incendios forestais: crenzas e prexuízos usos forestais na ...€¦ · francisco j. fernández de...

48
Incendios forestais: crenzas e prexuízos IXP Castaña de Galicia. Entrevista Especial biomasa con fins térmicos Usos forestais na Rede Natura 2000 Ano XXVII nº 57 xuño 2014

Upload: others

Post on 08-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

Incendios forestais: crenzas e prexuízos

IXP Castaña de Galicia. Entrevista

Especial biomasa con fins térmicos

Usos forestais na Rede Natura 2000

Ano

XXVI

I nº 5

7 xu

ño 2

014

Page 2: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

Cursos do proxecto RedFor en Galicia13 e 14 de xuño de 2014Curso de silvicultura de frondosas para a produción de madeira de alto valor

Obxectivo do curso Coñecer as principais técnicas de silvicultura (plantación, rozas, podas, desmestas, rareos...)das especies frondosas máis empregadas en Galicia (castiñeiro, carballo, freixo, nogueira, cer-deira) para producir madeira de alto valor. O curso está dirixido a propietarios forestais, empresas de servizos forestais, funcionarios eempregados de concellos.

Lugar de celebración Melide. O día 13 na Sala de conferencias do Edificio Multiusos (ao carón da Casa da Cultura),ás 19 horas. O día 14 en montes da zona ás 10 horas.

Inscrición Gratuíta en calquera das oficinas da AFG.

25 e 26 de setembro de 2014Seminario taller sobre certificación forestal, cadea de custodia e rastrexabilidade de plantaciónsforestais

Obxectivo do seminario Coñecer os sistemas de certificación forestal, as esixencias para o acceso á certificación.Coñecer o funcionamento das cadeas de custodia e a rastrexabilidade dos produtos forestaisdentro dos sistemas de certificación.O taller está dirixido a emprendedores, empresarios forestais e da industria da madeira e pro-pietarios forestais.

Lugar de celebración Abadín. Biblioteca Municipal, ás 18 horas.Inscrición Gratuíta en calquera das oficinas da AFG.

Viaxes técnicas 20147 e 8 de xuño de 2014Viaxe técnica ao Courel, Sober e Taboada (Lugo)

Obxectivo da viaxe Coñecer a silvicultura de castiñeiro para a produción de castaña, coñecer o ecosistema doCourel, visitando formacións de castiñeiro, teixos, faias, carballo e a Estación Científica do Cou-rel. O grupo estará acompañado polo catedrático de Botánica da USC e director da EstaciónCientífica do Courel, Antonio Rigueiro.Complétase a viaxe coa visita á empresa Caurelor de conservas de froitos do bosque, a planta-cións de castiñeiro para froito en Taboada, ao Centro da artesanía oleira de Gundivós, á AdegaAlgueira e ao miradoiro sobre o río Sil da Pena do Castelo.

Inscrición Na oficina da AFG en Santiago. Prazas limitadas.

4 de outubro de 2014Viaxe técnica a Ponte Caldelas e Pontevedra

Obxectivo da visita Coñecer a fábrica de desenrolo de eucalipto NEFAB en Pontecaldelas e o Centro de Investiga-cións Forestais de Lourizán no que se visitará o arboreto e se coñecerán as principais liñas deinvestigación que se están a desenvolvendo no centro. O grupo estará acompañado polo presi-dente da AFG Francisco Fernández de Ana.

Inscrición Na oficina da AFG de Santiago antes do 29 de setembro.

Desarrolla Financia Colabora

Page 3: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 3

A CELEBRACIÓN DA XXVIII ASEMBLEA XERAL DA AFG no Rosal tiña como primeira xustificaciónmostrar a fraternidade da AFG cos nosos socios da parroquia de Santa Mariña do Rosal que no verán do2013 sufriron a perda de gran parte do arborado do seu monte por un lume que vindo de lonxe non foronquen de paralo.

Esta asemblea foi un encontro moi interesante tanto polos resultados económicos e técnicos obtidos e pre-sentados aos nosos socios, como polo feito de constatar que a nosa asociación avanza en calidade na cul-tura forestal, de xeito que os membros alí presentes puidemos constatar algunhas importantes ideas e queme permito resumir en:

1 Polos diálogos mantidos na Asemblea, despois das presentacións feitas pola Xunta de Goberno, chega-mos á conclusión de que os nosos socios acadaron un grao de coñecemento e de madurez forestal moiimportante, o que di moito da nosa organización e dos silvicultores galegos.

2 O traballo que a Xunta Reitora da CMV de Santa Mariña do Rosal leva a cabo na xestión da madeiraqueimada no lume do 2013, no que lle arderon máis de 800 ha arboradas, demostra que os veciños,contando co apoio da AFG, están moi capacitados para manexar de xeito transparente os seus montes,moito mellor que a Administración forestal galega.

3 Tamén chegamos á conclusión de que a Administración forestal galega soamente aporta atrancos buro-cráticos á xestión do monte, creando normas e máis normas que na maioría dos casos van contra a lóxi-ca e a boa xestión forestal. Dentro destes atrancos temos que subliñar a interpretación subxectiva quefan algúns funcionarios das normativas creadas.

4 Os propietarios forestais sentímonos cheos de razón para afirmar que o monte galego, como xeradorde moi diferentes materiais e recursos ambientais renovables, é quen de producir riqueza, e pola mesmapostos de traballo, configurándose como o sector máis importante como dinamizador da economíadeste país. Un bo exemplo é esta parroquia que ven mantendo no seu monte un equipo duns 25 postosde traballo converténdose nunha das empresas punteiras do Rosal pola súa capacidade de producirriqueza.

5 Tristemente tamén constatamos que ningunha das forzas políticas deste país presta unha atención axei-tada á importancia do sector forestal, esquecendo que somos milleiros de familias galegas propietariasde montes interesadas no mesmo e con potencialidades produtivas importantes sempre que se dera omarco axeitado para ese fin. Os parlamentarios galegos en Europa non amosaron interese na defensadeste patrimonio aínda que esta asociación lles fixo chegar algunhas iniciativas.

6 Unha mostra desta potencialidade comezámola a sentir coa biomasa forestal primaria.Temos que agra-decer á Consellería de Industria que entendeu a nosa demanda e os nosos razoamentos xa que conside-ramos que a biomasa forestal pode mellorar a silvicultura, ser unha importante ferramenta contra olume, producir postos de traballo e permitir contar cunha fonte de enerxía propia e renovable que noslibra dun bo gasto de divisas en petróleo.

XXVIII Asemblea da AFG

Francisco J. Fernández de Ana MagánPresidente

ED

ITO

RIA

L

Page 4: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

Sumario

Edita: Asociación Forestal de Galicia _ Consello de redacción: Francisco J. Fernández de Ana Magán, Francisco Dans del Valle, Julio Ruiz Cagigal, BraulioMolina Martínez e Mª Cristina Verde Figueiras_ Equipo de redacción: Francisco J. Fernández de Ana Magán, Xosé Covelo Míguez, Francisco Dans del Valle,Enrique García Martínez, Braulio Molina Martínez, Julio Ruiz Cagigal, Celina Veiga Hortas e Mª Cristina Verde Figueiras _ Coordinación: Mª Cristina VerdeFigueiras _ Deseño e maquetación: seteseoito _ Fotografía de portada: Istockphoto _ Fotografías: Xosé Covelo Míguez, Ángel Joaquín González Outerelo, JuanJosé Guisado Martínez, Alejandro Martínez García, Braulio Molina Martínez, Fernando Molina Martínez, Pedro Reimunde Figueira, Marcos Reimunde Figueira,Julio Ruiz Cagigal, José Antonio Vega Hidalgo, Mª Cristina Verde Figueiras, Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (AVEBIOM),Emisioncero e IXP Castaña de Galicia _ Imprime: Tórculo _ ISSN 1699-5457 _ Sede Central: Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela Tel.: 981564 011 Fax: 981 563 379 [email protected] _ Oficina en Xinzo-Ponteareas: Centro Cultural de Xinzo 36891 Ponteareas (Pontevedra) Tel. e fax: 986 660 [email protected].

A Asociación Forestal de Galicia é membro fundador da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), da Confederación de Organizaciones de Selvicultoresde España (COSE), do Instituto Europeo do Bosque Cultivado (IEBC), da Confederación Europea de Propietarios Forestais (CEPF), da Asociación para aCertificación da Xestión Forestal Sostible (PEFC-España) e da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega-DEVESA.

5 ACTUALIDADE

Incendios forestais: as crenzas e prexuízos fronte á realidade

Plan Forestal de Galicia. Primeira revision

12 ENTREVISTA

Ramón Reimunde Noreña. Propietario forestal en Alfoz

Entrevista a Jesús Quintá García. Presidente do Consello Regulador da

indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia

22 LEXISLACIÓN

Regulación dos aproveitamentos forestais

Usos forestais nos espazos protexidos galegos segundo o Plan Director da

Rede Natura 2000 en Galicia

30 CERTIFICACIÓN

A certificación forestal

32 ASEMBLEA

XXVIII Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia

34 SILVICULTURAA plantación

37 NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS

38 NOTICIAS BREVES

44 AXENDA

45 MADEIRA

Page 5: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 5

Actualidade

Incendios forestais: as crenzas e prexuízos fronte árealidade

Francisco Dans del Valle Enxeñeiro de Montes e director da Asociación Forestal de Galicia

O VERÁN DO 2013 foi especialmente duro paraalgúns montes veciñais socios da AFG. O casomáis relevante foi o do monte veciñal en mancomún de Santa Mariña do Rosal, un monte de1.500 ha que produce madeira de piñeiro de altacalidade, ben xestionado pola Comunidade demontes e que dá emprego a máis de quince perso-as. Na noite do 23 de agosto de 2013 este montefoi arrasado por un lume mal atallado que afectoua máis de 800 ha e que comezou a 5 km fóra doslímites do monte veciñal.

A catástrofe do monte veciñal do Rosal foi odetonante para que a Xunta de Goberno da AFGdecidira elaborar un informe para recoller a opi-nión dos propietarios forestais e demandar asmelloras que pensamos deben realizarse para con-trolar os incendios forestais en Galicia.

Neste artigo recóllese un resumo do apartadodeste informe dedicado a analizar a importancia daparticipación da cidadanía na prevención dosincendios forestais.

O Informe sobre a situación dos incendios forestaisen Galicia que acaba de editar a AFG fai o diagnós-tico do problema desde a perspectiva dos propieta-rios forestais galegos. Os silvicultores galegos que-remos iniciar un debate aberto que poida chegar aformular unha política de Estado, compartida polosprincipais axentes do sector e as institucións invo-lucrados e apoiada pola sociedade galega.

No informe formúlanse propostas de melloraencamiñadas a diminuír o risco de incendios fores-tais e a facer máis eficientes os recursos dedicadosao control dos incendios forestais.

Os resultados básicos dos ultimos 25 anosOs datos históricos poñen de manifesto que a

superficie anual queimada de monte presenta, a

Page 6: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

6 o monte xuño 2014

Actualidade

partir do ano 1995, unha tendencia decrecenteacorde co aumento dos gastos en medios de extin-ción. En paralelo mellorou notablemente a eficaciados servizos de extinción como indica a cifra mediade superficie queimada por incendio forestal, entreas máis baixas do territorio nacional.

A cara negativa ofrécena o número de incendiosque, a pesar do cambio de tendencia producido no2007, mantense moi alto, sempre por riba dos4.000 incendios por ano, e tamén o número de in-cendios catastróficos (os que afectan a superficiessuperiores a 25 ha) que se está incrementando deforma alarmante.

A participación da cidadanía na prevención deincendios

Moitos expertos manifestan a súa preocupaciónpola falta de valoración social polo monte e os seusrecursos e coinciden na necesidade da toma deconciencia do problema por parte dos cidadáns afin de aumentar a eficacia das medidas de preven-ción e para conseguir o rexeitamento social doscausantes dos lumes.

En primeiro lugar, é preciso destacar a falta deinformación da poboación sobre as responsabilida-des e competencias na prevención e extinción deincendios. A profusión de cambios de organismos,de competencias entre Administracións, as contra-tacións por diferentes entidades fan que na actua-lidade o colectivo de funcionarios dedicado á extin-ción de incendios forestais sexa opaco e que a opi-

nión pública non valore nin recoñeza a autoridadenesta materia.

Por outra parte, o repaso das intervencións nosmedios de información de representantes políticos ea revisión do tratamento do problema na maioría dosmedios de comunicación, poñen de manifesto a dis-paridade de criterios, a falta de consenso sobre polí-ticas, a débil presenza de profesionais dando contados lumes ou analizando as campañas, e, especial-mente, a reiteración de tópicos nas intervencións decidadáns e xornalistas. O resultado é unha comuni-cación que deixa como pouso na opinión pública unsector forestal arcaico e pouco profesional, someti-do a unha agresión permanente e no que as autori-dades competentes se atopan atrapadas nunha gue-rra interminable na que se levan enterrados cuantio-sos recursos públicos e dedicadas á procura infru-tuosa duns supostos conspiradores incendiarios.

As crenzas e os tópicos sobre os incendiosforestais

Nesta liña, parece necesario mencionar e acou-tar os tópicos frecuentes para comezar a divulgarunha información correcta que lle clarifique aoscidadáns galegos a situación.

As conspiracións, as tramas e os incendiarios.Revisando os fondos das hemerotecas, pódeseconstatar que, dependendo da época e da instanciaautora da afirmación (partidos políticos, diferentesgobernos, analistas periodísticos, asociacións

0,0

25.000

50.000

75.000

100.000

125.000

150.000

175.000

200.000

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

16.000

1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013

Supe

rfic

ie q

ueim

ada

(ha)

Nº d

e in

cend

ios

Anos

Nº de incendios

Superficie total queimada (ha)

Evolución do número de incendios e da superficie queimada en Galicia (1989-2013). Fonte: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Page 7: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 7

Actualidade

civís...) presentáronse como responsables inequí-vocos dos incendios forestais, entre outros, aosseguintes colectivos:

• Conspiradores que fretan avións con apara-tos incendiarios

• A industria da madeira.• Compradores de madeira, madeireiros.• Empresarios da construción.• Tramas políticas de desestabilización.• Axentes dos servizos de extinción.Fabricantes de material e de equipos contra o

lume e as empresas que alugan medios aéreos deextinción (a economía do lume).

Os datos estatísticos de máis de 25 anos, asinvestigacións policiais, as distintas comisións deinvestigación do Parlamento e, de forma concluínte,os procesos xudiciais que se desenvolveron nos últi-mos anos e os estudos da Fiscalía Superior de Gali-cia, tiran por terra todas estas teorías baseadas encrenzas e que enmascararon durante anos unha rea-lidade moito máis próxima e local. A evidencia cen-tra o foco da causalidade dos incendios en costumesarcaicas en áreas deprimidas, nas neglixencias aso-ciadas ao uso do lume como ferramenta de traballo,as bolsas de ignorancia, a ausencia de cultura fores-tal e, por suposto, a intereses locais para obtenciónde beneficio con usos agrícolas ou gandeiros direc-tamente enfrontados ao uso forestal do territorio.

As especies pirofitas, as árbores boas e malas.Hai unha corrente de opinión que incide sistema-

ticamente en asociar a proliferación de especiespirofitas: piñeiros e eucaliptos (as especies máisabondosas no monte galego) coa existencia dosincendios forestais, establecendo a consideraciónde árbores boas e árbores malas. Sen embargo arealidade é que:

• Confúndese o propio termo científico, piro-fito, que non quere dicir que estas especiesardan mellor ou favorezan o lume. O pirofi-tismo indica a capacidade de certas especiesvexetais para defenderse do lume e para con-seguir a súa rexeneración natural en áreas deincidencia do lume como é a área deinfluencia mediterránea.

• Na zona norte de Galicia, onde se concen-tran as maiores superficies de eucalipto, osincendios son practicamente inexistentes.

• Os territorios forestais galegos máis afecta-dos en superficie polos incendios son asgrandes áreas de matogueiras sen arborado.

• Os piñeiros e máis os eucaliptos sosteñenna actualidade toda a economía do sectorforestal galego, fornecen a materia primada industria da madeira e dan emprego amáis de 20.000 persoas, especialmente nomedio rural.

• En España, nas áreas de piñeirais máisextensas do país situadas nos macizos mon-tañosos das provincias de Soria e de Burgosos incendios forestais son practicamenteinexistentes.

Piñeiral no Monte veciñal de Santa María do Rosal, onde arderon 800 ha en agosto de 2013.

Page 8: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

8 o monte xuño 2014

Actualidade

• Nos países do noso contorno, dentro dos queteñen un clima de influencia mediterránea eson máis afectados polos incendios, a rexiónna que menos monte arde é Aquitania, nosuroeste de Francia, onde se concentra amaior extensión continua de Pinus pinaster(piñeiro do país), máis de 1 millón de ha.

O minifundio. Os incendios forestais de maiorsuperficie, con maiores danos económicos eambientais e que sistematicamente se repiten nasmesmas comarcas cada certo tempo, prodúcenseen zonas onde dominan os montes de gran dimen-sión, con medias superiores a 200 ha por explota-ción. Trátase de montes veciñais en man comúnsituados na provincia de Ourense, no sur de Lugo,no sur de Pontevedra e no Barbanza na Coruña. Encontraste, as áreas forestais moi parceladas do nortee noroeste galego, así como outras moi produtivasonde domina a propiedade do monte de particula-res, son as comarcas que presentan o menor núme-ro de incendios, os menores danos e nas que asestatísticas ofrecen os datos de superficie queima-da por incendio menores de toda Galicia.

O cidadán urbanita, ao igual ca moitos dos polí-ticos galegos, tenden a asociar minifundismo conabandono, sen apreciar que a realidade é moitomais complexa e diversa.

Esta realidade ten as súas singularidades, comoé o caso de comarcas do sur de Pontevedra ou deOurense onde existe un minifundismo extremo eunhas condicións climáticas moi adversas noverán, unido a unha maior intensidade dos espazosurbano-forestal. No sur de Galicia, un significativonúmero de incendios forestais teñen a súa orixe enpequenas parcelas forestais, frecuentemente aban-donadas ou con moi escasos coidados silvícolas.Estas parcelas, a maioría con presenza de piñeiros,non ofrecen rendibilidade algunha, proba diso é ocada vez maior descoñecemento da localización elindeiros das parcelas polos actuais propietarios.Este problema, que non foi aínda abordado, mere-

cería un tratamento específico dado que non pare-ce que os actuais modelos de sociedades defomento forestal para a xestión conxunta do montetiveran arraigo nestas áreas.

O abandono do monte. A mensaxe sistematica-mente repetida é que o monte galego está abando-nado. A cidadanía percibe soamente a cara negati-va dun espazo que ocupa case que 2 millóns dehectáreas do noso territorio. Esta percepción énada máis que unha das caras do monte, a outracara, sempre marxinada, aporta o 50% da madeiraque se produce en España, practica unha activida-de silvícola de alta calidade, ofrece emprego a máisde 20.000 persoas e factura anualmente máis de200 millóns de euros que ingresan máis de100.000 familias galegas.

Limpar o monte. Afirmación recorrente que insis-te en que a solución dos incendios forestais é “lim-

Minifundio nos montes de eucalipto do norte de Galicia.

Os cidadáns deben entender que o

monte é un espazo naturalizado,

onde a matogueira e os seus ciclos

cumpren funcións moi importantes

nos ecosistemas locais

Page 9: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 9

Actualidade

par” o monte e que deixa como mensaxe que osresponsables do problema son os propietariosforestais pola “falta de limpeza”. Trátase dunhamensaxe errónea e moi afastada da realidade. Enprimeiro lugar polo propio termo, o monte non selimpa senón que se roza, ou se controla a vexeta-ción. En termos silvícolas fálase de control estraté-xico da vexetación: conxunto de operacións silvíco-las destinadas a diminuír a carga de biomasa com-bustible e a dividir o territorio con faixas rozadas.

Por outra parte, a “limpeza” do monte (entendi-da como eliminación da matogueira) é inviableeconomicamente e, ecoloxicamente, moi prexudi-cial se se fai dunha forma integral. Os cidadánsdeben entender que o monte é un espazo naturali-zado, onde a matogueira e os seus ciclos cumprenfuncións moi importantes nos ecosistemas locais.Os propietarios forestais non son os responsablesdo problema dos incendios por ter mato no monte,senón as súas vítimas.

O aproveitamento da biomasa con fins enerxéti-cos. Moi frecuentemente relaciónase o aproveita-mento enerxético das matogueiras coa solución dosincendios, cando a realidade é que a biomasaforestal como fonte enerxética está principalmenteconstituída pola fracción leñosa das árbores quenon se utiliza para a transformación na industria damadeira convencional.

O emprego da biomasa forestal, céntrase namadeira delgada e defectuosa de diferentes espe-

cies, en especial a de coníferas. Trátase dunha acti-vidade con todo o seu potencial por desenvolverque pode chegar a constituír unha moi importantefonte de rendas para os propietarios forestais gale-gos e polo tanto, un motivo máis para coidar omonte, baixar o esaxerado volume de biomasa ereducir o risco de incendio forestal.

Os modelos forestais a imitar. Nos medios decomunicación manéxase con frecuencia un dostópicos máis errados, presentando como o granparadigma e como modelos a imitar os sistemasforestais de Suecia, Finlandia ou Canadá, territo-rios nos que o risco de incendios forestais é míni-mo por choivas de verán e sobre todo porque ossolos están máis húmidos e fríos e a vexetacióncontén máis auga durante máis tempo coas mes-mas precipitacións. Tamén é necesario considerara ausencia de poboación nas áreas boscosas e otipo de propiedade, a maior parte dela pública ouen mans de grandes corporacións industriais.

O modelo de referencia debe buscarse en paí-ses ou rexións similares a Galicia, como pode ser osistema de prevención e extinción de incendiosexistente nos montes das Landas, na rexión deAquitania no suroeste de Francia. Esta área pre-senta uns resultados óptimos nos últimos deceniose ten unhas condicións estacionais e de vexetaciónsimilares a Galicia e unha tipoloxía da propiedadesimilar, no que máis do 92% da superficie forestalé privada •

Souto en Bora, Pontevedra, arrasado polo lume en agosto de 2006.

Page 10: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

10 o monte xuño 2014

Actualidade

José Pérez Vilariño Catedrático de Socioloxía da Universidade de Santiago de

Compostela. Ex vicepresidente da Asociación Forestal de Galicia

Hai uns meses, a Conselleira de Medio Ruralcomunicaba ao Consello Forestal a súa vontade derevisar o Plan Forestal de Galicia (PFG). Destemodo dá cumprimento, por primeira vez en vinteanos, á esixencia “estratexicamente indispensable”do propio Plan Forestal de “avaliar os resultados”, een particular de revisar cada cinco anos “o seu graode eficacia no logro das metas programadas e pro-poñer as revisións ou axustes oportunos” (Cap. VII:550-551).

Este anuncio parece significar a clausura dalóxica dunha guerra sen cuartel contra os incendiosforestais, que durante un cuarto de século domi-nou a política forestal autonómica e vén consumin-do a parte do león dos fondos dispoñibles para omonte e os bosques. Un control razoable e satisfac-torio do risco de incendios forestais non requireunha guerra sistemática, que se fai cada ano máisampla e cara, por estenderse á policía e o exército,a xustiza e as novas tecnoloxías. O PFG, aprobadosen un só voto en contra de ningún dos tres parti-dos parlamentarios, formulou en 1992 unha alter-nativa viable a longo prazo a esta guerra insostible.Tratábase de implantar unha nova lóxica dereconstrución do monte, seguindo unha estratexiasimilar á que rexe nos sectores máis innovadores e

dinámicos. O seu principio de acción postula queo monte deixará de arder, a medida que os seusaproveitamentos resulten economicamente viablese socialmente útiles pola súa oferta de emprego ede servizos ambientais e recreativos. Con este pro-pósito, o Plan deseñaba un triplo modelo de monteen función do seu uso principal:a) Bosque produtivo, vinculado a un potente sector

transformador, a súa existencia depende dunmonte cultivado e ben xestionado, capaz deofrecer ás empresas os recursos básicos quenecesitan. A creación en Galicia dunha rede deinstitucións de apoio fixo posible poñer o acen-to nunha xestión profesionalizada e aproveitarimportantes recursos comunitarios para crearexplotacións sostibles e iniciar a difusión dunhanova cultura forestal, capaz de espertar un cre-cente interese polo monte e o sector forestal.Non conseguiu, sen embargo, o transvasamen-to progresivo de recursos públicos da loita con-tra o lume cara a integración asociativa dossilvicultores e a articulación corporativa do sec-tor forestal, como estratexia decisiva para a xes-tión duns montes que producen a metade damadeira de España e cuxa propiedade está moirepartida.

b) Espazos sensibles. Son terreos que, polo seu valorsingular, requiren un tratamento particulariza-do, cun acento especial na dimensión de con-servación. O uso social destes espazos, querepresentan unhas 340.000 ha, será obviamente

Plan Forestal de GaliciaPrimeira revision

Page 11: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 11

Actualidade

moito máis restrinxido, en función do seu graode fraxilidade; a posta en marcha progresivadunha xestión sostible poderá ir abrindo estesespazos a novos usos.

c) Bosques recreativos. A rápida xeneralización doestilo urbano de vida e o crecemento das cida-des están xerando unha forte demanda de luga-res de ocio ao aire libre e dun medio ambientede calidade. Con este propósito, o PFG estable-ce para as principais áreas urbanas da Coruña-Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo e Pontevedra-Vigo 18.000 ha de montes ou bosques periurba-nos, superficie equivalente a uns 100 m2 porhabitante, semellante á das principais aglome-racións do noso contorno como París. Trátasede espazos moi humanizados.Á hora de revisar a política forestal resulta

imprescindible pensar en algo que a maior parteda poboación -incluídos bo número de responsa-bles políticos- ignora ou esqueceu: trátase do feitode que dous terzos do solo de Galicia son demonte ou de vocación forestal. Isto quere dicirque non se pode levar a cabo unha política deordenación do solo se esquecemos o monte e osbosques. Se a este feito primordial engadimos queunha de cada tres familias galegas inda é propieta-ria dalgunha parcela de monte (inda que bo núme-ro dos seus membros non saiban exactamenteonde se atopa a súa terra), ordenar os montes, noné hoxe só un asunto importante senón que nostoca moi cerca.

O Plan Forestal formulou a necesidade dunnivel de control razoable do risco de incendio comoo punto cero obrigado (Cap. IV: 276 e Cap.VII:514) ou a condición indispensable para o des-pegue dunha política forestal de investimento exestión. O instrumento eficaz para lograr este nivelde control foi a creación dunha nova organizaciónprofesional e comarcalizada, capaz de chegar atempo aos puntos de incendio e impedir que sepoidan converter en incendios. O custo desta orga-nización foi elevado pero conseguiu asentar un

horizonte de seguridade para os investimentos nomonte e a diversificación dos usos sociais. Despoisdunha guerra de máis de vinte anos, urxe agoraconcentrar os esforzos no aproveitamento dasnovas oportunidades que ofrece de crear empregoe mellorar a nosa calidade de vida.

Nunha sociedade cos prezos da enerxía sencontrol e con insoportables taxas de paro, as ener-xías renovables aparecen como a nova panca dundesenvolvemento forestal sostible, capaz de axu-dar a vencer a actual inercia económica. Nunhasituación fortemente excedentaria de madeira,aproveitar a biomasa para producir calor e enerxíaeléctrica resulta obrigado fronte á alternativa dedeixala arder no monte. O mesmo que os cuantio-sos investimentos en enerxía hidroeléctricademostraron unha elevada rendibilidade e utilida-de social -sostibles a longo prazo- hoxe resultaobrigado incentivar as enerxías renovables: en pri-meiro lugar a biomasa. Os montes en Galiciapoden e deben converterse no soporte de amplossectores de actividade con futuro. Os largos prazosque requiren as actividades neles non constitúensó unha dificultade. Son a mellor garantía contraproxectos oportunistas. Por isto, é obrigado darlleunha benvida unánime á decisión de revisar oPlan Forestal de Galicia •

Con esta colaboración abrimos un coloquio cos lectores epropietarios forestais sobre a revisión do Plan Forestal de Gali-cia. Pódense dirixir os comentarios a [email protected] a [email protected].

O Plan Forestal formulou a

necesidade dun nivel de control

razoable do risco de incendio como

condición indispensable para o

despegue dunha política forestal de

investimento e xestión

Portada do Plan Forestal de Galicia.

Page 12: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

12 o monte xuño 2014

Entrevista

– ¿Cal é a orixe da súa propiedade forestal?Unha parte importante é por compra, sobre todo afamiliares. A outra é por herdanza de meu pai e dostíos. É unha propiedade moi antiga, de moitosséculos na familia.– ¿Cando vostede se fixo cargo dela a que esta-ba orientada a súa produción? ¿Que cambios naxestión levou a cabo?Estaba a piñeiro do país e a eucalipto. Tamén a aca-cia e fraga natural. Os primeiros cambios forondebidos á xestión directa, con moita dedicación amedia xornada polas tardes, pois traballaba de pro-fesor. Despois creamos unha SAT familiar, que con-servamos, e dotámola de maquinaria e persoal paratraballar nos montes, cortando e plantando de novopola nosa conta. Moito traballiño de noso Señor!– Desde os seus inicios como silvicultor atahoxe ¿cales foron os cambios máis importantesno mercado do eucalipto na Mariña?Antes a xente vendía a vulto e os compradoresgañaban 1/3 por riba do valor real. Nós sempre ven-demos a tonelada e feito polos nosos operarios, aENCE e grandes provedores como Costiña. O

curioso é que mandabámolo con casca en camiónspara Pontevedra, tendo Navia aquí ao lado. Nos 90valía ben e gañamos diñeiro. Despois do ano 2000baixou e tivemos que organizarnos na AFG e ennovas asociacións locais de propietarios para abrir omercado (exportación, ENCE e madeireiros) paraconseguir novos contratos favorábeis e que isto fosemáis transparente. Conseguimos vender ben moitamadeira de socios e facer coutos redondos de cortae plantación, con certificación e boa silvicultura.– Considera beneficioso ou prexudicial para aeconomía da Mariña dispoñer dunha masaextensa de eucalipto, ¿ve algún risco nesta espe-cialización da produción para pasta de papel?É beneficioso e rendíbel pola alta calidade e prezodo eucalipto glóbulos nesta zona (20 t por ha/ano e300 t ou 10.000 euros netos cada quince anos).Unha grande riqueza.É prexudicial como todo monocultivo abusivo e tenriscos como a sobre oferta en cantidade ou as pra-

Ramón ReimundeNoreñaPropietario forestal en AlfozRamón Reimunde Noreña é propietarioforestal nos concellos da Mariña luguesa deAlfoz, Foz, Cervo e Lourenzá. Posúeaproximadamente 150 ha de monte enunión coa familiar Reimunde SAT, das que10 ha están a piñeiro radiata, 10 a piñeirode Oregón, 5 a frondosas, e o resto aeucalipto globulus ou nitens. Conta conproxecto de ordenación desde 2002. Desde2000 ata 2004 foi vogal de MontesParticulares da Asociación Forestal deGalicia e desde 2006 é secretario dePromagal e presidente de Promafoz.

Page 13: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 13

Entrevista

gas, que podemos pagar caros. Temos que poten-ciar unha silvicultura máis racional e tendente ábiodiversidade e variedade de especies.– Desde unha perspectiva ecolóxica, ¿consideraque se compromete a situación ambiental e abiodiversidade?A paisaxe do eucaliptal dominante é monótona,aínda que tamén fermosa e saudábel. A situaciónambiental non a vexo comprometida se a regula-mos seguindo uns bos criterios, porque teriamosque localizar os eucaliptos en lugares adecuados emontes altos ou que non desen outra cousa. Pode-mos ir cambiando a plantación abusiva de eucalip-tos e plantar aí outras especies rendíbeis como asconíferas e frondosas nos mellores lugares, pararecuperar a biodiversidade. Algúns temos feito iso,mais non hai que enganarse: as plantacións indus-triais non son parques nin xardíns. Son o que son.– Ten a fortuna de ter as súas propiedadesnunha das áreas de Galicia nas que na actuali-dade non se ve afectada polos incendios fores-tais ¿a que coida que se debe?O non haber incendios é polo clima (húmido, chu-vioso e sen superar os 25 graos). Menos mal, por-que así non malgastamos en avións e cuadrillascontra-incendios pagados con diñeiro público enlugar de investir en prevención e limpeza. Taménaquí a xente coida e vixía máis o monte porque dádiñeiro. Sempre pode haber algún tolo ou malicio-so que prenda lume, mais eu xa dixen moitas veces-tocando madeira- que aquí na Mariña non arde,agás excepcións ou momentos climáticos puntuais.– A aparición do goniptero foi un duro golpepara rendibilidade dos montes de eucalipto,¿como foi a afección?, ¿cal é a situación actuale como pensa que está a controlar a situación aAdministración?A afección do goníptero foi grande: unha monopraga à medida dunha mono especie estendida.Estívonos ben! O escaravello goníptero encontrouaquí a súa terra prometida, se ben axudáronlle afacer a viaxe as importacións do hemisferio Sur dasfábricas de Navia e Pontevedra, a quen llo hai queagradecer. Realmente o goníptero xa se encarga el sóde seleccionar as zonas de eucaliptal que son vulne-rábeis, indicando os montes en que non deberíaestar. Nesas zonas, cambiamos para nitens. A situa-ción actual é mellor, pois a Administración galega ealgunhas empresas privadas moi xenerosas, puxeronmoitas ootecas parasitadas con vésperas Anaphespara a loita biolóxica, única que se debe empregar,pois os insecticidas non son boa cousa. Isto era unhaobriga da Xunta, por ser unha praga xeral. E tería

que ocuparse diso, pero o que lles gusta é a vida defuncionarios, dar permisos e pedir papeis.– ¿Como ve o futuro do eucalipto na Mariñaluguesa?Con bo futuro. Mentres haxa moito e bo, achare-mos mercado e prezo, se nos unimos.– E ¿como ve o prezo do eucalipto?Mal, porque xa se ve que queren baixalo 3,5 €/t.Outra cousa é que o consigan. O prezo deberíasubir 2 € polo menos, tendo en conta o prezo finalda pasta no mercado (547 €/t). Aínda deberanpagalo a 40 €/t, porque con tres toneladas de gló-bulos (200 euros en fábrica) queda bastante marxede beneficio industrial (250 €). As fábricas de des-tino pensan que todo o eucalipto é seu e que vai irpara elas de todas todas. Pero non, o eucalipto estáno monte e mentres non se venda é do dono domonte, que o pode vender a quen quixer. Temosque pór en valor esta materia prima.– A actuación das Administracións condiciona aactividade do silvicultor e das empresas fores-tais, ¿pode dar a súa opinión sobre a incidenciadas novas ordenanzas municipais? e ¿sobre onovo decreto de aproveitamentos?As administracións locais, coa desculpa de conser-var os camiños e vías municipais, o que fan écobrar con avais abusivos e de difícil recuperación,para financiarse. Os camiños son de carro do XIXe as estradas para carrocetas, non para tráileres de60 t, que é o que tiñan que transportar, como porEuropa adiante. O que fan falta son boas infraes-

Ramón Reimunde cunha repoboación de pseudotsuga de quinceanos de idade en Alfoz.

Page 14: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

14 o monte xuño 2014

Entrevista

truturas, cargadoiros, pistas, aposta polo sectorforestal. O novo decreto de aproveitamentos parabiomasa e outras enerxías limpas... non sei! Parecementira que neste país non utilicemos a biomasacomo combustíbel en toda a parte.Non debemos esperar gran cousa da Administra-ción porque o monte é na maioría privado e deberexerse con criterios de economía privada en librecomercio. A Administración da Xunta nunca cum-

que sexa máis difícil e custoso traballar en montespequenos. A solución -xa probada- está en facercoutos redondos con moitas fincas pequenas, paracortas, pistas e plantacións conxuntas. Pero se nonhoubera minifundio, habería latifundio -todo doseñor conde e das multinacionais- que sería peor.Agora xa non se poden dividir ou segregar fincasmenores de 15 ha, o cal me parece ben. Mais nasque están de antes hai que buscar algunha solu-ción práctica, a poder ser sen tocarlles aos marcosou pedreiros, e así, todos contentos!– No ano 2002 decidiu investir en dotarse dun pro-xecto de ordenación. ¿Por que tomou esa decisiónnese momento?Tomeina por recomendación dos técnicos da AFG,por intuición e sentido práctico. É máis cómodo:sei o que teño que executar cada ano e tamén osaberán os que veñen detrás o día que eu falte. Écustoso e difícil de cumprir, pero todos os montesdeberían ter polo menos un plan de xestión básicoe unha planificación ben feita por técnicos.– ¿Cambiou a forma de xestión dos seus montesco proxecto de ordenación?Si que cambiou. Seguimos o guión feito por enxe-ñeiros o máis axustadamente posíbel, corrixindo oserros sobre a marcha, que os hai. Porque unhacousa é o papel e outra a realidade. Hai que poñeras botas e ir ao monte a traballar, non só de paseo.– ¿Ten os seus montes certificados? ¿Por que oscertificou?Case todos os nosos montes grandes están certifica-dos. E os que faltan, tamén o estarán no futuro. Cer-tificamos PEFC con selo de Promagal ou Selga, por-que temos mellor prezo para a madeira certificada eporque é un documento que acredita a sustentabili-dade, as boas prácticas, e garante a orixe e rastrexabi-lidade da madeira. A certificación é un trámite buro-crático e necesario, tamén un sistema de control: xanon poderemos facer o que nos pete co monte, nindeixalo abandonado. Penso que é boa. Outra cousa éesa guerra falsa entre PEFC e a FSC dos santos eco-loxistas que cobran dela. Tanto ten. Para Galiza quizásexa mellor a PEFC, menos esixente.– ¿Cales son os maiores contratempos cos quese atopa na xestión diaria dos seus montes?Ai! O principal contratempo é a idade. As árboresmedran desesperadamente lentas e a vida humanaé fugaz. Precisamos operarios forestais e non oshai. Temos que contratar todos os traballos fores-tais a empresas e dependemos delas no tempo e noorzamento. Porque os investimentos nos montesson caros e debemos facer números e moitas vecesesperar que nos toque a vez. Hai que asociarse.

O relevo xeracional nas florestas

resólvese o mesmo día en que se

cobra a primeira madeira propia. Por

tanto, a solución está en entregar

aos novos a propiedade a tempo

priu, nin sequera aquel Plan Forestal do 92. Nontivo nunca unha Política Forestal adecuada ao país,nin políticas forestais concretas e ambiciosas comonos correspondía. Miran para outro lado. E Europatampouco as ten. Hai un grande descontento xeralcoa política forestal e cos políticos cegos e xordos.Esperemos que fagan caso do Informe da Funda-ción Barrié que fai boas suxestións.– Vostede foi capitán da mariña mercante e pos-teriormente catedrático de ensino medio ¿tenpensado no eido forestal facer unha reconver-sión a curto prazo de semellante envergadura ávista da situación do mercado do eucalipto?Fun iso, pero xa non son. Estou xubilado e refor-mado. Agora son un silvicultor e un axitador demasas de propietarios forestais. Se fose máis novogustaría de levar barcos con eucalipto para Aveiroou China. E ensinar aos alumnos a amar o monte.Canto á reconversión, si, estou por facela. Xareconvertín moitos montes de eucalipto para piñei-ro de Oregón e piñeiro radiata, con ben traballo ecusto, porque o eucalipto resístese, é malo de sacardos montes. Teriamos que diversificar e deixarzonas ou franxas de ruptura onde hai grandesextensións coa mesma especie. Teño fe no eucalip-to, mais tamén outras crenzas e paixóns.– ¿Considera que o minifundio é un problemaou un reparto xusto da terra?, ¿ten solución?O minifundio en si non é un problema senón unsistema protector da propiedade individual e priva-da tradicional e nosa, dos galegos. Outra cousa é

Page 15: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 15

Entrevista

– E ¿cal é para vostede a maior satisfaccióncomo silvicultor?Sen dúbida, plantar. Plantar de novo, con boa silvi-cultura, podar, limpar e ver medrar o mato. Cortarunha árbore que ti plantaches é triste. Menos malque nos consolamos con que é o momento en quese cobra pola madeira, tras unha longa espera. Tiñaque dicilo nalgún momento, que senón rebento: amin o que máis me gusta é ver as plantacións depiñeiro de Oregón que eu mesmo plantei con estasmans. É a miña árbore preferida, con perdón doscastiñeiros e os acivros, que tamén me gustan.– ¿Como prevé o futuro dos seus montes?O futuro dos nosos montes será magnífico. Pechoos ollos e vexo xa esas plantas grandes e boas, comonon as verei en vida. Os montes ben tratados,medran sós. A natureza é sabia. Só temos que con-seguir un bo rendemento económico e asegurar orelevo xeracional para que outros continúen. Ese éo seu mellor seguro de futuro. E concretamentefalando dos montes nosos, véxoos nun futuro pró-ximo en mans dos meus fillos, a quen eduquei paraiso e xa me axudaban desde pequeniños. Hoxe tra-ballan fóra noutras profesións e non teñen dema-siado interese forestal, pero cando corten e cobrenxa o terán. O relevo xeracional nas florestas resól-vese o mesmo día en que se cobra a primeiramadeira propia. Por tanto, a solución está en entre-gar aos novos a propiedade a tempo. – ¿Por que se fixo socio da Asociación Forestalde Galicia?Porque creo que a unión fai a forza e gustoume esaidea da AFG de prestar servizos aos socios efomentar a cooperación e educación deses socios.Hai moito que aprender.– Fíxose socio en 1989, nos albores da AFG¿como ve a evolución do asociacionismo fores-tal galego desde aquela data ata hoxe?A “cousa” empezou na Galiza dos anos oitenta. Ospropietarios máis conscientes ou necesitadoscomezaron a asociarse timidamente. Houbo algúnslogros e subvencións da Administración da Xuntapor facer labores divulgativas que lle correspondíana ela. Contribuíu a AFG con técnicos que asesora-ron unha nova silvicultura e informaron do merca-do aos socios. Veu a revista O Monte e contactou-se con Europa. Entre outras asociacións oportunis-tas afiliadas a partidos ou sindicatos, a AFG pare-ceume máis seria. Simpatizaba con aquelas ideasorixinais de D. Fernando Molina, que eran sabias,prudentes e avanzadas a un tempo, e que contaroncoa axuda de bos xestores e directivos que conti-nuaron ese proxecto os anos que seguiron.

– Vostede é socio fundador de Promagal. Sendosocio antigo da AFG ¿cal foi o motivo de parti-cipar na fundación de Promagal?Non son socio fundador da AFG, mais si dos primei-ros e máis fieis. Seguín estando aí, e aquí tan lonxeno Norte, nos bos e nos malos tempos. Mais faltabaalgo, porque na AFG xa estaban asociados os gran-des ou medianos propietarios concienciados e ascomunidades de montes. Faltaban os pequenos emedianos produtores a nivel local e por iso funda-mos e organizamos as asociacións dos concellos daMariña e Ortegal. Despois unímolas todas elas nafederación Promagal con un representante de cadaunha. Fan falta líderes para convencer á xente deque é mellor a unión e a boa organización, e, aíndaque eu non me considere un líder forestal, si queprediquei e escribín moito nos xornais, de forma quetivemos moitos seguidores que se fixeron socios, uns6.000 aproximadamente. As asociacións pecan delocalistas e independentes, difíciles de unificar, perofuncionan. Temos xente que traballa moito por amorao arte. Temos uns socios que non merecemos, algoaproveitados, interesados só en vender ben a madei-ra, pendentes só dos fallos, nunca dos logros. Paraque se vexa que non estamos de broma direi o exem-plo máis próximo a min: en Foz cortamos este ano18.000 t de 73 socios en (case) couto redondo e vol-veron todos plantar. Eu agora aínda son presidentede Promafoz, mais non vamos durar sempre: oexemplo está dado e a semente a xerminar foi bota-da. Oxalá prenda e medre ben no futuro •

Corta de eucalipto en unha parcela de eucalipto globulus de 26 ha e16 anos de idade en Alfoz, co val do río Ouro ao fondo.

Page 16: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

16 o monte xuño 2014

Entrevista

Jesús Quintá ademais de presidente da indicaciónxeográfica protexida Castaña de Galicia é vicepre-sidente da Asociación de Produtores e Exportado-res de Produtos Agrosilvestres de Galicia (PROA-GROSILGA) e administrador único de AlibósGalicia, S.L., unha das maiores empresas comer-cializadoras de castaña pelada e conxelada domundo que comercializa entre 3,5 e 6 millóns dekg de castaña ao ano.– Galicia é a maior produtora de castaña nacio-nal ¿Que cifras de produción e de negocio bara-lla a indicación xeográfica protexida (IXP) Cas-taña de Galicia?A produción oscila habitualmente entre as 15.000e as 25.000 t/ano e o valor estimado rolda os 40millóns de euros.– ¿Quen consume a castaña galega? ¿Que por-centaxe da produción se consume en Galicia?A castaña galega consúmese nun 90% fóra de Gali-cia, un 30% no Estado e o resto en máis de 30 paí-

ses. O consumo en Galicia é de xeito tradicional,na súa maioría asada.– ¿A onde se exporta? ¿Como se adoita exportara castaña? ¿en verde, en seco, transformada?Os principais países receptores son: Francia, Italia,Suíza, Xapón, Estados Unidos, Alemaña... Adóita-se exportar en fresco un 50% e o outro 50% trans-formada da que a maioría é conxelada e a conservae seca representa un 5-10% dependendo dos anos.– ¿Teñen censado o número de produtores?,¿onde se concentran e que tipo de soutosteñen?, ¿canto é a produción media?No interior de Galicia cada familia ten un souto oualgún castiñeiro, pero non sabemos con seguridadecantos produtores hai. Temos verdadeiras dificulta-des na IXP Castaña de Galicia para darnos a coñe-cer posto que sabemos onde están os castiñeiros,pero non sabemos de quen son para dirixirnos áspersoas e dicirlles “estamos aquí, isto é de todosvostedes para que se aproveiten desta marca decalidade”. Traballar sen un censo de produtoresleva consigo facer un esforzo adicional en charlas edivulgación para darlle a oportunidade a todos osque queiran de pertencer á IXP. Aínda así estamosa facer un esforzo nas zonas de montaña de Lugo eOurense que é onde se concentra a produción. Ecanto á produción media, teño que dicir que hai

Entrevista a Jesús Quintá GarcíaPresidente do Consello Regulador daindicación xeográfica protexida Castaña deGalicia

No ano 2009 creouse a indicación xeográfica

protexida Castaña de Galicia co fin de

identificar os froitos obtidos a partir dos

soutos autóctonos galegos de castiñeiro

europeo (Castanea sativa Mill.) destinados ao

consumo humano e comercializados en

fresco ou conxelado. Estas castañas deben

cultivarse e procesarse segundo o

regulamento da indicación xeográfica.

Page 17: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 17

Entrevista

moita diferenza dos soutos vellos aos novos e darunha media sería enganoso.– En 2009 aprobouse o Regulamento da indica-ción xeográfica protexida (IXP) Castaña de Gali-cia ¿que supuxo este fito no mercado da casta-ña en Galicia?Ante todo a aceptación dunha realidade, a castañaexiste. Quero explicarme, para que un sector secoñeza como tal precisa que a sociedade teña refe-rencias del, saber quen e cantos somos, onde esta-mos, que e canto producimos e comercializamos...Todo isto é o que tentamos obter pouco a pouco eque nos permitirá ter un sector reestruturado e forte.– ¿Cal foi o motivo da creación da IXP Castañade Galicia?Queriamos un recoñecemento oficial ao prestixiodun froito que os consumidores mundiais xa nosconcederan de xeito real. A castaña galega véndesehai moitos anos a países de gran consumo per cápi-ta como produto de alta gama, pero precisabamosunha figura que nos axudase a ordenar o sector, adefendelo, protexelo e poñelo no lugar que llecorresponde.– Sendo a castaña un produto de tanta tradicióne produción en Galicia ¿como se tardou tantoen crear a IXP?Non é doado acadar unha marca de calidade, defeito a IXP Castaña de Galicia é a única concedidapara este froito en España. Como dicía antes, par-timos dunha situación de indefinición en canto aoproduto e sen datos oficiais respecto ao sector.Para obter o recoñecemento dunha marca de cali-dade como esta é preciso xustificar documental-mente unha serie de condicións específicas queacreditan a diferenciación positiva das nosas varie-dades, non hai máis que ver as referencias que serecollen nos vínculos históricos.De todos xeitos, mediante a Orde de 27 de marzode 1984 da Consellería de Agricultura, Pesca e Ali-mentación xa se recoñecera con carácter provisio-nal a denominación de “Producto Gallego de Cali-dad” á “Castaña confitada”, aplicable ás castañasproducidas e confeitadas por empresas galegas.Lamentablemente o regulamento de funcionamen-to non chegou a aprobarse, pero a perseveranzadeu os seus froitos anos máis tarde.– Non todos os concellos galegos están incluí-dos na IXP, ¿a que se debe isto? ¿por que foronexcluídos os soutos plantados cara o litoral?Pretendemos desde o inicio incluír todo o territo-rio galego, de feito así foi formulado na solicitude,pero de Bruxelas responderon que había que acou-tar. A área de produción responde a unhas condi-

cións de solo, altitude, temperaturas, pluviometría,etc. que se atopan delimitadas ao Oeste pola Dor-sal Galega e cara o Norte pola Serra do Xistral.Esta documentación foi a definida polos expertoscomo zona óptima para o cultivo da castaña sativade calidade.– ¿Que requisitos debe cumprir un produtor decastaña para poder vender a súa produción coselo da IXP?É moi sinxelo, debe producir dentro da zona xeográ-fica con variedades autóctonas de castaña sativa eestar certificado o produto polo Instituto Galego daCalidade Alimentaria (INGACAL). Para isto non tenmáis que facer a solicitude de inscrición no rexistrode produtores e plantacións (formulario que se podedescargar na nosa páxina web xunto coas instruciónshttp://www.castanadegalicia.org/index.php/gl/a-ixp-2/descargas-3) e dirixilo ao INGACAL. A partir deaquí xa se inician uns trámites que rematan no certi-ficado de rexistro.

Soutos vellos de produción de castaña en Chantada (Lugo).

Page 18: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

18 o monte xuño 2014

Entrevista

– ¿Que vantaxes ten un produtor ao adscribirseá IXP Castaña de Galicia?Entre outras, obtén unha protección legal sobre oproduto que permite influír sobre o prezo, defendea exclusividade do mesmo, facilita o acceso aos mer-cados e fomenta e apoia a organización do sector.– ¿Cantas variedades de castaña se producen enGalicia?O número das variedades difire segundo as fontes,pero como propias de Galicia como mínimo temos81 variedades.– A IXP Castaña de Galicia promoveu o proxec-to “Cambio da estrutura varietal dos soutos pararevalorizar a produción da IXP Castaña de Gali-cia” financiado con fondos FEADER co Centrode Investigacións Forestais de Lourizán ¿Porque hai interese en cambiar as variedades decastaña dos soutos?Nunca se pretendeu cambiar ningunha variedade,o único que fixemos foi xuntar a representantes deprodutores, comerciantes en fresco, industria deprocesado e técnicos para darlle prioridade a aque-las variedades que teñen unhas mellores calidadespara os diferentes usos dentro duns parámetrosestablecidos. Para isto tivemos en conta a calidadeorganoléptica, adaptabilidade ás areas xeográficas,variedades temperás ata as serodias, tabicado, faci-lidade de pelado, etc. O noso obxectivo é que osector teña información para que poida elixir conargumentos e máis probabilidade de éxito nas súasdecisións. Desde logo quen manda nos mercados é

o consumidor. Tratamos de que o produtor saibacales son as castañas que reúnen os requisitos máisapreciados para abastecer a demanda actual nosmercados máis selectos.– Froito dese proxecto é a publicación “Varieda-des para os soutos novos”, na que se seleccio-nan oito variedades de castaña ¿Por que selec-cionaron só oito?O número non é máis que dar unha prioridadepara comezar a traballar estruturando o sector paraque evolucione axeitadamente. Variedades quecumpren o que o mercado pide hoxe, iso non queredicir que mañá sexan 4 ou 18 as máis solicitadas.Temos a sorte de contar con moitas variedadesautóctonas boas, e desde logo, a nosa intención éconservar esa diversidade varietal e ir evolucionan-do co mercado.– ¿Velle algunha viabilidade aos soutos vellos?Por suposto. Ata agora tivemos uns soutos concaracterísticas propias, un ecosistema particularque proporciona castañas, osíxeno, cogomelos, cul-tura, ocio... e que debemos conservar. Iso nonquere dicir que a partir de criterios máis modernos,cunha cultura de cultivo orientada á comercializa-ción, non se poidan facer plantacións de soutosnovos que sexan máis adaptados aos tempos. Ossoutos vellos tiveron unha función moi relevantenunhas datas que se precisaba a castaña para sub-sistir, fundamentalmente orientada ao autoconsu-mo, de aí que nun souto haxa 8-10 variedades e enmoitos castiñeiros ata dúas variedades distintas.Hoxe iso non podemos defendelo posto que acomercialización esixe variedades separadas, loteshomoxéneos, ausencia de defectos... temos que serprofesionais e pensar que non debemos producir oque nos gusta senón o que lle gusta aos mercados.– ¿Considera vostede que nun futuro próximopoderemos comprar as castañas segundo varie-dades ao igual que agora podemos comprar acei-te de olivas Picual, Arbequina ou Hojiblanca?Os viños poden orientarnos como exemplo. Haianos pediamos nun bar ou restaurante un branco

Planta nova de castiñeiro entitorada e protexida contra os ataques de fauna.

A comercialización esixe variedades

separadas, lotes homoxéneos,

ausencia de defectos... temos que

ser profesionais e pensar que non

debemos producir o que nos gusta

senón o que lle gusta aos mercados

Page 19: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 19

Entrevista

ou un tinto, máis tarde un ribeiro branco e un ribei-ra sacra tinto e hoxe un mencía monovarietal marca“x” de barrica. Temos a sorte de poder especializar-nos porque como dicía a diversidade varietal enGalicia é marabillosa, por iso tratamos de orientaros novos soutos para que permitan a separación nacolleita e non vaian 10 variedades ao mesmo saco.– Hai uns anos, Fernando Molina, presidente dehonor da AFG, fixo unha pequena enquisa entreos visitantes que collían castaña no parque doCentro de Investigación de Lourizán para saberque castañas eran máis apreciadas e a conclusiónda enquisa foi que á xente a castaña que máis llegustaba era a máis grande ¿cre que se poderá cam-biar este resultado e que o gran público poderádistinguir e demandar as castañas máis saborosas?O mercado demanda castañas grandes pola súavistosidade. Isto non ten nada que ver co sabor. Oconsumidor non ten que ser especialista para sabero que lle gusta, iso é sinxelo se teño onde compa-rar. Cando unha persoa nunha gran cidade probaunha Castaña de Galicia, que sempre lle sae ben,e a compara con outra, asegúrolle que sabe o quequere. Outra cousa é que moitos vendan castañaforánea ou híbrida tentando pasala por galega.– O pasado ano a Consellería do Medio Ruralfinanciou unha orde de axudas para a planta-ción de soutos destinados á produción de casta-ña. Era a primeira vez que se habilitaban sub-vencións para tal cousa ¿Que opinión lle mere-ceu a convocatoria?

Non podo máis que estar contento por acadar axudaspor primeira vez. O castiñeiro na nosa terra é algomoi significativo, temos a maior produción con máisdo 50% da castaña de España, é un froito que quitoumoita fame a algún dos nosos antepasados e semprefoi o grande esquecido. Por iso quero agradecerpublicamente a sensibilidade dalgúns membros daAdministración galega para con este froito, comezan-do a emendar un agravio comparativo non merecido.– Nesa orde de axudas esixíase que, entre outrascousas, os terreos estiveran nos concellos incluí-dos dentro da IXP Castaña de Galicia e quefosen parcelas cunha pendente igual ou inferiorao 15%. ¿Que opina deste requisito? ¿Conside-ra que os terreos con pendente superior ao 15%non son aptos para a produción de castaña?A pendente non ten que ver coa aptitude ou nonpara a produción, en todo caso coas dificultadespara realizar os traballos. Polo que falamos conrepresentantes da Administración, a xustificación éque os orzamentos son limitados e deben apoiariniciativas que perduren no tempo. Se os terreosteñen dimensión axeitada e son susceptibles de sermecanizados, aínda que dentro duns anos o pro-pietario abandone por xubilación, ou calqueraoutro motivo, pode aparecer con máis facilidadealguén que se faga cargo dese cultivo.– Nos últimos anos os viveiros galegos non foroncapaces de atender a demanda de planta de cas-tiñeiro para a produción de madeira e de castiñei-ro enxertado ¿Teñen pensado algo ao respecto?

Soutos de produción de castaña en Chantada (Lugo).

Page 20: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

20 o monte xuño 2014

Entrevista

Desde logo que sí, de feito puxémonos en contactopara ofrecer información do que demandan os pro-dutores, tanto coas principais asociacións de vivei-ros como coa Administración. A nosa idea é a de terunha relación constante en beneficio de todos. Osprodutores precisan de planta enxertada e axeitadaás súas necesidades e os viveiros información poranticipado para adiantarse ás demandas.– ¿Que prezos se pagaron na última campañapolo quilo de castaña?Separadas por variedades, calibre e escollidas che-garon a venderse a uns 2 €/kg pero unha maioríavende todo mesturado e isto baixa moito o prezo. Épreciso que o produtor se conciencie de que parapoder pelar e transformar a castaña, as industriasprecisan de partidas homoxéneas.– ¿Que rendemento medio se lle saca a unhahectárea de castiñeiro para froito contando só oaproveitamento da castaña?O rendemento depende de moitos condicionantes,como poden ser altitude, marco, fertilidade doterreo, factores de polinización, rega, variedade...pero nunha plantación axeitada, con certos coida-dos e en plena produción, estamos a falar practica-mente sempre de rendementos de 4.000 a 7.000kg/ha dependendo do ano.– O castiñeiro sempre foi unha árbore moi esti-mada polos galegos e hai unha tendencia entreun sector dos silvicultores e comunidades demontes a querer plantar castiñeiro, inda enterreos que non son aptos para o seu cultivo

¿que terreos considera os máis idóneos paraesta árbore?O que está claro é que cada terreo ten as súas apti-tudes e cada especie require dunhas condiciónsmínimas para un desenvolvemento axeitado. Nonparece razoable plantar un castiñeiro onde non vouobter unha produción con certa rendibilidade. Oterreo galego é bo para este cultivo, pero aínda así,debe reunir certas características como: solo fres-co, ben drenado, profundo, alto contido en materiaorgánica, con pH lixeiramente acedo... para quesexa viable.– ¿Cales son os aspectos estratéxicos da silvicul-tura de castiñeiro para froito: marco, podas,altura de copa, labores silvícolas, idade de pro-dución, coidados culturais?Esta é unha pregunta moi ampla que para respon-dela concretamente teriamos que poñernos endistintos contextos, tantos como ten a diferencia-ción das distintas áreas de cultivo da xeografíagalega. O que está claro é que a produción deman-da certa especificidade como calquera outro froi-to. Os marcos deben ser suficientes para que noncompitan, as podas de formación que se fan enGalicia son de vaso ou de eixo central coa alturaque se adecúe aos coidados posteriores en funciónde se se van ou non realizar as tarefas con máqui-na. Non é o mesmo se a máquina ten cabina ounon, pois debemos ter alturas distintas. De todosmodos é doado facer a planificación e executar ostraballos de coidados, o castiñeiro vai pedindo apoda cando lle fai falla, se rompe unha póla haique desinfectar e selar. Temos que facer unhaobservación periódica para ver as súas necesida-des e actuar en tempo e forma, non obstante é uncultivo que nos permite gozar de tempo de ocio, ealgo que non quero esquecerme de mencionar é,que con bo terreo, planta de calidade e certos coi-dados entra en produción moito antes do que sepensa, temos referencia de soutos de 12-13 anosdando máis de 5.000 kg/ano só cun pequeno sis-tema de rego.– Como seguramente saberá, a Xunta de Galiciaestá levando a cabo un programa de loita contrao cancro americano ¿cómo valora este progra-ma? ¿considera esta doenza un importante riscoa ter en conta á hora de facer unha plantaciónde castiñeiro? ¿Que precaucións estima quedeben tomarse?O cancro é, ata o presente, a enfermidade máispreocupante para o castiñeiro europeo. Non son omáis idóneo para falar desta enfermidade peroteño o convencemento de que se están a dar

O terreo galego é bo para o cultivo da castaña, pero debe reunir unhascertas condicións.

Page 21: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 21

Entrevista

resultados nas distintas frontes, tanto no eido dainvestigación de resistencia e probas de vacina-ción con algunhas cepas hipovirulentas, como nainformación/formación en coidados dos castiñei-ros. É fundamental que todos poñamos da nosaparte e aquí o produtor ten que saber que o can-cro penetra no castiñeiro a través de feridas(podas, roturas, enxertos...) polo tanto a observa-ción, desinfección e selado de feridas son as pre-caucións a tomar con maior urxencia. A loita con-tra o cancro é unha das nosas grandes prioridadese a Xunta de Galicia, coñece ben as nosas preo-cupacións sobre o tema.– ¿Considera compatible a produción de casta-ña coa de madeira de castiñeiro?Como digo sempre, o souto é un ecosistema devarios aproveitamentos pero iso debe facerse dexeito racional. O aproveitamento de podas é com-patible pero nada máis, posto que se temos unhaparcela que en plena produción nos dá rendemen-

tos netos anuais superiores a 6.000 €/ha. ¿A quénse lle ía ocorrer cortar o castiñeiro?– A produción mixta de castaña e cogomelosparece de entrada moi interesante, ¿que opina,serviría para mellorar as posibilidades económi-cas dos soutos?Por suposto, non só para incrementar rendementosa través da venda de cogomelos senón para aumen-tar a produción de castañas e a resistencia a enfer-midades do castiñeiro, pois os fungos en simbiosecon el proporciónanlle beneficios tales como incre-mento na absorción de auga e captación denutrientes, protección de raíces ou produción devitaminas.– ¿Como ve o futuro da produción da castañaen Galicia?Son optimista posto que estamos a obter resulta-dos acordándonos do castiñeiro só no outono, paracoller castañas. Cando nos preocupemos todos devisitalo ao longo do ano para axudarlle se o precisa,isto ten que mellorar moito. ¿Non lle parece?– ¿Que lle recomendaría a unha persoa queestea pensando en facer unha plantación decastiñeiro para froito?Que se pare un momento a facer unha boa planifi-cación da plantación, con planta de calidade e ade-cuada ás características da zona. A partir de aquí aporcentaxe de éxito é altísima. Debo dicir que arendibilidade da produción de castaña é actual-mente das máis elevadas do sector primario, coengadido do tempo libre que lle deixa ao produtor •

Castiñeiro de Pombariños no souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense) cun perímetro de máis de 12 m.

A rendibilidade da produción de

castaña é actualmente das máis

elevadas do sector primario, co

engadido do tempo libre que lle

deixa ao produtor

Page 22: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

22 o monte xuño 2014

Lexislación

del, non se axusten ás súas disposicións. Resolvera-se nun prazo de quince días, excepto en masasforestais de especies incluídas no anexo I1 ou queformen parte de espazos suxeitos a algún réxime deprotección, que será de corenta e cinco días.

As masas que non formen parte de espazossuxeitos a algún réxime de protección cunha pro-porción máxima do 10% de especies do anexo I,poderán tamén ser obxecto de autorización.

No caso de autorización de aproveitamentosmadeireiros e leñosos en montes con instrumentode ordenación aprobado, o outorgamento da autori-zación suporá a exixencia da modificación do instru-mento de xestión (artigo 17.4). Non se inclúen nestaobriga as cortas extraordinarias que non estean pre-vistas no instrumento de ordenación e que corres-ponden ás baixas producidas por enfermidade,decrepitude, morte natural ou accidental dos pés,danos catastróficos, cortas de obriga execución ouvariacións do volume realmente aproveitado nasunidades de actuación planificadas.

Mentres os montes ou terreos forestais non dis-poñan do instrumento de xestión forestal obrigatorioaprobado ou se adhiran aos modelos silvícolas orien-tativos e referentes de boas prácticas, as solicitudesde autorización de corta en superficies de aproveita-mento superiores a 1 hectárea para masas con espe-cie principal incluída no anexo I ou de máis de 15hectáreas para as outras masas, deberán incluír unplan de cortas, asinado por técnico/a competente enmateria forestal. Este plan deberá ser autorizado

O 7 DE MAIO PASADO publicouse no DiarioOficial de Galicia o Decreto 50/2014, polo que seregulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos,de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes outerreos forestais de xestión privada. A súa entradaen vigor o 27 de maio supón unhas novas condi-cións á hora da realización de traballos de corta eaproveitamentos nos montes.

Aproveitamentos madeireirosNon requirirán ningunha autorización, comuni-

cación previa ou notificación: as cortas de árboresenfermas ou mortas (cortas de policía), as desmes-tas, as podas e os demais tratamentos silvícolas senaproveitamento comercial.

Necesitarán autorización: os aproveitamentosmadeireiros e leñosos e de cortiza que se produzanen montes ou terreos forestais que non dispoñan deinstrumento de ordenación ou xestión forestal apro-bado pola Administración forestal ou, dispoñendo

Regulación dos

aproveitamentosforestais

Page 23: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 23

Lexislación

pola propiedade forestal e, no caso dos montes veci-ñais en man común, precisarase o acordo da asem-blea xeral da comunidade de montes.

Necesitarán notificación: os aproveitamentosmadeireiros e leñosos e de cortiza que se produzanen montes ou terreos forestais que dispoñan de ins-trumento de ordenación ou xestión forestal aprobadopola Administración forestal e se axusten ao dispostonel. Deberase presentar como mínimo cunha sema-na (7 días) de anticipación ao inicio dos traballos.

Necesitarán comunicación: os aproveitamentosmadeireiros e leñosos que se produzan en montes outerreos forestais cuxo obxecto sexa o uso doméstico enon teñan aproveitamento comercial, aqueles enzonas afectadas por expropiación, aqueles de obriga-da execución en aplicación da lexislación vixente e,finalmente, aqueloutros en masas arbóreas onde aconsellería competente en materia de montes decla-re a existencia dunha praga ou enfermidade forestale dite as medidas e os tratamentos fitosanitarios obri-gatorios, como os aproveitamentos madeireiros eleñosos, para o control e a loita contra a praga ouenfermidade forestal. Deberase presentar cun míni-mo de un día de anticipación á súa realización.

Non poderá superar os 10 m3/anuais por persoapropietaria e excepción das comunidades de mon-tes veciñais que poderá ser de ata 150 m3/anuaisnaquelas cunha superficie inferior a 250 hectárease de ata 300 m3/anuais naquelas cunha superficieigual ou superior a 250 ha.

Tamén como novidade, no artigo 21.2, indícaseque nas cortas de obrigada execución en caso deliñas de transporte e distribución de enerxía eléc-trica, a persoa responsable deberá remitir ao tabo-leiro de edictos do concello un anuncio, con quin-ce días de anticipación ás operacións de xestión debiomasa, para os efectos de que os propietarios dosterreos poidan ter coñecemento delas e executalaspreviamente, no caso de estaren interesadas.

Neste decreto cabe destacar outros aspectos ater en conta, como son os seguintes:• Os aproveitamentos en terreos incluídos na zona

de servidume á beira dos cursos de auga2 nonrequirirán autorización por parte da Conselleríade Medio Rural, pero si se deberá solicitar aAugas de Galicia ou á Confederación Hidrográ-fica do Miño-Sil, segundo corresponda.

• Para dar cumprimento ao Regulamento (UE)995/2010 polo que se establecen as obrigas dosaxentes que comercializan madeira e produtos damadeira, establécese a obriga das persoas querealicen os aproveitamentos (entendemos que omadeireiro/rematante que realiza o aproveita-

mento ou, no seu caso, os propietarios cando cor-ten a súa propia madeira) dunha comunicaciónfinal ao remate do aproveitamento no caso de quea variación de volume sexa superior ao 15% doaprobado na autorización ou notificación.

• O prazo máximo para a realización do aprovei-tamento será de 1 ano desde a notificación daautorización ou desde que se produza o efectopositivo do silencio administrativo, con posibili-dade xustificada de prórroga.

• Existe a obriga da extracción ou trituración dabiomasa forestal residual, a excepción xustifica-da e concedida, en pendentes superiores ao30%, por elevada pedregosidade ou por motivosambientais.

• A propiedade deberá asegurar a rexeneración,natural ou artificial, despois do aproveitamentomadeireiro nun período de tempo non superiora dous anos desde a data de finalización doaproveitamento.

Aproveitamentos de pastos. O aproveitamento depastos polo gando en montes e terreos forestaisdeberá estar regulado no correspondente instru-mento de ordenación ou de xestión forestal.

No caso de montes que non conten cun instru-mento de ordenación ou xestión aprobado de con-formidade coa lexislación vixente, no caso de exis-tir aproveitamento de pastos en montes ou terreosforestais, o propietario forestal deberá comunicar áAdministración forestal o seu desexo de:

Os montes nos que se prohiba ou autorice o pasto deberáninscribirse no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

Page 24: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

24 o monte xuño 2014

Lexislación

• Prohibir o aproveitamento de pastos nunhaparte ou na totalidade dos seus montes.

• Ou autorizar, de xeito regulado, o aproveita-mento de pastos nunha parte ou na totalida-de dos seus montes.

Esta prohibición ou autorización regulada fara-se mediante a solicitude de inscrición no RexistroPúblico de Terreos Forestais de Pastoreo e recolle-rá os terreos forestais onde o pastoreo estea prohi-bido ou regulado.

Asemade o decreto recolle que, con carácterxeral, prohíbese o pastoreo en todos os montes eterreos forestais que resulten afectados por incen-dios forestais, nun prazo mínimo contado desde adata en que se produza o incendio ata o 31 dedecembro posterior á data en que se fagan dous anosdeste e ata que as adecuadas condicións de restaura-ción da masa arborada, se é o caso, o permitan.

Aproveitamentos micolóxicos. O aproveitamentomicolóxico en montes ou terreos forestais de xes-tión privada deberá estar regulado no correspon-dente instrumento de ordenación ou de xestión,validamente aprobado pola Administración forestalde conformidade coa lexislación vixente.

No caso de non contar con instrumento de orde-nación ou de xestión aprobado, a persoa propietariado monte poderá manifestar a decisión de prohibira entrada de persoas sen a súa autorización para arecolla de cogomelos na totalidade ou nunha partedo seu monte mediante o coutamento.

Para este fin deberá remitir comunicación destadecisión á xefatura territorial da consellería.

Co obxecto de que os posibles recolledores/asrecoñezan o monte ou terreo forestal afectado polarestrición en materia de aproveitamentos micolóxi-cos, as persoas propietarias destes predios deberáncoutar e sinalizar o perímetro sometido a restriciónde acceso. Para isto, empregaranse sinais claros efacilmente visibles coa seguinte inscrición enletras maiúsculas «Aproveitamento micolóxico res-trinxido. Prohibida a recolla de cogomelos senautorización da persoa propietaria ou xestora».Estes sinais deberán estar situados no recinto cou-tado e nos accesos principais ao monte •

1 Piñeiro silvestre, teixo, ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixa(Fraxinus angustifolia), castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, car-ballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia,umeiros, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo.

2 A zona de servidume de dominio público hidráulico son 5 m de anchodesde o borde da canle (cauce) do curso de auga, entendido este comoo terreo cuberto polas augas nas máximas crecidas ordinarias.

Dorna 5 B Taragoña - 15895 Rianxo (A Coruña)

Teléfono: 981 863 034- Fax 981 861 341

e-mail: [email protected] _ web: tarrioysuarez.com

excavacIones

canaLIzacIones

Pozos de barrena

rePobLacIones ForestaLes

obras de cantería

A persoa propietaria do monte é a

propietaria dos recursos forestais

que nel se producen, tanto

madeireiros como non madeireiros

e ten dereito ao seu aproveitamento

Page 25: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 25

Lexislación

O 27 DE MARZO PUBLICOUSE no Diario Ofi-cial de Galicia o Decreto 37/2014, do 27 de marzo,polo que se declaran zonas especiais de conserva-ción os lugares de importancia comunitaria deGalicia e se aproba o Plan director da Rede Natu-ra 2000 de Galicia.

Neste decreto, entre outras cousas, establécen-se as normas de xestión dos espazos protexidos enGalicia que se resumen a continuación.

Cómpre resaltar que o Plan Director contempla,a proposta da Asociación Forestal de Galicia, que aprodución de madeira nos montes xa arborizadoscon especies alóctonas ou autóctonas cultivadas,pode continuar facéndose, mantendo a mesmaespecie ou modificándoa se así o prevé o instrumen-to de ordenación e de xestión forestal aprobado.

Usos permitidos Están permitidos todos os usos e aproveitamentosforestais recollidos nos correspondentes proxectos

de ordenación, documento simple de xestión oudocumento compartido de xestión que compren-dan áreas incluídas no ámbito territorial destedecreto, que recibisen informe favorable do órganoautonómico competente en materia de conserva-ción da natureza.Tamén están permitidas aquelas actividades decarácter tradicional vinculadas coas explotaciónsforestais existentes no espazo protexido:a. A produción de madeira nos montes xa arbori-

zados con especies alóctonas ou autóctonas cul-tivadas, continuando co ciclo produtivo de rexe-neración, os coidados culturais e os aproveita-mentos, mantendo a mesma especie ou modifi-cándoa se así o prevé o instrumento de ordena-ción e de xestión forestal aprobado.

b. A recollida de follaxe, castañas, cogomelos, lan-dras e doutros pequenos froitos por parte dospropietarios dos montes para o seu propio apro-veitamento, sempre que non afecte a persisten-

Usos forestais nos espazos protexidos

segundo o Plan Director da Rede

Natura 2000 en Galicia

Plantacións de eucalipto na zona especial de conservación (ZEC) Costa Ártabra.

Page 26: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

26 o monte xuño 2014

Lexislación

cia do/s exemplar/es ou destas derive unhaperda do estado de conservación dos hábitatsde interese comunitario ou das áreas prioritariasdas especies de interese para a conservación.Non se considerará como uso permitido o apro-veitamento das especies silvestres de interesepara a conservación.

c. Os aproveitamentos de leñas nas masas arbori-zadas por parte dos propietarios, destinados aoautoconsumo e ao uso doméstico, que nonsexan obxecto de comercialización sen superaros límites de volume anual por propietario deacordo coa normativa sectorial vixente, sempreque non afecten a persistencia da masa ou des-tes derive unha perda do estado de conserva-ción dos hábitats de interese comunitario oudas áreas prioritarias das especies de interesepara a conservación.

d. Tendo en conta as características intrínsecasdos soutos e a súa condición de hábitat semina-tural de interese comunitario (9260), as activi-dades e aproveitamentos destes, entre as calesse encontran a súa esmouca periódica, rozasmanuais do sotobosque, plantación e enxertode novos individuos de Castanea sativa, trata-mentos fitosanitarios, etc., todas elas necesariaspara asegurar o mantemento temporal do ditohábitat.

e. As cortas dos tipos de bosques do anexo I daDirectiva 92/43/CEE vinculadas estritamente ásnecesidades de xestión, mantemento, restaura-ción, rexeneración e sanidade vexetal, ao abeirodo disposto no artigo 6 da Directiva 92/43/CEEe no artigo 45 da Lei 42/2007, do 13 de decem-bro, cando sexan necesarias para garantir a segu-ridade das persoas, infraestruturas, propiedadesou para asegurar a preservación dos ditos hábi-tats cando non sexa posible a rexeneración natu-ral, e conformes cos obxectivos do presente plane da propia Rede Natura 2000.

f. O mantemento das redes de faixas de xestiónde biomasa polas correspondentes persoas res-

ponsables, que se realizará nas condicións esta-blecidas no número 5, alíneas b), c), e d), e nonúmero 6, alíneas a), b), c) e d), sen prexuízo dodisposto nas especificacións técnicas relativasao mantemento das redes de faixas de xestiónde biomasa que desenvolva a consellería com-petente en materia forestal.

Precisan comunicación ao órgano inferiorcompetente en materia forestal por razón doterritorio.

As cortas de arboredo de obrigada execucióndas especies da disposición adicional terceira daLei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensacontra os incendios forestais de Galicia. O ditoórgano enviará anualmente unha relación das ditascomunicacións ao órgano inferior competente enmateria de conservación da natureza por razón doterritorio, para o seguimento da incidencia destascortas nos espazos protexidos do ámbito de aplica-ción deste decreto.

Precisan informe preceptivo do órganocompetente en materia de conservación danaturezaa. Plans de ordenación dos recursos forestais, pro-

xectos de ordenación e documentos simples dexestión ou documentos compartidos de xestiónque comprendan áreas incluídas ou lindeiras coámbito territorial do Plan Director (ZEC, ZEPAe ZEPVN e zona de especial protección para asaves da Limia).

b. Os traballos de control de pragas que afecten aunha superficie maior de 1 ha.

c. As actividades seguintes relativas aos aproveita-mentos de masas forestais na Rede Natura nonrecollidas nos correspondentes proxectos deordenación, documento simple de xestión oudocumento compartido de xestión aprobados.1. As cortas de masas forestais de especies alóc-

tonas, coníferas autóctonas e nas masas mix-tas de especies alóctonas e coníferas autócto-nas, efectuadas conforme as especificaciónsincluídas no presente plan e a normativa sec-torial vixente, de maneira que se realicengarantindo a conservación dos solos e doscompoñentes naturais e non comportenunha afección apreciable sobre tipos de hábi-tat do anexo I da Directiva 92/43/CEE, dasáreas prioritarias das especies de interesepara a conservación ou non afecten árbores emouteiras senlleiras, declaradas de conformi-dade co Decreto 67/2007, do 22 de marzo.

A produción de madeira nos montes

xa arborizados con especies

alóctonas ou autóctonas cultivadas,

pode continuar facéndose,

mantendo a mesma especie ou

modificándoa

Page 27: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 27

Lexislación

2. Nas masas forestais de frondosas de carácterautóctono e nas masas mixtas de especiesalóctonas e frondosas autóctonas poderán serautorizadas cortas selectivas atendendo a quese realicen garantindo a conservación dossolos e dos compoñentes naturais e nonsupoñan unha deterioración apreciable sobreos hábitats do anexo I da Directiva92/43/CEE e as áreas prioritarias das espe-cies de interese para a conservación, e se rea-licen de acordo coa normativa sectorial deaplicación e obxectivos do presente plan.

3. Os plans empresariais de aproveitamento dabiomasa cando definan áreas de xestión debiomasa que afecten terreos incluídos noámbito de aplicación deste plan director.

Precisan autorización preceptiva do órganocompetente en materia de conservación danaturezaa. As forestacións ou reforestacións sobre terreos

que leven rasos máis de 15 anos, de especiesautóctonas ou de especies do xénero Pinus(Pinus pinea, Pinus pinaster, Pinus sylvestris)que non supoñan unha afección apreciablesobre os hábitats do anexo I da Directiva92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias dasespecies de interese para a conservación.

b. A introdución, plantación ou sementeira deespecies exóticas que non supoñan unha afec-ción apreciable sobre os hábitats do anexo I da

Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas priori-tarias das especies de interese para a conserva-ción.

c. As reforestacións, que deberán ser levadas acabo seguindo os principios e obxectivos descri-tos na normativa xeral deste plan e que serán rea-lizadas baixo os principios de cautela ambientaldo artigo 6 da Directiva 92/43/CEE e do artigo45 da Lei 42/2007, do 13 de decembro.

d. A realización de queimas controladas ou de res-treba, sempre que non leven consigo unha afec-ción sobre o estado de conservación dos hábi-tats e das áreas prioritarias das especies de inte-rese para a conservación e se realicen conformea normativa vixente.

e. O uso de calquera tipo de biocidas ou herbici-das sobre hábitats incluídos no anexo I daDirectiva 92/43/CEE ou sobre os hábitats dasespecies de interese para a conservación ensuperficies superiores a 1 ha.

f. A fumigación con equipamentos aéreos candonon supoñan unha afección apreciable sobre oshábitats naturais nin sobre as poboacións dasespecies de interese para a conservación.

g. A recolección de especies silvestres de interesepara a conservación con fins comerciais porparte dos propietarios dos montes.

h. Os cambios de actividade, forestal a agrícola e áinversa, cando non recibisen informe favorablenun instrumento de ordenación ou xestiónforestal.

Vista xeral de Folgoso do Courel (ZEC Os Ancares - O Courel).

Page 28: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

28 o monte xuño 2014

Lexislación

i. As cortas de ribeira e as de masas arborizadasde frondosas autóctonas incluídas no ámbito deaplicación deste plan e fóra do ámbito de apli-cación da Lei 7/2012, do 28 de xuño. A conse-llería competente en materia de conservaciónda natureza regulará mediante orde o procede-mento para estas autorizacións.

j. A implantación de pasteiros e a realización derepoboacións forestais sobre superficies confor-madas por queirogais secos (4030) incluídasdentro das unidades ambientais UA310 Gran-des superficies de queirogais e UA320 Mato-gueiras e medios rochosos silíceos, ata un máxi-mo anual do 2% do tipo de hábitat no espazoprotexido. Quedan excluídos desta porcentaxeos terreos que dispoñan de instrumentos deordenación ou xestión forestal aprobados queconten con informe favorable do órgano compe-tente en materia de conservación da natureza,así como a correspondente ao mantemento dasredes de faixas de xestión de biomasa.As autorizacións estarán suxeitas ás seguintes

condicións:a. Que non se provoque unha afección apreciable

sobre os núcleos poboacionais das especies deinterese para a conservación.

b. Non se afecte os compoñentes clave da paisaxeou da xeodiversidade.

c. Non se desenvolvan en áreas ecotónicas conmatogueiras húmidas (4020*) ou orófilas(4060, 4090).

d. No tocante á implantación de pasteiros, soa-mente serán autorizables as actuacións inferio-res a 10 ha por solicitude, cunha pendente infe-rior ao 30%. As autorizacións para os pasteirosde máis de 10 ha sobre queirogais secos (4030)realizaranse conforme o establecido no artigo6.3 da Directiva 92/43/CEE e no artigo 45.4 daLei 42/2007, do 28 de xuño, así como na nor-mativa establecida no presente plan.

e. Con respecto ás repoboacións forestais, estasserán autorizables ata un máximo de 10 ha poractuación. As autorizacións para as repoboa-cións forestais de máis de 10 ha sobre queiro-gais secos (4030) realizaranse conforme o esta-blecido no artigo 6.3 da Directiva 92/43/CEE eno artigo 45.4 da Lei 42/2007, do 28 de xuño,así como na normativa establecida no presenteplan.

f. Co fin de favorecer a rexeneración natural,poderase exixir o mantemento da matogueiranunha faixa perimetral á actuación. Na implan-tación de pasteiros poderase exixir o establece-mento de franxas de descontinuidade evitandoactuacións lindeiras, de modo que se favoreza arexeneración da matogueira.

g. Ao longo dun sexenio a superficie total ocupa-da por queirogais secos (4030) en cada ZECnon poderá verse reducida nunha porcentaxesuperior ao 5 %.

Queirogais húmidos. Considéranse autorizablesOs usos e as actividades seguintes sobre os

queirogais húmidos (4020*) incluídos dentro daunidade ambiental UA270 Matogueiras húmidascontinentais, que non supoñan a desaparición oudiminución da superficie ocupada polo tipo dehábitat, tales como rozas manuais, pastoreo, quei-mas controladas e cortas que non afecten os perfísdo solo, non provoquen a arrinca das plantas e nonsexan seguidos por tratamentos posteriores (enca-lado, fertilización, subsolado, plantación, semen-teira, etc.) que comporten a transformación do tipode hábitat.

As autorizacións estarán suxeitas ás seguintescondicións:• A área de cada unha das actuacións non supe-

rará as 10 ha por solicitude e non se actuará namesma superficie durante un período mínimode 5 anos.

• No caso de precisar do emprego de maquinaria,prestarase especial atención a que non se pro-voque a compactación, erosión ou perda daestrutura do solo. Para tal finalidade, soamente

Zona especial de conservación (ZEC) Serra do Cando.

Page 29: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 29

Lexislación

se poderán empregar máquinas portátiles oupequenos tractores de rodas coa potencia míni-ma que permita acoplar apeiros mecánicoslixeiros que practiquen cortes sen arranque.

• Non se afectarán de forma apreciable os núcle-os poboacionais das especies de interese para aconservación.

• As actuacións respectarán as áreas ecotónicascon hábitats turfófilos (7110*, 7130*, 7140,7150, 91D0*).

• Co fin de favorecer a rexeneración natural,poderase exixir o mantemento da matogueiranunha franxa perimetral á actuación.O órgano competente en materia de conserva-

ción da natureza soamente autorizará a realizacióndeste tipo de actuacións ata un máximo anual do2% do tipo de hábitat no ámbito do espazo prote-xido no ámbito de aplicación deste decreto. (...)Non se computarán nesta porcentaxe as superfi-cies autorizadas nos proxectos de ordenación,

documento simple de xestión ou documento com-partido de xestión aprobados, nin a corresponden-te ao mantemento das redes de faixas de xestiónde biomasa.

Precisan de proxecto sometido a avaliación deimpacto ambiental• As actuacións de subsolado, sangrado e rozas

mecánicas sobre os hábitats lacunares (1150*,3110, 3120, 3130, 3140, 3150, 3160, 7210*),marismas (1140, 1310, 1320, 1330, 1420,7210*), turbeiras (7110*, 7130*, 7140, 7150,7230, 91D0*, 6230*) ou corredores fluviais(3260, 3270, 6430, 91E0*, 91F0, 92A0).

• A realización de actuacións que comporten aremoción dos perfís do solo, a arrinca dasplantas ou supoñan a transformación (subsola-dos, sangrados, rozas mecanizadas con maqui-naria pesada, etc.) dos queirogais húmidos(4020*).

Usos prohibidos1. As cortas a feito ou a matarrasa sobre forma-

cións arborizadas naturais e, especialmente,sobre aquelas incluídas dentro do anexo I daDirectiva 92/43/CEE.

2. O depósito de materiais sobrantes de cortas ououtros aproveitamentos forestais sobre hábitatsdo anexo I da Directiva 92/43/CEE ou áreasprioritarias de especies de interese para a con-servación •

Quedan prohibidas as cortas a feito

ou a matarrasa sobre formacións

arborizadas naturais e o depósito de

restos de cortas sobre hábitats

protexidos

Page 30: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

30 o monte xuño 2014

Certificación

A CERTIFICACIÓN EN GALICIA estase a impo-ñer de xeito definitivo. O mercado require que amadeira que saia ao mesmo vaia con tódalas garantí-as necesarias que aseguren que proceden de montesxestionados de xeito sostible. Os dous certificadosmáis importantes do mundo (PEFC e FSC) estánavanzando de xeito constante no monte galego. Osegundo con certo retraso debido a que ata hai poucoera practicamente inviable certificar baixo ese están-dar por resultar demasiado caro. Esa madeira certifi-cada é recoñecida no mercado e, polo tanto, dágarantías ao consumidor final (aquel que merca opapel, o moble, o cartón...) de que esas cortas nonproducen deforestación e non teñen unha repercu-sión negativa no entorno senón que todo o contrario,contribúen a dar valor ao noso entorno rural. Pero atachegar ao momento actual, o camiño foi longo.

Unha aposta dende o primeiro momento. Entreos anos 2002 e 2003 a Asociación Forestal de Gali-

cia agrupa a expertos de diferentes áreas para ela-borar un diagnóstico do monte galego segundo oscriterios de xestión forestal sostible. Este diagnós-tico (publicado posteriormente) pretendía ser unhaguía para a entrada definitiva dos sistemas de cer-tificación forestal en Galicia xa que o retraso naimplantación de ditos sistemas provocaba que amadeira galega non puidese competir en igualdadede condicións con outras madeiras de terceirospaíses con traxectorias máis avanzadas nos proce-sos de certificación.

Con ese obxectivo, en 2003 a AFG convértesenun dos socios fundadores da Asociación GalegaPromotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia,e, a finais de 2004, participa na fundación da Enti-dad Gallega Solicitante de Certificación ForestalRegional PEFC.

Pese a eses pasos iniciais, chegouse ao ano2010 sen que Galicia puidese contar con grupos decertificación que permitisen a entrada dos propie-tarios forestais que quixesen ter os seus montescertificados. Por ese motivo, a AFG crea nesemesmo ano o grupo SELGA XESTIÓN FORES-TAL SOSTIBLE como unha ferramenta para per-mitir un acercamento dos procesos certificadoresaos seus socios. Para iso, e durante os primeirosmeses dese ano, trabállase arreo na configuracióndun Procedemento de Control que resulte operati-vo e práctico.

Creación da Unidade de Certificación de GrupoPEFC. En xullo de 2010 conséguese crear a Unida-de de Certificación de Grupo PEFC, formada, ini-cialmente, por quince montes veciñais que abarca-ban unha superficie de 7.002,90 ha e, en setembrode ese mesmo ano, concédeselle a SELGA XES-TIÓN FORESTAL SOSTIBLE o Certificado deXestión Forestal nº PEFC/14-22-00007. Dende esemomento ata a actualidade, a Unidade de Certifica-ción de Grupo PEFC sufriu un importante impulsoque logrou que se alcanzasen case 16.000 ha certi-ficadas distribuídas entre os máis de 2.000 montesque, en maio de 2014, figuran adscritos a ela.

Nestes catro anos de existencia do Grupo, acá-danse os principais obxectivos marcados nomomento de creación do mesmo, entre os que des-tacan:• Ofrecer aos socios da Asociación Forestal de

Galicia un servizo de certificación económico epráctico á vez que axustado á realidade domonte galego.

• Elaborar sistemas sinxelos que reducen acomplexidade de xestión dun monte certifica-

A certificaciónforestal

Daniel Rodríguez CebreiroSecretario técnico XFS Selga

Page 31: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 31

Certificación

do, tendo en conta as características dos pro-pietarios forestais en Galicia (tanto montesveciñais como propietarios de pequenas par-celas forestais).

• Elaborar documentos conxuntos que permitiseque moitos dos indicadores de xestión forestaltivesen a súa resposta nese documento e, de esexeito, simplificar os documentos cos que debentraballar os propietarios das pequenas parcelasforestais.No tocante aos montes de máis de 25 ha, que

xa contaban con documentos de planificaciónelaborados e, en moitos casos, montes ordenadosdende había máis de 10 anos, acadouse unhaintegración do servizo de xestión, planificación ecertificación. Esa integración permitiu que os tra-ballos de coordinación anual e os plans anuais deaproveitamentos e melloras elaborados ao efectonon só serviran para unha adecuada xestión domonte senón que, con eles, se puidese responderde forma correcta á maior parte dos indicadoresestablecidos na norma PEFC e dese xeito, mino-rar os custos que teñen que soportar os xestoresdos montes para poder acceder aos procesos decertificación.

Creación da Unidade de Certificación de GrupoFSC. Nun mercado globalizado como o da madei-ra, sobre todo no caso de madeira para produciónde pasta de celulosa, adecuarse a este mercado

convértese en vital de cara a ter un sector forte edinámico nunha determinada zona xeográfica.Isto motivou a Selga a iniciar o proceso paracrear unha Unidade de Certificación de GrupoFSC ao evidenciar o crecente interese polamadeira procedente de montes cunha xestiónforestal certificada baixo ese estándar. Interesederivado, sobre todo, da escasa superficie fores-tal certificada en Galicia.

Con este obxecto, ao longo do ano 2013, tra-touse de adecuar e complementar o Procede-mento de Control do Grupo para que puideseresponder tanto á Norma PEFC como aos Están-dares FSC de xeito que, montes integrados naUnidade de Certificación de Grupo FSC, taméno puidesen estar na de PEFC sen un custo adi-cional, por ser compartidos a meirande parte dosprocesos de control.

Entre agosto e outubro dese ano créase a Uni-dade de Certificación de Grupo FSC formada, ini-cialmente, por seis montes veciñais da provinciade Pontevedra cunha superficie total de 1.672,37ha. A finais do mes de outubro lévase a cabo aauditoría inicial, recibindo no mes de decembro ocertificado número SCS-FM/COC-004741 porparte de SCS Global Service. Na actualidade(maio de 2014) a Unidade de Certificación deGrupo FSC de Selga conta con 375 montes certi-ficados que abranguen unha superficie de2.852,37 ha •

Evolución da superficie incluída na Unidade deCertificación de Grupo PEFC por provincia (en ha)

12.000

10.000

8.000

6.000

4.000

2.000

0

-2.000A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Asturias

2010 2011 2012 2013 20142010 2011 2012 2013 2014

0

500

1000

1500

2000

2500

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Asturias

Evolución da superficie incluída na Unidade deCertificación de Grupo FSC por provincia (en ha)

12.000

10.000

8.000

6.000

4.000

2.000

0

-2.000A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Asturias

2010 2011 2012 2013 20142010 2011 2012 2013 2014

0

500

1000

1500

2000

2500

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Asturias

Page 32: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

32 o monte xuño 2014

Asemblea

A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIAcelebrou o sábado 17 de maio no Auditorio Muni-cipal de O Rosal a súa XXVIII Asemblea Xeralanual, á que acudiron propietarios de montes erepresentantes de comunidades de montes veci-ñais en man común de toda Galicia. O acto deapertura foi presidido polo alcalde do Rosal, JesúsFernández Portela.

Ademais de aprobar o informe económico e oinforme de actividades do ano 2013, a asembleaanalizou en profundidade varios temas de grancalado na silvicultura galega actual: a política decontrol dos incendios forestais, as normativas queestán a provocar graves distorsións e problemas naactividade forestal, o mercado da madeira e o des-envolvemento da biomasa con fins térmicos.

A situación dos incendios forestais. Presentouse oInforme sobre a situación dos incendios forestais queacaba de editar a AFG e no que se fai o diagnóstico

do problema desde a perspectiva dos propietariosforestais galegos. Os silvicultores galegos quereniniciar un debate aberto para elaborar unha políticacompartida polos principais axentes do sector e asinstitucións involucradas e apoiada pola sociedadegalega. No informe formúlanse propostas de mello-ra encamiñadas a diminuír o risco de incendiosforestais e a facer máis eficientes os recursos dedi-cados ao control dos incendios forestais.

Regulamentos que están a provocar graves distor-sións e problemas na actividade forestal. O exce-so de normativas que afectan directa ou indirecta-mente aos montes está a colmar a paciencia dos pro-pietarios forestais. A AFG Constatou que nos últi-mos anos incrementáronse de forma notable asdenuncias por infraccións en todo tipo de montespor parte dos axentes da autoridade (policía autonó-mica, Seprona-Garda Civil, axentes ambientais eaxentes forestais). Moitas destas denuncias son dis-

XXVIII Asemblea Xeral da Asociación Forestal de GaliciaO Rosal, 17 de maio de 2014

Page 33: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 33

Asemblea

cutibles, pero principalmente obedecen a unhalexislación excesiva, intervencionista e descoñece-dora da realidade forestal que parece considerar aospropietarios como delincuentes.

O Plan Director da Rede Natura, a normativado solo, a do gando mostrenco, ordenanzas muni-cipais sobre camiños forestais e o regulamento deaugas, son algunhas das normativas que inclúenartigos prexudiciais para actividade forestal. Poristo, a AFG vai iniciar unha campaña para tratar demodificar e flexibilizar normativas e procedemen-tos e nesta asemblea aprobouse unha resoluciónsobre este tema.

O mercado da madeira. O mercado da madeirapresenta un escenario moi negativo. Os prezos dopiñeiro para serra e puntal seguen baixos e come-za a haber dificultades para as vendas de madeiradelgada, especialmente a procedente de claras erareos.

O eucalipto baixa fortemente de prezo -baixadade 3,5 €/t por parte de Ence, Celbi e Portucel- ehai unha paralización das cortas de madeira.

A biomasa forestal para fins térmicos. A utiliza-ción enerxética da biomasa forestal primaria éunha actividade estratéxica para sacar ao monte dagrave crise que atravesa.

A asemblea recibiu con moita satisfacción unhaboa noticia: a Xunta de Galicia ven de publicarunha resolución para solicitar axudas as instala-cións de biomasa para fins térmicos dirixidas avivendas, empresas e instalacións no medio rural.O montante das axudas é de 9,3 millóns de eurose poden chegar o 75% do investimento que se fagaen caldeiras, silos e novos e equipamentos paracalefacción e auga quente.

A AFG comparte esta estratexia e parécenos queesta liña de axudas vai a dar un forte impulso aosector e fará que a demanda de madeira para a pro-dución de biocombustibles forestais comece a tirar.

Programa de actos. Pola tarde, os socios fixeronunha visita ao monte veciñal en man común deSanta Mariña do Rosal en solidariedade coaComunidade de montes no seu proceso de restau-ración do monte despois do terrible incendio queno verán pasado arrasou máis de 800 ha. A xorna-da rematou cunha degustación de viño do Rosalofrecida pola bodega Terras Gauda que dispón deviñedos neste monte veciñal •

Resolucións aprobadas polaXXVIII Asemblea da

Asociación Forestal de Galicia

Proposta de Resolución nº 1/2014Iniciar, a ser posible coa colaboración e apoio dasorganizacións de propietarios forestais de Galicia,un labor de presión institucional para modificar re-gulamentos que están a provocar graves atrancosna actividade forestal.

Proposta de Resolución nº 2/2014Instar á Xunta de Galicia e ás autoridades compe-tentes do país o inicio do proceso de revisión da leide montes veciñais en man común no marco dunproceso participativo. Presentar iniciativas acorda-das cos representantes das comunidades de mon-tes para mellorar a situación das comunidadesque teñen convenios ou consorcios no proceso decambio destes acordos aos novos contratos dexestión.

Proposta de Resolución nº 3/2014Abrir o debate sobre a mellora da loita contra os in-cendios forestais, presentando ás autoridadescompetentes, aos partidos políticos e á sociedadegalega as propostas definidas no informe da AFGsobre a situación dos incendios forestais.

Isaac González, presidente da Comunidade de Montes de SantaMariña do Rosal (no centro) dirixiu a visita que os participantes naasemblea fixeron aos montes da comunidade.

Page 34: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

34 o monte xuño 2014

Silvicultura

Braulio Molina Martínez e Cristina Verde Figueiras

A época de plantación.A mellor época de plantaciónpara plantas a raíz núa é desde mediados de decem-bro ata finais de marzo. Convén que sexa un mesantes do agromado das follas. No caso de plantasen contedor pódense instalar desde outubro atamediados de abril. Dependendo da dispoñibilidadede auga no solo, os piñeiros e eucaliptos en contedorpódense plantar ata ben entrada a primavera.

Canto ás sementeiras convén facelas ao inicioda primavera, o ideal sería facelas xusto nomomento antes de que comecen a xermolar e cotratamento previo físico e/ou químico axeitadopara que xermolen rápido e os animais non teñantempo de comer a semente. O momento vaidepender do sitio, do clima e do lugar onde se vaiafacer a sementeira.

A plantación. Á hora de plantar cómpre ter enconta que a planta debe enterrarse xusto ata ocolo da raíz, xa que se se enterra o talo provócan-se podremias, inda que no momento da planta-ción convén que queden 2 ou 3 cm máis de terra

A plantación

A terra debe quedar ben compactada, sen deixar ocos de aire. Plantanova de piñeiro de Oregón. A planta débese enterrar ata o colo da raíz.

que se fundirán cando se compacte a terra coachuvia.

A planta deberá dispoñerse no burato ou nosuco do subsolado dereita e coas raíces ben estira-das, sen enrolamentos, é aconsellable que se seemprega planta a raíz a núa, se lle corten un poucoas raíces antes de plantala (repicar).

Cómpre deixar a terra ben compactada, pisan-do forte ao redor da planta. Non se poden deixar

Page 35: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 35

Silvicultura

ocos de aire ao redor da raíz por dúas razóns: paraevitar que se seque moito a terra ao redor da raíz epara favorecer o fluxo e a absorción de auga porcapilaridade1.

O marco de plantación. Cando se fai unhaplantación forestal cómpre ter claro cal é oobxectivo de produción e máis a dispoñibilidadedo propietario para levar a cabo as tarefas de sil-vicultura.

Dependendo da finalidade da plantación, aposibilidade de mecanización e o estilo de silvicul-tura, empregaremos un marco ou outro, se sequere producir castiñeiro para a produción demadeira hai que plantar a un marco de entre 400 e600 pés por hectárea, mentres que, se o obxectivoé a produción de castaña haberá que plantar de 70a 100 pés por hectárea, ou incluso, dependendo dacalidade do solo, a 50 ou 160 plantas por hectárea.

Se o propietario non ten interese en investir enpodas anuais, ten que procurar plantar a un marcoestreito para dificultar a tendencia á ramosidadeda maior parte das especies forestais. Pola contra,se se prefire gastar pouco en planta e investir máisen poda, poderá optar por marcos de plantaciónmáis amplos.

Como regra xeral poderíase indicar que cantomellor é a planta, con garantía de procedencia,canto máis mellorada xeneticamente e cantomellor sexa o sitio onde imos facer a plantación,máis grande podería ser o espazamento, xa que

temos unha certa garantía de éxito da repoboacióndesde o inicio e aforraríase unha cantidade de car-tos importante en planta.

Asemade hai que ter en conta que calquera dosmarcos que se elixan terán que permitir a mecani-zación dos traballos forestais, polo tanto isto esixedeixar un espazamento de polo menos 3,5 m paraque poida moverse un tractor polo medio sen danaras plantas.

Densidade de plantacións para a produción demadeira. As densidades de plantación máis habi-tuais en Galicia para a produción de madeira defrondosas son de 600 a 900 plantas por hectárea.Excepto casos puntuais como pode ser a noguei-ra que cómpre plantala a densidade final (entre70 e 100 plantas por hectárea) debido aos proble-mas sanitarios que ocasiona a podremia dos tocosno terreo e os chopos que se adoitan plantar aunha densidade de 200 a 400 plantas por hectá-rea para evitar a inclinación de fustes na procurade luz.

O piñeiro do país e o insigne adóitase plantar amarcos de 800 a 1.100 plantas por hectárea e opiñeiro de Oregón a 600-800 plantas por hectárea.

Protección contra fauna. En zonas onde estea pre-sente o corzo ou outros animais que danen as plan-tas será preciso proceder á súa protección contubos protectores, mallas cinexéticas, pastoreseléctricos, etc.

Danos producidos polo corzo nunha plantación de carballoamericano.

Planta de nogueira americana sen vexetación de competencia nunradio de 20 cm.

Page 36: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

36 o monte xuño 2014

Silvicultura

Nos primeiros anos dunha repoboación forestalcómpre levar a cabo, cando menos, tres traballossilvícolas fundamentais:• O control da vexetación de competencia.• A reposición de fallos.• A poda de formación en plantacións de frondo-

sas caducifolias.

O control da vexetación de competencia. As plan-tacións novas, especialmente as de frondosas, sonmoi sensibles nos seus primeiros anos á vexetaciónde competencia, por iso cómpre planificar variasrozas (ben manuais ou ben mecanizadas) para evi-tar que a planta nova teña competencia polosnutrientes. Tamén se pode axudar a controlar pormedios químicos con tratamentos por medio defitocidas.

Se os traballos se fan de forma mecanizada oumanual, cómpre ter moito coidado en non danaras plantas para non depreciar a madeira. Se se

emprega fitocida (sempre autorizado e que nonsexa residual) hai que ter moito coidado en nonasperxer a planta e de escoller a época axeitada.

A reposición de fallos. É habitual que nos primei-ros tres anos haxa que repoñer plantas que nonforon arriba por diferentes motivos. A comezos deano cómpre facer unha revisión e replantar as plan-tas mortas.

Podas de formación. No caso das plantacións defrondosas caducifolias é preciso iniciar desde o prin-cipio a poda de formación para manter a guía princi-pal única, dereita e vigorosa. Cómpre lembrar queunha boa poda é fundamental para obter madeira decalidade (véxase O Monte nº 52) •

1 Fenómeno segundo o cal a superficie dun líquido en contacto cun

sólido ascende ou descende debido á forza que resulta das atrac-

cións entre as moléculas do líquido e as deste coas do sólido.

Plantación de castiñeiro coas plantas protexidas con pastor eléctricoe tubos protectores.

Danos ocasionados por maquinaria no pé dunha planta de piñeiro insigne.Este tipo de danos cómpre evitalos porque desvalorizan a madeira.

Page 37: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 37

Novidades bibliográficas

Edita: Organización das Nacións Unidas paraa Agricultura e a AlimentaciónAutor: Donald J. MeadAno: 2013

A FAO presenta unha ampla actualización docoñecemento sobre o piñeiro insigne cunparticular énfase en Australia, Chile, NovaZelandia, Sudáfrica e España. Estapublicación cubre moitos aspectos daespecie pero céntrase sobre todo nosprincipios e prácticas de cultivo sostible dopiñeiro insigne. Tamén trata sobre os retosemerxentes para a xestión forestal daplantación, tales como os efectos do cambioclimático, as novas enfermidades e sobrecomo xestionar plantacións de forma que seadapten ás necesidades cambiantes doproduto e ás demandas da sociedade.

Sustainablemanagement of

Pinus radiataplantations

Edita: Xunta de Galicia, INIA e outrosAutores: José A. Vega, Teresa Fontúrbel,Cristina Fernández, Antonio Arellano eoutros Ano: 2013

Esta publicación foi elaborada ao abeiro doproxecto “Rehabilitación e restauración post-incendio: efectos na recuperación davexetación, a súa inflamabilidade e calidadedo solo” do Instituto Nacional deInvestigación y Tecnología Agraria yAlimentaria (INIA).Nela dase unha visión global dos riscoserosivos e hidrolóxicos despois dun incendioe os condicionantes da planificación deactuacións urxentes de recuperación.Ademais trata amplamente sobre os pasos aseguir para acadar unha boa planificación deestabilización de emerxencia no solo tras unincendio forestal en Galicia.

Acciones urgentescontra la erosión

en áreas forestalesquemadas. Guía

para suplanificación en

Galicia

Edita: Instituto Europeo do Bosque Cultivado(IEBC)Ano: 2014

O IEBC ven de facer unha actualización da“Guía de pragas e enfermidades forestais dosur de Europa” que editara no ano 2002xunto cos socios do proxecto europeoEurosilvasur, entre os que figuraba a AFG.Son 89 fichas ilustradas (ata o momento sóen inglés) onde se indica a informaciónbásica sobre bioloxía, síntomas, danos emétodos de loita contra os principais insectosdestrutores e fungos patóxenos de piñeiros,carballos, castiñeiros, eucaliptos e chopos.Inclúe unha sección na que se indican osefectos esperados do cambio climático sobrea evolución dos danos provocados porpragas e enfermidades.Pódese consultar esta nova versión da guíana seguinte páxina web:http://www.efiatlantic.efi.int/portal/databases/pests_and_diseases

Guía de plagas yenfermedades

forestales del surde Europa

(actualizada)

Edita: Asociación Forestal de GaliciaAno: 2014

Este informe expón unha análise dosúltimos vinte e cinco anos do problema dosincendios forestais en Galicia. Preséntaseun percorrido polos feitos políticos máisdeterminantes deste período, recolle unhaserie de reflexións desde a perspectiva dospropietarios forestais sobre os principaisaspectos que inciden na situación actualdos incendios forestais en Galicia erealízanse propostas de mellora dirixidas adiminuír o risco de incendios forestais e afacer máis eficientes os recursos dedicadosao seu control.Este documento está dispoñible na páxinaweb da AFG.

O problema actualdos incendiosforestais en

Galicia

Edita: Xunta de GaliciaAno: 2012

A Xunta de Galicia realizou unha ediciónimpresa nun formato manexable do texto daLei de montes de Galicia publicada no DOGAen agosto de 2012.Esta normativa ten por obxecto regular, entreoutros temas, os principios da políticaforestal, a clasificación dos montes, aplanificación e ordenación forestal, osaproveitamentos e as infraestruturasforestais, a cadea monte-industria, aeducación e divulgación do sector forestal eos recursos xenéticos forestais.A versión dixital está dispoñible na web daConsellería do Medio Rural e do Mar.

Lei 7/2012, do 28 de xuño, demontes de Galicia

Edita: Xunta de GaliciaAutores: Josefa Fernández López, Mª PilarFurones Pérez, Javier Fernández Cruz e Bea-triz Míguez SotoAno: 2013

Este libro recolle os resultados do proxectoFEADER “Cambio da estrutura varietal dossoutos”(2010-2013) desenvolvido no Centrode Investigación Forestal de Lourizán comoentidade colaboradora do Consello ReguladorIXP Castaña de Galicia. O proxecto tivo comofinalidade mellorar o coñecemento sobre asvariedades consideradas de maior interesepara diferentes usos: Amarelante, Famosa,Garrida, Longal, Negral, De Parede e Ventura.Preséntase a caracterización fenotípica decada unha das variedades e abórdase aidentificación varietal, a selección dospolinizadores ou a eficiencia da polinizacióndos soutos, determinantes para a creaciónde soutos novos.

Variedades para ossoutos novos

Page 38: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

38 o monte xuño 2014

Noticias breves

Jean-Louis Martres, guía e voz dos silvicultores do sur de Europa

O pasado ano faleceu en Aquitania Jean-Louis Martres. Catedrá-tico de Dereito Internacional pola Universidade de Burdeos, presidiudurante máis de 20 anos a Unión de Silvicultores do Sur de Europa,ao mesmo tempo que dirixía o Sindicato de Silvicultores de Aquita-nia, unha das máis antigas organizacións de propietarios forestais deEuropa. A súa inmensa cultura, o seu coñecemento dos problemasforestais e das políticas europeas e o seu sentido universalista da fo-resta, dotaron aos silvicultores do sur de Europa de identidade, con-tribuíndo a establecer un discurso específico e una lóxica de acciónsobre a política forestal que perdurarán no tempo.

Idea central no seu discurso e clave de interpretación da súaacción como líder forestal é a necesidade ineludible de conformaractores corporativos cunha clara identidade institucional. Este ob-xectivo programático permitiulle poñer en pé -no medio da difusanube de silvicultores illados do Sur Atlántico de Europa- unha sor-prendente rede organizativa, que lles permitiu chegar a ter unha vozpropia como detentadores do recurso forestal. O primeiro paso foi unapoio xeneroso ao nacemento e consolidación das asociacións fo-restais de silvicultores no norte de España e particularmente en Ga-licia e en Portugal.

Dado que o entorno determinante da política forestal é cada vezmáis a UE, promoveu a creación da Unión de Silvicultores do Sur deEuropa como representante e actor institucional do macizo forestalmáis produtivo do bosque cultivado da UE. A razón deste bosquetransnacional responde á propia lóxica das árbores que, como subli-ñaba o profesor Martres, ignoran as fronteiras. Coma os paxaros quefan os seus niños nas árbores sen ter en conta a súa nacionalidade,os silvicultores temos tamén que mirar por enriba das pechadasclausuras políticas. Seguindo esta inspiración, a USSE converteuseaxiña nun actor corporativo acreditado en Bruxelas, o que nos deuacceso a un bo número de proxectos europeos (Compostela Bos-ques, Eurosilvasur…) e a posibilidade de introducir importantes pro-postas de mellora institucional, entre as que resulta obrigado resal-tar a primeira sobre a harmonización fiscal. Neste contexto un ter-ceiro paso foi a elaboración do proxecto europeo de master forestalentre Francia, Galicia e Portugal e a creación do Instituto Europeodo Bosque Cultivado, como primeira sección rexional do IEBC.

Dun xeito especial é preciso subliñar a estreita colaboración en-tre a Asociación Forestal de Galicia e Jean-Louis Martres, queapoiou todas a nosas propostas e que puidemos dispoñer da súapropia casa como centro de importantes negociacións institucionais.A súa lucidez intelectual, capacidade de decisión e coraxe, unidos a unha xenerosidade sincera, permitíronnos recorrer moitas etapasnun tempo curto. A AFG quixo recoñecer esta débeda impoñéndolle unha das primeiras medallas de ouro no ano 1996.

O seu liderado durante máis de 20 anos marcou o devir da política forestal do sur de Europa, o seu traballo e a súa herdanza in-telectual constitúen unha referencia inestimable no ámbito forestal.

Nunha UE, que dubida de sí mesma e con líderes demasiado pechados nas súas vellas fronteiras, lembramos con orgullo e gra-titude a memoria do profesor e amigo Jean-Louis Martres. O seu exemplo e o seu recordo permanecerán sempre connosco.

Jean-Louis Martres en 2001 en Pontevedra.

Jean-Louis Martres á esquerda, con Fernando Molina, na reunión deconstitución da Unión de Selvicultores do Sur de Europa (USSE) enBurdeos en 1989.

Page 39: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 39

Noticias breves

Actividades doproxecto RedFor enGalicia

RedFor é un proxecto cofinanciadopolo Ministerio de Agricultura, Alimen-tación e Medio Ambiente e o FEADERque desenvolve a Confederación de Or-ganizacións de Selvicultores de España(COSE). O seu obxectivo é identificarmodelos forestais exitosos, copialos ereplicalos en zonas rurais desfavoreci-das, valorizando materias primas e cre-ando postos de traballo.

Ao longo dos catro anos de dura-ción do proxecto RedFor están progra-madas numerosas actividades que pre-tenden abordar a xestión forestal e a co-mercialización de produtos do monte.

Ao abeiro deste proxecto progra-máronse en Galicia dúas actividades: Un curso de silvicultura de frondo-

sas para a produción de madeirade alto valor que terá lugar en Me-lide os días 13 e 14 de xuño.

Un seminario taller de certificaciónforestal, cadea de custodia e rastre-xabilidade de plantacións forestaisen Abadín o 25 e 26 de setembro.

Reunión do Consello Forestal

O 27 de maio de 2014 celebrouse unha reunión do Consello Forestal de Galicia naque se presentou o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Gali-cia (PLADIGA) correspondente á campaña do ano 2014. Do que pode destacarse quese manteñen os mesmos obxectivos xerais do ano anterior e introdúcense algunhas no-vidades en obxectivos específicos como as investigacións pormenorizadas nas 79 parro-quias máis conflitivas de Galicia, o fomento da educación en escolas e a inspección deoficio do estado das redes de protección nas zonas afectadas polos incendios forestaispara comprobar a incidencia ou prexuízos que puideran deparar no caso de non estardebidamente atendidas polos titulares responsables.

Na mesma xuntanza tamén se informou sobre os traballos de seguimento do con-trol de pragas forestais que se van realizar ao longo do ano 2014, e que se centrarán nocontrol do goniptero do eucalipto e do cancro do castiñeiro. Contra o goniptero empré-gase o sistema loita biolóxica coa distribución de 360.000 bolsas coas ootecas do seuparasito Anaphes, abranguendo unhas 59.400 ha. As bolsas foron financiadas pola Xun-ta de Galicia e por Aspapel. No caso do cancro do castiñeiro o sistema de loita é taménbiolóxico mediante a inoculación de cepas hipovirulentas en 20.000 pés enfermos coque se considera tratada unha superficie de 1.900 ha situada principalmente na zonasur da provincia de Lugo e o leste da de Ourense

Ademais abordouse o compromiso de constitución dun grupo de traballo cara aelaboración das directrices da revisión do Plan Forestal de Galicia. O Secretario xeral pro-puxo a constitución dun grupo formado por unhas 10-12 persoas, non máis para unhamaior operatividade, escollidas polos membros do Consello e que estivera coordinadopor un representante da Administración. Acordouse que nun prazo de 15 días os mem-bros do Consello propuxeran candidatos para formar parte do mesmo.

Na xuntanza varias organizacións de propietarios amosaron o seu descontento polafalta información e participación na elaboración do Plan de Desenvolvemento Rural2014-2020 que canalizará as axudas públicas do sector forestal nos vindeiros anos.

Gerardo / JuanTel.: 986 349 145

Móvil: 649 970 053 / 649 970 052Salceda de Caselas | Pontevedra

LIMPIEZA DE MONTESSUBSOLADO | RAREO | PODA

PLANTACIÓN FORESTAL

DesbrocesROCHA

• Servicios forestales • Proyectos

• Plantación • Servicios de tractor

• Limpieza de fincas

Teléfono 986 633 788 _ Móvil 609 809 067

TABORDA _ TOMIÑO

Miguel González

DESBROCES CASELAS, S.L.

Page 40: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

40 o monte xuño 2014

Noticias breves

Nueva ley de cazaEl 8 de enero se publicó la nueva ley de caza de Galicia (Ley 13/2013, del 23 de

diciembre), que viene a sustituir a la no tan antigua ley de 1997. Según la exposiciónde motivos de la ley, esta nueva redacción ha sido necesaria por la “acelerada” trans-formación que se ha producido en el paisaje agrario en los últimos años, modificándo-se los hábitats y con ellos, las poblaciones de algunas especies. El aumento de jabalís,corzos… está convirtiendo la actividad cinegética en una función social y ambiental,además de deportiva y lúdica. Debe recordarse que la superficie cinegética de Galiciacomprende más del 80% del territorio, existiendo 454 TECORES (terrenos cinegética-mente ordenados) y 25 explotaciones cinegéticas comerciales.

Las superficies mínimas de los terrenos de caza no varían y la acreditación necesaria de la cesión de los derechos cinegéticostampoco. Para constituir un TECOR local o societario (superficie mínima 2.000 ha), el promotor tiene que acreditar documental-mente la titularidad de al menos un 75% de la superficie. Se presumirá la cesión de la titularidad del resto de la superficie solici-tada mientras los propietarios no manifiesten expresamente por escrito su negativa a integrarse. Sin embargo si se trata de un TE-COR individual es necesario acreditar el 100% de la superficie. El trámite de información pública, en el cual los propietarios po-drán efectuar las alegaciones que consideren pertinentes, será de dos meses. El problema para los afectados radica en cómo en-terarse de la información pública, pues son notorias las pocas facilidades de acceso a esta información.

Sí cambia la duración de la cesión de los derechos cinegéticos, que se amplía a un mínimo de 10 años y máximo de 25 años.Al cabo del período de cesión de los derechos cinegéticos, si no se presenta reclamación para recuperar la titularidad, la cesión seentenderá prorrogada de forma indefinida. A este clamoroso trato de favor a los cazadores, en perjuicio de los propietarios de mon-tes, contesta la Administración que en cualquier momento el propietario podrá segregar sus terrenos del TECOR mediante el “pro-cedimiento que reglamentariamente se establezca” (muchos flecos quedan pendientes para el desarrollo reglamentario de esta ley).

La responsabilidad de advertir la prohibición de cazar en una finca privada o en las zonas de seguridad, por ejemplo áreas re-creativas o recintos deportivos en los montes vecinales en mano común, corresponde a su propietario, que deberá comunicarlo ala Consellería competente en materia de caza y proceder a poner señales a su costa.

En general, la responsabilidad por los daños (no relacionados con el tráfico) que causan las especies cinegéticas, daños cadavez mayores en las plantaciones forestales, corresponde al titular del TECOR, excepto que el daño fuese debido a negligencia depersona ajena al TECOR o por “causa de fuerza mayor”. Esta cita de “causa de fuerza mayor”, no comentada en la ley, podría re-sultar un quebradero de cabeza para el propietario perjudicado si el TECOR no quiere asumir la responsabilidad.

Los TECOR podrán levantar cercados cinegéticos con una superficie mínima de 500 ha. En esto también será necesario espe-rar al Reglamento para comprobar si se establece el requisito de autorización expresa del propietario para poder construir un cer-cado cinegético.

O tesouro do monteRamón Reimunde, socio da AFG, ven de publicar o libro O tesouro do monte, que coas súas pro-

pias palabras nos informa que, “Este libro trata dun tema forestal e familiar, cunha pequena trama de intriga. Os lectores van

pensar que é ficción ou romance, mais é unha pura crónica realista de douscentos anos de sil-

vicultura no noso país, no que se disimulan algo os nomes da xente, claro! O argumento é ob-

sesivamente forestal polo que non gustará a quen non ame e viva o monte. Ademais levarán

unha sorpresa estraña coa ortografía internacional en que está escrito. Iso tamén é futuro, pa-

ra min presente. E non será o único susto que leven algúns, madía leva!

A protagonista final é unha muller, porque as árbores, a madeira, as fragas e carballeiras, e a

cerna, en galego son femininas. Como debe ser en tempos de igualdade.

Este é o legado que vou deixar aos “meus”: aos fillos e herdeiros do monte, e aos compañeiros silvicultores das asociacións

e do país. Os fermosos deseños que van no libro son de Celsa Sánchez ex vicepresidenta da AFG, a quen agradezo a súa xe-

nerosidade e arte”.

O tesouro do monte está á venda nas oficinas da AFG.

Page 41: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

Noticias breves

Cancelación ou finalización dos convenios ouconsorcios e novos contratos de xestión pública

En Galicia contabilízanse aproximadamente 300.000 hectáreas que son xestionadas pola Consellería de Medio Rural e do Marpor medio de convenios ou consorcios cos seus titulares. A partir da entrada en vigor da Lei 7/2012 de montes de Galicia, estesconvenios e consorcios teñen que transformarse e o seu futuro preséntase con incerteza.

Para tratar de forma monográfica a situación dos convenios e consorcios e o seu futuro, a AFG está celebrando reunións concomunidades de montes veciñais socias afectadas en distintos lugares de Galicia.

O novo marco normativo establece a posibilidade de que a Consellería competente en materia de montes subscriba contratostemporais, de carácter voluntario, para a xestión forestal de certos montes cuxa sostibilidade económica, social ou ambiental debaestar garantida. Sen embargo, o contido e o réxime xurídico destes novos contratos temporais de xestión pública está supeditadoa un desenvolvemento regulamentario do que non se teñen noticias.

Pero ás comunidades de montes veciñais preocúpalles especialmente a aplicación práctica da disposición transitoria novena daLei. Nesta disposición anúncianse as cancelacións de oficio (antes de agosto de 2015) e as finalizacións forzosas (antes de agostode 2016) dos convenios e consorcios actuais. Ao finalizarse un convenio ou consorcio, haberá que asinar un contrato temporal dexestión pública con novas condicións, pero arrastrando a débeda do convenio ou consorcio. No caso de non asinarse este contrato,o titular do monte deberá aboar o saldo debedor á Xunta de Galicia, nun único pago ou a través dun plan de devolución plurianual.

O principal problema radica na cuantificación e tratamento do saldo debedor dos convenios ou consorcios. Unha das princi-pais conclusións da primeira reunión celebrada en Xinzo, é a deficiente xestión documental, económica e de relación cos titularescoa que a Administración forestal levou os convenios e consorcios. Por isto, especialmente nos casos de débedas moi elevadas,pídese establecer negociacións a fin de revisar seriamente os saldos debedores e buscar fórmulas aceptables para reducilas.

Page 42: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

42 o monte xuño 2014

Noticias breves

Lei de caza de GaliciaO 8 de xaneiro publicouse a lei 13/2013, do 23 dedecembro, de caza de Galicia. O 24 de febreiro publi-couse unha corrección de erros a esta lei.

Axudas para a constitución de SOFORO 22 de xaneiro publicouse a orde do 30 de decem-bro de 2013 pola que se convocan as axudas paraconstituír e iniciar a actividade de sociedades defomento forestal (Sofor) para o ano 2014.

Axudas prevención de incendios en MVMCO 24 de xaneiro publicouse a orde do 30 de decem-bro de 2013 pola que se establecen as bases regula-doras para a concesión de subvencións para a preven-ción e defensa contra os incendios forestais en mon-tes veciñais en man común cofinanciadas co FondoEuropeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convo-can para o ano 2014.

Normas aplicación canon eólicoO 30 de xaneiro publicouse a orde do 27 de xaneiro de2014 pola que se aproban as normas de aplicación docanon eólico.

Información pública orde modelos silvícolasO 20 de febreiro publicouse a resolución do 10 defebreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Con-sellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acordasometer a información pública o proxecto de orde polaque se establecen os modelos silvícolas ou de xestiónforestal orientativos referentes de boas prácticas fores-tais para os distritos forestais de Galicia.

Plan Director Rede Natura 2000 e declaración de ZECO 31 de marzo publicouse o decreto 37/2014, do 27de marzo, polo que se declaran zonas especiais deconservación os lugares de importancia comunitariade Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura2000 de Galicia.

Primas de mantemento 2014O 1 de abril publicouse a orde do 21 de marzo de2014 pola que dá publicidade ao prazo de presenta-ción de solicitudes de pagamento da prima de mante-mento para o ano 2014 dos expedientes de axudasque foron concedidas ao abeiro de distintas ordes rela-tivas á forestación de terras non agrícolas e fomento defrondosas caducifolias.

Restricións cortas de especies sensibles ao nematodoO 22 de abril publicouse a resolución do 8 de abril de2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polaque se establecen restricións ás autorizacións de cortasde especies sensibles ao nematodo do piñeiro (Bursa-phelenchus xylophilus) na zona demarcada das Neves.

Decreto aproveitamentos forestais e Rexistro deEmpresas do Sector ForestalO 7 de maio publicouse o decreto 50/2014, do 10 deabril, polo que se regulan os aproveitamentos madei-reiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos enmontes ou terreos forestais de xestión privada naComunidade Autónoma de Galicia e o contido, organi-zación e funcionamento do Rexistro de Empresas doSector Forestal. O 8 de maio publicouse unha correc-ción de erros a este decreto.

Instrucións xerais de ordenación e xestión de montesO 8 de maio publicouse o decreto 52/2014, do 16 deabril, polo que se regulan as instrucións xerais deordenación e de xestión de montes de Galicia.

Axudas equipamentos térmicos biomasaO 15 de maio publicouse a Resolución do 8 de maio de2014 pola que se aproban as bases reguladoras dassubvencións aos proxectos dinamizadores das áreasrurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmi-cos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrí-cola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco doPrograma de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

DOGA

Comunicación medidas compensatorias Rede Natura2000O 2 de decembro de 2013 publicouse a ordeAAA/2231/2013, de 25 de novembro, pola que seregula o procedemento de comunicación á ComisiónEuropea das medidas compensatorias en materia deconservación da Rede Natura 2000 adoptadas enrelación cos plans, programas e proxectos, e de con-sulta previa á súa adopción, previstas na Lei 42/2007,de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Bio-diversidade.

Lei de avaliación de impacto ambientalO 11 de decembro de 2013 publicouse a lei 21/2013,de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Modificación Lei do Patrimonio Natural e daBiodiversidadeO 21 de decembro de 2013 publicouse o real Decreto1015/2013, de 20 de decembro, polo que se modifi-can os anexos I, II e V da Lei 42/2007, de 13 dedecembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de MandeoO 30 de decembro de 2013 publicouse a resoluciónde 20 de novembro de 2013, de Parques Nacionales,pola que se publica a aprobación pola UNESCO detres reservas da biosfera españolas: Reserva da Bios-fera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, Gali-cia; Reserva da Biosfera de Terres de l’Ebre, Cataluña;Reserva da Biosfera do Real Sitio de San Ildefonso-ElEspinar, Castilla y León, e a ampliación da Reserva dabiosfera Ordesa-Viñamala, Aragón.

BOE

Page 43: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 43

Noticias breves

Ordenanza extracción madeira no concello de CariñoO 16 de decembro de 2013 publicouse no BOP daCoruña a ordenanza reguladora das actividadesextractivas de madeira nos montes e espazos forestaisdo concello de Cariño.

Ordenanza actividades forestais en CerdidoO 24 de decembro de 2013 publicouse no BOP daCoruña a ordenanza reguladora das actividadesextractivas de madeira nos montes e espazos foresta-dos do concello de Cerdido.

Ordenanza actividades forestais nas SomozasO 27 de decembro de 2013 publicouse no BOP daCoruña a ordenanza reguladora das actividadesextractivas de madeira nos montes e espazos forestaisdo Concello das Somozas.

Ordenanza actividades forestais en MoecheO 30 de decembro de 2013 publicouse no BOP daCoruña a ordenanza reguladora das actividadesextractivas de madeira nos montes e espazos forestaisdo concello de Moeche.

Ordenanza uso e aproveitamento vías públicas de AlfozO 31 de decembro de 2013 publicouse no BOP deLugo a ordenanza reguladora do uso e aproveitamen-to especial das vías públicas e espazos de titularidademunicipal de Alfoz.

Ordenanza condicións de seguridade e salubridadedos usos forestais de Outeiro de ReiO 11 de xaneiro publicouse no BOP de Lugo a orde-nanza municipal reguladora das condicións de seguri-

dade e salubridade dos usos forestais do solo enOuteiro de Rei.

Ordenanza actividades extractivas da madeira enValdoviñoO 21 de xaneiro publicouse n BOP da Coruña o anun-cio de aprobación definitiva da Ordenanza reguladoradas actividades extractivas da madeira nos montes eespazos forestais do concello de Valdoviño.

Ordenanza actividades extractivas da madeira en NedaO 29 de xaneiro publicouse no BOP da Coruña oanuncio de aprobación definitiva da ordenanza regula-dora das actividades extractivas de madeira nos mon-tes e espazos forestais do Concello de Neda.

Ordenanza plantación e corta de árbores en CerdedoO 28 de febreiro publicouse no BOP de Pontevedra aordenanza municipal reguladora de plantacións fores-tais e corta de árbores no concello de Cerdedo.

Ordenanza protección vías municipais na saca demadeira das NogaisO 11 de abril publicouse no BOP de Lugo a ordenan-za municipal para a defensa e protección das víasmunicipais en relación coa saca de madeira nasNogais.

Ordenanza operacións forestais en LousameO 21 de abril publicouse no BOP da Coruña o anuncioda aprobación definitiva da ordenanza reguladora dasoperacións forestais de tala, saca, depósito e transpor-te de madeira no concello de Lousame.

BOP

Page 44: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

44 o monte xuño 2014

Axenda

Participación da AFG en actos de interese forestal

2013• Clase sobre xestión forestal sostible no Máster en enxe-ñería da madeira estrutural en Lugo. Impartiu a claseFrancisco Dans (22 de novembro).

• Reunión do Consello Forestal de Galicia en Santiago.Asistiu Francisco Dans (2 de decembro).

• Seminario final Silvaplus “Necesidades enerxéticas lo-cais e recursos forestais” en Viana do Castelo. AsistironFrancisco Fernández de Ana, Francisco Dans, BraulioMolina e Julio Ruiz (5 de decembro).

• Reunión con comunidades de montes de Pontevedrasobre a transformación dos convenios e consorcios asi-nados coa Xunta de Galicia en Ponteareas. Asistiron Car-los Hermida, Jesús Mosquera, Julio Ruiz e Maripaz Bo-ente (13 de decembro).

2014• Entrevista coa deputada de Medio Ambiente da Depu-tación de Lugo sobre proxecto de biomasa en Lugo.Asistiu Francisco Dans (21 de xaneiro).

• Reunión coa directora xeral de Conservación da Natu-reza en Santiago. Asistiu Cristina Verde (24 de xaneiro).

• Reunión coas comunidades de montes de Pontevedrasobre a transformación dos convenios e consorcios asi-nados coa Xunta de Galicia en Ponteareas. Asistiron Car-los Hermida, Jesús Rodríguez, Julio Ruiz e Maripaz Bo-ente (24 de xaneiro).

• Acto de presentación do informe sobre infraestruturasforestais en Tomiño organizado polo Concello de Tomi-ño en Tomiño. Asistiu Julio Ruiz (28 de xaneiro).

• Entrevista con Ignacio Colmenares do Grupo ENCE enPontevedra. Asistiron Francisco Fernández de Ana eFrancisco Dans (30 de xaneiro).

• Reunión co secretario xeral de Medio Rural e Montessobre proposta de proxecto forestal de I+D en Santiago.Asistiu Francisco Dans (30 de xaneiro).

• Entrevista co conselleiro de Economía e Industria so-bre estratexias da biomasa en Galicia en Santiago. Asis-tiron Francisco Dans e Braulio Molina (11 de febreiro).

• Reunión co presidente de Energylab sobre proposta deproxecto forestal de I+D en Vigo. Asistiu Francisco Dans(13 de febreiro).

• Entrevista co director da Axencia de Enerxía da Depu-tación de Lugo sobre proxecto de biomasa en Lugo. Asis-tiron Antonio Rigueiro e Francisco Dans (18 de febreiro).

• Reunión do Comité organizador da feira Galiforest enSilleda. Asistiu Cristina Verde (19 de febreiro).

• Reunión coa empresa Nefab en Santiago. Asistiu Fran-cisco Dans (5 de marzo).

• Entrevista con deputada de Medio Ambiente da Depu-tación de Lugo sobre proxecto forestal de I+D en Lugo.Asistiu Francisco Dans (11 de marzo).

• Reunión da Xunta de Goberno AFG en Santiago (14 demarzo).

• Xornada técnica “Biomasa forestal, recurso de proximi-dade” do proxecto Silvaplus en Ponteareas. Presentaronrelatorios Francisco Fernández de Ana e Julio Ruiz easistiron Francisco Dans, Braulio Molina, Daniel Rodrí-guez, Xosé Covelo, Maripaz Boente, Celina Veiga, BeatrizFernández e María Jesús Lago (26 de marzo).

• Reunión co director da Axencia Galega de Innovación(GAIN) sobre proxecto forestal de I+D en Santiago. Asis-tiu Francisco Dans (27 de marzo).

• Relatorio sobre aproveitamento da biomasa forestal nafeira MAGRECO 2014 organizada polo Concello de Boi-morto en Boimorto. Presentou o relatorio Francisco Dans(29 de marzo).

• Entrevista da TVG a Xosé Covelo sobre o comercio damadeira (30 de abril).

• Entrevista con Ignacio Colmenares do Grupo ENCE enSantiago. Asistiu Francisco Dans (9 de maio).

• Asemblea Xeral Ordinaria da AFG no Rosal (17 de maio).• Reunión do Consello Forestal de Galicia en Santiago.Asistiu Braulio Molina (27 de maio).

26, 27 e 28 de xuño de 2014. Sergude, A CoruñaGaliforestOrganiza: Fundación Semana VerdeMáis información: Tel.: 986 577 000, Fax: 986 580 865, [email protected] e www.galiforest.com

21, 22 e 23 de outubro de 2014. ValladolidExpobiomasaOrganiza: Avebiom

Máis información: Tel.: 975 102 020, [email protected] e

www.expobiomasa.com

Cursos, congresos, seminarios e feiras forestais

Page 45: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

xuño 2014 o monte 45

Xosé Covelo Míguez

Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

Eucalipto. Parálise no sector. Despois dun perío-do de relativa estabilidade no mercado do eucalip-to para pasta de papel, que abrangue aproximada-mente os dous últimos anos, e no que as flutua-cións nos prezos da madeira de eucalipto viñandados basicamente pola progresiva implantaciónda certificación forestal, no mes de abril, as princi-pais pasteiras que operan en Galicia (Ence, Portu-cel e Celbi) decidiron aplicar aos seus subministra-dores unha baixada de 3,5 euros por tonelada. Fóradesta baixada quedan algunhas pasteiras con esca-sa presenza en Galicia.

A baixada do prezo da pasta de papel, cuxo des-censo desde o verán pasado ata a actualidade foi deaproximadamente 14%, é a xustificación dadapolas pasteiras para avalar esta baixada. Ence, polasúa parte, engade como causa adicional a redución

das primas á xeración de enerxía eléctrica conmadeira (coxeneración) aplicada polo Ministeriode Industria.

Por outra banda os rematantes denuncian aescasa marxe de preaviso para poder dar saída ásvendas xa asinadas cos anteriores prezos e os pro-pietarios volven ver como despois de esforzos paramellorar a xestión forestal no monte, e en concretoo importante esforzo realizado en certificaciónforestal, unha baixada no prezo da madeira de euca-lipto retrotrae o mercado a valores do ano 2010.

A consecuencia inmediata foi que os rematan-tes e un importante grupo de propietarios paraliza-sen o subministro de madeira a estas industrias.En todo caso, cabe indicar que aquelas asociaciónsde propietarios con convenios vixentes no momen-to da baixada non sufriron alteración no seu prezode referencia.

Neste intre a situación predise de incertezadurante varios meses, á espera de que as partes

Mercado da madeira enGalicia

Page 46: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

46 o monte xuño 2014

Madeira

implicadas cheguen a algún principio de acordoque lles satisfagan e ata comprobar en que quedao novo escenario de prezos proposto. De momentoas empresas madeireiras acordaron en data 16 demaio renovar o subministro xa que chegaron aoacordo de que a baixada non se aplicará aos stocksalmacenados durante un breve período de tempo.Por outra banda, mesmo se comeza a escoitar daposibilidade de novas baixadas ao longo do verán.

Piñeiro, sen cambio de rumbo. Fóra da habitualanálise que facemos concluíndo que o mercado dopiñeiro se atopa estabilizado ou en descenso nalgun-has comarcas importantes. En rareos o puntal móve-se entre 9 e 14 €/t, o rolizo pode chegar a 16-22 €/te a madeira de serra de boa calidade a uns 36-45 €/ten pé. Un lote de piñeiro en quenda (30-35 anos enpiñeiro do país e 25-30 anos en piñeiro insigne) enboas condicións sanitarias, con bos fustes e en lotesmedios e grandes, poden acadar un prezo medio enpoxa tras valoración entre os 32 e os 40 €/t.

No que respecta á zona demarcada de corente-na fitosanitaria polo nematodo no sur de Ponteve-dra, na actualidade, desde maio ata que autoricennovamente o período de cortas, alá polo mes deoutubro, as operacións que afectan ao piñeiroestán totalmente prohibidas. Os propietarios estáncada vez máis expectantes para ver se as medidasde corentena se levantan pois xa teñen transcorri-do máis de 3 anos desde a adopción destas medi-das. A Administración non dá información ao res-pecto e os propietarios seguen á espera de novas.

Certificación forestal. O mercado segue demandan-do madeira certificada, tanto PEFC como FSC. Naactualidade a maior demanda de madeira certificadacorresponde ao eucalipto. E obsérvase que comezaa haber demanda de madeira de piñeiro certificada,sobre todo de madeira para taboleiro e pélets para aexportación. Nestes casos pode chegar a pagarseentre 1 ou 2 euros por tonelada a maiores •

Prezos medios de venda de madeira en cargadoiro ( /m3)

47,0

41,0

25,5

22,0

27,528,5

35,0

28,5 28,5 28,5

42,0 42,0

28,5

43,0

25,0 55,0

43,0 43,0

25,0

44,0

24,0

44,0

24,0

42,042,0

38,0

38,0

31,0

39,5

35,0

44,046,0

47,5

45,044,0 44,0 44,0

45,043,0

46,0

24,0

42,0

43,0

euro

s/m

3 cc

23,5

41,0

Piñeiro para taboleiro Piñeiro >30 cm para serra Eucalipto para pasta

20

25

30

35

40

45

50

set-13 mai-14mar-13dec-12set-12mar-12nov-11xuñ-11mar-11dec-10xuñ-10mar-10dec-09xull-09mar-09

Page 47: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia

Precios orientativos de lamadera gallega mayo 2014

Rolla derecha, verde y sin azular.

PRECIOS EN CARGADERO DE CAMIÓN PRECIOS EN PARQUE DE FÁBRICA

Pino gallego y pino radiata, ø 14 a 19 cm 31-34 €/m3 c/c 42-45 €/m3 c/c

Pino gallego y pino radiata, ø 20 a 29 cm 37-40 €/m3 c/c 45-47 €/m3 c/c

Pino gallego y pino radiata, ø >30 cm 41-53 €/m3 c/c 48-61 €/m3 c/c

Eucalipto globulus, ø >35 cm 51-54 €/m3 c/c 59-62 €/m3 c/c

Castaño (según usos) 80-120 €/m3 c/c -

Roble (según usos) - 48-85 €/m3 c/c

MADERA DE SIERRA

Cualquier calidad, incluyendo raberones, piezas torcidas o secas, ramas, etc.

PRECIOS EN CARGADERO DE CAMIÓN PRECIOS EN PARQUE DE FÁBRICA

Pino gallego y pino radiata 24-33 €/m3 c/c 32-41 €/m3 c/c

Eucalipto spp., ø >8 cm 35-39 €/m3 c/c 43-47 €/m3 c/c

Eucalipto spp., ø <8 cm 22-24 €/m3 c/c 30-32 €/m3 c/c

MADERA PARA TABLERO

PRECIOS EN CARGADERO DE CAMIÓN PRECIOS EN PARQUE DE FÁBRICA

Eucalipto globulus, ø >7 cm35-58 €/m3 c/c 43-62 €/m3 c/c

43-60 €/m3 s/c 50-68 €/m3 s/c

Eucalipto nitens, ø >7 cm28-51 €/m3 c/c 36-55 €/m3 c/c

36-53 €/m3 s/c 43-61 €/m3 s/c

MADERA PARA PASTA DE CELULOSA

Rolla limpia de nudos, derecha y sin azular.

PRECIOS EN CARGADERO DE CAMIÓN PRECIOS EN PARQUE DE FÁBRICA

Pino gallego, desenrollo, ø >38 cm 47-62 €/m3 c/c 55-70 €/m3 c/c

Pino gallego, chapa plana, ø >55 cm 110 €/m3 c/c 120 €/m3 c/c

Eucalipto, desenrollo, ø >38 cm 42-46 €/m3 c/c 50-53 €/m3 c/c

Eucalipto, chapa plana, ø >70 cm 76-89 €/m3 c/c 84-97 €/m3 c/c

MADERA DE DESENROLLO O CHAPA

PRECIOS EN CARGADERO DE CAMIÓN PRECIOS EN PARQUE DE FÁBRICA

Madera para astilla y pélet (calefacción y agua caliente)

Pino gallego y pino radiata 21-33 €/t c/c 31-42 €/t c/c

Madera para astilla y pélet industrial (cogeneración)

Puntal y leñas diversas especies 14-26 €/t c/c 24-36 €/t c/c

Restos de corta de diversas especies 6-16 €/t c/c 16-26 €/t c/c

Astilla de diversas especies 3-8 €/m3 8-13 €/m3*

Madera para leña

Roble 24-35 €/t c/c 31-42 €/t c/c

Eucalipto 28-36 €/t c/c 35-43 €/t c/c

Otras 18-21 €/t c/c 25-28 €/t c/c

MADERA PARA BIOMASA

NOTA: El precio de la madera de eucalipto para pasta de papel puede incrementarse de 3 a 7 euros por tonelada si se trata de madera certificada.Estos precios tienen un fin exclusivamente orientativo para el productor de madera y han sido proporcionados por selvicultores e industrias de la madera delas cuatro provincias gallegas. Los márgenes de precios que se indican obedecen al precio mínimo y máximo de cada producto que ha sido facilitado. Desdeaquí nuestro agradecimiento a todas las personas y las empresas que han colaborado.Para mayor información pueden dirigirse a las oficinas de la AFG (En la utilización de estos datos se ruega mencionar la fuente de información)

ø diámetro en punta delgada c/c con corteza s/c sin corteza

* estéreo

Page 48: Incendios forestais: crenzas e prexuízos Usos forestais na ...€¦ · Francisco J. Fernández de Ana Magán Presidente E D I T O R I AL. Sumario Edita: Asociación Forestal de Galicia