o anllóns 37

16
O ANLLÓNS boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 37 · marzo 2015 #dependedenós

Upload: distrito-xermar

Post on 21-Jul-2016

240 views

Category:

Documents


16 download

DESCRIPTION

Boletín do BNG de Carballo

TRANSCRIPT

Page 1: O Anllóns 37

O ANLLÓNSboletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 37 · marzo 2015

#dependedenós

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 1

Page 2: O Anllóns 37

Avalado pola xestión realizada á fronte da alcaldía,afianzado pola súa capacidade para seguir convertendoCarballo nun bo lugar para vivir malia gobernar enminoría e lexitimado pola cidadanía a través dasAsembleas Abertas, Evencio Ferrero Rodríguezpreséntase de novo ás eleccións municipais para seguirsendo o alcalde de todas e todos os carballeses. Fronte aunha oposición que estivo desaparecida ata agora, oalcalde de Carballo sempre deu a cara e está disposto aseguir dándoa.

Como resultou a experiencia do goberno en solitario een minoría?

Malia todas as dificultades, Carballo sobreviviu ao sobresalto.Nesa inestabilidade hipotética dun concello gobernado por ungrupo en minoría, creo que se foi levando o debate municipalcon moita madurez por parte de todos os grupos políticos. Porparte do goberno intentouse sacar adiante as propostas, e nagran maioría dos casos conseguiuse. Pero tamén é verdadeque neste último período do mandato acentuouse a necesidadedun goberno máis estable e reforzado. Creo que esa é a grannecesidade: un goberno con capacidade de actuación para ofuturo, e o goberno do BNG sempre procurará seguirgobernando para mellorar Carballo.

Se tivese que destacar un único aspecto do mandato, calsería?

O balance económico do Concello, que é excelente,extraordinariamente bo, e iso conseguiuse a base de moitoesforzo e moita xestión. Sobre todo tendo en conta asdificultades por parte do Ministerio de Facenda, que dificultouenormemente a capacidade de investimento dasAdministracións locais. Temos un Concello cun remanente detesourería histórico para seguir acometendo as mellorasnecesarias, pero que por esas limitacións do Ministerio non sepoden facer. E temos unha débeda que non chega aos 40 eurospor habitante, mentres que cando o BNG chegou ao gobernono 2003 era seis veces máis.

Non é doado entender que haxa cartos e non se poidangastar...

Efectivamente. Necesidades hai moitas, e ademais unhasociedade sempre ten que ter ese espírito de superación emellora permanente. É evidente que temos que seguiravanzando, pero tamén é verdade que neste mandato houbomoitos problemas para facelo por culpa desas disposiciónslegais. Aínda así, no Concello de Carballo chegamos a esesexcelentes resultados económicos sen facer recortes eneducación, nin en servizos sociais, nin en cultura ou deporte.Nese aspecto Carballo é un referente de como se pode facerxestión pública sen ir ao recorte fácil. E a próxima corporaciónestará nunhas condicións económicas moi favorables paraatender todas esas necesidades que nos seguen presentando.

E todo iso sen subir os impostos.

Carballo como cabeceira de comarca foi capaz de seguirmedrando todos estes anos cunha baixísima presión fiscal esen estar próximo ás áreas urbanas. Dentro dese novo marcolegal do que falabamos está unha disposición do Goberno doEstado que obriga a que todos os servizos se autofinancien.Pero podemos comparar datos con calquera outro concello,máis grande ou máis pequeno, e concluiremos que Carballo tencargas impositivas moi baixas. Non ten porque ser un valor ensi mesmo cobrar pouco ou moito, o que si é un valor en simesmo é que todos temos que contribuír, e esauniversalización do esforzo é o que nos ten que facer máisfortes, que todo o mundo contribúa, porque do contrario écando se producen as inxustizas.

Cando a oposición critica a política fiscal está vendendofume?

Esa é unha irresponsabilidade por parte de quen faideterminados argumentos, porque goberne quen goberne olixo hai que cobralo, o saneamento hai que cobralo, e o ingreso

“A medida que se acercan as eleccións hai gruposque intentan pescar en río revolto”

“Se gobernase o PP hoxe estariamos pagandopor aparcar, porque esa era a súa proposta

cando se aprobou a zona azul”

Evencio Ferrero RodríguezAlcalde de Carballo

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 2

Page 3: O Anllóns 37

ten que estar equilibrado co gasto. A propia lei obriga a faceloasí, independentemente de que a algúns agora nos toquetomar esa decisión. E ao mesmo tempo é unha necesidadesocial, porque as sociedades non poden soportarse baixo oprincipio de que paguen algúns para beneficiar a outros. Eucreo que aí temos que intentar protexer aos máisdesamparados, pero as obrigas todos temos que soportalas, eos servizos públicos, como o lixo ou o saneamento, teñen uncuste e todos temos que asumilo.

Que pensa dos ataques á políticade humanización?

No seu momento algúnsdefendemos a zona azul, ecreo que foi un gran acerto.Sen dúbida ningunha, segobernase o PP hoxeestaríamos pagando poraparcar, porque esa era asúa proposta. Foi nunhasituación de minoría, naque polas diferenzasinternas do propio PPconseguiuse implantarun sistema alternativoque era o que nóspropoñíamos, a zonaazul, e agoracomerciantes,sociedade... todosaplauden aqueladecisión. E eu estouconvencido tamén de queo modelo que se estáimplantando na actualidade éfavorecedor para que a xentevexa Carballo como un bo lugarpara vivir, pero tamén para que ocomercio desenvolva con máisnormalidade a súa actividade e amplíea súa carteira de clientes. Estamosconvencidos de que é bo para o conxunto dasociedade, e sobre todo para o comercio.

Cal é a súa lectura da repentina aparición mediática dospartidos da oposición despois de estar agochadosdurante todo o mandato?

A medida que se acercan as eleccións hai grupos que intentanpescar en río revolto, dicindo en dous meses o que nondefenderon en tres anos, pero o que lle temos que trasladar ásociedade carballesa é que un goberno non pode estarpendente de vaivéns electorais, senón que as decisións haique tomalas independentemente de que coincidan a dous,tres ou catro meses das eleccións. E ademais, como se dá acircunstancia de que estamos en minoría, hai grupos queintentan mover o avespeiro para ver se alguén pica por algúnlado. Eu espero que a sociedade carballesa sexa osuficientemente madura para darse conta de que o Concellode Carballo está ben xestionado, moi ben xestionado. É certoque os tres primeiros anos foron moi tranquilos. Aídemostramos a capacidade do goberno do BNG de gobernar

en solitario, e agora mesmo a sociedade xa o percibiu.Esperemos que no próximo mandato teñamos máisestabilidade, pero estas polémicas alimentadas dende abaixo,estes movementos finais, creo que están moi relacionadoscon esa proximidade electoral.

Como ve Carballo cunha maioría absoluta do BNG?

Neste tempo déronse primeiros uns pasos para facer deCarballo un bo lugar para vivir. O centro xa é un lugaratractivo, e no próximo mandato temos o reto de irradiar esedinamismo ao resto dos barrios. No mandato anterior fíxose oFórum, que significou un exemplo de dignificación urbana naMilagrosa. Para o próximo está aprobado o proxecto do Chorís,

e é evidente que o Barrio das Flores necesita tamén unhaintervención e aí teremos que actuar. Pero, por

suposto, tamén no conxunto do territorio.Seguiremos mellorando a calidade dos

servizos no rural. Co proxectoAnllóns-Bardoso temos capacidade

para abastecer de auga potabletodos os lugares de máis de 50

habitantes, e no próximomandato faremos oabastecemento ásparroquias da costa, queé unha necesidade paraimpulsar o seudesenvolvemento. Etamén outrasactuacións como ocentro social deArdaña ou a mellorado entorno das Eiroas.

Pero Carballo non só é un bo lugarpara vivir, senón tamén para investir

E a proba é que a última oferta de solo no polígono industrialfoi un éxito e hai dez parcelas adxudicadas e grandesempresas que apostaron por Carballo. Polo tanto imos ver ungran impulso ao polígono industrial e iso será tremendamentepositivo. Ao comezo do mandato tamén estará formalizada aadhesión de Carballo ao transporte metropolitano, tanto daCoruña coma de Santiago, e iso redundará en beneficio detodas as persoas que utilicen ese transporte colectivo. Antes ACoruña estaba a 33 km. de Carballo, esperemos que moitaxente se dea conta de que Carballo tamén está a 33 km daCoruña e que sexamos capaces de atraer a moitas persoas queveñan a desfrutar, a pasear, a comprar, a vivir e a convivir nunsitio coma Carballo. É un deseño moi groso de por onde tenque ir o próximo mandato, pero sen descoidar as cuestiónspequenas e sabendo que por moito que se planifique a persoaque teña unha necesidade dun punto de luz ou un bache vainodemandar, e por iso tamén estaremos nas cousas pequenas,por suposto, á parte de seguir traballando nese Carballo dofuturo.

“Carballo como cabeceira de comarca foicapaz de seguir medrando todos estes anoscunha baixísima presión fiscal e sen estarpróximo ás áreas urbanas”

“A próximacorporación

estará nunhascondicións

económicas moifavorables para

atender asnecesidades dos

veciños”

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 3

Page 4: O Anllóns 37

O BNG quere que Carballo volva a seresa “vila fermosa, alegre, ben trazada econ personalidade” que describía o escri-tor Eugenio Carré Aldao a principios doséculo XX. Carballo necesita o Plan Xeralde Ordenación Municipal no que vimostraballando nos últimos anos, dando voze voto non só a todos os grupos políti-cos, senón tamén á cidadanía; un PXOMque vén de ser aprobado por unanimi-dade da corporación municipal, e que sóestá pendente do visto bo definitivo daXunta de Galicia; un documento no quedefinimos as intervencións no territorioque van impulsar a nosa vida econó-mica, social, cultural... O BNG cumpre.

Os edificios e os espazos públicos daépoca de Carré Aldao que puideron mar-car a diferenza sucumbiron ao paso dotempo, pero as novas tendencias arqui-tectónicas parecen concibidas para sal-dar esa débeda e rachar coa crenza deque o noso era un pobo sen personali-dade. Dende o Concello de Carballo, oBNG está a buscar novos referentes. Omercado municipal, o Fórum ou a Biblio-

teca Rego da Balsa, inaugurada nestemandato, son xa símbolos arquitectóni-cos do novo Carballo.

Nese Carballo, o máis urbano, que poucoa pouco vai adquirindo aspecto de ci-dade, o actual goberno municipal puxoen marcha unha política de humaniza-ción directamente relacionada coa mobi-lidade. Apostamos polo tráfico calmadoconstruíndo pasos de peóns elevados,instalando aforadores de velocidade, im-plantando direccións únicas e reducindoa velocidade. Queremos recuperar asrúas para os nen@s, os maiores, as per-soas con mobilidade reducida... perotamén para os carriños de bebé, para osmiles de veciños e visitantes que se des-prazan os domingos de feira entre apraza do Concello e A Milagrosa, para osciclistas, para as persoas de todas asidades que se botan a andar a diario: nopedibús, seguindo as rutas do Metromi-nuto, explorando as sendas fluviais queestamos a acondicionar ou indo de com-pras por un centro urbano cada vez máisaccesible, atractivo e comercial.

Unha vila renovada, dinámica e con mellores servizos

#unbolugarparavivir

OBRAS URBANAS PERÍODO 2011-2014

Conservación do pavimento das rúas docasco urbano de Carballo 513.051 €

Retranqueo rede de saneamento na rúaPerú 22.899,63€

Biblioteca Rego da Balsa 1.199.588€

Complementario nº1 ao proxecto de execu-ción da Biblioteca Rego da Balsa60.348,75€

Infraestruturas Fórum Carballo 56.640,00€

Recuperación enerxía solar para ACS na pis-cina Carballo Calero 34.672,18 €

Climatización piscina Carballo Calero104.532,87€

Reforma da sala de caldeiras da casa con-sistorial do Concello de Carballo99.919,02€

Contrato obra menor para acondiciona-mento de local para vestiarios no pavillóndo colexio Fogar 31.400€

Melloras na seguridade e accesibilidade nasgradas do pavillón Vila de Noia 12.886,50€

Adecuación e mellora contedores soterradosno mercado municipal 31.390,59€

Carballo experimentounos últimos anos unha trans-

formación urbana sen preceden-tes. Ampliamos os servizos e

descentralizámolos para irradiar dina-mismo aos barrios, melloramos a mobili-

dade peonil apostando tamén polaspersoas, seguimos reforzando a identidadedo noso pobo con edificios singulares quenos reconcilian coa historia e ata empeza-mos a derrubar muros... con pintura.

Agora temos outro Carballo: máis atrac-tivo, máis cómodo, máis familiar, máis

comercial, máis accesible, más limpo,máis activo... Agora Carballo é un

lugar moito mellor para vivir.

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 4

Page 5: O Anllóns 37

RÚA VALLE INCLÁN

Dende que se levaron a cabo as obras dereurbanización, a Valle Inclán é unha dasrúas máis comerciais do centro. O Concellode Carballo investiu preto de 200.000 eurosnun proxecto que incluíu a renovación dosservizos, a creación dunha plataforma únicade prioridade peonil e a instalación de novoe moderno mobiliario urbano.

RÚA COLÓN

A obra de reforma da rúa Colón está a pi-ques de rematar. A intención do gobernomunicipal é estender a esta céntrica vía omodelo utilizado na Valle Inclán co obxectivode seguir humanizando o centro e favore-cendo a actividade comercial e hostaleira. Oproxecto, financiado con cargo ao plan DTC,ten un orzamento de 241.500 euros.

RÚA MARTÍN HERRERA

A humanización do centro urbano chegarámoi pronto tamén á rúa Martín Herrera. O pro-xecto está valorado en 350.000 euros, queserán financiados polo Concello de Carballocon cargo ao orzamento deste ano, e inclúea integración do adro da igrexa no deseñodesa céntrica e histórica vía. As obras empe-zarán no verán.

RÚA AMBULATORIO

O goberno do BNG saldou unha antiga dé-beda na rúa do Ambulatorio coa finalidadede mellorar a seguridade peonil nunha víapola que circulan a diario centos de persoas.Cun investimento de 165.204 euros, financia-dos con fondos propios, foi posible renovar osservizos e construír unha beirarrúa pola marxeesquerda.

RÚA VILA DE NOIA

O Concello de Carballo realizou neste man-dato unha primeira actuación no entorno docomplexo educativo e deportivo Vila de Noiacoa finalidade de mellorar a accesibilidade.Cos 27.577 euros investidos foi posible trans-formar e humanizar un espazo urbano utili-zado a diario por máis de mil persoas.

O CHORÍS

Un dos próximos proxectos de humanizaciónlevarase a cabo no barrio do Chorís. O go-berno do BNG investirá 466.605 euros na me-llora das beirarrúas, a renovación dos servizos,a reordenación dos aparcadoiros e do tráficorodado, a creación dunha pista perimetraldeseñada para camiñar e correr e a planta-ción de árbores e céspede.

Os proxectos de humanización esténdense polo casco urbano

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 5

Page 6: O Anllóns 37

A transformación da zona rural de Carballo é un feito

Dende que chegou ao goberno no ano 2003, o BNG propúxoseacabar coas enormes diferenzas que existían ata ese momentoentre unhas parroquias e outras co obxectivo de convertelas en18 bos lugares para vivir. Hoxe a transformación da zona ruralde Carballo é un feito, e nos últimos anos demos pasos de xi-gante para seguir equiparando as infraestruturas e os servizosque reciben as carballesas e os carballeses á marxe do lugar noque residan. Nós non cremos na política de asfaltados e puntosde luz tan propia doutras épocas. Queremos que as nosas parro-quias teñan unha rede viaria acorde aos novos tempos, por isonon nos conformamos con bachear as pistas, senón que as am-pliamos e acondicionamos para mellorar a mobilidade de peónse condutores. Queremos que as nosas aldeas teñan un alu-meado á altura das grandes cidades, eficiente e intelixente, epor iso substituímos 7.500 lámpadas de vapor de sodio por ledsen todo o territorio municipal. Queremos que toda a cidadaníateña acceso á educación, ao deporte, á cultura, aos servizos so-ciais... E por iso melloramos as escolas, fomentamos o uso dasinstalacións deportivas e creamos unha rede de centros socio-culturais que seguiremos estendendo por todo o concello.

#18boslugaresparavivirOBRAS REALIZADAS NO PERÍODO 2011-2015

OBRAS REALIZADAS OU EN CURSORetranqueo de muros na Travesía de Fondal á igrexa de Bértoa29.340,02€

Reposición de camiños nas parroquias do concello de Carballo81.762,14€

Capa de rodadura en Xoane, parroquia de Goiáns 113.059,93€

Capa de rodadura no lugar de Añón, parroquia de Berdillo136.509,81€

Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquiasde Carballo, Goiáns, Oza, Lema, Rebordelos, Sofán, Berdillo, etc.98.131€

Rebacheo e mellora da capa de rodadura en varios camiños das pa-rroquias de Rus, Artes, Bértoa, lema, Goiáns, Sísamo, Sofán e Car-ballo no Concello de Carballo 74.620,70€

Mellora da capa de rodadura nos lugares de Ferradal (Bértoa) e Pa-raíso (Berdillo) 102.971,00€

Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños nas parroquiasde Sísamo, Cances, Oza, Razo e Lema 188.155€

Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquiasde Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns e Carballo84.458€

Mellora accesos ao cemiterio de Berdillo 28.619,78€

Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquiasde Oza, Entrecruces e Rus, no Concello de Carballo 44.672,35€

Plan de Mellora de camiños 2013. Mantemento de camiños públicosnas parroquias de Rus, Entrecruces, Ardaña e Berdillo 101.050€

Ampliación e reparación en varias vías estruturantes das parroquiasde Noicela, Lema, Oza, Bértoa, Sísamo e Goiáns 220.153,45€

Rebacheo e reparación en varios camiños das parroquias de Carballoe Sofán 214.353,23€

Reparación de vías forestais municipais danadas polos temporais noConcello de Carballo (en tramitación)

Reparación das vías secundarias do Concello de Carballo nas parro-quias de Razo, Lema, Noicela, Vilela, REbordelos, Cances, Goians,Sísamo, Oza, Bertoa e Carballo 107.422€

Subministro sinalización turística 47.140€

Construción de sobreanchos e mellora do firme en varios camiñosdas parroquias de Berdillo e Sofán 203.866,85€

Sobreanchos e reparación de pistas nas parroquias de Berdillo,Sofán e Rus 151.190€

Aglomerado con MBC de varios treitos de estradas locais nas parro-quias de Oza, Razo e Lema 76.859€

Mellora de pistas en Cances Grande 189.765€

Retranqueo da liña de baixa tensión na travesía de Fondal á Igrexade Bértoa 41.417,17€

Soterramento de infraestruturas eléctricas en A Piña (Sofán)108.344,03€

Substitución das lámpadas de vapor de sodio por leds en 7.500 pun-tos de luz do municipioincluído no contrato de xestión do alumeado público

Praza de Sofán 160.219,37€

Reparación danos temporais en Razo e Baldaio 40.361,69€

antes

agora

Cambio das antigas lámpadas por leds na Brea

Recuperación de espazos naturaios, na foto praza de Sofán

A transformación da zona rural de Carballo é un feito

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 6

Page 7: O Anllóns 37

Nos últimos oito anos implantamos o saneamento na maiorparte da zona rural grazas a un investimento de máis de 14millóns de euros. Antes do 2007 non existía ningunha grandedepuradora na zona rural, pero hoxe hai 5 EDAR, 17 pequenasdepuradoras e 23 bombeos que dan servizo a case 4.000 vi-vendas, rematando así co grave problema medioambiental quesupoñía a inexistencia dun tratamento axeitado das augas resi-duais. Grazas ás novas infraestruturas postas en marcha poloConcello de Carballo, o saneamento chega hoxe ao 90% dapoboación, que xa non ten que depender de pozos negros oucustosos sistemas alternativos.

O noso obxectivo é estender ao 100% da poboación a rede desaneamento, pero tamén a de abastecemento de auga. Grazasao proxecto Anllóns-Bardoso, que vimos de rematar, garantire-mos o subministro en cantidade e calidade non só ao casco ur-bano e as parroquias limítrofes, senón ao resto do territorio.No próximo mandato estenderemos o servizo a todas as parro-quias costeiras, e nunha terceira fase cubriremos a zona do in-terior ao longo das estradas de Santiago e Ordes.

OBRAS REALIZADAS NO PERÍODO 2011-2015OBRAS HIDRÁULICAS

Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos 4.145.796,56€

Rede de saneamento en Bas (Goiáns) 65.947,67€

Rede de saneamento en San Lois (Ardaña) 51.382,27€

Rede de pluviais en Queo (Bértoa) 50.740,00€

Rede de saneamento en Queo (Bértoa), 3ª fase 46.846,00€

Ampliación da rede de saneamento en As Torres (Oza) 23.784,00€

Rede de saneamento en San Miro (Berdillo) 28.104,89€

Mellora de saneamento augas residuais en A Brea 18.862,23€

Rede de saneamento en Rus 79.201,60€

Separativa fecais – pluviais polígono de Bértoa 89.873,73€

Rede de saneamento en Artes 57.092,64€

Mellora da rede de saneamento nas parroquias de Ardaña e Rus74.052,00€

Rede de saneamento en Pedra Furada (Sísamo) 31.460,00€

Rede de saneamento en Castelo (Vilela), 2ª fase 112.827,65€

Rede de saneamento en A Brea 19.426,50€

Mellora do abastecemento en Xoane (Goiáns) e Carracedo (Ardaña)91.925,55€

Saneamento e abastecemento de auga ao 100% do territorio

A creación da marca Carballo a un paso permitiu artellar asferramentas necesarias para desenvolver unha política tu-rística baseada na aposta pola sustentabilidade, a calidadedos servizos, a identificación dos nosos recursos con sinaisconvencionais pero tamén con códigos QR , a presenza on-line grazas á web turismocarballo.com e ás redes sociais ea presenza física en feiras, congresos e eventos culturais edeportivos, a mellora da formación dos profesionais do sec-tor e a posta en marcha de iniciativas coma Carballo InterPlay ou Derrubando Muros con Pintura, que nos convertennunha referencia para artistas e creadores de todo omundo.

Na procura dos obxectivos de sustentabilidade e calidade,neste mandato elaboramos a primeira ordenanza de usospara as nosas praias, nas que tamén implantamos dous cer-tificados de calidade medioambiental e de servizos que vanmoito máis alá da bandeira azul. E como somos conscientesdo enorme potencial que ten o noso litoral, puxemos enmarcha os proxectos Carballo Senda do Mar e Carballo Mi-rando ao Mar coa intención de converter o turismo nunmotor de desenvolvemento económico e xeración de em-prego.

Sustentabilidade e calidade para un proxecto turístico que se estende a todo o concello

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 7

Page 8: O Anllóns 37

36 ANOS DE COMPROMISO CON CARBALLO

Esta fotografía representa 36 anos de compromiso cun proxectochamado Carballo. As mulleres e os homes do BNG que veñen de-fendendo os intereses das carballesas e carballeses dende 1979renovaron ese compromiso nunha emotiva xuntanza á quetamén se sumaron os dous novos candidatos que axudarán adarlle continuidade a ese proxecto a partir das eleccións munici-pais de maio. Para o BNG, Carballo é unha forma de entender aacción política, pegada ás persoas, sensible cos problemas e com-prometida coas solucións. A todas e todos os que estiveron, estáne estarán dispostos a comprometerse con Carballo, moitas grazas.

De pé, de esquerda a dereita: Mar Eirís, Benedicto Viña, Manuel Pan, Xosé Souto, Juan Ramón García del Río, Jos De pé, de esquerda a dereita: Mar Eirís, Benedicto Viña, Manuel Pan, Xosé Souto, Juan Ramón García del Río, Jos Xosé Regueira, Inés Rodríguez, Primitivo Reguera, Adela Rodríguez, Daniel Pérez, Leonardo Fariña, Luis Lam Xosé Regueira, Inés Rodríguez, Primitivo Reguera, Adela Rodríguez, Daniel Pérez, Leonardo Fariña, Luis Lam

Milagros Lantes, Miguel Vales, Mª Carmen Regueira, Maica Ures, L Milagros Lantes, Miguel Vales, Mª Carmen Regueira, Maica Ures, L

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 8

Page 9: O Anllóns 37

José Antonio Periscal, Xosé Nogueira, Esther Rodríguez, Manolo Nogueira, Evencio Ferrero, Pepe Salvadores, José Antonio Periscal, Xosé Nogueira, Esther Rodríguez, Manolo Nogueira, Evencio Ferrero, Pepe Salvadores, amas, Belén Lendoiro. Sentados, de esquerda a dereita: Dores Silveira, Marcos Trigo, José Ramón Fraga, amas, Belén Lendoiro. Sentados, de esquerda a dereita: Dores Silveira, Marcos Trigo, José Ramón Fraga,

, Lourdes Rei Fau (Na nosa lembranza, Balbino Lamas Rodo). , Lourdes Rei Fau (Na nosa lembranza, Balbino Lamas Rodo).

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 9

Page 10: O Anllóns 37

A xestión económica do BNG á fronte do Concello deCarballo é un exemplo. Cos pagos ao día, unha débedacase inexistente, un nivel altísimo de ingresos e unremanente de tesourería de case 6 millóns de euros, onoso concello está nas mellores condicións para afrontaros retos dos próximos anos.

Cal foi o resultado económico do 2014?

O Concello de Carballo pechou o ano cun remanente detesourería de 5.989.656 euros. Esta é a cantidade que terádispoñible a próxima corporación para gastos xerais a maioresdo orzamento. A liquidación do 2014 pechouse con 21,15millóns de ingresos e 20,13 de gastos, cumprindo así o plan deestabilidade que houbo que facer ao principio do mandatodebido ao retraso dos fondos europeos para proxectos como oFórum Carballo. A 31 de decembro, os fondos líquidos en caixaeran de 7,24 millóns de euros.

Cal é a débeda do Concello?

A débeda é de 40 euros por habitante, cinco veces menos queno ano 2003.

En que baseou o BNG a súa xestión económica paraacadar estes resultados?

Unha das claves foi o control do gasto, que se traduciu no

pronto pago a provedores, a redución da débeda, a escasacarga financeira e o altísimo nivel de ingresos. Acadamos aestabilidade económica e soubemos adaptarnos ao novocontexto de crise, caracterizado pola merma dos ingresosprocedentes do ICIO e a suba escandalosa do IVE, querepercute en todos os gastos correntes e servizos que presta oConcello de Carballo. E todo iso mantendo unha presión fiscalmoi baixa.

Como é posible que o Concello de Carballo teña unha daspresións fiscais máis baixas de toda a zona e mesmo deGalicia?

Dende o BNG sempre defendemos que a suba dos impostosten que ser progresiva, e pois iso sempre aplicamosincrementos asociados ao IPC. En canto ás taxas, a lei di queos servizos públicos deben autofinanciarse. Por exemplo, asuba escandalosa do canon de Sogama implica que o Concellode Carballo ten que pagar un 34% máis polo tratamento dosresiduos. Como podemos compensar esa suba? Ou benincrementamos a taxa que pagan todas as vivendas ou benincluímos no padrón todas aquelas vivendas nas que se poidavivir, que ata o de agora non contribuían ao sostemento doservizo.

Como se presenta o próximo mandato?

O novo goberno municipal terá un escenario envexable, cunConcello saneado, ao día nos pagos e solvente.

Cadro comparativo dos impostos municipais

#transparenciaencarballo

A Coruña 128,35 € 66,86 € 0,60 - 0,60

A Laracha 86,33 € 63,64 € 0,40 - 0,30

Arteixo 110,25 € 122,88 € 0,40 - 0,65

Carballo 64,28 € 79,10 € 0,416 - 0,40

Coristanco 107,91 € 76,71 € 0,55 – 0,80

Fene 117,16 € 91,19 € 0,678 – 0,64

Malpica 86,33 € 73,51 € 0,60 – 0,45

Narón 129,76 € 86,04 € 0,70 - 0,70

Ordes 100,72 € 80,88 € 0,60 – 0,60

Ponteceso 89,93 € 76,50 € 0,55 – 0,65

Ribeira 123,74 € 93,12 € 0,40 – 0,40

Santiago 121,40 € 74,04 € 0,57 – 0,57

Concellos Recollida lixo Imposto sobrevehículos IBI

datos exercicio 2015

A Lei de Transparencia aprobada o 9 de decembro do 2013obriga a publicar os bens e o patrimonio dos altos cargos nasúa toma de posesión e ao remate do mandato. En cumpri-mento desta disposición, o alcalde de Carballo, Evencio Fe-

rrero, fai pública a súa declaración da renda enwww.carballo.gal.

Na imaxe da dereita, nómina correspondente ao mes defebreiro do 2015.

Un concello forte e saneado para afrontar os retos do futuro

TOTAL LÍQUIDO 2.108,75€

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 10

Page 11: O Anllóns 37

Carballo é un lugar moito mellor para os nenos e nenas que hai12 anos. Pero ao longo deste último mandato non só seguimosmellorando as escolas e os parques de xogos, reforzandoprogramas coma o Concilia, e organizando actividadescoma a Semana do Libro e a Lectura ou os obradoiros denanas, senón que ademais puxemos en marcha novas iniciativase infraestruturas educativas, sociais e culturais e demosimportantes pasos cara a autonomía infantil. No BNG cremos queun lugar que sexa bo para os nen@s será bo para todos.

Coa posta en marcha da ESCOLA INFANTIL A BRAÑAincrementamos un 160% as prazas públicas para bebés de 0 a3 anos. Pero as 164 prazas que ofrecemos entre os centros deA Braña e As Landras seguen a ser insuficientes para unconcello en constante crecemento, o que nos marca un novoreto para o futuro.

A AMPLIACIÓN DO COLEXIO BERGANTIÑOS taméncontribuíu a paliar o histórico problema de escolarización queviñamos padecendo en Carballo. A Administración autonómicarespondeu, por fin, ás nosas insistentes demandas coacreación de nove unidades para alumnos e alumnas de 3 a 5anos. Dende o goberno municipal de Carballo seguiremosreivindicando a construción dun novo centro de infantil eprimaria.

Os alumnos do CEIP Bergantiños, ao igual ca os do Fogar,empezaron neste mandato a ser un pouco máis autónomos. Aposta en marcha do PEDIBÚS o curso pasado marcou unantes e un despois nos hábitos de desprazamento dos nenosao cole. Seguiremos traballando na creación de novas rutas ena implicación non só da comunidade educativa, senón dasociedade carballesa no seu conxunto, nunha iniciativa quepretende converter as rúas en ámbitos máis seguros para ospeóns, fomentar unha mobilidades sostible e saudable,favorecer a aprendizaxe da educación viaria e contribuír ao

contacto directo dos pequenos coa súa contorna, o seu barrio eas súas xentes.

Nese camiño cara a autonomía infantil tamén xoga un papelimportante outro dos proxectos que botaron a andar nestemandato: o HORTO INFANTIL ECOLÓXICO, unha iniciativada Concellería de Promoción Económica na que participan máisde 1.000 nenos e nenas do CRA Ponte da Pedra, os colexiosNétoma-Razo, Gándara-Sofán, Artai, San Luís Romero eBergantiños e a escola infantil As Landras, e aos que pronto seunirán 60 nenos de A Braña. Pero non se trata unicamente deque os rapaces entren en contacto coa terra e a agricultura,senón tamén de promover a alimentación saudable, amobilidade sostible (moitos van a pé ata o horto situado na rúaNardos) e o consumo responsable, e mesmo de empezar acrear conciencia emprendedora. Moi pronto veremos aospequenos vendendo as súas colleitas na PEQUEFEIRA.

#unbolugarparasernen@

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 11

Page 12: O Anllóns 37

ARTESCarballo é unha excelente

canteira de artistas, como están ademostrar os participantes en

iniciativas coma Contos de Taberna(este ano serán Contos do Comercio

Tradicional) ou Derrubando Muros conPintura. Xa estamos pechando o programa do

Festival Rexenera, no que mesturaremosmúsica e artes plásticas, e á volta da esquinatemos o segundo Carballo Inter Play, o

festival de webseries que nos situou no mapainternacional da creación audiovisual. Nestemandato tamén puxemos a andar a Aula

de Teatro e a Aula de Gravado doFórum. E se queres expoñer,

traenos o teu proxecto. O BNGapoia aos artistas locais.

NOVASTECNOLOXÍAS

A Biblioteca Rego daBalsa, marcou un antes e undespois na oferta xuvenil do

Concello de Carballo. Agora tes unhasección específica para ti, con libros,

wi-fi, zona de estudo, tablets, películas,vídeoxogos... Tamén segues tendo a túadisposición a outra biblioteca, xunto aomuseo de Bergantiños. Se pertences a

algunha entidade e precisades unaula con ordenadores para

impartir cursos, solicita a Aulade Informática do Pazo

da Cultura.

DEPORTECarballo Deporte xa é unha

marca de referencia, tanto pololabor que desenvolven as entidadescoma pola oferta de instalacións e

servizos municipais. Dous pavillóns, dúaspiscinas climatizadas, dúas salas fitness,

campos de fútbol, circuíto de radio control,circuíto do motor... Seguimos mellorando

os recursos deportivos, facilitando oacceso das entidades ás instalacións eampliando as actividades, accesiblespara tod@s grazas a unhas tarifasmoi reducidas. O noso próximo

obxectivo: construír unterceiro pavillón.

FORMACIÓNE EMPREGO

Neste mandato o Concellode Carballo participou no

programa europeo Leonardo daVinci, sempre poñendo os medios ao

noso alcance para combater o paro e paliaros escasos investimentos das

Administracións que teñen competencias enmateria de emprego. Se estás desempregad@

acude á Bolsa de Traballo (BDT), unservizo municipal de inserción laboral quetamén che ofrece formación adaptada ástúas necesidades. E se queres dar o paso

do emprendemento, na Oficina dePromoción Económica (OPE)

guiámoste nese camiño.

Co BNG en Carballo non hai espazo para o aburrimento. Se es moz@tes ao teu dispor unha multitude de recursos municipais cos quepretendemos satisfacer as túas expectativas nos ámbitos da cultura, omedio ambiente, o deporte, a música, o emprendemento, acreatividade... Neste mandato puxemos en marcha novasinfraestruturas, coma a biblioteca Rego da Balsa, e novas propostas,como Carballo Inter Play, Carballo Mirando ao Mar ou DerrubandoMuros con Pintura, nos que queremos que ti tamén teñas cabida. Moipronto reunirémolos todos na primeira GUÍA DE RECURSOS PARAA MOCIDADE CARBALLESA.

#unbolugarparasermoz@ MÚSICAXa sabes que no

Pazo da Cultura deCarballo ten a súa sede oConservatorio de Música.

Poñemos á túa disposición seislocais de ensaio para solistas egrupos que che sairán totalmente

gratis. E quen sabe separticiparás no próximo SonCarballo, o disco que imos

sacar con 18 grupos donoso concello.

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 12

Page 13: O Anllóns 37

O orzamento do Concello de Carballo é o indicador máisobxectivo e fiable do tipo de políticas que está a desenvolver oBNG. O diñeiro dos carballeses invístese, sobre todo, nobenestar comunitario, é dicir, no mantemento de servizospúblicos indispensables coma o saneamento, a recollida do lixo,a limpeza viaria, o abastecemento de auga, a rede viaria ou oalumeado. Pero o noso concepto de benestar vai máis aló. Áhora de xestionar os recursos públicos, dende o gobernomunicipal facemos un importante esforzo na protección social,a promoción económica e o fomento do emprego, o deporte, acultura e a educación. Todo para que Carballo sexa ese lugar noque todas e todos queremos botar raíces.

O benestar social é o noso obxectivo prioritario

En materia de emprego, o goberno municipal actúa dendedúas frontes. Por unha banda, a través da Oficina dePromoción Económica, mellorando a formación de sectoresestratéxicos da economía local coma o comercio ou ahostalería, promovendo o emprendemento dende idadestemperás, apoiando as iniciativas das entidades empresariaise asesorando aos emprendedores. Por outra, dende o servizode Formación e Emprego, cunha Bolsa de Traballo na que xaestán rexistradas máis de 1.500 persoas e un completoprograma formativo orientado a fomentar a inserción laboraldas persoas desocupadas. O groso da actividade municipal enmateria de emprego concéntrase no Fórum Carballo, que oano pasado acolleu 225 xornadas formativas e informativas.

Benestar=emprego

A oferta de ocio multiplicouse nestes últimos anos. Dende oConcello puxemos creamos a marca #quedamosencarballopara apoiar propostas de colectivos sociais e organizardirectamente actividades como Dálle un bocado ao FIOT. Ocioen Carballo é sinónimo de teatro, música, exposicións,fotografía, literatura, arte, creación audiovisual... Comoespectadores ou como actores, as carballesas e os carballesesgozan cada vez máis dunha forma de ocio estreitamenteligada á cultura. A posta en marcha da Biblioteca Rego daBalsa, que non só ofrece distintos espazos, senón taménactividades diferenciadas para nenos, mozos, adultos emaiores, reforza o noso concepto de benestar.

Benestar=ocio

Dende o Concello de Carballo promovemos a saúde a travésdo deporte e o contacto coa natureza. Despois da creación daRuta das Férvedas, neste mandato botaron a andar novassendas estreitamente vinculadas aos nosos ríos, pero taménxurdiron proxectos coma o de humanización do Chorís queinclúe un carril biosaudable en todo o perímetro do complexodeportivo Vila de Noia, o IES Alfredo Brañas e o CEIP Fogar. Opropio Metrominuto, con sinais que marcan as distanciasentre puntos e o tempo que se tarda en percorrelas, cubretamén ese aspecto, ao igual que o pedibús no caso dosescolares. E ademais estamos a modernizar as instalaciónsdeportivas municipais con investimentos que abranguendende a climatización da piscina Carballo Calero ata aampliación da oferta de actividades.

Benestar=saúde

#unbolugarparabotarraíces

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 13

Page 14: O Anllóns 37

Carballo é un concello dinámico porque a súa poboacióntamén o é, dende os centos de nenos e nenas queenchen os parques e os colexios ata os seus avós eavoas, que participan activamente en todas asactividades programadas para eles tanto no cascourbano coma nas parroquias. Os maiores, de feito,constitúen unha importante porcentaxe dos usuarios das

instalacións culturais, deportivas e sociais municipais.Pero teñen outras necesidades que tamén estamos aatender dende o Concello de Carballo. Este mandatoentrou en servizo o centro de día da Praza de Vigo ereabriu as súas portas o antigo ambulatorio reconvertidonunha sede moito máis cómoda e accesible dos ServizosSociais municipais.

O centro de día, un servizo necesario

O 2 de xaneiro do 2012 empezou a funcionar o centro de díasituado na praza de Vigo, anexo á residencia de maiores. Oservizo arrincou con 10 usuarios, pero non tardaron en cubrirseas 45 prazas das que dispón, o que avala a necesidade dunservizo impulsado dende a Xunta de Galicia na etapa dogoberno bipartido BNG-PSOE.

A rede de centros sociais esténdese polas parroquias

Os maiores contribúen a dinamizar o Pazo da Cultura, ondedispoñen dun espazo á súa medida, e os centros sociais dasparroquias. A rede chega xa a moitas parroquias do nosococnello e pronto se estenderá tamén a Ardaña, onde temosadquirido un compromiso cos veciños para construír un novoedificio.

Cincocentos maiores no programa de exercicio físico

Este ano participan no Programa de Exercicio Físico paraMaiores un total de 498 veciñas e veciños das diferentesparroquias de Carballo. Os participantes están repartidos en 18grupos: 7 no casco urbano e 11 nos centros sociais de Artes,Berdillo, Cances, Entrecruces, Imende, Noicela, Oza, Outón,Razo, Sísamo e Sofán.

Nova sede para os Servizos Sociais municipais

Dentro da política de descentralización das áreas municipaispara revitalizar os barrios, o goberno do BNG de Carballomaterializou neste mandato o traslado dos Servizos Sociais aoedificio do ambulatorio vello. Nun único espazo concéntranseas oficinas de atención ao público, o Centro de Información áMuller (CIM), a Unidade Asistencial de Drogodependencias(UAD) e unha das tres Unidades de Desenvolvemento Infantil eApoio Familiar (Udiaf) de Galicia, onde son atendidos os nenose neas de 0 a 6 anos con discapacidades ou dificultades no seudesenvolvemento.

#unbolugarparatod@s

Lembras?

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 14

Page 15: O Anllóns 37

Evencio Ferrero marca como obxectivo ser o primeiro alcaldede Carballo que acada un cuarto mandato e que, polo tanto,rompe cos ciclos políticos de 12 anos que se veñen sucedendodende 1979.

O BNG xa conseguiu cambiar determinadas tendencias, demaneira que en todos os procesos electorais dende o ano 2003foi incrementando apoios ata conseguir os dez concelleirosactuais. Pero agora toca dar un paso máis para lograr a maioríaabsoluta, que daría moita estabilidade ao goberno na toma dedecisións para que as persoas que cremos que Carballo é omellor lugar para vivir teñamos os mellores servizos e a mellorcalidade de vida posibles.

Os carballeses e carballesas saben que o goberno do BNGactúa pensando no conxunto da cidadanía. Os nacionalistas

carballeses estamos a poñer o noso grao de area dende hai 12anos para construír o lugar no que queremos que medren osnosos fillos e fillas. No próximo mandato, no que estamosconvencidos de que contaremos co Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal aprobado de forma definitiva, por máis atrancos quepoidan poñer nestas datas preelectorais, empezaremos a darlleforma ao futuro cunha planificación a 15 anos vista.

Nos próximos catro anos empezaremos a ver medrar opolígono industrial coas dez novas empresas que xa teñenadquirido solo e coas que sigan crendo que Carballo é taménun bo lugar para investir. Porque Carballo xa é un bo lugar paravivir e vai ser un mellor lugar para traballar. E coa adhesión aotransporte metropolitano, que se formalizará ao comezo domandato, será tamén un mellor lugar para comprar, desfrutar,e visitar.

#unanteseunagora

#unbolugarparaofuturo

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 15

Page 16: O Anllóns 37

BNG CarballoHórreo 14-16, 3ºesquerda

15100 Carballo

981 704 063www.bng-galiza.org/bergantiñoswww.facebook.com/bng.carballo

@bng_carballo

Presentación en Asemblea Aberta dos 12 primeiros postos da candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais de maio

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 16