foexga 2016-2017. convocatoria misiÓn … · a cámara de comercio de pontevedra, vigo e...

14
RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG 165, 1 de setembro de 2016) FOEXGA 2016-2017. CONVOCATORIA MISIÓN COMERCIAL A CENTROAMÉRICA Do 12 ao 25 de febreiro de 2017 A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e o IGAPE convocan unha MISIÓN COMERCIAL A CENTROAMÉRICA ORGANIZA: Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e IGAPE COFINANCIA: FEDER / IGAPE OBXETO: O obxectivo principal do Plan FOEXGA é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores BENEFICIARIOS: Poden participar empresas PEMES galegas (segundo a definición da Unión Europea) de sectores diversos de actividade que desexen promocionar os seus produtos / servizos no ámbito internacional. As empresas deberán cumprir ca normativa de Minimis e estar o corrente de pago nas súas obrigacións tributarias, fronte a Seguridade Social e Facenda e as Cámaras de Comercio. SECTOR: Multisectorial DATAS: do 12 ao 25 de febreiro de 2017 PAISES: PANAMA, COSTA RICA, GUATEMALA, EL SALVADOR, HONDURAS, NICARAGUA O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: Obxectivo temático 03: Mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: Apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: Promover a internacionalización das pemes. Campo de Intervención 066: Servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 18: Apoio financeiro para accións de promoción e implantación no exterior, e apoio financeiro para internacionalización via cooperación, e Liña de actuación 15: Promoción da cultura de internacionalización, presencia nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE. Os indicadores de productividade correspondentes son o número de empresas participantes nestas accións Foexga que recibirán axuda é subvención. E o indicador de resultado é o incremento do número de pemes exportadoras). 1. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos: Que sexan sociedades mercantís que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE. Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes da presentación da solicitude de participación na acción (anexo III), a través do procedemento do Igape IG192 Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non seren consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento núm. 651/2014 da Comisión. Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos

Upload: vuongkhuong

Post on 02-Oct-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG 165, 1 de setembro de 2016)

FOEXGA 2016-2017. CONVOCATORIA

MISIÓN COMERCIAL A CENTROAMÉRICA Do 12 ao 25 de febreiro de 2017

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e o IGAPE convocan unha MISIÓN COMERCIAL A CENTROAMÉRICA

� ORGANIZA: Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e IGAPE � COFINANCIA: FEDER / IGAPE � OBXETO: O obxectivo principal do Plan FOEXGA é conseguir a internacionalización real das pemes

galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores � BENEFICIARIOS: Poden participar empresas PEMES galegas (segundo a definición da Unión

Europea) de sectores diversos de actividade que desexen promocionar os seus produtos / servizos no ámbito internacional. As empresas deberán cumprir ca normativa de Minimis e estar o corrente de pago nas súas obrigacións tributarias, fronte a Seguridade Social e Facenda e as Cámaras de Comercio.

� SECTOR: Multisectorial

� DATAS: do 12 ao 25 de febreiro de 2017

� PAISES: PANAMA, COSTA RICA, GUATEMALA, EL SALVADOR, HONDURAS, NICARAGUA

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: Obxectivo temático 03: Mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: Apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: Promover a internacionalización das pemes. Campo de Intervención 066: Servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 18: Apoio financeiro para accións de promoción e implantación no exterior, e apoio financeiro para internacionalización via cooperación, e Liña de actuación 15: Promoción da cultura de internacionalización, presencia nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE. Os indicadores de productividade correspondentes son o número de empresas participantes nestas accións Foexga que recibirán axuda é subvención. E o indicador de resultado é o incremento do número de pemes exportadoras). 1. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

• Que sexan sociedades mercantís que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

• Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. • Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe

positivo. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes da presentación da solicitude de participación na acción (anexo III), a través do procedemento do Igape IG192

• Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non seren consideradas empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento núm. 651/2014 da Comisión.

• Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos

artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

• Que estean ao día de pagamentos adebedados ás cámaras. • Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser

beneficiario da axuda, e cumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

2. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Consello.

c) Difundir a convocatoria destas axudas nas súas páxinas web e dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional segundo o establecido no anexo VII a estas bases e comunicarlles ás empresas esta obriga. (IMPORTANTE: Ver Anexo_Indicacións Publicidade Empresas )

d) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da dita lei.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e comunicarlles ás empresas esta obriga.

f) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na resolución de convocatoria.

g) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que deban ser presentadas ante o Igape. O pagamento corresponderá ao importe total da factura emitida pola entidade colaboradora. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20 destas bases. A axuda aboarase a través da cámara unha vez finalizada a acción e cumpridas todas as obrigas.

h) Participar nas actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.

i) Comunicarlle á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

j) Responder a un cuestionario relativo á actuación realizada, co obxecto de coñecer os resultados do plan e trasladalos á Unión Europea. O Igape non aboará a subvención ata que se responda ao dito cuestionario.

k) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. SELECCIÓN DAS PEMES A selección das pemes efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada, e ata o esgotamento das prazas dispoñibles, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

4. PLAN DE VIAXE PREVISTO OPCIÓN A) Panamá / Costa Rica / Guatemala: Saída: 12/02/2017 Días de traballo en Panamá: 13, 14 e 15 de febreiro. Voo Panamá – San José de Costa Rica: 15/02/2017 Días de traballo en San José de Costa Rica: 16 e 17 de febreiro. Voo San José de Costa Rica - Guatemala: 18 de febreiro. Días de trabajo en Guatemala: 20 e 21 de febreiro. Regreso: 22 de febreiro

OPCIÓN B) Só Panamá e Costa Rica : Saída: 12/02/2017 Días de traballo en Panamá: 13, 14 e 15 de febreiro. Voo Panamá – San José de Costa Rica: 15/02/2017 Días de traballo en San José de Costa Rica: 16 e 17 de febreiro. Regreso: 18 de febreiro

OUTRAS OPCIONS: Será posible incluír na viaxe algún outro país de América Central (El Salvador, Honduras ou Nicaragua). Si no desexan viaxar a algún dos países programados e/ou necesitan viaxar a algún outro non previsto no programa (El Salvador, Honduras o Nicaragua) poden indicárnolo na solicitude da acción e calcularemos o custe previsto.

Tamén es posible solicitar axenda soamente en algún/s dos países

5. CUSTO Inclúe (1 persoa por empresa): billete de avión, hotel con almorzo, traslados aeroporto – hotel – aeroporto, visados, seguro de viaxe, axendas de trabajo en destino (organizadas por as Cámaras de Comercio de España en Panamá e Costa Rica e por a Oficina Económica e Comercial en Guatemala), envío de mostras e catálogos con seguro correspondente, parte proporcional do viaxe, aloxamento, seguro, visado, dietas e acompañamento dun técnico da Cámara organizadora e gastos de información e asesoramento a empresa. Opción A1 (Panamá, Costa Rica e Guatemala con axenda de traballo):

Custe total estimado: 4.970 € + 21% IVE = 6.013,70 € Subvención estimada (90 % dos gastos subvencionables): 3.705 € Custe real da empresa estimado: 1.265 €

Opción A2 (Panamá, Costa Rica e Guatemala sen axenda de traballo):

Custe total estimado: 3.450 € + 21% IVE = 4.174,50 € Subvención estimada (90 % dos gastos subvencionables): 2.335 € Custe real da empresa estimado: 1.115 €

Opción B1 (Panamá e Costa Rica con axenda de traballo):

Custe total estimado: 4.120 € + 21% IVE = 4.985,20 € Subvención estimada (90 % dos gastos subvencionables): 3.610 € Custe real da empresa estimado: 510 €

Opción B2 (Panamá e Costa Rica sen axenda de traballo):

Custe total estimado: 3.025 € + 21% IVE = 3.660,25 € Subvención estimada (90 % dos gastos subvencionables): 2.620 € Custe real da empresa estimado: 405 €

6. SUBVENCIÓN Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos e cos límites seguintes de gasto máximo subvencionable:

CONCEPTO SUBVENCIONABLE LIMITE DE GASTO SUBVENCIONABLE PARA CADA EMPRESA E ACCIÓN NA QUE PARTICIPE

Viaxe dunha persoa da empresa participante. Límites anexo V das bases reguladoras. Aloxamento dunha persoa da empresa participante. Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as

datas das accións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta cos límites indicados no anexo V das bases reguladoras.

Parte proporcional do gasto da viaxe dunha persoa da cámara organizadora que viaxe para apoio técnico en destino.

Límites anexo V das bases reguladoras.

Parte proporcional do gasto do aloxamento dunha persoa da cámara organizadora.

Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas e tendo en conta cos límites indicados no anexo V das bases reguladoras.

Parte proporcional de gastos de dietas e desprazamentos locais dunha persoa da cámara que viaxe para apoio técnico en destino.

Límites establecidos na seguinte ligazón da Comisión Europea: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm (38% do importe per diem do país correspondente).

Taxa de visado e seguro de viaxe dunha persoa da empresa participante

e parte proporcional dunha persoa da cámara organizadora. Asistencia externa en destino –no caso de que non o poidan facer as oficinas Pexga- para a realización de axendas e para organización da acción.

Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas.

Aluguer do espazo, stand e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, aluguer de mobiliario, gastos de mantemento, inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

Gastos de envío de mostras e catálogos co seu seguro correspondente.

Gastos de información e asesoramento á empresa (dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listados, xestión da subvención, etc): ata un máximo de 10 horas por empresa participante.

Límite máximo gasto subvencionable por hora e cámara: gastos reais incurridos co límite máximo do coste/hora para categoría de técnico e importe máximo de 39,66€/hora.

Parte proporcional de horas de acompañamento á acción: A razón de 8 horas/por día de acción.

LIMITE MAXÍMO DE GASTO SUBVENCIONABLE POR TODOS OS CONCEPTOS

Por cada empresa beneficiaria e por cada misión na que participe: 4.000€ Por cada empresa beneficiaria e por cada evento expositivo no que participe: 12.000€

Porcentaxe de subvención: 90% sobre o importe dos gastos subvencionable. As achegas do Igape están cofinanciadas ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular: Obxectivo temático 03: Mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: Apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: Promover a internacionalización das pemes. 7. PRAZO, FORMA DE XUSTIFICACIÓN E REXIME XURIDICO Para a tramitación da subvención a empresa participante deberá enviar á Cámara de Comercio toda a información que esta necesite para poder xustificar a correcta realización da acción conforme aos parámetros desta convocatoria cando a Cámara o solicite. O prazo para solicitar o cobramento será o de 30 días hábiles desde a finalización da acción. O Igape aboará as subvencións á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes íntegros -sen compensación doutros gastos non elixibles- correspondentes ás subvencións recibidas do Igape, nun prazo máximo de 30 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas. Será de aplicación a regulación sobre o réxime de xustificación, pagamento, reintegro e réxime sancionador de subvencións contida na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009 do 8 de xaneiro polo que se aproba o seu regulamento. 8. FORMALIZACIÓN DE INSCRICIÓNS

Data límite de inscrición: 3 de xaneiro de 2017

Para formalizar a inscrición na acción, deberá enviarnos a seguinte documentación (IMPORTANTE: ver Anexo_ADMISIÓN DE FICHAS DE INSCRIPCIÓN):

• Orixinal do ANEXO DA SOLICITUDE debidamente cuberto (AN EXO III das bases) asinado polo representante legal da empresa.

• Copia da acreditación da representación legal (escritura de constitución da sociedade ou escritura de poder)

• Copia dos certificados de estar o corrente con a AEA T, TGSS e Facenda . • Copia do XUSTIFICANTE DE PAGO por importe da opción elixida

o OPCIÓN A1 (Panamá, Costa Rica e Guatemala con axenda): 4.970 € + 21% IVA = 6.013,70 € o OPCIÓN A2 (Panamá, Costa Rica e Guatemala sen axenda): 3.450 € + 21% IVA = 4.174,50 € o OPCIÓN B1 (Panamá e Costa Rica con axenda): 4.120 € + 21 % IVA = 4.985,20 € o OPCIÓN B2 (Panamá e Costa sen axenda): 3.025 € + 21 % IVA = 3.660,25 €

DATOS DA CONTA BANCARIA ONDE REALIZAR O PAGO

Banco Popular Español: ES40 0075 8901 5606 0031 2865 (Titular: Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía)

9. PENALIZACIÓN POR BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA

A- Se a baixa se produce con 40 días ou máis de antelación á realización da acción, a penalización

consistirá no aboamento dos gastos incorridos, ata o momento, por parte da empresa. B- Si se produce con 39 a 30 días de antelación á realización da acción, a empresa pagará o 50% da

aportación establecida para participar na acción. C- Si se produce entre o comezo da misión e os 29 días anteriores á realización da acción, aboarase o

100 % da aportación. Se os gastos reais ocasionados superan as ditas porc entaxes, se lles repercutirán a maiores.

Información e Inscricións Dpto. de Comercio Exterior, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

C/ República Argentina, 18 A – 36201 Vigo Tel. 986 446295 – [email protected]

1

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG 165, 1 de setembro de 2016)

FOEXGA 2016-2017. SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA AC CIÓN MISION COMERCIAL A CENTROAMÉRICA 2017 (12 – 25 feb reiro)

Axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

OPCIÓN ELEXIDA: Opción A1: Opción A2: Opción B1: Opción B2: Outras Opcións (indicar países):

DATOS DA PEME PARTICIPANTE

RAZÓN SOCIAL NIF

TIPO DE VÍA

NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO PÁXINA WEB

ACTIVIDADE

Epígrafe núm.: □ Fabricante/Transformador □ Comercializador □ Servizos □ Outros Detalle todo o posible a actividade:

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME E APELIDOS NIF

ENDEREZO DO CENTRO DE TRABALLO EN GALICIA (cubrir no caso de ter o domicilio social fóra de Galicia) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

DATOS BANCARIOS

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos, consignados, relativos á conta bancaria indicada.

TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)

IBAN

2

Solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización

Nº expediente IG192

DATOS ESPECÍFICOS DA ACCIÓN NA QUE SOLICITA PARTICIPAR:

NOME DA ACCIÓN DATA

PERSOA QUE PARTICIPARÁ NA ACCIÓN CARGO NA EMPRESA CORREO ELECTRÓNICO TELÉFONO

TIPO DE PEME (segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión): □ Microempresa □ Pequena empresa □ Mediana empresa PAÍSES AOS QUE EXPORTA:

EXPERIENCIA PREVIA EN INTERNACIONALIZACIÓN:

ANO 2011 2012 2013 2014 2015

Facturación (€)

Exportación (€)

% de exportación sobre facturación

Nº de empregados

MARCA/S COMERCIAIS: ¿DESEXAN QUE LLE ORGANICEMOS A AXENDA DE TRABALLO? □ Si □ Non

PRODUTOS QUE SE VA PROMOCIONAR PARTIDA ARANCELARIA

3

TIPOS DE CONTACTOS QUE DESEXA ESTABLECER: □ Importadores □ Distribuidores □ Axentes ou representantes □ Minoristas □ Outros (Especificar): EXPERIENCIA CON EMPRESAS DO PAÍS (Indicar en folla aparte, no caso de que se coñezan, os nomes de empresas que consideren do seu interese. Sinalar aqueles outros aspectos que desexa sexan tidos en conta):

¿REALIZOU A SÚA EMPRESA ALGÚN ESTUDO PREVIO DE MERCADO OU TEN EXPERIENCIA PREVIA NO PAÍS? □ Si □ Non

¿DISPÓN A SÚA EMPRESA DE PÁXINA WEB NOUTROS IDIOMAS? □ Si Indicar cales: □ Non

¿PARTICIPOU A SÚA EMPRESA NOUTRAS ACCIÓNS DO PLAN FOEXGA EN ANOS ANTERIORES?

□ Si □ Non En caso de resposta positiva, indicar país e cifra de negocios en € acadada grazas (en parte) á participación nesta acción:

País Cifra de negocios

¿DENDE QUÉ ORGANISMO RECIBIU A CONVOCATORIA DESTA ACCIÓN? □ Cámara de Comercio de …… □ Outro (sinale): NO CASO DE NON SOLICITAR QUE A CÁMARA REALICE A AXENDA DE REUNIÓNS, INDICAR OBXECTIVOS DA ACCIÓN E DO SEU PROGRAMA DE TRABALLO E TIPO DE REUNIÓNS QUE SE VAN MANTER:

4

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA: 1. Que coñece o contido das bases reguladoras das axudas do Igape para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. 2. Que a empresa á que represento cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE l 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. 3. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

□ Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda en réxime de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. □ Si se solicitou e/ou concedeu durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso as axudas en réxime de minimis que se mencionan a continuación:

Organismo Data de solicitude Data de aprobación Importe (euros) Disposición reguladora

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña en réxime de minimis doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

4. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas: □ Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda doutras administracións públicas ou doutros entes público ou privados, nacionais ou internacionais para os mesmos conceptos de gasto obxecto destas bases reguladoras. □ Si se solicitou e/ou concedeu doutras administracións públicas ou doutros entes público ou privados, nacionais ou internacionais para os mesmos conceptos de gasto obxecto destas bases reguladoras as axudas que se mencionan a continuación:

Organismo Data de solicitude Data de aprobación Importe (euros) Disposición reguladora

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña para as actuacións obxecto destas bases reguladoras doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

5. Que ten algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. 6. Que está dada de alta no censo do IAE, sección 1: actividades empresariais, industriais, comerciais e de servizos. 7. Non foi condenado por sentenza firme á pena de perda de posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas. 8. Non solicitou a declaración de concurso, non foi declarado insolvente ou en concurso nin está suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme á Lei concursal. 9. Non deu lugar, por causa de que o declarasen culpable, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración. 10. A persoa representante non está incursa en ningunha das causas de incompatibilidade establecidas na normativa vixente. 11. Atópase ao día nas súas obrigas fiscais, no pagamento de cotas á Seguridade social e non ten contraída débeda ningunha coa Comunidade Autónoma galega e cumpre cos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e do seu Regulamento para ser beneficiario da axuda. 12. Non ten residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal. 13. Está ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvención. 14. Non foi sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei de subvencións de Galicia ou a Lei xeral tributaria. 15. Que a empresa á que represento non está en situación de crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE. É dicir, a empresa non está en ningunha das seguintes situacións: • situación concursal (quebra ou insolvencia) conforme ao previsto na Lei 22/2003, do 9 de xullo. • perda de máis da metade do seu capital ou fondos propios e que esta perda nos últimos 12 meses, fose polo menos do 25 % ( a non ser que a empresa teña menos de 3 anos de antigüidade). 16. Que está ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras. 17. Que esta empresa ten a capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións da axuda. 18. Que se compromete a manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder. 19. Que mediante a presentación desta solicitude de participación na acción, acepta a tramitación da axuda a través da entidade colaboradora. 20. Que os datos indicados nesta solicitude relativos á conta bancaria son certos. A falsidade do declarado determinará a imposibilidade de percibir, de ser o caso, os dereitos recoñecidos no procedemento administrativo desde o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan. 21. Que os datos indicados nesta solicitude son certos. 22. Autorizo á Cámara de Comercio para que os datos necesarios para tramitar a subvención sexan comunicados ao Igape.

5

LEXISLACIÓN APLICABLE

Resolución do 5 de agosto de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

INDICACIÓN PUBLICIDADE QUE DEBERÁN SEGUIR AS EMPRESAS

Para dar cumprimento aos distintos puntos do anexo VII deberan usarse os formatos que se

reproducen a continuación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá

recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe

institucional do Igape e da Xunta de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo que da apoio ao proxecto.

O formato a utilizar é o seguinte:

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE

DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

Fondo Europeo de

Desenvolvemento Rexional

“Unha maneira de facer

Europa”

2. Durante a realización do proxecto:

a) Breve descrición no seu sitio de Internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito

proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o

apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión;

Formato:

“Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017

Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Plan Foexga 2016-2017

Como apoio ao proceso de internacionalización, “(nome empresa),” ten axuda concedida polo IGAPE

para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-

2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo”.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a

internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de

empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.”

c) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo

A3), no que se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia do

Consorcio e de Feder, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do

edificio.

Formato:

Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Conseguir un tecido empresarial máis competitivo

Unha maneira de facer Europa

Para a acreditación da publicidade, deberá presentarse:

- Copia de calquera información e comunicación que leve a cabo o beneficiario en

relación o Plan Foexga 2016 - 2017 onde se debe recoñecer o apoio dos organismos

segundo o formato proposto no punto 1

- Captura da páxina web da empresa onde figure o formato proposto no punto 2 a)

- Fotografía do cartel con información do proxecto nun lugar visible na empresa para o

público segundo o formato no punto 2 c)

ADMISIÓN DE FICHAS DE INSCRICIÓN:

Requisitos Xerais:

1) Só se admitirán as Fichas enviadas dentro do prazo estabelecido na Convocatoria.

2) A selección das Pemes interesadas efectuarase respectando o rigoroso orden da data

de solicitude efectuada, e a hora de chegada ata o esgotamento das prazas

dispoñibles, sempre que cumpran os requisitos establecidos na Convocatoria.

O Rexistro de Entrada da Cámara acreditará a data de presentación da documentación

requirida, que será utilizada para establecer a priorización temporal das solicitudes.

A avaliación de solicitudes de participación e admisión de empresas ao Programa

realizarase do seguinte modo:

A) PRESENTACION DAS SOLICITUDES

a. Por mail. Tódalas solicitudes deberán ser presentadas obrigatoriamente vía

correo electrónico.

b. Ao enderezo indicado pola Cámara organizadora. As solicitudes deberán

presentarse no enderezo electrónico que indique a Cámara organizadora na

convocatoria. Non se admitirán envíos a ningún outro enderezo da Cámara

que non sexa o indicado pola mesma na convocatoria da acción.

c. Data e hora de chegada do E-mail: A data e hora do email serán os que se

teñan en conta para a selección das Pemes participantes (de acordo co

estabelecido no punto 2).

B) EMPRESAS ADMITIDAS PROVISIONALMENTE E DEFINITIVAS

Considerarase ADMITIDA PROVISIONALMENTE a unha empresa e polo tanto ocupará

unha praza das dispoñibles que estabeleza a Convocatoria cando:

- Envíe por correo electrónico á Cámara organizadora a ficha de inscrición

asinada, copia da transferencia e toda a documentación anexa que se faga

constar na Convocatoria da acción.

- A empresa deberá enviar por e-mail TODA A DOCUMENTACION SOLICITADA.

De faltar algunha documentación, a empresa non figurará na lista das

Admisións Temporais.

- A empresa deberá cumprir tamén tódolos requisitos indicados na

Convocatoria (consideración de Pemes, Sociedade Mercantil, ter un centro

produtivo en Galicia etc.)

Para que se lle outorgue praza definitiva, a Cámara comunicará á empresa a

disposición de cinco días hábiles para entregar ante a Cámara organizadora, e

en calquera caso antes de que finalice o prazo límite de inscrición, toda a

documentación en orixinal que se lle faga constar na Convocatoria.

En caso de que dita documentación en orixinal non sexa entregada no prazo

estipulado, perderá a praza gardada provisionalmente, que ocupará a seguinte

Peme solicitante.

No caso de que presente a documentación orixinal nese prazo e a efectos da

orde para a adxudicación das prazas, a data de admisión será aquela na que

presentou previamente vía e-mail á Cámara toda a documentación solicitada.

C) Consideraranse INCORPORADAS NA LISTA DE ESPERA a aquelas empresas

solicitantes que reúnan tódolos requisitos e que presentaran toda a

documentación no prazo requirido, pero excedan das cotas estabelecidas. A súa

participación no programa será só factible no caso de que algunha das empresas

seleccionadas non completase os trámites precisos, desistise do proceso e/ou no

caso de ampliación de cotas.

D) Considerarase REXEITADA unha solicitude cando a empresa solicitante incumpra

os criterios excluíntes, non emendables, de participación ou aquelas que non

envíen por e-mail toda a documentación esixida ou que non realicen a oportuna

emenda no prazo estipulado.