novas reformas, vellas fraudes - sermos galiza - diario … de portada 3 un parlamento amordazado a...

32
Prezo 3,50€ Número 11. Ano 0 Sexta feira, 17 de agosto de 2012 Cun parlamento amordazado. PÁX. 3-4 FEVE quere eliminar liñas na Galiza. PÁX. 8 Especial Alexandre Bóveda: entrevista a Amalia Bóveda. PÁX. 16-17 A Mostra de Teatro de Cee fecha. PÁX. 23 Novas reformas, vellas fraudes Foto: Olalla Rodil. O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven.

Upload: trinhcong

Post on 22-Mar-2018

239 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Prezo 3,50€Número 11. Ano 0

Sexta feira, 17 de agosto de 2012

Cu

n p

arlamen

to am

ord

azado

. pÁ

x. 3

-4

FEV

E q

uere

elim

inar liñ

as na G

aliza. pÁ

x. 8

Esp

ecial A

lexan

dre

ved

a: en

trevista a A

malia B

óve

da. p

Áx

. 16-17

A M

ostra d

e Te

atro d

e C

ee fe

ch

a. pÁ

x. 2

3

Novas reformas, vellas fraudes

Foto

: O

lalla

Ro

dil.

O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un

tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á

reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven.

Page 2: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

2 editorial

EDITORIAL

Fraude electoral

Neste verán en Galiza as pensións reducíronse en máis de 3 millóns de euros polo repago far-macéutico, 25.000 per-

soas con dereito a unha prestación por dependencia seguen sen a perci-biren, 15.000 coidadoras quedarán fo-ra da seguridade social, 28.000 fami-lias galegas non teñen ingresos, máis de 260.000 persoas están no paro, 47.000 familias afectadas polas prefe-rentes, unha suba do IVE, a días vista, que afundirá máis os pequenos co-mercios e a ameaza dun novo rescate con máis recortes salariais e sociais.

Ante este panorama, o Presidente Feijóo achega unha solución: reducir o número de deputad@s na cámara galega de 75 a 61. Unha ocorrencia que partilla con outras anteriores, co-mo a fusión de concellos, a utilidade mediática de desprazaren do debate os problemas reais das persoas para os que non teñen solucións.

O cambio suporía un escaso afo-rro económico e desequilibraría, aínda máis, a representatividade das circunscricións. Está feito á medida

Economía do minúsculoMaría vén de visitar o seu fillo esqui-zofrénico, que vive desde hai once anos nunha institución onde son quen de ensinarlle pequenas actividades laborais e de lecer e onde, de paso, controlan a súa agresiva tendencia a levantarlle a man a quen teña próxi-mo. Hoxe está desacougada. María ten 56 anos e leva parada dezanove meses. Se pode saír adiante é grazas á horta que dá de todo −patacas, re-polos e cabaciñas− e tamén porque a ela non lle importa comer sempre puré de verduras... mais, se pecharen o centro, que será do seu Manuel? Carme mira para as nenas mentres xogan na praia tan tranquilas, alleas ás voltas que están a dar as súas vi-das. Cando dentro dun mes teña que mercar botas e zapatillas de depor-te, e chándales e xerseis, hase volver tola para estirar os cartos porque as cativas están en idade de medraren e non lles serve nada do ano pasado. Aínda ben que xa ten quen lle pres-te os libros, que ben borrados nin se lles nota que están usados, mais ape-nas en cadernos e lapis xa escaparán eses cartos que tiña reservados pa-

Ana Luisa Bouza SantiagoDeputada do BNG no Parlamento Galego Análise

ra a cámara de fotos. Puxera copas nun bar todas as fins de semana, veña a aforrar, para a cáma-ra. As nenas medrarán, iráselles a infancia e ela sen cámara de fotos que retrate o tempo vivido. Puri acaba de xubilar-se, con 67. Era autóno-ma e podía permanecer na tenda canto quixese, por iso traballou máis da conta. Por iso e porque precisaba completar a cotización. Non se puxera a traballar até que se separara e, así, a súa pen-sión é ridícula. Hai tres meses tivo que deixalo porque ao seu vello o atopa-ron pola rúa vagando desorientado. Mira que lle viría ben a ela manterse traballando tres aniños e máis nada! No entanto os seus pais, os dous, pre-císana. Van vellos e agora demandan atencións continuamente. Puri con-serva o brillo na ollada: "Se me falta-sen, iríaseme todo porque os meus fillos van criados e ben lonxe. Aos ne-tos case nin os coñezo". Puri abrázase aos seus pais, pregúntalles se queren un cafeíño, vai e vén, sempre a tra-

ballar. Xubilada e todo, segue a ser a moza da casa. Igual merecía un-has vacacións pagadas, despois de toda unha vida procurando quitar a familia adiante, batendo contra tan-tos muros. O que lle queda é que a sorte lle regale aos vellos unha mor-te benigna porque coas minúsculas pensións dos tres non lles dá nin para unha asistenta. Neste verán a economía xa non se dis-fraza de macro, xa non manexa as ci-fras dos bancos nin as primas de risco. Vivimos a estación do minúsculo. Nas tardes de agosto, a economía viste

traxe de faena e adop-ta un perfil doméstico, cotián. Facemos contas con lapis e mentalmen-te. Aprendemos a pres-cindir. Onde irán os so-ños incumpridos ou os deberes pospostos? Al-guén mesmo estará por adoptar a confortábel

posición do conformismo, ese xeito de se acomodar no sofá para espe-rar... Até que escoite o riso, contido e irónico, dos poderosos.

das enquisas que auguran a perda da maioría absoluta que o PP precisa para se manter na Xunta. Por iso, o PP né-gase a debater alternativas de aforro maior no propio Parlamento e noutros espazos da administración galega co-mo as delegacións territoriais e tam-pouco aceptan falar da eliminación das Deputacións que saen reforzadas deste debate.

A concepción “popular” da de-mocracia déixase ver nas ameazas de levar adiante o cambio pola vía de urxencia e só cos seus votos, na consideración da oposición como “minorías chantaxistas” por pre-sentaren alternativas. Nesta lexisla-tura instalouse ese talante no Par-lamento galego; un uso abusivo da maioría popular na imposición de temas e comparecencias, na adap-tación da axenda parlamentar aos intereses do partido. Pola vía de ur-xencia, e só cos seus votos, apro-bouse a eliminación da paga extra do funcionariado, impediuse o de-bate das iniciativas lexislativa popu-lares (ILP) e que se abrira en tempo unha comisión de investigación so-

17 de agosto de 2012

bre as Caixas. Queren un Parlamento convertido

nun teatro, nun parapeto da incom-petencia do peor presidente da his-toria de Galiza, e á oposición facendo de comparsas dos seus guións. A súa proposta é un insulto á soberanía, con que o BNG non vai colaborar, unha nova fraude á cidadanía galega.

A concepción “popular” da democracia déixase ver nas ameazas de levar adiante o cambio pola vía de urxencia e só cos seus votos

Queren un Parlamento convertido nun teatro, nun parapeto da incompetencia do peor presidente da historia de Galiza

Neste verán a economía xa non se disfraza de macro, xa non manexa as cifras dos bancos nin as primas de risco

Nas tardes de agosto, a economía viste traxe de faena e adopta un

perfil doméstico, cotián. Facemos contas con lapis e mentalmente.

Aprendemos a prescindir

Page 3: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

tema de portada 3

Un parlamento amordazadoA oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a unha lexislatura antidemocrática na que o PP impediu debates e comisións de investigación ou abusou de procedementos de urxencia.

En termos de calidade democrática, a lexislatura parlamentaria que enfronta agora a súa recta final semella unha das peores das tres décadas de autonomía galega, por non dicir a peor. E iso que a do Parlamento de Galiza é unha historia ateigada de medidas canto menos du-bidosas no respecto á pluralidade. Baixo a dirección de Pilar Rojo, actual presi-denta do hemiciclo, o Pazo do Hórreo está a ser outro dos alicerces desa invo-lución democrática que, a todos os ni-veis sociais, acompaña a actual ofensi-va da dereita.

Cando, recentemente nunhas decla-racións, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificaba de “minorita-rios” aos dous grupos parlamentares da oposición -que representan en conxun-to a máis votantes que os do PP- algúns sectores interpretaron esa frase como unha proba do escaso respecto que o PP sente polas institucións de vocación democrática, neste caso o Parlamento

galego. Como ocorre con outras moi-tas circunstancias, esa tendencia do líder popular recolle unha tradición ideolóxica xa de longo percorrido. As actuais eivas no funcionamento da Cámara non se-rían máis que a versión presente dunha historia de trinta anos de obstáculos que comezaron desde o minuto inicial. Así, o Parlamento galego estreouse nunha primeira lexislatura que estivo marcada pola expulsión do escano dos tres elec-tos do Bloque-PSG (Bautista Álvarez, Lois Diéguez e Claudio López-Garrido) por se negaren estes a xurar a Constitución española. Aquel foi o feito máis grave, mais non o único que se produciu nesas claves. A primeira petición dunha Comi-sión de Investigación -presentada polo socialista Ceferino Díaz sobre unhas sos-peitosas contratacións de persoal para a Xunta- tamén foi rexeitada pola derei-ta. No entanto, o funcionamento daquel Parlamento (“Parlamentiño” segundo a definición que usaba na época a gran maioría do nacionalismo de esquerdas) que presidía Rosón e tiña sede en Fonse-ca aínda resultaba democrático de máis para algúns sectores do que se chamaba

Imaxes: SGRodri Suárez As actuais eivas no

funcionamento da Cámara non serían máis que a versión presente dunha historia de trinta anos de obstáculos

As Comisións tamén son fonte de polémicas.É usual que nalgunhas delas @ comparecente non responda as preguntas da oposición

Alianza Popular, o actual PP. Por iso, un deputado que non chegaba aos trinta anos foi falar con Rosón para que en-durecese o funcionamento da Cámara. O portador daquela mensaxe autoritaria chamábase Mariano Rajoy.

Seis lustros máis tarde, unha íntima amiga do actual presidente do Gober-no español, Pilar Rojo, é quen dirixe a Cá-mara, desde hai anos situada no Pazo do Hórreo. Foi designada para o posto por Feijóo a principios de 2009. E mantense fiel á tradición do seu partido. Un regula-mento moi restritivo, a utilización inxus-tificada da vía de urxencia, información que se nega ás outras forzas ou censu-ra sistemática a algunhas comisións de investigación ou a determinadas Inicia-tivas Lexislativas Populares (ILP) son só algunhas das queixas que amosa a oposi-ción ante o funcionamento parlamentar baixo a maioría absoluta do PP, a mesma que -desde BNG e PSOE entenden como un colofón a todo este proceso antide-mocrático- agora intentan manter a cal-quera prezo utilizando unha redución de deputad@s favorábel aos seus intereses de cara ás próximas eleccións.

Hemiciclo do Parlamento Galego.

17 de agosto de 2012

>>

Page 4: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

4 tema de portada

O BNG tamén amosou a súa protesta polo que considera “un abuso” á hora de utilizar a tramitación de leis por lectura única e urxente

O Parlamento de Galiza tamén vive días de tensión. E poden ir a máis en canto o PP leve á Cámara a reforma electoral do pucheirazo

“Ao PP nótaselle a súa vea autoritaria e na Cámara vemos como as súas con-viccións democráticas son moi febles”, afirma a voceira do BNG, Ana Pontón. Por exemplo, hai uns días, a deputada na-cionalista denunciou a convocatoria de dous plenos extraordinarios onde a opo-sición non puido incluír ningún punto na orde do día: “O PP non pode afirmar que o Parlamento funciona con normalida-de salvo que considere normal invalidar o resto dos grupos para introduciren as súas achegas e iniciativas. Trátase dun-ha utilización perversa da Cámara para poñela ao servizo do PP ao tempo que nin Feijóo nin ningún membro do Go-berno comparecen para daren conta do impacto dos recortes. Temos un Gober-no ausente que evita dar a cara onde ten que dala, que é no Parlamento”.

O BNG tamén amosou a súa protesta polo que considera “un abuso” á hora de utilizar a tramitación de leis por lectura única e urxente, limitando a capacidade de debate tanto dentro do Hórreo como a nivel social. “O regulamento estabelece que esa debe ser unha fórmula para ca-sos excepcionais, mais o PP está a con-verter en normal o que debía ser excep-cional, lexislando por decreto, impedindo así que a sociedade coñeza o impacto das leis que sacan adiante e deixando moi pouco tempo aos grupos da oposición para emendaren”, explica Pontón. Por pór un exemplo, a principios deste mes @s populares aprobaron en solitario a lei urxente pola que @s empregad@s pú-blicos non percibirán a paga extraordi-naria do mes de decembro, diñeiro que se lles quita para ser dirixido ao rescate da banca. Utilizar o procedemento de urxencia en agosto malia que a medida terá efecto catro meses máis tarde pare-ce deixar claro que as présas do PP na-da tiñan que ver co calendario e si cun-ha estratexia pensada para reduciren o debate democrático. Esa era a segun-da variación dos orzamentos da Xunta aprobada a todo correr.

Igual que na dereita non semellan gus-tar as ILP -aplicou a súa xeometría par-lamentaria para tombar as referentes a Sanidade ou Preescolar na Casa malia os milleiros de sinaturas que as avalaban- tampouco son as comisións de investi-gación o seu procedemento preferido. O caso máis coñecido a este respecto foi a solicitada sobre as caixas galegas, descartada en varias ocasións polo PP até que permitiu a súa constitución hai uns días, se ben aínda non ten data malia que o voceiro popular, Pedro Puy, afir-mara no seu día que estaría funcionan-do “xa en agosto”.

As Comisións tamén son, habitual-mente, fonte de polémicas. É usual que nalgunhas delas @ comparecente non responda as preguntas da oposición se-nón que se limite a discurso que a el lle interese nese momento, o que nor-malmente remata con advertencias ao deputad@ da oposición que exerce o seu dereito e non ao representante au-tonómico que falta ao seu deber. Foi o caso, por exemplo, que lle ocorreu ao nacionalista Bieito Lobeira ante o muro

de silencio que atopou no director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo. En Pleno tamén son comúns este tipo de situacións. Non é raro que BNG ou PSOE, especialmente os primeiros, te-ñan que adoptar posturas de protesta ante o que cualifican como “discrimina-cións” por parte de Pilar Rojo. Hai dous meses suspendeuse unha sesión logo de que @s deputad@s nacionalistas de-cidiran permanecer en pé para solicita-ren que se lle concedese unha quenda de palabra, a Ana Pontón, para formular unha cuestión de orde despois de no-tar unha ausencia no programa do día. Feitos todos estes que demostran que, como corresponde ao ambiente social, o Parlamento de Galiza tamén vive días de tensión. E poden ir a máis en canto o PP leve á Cámara, seguramente usan-do unha desas vías rápidas que buscan a mordaza, a reforma electoral do pu-cheirazo.

17 de agosto de 2012

En maio de 1985, diante do Pazo do Fonseca onde tiña daquela a sede, o Parlamento de Galiza viviu a primeira gran protesta ás súas portas. Foron milleiros de labreg@s os que convocaron alí unha concentración de repulsa contra as condicións que lles impuña Bruxelas, o que evidencia que razón tiñan e o pouco que cambiaron os tempos políticos. Con todo, a mobilización ante a Cámara que máis deu que falar nos primeiros anos da autonomía foi un dos moitos conflitos laborais do tempo de desmantelamento industrial que o PSOE chamou “reconversión”, a do persoal do matadoiro Mafriesa de Arteixo. Estes chegaron a romper o cordón policial e a entraren mesmo nas instalacións, malia non chegaren a paralizar a sesión. Foi esa acción dos traballadores a que levou ao que era na altura presidente da Cámara, Tomás Pérez Vidal, a decidir que a nova sede parlamentar que se estaba construíndo no Pazo do Hórreo quedase rodeada pola agresiva configuración que aínda amosa na actualidade, cunhas enormes lanzas por todo o perímetro, decisión que foi xustificada polo PP como “peche disuasorio necesario para evitar incidentes”. Mais nestes tempos de crise as protestas na Cámara continúan, e normalmente atópanse con duras respostas por parte da presidencia de Pilar Rojo.Vive días o Parlamento galego de blindaxe policial. Como exemplo, un pequeno grupo de activistas de SOS Sanidade Pública foron expulsados do hemiciclo, tal e como ocorreu con afectad@s pola estafa das participacións preferentes das caixas ou con defensores do ensino público. A presidenta do Parlamento chegou a solicitar aos grupos da oposición que non inviten á Cámara a representantes de colectivos inmersos en conflitos, o que moit@s entenderon como outro intento de silenciar debates. Recentemente, as portas do Hórreo foron pechadas pola policía ante a numerosa concentración de empregad@s públicos que protestaban contra os recortes que eran aprobados polo PP no interior. Grupos a favor da lingua ou do 15-M tamén se teñen concentrado nesta lexislatura diante da Cámara galega. En fronte deles, seguen os valados en forma de lanza, máis propias dun castelo feudal que dunha institución democrática.

BAIXO BLINDAXE POLICIAL

Panel de votación no Parlamento Galego.

Page 5: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

política 517 de agosto de 2012

Malia os bos resultados que obtivo nos comicios locais hai pouco máis dun ano, o PP afronta agora unha importante rebelión nos concellos -tamén entre moitos dos que goberna- ante o intento de lles restar autonomía con leis de dubidosa legalidade.

Setembro ás portas. Vén quente. As conflitivas frontes abertas polos go-bernos do PP son tantas que resul-ta complexo dicirmos cal é a que máis desgaste pode causarlle. Qui-zais porque todas son unha, a mes-ma, a crise e a súa clasista e cen-tralista xestión, que tamén se pode traducir nun xuízo da mesma pos-to que son varias as decisións dos distintos executivos que presentan baleiros legais e que poden acabar sendo resoltas nos tribunais. Pode ser o caso das leis que fan referen-cia ao que o PP chama “bo gober-no” ou “racionalización municipal”. Neste último terreo, o local, os po-pulares tamén afrontan un inmenso problema, só 16 meses despois de ter obtido a vitoria nas urnas. Mais a velocidade destrutiva deste PP non atopa comparanza posíbel.

Están en pé a maioría dos con-cellos, entre eles moitos da pro-pia dereita, contra o recorte da súa autonomía que supón o chamado Anteproxecto de Lei para a Racio-nalización e a Sostibilidade da Admi-nistración Local. O obxectivo deste plan do PP resúmese na limitación de competencias para os conce-llos pequenos en favor das Depu-tacións provinciais, que gañan poder, así como en importantes obstáculos a todas as entidades locais para lles impediren que tomen medidas que poidan ir, por exemplo, polo cami-ño das políticas sociais públicas. A maiores, impón unha forte supervi-sión por parte do goberno central, non do galego, que con facilidade pode entenderse como ideolóxica. Tamén vai polo mesmo sentido a re-dución dun trinta por cento de con-celleiros, ataque á pluralidade seme-llante ao “pucheirazo” que prepara o PP para as eleccións galegas. Co-mo é obvio, todas estas intencións de Rajoy -das que Feijóo non di pa-labra- teñen provocado unha for-te reacción en contra por parte dos concellos. Significativo tamén é que a única competencia local que, en vista dos desastrosos resultados nal-gunhas zonas, parecía susceptíbel de ser canto mesmo debatida, a refe-rente ao urbanismo, non se toca. Se cadra porque a lóxica daría pé a un-ha entrada nese terreo do goberno

autonómico, o que non atopa lugar dentro do debuxo Madrid-Deputa-cións sobre o que intenta construír o seu proxecto a dereita da FAES, que posúe o poder.

Poténcianse os discutidos entes provinciais ao tempo que xa hai sen-tenzas que proban a caciquil política de contratación de persoal que de-fine ao “baltarismo” e son cada vez máis as voces que solicitan a con-versión de Galiza nunha circunscri-ción electoral única, tal e como de-mandou publicamente o BNG e que agora tamén saíron defendelo Anova ou incluso Izquierda Unida. Curio-samente, en Compromiso amosa-ron a súa oposición a esa proposta, rompendo así co discurso clásico do nacionalismo. Con todo, é dentro

CRÓNICA POLÍTICA

Rodri Suárez

Os concellos rebélanse contra Rajoy

do PP onde o enfrontamento en-tre poderes locais e as deputacións está a ser máis duro, malia se man-teren nun segundo plano polo si-lencio mediático e tamén por cer-ta tradición disciplinada da dereita. Mais son ducias as alcaldías popula-res que teñen no centro do seu en-fado ao binomio que conforman o presidente da Deputación de Pon-tevedra, Rafael Louzán, e sobre todo o conselleiro de Presidencia, Alfon-so Rueda. Nesa división interna está tamén unha das moitas razóns que explican que o actual verán fose o de menos exposición pública dos lí-deres do PP polas Rías Baixas. Rajoy até marchou a Andalucía.

Mais o desacougo nos consisto-rios polas medidas regresivas ato-pa tamén argumentos noutro ante-proxecto de lei, o denominado de Transparencia, Acceso á información e Bo Goberno. Malia contaren coa sona de conformaren unha das me-didas máis progresistas do PP -o que a primeira vista nalgúns apartados até podería ser certo- a realidade indica que se trata dunha lei ideo-lóxica de fondo carácter neoliberal e represiva. Nun dos seus apartados afirma que o Consello de Ministros do Goberno central pode destituír do seu cargo a calquera dirixente -en-tre eles alcaldes e alcaldesas, pero tamén moito máis que iso- que non cumpra cos obxectivos de déficit que impoña o estado, ou sexa, os mer-cados. O carácter antidemocrático desta intención do PP é de tamaño calibre que até o Consello de Esta-do vén de emitir un ditame no que lembra ao Executivo de Rajoy que os cargos electos só poden perder a súa condición mediante mocións de censura ou chamadas ás urnas. Todo isto en pleno 2012.

Así, a rebeldía institucional cre-ce. A varios niveis. Tamén nos con-cellos, onde o BNG segue adiante coa insubmisión ao recorte das pa-gas de decembro. No estado, cinco autonomías aseguran que mante-rán a atención sanitaria a inmigrantes en contra da xenófoba decisión de Madrid. Feijóo dixo que esta última medida non lle acababa de gustar, mais evitou concretar se optará por non aplicala tal e como van anun-cian outros gobernos. É dubidoso que o faga. Mais o titular na prensa conseguiuno. Quizais o único que buscaba.

humOR gRáfICO tokio

Están en pé a maioría dos concellos, entre eles moitos da propia dereita, contra o recorte da súa autonomía que supón o chamado Anteproxecto de Lei para a Racionalización e a Sostibilidade da Administración Local

Page 6: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

6 social 17 de agosto de 2012

“O pobo con loita, con organización e con propostas propias será quen de construír alternativas"

Falas desta crise como “crise da civiliza-ción”, de que se trata?Cando falo de crise da civilización –igual que outros autores--, estou apuntando cara á necesidade de tomarmos con-ciencia a respecto de que dentro do ca-pitalismo non hai posibilidade de saída deste desorden mundial senón que só se pode producir un afondamento dos males do capitalismo. E iso tradúcese no rescate aos bancos quitándolle o diñeiro á xente, a apropiación de todo o diñeiro público porque xa non hai máis de que se apropiar… e isto é un signo da deca-dencia do sistema financeiro, que non é só que unha ou dúas persoas roubasen o diñeiro, senón que as institucións están feitas para este tipo de fraudes escanda-losas a nivel mundial coa que xa levamos varios anos; mais tamén a depredación da natureza, a apropiación dos recursos naturais, e o peor de todos os desastres, as guerras. Hai un esgotamento desta ci-vilización, o mundo non dá máis.

Que alternativas se abren?O socialismo que existiu non século XX, tentou resolver o problema dando un cambio de rumbo, transformándo-se na contra-cara do capitalismo e, se ben é certo que demostrou que podía gobernar e organizar a sociedade sen os capitalistas, non conseguiu superar a lóxica de produción e reprodución do capital; non conseguiu superar a racio-nalidade do capitalismo na relación coa natureza, na forma de produción. O ca-pitalismo non pode máis, porque vai traer máis guerras, máis desocupación, máis analfabetismo…o socialismo tal e como o coñecemos tampouco porque non ra-cha coa civilización do capital. Necesita-mos rescatar as bandeiras do socialismo mais pensadas como algo que procure a superación do capital, que saia da ór-bita da hexemonía, que rache coa xerar-quización, coa sociedade organizada de arriba para abaixo, coas discriminacións. En definitiva, co monoculturalismo, isto é, unha idea, un pensamento, unha cul-tura. A alternativa virá da man dunha ci-vilización plural; da capacidade de vivir de identidades e pobos diversos, baixo a interrelación de todos os actores.

(Re)apropiarse das experiencias critica-mente, porque a experiencia por si mes-ma non xera conciencia. Hai un erro moi grave no terreo da conciencia e das prác-ticas, porque semella que a conciencia é un espello da realidade froito do reflexo dunha boa práctica, mais esquécese que entre a experiencia concreta e a con-ciencia media o acto do coñecemento. Trátase dun acto de (re)apropiación do que unha persoa fai, condicionado sem-pre polo aparello ideolóxico, educativo e cultural do poder hexemónico, e este non é precisamente o que lle vai ensinar á xente que o que está facendo non está ben, senón que tratará por todos os me-dios de invisibilizar o que se fai, diminuílo e marcar todos os defectos. Hai unha ta-refa revolucionaria profunda en recupe-rarmos as experiencias criticamente, vi-sibilizándoas. Crermos que a conciencia é un reflexo da realidade é un mito, pois leva ao espontáneo. Hai que construír colectivamente, reflexionar.

o golpe a lugo no paraguai demostra que o imperio, e o grande capital ao seu servizo, seguirá a atrancar os procesos de cambio abertos en américa latina? Non só en América Latina, no mundo enteiro! Aínda que en Latinoamérica está máis presente a hexemonía do goberno estadounidense e do seu aparello mili-tar-industrial, é só unha parte desta vo-racidade mundial. A lóxica imperialista é “a miña fronteira é o mundo” mais en Latinoamérica víronse derrotados polos pobos, tiveron que saír fuxindo das casas de goberno e non se puideron volver a presentar. Porén, é como terse tomado unha licenza administrativa e dedicarse a recuperar o control, porque na prác-tica os andamios do poder económico téñenos, tamén os medios de comuni-cación, manexan os fíos da hexemonía e dedícanse a subverteren a acción dos gobernos para os conseguiren de novo. No caso de Lugo conségueno e tratarán de facelo con outros gobernos, incluso a través das eleccións, como pasou en Ni-caragua con Violeta Chamorro. Un caso moi semellante é o de Capriles en Vene-zuela, que intentan disfrazalo de “lulis-mo”, mais que persuade a sectores que perden a perspectiva histórica do que é o territorio de Latinoamérica e do eixo da disputa que non está pola faragulla de pan senón polo dono da panadaría.

isabel rauber. filósofa

isabel rauber visitou galiza e sermos aproveitou a oportunidade para conversar con ela. nas súas publicacións máis recentes, rauber analiza a realidade mundial e a necesidade de crearmos alternativas ao que denomina “a crise da civilización”. cos procesos de cambio iniciados en latinoamérica como marco –mais cunha perspectiva continental e internacional- a filósofa política arxentina amósanos unha interpretación socialista da realidade actual e das oportunidades que se nos presentan aos pobos para subverter a lóxica do capital.

Imaxe: SGOlalla Rodil

Isabel Rauber

de a un conxunto de intereses colecti-vos. Eu creo que a humanidade si pode cambiar o mundo, non é nada complexo, se cada persoa ve o paso que pode dar desde a súa comunidade. Mais non é al-go que vaia darse automaticamente nin ao unísono, irémolo construíndo. É un proceso de toma de conciencia que vi-rá dado cando as persoas conecten o cambio da civilización con posibilidade de vida. Os pobos non son suicidas e a vida irá abrindo o entendemento cando rache coa comodidade, pois esta xoga un papel importante como dicía Bertol Bretch “iso é con aquel non ten que ver comigo”.

como se inicia ese proceso de trans-formación?Aprendendo do comunitarismo, a vivir-mos en colectividade, atrevérmonos a saír do pensamento único... Isto custa moito porque é pasar do individualismo ao colectivo. Hai que ir aprendendo. Hai que atreverse a novas prácticas, esta é a mellor pedagoxía, a través do que a xente é quen de facer no seu tempo, mais cun-ha aposta pola formación de conciencia.

É a crise unha oportunidade para o cambio?Como estamos a camiñar preto do abis-mo, este momento abre a oportunida-de de iniciarmos un proceso de cambio. Non sei se o lograremos, mais non creo que consigamos nada se non traballa-mos para iso; procurando como resol-vermos os problemas que temos agora coa ollada posta nas metas a medio e curto prazo. Nós non podemos cambiar o mundo nun momento. Neste senso, a idea do proceso de cambio é un desafío, porque o capital traballa para que non o fagamos, espallando a idea de que non se pode, uns fracasados, porque lle interesa moito o fracaso das ideas pois coñecen a súa forza. Por iso, tentan anular toda idea diferente. Porque sen o dominio da idea non poden dominar o peto.

existe capacidade social para a trans-formación?Á xente dinlle todos os días “isto é todo o que se pode facer”, como di o neoli-beralismo, “isto é doloroso pero é ne-cesario”. Hai que rachar co mito de que o mercado é unha persoa, pois respon-

Page 7: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

economía 717 de agosto de 2012

a cara oculta da fórmula ZaraO peso da produción do Imperio Inditex recae sobre as traballadoras do téxtil, pagadas con baixos soldos e horarios infernais.

O empresario galego Amancio Ortega situou este verán a súa fortuna como a terceira do mundo por detrás das que amasan o mexicano Carlos Slim e o es-tadounidense Bill Gates. Segundo ase-gura o índice de multimillonarios Bloom-berg, o patrimonio de Ortega ascende a 46.600 millóns de dólares, 38.000 mi-llóns de euros. Coa nova do seu ascenso na listaxe dos máis ricos, publicáronse ducias de artigos gabando a súa mestría para os negocios e lembrando as claves do éxito do Imperio Inditex, desde como comezou como comerciante de batíns na Coruña até como ideou a fórmula do seu éxito: “levar a moda a todos os es-tratos sociais”. Para conseguilo, aplicou fórmulas de produción como o “just in time” ou o “fast fashion”. Detrás destas expresións de loxística agóchase unha lóxica de maximizar recursos e tempo que acaba afectando aos elos máis fe-bles da cadea, ás traballador@s, que fa-brican segundo as necesidades, evitan-do os stocks de produtos.

O piar do Imperio Zara é cazar ten-dencias, tanto nas pasarelas como na rúa, e introducilas no mercado global máis rápido que a súa competencia, en tan só 15 días, desde que a peza é des-eñada até que está na tenda. A súa ca-dea de traballo consegue confeccionar uns 25.000 modelos cada ano que se comercializan a través das marcas Za-ra, Kiddy's Class, Pull and Bear, Massi-mo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho e Zara Home. As súas case 6.000 ten-das convértense nos informadores que din o que funciona, o que se vende, e o que non, en todo o mundo. Con esta información, a cada momento cambia a produción. E isto, incide en que os obra-doiros de confección teñan que reac-cionar ás demandas da central, e polo tanto, pararen ou faceren horas extras segundo a tiranía do mercado.

made inUnha das primeiras ideas innovadoras do concepto Zara foi a fabricación da súa propia roupa. Nun primeiro momento, a produción facíase na súa fábrica pro-pia, a primeira da marca, a do polígo-no de Sabón, en Arteixo, e tamén en obradoiros de confección ou particu-lares galegos que cobraban a traballo feito. Nos anos 90, cando a marca xa estaba estabelecida en todo o Estado Español e comezaba a conquistar Eu-ropa, Inditex empregaba a oito de cada dez obradoiros de confección de Gali-cia, case que todo o sector do país. Estas empresas de traballadoras do téxtil, par-

Imaxe: SGTeresa Barberena

Tenda de Zara nun centro comercial.

ticulares ou colectivas, sostiveron a car-ga da actividade frenética da incipiente Zara, cobrando pequenos soldos e sen horarios fixos, adaptándose á demanda de cada momento.

Inditex comezou hai dez anos a des-localizaren as súas subcontratacións a outros países, provocando a perda de milleiros de empregos en Galiza. Se-gundo datos do informe de Tendencias Mundiais de inversión da Conferencia de Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento, UNCTAD, Inditex tiña en 2009, 1.237 provedores, en Eu-ropa uns 599, en Asia 480, en África 94 e en América 51.

Como explica Albert Sales politicólo-go e membro da Campaña Roupa Limpa de Setem, “países como Bangladesh ou Camboxa pagan os salarios máis baixos do mundo, o primeiro ao redor de 34 euros mensuais e o segundo, uns 60”. “As mobilizacións das obreiras do téxtil nestes países para demandaren o salario mínimo legal son reprimidas polo Estado e a patronal”, engade o politicólogo.

Albert Sales coñece de primeira man os obradoiros de confección de Tánxer, cidade de Marrocos onde Inditex fabri-ca o 10% da súa roupa, xa que é o au-tor do informe “La moda española en Tánger” xunto coa galega Eloísa Piñeiro e en colaboración coa asociación ma-rroquí Attawassol. Segundo o informe, a situación máis crítica sófrena as tra-balladoras das fábricas subcontratadas que na maioría dos casos teñen soldos por debaixo dos 100 euros mensuais e sen contrato. Mentres que os centros de produción auditados polas empre-sas contratantes teñen unhas xornadas

laborais medias de 9 horas e un salario duns 250 euros ao mes, o soldo mínimo interprofesional de Marrocos.

Á precariedade laboral no sector téx-til únense as denuncias de escravismo nalgunhas fábricas. No 2006, o sema-nario portugués Expresso destapou co-mo nenos do país luso traballaban para unha subcontrata da marca Inditex fa-bricando uns 150 zapatos diarios polos que lles pagaban entre 20 e 30 euros. Recentemente, a denuncia do Goberno de Brasil que inspeccionou obradoiros clandestinos subcontratados por Zara en São Paulo nos que encontrou escravos por débeda, é dicir, emigrantes de Bo-livia e Perú que pagaban co seu traballo a viaxe a Brasil e a comida.

galega ou holandesa?A marca Zara carece de ningunha iden-tificación que revele a súa orixe galega, ningún símbolo identitario ou produto á venda nas súas tendas. Isto contrasta con outras marcas de vocación global, como Ikea, que vende produtos do seu país nos seus centros comerciais ou No-kia, que leva o nome da cidade finesa onde está estabelecido.

Se Inditex usase para algunha das súas marcas o nome da localidade da súa se-de tería que chamarse Breda, xa que é nesta cidade holandesa onde está a sede da empresa Zara Holding BV e non no polígono de Sabón (Arteixo), segundo explica Julián Rodríguez, no seu libro Señores de Galicia. O xornalista apun-ta, asemade, as filiais en paraísos fiscais que ten Inditex (Liprasa Holding, Madu-mex Holding, Massimo Dutti Holding ou Zalapa BV), unha das maneiras coas que

reduce a súa factura fiscal. Porén, a polémica sobre a tributación

da empresa noutros países fíxose públi-ca o pasado mes de setembro cando a prensa deu a coñecer que Inditex facía as súas operacións de comercio elec-trónico a través da sociedade irlandesa, ITX E-Commerce Ireland Limited. Neste país tribútase o 12,5%, mentres que no Estado Español é máis do duplo. Uns días despois de se publicar a nova, In-ditex mandou un comunicado de pren-sa no que garantía que a partir do 2012, facturaría as vendas on-line no Estado. Ao final, só se fixo coas vendas electró-nicas feitas no Estado, o resto seguiron coa sede fiscal en Irlanda.

no centro do mundo

Outro dos segredos do Imperio Inditex é a localización privilexiada das súas tendas nas mellores rúas comerciais do mun-do. Desta maneira, a marca non precisa publicidade xa que consegue a máxi-ma visibilidade coas seus céntricos es-caparates. Hai que saber que se Aman-cio Ortega é o terceiro home máis rico do mundo tanto polo téxtil como polo ladrillo. A súa empresa Pontegadea ten os mellores edificios das principais ci-dades do Estado Español e Europa. O Paseo da Castellana de Madrid é a súa grande avenida, aínda que as rendas que consegue cos alugueres dos seus inmo-bles en rúas como Passeig de Gracia en Barcelona ou os centros de Bilbao, Mar-bella, A Coruña e cidades como París ou México DF, non quedan atrás en recada-ción. En 2006, a revista Capital calculou que o valor dos seus inmobles son uns 1.000 millóns de euros.

Page 8: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

8 economía 17 de agosto de 2012

FeVe quere eliminar liñas na GalizaA supresión de liñas dos Ferrocarrís de Vía Estreita ao seu paso por Lugo e A Coruña agravaría o transporte de proximidade na zona.

“Traballaremos para ofrecermos aos ci-dadáns os mellores servizos públicos”, foi a afirmación de Ana Pastor, Ministra de Fomento e unha das apostas do PP por dar unha imaxe galega ao gabinete do goberno español, durante o nomea-mento do novo presidente de Ferro-carrís de Vía Estreita (FEVE), Marcelino Oreja Arburua. Foi no mes de xaneiro e meses despois a resposta do respon-sábel da maior infraestrutura ferrovia-ria do noroeste peninsular foi asegurar nun medio de comunicación asturiano que non estaba disposto a transportar “aire” e propuxo recortes.

o feve baixo mínimos

A liña de Ferrocarrís de Vía Estreita co-munica na actualidade todo o norte desde Galiza a Euskadi. Naceron como unha solución ao problema do trans-porte por estrada e mantiveron a súa estrutura malia pasaren a ser, en 1972, de Entidade Estatal Autónoma a Em-presa Mercantil. En 1978 Catalunya, Va-lencia e unha parte da liña en Euskadi pasou ás respectivas autonomías, co-mo logo sucedeu con Mallorca. Coa súa sede en Madrid as decisións sobre a liña que comunica de Ferrol a Riba-deo, e co resto do norte, pode modificar a estabilidade económica e social da zona. Na actualidade FEVE conta con 154 quilómetros de vía única e 52 pa-radas entre estacións e apeadeiros no noso territorio.

As liñas actuais en funcionamento de FEVE na Galiza son escasas. Hai ca-tro en cada sentido con horarios des-de Ferrol ás 9:49 h. 14:09 h., 17:40 h. e 21:11 h. e desde Ribadeo ás 6:50 h., 11:12 h., 14:45 h. e 18:17 h. A desapari-ción dalgunhas delas causaría efectos moi graves nos desprazamentos da po-boación. Agora mesmo o servizo que presta vai desde as viaxes por motivos de traballo ou estudo dunha parte im-portante da poboación até a facilidade de realizaren trámites varios ou acudi-ren aos centros de saúde máis impor-tantes que non están ben comunica-dos doutro xeito.

Se falamos con usuari@s podemos ter unha idea da repercusión que terían os recortes. Marcos desprazouse un curso enteiro neste transporte entre Ribadeo e Ferrol e ten unha opinión formada sobre o seu funcionamento. “É un transpor-te económico e moi empregado pola xente, sobre todo no verán”, sinala, “e na Mariña é o único medio que pode responder para os desprazamentos en-tre poboacións como Ribadeo, Foz ou

Antón EscuredoBurela, por traballo ou para calquera xestión”, asegura. “Se non continuara co seu servizo sería a fin do transpor-te de proximidade, os autobuses non contan na Mariña”, sentenza.

redución de liñas a partir de outubro

Os cambios propostos por FEVE eli-minarían horarios que vertebran todo o norte do país. A supresión reduciría aínda máis a marxe de horarios e afec-taría ás liñas con saída de Ferrol ás 8:10 h. e chegada a Ovieu ás 14:30 horas e a que ten a súa saída en Ovieu ás 7:45 horas e chegada a Ferrol ás 14:10 ho-ras. Se se aprobar non habería ningún tren, por exemplo, entre Viveiro e Riba-deo até as 12:19 horas e no segundo a ausencia de liñas desde 6:50 horas até as 14:45 horas.

Nos meses de verán, co turismo co-mo eixo económico dalgúns munici-pios, entre os meses de xuño a setem-bro suprimiríase a liña que sae de Ferrol ás 10:30 e chega a Ribadeo ás 13:25 h. e a que sae de Ribadeo ás 14:45 h. con

tema hai que conseguir non darmos un salto atrás de 50 anos, posto que un-ha vez fechado o servizo, recuperalo vai ser especialmente complexo”, ase-gurou o nacionalista na manifestación que máis dun cento de persoas reali-zaron na estación de tren de Burela o pasado 4 de agosto.

Desde a Plataforma “Salvemos o Tren” o seu voceiro, Fernando Gómez, expli-ca que na reunión mantida hai uns me-ses con Fomento aseguráronlles que o servizo de FEVE “non se tocaba”. Coa proposta da compañía que dirixe Mar-celino Oreja, Gómez asegura que “non se pode crer nun goberno que di unha cousa e logo non leva adiante os seus compromisos”. A Plataforma ten claro que Fomento aposta máis polas auto-vías no norte, “polo transporte privado para quen teña coche e poda pagar o combustíbel” polo que advirte que se non hai unha resposta social e política importante os Ferrocarrís de Vía Estreita “morrerán como está a morrer o tren en toda Galiza”.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, afirmou que con estas medidas “o único que van conseguir é continuaren a dispersar máis a nosa poboación"

chegada a Ferrol ás 17:40 h.O alcalde de Ribadeo, o nacionalis-

ta Fernando Suárez, afirmou que con estas medidas “o único que van con-seguir é continuaren a dispersar máis a nosa poboación e que haxa cidadáns de primeira e de segunda”. A eliminación de liñas na Mariña contrasta co mante-mento doutras máis deficitarias en As-turies e Cantabria, mesmo reforzando algunhas delas que teñen tamén o ser-vizo de Renfe, como denunciou Manuel Parga, Parlamentario do BNG. “Neste

Page 9: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

internacional 917 de agosto de 2012

o mercosur comeza unha nova etapa

O proceso de destitución desenvolvido contra o lexítimo presidente do Para-guai, Fernando Lugo, trouxo innume-rábeis consecuencias para o país e pa-ra a súa contorna rexional, que soubo aproveitar a oportunidade que brindaba a destitución de Lugo para axilizaren a adhesión da República Bolivariana de Venezuela, como membro de pleno de-reito, ao maior proceso de integración comercial da rexión.

Venezuela presentara a súa candidatu-ra ao Mercosur en 2001 e, malia ser apro-bada en sete das oito cámaras lexislativas que integran a organización, o Senado do Paraguai --controlado pola maioría dos conservadores-- frearía a súa inte-gración desde 2006. Arxentina, Brasil e Uruguai empregarían a saída de Lugo e a suspensión do Paraguai, para apro-baren a entrada da Venezuela chavista,

unha decisión que traerá consigo a (re)fundación do proxecto de integración e dos obxectivos do mesmo. Asemade, a adhesión de Venezuela –xuridicamente válida desde o pasado 13 de agosto--, reforza os procesos de cambio inicia-dos en América do Sur e as posibilida-des que se abren a nivel continental na procura de estratexias que consoliden a autonomía latinoamericana e a súa in-tegración rexional fronte ao norte (EUA e Canadá).

O bloque comercial, que abrangue coa incorporación venezolana o 70% da poboación de América do Sur (270 millóns de habitantes), tornouse un dos primeiros produtores mundiais de ali-mentos e minerais. Asemade, a entra-da de Venezuela contribuirá a (re)lanzar o proxecto integrador encamiñándoo cara á integración produtiva a través da xeración e desenvolvemento de estra-texias industriais complementarias. Así mesmo, o proxecto chavista podería im-primir ao Mercosur maiores programas

Olalla Rodilao novo executivo paraguaio e evitaba calquera conflito a través do estabele-cemento de medidas sancionadoras. A actitude da UE custoulle a práctica pará-lise das relacións comerciais co bloque sudamericano. Pola contra, os estados membros do Mercosur potenciaban as súas relacións en materia enerxética a través do acordo entre a compañía pe-troleira venezolana, PDVSA e a arxenti-na YPF para exploraren conxuntamente as reservas de gas e petróleo nas Mal-vinas.

Non hai dúbida de que os procesos de cambio iniciados en Latinoamérica e a forte entrada de Venezuela no bloque comercial, abren unha nova etapa para América do Sur, outorgándolle asemade un papel máis importante no contexto internacional marcado pola decadencia europea e a (re)organización dos acto-res. Os procesos de integración –alén do Mercosur—, coma Unasur, a ALBA ou a CELAC supoñen máis un paso cara ao soño bolivariano.

de desenvolvemento social; achegando, asemade, á organización cara a outros países como Ecuador –que anunciou o inicio das negociacións-- e Bolivia.

mercosur – ue

O acontecido no Paraguai coa crise provocada polo golpe a Fernando Lu-go, provocou a suspensión das relacións bilaterais entre ambos os dous proxectos de integración. As distintas reaccións an-te o acontecido abriron unha fenda nas relacións entre os bloques, reiniciadas en 2010, pois mentres que o Mercosur suspendía ao goberno golpista de Franco e estabelecía sancións; a UE recoñecía

A adhesión de Venezuela ao Mercosur supón un golpe de osíxeno para o proxecto de integración comercial latinoamericano e deixa claro que os gobernos teñen claro que a saída nacional á xa endémica crise, pasa por unha acción rexional.

A adhesión de Venezuela reforza os procesos de cambio iniciados en América do Sur

Page 10: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

10 deportes 17 de agosto de 2012

londres 2012 amosa a posibilidade dunha Galiza olímpica

Estes Xogos Olímpicos de Londres 2012 demostraron que a posibilida-de de termos representación propia no deporte a nivel internacional non é unha utopía, é máis ben unha necesi-dade. A imaxe dunha España derrotada en fútbol, onde non deixaron participar ao representante galego Diego Mari-ño, e nas disciplinas "de masas" deu paso á consecución de medallas por parte catalá, vasca e galega. O Galeu-zca olímpico moveu ás redes sociais e chegou a algúns medios de comuni-cación, mesmo do estranxeiro. Cata-lunya enviou 86 deportistas e recolleu 8 medallas e 33 diplomas, Galiza en-viou 12 deportistas e conseguiu cin-co medallas e dous diplomas e Eus-kadi enviou 30 deportistas e recolleu 3 medallas e cinco diplomas.

cinco medallas

Unha demostración de como a falta de medios non é quen de deixar fó-ra a Galiza da consecución de éxitos deportivos foi o ouro que consegui-ron Sofía Toro e Támara Echegoyen en vela na categoría de clase Elliott. Con poucos apoios económicos con-seguiron, nun equipo no que tamén participou a asturiana Ángela Puma-

riega, o premio máis grande nunhas olimpíadas.

A prata de David Cal, se cadra o de-portista do que se agardaba medalla de antemán, confírmao como a figura máis importante non só do olimpis-mo galego senón de todos os tempos no Estado español. Tamén evidenciou como é de importante ter apoio ins-titucional para chegar a determina-dos niveis de competitividade inter-

Imaxe cedida pola Deputación de PontevedraAntón Escuredo

ña Fernández, cun bronce que colo-ca a este deporte no seu posto máis alto nunha competición olímpica. A viguesa estivo en todos os partidos á fronte nos momentos máis complexos e o bronce final foi clara recompensa para o seu esforzo e para o das súas compañeiras.

diplomas e debuts

Doce deportistas participaron por Ga-liza en Londres 2012 e oito eran mu-lleres. Unha boa colleita que xogou un grande papel aínda sen conseguiren o premio do metal. A canoísta Teresa Portela quedou ás portas cun meritorio cuarto posto e o galego-cubano Frank Casañas cun sétimo en lanzamento de disco levaron diploma. Beatriz Gómez conseguiu en natación, 200 metros es-tilos, pasar a unha segunda rolda por primeira vez e Iria Grandal demostrou en Tiro con arco que hai futuro para es-ta disciplina olímpica na Galiza. Por úl-timo a proba olímpica por excelencia, a maratón, tivo en Alessandra Aguilar, 26º lugar, e Vanessa Veiga, 93º lugar, a unhas loitadoras que aínda poden dar sorpresas nun futuro.

Queda pensar nos vindeiros Xogos Olímpicos, en Río de Janeiro para o ano 2016, e a reivindicación de que para entón a participación non a mar-quen motivacións políticas impostas polos estados.

@s olímpic@s galeg@s en Vigo.

nacional.Unha das medallas que máis segui-

mento tivo en Galiza foi a de Javier Gómez Noya. Competindo contra os favoritos, ingleses e que competían na súa casa, os irmáns Brownlee. A piques estivo de acadar o ouro na disciplina que está considerada como o deporte olímpico máis duro: o triatlon.

A quinta medalla galega foi para a líder do equipo de balonmán, Bego-

XADREz elías xosé gonzález

arcial García Carbó (1970) é un coñecido xadrecista compostelán que, entre outros moitos méritos, conta na súa bagaxe persoal coas consecucións de varios títulos galegos individuais na categoría absoluta. Ten a titula-ción de Mestre FIDE e milita no Club Algalia de Compostela.

A continuación presentamos unha partida que o enfrontou ao coñecido Grande Mestre catalán, Marc Narciso Dublán.

Brancas: marcial garcía Carbó (galiza)Negras: marc Narciso Dublán (Catalunya)

Campionato de España (Torrevieja 1997)

1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Ab5

A coñecida como apertura Rui López

3...a6 4.Aa4 b5 5.Ab3 Ca5 6.0–0 d6 7.c3 Cxb3 8.axb3

Unha dobraxe de peóns que se xustifica aten-dendo á apertura da columna "A" e achegan-do efectivos ao centro do taboleiro

8...Cf6 9.d3 g6 10.Ca3 Ab7 11.De1 Ag7 12.c4

con excelente criterio as brancas comezan a situar a súa estrutura nas casiñas brancas co fin, entre outros, de eclipsaren cada vez máis ao bispo negro de g7

12...0–0 13.Ag5 Dd7 14.Da5

máis presión sobre o punto "b5" o que fai por obrigar ás negras a trocar en c4, favore-cendo a estrutura branca

14...bxc4 15.bxc4 Ch5 16.Cd2 f5 17.f3 Cf4 18.Axf4 exf4 19.Cc2

mellorando o emprazamento dos cabalos, e defendendo de xeito indirecto o peón de b2...

19...Axb2 un erro grave, pecando de super-ficial, as negras non viron a xogada 21 de brancas e pronto estarán perdidas...

20.Tab1 Dg7

(VER DIAGRAMA)

21.e5!, Dxe5 22.Dxe5 Axe5 23.Txb7

agora a vantaxe branca é decisiva, o resto nin require comentarios e Marcial amosa unha depurada técnica para concretar a vantaxe

23...c5 24.Tfb1 Ac3 25.Cb3 a5 26.Cc1 Tfe8 27.Ca2 Ab4 28.Rf1 Te6 29.Caxb4 axb4 30.Te1 Te5 31.d4 Txe1+ 32.Rxe1 Ta2 33.Rd2 Ta8 34.d5 Ta6 35.Rc1 h6 36.Rb2 Rf8 37.Ca1 Ta8 38.Th7 Rg8 39.Te7 Td8 40.Cb3 Rf8 41.Te6 Rf7 42.Ca5 Td7 43.Cc6 h5 44.h4 Rg7 45.Ce7 1–0

O noso país amosou que o deporte galego, con poucos medios e moita vontade individual e colectiva, está a un gran nivel.

Page 11: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Alexandre Bóveda, agardar andando

Page 12: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

12

DO TRABALLO, AMOR E COMPROMISO POLíTICO

Corría o 1920 e, logo dos áni-mos recibidos da familia, Alexandre Bóveda (Ourense, 1903) asistiría ás oposicións que en Madrid se celebraban

a funcionario do Ministerio de Facenda. Logo dun intento que non fora frutífero, conseguiría Bóveda o arelado posto de auxiliar de contabilidade do Estado co-mo número un da súa promoción.

Exercería na súa cidade natal como oficial da delegación de Facenda, pare-llo á contabilidade que levaba de varias empresas, caso de La Molinera Antelana. Había que axudar na casa familiar, pre-sidida por unha costureira, Loisa, e un silleiro, Xosé; os seus sacrificados pais.

Naquel decisivo contexto, previo á Di-tadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1929), coñecería Alexandre Bóveda ao arqueólogo galeguista, tamén funcio-nario, Florentino López Cuevillas. Este poríao en relación co círculo nacionalis-ta ourensán do que facía parte, nome-damente o grupo da que coñecemos como Xeración Nós.

Ao pouco, con apenas vinte e catro anos Bóveda veríase forzado a marchar para Pontevedra, onde lograría a xefa-tura do Departamento de contabilida-de da Delegación provincial de Facenda da cidade do Lérez. En cumprimento da súa nova responsabilidade, chegaría ao seu destino no mes de febreiro do ano 1927. Nesta localidade rapidamente pro-

Uxío-Breogán Diéguez CequielHistoriador e profesor

curaría aos seus afíns. A partir do seu gusto musical, integraríase na Socie-dade Coral Polifónica de Pontevedra, creada ano e medio atrás baixo a direc-ción de Antonio Blanco Porto. Na Coral sería onde coñecería tres persoas que o marcarían de por vida; e é que, por unha banda, no seo daquela entidade tería o primeiro encontro con Daniel Rodríguez Castelao e Antón Lousada Diéguez e, por outra con, Amalia Álvarez Ga-llego. Os primeiros eran dous activistas de relevo do nacio-nalismo galego da altura, nu-cleado arredor das Irmanda-des da Fala, que rapidamente se decatarían das capacidades do novo funcionario e Amalia, pola súa banda, sería o grande amor do ourensán. Cos tres estaría enormemen-te unido, comprometéndose con eles para o resto da súa vida.

Con Castelao e Lousada aquel mozo prodixio (re)organizaría politicamente o nacionalismo galego, cun claro proxec-to dunha Galiza nova. Con Amalia so-ñaría, tamén, unha Terra libre criando un casal ledo e combativo.

as caixas de aforro

Na boa vila chegaríalle a Bóveda da man da Deputación Provincial de Pontevedra unha dupla encomenda: o estudo do cobro da contribución e a organización dunha Caixa Provincial de Aforros. Unha vez depositada o presidente da cámara provincial, Daniel de la Sota y Valdeci-lla, a súa plena confianza nel comezaría

Bóveda cara á primavera do 1928 ambos os traballos, xunto Armando Rodríguez Acosta, amigo de anos atrás. Deixando á marxe o referido á contribución, di-remos que nos inicios do mes de maio do 1929 Bóveda remataría de deseñar a Caixa de Aforros.

Un deseño diante do que tería im-portante relevo o estudo que este fixe-ra doutras entidades análogas xa exis-tentes en Barcelona e Guipúscoa, así como Valladolid, Burgos ou Palencia. Finalmente, en sesión plenaria do 28 de xuño do 1929 a Deputación daría o visto e prace para a posta en mar-cha da devandita Caixa, presidida po-lo propio Daniel de la Sota. Alexandre Bóveda sería, dato ben pouco coñe-cido, o primeiro director da entidade (e Acosta o primeiro interventor), con-tribuíndo remarcaren nesta unha clara función social.

O que se presentaba como un proxecto ao que se ver li-gados tanto De la Sota como Bóveda durante anos, vaise tornar nunha concatenación de demisións. O primeiro re-nunciará á presidencia da De-putación, tendo como pano de fondo a demisión diante do monarca Alfonso XIII, do gol-pista Miguel Primo de Rivera

nos inicios do 1930, e o segundo pre-sentaríalle ao Consello de Administra-ción da Caixa, na súa sesión do 30 de xuño, a súa renuncia, por entenderen que perdera a confianza que deposi-tara nel De la Sota para dirixir a citada

ESPECIAL

Alexandre Bóveda xogaría un papel determinante no Partido

Galeguista. Primeiro como Secretario de Organización e,

despois, como Secretario Xeral

Con Castelao e Lousada aquel mozo prodixio (re)organizaría politicamente o nacionalismo galego, un claro proxecto dunha Galiza nova

ALExANDRE BóVEDA

Page 13: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

13ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Bóveda foi fundamental para unir aos membros das agrupacións galeguistas locais para así dar lugar ao grande partido galeguista que sería aquel PG

entidade -e así, abofé, poder dedicarse plenamente ao activismo militante-.

o amor e o compromiso político

Abríase unha outra etapa para Bóveda. A relación entre Alexandre e Amalia, filla do notábel Xerardo Álvarez Limeses, sería xa un feito público; de tal xeito que se-ría ela a muller coa que Bóveda se com-prometería até a fin dos seus días. Ca-sarían no mosteiro de Poio, localidade na que pasarían a residir, o 20 de outu-bro do 1930.

Logo dunha breve viaxe por terras por-tuguesas e españolas, tocaba volver ao traballo e a un día a día que estaría presi-dido polo compromiso coa Terra. Cinco serían os fillos que co paso do tempo a parella Bóveda Álvarez tería, tres nenas e dous nenos: Xela, Alexandre, Xosé Luís, Lola e Amalia, esta última póstuma.

Coincidía o ano de casamento de Amalia e Alexandre coa queda da dita-dura de Miguel Primo de Rivera, efectivi-zada a finais de xaneiro do 1930. Despois da censura e persecución dos naciona-listas galegos -malia a relación calculada coa realidade ditatorial, no inicio desta, dalgún cadro como Lousada Diéguez que crera ao militar golpista cando fa-laba da creación de autonomías en for-ma de mancomunidades-, o galeguismo aproveitaría a fenda aberta para se reor-ganizar. Xa non participaría desta reor-ganización o propio Lousada, que viña

ha unión ausoluta, unha direición úni-ca, un programa moderno e avanzado e unha discipriña (...). Homes de diver-sas tendencias políticas, relixiosas que coinciden en apreciar de igual manei-ra o problema político da nosa Terra e axúntanse baixo unha maneira común, a bandeira da redención galega...”.

Desde a constitución do Partido Gale-guista Alexandre Bóveda xogaría un papel determinante. Primeiro como Secreta-rio de Organización e, ao pouco, como Secretario Xeral ficaría encargado da re-presentación pública do partido, da súa expansión, así como en clave interna da súa cohesión. Bóveda representaba o cadro militante que aclaraba posicións, o Secretario Xeral que daba cohesión ao Partido, así como o teórico, hones-to e sobrio, que axudaba á formación doutros compañeiros e compañeiras de partido e soños. Xunto a el un equi-po extraordinario de mulleres e homes, como Castelao, Ánxel Casal, María Mi-ramontes, Lois Tobío, Víctor Casas, Ra-món Otero Pedrayo, Johán Carballeira, Ricardo Carvalho Calero e tantas e tan-tos outros.

de finar, mais si xunto outros veteranos galeguistas, unha nova xeración da que Bóveda sería paradigma e, ao pouco, re-ferente.

Naquel contexto eran diferentes as agrupacións locais nas que os gale-guistas se organizaban, a maioría das ve-ces sen relación estábel entre elas. Na franxa 1929-1930 manifestos de inspi-ración galeguista e republicana suce-deríanse, apuntando cara á necesidade de novos tempos para o País: Pacto de Lestrove, Compromiso de Barrantes, Ez-querda Galeguista fálalle o país, ou lectu-ras como O problema político de Galicia de Vicente Risco, entre outras. Toda esta vizosa realidade daría como resultante que entre o 5 e 6 de Decembro de 1931, no marco da VII Asambreia Nazonalis-ta, presidida polas Irmandades da Fala, constitúese o Partido Galeguista (PG).

En favor daquel xuntoiro nacional un duro traballo viña de se desenvolver: fixé-rase todo o posíbel para lograr a asis-tencia do maior número de agrupacións locais de partidos galeguistas e, sobre todo, Irmandades da Fala, que confor-marían a base de militantes fundadores daquel PG.

Quen levou o maior peso no organi-zativo foi o xa creado Partido Galeguista de Pontevedra e, máis concretamente, Alexandre Bóveda, quen sería o seu Se-cretario Xeral xunto ao enxeñeiro fores-tal Pedro Basanta.

Na orde das agullas do reloxo: Bóveda formou parte da Coral Polifónica de Pontevedra, Alexandre e Amalia en Pontevedra, unha estampa familiar, Bóveda coa súa filla Xela e un paseo polo Lérez con Amalia. Fotos: Arquivo Fundación Alexandre Bóveda.

Temos constancia de que Bóveda foi fundamental para unir, salvando diferen-zas de relevo, aos membros dun total de 32 agrupacións galeguistas locais para así dar lugar ao grande partido galeguis-ta que sería aquel PG.

Plasmaríase esta realidade no contun-dente editorial d’A Nosa Terra, voceiro na altura aínda das Irmandades da Fa-la, posterior á asemblea fundacional do novo partido:

“...Hoxe xa o galeguismo acadou un-

Page 14: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

POR qUE BóVEDA hABENDO UN LORCA?

Hoxe, cos datos que temos, resulta evidente que Bóve-da quixo xogar a súa última baza política a prol do país ao optar por se inmolar á

beira dunha morea anónima de pobo e dotar a causa galega dun referente in-discutíbel de loita pola liberdade, fronte a idea que se pretendía proxectar dunha Galiza voluntaria e entusiasta amante da súa escravitude. Dalgún xeito, non fuxiu nas ocasións que se lle presenta-ron -fronte aos consellos que transmitía aos demais- porque pretendía prolon-gar co seu sacrificio o seu labor de or-ganización do país con entidades pro-pias (políticas, sindicais, económicas e institucionais), ou como diría diante do tribunal que o condenou: “Se non podo seguir traballando máis por ela, gusta-ríame morrer pola miña Patria”.

En definitiva, Bóveda quixo ser usado politicamente para contribuír ao proxec-to que daba sentido á súa vida. E Cas-telao así o entendeu. E por iso creou o Día da Galiza Mártir.

Walter Benjamin fai referencia nas súas

“Teses de filosofía da historia” ao sen-tido das conmemoracións en dúas di-reccións que semellan contraditorias. Por unha banda, o disparar contra os reloxos dunha revolución que máis que representar unha evolución lineal supón unha rotura do contínuum da historia. Por outro lado, lembra como os xudeus que tiñan prohibido adiviñar o futuro si tiñan obriga de conmemoraren o pa-sado, de repetiren o pasado. Remata dicindo: “Mais non por iso se convertía o futuro para os xudeus nun tempo ho-moxéneo e baleiro. Xa que cada segun-do albergaba unha pequena porta pola que podía entrar o Mesías en calquera momento”. Mais, é coherente enten-dermos a conmemoración como a in-auguración dun calendario novo, posta a cero dos reloxos, e ao mesmo tempo como unha volta á antigüidade remo-ta pois, en definitiva, o mellor futuro é aquel que máis se lle parece ao pasado anterior, ao comezo da opresión. Mais, sobre todo, para un marxista como Ben-jamin o que se pretende na conmemo-ración é rachar coa imaxe burguesa do tempo como homoxéneo e baleiro: “A historia é obxecto dunha construción cuxo lugar non está constituído polo tempo homoxéneo e baleiro, senón por

un tempo pleno, «tempo – agora»”.Nun tempo desas características a

conciencia nacional e de clase disól-vese no solipsismo individualista. A ac-ción colectiva pulverízase e o inimigo, máis feble fronte ao grupo, vence doa-damente ao liquidaren aos revolucio-narios un a un.

Castelao fai unha lectura da Guerra Civil como un conflito nacional e de clase. Non como produto do tempe-ramento racial dun pobo salvaxe e in-culto (tal como logo fixou o consenso intelectual e popular tanto da dereita como da esquerda española). Castelao rexeitaba a interpretación de Azaña im-putando o fracaso da república a que o pobo non estaba suficientemente ma-duro para vivir en democracia. Consi-deraba todas estas apreciacións como profundamente racistas e dun papana-tismo europeísta que lles impedía ver o que estaba acontecendo en países tan “maduros” como Alemaña e Italia. Cas-telao falaba da cegueira voluntaria dos “repúblicos” e non se fiaba deles e por iso disparou contra o reloxo o día que fusilaron a Bóveda e non agardou a que o santoral Español fixara os festivos ga-legos. Sospeitaba que acabarían abra-zándose por riba do millón de mortos

A aposta de Castelao pola memoria non é simplemente oportunista senón que se encadra nas súas conviccións, que deixará recreadas no seu Alba de Gloria

Imaxes:Arquivo Fundación Alexandre BóvedaXoán Carlos Garrido Couceiro

Celebración do Día da Galiza Mártir en Bos Aires presidida polo busto de Bóveda e na que está presente Castelao.

Bóveda quixo ser usado politicamente para contribuír ao proxecto que daba sentido á súa vida. E Castelao así o entendeu e por iso creou o Día da Galiza Mártir

14 ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 15: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

De arriba a abaixo: grupo de asistentes á Asemblea Nacionalista de Monforte, retrato de Bóveda mozo e Alexandre (primeiro pola esquerda sentado) en Madrid cando preparaba oposicións a Facenda.

e entendéndose naquilo que os une: desmantelar as conquistas das nacións do Estado.

Por unha circunstancia relativa-mente casual o 18 de xullo fixaba de facto a distinción na estrutura territorial do Estado entre nacións e rexións, ao se teren plebiscitado até ese momento só os Estatutos Vasco, Catalán e Galego. Cando se comeza a falar na esquerda espa-ñola de que por riba da República está España e que hai que chegar á reconciliación, é entón, cando dentro desta lóxica se decreta o esquecemento dos mártires. Para Castelao, que por riba da República está Galiza, considera que nestas circunstancias o “borrón y cuenta nueva” que lanzara Negrín e que se estendía como un regueiro de pól-vora entre un exilio que ansiaba vol-ver de calquera xeito, non beneficia-ba á Galiza que viña de ver eliminados os seus cadros políticos e tiña adquirido un status diferenciado que perdería na desautorización da legalidade republi-cana que llo outorgou.

En calquera caso, a aposta de Caste-lao pola memoria non é simplemente oportunista senón que se encadra nas súas conviccións, que deixará brillante-mente recreadas no seu Alba de Gloria, e que ten que ver coa distinción que fai entre historia e tradición, na liña do que Benjamin sinala da diferencia entre tradición dos vencedores e dos vencidos. A esquerda española ten unha difícil relación coa memoria, o que facilita o traballo estrutural dunha socialdemocracia defensora da tese contraria a lembrar. Dalgún xeito, al-biscábase antes de rematada a gue-rra que os mortos republicanos ían ser condenados ao esquecemento por unha esquerda española pre-ocupada por lavar os seus propios pecados e retornar ao contínuum que Castelao pretendía tronzar.

Cando desembarca en Arxenti-na isto é co que se topa: “cáseque todo Bos Aires era unha pura “es-pañolada”, tanto nun bando como

no outro, e no dos republicáns tiña un soio arcanxo: García Lorca”. E cunha chamada ameazante á unidade da es-querda fronte ao franquismo que a el lle resultaba un engado máis a favor da outra “sagrada unidade”, alén da ex-periencia a respecto do frontismo es-pañol é que nesa “Arca de Noé” men-tres eles rifaban entre si aos galegos se lle impuña a adhesión silenciosa. Fronte a iso Castelao optou por crear un día exclusivo dos mártires gale-gos e sinala que “eisaltanto a figura de Bóveda, fixemos chorar ás xentes galegas que aisitian aos actos e así logramos que os galegos se sintan o que realmente son”.

O caso é que o Día da Galiza Már-tir mantívose co tempo como úni-co facho da memoria dos vencidos do Estado Español, unha vez que a

esquerda española non só se despren-deu de García Lorca senón de calquera simboloxía (bandeira incluída) que lle di-ficultara a súa confluencia e entende-mento co franquismo reciclado.

A partir do 2000 a esquerda española acordouse da memoria. O “aznarismo” campante fixo desta un refuxio e un mo-tor do seu revival. Mais esta memoria é selectiva. Esquece o esquecemento do que foron responsábeis e hoxe desem-poan con soberbia a súa bandeira tri-color e mesmo consideran unha ofen-

sa ter lembrado a Bóveda (“como se non houbera máis vítimas”, escoita-mos no Congreso de Narón). O caso é que senón fora por Bóveda, polo Día da Galiza Mártir e por Castelao, du-rante décadas aquí non se lembraría a ninguén, e con Bóveda, sempre se tivo presente a todas as persoas que correron a súa sorte, a García Lorca tamén. A esquerda española non só estivo interesada en que desapareza Galiza tamén foi cómplice da desapa-rición dos desaparecidos. Hai que ter a honestidade de recoñecer isto antes de erixirse en usufrutuarios dos millei-ros de persoas torturadas, encadeadas, paseadas, fusiladas que sempre con-sideraron que o seu sacrificio fose útil, que valese para algo.

15ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 16: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

"É difícil entender que o xuízo de meu pai aínda non fose declarado nulo"

Alexandre Bóveda deixou dito, pouco antes de morrer, que vostede se tiña que chamar Amalia, o nome da súa nai. Como aínda non se sabía se ía ser ho-me ou muller deixou dito que se era ne-na me chamaran Amalia e se era neno, Xesús. Pediulle tamén a miña nai que se coidase para que eu nacese ben. O meu nome completo é Amalia Alexan-drina Ramona. Puxéronme tres nomes. Amalia pola miña nai e Ramona porque o irmá da miña madriña tamén o mataron e tiña de nome Ramón. O meu padriño foi Xerardo Álvarez Gallego e a súa mu-ller Margarita. El tamén tivo que fuxir e estivo en Cuba moitos anos.

Vostede nace case cinco meses des-pois de que mataran a seu pai. Súa nai fica viúva despois de ter cinco fillos en apenas seis anos. Como consegue ti-rar para adiante?Traballando arreo, de maneira impresio-nante. Até que fixo as oposicións de Fa-cenda puxo unha escola con bastantes alumnos. Cando aprobou e foi destinada a Cádiz tivo que repartir os fillos. A maior entrou no colexio de Madrid e despois deportáronnos a todos. O colexio seme-llaba un campo de concentración. Pa-seino mal, botaba de menos a miña nai cando estaba doente. Nin me deixaban ver á miña irmá. Eu tiven bastantes pro-blemas de saúde e pasaba moito tempo soa no dormitorio.

Cando vai para o colexio interna?Con oito anos. Fíxenos o 5 e ingresei o 8 de xaneiro. Levoume miña nai e lem-bro que fomos en tren, sentadas no vá-ter até Medina do Campo porque non había sitio. Alí xa estaban as miñas irmás Anxeliña e Loli mais cada unha estaba no seu dormitorio e na súa clase. Nin podía comer ao pé delas nin nada, só podía estar con elas no recreo. Desde

os 8 até os 17 anos nunca pasamos os irmáns o Nadal xuntos.

Vostede vai interna con oito anos, mais como como é o tempo anterior?Miña nai mais eu viviamos cunha señora que me coidaba. Cando ela foi destina-da a Cádiz eu quedei coa miña avoa en Pontevedra, os outros, un co meu tío no Gorgullón, outro coa señora que tiña-mos na casa, outro con outros tíos, Xeli-ña no colexio... todos repartidos.

Cando descobre que seu pai foi asa-sinado?Non pola miña nai senón pola xente, polo ambiente. Sabíao todo o mundo en Poio. Miña nai procuraba que a au-sencia non se notase. A verdade é que non me decatei de que era orfa até que morreu miña nai. Sabía dar cariño mais se tiña que reprenderme con dureza ta-mén o facía.

Mais, nalgún momento a súa nai, Ama-lia, ten que transmitirlle a súa memoria. Como o fai?Así é. Todos os 17 de agosto iamos con ela ao cemiterio de Santo Amaro para pór un ramo de flores, primeiro ao pan-teón da familia García de la Riega que foi onde se enterrou, e logo ao noso, onde o trasladamos. Alí puxéronlle a placa tal e como el a escribiu no papel.

A súa familia tiña moita presenza en Pontevedra. Bóveda era un home po-pular, que traballaba en Facenda, can-taba na Filharmónica... Cando o matan pola cidade pairan os represores. Mais, miña nai non me falaba mal de ninguén. Deime conta das persoas que tiveron parte no do meu pai por xente de fóra, non por ela. Miña nai non odiou a ninguén. Só lembro o episodio que pa-sou cun home, forte e gordo que se pa-rou diante miña cando era nena e estaba a xogar na porta da casa de Poio. De-bía ter eu como catorce anos. O home preguntoume como me chamaba e eu

díxenlle que Amalia Bóveda. Pregunteille a el e contestoume que Vítor. Díxome entón, “ah, ti es filla de Alexandre Bóve-da”. Un día conteillo a miña nai e díxen-lle que aquel home me dera noxo. Miña nai prohibiume xogar fóra e díxome que cada vez que o vira -el fixera unha casa a 300 metros da nosa- que dera volta e me metera na casa e que non lle mirara a cara. Desde aquel día odieino. Un día dos que miña nai choraba pregunteille e contestoume que era un dos culpábeis de que nós estiveramos sen pai e ela sen home. Tratábase de Vítor Lis.

A Amalia mátanlle ao home e pai dos seus fillos mais tamén a súa familia é represaliada. O tío Darío e algún curmán máis. É unha familia masacrada. Meu avó, o seu pai, era das mesmas ideas que meu pai. O meu tío Xerardo, que foi o primeiro que escribiu algo sobre Bóveda, era do Par-tido. Quixo defendelo no xuízo e non llo permitiron.

Nalgún momento se sentiu filla “dun condenado”?Tarde. Unha das veces nas que souben a dureza do do meu pai foi no colexio en Madrid porque as monxas sabían o

entrevista amalia bóveda

amalia naceu case cinco meses despois daquel 17 de agosto no que mataron a alexandre bóveda, seu pai. era a última dos cinco irmáns que criou soa amalia álvarez gallego, a muller que cada ano até a súa morte en 2011 enchía de dignidade e emoción os actos do día de galiza mártir en pontevedra. nesta entrevista persoal amalia bóveda álvarez fálanos da súa infancia, de como quedou a súa familia despois do 36 e como foi o proceso de recuperación da memoria do pai.

Imaxe: X.C. GarridoCarme Vidal "A miña avoa sempre

dicía que a ela non lle mataron un fillo senón os seus tres homes. Mataron a Alexandre, o seu home morreu pouco despois e Vicente enfermou e foi morrendo pouco a pouco"

"Para as monxas nós eramos “roxas” e sempre nos tiñan un pouco afastadas. Tratábannos con máis dureza que as outras nenas"

Amalia Bóveda.

16 ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 17: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

que pasara. Para elas eramos fillas dun herexe cando meu pai era católico, aínda que fose de esquerdas. Para as monxas nós eramos “roxas” e sempre nos tiñan un pouco afastadas. Tratábannos con máis dureza que as outras nenas. Pare-cíalles que eramos doutra clase e sem-pre os castigos máis grandes eran para nós. Tamén, cando viña Franco a nós e a outras nenas asturianas sempre nos levaban a outro cuarto, como se pen-sasen que lle iamos facer algo!

Seguiron tendo trato co seu tío Vicen-te, o irmá de Alexandre e tamén gale-guista?Seguimos. Era unha persoa amorosa e morreu con 49 anos. Todos os veráns iamos a Ourense quince días para estar con el e coa miña avoa. Vicente tamén foi represaliado. A enfermidade que co-lleu foi por estar na cadea, o que agora se chamaría neumonía. Fixo moitas ve-ces as oposicións de periciais e sempre aprobaba pero nunca saía nas listas.

Faláballe de Alexandre?Falaba de meu pai, si. Dicíanos que tiña-mos que respectar a súa memoria, que el dera a súa vida polas súas ideas. Ex-plicounos todo o proceso. Nós come-

un fillo senón os seus tres homes. Ma-taron a Alexandre, o seu home morreu pouco despois e Vicente enfermou e foi morrendo pouco a pouco, até chegar ao fin con 48 anos. A Vicente prendéro-no cando viña para Pontevedra a velar a Alexandre e acompañar a seu pai e le-várono para o cárcere de Ourense.

O silencio de Amalia na súa infancia era para os protexer?A protección era moita e eu estou certa de que non nos contaba máis porque tiña medo.

Transmitiríalle unha memoria afectiva, a do Bóveda máis próximo. Fabuloso. Miña nai falaba del coma dun Deus e do boa que era a vida con el. An-tes de morrer meu pai pensou en to-dos nós mais tamén nos seus pais e na carta que lle escribe a Vicente dille que mire por eles.

Faloume do desprezo das monxas por ser filla de Bóveda. Fáleme do caso con-trario, dos que a trataban con agarimo como filla de Alexandre. Non eran demasiadas persoas. Miña nai se nos sacou adiante foi polos seus pro-pios medios. En Facenda collía todos os

traballos extras. No inverno traballaba mañá, tarde e noite e deitábase moi tar-de. Como quería ternos a nós no verán non paraba un momento. Gozabamos con ela o sábado á tarde e o domin-go porque daquela non se pagaban as vacacións. En agosto non traballaba ás tardes e entón era cando iamos ás fes-tas da Peregrina, a xogar á tómbola ou a ver o teatro de monicreques, Barriga Verde. De todas maneiras, sempre sen-timos orgullo por sermos os seus fillos. Inculcóunolo a nosa nai. Como episo-dio cariñoso lembro que cando iamos pasar aqueles días a Ourense había un carniceiro que sempre me agasallaba cun filete moi bo. Dicía que no colexio non me darían cousas así. O carniceiro sempre me comentaba que meu pai era un grande home e que, se estivera vivo, chegaría a presidente do goberno.

A súa familia queda rota, destruída, mais vostede transmite un recordo sereno da súa infancia. Non foi triste, miña nai fixo que non fo-se. Lembrabamos a meu pai cada 17 de agosto e miña nai tiñalle tres misas se-guidas, o día antes, o mesmo día e o de despois. Iamos a primeira hora, antes de que ela entrase a traballar.

Da memoria familiar chega nalgún mo-mento ao Bóveda político. Xerardo é o seu padriño. Que sentimento lle pro-duce a lectura do seu libro Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda?Nunca fun quen de lelo porque chego a un punto en que non podo seguir, as bágoas aparecen e dóeme moito, faime dano. Miña nai ensinoume a perdoar e a non odiar mais chega o momento en que pensas na xente que che fixo tanto mal e é moi difícil evitar ese sentimento.

A súa familia participa sempre nos actos do 17 de agosto. A presenza de Ama-lia dáballe emoción á conmemora-ción. Como viviron esta homenaxe a seu pai?Con emoción porque a xente siga a se lembrar del mais tamén con tristura por-que miña nai morreu coa pena de que nos escritos e no certificado de defun-ción aínda puxese que foi asasinado por traidor á patria. Esa é aínda hoxe a causa da súa morte: pasado polas armas por traidor á patria.

Está a reclamar a revisión do xuizo? Queriamos que se declarase nulo e que se fixese público. A herdanza que reci-bín del é a da honradez, do traballo, da bondade e da xenerosidade e eu que-ro transmitirlle iso mesmo aos meus fi-llos.

As imaxes que temos de Alexandre Bó-veda son de actos públicos e momen-tos privados. Cal é a súa fotografía pre-ferida?As fotografías de meu pai estiveron sem-pre con nós na casa, á man. A que eu prefiro é a que están meu pai e miña nai polo río Lérez, daquela eran noivos.

Amalia Bóveda.

17ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

zamos moi tarde a coñecer a meu pai. Despois de vinte e tantos anos! Miña nai tiña moito medo e prefería estar calada. Moi pouco foi o que nos contou. Fomos sabendo máis tamén polos papeis que había na casa. Onde máis quedaron foi na casa da rúa da Oliva, en Pontevedra. Cando foi todo isto meu tío Emilio dixo que cumpría sacar os papeis, leváronos para alá e nunca máis volveron. Moitos se perderon no incendio.

Cando Alexandre é paseado ten apenas 33 anos e seus pais aínda viven. Vostede ten lembraza de seus avós paternos?Coa miña avoa tiven unha relación moi forte mais o meu avó morreu ao ano seguinte. Miña avoa viña moitas veces coa miña tía Pilar e o meu tío Vicente para pasaren unha semana en Poio e nós iamos aló.

Alexandre asasinado, Vicente preso... a familia de Ourense como queda des-pois do 36?O meu tío como non aprobaba as opo-sicións -aínda que pasara os exames- puxo a academia “Centro de Enseñanza Bóveda” e dedicouse a dar clases coa mi-ña tía Pilar como secretaria. A miña avoa sempre dicía que a ela non lle mataron

Page 18: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

ALExANDRE BóVEDA NO DIARIO DE BEN-ChO-ShEy (AGOSTO DO 36)X

osé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey) chega a Lugo en 1935. Vén ocupar o seu pri-meiro destino como inspector de Ensino, despois de superar

as oposicións a ese corpo. Na cidade de Lugo continúa unha fecunda activida-de intelectual e política que xa viña des-envolvendo desde a mocidade. Como militante do Partido Galeguista é elixido presidente provincial e acomete desde o seu posto un intenso traballo organi-zativo que propicia certa expansión do partido coa creación de novos grupos e delegacións e a alta dun nutrido gru-po militantes, maioritariamente mozos, na organización local da capital lucen-se. O escritor Ánxel Fole que ocupaba a secretaría do partido lembraba, moitos anos despois, con admiración aquel labor político de Ben-Cho-Shey nos seus anos lucenses: “Das conversas con Ben-Cho-Shey tódolos rapaces saían máis afinca-dos nos seus sentimentos de galeguistas. O seumaxisterio, a iste respeito non pui-do ser máis facedeiro. Sempre convencía e anortaba. Todos os que o tratabamos contábamolo entre os galeguistas cen por cen. E todos conviñamos na crencia de que non era doado batir cun home tan bondadoso”.

O Partido Galeguista de Lugo, baixo a presidencia de Fernández-Oxea, impulsa, coa participación entusiasta do grupo de novos militantes, a súa actividade pro-pagandística programando mitins por toda a provincia, sobre todo na etapa fronte-populista e especialmente na campaña a prol do Estatuto, nos me-ses anteriores ao plebiscito do 18 de xuño do 36. Ben-Cho- Shey participa activamente nesa campaña que tería o seu acto central nun mitin, celebrado na Praza Maior de Lugo, no que inter-veñen entre outros oradores: o comu-nista S. Montero e os galeguistas Peña Novo e Alexandre Bóveda. Da campa-ña do Estatuto en Lugo, e deste mitin en particular, quedounos testemuño gráfico grazas a Ben-Cho-Shey, autor da tan reproducida fotografía de Bó-veda que acompaña estas liñas, das dos outros oradores, e tamén das do público asistente ao acto e de distin-tas pancartas e pintadas feitas polos galeguistas naquelas datas.

É probábel que despois do mitin en prol do estatuto de Lugo, ou dal-gúns dos outros nos que Bóveda participou en distintas localidades lucenses, Ben-Cho-Shey e Bóveda non se volvesen ver. O 18 de xullo do 36, Fernández-Oxea atópase no seu domicilio de Lugo e, desde o día 19 de xullo ao 21 de agosto, escribe un diario que constitúe un testemuño lúcido e tráxico daqueles momen-tos de terror feroz: “Desde que estas bestas se apoderaron violentamente do mando comenzou o imperio da inxustiza, do horror, do desbaraxus-

Velaí a transcrición textual (e por razóns de espazo parcial) das mencións a Bóveda no Diario de Ben-Cho-Shey. Son abon-do elocuentes para luxarmos agora con comentarios ou valoracións precipitadas, mais haberá que lelas e analizalas deva-gar. Eis as palabras certeiras que xa nos falan, como Castelao no Galicia mártir de que enterran semente e non cadáve-res. Unhas palabras cheas de razón e de carraxe, que lamentan a desafección e a traizón dalgúns irmáns galeguistas e que acaban, a xeito de salmo, cun prego, un lamento e un desexo afervoado: “canto tarda o día da xusticia”

d ía 5…Tamén soupen que o Alexandro Bó-veda está preso en Pontevedra, donde tamén estarán moitos mais amigos. Es-to si que é afundir Hespaña e sementar odios a eito.

día 14…Hoxe leín a noticia de que en Ponte-vedra se celebrou un consello de guerra contra Bóveda e Guiance; nada din da pe-

Imaxes:Arquivo Fundación Alexandre BóvedaXoán Ramiro Cuba

Diario de Ben-Cho-Shey.

18 ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

te, do latrocinio e de toda-las calamidás imaxinables”.

Os contidos do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey constitúen un documento, até o de agora inédito, de extraordinario va-lor sobre a represión fascista, nomeda-mente en Lugo, mais tamén en todo o país. Por unha banda Ben-Cho-Shey re-lata os pormenores dos sucesos que el está a vivir e a presenciar e, por outra, dá conta da información que, por distintas vías lle está a chegar, desde outros lu-gares de Galiza. El mesmo é consciente de que hai unha orde de detención con-tra el, Fole e Piñeiro. A partir dos datos que vai acumulando agroman nel os sentimentos e as lembranzas e, tamén, por suposto, as análises políticas sobre o que está acontecer. As liñas do Diario de Lugo de Ben- Cho-Shey son, sen dú-bida, un testemuño de primeira man ao redor da Galiza mártir e como di Cas-telao na introdución do seu álbum de guerra: “están arrincadas da súa propia door e van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única

reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito”.

Polas páxinas do diario de Ben-Cho-Shey desfilan moitos nomes dos que nu-tren a Compaña da Galiza mártir. A nó-mina faise inacabábel, como el escribe no remate do Diario, o día 21 de Agosto: “O nombrar a todol-os asesinados sería interminable: Mais con ser feroz e inhu-mán o dos asesinatos nos camiños é máis refinado aínda a ficción dos consellos de guerra nos que decoten condenan a ho-mes inocente como Vega, Pérez, Ramos, Abelairas e o Gobernador, entre os de Lugo e Víctor Casas, Caamaño, Novas e mil e mil máis”. Mais se hai un nome que ten unha especial relevancia no Diario é o de Alexandre Bóveda que aparece en catro días do mes de agosto, nalgúns deles case monograficamente, nunha cronoloxía que abrangue desde a nova da súa detención á da súa execución na Caeira. Ben-Cho-Shey rebélase contra a inxustiza que supón o asasinato dun home que non fixo máis que “loitar por redimir os galegos da escravitude”.

Page 19: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Os contidos do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey constitúen

un documento, até o de agora inédito, de extraordinario valor

sobre a represión fascista en todo o país

na que lle piden pero moito me temo que sexa grave. É triste e terrible que un home que acata o obedece o poder legalmente constituido se vexa acusado pol-os que son verdadeiros delincuentes.

día 15 A festividade do día vese nublada por un-ha noticia terriblemente inxusta e feroz: a da condenación a morte do Bóveda e do Guiance, ¡será posible que Deus consin-ta que se cometa ise horrendo crime de axusticiar a dous inocentes! Se en Galicia houbese homes conscientes abondaba a morte do Bóveda pra que se erguesen ata as pedras. Il que non cometeu outro delito que o de amar a súa terra fonda-mente e querer facer de ela un paraiso; il que loitou incansablemente por redimir os galegos da escravitude en que viven; il que puxo toda a sua fé no rexurdimento de Galicia vai dar a sua vida n-un sacri-ficio inútil porque os fillos de esta terra desgraciada, istes escravos indecentes e cobardes non merecen que por iles se verta nin unha pinga da sangue xenero-sa de home tan noble como o Bóveda. Bóveda será o primeiro márti da nosa relixión galeguista e o seu sangue sará fecundo para a salvación da Terra. Tra-bucados están os seus verdugos si coi-dan que por matalo a il acogotan o ga-leguismo. Días virán en que o esprito do mártir nos guíe dende o Alen i entón ve-rán a inutilidade do sagrifizo inxusto que agora van facer.

¿E cal será a aititude dos chamados ga-leguistas de dereita? ¿Que pensaran ises homes que ata onte chamaban irmán a Bóveda? ¿Que clase de concencia te-rán os que como o Filgueira, o Risco, o

Bóveda nun acto en Lugo retratado por Ben-Cho-Shey.

a millor semente pra redimir a iste pobo escravo e indigno. ¡Que canallada e que inxusticia supón a morte de iste home! De todo o mais que o podían acusar era de haber entregado a súa vida á causa da redención de Galicia, pero iste move-mento feito polos señoritos, pol-os vagos e pol-os parásitos da nosa terra tiña que premiar co a morte o supremo esforzo realizado por iste mozo baril. ¿Como lle ían perdonar ó Bóveda que tivese talento esa grea de iñorarantes? ¿Como lle ían perdonar que tivese vontade os abúlicos que todo o agardan de un Mesías ou de un dictador que lles bote un anaco de pan? ¿Como lle ían perdonar os señoritos inútiles, vagos e inmoraes ó fillo humilde de un obreiro que pol-o seu propio es-forzo, pol-o seu valor soupo erguerse e conquerir un posto na sociedade ó que endexamais chegarán os seus verdugos? Iste asesinato fíreme tan fondamente que non atino a espresar toda a door e toda a indignación que me produxo. A morte do Bóveda e a obra dos envidiosos, dos mediocres, dos verdugos de Galicia; pro eu confío que a morte do Bóveda ha ser fecunda e ha de contribuir grandemente á liberación de Galicia.

Pouco importa que digan e que fa-len: os feitos son mis elocuentes e pol- as suas obras vese que iste “movemento salvador” non é mais que unha ola de cri-minalidade e de vesanía que se desatou enriba de nos. Todal-as baixas pasiós, to-dol-os malos instintos, toda a ferocida-de humán están hoxe soltas e campan pol-os seus respetos. O que hoxe trunfa

verdadeiramentes é a vingan-za, anque iles digan que fan os crimes para salvar a patria, o certo é que por todas par-tes se ollan vinganzas e nada mais que vinganzas. Non é so-mentes a morte do Bóveda; onte mismo nise inferno do Ferrol, onde parece que andi-veron todal-as furias desatadas mataron o gran mestre García Niebla, home que adicou toda

a sua vida o ensiño, e a vinte mais ¿Can-do se saciarán esta hienas sedentas de verter tanto sangue inocente?

¡Piedade, Señor, piedade ou Galicia desaparecerá pra sempre nun dioivo de sangue! ¡Ouh! Canto tarda xa o día da xusticia no que istes canallas sangui-ñentos topen co seu merecido.

Vilarelle, o Otero e quizais outros sigan apoiando os rebledes que cometen cri-mes tan horrendos? ¿Serán capaces de soster que tamén iste salvaxe asesinato se comete no nome de Deus? Si cobar-de é a aititude da masa do pobo galego ante iste crime, mais tremenda é ainda a traición de istes homes a quen algún día consideramos nosos amigos.

Esta condena do Bóveda impresióna-me tan fondamente que non atino a se-guir e somentes sei repetir: isto é unha canallada.

día 18Por fin consumouse a meirande inqui-nidade co asesinato do Bóveda. ¡Probe irmán! Si os asesinos coidaron que co a vida do ilustre caudillo mataban o gale-guismo, ben trabucados van. Iles que fa-lan da fecundidade dos primeiros márti-res do cristianismo, non repararon na súa ceguedade que o sanque vertido heroi-ca e santamente pol-o noso mártir será

19ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 20: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

O NOSO VITíN

Vicente Bóveda Iglesias se-rá sempre para nos Vitín. A memoria que é selectiva, como selectiva foi a repre-sión, deixounos gravado a

ferro aquela carta que o protomartir lle remitiu ao seu irmán desde o corredor da morte da Prisión de Pontevedra ás cinco e cuarto da mañá daquel tráxico 17 de Agosto de 1936. Se estamos a fa-lar de Vicente Bóveda Iglesias, fillo dun carpinteiro, tamén emigrante, e dunha costureira, galego do Polvorín ourensán, un máis, que non un calquera, da xéne-se dos Bóveda. Ao fin este noso Vitín, irmán no sangue e na loita de Alexan-dre, que un día se perdeu na escurida-de da longa noite de pedra. Este outro Bóveda patriota, leal coa memoria de Alexandre, represaliado e resistente, un mártir vivinte que diría Martí, antifascis-ta e comprometido co legado do na-cionalismo de lei, segue a se mover na clandestinidade, nun territorio de som-bras, nun mundo de espellos que tenta distorsionar a súa faciana non asimilá-bel e conflitiva. En definitiva, cómpre pór branco sobre negro na traxectoria de Vicente Bóveda Iglesias, unha expe-riencia vital cuarteada en dúas sen que deixe ser persoa dunha peza, unha bio-grafía aínda á procura de máis preguntas que respostas, unha vida que é preci-so espallarmos para sabermos e expli-carmos un pasado que é noso, porque atoparmos a Vitín, entendermos a Vi-tín é chave, en tanto parte dun proceso histórico, para comprendermos o que representou a ditadura como elemento retardatario do proceso de liberación nacional e clarificarmos o papel do te-rror, en tanto consubstancial ao fascis-mo, como xeito de institucionalización dun réxime. Isto é, temos diante algo máis que un exercicio moral, a xustiza histórica cun dos nosos, que xa tería a súa importancia, enfrontámonos no fondo a descubrírmonos como parte dun movemento que vai máis alá por-que vén de máis atrás que a nosa pro-pia biografía.

Falar de Vitín é falar de Alexandre pos-to que as súas foron vidas parellas. O pequeno dos Bóveda, nacido en 1905, após rematar os estudos primarios, cur-so por libre, preparándose na academia Villar de Ourense e examinándose na escola de Escola de Altos estudos mer-cantís da Coruña, a peritaxe, o profe-sorado e a intendencia mercantil. Unha vez rematada a súa formación acadé-mica continuará vinculado ao centro de ensino dos irmáns Villar, primeiro como docente e posteriormente, a partir da morte de Don Saturnino Villar, como director do mesmo até 1940. Só du-

rante uns meses en 1931, coincidindo co período no que Alexandre e posto ao fronte da comisión promotora de Caixa Pontevedra, abandona profesio-nalmente o maxisterio para colaborar co seu irmán na tarefa de dotar ás co-marcas de Pontevedra dunha institución de crédito de carácter social. Fiel ao li-bro do estilo da militancia nacionalista anterior a Guerra Civil, o seu traballo abrangueu tanto a esfera interna como externa sen deixar de lado a labor do-utrinal. Así, en 1932, aparece xa como orador no seu primeiro mitin, segundo informa o propio Alexandre nunha carta, na parroquia de Lobeira, percorrendo a totalidade das terras ourensás e do sur de Lugo como unha das voces autori-zadas e publicas do nacionalismo. Non podemos deixar pasar a súa significa-ción a participación no Mitin das Aren-gas de 1934 e de 1935, na grande con-centración das Mocidades Galeguistas en Celanova en Outono de 1935 do que dá conta o “Guieiro” e no que participan tamén Illa Couto, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Velo e Francisco del Riego. Agora ben, pola súa intensidade é destacábel a participación na campaña electoral de Febreiro de 1936 e do Estatuto, onde atopamos en Carballedo e Chantada con Anxel Fole, en Monforte e Sober con Don Ramón Otero, en Celanova e no Irixo con Leuter Salgado, en Maceda e Allariz con Benigno Álvarez. Naque-les momentos finais do período repu-blicano, con tan só 27 anos, xa aparece como unha referencia pública do na-cionalismo alén do espazo ourensán e xuvenil, destacando pola súa oratoria pedagóxica, máis rica en datos que en figuras retóricas, e cun contido de fonda preocupación social. Home de acción, en 1934 é elixido membro do Consello Nacional da Federación de Mocidades Galeguistas sendo o primeiro secretario da súa agrupación ourensá, agrupación que xunto coa de Celanova era na al-tura a máis numerosa do país e tamén das máis activas até o punto de conta-ren, entrado o ano 1935, cunha coral, un grupo de teatro e mesmo un club de fútbol, o Breogán CF. Xa en 1935, coin-cidindo coa II Asemblea das Mocidades, é nomeado Se-cretario Técnico da Comisión Executiva, facendo parte da-quel triunvirato de ouro con Xosé Velo, secretario xeral, e Celso Emilio Ferreiro, Secre-tario de Organización, que fa-rían da organización xuvenil unha potente estrutura para acción política só compará-bel no campo da mocidade á JSU. Se ben até Xuño do 36 permaneceu na dirección executiva das Mocidades, ao longo deste ano vaise desvincular do traballo xuvenil, aparecendo en Xa-neiro como Secretario de Organización

do Partido Galeguista en Ourense que seguía presidido por Peña Rei, pero en proceso de renovación como resulta-do da desafección das tarefas directi-

vas dunha parte da militancia do período fundacional. To-coulle vivir unha etapa convul-sa para o nacionalismo é non ficou á marxe, combatendo coa mesma enerxía a aqueles que pretendían situar ás Moci-dades fóra da órbita ideolóxica do Partido Galeguista como daqueles outros que remata-ron por esgazar o Partido pa-ra conformar a Dereita Gale-guista ou que ficando tentaban boicotear a liña maioritaria. No

seo das Mocidades destacouse como o principal puntal no confronto contra o grupo vinculado a Risco e Filgueira, que no nome da suposta pureza ideolóxica e da autonomía da organización xuve-nil en relación co Partido, pretenderon primeiro que as mozas e mozos nacio-nalistas non apoiaran as candidaturas da Fronte Popular e que posteriormente tentaron boicotear a campaña do Es-tatuto. Sendo a súa unha posición mi-noritaria dentro do Partido Galeguista en Ourense, converteuse na referen-cia de quen defendía a pluralidade do mesmo mais desde o respecto á liña maioritaria, actuando, se se quixer de xeito máis gráfico, como a persoa de Castelao, Bóveda e Víctor Casas naque-la agrupación de Ourense. Aínda así é necesario indicarmos as súas elabora-

Imaxes:Arquivo Fundación Alexandre BóvedaCilia Torna

Este outro Bóveda é un patriota, leal coa memoria de Alexandre, represaliado e resistente, un mártir vivinte que diría Martí, antifascista e comprometido co legado do nacionalismo

O pequeno dos Bóveda sorprende cunha tese

orixinal na que propuña a territorialización da débeda e que as galegas só tivesen que pagar aquela que se xerara no

noso país

20 ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 21: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Arriba: retrato de Vicente Bóveda.Dereita: Vicente Bóveda intervindo nun mitin.

Gómez del Valle, irmán do poeta comu-nista Uxío, que contaría nas páxinas do “Vieiros” de Soto e Velo o fusilamento daquel, o Raúl González, dirixente do ATEO no Ribeiro condenado a morte que recadaría ao pé do Vicente des-pois de sete anos de cadea, ou o Luís Ocampo. A academia da Alameda do Cruceiro, que dirixía e da que era pro-pietario Vicente Bóveda, foi máis que un centro de ensino, ou un espazo de liberdade para os represaliados era un facho de cultura que contaba con co-rais, equipas de fútbol e mesmo con publicacións propias. Aínda así non foi quen de se librar do malfado dos Bó-vedas e veuse sometido a unha tripla represión. A primeira, daqueles que un día foron irmáns e que renunciaran ao proxecto do Partido Galeguista, para o reconverter ao culturalismo, o mesmo que Risco defendía xa no período repu-blicano, e que os Bóveda combateran. Non quixo ser un mozo turco do 36 e un Bóveda era un carga demasiado pe-sada, posto que obrigaba a lembrar a traxedia fascista e non deixaba sitio para unha manipulación apoliticista do que foi o nacionalismo. Máis unha segunda represión, que tiña a súa orixe en que o Vicente Bóveda non era un adito ao réxime e o réxime non podía tolerar di-sidentes agás que estes rematasen por se integraren. Non é casual que téndose presentado a ducias de oposicións da administración o seu alumnado apro-base non sendo el quen de superar as probas. Mais hai unha terceira repre-sión, aquela represión que provocou a experiencia terrorista do 36, querían provocar o terror, e a atmosfera da so-ciedade franquista e que rematou coa morte de centos de galegos por fenó-menos de exclusión social e por pato-loxías psiquiátricas. A día hoxe, fica por estudar aínda, as mortes que o fascis-mo torneou a xeito de suicidio, fame, alcolismo...

Era 7 de Marzo de 1958 e o corpo non aguantou máis.

cións doutrinais que atoparan acolli-da fundamentalmente n'A Nosa Terra e onde destacan, na liña dos traballos de Alexandre Bóveda, as súas análises sobre as necesidades dunha autono-mía financeira para Galiza, ou sobre unha fiscalidade que grave as rendas e ao capital fronte ao traballo e tamén sobre a débeda pública. Nun momen-to no que a presión da débeda pública era un dos grandes problemas que ti-ña que enfrontar o Goberno e, tamén, a sociedade. O pequeno dos Bóveda

por mor do Alzamento Franquista se tornaron en xornadas de morte, paixón e loito. O asasinato de Alexandre, a súa detención o 17 de Agosto cando acudía a velalo a Pontevedra e o seu segundo ingreso en prisión por tres meses, nin o o último nin o primeiro pois xa fora detido como consecuencia da Revo-lución de 1934, a morte do pai un ano máis tarde, a eliminación física e o exilio dunha manchea de parentes, amigas e irmás, represión, cadea, silencio.

Vencido mais non derrotado. Tocaba continuar, fiel a aquela sorte de roga-torio/voz de orde que a xeito de car-ta lle remitira Alexandre minutos an-tes do fusilamento. Había que seguir camiñando polos nenos, polos vellos e polas cousas nas que se acreditaba. Non merecía vivir por un mais era ne-cesario vivir para outras. Vicente Bóve-da participa na reorganización na clan-destinidade do nacionalismo, reúnese xa en 1939 con Peinador e del Riego, é cómplice dos intentos de Valenzue-la e Velo en 1942 e acode ao congre-so de reconstitución do Partido Gale-guista na clandestinidade en Coruxo. Aí desaparece da militancia e é de supor por discrepancias coa liña que o gru-po dirixente lle imprime a organización. Á altura de 1943 funda a academia de estudos mercantís “Centro de Ensinan-za Bóveda” situada na ourensá Alame-da do Cruceiro, onde se forman cen-tos de persoas e onde se acubillan un bo grupo de docentes represaliados. A academia de Vicente Bóveda deu aulas a homes e mulleres que se examina-ban por libre para peritaxe e profeso-rado mercantil na Escola de Comercio de Ourense ou da Coruña e preparou con moitísimo éxito a opositores para diferentes ámbitos da administración. Canda el, impartiron docencia outros resistentes, que souberon da súa soli-dariedade como o poeta nacionalista Luís Acuña, o historiador e dirixente de “Izquierda Republicana” posteriormen-te exiliado Alberte Vilanova, o Ernesto

21ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

sorprende cunha tese orixinal na que propuña a territorialización da débeda e que as galegas so tivesen que pagar aquela que se xerara no noso país. A formulación, que desenvolveu en varios artigos xornalísticos, sería asumida en 1935 como posición oficial do Partido Galeguista e utilizada con profusión nos argumentarios e, tamén, polos vocei-ros do mesmo dando orixe, posterior-mente, a varios traballos de Alexandre e Paz Andrade sobre o asunto.

Días de loita, esperanza e ilusión que

Page 22: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

ALExANDRE BóVEDA AChEGA DA NOSA DETERMINACIóN

Un ano máis, un dezase-te máis, un agosto máis (e SEMPRE EN GALIZA) poñe-mos luz a un medrado e xa consolidado DÍA DA GALI-

ZA MÁRTIR. No seu contido impartido a lección de restauración e xustiza (en especial á nosa memoria histórica como dereito humano) desenvolverémolo ao pé das ideas de liberdade e nos desexos de rúas liberadas, sen que ninguén – ben con calotes ou ben con artimañas por medio- aspire sacar máis nota que o veciño. Deste xeito, no Sermos de certo (representando a tantas e a tantos), signi-ficamos a figura salientábel de Alexandre Bóveda, mártir galego, exemplaridade de vida (para lealdade e memoria) que nos definirá fondamente na identidade de pobo (o galego) e de nación. Alexandre Bóveda, xunto con outras e con outros, que é así como mellor se debe enten-der, perfectamente integrado no cor-pus unitario que conforma a esencia da nosa memoria colectiva, constitúe un factor que suma activamente, multipli-ca e estimula enerxicamente as nosas decisións do presente para estabelecer desta maneira, con claridade, as nosas posibilidades comunais.

Así, nesas posibilidades, facemos no-tar o título deste traballo, pola inciden-cia da figura de Bóveda no seu achegar

con tanta xenerosidade responsabilida-des ás nosas voces emerxentes cheas de historia para futuro, ás nosas decidi-das disposicións, ás nosas obras con-vincentes, ás nosas nobres intuicións, para a necesaria , firme , irrenunciábel e comprensiva, determinación. Digo, pois, a determinación deste pobo, o galego, pobo de nós, Galiza. Así, niso valían es-tas palabras de Bóveda n’A NOSA TE-RRA, nº348, que sinalan referente de futuro e ánimo para construír-monos desde o presente:

“ E nós aspiramos a que Galiza deixe de ser a cousa, morta e ano-dina, en que a convertiu o cen-tralismo en perto de cinco ́ secu-los de “ royismo”. Queremos que deixe de ser isa cousa que se cha-ma “ lo regional”, para se con-vertir na individualidade coleitiva nazonal, célula viva de universa-lidade, que lle dé a categoría de pobo, ceibe e vontariamente aven-celllado cos demáis nao uta tarefa de precurar para a Humanidade ise novo estadio de vida que se aveci-ña, e unha de cuias angueiras ha ser a destrucción d-isa outra “ artificialida-de” que son as Constitucións centralistas dos grandes Estados, que xa cumpli-ron a súa misión e non responden na aitualidade a ninguna realidade social que os xustifica”

Hoxe, e neste día de GALIZA MÁRTIR , é así como queremos que fose sempre para o futuro no-

do está “aberto por reformas”. E, polo tanto, desde a nosa memoria histórica, viva e activa, activada, no referente de Alexandre Bóveda e no facer pobo que nos leve a nos determinar, non debe-mos permitir que nos recorten as nosas voces para tamén pedirmos xustiza, re-paración, restauración e afirmación da verdade, para que quen teña culpa non pase impune por diante dos nosos már-tires, nin de nós. Non podemos permitir que nos silencien.

Alexandre Bóveda, na súa achega enérxica “ a de agardar andando”, indí-canos claramente que se miramos es-pertos e compartindo, haberá un futuro mellor posíbel para este pobo. Xa non son tempos de murmurios choromi-cas entre berros que nos pretenden vencer (calar). Temos que tomar a iniciativa, movernos politicamente, e indo de camiño no potencial in-medíbel (o da ilusión e desexo) da nosa determinación, busquemos (fa-cendo) os futuros que intuímos e que debemos compartir toda felicidade,

xa desde o presente e na memoria, pois a nosa soberanía non pode estar

hipotecada, nin recortada.Alexandre Bóveda - e moitos nomes

máis nosos- cos seus exemplos de vida, asasinados ben deles, mártires, nos de-claran toda exemplaridade que en Galiza o maior rango democrático é ser galega

e galego. Todo ese rango na dignida-de para facer pobo todos os días das

nosas vidas, pois nós temos a no-sa propia concepción do mundo e iso vén de que querermos vivir, e vivimos, noutro mundo – GA-LIZA- ao que se entra coa chave da identidade. Identidade que nos determina como sentir e que se fai palabra de idioma, o galego. Idio-ma pois que todo o conxuga.

Imaxe:Arquivo Fundación Alexandre BóvedaDavid Otero

so, nesta celebración , na referencia po-pular galega, man con man e a forzas compartidas, nesa ilusión, tamén fare-mos visíbel para coñecemento xeral o anuncio público de que en Galiza to-

22 ESPECIAL ALExANDRE BóVEDA

Page 23: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

23cUltUra17 de agosto de 2012

A Mostra botou a andar no 88 da vontade dun grupo de amantes do teatro, entre eles, Artur Trillo: Talía era daquela unha compañía afeccionada, e naquel verán decidiu facer un pequeno festival para estrearen espectáculo e, ao tempo, dar a coñecer outros que se estaban a fa-cer. “Nunca deixamos de programar tea-tro afeccionado na mostra”, conta Artur Trillo, “para non esquecermos as nosas orixes. Tentamos que fose un escaparate do que se estaba a facer, no ámbito pro-fesional e no amateur”. Nacera sen de-masiada vocación de continuidade, mais continuou, mesmo contou cun grupo de teatro infantil, de rapaces de 11 ou 12 anos, que se foron sumando a Talía. Aos poucos, a compañía foise consolidando na súa profesionalización, até a actuali-dade: recorren á diversidade de forma-tos (grandes e pequenos, e tamén para grandes e pequenos públicos) no seu repertorio, e levan varios premios María Casares e Max na súa andaina.

Con todo, a Mostra é outra cousa: se-guía a ser froito da vontade dun grupo de xente, malia se converter no gran-de evento cultural do verán na Costa da Morte. Mais o grupo de persoas que a mantiña en funcionamento chegou a se extenuar, despois de anos batallan-do coas administracións, responden-do con cartos do seu peto e agardando por promesas que nunca chegaron a se cumprir: “xa o ano pasado, valoramos que seguir con isto era imposíbel”. As exixencias da AGADIC para subvencio-naren os festivais non son asumíbeis por unha asociación sen ánimo de lucro: un gasto de 50.000 euros, 15.000 deles en contratación. Explica Artur: “non pode ser o mesmo o que se nos pide como empresa de teatro (se te dedicas profe-sionalmente, tes que ter un plan de ne-gocio, prever ter que pedir un crédito ou ter que agardar a que che ingresen a subvención), que o que se exixe para un festival de teatro que se fai de forma totalmente desinteresada: a administra-ción debe observar o carácter non em-presarial, estás ofertando un servizo, un ben social e cultural do que a adminis-tración é responsábel. Están acabando con todo ese tipo de iniciativas das aso-ciacións sen ánimo de lucro. Son reali-dades distintas”.

Por outra banda, a Casa da Cultura ceense segue a ser, como se adoita di-cir, “a obra do Escorial”: desde que se ini-ciou o proxecto no 98, a Mostra houbo restrinxirse ao salón de actos do Con-cello, con moito menor aforo. “Levaba-mos anos agardando a que se inaugu-

Ter que baixar a persianaO cartel da 25 Mostra de Teatro de Cee ofrece unha radiografía do estado das cousas nas artes escénicas. É botar o fecho a única saída?

Imaxe: SGLara Rozados

rase, a ver se iso servía como revulsivo. Contabamos coa súa apertura para esta 25ª edición”, e aínda que o investimento para abrila sería mínimo, “ningunha ad-ministración parece ter como prioridade acabar coa casa. Se chega, vai chegar tarde para nós”. Ningunha das razóns por si soa xustifica a decisión de Talía, son todas á vez “as que non nos deixan ver un horizonte”.

Finalmente, a Mostra terá lugar do 23 ao 26 de agosto, financiada con 5.000 euros de Ferroatlántica e outros tan-tos do novo Concello (o alcalde ante-rior, destituído despois dunha moción de censura, prometéralles 3.000 euros que non chegaron a ver). Xa en xuño, Ta-lía Teatro anunciou nun correo convo-cando ás compañías que esta 25ª Mostra sería “de circunstancias”. A resposta das compañías foi “máis que boa”, ao sabe-ren que podía ser a derradeira Mostra, ofrecéndose a participar “incluso polos gastos”, moitas delas: “o programa deste ano é un programa de mínimos, mais que se mantén grazas ás compañías. Preferi-mos facer unha mostra como esta, nada pretenciosa, pequena, humilde, e que o público estea connosco cando botemos o fecho”. Trillo salienta a estrea de Carra-chanacacha, e polo demais, predomina o pequeno formato: contacontos, es-pectáculos de rúa e cunha soa persoa... Teatro “de batalla”. “Gustaríanos maior

Tarefa de titáns

Rexina VegaEscritora

O noso panorama lite-rario é hoxe en día di-verso e vizoso; pero quizais sexa por iso, polo número eleva-

do de obras dignas de publica-ción, polo que se percibe unha certa sensación de abafamento. Semella como se o noso siste-ma non fose quen de dixerir ca-balmente as obras que nacen no seu seo. As pouquísimas canles “clásicas” non son abondas para transmitir con xusteza todo o que se produce. Nese sentido resul-ta moi reveladora a opinión dos profesionais da escrita que Ar-mando Requeixo recolle no seu blog Criticalia. Se alguén se toma a molestia de ler os testemuños decataráse de que as queixas son unánimes. A maioría dos escri-tores galegos teñen a sensación de pertencer a un pequeño gue-to, a unha comunidade mínima e case invisible. Eu, sinceramen-te, coido que algo máis se pode-ría facer na difusión dos autores. Tendo en conta que a institución semella choída na súa liturxia ne-crófila, non lle queda máis reme-dio ás editoras que seren elas as que pelexen nichos de mercado con máis afouteza, con máis pro-fesionalidade. Sei que, tal e co-mo están as cousas, esta é tarefa de titáns, pero outra non queda: competir buscando a máxima vi-sibilidade do produto, da autora ou do autor, pactar coa socieda-de do espectáculo mediático, coa imaxe repetida ata a canseira, co coidado e o mimo. Estas estra-texias, que hoxe en día só se apli-can a uns poucos, deberían che-gar a outros autores que, malia non entrar nas coordenadas das grandes vendas, si teñen posibili-dade de ampliar o seu lectorado. As redes sociais aparecen neste sentido como unha nova ferra-menta que axuda a corrixir moitas das eivas que coutan o camiño. A voz dos lectores, convertidos en eficaces axentes de propaganda, pode axudar, estáo xa a facer, a corrixir as perversións do siste-ma, a homoxeneidade no gusto literario, a prevalencia desmesu-rada dos premios, a simplicida-de da crítica… Unha nova vía con futuro.

op

inió

npluralidade de formatos e xéneros, mais non se puido escoller. A mostra case se pode dicir que se fixo soa”.

industria cultural?Sobrevivir dedicándose ao teatro é ca-se un milagre: cada vez menos conce-llos programan teatro, e os que o fan, contratan funcións por 1.000 euros a compañías que teñen que afrontar o IVE, pagaren @s profesionais segundo con-venio, material técnico, transporte, etc... A AGADIC vai eliminando circuítos (co-mo os Camiños de Cultura) e pode tar-dar de seis meses a un ano en pagaren as subvencións á produción (mentres obriga a xustificaren facturas inxentes). Nin os espectáculos teñen unha distri-bución sinxela, nin é doado producir outros novos.

Cal é a saída? Trillo amósase esperan-zado: “Eu penso que a clave é resituar-se, con perspectiva. Non sabemos se dentro dun ano haberá certas melloras sociais ou non. Mais o que está claro é que público vai haber, e vai demandar espectáculos teatrais. A cuestión é que a actividade teatral non sexa esporádi-ca, clandestina, desorganizada: habe-rá programacións regulares que terán o seu público. Está claro que non van ser as “vacas gordas” do pasado, mais o público foi o que sostivo o teatro nos últimos séculos e vai seguir aí”.

Cartel da Mostra de Cee.

Page 24: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

A verdadeira historia de CarapuchiñaA traxectoria poética de Emma Pedreira, comezada nos últimos anos do século XX e que a día de hoxe acumula perto dunha de-cena de títulos, é unha das máis destacábeis na poesía galega con-temporánea. A autora, a quen o xogo das xeracións sitúa no cam-po da poesía dos noventa, soubo crear unha voz cun timbre per-soal e particular, recoñecíbel en cada nova obra sen que iso lle impedise afondar en cada unha delas unha pescuda concreta e innovadora.

O Libro das Mentiras non de-frauda esa expectativa, das súas páxinas saltan esas imaxes ca-racterizadas pola forza e a cor tan queridas á autora, e nos seus versos percibimos como o corpo segue a ter un protagonismo es-pecial, encarnando un papel que combina a reivindicación de xé-nero e o erotismo menos com-pracente. Pola súa banda, a pes-cuda particular desta obra atinxe ao universo no que está inscrita, un escenario que nos remite aos contos clásicos.

Os contos infantís representan unha peza fundamental da cultura occidental. A súa marxinalidade, como obras para un público aínda non formado, axudou a que ocul-tasen unha parte importante dos seus discursos, ensinanzas sutís que contribuían, en moitos casos, a fixar unha determinada distribu-ción do mundo e dos seus pode-res nas mentes das persoas que un día os exercerían ou sufrirían, reproducindo eses papeis apren-didos como se fosen algo natural.

CRÍTICA LITERARIA

O Libro das mentiras

Emma Pedreira

Espiral Maior, 2012

56 páxinas

12 euros

En agosto de 2011 saía á luz “Baile de Soños”, o primeiro disco de Cir-cio, síntese musical dun espectáculo interdisciplinar que combina teatro, danza e música. O orixinal Serxio Cobos (director musical) e o resto do equipo amosan un xeito diferente de entendermos a reelaboración da música tradicional: cun poso clásico que non falta (especialmente acu-sado en Laura Puga e Alba Malvi-do, violín e clarinete) e, sobre todo, unha perfecta simbiose entre estes músicos, os bailaríns e a propia es-cenografía, moi lograda.

A pesar de certas carencias na par-te técnica sonora do disco, enxér-ganse uns arranxos moi coidados e con moito gusto, produto da cor dos instrumentos que compoñen a for-mación, do bo facer dos executan-tes (no que destaco especialmente a Cristina Sánchez, un asombroso descubrimento das novas voces ga-legas) e, sobre todo, do concepto fantasioso sobre o que se sostén este proxecto. Solo resta dicir que é un disco moi recomendábel, así como os seus directos e, en especial, a súa simpática “Bluesñeira”.

“Quen non soñou con bailar…? Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños… non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…”. Olga Brañas

pretando o mito para dinamitar os seus valores máis rancios (le-vo pistola aquí, dirá a Carrapuchi-ña fin de siècle nun dos poemas, rompendo dun só golpe a imaxe da meniña indefensa vítima dos lobos). Algunhas destas autoras aparecerán tamén nos múltiples paratextos do libro, acompañadas ás veces de referencias a fontes clásicas dos relatos, creando un efectivo contrapunto que tamén se procura en moitos dos poe-mas, que a pares nos presentan a mesma protagonista en dúas si-tuacións diferentes.

Así, atoparemos á Bela durminte tecendo na India un sari infinito, á Cinsenta fregando portais (...to-dos os solos/ de todas as madras-tas) ou á Sereíña limpando peixe nunha conserveira. A autora em-prega un recurso habitual na súa escrita, facendo que o eu lírico encarne outras personaxes e fale pola súa boca, percorrendo, co-mo nun xogo de disfraces, a voz de moitas das protagonistas dos contos e tamén o dalgún secun-dario que se revela como insos-peitado antagonista (o príncipe que busca o punto exacto entre as costelas/ onde insertarei/ lin-gua,/ dedo/ ou puñal/ cando xa non te queira nin para raíña). Po-ñen punto final ao xogo os últi-mos poemas: Rapunzque. Emma Pedreira leva máis dunha déca-da subindo con determinación na poesía galega, a pesar de que xa sabemos que en Europa,/ todas as nenas/ levamos un 36 que nos manca/ (dalgunha maneira). mario Regueira

Un caso particularmente flagrante no que funcionou esa ideoloxía oculta foi no relativo á cuestión de xénero, practicando unha asignación de ro-les na ríxida dicotomía heroe/prin-cesa que aínda hoxe segue vixente nas súas adaptacións contemporá-neas, como resulta doado colixir an-te a maior parte das versións feitas por Disney.

O Libro das mentiras efectúa unha revisitación sobre os contos clásicos á luz da contemporaneidade e tamén da consciencia social e de xénero. O seu percorrido sinala as historias ocultas das súas personaxes, enfó-caas con outra luz e únese así á liña doutras autoras feministas e os múl-tiples intentos de escribir a verdadei-ra historia de Carapuchiña, reinter-

24 cUltUra CRíTICA

Baile de soños

Circio

inquedanzas sonoras, 2011

CD

CRÍTICA DE TEATRO

Estamos no tempo (histórico e estacio-nal) en que as artes escénicas volven ás rúas, fanas súas. Hai artistas que coñe-cen o terreo, e saben como funcionar nel. Peter Punk (ou Isaac Rodríguez) é un dos nenos perdidos, chegado do país de Nunca Máis. Esa resistencia a cre-cer converteuno nun dos clowns refe-renciais do país, en pallaso vocacional: irreverente, arriscado e rebuldeiro. Co espectáculo que leva o seu nome arra-sou na Alameda compostelá, no mar-co do programa “Verán na rúa” (nun día que de verán tiña ben pouco, coa choiva ameazando). Así e todo, meteu o público de todas as idades no peto: Peter Punk despregou todos os recur-sos que saían da súa maleta máxica ao longo dunha hora, capturou a aten-ción de nen@s e maiores, espertando a súa participación seguido, e, sobre

17 de agosto de 2012

Peter Punk.

todo, fixo rir. Ten unha impresionante habilidade pa-

ra xogar con lume, quer facendo malaba-res con fachos prendidos por riba de tres cativ@s deitad@s no chan, quer dicindo unhas poucas verdades sen se reprimir. Polo medio dos malabares, con bólas ou mazas, dos agasallos de globoflexia que lles fixo ás crianzas que o axudaron (que estaban entregadas ao seu papel), dos trucos con lume, e do tradicional “tartazo” na cara, lembrou Palestina, dos incendios forestais e das responsabili-dades políticas. E non é doado chegar a todos os públicos e facelos rir, e menos na Compostela de agosto, ateigada de turistas. Mais Peter Punk recréase no es-pírito circense do “máis difícil aínda”, po-ñéndose retos “chungo, chungo, chungo que te cagas”, superándoos con xeito, e facendo do oficio de pallaso unha pro-fesión ben digna.Lara Rozados

CRÍTICA DE músICA

Page 25: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Portugal parando em livros

O universo muda. A galáxia editorial também, com os pequenos e antigos pla-netas que vendem livros. Alguns conservam órbita,

muitos não, outros só agrupados em sistema–a rede Bertrand, as FNAC. Nem pior nem melhor, diferente. Podemos ter saudades daquelas livrarias atendi-das por pessoas que sabiam de livros (agora mal sabem) e guardavam tudo o que um podia pedir e mais. Eu tenho. Muitas daquelas onde repartia o Mono da Tinta nos anos 90 em Portugal já não existem porque as coisas mudam. Hoje vendem-se livros nos centros comer-ciais, estações dos correios, supermer-cados. Quase sempre os mesmos títu-los. Rotação rápida porque se publica muito, em 2010 Portugal bateu recor-de de atribuição de códigos ISBN, mais de 17 mil, correspondentes a cerca de 14 mil títulos. Quase o triplo de 95, se-gundo o Observatório das Atividades Culturais. Cresce o setor editorial. O número de empresas ligadas cresce. Incide no mercado o comércio web. E ao mesmo tempo o número de livrarias baixa, 647 registava Portugal em 2004, 636 em 2008, 590 em 2009. No inte-rior do país até ficam distritos em bran-co. Ninguém se admire, vítimas como

A Palavra Perduda há em toda a parte, na Inglaterra e nos Estados Unidos fo-ram encerradas centenas nos últimos tempos, até a cadeia Borders, mais de dez mil trabalhadores ao desemprego. E nem as grandes superfícies perseguem ou atacam os livros, trata-se apenas de adaptação à mudança. A FNAC revolu-cionou o mercado livreiro português na altura: folhear e até ler no local sem obrigação de compra, promover diver-sidade cultural, facilitar eventos nas lo-jas (mesmo reintegratas de Galiza em Trânsito passamos), editar um O Prazer da Leitura anual, ter um prémio No-vos Talentos. Não vale a pena preten-der culpados. Aceite-se a mutação do universo. Aproveitem-se os planetinhas que ficam, se disso se gosta.

Estamos no meio de Agosto (cheios de esperança) e sendo ainda possível um salto do outro lado do rio, como dizia no outro dia, pode calhar algu-ma paragem livratária especialmente nalgum desses pontos tradicionais de venda de livros –talvez agora com o tempo contado. Clama-me tentar a lis-ta de cadáveres para deter-se em ho-menagem (no 29 de Fevereiro fechou a Portugal na Rua do Carmo, estandarte no Chiado por 70 anos, que chegara a ter meia centena de trabalhadores, e

pela Bulhosa Livreiros e integrada na sua rede, mas conserva a sua identida-de inclusive dentro do grupo. Rarida-de ainda no Porto: Poetria, só poesia e teatro, ousadia fundada por Dina Silva em 2003, salvada em 2006 pelo 'movi-mento popular', em risco sempre, mas desdobrada em múltiplas sessões e ati-vidades. E se te perdes em Cascais, on-de em 72 não existiam (a sério) livrarias, podes hoje encontrar uma que resiste desde então (e nela gostam e sabem de livros), a Galileu –se for sábado à tarde até pode andar o Lobo Antunes por lá. E se chegares até Sines tens A das Artes, generalista, única indepen-dente em todo o litoral alentejano, com o antigo atendimento personalizado e periódicas atividades com escritores e artistas, contornando dificuldades e re-vigorando-se nas férias, o festival Músi-cas do Mundo de Julho em auxílio. Ler Devagar (mais de 60 mil produtos, en-tre livros, postais, música, hoje sediada em Alcântara) e Pó dos Livros (Prémio melhor Livraria Independente da Ler/Booktailors em 2008) se pisas a capi-tal lisboeta. E se calcas a da Madeira, Livraria Esperança, num velho palacete do Funchal com 1200 m2 e mais de mil obras ao alcance da vista... (que a espe-rança seja o último a perder-se)

Do outro lado do rioCarlos Quiroga

Cinema policial de altura clásicaEste último filme de Michael Mann é algo máis que unha das mellores no-vidades en formato Blu-ray. Probable-mente a culminación estética, e isto quere dicir o todo artístico, dun dos máis relevantes directores da indus-tria cinematográfica norteamerica-na. Emocionante, intensa, dramática até o romanticismo. Unha narración de máis de dúas horas que non decae en ningún momento. Unha mestura estilística do clasicismo de Eastwood e a luminosidade dogma de Lars Von Trier. Deste imposíbel xorde unha ci-ma cinematográfica, futuríbel e refe-rente das vindeiras décadas. Ninguén antes texturara de presente un relato de alento épico, utilizando a parte iguais o cinema dixital e o 35 mm.

Despois de pasar oito anos e medio no cárcere por asaltar a famosa tenda de Frank Morgan e aprender alí dentro a técnica de roubos de bancos Baron Lamm, Jonh Dillinger sae en liberdade provisional. Inmediatamente rouba un banco en Ohio e é detido. Catro días

Public Enemies

Director: Michael Mann. Guión: Ronan

Bennett, Michael Mann, Ann Biderman

Intérpretes: Johnny Deep, Christian Bale,

Channing Tatum, Marion Cotillard.

estados unidos, 2009

Drama, 140 min.

CRÍTICA DE CINEmA

despois é liberado por uns amigos ves-tidos con uniforme de xendarme que, á súa vez, viñan de fuxir do penal de Indiana. Este é o episodio inicial, aquí toma o director a historia do gángs-ter para a contar con inusual e lineal fidelidade.

Dillinger e as súas bandas rouban bancos en tempo récord. Un cada dúas semanas, con limpeza, case sempre sen vítimas (en toda a súa curta vida só matou un home, un policía). Nun-ca desvalixa os clientes e preocúpase polo seu benestar durante os atracos. Corren os tempos da Grande Depre-sión de 1929. Só en Chicago pecharon 144 bancos. Os traballadores perderon os aforros de toda unha vida. A xen-te aborrece os banqueiros e a policía. Dilliger só atenta contra eles. Un tipo con clase e sentido do humor. Viril e atractivo gábase de que só o café lle quita o sono. A prensa enumera as súas andanzas, que ao pouco son fazañas. As súas repetidas fugas deixan en evi-dencia á autoridade. Convértese nun-

o obituário podia dar para várias cró-nicas: Trama e Byblos em Lisboa, Lo-ja 107 nas Caldas, Navio de Espelhos em Aveiro, Pax e Gualdino em Braga, a Buchholz e a Barata safam adquiridas pelo grupo Leya, Sá da Costa salvada pelos trabalhadores, etc), até porque a alguns desses nomes associo deter-minado encontro, consignação, com-pra, mas a ti não te daria jeito nenhum –e estás a tempo de ter as tuas pró-prias saudades. Assim que se passas por Braga não dispenses a 100ª Página, ao pé da praça central com estaciona-mento subterrâneo, numa casa barro-ca do século XVIII, e toma um café no seu pátio interior com esplanada. Po-des pedir, confiante, algum título mais antigo que já não serás capaz de achar na FNAC ou noutra grande superfície. Tem um catálogo generalista e especial atenção ao infantojuvenil, com sala só para o género (100topeia), e Ciências Sociais com muita Filosofia. As 3 sócias que lançaram o projeto em 99 conse-guiram montar em volta também uma entidade cultural e não é raro encon-trar eventos lá.

No Porto a Leitura é um clássico que já nos abastecia no tempo de estudan-tes e continua tendo um papel ativo na vida cultural portuense –foi comprada

aínda mellor con J. Deep, soberbio. A única queixa do filme é que Christian Bale non está á altura: confunde inex-presividade con hieratismo. A muller da que se namora Dillinger, Marion Co-tillard (único Óscar feminino á mellor interpretación nunha película francesa) convence e emociona. Quen sabe se Mann (que aprendeu o oficio en rom-pedoras series televisivas dos setenta e oitenta: Starsky e Hutch, Corrupción en Miami), xa con 66 anos, pode aín-da depararnos pratos igual de exqui-sitos. Por que non? Aí están Eastwo-od e Lumet.

Atención á secuencia final. Hai ne-la as mesmas doses de maxia técnica que na xa mítica coa que O. Wells in-augura Sede de mal. A cinta abando-na o ton policial e vólvese negra. Do mellor da historia da sétima arte. Cine Biograph: Depp, inmenso, deixa que o seu personaxe se meta na pel de C. Gable en El enemigo público número uno (Manhattan Melodrama), de W.S. Van Dike. A saída, Purvis (Bale) terma d cigarro entre os dentes e ten unha caixa de mistos na man. Estreábanse dúas películas na cidade, e a policía sabía que J. Dillinger non ía ir ver a de Shirley Temple. J. Carou

ha icona. Namórase. Ama como vive, intensamente. Gústalle o luxo. Vai ao cinema. Comete un erro: cruza a outro estado nun Ford roubado a un sheriff e pon ao recentemente creado FBI tras el. Novos métodos: policía científica, torturas, liberdade para loitar contra o sindicato do crime en todo o país.

Michael Mann retoma o duelo entre o policía e o ladrón que xa utilizara con éxito en Heat. A cousa aquí funciona

25cUltUra CRíTICA17 de agosto de 2012

Page 26: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

Choumín, un gaiteiro emblemático da terra de Viveiro

Emilio Xosé ÍnsuaEscritor e investigador

O tipo costumista do gaitei-ro converteuse xa na eta-pa precursora do Rexur-dimento galego do século XIX, sobre todo a partir do

artigo “El gaitero gallego” do provincia-lista Neira de Mosquera para a entón moi prestixiosa colección Los españo-les pintados por sí mismos, nunha refe-rencia iconográfica, literaria e simbólica de máxima relevancia á hora de reivin-dicar a especificidade e beleza da cul-tura galega, esencialmente popular

A gaita gallega, titulou o xuíz e escritor pontevedrés Xoán Manuel Pintos a súa emblemática obra, editada en 1853, na que un gaiteiro galego tentaba ensinar a un rapaz tamborileiro os segredos gra-maticais, as fontes etimolóxicas e a dura peripecia histórica e sociolóxica a que se fora vendo sometido o idioma gale-go despois do seu esplendor medieval. O “repoludo gaiteiro / de pano sedán vestido, / como un príncipe cumprido, / cariñoso e falangueiro” da Rosalía dos Cantares Gallegos (1863), que entraba polas vilas “con aquel de señorío”, so-ñaba con enganar as mozas que por el reloucaban… En 1877, “O gueiteiro de Penalta” de Curros Enríquez e “O gaiteiro de Paizás” de Valentín Lamas Carvajal contenderon en boa lide polo máximo galardón do Certame Literario de Ourense, que levou finalmente o ce-lanovés… E polo gaiteiro chamaría, así mesmo, o vello labrego noutrora vítima dos abusos señoriais no célebre poe-ma dun combativo Ramón Cabanillas

tecer social festeiro do Norte lugués da segunda metade do século XIX e pri-meiros anos do XX, de maneira que, en atinadas palabras de Ramón Canosa, o seu nome ou alcume “llenó con su simpatía durante medio siglo todo el ámbito comarcal” e pode considerarse, nese senso, con permiso da posterior saga dos Peperranda, o gaiteiro “más popular y enxebre que jamás existió en la comarca vivariense”.

Tal era o entusiasmo admirativo que espertaba o noso gaiteiro, que o erudito e potentado indiano José Mª Riguera Montero obsequiouno cunha magní-fica gaita, “por juzgarlo”, di a nota que ao respecto publicou o diario lugués El Regional (29.5.1895), nada máis e nada menos que “el príncipe de los gaiteros gallegos”. O propio Canosa achegou o retrato cabal do noso protagonista nestes termos:

“Por su traza física y ciertos contor-nos psicológicos, tío Choumín seme-jaba un personaje barojiano escapado

de las páginas de Vidas sombrías. Era un gaitero apretado y tosco, que pa-recía hecho de barro, como aquellos gaiteros policromados que los niños colocábamos en los Nacimientos ga-llegos detrás de los Reyes Magos para que su música les hiciera menos penosa la ruta de Oriente. Bajito, rechoncho, recio, con patillas montañeras y sota-barba mariñana, por algo era de una aldea próxima al Val de Vicedo que se peina todas las albas con el cristal del Sor. Tenía el labio inferior acanalado de tanto dar asiento a la boquilla para lle-nar de alegría festera el fuelle del ins-trumento, y la mayoría de los dientes le habían desaparecido para no estorbar. Muy trabajado por las troulas aldeanas, dominaba la treta de cobrar de las ra-pazas limosnas de amor (…)”.

Os seus pasarrúas durante as Festas do San Roque e do Carme en Viveiro, as súas marchas procesionais nos Re-medios mindonienses e as súas bri-llantes actuacións en ocasións sinala-das diante de todo tipo de autoridades (tanto eclesiásticas como civís, desde bispos e cóengos do Cabido de Mon-doñedo ata o mesmísimo monarca Al-fonso XIII, en fugaz visita á vila do Lan-drove en 1904), sen esquecermos a súa presenza na inauguración das minas da Silvarosa ou a súa participación en ro-maxes, mallas, bautizos, vodas, enterros de anxeliños, etc., encheron a memoria musical de varias xeracións de persoas de toda caste e condición, que, en xusto pago simbólico a tanta fartura de ledi-

intitulado “Lume no pazo”…En parte polo peso e lóxico influxo

desta tradición literaria e xornalística galega tan extraordinaria e potente, en parte pola sincera e espontánea admi-ración que a súa figura espertaba en-tre todos eles, como vivencia directa e insubstituíbel, serán moitos os escri-tores viveireses da fin do século XIX e dos inicios do século XX que dedicarán a súa atención a un gaiteiro emblemá-tico da Terra de Viveiro dese período: Choumín de Céltigos.

Cómpre dicir, antes de continuar, que non está moi clara a orixe e sentido deste alcume, que tal vez teña a ver co substantivo choumán, que servía para designar certo tipo de embutido ou chourizo pequeno e gordo (tamén chamado chanfaino), polo xeral feito de carne ruín (en alusión á baixa estatura e mirrada complexión física do indivi-duo?); tal vez se relacione co adxec-tivo despectivo chouma, sinónimo de choucho, parvo, pesado, ou, metafo-ricamente, chupado, sen carne; quizais remita para o substantivo chumi, sinó-nimo de trancho, tipo de peixe parecido á sardiña; tal vez, en fin, co substantivo choupín, que designa certo tipo de co-gomelo (téñase presente que o noso gaiteiro adoitaba tocar a súa cabeza con sombreiro “de hongo”)…

Bautizado no século como Juan Gó-mez de Andrade e natural de Negradas (O Vicedo), Chumín ou Choumín de Céltigos (1823-1911) foi un elemento practicamente indispensábel no acon-

26 cUltUra PENSAMENTO 17 de agosto de 2012

1 2 3 4 5 6 7 8

1234567 89

horizontais 1. Artigo determinado. Pequeno mamífero insectí-voro, de patas curtas e fortes uñas coas que escava as galerías en que vive. 2. Corromper, adulterar. 3. Amarraría. Abreviatura de “rúa”. 4. Pronome reflexivo. Río galego. 5. Vento do sueste. Desprazába-se cara a un lugar. 6. Preposición. Antónimo de “baixa”. Cincuenta, en números romanos. 7. Parede común a dúas casas. 8. Poño no seu punto xusto de ton un instrumento musical. Sentimento de pena ou mágoa que produce no espírito o sufrimento de alguén. 9. Vólvoas examinar para comprobar a súa exactitude e corrixir os erros que poidan ter.

Verticais 1. Poemas líricos de ton elevado, sobre calquera asunto. Sentir amor. 2. En plural, nome de número. Nome de letra. 3. Símbolo do tántalo. Do revés, solicíteo, demándeo. 4. Mineral do grupo dos silicatos. 5. Guíaos, asesóraos. 6. Axudan a erguerse. Forma masculina e singular de certo sufixo xentilicio galego. Abreviatura dun punto cardinal. 7. Utensilio composto dun mango e dunha folla con forma rectangular ou arredondada, que serve para recoller algo. Cincocentos un, en números romanos. Acción de ir a un lugar. 8. Castrón en celo.

PAsATEmPOs carlos l. medrano

encrucillado sopa de letras

so

luci

ón

s h

ori

zon

tais

: fo

lgaz

án, g

and

ulo

, nu

gal

lán

. V

ert

icai

s: lo

ub

án. T

ran

sve

rsai

s: p

alan

qu

ín, l

acaz

án, v

ago

.

Sete sinónimos de 'preguiceiro'

solucións (horizontais): 1. Os. Toupa. 2.- Deturpar. 3.- Ataría. R. 4.- Se. Mendo. 5.- Soán. ía. 6.- A. Alta. L. 7.- Medianil. 8.- Afino. Dó. 9.- Repásoas.

Tal era o entusiasmo admirativo que espertaba o noso gaiteiro, que o erudito e potentado indiano José Mª Riguera Montero obsequiouno cunha magnífica gaita

Page 27: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

27cUltUra

cia ou consolo espiritual e de música de radical enxebrismo, contribuíron a fixar e divulgar, asemade, un rico ane-cdotario arredor do músico que logo os cronistas locais Canosa e Chao Es-pina, sobre todo, lograron plasmar con hábil pluma literaria (Cf. "Tío 'Choumín', el mejor gaitero", Historia menuda de un pueblo gallego, Barcelona, 1953 e De Galicia en el pasado siglo XIX, Or-tigueira, 1972, respectivamente).

Dese anecdotario destacan algúns episodios, realmente simpáticos. Así, o seu costume de entrar en Viveiro po-la Ponte e saudar a imaxe do San Ro-que que hai na Porta de Carlos V co toque da “Marcha Real”, en patriótica vinganza contra o santo francés, por non terlle sido avogoso na curación das varices que o gaiteiro padecía… Cabe lembrar aquí a humorística teoría de Travieso Quelle (Jotraque), segundo a cal o santo non tería atendido ese ro-go porque “pudiera ser que el gaitero vivariense, tan dado a las asechanzas hacia las féminas, estuviera en peca-do mortal”…

Tamén deu pé a saborosas anécdotas a súa rabiosa rivalidade co afamado gai-teiro de Ventosela (Xoán Míguez Gon-zález, 1847-1912), a quen descualificaría en mordaces versos de copla (“Vento-sela… Ventosela… / moita chavería na canaveira…”) por empregar chaves de clarinete na gaita para conseguir inter-pretar así os bemoles e sostenidos….

E foi célebre a vez en que indo de noite polo monte de regreso dunha ac-tuación, Choumín foi acosado polos lobos e non se lle ocorreu outra so-lución, para os manter a raia, que ir-lles ceibando as rosquillas bañadas en azucre con que o agasallaran na voda da que viña de tocar… Cando se aca-baron as rosquillas, o noso home, pre-so do medo, tropezou e caeu enriba da gaita, con tan boa sorte que esta, ao estar medio inflada, botou un son de tan tébrego xorne que axotou de vez, disque, a manda de lobos perse-guidores…

De Choumín escribiu Alfredo Gar-cía Dóriga, nunha anotación á marxe do seu coñecido poema “As minas de Viveiro”: “O home, cheo de viño, an-daba pol'as festas de monteira e ga-bán, e, cando tocaba, os pícaros en-chíanño cañuteiro d'a gaita de papés, ou facíanñ'outras xudiadas. Non deixou a gaita hasta que non puido c-os cal-zós. E sempre tocou ben".

Tamén Xoán Plá Zubiri o citou, como refinado intérprete de pezas de baile na romaría do San Roque viveirés, no capítulo sétimo da súa noveliña Des-engano (1926), editada por Lar. Pola súa banda, no seu “Pórtico de una guía sentimental de la ciudad del Landrove”, incluído no Álbum de Vivero de Fermín González Prieto “Lander” (1934), Antón Villar Ponte evocou aquel Viveiro “del menudo y socarrón Chumín, gaiteiro rústico, pergeño de figura de tapiz fla-menco en las romerías de San Roque, que alegró a varias generaciones con sus decires picarescos sembradores de

rubor en las mejillas de las rapazas que atraídas por las notas de la gaita colo-rada, hermana de sus rostros, le hacían siempre coro”.

A devoción do fundador das Irman-dades da Fala pola figura de Choumín foi, en realidade, intensa e duradeira. Sendo aínda un rapaz acabado de li-cenciar en Farmacia, publicou na co-ruñesa Revista Gallega (nº 352, 15 de decembro de 1901) un soneto en hen-decasílabos de rima consonante abra-zada co título de "Tipos de mi tierra: Chumín", que di así:

Vá al peso de los años encorvadoy á la fuerza de humor siempre risueño,encerrando en su cuerpo asaz pequeñoalma grande de artista consumado.

tiene el cutis del rostro sonrosado,en su nariz de corte algo aguileño,y los ojillos pícaros de empeñoque se entregan al guiño continuado.

es la gaita del país, la insuperablecompañera de rústicas orgías,su amiga predilecta y entrañable.

de ella arranca variadas melodías,cuyo son, melancólico, admirable,despierta la nostalgia de otros días.

Tamén deixou manuscrito e inédito Vi-llar Ponte o poema en galego “Choumín”, peza literaria que Teresiña Villar Chao custodiou con amor en vida e que fai parte hoxe do legado Villar Ponte da Bi-

blioteca do Parlamento galego:

o vello tembrequesopraba na gaita,na gaita galega de fol colorado,inflando os carrillos, mentras meneabano longo punteiroas mans xa cansadas.o rostro do vellosupremos esforzos no xesto eispresaba,i-a gaita seguía sin que ni unha notaen ela soara.- meu pai, seique é fortepra vosté isa gaita,un fillo lle dixo.Y-o vello anguriado, doido na yalma:"meu neno, responde, o alento qu'eu botona gaita, non logra, non logra xa impala,qu'é alento de vello tocado da morte,alento de vello que logo se marcha".- non diga isas cousas,mi padre, moi triste o rapaz escrama.e o vello qu'é terquesin soltal-a gaitaabrazado n-ela, pois quérea o mesmoque nai garimosa a un fillo da y-alma,resopra e resopra no fol coloradoi-a gaita ô fin ruxe cal si se queixaracon ars doces, tristes, das forzas perdidasdo vello gaiteiro que tanto a amara- ¡por fin meu filliño,lograrei tocal-a,qu'esta é a despedida! o vello marmula.

e inflando de novo seus roxos carrillosdo peito xa endeble él votall'â gaitao alento que pode, i-a gaita escomenzaa soar moi quediño, rîndo e chorando,con notas moi doces, moi tenras e brandas,tan brandas, tan tenras, tan doces, soaves...qu'o peito cansado do vello ô escoitalas,salaios emite,e os ollos do neno bagullas derraman.

Choumin, que aquel velloasí se chamaba,no val de Viveiro,na linda comarcaque rega o landroveco as suas tranquilas e abundosas augas,de vellos e mozos era conocido,que âs festas de sona el nunca faltaba,pra darlles ledicia cô seu instrumentoa os romeiros todos que a elas chegaran.

inda eu non olvidoa sua cabeza pequena e moi branca;seu xesto de pilloimpreso na cara,onde unhos olliños saltós e pequenosguiñábanse sempre que ôs mozos falaba,contándolles verdes hestorias de amoresdos labres das vellas na aldea escoitadas.¡Quén pode olvidalo,si él era nas festas da miña comarca,nas festas enxebres do val de Viveiro,a nota obrigada!si o seu nome ôs nosos recordos alegresôs nosos recordos mais doces da infancia,con fios de pena, con tristes nostalxiasirá sempre unido,que él desperta lembranzasdos tempos pasadosnas nosas memorias e nas nosas almas!...

17 de agosto de 2012

E aínda no semanario El Vivarien-se (2ª época, nº 18, 14 de agosto de 1906), o autor de A patria do labre-go dedicoulle este breve pero sentido artigo, co que fecharemos esta nosa evocación:

¿Qué hijo de Vivero habrá que, al llegar la romería de San Roque deje de acordarse de Choumín? Ó vice-versa: ¿qué hijo de Vivero al acordar-se de Chumín dejará de pensar en la romería de San Roque?

El viejo gaitero es para nosotros al-go así como una institución tradicio-nal, un verdadero heraldo de infinitos recuerdos.

¿Quién será capaz de pronunciar su extraño nombre, sin sentir en lo más hondo del alma una sensación nos-tálgica quintaesenciada?

Nadie. Porque al que más y al que menos, hace recordarle, por lógica asociación de ideas, aquellas rome-rías pasadas ¡ay! para no volver, en que había disfrutando de su animación y sus encantos algunos seres queridos que hoy ó duermen ya bajo la tierra ese “sueño sin ensueños que se lla-ma eternidad”, ó bregan por el pan amargo y cotidiano á fuerza de tra-bajos allá lejos, muy lejos, del terru-ño nativo, donde tanto impresionan la saudade y la morriña.

Nosotros amamos a Choumín con un amor parecido á aquel que el maes-tro Montaigne sentía por las cosas que fueron presenciales testigos de seña-lados hechos de nuestra vida.

Porque, en efecto, Choumín nos re-cuerda la infancia dichosa, la adoles-cencia feliz, y aún parece que evo-camos al pensar en las dulces notas de su querida gaita, nuestros juegos inocentes y nuestros inocentes pri-meros amores…

Por eso cantamos varias veces en versos humildes, pero sentidos, al viejo gaitero, por el cual sentimos una ad-miración especial, inexplicable: cual si en su tipo picaresco y marullero [sic] estuviese encarnado el espíritu ínti-mo de nuestras romerías y de nues-tras fiestas.

Por eso hace muy bien mi buen ami-go Jesús Barreiro en pretender llevar al monte San Roque el día 16 al sim-pático Chumín, pues, con su presen-cia, ganará en colorido el escenario de la fiesta de tal fecha que también describió Pastor Díaz en su espiritual novelita “Una Cita”.

Chumín hace tomar vida á nuestro pasado. Bien merece, pues, que le de-diquemos estos pobres renglones”.

Gaiteiro Choumín de Céltigos.

Page 28: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

28 cUltUra VIAxES NA MIñA TERRA 17 de agosto de 2012

Nesta entrega cruzamos o país de leste a oeste, dos montes máis elevados á costa máis brava, de Tre-vinca á Costa da Mor-

te, para contarmos, e animarmos, a unha camiñada por unha das rutas máis atractivas da costa galega. Unha ruta longa, con dificultade nalgúns puntos para o que hai que ir cun equipo a xei-to, pero sen grandes atrancos, sempre que se vaia con bo calzado e con pro-tección para afrontar o vento ou o sol. E, no traxecto, gozar das formas e as cores dos cantís do cabo Vilán; e, se

Entre rochas, ondas e vento:Un anaco da Costa da Morte

RuTA CABO VILáN-CAmELLE

Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta)Imaxes: Colectivo XEA

Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes que inspiraron a xente a lle pór nomes : O Caudillo, Os Amantes, O Oso.

Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa.

Na Costa da Morte os protagonistas son as rochas, o vento que sopra case sen descanso e o mar que bate constantemente praias, rochas e cantís. O nome venlle dos numerosos naufraxios que tiveron lugar nela en todos os tempos, debido á perigosidade da zona, con poucos abrigos e abundantes baixos que resultan perigosos para a navegación. Unha gran parte desta costa está protexida no LIC “Costa da Morte”.

hai vento, da forza do mar; da vexeta-ción que, castigada polo vento e o sal, adopta típicas formas de resistencia; de curiosos elementos etnográficos como o foxo do lobo e orixinais formacións produto da xeoloxía e do traballo dos elementos: rochas con nomes propios (o caudillo, o oso, os amantes…), coídos; o cimeterio dos Ingleses; a enseada do trece coa súa praia, o seu sistema dunar do que forma parte a duna cimeira do Monte do Veo, e a mellor poboación de camariñas, unha planta case des-aparecida da costa de Galiza; baixar ao porto de Santa Mariña e desde alí pola

Camariña As dunas e coídos do Trece conservan a principal poboación de Galiza de camariñas (Corema album), unha planta hoxe case desaparecida da costa galega da que tomaron nome algunhas poboacións costeiras (Camariñas, Pobra do Caramiñal...).

beira (non hai camiño só carreiros de pescadores ou rochas) seguirmos até Arou, e de Arou, tamén pola beira (hai camiño asfaltado), rematarmos en Ca-melle para visitarmos o case esquecido museo de Man.

Pódese facer en coche (32 km), pa-rando nos lugares sinalados, coas inevi-tábeis, mais curtas, camiñadas pa-ra achegarse aos puntos de interese. Pódense combinar tramos a pé e en coche para o que convén organizarse e evitar os percorridos de ida e volta por lugares con dificultade. Ou facela totalmente a pé.

Page 29: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

29cUltUra VIAxES NA MIñA TERRA17 de agosto de 2012

RuTA CABO VILáN-CAmELLE

Enseada do Trece: situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten un bo sistema dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa, como as camariñas. Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan gran cantidade de area nas abas próximas á costa formando dunas que gabean polas pendentes e mantéñense nelas grazas á humidade e á fixación das plantas.

Cabo Vilán, un esporón de granito vermello con cantís de até 80 m de altura que chaman a atención pola espectacularidade das súas formas. Foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933. A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sofreu alteracións pouco axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico. Na súa proximidade construíuse o primeiro parque eólico e unha piscifactoría.

Non se pode falar de Camelle sen falar de “Man”, un alemán que se instalou nunha cabana entre as rochas e realizou numerosas esculturas con pedras e outros materiais recolleitos das praias. Despois da súa morte, coincidindo coa marea negra do Prestige, o seu legado queda como un atractivo máis desta costa.

Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterrados os 172 náufragos do Serpent , buque-escola da mariña británica que afundiu nas rochas desta costa.

Page 30: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

30 cUltUra DE DESEñO

Imaxes: SGLola Dopico

O universo táctil de Erva

O universo sensorial por excelencia ven-cellado ao deseño de moda é o que pro-cede do tacto, poderiamos pensar que a vista é o sentido que rexe as nosas decisións mais se tivese que ficar cun só sentido sería, sen dúbida, o tacto.

Entre os nosos dedos as sedas deslizan a memoria da sensualidade e deixamos que o veludo e a la de caxemira agasa-llen mecos no inverno como os osiños de peluxe que afastaban os medos da infancia, agardamos o son rexo do tafetá e procuramos o frescor luminoso do li-ño no verán, nunha confianza sensorial tramada tactilmente. Calquera prenda de roupa que vai pegada á nosa pel to-do o tempo a percibimos e valoramos a través da rede de sensacións que o noso órgano sensitivo máis extenso manda ao sistema nervioso e que transforma-mos nunha memoria sensitiva que nos pertence só a nós.

Fronte a unha prenda que nos resulta fermosa á vista, de forma instintiva, pa-samos a man por ela antes de decidir-mos probala. Queremos saber da súa textura, se nos resulta amábel ou des-acougante, suave ou áspera, acolledora ou abafante. Roupa de cama, vestidos, camisas, sen dúbida a tactilidade dos tecidos é determinante, mais para min existe un obxecto por excelencia onde a miña elección se deixa levar por mo-tivos, fundamentalmente, relativos ao tacto: os bolsos.

Que procuramos nun bolso? Todo, na-turalmente. Temos que poder úsalo en numerosas ocasións e con estilos dife-rentes. Que nos sirva para todos os días e que teña un tamaño axeitado ás nosas necesidades. Así, para o día os escolle-mos máis ben grandes e, claro, como os queremos grandes pois procuramos que non pesen, que sexan lixeiros mais, sobre todo e aínda que non responda a cuestións utilitarias, que sexan suaves, feitos para os acariñar, para provernos dun espazo portátil amábel. O bolso per-mítenos levar parte da casa con nós, é algo seguro ao que agarrarse forte can-do zoa o vento do temporal diario. Un bolso pode ser moito mellor que esas bólas relaxantes para estrullar que sem-pre alguén che agasalla como xeito de dicir que vas de estresada pola vida e comezas a imaxinarte a ti mesma ma-chucando unha bóla azul até chegar a esnaquizala entre as mans antes de en-trares nunha reunión desas que sabes que che van estragar o día e, posibel-mente, a semana.

Mais, un bolso é outra cousa, un bol-so acompáñate, ocupa sen molestar e semella que poderás atopar dentro del o que precises como se fose o de Mary Poppins. Por iso, ten que se poder aca-riñar, suxeitalo entre as mans, ten que

transmitirche suavidade como se che dixese: “tranquila todo vai ben”. A tacti-lidade é a clave, esa suavidade é a sen-sación que gardan os bolsos de Erva. Esta marca é un dos grandes segredos a voces do mellor do deseño de bol-sos en todo o Estado. As súas creado-ras Eva García e Rosa Rial, compostelá e monfortina de orixe ofrécennos dese-ños moi coidados sempre feitos en pel e cun xeito de entenderen o que fan no que a artesanía ten un papel principal. Non de forma casual, manteñen clara a identidade da produción ligada sempre ao seu taller de Barcelona.

As boquillas de metal con pechadura rematada con bólas de madeira conver-téronse nun dos seus sinais de identida-de máis recoñecíbeis desde o achado dunha partida de boquillas de bolsos dos anos 40, que introduciron na súa pri-meira colección presentada na Semana da Moda de Londres do 2000, na que os motivos florais e a pintura manual sobre a pel levounas a acadaren o seu primeiro éxito. Desde entón, até agora, moito foi o camiño percorrido e a súa marca ad-quiriu a solidez que lle dá unha selecta rede comercial na que figuran puntos de venda en todo o mundo, no Estado podemos atopalas en Jean Pierre Bua, Demimonde, en Masscob na Coruña, en París, en Franck et Fils e Onward, en Barneys en New York, nos prestixiosos almacéns Liberty de Londres, o Lloyd’s de Hong Kong Berlín ou en Goldie en Tokio . O mercado asiático e america-no representa máis do 70% da súa pro-dución. É moi significativo o volume de exportación que realizan desde unha marca que continúa a manter a súa di-mensión de pequeno taller, no que a oficina partilla espazo co obradoiro, on-de traballa un equipo dunha ducia de persoas que se encargan de elabora-ren manualmente os bolsos da marca. As peles suaves de Erva, así como o seu deseño , fixeron desta marca unha das preferidas de numerosas personaxes, entre elas Cameron Díaz, Cher, Eva Her-zigova ou as xemelgas Olsen.

Fan bolsos para o día a día sempre en pel de moita calidade mais a un tempo desenfadados, non renuncian ás cores, aos estampados etc... este concepto foi o que lles permitiu facerse un oco no mercado e ser quen de iren construíndo un estilo recoñecíbel nos detalles. Xun-to coas boquillas tan identificábeis que usan, foron engadindo outros elemen-tos icónicos da marca como a reprodu-ción da forma dunha rosa para un dos seus bolsos ou as bomboneiras ríxidas cos seus peches tan característicos. Eva García e Rosa Rial seguen a traballar sen se deixaren levar por mitomanías, facen-do pezas moi fermosas e orientándose sempre pola tactilidade das peles coas que traballan, pezas atemporais e con estilo propio. Sen dúbida, unha magní-fica compaña.

17 de agosto de 2012

Page 31: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

31cUltUra OkAPI NO COUREL

As cartas galegas de Strogoff

De Moscova a Irkutsk, capital de Siberia, van 5.500 quilómetros que Miguel Stro-goff ten que atravesar para entregar un-ha mensaxe secreta ao Gran Duque. As cartas que, nesta ocasión, leva o correo do tsar van escritas en galego.

Con ilustración de Calros Silvar e tra-dución de Ánxela Gracián, a chegada do correo máis famoso da literatura ao ga-lego tórnase unha viaxe de luxo. O título vén a se sumar ás traducións da obra de Jules Verne que hai na nosa lingua, en-tre eles, a propia A illa misteriosa que lle valeu á propia Ánxela Gracián o premio Plácido Castro de tradución.

“Trátase dunha obra do ciclo das viaxes extraordinarias nos que Verne se anticipa á novela de ciencia ficción” di Gracián, encantada de se ter metido, de novo, no mundo de aventuras de Verne. “Es-tamos diante dunha novela de todos os tempos, que conta a grande viaxe de Strogoff”

A tradutora afonda por segunda vez na imaxinación de Verne e amósase se-ducida pola súa escrita. Destaca a von-tade aventureira do escritor, a que o le-vou a se afastar do bufete de avogado que lle tiña reservado seu pai, como bo herdeiro, para asinar un contrato que o obrigaba a escribir entre catro e cinco novelas ao ano e, ao que é máis difícil aínda, a conseguir persoas que ficasen fascinadas coas súas novelas publicadas por entregas. “Descobre a fórmula da novela de aventuras e tamén introduce a tensión que atrapa aos lectores ao tex-to aos que anima a ler até o fin” explica Gracián, quen non por iso foxe de facer unha lectura desde o século XX, desve-lando a ideoloxía e a maneira de ver o mundo do seu tempo. Desta maneira, Nadia, a personaxe feminina, asis-te pasiva ás decisións que toma Strogoff,. No panorama hu-mano de Strogoff, hai do-us personaxes máis nos que repararen de ma-neira especial, un xornalista inglés e outro fran-cés que son reporteiros de guerra creados á

Ilustracións de Calros SilvarCarme Vidal

vontade do propio Verne, nos que o escritor pousa a súa maneira com-prometida e auténtica de se enfron-tar á aventura.

Strogoff é, ao seu ver, un heroe construído con valores éticos que ofrece o mellor de Verne, unha per-sonaxe sólida e unha viaxe apaixonan-te. A paisaxe aparece con voz propia, soberbia no relato e un reto nas mans da tradutora que se ten que achegar aos ricos campos semánticos da na-tureza, un traballo de investigación laborioso co que Gracián se amosa encantada.

Especialista en literatura infantil e xuvenil e tradutora, para Ánxela Gra-cián ter a Jules Verne -como a Ste-veson ou a Salgari- na nosa lingua é un paso adiante na normalización do galego nas idades novas. O que cóm-pre agora é consolidarmos lectores e

conseguirmos que a rapazada, co convite dos docentes e fa-milia, se incline a escoller o libro en galego. Tamén, con ese fin, Baia fai nesta colección un es-forzo editorial, coidando a ca-lidade da edición, a tradución e a ilustración, desta volta a car-go do debuxante Carlos Silvar que nos achega a Strogoff con expresividade e misterio.

“Os libros de aventuras abren as portas á imaxinación e son os que mellor funcionan na etapa preadolescente, cunha literatura que tamén é evasión” explica Ánxela Gracián. Can-da Strogoff, en galego temos a tradución de Valentín Arias de Viaxe ao centro da terra e A vol-

ta ao mundo en 80 días (Xerais) ou mes-mo a versión na nosa lingua que Antonio e Llerena Perozo fan de Vinte mil leguas baixo dos mares, un dos libros de mellor sorte editorial na nosa terra xa que o cé-

lebre Nautilos recala na enseada de Rande. Para persoas lectoras máis

novas, A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo

dos mares (Baia) póden-se atopar tamén en for-

mato de álbum ilus-trado. Boa opción

para emprende-ren neste verán

as marabillosas viaxes de Ju-les Verne.

17 de agosto de 2012

Page 32: Novas reformas, vellas fraudes - Sermos Galiza - Diario … de portada 3 Un parlamento amordazado A oposición considera que o 'pucheirazo' que procura Feijóo sería o colofón a

música

Consello de Administración Teresa Moure, Nemésio Barxa, Paula Castro, xoán Colazo, xoán Costa, Pura Ferreño, Isabelle kerdudo, Rubén Camilo Lois, Manuel Mera, Francisco Miranda, Néstor Rego, Marga Romero, Olalla Rodil e xurxo Souto.Deseño e maquetación Ángela Costas e María Sabarís.

Enderezo Rúa do Preguntoiro, 9 1º Santiago de Compostela.Correo-e [email protected] Teléfono 981 51 91 02Edita Sermos Galiza S.A. Depósito legal C 955-2012www.sermosgaliza.com Twitter @SermosGaliza facebook sermosgaliza

"coa fusión quero contribuír a vencer o illamento da música palestiniana"

Imaxe: SGCarme Vidal

Najla Shami.

Najla Shami

De Najla Shami sorprende, xa nun primei-ro momento, a súa maneira de se chamar. Non se trata dun nome artístico senón que é o que lle puxeron ao nacer a unha das voces máis sólidas da música gale-ga. En distintas parcerías -como ela gos-ta dicir- ou na preparación do que será o seu primeiro traballo en solitario, Najla vai conquistando novos espazos para a súa aposta pola fusión. Nesa mestura de sons aparece cada vez con máis forza a música árabe, a orixe que explica o seu nome. É a súa contribución para liberar do illamento a música do pobo de seu pai palestiniano.

témola visto en Lobalu ou con Safari Or-questra, cal das dúas é a máis najla? Pois agora mesmo ando nun proxecto aínda máis persoal, de autoría propia. Levo máis de quince anos dedicándome pro-fesionalmente á música e fun recibindo influencias de toda parte que tardaron en confluír. Agora estou a elaborar te-mas propios, influenciados pola música brasileira, portuguesa e galega. Atópo-me ben cantando acompañada pola mi-ña guitarra, cunha proposta máis íntima, máis directa e tamén máis independen-te. Fago de todas as maneiras, parcería con Xurxo Novo -que tamén é autor de letras- e Sergio Tannus.

os tempos non veñen moi da man para a cultura, nota a crise?A situación é moi dura para todo o mun-do. Eu sempre digo que levo quince anos en crise mais a música galega é preciso que amplíe o mercado. Temos un mer-cado pequeno e non estamos a acceder

experiencias. Teño moita afinidade con Emilio, alma de Safari, e seguro que poden saír novos proxectos nun futuro próximo. En Ben Deitei algúns temas xa estaban creados mais coido que lle puxen o meu selo particular.

a canción galega ten neste momento voz de muller?No canto e na composición é unha eta-pa en que a muller ten moito que dicir. Estamos a reconquistar o terreo que nos pertence e construíndo un mundo dife-rente tamén na música, á que nós ache-gamos desde outra sensibilidade.

Vostede canta a rosalía, unha poeta que pasou xa por todos os ritmos. tan musi-cal é a súa obra?Para min, en Rosalía o relevante neste sentido é a modernidade que ela ten. Fa-la de emocións e iso non é caduco, non son unha moda, é o interior e, ao tempo, o que nos une. Dá igual que suceda hai

tempo ou agora mesmo. Rosalía para min é paradigma dese sentir. A súa maneira de escribir adáptase á modernidade da música, ao rap ou á fusión.

Fala vostede de influencia da música ga-lega, brasileira mais tamén árabe. como recibe a súa faceta creativa ao ser filla dun palestiniano?Crieime aquí, lonxe de Palestina, mais sei que a música árabe forma parte da miña orixe e é un terreo que teño que explorar. Os meus ollos ábrense cara á mestura e a fusión e nese proceso tamén atopo a cultura árabe. Toda a miña familia emi-grou e están por varios lugares do mundo e meu pai deixou de falar o idioma para se adaptar mellor mais, de calquera xeito, a cultura árabe vai chegando aínda que pouco a pouco. O proceso de recupera-ción que tanto desexo está latente, sén-tese dentro e vaise facer notar.

como vive desde compostela a loita do pobo palestiniano?Tento apoiar e facer visíbeis as inxustizas. A súa loita non me é indiferente, todo o contrario. O meu sangue ferve só, estou feita da mesma madeira e o que podo é contribuír a normalizar a cultura, que é o ámbito en que me movo. A cultura palestiniana está sendo illada, non ten normalidade e iso impide que se fusione con outras culturas. Nese sentido, o que eu tento é erguer esa barreira, levar cara á adiante ese proceso evolutivo e facer que a música árabe se fusione coa ga-lega ou co jazz, como acontecería se o pobo palestiniano non estivese a pasar por ese bloqueo cultural. Fago iso des-de aquí, desde fóra mais teño na cabeza tantos artistas árabes que procuran rom-per eses muros pondo, ás veces, mesmo en perigo as súas vidas.

a outros. Podemos entrar no mercado lusófono con facilidade mais tampouco se está a apostar por iso. Se a música do Brasil se pode exportar, e se escoita en calquera parte do mundo, tamén a nosa pode facelo. O panorama musical gale-go ten propostas de gran calidade artís-tica e hai que confiar nesa potencialida-de, na riqueza da nosa música para ser exportada.

Que balance tira de Lobalu, o dúo co que publicou Haikus?Foron oito anos compartidos con Héc-tor Lorenzo de moita intensidade da que saiu ese disco. Comezamos tocando ja-zz, pop-rock e outros ritmos con trazos propios. É un proxecto do que teño moi boa experiencia.

con Safari Orquestra naceu Ben Deitei con rexistros moi diferentes. Tratábase dun campo que non tiña moi explorado mais que axudou a sumar