erosión e desertización

44
Erosión e desertización O risco de erosión Os factores da erosión Avaliación da erosión Solucións Desertización

Upload: jmsantaeufemia

Post on 12-Apr-2017

67 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Erosión e desertización

Erosión e desertización

• O risco de erosión • Os factores da erosión • Avaliación da erosión • Solucións • Desertización

Page 2: Erosión e desertización

EROSIÓN

Proceso xeolóxico que consiste no desgaste do relevo terrestre

Page 3: Erosión e desertización

A erosión é un proceso natural que pode acelerarse por determinadas intervencións humanas:

•Deforestacións e incendios

•Cultivos inapropiados e sobrepastoreo

•Obras públicas e infraestructuras

•A minería a ceo aberto e canteiras

Page 4: Erosión e desertización

A minería a ceo aberto e as canteiras aceleran a erosión

Page 5: Erosión e desertización

• Agravamento de riadas e inundacións: son máis graves cando aumenta a carga dos sedimentos.

• Colmatación dos encoros: perden a súa funcionalidade e tórnanse máis perigosos

• Acumulación de sedimentos grosos nas veigas fluviais: dificultan o desenvolvemento dos cultivos

• Deterioro de ecosistemas naturais fluviais ou costeiros: o excesivo aporte de sedimentos aumenta a turbiedade e dificulta a fotosíntese

•Perda de solo cultivable: supoñe danos económicos e conduce á desertización.

As consecuencias da aceleración da erosión son:

Page 6: Erosión e desertización

Factores no risco de erosión

• Erosividade:

Capacidade erosiva dos axentes xeolóxicos

•Erosionabilidade:

Susceptibilidade do terreo para ser erosionado

Page 7: Erosión e desertización

Depende sobre todo do clima: • Axente xeolóxico que actúa: auga, xeo, vento, oscilación térmica, etc. • Tipo, cantidade e regularidade das precipitacións

Erosividade

Page 8: Erosión e desertización

A erosividade pode cuantificarse a partir de diferentes índices matemáticos:

•índice de aridez de Martonne

•índice de agresividade climática de Fournier

•índice de erosión pluvial

Page 9: Erosión e desertización

As precipitacións torrenciais (concentradas no tempo) determinan unha forte erosividade

Page 10: Erosión e desertización

Erosionabilidade

Depende á súa vez de:

•As pendentes (cando son > 15% hai alto risco de erosión)

•O estado da cuberta vexetal: o bosque denso protexe o terreo da erosión mentres que os cultivos inapropiados nas ladeiras incrementan o risco de erosión

•As características xeolóxicas e estructurais do terreo: tipo de rocha, estado de agregación, textura, etc que determinan o índice de resistencia á erosión (Ir)

Page 11: Erosión e desertización
Page 12: Erosión e desertización
Page 13: Erosión e desertización

Avaliación da erosión

•Métodos directos • varillas graduadas que se cravan no terreo e se observan regularmente • observación batimétrica da sedimentación en encoros • observación de indicadores

•Físicos: marcas, incisións no terreo, acumulación de sedimentos ó pé dos taludes, túneles de erosión nas ladeiras, sucos, acanaladuras e acaracavamento

•Biolóxicos: grao de cobertura da vexetación, exposición das raíces.

•Métodos indirectos: • ecuación universal da perda do solo (USLE)

Page 14: Erosión e desertización

Varillas graduadas para valorar a perda de solo

Page 15: Erosión e desertización

Túneles de erosiónSucos de erosión

Cárcavas

Índices físicos de valoración da erosión

Page 16: Erosión e desertización

Depósitos de pedra e outros sedimentos soltos ó pé dos taludes indican erosión activa

Vexetación aclarada ou eliminada indica erosión

Page 17: Erosión e desertización

Un forte suco de arroiada nunha pista de terra en Pontevedra

Page 18: Erosión e desertización

A eliminación da vexetación nesta ladeira de forte pendente supón un forte perigo para a estrada: hai elevado risco de desprendemento e erosión

Page 19: Erosión e desertización

A falta de vexetación herbácea neste paraxe de montaña en Palencia, indica unha forte erosión, quizás causada polo sobrepastoreo (ovellas e cabras)

Page 20: Erosión e desertización

As ladeiras con fortes pendentes están máis protexidas cando están cobertas pola vexetación

Page 21: Erosión e desertización

Raíces descubertas preto dunha praia, que revelan forte erosión do talud

Page 22: Erosión e desertización

Indicador biolóxico: raices descubertas que indican unha forte erosión

Page 23: Erosión e desertización

Ecuación universal da perda de solo

A = perda media anual de solo en toneladas por hectárea e ano

R = factor de erosividade da chuvia K = factor de erosionabilidade do solo L = factor de lonxitude da pendente S = factor de inclinación da pendente C = factor de ordenación de cultivos (influenza do tipo de cultivo) P = factor de control da erosión (influenza das prácticas de cultivo: revexetación, construcción de bancais, tipo de arado do terreo

PCSLKR ⋅⋅⋅⋅⋅=A

Métodos indirectos de valoración da erosión

Este método só vale para terreos moi pequenos e con características homoxéneas

Page 24: Erosión e desertización

Grao de perigosidade Perda de solo en T/ha/ano

Perda de espesor en mm/ano

GRAO 1 (Moi baixa ou nula)

< 10 <0,6

GRAO 2 (Baixa) 10 – 50 0,6 – 3,3

GRAO 3 (Moderada) 50 – 200 3,3 – 13,3

GRAO 4 (Alta) > 200 > 13,3

Page 25: Erosión e desertización

SOLUCIÓNS FRONTE A EROSIÓN

CONTROL DA PERDA DO SOLO

Page 26: Erosión e desertización

Control da erosión en terras de cultivoCorrecta planificación do territorio dacordo co tipo de solo, as pendentes e o clima da zona

Accións concretas: • Reducir a erosión superficial das augas: cultivos axeitados, drenaxes, técnicas de arado que sigan as curvas de nivel, aterrazado, etc.

▪ Control do avance de cárcavas e barrancos: construcción de diques e muros, repoboacións forestais.

▪ Eliminación dos usos agrícolas e forestais intensivos en fortes pendentes: sustitución por pastizais estables e cunha explotación controlada, repoboación forestal, prohibición de talas de árbores.

▪ Atenuación da erosión eólica: construcción de barreiras cortavento (artificiais ou naturais), recubremento do solo, evitando os sedimentos soltos

Page 27: Erosión e desertización

Cultivos de viñedos aterrazados na Ribeira do Sil

Page 28: Erosión e desertización

Cultivo en terrazas ou bancais en Mallorca

Page 29: Erosión e desertización

CONTROL DA EROSIÓN EN ZONAS DE OBRAS

o Construccións adaptadas á morfoloxía do terreo

o Realización de drenaxes

o Repoboación de taludes

o Construcción de muros de contención

Page 30: Erosión e desertización

Diferentes métodos de control da erosión

Page 31: Erosión e desertización

¿DESERTIZACIÓN OU DESERTIFICACIÓN?

Diferentes acepcións

DESERTIZACIÓN = Proceso de degradación ecolóxica que supón perda de productividade da terra e leva a condicións desérticas

DESERTIFICACIÓN (Término non aceptado por ser un anglicismo)

DESERTIFICACIÓN = Proceso natural e inducido por actividades humanas que produce a degradación do solo

DESERTIZACIÓN = Proceso social de despoboamento, consecuencia do anterior

Page 32: Erosión e desertización

CAUSAS DA DESERTIZACIÓN

❖ CLIMÁTICAS

o SECA

o PRECIPITACIÓNS ESPORÁDICAS E TORRENCIAIS

❖ ANTRÓPICAS

o SOBREEXPLOTACIÓN DE CULTIVOS

o DEFORESTACIÓN

o SOBREPASTOREO

Page 33: Erosión e desertización
Page 34: Erosión e desertización

Mapa mundial da desertización

Page 35: Erosión e desertización

Mapa mundial da erosión

Page 36: Erosión e desertización

MANIFESTACIONES DA DESERTIZACIÓN

❖DEGRADACIÓN QUÍMICA oPERDA DE FERTILIDADE (Lavado de nutrientes e/o acidificación) oTOXICIDADE E EMPOBRECEMENTO POR CONTAMINACIÓN (Chuvia ácida, metais pesados, augas residuais, contaminación radiactiva) oSALINIZACIÓN E ALCALINIZACIÓN

❖DEGRADACIÓN FÍSICA oPERDA DA ESTRUCTURA DO SOLO oCAMBIOS NA TEXTURA

❖DEGRADACIÓN BIOLÓXICA o PERDA DE COBERTURA VEXETAL o PROCESO DE REGRESIÓN DO ECOSISTEMA o EROSIÓN HÍDRICA E EÓLICA

Page 37: Erosión e desertización

EROSIÓN E DESERTIZACIÓN EN ESPAÑA

ÚNICO PAÍS EUROPEO CO ALTO RISCO DE DESERTIZACIÓN

Mataviejas (Burgos)

Page 38: Erosión e desertización

As Bárdenas Reales (Navarra)

CONDICIÓNS IDÓNEAS PARA A DESERTIZACIÓN

• Fortes pendentes e acusado relevo

• Precipitacións escasas e irregulares, a menudo torrenciais

• Abundancia de terreos brandos e arxilosos

• Inadecuada xestión agrícola e forestal

• Alta frecuencia de incendios forestais

• Importantes obras públicas sen suficiente control

• Prácticas mineiras que fomentan a erosión

Page 39: Erosión e desertización

Condicións de aridez na Península Ibérica

Page 40: Erosión e desertización

Mapa de estado da vexetación

Page 41: Erosión e desertización

Mapa de risco de erosión en España, en cantidade de perda de solo

Page 42: Erosión e desertización
Page 43: Erosión e desertización

AS CIFRAS

• Perdas anuais de 1.150 millones de toneladas de solo

• 26% do territorio sofre erosión grave

• 28% sofre erosión moderada a importante

Deserto de Tabernas (Almería)

Page 44: Erosión e desertización

FIN

Fuerteventura