embarazada tivo un fillo, Rosendito, ogallá non o iluminase. E despois que o pariu ao mercado marchábase a levar a mercadoría de pano fino de Holanda. A iso das oito e media vén unha grande ventada e fóronse a gardar debaixo dunha pagá, e entón o moi cabrón cando lle viraba as costas, collíaa polo pescozo e a bocados matábaa. E despois que a matou, ao ver que o neno choraba, retorcíalle o pescozo e a lingua cortáballe,

e no máis fondo do bosque con el deixouna enterrada. Ás preguntas que farán por aquela desgraciada que marchou a servir á cidade de Granada. Nesta segunda parte, se a forza non me falta, daremos fin ao relato que estremece a toda España. O perverso criminal, non contento da súa fazaña, á irmá de Manuela, que Benina se chamaba, logo matou no camiño que a Santander a levaba e tamén a Josefina que era a terceira irmá. Grandes investigacións empezaron en España as mortes do sacauntos por ducias contábanse. Dando berros polo monte ao delincuente atopaban, as mans igual que poutas e a cara ensanguentada. Saíu xa o proceso e o xuíz sentenciábao a morrer no garrote como a opinión demanda. No cárcere de Valencia xa os seus días remataba e o cadáver do maldito con petróleo queimaban. Nais as que escoitades e boas xentes honradas educade os vosos fillos na relixión cristiá, non sexa o caso como este por unha mala crianza, que un malvado criminal saia das vosas entrañas. Aquí a historia remata, aquí a historia remátase, do sacauntos de Allariz. Gloria ao señor, deo Gratia!. " (NV - O Sacauntos de Allariz)

Santa Compaña.

Desde sempre, Galicia foi terra de bruxería e supersticións,terra de meigas, de mouras, trasgos, santos míticos,pelegríns, … Unha das “lendas” máis populares é a da procesión de almas en pena: A Santa Compaña. A Santa Compaña é unha comitiva de almas en pena que vaga polas zona boscosas de Galicia. Nas noites brumosas de novembro, cando os bosques se cubren de néboa é cando a súa presenza é máis patente. A procesión fórmase por almas en pena que van en dúas ringleiras, envoltas en sudarios ou mortallas, coas mans frías e os pés descalzos. Soen aparecer no cruce de camiños. Na cabeza da procesión vai un vivo, que porta na man unha cruz e na outra un caldeiro con auga bendita, mentres que as pantasmas portan candeas ou fachas. O espectro que vai primeiro lugar,o de maior

Page 37: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

37

tamaño, é a Estadea. Nalgunhas versións cóntase que a procesión transporta un cadaleito no que vai unha persoa dentro, incluso pode ser a persoa que sofre a aparición sendo o seu corpo astral o que está no cadaleito.

O portador da cruz non pode en ningún intre voltar a vista atrás, nin renunciar ó seu cargo precedendo a Santa Compaña, e tan só quedará liberado cando atope a outra persoa que o substitúa. O novo desafortunado pasará a ter as mesmas responsabilidades que o primeiro: cargar coa cruz e o caldeiro, sen remisión. A Santa Compaña é invisible para os vivos. Tan so un súbito cheiro a cera e un lixeiro vento son os sinais de que pasa a lexión de espectros, así como o arrepío de determinados animais: cans, gatos, cabalos … Así e todo

hai certos “dotados” que posúen a facultade de vela: os nenos ós que o sacerdote por erro, bautiza empregando óleo dos difuntos, posuirán xa de adultos a facultade de ver a aparición. Se de noite, no bosque, un se atopase de fronte á Santa Compaña, terá que relevar ó vivo, cargando coa cruz e o caldeiro noite tras noite, ata morrer de cansanzo ou atopar a quen o substitúa. O vivo convertido na testa da comitiva non lembra durante o día as súas funcións nocturnas, e únicamente é perceptible a súa carga pola súa extremada delgadez e palidez. Cada noite a súa luz será máis intensa e cada día a súa palidez irá en aumento. A misión da Santa Compaña non está moi clara, pero soe ser algunha das seguintes:

� Reclamar a alma de alguén que morrerá pronto. � Reprochar ós vivos faltas o erros feitos. � Anunciar a norte de algún coñecido do que presenza a procesión. � Cumprir unha pena imposta por alguna autoridade do máis alá.

Se ves á Santa Compaña, debes rapidamente trazar un círculo no chan coa punta do paraugas ou caxata, e entrar nel. Outra opción é tirarse no chan boca abaixo e esperar que a Compaña non pase por enriba. Deste xeito, conseguiremos evitar unirnos á procesión, pero a lembranza do vento xeado e o cheiro a cera no nos deixará fácilmente… Coñécese tamén en Galicia con varios nomes : Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Todos eles son termos que nos indican a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.

Page 38: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

38

A Santa Compaña (poema celta) Por veces recuerdo caminos perdidos que sólo transitan personas heridas, como almas en pena sin destino cierto, largas procesiones que buscan la vida. Marchan por la senda del silencio grave, con la vista fija, sin decir palabra. La gente del pueblo sabe de quien hablo, sólo que la miran sin querer nombrarla. Ambulan veredas de bosques cerrados siempre acompañados de luna en menguante y cruzan los surcos de trigales bajos, viéndose a lo lejos como agonizantes. Dicen que en las noches de niebla temprana alumbran su paso con candiles tenues. No se ven estrellas, los perros no ladran, como por respeto a la santa compaña...

A Compaña na Cruz de Pedra

Ilustración de X. Manuel Segade Rivas Cando os habitantes do Campo, unha pequena aldea das Grañas do Sor, en Ortigueira (A Coruña), ían ou volvían de xogar ás cartas pola noite, moitos afirmaban ver todalas noites a chamada "Santa Compaña"; espíritos, almas e cousas así. E, un día, un habitante que non cría todas esas visións dos demais, burlouse deles. E cando volvía de xogar ás cartas e pasaba pola chamada Cruz de Pedra unha estraña forza arrastrouno e rompeulle toda a roupa, e encheuno de barro e terra. [Remitido por Michael Juan Sierra, de Guísamo, Bergondo (A Coruña]

Page 39: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

39

A SEREA MARUXAINA

Na Mariña de Lugo, na vila mariñeira de San Cibrao, habita a Maruxaina. É unha serea loura, metade peixe, metade muller; vive na cova de Xan Vello, nas illas dos Farallóns, entre percebes e mexillóns, onde pasa o tempo fiando con febras de liño. Nos días de temporal sóbese ó alto berrando e tocando o corno. Hai quen di que para protexer ós mariñeiros, avisándoos do perigo que corren, outros din que para enganalos e levalos a naufragar.

Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar coa serea. Unha noite sen lúa embarcaron decididos a buscala e para contrarrestar a voz engaiolante dela facían soar música de cornas. En terra apagaron as luces e, naquela escuridade, os mariñeiros conseguiron prender a Maruxaina e conducila á vila onde foi xulgada e condenada. En San Cibrao asústase ós nenos coa Maruxaina do mesmo xeito que noutros lugares se fai co Home do Saco, Coco ou co Papón. Díselles que se non se portan ben, vén a Maruxaina e lévaos ós Farallóns. Maruxainas é tamén o nome duns paxaros semellantes ós paíños que veñen anunciar que non se pode saír ó mar porque vai haber temporal. Non temos descrición e non sabemos de que ave se trata, pero cómpre lembrar que esta descrición fai lembrar á das sereas primixenias que eran aves.

Para reviver esta lenda, o segundo sábado de agosto é capturada polos pescadores do lugar; tráena a terra e é xulgada pubricamente, sé é achada culpable quémase na praia nunha fogueira, mais se é achada inocente, a xente baila con ela ata chegar a madrugada, momento que no que é liberada e a Maruxaina escapa cara a sua morada na cova.

En Cervo, na costa luguesa, tamén manteñen a lenda da Maruxaina. O xuízo, que se celebra cada segundo sábado de agosto dende a metade dos oitenta na praza de O Cervo, e a troula que o acompaña foron declarados de interese turístico galego. A celebración comeza na mañá, coa xuntanza dos veciños da vila vestidos ao xeito dos mariñeiros antigos, eles con pantalón azul, camisa branca e boina; e elas con saias longas, mandís, camisa e pano na testa, todo en cores de loito. Xuntos percorren as rúas co son das gaitas e dos cornos para despois baixar á praia para comer e pola tarde celebrar xogos populares. Á noite, apáganse todas as luces da vila e baixase á praia, onde se espera a chegada da Maruxaina, que é traída dende os Farallóns nas chalanas; lévase á praza, onde o tribunal de veciños a agarda. Trala absolución, iníciase unha gran festa na que se reparte queimada. Para que os nenos

coñezan a tradición da «Maruxaina» e poidan xulgar por eles mesmos tócase o seu corno para

Page 40: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

40

guiar ou para confundir aos homes do mar, e o Concello organiza unha serie de obradoiros arredor desta asombrosa figura. A SEREA DAS ILLAS MIRANDA

As Illas Miranda están na ría de Ares, nas proximidades desta vila da provincia da Coruña. Son dous illotes, Pequena e Grande, nos que vive unha serea que ás veces vai tomar o sol ás praias de Perbes, Centroña ou ás dos arredores de Ares.

A SEREA DE MOGOR

Nunha cova da praia de Mogor, en Marín (Pontevedra), vivía unha serea, pero só se podía ver os días de sol, entre o lusco e o fusco. Era entón cando a serea, que era moi fermosa, subía enriba dun penedo que había no mar preto da praia, e quedaba alí ata que escurecía. Despois volvía á súa cova.

Page 41: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

41

LENDA DOS DOUS MARIÑOS

Conta a lenda, que hai moito tempo, existía un nobre quen vivía nestas terras britonienses. O seu nome era Froilán, era moi querido e apreciado polos seus vasallos, pola súa sabedoría e pola súa xustiza. Froilán gustaba moito da caza, pasear non seu cabalo nas súas terras, e falar moito coa súa xente, mentres facía eses percorridos. Nun deses tantos días, nos que estaba no seu paseo diario, viu dende un cantil unha muller deitada na praia. Preso dunha grande curiosidade, achegouse a modiño ata ela. Quedou moi abraiado e perplexo, ó darse conta de ca muller durmida sobre na area tiña corpo de peixe. Era unha serea. Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirándoa, quixo escaparse, mais foi imposible. Montou no seu cabalo e levouna ó castelo. Cando tódolos seus servos a viron quedaron admirados pola extraordinaria fermosura dá muller-peixe. Chamárona Mariña, por proceder do mar.

Froilán e Mariña namoráronse rapidamente. Eles pasaban todo ou día xuntos, montando á cabalo e percorrendo todas as terras do nobre. A pesar de que Froilán, intentou que ela aprendese a falar, Mariña, quizais pola súa condición de serea, non podía pronunciar palabra ningunha. Cando o tentaba, só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender.

Tal era ou agarimo dous namorados, que decidiron casar e ó pouco tempo, coma resultado dese amor , tiveron o seu primeiro fillo.

O tempo pasaba e Mariña, seguía sen poder falar. Isto provocáballe unha gran mágoa e dor... Sentíase moi triste por non poder expresar o seu profundo amor e felicidade a Froilán e o seu filliño.

Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa, ó son das cancións, comendo, e bailando en fronte das fogueiras, Froilán, quen sabía o profundo medo que Mariña sentía cara ás faíscas, arrebatoulle ao seu pequeno fillo dos seus brazos e saíu correndo co neno cara á fogueira, dando a impresión de que ambos os dous, quizais por mor dun meigallo ou feitizo, entrarían nas chamas...

Mariña, presa dun horror enorme, e por medo a perder ós dous seres que máis amaba no mundo, berrou desesperadamente:

- "Froilán!!.. Fillo!!.."

Dese xeito, e grazas ó susto, Mariña puido pronunciar as primeiras palabras dá súa vida e pouco a pouco aprendeu a falar. Houbo unha grande celebración e festa no castelo, e a maior ledicia e felicidade na vida do nobre Froilán, que viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida.

Anos despois, dous descendentes desta parella, Froilán e Mariña, acadaron gran fama e sona non Reino de Galicia. Eran bos mariños, que adicados á poesía e á música , foron os compositores dunha das máis fermosas composicións líricas dos cancioneiros galegos medievais.

Este nobre liñaxe do reino, tiña o seu escudo de prata, cunha representación dunha serea e tres ondas azuis.

Page 42: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

42

Tamén varios integrantes desta familia, participarían nas guerras contra os árabes, asentáronse nos novos territorios do sur e contribuíron á riqueza do que sería o futuro Reino de Portugal.

AS SERPES

Seres mitolóxicos con forma de dragón-serpe con ás. Tiñan a función de vixiar os tesouros (na mitloxía galega hai moitos tesouros escondidos con pezas de ouro de gran valor, para atopalos hai unhas guías chamadas lendas que describen os lugares onde se atopan).

As serpes viven en fragas, covas ou fontes, asubían de forma terrible e teñen por costume coner persoas –tanto vivas como mortas-; para evitar isto, hai que darlles ben de comer.

O punto débil da serpe é a gorxa, xa que o resto está cuberto de duras escamas.

Cando se fan vellas, vanse ao fondo do mar a coidar os tesouros e a descansar.

A COVA DA SERPE

Sempre que podía, unha doncela chamada Berta cabalgaba polos bosques de Friol, en terras

galegas. O seu pai, o Señor de San Paio de Narla, non o vía con bos ollos, a pesar de que as súas

continuas ausencias impedíanlle ofrecer á súa filla compañía e maior control paterno.

Por iso non foi de estrañar o que sucedeu un día.

No medio dunha cabalgada desenfreada, a montura da doncela terminou por desbocarse. Un

home da aldea viu o que pasaba e, a risco de resultar pisado polos cascos da besta, conseguiu

aferrarse ó animal e tranquilizalo.

Logo acompañou á muller un treito, pero ó coñecer quen era e onde vivía, o campesiño

retirouse rapidamente.

A pesar diso, a rapariga quedou impresionada pola fortaleza e a valentía daquel home.

Ao día seguinte, saíu na súa procura. Non lle foi moi difícil dar con el.

A partir de entón, todas as tardes víanse. O trato levou ao namoramento mutuo.

Ó principio, crían que a súa relación permanecía a salvo de dimes e diretes, pero naqueles

lugares a intimidade é algo raro.

Pronto chegou a oídos do Señor de San Paio a amizade da súa filla cun aldeán e estalou nun

ataque de furia que derivou na orde de apresalo por se atrever a achegarse á súa filla.

Preto de alí, o aldeán sabía que existía unha cova. Todos trataban de evitar esas paraxes. No

pobo dicían que se trata da gorida dun dragón, ao que chamaban a Serpe.

Page 43: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

43

O home conduciu á súa amada ata a cova e introducíronse nela. Non tiñan armas.

Pero cando apareceu a cabeza do enorme dragón, coas fauces abertas, disposto a matalos,

cunha furia inmensa o aldeán arroxouse contra a besta, e gritou á súa amada que se puxera a

salvo.

Os cabaleiros quedáronse na entrada da Cova dá Serpe, sen atreverse a ir máis aló,

aterrorizados polos ruxidos e os berros que chegaban até os seus oidos desde o interior.

A filla do seu señor saiu fuxindo da Serpe, toleada pola dor de perder ao seu amado e a terrible

escena que acaba de contemplar.

Foi conducida á torre do seu pai, onde chorou a súa traxedia e a súa soidade.

Desde entón, a Serpe sae a miúdo da súa gorida.

A inmensa serpe vai acabando cos gandos, e ataca a cantos atopa ao seu paso, na zona

próxima ao que xa chaman o Pozo da Serpe.

Alí, un grupo de valentes conseguiu ao fin darlle morte, envenenándoa. Pero esta é xa outra

historia.

A SERPE DO CASTRO DA TROCA

Contan que algún tempo atrás había non monte do Castro dá Troca unha serpe que baixaba á

Terra Chá e roubaba ós nenos para come-los. Os veciños puxéronse de acordo e para evitar

esta crueldade e salvar ós seus fillos levábanlle tódalas semanas unha bésta ou unha ovella ó

monte que sorteaban entre eles. Como a

xente era pobre e non podíase permitir perder tódalas semanas parte do seu gando e ademais

a serpe era unha ameaza que xa devorase máis dun cativo dá comarca, decidiron acabar con

ela. A serpe era enorme, segundo contan, e todos aqueles que tentasen darlle morte nunca

voltaran, polo que argallaron un plan. Ou plan consistía en gardar toda a lá que poideran para

tecer un fío que lles permitira turrar do animal para darlle morte entre todos. Encherían ou

ventre dun boi de novelos de lá e deixarían fora un fío, cando a serpe comera o boi cos novelos

encheríanlle a boca e a serpe non podería facer uso dás súas temibles fauces, despois turrarían

do fío e entre todos moeríana a paos. Dito e feito, lograron mata-la serpe e enterrárona non

adro dá ermida e levantaron un cruceiro enriba dela, que aínda hoxe está en pé.

LENDA DO MOZO E A COBRA

Disque había un rapaz que todos os días ía ó monte co gando. Un día viu que por embaixo

dunha laxe saía unha cobra; ó rapaz, en vez de asustarse, gustoulle tanto que lle daba migallas

de pan. Fixéronse amigos e todos os días xantaban o panciño xuntos e o rapaz xogaba coa

Page 44: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

44

cobra e agarimaba nela. O mozo foi ó servizo e, cando voltou, o primeiro que fixo foi correr

monte arriba para ollar á súa cobriña; chegou alá e asubiou como acostumaba noutrora , e saiu

a cobra , máis tan longa, tan longa e tan grosa , que o mozo colleu medo. A cobra non o

recoñeceu e botouse a el, ensarillouno e matouno. Máis cando o tiña morto reparou nel,

recoñeceuno e aflixida botouse ó mar e morreu afogada.

A SIMBOLOXÍA DÁ SERPE NA CULTURA GALEGA

Antecedente remoto no pobo galego son vos "saefes" ou raza de serpes, identificada por

algúns historiadores como ou pobo celta, que chegou a ocupar a zona que abarcaría ou

noroeste de España, chamada Ophiusa (nome que procede do grego "saefes" : serpe ) entre os

anos 590 e 550 antes de Cristo.

En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi símbolo da terra, como noutras rexións do

mundo. Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presenza

significativa da serpe na cultura do noroeste peninsular. Moitos monumentos cristiáns foron

levantados sobre pedras cunha serpe gravada. Quizais para simbolizar que o pecado –serpe–

era vencido pola fe cristiá. Segundo a Xénese, a serpe –demo– introduciu o pecado no mundo.

En ocasións conviven o paganismo eo cristianismo en cruceiros coa serpe esculpida.

Para algúns historiadores, a serpe é un animal que evolucionou, outros pensan que é un xenio

protector da casa e dos seus habitantes, máis todos confirman a existencia dun culto antigo á

serpe, se ben non é exclusivo da etnografía galega.

PEDRA CON DEBUXO DUNHA SERPE ATOPADA NON CASTRO DE

TROÑA, CONCELLO DE PONTEAREAS

A mítica serpe está unida ó folclore galego pois a moura (ser

feminino misterioso de orixe descoñecida) aparece en forma de

serpe cunha flor na boca; a moura-serpe, representa o espírito dos

mortos; encarna ó antepasado fundador da casa; a serpe é xenio

protector das fontes de vida e de santidade.

Críase que as serpes non morrían de morte natural, senón que

voaban, de vellas, ó río Xordán e despois ó mar. Neste voo podían

botar a sombra ás persoas e eran especialmente perigosas para os

nenos. As moi grandes facían ruído cando se movían. Outras

marchaban de pé asubiando.

A mordedura de serpe era moi velenosa –críase– e curábase aplicándolle o cu dun polo ou

chegando antes á fonte máis próxima, a onde aquela adoitaba ir despois de morder.

Hai que desconfiar das serpes, a pesar de que purifican a natureza cando comen sapos ou

insectos; tamén atraen os paxaros co alento e mátanos.

Page 45: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

45

Con carne de serpe facíanse remedios para a tos e outros problemas respiratorios.

Ó ver unha serpe había que matala, porque cando voaban ó Xordán dicían: “Maldito o que me

viu e non me matou”. Para matar unha serpe había que facela sangrar.

O lume ou a música defendían tamén da serpe

A serpe considerábase fecundante, como a lúa ou como as augas; por tal razón podería

relacionarse co ciclo muller-lúa-augas. Son moi frecuentes na literatura popular galega as

lendas sobre serpes.

O TEMPO E A MEDIACIÓN DÁ SERPE

A serpe vive dúas fases ben diferentes non seu ciclo anual. Está escondida de outubro a abril,

preto dos pozos e das fontes salvaxes; está inmóbil, come terra e non é perigosa. A partir de

maio déixase ver, aliméntase de animais e non ofrece perigo.

As serpes que voaban ó Xordán non estaban suxeitas ó tempo, como non o estaban as

mulleres enfeitizadas, que tomaban ás veces a figura de serpe.

A serpe é a intermediaria entre este mundo e o outro, entre o mundo oculto e o visible. Ás

veces as almas transfórmanse en serpes para peregrinar a algún santuario. A serpe garda os

límites entre o mundo enfeitizado e o non enfeitizado. Vincula o mundo antigo ou pagano co

moderno ou cristián, o mundo animal co humano. Podía tomar a forma de persoa ou de animal,

dun lobo o dunha loba. Representa o tempo e a eternidade; neste mundo está suxeita ó

tempo, pero é eterna no outro se non morre violentamente.

A serpe pasa do espazo húmido –primeira metade do ciclo– ó seco –segunda metade–, do

espazo salvaxe ou non habitado ó espazo habitado. Vive nas minas e na superficie, no alto da

montaña e no val.

A serpe é a manifestación do dobre aspecto da natureza, é a continuidade da mesma natureza.

Page 46: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

46

O TARDO

É unha especie de trasno responsable dos pesadelos nocturnos,

un ser peludo e de cor verde.

O tardo e o Tío Roxo

No concello de Calvos de Randín (Ourense), pasou o seguinte caso. Unha vez viña o Tío Roxo

do muíño da cabalo da súa besta e foi o tardo e deulle a volta ao aparello; o Tío Roxo chegou á

casa coa cabeza para abaixo e cos pés para enriba e, o mellor, sen se dar de conta de que ía

naquela postura.

Page 47: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

47

O TRASNO

Especie de demo invisible, chamado tamén Diaño (distinto do

Demo e non tan maligno como este). É de hábitos nocturnos e

serve para explicar sucesos accidentais de causa descoñecida,

como a vaixela que aparece rota, as chaves que se perden, os

novelos que se lían ... En Galicia, o trasno é considerado un

duendecillo doméstico carente de poder para facer dano,

salvo asustar. Tamén pode andar detrás dunha persoa e

seguila a todas partes.

Outras veces toma forma de animal (cabalo, can abandonado...)

O truco para liberarse do Trasno é deixarlle nun prato ou, mellor aínda, ciscada polo chan, unha

presa de lentellas, fabas, graos de millo ou algo semellante; como o Trasno non sabe contar

máis de cen, cando chega a esa cifra ten que empezar de novo, e así mantense ocupado sen

poder facer trasnadas.

Pequeno, delgado, ollos de lume, cun buraco na man, collo, uñas moi longas.

Vestido cunha casaquita e gorro vermellos.

Posúe cornos.

Para desfacerse del é necesario pedirlle que faga algo no que fracase e senta descorazonado.

En xeral son cousas parecidas, varían segundo a zona.

E como en todo, no mundo mítico galego tamén hai xerarquías e as \"demos\" divídense en

varias clases:

1º.- Os que viven na atmosfera, ou \"demos do aire\"( demochiños, nubeiros, tronantes),

producen medo a través de fenómenos raros e atmosféricos.

2º.- Os que viven na terra: Trasgos, trasnos, búrlanse das persoas normalmente de forma

inocente.

Page 48: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

48

3º.- Os que viven no Inferno: Satanás e os Diaños

Maiores, que tentan ao home buscando a súa

perdición.

Envorcan xerras de leite, fan ladrar aos cans, dan

portadas... pero se se lles trata ben, arránxano todo

e colocan as cousas no seu sitio. Dise que moitas

veces aínda que son invisibles para os adultos, os

nenos pequenos e os animais se poden velos.

De espírito inquieto, non abandonan a casa onde habitan a menos

que os humanos se trasladen de residencia, entón eles tamén andan

de mudanza: \"\"Xa que todos ides de casa mudada, tamén veño eu coa miña gorra

encarnada\".

Parece claro a orixe indoeuropea do trasno, xa que con diferenzas mínimas atopámolo por

toda a cornisa atlántica e mediterránea de Europa.

LENDA DO TRASNO CUSQUILLAS

A Jaliña Petarda é tan especial como o encanto do seu nome.

A Jaliña Petarda vén do nome dunha misteriosa Jaliña Galiña,

que segundo unha antiga lenda, conta que

misteriosamente unha tarde de agosto foi vista por primeira

vez en brazos dun ser de baixa estatura, con barba que sorría e

corría dando saltos dicindo: “A Jaliña é miña”. Tratábase

dun coñecido trasno que deambulaba á calor das Burgas en busca de tesouros e chamábanlle

Cusquillas. Un día que andaba á busca de tesouros, atopou unha Galiña que confundiu coa

Jaliña dous pitos de ouro, e que era unha Moura, gardiá do famoso tesouro das Burgas

colléndoa en brazos. A Moura, pediu que a soltase, e a cambio ensinaríalle a cova do tesouro.

Cando chegaron a un lugar pedregoso do que manaba unha fonte de auga quente, a Moura

transformouse nunha belísima nova de belos cabelos dourados, e tocando as ardentes augas,

as rocas abríronse deixando ver o inmenso tesouro que escondía penetrando na cova. O trasno

Cusquillas, reclamou o seu tesouro, ó que a Moura lle respondeu: “A Galiña se peta, que arda”.

De alí a lenda, e aínda se di que o trasno Cusquillas vaga pola zona vella de Ourense en busca da

Jaliña Petarda, para facerse co tesouro.

Page 49: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

49

TRASNO DA XANELA

Cada noite un trasno vén até a miña casa e colócase na parte

exterior da xanela da miña habitación, debe ser que as

eleccións están preto e quere roubarme o voto. Mal sabe o

pobre que aínda non teño idade para votar, pero eu non penso

dicirllo non sexa que despois deixe de facerme as beiras…

O TRASNO NO MUÍÑO DE QUENDE

Era no muíño de Quende, onde ían moer un ferrado de trigo ou centeo a Josefa de Amorós e

maila irmá, que lle chamaban Antoña. E dicían que andaba o trasno. E foron polo muíño e

metéronse dentro do muíño, e puxéronse a moer, a esperar para levar o ferrado de trigo. E

entón chegou un carneiro pequeniño, un añiño, e collérono:

- Ai, Dios mío! Ai, Dios mío, mira o meu añiño!

E collérono no mantelo no colo, mexou por elas e despois dixeron:

- Ai, Dios mío, e onde iría? Ai, que deixou a ovella, onde vai?

E, entón, claro, a dicir Jesús, o año marchou e dixo:

- Jujurujú, como as nenas do muíño me quentaban o cu!».

O TRASNO APROVEITADO

Isto pasou en Candia, Abadín (Lugo):

»O trasno ía a unha casa sempre a facer daño, pero era

moi proveitoso porque non quería perder nada. Ía,

metíaselle cas cousas, comía na cama, comíalle o

queixo pero el nunca desperdiciaba nada. E, entón, un

día, tiroulles un saco de trigo e como había que apaña-

lo trigo e non podía recollelo todo xunto, pois chorou

tanto, chorou tanto que adormeceu, e cando viñeron

da casa pois encontrárono durmindo».

Page 50: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

50

O URCO

O urco era un animal fantástico, especie de can negro, de grandes proporcións, con cornos e orellas grandes, cuxa presenza preto de alguén era presaxio de mal agoiro. Segundo a mitoloxía popular habitaba nas beiras do río Lérez, nunha paraxe tenebroso chamado en galego"borrón". A lenda do urco deu orixe nos anos 1877 e 1878 á celebración das festas do Entroido (Entroido) en honor do fatídico monstro. En Asturias existia tamén a crenza do urco, xa que o mitólogo asturiano Cabal decia: “en tempos antigos se debeu chamar huerco todo o que chegaba a nós como aviso da tumba. Huerco a sombra do futuro morto, o cadaleito en que se metía; huerco, o can que aullaba pola noite...; e huerco, todo animal agoreiro de igual significado". Hai varias versións do significado do urco, nalgunhas zonas din que o urco representa a morte mesma, outras que a súa representación é a do outro mundo, o mundo das ánimas, o que equivaldría a dicir que atoparse con el, é estar xa morto. Outros o identifican co "Can Cérbero", o gardián dos infernos, ligado a Hércules e o seu vello culto nas terras galegas. Noutras versións, o urco non é senón o can que acompaña no seu deambular errante á Santa Compaña, pero con lixeiras diferenzas. O urco ten na cultura popular galega moito que ver coas premonicións da morte. Ligóuselle en ocasións coas malas meigas, como o gardián das súas covas.

Page 51: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

51

Así, entre as varias crenzas no URCO, a máis estendida refírese a un can grande, inmortal, de cor totalmente negra, as súas grandes orellas colgantes caían polos seus costados e xunto a elas nacían dous protuberancias en forma de pequenos cornos e arrastraba polo chan o seu longo rabo mentres camiñaba. Aínda que hai quen o representa como unha serpe, símbolo de mal e da terra que devora aos homes, ou tan só coa cabeza deste oficio. Este animal de aspecto horrible presentábase sempre pola noite, os días de brétema ou néboa para que a súa imaxe entre as sombras dese verdadeira repugnancia. Atraía aos incautos co seu aullido. Aseguraban que atoparse con el en plena noite era premonición da morte segura dun ser querido ou o presaxio da morte propia, era un dos máis claros agoiros da morte. Co devir do tempo, o urco pasou desa cultura popular da morte a ser parte desoutra cultura onde se espantan ás nosas propias pantasmas: o Entroido, e desde 1876 é o protagonista dos Entroidos de Pontevedra. Nalgunhas aldeas da Costa da Morte, identifícase ao urco cos anxos e os demos; así un urco branco, de lanuxe sedoso e mirada tenra, representaría ao anxo da garda e o outro, horrendo e negro, sería o demo.

O urco de Borrón Segundo conta a mitoloxía galega, este animal habitaría en Borrón, un lugar cheo de néboa e tenebroso pertencente ao Alén, de aí a comparación que algunhas veces se fai entre el e o Cérbero, gardián do Tártaro. Urco é un can negro e grande, groso e temible, que vive durante o día no mar como un peixe e pola noite sae das ondas e aparece na praia sacudíndose as augas e o salitre. Logo avanza por sendas e camiños, ladra dun modo que asusta e, de cando en vez, arrastra unha cadea de ferro na escuridade. De inmediato, acoden todos os cans ao seu lado e xuntos avanzan e provocan un ruidoso escándalo. Urco detense ao seu antollo, sóbese aos altos muros das hortas ou as facendas, e os demais cans sométense a el e miran os seus ollos brillantes que se acenden como centellas, como soberbios fachos na noite. Algunha xente que o viu di que este ser do trasmundo non é exactamente como un can. Algúns autores atribúenlle o don da ubicuidad e supono inmortal. Xose Castro de Filgueira, alcumado Peito Cheo, di que o viu unha vez que foi ao mar por area de madrugada para que ninguén se dese conta, e sostén que é un animal con medio corpo de lobo e medio corpo de serpe, con escamas e costras que brillan. -Tiña garras longas e afiadas, e os dentes parecían navallas afiadas en prata pura. Debía ter moita forza no rabo porque, ante os meus propios ollos, tirou ao mar un peñasco do cantil. -E vostede non tivo medo? -Medo? Non me cabía un alfinete polo cu.

Page 52: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

52

OS XACIOS

Os xacios son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.

Un mozo de Ortelle que pescaba no Miño atopuse a unha fermosa Xacia o pé do castro de Marce. A muller pediulle que si a levaba a bautizar podría casar con ela e así o fixeron.

Page 53: O APALPADOR OU PANDIGUEIRO · 2020. 11. 26. · luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que o Apalpador é un xigante, carboeiro que

53

Pero os fillos do matrimonio mostraban un gusto por o auga e sempre bañabanse no Miño o en calquer regato que atopaban o seu paso. O pai, farto desa situación, o rechazó. Discutió tamén ca súa mller e a infelicidade reinó naquel fogar. A Xacia, desencantada da vida co humano, voltou ós pozos do Miño, pero os seus conxéneres a mataron e despedazaron por bautizarse. O xoven, arrepentido da súa actitude, foi buscar a súa muller peixe, pero atopou os seus restos flotando na auga do Miño.