CURSO 2014/2015. V3 www.elorienta.com/juanluis
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA
GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE 4º DA ESO
JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
2014/2015-Versión 2. xaneiro 2015
astora ivina
Colexio
Fra
nc
isc
an
as
ER-1045/2006
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
2
© Imaxe moucho. David Ramos Valcárcel.
© Imáxe brúxula. Sonia Fernández García.
Texto. Juan Luis Rodríguez Rodríguez. Revisión. Belén Quintana Río.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
3
ÍNDICE:
INTRODUCCIÓN: ........................................................................................... 4
CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
INFÓRMATE E DECIDE
BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. ........................................... 6
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. ................................................ 6
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. ...................................................... 7
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO. ........................................... 9
4. O BACHARELATO ...................................................................................... 10
5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ............................................... 15
Acceso e datas de interese.
C.F.G.M. en Ourense e no resto de España.
6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL ............................................................ 19
Música, Danza e Arte Dramática.
Artes Plásticas e Deseño.
7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS ............................................................. 20
8. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS ...................................................... 21
9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL ................................................ 23
9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS ...................... 23
9.2. RECOMENDACIÓNS .................................................................... 24
BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN.
10. AGORA DECIDO ....................................................................................... 25
ANEXO I. Titulacións universitarias en Galicia
ANEXO II. Proxecto de Elección: mapa (entrégase na aula)
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
4
INTRODUCCIÓN.
CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E
recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da
tua familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos
titores e do orientador.
Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non
obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido
prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento
da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.
A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,
aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros
aspectos, confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso.
Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques:
A. Coñecemento de si mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en
cada unha das materias que estudaches no Colexio e sobre as características das
diferentes actividades profesionais.
B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e
profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós teus
intereses. ¿En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos,
centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de
interese...
C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!
INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué?
Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei
ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un
camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.
Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade
insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi
claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa
organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do
que te propoñas.
O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é
pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de
esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
5
Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as
seguintes cuestións:
1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás
que terías acceso.
2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada
con eles.
3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas
que teñan ó titor ou o orientador.
4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.
Para ter unha información adecuada, terás varias vías no noso Colexio:
1. Información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases do segundo e
terceiro trimestre.
2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio.
3. O taboleiro da túa clase, onde o/a titor/a ou o orientador porá información moi
interesante e actualizada.
4. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio
en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2014/2015 (o podes
descargar na túa casa dende o blog de orientación: www.elorienta.com/juanluis e así
traballar con el comodamente e cos teus pais).
A partir destas vías coñecerás toda a información que dispón o centro sobre Universidades,
carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese...
para ter claro qué modalidade de bacharelato che convén máis segundo a titulación
universitaria ou CFGS que tes decidido; ou que outros estudos prefires.
Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para
tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de
estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar
todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor
decisión para a túa vida académico-profesional.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
6
BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO.
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.
Cuestionario sobre estudios
Apelidos e nome..................................................................................................................
Idade:..............Curso:.....................................Data..............................................................
2. ¿Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.
1............................................................. 4.................................................................
2............................................................. 5.................................................................
3............................................................. 6.................................................................
3. As que che resultan máis difíciles son:
1............................................................. 4.................................................................
2............................................................. 5.................................................................
3............................................................. 6.................................................................
4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
1(+)................................................ 1(-)...................................................
2(+)................................................ 2(-)...................................................
3(+)................................................ 3(-)...................................................
5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)
(+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas.
(+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte.
(+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte
(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores
(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................
6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta)
Moi favorable.
Simplemente favorable.
Móstranse indiferentes ante os meus estudos.
A súa influencia é algo prexudicial.
A súa influencia é moi prexudicial.
7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
Os teus sistemas e formas de estudar.
A túas actitude ante os exames.
A túa forza de vontade e constancia.
A túas postura ante as tarefas do Colexio.
Os teus hábitos de lectura.
.................................................................
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
7
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS.
Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado de
actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test
psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.
Esta sesión farémola na sala de informática do Colexio.
Entre os test que faremos estarán.
- “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses
profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas
modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan
máis.
Pódelo atopar en:
http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm
- “Test de preferencias Orienta 2014/2015”. Dous test que pertencen ao programa
Orienta 2014/2015 de Julián Sádaba (actualización xaneiro, 2015) que podes
descárgalo dende: www.elorienta.com/juanluis.
ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.
A) TEST DE BACHARELATO:
B) TEST ORIENTA 2014/2015
Para descargar o programa entra na web do colexio: www.colexiodivinapastora.com no menú
da dereita atoparás os botóns de cada un dos blogs do Colexio, un deles é o “Blog do
Departamento de Orientación”. Ou ben accede directamente dende esta dirección:
www.elorienta.com/juanluis
Atoparás o blog con moita información sobre a área de Orientación Profesional, e no menú
“Enlaces” na sección de “material” no primeiro apartado poderás descargar o programa co
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
8
que traballamos na aula de informática, fai un clic en: “Baixar o Orienta” ou ben en
“Descarga o ORIENTA 2014-2015”.
Tamén podes acceder directamente a través do OrietnaLine.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
9
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a LOMCE (BOE, 10/12/13) están reflectidas no seguinte cadro, que
comentaremos na titoría con exemplos.
Elaborado por APOCLAM.
http://www.sistemaeducativo.apoclam.org/contents/esquema-sistema-educativo.html
( nesta web atoparás máis información)
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
10
4. O BACHARELATO
O Bacharelato LOMCE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades
diferentes: Artes
Ciencias
Humanidades e Ciencias Sociais
En cada modalidade existen diferentes tipos de materias.
Materias troncais. Estas divídense en xerais, das cales hai tres comúns para as
diferentes modalidades e unha propia da modalidade escollida, e de opción, das cales
hai que escoller dúas das que ofertan especificamente os centros docentes dentro da
modalidade.
Materias específicas, nas que atopamos a materia de Educación Física (en Primeiro
de Bacharelato) máis un mínimo de dous e un máximo de tres materias a escoller das
ofertadas polo centro.
Materias libre elección, nas que atopamos a lingua cooficial da Comunidade
Autónoma (Lingua Galega e Literatura) máis unha materia a escoller da listaxe de
materias específicas ou troncais non escollida anteriormente.
1º curso
CIENCIAS
HUMANIDADES E
CIENCIAS SOCIAIS
ARTES
TRONCAIS XERAIS Filosofía
Lingua Castelá e
Literatura I
Primeira Lingua
Estranxeira I
Matemáticas I
Filosofía
Lingua Castelá e Literatura I
Primeira Lingua Estranxeira I
Humanidades: Latín
Ciencias Socias:
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias
Sociais II
Filosofía
Lingua Castelá e Literatura I
Primeira Lingua Estranxeira I
Fundamentos de Arte I
DE OPCIÓN Bioloxía e
Xeoloxía
Debuxo Técnico I
Física e Química
Economía
Grego I
Historia do Mundo
Contemporáneo
Literatura Universal
Cultura Audiovisual
Historia do Mundo
Contemporáneo
Literatura Universal
ESPECÍFICAS OBRIGATORIA: Educación Física
A ESCOLLER: Análise Musical I Relixión TIC I Anatomía Aplicada Linguaxe e Práctica Musical Volume
Cultura científica Segunda Lingua Estranxeira I Debuxo Técnico I
Debuxo Artístico Tecnoloxía Industrial
*Unha materia do bloque das troncais non cursada
LIBRE ELECCIÓN OBRIGATORIA: Lingua Galega e Literatura I
A ESCOLLER: Análise Musical I Relixión TIC I
Anatomía Aplicada Linguaxe e Práctica Musical Volume
Cultura científica Segunda Lingua Estranxeira I Debuxo Técnico I
Debuxo Artístico Tecnoloxía Industrial
*Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
11
2º curso
CIENCIAS
HUMANIDADES E
CIENCIAS SOCIAIS
ARTES
TRONCAIS XERAIS Historia de
España Lingua Castelá e
Literatura II
Primeira Lingua
Estranxeira II
Matemáticas II
Historia de España
Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II
Humanidades: Latín
II
Ciencias Socias:
Matemáticas
Aplicadas ás Ciencias
Sociais II
Historia de España
Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II
Fundamentos de Arte II
DE OPCIÓN Bioloxía
Xeoloxía
Debuxo Técnico
II
Física Química
Economía da Empresa
Grego II
Historia da Filosofía
Historia da Arte
Xeografía
Cultura Audiovisual II
Deseño
Artes Escénicas
ESPECÍFICAS Análise Musical II Relixión
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Linguaxe e Práctica Musical
Fundamentos da Administración e Xestión Segunda Lingua Estranxeira II
Debuxo Técnico II TIC II
Debuxo Artístico II Historia da Filosofía
Historia da Música e da Danza Psicoloxía
Imaxe e Son Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica
Tecnoloxía Industrial II
*Unha materia do bloque das troncais non cursada
LIBRE ELECCIÓN OBRIGATORIA: Lingua Galega e Literatura I
A ESCOLLER: Análise Musical II Relixión
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Linguaxe e Práctica Musical
Fundamentos da Administración e Xestión Segunda Lingua Estranxeira II Debuxo Técnico II TIC II
Debuxo Artístico II Historia da Filosofía
Historia da Música e da Danza Psicoloxía
Imaxe e Son Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica
Tecnoloxía Industrial II Educación Física
*Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada
Cadro 3. As materias nos bacharelatos.
Nesta táboa vense graficamente a totalidade das materias oficiais que podes atopar nos
Centros Educativos que impartan Bacharelato en Galicia. Dependendo do número do
alumnado que ten un centro, este poderá ofertar máis optativas.
Aínda está por concretarse na Comunidade Autónoma de Galicia.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
12
O BACHARELATO NO NOSO COLEXIO.
Cadro 4. O bacharelato no Colexio Plurilingüe Divina Pastora. Ourense.
1º Curso:
CIENCIAS
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
TRONCAIS XERAIS Filosofía
Lingua Castelá e
Literatura I
Primeira Lingua
Estranxeira I
Matemáticas I
Filosofía
Lingua Castelá e Literatura I
Primeira Lingua Estranxeira I
Latín
Filosofía
Lingua Castelá e Literatura I
Primeira Lingua Estranxeira I
Matemáticas Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
DE OPCIÓN Bioloxía e Xeoloxía
Física e Química
Grego I
Historia do Mundo
Contemporáneo
Economía
Historia do Mundo
Contemporáneo
ESPECÍFICAS OBRIGATORIA: Educación Física
A ESCOLLER: Relixión TIC I Cultura científica
Alemán Debuxo Artístico I
*Unha materia do bloque das troncais non cursada
LIBRE ELECC. OBRIGATORIA: Lingua Galega e Literatura I
A ESCOLLER: Relixión TIC I Cultura científica
Alemán Debuxo Artístico I
*Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada
2ºCurso:
CIENCIAS
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
TRONCAIS XERAIS Historia de España
Lingua Castelá e
Literatura II
Primeira Lingua
Estranxeira II
Matemáticas II
Historia de España
Lingua Castelá e Literatura II
Primeira Lingua Estranxeira II
Latín II
Historia de España
Lingua Castelá e Literatura II
Primeira Lingua Estranxeira II
Ciencias Socias: Matemáticas
Aplicadas ás Ciencias Sociais II
DE OPCIÓN Bioloxía Xeoloxía
Física Química Grego II
Historia da Filosofía
Historia da Arte
Xeografía
Economía da Empresa
Historia da Filosofía
Historia da Arte
Xeografía
ESPECÍFICAS Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente TIC II
Alemán Historia da Filosofía Psicoloxía
*Unha materia do bloque das troncais non cursada
LIBRE ELECC. OBRIGATORIA: Lingua Galega e Literatura I
A ESCOLLER: Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente TIC II
Alemán Historia da Filosofía Psicoloxía Educación Física
*Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada
* Aínda está por concretarse na Comunidade Autónoma de Galicia. Currículos oficiais
pendente de publicarse. Pode haber cambios.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
13
Pregunta polas materias que descoñezas ó orientador ou ós profesores que as imparten no
Colexio, tamén che poderán dar unha idea os compañeiros que teñas no bacharelato e que as
estean a cursar.
Elección:
- Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer teño que seleccionar o
bacharelato con maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o
bacharelato con maior vinculación e o de Ciencias.
- Se non é vinculante a ningún bacharelato, escolle o que che resulte máis fácil. Quero facer
“Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a
ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil polo que é máis
probable que obteña unha maior nota media.
AVALIACIÓN E PROMOCIÓN
-A avaliación do alumno/a será continua e diferenciada segundo as distintas materias
-Os alumnos/as poderán promocionarse de Primeiro curso a Segundo cun máximo de dúas
materias suspensas, e deberán matricularse en Segundo curso das materias pendentes.
-Haberá unha proba extraordinaria das materias non superadas.
-Os alumnos/as poderán repetir como máximo unha vez cada curso. (Excepcionalmente
poderán repetir por segunda vez un curso se o equipo docente así o contempla)
-A superación das materias de Segundo Curso que impliquen continuidade estará
condicionada pola superación das de Primeiro.
AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO
-Os alumnos/as realizarán unha avaliación individualizada ao rematar Bacharelato na que se
comprobará o logro dos obxetivos e grao de adquisición das competencias propias da etapa
educativa.
-As materias que compoñen dita avaliación serán:
Todas as materias troncais de carácter xeral
Dúas materias troncais de opción en calquera dos dous cursos. As materias que
impliquen continuidade nos dous cursos só se terá en conta a correspondente ao
Segundo curso.
Unha materia do bloque das específicas de calquera dos cursos, a excepción de
Relixión e Educación Física.
-Só poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos que aprobasen tódalas materias de
Bacharelato.
-A superación desta proba necesitará un resultado igual ou maior a cinco sobre dez.
-Os alumnos/as que no superen esta avaliación poderán repetila en convocatorias sucesivas.
-Os alumnos que desexen elevar a súa nota, poderán presentarse en convocatorias sucesivas
tomándose en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias
-Celebraranse dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria.
-Aqueles alumnos/as que non aproben dita avaliación no poderán obter o título de
Bacharelato.
-A superación de todas as materias de Bacharelato sen aprobar a avaliación final da dereito ao
alumno/a a obter un certificado que surtirá efectos laborales.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
14
TÍTULO DE BACHARELATO
-Para obter o Título de Bacharelato será necesaria a superación da proba final de Bacharelato,
así como, unha cualificación final de Bacharelato igual ou maior a cinco sobre dez. A
cualificación final desta etapa deducirase da proporción de:
40% a media das cualificacións obtidas en cada unha das materias da avaliación final
de Bacharelato.
60% a media das cualificacións obtidas en cada unha das materias cursadas en
Bacharelato.
-O título de Bacharelato facilitará o aceso ás ensinanzas superiores (ciclos formativos e
Universidades).
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
15
5. CICLOS FORMATIVOS: ACESO E ADMISIÓN.
Ciclos de Formación Profesional Básica
-Ter cumpridos 15 anos,ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os
17 anos de idade no momento de aceso ou durante o ano natural en curso.
-Ter cursado o Primeiro Ciclo de ESO
-Que o equipo docente propoña aos pais ou titores a incorporación do alumno/a ao
ciclo.
Ciclos formativos de Grao Medio
O seu aceso requirirá al menos o cumprimento dunha das seguintes condicións:
-Estar en posición dun destes títulos:
Título de Bacharelato
Título Profesional Básico
Título universitario
Título de Técnico ou de Técnico Superior de Formación Profesional
-Estar en posesión do certificado que afirme que se superaron as materias de
Bacharelato
-Superar un curse de formación específico para o aceso a ciclos de grao medio e ter 17
anos cumpridos ao finalizar o curso.
-Superar unha proba de aceso e ter 17 anos no momento da realización de dita proba.
Ciclos formativos de Grao Superior O aceso requirirá o cumprimento das seguintes condicións:
-Estar en posesión dun título de Bacharelato, título universitario, título de Técnico ou
Técnico Superior de Formación Profesional ou un certificado de haber superado as
materias de Bacharelato.
-Superar unha proba de aceso e ter 19 anos no ano de realización de dita proba.
Se estás interesado nesta opción fala co orientador, proporcionarache material para a
preparación da proba e tamén debes incorporarte as clases de preparación da proba que haberá
no Colexio.
Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta
a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.
O calendario de matriculación nos CFGS especificase na seguinte táboa (na que aparecen as
datas do curso pasado, aínda non se publicaron as do 2015, pero poden ser datas orientativas):
Para a convocatoria do 2015 estar pendente na web ou preguntar ao orientador.
Probas de acceso Datas Grao superior
Datas Grao medio
Inscrición para á proba. 10 ao 21 Marzo 31 de marzo ao 11 de Abril
Publicación da listaxe provisoria de inscritos 4 de Abril 28 de Abril Reclamación a listaxe provisoria de inscritos 7-10 de Abril 29 Abril- 5 Maio Publicación da listaxe definitiva de inscritos 24 Abril 15 Maio
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
16
Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros adscritos
24 Abril 20 de Maio
Celebración da proba 7 de Maio 4 de xuño Publicación das cualificacións provisorias 19 e Maio 13 de Xuño Reclamacións ás cualificacións provisorias 20-22 de Maio 16-18de Xuño Publicación das cualificacións definitivas 2 de Xuño 27 de Xuño Entrega de certificados nos centros 3 de Xuño 30 de Xuño
Recursos ás cualificacións definitivas de probas do centro
3de Xuño-3 de Xullo
30 deXuno-26 de Xullo
Resolución Administrativa 3 de Xuño- 30 de Setembro
30 de Xuño - 30 de Setembro
Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria pasada
(Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas )
CICLOS FORMATIVOS EN OURENSE E NO RESTO DE ESPAÑA.
En Ourense estanse a ofertar neste curso os seguintes ciclos formativos: (2014/2015)
Consigna:
CM Ciclo Formativo de Grao Medio.
CPB Ciclo Formativo Básico
CS Ciclo Formativo de Grao Superior.
IES Instituto de Educación Secundaria.
CPR Centro Privado Concertado
CPR Centro Privado Non Concertado. (cursiva e subliñado)
IES A CARBALLEIRA. (Tel. 988221312)
- CM Coidados auxiliares de enfermaría
- CM Laboratorio
- CM Sistemas microinformáticos e redes
- CPB Informática e Comunicacións
- CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
- CS Administración de sistemas informáticos en rede
- CS Desenvolvemento de aplicacións web
- CS Saúde ambiental
- CS Dietética
- CS Hixiene Bucodental
- CS Documentación sanitaria
- CS Laboratorio de diagnóstico clínico
- CS Laboratorio de análise e de control de calidade
IES 12 DE OUTUBRO (Tel. 988213722)
- CM Estética persoal decorativa
- CM Peiteado e cosmética capilar
- CM Instalacións eléctricas e automáticas
- CM Mecanizado
- CPB Fabricación e montaxe
- CS Estética integral e benestar
- CS Programación da produción en fabricación mecánica
- CS Sistemas electrotécnicos e automatizados
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
17
IES A FARIXA (Tel. 988236552)
- CM Instalación de telecomunicación.
- CPB Electricidade e electrónica
- CS Animación de actividades físicas e deportivas
- CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
- CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica.
- CS Guía, información e asistencia turísticas.
- CS Mantemento electrónico
- CS Produción de audiovisuais, radio e espectáculos.
- CS Proxectos de obra civil
- CS Sistemas de telecomunicación e informáticos.
- CS Proxectos de edificación.
IES PORTOVELLO (Tel. 988 232649)
- CM Xestión administrativa
- CM Comercio
- CM Atención a persoas en situación de dependencia
- CPB Servizos comerciais
- CS Administración e finanzas
- CS Secretariado
- CS Xestión comercial e márketing
- CS Integración social
- CS Educación infantil
IES UNIVERSIDADE LABORAL (Tel. 988226304)
- CM Electromecánica de vehículos automóbiles
- CM Instalacións frigoríficas e de climatización.
- CM Carrozaría
- CPB Mantemento de vehículos
- CS Mecatrónica industrial
- CS Automoción
CPR GRUPO Academia Postal. (Tel. 988366063)
- CM Xestión Administrativa.
- CM Sistemas microinformáticos e redes.
- CS Xestión e Organización dos recursos naturais e paisaxísticos.
- CS Administración e Finanzas.
- CS Administración de Sistemas informáticos en red
- CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
- CS Administración de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos.
CPR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN. (Tel. 988366214)
- CM Xestión Administrativa.
- CPB Reforma e mantemento de edificios
- CPB Servizos administrativos
CPR SAN MARCOS (Tel. 988248794/ 988243024)
- CM Farmacia e Parafarmacia
- CS Hixiene Bucodental
- CS Prótese Dental
CPR SAN MARTÍN (Tel. 988221990)
- CM Xestión Administrativa.
- CM Coidados Auxiliares de Enfermería
- CPB Informática e comunicacións
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
18
- CPB Servizos Administrativos
CPR SANTO CRISTO. (Tel. 988220588)
- CM Xestión Administrativa.
- CM Comercio.
- CM Coidados Auxiliares de Enfermería
- CM Farmacia e Parafarmacia.
- CPB Peiteado e estética
CIFP SANTA MARÍA DE EUROPA(Tel.988 225 400)
- CM Estética persoal e decorativa
- CM Instalacións eléctricas e automáticas
- CM Mecanizado
- CM Peiteado e cosmética capilar
- CPB Fabricación e montaxe
- CS Estética Integral e Benestar
- CS Programación da Produción en fabricación mecánica
- CS Sistemas electrotécnicos e automatizados
IES VILAMARÍN (Tel.988 286 013)
- CM Cociña e gastronomía
- CM Panadaría, repostaría e confeitaría
- CM Servizos en restauración
- CPB Agroxardinaría e composicións florais
- CPB Cociña e restauración
- CS Dirección de cociña
- CS Dirección de servizos de restauración
- CS Xestión de aloxamentos turísticos
EPAPU de Ourense
O centro EPAPU é o único en Ourense adicado plenamente á Educación de Adultos,
ofrecendo un amplo abano de ensinanzas regradas e non regradas. Actualmente está
autorizado para impartir ensinanzas básicas iniciais (nivel I e II, alfabetización,
español para inmigrantes,etc) e mais ensinanzas en Educación Secundaria de Adultos
tanto na modalidade presencial como na de distancia; igualmente está autorizado para
impartir o bacharelato semipresencial ademais de cursos de informática, inglés e
francés en diferentes niveis. O centro colabora ademais realizando titorías presencias
en Proxecto Home Galicia e os centros de menores Montefiz e Monteledo.
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/centros/epaourense/
CEE MIÑO (C/ Juan Fernández de Gres, nº 13. Velle. Tel. 988 23 85 50 ) Centro de
Ensinanzas Especiais
Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:
http://www.edu.xunta.es/fp/
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/4411
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
19
6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL
Ensinanzas de grao medio Música e Danza.
Condicións de acceso:
Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán
matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non
regrado.
Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter
superados os anteriores.
Non hai límite de idade no acceso ó grao medio.
Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. O
centro publicará con anterioridade á matrícula o número de vacantes por cada
especialidade. A proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto.
En Ourense:
Conservatorio de Música Profesional de Ourense. Grao Medio de: Frauta traveseira, Oboe,
Clarinete, Fagot, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Violín, Viola, Violoncelo,
Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave.
Artes Plásticas e Deseño.
O Grado Medio das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño está estruturado en
ciclos formativos, agrupados en familias profesionais,que ofrecen unha formación de calidade
nos diversos campos das artes aplicadas e dos oficios artísticos.A súa superación da lugar a
obtención dun título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño, o cal permite o aceso ao
Bacharelato, así como o aceso mediante unha proba a un ciclo de Artes Plásticas e Deseño de
grao superior sempre e cando se teñan os 18 anos.
Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba
específica que consta de 3 exercicios:
- Parte xeral que versará sobre as capacidades básicas da ESO
- Parte específica sobre coñecementos e aptitudes artísticas.
Máis información en: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/sistema-
educativo/ensenanzas/ensenanzas-artisticas/artes-plasticas-diseno/ensenanzas-
profesionales/cf-grado-medio.html
En Ourense:
Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense.
Ciclos Medios en Galicia:
- C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña).
- C. M. Procedemento de Xoiería Artística (Santiago de Compostela).
- C. M. Serigrafía Artística (Lugo).
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
20
7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS
Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros
unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso.
AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO.
Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son
títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2
anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de
idiomas.
ARQUITECTURA DE INTERIORES. Ten unha duración de tres cursos máis
proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da Universidade de A Coruña,
“Graduado en Arquitectura de Interiores”.
Máis información en http://www.arquitecturadeinterioresudc.com/plan-de-estudios
DISEÑO E MODA..
A) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda. Título propio da
Universidade de Vigo.
Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002.
Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: [email protected]
Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto
de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa
moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade
profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa
profesión como:
Deseñador en estampación téxtil; Deseñador estilista; Deseñador técnico;
Crítico de moda; Administrador de creación para a produción e a
comercialización
B) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. “Titulo superior de deseño
especialidade en Moda o Gráfico” Barcelona. (Tel. 932 372 740). (titulación
Privada). Obtense o Título Superior de Deseño que equiválese a un título de
grao universitrio.
C) Grado Universitario en Diseño de Moda. Centro superior de Diseño y Moda de
Madrid (Universidad Politécnica de Madrid) http://www.csdmm.upm.es/
Trátase dun novo grao que comezou no curso 2014/2015.
PILOTO CIVIL.
Podes estudalo na Universidade de A Coruña.
O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte
aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de
forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral
moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu
plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a
obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado
(avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A
obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola
Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que
conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de
Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
21
título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros
pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo
das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e
científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.
MILITAR.
Para ingresar en tropa e mariñeira requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e
28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía,
hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conduta cidadá, e posuír os estudos
esixidos para cada especialidade.
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia
Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70).
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de
antecedentes penais, e ter o permiso de condución da clase B.
POLICÍA NACIONAL
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título
de ESO, compromiso de portar armas, non cumprir condena por delito doloroso e ter o
permiso de condución das clase A e B e da autorización (BTP).
Máis información no ministerio do interior. www.mir.es
Unha páxina que mostra unha gran cantidade de información sobre cursos de formación é
educaweb.com
Por outro lado, outra páxina moi completa para obter información de outra formación
diferente á universitaria e a formación profesional é a páxina web do Ministerio:
http://www.isftic.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm
Nesta páxina pódese atopar información sobre as seguintes profesións: Piloto de Líñas
Aéreas, Ilustrador, Guionista de Cine, Radio y TV; Meteorólogo, Controlador Aéreo,
Escaparatista; Modelo; Grafólogo; Árbitro deportivo; Director de Hotel; Decorador de
interiores; Anticuario; Orfebre; Auxiliar de Vo; Bombeiro; Enquisador; Animador Turístico;
Xemólogo; Profesor de Baile; Monitor de Aeróbic; Especialista de Cine...
8. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS.
Para axudar a sufragar os gastos derivados de estudios non universitarios, existen unha serie
de bolsas e axudas da Consellería de Educación, Ministerio de Eduación e Ciencia, e tamén
doutros ámbitos privados.
Podes solicitar unha bolsa para cursar os seguintes estudos non universitarios:
Bacharelato
Ciclos de Formación Profesional Básica e Formativos de Grao Medio e Superior
Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos
por centros públicos e privados/concertados
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
22
Ensinanzas Artísticas Profesionais
Ensinanzas Deportivas
Estudos de Idiomas en Escolas Superiores, incluída a modalidade de distancia.
Ensinanzas Artísticas Superiores
Estudos Relixiosos e Militares Superiores
Para máis información visitar a páxina:
https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-
estudiar.html
nela poderás encontrar información relacionada con: forma de solicitala, prazos de
presentación, tipos de becas e cuantías, requisitos, obrigas e incompatibilidades, etc.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
23
9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL
9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS
Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un
posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades
autónomas, deputacións, concellos...)
O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-oposición.
Convócanse unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro,
enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes
presentarte aos exames da oposición unha vez que realices a matriculación nos prazos
propostos pola administración.
As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas,
dependendo do tipo de traballo.
Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín
Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Provincial de Ourense
(BOP) e de outras Comunidades e Provincias.
Na convocatoria indícase:
- Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición.
- As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de test psicotécnicos,
temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas...
- Calendario das probas.
- Requisitos dos candidatos.
- Lugar e data de presentación das solicitudes.
Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco
escalas nas que se require titulación diferente.
CORPO TITULACIÓN REQUERIDA
Grupo A1 Titulación Universitaria de Grao /Postgrao
Licenciado, arquitecto o enxeñeiro
Grupo A2 Titulación Universitaria de Grao
Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico
Grupo B Título de Técnico Superior (CFGS)
Grupo C1 Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM)
Grupo C2 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Profesionais sen
requisito
Certificado de escolaridade.
Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
24
9.2. RECOMENDACIÓNS
Para a búsqueda de emprego diferenciamos entre técnicas activas e técnicas pasivas:
Técnicas activas:
- Amigos e coñecidos. Esta vía é pola que se producen en España a maior parte de
contactos entre demandantes e ofertantes de emprego.
- Mailing. Consiste en enviar cartas de solicitude de emprego a unha gran multitude de
sitios. Deben acompañarse do “curriculum vitae”. Hai que ter un listado de empresas
amplio e enviar o máximo posible de cartas.
- Candidatura espontánea. Visitando directamente a empresa na que nos gustaría
traballar.
- Teléfono, fax o E-Mail. Principalmente son medios que facilitan as anteriores xestións
ou para investigar sobre as mesmas.
Técnicas pasivas
- Inscríbete na oficina do Servizo Galego de Colocación máis próxima ao teu
domicilio: INEM e oficinas de emprego.
- Comunidade e Concellos.
- Centros informativos para a muller.
- Centros de Información para a Xuventude.
- Asociacións empresariais, Cámaras de Comercio, etc.
- Anuncios en prensa.
- Becas de traballo: sindicatos, colexios profesionais y universidades.
- Empresas privadas de selección de persoal.
Tamén é recomendable que prepares un bo plan de búsqueda de emprego:
- Presta atención aos avisos do INEM, consultar a diario a prensa e revistas
especializadas na oferta laboral.
- Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece
os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...)
- Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación.
- Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio, solo ou
con outros nunha cooperativa... Asesórate na Dirección Provincial de Traballo,
Cámaras de Comercio ou Sindicatos.
E mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo ao
que aspiras.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2)
COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
25
BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN.
10. AGORA DECIDO
Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes
equivócanse de carreira, dous de cada tres perden alomenos un ano e un de cada dous non
sabe que estudar.
Pero non te preocupes, non é tan terrible.
Para elixir ben tes que traballar os tres bloques xa comentados na introdución:
a. Empeza por coñecerte.
É imposible elixir ben un estudo superior sen saber:
o Cómo somos.
o Qué queremos facer na vida.
Por tanto, analiza os seguintes aspectos:
o Intereses.
o Capacidades.
o Notas.
Para coñecer os intereses e as capacidades, serán moi útiles os test feitos co
orientador co programa Orienta 2013/2014, e as probas do SAVVI.
b. Coñece tódalas alternativas.
Tes que coñecer tódolos estudos aos que podes acceder e ir eliminando aqueles
que non te interesen nada, pero é moi importante que coñezas tódalas opcións e de
que se tratan.
c. Busca a máxima información da cada carreira.
Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco
carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber:
o A finalidade dese estudio.
o Dificultade dos estudos.
o As materias que hai que estudar (o plano de estudos).
o As materias máis difíciles.
o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. ( pódelo atopar nos planos de
estudos e nas páxinas web de cada universidade).
o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións.
o Pasarelas a outras titulacións.
o Universidades ou centros de formación onde se imparten.
o Diferenzas entre as distintas Universidades. (materias optativas,
especialidades, cursos complementarios, instalacións...)
o Custos e becas.
- Ficha do Orientador. (Cubrirémola na sesión de titoría).
- Ficha de Toma de decisións (Cubrirémola na última titoría)