glass city:maquetación 1 - teatrodonoroeste.com · presidía a corporación municipal, naqueles...

58
GLASS CITY cidade de cristal TEATRO DO NOROESTE

Upload: lamkhanh

Post on 02-Dec-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

GLASS CITYcidade de cristal

TEATRO DO NOROESTE

Cidade de CristalGLASS CITY

Teatro do Noroeste, é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de máisde 20 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos.Entre estes espectáculos se poden salientar desde textos clásicos como: ReiLear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro,de Caron de Beaumarchais, até textos máis contemporáneos como Os Xustos, deAlbert Camús, ou de autores galegos como Historias Peregrinas, ou A grandenoite de Fiz, de Miguel Anxo Murado e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro eo musical, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso. Entre moitosoutros.

Teatro do Noroeste está a preparar a produción e distribución do espectáculoteatral: Glass City (Cidade de Cristal). Esta produción é unha obra musical degrande formato no que participan catorce actores e actrices e conta con músicosen directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen noespectáculo.

En Glass City, hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento doespectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é acidade de A Coruña, e a época é o setembro de 1.958.

Nesa época e nesas datas adoitaba pasar varios días de veraneo, o entón xefedo Estado Español, o ditador Francisco Franco, en A Coruña. Con el chegaban ácidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que, instaladosna cidade, a transformaban, durante uns días, na capital de España. Alícelebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Pazo doConcello, no club Náutico, e noutras sociedades civís, tamén se fixeron grandescantidades de inauguracións, festexos e concursos para darlle brillo e esplendora aquel réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos.

Os membros da escolta de Franco, maiormente militares, que conformabantanto a casa civil como a militar do ditador, chegaban a cidade dispostos adivertirse e gastar os sobresoldos que o Réxime lles facilitaba; montábanseentón grandes partidas de cartas, onde os visitantes eran alegrementedesplumados polos espelidos residentes que agardaban a chegada dosmadrileños con grande expectación.

Presidía a corporación municipal, naqueles meses, o alcalde Alfonso Molina,protexido da esposa do ditador e asiduo participante de festas e nocturnidades.Daquela época ven o dito de que “mentres Santiago reza e Vigo traballa, a Coruñase divirte”.

Pero é tamén neste ano de 1.958, cando chegan aos bares de A Coruña, as“juke box”, máquinas de discos, importadas de Estados Unidos e que viñancargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checkere compañía, o xerme da revolución da música xuvenil estaba servida e callaríaanos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos, se adiantan. Nace axuventude como clase social.

Mais non todos están sometidos ao Réxime, ao menos internamente. Otraxecto que recorre a escolta do ditador todos os días, do Pazo de Meirás ao doConcello de A Coruña, é u bo lugar para un atentado, as curvas de Bastiagueiro,continuas e pechadas, que obrigan a reducir a velocidade dos coches, préstansepara elo. Aínda que posiblemente aconteceu anos despois, neste espectáculodatamos neste ano un intento de atentado ao ditador. Hai que ter en conta queFranco tivo, que agora se saiba, más de trinta intentos de atentados ao longo dasúa dilatada ditadura.

Glass City, non é unha obra histórica, pero a historia incide nela con especialconsideración. Sobre todo os sucesos que aconteceron neses días en A Coruña:as inauguracións da Sociedade Hípica, da Fábrica de Armas ou do Supermercadode San Agostiño, a cea de gala no Pazo do Concello, onde, para susto de todas

as autoridades, se interpretou o Himno Galego, ou a pesca por parte do Azor e deFranco, dunha balea que case creou un incidente político, pois a prensa nonsabía se chamala cachalote ou cetáceo. Son acontecementos, entre outros, queaparecen reflectidos nos fíos argumentais deste espectáculo.

A Coruña, ca súa historia recente, pois, é unha protagonista clara de GlassCity (Cidade de cristal), sendo referencia do título e aparecendo en todo o seu fíoargumental.

Pero, tamén, Glass City, súmase aos textos de Eduardo Alonso dedicados adiferentes épocas e cidades galegas, primeiro foi As damas de Ferrol, despoisImperial: Café cantante. Vigo 1936, e agora este dedicado á Cidade de Cristal.

Este proxecto, elaborado por unha compañía coa solvencia e traxectoria deTeatro do Noroeste, polas súas dimensións de espectáculo de grande reparto conmúsicos en escena, polas súas características de espectáculo musical, e sobretodo pola súa temática centrada en A Coruña naqueles tempos de finais dos 50,en setembro, cando esta cidade se transformaba na capital de España, coidamosque pode ser moi atractivo para o grande público.

un musical...

No aparentemente tranquilo ano 1.958:

• Cando Estados Unidos inicia a carreira espacial, lanzando desde CaboCañaveral o satélite Explorer I e crea a Nasa.

• Cando en España gobernan, como ministros de Franco, un grupo detecnócratas maioritariamente adscritos ao Opus Dei.

• Cando o Réxime de Franco crea a Dirección Xeneral de Seguridade Nacional,para custodiar a documentación relativa as organizacións ou aos personaxescontrarios ao Movemento Nacional.

• Cando ao través de Radio Rebelde, Fidel Castro declara a súa intención detomar o poder en Cuba.

• Cando as Cortes franquistas de España promulgan, vinte anos despois daGuerra Civil, os principios básicos do chamado Movemento Nacional.

• Cando se desenvolve a encuberta e mal pechada guerra entre España eMarrocos, chamada guerra de Ifni, que remata cos acordos de Angra de Cintra,entregando España a Marrocos a praza de Tarfaya e facendo que as mortesdaquela guerra foran inútiles.

• Cando chegan aos bares de A Coruña unhas maquinas tocadiscos cargadascoa música de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker ecompañía.

• Cando Televisión Española retransmite por primeira vez en directo unpartido da liga de fútbol. Concretamente o encontro entre o Atlético de Madrid eo Real Madrid, converténdose este en campión da temporada e tamén, noutroencontro, campión de Europa.

• Cando España ingresa no Fondo Monetario internacional, e comeza, aospoucos, a desmontarse o bloqueo internacional.

• Cando se proxecta no Teatro Rosalía Castro, “La vuelta al mundo en 80días”; no cine Finisterre, “Recluta con niño”; no Teatro Colón, “Padres e hijos” ;no Gran Cine Coruña, “El pequeño ruiseñor”; no cine Monelos, “Mogambo” e nocine Equitativa, “20.000 leguas de viaje submarino”.

• Cando se tensan as relacións entre Estados Unidos e China no estreito deFormosa e Eisenhower garante que “non utilizará” bombas atómicas.

• Nos últimos días do agosto de 1.958, cando o xefe do estado español, oditador Francisco Franco, pasa os veráns no pazo de Meirás, transformando ACoruña na capital de España; nesta cidade agardan que chegue a comitiva

gobernamental, para comezar a desplumar, en diversas partidas de cartas, aosvisitantes madrileños que acompañan ás autoridades. Tamén inaugurarán moitasentidades e, como di o seu alcalde, Alfonso Molina, no seu bando: “Os veciñosdeben estar preparados para engalanar os seus balcóns e galerías con colgadurase magníficas iluminacións... Que a inmensa ledicia que sentimos ao vernoshonrados coa presenza do primeiro español, (refírese a Franco), saia de formanatural ao exterior demostrando como se lle quere na súa terra ”.

• Tamén se fían e esfían os amores e desamores daquela mocidade que,

subxugada, escoita por primeira vez os sonsinquietantes da nova música chegada de EstadosUnidos; o Rock and Roll.

• Aínda que xa leva con actividade desde faiun ano, tamén se quere que Francisco Francoinaugure a Sociedade Hípica de A Coruña,sociedade que, aínda que civil, está totalmenterelacionada co estamento militar, non en van, osterreos onde se instala foron cedidos poloCapitán Xeneral de VIII Rexión Militar,establecido en A Coruña.

• Pero tamén, naqueles anos, se prepara naCoruña un dos varios atentados que sufriu Francoao longo do seu Réxime, atentado que, se bennon callou, serviu de inspiración a outro que,varios anos despois, fixo saltar polos aires ocoche do, entón presidente do consello deministros, Luis Carrero Blanco.

o equipo artístico...

Escenografía e vestiario: Paco Conesa

Escenógrafo e figurinista enmúltiples producións teatrais decompañías galegas, así como doCentro Dramático Galego, co quecolaborou en varias ocasións.Recibiu o premio I MostraInternacional de Teatro deRibadavia en 1984 pola súaescenografía de Woyzeck, do

Centro Dramático Galego, así como o premioCompostela na súa edición de 1990 á mellorescenografía e vestiario de As alegrescasadas, produción do Centro DramáticoGalego. Tamén recibiu varios premios María Casarespor obras como Un soño de verán, producidopolo Centro Dramático Galego, Noite de Reis,produción de Teatro do Noroeste, A Cacatúaverde, producida polo Centro DramáticoGalego e tamén recibiu este premio áescenografía e ao vestiario de Imperial: Cafécantante. Vigo 1936, producido por Teatro doNoroeste.Outros deseños de escenografías e vestiariosque se deben ter en conta, á parte destes, sonos de O enfermo imaxinario, Rei Lear , GalileoGalilei, Macbeth, Historias peregrinas,Lisístrata ou Flasback Compostela.

Dirección e composición musical: Bernardo MartínezCompositor musical habitual nasproducións teatrais galegas.Formou parte de grupos de Folk, comoLeilía e Doa, do que é integrantefundador.Participa en grupos de Jazz e novasmúsicas como: Cuarteto de SaxofonesFilloa, Grus-Grus, Quinteto de CovaVillegas... Actualmente en xira cogrupo Ouriol (poesia e musicaespontánea). É compositor de música para obrasteatrais e ten colaborado concompañías como Luís Seoane,Moucho Clerc, Teatro do Aquí,Ollomoltranvía, Áncora Produccións,Teatro do Atlántico, Teatro doNoroeste, Escola Dramática Galega,Pífano Teatro, Creation TheatraleInternational, Matarile, CentroDramático Nacional e Centro

Dramático Galego. Recentemente levou adirección musical dos espectáculos O ano doCometa, As laranxas máis laranxas de todas aslaranxas, Noite de Reis e Dunas (Meu amor damadrugada) do Centro Dramático Galego,Imperial: Café cantante. Vigo, 1936 de Teatrodo Noroeste e No Comment (Obra) de PTExcéntricas.

Carme Polo

Beatriz Rivero de Castro

Coreografía: Chedes Suárez

Coreógrafa e profesora de danzadunha longa e moi amplatraxectoria, é Título Superior deDanza polo Real Conservatorio deDanza de Madrid, e estudou danzaclásica en Madrid, París e Bélxica econtemporánea en Xirona, Mónaco,Venezuela e Rusia. Foi bailarina noBallet Clásico de Madrid dirixido porEva Borg e axudante de coreografíano Ballet de Versailles (Francia).Na Coruña creou a Escola de

Danza Druída e a compañía Druídadanza eimpartiu clases de danza como mestra invitadaen diversas escolas de danza de Galicia, restode España e Portugal.Realizou coreografías para, entre outros, oCentro Dramático Galego, para o Festival deÓpera de A Coruña, para a Orquestra Sinfónicade Galicia, , así como para o Teatro do Noroestede Viana do Castelo.Recibiu, entre outros, os seguintes premios:Premio no certame de Teatro Ciudad de Lugopola coreografía Drama de Mulleres 1.990, 3ºpremio no certame coreográfico de Galicia2.004 por O Calar do Tempo. Premiada taménen Madrid no Maratón de Danza ondeparticipaban máis de 150 compañías de todaEspaña, mención especial no certamecoreográfico de Galicia por O AnxoExterminador do Ballet 20 anos non é nada2.005 e 1º premio no certame de Viana doCastelo (Portugal).

Axudante de dirección: Imma António

Destacada profesional das ArtesEscénicas, colaborou coas seguintescompañías: Compañía Luís Seoane,Teatro do Noroeste, ProducciónsLibrescena, Teatro do Morcego eCentro Dramático Galego. Traballandoen numerosos espectáculos teatraiscomo, entre outros, en: Tagen Ata, UnSoño de Verán, Galileo Galilei, AsVodas de Fígaro, Macbeth, Noite deReis, Valle Inclán 98, Otelo, A Morte e aDoncela, As Obras Completas de Will

Shakespeare (Abreviadas), Os Cárceres doOlvido, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, OClub da Calceta.Foi nominada como Mellor Actriz Protagonistanos Premio María Casares no ano 2001 porOtelo e no 2002 por A Morte e a Doncela.Actriz de dobraxe, escenógrafa e deseñadora devestiario para teatro, ópera e televisión e, tamén,dramaturga, guionista e tradutora / adaptadorapara diferentes medios.Foi axudante de dirección de Manuel Guede enO Colaborador e Ricardo III, e de Xúlio Lago enSeis personaxes na procura de autor, todas elasno Centro Dramático Galego.Ten publicadas diversas obras de narrativa esobre todo de teatro.Premio Nacional de Poesía O Facho, PremioTeatro Breve de Escola Dramática Galega,Premio Edral de Contos de Terror, PremioBiblioteca do Arlequín de Editorial Sotelo Blanco,Premio Rafael Dieste de Teatro da Deputaciónde A Coruña.

Carme PoloTenente coronel Rafael Rioboo

Produción: Eva AlonsoRealizou os seguintes cursos: de ética eestética do protocolo na UniversidadeMenéndez Pelayo; de taller de estratexiasde xestión de públicos organizado polaRede Española de Teatros, Auditorios eCircuítos de titularidade pública; deprodución de espectáculos en Editrain; deprodución organizado polo CentroCoreográfico Galego; de Xestión desubvencións organizado pola Deputaciónde A Coruña; de produción organizadopola Escola Superior de Arte Dramáticade Galicia; de Xestión, Produción eDistribución de espectáculos organizadopola Fundación Autor; e de Deseño deprodución en cine organizado polaFundación Autor. Sendo poñente na mesaredonda “Produción e xestión no teatro enGaliza” organizada pola escola deAudiovisual de VigoFoi axudante de dirección e produción en

espectáculos das compañías Teatro doNoroeste, Sala Yago e Lagarta, Lagarta. Realizou a produción dos seguintesespectáculos teatrais: Imperial cafécantante: Vigo 1936, e que recibiu cincopremios María Casares; de Romeo eXulieta; e de Extrarradios (comedia dasmulleres desamparadas), os tresproducidos por Teatro do Noroeste. Taménfoi xefa de produción das curtametraxes:Atma e Quen move os fíos?

Chusa

Chicha

Texto, dirección e iluminación: Eduardo AlonsoAutor, adaptador e, sobre todo, director teatral.Comezou a súa actividade teatral en 1965,sendo cofundador de diversas compañíasteatrais. En 1984 recibiu o premio I Mostra Internacionalde Teatro de Ribadavia, concedido á persoaque destacase polo seu labor especial a prol doteatro galego, por ter posto en marcha o CentroDramático Galego e ser o seu primeiro director.Recibiu o Premio Compostela na súa edición de1992 á mellor iluminación teatral por Os xustos,de Albert Camus e dirección propia. Recibiu oPremio María Casares, na súa edición de 1997,á mellor iluminación teatral por Noite de Reis,de William Shakespeare e dirección propia e de2007 pola iluminación e o texto de Imperial:Café cantante. Vigo 1936, obra con direcciónpropia.Como director de teatro realizou máis decincuenta montaxes de obras de teatro, entreelas Celtas sen filtro, Os vellos non deben

namorarse, O enfermo imaxinario,As alegres casadas, Rei Lear, Unsoño de verán, A grande noite deFiz, Galileo Galilei, Macbeth,Historias peregrinas, Lisístrata, Elembrujado, A Cacatúa verde, Asdamas de Ferrol, Ensaio, Romeo eXulieta ou Extrarradios (Comediadas mulleres desamparadas).

o elenco...

Xavier EstévezActor frecuente nos elencos dasmontaxes das máis importantescompañías galegas de teatro e,tamén, do Centro DramáticoGalego.Desde o ano 1989 traballa condiferentes directores e diversascompañías de teatro como: UvegáTeatro, O Moucho Clerc, PífanoTeatro, Kukas Producciónsartísticas, Teatro do Noroeste,Librescena, Talía, Teatro doMorcego, Centro DramáticoGalego, Sarabela Teatro, RTA. Participa na tv-movie Cotavermella e nas películas de cineSei quén es, Unha Muller Invisible,After, Agallas ou Celda 211Participa nas series de televisiónPratos Combinados, A Familia

Pita, El Comisario, Aquí no hay quien viva, Asleis de Celavella, Pequeno Hotel, A Vida pordiante, Cuentame, Hospital Central, Lex e, conpersonaxe fixo, en Avenida de América, GaliciaExpréss, Mareas Vivas, Manolito Gafotas, RíasBaixas ou Padre Casares.Recibiu o Premio María Casares nos anos 2003e 2004 como actor secundario.

A súa estadía na recente guerraencuberta de Ifni, como comandante

destinado no Rexemento de InfanteríaGuadalaxara Nº 20, fixo magoa no seu

castrense pero sensible espírito.Compañeiro de promoción de CarlosEstrada enfróntaos, na actualidade, avergoñenta entrega de Cabo Jubi porparte das autoridades do estado. Aló,

no medio do deserto sahariano, veumorrer a máis dun compañeiro. Agora

afoga a súa anguria no alcol e nassúas funcións como axudante do

Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar,Don Fermín Gutiérrez de Soto, que o

protexe e ampara.

Comandante Emilio Camardiel

Carme PoloCarme Polo, esposa de “Su

Excelencia el Generalísimo”. Nonlle gusta navegar no Azor e sinte

especial predilección por Alfonsiño(o Excelentísimo Alcalde da cidade,

Don Alfonso Molina). A súa vidatranscorre entre as xoierías e os

anticuarios da cidade, para espantodos propietarios, os seus netos e

os compromisos ineludibles que oaltísimo cargo do seu marido lle

impoñen. É feliz no Pazo de Meirás,e se por ela fora, permanecerían na

Coruña máis tempo de que aprudencia obriga. Se xa se

celebraban consellos de ministrosalí, porqué non se poderían

celebrar máis. Amais, Paco, o seumarido, non debería traballar tanto.Dona Carme era nisto, como todasas mulleres cos seus homes, tantotraballar, tanto traballar e calquera

día, toda España, ía ter undesgusto. Hai que ter en conta que

a estas alturas do século, 1.958,Paco, o seu marido, ou sexa, o

“Generalísimo”, xa era abo ecumprira os 66 anos.

Luma Gómez

Actriz cunha longa e prolífica carreiraprofesional. Traballou en diversascompañías teatrais, así como enmúltiples montaxes do Centro DramáticoGalego en papeis protagonistas. Fixoimportantes traballos cinematográficos.Como actriz de televisión realizou, entreoutras, series como: Servizo deurxencias ou Celia.Como actriz de cine realizou traballoscomo: coprotagonista no papel deMarica da Fame na película El bosqueanimado, protagonista no papel de Urxana película Urxa.Como actriz de teatro interveu en máisde corenta espectáculos teatrais, entreoutros, nos seguintes: O enfermoimaxinario, Medea, As alegres casadas,Os xustos, Un soño de verán, Ligazón,Las galas del difunto, Alta comedia, As

damas de Ferrol, Ensaio, Imperial: Cafécantante. Vigo 1936, Romeo e Xulieta ouExtrarradios (Comedia das mulleresdesamparadas).

Carlos Mosquera “Mos”

Actor e músico proveniente da Escolade Teatro Municipal de Narón.Participou en diversas compañías,como Caroza Teatro, Teatro doNoroeste, Bucanero Teatro, Teatro doMorcego, 40 Pasos e, por suposto, no

Centro Dramático Galego.Actor, músico e compositor, de entreos seus moitos traballos merecendestacar: A Celestina, O PaísAcuático, A Cacatúa Verde, TresNotas, Por un millón de dólares,Imperial: café Cantante. Vigo 1936, Oridículo desamor dun home máis oumenos normal, O Burgués Fidalgo,Consume con razóns e esquécete deperdóns, As Dunas (Meu amor damadrugada).Ademais de en teatro, ten traballadoen series de televisión como Nada espara siempre, Mareas Vivas,Pequeno Hotel, Fíos, Terras deMiranda, As Leis de Celavella, RíasBaixas, A vida por diante ou Libro deFamilia.

Comandante Carlos Estrada

Comandante da casa militar de “SuExcelencia el Generalísimo”. Lanzalcorentón que a todas namora.Aparece na Coruña formando parte daescolta de “Su Excelencia” e tenfuncións descoñecidas de intelixenciamilitar. Guapo, elegante e canalla,concerta sempre un perigosodesasosego nas damas, que elasconfunden con irresistible atractivo. Asúa afección aos naipes engádellemáis encanto se cabe. A súa chegadaá cidade concita a excitación dasmozas e a alarma das nais.

Tenente coronel Rafael Rioboo

Destinado no acuartelamento de Zalaeta,forma parte da directiva da Sociedade

Hípica da cidade, dedicándose a organizaros próximos festexos con esforzada

entrega. Afeccionado aos xogos de azar ea boa vida, agarda, cada setembro, a

chegada dos membros da escolta de “SuExcelencia” para entregarse a súa

afección favorita, desplumalos ao póker.Disque colleulle o gusto ao naipe nasinterminables noites de trincheiras no

bando nacional, na guerra civil española,fai xa vinte e dous anos. Casado con

Beatriz Rivero de Castro, mantén con elaunha sutil e elegante distancia moi

coruñesa.

Monti CastiñeirasComo actor de cine participou nasseguintes curtas, longometraxes eaudivisuais para televisión, entreoutros: O Noveno Principio, Coser ecantar, Conexâo, O club da calceta,Campo Cerezo, A Mariñeira, OHospital, ¿Y tú quién eres?, Los airesdifíciles, A Biblioteca da Iguana,Secuestrados en Xeorxia, Planta 4ª,Días de voda, El alquimistaimpaciente, Ilegal, O trasto, O lápiz docarpinteiro".Participou como actor en diversasseries de TVE, Tele 5, TVG, Antena 3e Cuatro TV.En teatro realizou os seguintestraballos: Borracheira de paixón(Fórmula Films, dirección: PilarMassa). Noite de reis, de W.Shakespeare (Teatro do Noroeste,

dirección: Eduardo Alonso). Rei Lear, deW. Shakespeare (Teatro do Noroeste,dirección: Eduardo Alonso). As laranxasmáis laranxas de todas as laranxas deCarlos Casares (Compañía Ítaca,dirección: Eduardo Puceiro). Amantes,vencedores e vencidos, de Brian Friel(Compañía Ítaca, dirección: EduardoPuceiro).

Maxo Barjas

Actriz cunha espléndida capacidade para acanción, desenvolve o seu labor en todos osmedios: o teatro, o cine e a televisión. En teatro traballa nas montaxes: A Lagarada,Historia do Soldado, Nin me abandonarásnunca, Viaxe e fin de Don Frontán, Nau deAmores, Hostia, Valle 98, Eu estaba na casae agardaba que viñese a chuvia, A Burla do

Galo, A Cacatúa Verde, Amor de DonPerlimplín con Belisa no Xardín, Osvellos non deben namorarse, O casoda Rúa Loucirne, Ricardo III, A farsado Bululú, Imperial: Café cantante.Vigo, 1936. Son espectáculos dascompañías: Centro DramáticoGalego, Teatro do Atlántico, Teatro doMorcego ou Teatro do Noroeste.Para televisión presenta NoiteEspectacular e Pista de baile e tenpersonaxes fixos nas series GaliciaExpress, Fíos e Rías Baixas. Para cine intervén en Sei quén es, ARosa de Pedra, La noche de lasBellas durmientes e O lapis docarpinteiro.Premio María Casares 2004 comoactriz protagonista.

Beatriz Rivero de Castro

Esposa do tenente coronel e naide Chusa, comparte co seuesposo a afección a organizareventos, pero posiblemente máisnada. Volve toparse co seuantigo amor, Emilio Camardiel eo reencontro fai renacerprohibidos desexos. Elegante emoderna ten, no seu porte, todoo poderío das señoras da CidadeVella. Educa a súa filla coaelegancia e o liberalismo propiosda súa condición. Que a “Señorade Meirás” veña a “súa”Sociedade Hípica e algo que acolma de satisfacción eexcitación.

Celso Rodríuez Rincón

Coñecido como Sito Rincón, é olocutor oficial de Radio Coruña EAJ41. É o “espiquer” indispensable entodo acontecemento, cronista nonoficial e mestre da cerimonia globalque foi a Cidade de Cristal nestesetembro de 1.958. Apúntase conespecial aplicación a participar nastimbas que organiza o tenentecoronel para desplumar aoscamaradas que forman parte daescolta de “Su Excelencia” e cheganá cidade con ganas de diversión, esalarios dobres pola súa condicióncastrense de protexer á autoridade.Tenlle especial querenza ao alcaldeda cidade, Don Alfonso Molina, conquen participou en máis dunha noitede troula.

Xan Casas

Actor e músico cunha grandeversatilidade, provén do Teatro deCámara Ditea.Participou no elenco da compañíaMoucho Clerc con obras como: A cazado Snark, O rouxiñol da Bretaña, Ocódice clandestino.Participou como actor e músico naprodución da Sala Yago Flash-backCompostela, espectáculo conformadopor tres pasarrúas.Desde o ano 2.000 é o directorartístico do Teatro de Cámara Ditea,dirixindo todas as súas montaxesteatrais.Pero, sobre todo, traballa no CentroDramático Galego en produciónscomo: Yerma, A Lagarada, Como enIrlanda, Lisístrata, O peregrino errante

que cansou ó demo, O Bufón de El Rei,Antígona, Os Vellos non deben namorarse, Acomedia do Gurgullo, O ano do cometa, Aslaranxas máis laranxas de todas as laranxas.Con Teatro do Noroeste, participou enImperial: Café cantante. Vigo, 1936. E coacompañía A Contrabutaca no espectáculofamiliar Robin Hood.

Christian Escuredo

Diplomado en Educación Musicalpola Universidade de Valladolid,cursa estudios de interpretaciónna Escola Superior de ArteDramática de Galicia. Realizacursos de danza moderna e jazzno conservatorio de danzaMayeusis de Vigo, cursos deinterpretación en Scena 21,cursos de danza clásica econtemporánea na Escola dedanza de Valladolid, cursos deinterpretación coral e formaciónde coros na Universidade deValladolid.Foi actor nos espectáculosteatrais: El rapto en el Serrallo, Oroce das ás, O Papa e a Bruxa,Viva el teatro, Romeo e Xulieta,esta última producida por Teatrodo Noroeste ou en As Dunas (Meu

amor da madrugada), espectáculo do CentroDramático Galego.En cine participa en Assalto ao Santa María deFrancisco Manso e colabora en diferentesprogramas da TVG e na TVE.

Quico OriveO “Maño”, fai a mili destinado no

cuartel de Zalaeta, está ao servizo dacasa do tenente coronel Rafael Rioboo,

que o ten acollido como asistente,modalidade esta que, na época de

Franco, permitía aos militares degraduación ter un servinte de balde a

costas dos mozos que facían a mili. O“Maño” caeu ben na casa de tenente

coronel, é apreciado pola señora e benmirado pola filla. A súa amizade coa ala

anarquista de cidade, máis porcuestións familiares que por ideoloxía

política, meterano en situacións decomplicada solución.

Wenceslao Jiménez

Forma parte do conxunto musical que amenizao concurso “Trampolín de Estrelas”. Wences,membro do Comité de Defensa da CNT einfiltrado na España Nacional ao través dafronteira con Francia, ten unha secreta,delicada e perigosa misión, acabar conFranco. O plan é moi espectacular, arriscadopero non novo, realizar un atentado contra oXefe do Estado Español, Francisco Franco. Íaser o intento trinta e tantos dos anarquistas, enesta ocasión non podían fallar. Infiltrado nacidade e disimulado entre os músicos dasorquestras do verán, dada a súa facilidade coaguitarra, Wences, agarda a oportunidadepropicia e a ocasión de recrutar compañeirosna aventura. Chegarán os explosivos enviadosdesde Francia por Laureano Cerrada, ao travésdun correo. A súa condición de natural deZaragoza faille conectar con Quico, Raúl ePedro Sánchez “Caraniño”, formando todoseles o grupo de “Os maños”. A historia di quenon tiveron éxito na súa misión, pero elespuxeron todo de seu.

Ramón Orencio

De formación autodidacta, comezatocando o piano, que abandona paradedicarse á guitarra. Actor, compositor,cantante e guitarrista, intervén ennumerosos proxectos: Ultranoites e RíoBravo ´02, coa compañía Chévere; O paísda comedia e Vía Oral, de Carlos Blanco;Trotamundos, con Mofa e Befa; en grupos

de rock como Miskatones e Degüello.Ruso Negro é o seu último proxectomúsico-cómico. Participou enespectáculos teatrais como: Imperial:Café cantante. Vigo, 1936 de Teatro doNoroeste; Noite de Reis do CentroDramático Galego e outros espectáculoscomo: Festas do Circo, Match deimprovisación cómica, O País de NuncaXamais…Xunto a Xacobe Martínez e MichelGonzález crea Cool Hamster, facéndosechamar Orence Jr. III "Mister Cool".Hoxe dedícase a recorrer os escenariosde todo o mundo, xa sexa en solitario ouacompañado pola súa propia Big Band.E realiza actuacións con: Champú yChampán, Cool Hamsters, Degüello,Ruso Negro, AlóDjangó Swing Band,Fratelli Negroni e Lorenzzios-BossaJazz.

Brandán LourenzoMúsico que habitualmente participaen obras de teatro con música endirecto, iniciouse con Casahamlet eparticipou en montaxes de AncoraProduccións, a Sala Yago e taménno Centro Dramático Galego.Merécense salientar as seguintesmontaxes: Últimas faíscas deSetembro, O can, o libro e o espello,Escuro Enigma Eu Son, AnimalVacío, Liturxia de Tebas, Lonxe, OAno do Cometa, FlasbackCompostela (Camiño A Compostela,Traslación e Mercado enCompostela.) Universidad deExtremadura: Recital PoemasMedievais e Galego-Portuguesesdos Séculos XIX-XX.Participou como actor e músico no

espectáculo teatral: Imperial: Café cantante.Vigo, 1936, de Teatro do Noroeste e norecital poético – musical con poemas deCurros Enríquez, producido por Casahamlet,con esta compañía participou en variosproxectos teatrais. Forma parte, comointerprete e compositor, do grupo musicalDuplo son.

Alberte Pardo

Forma parte do conxunto musicalque ameniza o concurso “Trampolínde Estrelas”. O “Neno”, como llechaman os seus compañeiros deoficio, todos estupendos músicos dacidade, é novo, inquedo e algochuliño. Anda sempre á caza dasmozas e faille as beiras a Chusa,ante a indiferenza desta que prefireao seu asistente. Isto humilla edesagrada ao “Neno” que organiza asúa vinganza. Fácil presa daideoloxía reinante, caerá condilixencia na trampa que CarlosEstrada lle tenderá.

Elvis Montana

En realidade chámaseRafael García, pero oseu entusiasmo polosnovos sons chegadosalén dos mares fíxollecambiar até o propionome. Entregadoparticipante deconcursos de canciónse convulsivo pateadorde escenarios varios, éa estrela do concursoradiofónico presentadopor Sito Rincón,“Trampolín de Estrelas”que, emitido por RadioCoruña EAJ 41, seráretransmitido dende osalón social daSociedade Hípica. ElvisMontana constrúe a súapersonalidade en baseas letras das canciónsque escoita nasmáquinas tocadiscos

recen chegadas de NovaYork, tamén chamadas “jukebox”, “rockolas”,“tragaperras” ou“sinfonolas”, e cargadas cos45 revolucións doscantantes emerxentes quese escoitan naquela grandeurbe. Elvis, cando está nosescenarios é pélvico econvulsivo, pero candobaixa deles é tímido emonosilábico.

Fernando Tato

Licenciado en Historia da ArteContemporánea, pola Universidadede Santiago de Compostela, cursaestudios de interpretación na EscolaSuperior de Arte Dramática deGalicia. Realizou cursos de dobraxecon Luis Iglesia e Marta Pinillos e deinperpretación ante a cámaraimpartido por Manane Rodríguez.Realizou cursos de interpretación,

movemento e creación escénica con AbrahanCelaya e Carmen Portacelli.Foi actor na compañía Repámpanos,participando nas montaxes teatrais: As cerezasde Ofelia e Falta Hamlet. Traballou como actoren diferentes montaxes teatrais como Lugo deAlma Romana de Escena T ou Romeo e Xulietade Teatro do Noroeste. Como actor de audiovisuais participou enproxectos como Amor e Fluidos de Antón Reixa,La Luz en Invierno de Producciones Mínimas ouHolocausto Aviar de Gabriel GonzálezRodríguez e en series como: A vida por diante,Avenida de América e Pepe, o Inglés.Participou nas curtametraxes: Alex, Muerte enla bañera. E é actor de debraxe en diferentesestudios de dobraxe de Galicia.Gravou o disco Naufraga Noviembre co grupoComediante no ano 2004.

Fernando GonzálezDiplomado en Ciencias Empresariaisna Universidade de Ourense, cursaestudios de interpretación na EscolaSuperior de Arte Dramática de Galicia.Realizou curso de Comedia dell arte,con Tito Asorey, cursos de Clown conMonica Sueiro, de Voz con SarabelaTeatro, de Stanivslasky, con Sarabela,de Expresión corporal con EstherMovilla. Realizou cursos de iniciación eperfeccionamento na escola de artesescénicas Talía e cursos deinterpretación con Oscar Codesido eMimo e Pantomima con JulioCastronuovo.Foi actor nos espectáculos teatrais: Lagran máquina teatral, Momo, Limpandoas rúas (espectáculo de clown de rúa),Romeo e Xulieta, O soño dunha noitede verano, En alta mar e Non conMarañao teatro, entre ambos rios,Aplausos para Adela, Romeo e Xulieta

de Teatro do Noroeste, A doma da Besta,Macbeth, Onde foron os xoguetes e Camiñoda fama con teatro Mutante e Cemiterio deAutomóbiles.Foi actor nas curtametraxes: Pulgas, Surfer eBraille. Participa na película Los girasolesciegos de J.L.Cuerda e na serie de ficciónCarleisom como actor e cantante.É vocalista e compositor do grupo depop/rock Sin motivo de Ourense.

A pesares do seuapelido, forma parte docuarteto dos maños,compañeiro de mili deQuico, atopou destinocomo camareiro naSociedade Hípica dacidade, e alí se libra dasgardas e dos malosmodos dos sarxentos eos brigadaschusqueiros. A súaamizade con Quico venda infancia e seguiraoen todas as súascircunstancias. Tenespecial debilidadepolas mulleres e acomida, nesta orde, écomo consecuencia dafalta das dúas cousasen toda a súa recentemocidade.

Raúl Carballeira

Forma parte do conxuntomusical que ameniza oconcurso “Trampolín deEstrelas”. De alcume“Caraniño”, é un entusiasta damúsica e a súa afección lévallea enrolarse nunha orquestra doverán de A Coruña. Fuxiu doseu Teruel natal buscandonovos horizontes, e atópasenesta cidade atlántica, despoisde pasar por media España. Faimigas con Wences e iso lévao aformar parte do grupo de “Osmaños”. A súa inocencia exuventude non o cegan ante asituación de represión políticaque sofre o país e que el viviuao longo das súas viaxes.

Pedro Sánchez

Brais Morán

Licenciado en Historia da Arte,realizou estudios de Grao Medio noConservatorio Estatal Superior deMúsica de A Coruña.Foi músico e actor para oespectáculo Palabras con ecos dosur, recital de danza,teatro e poesíacon Manuel Rivas, Gonzalo Uriarte eLino Braxe. Realizou a composiciónmusical para Haikus do EspectáculoO Ouro das Tribus (Galería

Atlántica), A Coruña. Foi músico e guitarrista dedirecto en Daquel abrente que inclúe:Laudamuco,señor de ningures de Roberto VidalBolaño, e O velorio de Francisco Taxes, para oCentro Dramático Galeo. Forma parte do grupoPoético - Musical A Caricia da Serpe de ACoruña como guitarrista e cantante e da bandamusical Loretta Martin. Foi encargado dos ambientes musicais eefectos sonoros das bandas sonoras dosseguintes espectáculos teatrais: Confesión, deEduardo Alonso, para Teatro do Noroeste;Medidas Preventivas, de Gustavo Pernas, paraAncora Producións; Romeo e Xulieta, deW.Shakespeare e adaptación de EduardoAlonso e Extrarradios (Comedia das mulleresdesamparadas), de Eduardo Alonso, as dúaspara Teatro do Noroeste e Tempo en desuso, deOlga Patiño e Cronicaragua (performancesolidaria), para Ancora Producións.

Julia Méndez

Comeza os estudios na escolaDruída con Mercedes Suárez,realiza cursiños de danza clásica econtemporánea, tendo comoprofesores, entre outros a: VictorUllate ( Madrid), Carmina Ocaña(Madrid), Virginia valero ( Madrid),Menia Martinez (Madrid), José Parés(A Coruña), Eva Borg (A Coruña),Karin Guizzo (bailarina doNederlands Dans Theater, Niza),Hervé Ilari (bailarin da Opera deNiza).Participa en El Carnaval de losAnimales coa Orquestra Sinfónicade Galicia, con coreografía deMercedes Suárez e dirección de A.F.Simón, en Julieta en Sueños,coreografía de Mercedes Suárez emúsica de Juan Vara. Participa en20 Anos non é nada, coa compañíade danza Druidadanza actuando por

toda Galicia.Tamén participa no documental Flores Tristesde M. Abad e nas coreografías, VerdeTransparente con Druidadanza, variación doBallet Esmeralda e ABCDANZA coa compañíaDruidadanza. Traballou en publicidade e nasección Lendas do programa Luar da TVG.

Chusa

María Xesús RiobooRivero, filla do tenentecoronel e inquedamociña da cidade. Asdúas erres dos seusapelidos a dotan dunhapersistencia poucoadecuada para os seusanos, a súa educación ea súa condición. Oamor, tan inquedo erebuldeiro nesasidades, vaille xogarmáis dunha malapasada.

Se cadra, escolle sempremal, nin o “Maño”, que éo asistente na súa casa,nin, moito menos, ocomandante CarlosEstrada son posibilidadesrecomendables para ela,pero ela, claro, non faicaso.

María Luísa Álvarez-Viéitez, é amigaíntima de Chusa, forma con ela undúo inseparable. A súa mocidade tenanunha constante exaltación nerviosae espasmódica. Forma parte dasmozas novas da cidade, dispostasatopar noivo como sexa. A súaeducación relixiosa e as súasnecesidades vitais chocan de tal xeitoque converten, á pobre Chicha, nunauténtico campo de batalla. Só o seuinocente bo humor é quen de suavizaro volcán interior.

Chicha

Julia Sánchez

Comeza os estudios de danza aos 4 anosen Barcelona, en 1.999 trasládase aCoruña e continua cos estudios de danzana escola Druída con Mercedes Suárez,realiza cursiños de danza clásica econtemporánea na Coruña, Madrid,Cannes e Niza, tendo como profesores,

entre outros a: Victor Ullate, KarinGuizo,Menia Martínez, Carmina Ocaña,Hervé Ilari. Participa en El Carnaval de los Animalesde Saint Saëns coa Orquestra Sinfónicade Galicia, con coreografía de MercedesSuárez e dirección de A.F. Simón. EnViana do Castelo (Portugal) recibe o 1ºpremio no concurso de danza(modalidade danza contemporánea).Tamén participa no documental FloresTristes de M. Abad e nas coreografías,Verde Transparente con Druidadanza noteatro de Madrid (Madrid), variación doBallet D. Quixote no Teatro Arriaga(Bilbao) e ABCDANZA coa compañíaDruidadanza no Teatro García Barbón(Vigo). Traballou en publicidade e noprograma Luar da TVG.

IInterior do salón de bailes da Sociedade Hípica da Cidadede Cristal. Amplo e señorial espazo para as grandescelebracións. Nunha beira, un práctico escenario para aorquestra ou o conxunto musical, adornado concoquetería por cortinas de pano azul mariño. A fronte doescenario deixa ver a estrutura metálica que o sustenta,aínda que se pretende disimular a súa consistenciacunhas fitas brancas e carmíns alternativamentedispostas. A estancia ten poucas columnas, delgadas erecubertas de madeira de carballo, que están situadaspreto das paredes laterais, configurando, así, no centro,un grande espazo desprovisto de obstáculos. As paredesde extensas dimensións, son tres, xa que unha delas ésemicircular, e as outras dúas son rectas eperpendiculares entre si, formando, por tanto, unhaelegante estancia de planta en forma dun cuarto decircunferencia, todas elas están forradas de madeiradesde o rodapé até unha altura de metro e medio. Aofondo dunha das paredes rectas está a barra, non moiextensa pero ben dotada, con algúns tallos altos á súabeira. A parede semicircular está, toda ela, recorrida porunha extensa cristaleira con vistas ás piscinas e, algomáis ao fondo, o mar atlántico. Por un lateral deste grandefiestra se adiviñan os campos de tiro e os de tenis. Algúns

asentos corridos están pegados ás paredes, que son ondeas mozas agardan o momento no que algún lanzal galán assaque bailar, e aquí e alá hai unha mesa e catro cadeiras,poucas para non entorpecer as supostas traxectorias dasparellas de bailaríns nas festas de sociedade.Nos momentos en que o espectáculo o precisa, entra unha

carra que representa a alcoba dos Franco, primeiro no Pazode Ayete en San Sebastián, e despois no Pazo de Meirás, enSada, A Coruña, pero nos dous casos a estancia é moiparecida, aínda que con imperceptibles diferenzas. Nas dúashai unha cómoda cos múltiples relicarios que acompañan aDona Carme, nos dous casos hai un grande espello onde aseñora de Meirás se acicala, sentada nunha coquetaescraviña, e nas dúas está o leito conxugal onde se adiviñaa xa grosa figura do ditador, durmindo. Esta carra debe entrare saír con rapidez e axilidade, ocupando, cada vez que saea escena, o centro do escenario. É precisamente no tálamoconxugal onde se adiviña a diferenza entre as dúasestancias, xa que no caso do Pazo de Ayete, a cabeceira dacama é de castaño repuxado en filigranas rectas, lenes ecasteláns, mentres que o do Pazo de Meiras é metálico,fundido en bronce con incrustacións de prata, adquisición daseñora a un anticuario coruñés, que aínda anda facendoxestións para conseguir cobralo.

o espazo...

Se hai unha cidadeonde eu quero vivir.Se hai unha cidadeonde che vou amar,esa sempre é, esa sempre será,meu amor, a Coruña é:Glass City, Glass City,onde a terra bica ó mar.Glass City, Glass City,Cidade de cristal.Dareiche o meu amor,darasme o teu amore xuntos faremos un mundo sen igual.

Non hai nada na vidaque eu desexe máisque vivir contigona miña cidade,esa sempre é, esa sempre será,meu amor, a Coruña é:Glass City, Glass City,onde o aire sabe a mar.Glass City, Glass City,espuma de coral.

Sereiche sempre fiel,darasme a teu candor,e, nena, construiremosun niño de amor.

Dende Monte Alto,até Labañou,da Cidade Vella,até Castrillón,esa sempre é, esa sempre será,meu amor, a Coruña é:Glass City, Glass City,fermosa coma un rosal.Glass City, Glass City,remanso para o mar.Dareiche o corazón,darasme o corazón,e, nena, viviremosa vida con amor.

Ventorrillo e Monelos,Parrote e Orzán,Zapateira, Peruleiro,San Amaro e Garás,esa sempre é, esa sempre será,

cancións...meu amor, a Coruña é:Glass City, Glass City,onde a vida é singular.Glass City, Glass City,contigo até o final.En Bens viviremos,ou nos Mallos serápero, nena, teremosunha casa en Feáns.Glass City, Glass City,onde a terra bica ó mar.Glass City, Glass City,Cidade de cristal.

escoita unha canción

Teatro do Noroeste

www.teatrodonoroeste.com

[email protected]

Rúa Forniños, s/n - A Pulleira

15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfnos.: 981 568 974 - 629 814 297