eugenia osterberger

8
EUGENIA OSTERBERGER UNHA COMPOSITORA GALEGA NA BELLE ÉPOQUE Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Santiago de Compostela, xoves 12 de xuño de 2014 ás 19:00 h J CHARLA-CONCERTO

Upload: others

Post on 27-Jan-2022

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EUGENIA OSTERBERGER

Å 1 Å

EUGENIA OSTERBERGERUNHA COMPOSITORA GALEGA NA BELLE ÉPOQUE

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Santiago de Compostela, xoves 12 de xuño de 2014 ás 19:00 h

J

CHARLA-CONCERTO

Page 2: EUGENIA OSTERBERGER

Å 2 Å

Page 3: EUGENIA OSTERBERGER

Å 3 Å

PRESENTACIÓN

Achegamento á biografía de Eugenia Osterberger, por Rosario Martínez Martínez, investigadora

A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á creación musical galega, por Beatriz López-Suevos Hernández, musicóloga

j

PROGRAMA MUSICAL

Eugenia Osterberger (Mme. Saunier)Santiago de Compostela, 1852-?

Ma mi dicesti, op. 158 (aria)Ove sei? (canción italiana). Poema de Giosué Carducci

¡Adiós a Galicia! (melodía galega). Poema de Lois VázquezAusencia (melodía galega). Poema de Carlos Vaamonde

Cántigas y Melodías Gallegas. Do cancioneiro popular de José Pérez Ballesteros:Amorosas. Burlescos. Casamiento. Consejos. Tristeiras.

Desaires. Despedidas. DespreciosFalas de nai (melodía galega). Poema do Marqués de Figueroa

Susana de Lorenzo, sopranoBeatriz López-Suevos Hernández, piano

Page 4: EUGENIA OSTERBERGER

Eugenia Osterberger é aínda unha gran descoñecida para o público galego e mesmo para os estudosos e os intérpretes actuais. Coa súa actividade e co seu talento, Mme. Saunier contribuíu á creación dunha música galega culta

nacida da raíz popular, no ronsel de Marcial del Adalid, Pascual Veiga ou Chané, e participou nas iniciativas de dignificación da cultura galega promovidas por intelec-tuais como Emilia Pardo Bazán e outros galeguistas que posteriormente fundarían a Real Academia Galega. Estas dedicacións teñen tamén unha significación desta-cable, por seren excepción dentro do que era adoito nas mulleres do seu tempo.

A actividade compositiva de Osterberger coñecida ata o momento céntrase en dous repertorios: o de piano solista e as cancións (melodías galegas) para voz e piano, nas que mostra o seu interese e compromiso co valor do patrimonio popular, da lingua e da cultura propias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a pre-sentación desta charla-concerto no CGAC, en Santiago de Compostela, vila natal da compositora, para recoñecer e divulgar a personalidade desta artista e a súa obra, da man das investigadoras Rosario Martínez, que achegará o perfil biográfico, e Beatriz López-Suevos, que analizará a relevancia da súa creación musical no con-texto da época e que acompañará no piano á soprano Susana de Lorenzo.

Å 4 Å

Page 5: EUGENIA OSTERBERGER

Å 5 Å

“ EUGENIA OSTERBERGER LUARD (Mme. SAUNIER)

A compositora Eugenia Osterberger Luard naceu en Santiago de Compostela en 1852. A súa familia materna era galega, súa nai era a coruñesa Emilia Luard Álvarez, e seu pai o litógrafo e gravador Jorge Osterberger.

Eugenia tivo unha educación musical temperá e unha instrución académica moi superior á que habitualmente recibían as mozas daquela. Recibiu formación en Ga-licia e en Francia, e temos constancia do seu dominio do galego, castelán e francés. A súa especial sensibilidade cara á música e a súa predilección polo piano desde nena —sen o cal se sentía «corpo sen alma, espírito sen alimento»— levárona a inter-pretar e asinar múltiples obras que foron editadas en París, na Coruña e en Madrid.

En 1879 casou con Francisco Saunier e estableceuse na Coruña, onde ao seu home lle foi asignada a dirección da Fábrica de Gas, que subministraba a ilumina-ción pública da cidade. O matrimonio tivo sete fillos.

Eugenia Osterberger mantivo unha participación activa na vida cultural e social da cidade e non renunciou á súa dedicación á composición. Formou parte das ini-ciativas promovidas por Emilia Pardo Bazán e outros intelectuais da cidade, como a fundación do padroado das Colonias Escolares, do que foi secretaria ata que mar-chou de Galicia na primeira década do século XX. Tamén foi académica correspon-dente da Real Academia Galega desde o ano fundacional.

A finais de 1907 traslada a súa residencia á Costa Azul francesa. Non se coñece a data exacta da súa morte, aínda que sabemos que foi posterior a 1914.

“ A SÚA PRODUCIÓN MUSICAL

A obra de Eugenia Osterberger e a súa contribución á consolidación da música culta de raíz galega é aínda unha auténtica descoñecida entre os músicos actuais.

Atendendo á obra localizada a día de hoxe, as súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista e as cancións ou melodías galegas para voz e piano.

Page 6: EUGENIA OSTERBERGER

Å 6 Å

As composicións para piano pertencen ao xénero pianístico de salón, abordable por intérpretes diletantes, en dúas das súas vertentes fundamentais: as pezas líricas e os bailes de salón. Dentro das pezas líricas ou de carácter enmárcanse Méditation (noctur-no), Scherzo, Le Rouet de Grand’Maman (fileuse) e unha adaptación dunha melodía de Francisco Pillado, El recuerdo (dolce remembranza). Como bailes de salón pódense cla-sificar a 1ère Polonaise (polonesa), Pavana Louis XIII (pavana), Les Hirondelles (valse de salón), Insinuante (valse lento), Lucía (valse de salón) e mais Danza morisca.

En canto ao repertorio de canción de concerto localizáronse a aria Ma mi dicesti, op. 158, unha melodía italiana, Ove sei?, e unha colección de melodías galegas: Au-sencia, ¡Adiós, Galicia!, Falas de Nai e as oito Cántigas y Melodías Gallegas dedica-das ao Centro Gallego de Buenos Aires.

Para as melodías galegas, Eugenia Osterberger escolleu os versos de poetas con-temporáneos (Carlos Vaamonde Lores, Manuel Lois Vázquez, o Marqués de Figue-roa) e as coplas populares recompiladas por José Pérez Ballesteros no Cancionero Popular Gallego.

Estas composicións contribuíron á creación dun legado musical galego no ámbi-to culto, onda o amplo repertorio de autores recoñecidos como Marcial del Adalid, Xoán Montes, Xosé Castro Chané, José Baldomir, Andrés Gaos ou Enrique Lens.

Publicaron as súas obras editoriais como Canuto Berea e Cª, Zozaya, Casa Dote-sio, en España, e F. Laurens, en París, ademais das edicións a cargo da propia autora.

“ AS OBRAS DO PROGRAMA

Ma mi dicesti, op. 158 (aria)En continuidade coas arias de ópera do século XIX, é a expresión apaixonada dun reproche por unha promesa de amor non cumprida.

Ove sei? (canción italiana)Composta sobre un poema de Giosué Carducci, encádrase na tradición da roman-

Page 7: EUGENIA OSTERBERGER

Å 7 Å

za italiana ou canción de salón, propia da Belle Époque e na liña de autores como Paolo Tosti (1846-1916). O sinxelo acompañamento do piano busca realzar a liña melódica sentimental e cantabile.

¡Adiós a Galicia! (melodía galega)O poema ¡¡Adiós!! do médico e poeta Manuel Lois Vázquez é a base textual desta composición que alude ao sentimento de saudade da emigración. O soldado que parte de Maside «cheo de melanconía» despídese da paisaxe da súa vila, das «fei-tuquiñas nenas» e mais da súa «nai querida». Esta peza converteuse no himno de Maside.

Ausencia (melodía galega)A emigración é tamén o tema do poema de Carlos Vaamonde Lores, escollido pola compositora para esta obra coa que expresa a morriña e o sufrimento do emigrado ao verse «lonxe, moi lonxe da terra querida» e o seu consolo na esperanza de poder volver á Galicia natal e abrazar a súa nai.

Cántigas y Melodías GallegasEstas catro cantigas e catro melodías galegas están dedicadas ao Centro Gallego de Buenos Aires. A compositora escolleu e organizou ao seu xeito coplas recompila-das por José Pérez Ballesteros no seu Cancionero Popular Gallego, con temáticas e estilos variados, ás que lles engade un breve interludio pianístico. As sonoridades propias da música galega tradicional están presentes na obra, como roncóns de gaita ou pequenos aturuxos.

Falas de nai (melodía galega)Sobre un poema do marqués de Figueroa, esta composición foi editada pola So-ciedad Anónima Casa Dotesio, de Madrid, no 1913. Nela, unha nai fálalle ao seu meniño e advírteo de que non debe esquecer a súa nai por ningunha outra muller, porque o «amor constante das nais» é firme e perseverante.

Page 8: EUGENIA OSTERBERGER

Å 8 Å

D. L

. C

960

-201

4 Trisqu

elia