informe rede de vixilancia de mosquitos vectores … · ourense estación ferrocarril frieira 3 2 5...

19
INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES DE ENFERMIDADES HUMANAS E ANIMAIS 15-2-2018

Upload: dinhthien

Post on 11-Jan-2019

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

INFORME REDE DE VIXILANCIA DE

MOSQUITOS VECTORES DE

ENFERMIDADES HUMANAS E ANIMAIS

15-2-2018

Page 2: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

1

INFORME DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES DE

ENFERMIDADES HUMANA E ANIMAL

José Manuel Pereira¹, Yasmina Martínez², Mª Isabel María Isabel Silva Torres3, José

Carlos Otero¹ & Josefina Garrido²

¹Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (España).

²Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Facultade de Bioloxía. Universidade de Vigo (UVIGO), Pontevedra (España).

3 Departamento de Patoloxía Animal, Grupo COPAR. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela (USC). Lugo (España)

1. INTRODUCIÓN

No marco das competencias atribuídas á Consellería de Sanidade e á Consellería do Medio Rural,

é unha función esencial, dentro da misión das Dirección Xerais de Saúde Pública e de Gandaría,

Agricultura e Industrias Alimentarias, o desenvolvemento de actuacións comunitarias para o

control dos riscos de enfermar asociados aos determinantes de saúde, tanto humana como

animal. Entre estas actuacións atópase a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidades

humanas e animais, como poden ser a enfermidade do virus do Nilo Occidental, dengue, zika,

malaria, leishmania, etc.

A necesidade da súa vixilancia parte da posible importación de casos, humanos ou animais,

dende países ou áreas onde as enfermidades son endémicas, ou por intercambio de animais e

persoas entres países e, que de existir aquí os vectores, como é o caso dos mosquitos vectores da

enfermidade do virus do Nilo Occidental, poderían dar lugar a casos autóctonos, tanto humanos

como animais. Igualmente, para certas enfermidades as aves migratorias desenvolven un papel

importante como reservatarios dos microorganismos, polo que poderían, se xa existe o vector,

introducilos na Comunidade Autónoma Galega.

Ademais, con motivo do cambio climático, especies de mosquitos, que neste momento parece

que non se atopan en Galicia, como é o caso dos Aedes albopictus e A. aegypti, podería resultar na

súa introdución e posterior instalación e, con iso, favorecer a aparición de casos autóctonos de

enfermidades das que, actualmente, só temos casos importados, como son os casos das

enfermidades dengue, zika ou chikungunya, no caso dos humanos.

Todas estas razóns fan imprescindible aumentar o coñecemento sobre as especies de mosquitos

vectores de interese sanitario presentes en Galicia, e tentar realizar unha detección temperá dos

que aínda pode que non estean presentes mais que poden facelo en calquera momento, como é o

caso do A. albopictus, vector de enfermidades nalgúns casos moi graves, que se está a expandir

cada vez máis en España, atopándose xa, neste momento, en Irún-País Vasco, ademais de toda a

Page 3: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

2

costa mediterránea e, recentemente detectado na Rexión Norte de Portugal. Este feito, xunto

coas condicións de clima de Galicia, levan a pensar que, en non moito tempo, poida chegar a

Galicia.

O seguinte proxecto posúe como obxectivos a recompilación de datos acerca das especies de

mosquitos (O. Diptera, sub O. Nematocera, Fam. Culicidae) vectores de enfermidades, presentes

nas diferentes áreas de estudo, prestando especial atención ao caso do mosquito tigre (xénero

Aedes); así como o análise da dinámica de poboacións ó longo do ano e o rexistro das

características do medio ambiente e das actividades humanas. Isto permitirá elaborar unha

avaliación completa para tomar as medidas preventivas necesarias para diminuír, conter ou

evitar o contacto díptero-vector-ser humano. Tamén se identificarán aquelas áreas de risco para

a introdución dalgún tipo de mosquito-vector.

As mostraxes realizadas pola Universidade de Vigo (UVIGO) e a Universidade de Santiago de

Compostela (USC) no proxecto establecido pola Xunta de Galicia para o control de vectores

entomolóxicos de enfermidades humanas e animais conta cun total de 186 mostraxes repartidas

entre xullo e novembro de 2017 nun conxunto de 12 localizacións diferentes (entre as que se

inclúen as correspondentes á empresa Tragsatec), tal e como se pode ver nas táboas 1 e 2.

Provincia Localización Nº de mostraxes

Total trampas/zona Adultos

BG- Sentinel2 Ovitrampa

BG-GAT

Pontevedra Cemiterio Pereiró 9 7 16 Pontevedra Área Portuaria Bouzas 8 6 14 Pontevedra Aeroporto Peinador 3 1 4 Pontevedra EDAR Guillarei 8 6 14

Pontevedra Parque Lourizán* 7 6 13

Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5

Ourense Hípica Allariz* 10 10 20

Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7

Total trampas/tipo 52 41 93 Táboa 1. Número de mostraxes obtidas pola UVIGO en función do tipo de trampa empregada (BG-Sentinel2 ou Ovitrampa BG-GAT) e do lugar nas que foron realizadas.*Empresa Tragsatec responsable da súa posta e recollida.

Provincia Localización Nº de mostraxes

Total trampas/zona Adultos

BG-Sentinel2 Ovitrampa

BG-GAT

A Coruña Aeroporto Lavacolla 5 5 10

A Coruña Porto de Ferrol* 12 10 22

Lugo Cemiterio de Ribadeo* 20 11 31

Lugo Explotación Morás-Xove* 20 10 30

Total trampas/tipo 57 36 93

Táboa 2. Número de mostraxes obtidas pola USC en función do tipo de trampa empregada (BG-Sentinel2 ou Ovitrampa BG-GAT) e do lugar nas que foron realizadas.*Empresa Tragsatec responsable da súa posta e recollida.

Page 4: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

3

2. ÁREA DE ESTUDO

A selección das localidades de mostraxe establécese segundo varios criterios. Por unha parte

estudáronse as áreas con características xeográficas, climatolóxicas, sanitarias e culturais

similares a aquelas con problemas de estes vectores (carencia de condicións axeitadas de

saneamento básico, problemas na recollida de residuos sólidos, intercambio comercial e

migración, especialmente dende rexións endémicas de dengue, zika, chikungunya, etc.). Por

outra, aquelas zonas situadas próximas a reportes destes dípteros. Todas elas facilmente

accesibles e que se poden mostrexar ao longo do ano nos meses propostos, e sen interrupción.

1. Puntos de mostraxe dos que se ocupa Tragsatec e frecuencia (2017):

Trampas de adultos con frecuencia semanal:

Lugo: Ribadeo (Cemiterio).

Lugo: Morás-Xove (Explotación gandeira).

Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:

A Coruña: Ferrol (Porto).

Ourense: Allariz (Hípica).

Pontevedra: Lourizán (Parque).

2. Puntos de mostraxe dos que se ocupa a USC e frecuencia (2017):

Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:

A Coruña: Santiago de Compostela (Aeroporto).

Brión (domicilio particular)

3. Puntos de mostraxe dos que se ocupa a UVIGO e frecuencia. (2017)

Trampas de adultos e ovitrampas con frecuencia quincenal:

Pontevedra: Vigo (Aeroporto).

Pontevedra: Vigo (Cemiterio).

Pontevedra: Vigo (Porto).

Pontevedra: Tui (EDAR).

Pontevedra: Frieira (Estación ferrocarril).

Lugo: Guitiriz (Estación de servizo).

O Rosal (domicilio particular)

Nº de trampas por punto:

1 Ovitrampa BG-GAT.

1 Trampa Adultos BG-Sentinel2.

Page 5: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

4

Os diferentes puntos de mostraxe, onde se leva a cabo a vixilancia de vectores, poderán ser

avaliados posteriormente para posibles cambios, converténdose deste xeito, de momento, en

postos non permanentes de vixilancia. A altura á que se colocan as trampas de adultos

móstranse na táboa 3. As ovitrampas colócanse no chan.

No anexo poden verse as fotos dalgunhas das trampas colocadas.

Táboa 3: Características do lugar e altura das trampas de adultos

Lugar trampa adultos Altura (en metros) Características lugar

Cemiterio Pereiró (Vigo) 1,5 Ao carón dun estanque con vexetación

Porto de Vigo (Bouzas) 1,7 Na parede exterior da caseta dos vixilantes

Aeroporto de Peinador

(Vigo)

1,7 Zona con abundante vexetación e próxima a

un reservatario de auga

EDAR Guillarei (Tui) 1,9 Na zona próxima á de desinfección da EDAR ,

con árbores e unha balsa de experimentación

Pazo de Lourizán

(Pontevedra)

1,5 Abundante vexetación e auga nas

proximidades

Estación de Frieira-

Crecente

1,8 Zona próxima ao Río Miño con abundante

vexetación

Hípica de Allariz

(Ourense)

1,5 Zona próxima ás cortes dos cabalos

Estación de servicio

área de descanso de

Guitiriz

1,8 Zona próxima á edificación da área de servizo

da autovía

Porto de Ferrol 1 Zona próxima a pneumáticos vellos

Cemiterio de Ribadeo

(Lugo)

1,6 Árbore próxima á capela do cemiterio e de

nichos

Morás-Xove (Lugo) 2 Explotación gandeira situada fronte ao porto

de San Cibrao, a uns 800m de distancia do

porto

Page 6: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

5

3. MATERIAL E MÉTODOS

3.1. CAPTURA DE ADULTOS: TRAMPAS DE SUCCIÓN TIPO BG-SENTINEL2

As trampas Adultos BG-Sentinel2 colócanse e recóllense cada 15 días (ou semanalmente no

caso dos puntos de mostraxe semanais). Emprégase un cebo que desprende sustancias volátiles.

Como a fonte de atracción non é lumínica, pode estar activa tanto de día como de noite.

3.2. CAPTURA DE OVOS: OVITRAMPAS BG-GAT

As ovitrampas BG-GAT colócanse e recóllense cada 15 días (ou revísanse semanalmente no

caso dos puntos de mostraxe semanais). A cor negra das trampas BG-GAT atrae os mosquitos a

certa distancia polo que a trampa débese situar onde sexa facilmente visible, aínda que

protexida da choiva (non se debe ocultar entre os arbustos, matorrais…). As femias dos

mosquitos son atraídas pola auga accedendo desta forma ao interior da cámara traslúcida a

través do embude negro. Esta cámara ao estar impregnada en aceite vexetal impide a fuga dos

mosquitos.

Ademais, en cada colleita recollíanse, nunha ficha, as seguintes variables: Tempo atmosférico

(choiva, anubrado, vento), temperaturas máxima e mínima, coordenadas UTM e altitude, así

como incidencias, de habelas.

4. RESULTADOS

Polo momento, o total das 186 mostras obtidas pola UVIGO e USC no ano 2017 contan cunha

análise negativa para a presenza dos mosquitos-vectores de xénero Aedes e Anopheles. Non

obstante, conseguiuse a identificación de máis de 15 ordes e 19 familias diferentes, sendo as

seguintes as de maior interese por pertencer á suborde Nematocera (O. Diptera):

Cecidomyiidae

Ceratopogonidae

Chironomidae

Culicidae

Dixidae

Keroplatidae

Mycetophilidae

Psychodidae

Scatopsidae

Sciaridae

Tipulidae

Page 7: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

6

Entre elas, tanto a familia Culicidae como a familia Psychodidae teñen importancia

entomolóxica como vectores de enfermidades, polo tanto son identificadas a niveis máis

concretos en cada unha das mostraxes. Deste xeito detectouse a presenza de mosquitos do

xénero Culex nun 75% do total das localizacións nas que se realizaron as colleitas,

tratándose na súa maioría da especie Culex pipiens, coñecido comunmente coma mosquito

común debido a súa ampla distribución. Esta especie tamén pode transmitir certas

enfermidades, como a encefalite producida polo virus do Nilo Occidental.

En canto á familia Psychodidae, a súa presenza foi rexistrada nun 83,33% do total das

localizacións con colleitas. Non obstante, non se confirma aínda a identificación de

flebótomos (sub Fam. Phlebotominae) pertencentes a esta familia e responsables da

transmisión da leishmaniase.

4.1. RESULTADOS: TRAMPAS ADULTOS BG-SENTINEL2

Táboa 4. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Cemiterio de Pereiró

(Vigo, Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as

familias de maior importancia entomolóxica.

Táboa 5. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Porto de Bouzas (Vigo,

Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias

de maior importancia entomolóxica.

Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex sp. 1♀ 1♀ - - -

Ceratopogonidae - 2 - - -

Chironomidae 1 6 - 2 2

Cecidomyiidae 3 9 2 1 2

Psychodidae - 2 - 4 -

Sciaridae 18 10 4 3 1

1. Cemiterio de Pereiró (Vigo)

Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens 1♀,1♂ 1♀ 1♀ 1♀ -

Ceratopogonidae - 1 - - 1

Chironomidae - - 4 2 -

Psychodidae - 1 9 1 -

Sciaridae - - 3 2 -

2. Porto de Bouzas (Vigo)

Page 8: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

7

Táboa 6. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Aeroporto de Peinador

(Vigo, Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as

familias de maior importancia entomolóxica.

Táboa 7. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na EDAR de Guillarei (Tui,

Pontevedra) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias

de maior importancia entomolóxica.

Táboa 8. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 en Lourizán (Pontevedra)

en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de maior

importancia entomolóxica.

Táboa 9. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Estación ferrocarril de

Frieira (Crecente, Ourense) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En

vermello as familias de maior importancia entomolóxica.

Familia/especie

Culicidae/Culex pipiens

Chironomidae

Cecidomyiidae

Dixidae

Mycetophilidae

Psychodidae

Sciaridae

4 6

4 5

1

5 1

1 -

20 5

3. Aeroporto de Peinador (Vigo)

Outubro Novembro

- -

7

4. EDAR de Guillarei (Tui)

Familia/especie

Culicidae/Culex pipiens

Ceratopogonidae

Chironomidae

Cecidomyiidae

Psychodidae

Scatopsidae

Sciaridae

- - - -

3 52 359 11

- - 7 1

8 13 15 3

- - 3 -

593 64 10 5

Agosto Setembro Outubro Novembro

10♀♀,1♂ 2♀♀,3♂♂ 2♂♂ -

5. Lourizán (Pontevedra)

Familia/especie Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens - - 1♂ y 1♀

Cecidomyiidae - 2 -

Mycetophilidae - 1 -

Psychodidae - - -

Familia/especie Setembro

Culicidae/Culex pipiens -

Ceratopogonidae -

Chironomidae 4

Cecidomyiidae 1

Psychodidae 1

Sciaridae 1

-

9

1

6. Estación ferrocarril de Frieira (Crecente)

Outubro

-

5

-

Page 9: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

8

Táboa 10. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Hípica de Allariz

(Ourense) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de

maior importancia entomolóxica

Táboa 11. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Estación de servizo de

Guitiriz (Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. Soamente se

identificaron as familias de maior importancia entomolóxica (en vermello).

Táboa 12. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Aeroporto de Lavacolla

(Santiago de Compostela, A Coruña) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas.

En vermello as familias de maior importancia entomolóxica

Familia/ especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens - - - - -

Ceratopogonidae - - - - -

Chironomidae - 4 - 4 4

Cecidomyiidae - 2 - - 2

Mycetophilidae - - - 1 -

Psychodidae 1 2 1 - -

Scatopsidae - - - 3 -

Sciaridae 4 9 4 44 11

7. Hípica de Allariz (Ourense)

8. Estación de servizo de Guitiriz (Lugo)

Familia/especie Agosto Setembro Outubro

Culicidae/Culex pipiens 4♀ 1♀ -

Psychodidae - - -

Familia/especie Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens 1♂ 5♂♂,3♀♀ 2♂♂ -

Chironomidae - 1 - 1

Cecidomyiidae - 1 2 -

Mycetophilidae - - - 17

Psychodidae 3 1 1 4

Sciaridae 4 4 4 3

9. Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) 

Page 10: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

9

Táboa 13. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Porto de Ferrol (A

Coruña) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de

maior importancia entomolóxica.

Táboa 14. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 no Cemiterio de Ribadeo

(Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as familias de

maior importancia entomolóxica.

Táboa 15. Número de individuos adultos obtidos pola trampa Adultos BG Sentinel2 na Explotación gandeira

Morás-Xoves (Lugo) en función dos meses de mostraxe realizados e das familias identificadas. En vermello as

familias de maior importancia entomolóxica.

Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens  - -  -  1♂  -

Chironomidae  - 2 1 1  9

Cecidomyiidae  - 1 6 1   -

Mycetophilidae  - 1  - -  -

Psychodidae  -  - 6 2  -

Sciaridae  - 2 139 27  10

Tipulidae 1 - - 2 -

10. Porto de Ferrol (A Coruña)

Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens 2♀♀ 2♀♀ - 1♂ -

Chironomidae - - 1 - -

Cecidomyiidae 7 8 7 9 -

Mycetophilidae - - - 37 5

Psychodidae 9 9 20 69 97

Sciaridae 83 10 48 96 64

11. Cemiterio de Ribadeo (Lugo)

Familia/especie Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro

Culicidae/Culex pipiens - 2♀♀ 1♀ 1♂,1♀ -

Chironomidae - 1 - - 1

Cecidomyiidae 15 10 3 2 -

Mycetophilidae - - - 2 1

Psychodidae 4 12 2 17 27

Sciaridae 10 19 57 123 99

Tipulidae - - - 4 7

12. Explotación gandeira Morás-Xove (Lugo)

Page 11: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

10

4.2. RESULTADOS: OVITRAMPA BG-GAT

Táboa 16. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Cemiterio de Pereiró (Vigo,

Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul),

agosto (ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia

entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.

Táboa 17. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Porto de Bouzas (Vigo,

Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul),

agosto (ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia

entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.

Táboa 18. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Aeroporto de Peinador (Vigo,

Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados. En vermello as familias

de maior importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.

Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex sp. - - - -

Ceratopogonidae - - - -

Chironomidae - - - -

Cecidomyiidae - - - -

Psychodidae 2 - - -

Sciaridae 4 - - -

1. Cemiterio de Pereiró (Vigo)

Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex pipiens - - 1♀ -

Ceratopogonidae - 3 - -

Chironomidae 1 3 1 -

Psychodidae 15 24 23 3

Sciaridae - 1 1 -

2. Porto de Bouzas (Vigo)

Familia/especie

Culicidae/Culex pipiens

Chironomidae

Cecidomyiidae

Dixidae

Mycetophilidae

Psychodidae

Sciaridae

-

-

-

-

-

3. Aeroporto de Peinador (Vigo)

Outubro

-

1

Page 12: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

11

Táboa 19. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na EDAR de Guillarei (Tui,

Pontevedra) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: setembro (set),

outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou

ningunha larva da suborde Nematocera.

Táboa 20. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT en Lourizán (Pontevedra) en función

das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: setembro (set), outubro (out), novembro

(nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou

ningunha larva da suborde Nematocera.

Táboa 21. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Estación ferrocarril de Frieira

(Crecente, Ourense) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados. En vermello as

familias de maior importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva da suborde Nematocera

4. EDAR de Guillarei (Tui)

Familia/especie

Culicidae/Culex pipiens

Ceratopogonidae

Chironomidae

Cecidomyiidae

Psychodidae

Scatopsidae

Sciaridae 5 1 22 6

1 - 1 -

- - 1 -

1 1 - 4

3 - 1 -

- - 4♀♀ 1♀

- - - -

Agosto Ago-Set Set-Out Out-Nov

Familia/especie Set-Out Out-Nov Nov-Dec

Culicidae/Culex pipiens - - -

Cecidomyiidae - - -

Mycetophilidae - - -

Psychodidae - - -

5. Lourizán (Pontevedra)

Familia/especie Setembro Outubro

Culicidae/Culex pipiens - -

Ceratopogonidae - -

Chironomidae - 1

Cecidomyiidae - 1

Psychodidae - 2

Sciaridae - 1

6. Estación ferrocarril de Frieira (Crecente)

Page 13: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

12

Táboa 22. Número de individuos adultos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Hípica de Allariz (Ourense) en

función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),

setembro (set), outubro (out), novembro (nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior

importancia entomolóxica. Non se detectou ningunha larva.

Táboa 23. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Estación de servizo de Guitiriz (Lugo) en

función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: agosto (ago), setembro (set) e

outubro (out). Soamente se identificaron as familias de maior importancia entomolóxica (en vermello). Os

individuos adultos indícanse co número e o xénero, mentres que a abundancia das larvas (L) indícase en

intervalos de individuos: 1-50 (+), 50-100 (++), <50 (+++).

Táboa 24. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Aeroporto de Lavacolla (Santiago de

Compostela, A Coruña) en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: agosto

(ago), setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia

entomolóxica.

Familia/ especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov Nov-Dec

Culicidae/Culex pipiens - - - - -

Ceratopogonidae - - - - -

Chironomidae 3 4 - 7

Cecidomyiidae - - 4 - 6

Mycetophilidae - - - - -

Psychodidae 1 1 1 - -

Scatopsidae - 1 - - -

Sciaridae 7 6 7 1 1

7. Hípica de Allariz (Ourense)

Familia/especie Ago-Set Set-Out

Culicidae/Culex pipiens L+ 3♀, L+++

Psychodidae - -

8. Estación de servizo de Guitiriz (Lugo)

Familia/especie Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex pipiens 3♂♂ 1♂,4♀♀ -

Culicidae/Culiseta longiareolata - 1 -

Chironomidae - 7 1

Cecidomyiidae - - -

Mycetophilidae - - -

Psychodidae - 1 -

Sciaridae - 8 1

9. Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)

Page 14: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

13

Táboa 25. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Porto de Ferrol (A Coruña) en función das

familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago) ,setembro (set),

outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.

Táboa 26. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT no Cemiterio de Ribadeo (Lugo) en función

das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),setembro (set),

outubro (out), novembro (nov) e decembro (dec). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.

Táboa 27. Número de individuos obtidos pola Ovitrampa BG GAT na Explotación gandeira Morás-Xoves (Lugo)

en función das familias identificadas e dos meses de mostraxe realizados, sendo: xullo (xul), agosto (ago),

setembro (set), outubro (out) e novembro (nov). En vermello as familias de maior importancia entomolóxica.

Familia/especie Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex pipiens - - -

Chironomidae - - -

Cecidomyiidae - - -

Mycetophilidae - - -

Psychodidae - - -

Sciaridae - - -1

10. Porto de Ferrol (A Coruña)

Xul-Ago

-

-

-

-

-

Familia/especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex pipiens - -  - -

Chironomidae - - - 1

Cecidomyiidae - - - -

Mycetophilidae - - - -

Psychodidae - - - -

Sciaridae 1 1 1 3

11. Cemiterio de Ribadeo (Lugo)

Familia/ especie Xul-Ago Ago-Set Set-Out Out-Nov

Culicidae/Culex pipiens - -  - -

Chironomidae - - - -

Cecidomyiidae - - 2 -

Mycetophilidae - - - -

Psychodidae - - - -

Sciaridae - 2 - -

12. Explotación gandeira Morás-Xove (Lugo)

Page 15: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

14

ESPECIES DE INTERESE SANITARIO

FAMILIA CULICIDAE:

Culex pipiens Linnaeus, 1758

Culiseta longiareolata (Mcquart, 1838)

INCIDENCIAS DETECTADAS NESTE PRIMEIRO ANO

A escaseza de capturas detectadas nalgúns dos puntos de colleita, levaron a decidir

cambios de lugar para esas trampas, polo cal se decidiron os seguintes cambios:

Cemiterio de Pereiró (Vigo) por Nigrán (EDAR)

Hípica de Allariz (Ourense) por Hípica de Xinzo de Limia

Porto de Ferrol por Ortigueira (explotación de équidos)

Ademais, decidiuse aumentar os puntos de colleita a:

O Valadouro (explotación gandeira)

Concello de Monforte de Lemos (un instituto de Monforte de lemos, próximo ao Río

Cabe).

Sanxenxo (Explotación de équidos)

O feito de seleccionar mais puntos dentro de explotacións de équidos ven

determinada polo feito de que estes animais serven como sentinela para a

detección de encefalite producida polo virus de Nilo Occidental, xa que, ao igual

que o home, actúan como fondo de saco na infección por este virus, pero teñen a

vantaxe de estar mais expostos ás picaduras dos mosquitos co que a detección de

enfermidade neles sirve como detección temperá da circulación do virus.

Igualmente, decidiuse empregar 5 trampas de luz branca para colleita de adultos,

para comparar a eficiencia entre os dous modelos de trampas de adultos, xa que

pode haber diferenza entre un tipo e outro de trampa segundo os diferentes

vectores.

Page 16: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

15

CONCLUSIÓNS

Detectáronse especies do xénero Culex nun 75% das localizacións, sendo o mais

frecuente a especie Culex pipiens, con capacidade vectorial intermedia para o

virus do Nilo Occidental.

Detectáronse especies da familia Psychodidae, á que pertencen os flebotominos,

pero non se detectaron especies de interese na transmisión da leishmaniase.

Non se detectaron exemplares, nin adultos nin ovos do xénero Aedes.

É preciso recolocar trampas con poucas capturas noutros concellos.

É preciso valorar a eficiencia da trampa BG-Senntinel fronte a un modelo con luz

branca, especialmente para o xénero culex.

Page 17: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

16

ANEXO: Imaxes das trampas de adultos e ovitrampas

Cemiterio Pereiró (Vigo)

Figura 1.- Trampa Adultos BG-

Sentinel2 no Cemiterio de Pereiró,

situada a 1,5 m do chan e ao carón dun

estanque con abundante vexetación

(13/07/2017).

Figura 3.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada no porto

de Vigo (Bouzas) a 1,7 m do chan (13/06/2017).

Figura 2.- Ovitrampa BG-GAT no Cemiterio de Pereiró, ubicada

nunha zona húmida, preto dun estanque (13/07/2017).

Figura 4.- Ovitrampa BG-GAT situada no porto de

Vigo (Bouzas) (13/06/2017).

Page 18: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

17

Figura 5.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada no

Aeroporto de Peinador (Vigo) a 1,7 m de altura

aproximadamente e conectada por medio de batería. A

zona seleccionada presenta abundante vexetación e

está próxima a un reservorio de auga (04/10/2017).

Figura 6.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada fóra do

edificio de desinfección da EDAR de Guillarei (Tui),

dentro do recinto, a uns 1,9 m de altura (27/09/2017).

Esta segunda ubicación, na que se realizaron 4 mostraxes,

foi seleccionada co obxectivo de obter maior diversidade

de familias de nematóceros.

Figura 7.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada

na hípica de Allariz (Ourense) a 1,5 m de altura

aproximadamente (19/07/2017).

Figura 8.- Ovitrampa BG-GAT situada na hípica de Allariz

(Ourense) nunha zona húmida rodeada de vexetación

(19/07/2017).

Page 19: INFORME REDE DE VIXILANCIA DE MOSQUITOS VECTORES … · Ourense Estación ferrocarril Frieira 3 2 5 Ourense Hípica Allariz* 10 10 20 Lugo Estación servizo Guitiriz 4 3 7 Total trampas/tipo

18

Figura 9.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada

no cemiterio de Ribadeo (Lugo) a 1,5 m de altura

aproximadamente.

Figura 10.- Ovitrampa BG-GAT situada no

cemiterio de Ribadeo (Lugo) a altura do chan.

Figura 11.- Trampa Adultos BG-Sentinel2 situada

na estación de servizo de Guitiriz (Lugo).

Figura 12.- Ovitrampa BG-GAT situada na

estación de servizo de Guitiriz (Lugo).