hostelerÍa lucense 15

32
REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) Novo encontro anual dos hostaleiros da provincia Maio 2013 número 15 Presentación da sexta guía …E para comer, Lugo en Fitur Campaña de promoción dos alimentos ecolóxicos certificados na hostalería VITORIA DO BARCO …E PARA COMER, LUGO NO GRAN PREMIO EL CORTE INGLÉS DE PLATU 25 CONVERSA CO HUMORISTA ROBERTO VILAR “NOS FOGÓNS PÁSAME COMA NA MIÑA PROFESIÓN, QUE ME GUSTA IMPROVISAR”

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 23-Mar-2016

264 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Número 15 da revista Hostelería Lucense

TRANSCRIPT

Page 1: HOSTELERÍA LUCENSE 15

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

Novo encontro anual dos hostaleiros da provincia

Maio 2013

número

15

Presentación da sexta guía …E para comer, Lugo en Fitur

Campaña de promoción dos alimentos ecolóxicos certificados na hostalería

VITORIA DO BARCO …E PARA COMER, LUGO NO GRAN PREMIO EL CORTE INGLÉS DE PLATU 25

CONVERSA CO HUMORISTA ROBERTO VILAR

“NOS FOGÓNS PÁSAME COMA NA MIÑA PROFESIÓN, QUE ME GUSTA IMPROVISAR”

Page 2: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

31

Page 3: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

EDITORIAL/SUMARIO

3

EDITA:

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.226.912Fax: 982.244.256E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ Zapaterías s/nTorreón da Cárcere Vella27400 Monforte de LemosTfno: 982.412.050E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.133.047E-mail: [email protected]

PRODUCIÓN:

Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, Entrechán ATfno.: 982.221.278E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

ENTREVISTA A ROBERTO VILARPRESENZA EN FITUR ENCONTRO ANUAL DE HOSTALEIROS SINATURA DE CONVENIOSEVENTOS GASTRONÓMICOS NOVIDADES LEXISLATIVAS NOVOS SOCIOS DA APEHL

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

SUMARIO

- Productos de limpieza- Detergentes y sistemas para lavandería- Celulosa- Complementos- Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo- Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN

La chispade la hidratación

UN NOVO EQUIPO DO QUE BOTAR MAN

O pasado 12 de marzo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo celebrou a súa asemblea xeral e electoral, da que saíu unha nova directiva, novamente presidida por Cheché Real. Así que este é o equipo que vai traballar con vós, xunto co persoal técnico da sede da Apehl e das súas delegacións das zonas norte e sur:

PresidenteJosé Francisco Real Castro (Restaurante Mesón de Pallares, Guntín)VicepresidenteJosé Manuel Cela Rodríguez (Restaurante Porta Santiago, Lugo)SecretarioJacobo García-Bobadilla Prósper (Hotel Méndez Núñez, Lugo)TesoureiroJosé Manuel Quiroga Álvarez (Pub Particular, Lugo)VogaisCésar Álvarez Rodríguez (Restaurante Compañía, Monforte de Lemos)Alfonso Arias Castro (Hotel Los Olmos, Lugo)Manuel Balseiro Pardo (Hotel Ego, Viveiro)Jesús Díaz Anllo (Cook, Lugo)Manuel-Ángel Fernández Díaz (Pazo de Orbán, Lugo)Héctor López López (Restaurante España, Lugo)Daniel Romay Piñeiro (Taberna Daniel, Lugo)

A liña de acción da Apehl continuará priorizando a promoción da hostalería da provincia baixo a marca …E para comer, Lugo, a través do desenvolvemento de iniciativas de ámbito nacional que poidan atraer visitantes. Como é o caso da publicación e distribución estratéxica da guía turística …E para comer, Lugo, a participación en todas as etapas da Vuelta a España con posto propio, a inserción de cuñas publicitarias en coñecidos programas de radio especializados en via-xes, a colaboración co Azkar Lugo, con Transportes Valín e cos pilotos de rallye Sergio e Diego Vallejo para a incorporación da marca nos seus equipamentos e vehículos, o apoio ao barco de competición …E para comer, Lugo en regatas de alto nivel ou a actualización on-line continua na web www.eparacomerlugo.es e nos perfís de Facebook, Twitter e Flickr. Son só algúns exemplos.

Evidentemente, seguirase ofrecendo aos asociados o bloque de servizos per-manentes e gratuítos de asesoría xurídica e laboral, formación, organización de eventos gastronómicos e consecución de vantaxes varias derivadas da sinatura de convenios.

A mensaxe é clara: remar todos á vez e na mesma dirección axuda.

481014182427

Page 4: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

...E PARA COMER, LUGO

4

“AQUÍ LÉVASE O TAPEO PORQUE A XENTE É DE IR DE VIÑOS E CHEGA UN MOMENTO NO QUE TES QUE COMER UN POUCO DE QUEIXO!”Roberto Vilar (Xove, 1971) é tamén presentador e actor, pero na súa carreira (e na entrevista) impera a vis cómica que lle deu sona. Quedamos con el o 4 de febreiro na tapería do Centro do Viño da Ribeira Sacra, momentos antes de que fose investido compadre do “Estase Cocendo”.

_Gústache o cocido?_Si, si, home! O cocido tenche que gustar porque leva de todo. Se non che gusta unha cousa gústache a outra. Se non che gusta a froita gús-tache a verdura. Gústame moito… Gústame todo, ben se me nota!

_Atréveste a cociñalo?_Pois gústame cociñar pero nunca me deu por facer o cocido. Debe de haber que ir á compra, com-prar moitas cousas, non? Dáme a impresión… Tes que comprar os chourizos, a carne, a verdura… [Di preguizoso]

_Que sobremesa do Entroido é máis típica na túa casa?_Na miña casa sempre se fixeron fi-lloas. Miña mai poñía alí a tixola e un prato ao lado. Eramos tres irmáns e o prato non avanzaba. Ela ía facendo filloas pero segundo se ían poñendo no prato iámolas comendo.

_Cando te pos ao mando dos fogóns, cales son as túas especialidades?_Curiosamente, pásame coma na miña profesión, que me gusta im-provisar, coller cousas que haxa na casa e “a ver se isto combina con aquilo”. Dáseme bastante ben, debe

de ser que na miña casa me ensina-ron xa a cociñar de pequeno. Poñía-me a miña mai a facer lentellas con cinco ou seis anos. Explicábame: “Isto vai ás dez e cuarto, aquilo a e vinte…”.

_E se comes fóra da casa, que pra-tos che tiran máis?_Como fóra moitas veces, moitos días, entón intento cambiar e ir a sitios onde haxa cousas distintas, pero tampouco te podes saír moi-to porque este é un país onde can-do te sentas nunha mesa che din: “Carne ou peixe”. E xa te deixan li-

A sesión de fotos tivo lugar na Ponte Vella de Monforte, sobre o río Cabe

ROBERTO VILAR, HUMORISTA

Page 5: HOSTELERÍA LUCENSE 15

5

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

...E PARA COMER, LUGO

mitado! Pero gústame probar todo o que haxa novo. Se vou a un sitio e me din: “Aquí está boa a bolsa de canguro”. Respondo: “Pois trae a bol-sa de canguro! Debe de estar dura, porque ten pinta de goma, pero próboa”. Total, vou comer fóra ao día seguinte tamén…

_Traballando no mundo do es-pectáculo, hai tempo para xantar ben?_Traballando no mundo do espec-táculo hai moito tempo para todo, o que non hai tempo é traballando de albanel ou no Gran Sol, pero no noso tes tempo para todo! Para co-mer, para beber… e desfrutamos! Para min é un desfrute comer, a sobremesa con amigos. Hai unha anécdota, que non sei se é politica-mente correcta. Había unha deputa-da portuguesa que fora prostituta e preguntáralle unha vez un periodis-ta: “Vostede, claro, ao ser prostituta, tivo que deitarse e cear con xente que non quería…”. E dixo ela: “Cear, nunca! Porque cear, comer, é unha cousa moi seria!”.

_Fasnos unha proposta de menú cen por cento lucense?_Ai! Hai tantas cousas! Eu son da zona da costa e alí comemos moito peixe. Meu pai ía ao Gran Sol e co-

miamos pescada. Pero os recordos que eu teño de comer pola zona sur son de comer moi boa carne, embu-tido, grelos, patacas…

_Nesta provincia lévase moito o tapeo. Ti es de ir de tapas?_“Tapeo chiqueteo”! Aquí lévase o tapeo non porque a xente sexa de tapas, que tamén, senón porque a xente é de beber, de ir de viños, e chega un momento no que tes que comer un pouco de queixo! Senón, non hai maneira de beber máis… A min gústame andar de tapas. Fixen o instituto en Mondoñedo, que é un sitio moi tradicional de tapas, pero de tapas elaboradas, de riles, coci-dos, guisos, arroces… Esta zona [a Ribeira Sacra] tamén. Si que me gus-ta ir tomar as tapas.

_Na asociación de hostaleiros abandeiramos a marca ...E para comer, Lugo. Paréceche apropiada para a nosa idiosincrasia?_Si, á parte é unha marca que xa funciona e xa ten a súa tradición. É desas marcas nas que a xente se acorda da frase e di: “…E para comer, Lugo”. E ademais son reais. Esta para toda a provincia. Paréceme moi, moi, moi acertada. …E para comer, Lugo! [Repite con entoación publi-citaria]

_Saltamos da gastronomía á pai-saxe. As xornadas do “Estase Co-cendo” naceron en Monforte e agora esténdense á Ribeira Sacra. Andaches de visita por esta zona?_Si, si, si, claro, encántame a Ribeira Sacra. Non tiven moitas oportunida-des de vir pero inda cando pasamos [procedentes de Santiago de Com-postela], cando cruzabamos a ponte alí abaixo de Belesar, daban ganas de quedarse alí, tirar o móbil ao río e que-dar alí na Ribeira Sacra. Dá moita paz, e máis cando vas polo río e a miras. Ten como dúas mallas de verde, den-de arriba e dende abaixo, e as dúas dan moita paz, ver eses acantilados, eses valados cara ao río, tranquilíza-me moito. Cando vas nos barcos… dáche unha paz, veste tan pequeniño alí abaixo… É marabilloso!

“O cocido tenche que gustar porque leva de todo. Se

non che gusta unha cousa gústache a outra. Gústame moito… Gústame todo, ben

se me nota!”

Page 6: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

...E PARA COMER, LUGO

6

_Inda que es xovense, de San Cristovo. Seguro que sabes como facer unha boa promoción da Ma-riña..._Eu crieime alí, son un namorado de alí, meus pais viven alí… É un si-tio marabilloso para vivir. Eu funme xa novo por aí polo mundo adiante pero de Xove, Viveiro, Mondoñedo e de toda esa zona teño un recordo de rapaz marabilloso… E no verán estase marabillosamente ben. Hai unha gastronomía espectacular, o mesmo que pasa aquí, os produtos son bos e inda que o cociñeiro sexa bastante tonto, como o produto é bo, tería que estar bo adrede! Eu, sinceramente, é onde mellor estou, na Mariña.

_Presume de recunchos preferi-dos no teu concello natal._Onde nacín eu, en Portocelo, alí ao lado de San Cristovo, hai unha praia marabillosa, a praia de Esteiro. E o meu monte preferido é Portocelo, cun portiño marabilloso que corta o ceo e é como unha piscina de auga alí metidiña entre dous montes. É tranquiliño… Un sitio precioso.

_Estudaches no seminario de Mondoñedo, así que visitarías a catedral, verías ao mago Merlín..._Vin ao mago Merlín, como ten a ca-beza ese home! Debe de estar vivo aínda, imaxino! É que Mondoñedo é unha cidade moi máxica, eh! Non só por Álvaro Cunqueiro senón por toda a xente, tremenda. Personaxes

coma o mago Merlín había varios. Recordo de Mondoñedo sobre todo a xente, e de toda esa zona, de Lou-renzá, Riotorto, Alfoz…

_Imos abrir inda máis o mapa da provincia de Lugo: que destinos serían imprescindibles nunha re-comendación de Roberto Vilar?_Oh! Hai motísimos. Toda A Mariña. Teño oído algunha vez unha defini-ción como que A Mariña era a praia da Ribeira Sacra. Pero esa mestura da Ribeira Sacra, O Courel e A Mariña é tremenda. Tres cousas tremenda-mente distintas e as tres espectacu-lares. Ese é un bo triángulo! Ribeira Sacra, O Courel, A Mariña. [Garda silencio e, apurado, lembra despois] Sen desprezar a Terra Chá!

_As festas luguesas tamén son un reclamo. De cales es seguidor?_Eu son moi das San Lucas de Mon-

doñedo, moi de San Froilán, moi do Naseiro, da Maruxaina tamén… Son cada vez menos porque, claro, hai moita xente e a xente bebe e péga-se e chega un momento no que xa é difícil estar. E á parte están as que son de comer, todas estas do viño da Ribeira Sacra… marabillosas!

Antes de despedir a Roberto pregun-támoslle que proxectos profesionais tiña en mentes e anunciounos que es-taba preparando unha xira de teatros por toda Galicia que lle facía “especial ilusión”. Falaba do show bautizado como A cabeza non para, que se es-treou ao cabo de dous meses, en abril, e que ideou “para que a xente se ría e non se acorde dos chourizos, e non dos do cocido, senón doutros que hai por aí. A risa suspende o pensamento, así que imos intentar que a xente se divirta”. Palabra de humorista.

Roberto é un profesional ante a cámara. Ao fondo vese a cúpula do Colexio dos Escolapios

“Esa mestura da Ribeira Sacra, O Courel e A Mariña

é tremenda. Tres cousas tremendamente distintas e as tres espectaculares.

Ese é un bo triángulo! Sen desprezar a Terra Chá!”

Vilar asinounos este autógrafo dedicado aos hostaleiros da provincia

Page 7: HOSTELERÍA LUCENSE 15

7

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

...E PARA COMER, LUGO

1) 19% de descuento para tarifas 2.1A y 3.0A, 12% de descuento para tarifas con discriminación horaria 2.1DHA, y 10% de descuento para tarifas 3.1A, a aplicar sobre el término variable por el consumo efectuado durante los 12 primeros meses del contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad con Gas Natural Servicios con tarifas 2.1A, 2.1DHA, 3.0A y 3.1A antes del 31/07/2013. La campaña GAS 10TV, ofrece el 10% de descuento en el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para clientes que contraten el gas con Gas Natural Servicios con tarifa Gas Plus Prima/Gas Supra Prima y la electricidad con Gas Natural Servicios antes del 31/07/2013.2) Oferta válida para nuevas contrataciones con Gas Natural Servicios SDG, S.A. si con la nueva contratación se dispone de contrato de gas, de luz y de dos sevicios (Servigas y Servielectric, en cualquiera de sus modalidades, o Servihogar) con Gas Natural Servicios SDG, S.A. Oferta aplicable durante 12 meses, para suministros de gas natural con tarifas de referencia 3.1 y 3.2, y tarifas eléctricas con potencia inferior o igual a 10 kW. Los precios del gas y de la luz estarán referenciados a los valores máximos de las Tarifas de Último Recurso que en cada momento se publiquen en el BOE.

Te ayudamosa hacer más rentable tu negocio.

AHL_(210x297+3).indd 1 17/04/13 13:31

Page 8: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 158

NOVAS

A NOVA GUÍA DA APEHL SAÍU Á LUZ EN FITUR

De esquerda a dereita, Francisco Monasterio, Cheché Real, Raquel Arias, Lara Méndez e Nava Castro

A edición de 2013 da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) acolleu o lanzamento do sexto volume da guía da provincia feita pola Apehl, nesta ocasión dedicada aos produtos autóctonos e titulada …E para comer, Lugo. Interpretando el territorio.

O acto de presentación tivo lugar o día da apertura de Fitur, o 30 de xanei-ro, e estivo conducido polo presiden-te da Apehl, Cheché Real, acompaña-do na mesa pola secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro; a delegada te-rritorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; a vicepresidenta segun-da da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez; e o presidente de Avi-mós, Francisco Monasterio Solveira.

O lanzamento do novo número da guía foi arroupado por persoeiros coma Jorge Mira, Martín Barreiro, José Ramón Ónega, Jenaro Castro, José Manuel Parada, Elías Rodríguez, Noemí Mazoy, Máximo Valverde e Eloísa Martín. Entre o público que se achegou ata alí tamén se atopaban o conselleiro de Economía e Industria, o

presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, os alcaldes de Barrei-ros, Cervo e Ferrol, o prior de Samos, representantes dos empresarios e os hostaleiros galegos asentados en Ma-drid e algúns produtores de Lugo.

Este ano, a publicación está protago-nizada por unha ducia de produtos autóctonos con denominacións de orixe e outras marcas de garantía, en agradecemento á colaboración dos seus consellos reguladores e asocia-cións coa Apehl e a Secretaría Xeral para o Turismo na campaña de pro-moción da provincia de Lugo feita na Vuelta Ciclista a España de 2012. Deste xeito, amósase un gran menú lucense conformado por Bonito de Burela, Ternera Gallega, Porco Celta, Galo Mos, Ovella Galega, Pataca de

Galicia, os queixos Arzúa-Ulloa, San Si-món da Costa e Cebreiro Marqués de Cernadas, Castaña de Galicia, o viño Ribeira Sacra, as galletas ecolóxicas Daveiga e as famosas tapas. Estas pá-xinas gastronómicas serven á vez de fíos condutores para dar a coñecer o berce de cada un destes pratos e a súa contorna.

…E para comer, Lugo ten unha tirada de 15.000 exemplares que se distribúen polas oficinas de turismo de toda España, os albergues de peregrinos das rutas xacobeas, as feiras sectoriais e as etapas da Vuelta a España, ademais de entre os locais asociados e os rexentados por lucenses da diáspora. Tamén conta cunha edición on-line, dispoñible na web www.eparacomerlugo.es.

PRODUCTOS CÁRNICOS, EMBUTIDOS, SALAZONES Y DESPIECES.SERVICIO ESPECIAL PARA HOSTELERíA

M EDIO AM BIENTEM PRESA CERTIFICADA

MA-1869/10

Cer t i f ica t ionTechnolog ica l

Cent er

ACREDITADO POR ENAC

IFS (v .5) Agosto 2007 CC - IFS - 13 / 10

ISO 4 0 0

SEGURIDAD ALIMENTARIAEMPRESA CERTIFICADA

EA-0032/10

Cer t i f ica t ionTechnolog ica l

Cent er

ISO 2 2 0 0 0

Villamoure – Saa27188 LUGO

Télefono: 982 208 163 – 982 208 900Fax: 982 208 110

Mail: [email protected]

Page 9: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

9

…E para comer, Lugo. Interpretando el territorio

Con Martín Barreiro, Jorge Mira e Jenaro Castro, antes da presentación Con José Manuel Parada e o prior de Samos

Entre os asistentes estaba a soprano Noemí Mazoy Máximo Valverde e Eloísa Martín

Con Francisco Conde López, conselleiro de Economía e Industria Cheché Real, José Ramón Ónega e Nava Castro

Page 10: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1510

NOVAS

OS HOSTALEIROS DA PROVINCIA FESTEXARON O ENCONTRO ANUAL EN CHANTADA

Foto de familia do presidente da Apehl cos hostaleiros galardoados e autoridades invitadas

A cea organizada pola Apehl celebrouse o 19 de marzo en Casa Quinteliña cun cento de compañeiros do gremio e incluíu o acto de entrega dos tradicionais premios a profesionais do sector pola súa traxectoria e colaboración na difusión da marca …E para comer, Lugo.

A cerimonia deu comezo cun cóctel, tras o que se sucedeu a concesión das distincións da Apehl nun acto presentado polo xornalista lucense Antón Grande. O premio por toda unha vida nos fogóns foi dobre. Por unha banda, para Linda Machado e Antonio García, fundadores da casa de turismo rural Torrevilariño (O Sa-viñao), unha das primeiras destas características que se abriu en Ga-licia, na década dos 90, e onde se aloxaron personalidades coma Do-minique Lapierre, Manuel Fraga ou Cristina Alberdi.

Tamén foi merecedora deste galar-dón Ana María Gay, propietaria do mítico hotel e restaurante Mogay (Chantada). O Mogay tivo as súas orixes nos anos 40, cando a familia Moure Gay colleu a concesión do bar do campo da feira, e foi crecen-do ata converterse no completo es-tablecemento hostaleiro actual. O título de Embaixador Hostalei-ro da Provincia 2013 recaeu no chantadino Amancio López Seijas, presidente do grupo Hotusa, quen iniciou a súa actividade no ámbito da hostalería en 1977 en Cataluña

cun proxecto de central de reservas hoteleiras que hoxe é a organiza-ción de hoteis independentes líder en Europa. López Seijas non puido asistir ao evento e recibiu o premio no seu nome a súa sobriña María López.

Na organización deste encontro, a Apehl contou coa colaboración dos magos Rafa e Charlie e mais de Da-mián Seijas, para as demostracións de latte art. Ademais, sorteáronse algúns agasallos entre os asistentes e houbo unha festa posterior ame-nizada cun trío musical.

Page 11: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

11

Encontro da hostalería lucense 2013

Page 12: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1512

NOVAS

Encontro da hostalería lucense 2013

Page 13: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

13

HGA Bodegas y Viñedos de Altura, el grupo bodeguero gallego al que pertenece la bodega de Ribeira Sacra, Regina Viarum ha adquirido de Bodegas Pazo Villarei , una bodega de referencia de las Rías Baixas, en la Subzona de O Salnés.

Recientemente, HGA Bodegas y Viñedos de Altura, propiedad del empresario Horacio Gómez Araújo, ha dado un paso más en la creación de un gran grupo bodeguero gallego, con la adquisición de dos nuevas Bodegas en la D.O. Rías Baixas. Hasta el momento, el grupo estaba compuesto por Bodegas Regina Viarum, en la subzona de Amandi, D.O. Ribeira Sacra, en la que se elaboran sus vinos como Regina Viarum Mencía, y por el viñedo de Altos de Torona, en la subzona del Rosal, D.O. Rías Baixas, que con case 100 hectáreas de terreno cultivado, es uno de los viñedos más importantes de España de uva blanca en una sola parcela y de un único propietario. De este viñedo se elaboran vinos como el Rosal Altos de Torona.

El proceso de innovación e internacionalización que HGA Bodegas y Viñedos de Altura está llevando a cabo, ha hecho necesario dotar al grupo de una bodega propia para Bodegas Altos de Torona en la zona de O Rosal y a adquirir Bodegas Pazo Villarei a la multinacional Pernord Ricard, en la subzona de O Salnés, ambas dentro de la D.O. Rías Baixas. La operación, que ha ascendido a más de tres millones de euros, ha sido provocada por la necesidad del grupo HGA de apostar por la innovación constante y para ser capaces de asumir la expansión nacional e internacional.

El proyecto bodeguero de HGA Bodegas y Viñedos de Altura nace en el año 2001, fruto de la ilusión y el cariño por el mundo del vino de Galicia, invirtiendo y apostando por estas zonas vinícolas y por los productores locales de uva, buscando la diferenciación en cada uno de los vinos elaborados, manteniendo siempre la tracidición, a la vez que se incorporan las técnicas y recursos más innovadores.

El grupo HGA Bodegas y Viñedos de Altura genera en estos momentos cincuenta puestos de trabajo directos y más de ciento treinta puestos de trabajo indirectos, convirtiendo a las personas integrantes del equipo de HGA Bodegas y Viñedos de Altura en su principal activo. El volumen de botellas estimado del grupo asciende a un millón trescientas mil botellas/año, con una fuerte presencia en HORECA y el la Gran Distribución con marcas como Regina Viarum, Altos de Torona, Villarei y Tollodouro.

HGA Bodegas y Viñedos de Altura, el grupo bodeguero gallego al que pertenece la bodega de Ribeira Sacra, Regina Viarum ha adquirido la Bodega de Pazo Villarei, bodega de referencia de las Rías Baixas, en la Subzona de O Salnés.

Recientemente, HGA Bodegas y Viñedos de Altura, propiedad del empresario Horacio Gómez Araújo, ha dado un paso más en la creación de un gran grupo bodeguero gallego, con la adquisición de dos nuevas Bodegas en la D.O. Rías Baixas. Hasta el momento, el grupo estaba compuesto por Bodegas Regina Viarum, en la subzona de Amandi, D.O. Ribeira Sacra, en la que se elaboran sus vinos como Regina Viarum Mencía, y por el viñedo de Altos de Torona, en la subzona del Rosal, D.O. Rías

Baixas, que con casi 100 hectáreas de terreno cultivado, es uno de los viñedos más importantes de España de uva blanca en una sola parcela y de un único propietario. De este viñedo se elaboran vinos como el Rosal Altos de Torona, Albanta y Torres Ermelo.

El proceso de innovación e internacionalización que HGA Bodegas y Viñedos de Altura está llevando a cabo, ha hecho necesario dotar al grupo de una bodega propia para Bodegas Altos de Torona en la zona de O Rosal y a adquirir Bodegas Pazo Villarei a la multinacional Pernord Ricard, en la subzona de O Salnés, ambas dentro de la D.O. Rías Baixas. La operación, que ha ascendido a más de tres millones de euros, ha sido provocada por la necesidad del grupo HGA de apostar por la innovación constante y para ser capaces de asumir la expansión nacional e internacional.

El proyecto bodeguero de HGA Bodegas y Viñedos de Altura nace en el año 2001, fruto de la ilusión y el cariño por el mundo del vino de Galicia, invirtiendo y apostando por estas zonas vinícolas y por los productores locales de uva, buscando la diferenciación en cada uno de los vinos elaborados, manteniendo siempre la tracidición, a la vez que se incorporan las técnicas y recursos más innovadores.

El grupo HGA Bodegas y Viñedos de Altura genera en estos momentos cincuenta puestos de trabajo directos y más de ciento treinta puestos de trabajo indirectos, convirtiendo a las personas integrantes del equipo de HGA Bodegas y Viñedos de Altura en su principal activo. El volumen de botellas estimado del grupo asciende a un millón trescientas mil botellas/año, con una fuerte presencia en HORECA y el la Gran Distribución con marcas como Regina Viarum, Altos de Torona, Albanta, Pazo Villarei y Tollodouro.

www.hgabodegas.com

Page 14: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1514

NOVAS

A APEHL ASINOU VARIOS CONVENIOS PARA OBTER VANTAXES PARA OS SEUS ASOCIADOS

DESCONTOS EN SERVIZOS DE LIMPEZA

A delegación da zona sur da Apehl foi o escenario da sinatura do con-venio de colaboración con Lim-piezas Peña o pasado 5 de marzo. Mediante este acordo, aos locais asociados aplicaráselles un des-conto do 25% nos servizos que ofrece esta empresa monfortina dedicada ao control de pragas e

diversos tratamentos específicos para o sector de hostalería, coma o plan de desratización, desinsec-tación e desinfección. O convenio foi subscrito polo presidente de Apehl, Cheché Real, e o represen-tante de Limpiezas Peña, Eduardo Salceda Balboa.

ESTUDOS DE NECESIDADES EN SEGURIDADEO 27 de marzo firmouse na sede da Asociación un conve-nio coa empresa de seguridade privada Tecvipro Sistemas, que quedou formalizado coas sina-turas do presidente da Apehl, Cheché Real, e de Ignacio Cas-tro Fernández, en representa-ción de Tecvipro.

Para os asociados á Apehl, este acordo supón a realización de estudos de necesidades e orza-mentos en función das caracte-rísticas de cada establecemento, que se realizará sen custo nin compromiso, así como compor-ta descontos aplicables sobre instalacións e mantemento.

CONSECUCIÓN DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

Cheché Real asinou o 3 de abril o convenio de colaboración coas so-cias directoras de E-Sostible e Global-Med Galicia, Elena García Rodríguez e María González Gómez, respecti-vamente, para promover entre os asociados a obtención do certifica-do Q de Calidade Turística, así como a súa renovación e o seu mantemen-

to. As dúas empresas asinantes son consultoras de Lugo e, en virtude do convenio, e a un prezo módico, im-partirán formación específica para a capacitación dos responsables de implantación do sistema de calidade nos locais adheridos e prestarán asis-tencia técnica no proceso de trami-tación desta certificación.

Page 15: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

15

CRAEGA E APEHL PROMOVEN A INCLUSIÓN DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS NA OFERTA DOS LOCAIS HOSTALEIROS DA PROVINCIAO Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Aso-ciación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) puxeron en marcha a finais de xaneiro unha inicia-tiva conxunta de introdución e consoli-dación dos alimentos ecolóxicos certi-ficados na oferta dos locais hostaleiros da provincia lucense.

Esta campaña de promoción é froito dun convenio de colaboración que asi-naron as dúas entidades co obxectivo de poñer a disposición dos clientes dos establecementos de hostalería un en-trante, un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa e unha bebida preparados con produtos ecolóxicos, ben como menú, ben como opcións independentes na carta.

De momento uníronse un total de 11 locais integrados na Apehl: Taberna do Labrego, de Begonte; O Grelo e Pi-cota, de Monforte de Lemos; A Parada das Bestas, de Palas de Rei; e A Nosa Terra, Campos, Canela, España, O Lar de Adrián, Paprica e Porta Santiago, de Lugo. Todos eles aboaron unha cota

de 60 euros por participar, adquiriron o compromiso de manter esta oferta ecolóxica durante un ano e contan cun cartel distintivo do Craega que os acre-dita como establecementos recomen-dados. Os hostaleiros que desexen adscribirse poden facelo poñéndose en contacto coa Apehl.

Presentación pública da campaña na sede da Apehl

Page 16: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

16

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

PUBLIRREPORTAXE

TURISMO DE GALICIA PRESENTA AS EXPERIENCIAS TURÍSTICAS DOS PRODUTOS CABECEIRA DE MARCAA través da web de Turismo de Galicia xa se poden adquirir 35 paquetes turísticos relacionados con Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Faros e praias salvaxes, Bosques de Galicia e Dez lugares únicos.

A Xunta de Galicia, a través de Tu-rismo de Galicia, pon no mercado turístico un grupo de experiencias turísticas dos produtos cabeceira de marca Bosques de Galicia, Ca-miño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Mananciais de Galicia, Pa-seando entre viñedos, Patrimonio oculto, Ruta da camelia, Santuarios máxicos, Turismo mariñeiro e Top Ten-Lugares únicos, o que supón unha nova maneira de apoio á co-mercialización turística da comuni-dade galega baixo a marca Galicia, gárdasme o segredo?

En total trátase de 78 experiencias para elixir que inclúen 35 paque-tes turísticos aptos para todos os petos. Pódese acceder a eles di-rectamente a través da páxina web www.turgalicia.es.

OS PRODUTOSDentro do produto cabeceira de marca Santuarios máxicos atópan-se, entre outros, as experiencias e paquetes Santuarios literarios, De

romaría a Santo André de Teixido, O corazón da Galicia máxica, San-tuarios do océano Atlántico, Auga e milagres nas terras de Pontevedra e Santuarios entre viñedos.

Polo que respecta ao produto Pa-trimonio oculto, as experiencias e paquetes que xa se poden adquirir

son: As chaves do románico no Ri-beiro, Segredos do Miño, As pedras sacras da Costa da Morte, Ribeira Sacra: entre viñedos e mosteiros no Miño, Ribeira Sacra: entre mosteiros, castelos e bosques no río Sil, Segre-dos ocultos nas terras de Celanova, Baixa Limia e Allariz e Viaxe ao pa-sado nas terras de Lugo.

Uvas da Ribeira Sacra

Miradoiro en Parada de Sil (Ourense)

Page 17: HOSTELERÍA LUCENSE 15

17

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónPUBLIRREPORTAXE

Dentro do produto Faros e praias salvaxes entran os paquetes Praias de azucre, de Ferrol a Cedeira, Ata Bares, non te pares, No tren polo nor-te do Norte, Marabillas naturais na Mariña lucense, Ruta do mexillón e visita á Illa da Sirena, Praias naturais nas Rías Baixas e Os gardiáns das Rías (cruceiro a vela).

En Bosques de Galicia xa se poden reservar os paquetes Cortegada, a illa dos loureiros, Fraga das barbu-das, paz entre fervenzas, Fervenzas e fentos xigantes entre o Mandeo e o Eume, Bosque da fervenza, flotando sobre o río Miño, Bosques do Eume, o último bosque Atlántico, Ribeira Sacra, os bosques que rezan, Devesa da Rogueira, o bosque máis fermoso, Os Ancares, tras as pegadas do oso, Entre osos, trasgos e castañas, Teixa-

dal de Casaio, o bosque inmortal e O Xurés, os bosques da fronteira.

O Camiño de Santiago permite al-canzar a meta en Compostela a tra-vés de sete rutas: Camiño Francés, Camiño do Sueste, Camiño Portu-gués, Ruta do Mar de Arousa, Cami-ño Inglés, Camiño do Norte e Camiño Primitivo. Tamén se inclúe Camiño de Fisterra-Muxía.

No produto Paseando entre viñedos inclúense as rutas das cinco deno-minacións de orixe vitivinícolas de Galicia, mentres que en Mananciais de Galicia están todos os balnearios e spas da comunidade galega.

O produto Turismo mariñeiro inclúe oito experiencias relacionadas coa Mariña lucense, Ferrolterra, A Co-

ruña e As Mariñas, Costa da Morte, Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría e Terras de Pontevedra e Ría de Vigo e Baixo Miño.

CIRCUÍTO DEZ LUGARES ÚNICOSPor último, dentro do produto tu-rístico Dez lugares únicos pódense encontrar catro paquetes relacio-nados cun gran tour por Galicia, e mais os paquetes Galicia é única, Esencias de Galicia e Historias de mar e pedra.

Os paquetes turísticos que xorden das experiencias turísticas de Gali-cia comercialízanse a través dunha almacenista de viaxes, gañadora do concurso público convocado por Turismo de Galicia e pódense reser-var desde a web da sociedade pú-blica de promoción turística.

O Courel Serra da Enciña da Lastra

Santiago de Compostela

Vieiras Illa CíesSanto André de Teixido (Cedeira)

Page 18: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1518

NOVAS

AS XORNADAS DO COCIDO DE ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA CUMPRIRON CINCO ANOSA Apehl levou a cabo en febreiro unha nova edición do “Estase Cocen-do”, un evento gastronómico que non deixou de crecer dende a súa primeira convocatoria. No que foi o quinto aniversario destas Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sa-cra participaron máis de 70 estable-cementos hostaleiros dos concellos de Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, O Saviñao e Sober, co que novamente se me-lloraron as cifras do ano anterior.

Ademais, a oferta, consistente en co-cido en menú e en tapas, festas nos pubs e prezos especiais no aloxa-mento en hoteis, pensións e casas de turismo rural, mantívose por pri-meira vez durante todo o mes.

O “Estase Cocendo” de 2013 foi apa-driñado polo humorista, presentador e actor xovense Roberto Vilar, quen foi investido como compadre nun acto desenvolvido o 4 de febreiro no Centro do Viño. Vilar felicitou á orga-

nización “porque en vez de queixarse intentan facer cousas novas para que os negocios vaian mellor” e identifi-couse cos hostaleiros, “autónomos coma min, que tamén vivo da xente á que lle gusta o meu produto”.

Presentación do “Estase Cocendo” en Monforte de Lemos

O BAR QUIPE GAÑOU O CONCURSO DE TAPAS DE QUIROGA

O PEDREIRA, VENCEDOR NO CERTAME DE MEIRA

Do 21 ao 29 de marzo tivo lugar o II Concurso de Ta-pas de Quiroga, organizado polo Concello e a Ape-hl coa colaboración de 19 locais hostaleiros. O vencedor foi o bar Qui-pe, que concorreu cun-ha carrilleira de Porco Celta con mousse de foie, adozada con con-feitura de figos da terra e salteado con fungos do Courel ao curry e tella de queixo. A se-gunda clasificada foi a Adega de María e en terceira posición que-daron empatados Casa Torres e O Roxo Vivo.

O 19 de marzo deu comezo en Meira o segundo con-curso de tapas, organizado polo Concello coa cola-boración da Apehl. Competiron 11 locais e o certa-me prolongouse ata o 28 de abril. O público deulle

o primeiro premio ao restaurante Pedreira, que logrou este triun-fo por segundo ano consecutivo, nesta ocasión cun rodaba-llo con salsa trufada, acompañado de pasta salteada con queixo, noces e tomatiños e de mexillóns reboza-dos en tempura. O se-gundo posto foi para O Muíño e o terceiro para O Pozo.Tapa vencedora

www.caixaruralgalega.es

Rodaballo trufado

Page 19: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

19

O CLUB ANCARES PREMIOU O LABOR DE DIFUSIÓN TURÍSTICA DA ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS O Club Ancares, asociación de amantes da serra e afeccionados ao deporte de montaña, conme-morou o 4 de febreiro os seus 50 anos de existencia nun acto festi-vo celebrado na aldea do Piornedo (Cervantes), onde se forxou a súa historia.

A xornada iniciouse pouco antes do mediodía cunha breve reunión e un percorrido pola exposición La nieve en Ancares. A continuación, os asistentes gozaron dunha comi-da a base de caldo galego, lome-dro con patacas, queixo do país, café e augardente de Portomarín.

Como broche final do evento, o Club Ancares fíxolle entrega á Apehl do Urogallo do Cincuentenario, unha distinción coa que quixo recoñe-

cer o labor de difusión da provin-cia de Lugo e da súa gastronomía que realiza dende hai anos a Aso-ciación. O presidente da Apehl, Cheché Real, acompañado polo

vicepresidente, José Manuel Cela, recolleu este premio de mans do presidente do Club Ancares, Alfre-do Sánchez Carro, creador do lema …E para comer, Lugo.

Acto de entrega do Urogallo do Cincuentenario do Club Ancares

Page 20: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1520

NOVAS

VITORIA DO BARCO …E PARA COMER, LUGO NO GRAN PREMIO EL CORTE INGLÉS A embarcación …E para comer, Lugo, capitaneada polo coñeci-do regatista Gonzalo Araújo, foi a clara vencedora do Gran Premio El Corte Inglés de Platu 25, un éxi-to que se suma aos xa obtidos ao longo das nove edicións deste cir-cuíto vigués, onde coroou a parte máis alta do podio ata en catro ocasións.

O veleiro lucense foi o máis regular durante as seis fases que durou a competición dos monotipo, inicia-da en novembro do ano pasado e finalizada en abril, e amosou un alto nivel deportivo no mar, froito do destacado elenco de tripulan-tes que tomou parte.

O seu patrón manifestou a alegría polo resultado obtido “sobre todo tendo en conta o nivel do circuíto deste ano, onde chegamos todos os barcos moi apretados na clasificación xeral á última fase”. “É un aliciente para prepararnos cara ao Campionato de España de Vilagarcía e o Mundial de

Portosín, onde o nivel será moi similar ao do Gran Premio El Corte Inglés des-ta tempada”, valorou tamén Araújo.

A Apehl congratúlase de que o barco que apoia para que leve a marca ...E para comer, Lugo ao mundo da vela represente tan ben a provincia.

A tripulación do barco co novo trofeo acadado

PRESENTADO O CIRCUÍTO DE OCIO DE CALIDADE DE LUGO

A APEHL IMPÚXOLLE A INSIGNIA DE OURO AO AZKAR LUGO

A Apehl colaborou co Concello de Lugo e coa ONG Control Club na implantación do I Circuíto de Ocio de Calidade na cidade, un programa de prevención do consumo de drogas e do consumo abusivo do alcohol no que se integraron dez locais hostaleiros. En liñas xerais, o traballo realizado con eles consistiu na aplica-ción do Código de boas prácticas profesionais do sector hostaleiro (un manual feito para a ocasión), na realiza-ción de cursos de prevención da drogodependencia dirixidos a traballadores e empresarios e na instalación de sinais informativos da campaña nos locais adscritos.

O presidente e o vicepresidente da Apehl, Cheché Real e José Manuel Cela, respectivamente, fixéronlle entrega ao presidente do Azkar Lugo F.S., Manuel Vázquez, da insignia de ouro da Asociación e dunha placa conmemorativa en agradecemento á difusión que está facendo o equipo da marca …E para comer, Lugo por toda España. Dende hai un par de anos, os xogadores do Azkar locen esta marca nos seus equipa-mentos, un deta-lle desinteresado e sen custo para a Apehl que contri-búe a proxectar a imaxe da provincia e da súa gastrono-mía. A imposición da insignia tivo lu-gar o sábado 27 de abril.Presentación dos resultados do proxecto

Page 21: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVAS

21

PRIMEIRA REMESA DE TAPÓNS DA APEHL PARA AXUDAR A UXÍAO 8 de abril, o presidente da Apehl, Cheché Real, fixo entrega dunha parte dos tapóns de plástico reunidos polos establecementos de hostalería para a campaña de axuda a Uxía, a nena de Quiroga nacida sen unha man. O obxectivo é recadar fondos para financiar os gastos médicos da cativa. A sede da Apehl e as súas delegacións norte e sur seguirán sendo un punto de recollida do banco de tapóns, polo que todos os lo-cais hostaleiros da provincia de Lugo, asociados ou non, poden colaborar nesta iniciativa solidaria.

169 LOCAIS HOSTALEIROS NO II DESTAPA GALICIA

XORNADAS DE GALO MOS NO RESTAURANTE PEREIRA

Begano, empresa concesionaria de Coca-Cola para Ga-licia, celebrou entre marzo e abril a segunda edición do certame Destapa Galicia, no que participaron 169 establecementos. Entre os gañadores atópase o Cu-luca (A Coruña), vencedor na modalidade de Tapa de Aquí, cuxo xefe de cociña e propietario, Francisco Jimé-nez, é membro do xurado do Cume Tapas de Monforte 2013. Ademais, no podio situáronse O Ferro (Santiago de Compostela), na modalidade de Tapa Coca-Cola, e o Central Park (A Coruña), na de Tapa Creativa.

O Restaurante Pereira III de Castroverde preparou con éxi-to unhas Xornadas do Galo de Raza Mos do 15 de marzo ao 7 de abril. Ofreceulles aos seus clientes un menú conformado por sopa de galo, revolto de grelos con ovos, galo asado, tiramisú caseiro e flan de ovo. Ade-mais, facía por encargo galo de Mos con lumbri-gante. Todos estes pratos estaban preparados con produtos da raza Mos.

COLABORACIÓN DA HOSTALERÍA LUCENSE NA OPERACIÓN CAFÉA Apehl colabora este ano na campa-ña solidaria Operación Café, que arrin-cou o 1 de maio e se prolongará ata o 15 de xuño e cuxo obxectivo é a loita contra a desnutrición infantil. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional

promovida pola ONG Acción Contra el Hambre e a Federación Española de Hostelería. Os establecementos adscritos doan para a campaña 0,10 euros por cada “café solidario” consu-mido. Na provincia de Lugo participan

o restaurante Antas (Lugo), a Taberna do Labrego (Begonte), Picota Espazo Gastronómico (Monforte de Lemos), o café bar O Rincón de Mondoñedo (Mondoñedo) e o café bar Esquina (A Pontenova).

A Apehl seguirá recollendo tapóns para a causa

Page 22: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1522

FORMACIÓN

A APEHL ESTÁ LEVANDO A CABO SERVIZOS DE DOCENCIA EN HOSTALERÍAA Apehl está colaborando coa Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos e coa Fe-deración Española de Hostelería no Plan de Formación Sectorial de Hostelería, dirixido prioritaria-mente aos traballadores ocupa-dos. No mes de abril levou a cabo o curso de certificación da capaci-tación profesional de manipulador de alimentos de maior risco, im-partido en modalidade mixta tan-to en Monforte de Lemos coma en Lugo; proximamente organizarase unha nova edición deste curso. Así mesmo, dentro deste mesmo plan organizou un curso sobre coctelería, neste caso na modali-dade de teleformación, a impartir entre o 3 de maio e o 14 de xuño. É de carácter gratuíto e está dirixido

a profesionais do sector, cun 40% das prazas reservado a persoas desempregadas. Por outra banda, a Apehl continúa colaborando no plan de formación de Cáritas Diocesanas, ofrecendo o servizo de docencia nun curso de operacións básicas de cociña. Esta actividade formativa enmar-couse no Programa Operativo Plu-rirrexional de Loita contra a Discri-minación 2007-2013, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Algúns esta-blecementos hostaleiros asocia-dos están acollendo os alumnos en prácticas procedentes destes cursos. Os locais que queiran con-tribuír neste aspecto teñen que comunicarllo á Apehl.

E S TA A S O C I A C I Ó N DÁ M O I T OASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.22.69.12Fax: 982.24.42.56E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ Zapaterías s/nTorreón da Cárcere Vella27400 Monforte de LemosTfno: 982.412.050E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.13.30.47E-mail: [email protected]

Servizos xerais Trámites ante o Servizo de Turismo

Elaboración de listas de prezosFollas de reclamacións

Cartelería informativa regulamentaria (tabaco, alcohol...)

Asesoría xurídica Concertada con Álvarez Real en distintas delegacións: Lugo, Chantada, Escairón, Quiroga, A

Barrela, Guitiriz, Bretoña, A Pontenova e Ribadeo

Asistencia laboralTramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e

certificados de retención (cota de 8,30 €/mes nómina) Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asocia-

dos do contido do mesmo e as súas novidades

Póliza de seguros colectiva Para cubrir a morte ou a incapacidade derivadas dun accidente de traballo que

establece o convenio colectivo do sector (13 € traballador/ano)

Formación específica do sector

Organización de concurso de tapas

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Prevención de riscos laboraisAPPCC, Manipulador de alimentos

Inspeccións eléctricasRecollida de aceite

Descontos en consumos de gas e luz

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

10

14

22

37

50

59

OFICINAS DA ASOCIACIÓN:

PROMOCIÓNPromoción da gastronomía lucense

Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais,medios de comunicación e puntos turísticos

Publicidades dos asociados en InternetPublicamos noticias de interese dos establecementos asociados

na páxina web www.eparacomerlugo.com e nas redes sociais

Page 23: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónLEXISLACIÓN

23

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o 8 de maio en San-tiago de Compostela o investimento do Goberno galego de 1.550.000 euros en ordes de axudas dirixidas ao sector tu-rístico de Galicia. Castro explicou que o obxectivo destas axudas é desenvolver o turismo na comunidade de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sostibilidade, así como potenciar o tu-rismo como factor de crecemento eco-nómico, mellorar o posicionamento do destino Galicia e crear novos produtos que posibiliten a vantaxe competitiva e permitan desestacionalizar a demanda.

A directora de Turismo de Galicia in-dicou que estas ordes contemplan discriminación positiva para os esta-blecementos e empresas situados nas provincias do interior, para aqueles es-tablecementos que primen a accesibi-lidade para as persoas con mobilidade reducida e o acceso para persoas con diversidade funcional, o feito de que poidan acreditar unha distinción en ca-lidade ou ben en xestión medioambien-tal ou eficiencia e aforro enerxético e tamén, nalgúns casos, a orientación da oferta ao público familiar ou a inciden-cia na desestacionalización, así como a innovación e a creatividade.

AXUDASMellora de infraestruturas. Unha das liñas de axuda convocadas está dirixida á mellora de infraestruturas turísticas en establecementos hoteleiros do gru-po 1, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes. Subvenciónanse a mo-dernización das instalacións e mais as obras que se realicen para aumentar a categoría do local, mellorar a accesibi-

lidade, implantar sistemas de protec-ción ambiental ou obter certificacións de calidade.

Certificación da calidade. Outra das axudas presentadas é para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Cali-dade Turística do Instituto para a Cali-dade Turística Española. Concederase a establecementos hoteleiros, apar-tamentos e vivendas turísticas, turis-mo rural, acampamentos de turismo, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios. Neste caso subvenciónanse os procesos de certificación de normas UNE que con-duzan á certificación, ao seguimento e á renovación da marca Q; por exemplo, os custos de auditoría externa ou os derivados do uso da devandita marca.

Dotación de equipamento. Esta orde vai dirixida ás entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dota-ción de equipamento para servizos tu-rísticos complementarios, isto é, para a práctica de actividades deportivas e

de lecer: bicicletas, piraguas, embar-cacións, material de golf, sendeirismo, hípica, material náutico, escalada etc.

Comercialización do destino Galicia. Estas axudas oriéntanse ás axencias de viaxes, para a comercialización e a promoción do destino Galicia a través da creación de paquetes turísticos cos produtos cabeceira da marca turística de Galicia. Estes paquetes incluirán obrigatoriamente o aloxamento e dúas actividades de lecer como mínimo.

Promoción de festas de Interese Tu-rístico Galego. Por último, sacouse unha orde de subvencións a Concellos galegos para o apoio, a promoción e a difusión de festas declaradas de Inte-rese Turístico de Galicia. Sufragaranse parcialmente os investimentos vincu-lados directamente a este tipo de ac-cións, coma os efectuados en publici-dade, cartelería, anuncios nos medios de comunicación etc. No caso de que a festa sexa gastronómica, serán sub-vencionables os gastos de adquisición do producto protagonista do evento.

TURISMO DE GALICIA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS A CINCO LIÑAS DE AXUDAS AO SECTOR As subvencións están dirixidas á mellora de infraestruturas turísticas, á comercialización e promoción dos produtos turísticos galegos, á renovación ou mantemento dos distintivos de calidade, ao apoio para a promoción de festas de In-terese Turístico de Galicia e á dotación de equipamento para servizos turísticos complementarios.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación das axudas

Page 24: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

LEXISLACIÓN

24

TRABALLADORES POR CONTA ALLEA

BONIFICACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL POR CONTRATACIÓNSContratación indefinida inicialBonificacións á Seguridade Social

- Discapacitados- Vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo- Situación de exclusión social

Contratación indefinida de apoio a emprendedoresBonificacións á Seguridade Social

- Mozos entre 16 e 30 anos (ambas as dúas idades inclusive)- Maiores de 45 anos

Transformacións de contratos tempo-rais a indefinidosBonificacións/reducións á Seguridade Social

- Transf. de contrato temp. de fo-mento de emprego ou formativos de discapacitados- Transf. de contrato de vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo- Transf. de contrato de situación de exclusión social- Transf. de contratos en prácticas, relevo e substitución por xubilación anticipada en empresas de menos de 50 traballadores- Transf. de contratos para a forma-ción e a aprendizaxe

Contratación temporal de desempre-gados Bonificacións á Seguridade Social

- Cto. temp. de fomento de emprego con discapacitados- Cto. temp. de interinidade con dis-capacitados para substituír a disca-pacitados en it- Cto. temp. con vítimas de violencia de xénero ou de terrorismo- Cto. temp. con persoas en situación de exclusión social

- Cto. temp. de interinidade para substituír a persoas vítimas de vio-lencia de xénero que teñan suspen-dido o seu contrato, cambio de centro de traballo e mobilidade xeográfica- Cto. temp. de interinidade con des-empregados para substituír mater-nidade, paternidade, risco en em-barazo, risco en lactación natural, adopción e acollemento preadoptivo ou permanente - Traballadores substituídos en in-terinidade por desempregados por maternidade, paternidade, risco en embarazo, risco en lactación natural, adopción e acollemento- Cto. temp. interinidade con desem-pregados con máis dun ano de pres-tación para substituír excedencias por coidado de familiares- Cto. formación

MEDIDAS DE APOIO AO EMPRENDEDOR E DE ESTÍMULO DO CRECEMENTO E CREACIÓN DE EMPREGO

Todos os contratos relacionados a continuación teñen algún tipo de boni-ficación ou redución nas cotas da Se-guridade Social.

- Cto. a tempo parcial, indefinido ou temporal, que non supere o 50% da xornada a tempo completo, con vin-culación formativa de mozos desem-pregados menores de 30 anos (requi-sitos)- Cto. indefinido dun único traba-llador desempregado menor de 30 anos, se a empresa ten como máxi-mo 9 traballadores (exclusións)- Cto. indefinido con desempregados maiores de 45 anos que leven 12 me-ses desempregados ininterrompida-mente ou sexan beneficiarios do pro-

grama de recualificación profesional (este contrato só o poden facer au-tónomos menores de 30 anos e sen traballadores)- Transformación a indefinido de cto. temp. de xornada completa ou xornada parcial superior ao 75% de mozos desempregados menores de 30 anos que non teñan experiencia laboral ou que sexa inferior a 3 me-ses. o contrato temporal terá unha duración mínima de 3 meses e máxi-ma de 6 ou 12 meses (se se estipula en convenio)- Cto. en prácticas celebrado con mozos menores de 30 anos.- Incorporación por cooperativas de traballo asociado de mozos menores de 30 anos como socios traballado-res (condicións)- Incorporación por sociedades labo-rais de traballo asociado de mozos menores de 30 anos como socios de traballo- Cto. por empresas de inserción de menores de 30 anos en situación de exclusión social

As empresas encadradas nos secto-res de turismo, comercio vinculado ao mesmo e hostalería que xeren ac-tividade produtiva nos meses de mar-zo e novembro deste ano 2013 e que inicien e/ou manteñan en alta duran-te os devanditos meses a ocupación dos traballadores fixos-descontinuos poderán aplicar unha bonificación do 50% nos devanditos meses.

TRABALLADORES POR CONTA PROPIA

A. TRABALLADORES DE 30 ANOS OU MENOS (35 ANOS EN CASO DE MU-LLERES)Os traballadores que causen alta no

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 23 de febreiro recolle o Real Decreto-lei 4/2013 no que se inclúe unha serie de medidas en materia de Seguridade Social e de estímulo á contratación.

Page 25: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónLEXISLACIÓN

25

RETA ou Réxime Especial do Mar, te-rán dereito a que se lles aplique unha redución, sobre a cota de continxen-cias comúns, durante os 15 meses se-guintes á data de efectos de alta, equi-valente ao 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente á base mínima de cotización. Así mesmo, nos 15 meses seguintes, terá dereito a unha bonificación de igual contía.

B. DISCAPACITADOSCando causen alta no RETA benefi-ciaranse, durante os 5 anos seguintes á data de alta, dunha bonificación do 50% da cota que resulte de aplicar so-bre a base mínima de cotización o tipo vixente en cada momento.Nos supostos A e B, a partir de data 24 de febreiro de 2013 e alternativa-mente á bonificación e redución ex-posta no parágrafo anterior, os tra-balladores por conta propia que teñan menos de 30 anos e que causen alta inicial no RETA ou que non estivesen en situación de alta nos 5 anos inme-diatamente anteriores á alta, poderán aplicar reducións e bonificacións so-bre a cota por continxencias comúns, resultante de aplicar á base mínima o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento por un período máximo de 30 meses (quedan excluídos de for-ma expresa os traballadores por con-ta propia que contraten traballadores por conta allea).

C. TRABALLADORES CON 65 ANOS OU MÁISOs traballadores autónomos queda-rán exentos de cotizar á Seguridade Social, excepto por incapacidade tem-poral e por continxencias profesio-nais, sempre que teñan cumpridos 65

anos e acrediten polo menos 38 anos e 6 meses de cotización á Seguridade Social, ou cumpridos 67 anos e acredi-ten polo menos 37 anos de cotización á Seguridade Social (sen computar, en ambos os casos, as partes proporcio-nais das pagas extraordinarias).

D. SUBSTITUCIÓN POR DESCANSO POR MATERNIDADE, ADOPCIÓN, ACOLLEMENTO, PATERNIDADE, RISCO DURANTE O EMBARAZO OU DURANTE A LACTANCIA NATURALOs autónomos substituídos durante estas situacións mediante os contra-tos de interinidade bonificados, ce-lebrados con desempregados a que se refire o Real Decreto-Lei 11/1998, seralles de aplicación unha bonifica-ción do 100% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima ou fixa que corresponda o tipo de cotización establecido como obrigatorio neste Réxime. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade po-las devanditas causas e o contrato de interinidade do substituto e, en todo caso, co límite máximo do período de suspensión.Igualmente, aplicarase unha bonifica-ción do 100% nas cotas empresariais á Seguridade Social, por todas as con-tinxencias, con respecto á cotización correspondente ao traballador des-empregado que se contrate en inte-rinidade, nos termos establecidos no Real Decreto-Lei 11/1998, por razón de substitución de traballador autó-nomo durante os períodos citados.

E. NOVAS ALTAS DE FAMILIARES COLABORADORES DE

TRABALLADORES AUTÓNOMOSO cónxuxe, parella de feito e familia-res de traballadores autónomos ata o segundo grao inclusive, por consan-guinidade ou afinidade, que se incor-poren como novas altas no RETA e colaboren con eles mediante a rea-lización de traballos na actividade de que se trate, terán dereito a unha bonificación equivalente ao 50% da cota que resulte de aplicar o tipo de cotización vixente en cada momento á base mínima de cotización, durante os 18 meses seguintes á data de efectos da alta.

F. OS MENORES DE 30 ANOS PODEN COMPATIBILIZAR PRESTACIÓN DE DESEMPREGO CON RETAOs beneficiarios de prestación por desemprego de nivel contributivo que se dean de alta no RETA poderán per-cibir mensualmente a prestación, por un máximo de 270 días, se son meno-res de 30 anos no momento de inicio da actividade e non teñen traballado-res e o solicitan no prazo de 15 días a contar desde a data de inicio da acti-vidade.

G. AMPLIACIÓN DE POSIBILIDADES DE APLICACIÓN DE PAGO ÚNICO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO PARA ALTAS NO RETA

H. SUSPENSIÓN E REANUDACIÓN DO COBRO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO TRAS REALIZAR UNHA ACTIVIDADE POR CONTA PROPIA

suministros de hostelería y colectividadesVAJILLAS / CRISTALERÍAS / CUBERTERÍAS / MENAJE / MOBILIARIO / MANTELERÍASMÁQUINAS DE VENDING:TABACO / BEBIDAS / SNACKS / COMIDA CALIENTE / SISTEMAS DE PAGOAvda. Américas, 67 - LUGOTelf.: 982 201 084 - www.lugostel.com

Venta a Profesionales y Particulares

VENTA YSERVICIO TÉCNICO

Telfs.: 647 743 158687 357 006

DISTRIBUIDOR OFICIALPARA LA PROVINCIA DE LUGO

Page 26: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

LEXISLACIÓN

26

LIMITACIÓNS AO CONSUMO, A VENDA E A SUBMINISTRACIÓN DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS

1. Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade.

2. Queda prohibida a venda e subminis-tración de bebidas alcohólicas a menores de idade.

3. Queda prohibida a venda e subminis-tración a menores de idade de calquera produto que imite os envases de bebidas alcohólicas.

LIMITACIÓNS AO ACCESO DE MENO-RES DE IDADE A LOCAIS

1. Con carácter xeral, queda prohibida a entrada dos menores de idade en salas de festas, de baile ou discotecas, salvo que estean acompañados de maiores de idade con responsabilidade sobre eles.

2. Excepcionalmente, estes locais po-derán dispor de sesións especiais para maiores de 14 anos, con horarios e sina-lización diferenciadas, sen que poida ter continuidade ininterrompida con aque-las sesións nas que se produza a venda de bebidas alcohólicas, retirándose dos locais, durante estas sesións especiais, a exhibición e publicidade deste tipo de bebidas.

SINALIZACIÓN DAS LIMITACIÓNS NO CONSUMO, A VENDA E A SUBMINIS-TRACIÓN DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS

Todos os establecementos nos que se vendan ou fornezan bebidas alcohólicas deberán estar sinalizados no referente ás prohibicións de consumo, venda e sub-ministración de bebidas alcohólicas para menores de idade. Así mesmo, na super-ficie frontal das máquinas expendedoras de bebidas alcohólicas figurará un cartel coa advertencia de prohibición de uso por menores de idade.

Os carteis sinalizadores terán carácter permanente, estarán fixados de modo vi-sible e deberán incluír obrigatoriamente información en galego e castelán.

Serán responsables da sinalización as persoas físicas ou xurídicas titulares das entidades, centros, locais ou establece-mentos nos que se cometese a infracción ou, na súa ausencia, os empregados que estivesen ao seu cargo.

Os carteis deberán colocarse:- Na entrada dos establecementos, nun lugar claramente visible desde o exterior e a unha altura de entre 1,5 e 2 metros do chan.- No interior, nun lugar visible, a unha al-tura de entre 2 e 2,5 metros do chan.

*Os asociados poden solicitar nas oficinas de Apehl a cartelería regulamentaria.

RECORDATORIO DA NORMATIVA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES DE IDADE E SINALIZACIÓN

REXISTRO GALEGO SANITARIO DE EMPRESAS E ESTABLECEMENTOS ALIMENTARIOSO decreto 204/2012 de 4 de outubro crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimen-tarios (Regasa), cuxa finalidade é a protección da saúde pública e dos inte-reses dos consumidores.

Inscribiranse no Regasa as empresas ou establecementos alimentarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:a) Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.b) Que a actividade que realice consista

exclusivamente en manipular, transfor-mar, envasar, almacenar ou servir ali-mentos para a súa venda ou entrega in situ ao consumidor final, con ou sen re-partición a domicilio, ou a colectividades.

O citado decreto estipula na súa Disposi-ción Adicional Segunda que aos operado-res cuxos datos obren en poder do órgano de adscrición do Regasa asignaráselles de oficio o número de rexistro que lles corresponda. Por este motivo, a Xefatu-ra Territorial de Sanidade de Lugo está a enviar aos establecementos de hosta-lería carta informativa cos datos e número

de Regasa para que o titular do establece-mento poida confirmar, modificar ou dar de baixa a información que se envía a través da páxina web www.sergas.es.

*Informamos aos nosos asociados de que, aínda que os datos que reciban sexan co-rrectos, deben verificalos e confirmalos a través da páxina web do Sergas antes do 31 de maio de 2013.

Para calquera dúbida ou aclaración po-den contactar con esta Asociación.

Page 27: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónLEXISLACIÓN

27

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

27

A elaboración de diversos cafés (irlandés, cubano, bombón, tofe…) e chocolates (suízo, galego, con plátano, estilo Capricho…) é unha das especialidades de O Capricho de Lugo, situado nunha das principais arterias da cidade, a avenida da Coruña. Non obstante, os viños e o tapeo asociado tamén teñen un lugar destacado no día a día deste café bar. Ofrecen como mínimo nove tapas diarias entre os pinchos fríos e as de cociña, entre elas o “niño de raxo” e o “chourizo ao inferno”. Á parte das racións habituais, ofertan racións low cost, máis pequenas e con prezos moi asequibles. Unha característica distintiva do local é a realización de distintas actividades todos os meses. Exemplos disto son o club da calceta, que se fai unha tarde á semana, ou os monólogos que se celebran este mes de maio. Pecha os martes.

A praza de abastos de Monforte conta desde decembro cun lugar no que o cliente atopará a oferta adecuada para cada momento. Se de almorzar se tra-ta, a Picota ofrece bolaría caseira, men-tres que para a merenda adáptanse moi ben os batidos de froitas naturais e de xeado ou tamén os smoothies, a base de iogur líquido e froitas. A tapería baseada en produtos de mercado típicos de Galicia é outro dos piares do negocio, e as tapas de sopas de allo están de moda na cidade desde que Damián Seijas, propietario do local, reinventou este tradicional prato de culler. Por suposto, quen se achegue á Picota tamén poderá gozar dun café ou dun cóctel de excelente calidade e sabor, posto que Damián ten no seu haber varios títulos de campión barista.

El Celler (que significa bodega en catalán) está dirixido por Almudena González e o seu marido e xefe de cociña, Miguel Ángel Echalecu. As piruletas de queixo de cabra con marmelada de tomate, as luras en tempura caseira, o micuit de pato ou a “boina parrillera” (pan recheo de distinas carnes á brasa) son algúns dos pratos que o cliente atopará na súa carta. Outra das singularidades son as tapas internacionais que ofrecen durante a fin de semana, tales como os burriños mexicanos, o suxi xaponés ou outras propostas típicas de países coma Irlanda ou Tailandia. Ademais, de luns a venres ofrecen un menú do día por 9 euros. A súa carta de viños é ampla, desde mencías da zona ata somontanos e cariñena. Pecha os martes.

O CAPRICHO DE LUGO

Avenida da Coruña, 441 – Lugo – Tel.: 982 206 084 www.facebook.com/pages/O-capricho-de-Lugo

PICOTA – ESPAZO GASTRONÓMICO

Bailén, 17 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 418 408www.facebook.com/EspazoGastronomicoPicota

EL CELLER

Desde novembro, unha boa opción para comer no polígono industrial de Meira é o restaurante O´Casoa, que ofrece de luns a venres un menú de 9 euros con catros primeiros e catros segundos pratos a elixir, e un menú de 12 euros os sábados e os domingos. Neste segundo caso, as posibilidades de elección aumentan a oito entrantes e oito pratos principais. Entre as propostas atopamos, por exemplo, carpaccio de verduras gratinadas con queixo, trío de vieiras, bombón de pescada recheo de verduras en salsa ou entrecosto de boi á pedra. Á hora dos viños, cos que ofrecen tapas quentes e pinchos fríos, tamén se rexistra moita actividade no local. Doutra banda, a afición do seu propietario polas motos é un dos motivos polos que regalan xamón e cervexa aos grupos de moteiros que inclúen O´Casoa como parada habitual. Pecha os domingos que non hai feira e os demais domingos pola tarde.

Despois dun considerable investi-mento económico –antigamente nese local había unha boleira–, o pub Rony Bar abriu as súas portas ao pú-blico en marzo deste ano cunhas ins-talacións completamente renovadas e con aseos adaptados para persoas con discapacidade. A día de hoxe, segundo comenta o seu propietario, J. Manuel Ron Lombardero, o gin-tonic é a bebida máis solicitada. Non obstante, o local abre todos os días a partir das doce do mediodía e á hora dos viños e o tapeo tamén funciona moi ben. A música que máis soa é o pop-rock mais os temas do momento, aínda que teñen pensado acoller actuacións en directo de grupos locais de vez en cando. Entre outros eventos, o Rony Bar fará anualmente unha festa da caipiriña. O local dispón de wi-fi, futbolín e máquina de dardos.

O polbo á feira e á grella son os pratos estrela do restaurante La Rotonda. Pero na súa carta tamén destacan o ollomol estilo Santurce ou en espeto, o bacallau á grella e carnes coma o entrecosto e o chuletón de boi ou o cabrito. As xornadas gastronómicas son outro dos sinais de identidade, sendo habituais as de arroz con lumbrigante, polbo, cogomelos, bacallau e lagosta. Para os que se decantan polas racións, aquí son afamadas as croquetas caseiras de xamón ibérico e as de bacallau, as gambas ao allo e os chocos. De luns a sábado ofrecen un menú do día por 9 euros. Dispoñen de dous comedores con capacidade para 160 persoas. Pecha os domingos.

O´CASOA

Polígono industrial, parcela 0 – Meira – Tel.: 982 330 089

RONY BAR

Estrada xeral, 10 – A Pontenova –www.facebook.com/RonyCafeBar

LA ROTONDA

Leopoldo Calvo Sotelo, 36 - Monforte de Lemos - Telf.: 982 410 779www.facebook.com/celler.monfortedelemos Avenida da Coruña, 435 A – Lugo – Tel.: 982 204 057

Page 28: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVOS SOCIOS

28

A partir das 7:30 da mañá, Sol Café é o lugar apropiado para tomar ese primeiro café do día acompañado duns churros, uns sobaos, un croissant ou unhas napolitanas cos que afrontar con forza a xornada que queda por diante. Para comer ao mediodía entre semana, esta cafetería ofrece un prato único por 3,95 euros, aínda que, para quen o prefira, tamén elaboran unha extensa variedade de bocadillos. O tapeo á hora dos viños tamén é popular entre os veciños da zona. Dispón de terraza exterior en época de verán e pecha os domingos.

O traballo industrial condiciona o horario deste café bar, de 7:00 a 23:00 horas, sendo a hora dos al-morzos e a dos viños as que con-forman o groso da actividade. Os dous segredos da afluencia de xente, tanto traballadores do po-lígono coma doutros puntos da cidade, son a variedade de tapas (callos, bocareos, patacas bravas, patacas alioli…) e a heteroxénea carta de viños. Ademais, as persoas que van almorzar son obsequiadas cun vaso de zume de laranxa natural. Doutra banda, tamén é unha boa opción para comer o menú do día a un prezo económico. Pecha os sábados á tarde, os domingos e os festivos.

O propietario de El Rincón de Quique non se chama Quique, senón Carlos López, quen explica rapidamente que este nome púxoo en honor ao seu sogro, unha persoa moi querida por el. Aberto desde o 12 de marzo en pleno corazón da cidade amurallada, a actividade deste café bar xira en torno aos viños e o tapeo. O caldo galego, o polbo, o raxo, os chipiróns, a zorza, a ensalada rusa caseira e os champiñóns son algunas das propostas que ofertan gratuitamente coas consumicións. El Rincón de Quique é un local de pequenas dimensións, pero moi acolledor. Ademais dispón de terraza na rúa da Cruz cando o tempo acompaña.

SOL CAFÉ

Concepción Arenal, 11 – Lugo – Tel.: 982 000 814

CARLOS

Rúa da Industria, 77 (Polígono industrial O Ceao) – Lugo – Tel.: 982 209 986www.cafebarcarlos.com

EL RINCÓN DE QUIQUE

Cruz, 16 – Lugo – Tel.: 616 89 29 28 www.facebook.com/pages/El-Rincón-De-Quique

O café bar Irmandiños atópase no número 3 da praza Conde Fontao, no barrio lucense da Estación. O biscoito caseiro é unha das propostas máis demandadas que ofrecen para almorzar, a partir das seis da mañá. Non obstante, cando máis xente se concentra neste local é durante a hora dos viños, tanto a mediodía coma antes de cear. A maior parte dos clientes son veciños do barrio, aínda que a súa afamada tortilla mariñeira –elaborada con luras, ameixas e salsa mariñeira– atrae a xente de toda a cidade, desexosa de saborear este orixinal prato. Ofertan menú do día por 8 euros e comida por encargo. Pechan os domingos.

A Pulpería Serra trasladouse en decembro ao número 38 da rúa San Francisco, en pleno casco histórico de Ribadeo, a un local no que xa había unha viñoteca cun pequeno comedor. Pero esta nova etapa non rompe coa anterior, sobre todo no que á oferta se refire. O polbo á galega, con gambas, ao allo e con ameixas continúan sendo as propostas estrela do establecemento, ás que se suma unha carta ampla composta por pratos tradicionais de peixe e carne, así como un variado abano de racións. De luns a venres ofrecen un menú de 10 euros con tres primeiros e tres segundos pratos a escoller e que inclúe bebida e sobremesa ou café. E nas fins de semana elaboran un menú especial cuxo prezo varía en función das propostas do día. Outro punto forte deste restaurante é a comida por encargo.

Os propietarios da Parrillada Fonsagrada, situada na rúa Río Chamoso (Lugo), acaban de abrir outro restaurante co mesmo nome na Calzada das Gándaras, onde ata hai pouco funcionaba o Ventorro. As carnes á brasa son a súa especialidade, sobre todo a tenreira, que eles mesmos traen da Fonsagrada –rexentan tamén a carnicería Fonsagrada–. A outra especialidade do local é o cocido durante a época invernal. Ofrecen menú do día de luns a venres con tres primeiros e tres segundos pratos a elixir mais sobremesa caseira, bebida e café por 8,5 euros. Outro punto forte son os almorzos, nos que destaca o biscoito caseiro e a gran variedade de bocadillos. A Parrillada Fonsagrada abre todos os días ás 6:00 da mañá, excepto os luns, que permanece pechada. Dispoñen de terraza cuberta con televisión.

IRMANDIÑOS

Praza Conde Fontao, 3 – Lugo – Tel: 982 228 859

PULPERÍA SERRA

San Francisco, 38 – Ribadeo – Tel.: 982 885 459www.pulperiaserra.com - www.facebook.com/pages/Pulperia-Meson-Serra

PARRILLADA FONSAGRADA

Calzada das Gándaras, 382 – Lugo - Tel.: 982 223 664www.facebook.com/parrillada.fonsagrada

Page 29: HOSTELERÍA LUCENSE 15

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

29

A selección de tostas especiais é un dos atractivos desta tapería monfortina. A de xamón ibérico con marmelada de tomate, a de cebola acaramelada con queixo de cabra, a de pemento do piquillo con ventrecha e a de queixo do Cebreiro con pementos confeitados son algunhas das súas propostas. No que a racións se refire, o bacallau en tempura e as patacas panadeiras con ventrecha ou con ovos e xamón son das preferidas polos clientes. E, por suposto, para o chateo non faltan os caldos da Ribeira Sacra. Abre de martes a domingo de 9:30 da mañá ata a medianoite. Ten capacidade para unhas 50 persoas e dispón de terraza exterior.

O polbo, as carnes á brasa e as tostas son os tres pratos estrela do restaurante lucense La Tapería. O cliente tamén atopará na car-ta entrantes fríos e temperados, cazolas, como a de zamburiñas e gambas en salsa de vieiras ou a sil-vestre (con champiñóns, cogome-los, pementos do piquillo e cebola acaramelada), carnes, pescados, ensaladas e pizzas artesás. Por outra banda, de luns a venres dispoñen dun menú do día de 8 euros con tres primeiros e tres segundos a elixir. Pero o verdadeiro honor ao seu nome fano coa ampla variedade de tapas que serven coas consumicións. A de polbo, a de cogomelos ao allo e as de patacas alioli ou bravas atópanse entre as favoritas dos clientes.

O restaurante La Encina abriu as súas portas o pasado 7 de febreiro na céntrica rúa San Pedro de Lugo. Na súa carta atopamos pratos da cociña tradicional cun toque anovador. Un bo exemplo desta filosofía son os arroces; os preparados con zamburiñas e champiñóns, con verduriñas e queixo San Simón gratinado ou con polbo e lagostinos son algúns dos máis solicitados pola clientela. Na carta tamén hai espazo para a carne, como o milfollas de solombo ibérico con mazá deshidratada, para os peixes e para outras propostas máis inusuais coma a pasta brie rechea de fungos e lagostinos. Pecha os domingos.

EL CONVENTO

Compañía, 3 – Monforte de Lemos – Tel.: 663 865 038

LA TAPERÍA

Serra de Ancares, 12 – Lugo – Tel.: 982 253 832 www.facebook.com/mina.parrillada

LA ENCINA

San Pedro, 42 – Lugo – Tel.: 982 253 727www.facebook.com/pages/La-Encina

Ao propietario do Mesón Pedreira gústalle definir o seu restaurante coma a casa dos peixes da montaña. E non lle falta razón, xa que chega con botarlle un ollo á carta para darse conta da variedade de pescados que ofrecen, ben forma habitual, coma a robaliza, as troitas e a pescada, ben en función da tempada. Entre as súas especialidades están a sopa de pescado, as ameixas á mariñeira, o salpicón de ollomol e, no que a carne se refire, o osobuco de tenreira, a tenreira ao estilo tradicional e o cordeiro da serra de Meira. Como complemento ofrecen un pequeno servizo de pensión con cinco habitacións dobres e unha individual. Pecha os sábados, excepto en agosto.

O día 12 de abril inaugurábase en Lugo un novo café bar que leva por nome A Cantola. O seu propietario, José Besteiro Castaño, asegura que as tapas e as racións son o selo distintivo do local; a de segredo ibérico, a de polbo, a de callos e a de orella á prancha figuran entre elas. E no que a viños se refire, A Cantola é un sitio de referencia para caldos da Ribeira Sacra, xa que José ten viñas na Pobra do Brollón e, de aí, a súa especial predilección por estas variedades. O seu horario esténdese desde as 7.45 da mañá ata o peche, arredor da media noite. Para as comidas grupais dispoñen dun pequeno comedor con capacidade para 25 persoas.

A confeitería Maceda é un dos negocios con máis prestixio da parroquia corguense que lle dá o nome. Inés e Mercedes Nogueira López encarnan a terceira xeración dunha familia de pasteleiros que iniciou esta empresa aló pola década dos 20. Ao longo destes anos fixéronse varias reformas na tenda e no obradoiro, pero a esencia dos doces mantívose intacta. As canas de follado, os milfollas e o brazo de xitano, que son as tres especialidades do local, séguense elaborando segundo a receita tradicional. A súa oferta tamén inclúe todo tipo de pasteis a base de biscoito e follado e tartas por encargo, entre as que destaca a de milfollas de froitas. Ademais, agora están lanzando as empanadas de follado. Por outra parte, para quen prefira desfrutar dun doce in situ dispoñen de servizo de cafetería de 9 da mañá a 8 da tarde.

MESÓN PEDREIRA

Avenida Xeral, 88 – Meira – Tel.: 982 330 281

A CANTOLA

Carril das Hortas, 18 – Lugo – Tel.: 982 25 36 97

MACEDA

Maceda, 4 – O Corgo – Tel.: 982 543 081

Page 30: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVOS SOCIOS

30

Ao café bar Caña Aquí pódese acudir desde as 8:30 da mañá para tomar un café acompañado dunha peza de bolaría ou dunhas torradas, un zume de laranxa ou calquera outra consumición, sempre ao gusto do cliente. A súa oferta en tapas e racións tamén é moi variada. Dispoñen dunha grella para facer churrasco, xa que que tamén serven comidas e ceas por encargo. A decoración é rústica, con predominancia da madeira. Ten un aforamento interior aproximado para 50 persoas mais unha terraza exterior e unha carpa. Pecha os domingos.

Este hostal de dúas estrelas, situado na estrada N-634 ao seu paso por Abadín, dispón de sete habitacións dobres con baño, calefacción, aire acondicionado, televisión e wi-fi. Ten servizo de cafete-ría, especializada en almorzos e bocadi-llos, e restaurante, onde fundamental-mente traballan co menú do día. Esta oferta compleméntase cun notable abano de racións e tapas variadas e pin-chos, que elaboran sobre todo para os venres á hora dos viños. O comedor ten capacidade para unhas 80 persoas e acollen todo tipo de banquetes. A cafete-ría abre todos os días ás 6:30 horas. Pechan os sábados despois das comidas.

A cervexería irlandesa Morrigan cambiou de propietario en decembro do ano pasado, pero a cervexa de importación, embotellada ou de barril, continúa sendo o trazo distintivo deste local que, de forma complementaria, oferta unha gran variedade de racións e tapas innovadoras. Ademais, regularmente acolle actuacións de música, de maxia e monólogos que adoitan ter lugar os xoves, os venres ou durante as fins de semana. A decoración é típica de Irlanda, con predominancia da madeira. Dispoñen dun aforamento aproximado para 110 persoas e contan con terraza interior e exterior. O seu horario esténdese desde as oito da mañá ata as catro da madrugada.

CAÑA AQUÍ

Calvo Sotelo, 99 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 404 448

CLAUDIO

N-634, km 603 – Abadín - Tel.: 616 148 643986

MORRIGAN

Avenida de Madrid, 46 – Lugo – Tel.: 982 230 584www.facebook.com/morrigan.lugo - www.morriganlugo.es

A rúa Cardeal dálle nome ao novo establecemento hostaleiro da cidade do Cabe, aberto desde o 4 de marzo. O restaurante funciona como bufete ao mediodía de domingo a xoves e todo o día os venres e os sábados. Nel ofértanse arredor de 30 pratos entre ensaladas, sopas, cremas, pizzas, pastas, pescados, carnes e gornicións, e máis de 15 sobremesas. O prezo é de 11,95 euros (coas bebidas non incluídas) e o cliente pode consumir tantos pratos como desexe. Para as ceas, excepto os venres e os sábados, traballan á carta. Tamén elaboran comida para levar. Por agora teñen un comedor con capacidade para 120 persoas na planta baixa e dispoñen tamén dun patio con espazo para 15 persoas orientado á consumición de racións.

O restaurante Figón ofrece propostas de primeira calidade tanto de carne e peixe coma de pasta fresca e ensaladas. Entre as racións teñen moito éxito o polbo á grella, as zamburiñas gratinadas e os carpaccios. No que a viño se refire, contan con máis de 80 referencias, predominando os rioxa e os da Ribera del Duero. Con eles ou con calquera outra consumición serven tapas de sabor tradicional cun toque visual anovador e impactante. O Figón ofrece tamén un menú do día de luns a venres; o seu prezo é de 12 euros. Pechan os luns.

O pasado 29 de abril inaugurá-base un novo establecemento hostaleiro en Lugo, na praza Fernando de Casas Novoa, de sobra coñecida entre os lu-censes por atoparse na zona de Clérigos, un dos principais lugares de festa nocturna da cidade. O pub Eggo, cuxo pro-pietario é Damián Carballo Méndez, ocupa o lugar no que ata hai pouco estaba o Budha Bar. Abre todos os días a partir das 12 da noite, ofrece as bebidas espirituosas propias de calquera bar nocturno e nel escóitanse, sobre todo, temas comerciais.

CARDENAL

Cardeal, 24 – Monforte de Lemos – Tel.: 982 410 510 www.facebook.com/pages/Restaurante-Cardenal

FIGÓN

Campo Castelo, 47 – Lugo – Tel.: 982 253 072

EGGO

Praza Fernando de Casas Novoa, 7 – Lugo

CAMBIO DE TITULARIDADE

Page 31: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1

GALA DA HOSTELERÍA

2

La chispade la hidratación

Page 32: HOSTELERÍA LUCENSE 15

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 15

NOVOS SOCIOS

32