guia usuario

25
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

Upload: maria-jose-gonzalez

Post on 28-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Guía de uso

TRANSCRIPT

Page 1: GUIA USUARIO

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

Page 2: GUIA USUARIO

FORMACIÓN

DE USUARIOS

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

Page 3: GUIA USUARIO

INTRODUCIÓN: A BIBLIOTECA ESCOLAR

A BE é un espazo educativo que está ao servizo dos procesos de

ensino - aprendizaxe.

É o centro de recursos do noso Colexio: nela habemos centralizar

todo o material informativo. É a encargada de organizar, facilitar e

difundir, entre o profesorado e o alumnado, todos os fondos existentes para

un uso eficaz dos mesmos, tanto no tratamento da información como no

fomento da lectura.

Non só é un lugar para atopar os recursos necesarios para a

realización de traballos ou para o estudo, senón tamén para o entretemento,

a imaxinación, para gozar de historias, visitar lugares e épocas...

OLA ! Chámome Saínza e son a Mascota da Biblioteca.

Vinde comigo e saberedes como desenvolvervos nela, coñecendo os seus espazos, servizos, horarios e normas

básicas.

Page 4: GUIA USUARIO

Son usuarios da BE todos os alumnos e alumnas do Centro, o

profesorado, os pais e nais do alumnado e os ex -alumnos/as do Centro.

O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta na BE

é estar en posesión do carné da Biblioteca.

O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en que

pertence ao Centro. Os pais, nais e ex -alumnos/as teñen que solicitalo á

BE.

Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso.

O resto dos usuarios mantéñeno na súa posesión.

Os servizos da BE son diversos:

A) Lectura.

B) Consulta.

C) Préstamo individual.

D) Préstamos ás aulas.

E) Mochilas viaxeiras.

F) Proxección de vídeos, DVDS.

G) Audición de música.

H) Acceso a Internet.

USUARIOS E

SERVIZOS

Page 5: GUIA USUARIO

Na nosa BE contamos coas seguintes zonas ou espazos:

A) Zona de xestión e préstamo.

B) Zona de lectura para o alumnado de primaria.

C) Zona de consulta.

D) Zona de traballo en equipo.

E) Zona de lectura para os máis cativos/as.

F) Zona de consulta por ordenador.

G) Expositor de novidades e exposicións temáticas.

H) Zona de material audiovisual: CDS, vídeos e DVDS.

I) Zona de publicacións periódicas.

J) Taboleiro de novas.

K) Zona de libros para adultos (fóra do espazo da Biblioteca).

Horarios: A BE está aberta todos os días, de luns a venres, de 9 a 14

horas, para alumnado e profesorado, e polas tardes (non sendo os martes),

de 16:00 a 17:00, para toda a Comunidade Educativa.

Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á BE. Durante esta

hora estarán acompañados polo seu titor/a e nela poden realizar actividades

de lectura, consulta…

A BE está tamén aberta durante os recreos atendida por profesorado

responsable da mesma coa axuda do alumnado colaborador. Durante este

horario realízanse os préstamos.

ESPAZOS E

HORARIOS

Page 6: GUIA USUARIO

A) FONDOS:

* Libros de lectura ou ficción e cómics (en formato papel e dixital).

* Libros de consulta, dicionarios e Enciclopedias.

* Libros e material didáctico (Tamén na Sala do profesorado).

* Materiais de produción propia e Publicacións periódicas.

* Cintas de vídeo, DVDS, CDS (Tamén na Aula de Música).

* Xogos, programas de Informática (Tamén na Aula de Informática).

B) MOBILIARIO :

* 4 mesas de traballo e 1 para os ordenadores de usuarios.

* 2 mesas para xestión e préstamo e 1 carro para devolución de

libros, exposicións temáticas e novidades.

* 1 estante de publicacións periódicas e 2 para CDS, DVDS, vídeos.

* 1 expositor de rodas para Valores e Atención á Diversidade.

* 3 estantes para os fondos do alumnado de Infantil.

* Estantes para libros de lectura de Primaria.

* Estantes para libros de consulta e enciclopedias.

* Estantes para traballos de elaboración propia.

* Estantes para libros de adultos (Na planta baixa do Centro).

C) EQUIPOS TICS E AUDIOVISUAIS:

* 1 ordenador e 1 impresora para a xestión.

* 5 ordenadores para os usuarios/as.

* 1 televisión con conexión VGA (Vídeo, DVD, Internet).

* 1 radio casete e 1 cámara dixital de fotografía.

RECURSOS

MATERIAIS

Page 7: GUIA USUARIO

Cada volume leva pegada unha “etiqueta branca de posición” que

indica o seu lugar na BE (Moble, andel e nº de orde no andel). Para os

lectores/as de primaria e Infantil, nos andeis de Lingua Castelá hai un

distintivo amarelo, nos de Lingua galega, azul claro. Os lectores/as de

infantil teñen o seu propio recanto.

A) Sección Infantil/Xuvenil:

Os libros de lectura e ficción se catalogan por idades, marcados con

etiquetas de cores:

? Etiqueta azul: pre lectores, de 3 a 6 anos (Ed. Infantil).

? Etiqueta vermella: primeiros lectores, de 6 a 9 anos.

? Etiqueta verde: lectores autónomos, 9 a 12 anos.

? Etiqueta amarela: lectores adultos (Familias).

B) Libros de consulta e divulgación:

Non teñen etiqueta de cor, mais manteñen a “etiqueta de posición”

que permite a súa fácil ubicación. Están dispostos nos distintos andeis dos

estantes atendendo a CDU. Estes materiais de consulta non se prestan.

C) Outro material:

As revistas, vídeos, CDS, DVDS, materiais de produción propia…

están colocados en mobles específicos e facilmente recoñecibles.

ORGANIZACIÓN DOS

FONDOS

Page 8: GUIA USUARIO

Os usuarios/as deben contar cun carné de Biblioteca para poder

acceder ao servizo de préstamos. O préstamo estará xestionado mediante o

Programa Meiga é será realizado polo profesorado responsable e por

alumnado colaborador.

Cada usuari@ da BE é responsable dos fondos que leva, coidando o

material e devolvéndoo nas mesmas condicións. Se algún usuari@ estraga

ou extravía un libro, deberá repoñelo mercando un exemplar igual. Esta

obriga faise extensiva aos materiais das “Mochilas Viaxeiras”.

A) Préstamo individual: O número de fondos que se poden levar

prestados é de 1 exemplar e poden ser libros de lectura. Non se prestan os

dicionarios, as enciclopedias nin os libros de consulta. A duración do

préstamo é de 15 días, prorrogables outros 15 previa petición expresa.

B) Préstamo ás aulas: A duración do empréstito será tamén de 15

días, prorrogables por outros 15 segundo as necesidades da aula. Os fondos

prestados son os de lectura. Farase un rexistro en papel destes fondos.

C) Préstamo nos recreos: O alumnado acode co seu carné e solicita

á persoa responsable o préstamo do libro elixido. O carné queda no arquivo

da BE. O alumnado de Infantil pode retirar os libros, acompañado pola súa

titora, na hora semanal asignada á súa aula.

D) Préstamo ás familias: As familias poderán, presentando o seu

carné, retirar libros identificados co distintivo de adultos, nas mesmas

condicións que o alumnado e en horario de 16 a 17 horas, menos os martes.

PRÉSTAMO

Page 9: GUIA USUARIO

Na BE pódense facer moitas actividades: ler, consultar, utilizar

internet, coller libros en préstamo... Facer todo isto implica cumprir unha

serie de normas para un bo funcionamento:

* Estar en silencio ou falar cun ton axeitado para non molestar.

* Coidar os libros e o material, que son de todos e todas.

* Deixar os libros do préstamo dentro da cesta de devolucións.

* Non se poderá merendar na Biblioteca.

* Deixar todo recollido antes de saír: libros e cadeiras.

* Os días de choiva a BE estará aberta para préstamos e para o uso

dos ordenadores solicitados previamente, mais non para ningunha

outra actividade de lectura ou consulta.

USO DOS ORDENADORES:

Na Be hai, de momento, seis ordenadores, un deles para a súa xestión

e os outros cinco para o uso dos usuarios/as. Estes últimos poden ser

usados para buscar información, realizar traballos de investigación e para

entreterse con xogos educativos.

Poderán usarse durante o horario da BE sempre que estea un

profesor presente. Non se pode usar para chatear ou mandar mensaxes.

Para usar os ordenadores hai que pedir cita previa. De non poder

usalo, o día que ten reservado, o alumno/a comunicarallo á responsable da

BE.

E, POR ÚLTIMO, AS

NORMAS

Page 10: GUIA USUARIO

EDUCACIÓN

DOCUMENTAL

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

Page 11: GUIA USUARIO

INFORMAR significa dar noticias ou datos sobre unha cousa. Para

informarse hai que documentarse, é dicir, buscar documentación: empregar

“documentos” que nos proporcionan máis coñecemento ou datos sobre un

tema.

Os “documentos” ou “fontes de información” son declaracións

escritas que serven para probar ou confirmar algo.

Hoxe en día dispomos de moitos “recursos documentais”. A

segunda parte desta “Guía de Uso” pretende amosalos para saber o que

podemos atopar neles e así facilitar que as nosas buscas sexan o máis

rápidas e fiables posible.

QUE SON E PARA

QUE SERVEN AS

“FONTES DE

INFORMACIÓN” ?

Page 12: GUIA USUARIO

“OS SOPORTES DOCUMENTAIS” son as distintas formas de

presentársenos a información. Son as bases ou materiais sobre os que se

rexistra un determinado concepto ou contido científico, en definitiva,

calquera tipo de información.

TIPOS DE SOPORTES:

- SOPORTE IMPRESO: libros, xornais, carteis, catálogos,

dípticos…

- SOPORTES GRÁFICOS: fotografías, diapositivas, láminas,

películas…

- SOPORTE MAGNÉTICO: casetes, vídeos, disquettes…

- SOPORTE ÓPTICO: CD-ROM, CD, DVD…

- SOPORTES INFORMÁTICOS E LIBROS DIXITAIS.

“OS SOPORTES

DOCUMENTAIS”

Page 13: GUIA USUARIO

Se queremos saber máis dun tema concreto, se queremos resolver

unha dúbida ou se estamos buscando información para facer un traballo

para a escola… podemos recorrer aos libros, aos medios audiovisuais ou a

Internet.

Ao noso alcance podemos dispor de:

1.- AS OBRAS DE CONSULTA OU DE REFERENCIA:

* 1.1.- ENCICLOPEDIAS.

* 1.2.- DICIONARIOS.

* 1.3.- ANUARIOS.

* 1.4.- BIOGRAFÍAS.

* 1.5.- ATLAS.

* 1.6.- XORNAIS.

* 1.7.- REVISTAS.

* 1.8.- AUDIOVISUAIS: CD – ROM, VÍDEOS E DVD.

2.- OS LIBROS INFORMATIVOS OU DOCUMENTAIS.

COMO BUSCAR INFORMACIÓN DE FORMA AXEITADA

Page 14: GUIA USUARIO

AS ENCICLOPEDIAS: Son obras de consulta que reúnen o saber e

coñecemento humanos e universais.

TIPOS DE ENCICLOPEDIAS:

- ENCICLOPEDIAS ALFABÉTICAS: Teñen a información

ordenada alfabeticamente.

- ENCICLOPEDIAS TEMÁTICAS: Céntranse nun tema ou rama do

saber determinados. Para encontrar a información hai que

consultar o sumario e o índice alfabético de cada tomo.

AS ENCICLOPEDIAS

Page 15: GUIA USUARIO

OS DICIONARIOS: Libro, catálogo ou listaxe ordenada que

recompila, explica e define as palabras dunha lingua ou dunha determinada

materia ou rama do saber seguindo a orde alfabética.

TIPOS DE DICIONARIOS:

- NORMATIVOS: Recollen, por orde alfabética, as palabras dunha

lingua cos seus significados.

- ENCICLOPÉDICOS: Inclúen nomes propios, denominacións

xeográficas e información sobre os distintos campos do saber.

- BILINGÜES: Traducen palabras dunha lingua a outra.

- DE SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS: Proporcionan listas de

palabras de significado igual ou parecido, e de significados

contrarios.

- TÉCNICOS: Son dicionarios específicos para as palabras dun

campo concreto do saber. Por exemplo, dicionario de medicina…

OS DICIONARIOS

Page 16: GUIA USUARIO

UN ANUARIO é un rexistro do que acontece nun ano. Recompila

datos de carácter político, económico, cultural, científico que serven de

guía a persoas de determinadas profesións.

UNHA BIOGRAFÍA é un libro no que se conta a vida dunha persoa

ou varias.

UN ATLAS é unha colección de mapas ou láminas xeográficas,

políticas, históricas… nun volume.

ANUARIOS, BIOGRAFÍAS E

ATLAS

Page 17: GUIA USUARIO

OS XORNAIS son publicacións informativas que aparecen

periodicamente perante o lector, aínda que en especial o que sae á rúa todos

os días. Conteñen noticias e comentarios de actualidade inmediata (política,

economía, cultura, sucesos, deportes…). Poden ser locais, rexionais,

nacionais… Ordenan a información por seccións (local, nacional, mundo,

economía…) para axudar ao lector a atopar a información que lle interesa.

AS REVISTAS son publicacións periódicas non diarias. Ofrecen

información de actualidade moi elaborada e contribúen á divulgación

dunha gran variedade de temas. Poden ser de información xeral ou

especializadas nunha materia: animais, música, infantís, informática,

mecánica… No sumario ou índice aparece unha lista dos artigos que trata

ademais da páxina onde se atopan.

XORNAIS E REVISTAS

Page 18: GUIA USUARIO

CD – ROM: Con este formato temos enciclopedias, dicionarios,

obras literarias, libros informativos…

Reciben o nome de “ DOCUMENTOS MULTIMEDIA” porque o

texto aparece mesturado con imaxes fixas ou en movemento e poden incluír

son. Admite múltiples posibilidades de consulta.

Estes contidos pódense atopar en MP3 ou MP4.

VIDEOS e DVDS: Atopámolos baixo moitas presentacións:

películas, contos animados, vídeos musicais, documentais…

OS AUDIOVISUAIS

Page 19: GUIA USUARIO

Estes libros recompilan coñecementos sobre un determinado tema de

forma ordenada, detallada e exhaustiva incorporando ilustracións,

esquemas, cadros sinópticos, cronoloxías…

Traen una serie de “ferramentas” ou “utilidades” para facilitar a

consulta por parte do usuario/a. Son as seguintes:

• Índice ou sumario.

• Vocabulario ou glosario.

• Bibliografía.

• Notas.

• Esquemas.

• Imaxes e anotacións sobre elas.

• Cronoloxía.

• Introdución / Prólogo.

OS LIBROS INFORMATIVOS OU

DOCUMENTAIS

Page 20: GUIA USUARIO

É unha táboa de materias na que se resume e sintetiza o contido dun

libro.

Consiste na enumeración de capítulos e apartados coa páxina do libro

onde se poden atopar.

ÍNDICE OU SUMARIO

Page 21: GUIA USUARIO

OS LIBROS INFORMATIVOS usan palabras moi específicas que,

ás veces, non damos entendido. E, polo que, estes libros engaden unha

ferramenta que resulta moi útil: o VOCABULARIO ou GLOSARIO: É

unha listaxe de palabras que aparecendo no texto poden ter algunha

dificultade na súa explicación ou definición.

VOCABULARIO OU GLOSARIO

Page 22: GUIA USUARIO

Pode suceder que a información que nos proporciona un libro

informativo non nos sexa suficiente e queiramos saber máis datos sobre o

que estamos a investigar. Entón podemos facer uso da BIBLIOGRAFÍA :

Lista de documentos usados polo autor/a do libro que estamos a empregar

para redactalo e onde podemos profundizar sobre o tema que trata.

Por exemplo, de estar a facer un traballo sobre cine, poderiamos

consultar esta Bibliografía:

BIBLIOGRAFÍA

Page 23: GUIA USUARIO

AS NOTAS están situadas ao pé da páxina ou ao final da obra,

aparecen numeradas e dan explicacións complementarias.

OS ESQUEMAS son representacións gráficas, por medio de liñas, dos

aspectos máis importantes dun texto establecendo as relacións entre eles

para facilitar a súa comprensión de xeito claro e resumido.

NOTAS E ESQUEMAS

Page 24: GUIA USUARIO

AS IMAXES serven para facilitar información visual. Ao lado das imaxes

aparecen anotacións sobre elas que reciben o nome de “Pés de foto ou de

imaxe” e que nos aportan explicacións significativas.

CRONOLOXÍA: Serie de sucesos ordenados por datas que nos serven para

situar no tempo os acontecementos e establecer relacións entre eles.

IMAXES E ANOTACIÓNS. CRONOLOXÍA

Page 25: GUIA USUARIO

A INTRODUCIÓN vén ao principio dun libro e explica a intención do

seu autor/a ao escribilo. Tamén aclara como utilizalo.

O PRÓLOGO está escrito por algunha persoa distinta ao autor/a do libro

e explica ou xustifica a obra ou algún aspecto relacionado con ela.

E para rematar: INTRODUCIÓN /

PRÓLOGO.

Espero que usedes moito esta “GUÍA” e que vos

sexa de utilidade.