entrevista a clara do roxo

8
Clara do Roxo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo, nada en Caracas, é unha escritora galega. Volveu a Galicia aos dez anos, e reside en Vigo. Licenciada en Xeografía e Historia. Ten publicado obras súas en revistas como “O ollo público” ou o Ateneo Ferrolán”. Actualmente imparte cursos literarios (“aliteraclara”) no concello de Vigo e no bar Catro a Catro. Son obras súas A princesiña que conducía unha locomotora ou A mamá que perdeu as cóxegas. Tamén ostenta múltiples premios literarios como: “Certame Manuel Murguía de narracións breves”, “Café de Catro a Catro”...+ lunes 25 de abril de 2016

Upload: asnosasletras

Post on 27-Jan-2017

306 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista a Clara do Roxo

Clara do Roxo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo, nada en Caracas, é unha escritora galega. Volveu a Galicia aos dez anos, e reside en Vigo. Licenciada en Xeografía e Historia. Ten publicado obras súas en revistas como “O ollo público” ou o “Ateneo Ferrolán”. Actualmente imparte cursos literarios (“aliteraclara”) no concello de Vigo e no bar Catro a Catro. Son obras súas A princesiña que conducía unha locomotora ou A mamá que perdeu as cóxegas. Tamén ostenta múltiples premios literarios como: “Certame Manuel Murguía de narracións breves”, “Café de Catro a Catro”...+

lunes 25 de abril de 2016

Page 2: Entrevista a Clara do Roxo

Non demasiada, pero porque eu me considero igual de válida ca un home e sempre estiven disposta a ocupar o meu espazo

Clara do Roxo

1.- Na súa irrupción na literatura sentiu nalgún momento que o mero feito de ser muller escritora puider supoñer certa diferenza como ten ocorrido en tempos pasados?

2.- Que foi o que a levou a se mergullar na escrita digamos “en serio”? porque supoñemos que o de escribir xa lle viña de ben antes…

Creo que sempre escribín “en serio”, pero ata o ano 2007 non me atrevín a mostrar as miñas escritas. Un obradoiro literario tiroume do anonimato. Agora impártoos eu, para que xente coma min se atreva a dar ese paso.

5.- Sabemos do seus premios no certame de microrrelatos "Mulleres Progresistas", até que punto o seu compromiso feminista se viu reflectido nas súas obras? Pode unha autora evadirse do seu “eu” á hora de escribir?

4.- Como alguén que pasou a maior parte da súa infancia fóra de Galiza se decantou por escribir as súas obras na nosa lingua?

3.- Escribir é para vostede máis evasión que compromiso, ao revés, ou as dúas funcións son realmente importantes?

Pode, se quere. Pero eu non quero. Non escribo sobre min, pero o meu compromiso co feminismo está nas miñas obras sempre, unhas veces explícito e outras entre liñas. A princesiña que conducía unha locomotora é unha novela para moi cativos, pero que está impregnada dese feminismo que defendo.

Eu non tomei conciencia da miña lingua ata moi tarde, porque na casa toda a familia era castelán-falante. Porén, cando por fin entrou na miña vida, namorei dela pola súa fermosura, pero tamén pola importancia de facela seguir viva ao utilizala. Cando tomei conciencia dela, xa nunca utilicei outra lingua para me expresar.

Escribir para min é unha necesidade. Non concibo a miña vida sen a escrita. E o compromiso vai unido a ela sen poder separar o un da outra.

Portada: “A mamá que perdeu as cóxegas”

lunes 25 de abril de 2016

Page 3: Entrevista a Clara do Roxo

De xeito individual só publiquei infantil. Para adultos escribo relato e atópanse case todos publicados como premios en edicións colectivas. Teño en proxecto reunir todos eses premios de relatos para adultos e publicalos. Pero son unha perfeccionista da corrección, e aínda non tiven tempo de revisalos ben e ofrecelos a algunha editorial.

Clara do Roxo

6.- De momento vemos que leva publicado literatura infanto-xuvenil, por que? Para cando os outros obxectivos narrativos e outros xéneros literarios?

7.- Acredita vostede na inspiración? Se é así, cal foi -e é- a súa para a redacción da súas obras?

Moitas veces fío na inspiración. Case sempre. A inspiración, polo xeral, vén sendo unha idea, unha frase, unha imaxe que comeza a roldar na miña cabeza. Unha vez chega, hai que arremangarse e traballar moito para desenvolvela. E logo CORRIXIR. Poño este verbo en maiúsculas, porque dou tanta importancia á inspiración como á corrección, para min é fundamental. Ese perfeccionismo lévame a darlles moitas voltas aos textos e nunca os dou por rematado.

9.- Cando Vostede se mergulla nun mundo infantil e xuvenil para dar forma a unha obra, é difícil realizar ese flash-back ou aquí cobra peso a imaxinación da autora?

8.- Ao longo das nosas entrevistas temos visto que un premio vén a supoñer un feito automático como é a publicación da obra premiada... Isto semella que non ocorre no seu caso, non?

O maxín pesa cando escribo infantil. Pero non só boto man da imaxinación. Estou de acordo cos postulados da nova corrente de literatura infanto-xuvenil, na que non se agochan os problemas aos nenos. Gústame poñelos á vista, sen dramatizar, para que saiban no mundo no que viven. A mamá que perdeu as cóxegas trata diso precisamente, dun neno ao que lle ocultan a enfermidade da súa nai e ten que imaxinalo todo.

Certo, eu conseguín publicar as novelas infantís sen que me viñesen da man dun premio. É moi difícil, tiven, digamos, “sorte” de que os meus libros entrasen en Galaxia e os publicasen porque creron neles. Porén, cos relatos para adultos sucedeu todo o contrario, todas as publicacións viñeron asociadas a premios.

Nunca dubidei. Foi unha novela escrita para o meu fillo (varón) e estaba especialmente interesada en facerlle comprender que o que importa na vida é cumprir as nosas arelas, pero sobre todo, que homes e mulleres son iguais. Tiven claro que era princesa, pero atípica, unha princesa que rachaba cos moldes establecidos, a súa condición de muller libre estivo moi presente para min á hora de crear o personaxe. Non quería unha rapaza pasiva a esperar por ninguén príncipe.

10.- Cando Vostede se puxo a redactar a súa obra A princesiña que conducía unha locomotora nalgún momento sentiu medo ao reformar esa temática de princesas e príncipes ou máis ben xa estaba no seu maxín escribir unha obra digamos un tanto transgresora?

lunes 25 de abril de 2016

Page 4: Entrevista a Clara do Roxo

Clara do Roxo

Clara do Roxo

Portada: “A princesiña que conducía unha locomotora”

13.- Ten dito Vostede que antes a súa primeira motivación era plasmar os seus sentimentos e que posteriormente se decantou pola ficción... poden eses dous apartados funcionar por separado á hora de escribir?

12.- Cando Vostede se inmisce nun curso de escritura creativa que ten máis en conta, a forma ou o contido ou deixa este segundo apartado para a imaxinación do/da escritor/-a?

11.- E na súa outra obra publicada A mamá que perdeu as cóxegas que nos quere amosar? Non será unha reivindicación da liberdade cara á imaxinación e inquedanzas dos máis novos?

Poden. E penso que é un síntoma de crecemento na escrita chegar a separar por completo o un do outro. Pero, aínda así, sempre hai parte de nós nos nosos textos. É complicado agocharnos de todo, sempre aparece algún detalle propio, por cativo que sexa. Outra cousa son os xuízos de valor, as sentenzas, as moralinas, non me gustan e non as utilizo.

Os cursos de escrita serven de guía para quen comeza, amosan o que NON se debe facer.Eu estimulo ao alumnado dos meus obradoiros a crear a través de obras de arte e outras propostas, pero deixo absoluta liberdade de estilo e mesmo de temática.Penso que cada quen debe atopar o seu xeito de expresarse na escrita, as pautas que dou son para atopar inspiración e apréndolles a corrixirse a si mesmos.

Como comentei antes, reivindico que se amose a información aos nenos e nenas de todo canto acontece na casa. Unha invitación a deixalos participar.

14.- E para rematarmos, non nos podería falar dos seus futuros proxectos literarios?

Neste momento estou cargada de proxectos. Veño de escribir unha teoría da escrita creativa, que está en proceso de revisión e corrección. Estou a rematar unha novela xuvenil, da que non podo falar de momento, pero que sairá o próximo outono. Son presidenta da Asociación Cultural Catropatacos, dende a que se promove a literatura, as artes e a música en lingua galega. Con ela vimos de estrear o espectáculo “Relatos Atlánticos”, que son narracións musicadas. Promovemos o certame de microrrelatos “Microcatrorelato”. Tamén estamos a preparar un proxecto literario para o ano Castelao. E continúo impartindo obradoiros literarios “Aliteraclara”, para adultos a través da Concellería de Normalización Lingüística de Vigo, e para nenos e nenas nos colexios.

lunes 25 de abril de 2016

Page 5: Entrevista a Clara do Roxo

CUESTIONARIO

lunes 25 de abril de 2016

Page 6: Entrevista a Clara do Roxo

A Alhambra de

Granada

Un monumento

salientábel?

A E s m o r g a d e

Blanco Amor

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Cibrán da Esmorga e Aureliano Buendía de Cien años de soledad

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Permitídeme dous:

1 - Cien años de

soledad de Gª

Márquez

2- El memorial del

convento de José

Saramago

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

Ufff que difícil, creo que co Quixote

Un personaxe literario co que

se identifique?

El cartero y Pablo Neruda

Unha película de cine?

lunes 25 de abril de 2016

Page 7: Entrevista a Clara do Roxo

Poder dedicar todo o meu

tempo á literatura.Un anceio por realizar?

Para visitar calquera vila

francesa do Perigord, para

descansar Vejer de la

Frontera en Cádiz

Un lugar para visitar? e un lugar

para descansar?

A pazUnha utopía?

O sofá da casa un día de choiva.

Un lugar axeitado para a lectura?

Rock sen dubidalo. Cancións varias:Hurricane de Bob DylanEscalera al cielo de Led Zepellin

Calquera de Janis Joplin

Un tipo de música? Unha canción?

lunes 25 de abril de 2016

Page 8: Entrevista a Clara do Roxo

O deporteOutro entrete

mento ademais da literatura?

Sen dubidalo cidade, son urbanita, gústame o ruído, a xente, o

movemento. E tamén sen dubidalo, a praia, o mar é o mellor sedante que

existe.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Os dous tratados de paz

que remataron coa

primeira e coa segunda

guerras mundiais.

Un feito histórico?

Difícil, admiro a moitos/as, pero identificarme… tal vez con

Simone de Beauvoir

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

A vida, a xente e os seus conflitos.

Cal é a súa fonte de inspiración?

Unha obra teatral?La casa de Bernarda Alba de Federico García-Lorca

lunes 25 de abril de 2016