informe de fiscalizaciÓn sobre disciplina ......o carácter aberto da enquisa propicio que as...

374
INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA EXERCICIOS 2005-2006 CONCELLOS de: S E R A O X I E T R A A N O I A B O R I O B U E U B A N A B A C S A N A B A C S A Ñ I R A M A C S O D A B M A C S A G N A C O L L A B R A C O Ñ I R A C A T O N R A C A R I E D E C Volume II

Upload: others

Post on 10-Jul-2020

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA EXERCICIOS 2005-2006

CONCELLOS de:

SERA OXIETRA

ANOIAB ORIOB

UEUB ANABAC SANABAC

SAÑIRAMAC SODABMAC

SAGNAC OLLABRAC

OÑIRAC ATONRAC

ARIEDEC

Volume II

Page 2: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 3: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE ARES

EXERCICIOS 2005-2006

Page 4: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 5: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................13III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14III.4. LICENZAS......................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 6: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 7: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de disciplina urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de disciplina urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, a orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de disciplina urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 8: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de disciplina urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o Planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de disciplina urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 9: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 10: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do Solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 11: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Ares, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 18,3 Km2 e unha poboación de dereito de 5.405 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 829 habitantes, o que supón un aumento porcentual do 18,11% neses anos. EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación

1997 4.576 2002 4.976

1998 4.662 2003 5.188

1999 4.662 2004 5.265

2000 4.744 2005 5.301

2001 4.918 2006 5.405

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais

GRÁFICO 1

4.5764.662 4.662 4.744

4.918 4.9765.188 5.265 5.301

5.405

4.000

4.500

5.000

5.500

6.000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Ares tiña un total de 2.963 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 321 (10,83%) estaban baleiras e 879 (29,66%) eran secundarias, consecuentemente o 40,49% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 1.959 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,51 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,66 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de

Informe fiscalización -9

Page 12: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 4.918 4.976 5.188 5.265 5.301

VIVENDAS 2.963 2.985 3.104 3.387 3.665

RATIO 1,66 1,67 1,67 1,55 1,45

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

2.000

2.500

3.000

3.500

4.000

4.500

5.000

5.500

2001 2002 2003 2004 2005

1,30

1,35

1,40

1,45

1,50

1,55

1,60

1,65

1,70

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 383 persoas (7,78%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 702 (23,69%). Se observan a variación do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto a porcentaxe de variación de habitantes/novas vivendas, que toma un valor de 0,545 vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

Informe fiscalización -10

Page 13: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL 2.181 1.087 397 3.665

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005.�

Ratio medio: r m =1,59 Ratio incremento: rn =0,760

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)2001 268,74 161,91

2002 271,91 163,11

2003 283,49 169,62

2004 287,70 185,08

2005 289,67 200,27

Medias do período 280,30 176,00

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

268,74

271,91

283,49

289,67287,7

280,30

255,00

260,00

265,00

270,00

275,00

280,00

285,00

290,00

295,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

161,91

163,11

169,62

185,08

200,27 176

0,00

50,00

100,00

150,00

200,00

250,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 14: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Ares, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do Solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de Planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afecta dun modo concreto ás actuacións en disciplina urbanística no Concello de Ares, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón dunha unidade administrativa que asuma as funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008, constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que o Concello de Ares

Informe fiscalización -12

Page 15: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

non contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 2 Arquitectos Técnicos (laborais fixos), con dedicación do 99% da súa xornada laboral aos temas urbanísticos. Segundo a información facilitada, dedican o 1% do total da súa actividade laboral aos temas relacionados coa Disciplina Urbanística.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

SI NON Característica Unidade de urbanismo

X

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

2 Arquitectos Técnicos Laboral fixo 99%

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral

DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística

2 Arquitectos Técnicos Laboral fixo 1%

O Concello informou, a través da enquisa, que considera insuficientes os medios persoais de que dispón para realizar axeitadamente funcións urbanísticas en xeral e de Disciplina Urbanística en particular. Evidénciase a necesidade de reforzar con persoal cualificado a realización destas funcións.

Por outra parte, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñados por persoal laboral e asistencia técnica, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia, non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para estes temas, nin se mantivo ningún tipo de contrato ou asistencia técnica con terceiros.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como figura de Planeamento urbanístico, dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal aprobado o día 26 de marzo de 1999, e publicado no BOP Número 86, do 17 de abril de 1999. Ademais, comunícase que este Planeamento atopaba incurso en recurso de Casación. Informe fiscalización -13

Page 16: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

No momento de elaborar o presente Informe, e segundo datos da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes, dito Planeamento foi anulado por sentenza xudicial firme.

Así mesmo, a data do 31 de decembro de 2006 e segundo consta na enquisa remitida, estábase a redactar un novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, o cal na súa data de remisión se atopaba en fase de aprobación inicial.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Planeamento Xeral de Ordenación

Municipal (anulado) En fase de aprobación inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON SituaciónConstitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de Planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de Solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do Planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

Informe fiscalización -14

Page 17: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Segundo esta información, solicitáronse 85 licenzas en 2005, das cales 57 foron para Actos de edificación de novo andar e 14 para Primeira utilización de edificios. No ano 2006, detállase que foron 134 as licenzas solicitadas, de elas 78 foron para Actos de edificación de novo andar e 20 para Primeira utilización de edificios.

Nos anos 2005 e 2006, concedéronse 63 licenzas e 108, respectivamente. Destaca, no ano 2005, a concesión de licenzas para Actos de edificación (novo andar) que foron 48 (76,19%). No ano 2006, concedéronse 59 (54,63%) para Actos de edificación (novo andar). O Concello utilizou a licenza directa na totalidade dos expedientes concedidos no ano 2006.

LICENZAS

-2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 57 3 45 78 59

Vivendas 47 3 43 63 56

Inst. Indus. Agric.

Inst. Comer. Serv. 7 2 9 3

Equipamentos

Outras Instalacións 3 6

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 5 4 20 18

Edificios 5 4 17 16

Instalacións 3 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 14 7 4 20 15

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 9 16 16

TOTAL 85 10 53 134 108

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución 2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 18: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do Solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Ares, este dispoñía de 2 Arquitectos Técnicos que dedicaban un 1% do seu tempo aos labores de Disciplina Urbanística. Non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do Solo.

A relación entre o número de licenzas e o tempo dedicado polo persoal do Concello ás tarefas de Disciplina Urbanística (1% do total) pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa por oficio ou denuncia. Realidade que se verifica no número de intervencións que se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, que foron 7 en 2005, 2 iniciados de oficio e 5 por denuncia. O Concello non especifica os motivos da intervención administrativa.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 7 2 5 Non consta

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE O Concello tan só proporcionou información sobre o número de expedientes de reposición á legalidade iniciados en 2005. En consecuencia, non se dispón de información sobre resolucións que contemplasen a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 Obras sen licenza en curso de execución da LOUGA.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

7 Non consta Non consta Non consta

Informe fiscalización -16

Page 19: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

O Concello non informou de comunicacións correspondentes aos exercicios 2005 e 2006, respectivamente, enviadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas, cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se considerasen de competencia autonómica.

Non se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, relativos a supostos de infraccións urbanísticas.

O Concello non informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

Non consta Non consta Non consta

Informe fiscalización -17

Page 20: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Ares ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE ARES

Si NON Característica Unidade de urbanismo X

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 2 Arquitectos Técnicos Laborais fixos 99%

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial adisciplina urbanística 2 Arquitectos Técnicos Laborais fixos 1%Planeamento urbanístico Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA PXOM En fase de aprobación inicial (anulada)

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 57 3 45 78 59

Vivendas 47 3 43 63 56 Inst.Indus.Agric. Inst.Comer.Serv. 7 2 9 3 Equipamentos Outras Instalacións 3 6

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 5 4 20 18

Edificios 5 4 17 16 Instalacións 3 2 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 14 7 4 20 15

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 9 16 16

TOTAL 85 10 53 134 108

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Expedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo 2005 7 2 5 Non consta

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

7 Non consta Non consta Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

Non consta Non consta Non consta

Informe fiscalización -18

Page 21: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase dunha forma clara que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que legalmente ten adxudicadas de forma explícita os concellos necesita dun esforzo considerable na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de Planeamento urbanístico, está referenciado a un Planeamento Xeneral de Ordenación Municipal aprobado no ano 1999.

Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, dito Planeamento foi anulado por sentenza xudicial firme.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Informe fiscalización -19

Page 22: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de Solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do Solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do Solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do Solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos

Informe fiscalización -20

Page 23: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida destaca que, o maior número de licenzas solicitadas, se concreta nas 57 e nas 78 que se tramitaron nos anos 2005 e 2006, respectivamente, para Actos de edificación (novo andar). Para Primeira utilización de edificios solicitáronse 14 en 2005 e 20 en 2006. Así mesmo, solicitáronse para Outras obras con licenza obrigatoria 9 en 2005 e 16 no exercicio 2006.

Segundo a mesma información, concedéronse un total de 63 licenzas en 2005, e 108 no ano 2006. Esta información concrétase de forma detallada nos seguintes termos. Para Actos de edificación (novo andar) concedéronse 48 e 59 nos anos 2005 e 2006, respectivamente. Para Ampliación, modificación e reforma concedéronse 4 licenzas en 2005 e 18 no ano 2006, a través de licenza directa. Por último, destacar que o Concello indica 11 licenzas outorgadas en Primeira utilización de edificios durante o ano 2005 e 15 en 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese explicitamente nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello de Ares non dispón de Ordenanza reguladora da inspección periódica de edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Ares dedica ás funcións urbanísticas, en xeral, e ás de Disciplina Urbanística. Evidénciase, de acordo con esta información, que as tarefas urbanísticas realizadas a través de persoal laboral deben desempeñarse por funcionarios. Así mesmo, para a realización de actividades competenciais

Informe fiscalización -21

Page 24: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións, deberase contar con persoal funcionario especializado.

O Concello informou da realización de 7 expedientes de reposición á legalidade iniciados en 2005. Non obstante, na documentación recibida non consta nada máis que se iniciaron de oficio 2 e 5 a través de denuncia. Por conseguinte, non consta si se realizaron actuacións necesarias para obrigar á restauración da legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello non indicou o número de comunicacións, correspondentes aos exercicios 2005 e 2006, respectivamente, enviadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas. Tampouco se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello. E non se informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza nin dos que se resolvesen dende 2005.

Informe fiscalización -22

Page 25: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal funcionario os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal estaba anulado por sentenza xudicial firme. Recoméndase a necesidade de tramitar un novo Planeamento conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados, tanto por denuncias coma de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -23

Page 26: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 27: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 28: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 29: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 30: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 31: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE ARTEIXO

EXERCICIOS 2005-2006

Page 32: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 33: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ..............................................................................12III.2. PLANEAMENTOEAMENTO XERAL.................................................................................14III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ...................................................................14III.4. LICENZAS.....................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ..........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE..............................................................17IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS ......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE O PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO .............................................................................20VI.4. LICENZAS.....................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 34: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 35: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 36: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 37: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 38: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do Solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 39: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Arteixo, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 93,4 Km2 e unha poboación de dereito de 26.739 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 5.841 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 27,95% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación 1997 20.898 2002 23.560 1998 21.290 2003 24.668 1999 21.679 2004 25.295 2000 22.153 2005 26.272 2001 22.709 2006 26.739

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais

GRÁFICO 1

20.898 21.290 21.679 22.15322.709

23.56024.668

25.29526.272 26.739

19000

21000

23000

25000

27000

29000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Arteixo tiña un total de 12.128 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 3.075 (25,35%) estaban baleiras e 1.160 (9,56%) eran secundarias, consecuentemente o 34,91% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 5.702 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 2,13 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,87 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 40: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 22.709 23.560 24.668 25.295 26.272

VIVENDAS 12.128 12.515 13.066 13.624 13.964

RATIO 1,87 1,88 1,89 1,86 1,88

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

5.000

10.000

15.000

20.000

25.000

30.000

2001 2002 2003 2004 20051,85

1,85

1,86

1,86

1,87

1,87

1,88

1,88

1,89

1,89

1,90

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 3.563 persoas (15,69%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 1.836 (15,14%). Se observan o ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto o ratio de variación de habitantes/novas vivendas, que toma o valor 1,94, vemos confirmado o criterio, segundo o cal, as novas vivendas construídas xunto co aumento da poboación neses anos, estabilizaron a porcentaxe das vivendas baleiras e o das dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

9.089 1.335 3.540 13.964

Informe fiscalización -10

Page 41: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005.�

Ratio medio: rm = 1,876 Ratio incremento: rn = 1,940

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 243,13 129,85

2002 252,25 133,99

2003 264,11 139,89

2004 270,82 145,87

2005 281,28 149,51

Medias do período 262,31 139,82

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

243,1

325

2,25

264,1

1

281,2

8

270,8

2

262,3

1

220,00

230,00

240,00

250,00

260,00

270,00

280,00

290,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

129,8

513

3,99

139,8

9

145,8

7 149,5

1

139,8

2

120,00

125,00

130,00

135,00

140,00

145,00

150,00

155,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 42: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Arteixo, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do Solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Arteixo, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas denominada Servizo de Urbanismo. A data de febreiro de 2008 constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que o

Informe fiscalización -12

Page 43: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Concello de Arteixo non contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por un cadro de persoal de 14 persoas das cales 3 son funcionarios, 4 funcionarios interinos, 3 laborais fixos, 2 laborais temporais e 2 contratacións por asistencia técnica, todos eles adscritos ao Servizo de Urbanismo con carácter exclusivo.

En canto á identificación do persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limítase a 1 Licenciado en Dereito, 1 Arquitecto Técnico e 1 Auxiliar Administrativo, ningún deles adscrito con carácter exclusivo ás funcións de Disciplina Urbanística.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X Servizo de Urbanismo

NÚM. Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 1

1 2 1 1 2 1 2 1 1 1

Arquitecto Licenciado en Dereito Arquitectos Técnicos Técnico Urbanista Administrativo (J. Sección) Administrativos Administrativo Auxiliares Administrativos Auxiliar Administrativo Técnico Ambiental Licenciada en Dereito

F. Interino (N-28) F. Interino (N-22) F. Interinos (N-22) Laboral Temporal Funcionario (N-22) Funcionarios (N-16) Laboral Fixo Laborais Fixos Laboral Temporal Asistencia Técnica Asistencia Técnica

Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta

Non consta

NÚM. Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística 1

1 1

Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo

F. Interino (N-22) F. Interino (N-22) Laboral Fixo

50% 50% 70%

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo da Unidade do Servizo de Urbanismo para os temas de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular. Indicándose de forma específica por parte do Concello unha insuficiencia de medios axeitados, tanto para as funcións en materia de urbanismo coma de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -13

Page 44: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Para o período de referencia solicitouse asistencia á Deputación Provincial para apoio técnico en temas de urbanismo, en concreto tratábase de solicitudes de informes técnicos e xurídicos relacionados con expedientes inmersos en procedementos xudiciais, así como asesoramento en materia urbanística.

III.2. PLANEAMENTOEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer como figura de planeamento urbanístico de Normas Subsidiarias aprobadas no ano 1995. Estas, están afectadas polas seguintes sentenzas: Sentenza núm. 1572/1997 recaída no recurso contencioso administrativo núm. 6191/1995, Sentenza núm. 572/1999 recaída no recurso contencioso administrativo núm. 02/0005417/1996 (deu lugar ao expediente núm. 42/00.PMP de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias, aprobado definitivamente por orde da CPTOPT de data 13/01/2006) e Sentenza núm. 576/1999 recaída no recurso contencioso administrativo núm. 02/0005423/1996 (deu lugar ao expediente núm. 41/00.PMP de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación Municipal en data 18/07/2002).

O Concello estaba, con data 31/12/2006, redactando un Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, o cal se atopaba en fase de corrección baseándose no Informe Previo de Aprobación Inicial emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

PLANEAMENTOEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias Corrección sobre o Informe Previo de Aprobación Inicial.

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

Informe fiscalización -14

Page 45: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de Solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

A falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte obsérvase os datos facilitados polo Concello de Arteixo, no que respecta ao apartado Primeira Utilización de Edificios o Concello manifesta que "non se pode completar a información solicitada de núm. de licenzas de primeira ocupación solicitadas nos anos 2005 e 2006 porque non se dispón dun rexistro específico destas. Soamente se dispón de listados de outorgamento destas dende agosto de 2005".

LICENZAS

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2 ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 112 48 119 1 74 Vivendas 91 38 104 1 66 Inst. Indus. Agric. 12 4 13 5 Inst. Comer. Serv. Equipamentos 1 2 3 Outras Instalacións 8 6

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 141 38 97 70

Edificios 75 27 36 27 Instalacións 66 11 61 43

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 7 26

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 22 12 53 29 TOTAL 275 105 269 1 199

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 46: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do Solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Arteixo, este dispoñía unicamente dun equipo de 3 persoas que dedicaban parte da súa xornada laboral aos labores de Disciplina Urbanística, non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicas de inspección, que permita iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do Solo no momento que estas se están a producir.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación. Realidade que se verifica no número de intervencións que, por oficio ou denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade.

O Concello manifesta que durante o exercicio 2005, recibiu 232 denuncias relativas a infraccións urbanísticas.Da análise da información remitida (listados dos expedientes abertos) o número de expedientes de reposición á legalidade iniciados no ano 2005 foi de 45 (no apartado correspondente da enquisa figura a cifra de 46). Nestes expedientes os motivos da intervención administrativa non se especifican claramente, pero podemos facer constar que en 11 casos se trataba de obras sen licenza, en 2 sen proxecto de execución e en 32 casos de actuacións non previstas na licenza ou que non se axustaban a esta. As obras estaban rematadas en 3 casos, en 39 en curso e en 3 non consta. É importante resaltar o elevado número de obras que se atopaban en execución no momento de iniciarse os expedientes, xa que iso manifesta o interese do Servizo de Urbanismo en facer un seguimento da actividade construtiva no territorio municipal. En canto á forma en que se produce o inicio do expediente, en 13 é por oficio, en 8 por denuncia e en 21 casos non consta.

Informe fiscalización -16

Page 47: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 45 13 8 11 Sen licenza 34 Incumprimento de condicións

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 45 expedientes iniciados no ano 2005 de reposición á legalidade, soamente 5 contaban coa correspondente resolución municipal, en 4 casos as resolucións permitían a legalización das actuacións realizadas e nun caso non consta o sentido da resolución.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

4 Legalizables 4 Petición de licenza 45 5

1 Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Arteixo deu traslado durante o ano 2005 e 2006 de 38 comunicacións, sobre supostos de infraccións urbanísticas, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (36) e á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (2), ao considerar a estas como os órganos competentes para proceder á apertura dos correspondentes expedientes de reposición á legalidade ou de sanción.14 comunicacións corresponderon ao ano 2005 e o resto, 24, ao 2006.

As comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia, durante os exercicios 2005 e 2006 relativos a supostos de infraccións urbanísticas, ascenderon a 26, 15 no ano 2005 e 11 no 2006. Non consta cales foron os organismos autonómicos que se dirixiron ao Concello.

O Concello indica que dende o ano 2005 ata a data de cumprir a enquisa, se resolveron 4 procesos xudiciais que implicaron accións por parte do Concello en materia de Disciplina Urbanística. Non se indica cal foi a sentenza.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa

competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

38 26 4

Informe fiscalización -17

Page 48: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllense os datos máis significativos extraídos da documentación remitida polo Concello de Arteixo ao Consello de Contas de Galicia e que, de forma específica, foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE ARTEIXO

Si NON Característica Unidade de urbanismo X Servizo de Urbanismo

NÚM. Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 1

1 2 1 1 2 1 2 1 1 1

Arquitecto Licenciado en Dereito Arquitectos Técnicos Técnico Urbanista Administrativo (J. Sección) Administrativos Administrativo Auxiliares Administrativos Auxiliar Administrativo Técnico Ambiental Licenciada en Dereito

F. Interino (N-28) F. Interino (N-22) F. Interinos (N-22) Laboral Temporal Funcionario (N-22) Funcionarios (N-16) Laboral Fixo Laborais Fixos Laboral Temporal Asistencia Técnica Asistencia Técnica

Non consta Non consta Non consta Non constaNon constaNon constaNon constaNon constaNon constaNon consta

Non constaNÚM. Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a

disciplina urbanística 1 1 1

Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo

F. Interino (N-22) F. Interino (N-22) Laboral Fixo

50%50%70%

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Normas Subsidiarias de Planeamentoeamento Corrección sobre o Informe Previo de Aprobación Inicial Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 112 48 119 1 74

Vivendas 91 38 104 1 66 Inst.Indus.Agric. 12 4 13 5 Inst.Comer.Serv. Equipamentos 1 2 3 Outras Instalacións 8 6 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 141 38 97 70 Edificios 75 27 36 27 Instalacións 66 11 61 43 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 7 26 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 22 12 53 29 TOTAL 275 105 269 1 199

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA

Expedientes iniciados Ano 2005

Número 45

De oficio 13

Por denuncia 8

Motivo 11 sen licenza

34 incumprimento de condicións Número Resolucións Situación Reposición á legalidade Expedientes de reposición á legalidade

45 5 4 legalizable 1 Non consta

4 Petición de licenza

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

38 26 4

Informe fiscalización -18

Page 49: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE O PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase dunha forma clara que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que legalmente teñen adxudicadas de forma explícita os concellos necesita, no caso do Concello de Arteixo, dun esforzo na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias aprobadas no ano 1995. Este planeamento viuse afectado por tres sentenzas recaídas doutros tantos recursos administrativos, que supuxeron en dous casos modificacións puntuais ás Normas Subsidiarias.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 estábase a proceder á elaboración dun PXOM adaptado á LOUGA, atopando este en fase de corrección segundo o Informe Previo á Aprobación Inicial emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Na actualidade o Planeamento Xeral en trámite atópase na mesma situación que na data indicada.

Informe fiscalización -19

Page 50: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de Solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do Solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación,

Informe fiscalización -20

Page 51: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

construción, edificación e uso do Solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de que os actos de edificación e uso do Solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitas a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que en materia de disciplina urbanística e en concreto de reposición á legalidade poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

O número de licenzas que se solicitan e o número das que son concedidas é moi significativo en tres dos catro apartados nos a configura a enquisa, no referente ao apartado correspondente á Primeira Utilización de Edificios, o Concello informa que non dispón de listados relativos ao apartado mencionado, pero polo volume de expedientes que se orixinan nos apartados de Actos de Edificación e Ampliación, Modificación e Reforma, despréndese a necesidade de contar cuns recursos persoais importantes para a tramitación e seguimento dos expedientes.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese de forma explícita na LOUGA nos artigos 200 e 208. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible pola responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Arteixo dedica ás funcións urbanísticas en xeral. De forma explícita faise constar, na enquisa remitida ao Consello de Contas de Galicia, a insuficiencia de medios municipais para a realización dos labores de urbanismo en xeral. Da análise da documentación dedúcese que a insuficiencia de medios é máis acentuada naquelas funcións relacionadas coa Disciplina Urbanística, incidindo esta deficiencia naquelas actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

Informe fiscalización -21

Page 52: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Como se indica no apartado IV.1. deste Informe, o número de denuncias recibidas sobre infraccións urbanísticas no ano 2005 ascendeu a 232, estas e as accións propias por oficio, deron lugar durante o referido exercicio ao inicio de 45 expedientes de reposición á legalidade, sendo resoltos 5, ata a data de cumprir a enquisa.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello de Arteixo realizou 38 comunicacións sobre posibles causas de infraccións urbanísticas a dous departamentos da Xunta de Galicia, apartado IV.3. deste Informe. Á súa vez o Concello recibiu, durante o período sobre o que se realiza a enquisa, 26 comunicacións ou requirimentos da Xunta de Galicia relativos a posibles infraccións urbanísticas.

Ata o momento de remitir a enquisa ao Consello de Contas de Galicia, resolvéranse 4 procesos xudiciais nos que o Concello de Arteixo debeu intervir exercendo accións en materia de Disciplina Urbanística.

Os datos expostos neste apartado, poñen de manifesto a importante carga de traballo que o Concello de Arteixo debe soportar nos asuntos de Disciplina Urbanística e reforzan a necesidade, xa manifestada, de incrementar os medios persoais para estas funcións.

Informe fiscalización -22

Page 53: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a estabilidade no tempo do persoal que se dedica aos labores urbanísticos, non recorrendo constantemente á contratación temporal do persoal como fórmula transitoria para efectuar as funcións correspondentes á área de urbanismo.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento que a 31 de decembro de 2006 se estaba a tramitar de acordo co manifestado polo Concello de Arteixo, conta co Informe Previo á Aprobación Inicial da Dirección Xeral de Urbanismo. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose polo menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� Conforme aos artigos 9 e 200 da LOUGA que establecen os deberes de uso, conservación e rehabilitación, o primeiro, e a inspección periódica de construcións, obrigatoria para aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese e nas cales deben estar incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos, o segundo. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal

Informe fiscalización -23

Page 54: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

reguladora desta inspección, contemplando o ámbito de aplicación ao disposto no articulo 9 da LOUGA. Desta forma pode corrixirse, nunha medida importante, a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9, permitirá activar zonas que contan xa cos servizos públicos xerais necesarios.

�� Os labores de verificación dos expedientes, iniciados tanto por denuncias como de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a seguinte tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que posteriormente deban levarse adiante para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente nas que afectan á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopan os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 55: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 56: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 57: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 58: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 59: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE BAIONA

EXERCICIOS 2005-2006

Page 60: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 61: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE ........................................................................................5 I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN .........................................................................6 I.3. LIMITACIÓNS...........................................................................................................6 I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE .........................................................................................7

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9 II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS ....................................................................9

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12 III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA .......................................................................12 III.2. PLANEAMENTO XERAL .........................................................................................14 III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)............................................................14 III.4. LICENZAS .............................................................................................................15

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16 IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA...................................................................................16 IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE ......................................................16 IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS...............................17

V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18 VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA ..................................................................................................19 VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO..............................................................................19 VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO......................................................................20 VI.4. LICENZAS .............................................................................................................20 VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.....................................................................................21

VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23 ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 62: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 63: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 Concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos Concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para o cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 64: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 65: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 66: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do Solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 67: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Baiona, na provincia de Pontevedra, ten unha extensión de 34,5 Km2 e unha poboación de dereito de 11.653 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 1.154 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 11% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006 Ano Poboación Ano Poboación 1997 10.499 2002 11.014 1998 10.443 2003 11.153 1999 10.659 2004 11.337 2000 10.741 2005 11.521 2001 10.873 2006 11.653

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

10.499 10.44310.659 10.741 10.873 11.014 11.153 11.337 11.521 11.653

9000

10000

11000

12000

13000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Baiona tiña un total de 6.527 vivendas, segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 851 (13,03%) estaban baleiras e 2.257 (34,57%) eran secundarias, consecuentemente o 47,60% das vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 3.095 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 2,1 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,66 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do

Informe fiscalización -9

Page 68: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 10.873 11.014 11.153 11.337 11.521 VIVENDAS 6.527 6.795 6.984 7.260 7.375

RATIO 1,67 1,62 1,60 1,56 1,56

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,50

1,52

1,54

1,56

1,58

1,60

1,62

1,64

1,66

1,68

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 648 persoas (5,96%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 848 (12,99%). O descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, así como o ratio novos habitantes/nova vivenda, que toma un valor 0,764 no período, evidencian que o número de vivendas construídas deu lugar a un notable incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

Informe fiscalización -10

Page 69: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005 Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

3.865 2.549 961 7.375 Fonte: Elaboración propia.

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio incremento de novos habitantes/novas vivendas (rn) entre os

anos 2001-2005.�

Ratio medio: rm = 1,60 Ratio incremento: rn= 0,764�

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005 DENSIDADE

ANO Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 315,15 189,19 2002 319,24 196,96 2003 323,27 202,43 2004 328,60 210,43 2005 333,94 213,77

Medias do período 324,04 202,55 Fonte: Elaboración propia.

GRÁFICO 3

Vivendas (vivendas/Km2)

189,19

196,96

202,43

210,43 213,77

202,55

175,00

180,00

185,00

190,00

195,00

200,00

205,00

210,00

215,00

220,00

2001 2002 2003 2004 2005 Media

Poboación (habitantes/km2)

315,15

319,24

323,27

333,94

328,6

324,04

305,00

310,00

315,00

320,00

325,00

330,00

335,00

340,00

2001 2002 2003 2004 2005 Media

Informe fiscalización -11

Page 70: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Baiona, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do Solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Baiona, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón dun Servizo de Urbanismo. A data de febreiro de 2008, constatouse a través de información obtida da Consellería de Política

Informe fiscalización -12

Page 71: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Territorial, Obras Públicas e Transportes, a inexistencia de Oficina de Rehabilitación e de Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 2 Administrativos (funcionarios), e pola prestación de servizos, mediante asistencia técnica de 1 Arquitecto, 1 Arquitecto Técnico e 1 Asesor Xurídico. O Concello non informou de se teñen dedicación completa aos temas urbanísticos.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limítase 1 Administrativo de urbanismo, cunha dedicación do 40% da súa actividade.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

SI NON Característica Unidade de urbanismo

X Servizo de Urbanismo

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación

2 Administrativo de urbanismo Funcionario (N-28)

1 Arquitecto Asistencia Técnica

1 Arquitecto Técnico Asistencia Técnica

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Asesor Xurídico Asistencia Técnica

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou

parcial a Disciplina Urbanística

1 Administrativo de urbanismo Funcionario 40%

O Concello informou, a través da enquisa, que considera insuficientes os medios persoais de que dispón para realizar axeitadamente funcións urbanísticas. Non obstante, non contestou a se existen medios abondo para realizar axeitadamente as funcións de Disciplina Urbanística, pero se evidencia a necesidade de reforzar con persoal cualificado a realización de funcións.

Por outra banda, que as funcións en materia de urbanismo sexan realizadas a través de asistencias técnicas, supón un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Informe fiscalización -13

Page 72: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Para o período de referencia, non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para estas funcións.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como planeamento urbanístico, de Planeamento Xeral de Ordenación Urbana aprobado o 30 de maio de 1994 (BOP números 147 e 148, do 2 de agosto de 1994).

No momento da realización da enquisa, a empresa encargada de redactar o novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, estaba pendente de entregar os traballos ao Concello para a súa aprobación inicial.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X PXOU 1994 Pendente de entrega do documento para aprobación inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006, o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía, nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de Solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92 especifica que os bens do PMS constitúen un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución

Informe fiscalización -14

Page 73: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Obsérvase que se limita a indicar o número de licenzas solicitadas, polo que non existe posibilidade de sinalar as que foron concedidas nos anos 2005 e 2006. Este feito, impide coñecer as licenzas concedidas en áreas con procesos de equidistribución e as concedidas a través de licenza directa.

O Concello comunica que se solicitaron 62 licenzas para Obras de ampliación, modificación ou reforma en 2005, das cales 3 foron para edificios e 5 para instalacións, por conseguinte non se facilitou información das restantes. No ano 2006, detállase que foron 76 as licenzas para Obras de ampliación, modificación ou reforma, pero soamente se especifica que 6 foron para edificios e 7 para instalacións.

LICENZAS

-2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 174 * * 140 * *

Vivendas 54 44

Inst. Indus. Agric. 0 0

Inst. Comer. Serv. 50 42

Equipamentos 4 2

Outras Instalacións 66 52

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 62 * * 76 * *

Edificios 3 6

Instalacións 5 7

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 81 * * 74 * *

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 136 * * 133 * *

TOTAL 461 * * 436 * *

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 74: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

por denuncia. Esta realidade verifícase no número de intervencións que se fixeron de expedientes A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do Solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Este artigo establece que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

O Concello de Baiona sinala que destina 1 Administrativo de urbanismo a labores de Disciplina Urbanística, a dedicación a estas funcións da cal é do 40% da súa xornada laboral. Non se indica expresamente a existencia doutro persoal para realizar labores especificas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas na execución destas funcións.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren a inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera outra actuación, ben sexa de oficio ou de reposición á legalidade, xa que no ano 2005 se realizaron 13 e 24 no 2006.

Así, dos 13 expedientes tramitados en 2005, 3 foron de oficio e 10 por denuncia. Os motivos concrétanse en 3 expedientes sen licenza e 2 que non se axustaban ás prescricións establecidas nestas. Non se facilitou información dos 8 expedientes restantes. Respecto aos 24 tramitados no 2006, dos cales 8 foron de oficio e 16 por denuncia, o Concello informou que 8 deles se correspondían con obras sen licenza, 8 sen axustarse a ela e dos outros 8 non se proporcionou información.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo 2005 13 3 10 3 sen licenza; 2 sen axustarse e 8 sen especificar

Expedientes iniciados

2006 24 8 16 8 sen licenza; 8 sen axustarse e 8 sen especificar

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE O Concello informou, mediante relación adxunta á enquisa, dos expedientes de reposición da legalidade urbanística iniciados nos anos 2005 e 2006. Segundo esta relación de expedientes,

Informe fiscalización -16

Page 75: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

dos 13 tramitados no ano 2005, 9 atopábanse pendentes de resolver e os 4 restantes finalizados. Os 24 do ano 2006 atopábanse na seguinte situación: 7 pendentes de resolver; 16 resoltos e 1 sen especificar.

Non consta, na información facilitada, se as devanditas resolucións contemplaban a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

13 4 9 Pendentes de resolver Non consta

24 16 7 Pendentes de resolver; 1 sen especificar Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas os expedientes de reposición das cales á legalidade ou procedementos sancionadores se considerasen de competencia autonómica.

Tampouco se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, relativos a supostos de infraccións urbanísticas.

O Concello non informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

Non consta Non consta Non consta

Informe fiscalización -17

Page 76: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Baiona ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE BAIONA

Si NON Característica Unidade de urbanismo X Servizo de urbanismo

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación

2 Administrativos de Urbanismo Funcionario (N-18) N/C1 Arquitecto Asistencia Técnica N/C1 Arquitecto Técnico Asistencia Técnica N/C

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Asesor Xurídico Asistencia Técnica N/C

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística 1 Administrativo de Urbanismo Funcionario (N-18) 40%

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Planeamento Xeral Ordenación Urbana Pendente entrega para aprobación inicial

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- 2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2 ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 174 * * 140 * *

Vivendas 54 44 Inst.Indus.Agric. 0 0 Inst.Comer.Serv. 50 42 Equipamentos 4 2 Outras Instalacións 66 52 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 62 * * 76 * *

Edificios 3 6 Instalacións 5 7 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 81 * * 74 * * OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 136 * * 133 * *

TOTAL 461 * * 436 * * 1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICAExpedientes iniciados Anos Número De oficio Por denuncia Motivo

2005 13 3 10 3 sen licenza; 2 sen axustarse; 8 sen espec. 2006 24 8 16 8 sen licenza; 8 sen axustarse; 8 sen espec Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

2005 13 4 9 pendentes de resolver Non consta 2006 24 16 7 pendentes de resolver e 1 sen especificar Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia

sobre infraccións urbanísticas da súa competencia Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de

Galicia relativos a infraccións urbanísticas Número de procesos xudiciais resoltos

dende 2005

Non consta Non consta Non consta

Informe fiscalización -18

Page 77: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase, que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que, legalmente corresponden aos concellos, necesitan da incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello, ao considerar insuficiente o persoal destinado á realización destes labores competenciais que lle atribúe a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada non se deduce que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións, para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a un Planeamento Xeneral de Ordenación Urbana aprobado o 30 de maio de 1994. Esta situación, pon de manifesto a necesidade da redacción dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal que se adecúe de forma inmediata ao disposto na LOUGA.

Segundo se indica na enquisa remitida polo Concello, a 31 de decembro de 2006 estábase a redactar un PXOM adaptado á LOUGA, que se atopaba pendente de entregar o Concello pola empresa que o redactaba.

Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aínda non entrou en vigor o novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, que segundo datos da enquisa realizada estaba a tramitarse a 31 de decembro de 2006.

Informe fiscalización -19

Page 78: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006, o Concello non cumprira a obriga de ter constituído o PMS, e non dispón de Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92, que regula esta obriga, foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que dispoñan de Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de Solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, do Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do Solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do Solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento

Informe fiscalización -20

Page 79: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do Solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

Dos datos facilitados polo Concello de Baiona non é posible deducir o número total de licenzas concedidas en ningún dos dous exercicios sobre os que se realiza a enquisa. Este feito, impide que se poida emitir conclusión algunha sobre a relación existente entre as licenzas solicitadas e concedidas.

Da enquisa remitida destaca que, o maior número de licenzas solicitadas concrétase nas 174 e nas 140 que, para Actos de edificación (novo andar), se rexistraron en 2005 e 2006 respectivamente, xa que supoñen o 37,74% en 2005 e 32,11% en 2006. A Outras obras con licenza obrigatoria corresponderon 136 (29,50%) en 2005 e 133 (30,50%) en 2006. Por último, destacar que se solicitaron 81 licenzas de Primeira utilización de edificios en 2005 e 74 no ano 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese explicitamente nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible pola responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello de Baiona non dispón de Ordenanza reguladora da inspección periódica de edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

Informe fiscalización -21

Page 80: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Baiona dedica ás funcións urbanísticas, en xeral, e ás de Disciplina Urbanística. Evidénciase, de acordo con esta información, que as tarefas urbanísticas realizadas a través de asistencias técnicas deben desempeñarse por persoal funcionario. Así mesmo, para a realización de actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións, deberase contar con persoal especializado.

Dos 13 expedientes tramitados como reposición á legalidade en 2005, 3 foron tramitados de oficio e 10 tiveron a súa orixe en denuncias. O Concello indicou que 3 expedientes se incoaron por carecer de licenza e 2 por non se axustar ás súas determinacións, pero non se facilitou información dos 8 expedientes restantes. No ano 2006, tramitáronse 24 expedientes, dos que 8 tramitáronse de oficio e 16 por denuncia. Así como se informa de que 8 deles se correspondían con obras sen licenza, e outros 8 sen axustarse a estas, non se proporcionou información sobre as causas dos 8 restantes. Tampouco consta, na información facilitada, se as resolucións adoptadas polo Concello contemplaban a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas de competencia autonómica. Tampouco se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, e non se informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza nin dos que se resolvesen dende 2005.

Informe fiscalización -22

Page 81: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas as de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento que a 31 de decembro de 2006 se estaba a tramitar, de acordo co manifestado polo Concello de Baiona, non consta que entrara en vigor. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, indicándose, polo menos, a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

Informe fiscalización -23

Page 82: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados, tanto por denuncias coma de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deba realizar.

Informe fiscalización -24

Page 83: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 84: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 85: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 86: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 87: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE BOIRO

EXERCICIOS 2005-2006

Page 88: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 89: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ..............................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL ................................................................................................14III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ...................................................................14III.4. LICENZAS.....................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ..........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE..............................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS ......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE O PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO .....................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO .............................................................................20VI.4. LICENZAS.....................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 90: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 91: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 92: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 93: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 94: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do Solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 95: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Boiro, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 86,6 Km2 e unha poboación de dereito de 18.554 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 622 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 3,47% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006 Ano Poboación Ano Poboación 1997 17.932 2002 18.064 1998 17.845 2003 18.241 1999 17.915 2004 18.302 2000 18.038 2005 18.469 2001 18.074 2006 18.554

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

17.932 17.845 17.91518.038 18.074 18.064 18.241 18.302

18.46918.554

17000

17500

18000

18500

19000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Boiro tiña un total de 7.306 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 1.474 (20,17%) estaban baleiras e 560 (7,66%) eran secundarias, consecuentemente o 27,83% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 4.704 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,55 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 2,47 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 96: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 18.074 18.064 18.241 18.302 18.469

VIVENDAS 7.306 7.536 7.946 8.393 9.185

RATIO 2,47 2,40 2,30 2,18 2,01

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

16.000

18.000

20.000

2001 2002 2003 2004 2005

0,00

0,50

1,00

1,50

2,00

2,50

3,00

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 395 persoas (2,18%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 1.879 (25,72%). Se observamos o constante descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto ao ratio de variación de habitantes/novas vivendas, que toma o valor 0.21, vemos confirmado o criterio, segundo o cal, as novas vivendas construídas xunto ao escaso incremento da poboación, deron lugar ao aumento das vivendas baleiras e ao das dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

6.630 703 1.852 9.185

Informe fiscalización -10

Page 97: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005.� Ratio medio: rm = 2,270 Ratio incremento: rn = 0,210

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005 DENSIDADE

ANO Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 208,71 84,36 2002 208,59 87,02 2003 210,63 91,76 2004 211,34 96,92 2005 213,27 106,06

Medias do período 210,51 93,22

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

208,7

1

208,5

9

210,6

3

213,2

7

211,3

4

210,5

1

206,00

207,00

208,00

209,00

210,00

211,00

212,00

213,00

214,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

84,36

87,02

91,76

96,92

106,06

93,22

75,00

80,00

85,00

90,00

95,00

100,00

105,00

110,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 98: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Boiro, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter específico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do Solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e, en concreto, os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afecta dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Boiro, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008 constatouse, a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que o Concello de Boiro non

Informe fiscalización -12

Page 99: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-Interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas con carácter exclusivo por 7 persoas, das cales 4 son funcionarios, 2 laborais temporais e 1 laboral temporal (eventual de confianza), contábase ademais, ao inicio do ano 2005 e por un período curto de tempo, co apoio doutras 2 por contrato administrativo menor de consultoría e asistencia técnica. A tempo parcial realizaban tarefas de urbanismo 2 funcionarios e 1 contratado laboral.

En canto á identificación do persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limitábase 5 persoas das referenciadas no parágrafo anterior, co apoio das que xa realizaban tarefas a tempo parcial en funcións de urbanismo. No cadro seguinte relaciónase o persoal que intervén nas distintas funcións.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA SI NON Característica Unidade de urbanismo X Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Administrativo Auxiliar Técnico de Obras Arquitecto Auxiliar de Urbanismo Licenciada en Dereito Licenciado en Dereito Licenciado en Dereito Policía

Funcionario (N-26 Funcionario (N-26) Funcionario (N-18) Funcionario (N-14) Laboral Temporal/Eventual Laboral Temporal Laboral Temporal Funcionario (N-27) Laboral Funcionario

100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%

30% 20% 7%

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística

1 1 1 1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Administrativo Auxiliar Técnico de Obras Arquitecto Licenciado en Dereito Licenciado en Dereito Policía

Funcionario (N-26 Funcionario (N-26) Funcionario (N-18) Funcionario (N-14) Laboral Temporal/Eventual Funcionario (N-27) Laboral Funcionario

5% 1%

30% 30%

5% 15% 20% 7%

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo para os temas de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular. Indícase de forma específica por parte do Concello unha insuficiencia de medios axeitados, tanto para as funcións en materia de urbanismo coma de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -13

Page 100: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Para o período de referencia non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para temas de urbanismo.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como figura de planeamento urbanístico, do Planeamento Xeneral de Ordenación Municipal aprobado no ano 2003 e atopábase pendente de varios procesos xudiciais que poderían afectalo

O Concello, no momento da realización da enquisa, tiña previsto proceder á revisión do Planeamento Xeral aprobado no 2003, licitándoo no exercicio 2007. Este acto confírmase segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Planeamento Xeral de Ordenación Municipal Licitada a Revisión do PXOM do 2003.

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS. Na enquisa remitida ao Consello de Contas de Galicia polo Concello de Boiro, faise constar que se está a elaborar un Inventario Xeral.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de Solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

A falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu allleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúen un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do

Informe fiscalización -14

Page 101: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte, detállanse as licenzas solicitadas e concedidas, en cada un dos apartados aos que se refire a enquisa, facilitadas polo Concello de Boiro.

LICENZAS -2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 70 41 105 94

Vivendas 59 35 89 80

Inst. Indus. Agric. 3 1 3 3

Inst. Comer. Serv. 1 1

Equipamentos

Outras Instalacións 8 5 12 10

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 82 45 63 51

Edificios 23 17 22 15

Instalacións 59 28 41 36

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 20 9 21 18

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 614 509 553 496

TOTAL 786 604 742 659

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 102: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do Solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Boiro, dispoñía unicamente dun equipo de 8 persoas que dedicaban parte da súa xornada laboral aos labores de Disciplina Urbanística.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación. Realidade que se verifica no número de intervencións que, de oficio ou por denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade. O número de expedientes de reposición á legalidade iniciados no ano 2005 foi de 45 ( creemos que por erro no apartado correspondente da enquisa figura a cifra de 47), sendo os motivos da intervención administrativa en 33 casos por actuacións sen contar coa correspondente licenza e en 12 por non se axustar á licenza concedida. As obras estaban rematadas en 37 casos e en 8 non consta a situación. É importante resaltar o elevado número de obras que se atopaban rematadas no momento de iniciarse os expedientes. En canto á forma en que se produce o inicio do expediente, en 39 é de oficio e en 6 por denuncia.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 45 39 6 33 Sen licenza

12 Non se axustar á licenza

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 45 expedientes de reposición á legalidade iniciados no ano 2005, 29 contaban coa correspondente resolución municipal, en 24 casos as resolucións permitían a legalización das actuacións realizadas, en 3 non eran legalizables as obras e en 2 casos non consta o sentido da resolución. Dos tres casos nos que se deu a orde de demolición, soamente consta que nun se procedeu de forma voluntaria por parte do particular.

Informe fiscalización -16

Page 103: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

45 29 24 Legalizables 3 Non legalizables

2 Non consta

24 Petición ou modificación de licenza 3 Orde de demolición

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Boiro deu traslado durante o ano 2006 de 5 comunicacións, sobre supostos de infraccións urbanísticas, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ao considerar a esta como o órgano competente para proceder á apertura dos correspondentes expedientes de reposición á legalidade ou de sanción.

Durante os exercicios 2005 e 2006, non existiron comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia relativos a supostos de infraccións urbanísticas

O Concello indica que, dende o ano 2005 ata a data de cumprir a enquisa, se resolveron 4 procesos xudiciais que implicaron accións por parte do Concello en materia de Disciplina Urbanística. Non se indica cal foi a sentenza.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa

competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende

2005

5 ningunha 4

Informe fiscalización -17

Page 104: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllense os datos máis significativos extraídos da documentación remitida polo Concello de Boiro ao Consello de Contas de Galicia e que, de forma específica, foron tratados nos apartados anteriores deste Informe. RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE BOIRO Si NON Característica Unidade de urbanismo X Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 1

1 1 1 1 1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Administrativo Auxiliar Técnico de Obras Arquitecto Auxiliar de Urbanismo Licenciada en Dereito Licenciado en Dereito Licenciado en Dereito Policía

Funcionario (N-26 Funcionario (N-26) Funcionario (N-18) Funcionario (N-14) Laboral Temporal/Eventual Laboral Temporal Laboral Temporal Funcionario (N-27) LaboralFuncionario

100%100%100%100%100%100%100%

30%20%

7%Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a

disciplina urbanística 1 1 1 1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Administrativo Auxiliar Técnico de Obras Arquitecto Licenciado en Dereito Licenciado en Dereito Policía

Funcionario (N-26 Funcionario (N-26) Funcionario (N-18) Funcionario (N-14) Laboral Temporal/Eventual Funcionario (N-27) LaboralFuncionario

5%1%

30%30%

5%15%20%

7%Si NON Identificación Situación PxOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Planeamento Xeral de Ordenación Municipal do ano 2003 Licitada a adaptación Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do

Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos -2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 70 41 105 94 Vivendas 59 35 89 80 Inst.Indus.Agric. 3 1 3 3 Inst.Comer.Serv. 1 1 Equipamentos Outras Instalacións 8 5 12 10 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 82 45 63 51 Edificios 23 17 22 15 Instalacións 59 28 41 36 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 20 9 21 18 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 614 509 553 496

TOTAL 786 604 742 659

* dato non facilitado 1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICAAno Numero De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados 2005 45 39 6 33 Sen licenza

12 Non se axustar á licenza Número Resolucións Situación Reposición á legalidade Expedientes de reposición á Legalidade

45 29 24 Legalizables 1 Petición ou modificación da licenza 3 Non legalizables

2 Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

5 Ningunha 4

Informe fiscalización -18

Page 105: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE O PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase dunha forma clara que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes, de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que legalmente teñen atribuídas os concellos necesita, no caso do Concello de Boiro, dun esforzo na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, cuxas competencias lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO O Concello de Boiro dispón, como figura de planeamento urbanístico, dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal aprobado no ano 2003. Este PXOM foi aprobado con posteridade á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia ao amparo da disposición transitoria terceira, que contemplaba a posibilidade de continuar a tramitación daqueles planeamentos aprobados inicialmente e en tramitación antes da entrada en vigor de Lei mencionada, ata a súa aprobación definitiva conforme ao disposto na Lei 1/1997, do Solo de Galicia, en cuxo caso será de aplicación o establecido na disposición transitoria primeira da LOUGA, sobre o Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 estábase a proceder á revisión do PGOM para adaptalo á LOUGA, Na actualidade o planeamento xeral en trámite atopa en fase de licitación.

Informe fiscalización -19

Page 106: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de Solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do Solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia, especificando os fins admisibles que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do Solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento

Informe fiscalización -20

Page 107: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de estar suxeitos a previa licenza municipal os actos de edificación e uso do Solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente.

Este artigo 194 da LOUGA confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que en materia de Disciplina Urbanística e, en concreto, de reposición á legalidade poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

O número de licenzas que se solicitan e o número das que son concedidas é moi significativo en tres dos catro apartados da enquisa. Polo volume total de licenzas solicitadas e concedidas que se orixinan despréndese a necesidade de contar cuns recursos persoais importantes para a tramitación e seguimento dos expedientes.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA Como se indica no apartado IV.1. deste Informe, o número de expedientes de reposición á legalidade iniciados no ano 2005 foi de 45, sendo os motivos da intervención administrativa en 33 casos por actuacións sen contar coa correspondente licenza e en 12 por non se axustar á licenza concedida. As obras estaban rematadas en 37 casos e en 8 non consta a situación. É importante resaltar o elevado número de obras que se atopaban rematadas no momento de iniciarse os expedientes, esta situación evidencia un atraso na detección das infraccións urbanísticas que se cometen no Concello de Boiro. En canto á forma en que se produce o inicio do expediente, en 39 é de oficio e en 6 por denuncia.

Como se indica no apartado IV.1. deste Informe, o número de denuncias recibidas sobre infraccións urbanísticas no ano 2005, deron lugar durante o referido exercicio ao inicio de 45 expedientes de reposición á legalidade, sendo resoltos ata a data de cumprir a enquisa 29, dos cales se podía proceder á legalización en 24, en 3 as obras non eran legalizables e obrigábase á demolición en todos eles e en 2 non constaba a resolución emitida.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as

Informe fiscalización -21

Page 108: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello de Boiro realizou 5 comunicacións sobre posibles causas de infraccións urbanísticas á Xunta de Galicia, apartado IV.3. deste Informe. Pola súa parte o Concello non recibiu, durante o período sobre o que se realiza a enquisa, ningún tipo de comunicación ou requirimento da Xunta de Galicia relativos a posibles infraccións urbanísticas.

Ata o momento de remitir a enquisa ao Consello de Contas de Galicia, resolvéranse 4 procesos xudiciais nos que o Concello de Boiro debeu intervir exercendo accións en materia de Disciplina Urbanística.

Os datos expostos neste apartado poñen de manifesto a importante carga de traballo que o Concello de Boiro debe soportar nos asuntos de Disciplina Urbanística e reforzan a necesidade, xa manifestada, de incrementar os medios persoais para estas funcións.

Informe fiscalización -22

Page 109: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá incrementar o persoal destinado ás funcións e labores relacionados co urbanismo e, no que atinxe a este Informe aos labores de Disciplina Urbanística e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións, capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a estabilidade no tempo do persoal que se dedica aos labores urbanísticos, non recorrendo constantemente á contratación temporal do persoal como fórmula transitoria para efectuar as funcións correspondentes á área de urbanismo.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento que a 31 de decembro de 2006 se estaba a tramitar de acordo co manifestado polo Concello de Boiro, atópase xa licitado. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez revisado e aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico e separado dos demais bens e dereitos municipais

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose polo menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

Informe fiscalización -23

Page 110: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Os labores de verificación, dos expedientes iniciados tanto por denuncia coma por oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a seguinte tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que posteriormente deban levarse adiante para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente nas que afectan á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopan os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deba realizar.

Informe fiscalización -24

Page 111: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 112: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 113: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 114: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -28

Page 115: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE BUEU

EXERCICIOS 2005-2006

Page 116: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 117: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................5 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5 I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6 I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6 I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7 II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ......................................................................................9 II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9 III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .........................................................12 III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12 III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................13 III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14 III.4. LICENZAS......................................................................................................................14 IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA .................................................................................................16 IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16 IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16 IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17 V. RESUMO DA ENQUISA ......................................................................................................18 VI. CONCLUSIÓNS..................................................................................................................19 VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19 VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19 VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19 VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20 VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21 VII. RECOMENDACIÓNS ..........................................................................................................23 ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 118: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 119: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 120: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 121: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 122: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do Solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 123: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Bueu, na provincia de Pontevedra, ten unha extensión de 30,8 Km2 e unha poboación de dereito de 12.537 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio diminuíu a súa poboación en 62 habitantes, o que supón un descenso porcentual do 0,49% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006 Ano Poboación Ano Poboación 1997 12.599 2002 12.469

1998 12.484 2003 12.342

1999 12.517 2004 12.483

2000 12.526 2005 12.528

2001 12.548 2006 12.537

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

12.599 12.484 12.517 12.526 12.548 12.469 12.342 12.483 12.528 12.537

100001050011000115001200012500130001350014000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Bueu tiña un total de 5.621 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 878 (15,62%) estaban baleiras e 983 (17,49%) eran secundarias, consecuentemente o 33,11% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 3.839 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,46 vivendas por edificación e, en relación con o numero de habitantes, un

Informe fiscalización -9

Page 124: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ratio de 2,23 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 12.548 12.469 12.342 12.483 12.528

VIVENDAS 5.621 5.702 5.762 5.793 5.861

RATIO 2,23 2,19 2,14 2,15 2,14

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

2001 2002 2003 2004 2005

2,08

2,10

2,12

2,14

2,16

2,18

2,20

2,22

2,24

HABITANTES

VIVIENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 diminuíu o número de habitantes en 20 persoas (0,16%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 240 (4,27%). Se observan o descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto o ratio de novos habitantes/nova vivenda, que toma un valor negativo de -0,083, vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un notable incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

Informe fiscalización -10

Page 125: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005 Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

3.921 1.025 915 5.861

Fonte: Elaboración propia.

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio incremento de novos habitantes/novas vivendas (rn) entre os

anos 2001-2005, neste caso dá un valor negativo propiciado polo descenso da poboación no período que se indica.�

Ratio medio: rm = 2,17 Ratio incremento: rn = -0,083

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (viviendas/Km2) 2001 407,4 182,50 2002 404,8 185,13 2003 400,7 187,05 2004 405,3 188,08 2005 406,7 190,29

Medias do período 405,0 186,61

Fonte: Elaboración propia.

GRÁFICO 3

Población (habitantes/km2)

407,4404,8

400,7

406,7405,3405,0

396,00

398,00

400,00

402,00

404,00

406,00

408,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Viviendas (viviendas/Km2)

182,50

185,13

187,05

188,08

190,29186,61

178,00

180,00

182,00

184,00

186,00

188,00

190,00

192,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 126: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Bueu, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter específico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do Solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e, en concreto, os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afecta dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Bueu, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón dun Departamento de Urbanismo, Medio e Actividade de supervisión, con funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008, constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a inexistencia de Oficina de rehabilitación e de Xerencia Municipal de Urbanismo.

Informe fiscalización -12

Page 127: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Arquitecto técnico, 1 Administrativo (Xefe de negociado) e 1 Auxiliar administrativo, todos funcionarios municipais. Ademais, o Concello declara que traballan en réxime de contrato laboral 1 Delineante e 1 Administrativa. Existen 3 asistencias técnicas que corresponden á contratación de 1 Arquitecto, 1 Arquitecto técnico e 1 Asesor Xurídico.

O Concello identifica como persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, a 1 Inspector de urbanismo (policía municipal), cunha dedicación do 95% a estas funcións.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA Si NON Característica Unidade de urbanismo

X Departamento de urbanismo, Medio e Actividade de supervisión

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación

1 Arquitecto Técnico Funcionario (N-25)

1 Administrativo, Xefe de negociado Funcionario (N-19)

1 Auxiliar Administrativo Funcionario (N-15)

1 Administrativa Laboral temporal

1 Delineante Laboral temporal

1 Arquitecto Asistencia Técnica

1 Arquitecto Técnico Asistencia Técnica

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Asesor Xurídico Asistencia Técnica

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística 1 Inspector de urbanismo (policía local) Funcionario (N-15)95%

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo, tanto para os temas de urbanismo en xeral como de Disciplina Urbanística en particular. Indícase de forma específica por parte do Concello unha insuficiencia de medios axeitados para as funcións en materia de urbanismo ou de Disciplina Urbanística.

Para o período de referencia, o Concello informou que non ten constancia da solicitude de asistencia á Deputación Provincial para apoio técnico en materia de urbanismo.

III.2. PLANEAMENTO XERAL O Concello manifesta dispoñer como planeamento urbanístico de Normas Subsidiarias de planeamento, aprobadas definitivamente o 11 de xuño de 1986, e publicadas no BOP do 23 de xullo de 1986.

Informe fiscalización -13

Page 128: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

O Concello atopábase, no momento da realización da enquisa, redactando un novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, que estaba en fase de avance inicial.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias de Planeamento Fase de avance inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non informou da constitución, formal ou material do Patrimonio Municipal do Solo. Tampouco se indica, nos devanditos exercicios, da existencia de inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de Planeamento Xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de Solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92 especifica que os bens do PMS constitúen un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte, preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Indícase o número de licenzas solicitadas e concedidas no que respecta aos apartados Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

Informe fiscalización -14

Page 129: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

LICENZAS

-2005- -2006- LICENZAS

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 55 3 30 42 33

Vivendas 36 3 27 32 21

Inst. Indus. Agric. 11 3 6 4

Inst. Comer. Serv. 6 3

Equipamentos 1

Outras Instalacións 2 4 4

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 14 8 14 12

Edificios 14 8 14 12

Instalacións

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 2 8 5

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 14 11 22 11

TOTAL 85 3 49 86 61

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 130: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do Solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Esta artigo establece que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Bueu, as funcións urbanísticas municipais son desempeñadas por 1 Inspector de urbanismo (policía municipal). Non se indica expresamente que exista outro persoal do Concello que realice labores especificas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas na execución destas funcións.

Evidénciase a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa por oficio ou denuncia.

O Concello informou que non ten constancia da incoación de expedientes de restauración da legalidade, durante o exercicio 2005. Non obstante, comunica que nese exercicio se trasladaron 81 denuncias ao Departamento de Urbanismo, ditando resolución de paralización das obras e propoñendo a incoación do expediente de reposición.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 81 81 Non consta

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE Non se resolveu ningún expediente dos 81 tramitados no ano 2005. En consecuencia, non se dispón de información sobre resolucións que contemplasen a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 Obras sen licenza en curso de execución da LOUGA.

Informe fiscalización -16

Page 131: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

Non consta Ningunha Non consta Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Bueu deu traslado ao órgano autonómico competente de 59 infraccións urbanísticas, cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se consideraron competencia destes.

O Concello informou que existiron 18 comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas.

O Concello informou tamén que non consta existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa

competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

59 18 0

Informe fiscalización -17

Page 132: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Bueu ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE BUEU Si NON Característica Unidade de urbanismo X Departamento de Urbanismo, Medio e Actividade de supervisión Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a

urbanismo 1 1 1 1 1 1 1 1

Arquitecto Técnico Administrativo, Xefe de Negociado Auxiliar Administrativo Administrativa Delineante Arquitecto Arquitecto técnico Asesor Xurídico

Funcionario (N-25) Funcionario (N-19) Funcionario (N-15) Laboral temporal Laboral temporal Asistencia Técnica Asistencia Técnica Asistencia Técnica

Nº 1 Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística Inspector de Urbanismo (policía local) Funcionario (N-15) 95%

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Normas subsidiarias Fase de avance inicial Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do

Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos -2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 55 3 30 42 33

Vivendas 36 3 27 32 21 Inst.Indus.Agric. 11 3 6 4 Inst.Comer.Serv. 6 3 Equipamentos 1 Outras Instalacións 2 4 4 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 14 8 14 12 Edificios 14 8 14 12 Instalacións PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 2 8 5 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 14 11 22 11 TOTAL 85 3 49 86 61

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍTICA Expedientes iniciados Ano Numero De oficio Por denuncia Motivo 2005 81 81 Non consta

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade Non consta Orde paralización Ningún

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia

sobre infraccións urbanísticas da súa competencia Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de

Galicia relativos a infraccións urbanísticas Número de procesos xudiciais resoltos

dende 2005

59 18 0

Informe fiscalización -18

Page 133: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal funcionario dedicado a tarefas de urbanismo de forma xeral e a Disciplina Urbanística en particular, móstrase insuficiente. Evidénciase que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente teñen atribuídas os concellos, require a existencia de persoal funcionario para a realización das devanditas tarefas.

Esta realidade a confirma o Concello a considerar insuficiente o persoal destinado ás funcións que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada non se deduce que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións, para determinar o seu estado de conservación, tal como se especifica no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello, nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias, aprobadas definitivamente no ano 1986. Esta situación, pon de manifesto a necesidade da aprobación dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal (que se atopaba en fase de avance inicial no momento de realizar a enquisa), para adecuarse de forma inmediata ao disposto na LOUGA.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor nos anos 2005 e 2006, non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92, que regulaba esta obriga, foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

Informe fiscalización -19

Page 134: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

A LOUGA, no seu artigo 177.1, reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de Solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles co desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do Solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia, especificando os fins admisibles que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS

O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do Solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do Solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Informe fiscalización -20

Page 135: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do Concello, na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida, destaca que o maior número de licenzas concedidas se concreta nas 33 que, nos exercicios 2005 e 2006, se concederon para Actos de Edificación (novo andar). En termos porcentuais representaron o 63,46% en 2005 e o 54,09% en 2006. Para Ampliación, modificación e reforma de edificios e instalacións, concedéronse 8 (15,38%) en 2005 e 12 (19,67%) en 2006. Corresponderon a Outras obras con licenza obrigatoria 11 en ambos os dous exercicios, o que significa unha porcentaxe do 21,20% en 2005 e do 18,03% en 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese de forma explícita nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello de Bueu non dispón de ordenanza municipal que regule o deber de inspección periódica das edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que, o Concello de Bueu, dedica ás funcións urbanísticas en xeral, onde figuran contratados laborais temporais e asistencias técnicas. Para realizar as actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións, o Concello informou que dispoñía dun Inspector de urbanismo (policía municipal).

O Concello comunica que non ten constancia da incoación de expedientes de restauración da legalidade, durante o exercicio 2005. Non obstante, informa da tramitación de 81 denuncias, nas que se decretou a paralización das obras e se propuxo a incoación do correspondente expediente de restauración da legalidade. Dos expedientes de obras sen licenza ou que non se axustasen ás súas condicións, o Concello comunica que non se procedeu a ningunha demolición.

Informe fiscalización -21

Page 136: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

As comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas en áreas de competencia autonómica foron 59.

O Concello recibiu 18 comunicación ou requirimento da Xunta de Galicia, relativos a infraccións urbanísticas, durante o período sobre o que se realiza a enquisa.

Ata o momento de remitir a enquisa ao Consello de Contas de Galicia, o Concello comunicou que non se tiña constancia de procesos xudiciais resoltos como consecuencia da actuación municipal.

Informe fiscalización -22

Page 137: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. Ademais, deberá incrementar o persoal destinado aos labores e funcións de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA).

�� Recoméndase a necesidade de axilizar a tramitación do Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados, tanto por denuncias coma de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes, que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -23

Page 138: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -24

Page 139: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 140: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 141: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 142: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 143: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CABANAS

EXERCICIOS 2005-2006

Page 144: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 145: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE.................................................................................................5 I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN..................................................................................6 I.3. LIMITACIÓNS ...................................................................................................................6 I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE .................................................................................................7 II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9 II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS.............................................................................9 III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12 III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ................................................................................12 III.2. PLANEAMENTO XERAL ..................................................................................................13 III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) .....................................................................14 III.4. LICENZAS.......................................................................................................................14 IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16 IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ............................................................................................16 IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE................................................................16 IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS ........................................17 V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18 VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19 VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA ......................................................................................................19 VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO .......................................................................................19 VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ...............................................................................19 VI.4. LICENZAS.......................................................................................................................20 VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA..............................................................................................21 VII. RECOMENDACIÓNS ........................................................................................................23 ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 146: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 147: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

– Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

– Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

– Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

– Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

– Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

– Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

– Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 148: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

– Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

– Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

– Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 149: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

– Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

– Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

– Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

– Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

– Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

– Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

– Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

– Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

– Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 150: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

– Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

– Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

– Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

– Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

– Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

– Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

– Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

– Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

– Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

– Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

– Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

– Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

– Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

– Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 151: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Cabanas, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 30,3 Km2 e unha poboación de dereito de 3.343 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 117 habitantes, o que supón un aumento porcentual do 3,63% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación

1997 3.226 2002 3.334

1998 3.249 2003 3.330

1999 3.271 2004 3.368

2000 3.262 2005 3.368

2001 3.292 2006 3.343

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

3.2263.249 3.271 3.262

3.2923.334 3.330

3.368 3.3683.343

3000

3200

3400

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no 1997-2006

O municipio de Cabanas tiña un total de 2.165 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 212 (9,79%) estaban baleiras e 816 (37,69%) eran secundarias, consecuentemente o 47,48% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 1.405 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,54 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,52 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 152: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005 ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 3.292 3.334 3.330 3.368 3.368

VIVENDAS 2.165 2.189 2.204 2.222 2.279

RATIO 1,52 1,52 1,51 1,52 1,48

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia

GRÁFICO 2

0

500

1.000

1.500

2.000

2.500

3.000

3.500

4.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,46

1,47

1,48

1,49

1,5

1,51

1,52

1,53

HABITANTES

VIVIENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 76 persoas (2,31%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 114 (5,27%). Se observan o pequeno descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto a porcentaxe de variación de habitantes/novas vivendas, que toma un valor de 0,667, vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un notable incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

1.197 859 223 2.279

Informe fiscalización -10

Page 153: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005.�

Ratio medio: rm = 1,510

Ratio incremento: rn = 0,667�

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 108,65 71,45

2002 110,03 72,24

2003 109,90 72,74

2004 111,16 73,33

2005 111,16 75,21

Medias do período 110,18 73,00

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

108,65

110,03109,9

111,16

111,16

110,18

107,00

107,50

108,00

108,50

109,00

109,50

110,00

110,50

111,00

111,50

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

71,45

72,24

72,74

73,33

75,21

73

69,00

70,00

71,00

72,00

73,00

74,00

75,00

76,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 154: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Cabanas, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Cabanas, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. A data do 15 de abril de 2008 constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que o Concello de Cabanas non

Informe fiscalización -12

Page 155: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Arquitecto Técnico, contratado laboral, con dedicación do 90% aos temas urbanísticos.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limítase 1 Arquitecto Técnico o cal dedica o 5% do total da súa actividade laboral aos temas relacionados coa Disciplina Urbanística.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

SI NON Característica Unidade de urbanismo

X

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Arquitecto Técnico Contratado laboral 90%

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística 1 Arquitecto Técnico Contratado laboral 5%

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo, tanto para os temas de urbanismo en xeral como de Disciplina Urbanística en particular. Indícase de forma específica por parte do Concello unha insuficiencia de medios adecuados para as funcións en materia de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Por outra parte, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñados por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia solicitouse asistencia á Deputación Provincial para tema de urbanismo, esta consistiu en consultas técnicas, ditames e defensa xurídica.

Non mantivo ningún tipo de contrato ou asistencia técnica con terceiros.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer como figura de planeamento urbanístico de Normas Subsidiarias de Planeamento (publicadas no BOP de 9/04/1987). O Concello non está redactando

Informe fiscalización -13

Page 156: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

31/12/2006 o Planeamento Xeral de Ordenación para adaptar as súas normas á LOUGA. Esta información contrastouse coa CPTOPT en data 15 de abril de 2008.

PLANEAMENTO XERAL

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias Non se está a tramitar a adaptación á LOUGA

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) Nos exercicios 2005 e 2006, o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

SI NON SituaciónConstitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS, artigo 276.1 do TRLS92, coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte obsérvase a información facilitada polo Concello, esta limítase a indicar o número de licenzas solicitadas e directas concedidas no que respecta aos apartados Actos de Edificación (vivendas), Ampliación, Modificación e Reforma (edificios) e Outras Obras con Licenza Obrigatoria.

Informe fiscalización -14

Page 157: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

LICENZAS

-2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar)55 57 54 61

Vivendas 6 12 14 14

Inst. Indus. Agric. 9 8 7 7

Inst. Comer. Serv. 6 3 4 5

Equipamentos 8 8 8 10

Outras Instalacións 26 26 21 25

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 60 43 64 46

Edificios 59 42 64 44

Instalacións 1 1 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 10 7 9 11

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 28 28 33 33

TOTAL 153 135 160 151

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 158: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Cabanas, este dispoñía unicamente dun Arquitecto Técnico que dedicaba un 5% do seu tempo aos labores de Disciplina Urbanística, non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do solo.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa por oficio ou denuncia. Realidade que se verifica no número de intervencións que, por denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, 2 foron os expedientes iniciados fronte ás 5 denuncias recibidas, sendo os motivos da intervención administrativa nos 2 casos a reposición da legalidade na construción de alpendres. En ambos os dous casos as obras atopábanse rematadas.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia MotivoExpedientes iniciados

2005 2 2 Construción de alpendres

Non consta ningunha actuación efectuada de oficio o que reafirma a idea de insuficiencia de medios dedicados ás tarefas urbanísticas.

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 2 expedientes que se informa iniciados no ano 2005, todos foron tramitados como expedientes de reposición á legalidade. Non consta en ningún a correspondente resolución municipal, tampouco se determina se se efectuou a reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 Obras sen licenza en curso de execución da LOUGA.

Informe fiscalización -16

Page 159: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

2 Obras de alpendre rematadas Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Cabanas non deu traslado a ningún órgano autonómico de infraccións urbanísticas, cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se consideraron competencia destes.

En canto ás comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas, constan 2 expedientes de requirimento ao infractor.

O concello comunicou ao servizo provincial de urbanismo 1 informe de recheo de parcelas, non consta outra información ao respecto.

O Concello informou que existían 7 procesos xudiciais en materia urbanística resoltos dende 2005 e ata o 30 de xullo de 2007.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas

da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

1 Comunicación o Servizo

provincial de urbanismo

2 7

Informe fiscalización -17

Page 160: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISANo cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Cabanas ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CABANAS Si NON CaracterísticaUnidade de urbanismo

XDedicaciónRelac. Laboral

Contratado laboral 90%Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

Nº1

Posto de traballo ou CualificaciónArquitecto Técnico

Nº Posto de traballo ou Cualificación DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística 1 Arquitecto Técnico

Relac. LaboralContratado laboral 5%

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGAPlaneamento urbanísticoX Normas Subsidiarias Non se adapta á LOUGA

Si NON SituaciónConstitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2ACTOS DE EDIFICACIÓN 55 57 54 61(novo andar)

Vivendas 6 12 14 14Inst.Indus.Agric. 9 8 7 7Inst.Comer.Serv. 6 3 4 5Equipamentos 8 8 8 10Outras Instalacións 26 26 21 25

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 60 43 64 46

Edificios 59 42 64 44Instalacións 1 1 2PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 10 7 9 11

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 28 28 33 33

TOTAL 153 135 160 1511. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución

2. DirectasDISCIPLINA URBANÍSTICAExpedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo

2005 2 2. Construción de alpendres

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade2 2 rematadas Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

1 Comunicación ao servizo provincial de urbanismo 2 7

Informe fiscalización -18

Page 161: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase dunha forma clara que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que legalmente ten adxudicadas de forma explícita os concellos necesita dun esforzo considerable na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello ao considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias de Planeamento (publicadas o 9/04/1987, segundo consta na información obtida da CPTOPT).

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 non se estaba a redactar un PXGOM adaptado á LOUGA, esta información contrastouse coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a data do 15 de abril de 2008.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Informe fiscalización -19

Page 162: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de estar suxeitos a previa licenza municipal os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira

Informe fiscalización -20

Page 163: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente.

Este artigo 194 da LOUGA confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que en materia de disciplina urbanística e en concreto de reposición á legalidade poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida, destaca que o maior número de licenzas concedidas se concreta nas 57 e nas 61 que para Actos de Edificación (novo andar) se concederon nos exercicios 2005 e 2006, respectivamente, xa que supoñen o 35,95% en 2005 e 40,40% en 2006; correspondendo a vivendas (novo andar) 12 (8,89%) en 2005 e 14 (9,27%) en 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese explicitamente nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

No apartado III.1. de este Informe, indícase o persoal que o Concello de Cabanas dedica ás funcións urbanísticas en xeral, incidindo esta deficiencia en maior xeito naquelas actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

Os 2 expedientes tramitados como reposición á legalidade iniciáronse por denuncia, nos 2 as obras atopaban rematadas. Non consta ningunha resolución da Alcaldía. Non consta a forma de legalización. Non se indica na documentación remitida ningún acto resolutorio de reposición á legalidade, como poden ser a demolición, a solicitude de nova licenza ou a sanción económica correspondente, segundo o considerado no artigo 209 da LOUGA.

A normativa establece procedementos de disciplina urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na

Informe fiscalización -21

Page 164: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O concello de Cabanas, non comunicou infracción ningunha a organismos da Comunidade Autónoma con competencias en materia de sancións e de reposición á legalidade durante os anos 2005 e 2006. Efectuouse unha comunicación ao Servizo Provincial de Urbanismo en materia de recheo de parcelas sen que consten máis datos.

O Concello recibiu, durante o período sobre o que se realiza a enquisa, 2 "requirimentos a infractor" da Xunta de Galicia relativo a infraccións urbanísticas, sen que consten máis datos.

Dende o 2005 e ata 30 de xullo de 2007, o Concello comunica 7 procedementos xudiciais resoltos en materia urbanística.

Informe fiscalización -22

Page 165: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS– O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

– Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo corresponden ao Concello.

– Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento de Ordenación Urbana non se estaba a tramitar para adaptalo á LOUGA. De acordo co manifestado polo Concello de Cabanas, non consta tampouco a tramitación da necesaria adaptación. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

– Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

– En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose polo menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

– O artigo 200 da LOUGA considera a inspección periódica de construcións, obrigatoria para aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese e nas cales deben estar incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, pode corrixirse nunha medida importante a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás

Informe fiscalización -23

Page 166: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 199 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

– Dentro da área de urbanismo do concello debería reforzarse os efectivos persoais dedicados á disciplina urbanística mediante técnicos competentes en materia de urbanismo, sendo neste sentido prioritaria a inspección urbanística que permita iniciar de oficio os expedientes de reposición á legalidade con anterioridade a que as obras se atopen rematadas. A inspección terá así carácter preventivo evitando expedientes de reposición de situacións urbanísticas consolidadas pero en contra da legalidade vixente a reparación da cal sería máis gravosa.

– Deberíanse implementar os medios telemáticos axeitados respecto á información que en materia urbanística deben de compartir os Concellos e a Consellería competente en materia de urbanismo de forma que ambas as dúas administracións poidan efectuar a tramitación dos expedientes da súa competencia a iniciativa da cal corresponda á outra reforzándose así a colaboración administrativa entre as administracións públicas competentes.

Informe fiscalización -24

Page 167: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 168: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 169: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se recibiran alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 170: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 171: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE CAMARIÑAS

EXERCICIOS 2005-2006

Page 172: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 173: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................5 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5 I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6 I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6 I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7 II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ......................................................................................9 II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9 III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .........................................................12 III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................13 III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................14 III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14 III.4. LICENZAS......................................................................................................................15 IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA .................................................................................................16 IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16 IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16 IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17 V. RESUMO DA ENQUISA ......................................................................................................18 VI. CONCLUSIÓNS..................................................................................................................19 VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19 VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19 VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19 VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20 VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21 VII. RECOMENDACIÓNS ..........................................................................................................23 ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 174: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 175: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 176: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 177: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 178: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 179: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Camariñas, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 51,6 Km2 e unha poboación de dereito de 6.323 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio reduciu a súa poboación en 1.026 habitantes, o que supón un descenso porcentual do 16,25% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Poboación 7.349 7.105 7.063 6.813 6.747 6.620 6.597 6.502 6.467 6.323

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais

GRÁFICO 1

7.349

7.1057.063

6.8136.747

6.6206.597

6.502 6.4676.323

6.000

6.500

7.000

7.500

8.000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Camariñas tiña un total de 4.228 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 1.692 (40%) estaban baleiras e 406 (9,60%) eran secundarias, consecuentemente o 49,60% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 3.152 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,34 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,60 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 180: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 6.747 6.620 6.597 6.502 6.467

VIVENDAS 4.228 4.255 4.257 4.260 4.340

RATIO 1,60 1,56 1,55 1,53 1,49

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia

GRÁFICO 2

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

8.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,42

1,44

1,46

1,48

1,50

1,52

1,54

1,56

1,58

1,60

1,62

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 diminuíu o número de habitantes en 280 persoas (4,15%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 112 (2,65%). Se observamos o constante descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto á porcentaxe de variación de habitantes/novas vivendas, que toma un valor negativo de -2,5, vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

2.186 417 1.737 4.340

Informe fiscalización -10

Page 181: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (r m) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005, neste caso, dá un valor negativo propiciado polo descenso da poboación no período que se indica.

Ratio medio: r m = 1,55 Ratio incremento: rn = -2,50

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005 DENSIDADE

ANO Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 130,76 81,94 2002 128,29 82,46 2003 127,85 82,50 2004 126,01 82,56 2005 125,33 84,11

Medias do período 127,65 82,71

GRÁFICO 3

Población (habitantes/km2)

130,76

128,29127,85

125,33

126,01

127,65

122,00123,00124,00125,00126,00127,00128,00129,00130,00131,00132,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

81,94

82,4682,5

82,56

84,11

82,71

80,50

81,00

81,50

82,00

82,50

83,00

83,50

84,00

84,50

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 182: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Camariñas, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicar, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Camariñas, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

Informe fiscalización -12

Page 183: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. A data 15 de abril de 2008 constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que o Concello de Camariñas non contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Arquitecto Técnico (contratado laboral), con dedicación completa aos temas urbanísticos.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, non existía persoal ningún dedicado aos temas relacionados coa Disciplina Urbanística.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON característica Unidade de Urbanismo

X Nº

Posto de traballo ou Cualificación

Relac. Laboral

Dedicación

1 Arquitecto Asistencia técnica

Persoal con adscrición total ou parcial a Urbanismo

1 Arquitecto Técnico Contratado laboral 100% Nº Posto de traballo ou

Cualificación Relac. laboral

DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo, tanto para os temas de urbanismo en xeral como de Disciplina Urbanística en particular. Indícase de forma específica por parte do Concello unha insuficiencia de medios adecuados para as funcións en materia de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Por outra banda, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñadas por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestadas por persoal suxeito a estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para estes temas nin se mantivo ningún tipo de contrato ou asistencia técnica con terceiros.

Informe fiscalización -13

Page 184: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer como figura de planeamento urbanístico de Normas Subsidiarias de Planeamento.

O Concello estaba, no momento da realización da enquisa, redactando un novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, o cal se atopaba pendente da aprobación inicial.

PLANEAMENTO XERAL

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias Pendente da aprobación inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía, nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

SI NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

Informe fiscalización -14

Page 185: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte obsérvase a información facilitada polo Concello respecto ás licenzas. Limítase a indicar o número de licenzas solicitadas e directas concedidas no que respecta aos apartados Actos de Edificación (vivendas), Ampliación, Modificación e Reforma (edificios) e Outras Obras con Licenza Obrigatoria.

LICENZAS -2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN 22 14 17 14 (novo andar)

Vivendas 17 11 16 14 Inst. Indus. Agric. Inst. Comer. Serv. Equipamentos Outras Instalacións 5 2 1

16 9 14 12 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA

Edificios 14 9 14 12 Instalacións 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS

98 78 121 75 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA

TOTAL 136 101 152 101

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 186: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Camariñas, este non dispoñía de persoal dedicado aos labores de Disciplina Urbanística, non se indica expresamente que ningún persoal do Concello realice labores específicas de inspección que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do solo.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa por oficio ou denuncia. Realidade que se verifica no número de intervencións que, por oficio ou denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade. Iniciouse 1 expediente, sendo o motivo da intervención administrativa a realización de obras sen licenza, que se atopaban en execución no momento do inicio do expediente de infracción urbanística.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 1 1 0 1 sen licenza

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE O expediente que se informa iniciado no ano 2005, foi tramitado como expediente de reposición á legalidade, non constando se se emitira a correspondente resolución municipal.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

1 0 1 non consta Non consta

Informe fiscalización -16

Page 187: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Camariñas non deu traslado a ningún órgano autonómico de infraccións urbanísticas, cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se consideraron competencia destes.

En canto ás comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas, constan 5 expedientes.

O Concello informou de 3 procesos xudiciais resoltos no momento da realización da enquisa.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

Non consta 5 3

Informe fiscalización -17

Page 188: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Camariñas ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CAMARIÑAS

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación

1 Arquitecto Técnico Contratado laboral 100% 1 Arquitecto Asistencia Técnica

Nº Posto de traballo ou Cualificación Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística

Relac. Laboral

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico

X Normas Subsidiarias Pendente da aprobación inicial

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2 ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 22 14 17 14

Vivendas 17 11 16 14 Inst.Indus.Agric. Inst.Comer.Serv. Equipamentos Outras Instalacións 5 2 1

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 16 9 14 12

Edificios 14 9 14 12 Instalacións 2 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 98 78 121 75

TOTAL 136 101 152 101 1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Expedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo 2005 1 1 0 1 sen licenza Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

1 0 Non consta Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre

infraccións urbanísticas da súa competencia Comunicacións e requirimentos recibido da Xunta

de Galicia relativos a infraccións urbanísticas Número de procesos xudiciais resoltos dende

2005

Non consta 5 3

Informe fiscalización -18

Page 189: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente ten adxudicadas de forma explícita os concellos, necesitan dun esforzo considerable na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello ao considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta o Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 estábase a redactar un PXOM adaptado á LOUGA. Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a data de febreiro de 2008, aínda non entrou en vigor o novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Informe fiscalización -19

Page 190: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación de xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de estar suxeitos a previa licenza municipal os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira

Informe fiscalización -20

Page 191: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente.

Este artigo 194 da LOUGA confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida, destaca que o maior número de licenzas concedidas se concreta nas 78 e nas 75 que, para Outras Obras con Licenza Obrigatoria (aquí inclúense as obras menores), concedéronse nos exercicios 2005 e 2006, respectivamente, xa que supoñen o 77,25% en 2005 e 74,25% en 2006. Correspondendo a Actos de Edificación (novo andar) 14 (13,85%) en 2005 e 14 (13,85%) en 2006, das cales foron concedidas para a edificación de vivendas 11 en 2005 e 14 en 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese de forma explícita na LOUGA nos artigos 200 e 208. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible por o que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza, tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo, pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Camariñas dedica ás funcións urbanísticas en xeral. Non se sinala o persoal que se destina á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

O expediente tramitado como reposición á legalidade iniciouse de oficio, encontrándose as obras en curso de execución. Non se facilita información sobre a súa situación administrativa. Non se indica na documentación remitida ningún acto resolutorio de reposición á legalidade, como poden ser a demolición, a solicitude de nova licenza ou a sanción económica correspondente, segundo o considerado no artigo 209 da LOUGA.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as

Informe fiscalización -21

Page 192: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O concello de Camariñas, non comunico infracción ningunha a outro organismo público con competencias en materia de sancións e de reposición á legalidade durante os anos 2005 e 2006.

O Concello recibiu, durante o período sobre o que se realiza a enquisa, 5 comunicacións ou requirimentos da Xunta de Galicia relativo a infraccións urbanísticas.

Na enquisa remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello indica a existencia de tres procesos xudiciais en materia de Disciplina Urbanística, pero solo subministra información de dous deles que foron resoltos.

Informe fiscalización -22

Page 193: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo corresponden ao Concello.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o Planeamento que a 31 de decembro de 2006 se estaba a tramitar, de acordo co manifestado polo Concello de Camariñas, non consta que entrara en vigor. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� O artigo 200 da LOUGA establece a inspección periódica de construcións, obrigatoria para aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese, e nas cales deben estar incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, pode corrixirse nunha medida importante a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 199 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

Informe fiscalización -23

Page 194: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados tanto por denuncias como de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que posteriormente deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 195: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 196: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 197: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 198: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 199: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CAMBADOS

EXERCICIOS 2005-2006

Page 200: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 201: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE.................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN..................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ...................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE .................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS.............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................11III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ................................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL ..................................................................................................13III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) .....................................................................14III.4. LICENZAS.......................................................................................................................14IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ............................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE................................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS ........................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA 19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO .......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ...............................................................................19VI.4. LICENZAS.......................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA..............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS .......................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 202: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 203: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 204: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 205: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É reseñable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 206: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 207: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Cambados, na provincia de Pontevedra, ten unha extensión de 23,4 Km2 e unha poboación de dereito de 13.562 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 599 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 4,62% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación 1997 12.963 2002 13.438 1998 12.918 2003 13.524 1999 13.067 2004 13.564 2000 13.240 2005 13.581 2001 13.328 2006 13.562

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

12.963 12.91813.067 13.240

13.328 13.438 13.524 13.564 13.581 13.562

11000

11500

12000

12500

13000

13500

14000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Cambados tiña un total de 5.119 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 821 (16,04%) estaban baleiras 416 (8,13%) eran secundarias, consecuentemente o 24,17% das vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 3.903 edificios, resultando en relación co número de vivendas, un ratio de 1,31 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 2,60 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do

Informe fiscalización -9

Page 208: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habit./vivienda para cada ano.

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 13.328 13.438 13.524 13.564 13.581

VIVENDAS 5.119 5.222 5.319 5.482 5.627

RATIO 2,60 2,57 2,54 2,47 2,41

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

16.000

2001 2002 2003 2004 2005

2,30

2,35

2,40

2,45

2,50

2,55

2,60

2,65

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 253 persoas (1,90%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 508 (9,92%). Se observan o moderado descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto a porcentaxe de variación de habitantes/novas vivendas, que toma o valor 0,498, vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL 4.267 457 903 5.627

Informe fiscalización -10

Page 209: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005.

Ratio medio: rm = 2,518

Ratio incremento: rn = 0,498

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 569,57 218,76 2002 574,27 223,16 2003 577,95 227.31 2004 579,66 234,27 2005 580,38 240,47

Medias do período 576,37 228,79

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

569,57

574,27

577,95

580,38579,66

576,37

564,00

566,00

568,00

570,00

572,00

574,00

576,00

578,00

580,00

582,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

218,76

223,16

227,31

234,27

240,47

228,79

205,00

210,00

215,00

220,00

225,00

230,00

235,00

240,00

245,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 210: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Cambados, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter específico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, á protección da legalidade urbanística e ás infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e, en concreto, os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en disciplina urbanística no Concello de Cambados, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. Con data de febreiro de 2008 constatouse, por información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que o Concello de Cambados contaba coa unidade de xestión urbanística identificada como Oficina de Rehabilitación.

Informe fiscalización -12

Page 211: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por un equipo de 6 persoas das cales soamente dous son funcionarios. No cadro seguinte relaciónase a totalidade do persoal dedicado aos labores de urbanismo no Concello de Cambados.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, se limita a un Arquitecto Técnico, a un Asesor Xurídico e a un Auxiliar Administrativo, ningún dos cales se dedica exclusivamente ás funcións de Disciplina Urbanística.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X Dispón dunha Oficina de Rehabilitación

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo Auxiliar Administrativo Auxiliar Administrativo

Laboral Temporal Funcionario (N-20) Laboral Temporal Funcionario (N-16) Laboral Fixo Laboral Temporal

Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística 1

1 1

Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo

Funcionario (N-20) Laboral Temporal Laboral Temporal

Non consta Non consta Non consta

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo, tanto para os temas de urbanismo en xeral como de disciplina urbanística en particular. Indícase de forma específica, por parte do Concello, unha insuficiencia de medios adecuados para as funcións en materia de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Para o período de referencia non se solicitou ningún tipo de apoio técnico en materia de urbanismo á Deputación Provincial, nin se mantivo ningún tipo de asistencia técnica con terceiros.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como figura de planeamento urbanístico, de Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1994, con posterioridade en 1995 se procedeu á elaboración dun texto refundido, non ditándose resolucións administrativas ou xudiciais definitivas ou firmes que as afecten.

Informe fiscalización -13

Page 212: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

O Concello estaba, no momento da realización da enquisa, redactando un Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, o cal se atopaba pendente do Informe de aprobación inicial pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

PLANEAMENTO XERAL

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias de Planeamento Pendente do Informe de aprobación inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo e non dispoñía, nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos pola súa alienación. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais con relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúen un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alienación de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS No cadro seguinte obsérvase o número de licenzas urbanísticas solicitadas e concedidas durante os exercicios 2005 e 2006, segundo se puido deducir dos datos facilitados polo Concello de Cambados.

Informe fiscalización -14

Page 213: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

LICENZAS -2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 107 3 93 110 6 85

Vivendas 46 3 42 45 6 37

Inst. Indus. Agric. 23 18 25 19

Inst. Comer. Serv. 32 29 33 26

Equipamentos 3 3 4 1

Outras Instalacións 3 1 3 2

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 71 63 71 65

Edificios 67 61 66 62

Instalacións 4 2 5 3

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 6 6 13 1 12

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 571 503 480 425

TOTAL 755 3 665 674 7 587

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 214: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Cambados, este dispoñía unicamente dun equipo de 3 persoas que dedicaban parte da súa xornada laboral aos labores de Disciplina Urbanística, non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicos de inspección que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas, en materia de edificación e uso do solo, no momento que estas se están a producir.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, realidade que se verifica no número de intervencións que, de oficio ou por denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, 82 foron os expedientes iniciados, 6 foron por denuncia e 76 de oficio. En canto á situación das obras, 17 estaban a executarse e 65 finalizadas no momento de iniciarse o expediente. Polos datos facilitados non se pode interpretar se as obras dispoñían ou non de licenza ou se non se axustaban á licenza concedida.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 82 76 6 Non consta

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 82 expedientes que se informa iniciados no ano 2005, todos foron tramitados como expedientes de reposición á legalidade, contando coa correspondente resolución municipal 65 deles, a resolución instaba á legalización das obras realizadas en 50 casos e nos outros 15 considerábanse ilegalizables. Nestes 15 casos ordenábase a demolición das obras e en todos eles os particulares procederon á execución voluntaria da orde.

Informe fiscalización -16

Page 215: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

82 65 50 Legalizables 15 Non legalizables

15 Demolición das obras

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Cambados deu traslado, durante os anos 2005 e 2006, de 3 comunicacións, sobre supostos de infraccións urbanísticas, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ao considerar a esta o organismo competente para proceder á apertura dos correspondentes expedientes de reposición á legalidade ou de sanción.

En canto ás comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia, durante os exercicios 2005 e 2006, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas, ascenderon a 3, non se indica o organismo do que partiu a comunicación ou o requirimento.

O Concello indica que soamente se resolveron 2 procesos xudiciais, dende o ano 2005 ata a data de cumprir a enquisa, que implicasen accións por parte do Concello en materia de Disciplina Urbanística. Non se informa da sentenza.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

3 3 2

Informe fiscalización -17

Page 216: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllense os datos máis significativos que foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Cambados ao Consello de Contas de Galicia e que, de forma específica, foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CAMBADOS Si NON Característica Unidade de urbanismo

X Oficina de rehabilitación

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial aurbanismo 1

1 1 1 1 1

Arquitecto Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo Auxiliar Administrativo Auxiliar Administrativo

Laboral Temporal Funcionario (N-20) Laboral Temporal Funcionario (N-16) Laboral Fixo Laboral Temporal

Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial adisciplina urbanística 1

1 1

Arquitecto Técnico Licenciado en Dereito Auxiliar Administrativo

Funcionario N-20 Laboral Temporal Laboral Temporal

Non consta Non consta Non consta

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Normas Subsidiarias adaptadas á LASGA Pendente de envío á CPTOPT para informe previo á

aprobación inicial Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 107 3 93 110 6 85

Vivendas 46 42 45 6 37 Inst.Indus.Agric. 23 18 25 19 Inst.Comer.Serv. 32 29 33 26 Equipamentos 3 3 4 1 Outras Instalacións 3 1 3 2 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 71 63 71 65 Edificios 67 61 66 62 Instalacións 4 2 5 3

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 6 6 13 1 12 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 571 503 480 425

TOTAL 755 3 665 674 7 587 1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Expedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo 2005 82 76 6 Non consta Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

82 65 50 legalizables 15 Demolición das obras 15 non legalizables

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

3 3 2

Informe fiscalización -18

Page 217: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase dunha forma clara que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes, de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo que legalmente teñen adxudicadas de forma explícita os concellos necesitan dun esforzo na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas no ano 1994. No ano 1995 procedeuse á elaboración dun texto refundido, segundo información obtida da CPTOPT.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 estábase a proceder á elaboración dun PXOM adaptado á LOUGA. Na actualidade, segundo información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a data febreiro de 2008, o planeamento xeral en trámite atopaba sometido a informe previo á aprobación inicial.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Informe fiscalización -19

Page 218: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, quedando suxeita á obriga de constituír o PMS aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia, especificando os fins admisibles que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de estar suxeitos a previa licenza municipal os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira

Informe fiscalización -20

Page 219: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente.

Este artigo 194 da LOUGA confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que en materia de Disciplina Urbanística e, en concreto, de reposición á legalidade poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida, destaca o maior número de licenzas concedidas no apartado correspondente a Outras Obras con Licenza Obrigatoria, 503 no ano 2005 e 425 no 2006, xa que supoñen o 75,64% e o 72,40%, respectivamente, en cada un dos anos sobre os que trata o presente informe. En relación co apartado Actos de Edificación (novo andar), os datos facilitados na enquisa móstranse confusos, optándose por parte dos redactores deste informe a considerar unhas cifras coherentes que non alteran en absoluto a tendencia global da actividade construtiva no concello de Cambados.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA O deber de inspección recóllese de forma explícita na LOUGA nos artigos 200 e 208. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa disciplina urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible pola responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza, tal e como se recolle no apartado 1 do artigo mencionado, pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dada a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, das vilas e cidades.

No apartado III.1. deste Informe indícase o persoal que o Concello de Cambados dedica ás funcións urbanísticas en xeral e Disciplina Urbanística en particular. O Concello considera insuficiente o persoal que se dedica a estes labores entre os que están incluídas aquelas actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

Os 82 expedientes tramitados como reposición á legalidade iniciáronse 76 de oficio e 6 por denuncia. No momento de iniciarse o expediente as obras estaban en curso en 17 casos e en 65 rematadas. É significativo o número de expedientes iniciados de oficio, xa que mostra unha presenza importante, por parte do persoal dedicado ás tarefas de urbanismo, no seguimento da actividade construtiva no Concello de Cambados.

Informe fiscalización -21

Page 220: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

As 65 resolucións da Alcaldía, contemplan 50 actuacións legalizables e 15 non legalizables, ascendendo a 15 o número de casos nos que se ordenou a demolición.

A normativa establece procedementos de disciplina urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello de Cambados durante os anos 2005 e 2006, realizou 3 comunicacións á Xunta de Galicia, por supostas infraccións urbanísticas que se consideraron competencia da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes.

O Concello recibiu da Xunta de Galicia, non se informa en concreto de que organismo, durante os anos 2005 e 2006 3 solicitudes ou requirimentos de información relativos a supostos de infraccións urbanísticas.

Dous foron o número de procesos xudiciais resoltos dende 2005 ata a data de cumprir a enquisa, que implicaron o exercicio de accións por parte do Concello de Cambados en materia de Disciplina Urbanística, non consta na información facilitada a sentenza ditada.

Informe fiscalización -22

Page 221: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello considera insuficientes os medios persoais de que dispón para as funcións e labores relacionados co urbanismo, en concreto e no que atinxe a este Informe, ás actuacións en materia de Disciplina Urbanística. Recoméndase mellorar os efectivos persoais dedicados a todas estas funcións e, en concreto, os dedicados aos labores de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións, capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a estabilidade, no tempo, do persoal que se dedica aos labores urbanísticos en xeral, non recorrendo constantemente a contratos de carácter laboral temporal como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Segundo a información obtida, polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte no momento da realización deste Informe, o PXOM adaptado á LOUGA atopábase no trámite de Informe previo á aprobación inicial. Recoméndase proceder á súa axilización.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose, polo menos, a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

Informe fiscalización -23

Page 222: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Os labores de verificación dos expedientes, iniciados tanto por denuncias como de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a seguinte tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que, posteriormente, deban levarse adiante para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente nas que afectan á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda tramitar á outra.

Informe fiscalización -24

Page 223: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 224: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 225: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 226: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 227: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CANGAS

EXERCICIOS 2005-2006

Page 228: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 229: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................5 I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5 I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6 I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6 I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7 II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ......................................................................................9 II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9 III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .........................................................12 III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12 III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................13 III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14 III.4. LICENZAS......................................................................................................................14 IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA .................................................................................................16 IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16 IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16 IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17 V. RESUMO DA ENQUISA ......................................................................................................18 VI. CONCLUSIÓNS..................................................................................................................19 VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19 VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19 VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................20 VI.4. LICENZAS......................................................................................................................21 VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21 VII. RECOMENDACIÓNS ..........................................................................................................23 ANEXO I - ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO .......................................................25ANEXO II - RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ...................................29

Informe fiscalización -3

Page 230: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 231: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 232: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 233: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 234: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 235: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Cangas, na provincia de Pontevedra, ten unha extensión de 38,1 Km2 e unha poboación de dereito de 25.202 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 1.971 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 8,5% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006 Ano Poboación Ano Poboación 1997 23.231 2002 24.147 1998 23.235 2003 24.458 1999 23.413 2004 24.643 2000 23.442 2005 24.849 2001 23.756 2006 25.202

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

23.231 23.235 23.413 23.44223.756

24.14724.458 24.643 24.849

25.202

21000

22000

23000

24000

25000

26000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Cangas tiña un total de 11.317 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 2.300 (20,32%) estaban baleiras e 1.475 (13,03%) eran secundarias, consecuentemente o 33,35% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 7.036 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,61 vivendas por edificación e, en relación con o numero de habitantes, un ratio de 2,09 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 236: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 23.756 24.147 24.458 24.643 24.849 VIVENDAS 11.317 11.688 12.168 12.436 12.752

RATIO 2,10 2,07 2,01 1,98 1,95 Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

5.000

10.000

15.000

20.000

25.000

30.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,85

1,90

1,95

2,00

2,05

2,10

2,15

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 1.093 persoas (4,60%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 1.435 (12,68%). O constante descenso do ratio habitantes/vivenda nos anos de referencia, así como o ratio novos habitantes/nova vivenda, que toma un valor de 0,762 no período, evidencian que o número de vivendas construídas deu lugar a un notable incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005 Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

8.499 1.662 2.591 12.752

Fonte: Elaboración propia.

Informe fiscalización -10

Page 237: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio incremento de novos habitantes/novas vivendas (rn) entre os

anos 2001-2005.

Ratio medio: rm = 2,022

Ratio incremento: rn = 0,762

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2) 2001 623,51 297,03 2002 633,77 306,77 2003 641,94 319,37 2004 646,79 326,40 2005 652,20 334,70

Medias do período 639,64 316,85 Fonte: Elaboración propia.

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

623,51

633,77

641,94

652,2646,79 639,64

605,00610,00615,00620,00625,00630,00635,00640,00645,00650,00655,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

297,03

306,77

319,37

326,40

334,70

316,85

270,00

280,00

290,00

300,00

310,00

320,00

330,00

340,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 238: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Cangas, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter específico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Cangas, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón dun Servizo de Urbanismo. A data de febreiro de 2008 constatouse, a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a existencia dunha Oficina de Rehabilitación e que non existía Xerencia Municipal de Urbanismo.

Informe fiscalización -12

Page 239: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Xefe de Servizo (Licenciado en Dereito), 1 Arquitecto Técnico, 1 Administrativo e 2 Inspectores de obra, todos funcionarios. Ademais, traballan tamén 2 Arquitectos, 4 auxiliares administrativos e 1 Delineante, contratados en réxime laboral. Non se especificou se estes traballadores teñen dedicación completa aos temas urbanísticos.

Segundo a información facilitada polo Concello, os 2 Inspectores exercen labores de Disciplina Urbanística, con exclusividade.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA SI NON Característica

Unidade de urbanismo Servizo de Urbanismo

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. laboral Dedicación

1 Lic. Dereito (Xefe Servizo) Funcionario (N-26) 2 Arquitectos Laborais 1 Arquitecto Técnico Funcionario (N-24) 1 Administrativo Funcionario (N-25) 4 Auxiliares Administrativos Laborais 1 Delineante Laboral

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

2 Inspectores de obra Funcionarios (N-20)

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística 2 Inspectores de obra Funcionarios (N-20) 100%

O Concello informou, a través da enquisa, que considera insuficientes os medios persoais de que dispón para realizar axeitadamente funcións de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Por outra banda, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñadas por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para estes temas, nin se mantivo ningún tipo de contratos ou asistencias técnicas con terceiros.

III.2. PLANEAMENTO XERAL O Concello manifesta dispoñer, como planeamento urbanístico, de Normas Subsidiarias, aprobadas definitivamente o 20 de decembro de 1993 e publicadas no BOP do día 2 de decembro de 1994.

Informe fiscalización -13

Page 240: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

O Concello atopábase, no momento da realización da enquisa, redactando un novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA, que estaba en fase de avance inicial.

PLANEAMENTO XERAL SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico X Normas subsidiarias Avance inicial

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía, nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

SI NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúen un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte, preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Obsérvase que, para o ano 2005, se limita a indicar o número de licenzas concedidas no que respecta aos apartados Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, así como a Primeira Utilización de Edificios. A información correspondente ao ano 2006 tan só reflicte o número de licenzas concedidas por Primeira utilización de edificios.

Informe fiscalización -14

Page 241: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

LICENZAS

-2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) * 8 144 * * *

Vivendas 8 139

Inst. Indus. Agric. 5

Inst. Comer. Serv.

Equipamentos

Outras Instalacións

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA * 41 * * *

Edificios 39

Instalacións 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS * 10 19 * 12 27

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA

TOTAL 18 204 12 27

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 242: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Este artigo establece, que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Cangas, este dispón de 2 Inspectores de obra (funcionarios do grupo C) con exclusividade (100% do seu tempo) a labores de Disciplina Urbanística, polo que se evidencia a necesidade de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa de oficio ou por denuncia.

O Concello indicou na enquisa que iniciaron 121 expedientes de reposición da legalidade no exercicio 2005. Ademais, facilitouse unha relación de expedientes de restauración da legalidade urbanística tramitados nos exercicios 2005 e 2006, na que figura a codificación do expediente, o trámite no que se atopa, as obras ás que se refire e o lugar do municipio no que se realizaron. Non obstante, non se proporciona información de se estes expedientes se iniciaron de oficio ou por denuncia. De acordo con este listado, o número de expedientes iniciados en 2006 é de 125.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo 2005 121 Obras sen axustarse á legalidade

Expedientes iniciados

2006 125 Obras sen axustarse á legalidade

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 121 expedientes de restauración da legalidade indicados polo Concello, 25 levaron aparellado sanción; 52 foron tramitados pola Xunta de Galicia, 3 finalizaron con demolición de obras e os 41 restantes atopan noutro tipo de situación, como requirimento de información, paralización de obra, arquivo, etc. Respecto aos 125 expedientes iniciados en 2006, indícase que 21 tiveron sanción; 57 tramitáronse pola Xunta de Galicia, 8 expedientes finalizaron con demolición e indícanse outros motivos nos 39 restantes.

Informe fiscalización -16

Page 243: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número expedientes Resolucións Situación Reposición legalidade

2005: 121 expedientes 121 25 con sanción; 52 Xunta; 3 demolicións e 41 outra situación Non consta

2006: 125 expedientes 125 21 con sanción; 57 Xunta; 8 demolicións e 39 outra situación Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS O Concello achegou información da que se desprende que deu traslado á Xunta de Galicia de 52 infraccións urbanísticas no ano 2005 e de 57 en 2006, cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se consideraron da súa competencia.

Non obstante, non se proporcionou información sobre comunicacións e requirimentos efectuados ao Concello pola Xunta de Galicia, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas.

O Concello non informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

En 2005: 52

En 2006: 57

En 2005: Non consta

En 2006: Non consta

Non consta

Informe fiscalización -17

Page 244: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Cangas ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA CONCELLO DE CANGAS

SI NON Característica Unidade de urbanismo

X Servizo de urbanismo Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación

1 Lic. Dereito (Xefe Servizo) Funcionario (N-26) 2 Arquitectos Laborais 1 Arquitecto Técnico Funcionario (N-24 1 Administrativo Funcionario (N-25) 4 Auxiliares Administrativos Laborais 1 Delineante Laboral

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

2 Inspectores de obra Funcionarios (N-20)

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral) DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística 2 Inspectores de obra Funcionarios (N-20 100%

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico

X Normas subsidiarias Avance inicial SI NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 8 144

Vivendas 8 139

Inst.Indus.Agric. 5

Inst.Comer.Serv.

Equipamentos

Outras Instalacións

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 41

Edificios 39

Instalacións 2 PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 10 19 12 27

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA

TOTAL 18 204 12 27

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA

Expedientes iniciados Ano Numero De oficio Por denuncia Motivo 2005 121 Obras sen axustarse á legalidade

2006 125 Obras sen axustarse á legalidade

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións, Situaciónes Reposición á legalidade 2005 121 25 con sanción; 52 Xunta; 3 demolicións e 41 outra situación Non consta 2006 125 21 con sanción; 57 Xunta; 8 demolicións e 39 outra situación Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

En 2005: 52; En 2006: 57 Non consta Non consta

Informe fiscalización -18

Page 245: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral, coma de forma específica a Disciplina Urbanística, móstrase insuficiente. Evidénciase, que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente ten adxudicadas de forma explícita os concellos, necesitan dun esforzo na incorporación de medios humanos cualificados, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello, ao considerar insuficiente o persoal relacionado con estes labores competenciais que lle atribúe a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se deduce que o Concello teña regulado mediante Ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións, para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas no ano 1993. Esta situación, pon de manifesto a necesidade da redacción dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal que se adecúe de forma inmediata ao disposto na LOUGA.

Segundo se indica na enquisa remitida polo Concello, a 31 de decembro de 2006 estábase a redactar un PXOM adaptado á LOUGA, que se atopaba en fase de avance.

Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aínda non entrou en vigor o novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, que segundo datos da enquisa realizada estaba a tramitarse a 31 de decembro de 2006.

Informe fiscalización -19

Page 246: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006, o Concello non cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles co desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia, especificando os fins admisibles que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

Informe fiscalización -20

Page 247: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.4. LICENZAS

O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obriga de que os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do Concello na súa actividade competencial nestas materias.

Dos datos facilitados polo Concello de Cangas non é posible deducir o número total de licenzas solicitadas en ningún dos dous exercicios sobre os que se realiza a enquisa. Por esta circunstancia, non se pode emitir conclusión ningunha sobre o volume de solicitudes que se presentan e sobre a relación existente entre as solicitadas e concedidas.

O maior número de licenzas concedidas no exercicio 2005 concrétase nas 152 outorgadas para actos de Edificación (novo andar), xa que supoñen o 68,46% das concedidas nese ano; das cales 8 concedéronse en ámbitos con proceso de equidistribución, e 144 por licenza directa. As Licenzas de Ampliación, modificación e reforma foron 41 (18,46%) en 2005 e 29 (13,06%) as de Primeira utilización de edificios. No ano 2006, o Concello soamente informa das licenzas de Primeira utilización de edificios concedidas, que totalizaron 39, das que 12 outorgáronse en áreas con proceso de equidistribución e 27 por licenza directa.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA O deber de inspección recóllese de forma explícita nos artigos 200 e 208 na LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das

Informe fiscalización -21

Page 248: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello de Cangas, por acordo do Pleno celebrado o 26 de maio de 2006, aprobou definitivamente a Ordenanza de Inspección Técnica de Edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Cangas dedica ás funcións urbanísticas en xeral. Ademais, especifícase o que realiza con exclusividade funcións de inspección. Evidénciase a necesidade de reforzar con persoal cualificado as actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

O Concello non informou sobre se os expedientes tramitados como reposición á legalidade nos exercicios 2005 e 2006 se iniciaron de oficio ou por denuncia.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

Segundo consta na documentación facilitada polo Concello, as comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas en áreas de competencia autonómica foron 52 no ano 2005 e 57 en 2006.

O Concello non proporcionou información sobre comunicacións e requirimentos efectuados ao Concello pola Xunta de Galicia, en materia de infraccións urbanísticas.

O Concello tampouco informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

Informe fiscalización -22

Page 249: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. Ademais, deberá destinar persoal cualificado para atender labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas para as de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Recoméndase a necesidade de axilizar a tramitación do Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas en cada exercicio, concretando o tipo de licenza ou autorización que se concede, así como a obra que se realiza, especificándose polo menos a qué actos pertencen segundo a tipoloxía especificada no artigo 194.2 da LOUGA.

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados tanto por denuncias como de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -23

Page 250: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -24

Page 251: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO

Informe fiscalización -25

Page 252: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 253: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -27

Page 254: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -28

Page 255: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO II

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO

Informe fiscalización -29

Page 256: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -30

Page 257: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS

En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito do 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerase procedentes.

Fóra do prazo establecido, o Concello remitiu, ao Consello de Contas de Galicia, con data 16 de marzo de 2009 (rexistro de entrada número 607), con selo de rexistro portelo único do día 13 de marzo de 2009, as alegacións que se achegan no anexo.

En relación ao contido das citadas alegacións ou documentación remitida, o Consello de Contas de Galicia, de forma xeral, non tomou en consideración aquelas que:

– Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no Anteproxecto de Informe.

– Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo.

– Non rebaten o contido do Anteproxecto de Informe, proporcionando só explicacións ou xustificacións da actividade municipal.

Segundo o expresado, ao estar incursas nalgunhas das circunstancias anteriores, as alegacións formuladas polo Concello de Cangas, non dan lugar á modificación do Anteproxecto de Informe.

Informe fiscalización -31

Page 258: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -32

Page 259: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CARBALLO

EXERCICIOS 2005-2006

Page 260: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 261: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................14III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14III.4. LICENZAS......................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS .......................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 262: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 263: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

�� Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 264: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 265: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 266: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 267: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Carballo, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 186,1 Km2 e unha poboación de dereito de 29.985 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio aumentou a súa poboación en 2.698 habitantes, o que supón un incremento porcentual do 9,8% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación 1997 27.287 2002 28.527 1998 27.497 2003 28.949 1999 27.980 2004 29.521 2000 28.271 2005 29.689 2001 28.497 2006 29.985

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

27.28727.497

27.98028.271 28.497 28.527

28.94929.521 29.689

29.985

26000

27000

28000

29000

30000

31000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Carballo tiña un total de 14.660 vivendas, segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 4.466 (30,46%) estaban baleiras e 994 (6,78%) eran secundarias, consecuentemente o 37,24% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 7.977 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,83 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,94 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 268: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 28.497 28.527 28.949 29.521 29.689

VIVENDAS 14.660 14.860 15.213 15.408 15.833

RATIO 1,94 1,92 1,90 1,92 1,88

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia

GRÁFICO 2

0

5.000

10.000

15.000

20.000

25.000

30.000

35.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,85

1,86

1,87

1,88

1,89

1,9

1,91

1,92

1,93

1,94

1,95

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 aumentou o número de habitantes en 1.192 persoas (4,18%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 1.173 (8,0%). O descenso continuado (agás no ano 2004), do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, así como o ratio novos habitantes/nova vivenda, que toma un valor 1,016 no período, evidencian que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

9.937 1.073 4.823 15.833

Fonte: Elaboración propia.

Informe fiscalización -10

Page 269: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio incremento de novos habitantes/novas vivendas (rn) entre os

anos 2001-2005.

Ratio medio: rm = 1,911 Ratio incremento: rn = 1,016

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 153,12 78,77

2002 153,28 79,85

2003 155,55 81,75

2004 158,62 82,79

2005 159,53 85,08

Medias do período 156,02 81,65

Fonte: Elaboración propia

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

153,12

153,28

155,55

159,53158,62

156,02

148,00

150,00

152,00

154,00

156,00

158,00

160,00

162,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

78,77

79,85

81,75

82,79

85,08

81,65

75,0076,0077,0078,0079,0080,0081,0082,0083,0084,0085,0086,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 270: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Carballo, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Carballo, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

O Concello manifesta que, no exercicio 2005, non dispón de unidades administrativas con funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008, constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a inexistencia de Oficina de Rehabilitación e de Xerencia Municipal de Urbanismo.

Informe fiscalización -12

Page 271: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Arquitecto, 1 Arquitecto Técnico e 1 Vixilante de obras, todos eles funcionarios. Así mesmo, figura contratado en réxime laboral 1 Arquitecto, 1 Licenciado en Dereito, 1 Enxeñeiro Técnico e 1 Auxiliar Técnico. Ademais, o Concello informa da contratación mediante asistencia técnica de 1 Asesor Xurídico. O Concello tampouco especifica na enquisa o tempo que dedican estes traballadores a funcións urbanísticas.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limítase 1 Vixilante de obras.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación

1 Arquitecto Funcionario (N-28) N/C

1 Arquitecto Técnico Funcionario (N-24) N/C

1 Vixilante de obras Funcionario (N-18) N/C

1 Arquitecto Persoal Laboral N/C

1 Licenciado en Dereito Persoal Laboral N/C

1 Enxeñeiro Técnico Persoal Laboral N/C

1 Auxiliar Técnico Non consta

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Asesor Xurídico Asistencia Técnica

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística

1 Vixilante de obras Funcionario (N-18) Non consta

O Concello informou, a través da enquisa, que considera insuficientes os medios persoais de que dispón para realizar axeitadamente funcións urbanísticas en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Por outra parte, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñados por persoal laboral e asistencias técnicas, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia, non se solicitou ningún tipo de asistencia á Deputación Provincial para estas funcións.

Informe fiscalización -13

Page 272: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como planeamento urbanístico, de Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, aprobado o 20 de maio de 2003 (BOP número 142, do 23 de xuño de 2003). Este Planeamento foi anulado, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza do día 1 de marzo de 2007. Na actualidade (febreiro, 2008), esta anulación está pendente de resolución do recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

PLANEAMENTO XERAL Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X PXOM Pendente de resolución recurso casación

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006, o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía, nos exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

Informe fiscalización -14

Page 273: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Así, se comunica que se solicitaron 317 en 2005 e 410 en 2006 e que se concederon 215 en 2005 e 231 en 2006. O Concello utilizou a licenza directa na totalidade dos expedientes concedidos no ano 2005 e, tamén, en todos os concedidos no ano 2006.

Nestes anos, destaca a concesión de licenzas para Actos de edificación (novo andar) que foron 159 (73,95%) en 2005 e 187 (80,95%) en 2006. O Concello non indica o número de licenzas outorgadas en Outras obras con licenza obrigatoria e para Ampliación, modificación e reforma.

LICENZAS

-2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 179 159 252 187

Vivendas 91 83 163 114 Inst. Indus. Agric. 17 14 23 14 Inst. Comer. Serv. 71 62 66 59 Equipamentos Outras Instalacións

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 45 * * 67 * *

Edificios 35 59 Instalacións 10 8

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 68 56 56 44 OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 25 * * 35 * *

TOTAL 317 215 410 231

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 274: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Este artigo establece que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

O Concello de Carballo sinala que destina 1 Vixilante de obras a labores de Disciplina Urbanística. Non se indica expresamente a existencia doutro persoal para realizar labores especificas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas na execución destas funcións.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren a inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera outra actuación, ben sexa por oficio ou denuncia. Esta realidade verifícase no número de intervencións que se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, xa que no ano 2005 se realizaron 10.

Así, dos 10 expedientes tramitados en 2005, 8 foron de oficio e 2 por denuncia. Os motivos concrétanse en 4 expedientes sen licenza e 5 que non se axustaban ás prescricións establecidas nestas. O outro expediente, incoado en virtude de denuncia por instalación de pozo de augas residuais, foi desestimado por obra inexistente.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 10 8 2 4 sen licenza; 5 sen axustarse e 1

desestimado

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

O Concello informou dos expedientes de reposición da legalidade urbanística iniciados en 2005. Segundo esta información, dos 10 tramitados no ano 2005, tan só 2 resolvéronse a data da cumprimentación da enquisa. Consta, na información facilitada, as dúas resolucións destes expedientes.

Informe fiscalización -16

Page 275: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

10 2 1 arquivado 1 reposición por demolición

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se considerasen de competencia autonómica.

Proporcionouse información de 4 expedientes de comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, relativos a supostos de infraccións urbanísticas, no ano 2005 e doutros 4 en 2006.

O Concello non informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas

da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

Non consta 4 en 2005 4 en 2006 Non consta

Informe fiscalización -17

Page 276: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Carballo ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CARBALLO

Si NON Característica Unidade de urbanismo X

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación1 Arquitecto Funcionario (N-28) Non consta1 Arquitecto Técnico Funcionario (N-24) Non consta1 Vixilante de obras Funcionario (N-18) Non consta1 Arquitecto Persoal Laboral Non consta1 Licenciado en Dereito Persoal Laboral Non consta1 Enxeñeiro Técnico Persoal Laboral Non consta1 Auxiliar Técnico Non consta Non consta

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Asesor Xurídico Asistencia Técnica Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a

Disciplina Urbanística 1 Vixilante de obras Funcionario (N-18) Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA

Planeamento urbanístico X Planeamento Xeneral Ordenación Mpal. Pendente de resolución recurso casación Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do

Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos -2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 179 159 252 187

Vivendas 91 83 163 114 Inst.Indus.Agric. 17 14 23 14 Inst.Comer.Serv. 71 62 66 59 Equipamentos Outras Instalacións AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 45 * 67 * Edificios 35 59 Instalacións 10 8

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 68 56 56 44

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 25 * 35 * TOTAL 317 215 410 231

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas DISCIPLINA URBANÍSTICA

Ano Número De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados 2005 10 8 2 4 sen licenza; 5 sen axustarse e

1 desestimado.

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade 2005 10 2 1 arquivado 1 reposición por demolición

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos

dende 2005

Non consta 4 en 2005; 4 en 2006 Non consta

Informe fiscalización -18

Page 277: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado ás tarefas de Disciplina Urbanística móstrase insuficiente. Evidénciase, que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes, de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente corresponden aos concellos, necesitan da incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello, ao considerar insuficiente o persoal destinado á realización destes labores competenciais que lle atribúe a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada non se deduce que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións, para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a un Planeamento Xeneral de Ordenación Municipal, aprobado en 2003. Este Planeamento foi anulado, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza do día 1 de marzo de 2007. Na actualidade (febreiro, 2008), esta anulación está pendente de resolución do recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006, o Concello non cumprira a obriga de ter constituído o PMS, e non dispón de Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92, que regula esta obriga, foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que dispoñan de Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

Informe fiscalización -19

Page 278: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

A LOUGA, no seu artigo 177.1, reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS

O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Informe fiscalización -20

Page 279: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida destaca que, o maior número de licenzas solicitadas, se concreta nas 179 e nas 252 que para Actos de edificación (novo andar) se rexistraron en 2005 e 2006 respectivamente, xa que supoñen o 56,47% en 2005 e 61,46% en 2006. A Ampliación, modificación e reforma corresponderon 45 (14,20%) en 2005 e 67 (16,34%) en 2006. Por último, destacar que se solicitaron 68 licenzas de Primeira utilización de edificios en 2005 e 56 no ano 2006.

Segundo a mesma información, concedéronse un total de 215 licenzas en 2005, e 231 no ano 2006. Esta información concrétase de forma detallada nos seguintes termos. Para Actos de edificación (novo andar) concedéronse 159 e 187 nos anos 2005 e 2006, respectivamente. Así mesmo, as licenzas concedidas para Primeira utilización de edificios foron 56 en 2005 e 44 no ano 2006. O Concello non indica o número de licenzas outorgadas en Outras obras con licenza obrigatoria e para Ampliación, modificación e reforma.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese explicitamente nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal en deber de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello non dispón de Ordenanza reguladora da inspección periódica de edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello dedica ás funcións urbanísticas, en xeral, e ás de Disciplina Urbanística. Evidénciase, de acordo con esta información, que as tarefas urbanísticas realizadas a través de persoal laboral e asistencias técnicas deben desempeñarse por persoal funcionario. Así mesmo, para a realización de

Informe fiscalización -21

Page 280: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións, deberase contar con persoal especializado.

Dos 10 expedientes tramitados como reposición á legalidade en 2005, 8 foron tramitados de oficio e 2 tiveron a súa orixe en denuncias. O Concello indicou que 4 expedientes se incoaron por carecer de licenza e 5 por non se axustar ás súas determinacións, o outro expediente arquivouse por fundamentarse a denuncia na realización dunha obra que o Concello comprobou que non se realizara.

Agás en 2 casos, non consta, na información facilitada, se as resolucións adoptadas polo Concello contemplaban a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas de competencia autonómica. Non obstante, informouse que se realizaron 4 comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, no ano 2005 e outros 4 no ano 2006. O Concello non informou da existencia de procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza nin dos que se resolvesen dende 2005.

Informe fiscalización -22

Page 281: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo corresponden ao Concello.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose polo menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

�� Os labores de verificación dos expedientes iniciados, tanto por denuncias coma de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación

Informe fiscalización -23

Page 282: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 283: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 284: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 285: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 286: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 287: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA

CONCELLO DE CARIÑO

EXERCICIOS 2005-2006

Page 288: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 289: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................8II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................8III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................11III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................13III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14III.4. LICENZAS......................................................................................................................14IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23ANEXO I - ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO .......................................................25ANEXO II - RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ...................................29

Informe fiscalización -3

Page 290: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 291: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 292: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

Informe fiscalización -6

Page 293: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo

Informe fiscalización -7

Page 294: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Simplificado de Contabilidade Local.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Cariño, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 46,8 Km2 e unha poboación de dereito de 4.700 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio

Informe fiscalización -8

Page 295: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

diminuíu a súa poboación en 616 habitantes, o que supón unha diminución porcentual do 11,58% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación 1997 5.316 2002 4.861 1998 5.199 2003 4.812 1999 5.110 2004 4.798 2000 5.036 2005 4.788 2001 4.967 2006 4.700

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

5.3165.199 5.110

5.036 4.9674.861 4.812 4.798 4.788

4.700

4000

4500

5000

5500

6000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución de poboación no período 1997-2006

O municipio de Cariño tiña un total de 2.619 vivendas, segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 622 (23,74%) estaban baleiras e 168 (6,41%) eran secundarias, consecuentemente o 30,15% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 2.144 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,22 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,89 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 296: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 4.967 4.861 4.812 4.798 4.788

VIVENDAS 2.619 2.634 2.641 2.747 2.786

RATIO 1,90 1,85 1,82 1,75 1,72

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

8.000

9.000

10.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,60

1,65

1,70

1,75

1,80

1,85

1,90

1,95

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 diminuíu o número de habitantes en 179 persoas (3,60%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 167 (6,37%). O constante descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, evidencian que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia. Como consecuencia do descenso de poboación, e debido á escasa variación neta do parque de vivendas no municipio, o ratio novos habitantes/nova vivenda toma un valor negativo de -1,071 no período.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección:

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

1.947 178 661 2.786

Fonte: Elaboración propia.

Informe fiscalización -10

Page 297: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio incremento de novos habitantes/novas vivendas (rn) entre os

anos 2001-2005, neste caso, dá un valor negativo propiciado polo descenso da poboación no período que se indica.

Ratio medio: rm = 1,80 Ratio incremento: rn = -1,071

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005 DENSIDADE

ANO Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 106,13 55,96 2002 103,86 56,28 2003 102,82 56,43 2004 102,52 58,70 2005 102,30 59,53

Medias do período 103,52 57,37

Fonte: Elaboración propia.

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

106,13

103,86102,82

102,52102,30

103,52

100,00

101,00

102,00

103,00

104,00

105,00

106,00

107,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

55,96

56,28

56,43

58,70

59,53

57,37

54,00

55,00

56,00

57,00

58,00

59,00

60,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 298: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Cariño, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Cariño, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que dispón dun Servizo Técnico e Secretaría, para realizar funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008, constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a inexistencia de Oficina de Rehabilitación e de Xerencia Municipal de Urbanismo.

Informe fiscalización -12

Page 299: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Enxeñeiro Técnico (laboral fixo), e un Auxiliar Administrativo (laboral fixo), onde a dedicación para a realización das devanditas tarefas é dun 75% e un 100%, respectivamente.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada, limítase 1 Enxeñeiro Técnico, cunha dedicación do 25% da súa actividade.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

SI NON Característica Unidade de urbanismo

X Servizo Técnicos e Secretaría

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral Dedicación

1 Enxeñeiro Técnico Laboral fixo 75%

Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Auxiliar Administrativo Laboral fixo 100%

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a Disciplina Urbanística 1 Enxeñeiro Técnico Laboral fixo 25%

O Concello informou, a través da enquisa, que considera insuficientes os medios persoais de que dispón para realizar axeitadamente funcións urbanísticas en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Para o período de referencia, o Concello informou que se solicitou asistencia á Deputación Por outra banda, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñadas por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestadas por persoal suxeito a estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para el período de referencia, el Ayuntamiento informó que se solicitó asistencia a la Diputación Provincial para estas funciones Provincial para estas funcións.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello manifesta dispoñer, como planeamento urbanístico, de Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, aprobado o 17 de febreiro de 2000 e publicado no BOP o 24 de febreiro de 2000.

Informe fiscalización -13

Page 300: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

No momento da realización da enquisa, o Concello informa que non se estaba a adaptar este Planeamento á LOUGA.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X PXOM Iniciándose

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) Nos exercicios 2005 e 2006, o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía, nos

exercicios mencionados, dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92 especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS No cadro seguinte, preséntase a información facilitada polo Concello respecto a licenzas. Así, solicitáronse 126 licenzas en 2005, das cales 11 foron para Actos de edificación (novo andar), 11 para Ampliación, modificación e reforma e 104 para Outras obras con licenza obrigatoria. No ano 2006, detállase que foron 139 as licenzas, de elas 21 foron para Actos de edificación (novo andar), 109 para Outras obras con licenza obrigatoria e 8 para Ampliación, modificación e reforma.

Informe fiscalización -14

Page 301: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Concedéronse 88 en 2005 e 43 en 2006, a través de concesión directa en todos os casos. Para Outras obras con licenza obrigatoria concedéronse 77 licenzas (87,50%) no ano 2005 e 33 (76,74%) en 2006. Para Actos de edificación (novo andar), concedéronse 6 en 2005 e 8 en 2006.

O Concello utilizou a licenza directa na totalidade dos expedientes concedidos no ano 2005 e, tamén, en todos os concedidos no ano 2006.

Ademais do anterior, significar que tan só se concedeu 1 licenza para Primeira utilización de edificios, no exercicio 2006.

LICENZAS -2005- -2006-

solicitadas Concedidas solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 11 6 21 8

Vivendas 8 20 8

Inst. Indus. Agric.

Inst. Comer. Serv. 3 1

Equipamentos

Outras Instalacións

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 11 5 8 1

Edificios 11 5 8 1

Instalacións

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS * * * 1

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 104 77 109 33

TOTAL 126 88 139 43

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 302: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Este artigo establece que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

O Concello de Cariño sinala que destina 1 Enxeñeiro Técnico a labores de Disciplina Urbanística, a dedicación a estas funcións da cal é do 25% da súa xornada laboral. Non se indica expresamente a existencia doutro persoal para realizar labores especificas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas na execución destas funcións.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren a inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera outra actuación, ben sexa por oficio ou denuncia. Esta realidade verifícase no número de intervencións que se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, xa que no ano 2005 se realizaron 7.

Así, dos 7 expedientes tramitados en 2005, 2 foron de oficio e 5 por denuncia. Os motivos concrétanse en 2 obras sen licenza e 1 fose de proxecto.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 7 2 5 6 obras sen licenza e 1 fose de proxecto

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE O Concello informou dos expedientes de reposición da legalidade urbanística iniciados en 2005. Segundo esta información, dos 7 tramitados no ano 2005, 6 eran obras sen licenza e 1 obra fose de proxecto. Ademais, indícase que existe unha resolución que se corresponde coa incoación de 1 obra legalizable.

Informe fiscalización -16

Page 303: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Non consta, sobre os demais expedientes, se existen resolucións que contemplasen a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

7 1 1 Obra legalizable Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas os expedientes de reposición das cales á legalidade ou procedementos sancionadores se considerasen de competencia autonómica.

Tampouco se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello, relativos a supostos de infraccións urbanísticas.

O Concello informou que non existen procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza, no momento da realización da enquisa, e tampouco dos que se resolvesen dende 2005.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa

competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende

2005

Non consta Non consta 0

Informe fiscalización -17

Page 304: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllese de forma expresa aqueles datos que máis significativamente foron extraídos da documentación remitida polo Concello de Cariño ao Consello de Contas de Galicia, e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CARIÑO Si NON Característica Unidade de urbanismo X Servizo Técnico e Secretaría Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación

1 Enxeñeiro Técnico Laboral fixo 75% Persoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 Auxiliar Administrativo Laboral fixo 100% Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral Dedicación Persoal con adscrición total ou parcial a

Disciplina Urbanística 1. Enxeñeiro Técnico Laboral fixo 25% Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Planeamento Xeral Ordenación Municipal Iniciándose Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2 ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 11 * 6 21 * 8

Vivendas 8 6 20 8 Inst.Indus.Agric. Inst.Comer.Serv. 3 1 Equipamentos Outras Instalacións

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 11 * 5 8 * 1

Edificios 11 5 8 1 Instalacións

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS * * * 1 * 1

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 104 * 77 109 * 33

TOTAL 126 * 88 139 * 43

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Expedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo 2005 7 2 5 6 obras sen licenza e 1 fose de proxecto

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

2005 7 1 1 legalizable 1 nova licenza Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre

infraccións urbanísticas da súa competencia Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de

Galicia relativos a infraccións urbanísticas Número de procesos xudiciais resoltos

dende 2005

Non consta Non consta 0

Informe fiscalización -18

Page 305: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase, que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente corresponden aos concellos, necesitan da incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello, ao considerar insuficiente o persoal destinado á realización destes labores competenciais que lle atribúe a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada non se deduce que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións, para determinar o seu estado de conservación, tal como se establece no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta a o Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a un Planeamento Xeneral de Ordenación Municipal aprobado no ano 2000. Esta situación, pon de manifesto a necesidade da redacción dun Planeamento Xeral de Ordenación Municipal que se adecúe de forma inmediata ao disposto na LOUGA.

Segundo se indica na enquisa remitida polo Concello, a 31 de decembro de 2006 non se estaba a redactar un PXOM adaptado á LOUGA.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006, o Concello non cumprira a obriga de ter constituído o PMS, e non dispón de Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Informe fiscalización -19

Page 306: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92, que regula esta obriga, foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que dispoñan de Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos

Informe fiscalización -20

Page 307: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do concello na súa actividade competencial nestas materias.

Da enquisa remitida, destaca que, o maior número de licenzas solicitadas concrétase nas 104 e nas 109 que para Outras obras con licenza obrigatoria se rexistraron en 2005 e 2006 respectivamente, xa que supoñen o 82,54% en 2005 e 78,41% en 2006. En canto ás concedidas, sinalar que destacan as 77 en 2005 e 33 en 2006, para Outras obras con licenza obrigatoria. Por último, resaltar que para Primeira utilización de edificios só se indica que se concedeu 1 licenza e que foi no ano 2006.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese explicitamente nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O artigo 200 refírese á inspección periódica das construcións e o 208 está relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible polo que supón de responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

O Concello de Cariño non dispón de Ordenanza reguladora da inspección periódica de edificacións, para dar cumprimento ao disposto no artigo 200 da LOUGA.

No apartado III.1. deste Informe, indícase o persoal que o Concello de Cariño dedica ás funcións urbanísticas, en xeral, e ás de Disciplina Urbanística. Evidénciase, de acordo con esta información, que as tarefas urbanísticas realizadas a través de persoal laboral deben desempeñarse por persoal funcionario. Así mesmo, para a realización de actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións, deberase contar con persoal especializado.

Dos 7 expedientes tramitados como reposición á legalidade en 2005, 2 foron tramitados de oficio e 5 tiveron a súa orixe en denuncias. O Concello indicou que 6 expedientes se incoaron por carecer de licenza e 1 fose de proxecto. Consta, na información facilitada, a resolución de 1

Informe fiscalización -21

Page 308: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

expediente de reposición por obra legalizable, pero non se informa de se as demais resolucións adoptadas polo Concello contemplaban a obriga de reposición á legalidade por demolición, sanción ou petición de nova licenza, tal como se especifica no artigo 209 da LOUGA, para obras sen licenza en curso de execución.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello non achegou información sobre comunicacións realizadas á Xunta de Galicia, por infraccións urbanísticas de competencia autonómica. Tampouco se proporcionou información sobre as comunicacións e requirimentos efectuados pola Xunta de Galicia ao Concello. Informouse que non existen procesos xudiciais resoltos á espera de sentenza dende 2005.

Informe fiscalización -22

Page 309: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, non se estaba a tramitar un novo Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á LOUGA. Deberanse adoptar as medidas necesarias para que se elabore un Planeamento Xeral de Ordenación Municipal adaptado á devandita normativa, e se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.

O artigo 200 da LOUGA regula a inspección periódica de construcións. É obrigatoria para aquelas edificacións que, en función da súa antigüidade, así considérese, e nas que deberán estar incluídas todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos. Por conseguinte, é recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección. Desta forma, podería corrixirse a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9 permitirá activar zonas que contan xa cos servizos pertinentes.

Os labores de verificación dos expedientes iniciados, tanto por denuncias coma de oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes que faciliten a posterior tramitación administrativa de todas aquelas intervencións que deban realizarse para o cumprimento da normativa que proceda, e moi especialmente na que afecta á tramitación de expedientes relacionados coa Disciplina Urbanística.

As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes

Informe fiscalización -23

Page 310: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 311: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I

ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO

Informe fiscalización -25

Page 312: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 313: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -27

Page 314: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -28

Page 315: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO II

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO

Informe fiscalización -29

Page 316: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -30

Page 317: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

RÉPLICA ÁS ALEGACIÓNS PRESENTADAS

En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito do 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerase procedentes.

Fóra do prazo establecido, o Concello remitiu, ao Consello de Contas de Galicia, con data 5 de marzo de 2009 (rexistro de entrada número 496), con selo de correos do día 3 de marzo de 2009, as alegacións que se achegan no anexo.

En relación ao contido das citadas alegacións ou documentación remitida, o Consello de Contas de Galicia, de forma xeral, non tomou en consideración aquelas que:

– Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no Anteproxecto de Informe.

– Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo.

– Non rebaten o contido do Anteproxecto de Informe, proporcionando só explicacións ou xustificacións da actividade municipal.

Segundo o expresado, ao estar incursas nalgunhas das circunstancias anteriores, as alegacións formuladas polo Concello de Cariño, non dan lugar á modificación do Anteproxecto de Informe.

Informe fiscalización -31

Page 318: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 319: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CARNOTA

EXERCICIOS 2005-2006

Page 320: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 321: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE.................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN..................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ...................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE .................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS.............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................11III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ................................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL ..................................................................................................14III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) .....................................................................14III.4. LICENZAS.......................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ............................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE................................................................16IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS ........................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA ......................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO .......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ...............................................................................20VI.4. LICENZAS.......................................................................................................................21VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA..............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS ........................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 322: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 323: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe, sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para o cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido, determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 324: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propiciou que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas, en moitos casos. Para minimizar esta incidencia, utilizáronse conceptos amplos que permitiron integrar a información de características similares.

Informe fiscalización -6

Page 325: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Desta forma, respectouse o sentido último do Informe, ao presentar a situación sobre Disciplina Urbanística existente nos concellos seleccionados.

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións competenciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 326: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 327: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Carnota, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 70,9 Km2 e unha poboación de dereito de 5.112 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio reduciu a súa poboación en 1.028 habitantes, o que supón un descenso porcentual do 16,74% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006

Ano Poboación Ano Poboación 1997 6.140 2002 5.510 1998 5.930 2003 5.421 1999 5.864 2004 5.285 2000 5.645 2005 5.244 2001 5.593 2006 5.112

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais

GRÁFICO 1

6.1405.930 5.864

5.645 5.593 5.5105.421 5.285 5.244 5.112

4500

5000

5500

6000

6500

7000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Carnota tiña un total de 2.850 vivendas segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 507 (17,79%) estaban baleiras e 554 (19,44%) eran secundarias, consecuentemente o 37,23% de vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 2.616 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,09 vivendas por edificación e, en relación con o numero de habitantes, un ratio de 1,96 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 328: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 5.593 5.510 5.421 5.285 5.244

VIVENDAS 2.850 2.857 2.867 2.906 2.937

RATIO 1,96 1,93 1,89 1,82 1,79

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia

GRÁFICO 2

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,70

1,75

1,80

1,85

1,90

1,95

2,00

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 diminuíu o número de habitantes en 349 persoas (6,24%), mentres que, no mesmo período, o incremento do número de vivendas foi de 87 (3,05%). Se observan o constante descenso do ratio habitantes/vivenda, nos anos de referencia indicados, xunto a porcentaxe de variación de habitantes/novas vivendas, que toma un valor negativo de -4,011, vemos reforzado o dato de que o número de vivendas construídas deu lugar a un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia.

Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a seguinte proxección.

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

1.844 571 522 2.937

Fonte: Elaboración propia

Informe fiscalización -10

Page 329: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005, neste caso, dá un valor negativo propiciado polo descenso da poboación no período que se indica.

Ratio medio: rm = 1,876

Ratio incremento: rn= -4,011

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2)

2001 78,88 40,20

2002 77,71 40,30

2003 76,46 40,44

2004 74,54 40,99

2005 73,96 41,42

Medias do período 76,31 40,66

GRÁFICO 3

Vivendas (vivendas/Km2)

40,44

40,99

41,42

40,3040,20

40,666

39,4039,6039,8040,0040,2040,4040,6040,8041,0041,2041,4041,60

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Poboación (habitantes/km2)

78,8877,71

76,46

73,96

74,54

76,31

71,00

72,00

73,00

74,00

75,00

76,00

77,00

78,00

79,00

80,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 330: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Carnota, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información específica sobre aqueles aspectos do urbanismo regulados no artigo 2 da LOUGA, que inciden ou se relacionan co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Carnota, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008 constatouse, a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que o Concello de Carnota non contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Informe fiscalización -12

Page 331: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por un Arquitecto (contratado laboral a tempo parcial) e por unha Administrativa (funcionaria), non adscrita con exclusividade a funcións urbanísticas. Durante os meses de outubro, novembro e decembro do ano 2006, contouse co apoio dun Avogado, para asesoramento xurídico-urbanístico, contratado en réxime de asistencia técnica.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, o Concello non indica, na súa resposta á enquisa nin na documentación que a acompaña, que medios persoais dedica a estas funcións.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1

1

Arquitecto

Administrativa

Laboral Temporal a tempo parcial

Funcionaria (N-18)

60%

Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística

Non consta Non consta Non consta Non consta

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo para os temas de urbanismo en xeral. O Concello manifesta que non dispón de medios concretos para as funcións de Disciplina Urbanística e especifica que, no caso de producirse unha denuncia, acode a Policía Local para informar.

O Concello resalta, na documentación remitida ao consello de contas, unha insuficiencia de medios adecuados para as funcións en materia de urbanismo en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

Por outra parte, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñados por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Durante os anos 2005 e 2006 solicitouse asistencia á Deputación Provincial de A Coruña para a emisión dun informe xurídico para un estudio de detalle. En relación con esta solicitude, o Concello de Carnota manifesta non ter resposta.

Informe fiscalización -13

Page 332: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello dispón, como figura de planeamento urbanístico, de Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1996. Non consta a existencia de resolucións administrativas ou xudiciais definitivas ou firmes que as afecten.

O Concello indica estar a elaborar un Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, que se atopa adxudicado á espera da sinatura do contrato.

PLANEAMENTO XERAL

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Normas Subsidiarias de Planeamento do ano 1996

Adxudicada a súa elaboración esta pendente de asinar

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

SI NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS, artigo 276.1 do TRLS92, coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

Ademais, a falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais en relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

Informe fiscalización -14

Page 333: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte, obsérvase a información facilitada polo Concello de Carnota segundo os termos solicitados polo consello de contas na enquisa.

Na documentación remitida, o Concello especifica que as 12 licenzas concedidas para vivendas no ano 2005, 9 son para a construción de vivendas unifamiliares e 3 para edificios plurifamiliares con 32 apartamentos. En canto ás 21 licenzas concedidas no 2006, 14 corresponden a vivendas unifamiliares e 7 a edificios plurifamiliares con 122 apartamentos. Quedan pendentes de tramitar 17 solicitudes de edificación correspondentes ao ano 2006, que supoñen a construción de 200 vivendas unifamiliares e apartamentos.

LICENZAS

-2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 15 12 38 22

Vivendas 12 12 38 21 Inst. Indus. Agric. 0 0 0 Inst. Comer. Serv. 2 0 0 Equipamentos 1 0 0 Outras Instalacións 0 0 0 1

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA

8 9 14 6

Edificios 2 2 4 4 Instalacións 6 7 10 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS

0 0

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA

134 115 166 133

TOTAL 157 136 218 161

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 334: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, segundo o disposto no artigo 208 da LOUGA. Este precepto establece que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Carnota, non se dispoñía de persoal adscrito a labores de Disciplina Urbanística, a excepción das intervencións esporádicas da Policía Local para informar sobre as denuncias que puidesen presentarse. Non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do solo no momento que estas se están a producir.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación. Realidade que se verifica no número de intervencións que, por oficio ou denuncia, se fixeron de expedientes de reposición á legalidade, xa que o Concello informa que recibiu 5 denuncias no ano 2005 e que inicio 3 expedientes de reposición á legalidade. Segundo se deduce polos datos facilitados, as 3 obras obxecto de expediente de reposición atopábanse rematadas.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 3 0 2 Non consta

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE Dos 3 expedientes iniciados no ano 2005, non se indica que conten coa correspondente resolución municipal, non obstante un deles ten orde de demolición.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

3 Non consta Non consta 1 Orde de demolición

Informe fiscalización -16

Page 335: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Segundo se desprende da documentación remitida ao Consello de Contas de Galicia, o Concello de Carnota deu traslado dunha posible infracción urbanística á Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Transportes, ao considerar competente a este departamento para instruír o correspondente expediente de reposición á legalidade ou sancionador, no caso de ser necesario.

En canto ás comunicacións e requirimentos remitidos ao Concello pola Xunta de Galicia, relativos aos supostos de infraccións urbanísticas, non consta ningún.

O Concello manifesta que non había ningún proceso xudicial resolto ou á espera de sentenza dende o ano 2005 ata o momento da realización da enquisa.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa

competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a

infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

1 Ningunha Ningún

Informe fiscalización -17

Page 336: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllense os datos máis significativos extraídos da documentación remitida polo Concello de Carnota ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO CARNOTA SI NON Característica Unidade de urbanismo X

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 1

1

Arquitecto

Administrativa

Laboral Temporal a tempo parcial Funcionaria (N-18)

60% Non consta

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística Non consta Non consta Non consta Non consta

SI NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento urbanístico X Normas Subsidiarias de Planeamento do

ano 1996 Adxudicada a súa elaboración esta pendente de asinar

SI NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

-2005- -2006- Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2 ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 15 12 38 22

Vivendas 12 12 38 21 Inst.Indus.Agric. Inst.Comer.Serv. 2 Equipamentos 1 Outras Instalacións 1 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 8 9 14 6 Edificios 2 2 4 4 Instalacións 6 7 10 2

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 134 115 166 133 TOTAL 157 136 218 161

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Expedientes iniciados Ano Número De oficio Por denuncia Motivo 3 0 2 Non consta

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

3 Non consta Non Consta 1 Coa orde de demolición Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre

infraccións urbanísticas da súa competencia Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de

Galicia relativos a infraccións urbanísticas Número de procesos xudiciais resoltos

dende 2005

1 ningunha ningún

Informe fiscalización -18

Page 337: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase, que os labores competenciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente teñen adxudicadas de forma explícita os concellos, necesitan dun esforzo considerable na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado, mediante ordenanza municipal, o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da LOUGA.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento urbanístico, está referenciado a Normas Subsidiarias aprobadas no ano 1996.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 estábase a tramitar un PXOM adaptado á LOUGA que se adxudicara e estaba pendente de asinar para formalizar a súa contratación.

Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a data de febreiro de 2008, aínda non se presentou documentación do planeamento xeral mencionado.

Informe fiscalización -19

Page 338: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006, non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran (artigos 276 e 277 do TRLS92).

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

Informe fiscalización -20

Page 339: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI.4. LICENZAS

O artigo 194 da LOUGA refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1 atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo indica a obrigatoriedade de estar suxeitos a previa licenza municipal os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente.

Na documentación remitida, o Concello fai constar que, aínda que o número de licenzas concedidas no apartado Actos de Edificación (vivendas) no ano 2005 son 12 e no ano 2006 son 21, en realidade representa a construción de 41 e 136 vivendas en cada ano, respectivamente. Indícase que quedan pendentes de tramitar 17 solicitudes de edificación correspondentes ao exercicio 2006, que comprenderán a posible construción de 200 vivendas máis. Estes datos supoñen un altísimo incremento no número de vivendas baleiras e secundarias respecto ás existentes en anos anteriores, ao incrementarse a tendencia construtiva que había ata o ano 2005.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA

O deber de inspección recóllese de forma explícita nos artigos 200 e 208 da LOUGA. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa Disciplina Urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible pola responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza, tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo, pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

No apartado III.1. de este Informe, obsérvase o limitado persoal que o Concello de Carnota dedica ás funcións urbanísticas en xeral, incidindo esta deficiencia en maior medida naquelas actividades competenciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

Informe fiscalización -21

Page 340: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Se ata o ano 2005 a escasa actividade construtiva permitía uns medios persoais limitados para realizar as tarefas de urbanismo, a nova situación obriga a mellorar os servizos técnicos municipais, incluídos os dedicados á Disciplina Urbanística.

A normativa establece procedementos de Disciplina Urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

Os 3 expedientes de reposición á legalidade tramitados parecen ter dúas características comúns, a primeira é que se inician por denuncias presentadas ante as autoridades municipais e a segunda que as obras denunciadas estaban finalizadas. Ambas as dúas circunstancias (as denuncias e as obras rematadas), poñen de manifesto a escasa actividade levada a cabo nos temas de Disciplina Urbanística polo Concello de Carnota.

O concello de Carnota realizou, durante o ano 2006, unha comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes por un suposto caso de infracción urbanística, ao considerar este departamento competente para instruír, no seu caso, o correspondente expediente de reposición á legalidade.

O Concello non reflicte, no apartado correspondente da enquisa, recibir comunicación ou requirimento ningún da Xunta de Galicia relativo a infraccións urbanísticas, aínda que na información remitida ao Consello de Contas de Galicia se mencionan 2 denuncias presentadas polo Servizo de Protección do Litoral.

Ata o momento de remitir a enquisa ao Consello de Contas de Galicia, non se resolvera ningún proceso xudicial dende o ano 2005 que implicase o exercicio de accións por parte do Concello en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -22

Page 341: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo corresponden ao Concello.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da redacción deste Informe non se realizara tramite algún, ante a Dirección Xeral de Urbanismo, en relación co PXOM de Carnota, que segundo o manifestado polo Concello a 31 de decembro de 2006 se atopaba adxudicado. Recoméndase axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na LOUGA.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico diferenciado dos demais bens e dereitos.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, indicando, polo menos, a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� Conforme aos artigos 9 e 200 da LOUGA que establecen os deberes de uso, conservación e rehabilitación, o primeiro, e a inspección periódica de construcións, obrigatoria para aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese e nas cales deben estar incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos, o segundo. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección, contemplando o ámbito de aplicación ao disposto no artigo 9 da LOUGA. Desta forma pode corrixirse, nunha medida importante, a deterioración existente en

Informe fiscalización -23

Page 342: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9, permitirá activar zonas que contan xa cos servizos públicos xerais necesarios.

�� Os labores de verificación dos expedientes de reposición á legalidade, iniciados tanto por denuncia coma por oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes en materia de urbanismo co obxecto de documentar e informar debidamente sobre a infracción cometida. Desta forma facilítanse as posteriores actuacións administrativas que deban realizarse.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas Administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución se deban realizar.

Informe fiscalización -24

Page 343: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 344: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 345: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 346: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 347: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA CONCELLO DE CEDEIRA

EXERCICIOS 2005-2006

Page 348: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas
Page 349: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ÍNDICE

I. INTRODUCIÓN ..................................................................................................................5I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE................................................................................................5I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN.................................................................................6I.3. LIMITACIÓNS ..................................................................................................................6I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE ................................................................................................7II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO....................................................................................9II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS............................................................................9III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL .......................................................12III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA ...............................................................................12III.2. PLANEAMENTO XERAL .................................................................................................14III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS) ....................................................................14III.4. LICENZAS......................................................................................................................15IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA...............................................................................................16IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA ...........................................................................................16IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE...............................................................17IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS .......................................17V. RESUMO DA ENQUISA ....................................................................................................18VI. CONCLUSIÓNS................................................................................................................19VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA.........................................................................................................................19VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO ......................................................................................19VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO ..............................................................................19VI.4. LICENZAS......................................................................................................................20VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA.............................................................................................21VII. RECOMENDACIÓNS....................................................................................................23ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS ......................................................................................25

Informe fiscalización -3

Page 350: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

-4

Page 351: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

I. INTRODUCIÓN De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2006, acordou incluír no seu programa de actuacións do ano 2007 a 58 concellos para a realización dunha fiscalización en materia de Disciplina Urbanística, correspondente aos exercicios 2005 e 2006.

I.1. OBXECTIVOS E ALCANCE A finalidade desta fiscalización céntrase en analizar a información e documentación facilitada por cada un dos concellos incluídos neste Informe sobre a capacidade, organización e actividade que teñen para iso cumprimento das funcións que lles son atribuídas pola lexislación vixente en materia de Disciplina Urbanística, durante os exercicios mencionados.

Neste sentido determináronse os seguintes obxectivos:

�� Coñecer a adecuación e cualificación dos medios humanos e técnicos dispoñibles e da suficiencia destes nas funcións en materia de Disciplina Urbanística.

�� Identificar a existencia de unidades de xestión e administración dos temas urbanísticos en xeral e de Disciplina Urbanística en particular.

�� Avaliar o volume de licenzas solicitadas co das concedidas nos distintos aspectos de Actos de edificación (novo andar), Ampliación, modificación e reforma, Primeira utilización de edificios e Outras obras con licenza obrigatoria.

�� Coñecer o número de expedientes tramitados que teñen a súa orixe en denuncia ou oficio.

�� Analizar, de acordo coa normativa, o tipo de infracción cometida, orixe da tramitación de expedientes sobre Disciplina Urbanística, identificando aquelas infraccións que de forma prioritaria son as que en maior medida se cometen en cada Concello.

�� Coñecer o estado de situación da tramitación dos devanditos expedientes no momento da elaboración da enquisa, identificando a súa reposición á legalidade mediante sanción, demolición ou licenza.

�� Avaliar as relacións entre o Concello e a Comunidade Autónoma en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -5

Page 352: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Analizar a demanda municipal de servizos profesionais externos en materia de urbanismo e de Disciplina Urbanística, identificando o carácter privado ou público da solicitude de tales servizos.

�� Avaliación da normativa urbanística en vigor e da situación desta en relación co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

�� Verificación da constitución do Patrimonio Municipal do Solo e da existencia dun inventario diferenciado dos restantes dereitos e bens municipais.

I.2. METODOLOXÍA DA FISCALIZACIÓN

A metodoloxía aplicada a esta fiscalización consistiu no deseño dunha enquisa que se remitiu aos concellos. Unha vez recibidas as respostas procedeuse ao tratamento da información e á constatación dos datos extraídos por parte de cada concello.

A enquisa remitida aos concellos estrutúrase en sete partes coas seguintes denominacións:

OL, relativa ao presuposto e liquidación dos exercicios 2003-2006.

OA, refírese á organización administrativa da área de urbanismo.

PLANEAMENTO, ten como obxecto solicitar información sobre o planeamento xeral e o seu desenvolvemento.

IU, requírese información sobre os ingresos urbanísticos do municipio.

PMS, xestión e control do Patrimonio Municipal do Solo.

LIC, perspectiva agregada das licenzas urbanísticas.

DISC, información sobre a actividade do municipio en materia de Disciplina Urbanística.

I.3. LIMITACIÓNS

A realización dos traballos de fiscalización estivo condicionada polas seguintes limitacións:

O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas. Por este motivo, recórrese, a conceptos amplos que permitirán albergar información de características similares. Isto non afectou ao sentido último do Informe que, sen reflectir matematicamente os datos, non deixa, o traballo que se expón, de

Informe fiscalización -6

Page 353: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mostrar a situación na que se atopa a Disciplina Urbanística nos concellos seleccionados para a realización deste Informe.

É resaltable, de modo especial, a forma na que a información solicitada sofre de falta de concreción en algúns dos seus aspectos, tanto pola propia normativa coma polo distinto tratamento que os concellos dan ou realizan nas súas funcións compenteciais relacionadas dun modo xeral co urbanismo e dun modo concreto nos temas relacionados coa Disciplina Urbanística, como son a inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

I.4. LEXISLACIÓN APLICABLE

A normativa reguladora utilizada inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións:

�� Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL).

�� Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL).

�� Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

�� Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (RSCL).

�� Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais (LRFL).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL).

�� Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de presupostos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos presupostos das Entidades Locais.

�� Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 17 de xullo de 1990, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a Administración Local (ICAL).

�� Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local.

Informe fiscalización -7

Page 354: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

�� Orde EHA/4041/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local.

�� Orde EHA/4042/2004, do 23 de novembro, pola que se aproba a Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local.

�� Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 (LRXAP e PAC).

�� Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (TRLCAP).

�� Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLC).

�� Real Decreto Legislativo1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre o réxime do Solo e ordenación urbana (TRLS92), naqueles preceptos non afectados pola Sentenza do TC 61/1997, do 20 de marzo.

�� Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

�� Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.

�� Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

�� Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (LALG).

�� Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

�� Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

�� Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia.

�� Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Cuentas.

�� Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia.

�� Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, do 17 de xullo de 1992.

Informe fiscalización -8

Page 355: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO

II.1. SUPERFICIE, POBOACIÓN E VIVENDAS

O Concello de Cedeira, na provincia de A Coruña, ten unha extensión de 85,4 Km2 e unha poboación de dereito de 7.443 habitantes en 2006. No período 1997-2006, o municipio reduciu a súa poboación en 307 habitantes, o que supón un descenso porcentual do 3,96% neses anos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO PERÍODO 1997-2006 Ano Poboación Ano Poboación 1997 7.750 2002 7.572 1998 7.699 2003 7.498 1999 7.553 2004 7.477 2000 7.528 2005 7.429 2001 7.595 2006 7.443

Fonte: INE. Consulta do Inventario de Entidades Locais.

GRÁFICO 1

7.750 7.699 7.553 7.528 7.595 7.572 7.498 7.477 7.429 7.443

6000

7000

8000

9000

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

Evolución da poboación no período 1997-2006

O municipio de Cedeira tiña un total de 4.517 vivendas familiares segundo o último censo do INE referido ao ano 2001. Destas vivendas 1.452 (32,14%) estaban baleiras e 378 (8,37%) eran secundarias, consecuentemente o 40,51% das vivendas non se destinaba a residencia habitual. De acordo co mesmo censo, existían un total de 2.555 edificios, resultando, en relación co número de vivendas, un ratio de 1,77 vivendas por edificación e, en relación co número de habitantes, un ratio de 1,68 habitantes por vivenda. No cadro seguinte, móstrase a variación do parque de vivendas e de habitantes no período 2001-2005, calculándose o ratio habitantes/vivenda para cada ano.

Informe fiscalización -9

Page 356: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

EVOLUCIÓN DO RATIO HABITANTES/VIVENDA NO PERÍODO 2001-2005

ANO 2001 2002 2003 2004 2005

HABITANTES 7.595 7.572 7.498 7.477 7.429

VIVENDAS 4.517 4.560 4.601 4.860 5.073

RATIO 1,68 1,66 1,63 1,54 1,46

Fontes: INE, IGE (Series históricas de poboación), Ministerio de Fomento (Estatística de construción de edificios) e elaboración propia.

GRÁFICO 2

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

8.000

2001 2002 2003 2004 2005

1,35

1,40

1,45

1,50

1,55

1,60

1,65

1,70

HABITANTES

VIVENDAS

RATIO

Entre os anos 2001 e 2005 diminuíu o número de habitantes en 166 persoas (2,18%), mentres que se incrementou en 556 o número de vivendas. Se observamos o constante descenso do ratio habitantes / vivenda, vemos confirmado que o número de vivendas familiares que se atopaban ocupadas no 2001, ante o descenso da poboación en 166 habitantes, induciría, aínda sen que aumentase o parque de vivendas, que o número de vivendas ocupadas sería menor no ano 2005 que no 2001, isto propiciaría un incremento no número de vivendas baleiras ou dedicadas a segunda residencia. Se a porcentaxe que, segundo o último censo realizado polo INE, se daba no ano 2001 para os tramos de vivendas consideradas como residencia habitual, baleiras e segunda residencia mantivésese no ano 2005 obteríase a distribución que se reflicte no seguinte cadro. Facemos esta estimación, como se pode observar, solo baseándose no número de vivendas e non ao do descenso da poboación en cuxo caso o conxunto das vivendas baleiras e de segunda residencia se incrementaría aínda máis respecto do total de vivendas existentes, e non é intención de este apartado expresar matematicamente os números exactos, pero se cal é a tendencia que estes teñen nos exercicios sobre os que se realiza este Informe.

Informe fiscalización -10

Page 357: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ESTIMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE VIVENDAS EN 2005

Residencia habitual Segunda Residencia Baleiras TOTAL

3.018 425 1.630 5.073

Co obxecto de establecer estimacións de tendencias que nos permitan relacionar o que acontece neste municipio, en relación con outros da súa mesma provincia ou doutras zonas xeográficas, é interesante considerar a información que nos ofrecen o ratio medio do período estimado de

habitantes/vivenda (rrm) e o ratio variación habitantes/novas vivendas (rn) entre os anos 2001-

2005, neste caso, dá un valor negativo propiciado polo descenso da poboación.

Ratio medio: rm = 1,594 Ratio incremento: rn = -0,298

Do mesmo modo, para este período, considerouse de interese ofrecer información relacionada coa superficie do municipio, como son a evolución da densidade de poboación (habitantes/superficie) e a densidade de vivendas (número de vivendas/superficie), que se recolle no seguinte cadro:

VARIACIÓN DAS DENSIDADES DE POBOACIÓN E VIVENDA, 2001-2005

DENSIDADE ANO

Poboación (habitantes/km2) Vivendas (vivendas/Km2) 2001 88,93 52,89 2002 88,66 53,40 2003 87,80 53,88 2004 87,55 56,91 2005 86,99 59,40

Medias do período 87,98 55,29

GRÁFICO 3

Poboación (habitantes/km2)

88,93 88,66

87,8 87,5586,99

87,98

86,00

86,50

87,00

87,50

88,00

88,50

89,00

89,50

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Vivendas (vivendas/Km2)

52,89

53,88

56,91

59,4

53,40

55,29

48,00

50,00

52,00

54,00

56,00

58,00

60,00

2001

2002

2003

2004

2005

Media

Informe fiscalización -11

Page 358: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

III. INFORMACIÓN URBANÍSTICA DE CARÁCTER XERAL Da documentación subministrada polo Concello de Cedeira, en resposta á enquisa remitida polo Consello de Contas de Galicia sobre Disciplina Urbanística, púidose extraer información de carácter especifico sobre aqueles aspectos do urbanismo, tal como se recollen no artigo 2 da LOUGA, que en maior medida inciden ou relaciónanse dunha forma inmediata co obxecto de este Informe, o cal analiza como se están a desenvolver os labores de Disciplina Urbanística polos concellos no que respecta á inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e infraccións e sancións.

A actividade urbanística, de acordo coa definición contida no artigo 2 da LOUGA, ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e usos do solo, así como a protección da legalidade urbanística e o seu réxime sancionador.

En consecuencia, a organización administrativa municipal e en concreto os seus recursos técnicos e humanos, a dispoñibilidade dunhas normas de planeamento específicas, a xestión do Patrimonio Municipal do Solo, así como o volume e control da actividade construtiva, son temas que teñen especial incidencia no modo e a forma en que a administración local pode exercer as súas responsabilidades e obrigas administrativas en materia urbanística.

Por estas razóns, a inspección urbanística, as medidas destinadas a lograr que os actos dos particulares cumpran a legalidade e se manteñan no marco do interese xeral, a reposición dos bens afectados ao estado anterior á produción da situación ilegal, cando acontece, así como exercer a potestade sancionadora ante situacións que infrinxan a legalidade, deberían constituír obxectivos prioritarios de todos os concellos.

A continuación expóñense os aspectos máis sobresaíntes relacionados cos temas mencionados e que afectan dun modo concreto ás actuacións en Disciplina Urbanística no Concello de Cariño, tal como se contempla no Título VI; Capítulo III; Sección I Inspección Urbanística, Sección II Protección da Legalidade Urbanística e Sección III Infraccións e Sancións, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

III.1. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

No exercicio 2005, o Concello manifesta que non dispón de unidade administrativa con funcións urbanísticas. A data de febreiro de 2008 constatouse a través de información obtida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que o Concello de Cedeira non

Informe fiscalización -12

Page 359: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

contaba con unidades de xestión urbanística identificadas como Oficina de Rehabilitación ou Xerencia Municipal de Urbanismo.

Ademais das funcións que en materia xurídica lle atribúe a normativa vixente ao posto de secretario/secretario-interventor, as funcións urbanísticas do Concello son desempeñadas por 1 Arquitecto Técnico, contratado laboral fixo, con dedicación completa aos temas urbanísticos e 1 administrativo, funcionario de carreira, adscrito sen carácter exclusivo ás tarefas de urbanismo.

En canto á identificación de persoal específico para exercer labores de Disciplina Urbanística, segundo a información facilitada polo Concello, ao persoal dedicado ás tarefas de urbanismo en xeral engadiríase un Policía Local, funcionario de carreira.

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA

Si NON Característica Unidade de urbanismo

X

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo

1 1

Arquitecto Técnico Administrativo

Laboral Fixo Funcionario de Carreira

90%60%

Nº Posto de traballo ou Cualificación

Relac. laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística

1 1 1

Arquitecto Técnico Administrativo Policía Local

Laboral Fixo Funcionario de Carreira Funcionario de Carreira

10%10%25%

Non se facilita ningún outro tipo de información sobre o funcionamento organizativo, tanto para os temas de urbanismo en xeral como de Disciplina Urbanística.

O Concello manifesta unha insuficiencia de medios persoais, que permitan atender correctamente as necesidades e demandas dos cidadáns, para as distintas funcións que en materia de urbanismo deben realizarse, incluídos os labores de Disciplina Urbanística.

Por outra parte, que as funcións en materia de urbanismo sexan desempeñados por persoal laboral, supoñen un incumprimento da normativa de función pública, por canto estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestados por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (artigo 92.2 LRBRL, artigo 235 LALG e 142 RSCL).

Para o período de referencia solicitouse un informe xurídico en materia de urbanismo á Deputación Provincial de A Coruña.

Informe fiscalización -13

Page 360: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Durante os exercicios 2005 e 2006 non se mantiña ningún contrato administrativo con terceiros para a realización de labores relacionadas co urbanismo.

III.2. PLANEAMENTO XERAL

O Concello de Cedeira dispón como figura de planeamento urbanístico dun Planeamento Xeral de Ordenación Urbana aprobado no ano 1995. Contra este non se ditaron resolucións administrativas ou xurídicas definitivas ou firmes que o afecten.

O Concello non estaba, con data 31/12/2006, procedendo á adaptación do seu planeamento á LOUGA. Da información obtida, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, en febreiro de 2008, confírmase a situación manifestada polo Concello de Cedeira.

PLANEAMENTO XERAL

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Planeamento Urbanístico

X Planeamento Xeral de Ordenación Urbana aprobado en 1995

Non se esta procedendo á adaptación

III.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO (PMS)

Nos exercicios 2005 e 2006 o Concello non tiña constituído formal nin materialmente o Patrimonio Municipal do Solo, e non dispoñía nos exercicios mencionados dun inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que integran o PMS.

PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO

Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do Solo

X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos

De acordo coa normativa vixente nos anos 2005 e 2006, todos os municipios que dispuxesen de planeamento xeral deberían ter constituído o seu PMS (artigo 276.1 do TRLS92), coa finalidade de regular o mercado de terreos, obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública e facilitar a execución do planeamento.

A falta de inventario ou rexistro específico do PMS impide controlar e coñecer, en calquera momento, non só os bens e dereitos que o integran, senón tamén o destino e aplicación destes e dos recursos obtidos polo seu alleamento. Este feito, supón tamén unha redución das garantías formais para o cumprimento das previsións legais con relación ao PMS. Así, o artigo 276.2 do TRLS92, especifica que os bens do PMS constitúe un patrimonio separado dos restantes bens municipais e os ingresos obtidos mediante alleamento de terreos ou substitución do Informe fiscalización -14

Page 361: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

aproveitamento correspondente á Administración polo seu equivalente metálico destinaranse á conservación e ampliación deste.

III.4. LICENZAS

No cadro seguinte obsérvase a información facilitada polo Concello de Cedeira en relación co número de licenzas urbanísticas solicitadas e concedidas nos exercicios 2005 e 2006.

LICENZAS

-2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS

1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN

(novo andar) 34 33 60 58

Vivendas 27 27 57 55

Inst. Indus. Agric.

Inst. Comer. Serv. 1 1

Equipamentos 3 3 1 1

Outras Instalacións 4 3 1 1

AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 8 4 6 5

Edificios 8 4 6 5

Instalacións

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 21 13 28 19

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 296 242 241 187

TOTAL 359 292 335 269

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado

2. Directas

Informe fiscalización -15

Page 362: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV. DISCIPLINA URBANÍSTICA

IV.1. INSPECCIÓN URBANÍSTICA

A Inspección Urbanística é a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de edificación e uso do solo han de realizar coa finalidade de comprobar que unha e outro se axustan ao ordenamento urbanístico, artigo 208 da LOUGA, o cal reflicte que o persoal adscrito á inspección e vixilancia urbanística ten a consideración de axente da autoridade.

Segundo se desprende da información remitida polo Concello de Cedeira, este dispoñía unicamente de 3 persoas que dedicaban parte da súa xornada laboral aos labores de Disciplina Urbanística, non se indica expresamente que ningún outro persoal do Concello realice labores específicas de inspección, que permitan iniciar de oficio expedientes sobre infraccións urbanísticas detectadas en materia de edificación e uso do solo no momento que estas se están a producir.

O volume do número de licenzas pon de manifesto a insuficiencia de medios especializados para levar a cabo as tarefas de Disciplina Urbanística, tanto aquelas que se refiren aos labores de inspección física como ás funcións administrativas derivadas de calquera actuación, ben sexa por oficio ou denuncia.

O Concello indica que foron 59 os expedientes abertos de reposición á legalidade, examinada a documentación constan 58, 54 iniciados de oficio, 3 por denuncia e 1 non consta. As obras estaban rematadas en 19 casos e en 39 non se indica fidedignamente a situación no expediente aberto de infracción urbanística, así indícao expresamente o Secretario Xeral do Concello de Cedeira nun informe que remite sobre as dificultades para cumprir os datos solicitados polo consello de contas.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES INICIADOS

Ano Núm. De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 58* 54 3 1 Sen licenza

1 Sen axustarse a licenza

56 Non consta

* 1 expediente non consta como se iniciou.

Informe fiscalización -16

Page 363: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

IV.2. EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Dos 58 expedientes que se informa iniciados no ano 2005, tramitados como expedientes de reposición á legalidade, solo conta coa correspondente resolución municipal unha deles, esta instaba á demolición da obra realizada. Non se informa da situación na que se atopaban os outros 57 expedientes.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - EXPEDIENTES DE REPOSICIÓN Á LEGALIDADE

Número de expedientes Resolucións Situación Reposición á legalidade

58 1 1 Non legalizable 1 Demolición

57 Non consta

IV.3. COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Segundo se desprende da documentación remitida ao consello de contas, o Concello de Cedeira deu traslado á Xunta de Galicia, durante os anos 2005 e 2006, de 4 casos de posibles infraccións urbanísticas. Os escritos foron todos dirixidos á Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes e en dous dos casos a outros departamentos da Administración.

En canto ao número de comunicacións e requirimentos recibidos no Concello enviados pola Xunta de Galicia durante os anos 2005 e 2006, foi de 7, non constan os departamentos que as remitiron.

O Concello relaciona 4 Procedementos Ordinarios que implicaron o exercicio de accións pola súa parte en materia de Disciplina Urbanística. Examinada a documentación soamente 2 deles foron resoltos dende o ano 2005 ata a data de cumprir a enquisa.

DISCIPLINA URBANÍSTICA - COMUNICACIÓNS, REQUIRIMENTOS E PROCESOS XUDICIAIS

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da

súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións

urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

5 7 2

Informe fiscalización -17

Page 364: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

V. RESUMO DA ENQUISA No cadro seguinte, recóllense os datos máis significativos extraídos da documentación remitida polo Concello de Cedeira ao Consello de Contas de Galicia e que de forma específica foron tratados nos apartados anteriores deste Informe.

RESUMO DA ENQUISA

CONCELLO DE CEDEIRA Si NON Característica Unidade de urbanismo X

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a urbanismo 1

1

Arquitecto Técnico Administrativo

Laboral Fixo Funcionario de Carreira

90% 60%

Nº Posto de traballo ou Cualificación Relac. Laboral DedicaciónPersoal con adscrición total ou parcial a disciplina urbanística 1

1 1

Arquitecto Técnico Administrativo Policía Local

Laboral Fixo Funcionario de Carreira Funcionario de Carreira

10%10%

25%

Si NON Identificación Situación PXOM/LOUGA Plan urbanístico X PXOU aprobado en 1995 Non se está a proceder á adaptación Si NON Situación Constitución do Patrimonio Municipal do

Solo X Non dispón de inventario específico de bens e dereitos -2005- -2006-

Solicitadas Concedidas Solicitadas Concedidas LICENZAS 1 2 1 2

ACTOS DE EDIFICACIÓN (novo andar) 34 33 60 58

Vivendas 27 27 57 55 Inst.Indus.Agric. Inst.Comer.Serv. 1 1 Equipamentos 3 3 1 1 Outras Instalacións 4 3 1 1 AMPLIACIÓN, MODIFICACIÓN E REFORMA 8 4 6 5 Edificios 8 4 6 5 Instalacións

PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS 21 13 28 19

OUTRAS OBRAS CON LICENZA OBRIGATORIA 296 242 241 187 TOTAL 359 292 335 269

1. Outorgadas en ámbitos ou áreas con proceso de equidistribución * dato non facilitado 2. Directas

DISCIPLINA URBANÍSTICA Ano Número De oficio Por denuncia Motivo Expedientes iniciados

2005 58 54 3 1 Sen Licenza 1 Sen axustarse a licenza 56 Non consta

Expedientes de reposición á legalidade Número Resolucións Situación Reposición á legalidade

58 1 1 Non legalizable 1 Demolición 57 Non consta

Comunicacións efectuadas á Xunta de Galicia sobre infraccións urbanísticas da súa competencia

Comunicacións e requirimentos recibidos da Xunta de Galicia relativos a infraccións urbanísticas

Número de procesos xudiciais resoltos dende 2005

5 7 2

Informe fiscalización -18

Page 365: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VI. CONCLUSIÓNS

VI.1. SOBRE PERSOAL DEDICADO A FUNCIÓNS DE URBANISMO E DISCIPLINA URBANÍSTICA

Para un volume de licenzas como o que se indica que foron concedidas nos anos para os que se realiza a enquisa, o persoal dedicado tanto ás tarefas de urbanismo de forma xeral como de forma específica a Disciplina Urbanística, se mostra insuficiente. Evidénciase de forma clara que os labores compenteciais de inspección e vixilancia, de tramitación administrativa de expedientes de restauración á legalidade e sancións en materia de urbanismo, que legalmente ten adxudicadas de forma explícita os concellos, necesita dun esforzo considerable na incorporación de medios humanos, para a práctica totalidade das diversas tarefas que deben realizarse.

Esta realidade a confirma o propio Concello a considerar claramente insuficiente o persoal relacionado con estes labores, dos cales ten as competencias que lle concede a normativa actual, en concreto a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA).

Da información facilitada tampouco se desprende que o Concello teña regulado mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, tal como é recollido no artigo 200 da norma mencionada.

VI.2. PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O instrumento normativo que afecta ao Concello nos aspectos de planeamento, está referenciado a un Planeamento Xeneral de Ordenación Urbana aprobado en 1995.

Tal como se indica na enquisa remitida polo Concello, a data 31/12/2006 non se estaba a redactar un PXOM adaptado á LOUGA. Na actualidade, segundo información recollida da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a data de febreiro de 2008, a situación continuaba sen alteración ningunha.

VI.3. PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO Segundo a normativa en vigor en 2005 e 2006 non se cumprira coa obriga de ter constituído o PMS e o Inventario ou rexistro específico dos bens e dereitos que o integran, artigos 276 e 277 do TRLS92.

Informe fiscalización -19

Page 366: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Con posterioridade, o artigo 276 do TRLS92 que regulaba esta obriga foi derrogado pola Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo. Quedando suxeita a obriga a constituír o PMS a aqueles municipios que teñan Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, tal como se desprende do artigo 174 da LOUGA.

A LOUGA no seu artigo 177.1 reforza as actuacións que os concellos poden realizar no que respecta aos bens do PMS, especificando que estes deben ser destinados a algún dos seguintes fins:

a) Construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial ao pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais e outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio, do medio rural, e do patrimonio cultural construído.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles con desenvolvemento sostible.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

Reforzando o que se contempla na LOUGA, a Lei 8/2007, do 28 de maio, de Solo, no seu artigo 34.1, indica que os bens e recursos que integran os patrimonios públicos do solo deberán ser destinados á construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública e tamén poderán ser destinados a outros usos de interese social de acordo co que dispoñan os instrumentos de ordenación urbanística, só cando así prevéxao a lexislación na materia especificando os fins admisibles, que serán urbanísticos ou de protección ou mellora de espazos naturais ou dos bens inmobles do patrimonio cultural.

VI.4. LICENZAS O artigo 194 da LOUGA, refírese especificamente ás licenzas urbanísticas. No seu punto 1, atribúelle á licenza urbanística a finalidade de comprobar que os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axusten ao ordenamento urbanístico vixente, ao mesmo tempo, o apartado 2 do mencionado artigo, indica a obriga de que os actos de edificación e uso do solo e subsolo, tales como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de novo andar, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos

Informe fiscalización -20

Page 367: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública, os peches e valados de terreos e demais actos que se sinalen obrigatoriamente, deben estar suxeitos a previa licenza municipal.

Este artigo 194 da LOUGA, confírelle unha especial relevancia a todas as futuras actuacións que, en materia de Disciplina Urbanística e en concreto de reposición á legalidade, poidan levarse a cabo por parte do concello na súa actividade competencial nestas materias.

Dos datos facilitados polo Concello de Cedeira, dedúcese unha importante actividade no sector da construción, esta demanda uns servizos técnicos superiores aos que dispoñía nos exercicios 2005 e 2006, de forma que se poidan cubrir todos os aspectos compenteciais que en materia de urbanismo lle corresponde exercer.

O número de expedientes relacionados cos temas de urbanismo é o suficientemente importante como para que o Concello de Cedeira dispoña de unidade administrativa especifica para todas as funcións relacionadas co urbanismo, incluíndo os asuntos de Disciplina Urbanística.

VI.5. DISCIPLINA URBANÍSTICA O deber de inspección recóllese de forma explícita na LOUGA nos artigos 200 e 208. O primeiro, referido á inspección periódica das construcións e o último relacionado de forma expresa coa disciplina urbanística. A mención ao artigo 200 é ineludible pola responsabilidade municipal de desenvolver unha ordenanza (tal e como se recolle no apartado 1 deste artigo), pola cal os concellos deben regular a obrigatoriedade da inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación, dado a importancia que está a adquirir o problema de abandono en zonas residenciais tradicionais dos núcleos rurais, as vilas e cidades.

No apartado III.1. de este Informe, indícase o persoal que o Concello de Cedeira dedica ás funcións urbanísticas en xeral, incidindo esta deficiencia en maior xeito naquelas actividades compenteciais referentes á inspección, a protección da legalidade e o réxime de infraccións e sancións.

Os expedientes iniciados de reposición á legalidade, reúnen a característica case unánime, de iniciarse de oficio, 54 de 58, pero esta iniciativa debe ser acompañada dunha maior capacidade para detectar as posibles infraccións urbanísticas no momento que se están a producir. Ambas as dúas accións son as máis recomendables para a apertura de expedientes de reposición á legalidade.

Informe fiscalización -21

Page 368: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

A normativa establece procedementos de disciplina urbanística competencia tanto da Administración Autonómica coma dos Concellos. En tal sentido, as entidades locais e o Goberno da Comunidade Autónoma, deben de proceder á comunicación daquelas incidencias sobre as infraccións detectadas na área de urbanismo, co obxecto de que o órgano competente na materia desenvolva o procedemento administrativo derivado do réxime de sancións e de reposición á legalidade competencial de cada un.

O Concello de Cedeira realizo durante os anos 2005 e 2006, 5 comunicacións dirixidas a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre supostos de infraccións urbanísticas cuxos expedientes de reposición á legalidade ou procedementos sancionadores se consideraron de competencia autonómica.

O Concello recibiu 7 comunicacións da Xunta de Galicia durante o período sobre o que se realiza a enquisa, relativas a infraccións urbanísticas. Non consta que departamento autonómico remitiu as comunicacións.

O Concello de Cedeira relaciona catro procedementos ordinarios, dos cales soamente 2 foron resoltos dende o ano 2005 ata a data de cumprir a enquisa, que implicaron o exercicio de accións pola súa parte en materia de Disciplina Urbanística.

Informe fiscalización -22

Page 369: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

VII. RECOMENDACIÓNS �� O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da Deputación Provincial en materia urbanística, como fórmula transitoria para efectuar estas funcións.

�� Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo corresponden ao Concello.

�� Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, non se estaba a proceder á tramitación dun Planeamento Xeral adaptado á LOUGA. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao contemplado na mencionada normativa.

�� Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do Solo e se proceda a rexistrar os bens e dereitos que o integran nun inventario específico separado dos demais bens e dereitos municipais.

�� En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, indicándose polo menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.

�� Conforme aos artigos 9 e 200 da LOUGA que establecen os deberes de uso, conservación e rehabilitación, o primeiro, e a inspección periódica de construcións, obrigatoria para aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese e nas cales deben estar incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a cincuenta anos, o segundo. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal reguladora desta inspección, contemplando o ámbito de aplicación ao disposto no artigo 9 da

Informe fiscalización -23

Page 370: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

LOUGA. Desta forma pode corrixirse, nunha medida importante, a deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de conservación que a LOUGA establece no seu artigo 9, permitirá activar zonas que contan xa cos servizos públicos xerais necesarios.

�� Os labores de verificación dos expedientes de reposición á legalidade, iniciados tanto por denuncia coma por oficio, deberán ser realizadas por técnicos competentes en materia de urbanismo co obxecto de documentar e informar debidamente sobre a infracción cometida. Desta forma facilítanse as posteriores actuacións administrativas que se deban realizar.

�� As comunicacións que en materia de infraccións urbanísticas se leven a cabo entre os Concellos e a Xunta de Galicia e viceversa, deberán mellorar o seu nivel de actuación, estando ambas as dúas administracións informadas da situación administrativa na que se atopen os expedientes que por iniciativa dunha delas corresponda proceder á outra. Recoméndase a implantación de medios telemáticos adecuados entre ambas as dúas administracións para unha mellor comunicación e seguimento dos expedientes que por unha ou outra institución deban realizarse.

Informe fiscalización -24

Page 371: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

ANEXO I - TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Informe fiscalización -25

Page 372: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

Informe fiscalización -26

Page 373: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas

INFORME FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA URBANÍSTICA. EXERCICIOS 2005-2006

TRÁMITE DE ALEGACIÓNS En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia, o Anteproxecto de Informe foi remitido ao Concello, mediante escrito de 28 de xaneiro de 2009, concedéndolle un prazo de 20 días hábiles a contar dende a súa recepción, para as alegacións que considerara procedentes. Tendo transcorrido o citado prazo sen que se houbesen recibido alegacións, enténdese que a Entidade non executou a súa facultade para evacuar o citado trámite.

Informe fiscalización -27

Page 374: INFORME DE FISCALIZACIÓN SOBRE DISCIPLINA ......O carácter aberto da enquisa propicio que as respostas dos concellos e a documentación que se acompañaba non fosen homoxéneas