martín sarmiento leticia rodríguez

5

Upload: joseantonio-villaverde

Post on 23-Jan-2017

67 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Martín sarmiento leticia rodríguez
Page 2: Martín sarmiento leticia rodríguez

Frei Martín Sarmiento foi un escritor e relixioso español de orixe galega pertencente á Ilustración, ao cal se lle dedicou o día das letras galegas no ano 2002. O seu nacemento produciuse en Vilafranca do Bierzo o día  9 de marzo de 1695 e morreu en Madrid o 7 de decembro de 1772.

  Con 15 anos de idade, marcha a Madrid para tomar o hábito no Mosteiro de San Martín desta cidade e ingresando así na  Orde Beneditina. Ao pouco tempo decidiu mudar o seu nome de pía, Pedro, por Martín, e algún tempo despois tomou o segundo apelido da súa nai. Realizou estudos de Artes y de Filosofía no mosteiro que a súa orde tiña en Irache. Despois transladouse a  Salamanca, co fin de estudar Teoloxía.

Page 3: Martín sarmiento leticia rodríguez

Aos 35 anos comezaron a tomar maior consciencia e presenza as linguas na súa vida, pois estaba convencido de que a xente descoñecía moitos significados das palabras que empregaba. Sentía unha gran curiosidade polas linguas en xeral, especialmente polas romances, pero sobre todo polo castelán e o galego. Sarmiento pensaba que o galego se debería ensinar nas escolas e que os curas tiñan case por obriga coñecelo para poder confesar aos seus fieis.En 1745 retorna a Galicia. Nesta viaxe anota no seu caderno os nomes dos lugares polos que vai pasando. Gustáballe investigar a etimoloxía das palabras galegas que escoitaba. Escribiu un libro en galego titulado ”Coloquio de veinticatro galegos rústicos”, grazas ao cal coñecemos o galego que se falaba na súa época. Son 1.200 coplas postas en boca de un grupo de galegos que regresan de Madrid e contan como foi a morte do rei  Felipe V e describen os festexos da subida ao trono de Fernando VI.

Page 4: Martín sarmiento leticia rodríguez

Sarmiento non só estaba interesado na lingüística, senón que tamén noutras disciplinas como a botánica e a medicina; tiña coñecemento detallado dos nomes das plantas e das súas propiedades salutíferas. Era un home moi preocupado pola mellora do nivel técnico e económico do seu país, moi na liña de pensamento da Ilustración. O seu gran coñecemento nestes campos fixo que lle fora encargado o programa iconográfico que decoraría o Palacio Real de Madrid, entón en construción. O que Sarmiento deseñou para o palacio foi unha ambiciosa alegoría da historia da monarquía española, que pola súa complexidade só foi realizada en parte.Combateu, xunto con Feijoo, a superstición e a ignorancia, propoñendo a fundación de bibliotecas nos pobos. El mesmo chegou a ter no seu poder unha das máis importantes na España do seu tempo. Sarmiento decidiu que era necesario coñecer e recuperar as tradicións e a cultura popular, aspecto non compartido con Feijoo. Grazas a este pensamento foi un gran precursor da recuperación da cultura galega perdida.

Page 5: Martín sarmiento leticia rodríguez

En conclusión, Martín Sarmiento foi un gran impulsor da cultura galega, dos estudos pertinentes relacionados con esta lingua e ademais creador de moitas institucións coma as presentes bibliotecas, algunhas delas aínda vixentes na realidade. Débese destacar que o Frei Sarmiento era un home avanzado para a súa época, con pensamentos innovadores e moi relacionados coa Ilustración que se estaba a desenvolver nesta momento. Grazas a el, coñécense moitos aspectos, polo xeral lingüísticos, e mesmo doutros ámbitos debido a que se trataba dun verdadeiro sabio. Tras a súa morte, produciuse a publicación dunha extensa bibliografía, de moito interese social.