inicio | universidade de santiago de compostela - resumo ...titulacións de grao e máster, aprobada...

40
1 RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO DO 27 DE MARZO DE 2015, ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo. Ás dez horas e doce minutos do día vinte e sete de marzo de dous mil quince, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. reitor magnífico, reúnese no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), o Pleno do Consello de Goberno da Universidade cos membros citados a seguir: ORDE DO DÍA: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2. Informe do Sr. Reitor 3. Informe das Vicerreitorías, Xerencia e Secretaría Xeral 4. Aprobación, se procede, da modificación da normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais da USC 5. Aprobación, se procede, da proposta definitiva de oferta de prazas en másters universitarios para o curso 2015-2016 6. Aprobación, se procede, das propostas de dobres titulacións de grao para ofertar no curso 2015-2016, co axuste correspondente na oferta de graos 7. Aprobación, se procede, de novas propostas e modificacións de programas de doutoramento 8. Aprobación, se procede, de corrección de erros no Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Formación Continua 9. Calendario académico 2015-2016 10. Convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos nenos e nenas menores de tres anos no campus de Lugo do curso 2015-2016 11. Convocatoria para a adxudicación de axudas na Escola Infantil Breogán da USC para o curso 2015-2016 12. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC para o curso 2016-2016 13. Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC para estudantes internacionais para o curso 2015- 2016

Upload: others

Post on 23-Jan-2021

12 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

1

RESUMO DA ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO

DO 27 DE MARZO DE 2015, ELABORADO POLA SECRETARÍA XERAL

NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou

informes agás os de aqueles membros do Consello que solicitaron expresamente que

aparecera o seu nome completo.

Ás dez horas e doce minutos do día vinte e sete de marzo de dous mil quince, en

segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. reitor magnífico, reúnese no

Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), o Pleno do

Consello de Goberno da Universidade cos membros citados a seguir:

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2. Informe do Sr. Reitor

3. Informe das Vicerreitorías, Xerencia e Secretaría Xeral

4. Aprobación, se procede, da modificación da normativa sobre dobres

titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais da USC

5. Aprobación, se procede, da proposta definitiva de oferta de prazas en

másters universitarios para o curso 2015-2016

6. Aprobación, se procede, das propostas de dobres titulacións de grao

para ofertar no curso 2015-2016, co axuste correspondente na oferta

de graos

7. Aprobación, se procede, de novas propostas e modificacións de

programas de doutoramento

8. Aprobación, se procede, de corrección de erros no Regulamento de

Estudos Propios de Posgrao e Formación Continua

9. Calendario académico 2015-2016

10. Convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos

nenos e nenas menores de tres anos no campus de Lugo do curso

2015-2016

11. Convocatoria para a adxudicación de axudas na Escola Infantil

Breogán da USC para o curso 2015-2016

12. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo

Universitario de Residencias da USC para o curso 2016-2016

13. Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de

Residencias da USC para estudantes internacionais para o curso 2015-

2016

Page 2: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

2

14. Convocatoria das prazas de aloxamento do Servizo Universitario de

Residencias da USC para membros da comunidade universitaria ou

alumnado da universidade de verán 2015, durante o período

comprendido entre o 8 de xuño e o 30 de agosto de 2015

15. Prezos para congresos no Servizo Universitario de Residencias 2015-

2016

16. Prezos para visitantes no Servizo Universitario de Residencias 2015-

2016

17. Aprobación, se procede, da modificación do Programa de Atención a

Estudantes de fora da Unión Europea

18. Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de

mellora da docencia

19. Memorias de Cursos de Posgrao

20. Premios extraordinarios

21. Asuntos económicos

22. Convenios

23. Asuntos de trámite

24. Rogos e preguntas

* * * * *

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

Sometida á aprobación do Pleno a acta referida a súa sesión do 2 de marzo de

2015, a secretaria xeral da conta das emendas presentadas por algúns membros do

Consello e remitidas a Secretaría Xeral por correo electrónico. En particular:

- O Prof. F. L. alegou que non figuraba o seu nome na lista de asistentes a

devandita sesión do 2 de marzo de 2015.

- O Prof. M. P. apuntou a necesidade de corrixir unha declaración súa que

se transcribía e se refería a aprobación da Normativa de Planificación

Académica Anual (punto 10 da orde do día). Así mesmo, pide a

incorporación dun rogo do que non había constancia na acta, a saber:

“que cando se fagan modificacións nas normativas que se presenten á

aprobación no Consello de Goberno se resalten as modificacións que se

propoñen para facilitar a súa identificación”. Reclama a recollida dun

acordo do Consello que tampouco aparecía e se refería ao Master

Universitario en Intervención Psicosocial no ámbito social e sanitario. E,

ao igual que a profesora Fernández Morante, invitaba a modificación da

redacción dun acordo referido ao cambio de sede administrativa do

Departamento de Didáctica da Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais

(punto 10 bis).

- A Profª. F. M., ademais do anterior, propón unha modificación dunha

declaración efectuada no punto 10 da orde do día, “Aprobación, se

Page 3: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

3

procede, da Normativa de Planificación Académica Anual para o curso

2015/2016 e calendario de planificación”. Remata solicitando a

incorporación dun rogo sobre a nova edificación que se estaba a facer

nas proximidades da Facultade de Ciencias da Educación.

- O Sr. Pérez Casas solicitou a incorporación dunha aclaración sobre o

desenvolvemento e a difusión de usc.gal.

A estas emendas, sumáronse as feitas oralmente no mesmo Pleno, polo Prof. L. D.,

que versaron sobre:

- Os erros na composición das comisións do Consello de Goberno.

- A omisión dos acordos referidos a aprobación da OPE e do cadro anexo

ao orzamento.

- A proposta de non pagar cantidade algunha, que o Prof. L. D. fixo no

Pleno do 2 de marzo de 2015, con relación ao pago adiantado do 10% do

prezo público da matrícula nos programas de doutoramento (400 euros)

para os estudantes procedentes de fora do Espazo Europeo de

Educación Superior.

Aceptadas todas as emendas, apróbase a acta facendo as correccións.

2.Informe do Sr. Reitor

O reitor informa sobra a celebración de diferentes reunións: co novo conselleiro de

educación sobre o Plan de Financiamento; co conselleiro de economía e industria e

o investigador don Diego Martínez con relación ao Programa Oportunius; na

Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo para a admisión

doutras; na Comisión de Estratexia do Plan de Financiamento do SUG; e no Grupo

Compostela de Universidade e a Xunta de Galicia.

Engadiu, entre outras cousas, que: a poxa do inmoble do Hospital de Galeras

quedou deserta; a Comisión de Coordinación do Campus da Cidadanía comezou as

súas tarefas e que está composta polos Profs. Brea López, Bouzas Lorenzo, Caride

Gómez, Guinarte Cabada, Rey Castelao y Varela González; e o Prof. Hervella Torrón

foi nomeado delegado do reitor para asuntos do ensino medio con competencias

no Programa A Ponte, representante na CIUG e responsable do Programa de

Captación de Talentos.

3.Informe das Vicerreitorías, Xerencia e Secretaría Xeral

A vicerreitora de investigación informou sobre os resultados da Convocatoria de

Axudas Posdoctorales da Modalidade A da Xunta de Galicia.

Page 4: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

4

O xerente explica, en primeiro lugar, a celebración dunha reunión da Comisión de

Asuntos Económicos para tratar a liquidación orzamentaria do ano 2014 e os

remanentes. E, en segundo termo, as dúas instrucións emitidas, unha sobre as

vacacións, permisos e licencias do PAS; e outra relativa ao próximo proceso

electoral sindical.

Interveu o Sr. P. C. inquirindo sobra a evolución da paga extraordinaria e pedindo

que calquera modificación da estrutura da nómina neste sentido veña acompañada

dunha previa instrución.

Informa a secretaria xeral da notificación da convocatoria do Pleno do Consello de

Goberno a través da sede electrónica, consonte o disposto no artigo 16.2 do seu

Regulamento. Pero advirte que entanto existan erros para facela chegar deste

xeito, enviarase tamén por correo electrónico.

Con fondo pesar, laméntase o pasamento de dona Begoña Seijo Rey, profesora do

Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; e de don Juan José Torres

Labandeira, profesor tamén do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía

Farmacéutica.

4. Aprobación, se procede, da modificación da normativa sobre dobres

titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficiais da USC

Presenta o vicerreitor de oferta docente e innovación educativa o texto do

Regulamento sobre Dobres Titulacións e Simultaneidade de Ensinanzas Oficiais na

Universidade de Santiago de Compostela; explica que foi revisado pola Comisión de

Oferta Docente e Innovación Educativa do Consello de Goberno, por un grupo de

traballo do XSOPRA, polo Servizo de Xestión Académica e pola Secretaría Xeral; e

enumera as modificacións feitas sobre o indicado texto orixinal.

Por iniciativa da Profa. R. H., dáse nova redacción ao artigo 3.b), sobre o que

insisten os profesores L. D. e L. C.

A Profa. O. E. introduce cuestións relativas ao caso de esixir un único TFG para as

dúas titulacións e a da coordinación da dobre titulación. Puntualizando cuestións

de carácter técnico participan o Sr. G. F. e a Profa. F. M. Toda o cal propicia unha

nova redacción do artigo 3.e). Continúa o debate coa citada Profa. F. M., sobre a

normativa pola que se regule a defensa de tales traballos, e tras a intervención do

Prof. M. V. e da Profa. O. E., o reitor fixa a redacción do artigo 6, parágrafo segundo.

O Prof. F. L. explícita que non pode haber unha oferta especifica de prazas para as

dobres titulacións, e o reitor propón entón unha redacción para o artigo 4,

parágrafo terceiro.

Page 5: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

5

O vicerreitor apunta que tense de modificar as normas de permanencia no relativo

ao límites de créditos a cursar polo alumno cada ano e o Prof. L. D. apostila que tiña

que facerse antes e, de adoptar agora o acordo polo Consello, podería ser nulo.

Propón como solución introducir unha disposición transitoria cunha vacatio

especial para os artigos do Regulamento cuxa vixencia dependa da modificación

das devanditas normas de permanencia.

Coas modificacións comentadas sobre o texto orixinal, sométese a aprobación do

Consello de Goberno que o fai por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento sobre Dobres

Titulacións e Simultaneidade de Ensinanzas Oficiais na Universidade de Santiago de

Compostela coas modificacións sobre o texto orixinal presentado ante o citado

órgano colexiado que se relacionan:

1ª) O artigo 3.b), apartado primeiro (sen número), queda redactado como sigue:

“Cando as titulacións de grao do programa teñan o mesmo número de créditos, a

duración adicional estará entre os 90 e os 120 créditos ECTS, cun período

temporal de entre dous e catro semestres. Excepcionalmente, poderá superarse o

límite de 120 créditos se se considera conveniente e así se xustifica na proposta

do programa”

2ª) O artigo 3.e) queda redactado como sigue: “Como norma xeral (...). Non

obstante o anterior, os centros que participan no programa poderán acordar outra

designación”.

3ª) O artigo 3.f) queda redactado como sigue: “O Centro ou Centros, ou as

Comisións Académicas, nomearán a un/unha dos/as coordinadores/as das dúas

titulacións como coordinador/a do programa curricular único, que será o

responsable do programa nas dúas titulacións. Esta coordinación tamén podería

realizarse de forma rotatoria por centro e/ou por titulación se así se acorda polos

órganos responsables do programa”.

4ª) O artigo 4, parágrafo terceiro, queda redactado como sigue: “A oferta de prazas

xestionarase como se fose unha única titulación e de forma separada das

titulacións que o conforman”.

5ª) O artigo 5, parágrafo primeiro, queda redactado como sigue: “A matrícula

realizarase no programa segundo as normas que aos efectos estableza a

Universidade”.

6ª) O artigo 5, parágrafo terceiro in fine, queda redactado como sigue: “(…). Non

obstante o máximo de créditos ECTS a matricular por un alumno nun programa de

dobre titulación non poderá superar os 90 créditos ECTS por curso académico”.

7ª) O artigo 6, parágrafo segundo, queda redactado como sigue: “(…); neste caso a

normativa pola que se regule a defensa do traballo será a que determinen os

responsables de ambas titulacións”.

Page 6: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

6

8ª) O artigo 19, parágrafo segundo, queda redactado como sigue: “Os títulos que

se expidan acompañaranse do correspondente Suplemento Europeo ao Título”.

9ª) Incorpórase a disposición transitoria única que di: “Os artigos 5 e

concordantes do presente Regulamento entrarán en vigor o mesmo día da futura

modificación sobre este tema, de selo caso, da Normativa sobre Permanencia nas

Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012”.

5. Aprobación, se procede, da proposta definitiva de oferta de prazas en

másters universitarios para o curso 2015-2016

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa introduce un cambio na

oferta pois retírase dela o Máster en Enxeñaría Industrial da Escola Politécnica

Superior, alegándose, entre outras razóns, a súa falta de idoneidade con relación ao

proxecto do Campus Terra; e, en opinión do vicerreitor de coordinación do campus

de Lugo, a concorrencia cos títulos das Universidades de Vigo e A Coruña.

Participan no debate o Prof. M. P. que recrimina a muda extemporánea do criterio,

xa que dous días antes na reunión da Comisión de Oferta Docente e Innovación

Educativa se solicitara informe favorable á proposta de ofertar o devandito Máster.

E o Sr. G. F., que fixo fincapé sobre a continua relativización do campus de Lugo.

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa explicou, así mesmo, o resto

da proposta na que, dunha banda, se ofertaría o Máster en Dirección de Actividades

Educativas da Natureza con sede na Facultade de Profesorado (campus de Lugo)

por contar co informe final favorable da ACSUG sobre as modificacións propostas

pola Comisión a Académica do Máster, aínda que a Xunta de Galicia informouno

negativamente no trámite de verificación; e, doutra, se detallaba o límite de prazas

e os requisitos de admisión dos másters oficiais da Universidade de Santiago de

Compostela para o curso 2015-2016.

Nos termos indicados resumidos polo reitor, o Consello de Goberno procedeu a

aprobación por asentimento dos tres acordos que se transcriben deseguido.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento retirar da oferta para o curso

académico 2015-2016 o Máster en Enxeñaría Industrial con sede na Facultade de

Ciencias (campus de Lugo).

ACORDO

Page 7: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

7

O Consello de Goberno acordou por asentimento ofertar para o curso académico

2015-2016 o Máster en Dirección de Actividades Educativas da Natureza con sede

na Facultade de Profesorado (campus de Lugo) por contar co informe final

favorable da ACSUG sobre as modificacións propostas pola Comisión a Académica

do Máster, aínda que a Xunta de Galicia informouno negativamente no trámite de

verificación. Así mesmo aprobou por asentimento os requisitos de admisión e o

límite de prazas ofertadas para o devandito curso que será de 25 en matrícula

ordinaria as que se sumarán 3 para a cota de estranxeiros.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento o límite de prazas e os requisitos

de admisión dos másters oficiais da Universidade de Santiago de Compostela para

o curso 2015-2016 segundo a documentación que figura no anexo a esta acta

(Anexo I).

6. Aprobación, se procede, das propostas de dobres titulacións de grao para

ofertar no curso 2015-2016, co axuste correspondente na oferta de graos

Ademais do vicerreitor de oferta docente e innovación educativa, tomaron a

palabra os Profs. M. P. e O. E., que apuntaron certos erros na documentación

achegada e precisaron sobre o significado de facer un dobre itinerario. Isto último

tamén foi matizado polo Sr. G. F.

Tras mostrar o agradecemento polo traballo feito polas comisións e os

decanatos, o reitor somete a consideración do Consello de Goberno este punto que

resultou aprobado por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de dobres

titulacións de grao para o curso 2015-2016 que se relacionan deseguido:

1) Grao en Xornalismo e Grao en Comunicación Audiovisual

2) Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía e Grao en Enxeñaría Civil

3) Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Grao en Enxeñaría Forestal e

do Medio Rural

4) Grao en Enxeñaría Informática e Grao en Matemáticas

5) Grao en Matemáticas e Grao en Física

6) Grao en Física e Grao en Química

ACORDO

Page 8: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

8

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta da dobre titulación de

Grao en Química e Grao en Bioloxía para o curso 2015-2016, supeditada a

aprobación da mesma pola Xunta da Facultade de Bioloxía.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento a proposta da dobre titulación de

Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais para o curso 2015-2016 que contaba

co informe favorable da Comisión de Titulacións do Claustro do 16 maio 2014.

7. Aprobación, se procede, de novas propostas e modificacións de programas

de doutoramento

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa explicou que para presentar

a modificación do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química

esperouse a ter o informe favorable da Comisión de Doutoramento.

Sobre a declaración de intencións do novo programa de doutoramento titulado

Doutoramento Interuniversitario en Intervención Social, Mediación e outros Métodos

Alternativos de Resolución de Conflitos, o vicerreitor expón dous problemas

destacados pola Comisión de Doutoramento, que emitiu informe desfavorable, a

saber: 1) A súa liña de investigación principal coincide coa terceira liña de

investigación do Programa de Doutoramento en Dereito: e 2) a aceptación da

declaración de intencións do novo programa de doutoramento implicaría a

modificación do Programa de Doutoramento en Dereito.

O reitor propón aprobar a modificación do primeiro dos programas de

doutoramento e rexeitar a declaración de intencións do outro. O Consello de

Goberno aprobouno por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a declaración de intencións de

modificacións do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento rexeitar a declaración de

intencións dun novo programa de doutoramento titulado: Doutoramento

Interuniversitario en Intervención Social, Mediación e outros Métodos Alternativos

de Resolución de Conflitos, tendo informe negativo da Comisión de Doutoramento e

da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa do Consello de Goberno.

Page 9: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

9

8. Aprobación, se procede, de corrección de erros no Regulamento de

Estudos Propios de Posgrao e Formación Continua

O Vicerreitor de oferta docente e innovación educativa pon de manifesto uns

“erros” no Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Formación Continua,

aprobado polo Consello de Goberno do 4 de febreiro de 2015. En concreto, destaca

que deben esixirse os mesmos requisitos aos directores e codirectores e que uns e

outros deben posuír o título de doutor.

Unha vez aclarado polo Prof. L. D. que cumpre diferenciar os “erros” das

“modificacións”, pois os primeiros non teñen por qué chegar ao coñecemento do

Consello de Goberno, e as segundas, que son as indicadas polo vicerreitor, si, o

reitor os somete a aprobación do órgano colexiado e o son por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as correccións do Regulamento

de Estudos Propios de Posgrao e de Formación Continua que figuran no anexo II

desta acta.

9. Calendario académico 2015-2016

Tras a explicación dos aspectos máis salientables do calendario académico pola

secretaria xeral, o Prof. C. V. propón o comezo do curso académico o día 7 de

setembro de 2015 no lugar do 4, que o que inicialmente figuraba, o que supón

adiar ao 22 de decembro o período de aulas do primeiro semestre. Do mesmo

xeito, se apunta ao 25 de xaneiro de 2016, e non ao 27, o inicio do segundo

semestre, cuxo remate será o 13 de maio como estaba previsto no calendario.

O Sr. D. V. expón a reivindicación do alumnado de que o período de exames non se

fixe xusto despois das vacacións de Nadal, ao que se suma o Prof. M. V. propoñendo

o comezo cedo do curso e a celebración dos exames antes do Nadal.

O reitor somete a aprobación do Consello o calendario inicial coas modificacións

expresadas supra. Pídese votación cuxo resultado é:

- 24 votos a favor

- 2 en contra

- 7 abstencións

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou con 24 votos a favor, 2 en contra e 7 abstencións,

o Calendario Académico do curso 2015-2016 que se recolle no anexo III desta

Page 10: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

10

acta.

(As trece horas e corenta e seis minutos, se interrompe a sesión)

10. Convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos

nenos e nenas menores de tres anos no campus de Lugo do curso 2015-2016

11. Convocatoria para a adxudicación de axudas na Escola Infantil Breogán

da USC para o curso 2015-2016

(Reiníciase a sesión as 16.40 h)

O Reitor propón tratar os dous puntos da orde do día de xeito conxunto pola

identidade do seu contido.

A vicerreitora de servizos universitarios do campus de Lugo toma a palabra,

explica as convocatorias e matiza que a diferenza máis salientable entre elas reside

en que na de Santiago se valoran os datos fiscais e na de Lugo non.

Prodúcese a continuación un debate cos Srs. G. F. e P. C. e o Prof. L. D. no que se

destaca a necesidade de negociar a convocatoria referida ao campus de Lugo cos

sindicatos, a incorrección de estender esta axuda social a familias cunha renda que

alcanza os 120.000 euros e a falta de xustificación de que os desempregados

reciban o mesmo trato que os empregados.

Por todo isto, o reitor decide a retirada dos dous puntos con fin de volver a coñecer

deles noutro Pleno do Consello de Goberno trala oportuna negociación sindical. O

Consello aproba por asentimento.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento aprazar a aprobación da

“Convocatoria para a adxudicación de axudas para a escolarización dos nenos e

nenas menores de tres anos no campus de Lugo” e a “Convocatoria para a

adxudicación de axudas na Escola Infantil Breogán no campus de Santiago”, para o

curso 2015-2016, co fin de fornecer a previa negociación sindical.

12. Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario

de Residencias da USC para o curso 2016-2016

13. Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de

Residencias da USC para estudantes Internacionais para o curso 2015-2016

Page 11: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

11

De novo o reitor propón tratar os dous puntos da orde do día de xeito conxunto

pola identidade do seu contido.

(As 17.00 h toma a presidencia do Consello a vicerreitora de investigación)

A vicerreitora de servizos universitarios do campus de Lugo expón os aspectos

básicos de estas convocatorias e salienta o incremento das prazas adicadas ao

alumnado estranxeiro en liña coa internacionalización da Universidade. No caso de

que non se cubran, se incorporarán á cota de prazas ordinarias.

(As 17.03 h preside de novo o reitor)

Apunta o Sr. P. C. que as solicitudes referidas ao SUR deben entregarse no rexistro

ou no rexistro electrónico. A proposta é aceptada.

Deseguido o Consello de Goberno adopta os acordos que se transcriben.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as convocatorias de prazas de

aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC de carácter ordinario

e a relativa aos estudantes Internacionais, ámbalas dúas para o curso 2015-2016.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento que todas as solicitudes

presentadas no marco destas convocatorias o sexan no Rexistro da Universidade

ou no seu Rexistro Electrónico.

14. Convocatoria das prazas de aloxamento do Servizo Universitario de

Residencias da USC para membros da comunidade universitaria ou

alumnado da universidade de verán 2015, durante o período comprendido

entre o 8 de xuño e o 30 de agosto de 2015

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a convocatoria das prazas de

aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC para membros da

comunidade universitaria ou alumnado da universidade de verán 2015, durante o

período comprendido entre o 8 de xuño e o 30 de agosto de 2015.

Page 12: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

12

15. Prezos para congresos no Servizo Universitario de Residencias 2015-

2016

16. Prezos para visitantes no Servizo Universitario de Residencias 2015-

2016

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento os prezos tanto para os

asistentes a congresos, cuanto para os residentes visitantes, no Servizo

Universitario de Residencias para o curso 2015-2016.

17. Aprobación, se procede, da modificación do Programa de Atención a

Estudantes de fora da Unión Europea

Intervén o vicerreitor de comunicación e coordinación ante a ausencia por unha

viaxe do vicerreitor de internacionalización, que é o competente.

O dicente salienta que o Programa de Atención a Estudantes de Fora da

Unión Europea (PATEX) é un modelo de acollida e xestión de certos estudantes

estranxeiros que, polo de agora, cursen grao ou máster, o cal provoca un custo que

ten de asumir a propia Universidade, as fontes de financiamento externa e o

alumnado, de aí o seu carácter obrigatorio.

A continuación se suceden as intervencións da Sra. C. H., sobre a

organización administrativa derivada do PATEX; do Prof. L. D. , referíndose ao seu

carácter obrigatorio; da Profa. R. H. afirmando que o incremento das cantidades

abonadas polo alumno (matrícula e PATEX) diminuirá a competitividade da

Universidade; da Profa. L. C., no senso de tratar o financiamento das Facultades

que receban alumnos polo PATEX ; do Prof. M. P., que reflexiona sobre o nome

“welcome center” e propón expresalo en galego, ademais de considerar mellor que

a Comunidade Autónoma permita alcanzar o 100% das taxas; do Prof. G. L., que

inquire o número de alumnos que non veñen a través do PATEX e a súa extensión

aos que cursen programas de doutoramento; e da Profa. F. M., quen insiste sobre o

número de alumnos e sobre se unha única unidade vai a xestionar todos os

servizos do PATEX.

Grosso modo, o vicerreitor responde que:

- A xestión corresponderá ao Servizo de Xestión Académica, a ORE, o SUR o

CLM probablemente coa creación dun Centro de Benvida.

- A titorización se fará nos centros.

Page 13: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

13

- A repercusión do financiamento das centro polo PATEX pode alcanzar o

20% do que recadan en tal concepto.

- Non existe unha estimación do número de alumnos, pero neste curso

académico contase con 100 de grao e perto de 200 de máster.

- A exclusión dos programas de doutoramento débese ao feito de non estar

resolto o modus operandi diferente ante programas presenciais e os que non o son.

O reitor somete o PATEX a aprobación e así se fai por maioría coa

abstención do Sr. P. C.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por maioría a obrigatoriedade do Programa de

Atención a Estudantes de fora da Unión Europea (PATEX), os servizos que o

integran e o importe dos prezos segundo o que figura no anexo a esta acta(Anexo

IV).

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por maioría repercutir nos fondos adicados ao

financiamento das facultades e escolas o 20% dos ingresos procedentes do

Programa de Atención a Estudantes de fora da Unión Europea (PATEX).

A petición da Profa. L. C. e con relación ao tema da recepción de numerosos

alumnos procedentes de China especialmente na Facultade de Filoloxía, queda

constancia expresa na acta: “Do compromiso do equipo reitoral para buscar

solucións aos importantes problemas derivados da incorporación masiva de

estudantes estranxeiros á Facultade de Filoloxía procedentes dos numerosos

programas de mobilidade nos que participa a USC”.

18. Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora

da docencia

Tras ser expostas as liñas esenciais da convocatoria polo vicerreitor de

comunicación e coordinación, ábrese un intenso debate sobre o criterio da

convocatoria referido ao “cofinanciamento” co que cabe acadar unha puntuación

máxima de 15, no que participaron as profesoras F. M., L. C., O. E., R. H. e V. R., os

profesores F. L. e L. D., e os señores D. C. A. e P. C.

Argumentos tales como a inoportunidade de introducir o criterio durante un

axuste orzamentario, a difícil situación dos centros que non teñen para cubrir as

Page 14: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

14

súas necesidades básicas, a maior equidade do tradicional sistema de reparto, etc.,

levan á retirada do devandito criterio, co cal o Consello de Goberno aproba por

asentimento e nos termos que se detallan deseguido a “Convocatoria de Axudas

para o Desenvolvemento de Accións de Mellora da Docencia”,

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a Convocatoria de Axudas para o

Desenvolvemento de Accións de Mellora da Docencia cos criterios de avaliación e

selección e a puntuación máxima a acadar por eles que se detalla:

1) Descrición e obxectivos da proposta, máximo de 40 puntos

2) Vinculación coa planificación estratéxica, programación plurianual, plan

de melloras ou seguimento de títulos, máximo de 15 puntos

3) Continuidade de accións, máximo de 5 puntos

4) Cofinanciamento, 0 puntos*

5) Desenvolvemento do SGIC, máximo de 10 puntos

6) Eficiencia dos titulados (grao), cun máximo de 15 puntos

7) Beneficiarios, cun máximo de 15 puntos

*A difícil situación económica dos centros neste ano xustifica que na presente

convocatoria o devandito criterio do cofinanciamento non compute para a

avaliación.

19. Memorias de Cursos de Posgrao

ACORDOS

O Consello de Goberno acordou aprobar por asentimento a memoria do título de

posgrao propio Máter en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito

Social do curso 2013-2014.

O Consello de Goberno acordou por asentimento ratificar o informe desfavorable

da Comisión de Posgrao Propio, na súa reunión do 13 de marzo de 2015, con

relación a memoria do Máster en Mediación do curso 2013-2014.

O Consello de Goberno acordou o cambio da directora do Máster en Mediación

para a súa próxima edición, curso 2015-2016, polos motivos expresados no

informe desfavorable da Comisión de Posgrao Propio, na súa reunión do 13 de

marzo de 2015, con relación a memoria do devandito título correspondente ao

curso 2013-2014.

Page 15: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

15

20. Premios extraordinarios

ACORDOS

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos seguintes

premios extraordinarios de licenciatura (2013-2014) nas persoas que se

relacionan:

D. Alejandro Rivero de Aguilar Pensado (Medicina)

D. Óscar Rapado González (Odontoloxía)

Dona Ana García Lavandeira (Dereito)

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dun premio

extraordinario de doutoramento (2011-2012) a favor de:

Dona Beatriz Bravo Torrija (Facultade de Ciencias da Educación)

Dona Silvana Longueira Matos (Facultade de Ciencias da Educación)

Dona Mª Helena Zapico Barbeito (Facultade de Ciencias da

Educación)

Dona Mª Teresa Fernández Blanco (Facultade de Ciencias da

Educación)

Dona Eva Alonso Pérez (Facultade de Veterinaria)

Dona Patricia Regal Alonso (Facultade de Veterinaria)

Dona Karola Böhme (Facultade de Veterinaria)

21. Asuntos económicos

A vicerreitora de investigación explica que, en cumprimento do compromiso

adquirido no pasado Pleno do Consello de Goberno, preséntase a información

sobre o financiamento para o ano 2015 do Centro de Biomedicina Experimental

(CEBEGA) en canto a investimentos e custos operativos tal como figura no anexo a

esta acta(Anexo V).

22. Convenios

O reitor informa sobre o Protocolo entre o Consello de Santiago de Compostela e a

USC para fixar as condicións da ordenanza OE-5, a redactar polo Consello en base ás

propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento de parcela de titularidade

universitaria coñecida como Hospital Provincial, que fora requirido polo Prof. López

Díaz no anterior Pleno do Consello.

Tamén da conta de ter preparada a información solicitada polo Prof. L. D. e o Sr. P.

C. sobre os convenios de RedEmprendia coa USC. Así mesmo, comunica que o Prof.

B. A. solicitou comparecer ante o Consello de Goberno para explicar as súas

Page 16: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

16

funcións en RedEmprendia, cuestión que tiña sido moi debatida en anteriores e

sucesivas reunións do órgano colexiado.

O reitor fai un breve resume dos contratos de RedEmprendia coa USC e as 18.51

horas entra o Prof. B. A. no Salón Reitoral. De inmediato o reitor dálle a palabra. A

intervención do Prof. B. A. se resume en:

- O Prof. B. A. preside Redempredia dende o ano 2008, como presidente honorífico,

por ser naquela época reitor. No ano 2010 e ata a actualidade é o seu presidente

executivo.

- O mecenas principal é o Banco Santander, aínda que non financia todo.

- Os espazos utilizados no desenvolvemento destas función están no edificio

Emprendia pero son alugados pola USC.

- As actividades de cooperación de RedEmprendia coa USC son financiadas a través

de contratos consonte o artigo 83 da LOU, e reportáronlle a esta última máis de 1,3

millóns de euros.

- Dende o caso do Prof. J. R. a USC conta coa Normativa para a concesión de

exencións docentes e para a contratación do PDI substituto, no marco de accións

especiais relacionadas coa xestión, docencia ou investigación (aprobada polo

Consello de Goberno do 20 de xuño de 2007), a través da cal se permite o

financiamento dunha praza de profesor para substituír a outro que queda exento

da actividade docente, sendo este o caso do Prof. B. A.

- O Prof. B. A. afirma que ao mesmo tempo desenvolve a súa actividade

investigadora no CITIUS e procede a dar conta dos seus resultados máis recentes.

As 19.18 horas remata a súa intervención e intervén o Sr. P. C. Tras mostrar o

agradecemento polas verbas do Prof. B. A., explica que o feito de ser presidente de

Redemprendia e asignar con ela un contrato como investigador principal non

parece o máis adecuado.

De xeito resumido, o Prof. B. A. responde que valorou a posibilidade dunha

dedicación a tempo parcial, pero con iso non se podería cumprir o compromiso do

profesor substituto e outros máis.

En fin, tamén intervén o Prof. L. D., que agradeceu a presenza do citado profesor e a

transferencia de información para intentar despexar sombras e dúbidas; a

vicerreitora de investigación, nos mesmos termos de agradecemento xa

expresados e destacando o papel da Comisión de Actividades e Servizos de I+D que

coñece da proposta de aprobación dos convenios e contratos outorgados no

ámbito do art. 83 da LOU; e, por último, o reitor para dar por concluída a

comparecencia do Prof. B. A. que abandona o Salón Reitoral as 19.27 horas.

Page 17: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

17

Mudando de tema, o Sr. P. C. pon en dúbida a conformidade a dereito do Convenio

marco de colaboración coa empresa Maiores Atención a la Dependencia S.L., en

particular unha cláusula que pode encubrir unha cesión ilegal de traballadores

entre a entidade asinante e a USC. Retírase da aprobación polo Consello e acórdase

a corrección da cláusula en cuestión para presentala de novo ao coñecemento do

Consello de Goberno.

ACORDOS

O Consello de Goberno acordou aprobar por asentimento os convenios que se

relacionan no anexo VI a esta acta, agás o Convenio Marco de Colaboración coa

Empresa Maiores Atención a la Dependencia, S.L.

O Consello de Goberno acordou por asentimento a retirada e, polo tanto, non

aprobación, do Convenio Marco de Colaboración coa Empresa Maiores Atención a la

Dependencia, S.L., mentres non sexa corrixida a cláusula relativa ao intercambio de

persoal entre as entidades asinantes.

23. Asuntos de trámite

Non hai.

24. Rogos e preguntas

O reitor traslada a este punto da orde do día a pregunta formulada pola Profa. R. H.

no punto dezanove sobre os expedientes dos títulos de posgrao propio informados

polo Servizo de Control Interno.

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa responde que cando remate

o procedemento procederá a dar conta ao Consello de Goberno.

O Prof. F.L. comenta o gasto dos tribunais das teses de doutoramento e formula a

posibilidade de reducir o número de membros ou incrementar o orzamento para

esta actividade.

O reitor responde que xa está moi avanzado o regulamento da Escola Internacional

de Doutoramento e as modificacións do Regulamento de Estudos de Doutoramento

da USC que resolverán a cuestión proposta.

A Profa. L. C. pregunta pola normativa de prácticas extracurriculares; e o

vicerreitor de oferta docente e innovación educativa responde que virá no próximo

Pleno.

A Profa. R. H. suscita unha panoplia de cousas, a saber:

Page 18: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

18

- Necesidade de reformular a política da Universidade con relación aos

centros adscritos.

- Na orde do día, facer unha clara distinción entre os puntos de informe

e os de aprobación.

- A falta de información sobre as obras RAM, sendo correcto mudar esta

mala praxe.

- A busca dun método para formalizar as actividades que non sexa de

I+D.

- A execución dos remanentes.

O xerente responde que, no referido ao RAM, estase a pechar a programación para

contactar logo cos centros que demandan os servizos, aínda que se constata un

retraso derivado do problema existente na Facultade de Farmacia. No que atinxe

aos remanentes, afirma que a xente non pode identificar que se se habilita un

crédito so é para a actividade para a que se habilitou.

Pola súa banda, o Prof. L. D. formula diferentes rogos e preguntas:

- O cadeado que impide o acceso a algúns documentos do taboleiro

electrónico debe de ser eliminado.

- A composición e constitución da Comisión do Campus da Cidadanía.

- No Pleno anterior do Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015

aprobouse con voto en contra o pago do 10% do anticipo da matrícula

para alumnos estranxeiros de doutoramento, procede corrixir a páxina

web neste sentido.

O reitor explica que no referido ao Campus da Cidadanía, polo de agora so están

facendo un traballo que será presentado no próximo Consello de Goberno.

A secretaria xeral comprométese a darlle resposta sobre o emprego do cadeado no

Pleno seguinte.

O Prof. M. P. pregunta se é razoable o nomeamento de cargos que non figuran nos

Estatutos nin foron creados por acordo do Consello de Goberno, como é o caso do

director comisario da Aula de Produtos Lácteos e o comisionado para o Campus da

Cidadanía. O reitor responde que eses nomeamentos se fixeron antes de ser

aprobados polo Consello de Goberno por razóns de urxencia e que a súa creación

someterase a aprobación nun vindeiro Consello de Goberno.

Pregunta tamén cómo se modifican as materias dos planos de estudo sen a

aprobación do Consello de Goberno. Neste sentido, solicita que non se aprobe a

modificación de materias do Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e das

Page 19: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

19

Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social, que aparece no

PDA, xa que o Consello de Goberno no seu momento xa se pronunciou en sentido

negativo en relación con esa modificación por estar sometido o Máster

actualmente á acreditación, e que cando se fagan cambios que afecten a materias

dos planos de estudo pasen polo Consello de Goberno antes de poder incorporarse

no PDA.

O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa comprométese a darlle

resposta no Pleno seguinte.

As 20.17 horas se levanta a sesión, do que dou fe como secretaria.

Consuelo Ferreiro

Vº e Prace Secretaria

Xeral

O reitor

Juan M. Viaño

Page 20: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

20

Anexo I

Límite de prazas e requisitos de admisión nos másteres universitarios para o

curso 2015-2016

O Consello de Goberno, na súa sesión do 4 de febreiro de 2015, aprobou a oferta inicial de másteres universitarios da USC para o curso 2015-16, coa finalidade de poder publicitar a dita oferta entre estudantes de sistemas educativos alleos ao EEES.

Posteriormente incluíronse dentro da previsión de oferta de titulacións de máster universitario as titulacións en proceso de verificación, titulacións pendentes de autorización de implantación por parte da Comunidade Autónoma, etc. Ao mesmo tempo, procedeuse a realizar a subsanación no apartado de titulacións de acceso no Máster en Física, no Máster en Enerxías Renovables e no Máster en Xestión e Dirección Laboral. Incorporouse tamén unha aclaración en relación á oferta do Máster en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e ás súas Patoloxías (no caso de ofertarse o Máster en Psicoloxía Educativa, o máster anterior retiraríase da oferta para o curso 2015-16).

De acordo con todo o anterior, o Consello de Goberno, na súa sesión do 27 de marzo, acorda aprobar a oferta de másteres universitarios no curso 2015-16 de acordo coa información que figura nos anexos.

Nos documentos anexos relaciónanse as propostas alfabéticamente, con indicación do procedemento de admisión proposto pola Comisión Académica da titulación:

académico) e criterios específicos de selección

Page 21: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

21

ANEXO II

Advertidos erros no Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e de Formación Continua, aprobado no Consello de Goberno do día catro de febreiro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Artigo 5. Dos cursos de especialización

Onde di: «Os cursos de especialización deben: a) Eximir dos requisitos de acceso dos másteres oficiais, se o título vai dirixido a profesionais e, ademais, precisar na proposta do curso as profesións que habiliten para o aceso », debe dicir: « Os cursos de especialización deben: a) Esixir os mesmos requisitos de acceso que os dos másteres oficiais, podendo eximir destes requisitos de acceso, se o título vai dirixido a profesionais e na proposta do curso se indican as profesións que habiliten para o acceso, en todo caso deben ter os estudos requiridos para o acceso a universidade».

Artigo 6. Dos cursos de formación continua

O punto 3, queda redactado do seguinte xeito:

Distínguense tres modalidades de cursos de formación continua:

a) Cursos Básicos: de 1 ata 5 créditos ECTS

b) Cursos de Perfeccionamento: de máis de 5 e menos de 20 créditos ECTS

c) Cursos de Experto: de 20 ou máis créditos ECTS

Artigo 8. Da directora ou director do título

No punto 1, onde di: « 1. O director dun título propio poderá ser catedrático, profesor titular de universidade ou de escola universitaria ou persoal docente contratado con carácter permanente, pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no caso dos másteres propios o director deberá posuír o título de doutoramento. », debe dicir: «O director ou codirector deberá pertencer a USC, e no caso dos cursos de posgrao propio deberá ser catedrático, profesor titular de universidade ou de escola universitaria ou persoal docente contratado con carácter permanente. Ademais, no caso dos másteres propios o director deberá posuír o título de doutor. No caso de cursos de formación continua, a Comisión poderá eximir excepcionalmente dos requisitos anteriores para ser

Page 22: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

22

director o codirector, en todo caso debe ser persoal da USC».

Artigo 10. Do profesorado

No punto 5, onde di: « 5. O límite será de 120 horas de docencia por curso académico, sumando a dirección ou coordinación segundo o disposto no artigo 12 deste Regulamento.», debe dicir: « 5. O límite será de 120 horas por curso académico, sumando a docencia, dirección, codirección ou coordinación.».

Artigo 13. Das propostas para a aprobación ou para a renovación dos títulos

No punto 5, onde di: « No caso de títulos propios con duración superior a 20 créditos ECTS,.» debe dicir: « No caso de títulos propios con duración igual ou superior a 20 créditos ECTS».

No punto 6, onde di: « No caso de títulos propios con duración inferior ou igual a 20 créditos ECTS, ... », debe dicir: No caso de títulos propios con duración inferior a 20 créditos ECTS,...».

Artigo 14. Das propostas para a aprobación ou para a renovación dos títulos

No punto 1, onde di: « ...unha duración superior a 20 créditos ECTS», debe dicir: «...unha duración igual ou superior a 20 créditos ECTS».

Artigo 21. Das retribucións e contratacións

No punto 4, onde di: « As contratacións serán autorizarán pola Xerencia... », debe dicir: « As contratacións serán autorizadas pola Xerencia ».

Page 23: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

23

ANEXO III

CALENDARIO ACADÉMICO CURSO 2015-2016

Aprobado polo Consello de Goberno

do 27 de marzo de 2015.

1. DISPOSICIÓNS XERAIS

O curso académico 2015-2016 organizarase en dous semestres académicos, e

abarcará dende o día 1 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016,

agás os días marcados como festivos ou non lectivos neste calendario.

Excepcionalmente, poderán realizarse actividades fóra deste período no caso

de prácticas en empresas, ou para a avaliación de traballos de fin de Grao ou

de fin de Máster.

O calendario será único para os estudios adaptados ao EEES e para os que se

atopen en proceso de extinción. Sen embargo, previa petición dos centros,

poderá autorizarse excepcionalmente para as titulacións en proceso de

extinción, a realización de exames da segunda convocatoria no mes de

setembro.

O primeiro semestre para impartición de docencia iniciarase o día 7 de

setembro de 2015 e rematará o 22 de decembro de 2015.

O segundo semestre para impartición de docencia iniciarase o día 25 de

xaneiro de 2016 e rematará o día 13 de maio de 2016.

En consecuencia, o calendario de docencia, período de cualificacións e entrega

de actas será o seguinte:

Page 24: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

24

PRIMEIRO SEMESTRE

INIC IO

INIC IO

FI N

PERIODO LECTIVO 07/09/2015 22/12/2015

PERIODO DE EXAMES

08/01/2016

23/01/2016

As cualificacións deberán publicarse

no prazo máximo de 15 días naturais

dende a realización do exame (art. 7.1 da

Normativa de avaliación…)

(Poderá solicitar a S.X. e fixarse polos centros a realización de exames anticipados)

08/01/2016

23/01/2016

ENTREGA ACTAS

(15 días dende a realización dos exames)

09/01/2016

10/02/2016

DEFENSA TFM/TFG

27/01/2016

26/02/2016

ENTREGA ACTAS TFM/TFG 28/01/2016 07/03/2016

SEGUNDO SEMESTRE

INIC IO FIN

PERIODO LECTIVO

25/01/2016

13/05/2016

PERIODO DE EXAMES

16/05/2016

31/05/2016

As cualificacións deberán publicarse no prazo máximo de 15 días naturais dende a realización do exame (art. 7.1 da Normativa de avaliación…).(Poderá solicitar a S.X. e fixarse polos centros a realización de exames anticipados)

16/05/2016

31/05/2016

ENTREGA ACTAS

17/05/2016

17/06/2016

DEFENSA TFM/TFG

23/06/2016

22/07/2016

Page 25: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

25

ENTREGA ACTAS TFM/TFG 23/06/2016 29/07/2016

SEGUNDA OPORTUNIDADE

(Preferiblemente as datas iniciais

corresponderán ás materias do primeiro

semestre)

23/06/2016

11/07/2016

ENTREGA ACTAS SEGUNDA

OPORTUNIDADE

(15 días dende a realización dos exames cun

máximo do 22 de xullo de 2016)

23/06/2016

22/07/2016

DEFENSA TFM/TFG (SETEMBRO) 01/09/2016 22/09/2016

ACTAS 01/09/2016 30/09/2016

2. RECUPERACIÓN DE MATERIAS EXTINTAS

A recuperación de materias extintas en titulacións non adaptadas ao EEES

poderá fixarse nos meses de setembro, outubro ou novembro nas datas

concretas determinadas polos centros, tendo en conta que deberán

transcorrer 15 días entre o último exame e a data de sinatura de actas. Cada

centro concretará as devanditas datas, dándolle a mesma publicidade que as

outras datas de cualificacións. O período de entrega de actas comprenderá

dende o 1 de setembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2015, data límite

de sinatura de actas.

3.- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA PARA

TITULACIÓNS NON ADAPTADAS AO EEES

As datas de realización dos exames da convocatoria de “fin de carreira” para

titulacións non adaptadas ao EEES serán no mes de decembro (do 2 ao 17

decembro) segundo o que determine cada centro, que lle dará a mesma

Page 26: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

26

publicidade como ás outras datas de cualificacións. A data límite de sinatura de

actas será o día 8 de xaneiro de 2016, e non poderá transcorrer máis de quince

días entre a data de celebración do exame e a de sinatura da acta. Por

conseguinte, o período de sinatura de actas decorrerá dende o 2 de

decembro de 2015 ata o 8 de xaneiro de 2016.

4.- SEGUNDA CONVOCATORIA PARA TITULACIÓNS NON ADAPTADAS AO

EEES

A segunda convocatoria para titulacións non adaptadas ao EEES terá lugar no

período e coas condicións de realización e entrega de actas prevista para a

segunda oportunidade nos graos e másters vixentes.

5.- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA PARA GRAOS

E MÁSTERES

As datas de realización dos exames da convocatoria extraordinaria de fin de

carreira para as titulacións de Grao e Máster, así como a data límite de sinatura

das actas, coincidirán coas previstas para a realización de exames e para a

sinatura das actas do primeiro semestre.

6.- PERÍODOS NON LECTIVOS

Non será lectivo o mes de agosto, nin os días festivos, nin outros períodos de

interrupción da actividade académica.

Os períodos de interrupción da actividade académica serán: a) dende o

mércores 23 de decembro de 2015 ata o 7 de xaneiro de 2016 (ambos os dous

incluídos); b) o luns e martes de Carnaval (8 e 9 de febreiro de 2016); e c) a

Semana Santa, dende o 21 de marzo ao 27 de marzo de 2016 (ambos os dous

incluídos).

Terá carácter festivo e, polo tanto, non lectivo, o venres 29 de xaneiro de 2016,

día ao que se traslada a festividade de Santo Tomé de Aquino.

Page 27: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

27

Así mesmo serán non lectivos os días declarados festivos polo Estado, a

Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das correspondentes festas

locais.

Finalmente, en cada centro, terá carácter non lectivo o día de celebración da

súa festividade. A estes efectos, son festividades dos centros as seguintes:

4 de outubro (S. Francisco de Asís). Facultade de Veterinaria 18 de outubro (S. Lucas). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en

Medicina) 15 de novembro (S. Alberte Magno). Facultade de Bioloxía, Física,

Matemáticas, Química e Ciencias 27 de novembro (S. Xosé de Calasanz). Facultade de Formación

doProfesorado 8 de decembro (Inmaculada). Facultade de Farmacia 13 de decembro (Sta. Otilia). Facultade de Óptica e Optometría 23 de xaneiro (S. Raimundo de Peñafort). Facultade de Dereito 9 de febreiro (Sta. Apolonia). Facultade de Medicina e Odontoloxía (Lic. en

Odontoloxía) 24 de febreiro (Xoán Huarte de S. Xoán). Facultade de Psicoloxía 8 de marzo (S. Xoán de Deus). Facultade de Enfermería 9 de marzo (natalicio do Padre Sarmiento). Facultade de CC. da Educación 19 de marzo (San José). Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. 5 de abril (S. Vicente Ferrer). Facultade de CC. Económicas e Empresariais e

Fac. de Administración e Dirección de Empresas 15 de abril (natalicio de Leonardo da Vinci). Escola Técnica Superior de

Enxeñaría 22 de abril (Día da Terra). Escola Politécnica Superior 26 de abril (S. Isidoro de Sevilla). Facultades de Filoloxía, Filosofía,

Humanidades e Xeografía e Historia. 1 de maio (Día do Traballo). Facultade de Relacións Laborais 3 de maio (Día da Liberdade de Expresión). Facultade de Ciencias da

Comunicación

Coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, se ditas festividades

coinciden en martes ou xoves, celebraranse o luns ou venres máis próximos, e

se cadraran en mércores trasladaranse ao venres. As que coincidan en sábado,

domingo ou festivo celebraranse o día lectivo anterior ou seguinte.

Page 28: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

28

7.- ADAPTACIÓN DO CALENDARIO

Cada centro ou Comisión Académica de Máster, en función das súas

características e/ou circunstancias, poderá facer unha adaptación deste

calendario que, en todo caso, terá que ser previamente autorizada pola

Secretaría Xeral da Universidade e deberá facerse pública.

Page 29: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

29

ANEXO IV

Xestión Unificada, Académica e de Servizos, a Estudantes Internacionais

Modificación do Programa de Atención a Estudantado de fóra da UE

A internacionalización da Universidade de Santiago ten sido recoñecida como un

dos eixos fundamentais na súa política dos próximos anos. Dentro das diferentes

accións, que se concretarán nun futuro Plano Estratéxico de Internacionalización,

adquire unha relevancia especial a captación de alumnado internacional, en

particular de países fóra da Unión Europea. Estes estudantes presentan unha serie

de peculiaridades que fan que un tratamento diferenciado sexa recomendable,

tanto desde o punto de vista da integración real dentro da nosa universidade como

desde o punto de vista da imaxe e atractivo da Universidade de Santiago de

Compostela con respecto a outras universidades do mundo.

Este documento recolle unha serie de medidas, que modifican o Programa de

Atención a Estudantado de Fóra da UE (PATEX), aprobado en Consello de Goberno

e Consello Social en Maio de 2013. Estas medidas están encamiñadas a trazar un

itinerario único e tutelado para todos os estudantes que acceden desde sistemas

educativos de fóra da Unión Europea, que inclúa o correspondente apoio na

elección de materias, admisión, xestión de matrícula, integración dentro da

Universidade e das cidades de acollida, así como a labor de información e difusión

da nosa oferta académica, científica e cultural.

O programa materialízase nun novo protocolo de información, xestión e apoio,

seguindo un modelo de portelo único. O alumno desde que entra en contacto coa

nosa universidade ten un referente único, unha nova Unidade de Estudantes

Internacionais, que terá o seu punto de referencia físico no futuro International

Welcome Center. Esta unidade estará encargada de informar, xestionar e dar apoio

aos estudantes, desde a primeira demanda de información até o momento final da

súa relación coa USC. Desde o punto de vista organizativo, a unidade actuará de

interface entre o alumno e as unidades de xestión correspondentes dentro do

organigrama da universidade. Ao mesmo tempo, o alumno recibirá servizos

adicionais que axuden a súa integración no noso entorno e a súa formación integral

como tal. Tendo en conta que unha das principais motivacións para a mobilidade

internacional dos estudantes de educación superior é a experiencia vital e

formativa en países distintos do propio, esta última semella de especial relevancia.

Este modelo de xestión ten un custo económico que será en parte asumido pola

Universidade de Santiago de Compostela e en parte asumido polo propio alumno

ou por fontes externas. Con prezos competitivos a nivel internacional e con

Page 30: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

30

perspectiva de axuste a medida que o modelo vaia tendo máis percorrido. Inclúe

tamén apoio ás titulacións e centros que reciban máis estudantes

extracomunitarios de tal maneira que a integración destes entre o resto do

alumnado se realice de xeito adecuado, que contribúa tanto á formación do

alumnado procedente dos sistemas alleos como á do alumnado procedente do

noso sistema educativo, por contacto con aqueles. A contribución será a

equivalente ao 10% do custo dos servizos aquí recollidos.

Aínda que o modelo de xestión única será implementado en todos os niveis

académicos, o correspondente a doutoramento será desenvolvido con

posterioridade. Este documento é de aplicación, por tanto, para estudos de grao de

máster.

Modelo de atención única

O primeiro contacto do estudante coa universidade de acollida é usualmente a

solicitude de información, tanto da oferta académica como dos procedementos e

prazos de matrícula ou dos servizos e apoio na integración. Este primeiro contacto

se canalizará xa a través da Unidade de Estudantes Internacionais que levará a

cabo un seguimento destas consultas, en coordinación cos servizos da

universidade correspondentes. Unha vez que o estudante decide o seu itinerario

académico, a unidade apoiará o proceso de matrícula que será realizado na

Unidade de Xestión Académica, incluíndo o cobro e liquidación de matrícula e

servizos. Despois desta fase, a Unidade de Estudantes Internacionais axudará na

organización do transporte e aloxamento a Santiago ou Lugo e a súa posterior

integración na vida universitaria, cultural e social.

Servizos incluídos no programa

Os servizos adicionais que reciben os estudantes extracomunitarios agrúpanse nun

paquete único cun custo estimado para o estudante de 2400 Euros para o curso

académico 2015-2016. De non existir modificación explícita en cursos académicos

posteriores estenderase este prezo de maneira automática. Estes servizos inclúen

os seguintes apartados

Comunicación personalizada. Un programa exclusivo de comunicación

personalizada, desde o momento no que o estudante decide estudar na USC, para

xestionar todos os trámites que deba realizar, así como para facilitarlle toda a

información que necesite, tanto para a viaxe como para a súa a estancia e matrícula

e estudos.

Programa de titorización administrativa. Ofrecerase un programa de

acompañamento ao estudante en todas as tarefas administrativas da universidade,

Page 31: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

31

tanto nos servizos centrais (admisión, matrícula, …) como nos centros de destino

(facultades, escolas, ….)

Gratuidade en cursos intensivos para o coñecemento do galego e do español.

A través deste programa, ofreceráselle ao estudante a posibilidade de participar en

programas de inmersión lingüística nas linguas oficias da USC

Gratuidade en actividades deportivas e culturais. Entregarase una completa

información de todos os servizos propios da Universidade Compostela, como

deportes, bibliotecas, …. Ofrecerase tamén un programa de gratuidade en

actividades deportivas e culturais.

Participación no programa titores para a axuda á integración. Este programa

permite aos estudantes visitantes ser atendidos por estudantes titores, encargados

de introducilos na vida universitaria

Preferencia na concesión de prazas do Sistema Universitario de Residencias.

O programa permite aos estudantes ter preferencia na consecución de prazas

dentro das reservas para alumnos internacionais nas residencias universitarias.

Xestión dos permisos necesarios para a estancia. Un programa que lle facilita

ao estudante a xestión de todos os documentos necesarios para a súa estancia na

USC e en Santiago ou Lugo (permiso de residencia, visado..etc) .

Transporte e aloxamento. Un programa de xestión e axuda en todo o relacionado

co transporte e o aloxamento do estudante. Inclúense accións como a información

e axuda na contratación de aloxamento na cidade de Santiago de Compostela e

Lugo, información e xestión de transporte, …

Prioridade na entrega das credenciais universitarias. No momento da chegada,

o estudante recibirá a TUI e todos os documentos necesarios para a súa instalación

na USC. Ademais, establecerase una información detallada coas persoas de

contacto para cada un dos aspectos contratados

Presentación da cidade. Realizarase un servizo de información completo sobre as

posibilidades da cidade de Compostela e de Lugo.

Actividades culturais. O programa contempla a organización dunha serie de

actividades que permitan una maior inmersión na cultura galega e española, a

través de acción culturais, viaxes, charlas, …

Page 32: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

32

Exencións

O presente programa será de aplicación a todos/as os/as estudantes que accedan á

Universidade de Santiago de Compostela desde sistemas de ensino de países

extracomunitarios.

Non obstante o anterior, quedan exentos do programa:

1º) Os/as estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou

os que teñan residencia legal en España.

2º) Os/as estudantes matriculados na Universidade de Santiago de

Compostela no curso 2014-2015 e que continúen os seus estudos.

Aos alumnos de intercambio por convenios bilaterais, ou outros esquemas de

intercambio ou bolsas, seralles de aplicación o subscrito no convenio, na norma ou

na disposición correspondente, podendo quedar exentos ou non das medidas

recollidas no presente documento.

Os alumnos exentos poden acceder ao programa de maneira voluntaria se así o

solicitan.

Progresividade

Aqueles alumnos de postgrao que se matriculen en menos do equivalente a un

curso académico (60 créditos) terán dereito a unha redución no prezo dos servizos

prestados no programa, por entenderse que existirá unha proporcionalidade entre

estes e o tempo de estudo na universidade. Establécense os seguintes tramos

Menos de 20 créditos – Custe dos servizos 800 Euros

De 20 a 40 créditos – Custe dos servizos 1600 Euros

De 40 – 60 créditos – Custe dos servizos 2400 Euros

Para estudos de grao establécese unha progresividade na redución por cursos

académicos, por entenderse que as necesidades de prestación de servizos son

menores a medida que o alumno está máis integrado.

Primeiro ano – 2400 Euros

Segundo ano – 800 Euros

Terceiro ano – 800 Euros

Cuarto ano – 800 Euros

Page 33: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

33

Como período transitorio, fíxase un prezo de 1600 Euros para o primeiro ano no

curso 2015-2016 para os alumnos que accedan a realizar o grao completo.

No caso dos alumnos de grao que realicen unicamente estudos de 1 ou 2

semestres, terán un mínimo de 24 créditos/semestre.

Page 34: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

34

ANEXO VI

A) CONVENIOS PRESENTADOS POLA UNIDADE DE CONVENIOS - SERVIZO DE RELACIÓNS EXTERIORES

1. Acordo marco de colaboración en materia de investigación coa Escuela Superior Integral de Lechería (Arxentina).

2. Anexo de modificación e prórroga do Protocolo de Cooperación e Acordo específico para Intercambio de Estudantes coa Universidad Militar Nueva Granada (Colombia).

3. Convenio co Instituto Camões (Portugal) para regular a contratación de Lector/a para impartir lingua e cultura portuguesa no Departamento de Filoloxía Galega.

4. Convenio coa Universidade de Vigo para regular a recepción de alumnado en prácticas na Estación de Bioloxía Mariña da Graña.

5. Convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para promover e potenciar o galego a través da Revista Dorna.

6. Convenio de colaboración co Ministerio de Defensa para desenvolvemento de diversas actividades relacionadas coa seguridade e a defensa, ano 2015.

7. Acordo de colaboración coa Fundación CESGA para o aloxamento do servidor virtual VPS-HISTORIA-1 (VPS8)

8. Convenio marco de colaboración co Clúster Audiovisual Galego.

9. Convenio marco e anexos coa empresa EQA Certificados I+D+i, S.L.U. (renovación convenio anterior).

10. Convenio coa empresa Dentsply España S.L. para desenvolvemento de programa de uso de produto.

Dáse conta da tramitación e/ou sinatura dos seguintes convenios:

11. Protocolo entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC para fixar as condicións de modificación da ordenanza OE-5, a redactar polo Concello en base ás propostas acordadas coa USC para xestionar o alleamento de parcela de titularidade universitaria coñecida como Hospital Provincial.

B) CONVENIOS PRESENTADOS POLO SERVIZO DE XESTIÓN DA OFERTA E

PROGRAMACIÓN ACADÉMICA

a) Convenios para prácticas de alumnos:

Prácticas dos alumnos da Facultade de Veterinaria:

Page 35: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

35

1.- Centro Veterinario Área Central, SL.

2.- Centro Veterinario Equino Casal do Río, SL.

3.- Clínica Veterinaria Somaza-Pérez, SLP.

4.- Clínica Veterinaria Exotics, SL.

5.- El Endrinal, CB.

6.- Faro, CB (Centro Veterinario Darwin)

7.- Veterinarios Aldur, SCP.

8.- Ecovet Veterinaris, SLP.

9.- Daem Servicios Veterinarios, SL.

10.- Lairoside, SL (Hospital Veterinario Abeiro)

11.- Laura Lage Gayoso

12.- Nuter Feed, SAU.

Prácticas dos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñería:

13.- Hijos de Rivera, SAU.

Prácticas dos alumnos da Facultade de Ciencias da Educación:

14.- Asociación Galega de Familiares de Persoas Afectadas pola Síndrome de

Asperger (ASPERGA)

15.- Aurora, Pilar y Ana, SL.

16.- Centro de Día Lembranzas

17.- Concello de Moaña

18.- Concello do Carballiño

19.- Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down

20.- Fundación Cruz Blanca

Prácticas dos alumnos do Grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural:

21.- ENCE Navia (Prácticas/TFG)

Prácticas dos alumnos dos Graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual:

Page 36: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

36

22.- Asociación Liga Noroeste (Liga Galega de Traiñeiras)

Prácticas dos alumnos do Grao en Bioloxía:

23.- Fundación Ramón Domínguez (Prácticas/TFG)

Prácticas dos alumnos do Grao en Enxeñería Química:

24.- Martín Códax, SAU. (Addenda)

Prácticas dos alumnos das titulacións en Enxeñería Química:

25.- Euroserum Ibérica (PFC/TFG/TFM)

Prácticas dos alumnos do Grao e Máster en Enxeñería Química e Bioprocesos:

26.- CEAMSA

Prácticas dos alumnos do Máster en Dirección de Empresas:

27.- Ader Recursos Humanos ETT, SA.

28.- Afixcal Servicios Empresariales, SL.

29.- Baeza Barrantes, SL.

30.- Biostatech Advice, Training & Innovation in Biostatistics, SL.

31.- Carrís Hoteles, SL.

32.- Decathlon España, SA.

33.- Elite Relación, SL.

34.- Faz Cultura e Desenvolvemento, SL.

35.- Fundación IED Deportivo SC Azkar Lugo (ADE Lugo)

Prácticas dos alumnos do Grao e Máster en Técnicas Estadísticas:

36.- Abanca Corporación Bancaria, SA.

Prácticas dos alumnos do Máster en Matemática Industrial:

37.- Arcelormittal Centro de Servicios Compartidos, SL.

38.- Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)

39.- CO2 Smart Tech, SA.

40.- Factorías Vulcano, SA.

Page 37: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

37

41.- Fundación Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria

42.- Ikerlan, Soc. Coop.

43.- Instituto Tecnológico de Matemática Industrial

44.- Mestrelab Research, SL.

45.- Rodman Polyships, SAU.

46.- Russula, SA.

47.- Silicio Ferrosolar, SL.

48.- Tecnologías Avanzadas Inspiralia, SL.

Prácticas dos alumnos do Máster en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía

Alimentarias:

49.- Laboratorio Maxcontrol Noroeste

50.- Lácteos Feinar, SL.

Prácticas dos alumnos do Máster en Xestión Pública:

51.- Cruz Roja Española en Galicia (Addenda)

Prácticas dos alumnos do Máster en Dirección de Proxectos:

52.- Viveros Mañente, SL.

Prácticas dos alumnos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e

Máster en Xestión e Dirección Laboral:

53.- José Andrés Barros Nogueira

Prácticas dos alumnos do Máster de Márketing, Consultoría e Comunicación

Política:

54.- Ideara, SL.

55.- Political Intelligence, SL.

Prácticas de alumnos a través do Consello Social:

56.- El Capricho, CB.

57.- One to One MKT by RBL, SL.

Prácticas Formativas en materia de Medio Rural e Montes:

58.- Consellería do Medio Rural e do Mar

Page 38: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

38

C) CONVENIOS PRESENTADOS POLO CENTRO DE POSGRAO

Convenios de Doutoramento

1.- Acordo de modificación do convenio de cotutela entre a Pontificia Universidad

Católica de Chile e a Universidade de Santiago de Compostela para o doutorando

Pablo Thomas Riveros.

2.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela

(USC) e a Universidad de la República (UdelaR), para a mobilidade de profesores e

estudantes para o programa de doutoramento en “Enxeñería Química e

Ambiental“.

3.- Convenio de cotutela para unha tese de doutoramento entre a Universidade

Sorbonne Nouvelle-Paris 3 (Francia) e a Universidade de Santiago de Compostela

(España) para o doutorando Gonzalo Vázquez Pereira.

4.- Acordo de modificación do convenio de cotutela entre a Università Cattolica del

Sacro Cuore (Milano) e a Universidade de Santiago de Compostela para a

doutoranda María de los Milagros Comesaña Santos.

Convenios de colaboración en cursos de posgrao propio e formación continua:

5.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Norquality Consultores s.l. para a realización do curso de posgrao propio “Máster

en dirección e xestión de centros, recursos e servizos para a atención á

dependencia” código ME92.

6.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Marquid Consulting s.l.l. para a realización do curso de posgrao propio “Máster en

dirección e xestión de centros, recursos e servizos para a atención á dependencia”

código ME92.

7.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Agenor Mantenimientos SA para a realización do curso de posgrado “Curso de

acreditación de operadores de radiodiagnose médica”, código FE5Y.

8.- Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Barbieri 2014 SLP para a realización do curso de posgrado “Curso de acreditación

de operadores de radiodiagnose médica”, código FE5Y.

9.- Modificación do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Fundación Familias Mundi (FM) para a realización do Curso de

experto en coaching educativo: función directiva e función docente, código FE5E.

Page 39: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

39

10.- Modificación do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Fundación Familias Mundi (FM) para a realización do Curso de

posgrado propio “Máster en literatura infantil e xuvenil como aporte á formación e

desenvolvemento de hábitos lectores”, código MEA3.

Convenios para formación de persoal en cursos de posgrao propio e formación

continua:

-Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e Finsa

SA para a formación de persoal en cursos de posgrao propio e de formación

continua.

-Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Asociación de Investigación MPC para a formación de persoal en cursos de posgrao

propio e de formación continua.

-Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Francisco Mata SA para a formación de persoal en cursos de posgrao propio e de

formación continua.

-Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e

Alúmina Española SA para a formación de persoal en cursos de posgrao propio e

de formación continua.

-Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e UTE

PCOG & PTE Cerceda para a formación de persoal en cursos de posgrao propio e de

formación continua.

Convenios de prácticas en cursos de posgrao propio e formación continua:

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Federación Galega de Vela para a realización de prácticas de

alumnos do Máster propio en psicoloxía do deporte e da actividade física (código

MD96).

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a empresa Unirisco Galicia SCRRC, SA para a realización de prácticas

de alumnos do curso de posgrao propio, Máster banca finanzas e seguros (ME22)

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e os Irmandiños SCG para a realización de prácticas de alumnos do

Máster en producción de leite (código ME93).

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Federación Rural Galega (FRUGA) para a realización de prácticas

de alumnos do Máster en producción de leite (código ME93).

Page 40: Inicio | Universidade de Santiago de Compostela - RESUMO ...Titulacións de Grao e Máster, aprobada polo Consello Social do 5 de xuño de 2012 ó. 5. Aprobación, se procede, da proposta

40

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e Situm Technologies SL para a realización de prácticas de alumnos do

curso de posgrao propio, master banca finanzas e seguros (ME22)

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Seragro SCG para a realización de prácticas de alumnos do Máster

en producción de leite (código ME93).

-Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Factoría de Software e Multimedia, SL (Imaxin|software) para a

realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de experto

universitario en Xestión cultural” (código: FE5F)

- Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural para a

realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio “Curso de Experto

Universitario en Xestión Cultural” (Código: FE5F)

- Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de

Compostela e Chévere Produccións SL para a realización de prácticas de alumnos

do curso de posgrao propio “Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural”

(Código: FE5F)