guÍa verÁn 2011

2
Biblioteca IES Poeta Añón OUTES INVICTUS (2009) En 1990, tras ser posto en liberdade, Nelson Man- dela chega á Presidencia do seu país e decreta a abolición do "Apartheid". O seu obxectivo era levar a cabo unha política de reconciliación entre a maioría negra e a minoría branca. En 1995, a cele- bración en Sudáfrica da Copa Mundial de Rugby foi o instrumento utilizado polo líder negro para cons- truír a unidade nacional O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOAN (2006) Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o du- que Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. LOS GIRASOLES CIEGOS (2008) Galicia, anos 40. Cada vez que Elena pecha a porta da súa casa, bota a chave dos seus segredos. Ao mesmo tempo que sortea os rigores da posguerra, Elena le- vanta xunto ao seu fillo Lorenzo unha fachada de apa- rencia para ocultar a verdade sobre a súa familia: Ele- nita , a filla adolescente, fuxiuse embarazada co seu noivo Lalo un mozo que leva meses nas listas da poli- cía; e Ricardo , o seu marido, vive oculto nun oco practicado no dormi- torio matrimonial. PELÍCULAS MI VIDA SIN MI (2003) Ann ten 23 anos, dúas fillas, un marido que pasa máis tempo en paro que traballando, unha nai que odia ao mundo, un pai que leva 10 anos no cárcere, un traballo como limpadora nocturna nunha univer- sidade á que nunca poderá asistir durante o día.. Vive nunha caravana no xardín da súa nai, nos arre- dores de Vancouver. Esta existencia gris cambia completamente tras un recoñecemento médico. Desde ese día, paradoxalmente, Ann descobre o pracer de vivir, guiada por un impulso vital: completar unha lista de "cousas por facer antes de morrer". TAMÉN NO VERÁN Recomendacións de lectura e cine XUÑO 2011 LEMBRA QUE: PODES LEVAR FONDOS DA BIBLIOTECA PARA AS VACA- CIÓNS A ÚNICA CON- DICIÓN É QUE NON TEÑAS NADA PENDENTE DE DEVOLUCIÓN DEVOLVERÁS OS LIBROS E/OU DVDS NO MES DE SETEMBRO SE 3 EXEMPLARES CHE PARE- CEN POUCOS, PORQUE QUERES LEVAR LIBROS PARA A TÚA FAMILIA, PÓDESE AMPLIAR O NÚMERO DE PRÉSTAMOS

Upload: ies-poeta-anon

Post on 31-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Recomendacións de lectura e cine para o verán 2011

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA VERÁN 2011

Biblioteca IES Poeta Añón OUTES

INVICTUS (2009) En 1990, tras ser posto en liberdade, Nelson Man-dela chega á Presidencia do seu país e decreta a abolición do "Apartheid". O seu obxectivo era levar a cabo unha política de reconciliación entre a maioría negra e a minoría branca. En 1995, a cele-bración en Sudáfrica da Copa Mundial de Rugby foi o instrumento utilizado polo líder negro para cons-truír a unidade nacional

O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOAN (2006)

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o du-que Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión.

LOS GIRASOLES CIEGOS (2008) Galicia, anos 40. Cada vez que Elena pecha a porta da súa casa, bota a chave dos seus segredos. Ao mesmo tempo que sortea os rigores da posguerra, Elena le-vanta xunto ao seu fillo Lorenzo unha fachada de apa-rencia para ocultar a verdade sobre a súa familia: Ele-nita , a filla adolescente, fuxiuse embarazada co seu noivo Lalo un mozo que leva meses nas listas da poli-cía; e Ricardo , o seu marido, vive oculto nun oco practicado no dormi-torio matrimonial.

PELÍCULAS

MI VIDA SIN MI (2003) Ann ten 23 anos, dúas fillas, un marido que pasa máis tempo en paro que traballando, unha nai que odia ao mundo, un pai que leva 10 anos no cárcere, un traballo como limpadora nocturna nunha univer-sidade á que nunca poderá asistir durante o día.. Vive nunha caravana no xardín da súa nai, nos arre-dores de Vancouver. Esta existencia gris cambia completamente tras un recoñecemento médico.

Desde ese día, paradoxalmente, Ann descobre o pracer de vivir, guiada por un impulso vital: completar unha lista de "cousas por facer antes de morrer".

TAMÉN NO VERÁN

Recomendacións de lectura e cine

XUÑO 2011

LEMBRA QUE:

PODES LEVAR FONDOS DA BIBLIOTECA

PARA AS VACA-CIÓNS

A ÚNICA CON-DICIÓN É QUE NON TEÑAS

NADA PENDENTE DE DEVOLUCIÓN

DEVOLVERÁS OS LIBROS E/OU DVDS NO MES DE SETEMBRO

SE 3 EXEMPLARES CHE PARE-CEN POUCOS, PORQUE QUERES LEVAR LIBROS PARA A TÚA FAMILIA, PÓDESE AMPLIAR O NÚMERO DE PRÉSTAMOS

Page 2: GUÍA VERÁN 2011

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS T. González Costa

Historia dunha nena, Serafina, que é filla dun la-drón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, doa Perfecta. A súa máxima aspi-ración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta.

EL IMPERTURBABLE HANS H. Grant

Pia, é unha rapaza de 11 anos que comezará unha investigación, xunto co seu mellor amigo, co fin de pescudar a desaparición de Katharina Linden, outra nena de once anos. Estes improvi-sados detectives descubrirán un misterio longa-mente silenciado.

PALABRAS DE CARAMELO G. Navaza

Kori é un neno xordo que vive nun campo de refuxia-dos saharauís; gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra enten-de que pode ensinarlle a escribir, algo moi especial sucede na súa vida: é capaz de plasmar no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo cor canela.

LA SOCIEDAD LITERARIA Y EL PASTEL DE PIEL DE PATATA DE GUERNSEY

M Ann Shaffer Xaneiro de 1946: Londres emerxe das sombras da segun-da guerra mundial. A escritora Juliet Ashton atopa a carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet. A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela queda atrapada no mundo deste home e os seus

amigos, que resulta ser un mundo divertidamente excéntrico

ALICIA EN UN MUNDO REAL I. Franc– S. Martin

A Alicia deste libro non vive no País das Marabillas. Pasou por unha experiencia que, lamentablemente, é real e común para moitas mulleres: un cancro de mama. Con todo, grazas ao seu espírito loitador, aloucado e positivo, soubo darlle a volta á situación.

MARZI 1984-1987 A POLONIA COMUNISTA VISTA DESDE O S O L L O S D U N H A N E N A Vivir tras o Telón de Aceiro non debía de ser nada fácil. Cartillas de racionamento, as colas para poder conseguir calquera cousa, a fidelida-de ao partido... pero é a vida de Marzi

LIMPEZA DE SANGUE Rubén Ruibal

Esta obra teatral reflicte a experiencia de dous enfer-mos, pertencentes a mundos aparentemente opostos, que coinciden na sala de diálese dun hospital en espera dos seus respectivos transplantes. Forzados polas cir-cunstancias, empezan a coñecerse ata que xorde unha gran amizade entre eles.

UN BUEN HOMBRE Este cómic narra como se recrutaba aos oficiais das SS entre analfabetos para poder manipulalos mellor e convencelos das condutas máis aberran-tes. A obra profunda na vida diaria destes asasi-nos nas súas casas, das súas relacións familiares, de como uns abrazaron o nazismo por oportunis-mo, outros por medo ou seducidos pola ideas da comunidade racial aria .

PARA OS MÁIS NOVOS LECTORES EXPERTOS NOVELA GRÁFICA

AS SETE MORTES C. Vila Sexto

Un relato fascinante que combina crime, esoterismo e misterio. Para quedar atrapados ata a última páxina.

MENUDOS INVENTOS

Unha variada colección de útiles inventos e explosivas ideas desde a agricultura ata o Mp3. Con divertidas ilustracións e datos de interese. Que ten que ver o velcro cun can? Como chegou o home ata a salchicha de Frankfurt? Podes imaxinar unha vida sen teléfono?

EL BAILE I. Nemirowsky

Instalados nun luxoso piso de París, os Kampf posúen todo o que o diñeiro pode compra, excep-to o máis difícil: o recoñecemento da alta socieda-de francesa. Así pois, co propósito de obter o cobi-zado premio, preparan un gran baile para douscen-tos invitados

TODO PARACUELLOS C. Jiménez

O clima e as leis da educación que recibían os orfos da posguerra española. O fame, a soida-de, os mestres, os sacerdotes e monxas e as súas rancias doutrinas. Tamén o lado máis luminoso do mundo da infancia, que intentaba

sobreporse a tanta penuria e tanta tristeza.