Download - Un mundo desigual e violento
No canto de u+lizar os seus recursos técnicos e materiais, que experimentaran un incremento extraordinario, para construír unha cidade marabillosa, os homes do sécu lo X IX constru í ron suburbios deprimentes [...] [que] segundo os criterios da empresa privada eran <<rendibles>>, mentres que a cidade marabi l losa, pensaban, sería unha extravagancia que, na estúpida xerga da moda financeira, hipotecaría o futuro>>… A mesma regra de cálculo autodestru+vo goberna todos os ámbitos da vida. Destruímos a beleza da paisaxe porque os esplendores da natureza, dos que ninguén se apropiou, carecen de valor económico. Seriamos capaces de apagar o sol e as estrelas porque non dan dividendos. John Maynard Keynes (1883‐1946), citado en Algo va mal, pax. 151,152
De todos os fins [...] que podamos perseguir, o prioritario é sen dúbida reducir a desigualdade. [...] Sexa en Delhi ou en Detroit, os pobres e os desvalidos non poden esperar xus+za. [...] Neste sen+do, o acceso desigual a todo 6po de recursos, desde os dereitos até a auga, é o punto de par6da de toda crí6ca verdadeiramente progresista do mundo. Pero a desigualdade non é só un problema técnico. Ilustra e agrava a perda de cohesión social, a sensación de vivir en comunidades pechadas cuxa principal función é manter fóra ás demais persoas (menos afortunadas que nós) e confinar as nosas vantaxes a nós mesmos e as nosas familias: a patoloxía da época e a maior ameaza para a saúde democrá+ca. Algo va mal, Tony Judt, Taurus 2010 (pax. 175, 176)
"Tendemos a pensar que o que vemos no presente é eterno. Esquecemos o moito que nos sorprendeu a repenMna desintegración dalgunhas insMtucións, o cambio extraordinario que sufriu a forma de pensar da xente, as inesperadas rebelións contra algunhas Mranías, o brusco derrubamento de sistemas de poder que parecían invencibles. Ter esperanza nos malos tempos non é un simple romanMcismo absurdo. É algo que se basea no feito de que a historia humana non é só unha historia de crueldades senón unha historia de compaixón, sacrificio, valor e bondade. Se recordamos todos isos momentos e lugares, e son tantos nos que a xente se portou de forma admirable, daranos enerxías para actuar. A esperanza é a enerxía do cambio. O futuro é unha sucesión infinita de presentes e vivir como cremos que deben os seres humanos, pese a todo o malo que nos rodea, é unha vitoria marabillosa."
Una historia popular del Imperio Americano, pax, 274‐275 Howard Zinn, sins en+do 2010
Se hai unha palabra que define ao mundo na actualidade, esa é desigualdade. Desigualdade económica, por suposto, entre os territorios, e dentro deles, entre dis+ntos grupos sociais. Desigualdade tamén entre ví6mas e verdugos, uns poucos países e grupos monopolizan o uso da violencia, convertendo a millóns de persoas en ví+mas inocentes de conflitos dos que non son responsables. Desigualdade de xénero, tamén. Non hai ningún lugar do mundo, na que as mulleres, homosexuais e transexuais non sufran a discriminación e a violencia. Nacer nun lugar ou outro, pertencer a unha clase social ou outra, determina de forma radical a calidade de vida das persoas. Nacer nun país ou outro implica poder vivir sen sufrir os estragos da guerra ou estar condenados a loita diaria por sobrevivir. Nacer cunha condición sexual dis+nta á oficial supón enfrontarse a un es+gma brutal que impide desenvolver libre e plenamente a personalidade. Quen pensa aínda que a globalización é un fenómeno novo? Para os que estamos preto dos grandes centros económicos mundiais; globalización, transnacionalización, mundialización ou internacionalización son conceptos que resoan cunha certa familiaridade pero non se toman coma explicacións realmente sa+sfactorias sobre o mundo actual. Para todos os demais –nós ou outros‐ para a periferia, a globalización resulta aínda máis familiar e moito máis significa+va. Podemos dicir que na periferia a historia nunca foi outra cousa que non fose iso mesmo: globalización (explotación). Todo xira, incluso o tempo da historia, en torno a ese espazo informe que hoxe a globalización encerra cos únicos instrumentos de delimitación válidos: o comercio e a inmigración. En lugar de buscar a igualdade económica, ese grande espazo do mundo que xurdiu do soño neoliberal da globalización veu en dar en mundos pechados: Nós e os Outros. Os que teñen e os que non. Os que están en crise hoxe e os que es6veron sempre. A aspiración de xus+za e de igualdade, a fraternidade humana, non ar+cula, logo, o mundo e é a forza quen garante esta delimitación entre o centro e periferia, entre uns poucos privilexiados e todos aqueles que compoñen ese Outro que asoma ao outro lado dos muros que gardan as nosas luminosas cidades. Si, estamos nun mundo globalizado, pero o único que circula son as mercadorías e o capital. A civilización occidental (a civilización global) é quen de manter unha guerra en Afganistán, pero carece de vontade real de axudar ás ví+mas do terremoto e do empobrecemento en Haic. Gasta as súas enerxías en levantar valados para intentar frear a chegada dos inmigrantes, iso si, despois de ter cuberto a cota de man de obra barata, en vez de procurar unha maior igualdade. Consume unha can+dade inxente de produtos innecesarios, a maioría deles elaboradas por traballadores escravizados, sen importarlle ás consecuencias medio ambientais, nin cues+onarse as condicións laborais. Confunde o progreso coa capacidade de compra, amosando un grao infinito de cinismo para autoxus+carse.
Un mundo desigual e violento
A polarización social é cada vez maior tamén dentro do mundo rico. Uns poucos (os mercados) impóñense, no seu insaciable afán de lucro, aos Estados e ao interese xeral. Mesmo a mal chamada sociedade do benestar de Europa corre un serio perigo de desmontarse no contexto actual de crise. O discurso polí+co cínguese aos índices da Bolsa, e a aspiración dunha maior xus6za social deixou de formar parte da axenda, aínda que só fose retoricamente. Xa non está claro que as xeracións futuras poidan vivir mellor ca nosa. A solidariedade co+za á baixa some+da ás condicións do único espazo público posible: o propio consumo. Temerosos de perder status, os 'cidadáns' deixamos que o peso da crise caia nos máis desfavorecidos: recortamos axudas sociais e financiamos as engrenaxes do capitalismo salvaxe. Ao igual que levantamos muros entre territorios, tamén son cada vez máis evidentes as fronteiras, dentro das comunidades, entre as clases sociais. A desigualdade camiña da man da violencia. O comercio de armas (a maioría fabricadas nos países occidentais) é cada vez máis boiante, alimentando as máis de 40 guerras que existen hoxe no mundo. Guerras que provocan un sufrimento inxente a millóns de persoas inocentes atrapadas na rede tecida polos intereses económicos e xeo‐estratéxicos occidentais xunto ás elites corruptas do seu propio país. Outros moitos conflitos armados esténdense polo globo, a maioría no Terceiro Mundo, pero tamén no mundo rico a crise agudiza os enfrontamentos violentos, amosando a incapacidade da sociedade para dar unha saída pacífica as causas que os provocan. Vivimos nun réxime de inseguridade global que atenta contra as liberdades e os dereitos humanos máis básicos, incapaces de vencer o medo mediante a transformación do modelo polí+co e económico que nos conduciu ata aquí, recorremos á forza (bruta). Neste estado das cousas a responsabilidade maior é das potencias que dominan o mundo. Potencias que foron quen de ar+cular na segunda metade do s. XX un sistema que, a pesar de estar lonxe de ser igualitario, permi+u ca maioría da súa poboación teña as necesidades básicas cubertas e poida desenvolver os seus dereitos con rela+va liberdade. Pero estes principios son papel mollado nas relacións internacionais e a hipocrisía e a men6ra parecen inherentes á linguaxe diplomá+ca. Cando do que se trata de controlar recursos e territorios fálase de expandir a democracia e os dereitos humanos (Iraq, Afganistán), esmagándoos nese mesmo proceso (Guantánamo) e provocando un desastre humanitario enorme. Cando só se trata de beneficiar ás empresas e intereses occidentais véndese como un mal menor a axuda económica e militar a réximes ditatoriais que +ranizan á poboación (Tunisia, Israel). Cando só se trata de negocios e poder ameázase a algunhas ditaduras (Cuba, Irán) e edulcóranse outras igual de execrables (China, Arabia Saudita). Os exemplos son incontables. Os medios de comunicación xogan tamén un papel nesta comedia. Focalizan a atención da opinión pública nun ou noutro conflito en función de intereses espurios, e u+lizan a dor das ví+mas para manipular os nosos sen+mentos. Pero isto non xus+fica a pasividade das nosas sociedades. Somos capaces de decatarnos como funcionan as cousas. Hai que tomar conciencia de que detrás de cada un deses actos violentos hai millóns de persoas, coma nós, que morren, resultan feridas e sofren, carecendo de todo dereito humano, sen que nada o xus+fique. A nosa indignación debe vencer ao noso egoísmo.
Como facerlle entender ao alumnado os aspectos fundamentais do estado mundo e que se indignen? É obvio comezar pola importancia do coñecemento do presente. Se queremos educar cidadáns hai que darlle prioridade á análise na aula dos conflitos actuais, rachando cos límites curriculares. Por outra banda hai que procurar non crear unha visión apocalíp+ca ou monolí+ca. Sempre hai alterna+vas, sempre é posible actuar, sempre é posible crer noutra perspec+va. A desigualdade, a violencia, non son unha condena irrevogable da humanidade, e así o demostra a Historia. Foron, e son, moitas as persoas, organizacións e ideoloxías que conseguiron, e conseguen, mellorar este mundo. Que os nosos alumnos sexan quen de percibir as inxus+zas e loitar contra elas, debe ser o noso obxec+vo primordial, o único irrenunciable. O cine é unha ferramenta moi ú+l, neste sen+do. Son numerosos os filmes (moitos deles de calidade) que nos permiten estudar dis+ntos aspectos das heteroxéneas realidades do mundo globalizado. Ademais dos aspectos lúdicos, ver unha película debe engadir unha planificación das sesións que nos permita a reflexión e a crí+ca. É dicir, unha verdadeira aprendizaxe dos feitos narrados e dos valores transmi+dos. Unha selección rigorosa das películas, uns obxec+vos claros e alcanzables, e unhas ac+vidades significa+vas serían, en principio, os instrumentos máis ú+les. Os filmes teñen grandes vantaxes fronte a outras fontes de coñecemento: a súa linguaxe acostuma a ser atrac+va para o alumnado e preséntanos os conflitos desde o prisma dos protagonistas, de persoas –de ficción ou non‐ que os viven. Isto é moi importante, porque permite traballar a empaca, fundamental para iden+ficarse ‘co outro’. Só se somos capaces de entender o que senten as persoas poderemos asumir a necesidade de cambiar a sociedade, para mellorar.