lingua 3 ep 3º trimestre - edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. •...

14

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda
Page 2: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

http://vimeo.com/28110545

Neste vídeo explícase que beneficios e usos ten a enerxía solar e,tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

• Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda no futuro ou non.

Enerxías! 13

190

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 190 27/02/12 18:14

Page 3: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

Escoitas e falas:Relacionámonos co contorno

• Que é a enerxía solar? Por que é a solución perfecta para as necesidades enerxéticas mundiais? A que grupo pertence?

• Cales son os inconvenientes desta enerxía?

• Viches algunha vez paneis solares? Onde os viches? Que opinas ti deste tipo de enerxía? Que vantaxes e inconvenientes ten para ti?

Aprende con Píxel! • Autonomía e iniciativa persoal

e competencia lingüística

— As enerxías renovables

— O texto teatral

— A conversa improvisada

• Competencia social e cidadá

— Efectos das enerxías non-renovables: o petróleo

• Refl exión sobre a lingua

— Uso do «g», o «gu» e o «gü»

— As conxugacións verbais. Infi nitivo, xerundio e participio

191

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 191 27/02/12 18:14

Page 4: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

LE...

Como moitos de vostedes saben, hai trescentos anos secuestraron o señor Iago Búa. Todo o mundo sabía que era un señor rico, pois tiña moita fama. Dese xeito, pedindo un rescate de moitos millóns de dólares, os secuestradores pensaban vivir sen traballar o resto das súas noxentas vidas.

O señor Iago era un xogador da NBA. Era altísimo e moi presumido. Sempre andaba con moitas cadeas de ouro. As solas dos seus tenis eran de prata e as dos zapatos das festas importantes eran de ouro. As camisas tiñan botóns de diamantes auténticos.

Iago non cabía de pé no cuarto cotroso onde o meteran, e non sabía como había de facer para pasear. Non quería que os músculos lle quedasen agarrotados.

Os secuestradores non tiñan ese problema. Eran os sete ananos de Brancaneves que se volveran tolos por culpa dun burato que fi xera Anxo Costas na capa de ozono. Eles estaban afeitos a respirar aire puro do monte, e o aire contaminado mesturado cos raios directos do sol convertéraos en malvados.

Cando o señor Iago quería pasear tiña que facelo de xeonllos. E así estivo durante uns anos.

Un conto orixinal

Na lectura, unha nena inventa un conto que ten como protagonistas algúns dos seus compañeiros de clase.

• De que cres que trataría o conto? Se ti inventases un conto sobre os teus compañeiros, de que trataría?

noxentas:

repugnantes.

cotroso: que está

moi sucio.

ozono: gas que

envolve a Terra,

que limpa o aire

e que impide que

os raios do Sol

nos fagan dano.

192

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 192 27/02/12 18:14

Page 5: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

13

borboriñar:

murmurar, falar

moi baixiño.

Un día Olalla, que era a mellor costureira da vila, coseu a capa de ozono. Púxolle un remendo azul moi bonito. O aire xa non tiña esas radiacións raras e os ananos volvéronse bos outra vez e regresaron ao pazo de Brancaneves. Arrepentíranse do que lle fi xeran ao señor Iago e soltárano.

Tivérano que levar á casa nun remolque. Xa non era capaz de se dobrar doutra maneira para entrar no coche e non cabía no Twingo.

O señor Iago só sabía andar agatuñando e as cadeas de ouro arrastrábanselle polo chan. Á xente, cando o vía pasar coa súa dona, parecíalle moi raro e quedábase mirándoo.

—Que tolo está ese home —borboriñaban polo baixo.

A súa dona, Alba, tiña moita vergonza e discorreu de poñer ao seu fi llo Martiño enriba de Iago ás carranchapernas. Así a xente deixou de o criticar e dicía:

—Mira que bonito fai ver un pai xogando aos cabaliños co fi llo!

E Alba ía toda fachendosa ao seu carón.

Despois de lelo todos nos botamos a rir. Imaxinabamos a Iago andando de xeonllos e ademais é certo que lle gusta moito o baloncesto. É moi alto. Alba púxose bastante colorada e o profe non sei que rosmou polo baixo do crueis que eramos os rapaces ás veces.

Fina Casalderrey, Ás de mosca para Anxo. Ed. Xerais

193

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 193 27/02/12 18:14

Page 6: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

194

...E ENTENDE

1. Di se estas afi rmacións se din, non se din ou se se deducen na lectura.

• O conto da lectura invéntao unha compañeira de clase.

• Os ananiños de Brancaneves secuestraron un xogador da NBA.

• O xogador da NBA tiña moitos millóns de euros.

• Os ananiños secuestrárono por efecto do buraco na capa de ozono.

• Cando se solucionou o buraco na capa de ozono, o xogador foi liberado.

• O xogador quedou dobrado para sempre.

• Á maioría dos nenos da clase encantoulles o conto, pero ao profe non.

2. Como se describe a Iago Búa no conto? Indica as súas características e debúxao.

3. Completa este cadro sobre as partes do conto.

PARTES CONTIDO VAI DESDE… ATA…

Introdución Iago é un xogador da NBA ao que secuestran os ananiños. ............................................

Nó .................................................................................. ............................................

Desenlace .................................................................................. ............................................

Responde:

— Que opinaba do conto a maioría dos alumnos da clase? E Alba, unha das rapazas que aparecía no conto? E o profe? Por que cres que cada un deles reacciona así?

— Que pensarías ti se un compañeiro ou compañeira inventase un conto no que ti foses protagonista? Gustaríache ou non? Por que?

Reflexiona

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 194 27/02/12 18:14

Page 7: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

195

13Aprende palabras APRENDE PALABRAS: as enerxías renovables

1. Asocia cada enerxía renovable coa forma en que se consegue.

eólica - solar - maremotriz - xeotérmica - undimotriz - hidráulica

• Conséguese a partir dos raios do Sol.

• Conséguese coa calor do interior da Terra.

• Conséguese co movemento das mareas.

• Conséguese co movemento das ondas.

• Conséguese coa forza do vento.

• Conséguese cos ríos e coas correntes de auga doce.

2. Le de dereita a esquerda e obtén nomes relacionados coas enerxías renovables.

otnev ed soñíum seralos sienap serodarexorea

3. U ne cada nome anterior coa imaxe correspondente.

1 2

4. Con que enerxía renovable está relacionada cada imaxe? Escríbeo.

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 195 27/02/12 18:14

Page 8: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

196

ESCRIBE: o texto teatral

Un texto teatral é un diálogo entre uns personaxes, destinado a ser lido ou a ser representado.

1. Observa as partes dun texto teatral.

Margarida entra no escenario, que representa un barco co seu mastro, a roda do leme, unha áncora de respecto e demais detalles navais. [...] Margarida é unha monequiña ben feituca, loura de bucles, a típica princesiña dos contos. É unha “pija” moi “pija”.

MARGARIDA - Ai! Pero que barquiño máis ideal! Ideal! Ideal!

Soa un móbil e Margarida responde. [...]

MARGARIDA - Si? Ola, pituchiña! Pois si, estou a embarcar agora mesmo! Ai, o barco é ideal! Ideal, ideal! Eu espero que apareza agora o capitán para me dar a benvida. [...]

CAPITÓN - Vaia, a fermosa Margarida! Benvida a bordo!

Breogán Riveiro, O afundimento do Tiránic.Baía Edicións

Acoutacións: Dan indicacións sobre os movementos dos personaxes, a roupa, a iluminación, o escenario...

Personaxes: O nome de cada un dos personaxes.

O texto: O que di cada un dos personaxes.

2. Responde:

— Quen son os personaxes?

— De que falan?

— Que información nos dan as acoutacións do texto anterior?

3. Agora inventa a continuación do texto anterior. Sigue estas pautas:

— Pensa e anota que lle pode contestar Margarida ao Capitón.

— Apunta o que di despois Capitón, e así sucesivamente ata que Margarida vai para o camarote.

— Cos datos anteriores, escribe o texto. Non esquezas poñer o nome de cada un antes do seu texto.

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 196 27/02/12 18:14

Page 9: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

197

13 ATENDE E DI: a conversa improvisada

De cando en vez, todos mantemos conversas con outras persoas. Estas conversas non están preparadas, xorden no momento. Por iso, dicimos que son improvisadas.

1. Indica de que cres que falan en cada imaxe.

2. Por parellas, escollede unha das imaxes anteriores e representade a conversa improvisada:

— Comentade de que falan na imaxe.

— Distribuíde os papeis.

— Inventade a conversa.

— Ensaiade a conversa en voz baixa.

— Representádea ante o resto da clase.

Lembrade falar amodo e con claridade.

3. Por parellas, pensade unha situación de conversa improvisada.

— Representádea seguindo os pasos anteriores.

Fórmulas de saúdo

Bos días, ola!

Preguntas

Que desexa? Que lles pasou? Pódolle axudar? Que podemos facer?

Fórmulas de despedida

Ata logo! Adeus! Ata outra!

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 197 27/02/12 18:14

Page 10: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

198

Os Ogoni son un grupo duns 500.000 membros que viven nunha zona rural ao sueste de Nixeria, en África Occidental.

A terra dos Ogoni é moi fértil e ata non hai moito daba comida dabondo para os seus habitantes. Pero a zona ten importantes recursos petrolíferos, que o goberno de Nixeria necesita para poder pagar a súa débeda externa. Así, as multinacionais do petróleo apropiáronse de terra cultivable para a explotación petroleira. Isto provocou unha alta contaminación do aire, da auga e do solo e que os habitantes tamén sufran numerosos problemas de saúde.

Comenta • Responde estas cuestións:

— Quen son os Ogoni? Onde viven? Como é a súa terra? Que perigo os ameaza?

— Que efectos negativos ten a apropiación das compañías petrolíferas sobre os Ogoni? E positivos?

— Ti cres que os Ogoni están de acordo con que se apropien das súas terras? Por que?

— Se ti foses un Ogoni, que opinarías? Razoa a túa resposta.

— Que poderían facer os Ogoni para que isto non lles pasase? En grupos, propoñede varias solucións.

Investiga

• Por parellas, buscade información sobre o petróleo.

— Como se obtén o petróleo? Onde están as principais reservas petrolíferas? Para que serve o petróleo? Cales son os seus efectos negativos sobre o medio natural?

• Elaborade un mural que refl icta os datos anteriores.

LE E COMENTA: efectos das enerxías non-renovables: o petróleo

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 198 27/02/12 18:14

Page 11: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

199

APRENDE A ESCRIBIR: uso do «g», o «gu» e o «gü» 131. Escribe os nomes.

2. Le as defi nicións e resolve o encrucillado.

1. Témola na boca e a de porco é moi saborosa.

2. Con patacas e carne facemos un ........

3. Un animal cunha bolsa na barriga.

4. Unha boneca é un .........

5. Se non é gato, será ........

Prepara o ditado

• Le o texto amodiño e fíxate ben nas palabras con «g», «gu» e «gü» destacadas.

• Se falas dúas linguas, es bilingüe.

• Caeume unha pingueira de auga na cabeza. Sabías que unha pingueira, unha pinga e unha gota son o mesmo?

• Moito me gustou o conto do xigante egoísta!

• Corrixe o ditado e refl exiona: que palabras escribiches mal?

Lembra

• Escribimo∫ «g» ante∫ de

«a», «&» e «u».

• Escribimo∫ «gu» ante∫

de «e» e «i». Ø «u» non

soa.

• Escribimo∫ «gü» ante∫

de «e» e «i». Ø «u» soa.

1

2

3

4

5

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 199 27/02/12 18:14

Page 12: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

200

Os verbos poden clasifi carse segundo a súa terminación en tres conxugacións.

Cantar Varrer Partir

Primeira conxugación Segunda conxugación Terceira conxugación

• Os verbos acabados en -ar son da primeira conxugación: cantar. • Os verbos acabados en -er son da segunda conxugación: varrer. • Os verbos acabados en -ir son da terceira conxugación: partir.

1. Clasifi ca estes verbos segundo a conxugación.

Primeira conxugación

.......................................

Segunda conxugación

.......................................

Terceira conxugación

.......................................

2. Escribe dous verbos de cada conxugación.

Primeira conxugación Segunda conxugación Terceira conxugación

............................................... ............................................... ...............................................

COÑECE A LINGUA: as conxugacións verbais

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 200 27/02/12 18:14

Page 13: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

201201

13 • Le, completa e aprende:

Cando quero andar, vou andando ata o fi nal do paseo marítimo e, cando acabo, miro todo o que levo andado.

— O verbo tamén pode aparecer en:

• Infi nitivo: os verbos rematan en -ar (primeira conxugación), en -er (segunda conxugación) ou en -ir (terceira conxugación). Exemplo do texto: ....................................

• Xerundio: os verbos rematan en -ando (primeira conxugación), en -endo (segunda conxu-gación) ou en -indo (terceira conxugación). Exemplo do texto: ...................................

• Participio: os verbos rematan en -ado (primeira conxugación) ou en -ido (segunda conxu-gación e terceira conxugación). Exemplo do texto: ...................................

3. Copia as oracións e rodea os infi nitivos, os xerundios e os participios segundo o código.

• Teño estado moitas veces nesa casa.

• Estiven xogando á mariola con outras nenas.

• Quero merendar un iogur e un plátano.

• O can fuxiu asustado polos seus berros.

• Seguiu correndo, aínda que podía sentir a dor aguda do golpe.

XERUNDIOINFINITIVO PARTICIPIO

COÑECE A LINGUA: infinitivo, xerundio e participio

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 201 27/02/12 18:15

Page 14: Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE - Edebe · tamén, as súas vantaxes e os seus inconvenientes. • Comentade, entre todos, se vos parece que este tipo de enerxía será a que se estenda

202

COMPETENCIAS BÁSICAS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLESTAREFA INTEGRADA

Subide ao escenario con Shakespeare

Seguro que algunha vez escoitaches na televisión ou no cine esta frase «Ser ou non ser, esa é a cuestión». Sabes de quen é? Gustaríache poñerte na pel dun dos seus personaxes? Propo-ñémosche inmiscirte no mundo de Shakespeare e facer unha versión máis actual dunha das súas obras.

— Coñecedes as películas Romeo e Xulieta e Hamlet? Que argumento teñen? Son películas moi actuais, pero que proveñen duns textos que se escribiron hai moito moito tempo.

Descubride a William Shakespeare

1. Investigade sobre William Shakespeare: cando viviu e onde, que obras de teatro escribiu, por que foi tan importante, que versións se fi xeron da súa obra...

http://gl.wikipedia.org/wiki/Shakespeare

— Buscade información sobre o autor para estardes ben informados. Redactade unha biografía breve.

Lingua 3 EP 3º TRIMESTRE.indd 202 27/02/12 18:15