lingua e cultura galegas na posguerra. a poesía. celso emilio

27
A LINGUA E A LITERATURA GALEGAS BAIXO A DITADURA A lingua e a cultura galega no período 1936-1975 A literatura do exilio: Luís Seoane e Lorenzo Varela Achegamento á poesía de posguerra Celso Emilio Ferreiro Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis)

Upload: roman-landin

Post on 24-May-2015

6.425 views

Category:

Technology


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

A LINGUA E A LITERATURA GALEGAS BAIXO A DITADURA

A lingua e a cultura galega no período 1936-1975A literatura do exilio: Luís Seoane e Lorenzo Varela

Achegamento á poesía de posguerraCelso Emilio Ferreiro

Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis)

Page 2: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

GUERRA CIVIL (1936-1939)

DITADURA FRANQUISTA (1939-1975)

Galiza ficou no chamado “bando nacional” nos primeiros días da contenda

A resistencia foi protagonizada pola guerrilla antifascista, os “maquis”, até

finais dos 50, comezos dos 60

Page 3: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Atila en Galiza

Castelao testemuñou nos seus “Álbums da Guerra” a barbarie da guerra e a feroz represión que padeceu o pobo galego

Page 4: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

O réxime golpista executou unha represión planificada e cruentísima dirixida especialmente cara ás organizacións de esquerda e nacionalistas, cuxos simpatizantes pagaron co asasinato, a tortura, a cadea e o exilio masivo a súa fidelidade á democracia.

Page 5: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Milicianos Atila en Galiza

O novo poder totalitario pechou xornais, ilegalizou sindicatos e partidos e acabou por asentar co paso dos anos un clima de “pax social” asentado no medo, a persecución da disidencia ideolóxica e a supresión das liberdades civís.

Page 6: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Galiza mártir

Page 7: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

A GALIZA DO EXILIO

A miseria económica que deixa a guerra tras de si conduce milleiros de galegos cara ao exterior, primeiro cara ao continente americano e a partir dos 50 e 60 a Centroeuropa e ás zonas máis desenvolvidas do Estado.

Page 8: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Page 9: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

• A represión alcanzou de cheo a unha longa nómina de intelectuais galeguistas. Os que salvaron a vida exiliáronse ou ficaron recluídos no chamado “exilio interior”, apartados dos seus traballos e da vida pública. • No eido literario e cultural, a lingua fica sumida no silencio ao desapareceren as iniciativas galeguistas. Clausuráronse editoriais e publicacións e o Seminario de Estudos Galegos foi expoliado. A actividade cultural trasládase a América. • O labor normalizador da preguerra fica cortado de raíz e imponse a ideoloxía españolizadora que exclúe as outras linguas do Estado da vida pública (igrexa, ensino, administración e medios de comunicación). • O proceso de desprestixio social da lingua acelérase (dialecto, non apta para usos cultos...) e restrínxese ao ámbito familiar. O seu uso público podía provocar receos por parte das autoridades e de certos sectores sociais. Esta estratexia asimilista do réxime procuraba a desaparición das linguas non oficiais.

A LONGA NOITE DE PEDRA

Page 10: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

No seo da diáspora galega, especialmente en América do Sur, tivo continuidade a literatura galega da man dos escritores emigrados con anterioridade e dos exiliados que fuxiron da ditadura franquista.

Page 11: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

A creación de revistas (Vieiros, Galicia Emigrante, De mar a mar), editoriais e coleccións (Editorial Nova, Citania, Dorna, Botella al mar), compañías teatrais e programas radiofónicos dan boa mostra do labor cultural e político levado adiante polos círculos galeguistas do exterior, especialmente, en Bos Aires.

Page 12: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

A literatura do exilio é unha literatura plural na temática e no plano formal mais moi marcada polo conflito bélico e o compromiso social: a angustia do desterro, a evocación desgarrada da guerra e dos amigos ausentes, o amor, etc.

Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,de todos nós co mundo!Facíamos un feixe de campos e de estrelas,e ó pisar ise chao que latexabasentíamos subir polo sangue o misterio.O noso corpo era o camiño da maxia,a escada pola que viña a lúa,o zume de tódolos segredos,a canzón da herba que resucitou.E o mismo verme era unha folla leda,un mensaxeiro do sagrado alén.Morréchedes, matáronvos, deixáronme.Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras.E gardo, coma un morto,no centro do silenzo, da sede, da agonía,o día que vos poda levar á sepulturaunha cesta de pombas e mazás.¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,de todos nós co mundo.

Lorenzo Varela

Page 13: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

As ratasNa Galiza, ise vello pobo, carballo carcomido de raios e bestigos, loita, dende fai séculos, o home cas ratas. Coma nos castelos abandoados, onde xa caíron traves e brasós, escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.

Dende fai séculos loitan en Galiza os homes cas ratas. Ate que toda ela fique, coma ises castelos roiñentos e os mosteiros sin altares nin lembranzas de ritos, sendo soio rondada de morcegos e pantasmas. Coberta de edra, de label. Morándoa soio as ratas. Somente as ratas.

Luís Seoane

Page 14: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Na narrativa destaca a publicación d’A esmorga (1959), de Blanco-Amor, que desenvolveu parte da súa creación no exilio e creou na capital arxentina o Teatro Popular Galego. Tamén no campo dramático, estreouse en 1941 Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

Page 15: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

“Xentes”

Díaz Pardo

“Cabeza” Granell

“Cangas” e “Voudou”, Botello.

“Mineiros”, Colmeiro.

Page 16: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

“Muller”, Maruxa Mallo. “Sachando”, Souto.

“Os vellos coas súas susanas”, Laxeiro.

Cinema: “Galicia”, de Carlos Velo.Fotografía:

J. Suárez.

Page 17: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

•Os primeiros síntomas de recuperación cultural en Galiza danse nos anos 50 coa fundación da Editorial Galaxia, que agrupa galeguistas como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fernández del Riego, etc. E viña reforzar os primeiros pasos dados por ditoriais como Monterrey, Bibliófilos Gallegos ou a colección de poesía Benito Soto •Descartada a loita política, Galaxia edita importantes obras de autores anteriores á guerra e de autores novos, sobre todo de narrativa.•Impulsa o ensaio, a prosa científica en galego e publica a revista Grial. •Outras iniciativas desta etapa son as editoriais Benito Soto, Xistral ou Monterrey, a publicación de poesía nas revistas bilingües Alba, Posío e Aturuxo, as colaboracións en galego no xornal La Noche, etc.

Page 18: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

POESÍA

• O 1º libro da posguerra: Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, en 1947.

• Tres grupos de poetas: a Xeración do 36, a Promoción de enlace e a Xeración das Festas Minervais. Coinciden diferentes xeracións e tendencias que, debido á parálise editorial anterior, conflúen coas súas obras na década dos 50, aos que lles hai que unir escritores de preguerra como Cabanillas, Luís Pimentel ou Bouza Brey.

• Os poetas da xeración do 36: autores nados entre 1910 e 1920 que viviron a Guerra Civil como Aquilino Iglesia Alvariño, Ricardo Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Díaz Castro, Miguel González Garcés ou Celso Emilio Ferreiro. Reflicten na súa obra a traxedia da contenda bélica a través dun discurso poético intimista onde a morte, a soidade, a nostalxia do pasado ou a trascendencia relixiosa se erixen como temáticas principais.

Forasteiro"Canto terrorlevamos os homes."Só estás, nesta cidadecoa que non tes soñado endexamáis.Relembras os teus sinos,cuxos sonsfuxiron xa dos teus ouvidos.Paseas lentamentee con ninguén podestrocar o teu sorriso.Ollas pra ese edificiosen náis nas fiestras.Tes medo ós arrabaldos.Ti sabes que alí as bandeirasestán abatidas e esfarrapadas.Coñeces que existeunha hora solitariacoroada por un silencio de morte.Ti sabes que todos os díashai un home mortoque ninguén coñece aínda,en cuxa ollada derradeiraficou unha praza valeiradescoñecida para el. Luís Pimentel

Page 19: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

1960-1975: ÚLTIMOS ANOS DO REXIME FRANQUISTA NUN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN

Page 20: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Page 21: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

O modelo autárquico da inmediata posguerra deixa paso a un período de aperturismo económico do réxime ao tempo que se abre ás esferas políticas internacionais. Esta etapa de desenvolvemento apenas se visualiza en Galiza, que segue exportando man de obra barata e acollendo industria de enclave espoliadora das materias primas. O éxodo do interior ás cidades e á costa agudízase.

Page 22: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

CONTINÚA A RECUPERACIÓN: ANOS 60 E 70.

• O progresivo debilitamento do réxime permite retomar a actividade política na clandestinidade e, as máis das veces, a través do labor cultural.

• Aparecen os partidos políticos clandestinos que defenden a autodeterminación e a oficialidade do galego (a Unión do Pobo Galego e o Partido Socialista Galego).

Page 23: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

• Xorden asociacións culturais como O Facho, O Galo, Abrente, Asociación Cultural, Auriense... que desenvolven un papel moi importante no proceso de recuperación cultural e lingüística: edítanse libros, revistas e xornais, organízanse conferencias e actos públicos, emisión de radio, representacións teatrais, cursos de lingua, etc. nos que o galego vai gañando terreo.

•No campo estudantil, destaca o papel do sindicato ERGA, que introducen o galego nese ámbito, e o movemento da Nova Canción Galega.

Os froitos son inmediatos e a conscienciación sobre a necesidade de oficializar o idioma vai en aumento en diferentes sectores.

Page 24: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Outros pasos significativos son:• O establecemento do 17 de maio como Día das Letras Galegas (1963).• a creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na USC ( (1965).• A creación do Instituto da Lingua Galega (1968), que se vai encargar da redacción da primeira normativa do galego no ano 1982.• A publicación dos primeiros estudos sobre o galego: a Gramática elemental do galego común (1966), de Ricardo Carballo Calero, e o Diccionario galego-castelán (1968), de X. L. Franco Grande. • A pesar deste meritorio labor galeguizador, acentúase o conflito lingüístico coa consolidación do castelán nos espazos urbanos e a súa entrada no rural, o aumento do monolinguismo en español e dos prexuízos idiomáticos.

Page 25: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

• Poeta da Xeración do 36 que tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social. • Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas na vila natal. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra. • Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG. • En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para voltar en 1973. • Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.

Page 26: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

Celso Emilio Ferreiro é autor dunha abondosa obra que combina dúas liñas temáticas:- Intimista: a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975).

- Social: recolle a tradición dunha poesía cívica que arranca na literatura galega con Curros Enríquez, Rosalía e Cabanillas. Celso Emilio entendía a poesía como expresión do compromiso coa realidade social e o momento histórico que lle toca vivir ao poeta: a solidariedade cos oprimidos e coa clase operaria, a denuncia da guerra e as súas nefastas consecuencias, a crítica do imperialismo, o capitalismo e a falta de liberdades, a visión negativa da emigración, etc.

O poemario Longa noite de pedra (1962) é a súa máxima expresión e grupos como Voces Ceibes e Fuxan os Ventos ou cantautores como Suso Vaamonde popularizaron os seus textos contestatarios entre unha mocidade ávida de liberdades e democracia nos estertores da ditadura.

Page 27: Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio

ALGUNHAS LIGAZÓNS MUSICAIS DE INTERESE PARA ACOMPAÑAR ESTE PERCURSO HISTÓRICO:

Mil nove 36 (Xenreira): http://www.goear.com/listen.php?v=dd9955b

Homenaxe a Voces Ceibes: http://es.youtube.com/watch?v=_5bqKTdg0rc

L’Estaca: http://www.youtube.com/watch?v=4Zvz2GJaIqI&feature=related

Aute: http://www.youtube.com/watch?v=hw8wWa1_zDs&feature=related

Suso Vaamonde: http://www.youtube.com/watch?v=wc9irE4NXe8

Alalás (Xenreira): http://www.goear.com/listen.php?v=765a3f2