guÍa didÁcticaauladecarmela.com/wp...3_guia_t_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. –...

16
Tema 09 A nena de auga e o príncipe de lume GUÍA DIDÁCTICA Orientacións didácticas Solucionario Competencias Clave - Intelixencias Múltiples Atención á diversidade – Actividades de Reforzo – Actividades de Ampliación Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching Libro Dixital Educamos en valores Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Upload: others

Post on 05-Aug-2020

1 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

Tema 09 A nena de auga e o príncipe de lume

GUÍA DIDÁCTICA

Orientacións didácticas

Solucionario

Competencias Clave - Intelixencias Múltiples

Atención á diversidade

– Actividades de Reforzo

– Actividades de Ampliación

Recursos Didácticos

– Navegamos por Tiching

Libro Dixital

Educamos en valores

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 2: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-2

Orientacións didácticas

■ Ao longo desta unidade, trabilla-remos cos nosos alumnos os se-guintes contidos:

● Lectura dun texto narrativo e resolución de actividades de a-nálise e comprensión do seu vo-cabulario.

● Coñecemento dos tempos do verbo: pasado, presente e fu-turo.

● Escritura de palabras con ga, gue, gui, go, gu, güe e güi.

● Coñecemento de palabras sinó-nimas.

● Escritura de textos normativos.

● Expresión oral de normas.

Solucións das actividades

Antes de ler

– Resposta persoal. Para que os nenos reflexionen sobre o contido desta narración, pre-guntarémoslles que ocorre can-do a auga e o lume se xuntan. A partir de aí pedirémoslles que pensen que ocorrerá entre os personaxes desta historia.

– Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia. Algúns levantan a man para intervir, e os xestos doutros indican que están a achegar ideas.

– Resposta persoal. Se os alum-nos inventaron un conto al-gunha vez, podemos pedirlles que o traian a clase para lelo e comentalo cos compañeiros.

Actividades de reforzo 1. Pedirémoslles aos nenos que nos conten como imaxinan que será o casamento entre a nena de auga e o príncipe de luz, e a describan.

SOLUCIÓN: Resposta persoal.

2. Podemos inventar un conto na clase. Para iso, dividiremos os alumnos en grupos de cinco e pe-dirémoslles que imaxinen unha his-toria a partir dun título.

Lembrarémoslles que un conto ten que presentar os personaxes, con-tar cal é o problema ou a historia

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diferen-tes tipos de códigos e lingua-xes.

Interpretar e expor a información que transmite a derradeira ilus-tración das que acompañan un relato. Antes de ler.

APRENDER A APRENDER Desenvolver estratexias e em-pregar diversas ferramentas para reforzar a adquisición de léxico e o coñecemento da lin-gua.

Favorecer e impulsar a adqui-sición de léxico a través da lec-tura de relatos e dos glosarios que acompañan as lecturas. Lec-tura.

SENTIDO DA INICIATIVA E

ESPÍRITO EMPRENDEDORParticipar en actividades colec-tivas e escolares para iniciativa propia e mostrando interese e iniciativa.

Imaxinar ou anticipar desenvol-vementos ou conclusións.

Participar nunha conversa sobre a posible argumento dunha lec-tura lendo o título e observando as ilustracións. Antes de ler.

Comentar e anticipar o argumento e contido posibles dunha nar-ración. Antes de ler.

SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, respectando as achegas dos outros.

Participar no comentario colecti-vo. partindo dun título e unhas ilustracións, sobre a creación de contos. Antes de ler.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 3: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-3

que hai entre eles, e narrar un de-senlace.

Cando terminen, pedirémoslles que un portavoz de cada grupo lea o conto para ver as diferentes his-torias que imaxinaron os alumnos a partir dun mesmo título.

Suxerimos algúns títulos: "O neno sol e a princesa lúa"; "Mamá vento e papá deserto".

SOLUCIÓN: Actividade en grupo.

Actividades de ampliación

1. Preguntarémoslles aos alum-nos que outros contos coñecen e faremos unha lista con todos os títulos que suxiran. Despois, pedi-rémoslles que escriban por unha banda o título do tres que máis lles gustaron e, por outro, o título da-queles contos da lista que des-coñecen.

Despois, proporémoslles organizar un intercambio de libros. Cada alumno traerá un dos tres contos que máis lle gustou e intercambia-rao durante unha semana por un dos contos que non lera até o momento.

SOLUCIÓN: Actividade en grupo.

Educamos en valores

Valoramos a auga

■ Distintos apartados deste tema tratan o tema da auga.

Podemos aproveitar a ocasión para concienciar os alumnos de que a auga é un ben escaso e hai que usala con moderación:

– Que pasaría na Terra se desa-parecese a auga? Que facedes para non desbaldila?

– Que podemos facer para non lixar a auga dos ríos e mares?

ANOTACIÓNS

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/86062

Pedirémoslle ao noso alumnado que lle preste atención a este vídeo no que podemos ver o tráiler do filme “A Sereíña” e preguntarémoslle:

– Coñecedes o conto “A Sereíña”? E o filme?

– Quen é a protagonista desta historia?

– Que lle sucede ao longo do filme?

– Parécevos que se trata dunha historia triste ou feliz? Por que?

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 4: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-4

Orientacións didácticas

■ Nesta dobre páxina os nenos aprenderán a completar un conto con palabras dunha narración e os tempos verbais. Para iso realizarán as seguintes actividades:

● Resposta a preguntas sobre o contido da lectura.

● Identificación da resposta co-rrecta a partir da información que nos transmite a lectura.

● Identificación do debuxo que re-presenta o significado de deter-minadas expresións.

● Invención doutro final para unha historia.

● Compleción dun cadro coas formas verbais indicadas.

● Indicación do tempo en que están determinados verbos.

Solucións das actividades

Ler e comprender

1. As respostas son:

– O primeiro que hai que ter é alguén para llo contar.

– A nena do conto vivía dentro do río, porque era unha nena de auga.

– Era toda ela de auga, cos cabelos de auga, as mans de auga, os ollos de auga, e cantando botaba bágoas de lume.

– O río apagáballe as bágoas, porque non quería que chorase.

– Era un príncipe de lume, e tiña os cabelos de lume, as mans de lume, os brazos de lume, as pernas de lume, a boca de lume. Traía moita sede.

2. As respostas correctas son as que indicamos:

– A nena cando choraba botaba bágoas de auga.

– O príncipe cando choraba botaba bágoas de lume.

3. O conto completo é:

Unha vez era un río no que vivía unha nena de auga, os seus cabelos eran auga a correr, de auga tiña as mans e oas pes, o

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

5 Observar detidamente tres ilustracións e relacionalas con dúas expresiçpns dunha lectura.

7 Completar unha táboa coas formas verbais en infinitivo, pasado, presente e futuro.

Lingüística

8 Ler con atención unhas oracións, identificar o verbo e indicar o seu tempo verbal.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Desenvolver a habilidade, a velocidade e a comprensión lectora.

Responder unhas preguntas de comprensión dunha lectura para demostrar a asimilación do seu contido. Act. 1.

APRENDER A

APRENDER Analizar e interpretar os ele-mentos do contexto para enri-quecer a comprensión de tex-tos e imaxes.

Completar os espazos baleiros nun texto breve con unha serie de palabras da lectura principal da unidade. Act. 3.

Asimilar o significado igual de dú-as expresións e sinalar un debuxo que as representan. Act. 5.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 5: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-5

seus ollos de auga choraban bágoas de lume que o río ía matando.

4. As respostas son as que indicamos a continuación:

– O conto pasou "unha" vez (é dicir, algún momento no pa-sado) e ten lugar nun río, onde vive a nena feita de auga.

– A nena de auga atopa un prín-cipe de lume.

– A nena e o príncipe namóranse.

5. As expresións corresponden ao debuxo c. Significan acougar a sede bebendo auga.

6. Actividade persoal.

Gramática

7. Completaremos a táboa do seguinte xeito:

– Falar, falei, falo, falarei.

– Comer, comín, como, comerei.

– Escribir, escribín, escribo, escri-birei.

8. As frases están nos seguintes tempos verbais: 1. pasado; 2. futuro; 3. presente; 4. futuro; 5. pasado; 6. pasado; 7. futuro; 8. presente.

Actividades de reforzo

1. Preguntarémoslles aos nenos que queren ser de maiores. Terán que escribir un texto explicando que queren ser de maiores seguindo estes pasos:

– O texto ten que escribirse en futuro e debe ocupar media páxina.

– Poremos unha fotografía da profesión escollida na redac-ción.

Faremos un mural con todos os traballos

SOLUCIÓN: Resposta persoal.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/687235

Neste link atoparemos exercicios para traballar os tempos verbais.

No primeiro exercicio os alumnos lerán unha lista de frases en futuro que terán que pasar ao presente. No segundo, terán que facelo á inversa.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 6: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-6

Orientacións didácticas

■ Nestas páxinas seguiremos tra-ballando a gramática e o voca-bulario. Para iso resolveremos as seguintes actividades:

● Clasificación dos verbos según-do a conxugación.

● Escritura do verbo en oracións utilizando o tempo axeitado.

● Escritura do nome de palabras que se escriben con ga, gue, gui, go, gu, güe e güi.

● Clasificación de palabras según-do soe ou non o u.

Solucións das actividades

Gramática

9. Os verbos que aparecen no texto son: naceu, foi, sucou, ouveou, se moveu, naceu, foi, espertou, vestiuse, calzou, saíu, esperar, púxose, ficou, pegar, estaban, ían, sabían, se atrevían, falar.

Todos os verbos están en pa-sado menos esperar, pegar e falar, que están en infinitivo.

10. Clasificamos os verbos do seguinte xeito:

– 1ª conxugación: sucou, ouveou, espertou, calzou, esperar, ficou, estaban, falar.

– 2ª conxugación: naceu, foi, moveu, ter, sabían, atrevían.

– 3ª conxugación: vestiuse, saíu, ían.

11. Por orde, os verbos en presente quedarán así: nace, é, suca, ouvea, move, nace, é, esperta, vístese, calza, sae, ponse, fica, están, van, saben, atreven.

12. O tempo que corresponde a cada frase é o seguinte:

– Por que non xogas comigo a-gora?

– Os labregos traballaron o do-mingo da semana pasada.

– O ano pasado lin poucos libros.

– Mañá pola noite cearei cos nosos amigos.

– A farmacia abre esta mañá.

13. Resposta personal.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 12 Indicar e completar a forma verbal axeitada nunha serie de oracións.

Intrapersoal 13 Elaborar frases para practicar o uso de verbos en pasado, presente e futuro.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Apreciar a literatura como ele-mento de reflexión e procura de coñecementos.

Ler con atencióun unha narración e identificar os verbos nela indi-cando o seu tempo. Act. 9.

APRENDER A

APRENDER Seguir pautas e instruccións na elaboración das propias pro-ducións.

Redactar de novo o texto da ac-tividade 9 con tódolos verbos en presente. Act. 11.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESP. EMPRENDEDOR Adoptar pautas de conduta e coñecemento da redonda que favorezan a autonomía.

Practicar o uso de verbos en pa-sado, presente e futuro escriben-do seguindo unhas ideas. Act. 13.

DIXITAL Interpretar información na In-ternet para reforzar e ampliar coñecementos.

Consultar na Internet unha páxina web para reforzar coñecementos ortográficos. Explorador dixital.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 7: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-7

Ortografía

14. As palabras que corresponden a cada imaxe son estas:

a) Mangueira

b) Egua

c) Aguia

d) Gorila

e) Formiga

15. Clasificamos as palabras da seguinte maneira:

– Soa o u: lingua, iguana, guapa, piragua, mergullar, gula, agulla.

– Non soa o u: guitarra, foguete, xoguete, aguia, guerra.

16. Completamos as palabras así:Paraugas, preguiceiro, dengue, bilingüe, vergoña / linguaxe, guiso, anguía, auga, aguillón / antigüidade, cogomelo, meren-gue, ungüento, minguante.

Actividades de reforzo

1. Cada alumno escribirá un pe-queno texto de 4 o 5 liñas coas máximas palabras que poida que leven g, gu e gü asegurándose de que non hai erros ortográficos:

Logo, por parellas, ditaranse mu-tuamente o texto que escribiu o compañeiro e corrixirano.

SOLUCIÓN: Actividade persoal e por parellas.

Actividades de ampliación

1. Pedirémoslles a diferentes a-lumnos que lean no alto os seguin-tes trabalinguas. Despois, cada un terá que escribilos no seu caderno e rodear os sons ga, go, gu, gue, gui, güe, güi que atopen.

Podemos pedirlles que memoricen un dos trabalinguas e que o reciten diante dos compañeiros.

"Se ti segues contigo e, consigo que sigas comigo, por conseguinte seguimos ao seguinte".

"Galo e grilo, gritan, gozan. Gritan, gozan, grilo e galo".

"Un pingüín ten unha filla desapin-güinaturalizada, o que a desapin-güinaturalice, bo desapingüinatura-lizador será".

SOLUCIÓN: Actividade persoal.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/687237

Neste link atoparemos un xogo de ortografía para traballar as palabras con gue, gui, güe e güi.

Os alumnos terán que pulsar só unha vez nun dos botóns á dereita de cada palabra para indicar se a palabra comeza con GUE, GÜE, GUI ou GÜI. Se acertan, a sílaba do botón cambiará á cor verde; se fallan aparecerá unha mensaxe de erro.

LIBRO DIGITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 8: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-8

Orientacións didácticas

■ Nesta dobre páxina aprendere-mos que son as palabras sinónimas e os textos normativos. Realizare-mos para isto as seguintes activi-dades:

● Cambio das palabras de deter-minadas frases por outras si-nónimas.

● Relación de palabras sinónimas.

● Busca no dicionario de determi-nadas palabras e das súas si-nónimas.

● Identificación das características dos textos normativos.

● Escritura de textos normativos.

Solucións das actividades

Vocabulario

17. As frases quedarán así:

– Meu pai mercou un vehículo novo o mes pasado.

– Hai que tapar a goteira do faiado.

– Xoán pasea todas as mañás no seu faco pedrés.

– Os vidros da ventá son de cor azul.

– O mestre trouxo moitos cómics.

– Ese xogador do Celta lesionouse.

18. As palabras han de relacionarse así:

– Colmea, abelleira, cortizo.

– Ola, pota, cazola.

– Xantar, comida, sustento.

– Neno, pícaro, rapaz.

19. Actividade persoal. Suxerimos os seguintes sinónimos:

barranco precipicio

pelo cabelo

gordo groso

gota pinga

bágoa lágrima

20. Actividade persoal. A definicion de as palabras é:

sono: Estado do que dorme, caracterizado por unha situación de repouso. / Necesidade de durmir.

soño: Aquilo que un imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose real.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 19 Practicar o uso do diccionario buscando unha serie de palabras e sinalando outras co mesmo significado.

21 Elaborar a listaxe de normas de comportamento que existen nas bibliotecas.

Interpersoal

22 Ler un texto sobre as normas na clase de educación física e sintetizalas nunha listaxe.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Identificar e empregar axeita-damente os elementos básicos da lingua.

Coñecer os sinónimos cambian-do as palabras salientadas en oracións por sinónimos. Act. 17.

SOCIAIS E CÍVICAS Desenvolver destrezas que fa-ciliten a convivencia, o respec-to e o entendemento entre as persoas.

Coñecer e asimilar as normas de comportamento social en biblio-tecas e clases de Educación Fí-sica. Act. 21, 22.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Adotar estratexias para enfrontar situacións da vida cotiá.

Ler un texto no que se explican as normas nunha clase de Educa-ción Física e sintetizalas. Act. 22.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 9: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-9

Escribir

21. Resposta persoal. Suxerimos como exemplo:

Estar en silencio.

Non comer nin beber.

Apagar ou pór en silencio os móbiles.

Non pintar nin escribir nos libros.

Unha vez utilizados, deixar os libros nos andeis sinalados.

22. As normas da clase de Edu-cación Física son:

Baixar despacio e en silencio.

Antes de comezar a clase, levar as zapatillas de facer deporte axeitadas.

Escoitar as explicacións do mestre.

Manter limpo o ximnasio.

Respectar o resto dos compa-ñeiros.

Non rir dos demais compa-ñeiros.

Recoller o material antes de saír do ximnasio.

Actividades de reforzo

1. Formularemos un xogo para traballar os sinónimos co alumna-do. Seguiremos estas indicacións:

– A profesora comezará dicindo unha palabra e sinalando un alumno para que diga un sinónimo.

– Se o alumno o di correctamente, diralle outra palabra a un compañeiro que terá que dicir un sinónimo.

– Se o alumno falla ou non con-testa, sentará e queda eli-minado.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/86918

Observaremos as normas do cartel e entre todos realizaremos un coas normas da nosa clase seguindo este guión:

– As normas deben ser poucas, consensuadas por todos, claras e curtas.

– Podemos representalas con debuxos para decorar o cartel.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 10: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-10

Orientacións didácticas

■ Nesta dobre páxina realizare-mos as seguintes actividades:

● Práctica da expresión oral fa-lando de normas de convi-vencia.

● Reconstrución dos títulos de contos coñecidos.

● Identificación dun conto a partir das pistas que se presentan sobre el.

● Reconto das veces que aparece unha palabra en catro colum-nas.

● Lectura dunha ficha bibliográ-fica.

Solucións das actividades

Escoitar e falar

23. Actividade por parellas. Lembra-remos que as normas poden es-tar relacionadas coas tarefas do fogar, a maneira de xogar, o trato entre os irmáns e irmás etc.

24. Actividade en grupo. Suxerimos como exemplo:

Hai que cruzar a estrada polos pasos de peóns.

Ao cruzar, sempre miraremos ao carón e a outro antes de empezar a camiñar.

Nos semáforos, só pasaremos cando estea en verde para peóns.

25. Actividade persoal. Por exemplo:

– accións correctas: bicicletas que circulan polo carril bici, non atravesar o paso de peóns can-do o semáforo está en vermello, etc.

– accións incorrectas: xogar á pelota no paso de peóns, o co-che aparcado sobre a beirarrúa, circular en sentido contrario, etc.

26. Actividade persoal.

27. Non son correctas as seguintes normas: conducir a bicicleta sen mans, e circular moi rápido sen ter coidado.

Ambas son perigosas tanto pa-ra nós como para outros pe-óns.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

23 Expresarse oralmente falando de normas en parellas.

24 Conversar toda a clase sobre educación viaria.

Intrapersoal

27 Identificar as normas axeitadas para ir en bicicleta.

25 Interpretar cousas correctas e incorrectas nun debuxo. Interpersoal

26 Opinar entre todos sobre as normas de circulación.

Cinético-corporal O tr..., 2 Por parellas explicar un conto facendo mímica.

Lingüística O tr..., 3 Sinalar as veces que aparece lume nunha listaxe. COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

SOCIAIS E CÍVICAS Adoptar pautas de conduta que favorezan a convivencia e o civismo.

Expresar oralmente, en grupo e individualmente, sobre normas de comportamento. Act. 23-27.

APRENDER A

APRENDER Analizar e interpretar elemen-tos para enriquecer a com-prensión de textos e imaxes.

Sinalar accións correctas e incor-rectas en normas viarias repre-sentadas nunhas imaxes. 25, 27.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Adoptar estratexias para afron-tar situacións da vida cotiá.

Traballar a propia opinión falando das normas de comportamento na vía pública. Act. 25-27.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 11: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-11

gO trasno das palabras

1. Os títulos recompostos son:

Alí Babá e os 40 ladróns.

O traxe novo do emperador.

Os músicos de Bremen.

A princesa e o chícharo.

Brancaneves e os sete ananiños.

Os sete cabritiños.

O frautista de Hamelín.

2. Actividade colectiva.

3. O número de veces que aparece a palabra lume é:

Primeira columna: dúas veces.

Segunda columna: unha vez.

Terceira columna: tres veces.

Cuarta columna: dúas veces.

Actividades de reforzo

1. Formularemos unha conversa sobre o tema das normas respon-dendo estas preguntas:

– Credes que deben existir as normas? Por que?

– Que pasaría se non houbese ningunha norma?

– Quitariades algunha norma da vosa casa? Cal sería?

– E se tiveramos que pór unha norma en clase, cal sería?

SOLUCIÓN: Actividade en grupo.

Actividades de ampliación

1. Para xogar a “construír normas”seguiremos estas instrucións:

– Cada alumno escribirá unha frase cunha norma e recortaraa pola metade.

– Separaremos os papeis cos principios e cos finais das nor-mas. Mesturaremos os papeis de cada grupo entre eles.

– Apuntaremos no encerado pri-meiro todos os principios nunha columna e logo ao lado todos os finais.

Para terminar, teremos que relacio-nar correctamente as dúas partes de cada frase para obter de novo todas as normas.

SOLUCIÓN: Actividade en grupo.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/86941

Observaremos esta imaxe e preguntarémos:

– Que paisaxe vemos na imaxe? Que hai no centro da fotografía?

– De que cor é a bandeira? Hai xente bañándose?

Logo conversaremos sobre a norma que non se respecta na foto.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 12: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-12

Orientacións didácticas

■ Nesta última dobre páxina os alumnos traballarán o seguinte:

● Repaso dos contidos traballados na unidade mediante a resolu-ción de actividades.

● Resposta a preguntas baseán-dose na información dunha táboa.

● Escritura de deportes nos que auga sexa importante.

Solucións das actividades

Aprendín

1. A clasificación solicitada é a seguinte:

Pasado: soñei, servín, pintei.

Presente: debuxo, saúdo, escri-bo, fago, durmo.

Futuro: perderei, xogarei, lerei.

2. As relacións que debemos es-tablecer son:

asustar → espantar

continuar → seguir

parecido → semellante

golpe → raposo

boina → pucha

engruñar → encoller

trasno → traveso

recortar → minguar

3. De esquerda a dereita e por columnas, completamos así:

Primeira columna: paguei, ro-guei, xoguei, falei.

Segunda columna: afoguei, abriguei, colguei, castiguei.

Terceira columna: acheguei, alonguei, dialoguei, conxuguei.

4. De esquerda a dereita e por columnas, completamos así:

Primeira columna: xoguete, Guillerme, mago, guitarra, gorila.

Segunda columna: gorra, guar-dar, figueira, mágoa, oran-gután.

Terceira columna: amigo, guía, canguro, aguia, galán.

Cuarta columna: guerra, auga, figo, paraugas, gatos.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Intrapersoal Ditado Realizar un ditado e autoa-valiar os seus resultados.

Avalío..., 1 Completar os espazos baleiros en frases sobre a auga

Avalío..., 3 Coñecer deportes nos que a auga sexa importante.

Naturalista

Avalío..., 4 Completar un mapa de Galicia con unhas palabras.

Lóxico-matemática Avalío..., 2 Resolver cuestións de consumo de auga.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Valorar o ditado como técnica facilitadora da aprendizaxe.

Aplicar coñecementos adquiri-dos e xerar resultados novos.

Establecer equivalencias, para-lelimos ou outras relacións en-tre elementos diversos.

Realizar un ditado e avaliar os seus resultados. Ditado.

Completar oracións sobre as ca-racterísticas da auga. Av..., Act. 1.

Ampliar coñecementos sobre o consumo de auga. Av..., Act. 2.

Observar un mapa e completalo coas palabras axeitadas. Av..., 4.

MATEMÁTICAS E BÁS. EN CIENCIAS E TECN.

Buscar e interpretar informa-ción na Internet.

Buscar alimentos típicos de paí-ses na Internet. Avalío, Act. 3.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 13: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-13

Avalío as miñas competencias

1. As frases deben completarse do xinto que indicamos:

A auga é un líquido sen gusto, sen olor e tamén sen cor.

Pode atoparse en estado líquido, como nos mares, ríos e lagos.

Pode atoparse en estado sólido, como no xeo ou na neve.

Pode atoparse en estado gaseoso, como nas nubes.

2. As respostas son:

Supoñendo que o consumo de auga media por habitante e día é para persoas que se duchan unha vez ao día, o consumo desta familia será 600 x 5 = 3.000 litros ao día.

O consumo medio é: 570 x 7 = 3.990 litros.

Actividade persoal.

3. Actividade persoal. Suxerimos como exemplo: waterpolo, surf, esquí, natación, hockey.

4. As respostas son:

1. Mar

2. Ría

3. Océano

4. Río

Actividades de reforzo

1. O alumnado realizará as acti-vidades que encontrará na páxina 9-18 para traballar os contidos máis importantes do tema.

2. Os alumnos farán a actividade da páxina 9-19 para practicar a interpretación e execución dunhas instrucións.

Actividades de ampliación

1. Pedirémoslles aos nenos que atopen unha palabra que sexa sinónima á vez de “mágoa” e de “penedo” [“pena”]

Poden facer o mesmo buscando unha palabra que equivalla á vez a “hórreo” e “cabaza” [“cabazo”].

SOLUCIÓN: Actividade persoal.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/86948

Observaremos este vídeo sobre a pesca en Galicia e comentarémolo tendo en conta a importancia da auga para a nosa comunidade.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 14: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

9-14

NAVEGAMOS POR TICHING

TICHING WEBS http://www.tiching.com/86062 https://www.youtube.com/watch?v=NNBk-NZando

http://www.tiching.com/86941 http://3.bp.blogspot.com/- lTfziolqSxM/TZC08lme7HI/AAAAAAAAA4E/z2F3m6SdGoM/s1600/IMG_8682.jpg

http://www.tiching.com/86948 http://www.youtube.com/watch?v=HzFWkhljKNg

http://www.tiching.com/687235 http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo1.htm#10

http://www.tiching.com/687237 http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/xogos/ortogal/ie/gue_gui.html

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 15: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia

© V

ICEN

S V

IVE

S

..............................................................................................................................

Page 16: GUÍA DIDÁCTICAauladecarmela.com/wp...3_Guia_T_01_15_2014_09.pdf · personaxes desta historia. – Resposta persoal. Parece que os nenos e nenas están a comentar unha historia