nova narrativa galega

11
A NOVA NARRATIVA GALEGA

Upload: laurafernanlopez

Post on 12-Apr-2017

44 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nova narrativa galega

A NOVA NARRATIVA GALEGA

Page 2: Nova narrativa galega

Contextualización

orixes: décadas de 1950 e 1960. anos da posguerra e da Guerra Fría. ditadura franquista: represión, medo,

pobreza e emigración.

Page 3: Nova narrativa galega

Características que unen os autores

Pertencen á pequena burguesía. Comezan os estudos universitarios nesa época. Publican na colección "Illa Nova" da editorial Galaxia. Participan nas Festas Minervais.Colaboran no xornal La Noche. Algúns deles viaxaron por Europa e tomaron contacto

cunha liberdade inexistente no seu país.Adaptarán a literatura galega ás correntes máis

modernas, incorporando técnicas narrativas e temas que en Europa e América xa se estaban traballando dende comezos do século XX.

Page 4: Nova narrativa galega

Influencias

Page 5: Nova narrativa galega

Cronoloxía

Comezo: publicación de Nasce un árbore (1954) de Gonzalo Rodríguez Mourullo.

Remate (data discutida): Cambio en tres (1969) de Carlos Casares ou Cara a Times Square (1980) de Camilo Gonsar.

Page 6: Nova narrativa galega

Características da NNG

Localización inconcreta dos espazos, preferindo os ambientes urbanos periféricos, pechados, claustrofóbicos e indeterminados.

Rexéitase a cronoloxía lineal empregando abundantes analepses e prolepses e redúcese ao máximo o tempo que vai ser narrado (unhas horas ou algúns días como moito).

Negación da acción e do argumento: as novelas non teñen tema, nin historia, nin heroe, nin anécdota.

Requiren dun lector competente e activo que entenda os contidos filosóficos e simbólicos que aparecen nos textos.

Personaxes que adoitan comportarse como antiheroes, cunha vida atormentada, incapaces de tomar a iniciativa.

Temática existencialista, centrada na angustia vital e no absurdo da existencia.

Ambiente onírico, no que se mestura a realidade e a fantasía e no que os personaxes son movidos por instintos primarios, de aí a frecuente presenza da violencia e do sexo (temas tabú na literatura anterior).

Page 7: Nova narrativa galega

Xosé Luís Méndez Ferrín

Polifacético: político, poeta, articulista, narrador...

Características da súa narrativa: conflúen a realidade e a fantasía, presenta ambientes opresivos cheos de simbolismo, reconstrúe un pasado mítico que remite á cultura celta e ao mundo medieval artúrico, emprega unha forte intertextualidade, presenza da violencia e a represión política, utilización da simboloxía (insectos, fiestras, camiños…).

Á NNG pertencen os seus seguintes tres libros: Percival e outras historias. O crepúsculo e as formigas. Arrabaldo do norte.

  Fóra xa da NNG están Retorno a Tagen Ata, Elispsis e outras sombras,

Amor de Artur ou Arnoia, Arnoia.

Page 8: Nova narrativa galega

Carlos Casares

Parlamentario, director da editorial Galaxia, columnista en La Voz de Galicia, tamén escritor de literatura infantil (A galiña azul).

Etapas da súa narrativa:a) narrativa pertencente á NNG: Vento ferido. Cambio en tres.b) novela de transición: Xoguetes pra un tempo

prohibido.c) etapa de madurez (escrita máis realista): Ilustrísima,

Os mortos daquel verán ou Deus sentado nun sillón azul.

Page 9: Nova narrativa galega

Camilo González Suárez-Llanos (Camilo Gonsar)

Cara a Times Square (1980) é a novela que para moitos pecha o movemento da NNG. O autor emprega o recurso do manuscrito atopado, do que el será tradutor. Os personaxes solitarios e desarraigados e o clima de irrealidade son trazos que permiten a inclusión da novela dentro da escola da NNG.

Page 10: Nova narrativa galega

María Xosé Queizán

A orella no buraco: novela escrita coa técnica obxectalista.

Page 11: Nova narrativa galega

Xohana Torres

Adiós, María dentro da NNG ou realismo sociolóxico? Retrátase o proletariado vigués dos anos 60 a través de abundantes saltos temporais e monólogos interiores.