Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1. Comparecencias en comisión
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 50441(09/CPC-000327)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Do Sr. director xeral da Corporación de Radio e Televisión de
Galicia, por petición propia, para presentar o Informe sobre
a xestión de servizo público da Corporación de Radio e
Televisión de Galicia correspondente ao exercicio 2015
Publicación da iniciativa, 646, 19.05.2016
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2. Preguntas orais en comisión
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 49459(09/POC-007389)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e 3 máis
Sobre o tratamento dado á realidade galega na información que
está a emitir a TVG
Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Luis Méndez Romeu, María Quintas Álvarez, Concepción
Burgo López e Emilio Vázquez Blanco, deputados e deputadas
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en
Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Compañía da
RTVG.
Os programas informativos da canle pública de televisión son unha
mostra de servilismo ó Goberno e de falta de credibilidade. É difícil
recoñecer o pluralismo da sociedade galega na información sectaria e
sesgada que se ofrece cada día como substituto da realidade. A práctica
de control ideolóxico da redacción de informativas a medio de
profesionais de partido, está limitando as capacidades do cadro de
persoal para ofrecer unha visión máis aberta da realidade, superando o
filtro dos intereses do poder.
En consecuencia formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta
na comisión da CRTVG
Cando os informativos da TVG evolucionarán a unha información
plural e aberta?
Pazo do Parlamento, 11 de abril de 2016
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
María Quintas Álvarez
Concepción Burgo López
Emilio Vázquez Blanco
Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Jose Luis Méndez Romeu na data 11/04/2016 14:18:11
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/04/2016 14:18:32
María Concepción Burgo López na data 11/04/2016 14:18:37
Emilio Vázquez Blanco na data 11/04/2016 14:18:39
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 49636(09/POC-007415)
Grupo Parlamentario Mixto
Fernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións levadas a cabo e as previstas pola CRTVG
para o cumprimento do disposto na Lei 1/2014, do 24 de marzo,
para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa
lusofonía
Publicación da iniciativa, 638, 27.04.2016
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
Mónica Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García, deputadas
pertencentes ao Grupo Parlamentar Mixto, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a
súa contestación na Comisión de Control da RTVG.
No pasado mes de marzo se cumpriron dous anos da LEI 1/2014, do 24 de
marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía,
onde se recolle o compromiso das institucións galegas co aproveitamento das
potencialidades de Galiza, valorando o galego como unha lingua con utilidade
internacional.
Esta lei recolle a importancia de fomentar o ensino e aprendizaxe do portugués,
pois supón un proveito lingüístico, pola importancia mundial do idioma oficial do
país veciño.
Promóvese entre outras cousas o papel que desenvolverá a Compañía de
Radio-Televisión de Galicia nos intercambios de producións audiovisuais, de
programas completos ou partes destes nos diversos xéneros televisivos, a
colaboración en materia de proxectos audiovisuais novos, a cooperación no
emprego de medios de produción técnicos e humanos, e a posta en común de
coñecemento aplicado á produción audiovisual ou á xestión empresarial, con
televisións de lingua portuguesa onde existan as maiores posibilidades de
beneficio mutuo.
Polo exposto, a deputada que subscribe, formula as seguintes preguntas para
a súa resposta oral en Comisión:
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | POC
2
Cantas experiencias de colaboración se fixeron dende a aprobación
desta lei?
Vai introducir programas con contidos para aproveitamento e promoción
da lingua portuguesa en Galiza?
Hai intercambios en proxectos audiovisuais coas diferentes televisións
de lingua portuguesa? E no futuro inmediato?
Existe a cooperación na posta en común da produción audiovisual ou
xestión empresarial coas televisións de lingua portuguesa?
Pazo do Parlamento, a 15 de abril de 2016
Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez
Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
Consuelo Martínez García
Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
Asinado dixitalmente por:
Mónica Fernández Rodríguez na data 15/04/2016 09:36:56
María Consuelo Martínez García na data 15/04/2016 09:37:05
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 49805(09/POC-007443)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máis
Sobre a información emitida no telexornal da TVG en relación
coa reunión levada a cabo pola Xunta de Portavoces do
Parlamento de Galicia o día 19 de abril
Publicación da iniciativa, 638, 27.04.2016
Á MESA DO PARLAMENTO
Juan Manuel Fajardo Recouso, Xosé M. Beiras Torrado, Antón Sánchez
García, Eva Solla Fernández, Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron
Fernández, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentar da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión
da CRTVG.
Durante as últimas semanas, dende a dirección da CRTVG estase a mudar o
modelo informativo mediante o cal se da conta na canle pública das xuntas de
voceiros do Parlamento galego, recordemos sede da soberanía do país, é que
merecería polo tanto unha atención exquisita. Por exemplo no último telexornal
adicado a informar da xunta de voceiros do pleno previsto para a última
semana de abril, a TVG daba conta da contestación de Feijoo e o seu goberno
e grupo ás preguntas presentadas por tódolos grupos, sobre a situación
xudicial, pola que se reclaman responsabilidades pola negativa do goberno a
suministrar os novos medicamentos aos afectados pola hepatite C, e que deron
lugar a varias mortes. Nesta situación obviouse aos voceiros dos grupos é
unicamente se deu voz ao Goberno.
Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a
seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión :
Que motivos pode aducir a dirección da CRTVG, para xustificar esta
manipulación informativa intolerable sobre a información referida a última xunta
de voceiros do Parlamento de Galicia?
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016.
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 21/04/2016 17:46:16
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 21/04/2016 17:46:21
Anton Sánchez García na data 21/04/2016 17:46:24
Ramón Vázquez Díaz na data 21/04/2016 17:46:27
Eva Solla Fernández na data 21/04/2016 17:46:30
Jose Javier Ron Fernandez na data 21/04/2016 17:46:35
Reunión da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da
Corporación da RTVG
Día: 31.05.2016 Hora: 10:30
Orde do día
2.4 50544(09/POC-007550)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións de apoio ao sector cinematográfico e
audiovisual levadas a cabo pola Televisión de Galicia nos
últimos catro anos, en cumprimento do disposto no artigo 5 da
Lei 25/1994, do 12 de xullo, xeral de comunicación
audiovisual, e os datos referidos á cantidade destinada para
ese fin dos orzamentos da CRTVG nese período
Publicación da iniciativa, 646, 19.05.2016
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión de control da
CRTVG, referente ao 6% de investimento para o financiamento anticipado do sector
audiovisual.
A Directiva 89/552/CEE, tamén denominada Directiva de Televisión sin
Fronteras, foi incorporada ao ordenamento xurídico do Estado español a través da Lei
25/1994 Xeral de Comunicación Audiovisual, de 12 de xullo.
No artigo 5 desta lei establécese o deber das operadoras de televisión que teñan
responsabilidade editorial de canles de televisión en cuxa programación se inclúan
longametraxes cinematográficas de produción actual a destinar cada ano o 6 por cento
da cifra total dos ingresos devengados durante o exercicio anterior ao financmiento
anticipado da produción de longametraxes e curtametraxes cinematográficos e películas
para televisión.Obriga ás televisións públicas a investir o 6% dos seus ingresos en cine,
tv movies, documentais e animación.
A aplicación desta medida é básica para o financiamento da produción e para a
estabilidade no sector de produción audiovisual.
Polas razóns expostas formúlanse as seguintes preguntas para a súa contestación
oral en comisión:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Cales foron as accións de apoio ao sector cinematográfico e audiovisual, dentro
do que se coñece como o 6% de investimento, seleccionadas pola TVG nos últimos 4
anos?
-Cal foi a cantidade destinada dos orzamento da CRTVG para este fin nos
últimos 4 anos, desglosada por anualidades?
-Que é o que computa para o cálculo do 6%?
-Como se establecen os conceptos para logo determinar o 6%?
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Deputada do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Monserrat Prado Cores na data 12/05/2016 12:49:20